1 O BARDO
Eu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro;
onde o Anllóns, con moi nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Non nacín nin en vila nin cidade,
lonxe do seu ruído lisonxeiro;
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponteceso.
Amable Ponteceso
anque pequena, garrida,
o bardo foi pasado
desta túa vida.
Non t´esquezas de quen con faz serena,
dixo a toda a ciudade fementida
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponteceso.
Amable Ponteceso
anque pequena, garrida,
o bardo foi pasado
desta túa vida.
Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponteceso.
Ponteceso
Elena 5º
2 O BARDO
1. Presentación...................................................3
2. Samaín...............................................................4
3. Magosto.............................................................10
4. Nadal..................................................................12
5. Día da Paz........................................................17
6. Outono fotográfico.......................................20
7. A Candeloria...................................................22
8. Entroido...........................................................23
9. Día da árbore.................................................28
10. Primavera fotográfica.............................30
11. Decoración primavera............................32
12. Día das letras galegas..............................35
13. Festiletras.....................................................37
14. Saídas e actividades..................................42
15. Acrosport en Ponteceso.........................61
16. Noticieiro......................................................62
17. Pasatempos..................................................71
3 O BARDO
Benqueridas familias:
Dámosvos a benvida un ano máis a estas páxinas que amosan o
traballo feito polos vosos fillos e fillas ao longo deste curso
2.014/2.015 nas que se pon de manifesto novamente o interese dos
máis novos pola nosa lingua. Tamén hai que salientar a colaboración
do profesorado que cada día motiva e propón ideas para que este
proxecto común sexa un reflexo de toda a comunidade educativa.
Grazas a todos pola vosa colaboración e confiamos en que sexa do
voso agrado.
Un saúdo!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega
4 O BARDO
Samaín é unha palabra que provén do irlandés antigo samuin, que vén interpretado
como a fin do verán. É unha das festividades de orixe celta máis importante que ten
máis de 3.000 anos de antigüedade. Realízase na noite do 31 de outubro e celébrase o
final da tempada das colleitas e o comezo do Ano Novo Celta que iniciaba coa
tempada máis escura, fría e onde é imposible sembrar nada.
Samáin é entendido como unha festa de transición e de apertura ao outro mundo, xa
que nesa noite os defuntos tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándolles
a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Para afastar os malos
espíritus nos fogares deixábanse calaveiras dos mortos nas portas das casas, cabazas
decoradas...
Queredes ver o que fixemos nós na nosa escola? Mirade!!
A A N
Este ano tomámonos moi en serio o tema de decorar o colexio. As aulas,
corredores e portas das clases foron variando ao longo do curso en función
de distintas temáticas. A primeira foi o Samaín. Queredes ver todo o que
fixemos? Mirade con atención!!
DECORACIÓN
DO COLE
5 O BARDO
Algúns nenos viñeron maquillados das casas e outros maquilláronse no colexio. Fora como fose...dábades auténtico medo!
QUE GUAPOS!
6 O BARDO
Houbo algúns mestres que se animaron e se disfrazaron para esta festa tan
divertida. Houbo unha vampiresa, bruxas e ata un demonio!!
7 O BARDO
Como xa é habitual no noso centro, tamén fixemos a queima dos medos coa
colaboración dunha bruxa moi moderna. Despois de queimalos suponse que xa ese
medo desaparece. Será verdade?
No corredor onde están as aulas de música, inglés e a biblioteca preparouse unha actividade moi
divertida. Uns poucos nenos/as estaban escondidos no corredor preparados para dar sustos aos
cursos que pasaran; e outro grupo de nenos/as encargábase de ofrecer bebidas tan suculentas como
o sangue de zombi. Ademais, no corredor había unhas caixas sorpresa moi intrigantes nas que
tiñamos que meter a man e descubrir o que había agochado. Fóstedes valentes?
QUEIMA DOS
MEDOS
TÚNEL DO TERROR
E ti a que
lle tes
medo?
8 O BARDO
ç
Acercádevos!!!
Vide aquí nenos
e nenas....
Aggg!!! Aquí hai
de todo nestas
caixas: fariña,
arañas, xelatina...
Isto está
delicioso!
Pasade,
pasade...
9 O BARDO
CONTOS DE MEDO!
Era a noite de Samaín, e coma todos os anos...
Lémbrome daquela noite
de Samaín
perfectamente...
Nesta caixa tan decoradiña por Marta Barca foron metendo os contos todos aqueles nenos que quixeron participar na actividade.
E por participar...Todos recibiron este pequeno agasallo. Graciñas rapaces e rapazas!
10 O BARDO
Como ben sabedes, o Magosto
chegou á nosa escola. Os
nenos do C.E.I.P. Eduardo
Pondal desfrutaron como xa é
habitual das sabrosas castañas
e do tiro da corda.
11 O BARDO
Sabías que...
Desde o principio dos tempos, os homes alimentábanse de castañas chegando a ser este
alimento un dos principais. No século XVI, coa chegada do millo e da pataca de América, as
castañas perderon o seu protagonismo na alimentación campesiña. Sen embargo, séguese a
celebrar o Magosto coincidindo coa época de recollida deste froito e como agradecemento pola
colleita recibida.
Moitas castañas asadas
agora que xa vai frío
comerémolas todiñas
que nos quenten o corpiño.
As nosas cantigas
A castaña do ourizo
vaia golpe que levou
púxose a facer o lume
e a pobre reventou.
Nós somos os de 1º
xa cumprimos os seis anos
comeremos as castañas
caladiños e sentados.
Somos os nenos de 2º
ao Magosto vimos hoxe
queremos comer castañas
e despois durmir no coche.
Aquí estamos os de 4º
o Magosto celebrando
se de castañas me farto
vou seguir ledo cantando.
As castañas por chulitas
teñen o traxe de pinchos
fáltanlle moitas amigas
aínda grazas ter a quinto.
Aquí vimos os de 6º
de castañas xa moi cansos
non temos moitos ourizos
pero sóbrannos os pavos.
12 O BARDO
Outro ano máis cheguei ao cole Eduardo Pondal para facervos
unha visita e para deixarvos as postais gañadoras. Mirade!
O importante é
participar. Parabéns
aos gañadores!
PO
STAIS G
AÑ
AD
OR
AS
13 O BARDO
Nós tamén vos visitamos e escoitamos
todas as vosas panxoliñas. Que ben
cantan os rapaces e rapazas deste cole!
14 O BARDO
Xa temos todas
as cartas....
Despois da agarimosa benvida, os nenos e nenas do colexio entregáronlle as cartas aos
Reis. Acórdaste do que pediches? Aquí tedes unha pequena mostra dese momento.
E rematamos coa degustación dun chocolate
ben quentiño e doces da época. Que
marabilla!
15 O BARDO
DECORACION
16 O BARDO
Paxariño louro,
gaiteiriño lindo
cántame no peito
que o teño ferido.
Pola mañá cedo,
lindo reiseñol,
hai na túa cántiga
órballo de frol.
Este ano repetimos esta actividade tan interesante na que se fomenta a
colaboración e o compromiso independentemente das idades. Todo o
alumnado do centro participa. Gustouvos a vosa postal?
Intercambio de postais
Sobre o Sol e a Lúa
voa un paxariño
que leva unha rosa
para Xesús meniño.
Cántame no peito
gaiteiriño lindo
que con Xesús falas
no teu asobío.
Orballiño fresco
nas pallas do día,
orballiño, gracia
da Virxe María.
.
17 O BARDO
DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro
o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a
solidariedade, o respecto polos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
No noso colexio quixemos conmemorar esta data de varios xeitos:
Decoramos o hall da escola con diversos símbolos de paz e todos xuntos
formamos un dos símbolos máis representativos desta conmemoración.
18 O BARDO
Todos os nenos/as do cole prepararon coa mestra de música unha
canción para cantar todos xuntos o Día da Paz. A canción titúlase “Quérote máis”.
Teño soños de colores cando non podo
durmir,
sigo esperto toda a noite e non deixo de
bulir.
Dando voltas no meu leito teño gañas de voar,
sáeme o corazón do peito seica poderá
estoupar.
Cando facemos o pino a limpar no ceo os pés
ou botamos aturuxos
antes de que pase o tren.
Cando che dou a pulseira
feita con mil alecríns,
mírote ós ollos decote
para poderche así dicir:
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.
Teño na boca un sorriso
e nos ollos un candil,
que ninguén pode apagar
cando corres xunto a min.
O meu corpo treme enteiro,
tremen pernas, tremen mans,
sáeme o corazón do peito
seica poderá estoupar.
Ao pintar arcos da vella
de colores polo ar,
cando escribes o meu nome
nun espello ou nun cristal.
Ao encendermos unha radio
e este son poder ouvir,
mírote aos ollos decote
para poderche así dicir.
Quérote máis, quero, quérote máis
que a tortilla de patacas con xamón
quérote máis, quero, quérote máis
cada vez que me latexa o corazón.(bis)
Maite zaitut, maite maite zaitut
que a tortilla de patacas con xamón
Maite zaitut, maite maite zaitut
cada vez que me latexa o corazón.
Lembrádesvos da letra?
19 O BARDO
E así, colocámonos todos/as xuntos formando o símbolo da paz, e cantamos a
nosa canción. Foi un día moi entrañable!!!
A nosa intención era poder cantar todos/as xuntos no patio dos
pequenos o día propio da Paz, pero ese día choveu e tivemos que celebralo
outro día. Para a ocasión, todo o colexio decidimos facer unhas gorras de
cartolina de cores, cada clase dunha cor. Así de guapos e guapas estabamos.
20 O BARDO
O
Durante o primeiro trimestre levamos a cabo a actividade “outono fotográfico”. A idea
procuraba entre os seus obxectivos, desenvolver a creatividade, recoñecer as
características da estación e fomentar a participación xeral da comunidade educativa. Os
nenos e nenas trouxeron fotos sobre esa época do ano, engadindo un pequeno texto
sinalando o lugar onde fora feita a fotografía.
21 O BARDO
Tivo tanto éxito esta actividade que propuxemos facer a primavera fotográfica.
Queredes ver como nos quedou?
22 O BARDO
Cando a Candeloria chora
medio inverno vai fóra.
Que chore, que deixe de chorar
a metade do inverno está por entrar.
O día 2 de febreiro é o día da Candeloria en Galicia, a festa do
amor. Según a crenza popular este día casan os paxaros nas
árbores, xa os mariñeiros poden saír a navegar e tamén nesta data
pódese predicir o tempo que fará o resto do ano. Ti o cres?
A partir da Candeloria
ningunha ave voa soa.
Papá, xa queda
menos para que nos
derretamos.
Cada aula fixo un
corazón no que se
escribiron palabras
bonitas sobre os
compañeiros. Iso é
amor!!
23 O BARDO
E por fin chegou o día de poñer os disfraces de mariñeiros. Así de
guapos e guapas quedamos tanto os alumnos coma os profes!
Vexo a Infantil e a
1º ciclo!!
24 O BARDO
Ola amig@s
mariñeiros do
2º e 3º ciclo!!
25 O BARDO
26 O BARDO
Despois de cantar cada nivel/curso a estrofa que tiñan preparada, os rapaces e
rapazas deste cole tiveron dúas grandes sorpresas: un contacontos moi looongo e a
degustación de chocolate e de doces típicos. Que sorte!
27 O BARDO
Oliñas veñen, oliñas veñen,
oliñas veñen e van,
hoxe cantamos ao Entroido
os do Eduardo Pondal.
Xa vimos os de infantil
outra vez de mariñeiros.
A ver si o próximo ano
De Frozen ou de Pokemons.
Xa chegan os de primeiro
das bravas terras do norte.
Mariñeiriños sen medo
pois son robustos e fortes.
Pa gobernar este barco
xa estamos os de segundo
nin capitáns nin máis ghaitas
xa mandamos nós e punto.
Aí vén un veleiro branco,
aí vén un branco veleiro.
E veñen todos cantando
os alumnos de terceiro.
Aquí estamos os de cuarto
todos bravos mariñeiros.
Coas ondas do mar loitando
sempre somos os primeiros.
Somos os nenos de quinto
que andan por Ponteceso.
Vestidos de capitáns
dirixen aos mariñeiros.
Aquí veñen os de sexto
con barco, timón e remo.
Navegando contra o vento
nós somos os máis lixeiros.
Sabías que?
En Galicia, no Entroido temos por costume facer a
queima e o xuízo do Meco, que é un boneco de palla
coa figura humana. A tradición di que ten que recibir
as culpas e mofas de todo o pobo.
Canto cantan estes rapaces e rapazas!
28 O BARDO
Durante o primeiro trimestre tamén decidimos plantar unha landra partindo do conto
“O Carballo con Botas”. O obxectivo era concienciar aos rapaces e rapazas no coidado
da natureza e no amor ás árbores. Limos o libro e prantamos unha landra cada neno e
nena, creando nas aulas pequena fragas e poñendo, deste xeito, o noso gran de area
para repoboar os nosos bosques.
Bota máis
terra, Marta!
29 O BARDO
O 23 de marzo foi o día da árbore,
así que os nenos e nenas do cole
levamos os carballos para casa.
Medrade moito!!
Coidade a
natureza!
ANXO MOURE
30 O BARDO
A primavera
gusta mogollón!
31 O BARDO
Esta actividade volveu a
ter un éxito rotundo. Que
guap@s estades tod@s!!
32 O BARDO
A primavera chegou e o colexio se transformou. Mirade que bonitas
quedaron as portas, os cadros, os corredores, as macetas.... Canto
traballiño, pero pagou a pena. Dá gusto ver o cole tan alegre!!
33 O BARDO
Algunhas das portas do
cole decoradas coa
temática da primavera
34 O BARDO
35 O BARDO
O día das Letras Galegas é unha celebración instituída no 1963 pola Real Academia Galega para
homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria na nosa lingua ou pola
defensa dela. Cada ano é adicado a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia
Galega.
A data de celebración, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1983, publicouse en
Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do
renacemento cultural do galego.
Todo empezou grazas
a min. A culpa a ten
este libro.
Sabiades que fun a
primeira persoa
homenaxeada neste día?
36 O BARDO
Escribiu un libro titulado “Os nenos”.
Que sabedes sobre min?
Formou un grupo de estudiantes e
profesores para ensinar o galego.
Naceu o 28 de outubro do
1.906 en Pontevedra
Escribiu 300 libros e artigos para xornais.
Recibiu moitos premios. Fixo un coro moi famoso.
O pai era un recoñecido médico.
Converteuse no alcalde de Pontevedra.
Gústanlle as cousas medievais e fixo
un libro con cantigas medievais.
Fixo un libro chamado Agromar que é unha obra de
teatro onde os protagonistas son rapaces.
Chamábanlle o vello profesor.
Unha persoa para
poder ser
homenexeada ten
que levar falecida
dez anos!!
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
ALUMNADO DE 3ºB
37 O BARDO
Este ano conmemórase o 50º aniversario do Día das Letras a Pondal. É unha data
moi importante na nosa vila, así que contamos cun programa de actividades moi
interesante! Puidemos desfrutar de letras, música, humor, obradoiros e artesanía
desde o domingo 10 ao 17 de maio. Facemos memoria?
Tanto primeiro ciclo como o segundo fomos á Biblioteca Municipal porque tivemos a sorte de estar con Anxo Moure.
Descu os que brim é oi simpático e que sabe contar con moito entusiasmo as historias. un home m
Eu vou na
miña titiricle...
Gústanme os
contos solida....
...ta!!!
38 O BARDO
Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1ºciclo de Primaria acudimos á Biblioteca Municipal
para desfrutar da actuación do grupo “MIGALLAS TEATRO”. Presentáronnos a súa obra “PAN
DE MILLO” e compartimos esta divertida experiencia cos nenos/as do CRA “Nosa Señora do
Faro” e do CEIP “As Forcadas” de Corme.
Neste día, e facéndose un pouco de rogar, estivemos 2º e 3º ciclo do noso cole e de
Corme, con Manuel Rivas. Contounos un conto moi bonito titulado “O raposo e a
mestra”. A verdade é que mereceu a pena porque foi moi entretido. Ao final, dedicouse a
asinar os libros que levaran os nenos e nenas.
39 O BARDO
O xoves, os nenos e nenas de 5º e 6º fomos á Biblioteca Municipal a celebrar un encontro cos
compañeiros e compañeiras do terceiro ciclo do CEIP As Forcadas de Corme e a escritora galega Yolanda
Castaño.
Sentámonos formando grupos e escoitamos falar á poetisa sobre a súa experiencia persoal na poesía;
contounos como comezara a escribir e narrounos as vantaxes que para ela ofrecía esta actividade.
Explicounos como pasar dunha comparación a una metáfora e logo aplicamos o aprendido facendo
metáforas sobre o Sol. Enchemos un encerado de frases!
Por último, escribimos entre todos un poema estrófico con todos os versos que dixeramos. Aquí tedes o
resultado!
Os nenos e nenas da clase de 3 anos volveron á Biblioteca Municipal para desfrutar,
xunto cos pequenos e pequenas da Galiña Azul, dunha sesión de contacontos.
40 O BARDO
5º DE PRIMARIA
41 O BARDO
Moitos nenos e nenas de primaria participaron nunha das actividades do
programa das Festiletras: “II Premio poético infantil Eduardo Pondal”. Este
concurso consistía en que o alumnado que quixera que escribira un poema sobre
calquera temática. A participación foi abrumadora!
Os restantes nenos/as tamén recibiron
un pequeno detalle no colexio o luns 19.
Noraboa! Os poemas colocados no cole.
Que chulo!
50 dos poemas entregados foron
publicados na Voz de Galicia e os/as
nenos/as recibiron ademais unha
bolsa chea de agasallos: libros, unha
película, unha pulseira... Que sorte!
42 O BARDO
-
SAÍDAS E ACTIVIDADES
TALLER DE COCIÑA
Canto
aprenden estes
nenos e nenas!
43 O BARDO
E tamén houbo
para os profes!!
44 O BARDO
TALLER DE COSTURA
No primeiro trimestre, os nenos e nenas do 2º ciclo realizaron un taller organizado polo
MAC (Museo do Arte Contemporáneo) que tiña por obxectivo principal desenvolver a
creatividade. A actividade consistía en pintar unha gran tea en pequenos grupos, a modo
de lienzo. Despois, cada grupo tiña que debuxar obxectos en anacos doutras teas,
recortalos, coselos e pegalos/coselos ao lienzo común, co fin de facer un cadro a partir
das aportacións do grupo. Ao principio parecía algo complicado, sobre todo porque máis
dun neno non tocara nunca unha agulla, pero o bo destas propostas é que se fomenta o
traballo cooperativo. Moi ben rapaces!!
E despois de tanto pintar e coser hai que
recoller. Claro que si, Brais.
E onde están
todos??
SEGUNDO CICLO
45 O BARDO
No mes de novembro CARAMUXO TEATRO sorprendeunos coa
súa obra “As fabas máxicas”.
As personaxes quixeron posar
para a nosa revista… mais non
quixeron facer ningún tipo de
declaración…
ERAN MÁXICAS ESTAS FABAS...
46 O BARDO
Ao remate, todo saíu como se esperaba e as fabas fixeron a súa función…
Que non vos lembrades cal era?
Pois a de ser “máxicas”!!!!
Pola contra…unha destas
personaxes si quixo dicir unhas
verbas para a nosa revista:
- Mmmmuuuuu!!!
47 O BARDO
O día 12 de marzo do 2.015 todo o alumnado de 5º e 6º visitamos o instituto de
Fonteboa, en Coristanco. Alí participamos nuns interesantes talleres sobre horticultura
e sobre apicultura. Primeiramente, visitamos os invernadoiros onde os rapaces de
Fonteboa cultivan os seus produtos, e mesmo axudamos na plantación de leitugas.
VISITA A EFA FONTEBOA
48 O BARDO
Despois, recibimos unha interesante charla sobre as abellas e o seu coidado, e ata
nos deixaron catar diferentes meles. Estaba boísimo. Pero o mellor de todo é que os
mestres que nos explicaron todo isto eran os propios alumnos da escola. Fixérono
xenial!
Pero o máis divertido aínda estaba por chegar, xa que nos regalaron unhas carrilanas
e unha morea de xogos populares feitos polos propios alumnos de Fonteboa:
billardas, xogos de precisión e habilidade, etc. Antonio amosounos a súa “obra de arte
sobre rodas”.
TERCEIRO CICLO
49 O BARDO
No mes de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo fomos ao MELGA
para ver a exposición de xoguetes que tiñan. Alí, Ricardo ensinounos unha
grande variedade de xogos tradicionais galegos e tamén nos explicou como
usalos. Foi moi divertido porque podiamos participar en parellas, en grupos...
Ata participaron os profes!
Veña,
empuxa con
forza!
Kiara, que
rápida es!
VISITA AO MELGA
50 O BARDO
Había xoguetes doutros países e de fai centos de anos. É unha marabilla de museo!
Un palo!!
51 O BARDO
Alumnos e alumnas de 1º e 2º curso moi atentiños ao ratiño…
Tamén fomos actores por sorpresa….
UNHA DE CONTACONTOS...
Aló polo mediado do 1º trimestre, veunos visitar aos alumnos e alumnas de Infantil e de 1º e 2º
curso, un ratiño moi simpático, que nos contou o conto “Os tres porquiños”…
PRIMEIRO CICLO
52 O BARDO
Vista do Dolmen de Dombate Vista do Castro de Borneiro
Nenos e nenas de 1º e 2º na visita ao Dolmen.
VISITAMOS O DOLMEN DE DOMBATE E O
CASTRO DE BORNEIRO
53 O BARDO
Xogo de pistas no Castro. Mapa rematado!!
Empezamos o mapa… Un bo traballo de equipo.
Nenas e nenos de 1º e 2º aprendendo sobre para que servían os Castros.
PRIMEIRO CICLO
54 O BARDO
Antes de marchar de vacacións de Nadal, tivemos
unha novidade que nos gustou moito. Fomos todos os
cursos de Educación Primaria ao cine a Carballo! A
película elexida foi "Los pingüinos de Madagascar",
gustounos moito! Moitas palomitas comemos, a algún
acaboulle doendo a barriga!
VISITA AO CINE
E ti vas
quedar sen
palomitas?
Gustouche
a película?
Coidadiño
que vos
atrapo!
55 O BARDO
Aproveitando que nas aulas de Educación Infantil estabamos traballando o
tema dos alimentos, decidimos realizar unha visita a unha panadaría cercana ao
noso colexio, a panadaría Forniños, para así poder coñecer como se elabora o pan.
Na panadaría recibíronnos moi amablemente varias panadeiras. Dúas delas, nai
e filla, explicáronnos que a súa familia abrira esta panadaría hai xa moitos anos e
que varias xeracións da familia se adicaran a esta labor.
Para comezar, preguntáronnos se sabiamos que ingredientes eran necesarios
para elaborar o pan e, entre todos/as e coa axuda delas, fómolos descubrindo:
fariña, levadura, sal, auga e fermento.
A continuación, ensináronnos a amasadora, que é a máquina onde se mesturan
todos os ingredientes para facer a masa do pan, e puidemos ver como funcionaba e
como se ía mesturando todo.
VISITA DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Á PANADARÍA
56 O BARDO
Tras amasar os nosos boliños de pan, colocámolos na bandexa do forno e…
hala! A esperar a que estiveran listos para poder comelos . Como este proceso
aínda tardaba un ratiño, as panadeiras ofrecéronse a traernos máis tarde o pan ao
colexio, cando xa estivera listo. Moito llo agradecimos!!!
Cando xa tiñamos a masa lista, déronnos a cada un de nós un trociño e
comezamos a amasar nel. Probamos a facer unha barra, unha bola e, finalmente,
fixemos un boliño.
57 O BARDO
E cando chegaron os boliños de pan ao noso cole puxémonos moi
contentos/as, porque foi algo que fixemos nós mesmos e sentiámonos moi
orgullosos/as e porque estaban moiiiiii ricos.
EDUCACIÓN INFANTIL
Antes de irnos da panadaría quixemos conservar un recordo desta visita tan
memorable, así que decidimos sacar unha fotografía coas panadeiras que a
fixeron posible. Así de guapos e guapas saímos.
58 O BARDO
VALARÉS
O día 21 de maio, todo o alumnado do cole fixemos por primeira vez unha
xornada na praia de Valarés. Os nenos e nenas do terceiro ciclo foron andando
desde o cole, o segundo ciclo desde o Couto e os demais nenos e nenas foron no
autobús. Aquí tedes unha pequena mostra da ruta de senderismo.
59 O BARDO
Unha vez alí, comemos
uns riquísimos
bocadillos e como gran
sorpresa... un xeado!
60 O BARDO
Destacar desta experiencia as vistas espectaculares que temos no noso entorno
máis cercano e a diversión neste espazo natural. Todos queremos repetir!
61 O BARDO
O acrosport é un conxunto de actividades ximnásticas que requiren a colaboración dos/as compañeiros/as para realizar unha serie de equilibrios.
A creatividade é un factor importante nestas actividades.
Tarán!!! Mirade que figura
máis bonita nos
quedou!
62 O BARDO
É unha actividade para todo tipo de idades e habilidades.
A diversión está máis que garantizada.
E ata se poden formar grandes figuras. Que chulada!
Somos os
mellores!!
TERCEIRO CICLO
63 O BARDO
Brenda e Candela trouxeron a mesma
gorra e o mesmo bocadillo. Que
coincidencia!
Moitas veces, as persoas coincidimos coa mesma roupa ou calzado porque os mercamos
nas mesmas tendas. Mirade as casualidades!
Elena e Brenda viñeron ao cole co mesmo
chándal. So se diferencian na cara!
Nesta, Iván e Samuel teñen as mesmas botas de
fútbol e puxéronas sen avisarse!
Brenda e Candela un día trouxeron a mesma
chaqueta, a mesma camiseta e o mesmo
pantalón. Parecen xemelgas!
BRENDA, ELENA E ADRIÁN DE 3ºB
64 O BARDO
A partir de disolver un pouco de bicarbonato en vinagre observamos como
reaccionan entre si e puidemos comprobar como se infla o globo co gas que se
desprende desta reacción química (CO2), e ademais , comprobamos como o CO2 é
un gas máis pesado que o aire!
Estes nenos moitos
experimenos fan...
Durante este curso os nenos e nenas de 4º B fixemos unha morea de
experimentos. Velaquí tedes algún deles…
65 O BARDO
Tamén fixemos mesturas homoxénas (disolucións) de sal e de azucre con
auga, para posteriormente deixar que a auga se evaporase e volver a obter o
sal e o azucre que disolveramos.
Tamén fixemos unha “marea negra” con petróleo, e comprobamos como o
petróleo flota na auga, contaminándoa.
Ata aquí algún dos nosos experimentos
E sairá
isto?
66 O BARDO
E despois das vacacións, voltamos ao colexio con moitos propósitos para o novo ano,
así que decidimos escribilos para non esquecernos deles. Velaquí están. Pasados os
meses limos de novo os propósitos e xa hai algún que se cumpriu!
ALUMNADO DE 4ºB
E ti, que propósito te planteaches
para este novo ano?
Por outra banda… O día antes de marchar de vacacións de Nadal, fomos todos
xuntos andando á oficina de Correos para enviar unha postal ás nosas familias.
Menuda sorpresa levaron!
Abra, cadabra,
pata de cabra...
67 O BARDO
A todos os nenos nos gusta xogar nos recreos e, especialmente , no comedor, que
é un recreo moi longo. Algúns profesores intentan animar aos nenos do colexio
a xogar non só ao fútbol senon tamén ao pano, á corda, ao escondite, ás
apertas.... Parte deles anímanse. Que divertido é!
Os xogos no comedor
5, 6, 7, 8...
Rei, rei, cantos anos terei
unha moto....
Quen lle ten medo ao
monstruo verde?
Ninguén!!!
68 O BARDO
Os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º xogamos ao axedrez, á corda, ás damas, pañuelo,
stop... Ata, ás veces, vemos documentais con Richard. É moi divertido!
A ver como lle podo comer un
peón...
E o
dinosaurio...
.
MARIO, HÉCTOR E CANDELA DE 3ºB
69 O BARDO
º º .
TOMÁS, MAR E VÍCTOR DE 3ºA
70 O BARDO
ANXO E MAR DE 3ºA
71 O BARDO
A primeira fíxose sobre un libro titulado “La jirafa, el mono y el pelícano”. Neste
caso tivemos que representar a través dunha obra de teatro todo o que neste
libro divertidísimo acontecía. Foi tan entretido que escachábamos coa risa.
Na segunda animación tivemos a sorte de coñecer ao escritor e ilustrador
do libro “Mil cousas poden pasar”. Ademais de contarnos pequenos
segredos sobre a súa vida como escritor, Jacobo Fernández, fíxonos uns
debuxos preciosos dalgúns personaxes da historia. Recoñecédelos?
Este curso tivemos a sorte de disfrutar de dúas animacións á lectura. Unha en galego e outra en castelán.
72 O BARDO
3 ANOS 4 ANOS
5 ANOS 1º
3º A 2º
73 O BARDO
4º B
4º A
6º A 6º B
Sorte no
instituto!!
5º
3º B
Falto eu!
Falto eu!
74 O BARDO
Pantasmas lunares
DIEGO DE 5º
75 O BARDO
JORGE DE 5º
76 O BARDO
LARA DE 5º
77 O BARDO
ESTHER DE 5º
78 O BARDO
Que lle di un espagueti a outro?
- O teu corpo pídeme salsa!
- Dixéronme que vas deixar o
concello. É certo?
- Si, ofrecéronme un traballo de
profesor de inglés.
- Estable?
- Traballo é “job e mesa é “table”.
Vai unha ovella, tira o balón e dille á outra:
- Veeee!
E a outra lle responde:
- Veee ti!
Que lle di un peixe a outro?
- Que fas?
- Nada.
Que lle di un cable a outro cable?
- Que siga a corrente.
- Por que os do Lepe non lles
dan auga ás vacas?
- Porque queren leite en po.
Que lle di un peido a outro peido?
- Agárrate que saímos!!!
Como estornuda un tomate?
- Ketchup!
Chiste verde e rápido:
Unha leituga en moto!
Que lle di un ganso a unha gansa?
- Vengansa!!
ALUMNADO DO 2º CICLO
79 O BARDO
Érika 4 anos Antía e Nerea 4ºB
Héctor 3ºB Diego 2º
Martín 3ºA Ana 5º