• Unha das consecuencias da Gran Guerra foi a formación dunha correntede opición contraria ao sistema democrático, situación que se mantivodurante o periodo de entreguerras. O motivo principal desta desconfianza foi considerar que o parlamentarismo fracasara.
• A democracia e o sistema parlamentario mantivéronse nos EEUU e nos países europeos de tradición máis liberal, como Reino Unido ou Francia.
• No centro e no sur de Europa se adoptaron outro tipo de réximes:• Autoritarios, cun xefe único.• Totalitarios, cun partido único e control social.
• Estes últimos contaron co apoio social:• Da clase media, descontenta polo descenso do seu nivel de vida a causa da crise.• Do gran capital, desexoso de deter o auxe do comunismo.• De moitos excombatentes e parados descontentos.• Dos sectores sociais máis conservadores.
• Dentro dos totalitarismos destacaron sobre todo o fascismo italiano e o nazismo alemán.
• Os totalitarismos controlaron o poder político de todos os ámbitos da vida das persoas. Por iso, nos países nos que accederon ao poder, implantaron:
1. Un sistema político autoritario: • O Estado controla todo o poder e dito poder o exerce a través de un líder carismático
que esixe obediencia cega: O duce Mussolini, no caso de Italia; o führer Hitler, en Alemania ou o caudillo Franco, en España.
• Non existen as liberdades persoais, nin o pluralismo político. Só un partido único, que reprime con violencia calquera oposición.
2. Control económico e social:• O Estado dirixe a economía e se proclama anticapitalista e anticomunista. Ademáis
controla a sociedade a través da propaganda, a censura dos medios de comunicación e a educación.
3. O rexeitamento da igualdade. Defenderon a superioridade:• Dos membros do partido único sobre
o demais.
• Dos homes sobre as mulleres.
• Dunhas razas sobre outras.
4. O pensamento irracional. Proclamaron o fanatismo e a obediencia cega, reforzados con símbolos, escudos, cantos e uniformes que fomentaban a unidade dos seus seguidores.
Os nazis usaban espacios públicos para promover as súas ideas sobre a raza. A táboa que se mostra aquí ten o título: “A
bioloxía do crecemento" e ten a lenda "Etapas do crecementocorrespondentes á raza nórdica".
Alemania, antes da guerra.
3. O ultranacionalismo. Exaltaban a grandeza da propia nación, e reclamaron territorios para lograr a súa unidade ou para dotala dunespazo vital que permitise a súa supervivencia
4. O militarismo. Defenderon a forza e a guerra como instrumentos de poder, prestixio e progreso dos pobos.
ESPAZO VITAL O LEBENSRAUM:Territorio necesario para garantir as necesidades e a supervivencia da poboación dun Estado. O cenpto foi usado por Hitler e osideólogos nazis para defender a política de anexións territoriaisdo III Reich
• Causas:• Descontento polos acordos de paz alcanzados durante a Gran Guerra.
• A situación de posguerra, caracterizada pola crise económica, o paro, ainflación e o malestar social. Dito malestar causou movementosrevolucionarios que asustaron aos sectores máis conservadores.
• Nacemento:• O fascismo foi obra do xornalista Benito Mussolini, quen fundou –no ano 1921- o
Partido Nacional Fascista. Este partido congaba con grupos paramilitares –os Fasciositalianos di Combatimento ou “camisas negras”- que se dedicaban a reprimir o movemento obreiro.
• Este partido contou co apoio dos grandes propietarios, da pequeña burguesía, da Igrexa e do propio monarca, Vittorio Emmanuele III.
• En 1922 Mussolini e o Partido Fascista organizan a “Marcha sobre Roma” para exercer presión sobre o goberno, logrando que o rei nomee a Mussolini xefe do mesmo.
• Unha vez no poder, Mussolini implantou una ditadura fascista:• Asumiu o poder.• Prohibiu os partidos políticos.• Reprimiu aos sindicatos e calquera oposición a través da policía política (Ovra).• Dirixiu a economía.• Controlou todos os aspectos da vida social a través da propaganda e a censura.
• Causas:• Descontento na República de Weimar (1918-1933) pola humillación sufrida
no Tratado de Versalles.
• Situación de posguerra: crise económica, paro e malestar social manifestado en movementos revolucionarios.
• Nacemento:• O Nazismo xurdiu arredor do antigo soldado Adolf Hitler e do Partido
Nacionalsocialista dos Traballadores Alemáns, fundado en 1920, que contaba cunha organización paramilitar (SA ou Seccións de Asalto), dedicada a combater aos comunistas.
• Este partido contou co apoio dunha parte importante das clases medias arruinadas pola crise económica de 1929 e dos capitalistas contrarios aocomunismo.
• Nas eleccións de 1932, o partido nazi conseguiu 13,8 millóns de votos. Un ano despóis, Hitler converteríase en chanceler de Alemania.
• Unha vez no poder, puxo fin á República de Weimar e proclamou o Terceiro Reich alemán, e implantou una férrea ditadura:• Disolveu ou prohibiu o resto dos partidos e sindicatos.
• Anulou os dereitos e as liberdades fundamentais.
• Controlou a economía.
• Dirixiu a educación, a cultura e a arte mediante a propaganda e a censura.
• Buscou cohesión social arredor da idea da superioridade da raza aria e a persecución dos xudeus.
• Adoptou una política militarista baseada no rearme, o rexeitamento do Tratado de Versalles e as reivindicacións territoriais.
• Todas estas actuacións desembocarían na II Guerra Mundial.