|
O REINTEGRACIONISMO NA HISTORIA DA LINGUA GALEGA
1. INTRODUCCIÓN
1.1. Contexto histórico da Lingua Galega
Por todos é sabido que o que hoxe se denomina como Lingua Galega é un herdo
do histórico do idioma galego-portugués e por iso non é difícil pensar que para que se
propiciase tal evolución lingüística tiveron que interpoñerse diversos factores de
carácter histórico, político e social.
A consecuencia fundamental do comezo de dita diferenciación foi a separación
dos reinos no século XII, dando lugar á incomunicación e ás diverxencias lingüísticas.
A fronteira política tivo como consecuencia que namentres Portugal creaba unha norma
idiomática , Galiza, con menos fortuna histórica, viuse asoballada pola lingua de Castela
que erradicou á galega das institucións mais esta conseguiu sobrevivir como lingua
falada. É debido a esta supresión e anulación polo que durante os Séculos Escuros a
Lingua Galega pasa a ser ágrafa e coloquial.
A primeira distinción explícita entre o galego e o portugués como dúas linguas
distintas aparece no relato dos actos organizados para o traslado dos restos mortais de
Alonso de Acevedo y Zúñiga, terceiro conde de Monterrei e fundador do colexio de
xesuítas de dito lugar, no 1572. Pois resáltase que para tal acto se fixeron composicións
“en lenguas latina, griega, hebrea, española, italiana, gallega y portuguesa”1.
Do século XV, coñécese a controvertida carta do Marqués de Santillana (1455) a
Don Pedro de Portugal sobre os trobadores “todas sus obras componían en legua
gallega o portuguesa” onde cita tamén un “grand volúmen de cantigas, serranas e
deçires portugueses e gallegos”.2
Sobre isto, no século XVIII o Padre Sarmiento reflicte a opinión da época: Nada
de esto podia ignorar el Marqués de Santillana, como ni que el Rey D. Alonso y otros
muchos antes del Rey Dionisyo, habian compuesto varias Poesías. Luego parece
verisimil que cuando habla de la lengua Gallega, habla de ella como distinta ya de la
que se usaba en Portugal, como en Reyno distinto”.3
1 En RIVERA VÁZQUEZ, Galicia y los jesuitas. Sus colegios y enseñanza en los ss. XVI al XVIII. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1989. Recollido por MARIÑO PAZ, R.; Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1998.2 MARIÑO PAZ, R.; 1998.3 Ibidem.
2
Logo dunha etapa escurantista a situación do galego comezou a mudar co
Rexurdimento da súa literatura no século XIX. Mais ese periplo anterior xa determinara
a dialectalización da fala e a asimilación do español. A lingua de Castela deixaría na
galega pegadas de tipo morfosintáctico, fonéticas e lexicais. Foi, por tanto, o illamento
político o que privou ó galego de continuar ligado ó portugués e beneficiarse dos novos
recursos que este xeraba en favor dos casteláns por ser esta a lingua do ensino. Pero co
século XIX chegou tamén o auxe dos nacionalismos e consigo veu a reivindicación
dunha lingua propia.
A pesar de novas iniciativas que comezan co século XX, como a fundación da
Real Academia Galega (1906) ou a creación das Irmandades da Fala (1916) e do
Seminario de Estudos Galegos (1923), non será ata a segunda metade do século XX
cando se comecen a producir as máis destacadas propostas de codificación e
normalización do galego moderno, unha vez rematada a Guerra Civil. Pois durante o
franquismo volveuse retroceder no prestixio e na conciencia lingüística que conseguiran
acadar os galeguistas a comezos do XX afastándose de novo o galego dos ámbitos
institucionais.
Se por algo se caracteriza este período é polo abandono paulatino do
monolingüísmo e o aumento do bilingüismo diglósico. A progresiva castelanización da
sociedade é unha das principais características sociolingüísticas destes anos, explicada
en gran medida polo crecemento urbano, a expansión das clases medias vinculadas ao
sector servizos, a progresiva xeneralización do ensino e a aparición dos grandes medios
de comunicación. Ademais, factores como o prestixio ou o ascenso social relaciónanse
ao español provocando mudanzas lingüísticas e autoodio.
Será no marco da Editorial Galaxia, na década do 1950, cando se observe un
pequeno rexurdimento e onde se conciba a unificación da ortografía galega mais con
unha clara asimetría con respecto ó castelán considerándose a galega como unha lingua
autónoma e diferente do portugués. Dende a editorial, púxose de manifesto a necesidade
de simplificación da ortografía de preguerra que xa testemuñaban as Normas do
Seminario de Estudos Galegos, criterio que impoñerá dende as súas publicacións.
3
A Universidade de Santiago de Compostela xogará tamén un papel importante
no proceso de codificación do idioma. No 1963 establecese a sección de Filoloxía
dentro da cal se creará a cadeira de Filoloxía Románica tres anos despois a cargo de
Constantino García, quen creará o Instituto da Lingua Galega (1971). Dende aí, existirá
a opción de estudar, dentro da carreira de Filosofía e Letras, Lingua e Literatura galegas
a partir do 1965, da cal será profesor especialista dende 1972 Ricardo Carvalho Calero.
Na década dos 80, anos nos que terá lugar a aprobación do Estatuto de
Autonomía (1981) e a Lei de normalización lingüística (1983), configuráronse as dúas
estratexias principais para constituír o modelo da Lingua Galega, por unha banda, o
movemento reintegracionista ou luso-brasileiro, e pola outra, a corrente autonomista ou
isolacionista. Ambas serán tratadas con maior devagar no traballo, mais pódese dicir
que as súas diferenzas radican no peso que o portugués e o castelán terán na
configuración do idioma galego. Mais o reintegracionismo comeza a aparecer con forza
nos debates dende comezos da década dos 70.
4
1.2. Definición e aparición do reintegracionismo no contexto da
normativización
O reintegracionismo é unha das opcións de estandarización que existe para o
idioma galego que se caracteriza polo feito de tentar recuperar a escrita histórica galega,
a galego-portuguesa, a mesma que se emprega hoxe en Portugal e Brasil. E isto é o que
o diferenza das demais propostas normativas que se decantan por unha escrita máis
semellante á española e que se denominan autonomistas ou isolacionistas. Dentro do
movemento reintegracionista tamén se distinguen dúas vertentes denominadas de
máximos e de mínimos.
O reintegracioniso de mínimos soe considerarse máis ben un feito sociolóxico e
teórico antes que propiamente lingüístico4. Estará representado polas normas da AS-PG
e aproxímase ás demais correntes reintegracionistas por estar vencellado ó nacionalismo
e polos califativos dedicados ás normas de 1982: “normativa imposta”, “españolizante”,
“acientífica”, “normas do PP”, etc5. Mais só se diferenzas destas por defender un
criterio pouco máis diferencialista fronte ó castelán ó mesmo tempo que se aproxima
cara o portugués. Así, diferenciase da normativa do ILG e da RAG en canto ó uso dos
signos gráficos auxiliares (acento e guión) é diferente, ó igual que no plano fonolóxico e
ma morfoloxía derivativa.
O reintegracionismo propiamente dito, o de máximos, acumula as peculiaridades
presentadas no caso anterior, mais dende o punto de vista lingüístico está máis próximo
á lusografía. Esta tendencia está representada pola AGAL e diferenciase
fundamentalmente polas opcións ortográficas propugnando a adaptación da ortografía
portuguesa, afastándose principio fonémico e polo tanto da proposta de mínimos. Hai
que ter en conta que entre os reintegracionistas se dan posicións máis intermedias e
graduais entre os que se atoparían os defensores da adopción inmediata do portugués
fronte os que teñen como obxectivo a integración do galego no portugués6.
O cadro que se mostra a continuación recolle algunhas das principais diferenzas
entre as tres principais correntes codificadoras do idioma7.
4 MONTEAGUDO, H. e BOUZADA FERNÁNDEZ, X.M. (coords); 2002, p. 96.5 Recollido en: Ibídem.6 Op. Cit., p. 97.7 Op. Cit., p.104.
5
6
A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) é na actualidade, como xa se dixo, a
principal defensora deste modelo lingüístico e definen o idioma do seguinte xeito: “O
Galego-Português, na Galiza denominado Galego e internacionalmente conhecido
como Português, é a língua própria de Galiza, Portugal e Brasil, sendo também língua
oficial em Angola, Moçambique, Cabo Verde, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe,
Timor Lorosae..., comunidade lingüística internacional conhecida como Lusofonia
(também Galegofonia ou Galego-Lusofonia)”8
Esta tese que ten ao galego, ao portugués e ao brasileiro como variantes dunha
mesma lingua foi defendida tradicionalmente polo galeguismo tomando pulo nos anos
80 do século XX, aparecendo xa dende 1917 con Joám Vicente Viqueira as teorías
dunha escrita reintegracionista.
Tras a “normativa Galaxia” de 1966 con Carvalho Calero, no 1970 a Real
Academia Galega (RAG) publica unhas Normas ortográficas do idioma galego, que
completa un ano despois cunhas breves consideracións morfolóxicas de espírito
reintegrador.
No 1971 o Instituto da Lingua Galega (ILG) presenta o primeiro número do seu
manual de lingua que amplía e matiza a proposta da Academia. Dous anos despois, no
1973 é o filólogo portugués Manuel Rodrigues Lapa o que publica A recuperação
literária do galego e que pode considerarse o texto fundacional na defensa do portugués
como lingua culta dos galegos.
Hai que agardar ó 1977 para que a Universidade de Santiago de Compostela
publique mediante o ILG as Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego, o
texto máis plural e con maior rigor filolóxico antes da aprobación do Estatuto que
significou unha parcial rectificación da concepción isolacionista con intencións de
ánimo reintegrador que logo foron abandonadas.
No 1979, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) publica as
Orientacións para a escrita do noso idioma constituíndo unha referencia para o
coñecido como reintegracionismo de mínimos, un carácter reintegrador que será freado
máis tarde9. Un ano despois a Xunta de Galicia publica unhas Normas ortográficas do
idioma galego que non son propicias na práctica pola súa esencia dupla e ambigua.
8 Apartado “Reintegracionismo” da web da AGAL9 MONTERO SANTALHA, J.M.; Alguns testemunhos de reintegracionismo lingüístico galego-português nos anos 60-70. Revista Agália, nº65-66, 2001, pp, 9-16.
7
Estaban a cabalo entre as dúas tendencias vencendo a autonomista dende o terreo
político, segundo apunta Montero Santalha10. Nesta normativa participaría unha
comisión dirixida polo profesor Carvalho Calero.
No 1982 a RAG e o ILG aproban as Normas ortográficas e morfolóxicas do
idioma galego, sancionadas pola Xunta de Galicia no seguinte ano como normativa
oficial do Galego e que tiña como base o galego popular. Isto foi coñecido como o
“Decreto Filgueira” en referencia a Filgueira Valverde e como oposición ás propostas
de dous anos antes promovidas por Carvalho Calero e baseadas nunha estratexia luso-
brasileira, é dicir, o isolacionismo venceu ó reintegracionismo.
Será no 1983, dous anos despois da súa constitución, cando a AGAL, publique o
Estudo criticas das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego,
representativas do reintegracionismo. O movemento reintegracionista tomou
consciencia neste punto da necesidade de organizarse ante as últimas normativas
oficializadas pola Xunta de Galicia considerándoas como unha ameaza para a
supervivencia da lingua.11
Con posterioridade, no 1986 a Comissão para a integração da língua de Galiza
no Acordo Ortográfico Luso-Brasileiro solicitará tamén a plena incorporación do
galego-portugués ó ámbito da lusofonía.12 Paralelamente a isto, e dende fora da Galiza,
persoeiros como o catalán Joan Coromines, inclúe no seu Diccionario crítico
etimológico de la lengua castellana (1955-57) á lingua de Galiza como parte integrante
da portuguesa; ó igual que fixeron no 1961 Pilar Vázquez Cuesta e Maria Albertina
Mendes da Luz na Gramática portuguesa incluíndo a Lingua Galega como unha
variante do portugués do mesmo xeito que o sería o brasileiro. Algo que volve acontecer
no 1971 cando Lindley-Cintra redacta a Nova proposta de classificação dos dialectos
galego-portugueses, englobando ó galego no mundo lusófono como anteriormente
fixera xa Leite de Vasconcelos. Mais serán moitos os persoeiros ilustres os que deixarán
constancia da vontade de unión da cultura lusófona, onde se poderían enmarcar tamén
aqueles que ben necesaria tamén unha federación dos territorios da Península Ibérica.
Continuando co desenrolo das normativas, dicir que, a finais da década de 1990
a reforma ortográfica, caracterizada pola vontade de aproximación entre a normativa
10 Ibídem.11 Ibídem.12 Cronoloxía da evolución da normativa en: Contexto. A mudanza da língua; culturagalega.org.
8
oficial e a denominada “de mínimos”, produciu que se formara ao redor esta cuestión un
debate público. Mais no 1995 levouse a cabo a actualización e revisión da normativa
vixente con lixeiras modificación.
No ano 2001, co fin de actualizar a normativa vixente e tratando de acadar
consenso coas outras normativas e posturas da Lingua Galega, iniciouse un proceso no
que estaban presentes os departamentos de Filoloxía Galega das tres universidades da
Galiza, o ILG así como diferentes asociacións de carácter lingüístico. A polémica que
rodeou este feito provocou que non se aprobase a nova normativa ata o 2003, seguindo
vixente na actualidade.
9
2. HISTORIA DO REINTEGRACIONISMO
2.1. Evolución histórica
2.1.1. Principais figuras
Joám Vicente Viqueira (Madrid, 1886-Bergondo, 1924)
Foi o introdutor da polémica da codificación do idioma, abrindo o debate entre
os anos 1917 e 1921. Dende as súas primeiras colaboracións en A Nosa Terra abondou
na adopción da ortografía portuguesa por parte do galego:
“Para adaptar a nossa literatura aos leitores portugueses temos que admitir a sua ortografia, quer dizer,
a hoje válida em Portugal, somente com aquelas modificações (bem pequenas por certo!) que exigem as
diferenças da língua. Este caminho já foi seguido polos flamigantes na Bélgica, que houvérom de tomar a
ortografia holandesa, o que lhes aumentou de maneira considerável os leitores. Fagamo-lo, pois!”
(D’um novo irmán. Duas ideais, A Nosa Terra, nº22, 20 de xuño de 1917)13
Na súa seguinte participación en ANT, insiste na vantaxe que supón para os
galegos o bilingüismo activo galego-castelán e o bilingüismo inherente galego-
portugués e xustificase pola súa grafía:
“A ortografía que emprego n’os meus traballos admitina-respetando inmensamente ôs que non a usan-
pol-os seguintes motivos: a) é a antiga ortografía galega, b) somella moitísimo â portuguesa e facilita
pois o aumento de leitores, c) coincide co-as das outras linguas latinas, d) é etimológica, e) foi defendida
e empregada n’as suas publicazóns por Antonio de la Iglesia no século XIX, f) pode ser base para a
reforma fonética galega, hoxe tan castelanizada” (Verbes d’un mestre. A nosa escola, A Nosa
Terra, nº28-29, 20 de xuño de 1917)14
Uns meses máis tarde postula xa a total unificación ortográfica galega e
portuguesa que pasa por empregar o lh e o nh, introdución que se debe dar segundo
Viqueira “co coidado preciso”15, de xeito gradual mais “canto máis tempo pasa máis
difícil será facelo”.
13 Recollido en: “Pol-a reforma da ortografia”, A Nosa Terra, nº43, 20 de xaneiro de 1918. En Web persoais da USC; A demanda da norma no galego culto, p. 471.14 Ibídem.15 Op. cit., p. 472.
10
A súa preocupación sobre a codificación manterase ata os seus artigos que datan
do 1920 sempre manténdose na liña da portuguesización tendo como oposición neste
debate a Aurelio Ribalta que considera que o ideal é que o idioma sexa sinxelo para que
lle resulte doado ao conxunto dos falantes.16
Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990)
Un dos seus primeiros desafíos será o de dignificar o galego no medio
universitario e para iso ten que dotalo dun sistema bibliográfico, polo que escribe
Gramática elemental del gallego común (1966). No 1972, obterá por oposición a
Cátedra de Lingüística e Literatura Galega dende a que continuará a súa vertente
investigadora. Nese mesmo ano dátase “A linha do galego literário”17 rozando o tema
da lingua culta e no 1975 aparece un artigo que presenta xa o dilema reintegracionista
en termos antagónicos “Galego-portugués ou galego-castelán”18.
A unidade galego-portuguesa estaba presente nos medios intelectuais e políticos
da época e críase que futuras reformas ortográficas acabarían co problema. Carvalho
Calero foi un dos que mostrou con máis nitidez o seu pensamento. Un pensamento que
non comezou sendo reintegracionista mais que foi mudando entre o 1970, ano no da
terceira edición da súa gramática, e 1974 cando sae a cuarta edición e onde xa se
suprimen afirmacións como: “resulta (…) en conjunto más adaptable para el gallego la
ortografía castellana que la portuguesa”19. A partir destes anos as súas cavilacións xa
toman outro rumbo converténdose, entre o 1975 e o 1990, no principal defensor da
reintegración lingüística na Galiza.
A súa primeira manifestación reintegracionista foi realizada publicamente de
xeito explícito en xullo do 197520:
“(…) Históricamente non habería outra ortografía que a inspirada no portugués. (…) Estamos se cadra
no intre en que compre xa unha revisión da nosa normativa.”
16 Op. cit., p. 47617 Grial, nº36. Referencia en: LÓPEZ, T. e SALINAS, F. (eds.); 2002, p. 15.18 La Voz de Galicia, 10 de agosto de 1975. Referencia en: Ibidem.19 LÓPEZ, T. e SALINAS, F. (eds.); 2002, p. 87.20 “Ortografía galega”, La Voz de Galicia, 27 de xullo de 1975. Referencia en: LÓPEZ, T. e SALINAS, F. (eds.); 2002, p. 253
11
É a partir de 1977 cando comeza o seu período de escrita reintegracionista aínda
que dun xeito conservador, por como puidese recibirse isto na sociedade. Para a Xunta
preautonómica elabora as Normas da Comissom de Lingüística que se publican no 1980
e que pretendían ser de transición para o reintegracionismo. Mais dous anos despois
chegarían as Normas ILG-RAG nas que Carvalho Calero xa non participa.
O ferrolán continuará executando a vertente reintegracionista ata os seus últimos
días, como demostra o seu poemario Reticências ou a compilación de estudos e artigos
diversos Do galego e da Galiza, ambos póstumos e datados en 1990.
Algunhas mostras do seu pensamento son:
“O galego ou é galego-portugués ou é galego-castelán. Ou somos unha forma do sistema occidental ou
somos unha forma do sistema central. Non hai outra alternativa. Un galego en oposición á vez ao
portugués e ao castelán é imposíbel.” (“Sobre a nosa lingua”, Grial, nº 64, 1979)
“Umha concórdia ortográfica, quando menos, e umha inteligência na opçom das formas linguísticas que
integrariam, sem prejuízo das peculiaridades do galego, o veículo geral de comunicaçom, serám
indispensáveis. (…) voltaríamos a ser quem fomos: o romance mais ocidental, non esnaquiçado em dous
anacos isolados, senom reintegrado numha unidade sistemática que nom exclui a autonomia normativa.”
(Problemas da língua galega, Lisboa, Sá da Costa Editora, 1981, p. 20).
“Non se pretende nem assumir o português como língua oficial da Galiza nem adoptar como galego de
hoje o do século XIII. Singelamente, o reintegracionismo supom o razoável reingresso na comunidade
lingüística à que realmente pertence o galego, único jeito de evitar a sua absorçom polo hipânico
central” (“A fortuna histórica do galego” en VV.AA.; 1985, p. 30)
A función de Carvalho Calero foi, segundo algúns autores21, de ponte entre a
xeración das Irmandades da Fala e un primeiro momento de contributo sociolingüístico
que se realizou dende un ámbito da docencia non universitaria e o asociacionismo
cultural. É este un momento marcado pola clandestinidade e a reinvindicación política e
lingüística fóra das institucións e ata da legalidade.
21 SANMARTÍN REI, G.; A sociolingüística sobre o galego antes e despois de 1936. O contributo de Carvalho Calero, en: BISCAINHO FERNANDES, C.C. e SÁNCHEZ REI, X.M. (coords.); 2011.
12
Manuel Rodrigues Lapa (Anadia, 1897-1989)
Rodrigues Lapa é, en palabras de Alonso Estraviz, “un idealista que quixo
endereitar o caótico mundo ortográfico galego”22. O seu respaldo por unha
incorporación do galego escrito ao portugués literario fixo que se desenvolvese unha
polémica con Ramón Piñeiro, vendo este último que esa proposición supoñía o convite a
renunciar os galegos da nosa identidade idiomática.
Visita Galiza en 1932 e establece unha forte relación con Castelao. Un ano
despois publica A recuperação literária do galego (1973). Aquí escribe:
“O galego não precisa nem debe ser traduzido para português, porque ele mesmo é português tanto
como o português é galego. Se o idioma actual apresenta certas desfigurações que o fazem divergir do
português num ou noutro ponto, essas alterações têm uma causa bem conhecida e deverão ser
corrigidas, já o estão sendo; mas de modo nenhum legitimam um critério de diferenciação lingüística,
como por vezes se apregoa, com manifesta desonestidade mental.”
O seu pensamento móstrase do mesmo xeito nos seguintes fragmentos:
“Dado que o galego não é mais do que uma forma arcaizante do português, ou do galego-português,
como quisermos.”; “Que o português dos livros é, ou debe ser, a forma literárica do galego .”; “O
português literário, sem garantia de propriedade, é privilégio de três países: Galiza, Portugal e Brasil, a
que juntaram agora mais cinco nações africanas emancipadas.” (Recopilación en ALONSO
ESTRAVIZ; 1998, p. 10)
“Felizmente para o reintegracionismo, a mocidade que vai reger um dia o futuro da Galiza parece estar
francamente do nosso lado” (Discurso pronunciado na Exposição do Livro Galego na
Universidade de Aveiro, 16 de xullo de 198223)
Na Revista Nós no seu número de xullo do 1933 (nº115, artigo sen asinar sendo
directores Vicente Risco e Castelao) escríbese sobre Rodríguez Lapa24:
“Nós, que de cote se ten preocupado pol-a colaboración espiritual de portugueses e galegos, non se pode
por menos acoller con entusiasmo as iniciativas do Dr. Rodriguez Lapa, mesmo na ideia qu’apunta d’un
acordo luso-galaico pra reforma ortográfica, pra nos tan indispensábele”.
Ernesto Guerra da Cal (Ferrol, 1911-Lisboa, 1994)
22 ALONSO ESTRAVIZ, I.; A Galiza, os galegos e a língua segundo Rodrigues Lapa, Agália, nº53, 1998, p. 14. 23 “O problema lingüístico da Galiza: sobre cultura e idioma na Galiza” en VV.AA.; 1985, p. 38.24 Referencia en: LÓPEZ, T. e SALINAS, F. (eds.); 2002, p. 18.
13
Os seus primeiros traballos literarios enmárcanse na cronoloxía da Guerra Civil
española na revista dos escritores galegos antifranquistas Nova Galiza, editada en
Barcelona. Nos anos 50 publica en diferentes revistas e no 1959 sae o seu primeiro
libro, Lua de alén mar, editado por Galaxia e onde defende con claridade o
reintegracionismo. O seu segundo poemario será tamén publicado por Galaxia no 1963
e titularase Rio de Sonho e Tempo, con un Limiar onde Otero Pedraio escribe:
“Guerra da Cal, mestre da nova Galeguidade (...) é um dos mellores representantes do esprito de
Coimbra e Compostela, da frol oicidental da cultura galaico-portuguesa”.
Das súas obras pódense extraer fragmentos que evidencian o seu pensamento:
“(...) literatura portuguesa –que representaram para mim um assombrado encontro com o meu próprio
espírito, uma inesperada descoberta da minha verdadeira intimidade. Portugal era o desenvolvimento
cultural, pleno, da minha Galiza natal. Era o que a Galiza deveria ter sido se as vicissitudes e os
caprichos da História não a tivessem transviado do seu destino natural, deturpando a sua fisionomia
espiritual, quebrando a sua tradição, impondo-lhe formas de cultura alheias, estranhas ao seu carácter”
(Nota Prévia en Lengua y Estilo de Eça de Queiroz, Acta Universitatis Conimbrigensis,
Coimbra, 1954).
“O verdadeiro meridiano espiritual galego passa por Lisboa e pelo Rio de Janeiro –e quanto antes
reconheçamos esta verdade, antes se abrirão à nossa antiga voz recuperada as possibilidades de ecoar
fora dos restritos confins comarcais nos quais nos estamos fechando, cegos às vastas perspectivas que
temos diante dos olhos” (Nota de autor en Lua de Alen Mar, ed. Galaxia, 1959)
Jenaro Marinhas del Valle (A Coruña, 1908-1999)
É na súa etapa final onde mostra o seu compromiso co reintegracionismo sendo
unhas das personalidades máis activas da AGAL onde colabora dende 1985 con
constantes publicacións na revista Agália. Destaca entre elas o texto O mito do
enxebrismo que recolle os seus pensamentos respecto ao idioma e onde expón ideas
como a que se extrae a continuación:
“A lusofobia revela umha imaturidade galeguista: o galego plenamente formado nom pode ver em
Portugal e no português algo estranho, mas a prolongaçom de si mesmo: a Galiza botada a andar”.
Trás a morte de Carvalho Calero, renunciou ó seu posto na RAG sinalando os
motivos nun escrito do que a seguir se expón un fragmento:
14
“Por considerar que imprimíades à Corporaçom um rumo a mais de pouco académico disconforme com
os interesses da cultura galega (…),nom respondo às vossas convocatórias mantendo umha distáncia sem
chegar à separaçom total mentres honrava a Instituiçom a figura excepcional de Ricardo Carvalho
Calero. Quebrado agora, bem dolorosamente para mim, esse fio que à Academia me prendia, deixo
vacante um sitial (…) Está certo que nom imos para a mesma romaria. (…)”.
Ricardo Flores (1903-2002)
Unha voz na diáspora e coa consideración de ser adiantado do reintegracionismo
ao igual que Joám Vicente Viqueira. Emigrou a Buenos Aires en 1929 onde sería un
destacado colaborador da Sociedade Galega Pondal a través da revista A Fouce onde
escribiu todos os seus artigos coa normativa reintegracionista. Entre a súa obra destacan
títulos como: Un ovo de duas xemas. Comedia rideira en dous pasos (Rueiro, Buenos
Aires, 1956) e A nossa terra é nossa. Um remédio Malfadado e O afiador (Cadernos da
Escola Dramática, A Coruña, 1992). 25
25 “Falam os mestres” referencias recollidas da web da AGAL
15
2.1.2. Outras testemuñas significativas
Manuel Murguía (Arteixo, 1833-A Coruña, 1923)
No discurso dos Xogos Florais celebrados en Tui no 1881, Murguía refírese ao
idioma galego coas seguintes palabras:
“(…) o nobre idioma que do outro lado dese río é lingua oficial que serve a máis de vinte millóns de
homes e ten unha literatura representada polo nome glorioso de Camões e Vieira, de Garrett e de
Herculano (...) Podemos dicir con verdade que nunca, nunca, nunca pagaremos aos nosos irmáns de
Portugal todo que fixeran do noso galego un idioma oficial. Mais afortunado que o provenzal -encerrado
na súa comarca propia- non morrerá”
Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835-A Coruña, 1917)
No seu poema A fala, da súa obra Queixumes dos pinos26 pon de relevancia a
unión lingüística galaico-portuguesa.
(…)
Serás épica tuba
e forte sen rival,
que chamarás aos fillos
que aló do Miño están,
os bos fillos do Luso,
apartados irmáns
de nós por un destino
envexoso e fatal.
Cos robustos acentos,
grandes, os chamarás,
¡verbo do gran Camões,
fala de Breogán!
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963)
Nunha das súas participacións na Revista Nós27, expón que:
“Poucos Galegos se teñen decatado do que Portugal é para nós. Portugal é a Galiza ceive e criadora,
que levou polo mundo adiante a nosa fala e o nosso espírito, e inzou de nomes galegos o mapa do
Mundo”
26 Obra escrita no 1890 mais publicada no ano 1935.27 Concretamente no nº 79 da Revista Nós no 1930, p. 143.
16
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950)
Castelao, no que se refire á lingua non é separatista, senón reintegracionista28. É
dicir, non rompe coa unidade galego-portuguesa concordando coa tradición de que o
galego é un idioma extenso e útil, porque con pequenas variantes, se fala no Brasil, en
Portugal e nas colonias portuguesas29.
“(...) afortunadamente a nosa língoa está viva e frorece en Portugal, fálana e cultívana mais de sesenta
millóns de seres que, hoxe por hoxe, aínda viven fora do imperialismo hespañol” (Sempre en Galiza,
Galaxia, 2004 (1944), p.292
Mais nunca opón nunca, como poden facer outros nacionalistas, galego a
español, senón a castelán, considerando ó portugués dentro do español, no sentido
hispánico e dentro do seu pensamento de federalista ibérico.
Saíndo da obra mestra do rianxeiro, Sempre en Galiza, atópanse outros
fragmentos que sen dúbida mostran ese seu carácter reintegracionista30:
“Desexo, ademais, que o galego se acerque e confunda co portugués, de xeito que tivésemos así dous
idiomas extensos e útiles” (Carta a C. Sánchez Albornoz, Grial, nº47, 1975)
“As palabras, como os paxaros, voan sobre as fronteiras políticas” (Da Fala e da Escrita, Galiza
Editora, 1983, p. 79)
Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987)
Defensor do reintegracionismo31 en obras como: Galicia como tarea, Edicións
Galaxia, Buenos Aires, 1959.
“(...) dada La identidad estructural que conservan el portugués y el gallego, recíprocamente inteligibles.
Se trata de una lengua con la cual pueden entenderse hoy millones y millones de personas, aunque lo
hablen con distinto acento o escriban de forma diferente cierto número de vocablos. En el cómputo se
comprenden las poblaciones de Galicia, Portugal –con sus colonias-, y Brasil. El mapa del idioma de
Camões y Rosalía se extiende a cuatro continentes” (pp. 138-139).
“(…) no puede parecer razonable cualquier tendencia que reduzca el problema a la rehabilitación
literaria de una lengua retardada en su forma escrita, haciendo caso omiso, o poco menos, de la
evolución que experimentó durante siglos de uso múltiple y pleno, fuera del área de origen. Mucho más
28 CARVALHO CALERO, R.; Letras Galegas. AGAL, A Coruña, 1984, p. 266.
29 CASTELAO; Sempre en Galiza, Galaxia, 2004 (1944)30 Recollidas na web da AGAL: Falam os mestres31 Fragmentos recollidos de: MONTERO SANTALHA, J.M.; 2001.
17
constructiva sería la tendencia a la asimiliación de las voces necesarias, cuyo uso es normal en la otra
rama del mismo árbol lingüístico” (pp.145-146)
Ou en “A evolución trans-continental da lingua galaico-portuguesa” en
VV.AA., O porvir da língua galega. Círculo de las Artes, Lugo, 1968, PP. 115-132.
“(...) ¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autonoma na sua evolución como idioma, ou ha de
pender a mais estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e-o Brasil? (...)
trátase de conter a disociación, facendo os axustes necesarios pra aproveitar as vantaxas mútuas que um
intertroque permanente poderia proporcionar” (p. 131)
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981)
As referencias reintegracionistas, recollidas por Montero Santalha32, son
principalmente recollidas de entrevistas xornalísticas, nas que abonda de xeito
reiterativo nunha unificación ortográfica que se producirá antes do ano 2000 e que
ligará o mundo lusófono.
“ Nosotros tenemos que ir, inevitablemente, con los portugueses y los brasileños hacia una unificación
ortográfica. Ellos poseen, ambos, una misma ortografía, y nosotros arrastramos la invención de los
precursores del siglo XIX (…) lo hicieron empleando una ortografía híbrida, muy influida por el
castellano. Ten en cuenta que el año 2000 hablarán el gallego-portugués-brasileño 200 millones de
personas. Nosotros seremos siempre un poco marginales en este concierto, pero sin duda podemos tener
en él una gran audiencia” (Destino, 8 de marzo de 1969, Barcelona).
“Cuando logremos la unificación ortográfica del gallego con el portugués, nuestro idioma podrá ser
hablado por 200 millones de personas” (El Mundo, 19 de xuño de 1969)
“[o idioma da Galiza é] uno de los idiomas futuros, que será hablado en el año 2000 por 200 millones de
peronas, contando Portugal, Brasil y Galicia, que hablan el mismo idioma con diferencias ortográficas
unificables” (La Gaceta del Norte, 31 de xaneiro de 1970)
32 MONTERO SANTALLA, J-M.; 2001.18
2.2. Os problemas de aceptación
Ante a evolución da normativa do galego fóronse forxando diferentes posturas
que poderían camiñar nun mesmo sentido cara un obxectivo común a favor do idioma,
mais historicamente optaron por facelo do xeito máis diverxente posible. Iso deu lugar ó
ocultamento e marxinación das posturas que non resultaron aceptadas por parte das que
se constituíron como oficiais.
As diversas posturas poden enmarcarse en tres correntes. Unha é a autonomista,
que considera o galego como un idioma independente e onde se poden diferenciar á vez
dúas tendencias, unha máis oficialista que acepta como válida e xustificada a normativa
elaborada polo ILG e a RAG (En Galicia, en galego), e outra que tende a un
reintegracionismo definido como “de mínimos” tamén coñecido como normativa “da
concordia” (Na Galiza, en galego). A segunda corrente é a do reintegracionismo, que
integra ó galego nun diasistema con tres estándares (galego, portugués e brasileiro),
tamén denominado “de máximos” en oposición á tendencia anterior (Na Galiza, em
galego). Por último, a terceira corrente sería a do exclusivismo lusista, definido así polo
experto Serafín Alonso, e que engloba ós que defenden como único estándar posible
para Galicia o portugués, que debe ser adoptado de forma plena e sen reservas (Na
Galiza, em português). 33
Ante todas estas posturas e diverxencias, como xa se comentou, unhas saíron
vencedoras e outras vencidas e o reintegracionismo de máximos foi dos que perdeu
representatividade ante a aceptación do reintegracionismo de mínimos. Mais este último
tampouco estivo exento de polémicas, pois con el non finalizaron as críticas ó
autonomismo aínda que si foi apreciado de xeito positivo por un grupo reducido pero
influinte de cultivadores do galego. Que a postura reintegracionista non achara de todo o
seu oco na oficialidade non quere dicir que non siga a estar presente na sociedade, mais
faino dun xeito minoritario e ata descoñecido.
Todas estas discrepancias introdúcense na sociedade dun xeito negativo,
provocando que esta se afaste dos temas lingüísticos nuns casos, ou converténdoos nun
problema político, noutros. As divisións e oposicións entre ideas semellantes sempre
conseguen, ó meu parecer, que estas saían perdendo no seu conxunto.
3. O REINTEGRACIONISMO NA ACTUALIDADE
33 ALONSO PINTOS, S.; 2002. Recollido en A mudanza da língua; culturagalega.org19
3.1. A “normativa da concordia” do 2003
As “Normas da concordia” foron aprobadas pola Real Academia Galega34 o 12
de xullo do ano 2003, tras un longo proceso de debate e logo de rexeitar a proposta do
ano 2001 por considerarse demasiado próxima ao portugués. Esta primeira opción fora
consensuada polos departamentos de Filoloxía Galega das tres universidades galegas,
polo ILG e polas asociacións reintegracionistas de mínimos35. Finalmente, como xa se
sinalou, esta proposta foi aprobada pola RAG con algunhas modificacións dous anos
despois.
A nova normativa consiste nunha serie de modificacións respecto á anterior, que
databa do 1995, e coas que se pretende “integrar as dúas solucións maioritarias para a
codificación escrita do galego, por unha banda o oficialismo que ten a súa institución
de referencia no ILG, e o reintegracionismo de mínimos representado na AS-PG”36.
A RAG deixou marcados37 os principios nos que se baseou para a presente
reforma dos cales destacan os seguintes contidos:
- “A norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto de alleo
innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do castelán”
- “A lingua común debe ser o máis galega posible”
- “As formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e
evolucionadas.”
- “As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas,
especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, evitando
que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos
comúns a todas elas.”
- “Para o arrequecemento do léxico culto, (…), o portugués será considerado
recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás
características estruturais do galego.”
- “Excluír o diferencialismo radical porque, aínda querendo ser unha postura de
defensa fronte ao castelán, manifesta de feito unha posición dependente e
34 A Real Academia Galega é a autoridade competente en materia lingüística para levar a cabo unha reforma ou modificación das normas de uso da Lingua Galega.35 Entre as que destaca a AS-PG (Asociación Sócio-Pedagóxica Galega)36 Novas normas ortográficas e morfolóxicas da língua galega en: santiagodecompostela.org37 Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, RAG, Vigo, 2005, pp. 11-13.
20
dominada con respecto a esta lingua. Han de excluírse, con maior razón,
solucións diferencialistas que só sexan falsas analoxías e vulgarismos.”
- “Excluír tamén a evasión cara á lingua medieval: formas definitivamente
mortas e arcaicas non deben suplantar outras vivas e galegas.”
- “Valorar a contribución do portugués peninsular e brasileiro, mais excluír
solucións que, aínda sendo apropiadas para esa lingua, sexan contrarias á
estrutura lingüística do galego.”
- “O punto de partida e de chegada en calquera escolla normativa ha de ser
sempre o galego.”
Mais sobre estas novas normas apúntanse diversas opinións, así pois, o Centro
de Documentación Sociolingüística de Galicia manifesta que “a recente aprobación da
chamada normativa de concordia axudará sen dúbida a acadar o desexado consenso
arredor da lingua, tanto no ámbito do ensino como na sociedade en xeral”. 38
Por outro lado profesor Henrique Monteagudo afirma sobre o caso que “non hai
que esquecer que en materia de lingua os falantes son os soberanos: a Academia
propón e o pobo dispón”. 39 Referíndose con isto, ao que pode supor esta renovación de
contidos para os usuarios da lingua. Mais o presidente, naquel intre, da RAG, Xosé
Ramón Barreiro, indicaba que “os cambios están avalados e son cuestións asumidas xa
pola xente, de xeito que podemos dicir que estamos ante a mesma normativa”.40
O reintegracionismo de máximos situase fóra da reforma e así o manifestou a
través das súas asociacións, como por exemplo, Nós-UP que indicou que esta normativa
“consagra a conversión do galego nun dialecto do español”.41
38 Noticia do 14/07/2003 arquivada na web do Consello da Cultura Galega. 39 Resumo das modificación na normativa en consellodacultura.org 40 Noticia do 14/07/2003 arquivada na web do Consello da Cultura Galega. 41 Ibídem
21
3.2. O papel da Associaçom Galega da Língua
En 1981 constitúese en Compostela a Associaçom Galega da Língua (AGAL),
unha organización sen ánimo de lucro para tratar de dar resposta aos problemas da
lingua na Galiza, xa que se abría unha nova etapa coa aprobación do Estatuto de
Autonomía. Así, AGAL apunta á plena normalización do galego-portugués de Galiza e
á súa reintegración no ámbito lingüístico que ao longo da historia pertenceu ó galego-
luso-brasileiro sinalando nos seus estatutos como obxectivo principal o de “conseguir
umha substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego, nomeadamente nas
manifestaçons escritas, na área lingüística e cultural que lhe é própria: a galego-luso-
africano-brasileira”.
Hoxe, entre os membros de honra da AGAL figuran os seguintes nomes:
Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle (galegos), Ernesto Guerra da Cal,
Ricardo Flores, Higínio Martínez Estévez (galegos exiliados e emigrados), Manuel
Rodrigues Lapa, Óscar Lopes (portugueses), Leodegário A. de Azevedo Filho, Sílvio
Elia e Gladstone Chaves de Melo (brasileiros).
A dirección da AGAL está formada por un Conselho integrado pola presidencia,
a vicepresidencia, a secretaria, a tesouraría e cinco vocais. A presidencia de AGAL foi
ocupada dende os seus inicios por Xavier Alcalá (enxeñeiro informático e escritor;
1981-1982), Maria do Carmo Henríquez (profesora catedrática da Universidade de
Vigo; 1982-2001), Bernardo Penabade (lingüista e profesor de Lingua Galega ; 2001-
2007), Alexandre Banhos (sociólogo e funcionario; 2007-2009), Valentim Rodrigues
Fagim (lingüista e profesor de portugués; 2009-2012) e Miguel Penas (licenciado en
Historia pola USC con traballos no ámbito da comunicación institucional, política,
empresarial e asociativa; 2012).
A maiores, constitúense comisións para abondar nas diferentes cuestións que se
poidan presentar, que son: a comisión de sociolingüística, a de textos relixiosos, a de
comunicación e a de lingüística. Esta última elaborou estudos de referencia, como o
Estudo Crítico, o Prontuário Ortográfico ou o Guia Prática de Verbos Galegos, é pois,
un órgano técnico de carácter académico que nace no 1983 e que ten como principios
fundamentais:
22
1) “Estabelecer na língua galego-portuguesa da Galiza a normativa idiomática de
caráter reintegracionista relativa aos diversos aspetos constitutivos da língua,
isto é, o prosódico, o ortográfico, o morfossintático e o lexical”.
2) “Elaborar estudos e emitir ditames técnicos sobre quaisquer outros aspetos da
língua galego-portuguesa (da Galiza), tanto na vertente docorpus como na
do status”.42
Ademais de achegar cuestións concretas relativas á lingua galego-portuguesa,
entre as labores realizadas pola Comissom Lingüística e a Associaçom Galega da
Língua (CL-AGAL) destaca a creación da editorial ATRAVÉS EDITORA, unha marca
editorial que herda o traballo realizado por AGAL dende os seus inicios, que ten por
obxectivo “tornar a área editorial da Associaçom numha editora de ámbito galego-
português” e ser tamén “umha ferramenta mais de achegamento de Galiza e a
Lusofonia, demostrando que a via reintegracionista é mais válida e útil para marcar
um padrom galego atual”.43
Entre as publicacións realizadas por este ente destacan Animais!, o primeiro
álbume ilustrado de Séchu Sende, e Noente paradise. Poemas e canções, o primeiro
poemario de Ugia Pedreira, ambos na colección ATRAVÉS DAS LETRAS. Na
colección ATRAVÉS DA LÍNGUA destaca Por um galego extenso e útil e a reedición
do manual Do Ñ para o NH. Manual da língua para transitar do galego-castelhano
para o galego-portugués autoría de Valentim R. Fagim. O primeiro volume da
colección ATRAVÉS DAS IDEIAS foi a obra de Carlos Taibo, Parecia não pisar o
chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa. Por último, na colección
ATRAVÉS DE NÓS destaca a primeira adaptación do Sempre en Galiza de Castelao á
grafía portuguesa realizada por Fernando Vásquez Corredoira e Ernesto Vásquez Sousa.
Esta editorial data do 2010 mais dende o 2008 AGAL xa fora recoñecida
formalmente como editora no marco do Consorcio Editorial Galego44 e sendo xa
habituais as edicións das súas obras dende os seus comezos.
42 Espazo da Comissom Lingüística na web de AGAL43 Espazo referente ao traballo editorial na web de AGAL44 Noticia referente a Através Editora no Portal Galego da Língua, 26 de decembro de 2008
23
Por outra banda, no ano 1985 xa vira a luz a publicación da súa propia revista,
AGÁLIA, centrada nas ciencias sociais e as humanidades. No ano seguinte, o 1986, esta
asociación contribuíu, xunto con outras, a impulsar a creación da Mesa pola
Normalización Lingüística.
Entre as súas actividades destaca tamén a tarefa de desenrolo e mantemento
dalgúns dos portais máis significativos da internet no ámbito galego como son: o Portal
Galego da Língua (pequena axencia de novas sobre a lingua nada no 2001), os Blogues
agal-gz, o Dicionário e-Estraviz, os Foros PGL, a tenda on-line Imperdível e o proxecto
lúdico Planeta NH . Ademais, no seu espazo web, a AGAL conta con un Consultorio
Lingüístico con continuas actualizacións que abonda tanto na fonética como na
ortografía, no léxico ou na morfosintaxe; e co Wiki-Faq, un recurso que tenta dar
resposta ás principais dúbidas sobre o reintegracionismo lingüístico.
A AGAL contribúe tamén á difusión da figura de Carvalho Calero e sobre isto, é
de destacar, a creación do concurso Musicando a Carvalho Calero e a dun site que
conmemora os 100 anos do seu nacemento, carvalhocalero.academiagalega.org .
En canto á difusión da lusofonía, realízanse dende a asociación cursos de
portugués, promocionando tamén o seu ensino no país veciño con Cursos de portugués
en Portugal.
24
3.3. Outras mostras de reintegracionismo
3.3.1. No ámbito cultural
Ademais da editorial ATRAVÉS, dependente da AGAL e citada xa con
anterioridade, destacan as publicacións reintegracionistas doutros entes como pode ser
Editora Estaleiro, unha alternativa editorial que, como rezan as súas bases, é “uma
associaçom cultural sem ánimo de lucro que se rege por assembleia com o propósito de
desenvolver um projecto de ediçom independente, capaz de abrir novos caminhos
dentro do sistema literário galego”. Así mesmo, Abrente Editora publica textos que
agrupa en catro colección denominadas: Biblioteca Galega de Marxismo-Leninismo,
Internacional, Documentos e Textos Políticos e Construirmos Galiza. A Fenda
Editorial, Edições da Galiza ou Edizer Livros tamén contribúen a dar pulo ás
publicacións reintegracionistas.
É de destacar tamén a labor realizada pola Associaçom Reintegracionista
Artábria nada en 1992 e reconvertida no 1998 na Fundaçom Artábria e que abrangue a
área de Ferrol. A pesar de seren moitas as actividades realizadas por esta organización,
tanto de carácter lúdico, de formación como reivindicativas, vanse a destacar aquí as de
carácter editorial. Entre as súas publicacións destaca História da Língua em Banda
Desenhada publicada no 1995 en colaboración con outras asociacións
reintegracionistas. Mais esta faceta terá continuidade, no 1998 a Fundaçom Artábria
edita o Manual de Iniciaçom à Língua Galega que ten como autor a Mauricio Castro; ó
ano seguinte ve a luz a que será a primeira publicación do escritor Carlos Quiroga, o
poemario Gong; e a estas séguenas publicacións como a edición electrónica do conto
infantil O Saltom Astronauta de P. Pablo Patinho, a Introduçom à Lingüística com
Corpora coeditada coa editorial Laiovento, ou Conhecermos Carvalho Calero, a modo
de caderno divulgativo. Xa no 2007, xunto con outros colectivos, publicase Manual
Galego de Língua e Estilo, dos autores Beatriz Peres, Eduardo S. Maragoto e Maurício
Castro.
Existen así mesmo, asociacións culturais reintegracionistas como Associaçom
Cultural Maçarico (Vigo) ou Colectivo Cultural Buril (Burela), máis tamén
relacionadas coa lingua como Mocidade pola Língua, Fundaçom Meendinho ou
Associação de Amizade Galiza-Portugal.
25
3.3.2. No ámbito político
Dende a AGAL faise unha consideración sobre a presenza do reintegracionismo
nos diferentes movementos e partidos políticos, pois considérase que ao non ser unha
filosofía política pode ser compatible con calquera ideoloxía45.
A AGAL considera pois, que o Partido Popular, sendo o partido que gozou de
máis anos de goberno na Galiza e que contou con maiorías máis cómodas opta pola
discriminación e represión do reintegracionismo. Sobre o Partido Socialista Obreiro
Español apuntase que este seguiu unha política lingüística semellante á do PPdG mais
asociándose ó isolacionismo a nivel oficial e sen a defensa de políticas de claro ataque á
Lingua Galega.
A Esquerda Unida vincúlana coas opinións de Alonso Montero, académico da
RAG e destacado isolacionista ademais de mencionar o uso da norma proposta por ILG
e RAG. En canto ao anarquismo, fora do independentismo, é onde maior cabida ten o
reintegracionismo.
No referido ás organización de ámbito galego, destacan o uso dun
“reintegracionismo platónico” por parte do Bloque Nacionalista Galego que defende o
galego como unha mesma lingua que o portugués mais na práctica son maioritariamente
autonomistas ou isolacionistas. Mais destacan que algúns parlamentarios europeos deste
grupo usan o portugués da Galiza, é dicir, o modelo reintegracionista como é o caso de
Camilo Nogueira Román.
Por outra banda, no centro galeguista sinalase que sempre tiveron presenza os
reintegracionistas entre os que destaca o fundador da AGAL, José Posada. Entre os
partidos deste campo cítanse Terra Galega, o Partido Galeguista e Converxencia XXI,
considerando o reintegracionismo destes últimos como “utilitario”.
Para rematar, consideran que boa parte do independentismo galego é
reintegracionista tanto na teoría e na práctica e que isto se presenta en organizacións
como NÓS-UP, Primeira Linha, Assembleia da Mocidade Independestista, Briga mais
destacase o carácter isolacionista de Frente Popular Galega que ten como líder ó actual
presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.
3.4. Opinións destacadas
45 En “Reintegracionismo e política” no site Wiki-Faq da AGAL.26
Xesús Alonso Montero (1928-)Membro da RAG dende 1993, do Consello da Cultura Galega, catedrático de
Literatura galega, sociolingüista, ensaísta e poeta, expón a súa opinión sobre o
reintegracionismo nun artigo que escribe para La Voz de Galicia en novembro de
199946:
“(...) Algunhas voces, de novo, propoñen un achegamento ó portugués (algúns, unha asunción), sen
decatárense de cal vai se-la reacción da nosa sociedade: unha reacción negativa non exenta, nas súas
manifestacións, de acento galego. O portugués -ou ese paraportugués-sería o mellor aliado do
monolingüismo castelán (...)”
Xosé Ramón Barreiro (1936-)O historiador galego e presidente da RAG entre o 2002 e o 2009 foi entrevistado
por Eduardo Maragoto para Novas da Galiza un ano antes de rematar o seu periplo pola
presidencia da Academia47. Sobre o reintegracinismo opina:
“A análise que fai a Academia é que iso é despersonalizar o idioma galego, colocarnos como
sucursalistas do portugués; entón, realmente podemos dicir que reforzamos o galego introduzindonos no
grande cosmos portugués, realmente salvamos o galego, ou engordamos o portugués? Ese é o tema.”.
Sobre a cuestión de dedicarlle o Día das Letras Galegas a un dos máis
destacados promotores do reintegracionismo, Ricardo Carvalho Calero, expón:
“(...) Precisamente polo ‘tinglado’ este da Lusofonia [em relación ao debate parlamentar sobre o Acordo
em Lisboa] díxose:‘Non é o momento’, porque ia ser interpretado como que a Academia lles cede un
espazo, así de claro cho digo”
Valentim Rodriges Fagim (1971-)
Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e diplomado en Historia, foi
presidente da AGAL dende o 2009 ata o 2012. É por tanto coñecida a súa faceta
reintegracionista contando con múltiples exemplos escritos do seu pensamento. Mais
destácanse os seguintes:
“Há palavras que não se podem dizer e sobretudo escrever. Em 1904 “Aos” e “Libertade” eram
português. Em 1971 o ILG afirmava que “Xornal” “Só “ e “Estrada” eram, já não português, mas
lusismos. Hoje, escrever como estou a escrever não é normativo. A formulação do sentido común é “o
galego é como é e há que deixá-lo como está”.(...) Há uma fronteira estatal que não se pode ultrapassar.
Portanto, aceita-se o galego das Astúrias, ou de Leão e até de Cáceres mas não o de Portugal, o Brasil,
Angola ou Timor. A formulação do sentido común frisa que “O galego e de Galicia” por tanto de
Espanha”. (“Cruzamos a linha?” Portal Galego da Língua, 2 febreiro de 2008)
46 ALONSO MONTERO. X.; O Galego e a Academia, La Voz de Galicia, 11 de novembro de 1999, A Coruña, p. 18.47 Entrevista de Eduardo Maragoto, Novas de Galiza, nº68, 115 de xullo-5 de agosto de 2008 p. 16-17
27
“Por escribir 'allo' con 'lh' non podo ter menos dereitos que quen o fai con 'll'(…) As posibilidades de
internet son espectaculares. (…) Non temos ningún tipo de barreira ou censura e avanzamos moito [en
referencia á AGAL] (...) Divulgar e chegar ao máximo número de persoas posíbe [é o reto do
reintegracionismo]. O obxectivo básico é que o cidadán medio galego saiba que grazas ao galego accede
ao mundo lusófono. ((Entrevista de Isabel G. Couso, Vieiros, 2 de maio de 2010)
María Xosé Queizán (1939-)
A escritora e catedrática de Lingua e Literatura galega móstrase como unha
defensora do reintegracionismo mais afirma que deixou de usar esa vía polas limitacións
que lle supoñía facer uso dela. Así, nunha entrevista no ano 200948 responde do seguinte
xeito:
Margarida Martins -Tu sempre foche reintegracionista nos gestos mas nos anos 80 acreditache na
prática “oficial”. Pensas que isso foi um erro?
M.X. Queizán - Continuo a ser defensora da incorporaçom da Galiza ao tronco lingüístico comum. Os
meus textos, como A Falácia do Galego Português, provam o que digo. Mas nom me sentia com gosto
discutindo com amizades e enfrentando-me com gente mais afim que a que defendia o espanhol, por
exemplo. (...) já é umha limitaçom escrever em galego para, ainda, escrever num galego nom oficial, com
dificuldades de publicaçom e leitura.(...) Para acometer esta empresa é necessário ter um ponto de vista
amplo e um conceito da Galiza de maior altura.
MM - A nossa língua é internacional; para a Lusofonia nós pouco significamos, mas achas que a
Lusofonia é um espaço para os nossos interesses culturais e de todo o tipo?
MJQ -Antes de pedir aos demais para nos reconhecerem é preciso reconhecermo-nos e valorar-nos bem.
A Galiza, a mãe do idioma, deve reclamar um posto de relevância na comunidade internacional da sua
língua. A globalizaçom e a consciência democrática facilitam-no. Pessoas preocupadas por este país,
polo seu progresso (as autoridades em primeiro lugar), polo seu bem-estar, devem compreender que só
integrando-nos na comunidade lingüística internacional conseguiremos segurança, auto-estima e a
altura cultural e económica que tanto precisamos. Falar da morte do galego, desta perspectiva, é umha
insensatez.
Ugia Pedreira
O ámbito da música tampouco queda excluído desta forma reintegradora da
lingua. Varios son os que se decantan por usalo (Projeto Mourente, Galego Z, Som do
Galpom, Sacha na horta) e tamén por defendelo. Músicos de relevancia na Galiza como
Carlos Núñez ou Uxía Senlle teñen manifestado publicamente a súa opinión favorable
para que as portas do galego se abran ó mundo lusófono.
En canto a Ugia, ten manifestado no ano 200949:
48 Entrevista de Margarida Martins, Portal Galego da Língua, 4 de xullo de 2009
49 Entrevista Portal Galego da Língua, 29 de decembro de 200928
“Síntome orgulhosa de pertencer ao movimento reintegracionista desde o vigor da adolescência até os
dias de hoje, pois foi e é um enorme caleidoscópio e um potente telescópio.”
“O reintegracionismo é um tema básico de cultura geral e tem a batalha linguística ganhada. Creio que
nom tenhem que caminhar à par ideias sociais avançadas com visons retrógradas das artes.”
Xosé Luís Méndez Ferrín (1938-)
Un referente da literatura galega, hoxe, ademais de escritor, político e tamén
presidente da RAG dende 2010. Foi nese mesmo ano no que desencadeou a polémica
tras unhas declaracións nas que comparaba ós reintegracionistas coa controvertida
asociación Galicia Bilingüe entre outras consideracións. Así se expresaba:
Tempos Novos : As maiores reticencias cara a Ferrín veñen dos que defenden un acordo ortográfico co
portugués. Vostede expresa acotío que sería un forzamento da realidade e que a nosa querenza non é
recíproca. Que facemos co tema? Actuar coma se non existise? Pedirlles que se disolvan?
Méndez Ferrín: O mesmo que con Galicia Bilingüe. É xente que está en contra do idioma. Que fagan o
que queiran. Teñen a rúa, os foros sociais, os medios de comunicación, os sindicatos. Que vaian predicar
á porta de Citroën.
TN: Parte dos sectores soberanistas optan por esa vía. Se Ferrín tivese 20 anos, probabelmente seriía
reintegracionista.
MF: Se son soberanistas, é curioso. Queren a soberanía de Galicia, pero non a do idioma galego.
(Entrevista en Tempos Novos, recollida polo Portal Galego da Língua o 21 de abril de
2010)
Séchu Sende (1972-)
O profesor e escritor padronés, con publicacións na versión reintegracionista do
galego, deixa ben marcada a súa opinión nunha entrevista realizada en agosto de 201050:
“Para min o reintegracionismo é un dos motores que ten este país para cambiar a situación da lingua. O
que non se pode facer é censuralo ou descriminalo e penso que esa poisición debería mudar sobre todo
neses ámbitos que se consideran galeguistas. Non é de recibo botar pedras diante do camiño dos teus
propios compañeiros de viaxe.”; “Eu penso que hai moito tabú e, en certa medida, medo. Mais, coa
situación actual da lingua, é unha mágoa que non se explore a vía reintegracionista coma un camiño
para cambiar a situación da lingua.”; “que haxa uns comportamentos democráticos arredor do que é a
opción ortográfica, que as editorias arrisquen máis, que non dependan tanto das subvencións, que os
concursos literarios acepten a norma galego-portuguesa.”; “O reitegracionismo é un movemento
creativo e transformador que está aportando moita vitalidade, que ten diferentes discursos e que é
preciso non invisibilizalo, non discriminalo e non estigmatizalo”; “Establecer unha relación entre iguais
entre a xente da órbita galeguista, que non haxa ningún tipo de discriminación porque, sabendo que
oficialmente o Goberno actual é anti-galego é inútil pedirlle xenerosidade.”
50 Entrevista de Olalla Tuñas, Galiciaé, 12 de agosto de 2010
29
Ramón Lorenzo (1935-)
Estudoso do galego e cofundador do ILG no 1971, deixa patente, en maio de
201151, a súa animadversión cara a figura de Ricardo Carvalho Calero, así como en
contra do movemento reintegracionista:
“Creo que o galego é unha lingua independente que ten a súa propia norma. Podemos utilizar ás veces
vocabulario portugués em vez dunha palabra castelán (...) pero o que non podemos é mudar o que é noso
para poñer unha cousa distinta”; “(...) establecer unha norma achegada ao portugués. Iso sería
terrorífico, pois a xente estaría máis en contra. Xa agora o está do propio galego, máis en contra do
portugués”; “Para ter unha lingua de máis habitantes temos o castelán que, ademais sabemos falalo
mellor”; “Evidentemente eu estou en contra de que se lle dea o Día das Letras Galegas [a Carvalho
Calero] porque hai que ver o mal que lle fixo este home á lingua. É que iso non se quere ver. Este home,
era o catedrático de galego e que podía facer um labor extraordinario a favor do galego, que fixo a
primeira normativa da Academia, despois, de repente, inventa unha segunda normativa dos mínimos e
logo declara que hai que escribir o portugués e elimina a dos mínimos. (...) É o culpable deste tremendo
problema que tivemos co galego”.
Carlos Quiroga (1961-)
Este escritor e lingüista conta tamén con publicacións reintegracionistas que lle
permitiron abrirse camiño no mercado portugués. A súa propia experiencia conleva a
que se convertese dun defensor desta normativa á que se lle debería abrir paso, segundo
Quiroga, no ámbito da literatura. Así o expresa nunha entrevista no Diário Liberdade52:
“No caso do reintegracionismo há um custo material suplementar para editar, contra o lucro, o prémio
ou o subsídio, há trabalho e empenhamento, e os livros dos reintegracionistas são motivo de orgulho por
manter viva uma orientação, uma causa e uma identidade”; “O reintegracionismo é hoje mais visível,
mais respeitado e mais vigoroso nas camadas jovens da sociedade galega do que há uns anos. O mau é
que essa sociedade em geral perde a sua galeguidade com uma velocidade mais vertiginosa .”; “O âmbito
da literatura escrita ocupa uma super-estrutura conectada aos poderes e interesses dominados pelo
isolacionismo e espanholismo (...) desse âmbito continua a trabalhar uma censura indireta causada por
mercado, prémios e reconhecimento social (os prémios continuam exigindo quase na totalidade a norma
espanhola, as escolas continuam aplicando e exigindo a normativa isolacionista, os meios toleram e
falam quase só dessa literatura domesticada)”
3.5. Opinións recollidas
3.5.1. A enquisa
51 Entrevista de José Gómez en Nordesía, Diario de Ferrol, 22 de maio de 2011, p. 352 Entrevista no Diário Liberdade, 13 de xullo de 2011
30
31
A enquisa foi realizada a trece galegofalantes e ó mesmo número de
castelanfalantes de idades que comprenden dende os 18 anos ata os 54. As profesións
tamén son variadas mais a maioría dos enquisados teñen estudos ata o bacharelato.
Quíxose incluír tamén persoas vinculadas á filoloxía, así, dos vinte e seis enquisados,
tres son filólogos.
As preguntas foron formuladas tratando de mostrar imparcialidade e para que
calquera, incluso os non coñecedores do tema, as puidesen contestar con facilidade mais
son consciente de que non sempre foi así. Polo tanto, se o tempo permitise un segundo
cuestionario nel introduciríanse modificacións.
3.5.2. Os resultados
En canto os resultados, as seguintes gráficas mostrarán as porcentaxes extraídas
deste pequeno estudo. Sobre fondo azul aparecen os datos da consulta realizados a
galegofalantes e en vermello os que pertencen ó segundo grupo, os castelanfalantes.
- PREGUNTA 1
- PREGUNTA 2
32
ENQUISA SOBRE O REINTEGRACIONISMO LINGÜÍSTICO
ESTUDOS:PROFESIÓN:IDADE:LUGAR DE NACEMENTO OU RESIDENCIA: FILIACIÓN POLÍTICA (se desexa que se reflicta): GALEGOFALANTE: Sí Non
Subliñe ou diferencie con outra cor a resposta que máis se axuste á súa opinión.
1. Preferiría unha Lingua Galega que tivese: Unha grafía máis semellante á portuguesa Unha grafía máis semellante á española Unha mestura de ambas
2. Consideraría positiva a incorporación do estudo da Lingua Portuguesa ós diferentes niveis educativos galegos: Sí Non
3. De ser afirmativa a resposta anterior, este estudo debería realizarse: Como parte dos programas de Lingua Galega De xeito independente
4. Qué peso cree que ten entre os galegofalantes o reintegracionismo lingüístico? Maioritario Minoritario Non son consciente
5. Coñece algunha entidade que avogue por dito reintegracionismo ou o utilice con normalidade? Non Sí (cite como mínimo unha)
6. De producirse o reintegracionismo lingüístico galego-portugués consideraríao como: Un avance histórico para a Lingua Galega por retrotraerse a un dos seus momentos máis esplendorosos Un elemento positivo por outorgarlle unha maior difusión á Lingua Galega no mundo lusófono Un elemento negativo por afastarse da grafía española Un retroceso, as linguas deben evolucionar coa Historia do seu territorio
- PREGUNTA 3
- PREGUNTA 4
- PREGUNTA 5
33
- PREGUNTA 6
Na primeira das preguntas os enquisados responderon á cuestión referida á grafía
que eles preferirían para o galego. Os dous grupos preferirían de xeito maioritario que
se dese unha mestura entre a grafía española e portuguesa, cunha porcentaxe máis alta
no primeiro grupo, o dos galegofalantes (53’85%). E fronte a un 30’77% dos
castelanfalantes que optaron pola escolla dunha grafía máis próxima ó portugués, só un
15’38% escolleron dita opción.
Na segunda, pódese observar que en ambos grupos unha maioría significativa
verían con bos ollos a incorporación do estudo do portugués ao sistema educativo
galego. Con todo, mentres que os galegofalantes incorporarían esta aprendizaxe dun
xeito independente ó da Lingua Galega (53’85%), entre os castelanfalantes hai unha
maior diversidade de opinións. O 38’46% incorporaríao dentro dos programas de
Lingua Galega, un 30’77% optaría porque se estudase de xeito independente e o
30’77% restante móstrase en desacordo con dita incorporación. Estes últimos datos son
os resultantes da pregunta número tres.
En cuarto lugar, sobre o peso que o reintegracionismo podía ter na sociedade,
unha ampla maioría, en ambos dous grupos, consideran que esta tendencia ten un
carácter minoritario. E este descoñecemento móstrase tamén na seguinte pregunta
cando un amplo número dos enquisados non son quen de nomear algunha entidade que
avogue por dita opción lingüística, estando entre as máis nomeadas a AGAL.
34
A derradeira pregunta ía encamiñada á consideración hipotética de que se
producise o reintegracionismo e cal serían as opinións que isto xeraría nos enquisados.
Unha vez máis, os resultados non varían demasiado entre galegofalantes e
castelanfalantes xa que ambos o considerarían como un retroceso por teren que mudar e
evolucionar as linguas coa Historia do seu territorio. Mais, a porcentaxe e maior no
segundo grupo (53’85%), xa que entre os galegofalantes as respostas están máis
divididas. Así, conta cunha maior porcentaxe entre os galegofalantes a resposta de
considerar dito reintegracionismo como un avance histórico (23’08%) ou velo como un
elemento positivo por outorgarlle este unha maior difusión á Lingua Galega no mundo
lusófono (23’08%).
Non sendo de todo fiables, estes datos pódense considerar como representativos
dunha pequena parte da poboación galega de diferentes puntos do mapa, que, ó meu
parecer, non distaría moito do pensamento maioritario.
35
4. CONCLUSIÓNS
Para concluír, hai que dicir que o reintegracionismo foi e é considerado como
unha corrente elitista que trataría de marcar diferenzas volvendo ás fontes medievais e
afastando a lingua culta e escrita da usual e falada. Sería, polo tanto, arcaizante e purista
buscando de facer unha norma galega autónoma.
Esta visión sería a que ven dada pola corrente central e maioritaria, a
rexeneracionista, que trata de construír un galego culto, unificado e autónomo,
identificado fronte ó castelán mais sen afastarse da grafía española. Sóese considerar
que combinan elementos puristas, diferencialistas, cultistas, popularizantes, arcaizantes
e lusismos, aínda que estes dous últimos sexan os que conten con menor relevancia
entre todos eles. A fonte principal para a creación deste estándar do galego é a tradición
literaria máis tamén o idioma falado. En canto a este último, dun xeito depurado e
elevado pois, na normativa oficial, por exemplo, non teñen cabida as formas dialectais.
As referencias ó reintegracionismo, pódese concluír, que se fan dende unha
postura contraria ou incluindoo na evolución normativa do idioma máis para informarte
dun xeito máis claro un dos poucos recursos cos que te atopas é a AGAL. Por iso, á
hora de traballar sobre o tema foi clave o atender ó tipo de fontes que se estaban a
manexar pois, podía ser unha defensa extremada unha crítica cando non menosprezo.
Sobre ese menosprezo gustaba de facer referencia, aínda que se da igual ou en maior
medida a atenuación ou a diminución da información sobre esta corrente. Parece que o
reintegracionismo sexa un tema que interese pouco ou nada, polo xeral, á sociedade do
momento e aparece oculta tras unha idea maioritaria que todos deben tomar como a boa.
Sobre isto, considero, que o non concordar cunha idea ou corrente non debería impedir
ou limitar o seu coñecemento.
Son abundantes as referencias que se fixeron neste traballo á AGAL e ó seu
espazo web, xa que, son poucos os lugares onde informarse sobre o reintegracionismo.
Estaría tamén, a maiores, os manuais de lingua onde o tratamento que se fai do tema
non é tan accesible polo vocabulario empregado nin polo seu formato, gañando con
ampla vantaxe a rede. Mais o menos aberto á sociedade posiblemente sexan as
referencias ós autores reintegracionistas que nin sequera se estudan no ensino
obrigatorio ou, no caso de estudalos, non se menciona esa vertente.
36
Polo tanto, o descoñecemento do reintegracionismo como forma de lingua como
dende a literatura atópanse afastados da maioría da sociedade o que provocan que as
asociacións se teñan que mover, en primeiro lugar, para darse a coñecer e calar na xente.
Así, reivindicacións como a dedicación do Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho
Calero fai cabilar na labor que puido ter realizado esta personaxe da nosa literatura que
para moitos segue a ser un descoñecido. Sobre a figura de Carvalho Calero, escribía no
2010 Manuel Castelao53:
“[Ricardo Carvalho Calero é] obxecto dun escurecemento interesado por parte dos grupos que
hexemonizaron o sistemiña cultural galego na restauración democrática. Dun escurecemento
sistemático, deliberado e mesmo dun anatema e unha persecución que o mínimo calificativo que lle
podemos pór é de inicua”.
Estas palabras referidas a un dos maiores defensores do reintegracionismo penso
que tamén poden ser aplicadas ó camiño tortuoso que tivo que vivir esta corrente
lingüística que hoxe se pode mostrar con maior facilidade á sociedade a través da rede
mais segue a ter unha presenza minoritaria.
53 Palabras de Manuel Castelao con motivo da entrega do Premio Ricardo Carvalho Calero de Ensaio do ano 2010 recollidas no Diario de Ferrol o 14/11/2010. Referencia en: BISCAINHO FERNANDES, C.C. e SÁNCHEZ REI, X.M. (coords.); 2011, pp. 45-46.
37
5. BIBLIOGRAFÍA
BIBLIOGRAFÍA:
- ALONSO ESTRAVIZ, I.; A Galiza, os galegos e a língua segundo Rodrigues
Lapa, Agália, nº53, 1998.
- ALONSO MONTERO, X.; O Galego e a Academia, La Voz de Galicia, 11 de
novembro de 1999, A Coruña, p. 18. Formato web.
[http://membres.multimania.fr/questione/artigos/alonso2.html] (09/12/2012)
- ALONSO PINTOS, S.; Para unha historia do estándar galego. As propostas do
período 1966-1980. Madrid, 2002. Recollido en O contexto do cambio. A
mudanza da língua;
[http://www.culturagalega.org/especiais/reforma/contexto.htm] (06/12/2012)
- BISCAINHO FERNANDES, C.C. e SÁNCHEZ REI, X.M. (coords.); Ricardo
Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación. Universidade da Coruña, A
Coruña, 2011.
- CARVALHO CALERO, R.; Letras Galegas. AGAL, A Coruña, 1984.
- CARVALHO CALERO, R.; Umha voz na Galiza. Artigos de jornal (1933-
1989). Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1992.
- LÓPEZ, T. e SALINAS, F. (eds.); Actas do Simposio Ricardo Carvalho Calero
Memoria do Século, Departamento de Galego-Portugués, Francés de Lingúística
da Universidade de A Coruña, A Coruña, 2002.
- DOMÍNGUEZ DONO, X. (ed.); O Galego: aproximacións á súa historia,
sistema linguüístico, dialectoloxía e usos. Ir Indo, Vigo, 2008.
- MONTEAGUDO, H. e BOUZADA FERNÁNDEZ, X.M. (coords); O proceso
de normalización do idioma galego (1980-2000), vol.III, Elaboración e difusión
da Lingua. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela 2002.
- MONTERO SANTALHA, J.M.; Alguns testemunhos de reintegracionismo
lingüístico galego-português nos anos 60-70. Revista Agália, nº65-66, 2001, pp,
9-16.
- MARIÑO PAZ, R.; Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, Santiago de
Compostela, 1998.
38
- RODRIGUES FAGIM, V.; Cruzamos a linha?, Portal Galego da Língua, 2
febreiro de 2008. Formato web.
[http://www.agal-gz.org/modules.php?
name=News&file=articlecomments&sid=4083] (06/12/2012)
- VV.AA.; Lingüística e sócio-lingüística galaico-portuguesa (Reintegracionismo
e conflito lingüístico na Galiza), O ensino, Revista galaico-portuguesa de
sócio-pedagogía e sócio-lingüística. Nº 4/5, 1985.
OUTRAS FONTES:
- Novas normas ortográficas e morfolóxicas da língua galega em
[http://www.santiagodecompostela.org/medi/Lingua/normasortograficas.pdf
santiagodecompostela.org] (07/12/2012)
- Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, RAG, Vigo, 2005, pp.
11-13. [http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/19499da0-6a97-
4d15-aa91-fa7a36f5f2bd] (07/12/2012)
- Na busca da concordia. Noticia do 14/07/2003 arquivada na web do Consello da
Cultura Galega. [http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=3182]
(07/12/2012)
- Resumo das modificación na normativa en consellodacultura.org
[http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/docs/norma2003.pdf]
(07/12/12)
- Espazo da Comissom Lingüística na web de AGAL
[http://www.agal-gz.org/corporativo/index.php?
option=com_content&view=section&layout=blog&id=3&Itemid=14]
(07/12/2012)
- Espazo referente ao traballo editorial na web de AGAL [http://www.agal-
gz.org/corporativo/index.php?
option=com_content&view=article&id=103:trabalho-
editorial&catid=4:agal&Itemid=12] (07/12/2012)
- Noticia referente a Através Editora no Portal Galego da Língua, 26 de decembro
de 2008 [http://pglingua.org/index.php?
option=com_content&view=article&id=513:editora-associacom-galega-da-
lingua-integra-se-no-consorcio-editorial-galego&catid=23:agal-
editora&Itemid=62] (07/12/2012)
39
- Apartado Reintegracionismo da web da AGAL
[http://www.agal-gz.org/corporativo/index.php?
option=com_content&view=section&layout=blog&id=4&Itemid=15]
(06/12/2012)
- “A nossa diáspora” apartado Reintegracionistas da web da AGAL
[http://www.agal-gz.org/corporativo/index.php?
option=com_content&view=article&id=92:a-nossa-
diaspora&catid=5:reintegracionimo&Itemid=15] (06/10/2012)
- “Reintegracionismo e política” no site Wiki-Faq da AGAL
[http://agal-gz.org/faq/doku.php?
id=pt_agal:o_reintegracionismo_e_os_movimentos_politicos] (06/12/2012)
- “Falam os mestres” referencias recollidas da web da AGAL[http://www.agal-
gz.org/corporativo/index.php?
option=com_content&view=article&id=116:falam-os-
mestres&catid=5:reintegracionimo&Itemid=15] (08/12/2012)
ENTREVISTAS:
- Entrevista a Xosé Ramón Barreiro por Eduardo Maragoto, Novas de Galiza,
nº68, 115 de xullo-5 de agosto de 2008 p. 16-17
[http://www.novasgz.com/pdf/ngz68.pdf] (10/12/2012)
- Entrevista a María Xosé Queizán por Margarida Martins, Portal Galego da
Língua, 4 de xullo de 2009
[http://www.pglingua.org/noticias/entrevistas/901-maria-jose-queizam-la-galiza-
a-mae-do-idioma-deve-reclamar-um-posto-de-relevancia-na-comunidade-
internacional-da-sua-linguar] (10/12/2012)
- Entrevista a Ugia Pedreira, Portal Galego da Língua, 29 de decembro de 2009
[http://www.pglingua.org/noticias/entrevistas/1686-ugia-pedreira-lsinto-me-
orgulhosa-de-pertencer-ao-movimento-reintegracionista-desde-o-vigor-da-
adolescencia-ate-os-dias-de-hojer] (10/12/2012)
- Entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín en Tempos Novos, recollida polo Portal
Galego da Língua o 21 de abril de 2010
[http://www.pglingua.org/noticias/informante/2303-valentim-r-fagim-e-joam-
lopes-facal-respondem-declaracons-de-ferrin-contra-o-reintegracionismo]
(10/12/2012)
40
- Entrevista a Valentim Rodrigues Fagim por Isabel G. Couso, Vieiros, 2 de maio
de 2010 [http://www.vieiros.com/nova/79296/ldquo-por-escribir-allo-con-lh-
non-podo-ter-menos-dereitos-que-quen-o-fai-con-ll-rdquo] (10/12/2012)
- Entrevista a Séchu Sende por Olalla Tuñas, Galiciaé, 12 de agosto de 2010
[http://www.pglingua.org/noticias/entrevistas/2709-sechu-sende-qo-
reintegracionismo-e-um-dos-motores-para-mudar-a-situacom-da-linguaq]
(10/12/2012)
- Entrevista a Ramón Lorenzo por José Gómez en Nordesía, Diario de Ferrol, 22
de maio de 2011, p. 3
[http://www.pglingua.org/images/stories/fotos/
2011/06/010611_lorenzo_entrevista.png] (10/12/2012)
- Entrevista a Carlos Quiroga, Diário Liberdade, 13 de xullo de 2011
[http://www.diarioliberdade.org/index.php?
option=com_content&view=article&id=17482:falamos-sobre-lingua-literatura-
e-mais-com-carlos-quiroga-escritor-e-ativista-cultural-
galego&catid=255:cultura-e-desportos&Itemid=131] (10/12/2012)
41
42