O IMPERIOS BIZANTINO E CAROLINXIO
TEMA 1
1.-A FIN DO MUNDO ANTIGO: 1.1.-A ruptura da unidade do imperio romano
–Os romanos crearon un grande imperio en torno ao mar Mediterráneo.
–A época de maior expansión foi co emperador Traxano.
–Vexamos o que abarcaba o imperio
Imperio romano en época de Trajano
Observa o mapa e indica osLímites do imperi romanoE os territorios queabarcaba
1.-A FIN DO MUNDO ANTIGO: 1.1.-A ruptura da unidade do imperio romano
• No ano 395 o emperador Teodosio, dividiu o imperio en dúas partes para defendelo mellor das invasións dos pobos xermánicos.
• Así, pois, quedou dividido en:– Imperio romano de occidente con capital en
Roma.– Imperio romano de oriente con capital en
Constantinopla.
1.-A FIN DO MUNDO ANTIGO: 1.2.-Os imperios de Oriente e de Occidente
• Dende a súa división, cada parte do imperio seguiu unha evolución diferente:– O imperio romano de oriente: coñecido como
bizantino, sobrevivíu ás invasións xermánicas e mantívose ata o ano 1453.
– O Imperio romano de occidente: foi invadido polos pobos xermánicos e rematou no ano 476.
2.-O IMPERIO BIZANTINO
• O Imperio romano de Oriente logrou sobrevivir á caída de Roma e manter viva a idea imperial.
• O principal emperador foi XUSTINIANO quen logrou crear un imperio de paz, extenso e moi rico culturalmente. Quería reconstruír o Imperio Romano pero tras a súa morte o Imperio caeu en crise.
4.-A ARTE BIZANTINA
• A arte é dunha grande riqueza e expresou o poder dos emperadores.– En arquitectura recibe influenzas gregas e
romanas. O edificio principal é a igrexa. Empregagan ladrillo pero logo revestido de mármore no exterior e mosaicos no interior.
– Decorábanse os muros con mosaicos, pequenas pezas de cerámica de cores brilantes.
– Elementos principais: columnas, bóvedas, cúpulas.
San Vital deRávena
5.-OS FRANCOS E O IMPERIO CAROLINXIO
• Os pobos xermánicos entraron no Imperio romano de occidente. Un dos máis destacados foi o imperio Franco, encabezado por CARLOMAGNO.
• Foi proclamado emperador no ano 800 e estivo no poder ata o 843 pois logo pasou o poder ao seu fillo que á súa vez dividiu o imperio entre os seus dous fillos (netos de Carlomagno)
5.-OS FRANCOS E O IMPERIO CAROLINXIO. As actividades económicas
• É importante destacar as actividades económicas pois de aquí parte o que chamaremos FEUDALISMO.
• Traballábase a terra que estaba en mans de nobres ou aristocracia. Esta terra dividíase en:– RESERVA SEÑORIAL: os produtos eran para o
propietario.– MANSOS: parcelas traballadas por campesiños que
tiñan que pagar as rendas ao señor (dono da terra)
• No seguinte tema trataremos a idade media e alí afondaremos no tema da propiedade da terra, quen a traballaba e como se organizaba a sociedade.