1
PLAN ANUAL DE LECTURA 20/21
IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
2
ÍNDICE
Obxectivos………………………………………………………......................................Páx. 3
Actividades……………………………………………………........................................Páx. 3
Persoa responsable ……………………………………………..................................Páx. 4
ACHEGAS DOS DEPARTAMENTOS AO PLAN ANUAL……………………………..Páx. 5
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Departamento de Matemáticas
Departamento de F. e Química
Departamento de Tecnoloxía
Departamento Xeografía e Historia
Departamento de Francés
Departamento de Inglés
Departamento de L. Castelá
Departamento de Língua Galega
Departamento de Grego
Departamento E. Física
Departamento de Economía
3
OBXECTIVOS: Como desenvolvemento do Proxecto Lector do centro, o I.E.S. Losada Diéguez elaborou un Plan
Anual de Lectura no que se plasman todas as actuacións que os distintos departamentos
didácticos pretenden realizar coordinadamente ao longo do curso para conseguir os obxectivos
propostos no citado proxecto.
Estes son os obxectivos:
1.- Incrementar e estimular os hábitos de lectura de toda a comunidade educativa.
2.- Favorecer a comprensión lectora e a lectura fluída e expresiva.
3.- Contribuír a mellorar a súa competencia na expresión oral e escrita.
4.- Desenvolver as habilidades no proceso de busca de información tanto nos soportes
tradicionais como nas novas tecnoloxías.
5. - Fomentar a creatividade.
ACTIVIDADES:
Actividades para todo o curso:
CLUB DE LECTURA
O club de lectura, ‘RETELLADORES/AS DO GALIÑEIRO’ comezou hai nove anos e continuou sen
interrupción a súa actividade ata o día de hoxe. Forma parte, por tanto, das actividades ofertadas
polo centro e consolidadas co paso dos anos, debido á boa acollida que ten por parte do
alumnado. Neste curso, aínda sin convocatoria oficial, intentaremos continuar adaptándonos ao
protocolo covid.
Grupos club de lectura:
o Alumnado de 1º
o Alumnado de 2º de ESO
o Alumnado 3º ESO, 1º e 2º Bach e profesorado. Cómic o Alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BACH. Lecturas Científicas
COÑECE A CONTORNA
Para o curso 2020-2021, desde o equipo da Biblioteca vólvese a propoñer como tema a tratar en
todos os trimestres e de maneira interdisciplinar Coñece a contorna. Os departamentos
implicados e a Biblioteca tratarán este tema nas súas actividades lectoras. A Biblioteca
proporcionará os recursos necesarios (en función do orzamento) e fará propostas de actividades
aos departamentos e á comunidade educativa en xeral. Continuaremos compartindo este
proxecto no blogue onde se irán subindo recursos de interese sobre o tema, tanto os recollidos en
fontes alleas, como os materiais que vaian elaborando os distintos departamentos e a propia
Biblioteca. Trataremos aspectos como o centenario do xornal El Emigrado, referente da prensa
local, e tamén abordaremos a toponimia do noso concello. Se as circunstancias o permiten
faremos a ruta do Románico e a ruta das Eléctricas.
4
HORA DE LER
Neste curso, como xa ven sendo habitual, imos facer a HORA DE LER. Trátase de fomentar o hábito
lector pero dunha maneira diferente a como facemos na aula ou no club de lectura. É unha lectura en
silencio e de maneira reflexiva, con textos adaptados a idade de cada grupo e a madurez de cada
alumno. Farase nas aulas seguindo un calendario establecido. A lectura será de unha hora semanal
para todos os cursos da ESO. Ao remate da actividade farase unha enquisa para coñecer o grao de
satisfacción do alumnado e as propostas de mellora. Neste curso o alumno traerá o libro da súa casa
ou tamén pode usar o servicio de préstamo da biblioteca a través do correo electrónico habilitado.
Actividades puntuais:
ACTIVIDADES DE FOMENTO DA LECTURA (contacontos, representacións teatrais, visita de escritores/as, obradoiros…)
REALIZACIÓN DE GUÍAS DE LECTURA FORMACIÓN DE USUARIOS/AS E CREACIÓN DO GRUPO DE VOLUNTARIADO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO ACTIVIDADES PARA COMBATIR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES 25N CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS CELEBRACIÓN DO DÍA DE CASTELAO CONCURSO DE MICRORELATOS E MICROPOEMAS CONVOCADO POR
DINAMIZAESTRADA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA 24 F DÍA DAS MULLERES 8M DÍA DA POESÍA 21 M DÍA DO TEATRO 27 M CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
PERSOA RESPONSABLE A persoa responsable do equipo é María Inés López Nodar , que conta cun equipo de
profesores/as de apoio que axudan en horas libres. A coordinadora ten 3 horas de dedicación
exclusiva. Neste curso o horario viuse reducido tanto para a coordinadora como para os de apoio,
posto que a biblioteca non funciona ao 100%. As razóns son que está en obras, que dentro
instalouse un aula e o protocolo covid non permite os préstamos nin a estancia na sala da mesma
maneira que antes. Non dispomos dunha hora de reunión semanal e as reunións hai que facelas
nun recreo ( 15 minutos de reunión)
5
ACHEGAS DOS DEPARTAMENTOS AO PLAN ANUAL DE LECTURA
PLAN LECTURA DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
Dende o Departamento de Ciencias Naturais abordaremosmos o plan lector como se explica a
continuación:
*Accións de tipo xeral
-traballar a lectura en todo momento sen adicarlle sesión fixas, de modo que cando aparezan textos,
enunciados de problemas, etc, farase unha letura en voz alta tratando de corrixir ao alumnado os seus
defectos de entonación e ritmo. Isto alternaarase coa letura silenciosa noutras ocasións, facendo sempre
fincapé no vocabulario científico empregado.
*Outras accións:
-Empregar os fondos web para ampliar o vocabulario, e a búsqueda de información
-Lectura de biografías de científicos e científicas
-Lectura de fragmentos e artigos de libros ou novelas de contido científico
-Lectura de revistas científicas entre as que cabe destacar “Cómo funciona?”
DESENVOLVEMENTO DO PLAN LECTURA
a) 1º ESO :
- lectura de revistas elixidas para o nivel : “¿Cómo funciona?”
-Libros que están á súa disposición na biblioteca:“Puff vaia peido…seres sorprendentes con nomes ben
ocurrentes” Luisa Martínez Lorenzo e “O home que prantaba árbores” de Jean Giono, libros da colección
Vox( El cuerpo humano, El planeta Tierra,…)
b) 3º ESO/4º ESO
- Artigos de revistas e periódicos
-Libros que están á súa disposición na biblioteca do centro. Para 4ºESO “¿Por qué mi hijo se parece a su
abuela? , “Vida” , “El ADN dictador”, “La vida en cuatro letras”. Para 3º ESO ;“El cuerpo humano”, “El
cuerpo humano, colección VOX” e “Un geólogo en apuros”
6
c) 1º BACH/2º BACH
• Lectura diaria de artigos de revistas e periódicos de divulgación científica. Documentos en web –
internet, os documentos atópanse na Aula Virtual.
• Artigos dos seguintes libros de divulgación científica: “Comer cerezas con los ojos cerrados”
“Cazadores de microbios” ,”El lenguaje secreto de la naturaleza”, ”El ADN dictador”,
Libros reconmendados:“LA VIDA EN CUATRO LETRAS”, “EL LADRÓN DE CEREBROS”,”EL REINO IGNORADO”,
“SUPERBACTERIAS”, “ VIRUS”,”EL ADN DICTADOR”.
7
PLAN LECTURA DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
Tendo en conta que a lectura é a ferramenta fundamental de calquera actividade sexa de tipo propiamente lingüístico ou científico, desde o departamento de Matemáticas tratarase de facer actividades que conduzan a unha maior desenvolvemento desta capacidade entre o alumnado.
A linguaxe matemática (numérica, gráfica, xeométrico e alxébrica) é un vehículo de comunicación de ideas que destaca pola precisión nos seus termos e pola súa capacidade para comunicar grazas a un léxico propio de carácter sintético, simbólico e abstracto.
Este curso, con carácter institucional dedícase a Biblioteca e Matemáticas e polo tanto cobra especial interese para os membros do departamento de Matemáticas do IES Antón Losada facer actividades diversas en colaboración cos demais departamentos do centro e co equipo de dinamización da Biblioteca.
As medidas que se propoñen para colaborar no plan de fomento da lectura, son as seguintes:
ACCIÓNS DE TIPO XERAL: O departamento colaborará nas propostas que faga o equipo da biblioteca. Trátase de traballar a lectura en todo momento e non dedicar sesións fixas á comprensión lectora, para
iso utilizaremos diversas estratexias de lectura. Cando aparezan textos, enunciados de problemas, explicacións teóricas, etc, farase unha lectura en voz
alta, tratando de corrixir os defectos de entoación e ritmo. Alternarase coa lectura silenciosa. Farase fincapé no vocabulario utilizado.
OUTRAS ACCIÓNS: En todos os cursos se tratará, co nivel adecuado, o tema da resolución de problemas, tratando de
fomentar así a comprensión e expresión oral e escrita Utilizar material de diferentes páxinas Web: Busca de información, obtención e tratamento de datos. Lecturas relacionadas coa historia das matemáticas, biografías, ... Realización de xogos matemáticos que melloren a comprensión e a busca de estratexias para a súa
resolución Lectura de libros de tipo científico e mesmo de novelas que teñan como argumento as matemáticas, a
ciencia ou aspectos relacionados con elas. En cada curso da ESO incluirase un libro como lectura voluntaria: 1º ESO: El señor del cero. Mª Isabel Molina.
Ed. Alfaguara Juvenil. Serie azul. ISBN: 9788420464930 2º ESO: El asesinato del profesor de matemáticas. Jordi Sierra i Fabra.
Ed. Anaya. Colección Duende verde 3º ESO: O curioso incidente do can a media noite. Mark Haddon 4º ESO: Mateglifos; A que altura está o ceo; E fixemos a luz... 2º de bacharelato: os libros da autoría de Jorge Buescu
Outras lecturas recomendadas PRIMEIRO CICLO DA ESO
Malditas matemáticas: Alicia en país de los números. Carlo Frabetti Editorial: Alfaguara Juvenil. Colección: Serie Azul. ISBN:9788420464954
Matecuentos. Cuentos con problemas. Joaquín Collantes, Antonio Pérez Sanz Editorial: Nivola
Matecuentos 2. Cuentos con problemas. Joaquín Collantes, Antonio Pérez Sanz Editorial: Nivola
Matecuentos 3. Cuentos con problemas. Joaquín Collantes, Antonio Pérez Sanz Editorial: Nivola
Cuentos del cero. Luis Balbuena Editorial: Nivola. ISBN: 978-84-96566-18-7
Los diez magníficos. Anna Cerasoli
8
Editorial: Maeva. ISBN: 978-84-96231-27-6 La sorpresa de los números. Anna Cerasoli
Editorial: Maeva. ISBN: 978-84-96748-03-3 Mister Cuadrado. Anna Cerasoli
Editorial: Maeva. ISBN: 978-84-92695-09-6 El misterio de la isla de Tökland. Joan Manuel Gisbert
Editorial: Planetalector. Colección: Cuatrovientos +12. ISBN: 978-84-08-09080-9
El crimen de la Hipotenusa. Emili Teixidor Editorial: Planeta (planetadelibros - Infantil y Juvenil). Colección: Narrativa Juvenil - Cuatrovientos +12. ISBN: 978-84-08-09060-1
Alicia en el país de las adivinanzas. Raymond Smullyan Editorial: Cátedra. ISBN: 84-376-0479-6
SEGUNDO CICLO DA ESO
El gran juego. Carlo Frabetti Editorial: Alfaguara. Colección: Serie roja
Los crímenes de Oxford (o Crímenes Imperceptibles). Guillermo Martínez Editorial: Destino. Colección: Áncora y Delfín
El diablo de los números. HANS MAGNUS ENZENSBERGER
Editorial: Ediciones Siruela Un cuento enmarañado. Lewis Carroll
Editorial: Nivola Lee a Julio Verne: el amor en tiempos de criptografía.Susana Mataix
Editorial: Rubes Editorial. Colección: Matematica Andrés y el dragón matemático. Mario Campos Pérez
Editorial: Laertes SA El hombre que calculaba. MALBA TAHAN
Editorial: Del Nuevo Extremo Cuentos de Matemáticas. Juan Carlos Hervás y otros
Editorial: Proyecto Sur Alicia a través del espejo. Lewis Carroll
Editorial: Juventud
BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS
El tío Petros y la conjetura de Goldbach. Apostolos Dioxadis Editorial: Ediciones B. Colección: Tiempos modernos. ISBN: 8440694903
El teorema del loro: Una novela para aprender matemáticas. Denis Guedj Editorial: Anagrama. Colección Panorama de narrativas. ISBN: 978-84-339-6908-8
La incógnita Newton. Catherine Shaw. Editorial: Roca editorial. ISBN: 84-96284-74-3
El matemático del rey. Juan Carlos Arce Editorial: Planeta. Colección: Autores españoles e iberoamericanos. ISBN: 8408035266
El libro infierno. Carlo Frabetti Editorial LENGUA DE TRAPO. Colección Nueva Biblioteca. ISBN 978-84-8381-030-9
Los Jardines Cifrados. Carlo Frabetti Editorial LENGUA DE TRAPO. Colección Nueva Biblioteca. ISBN 8496080218
La ciudad rosa y roja. Carlo Frabetti. Editorial LENGUA DE TRAPO. Colección Nueva Biblioteca. ISBN 8489618356
El número de Dios. José Luis Corral Lafuente
9
Editorial: Edhasa. ISBN: 8435061116 La medición del mundo. Daniel Kehlmann
Editorial: Maeva. ISBN: 84-96231-97-6 El contador de arena. Gillian Bradshaw
Editorial: Salamandra. ISBN: 9788498380323 Crímenes pitagóricos. Mijailidis, Tefcros
Editorial: ROCA EDITORIAL DE LIBROS, S.L. ISBN: 9788492429455 El teorema. Adam Fawer
Editorial: Planeta. ISBN: 8408060961 La Hermandad invisible (Los hermanos invisibles). Kurt Aust
Editorial: Destino. 2008 ISBN: 9788423340309 Raíces cuadradas. Nikita Lalwani
Editorial: Planeta. 2008. ISBN: 9788496580343 MATEMÁTICAS ES NOMBRE DE MUJER MATAIX, SUSANA Cuentos con cuentas. Miguel de Guzmán
NIVOLA; ISBN: 84–95599–56-X PROBLEMAS DE ALMOHADA. Pensados en las horas pasadas despierto Lewis Carroll A CIENCIA NO PUNTO DE MIRA. Jorge Mira MATEGLIFOS. Nicanor Alonso e Miguel Mirás
10
PLAN LECTURA DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA
Hoxe en día, nunha sociedade dominada pola tecnoloxía e os medios audiovisuais, o fomento
da lectura nos centros educativos cobra unha importancia fundamental para desenvolver
hábitos de lectura, mellorar a expresión oral e escrita, a creatividade ou o espírito crítico entre
outros moitos beneficios.
Nas materias do departamento de Física e Química contribuirase ao fomento da lectura
mediante actividades encamiñadas ao desenvolvemento da competencia en comunicación
lingüística como son:
A análise de noticias sobre ciencia e tecnoloxía.
A defensa de traballos de investigación: selección e interpretación da
información.
A exposición oral dos traballos en grupo.
A realización dos informes das prácticas e simulación virtuais.
O proceso de argumentación e o uso da terminoloxía científica en problemas e
cuestións dos boletíns de exercicios.
Ademais, o departamento propón as seguintes lecturas recomendadas:
ESO, Bacharelato e ciclos formativos
García Bello, D. (2018), ¡Que se le van las vitaminas!, Paidós.
García Bello, D. (2016), Todo es cuestión de Química, Paidós.
Navarro Yáñez, A. (2019), Eso no estaba en mi libro de historia de la Química,
Guadalmazán.
Martínez Ortega, A. (2019), Eso no estaba en libro de historia de la Física,
Guadalmazán.
García Sauder, S., y Pérez Sendeño, E., (2017), Las mentiras científicas sobre las
mujeres, La Catarata.
Ortonobes Lara, S., (2020), ¿Qué puede salir mal? Cómo sobrevivir a un mundo
que intenta matarte, Plan B.
Vidal, R., (2020), ¡Que le den a la ciencia! Supersticiones, pseudociencias,
bulos... desmontados con pensamiento crítico, Plan B.
Ruiz, V. (2013), El reto energético, Almuzara.
López Nicolás, J.M., (2019), Un científico en el supermercado, Planeta.
11
Navarro Yáñez, A., (2015), El secreto de Prometeo y otras historias sobre la
tabla periódica de los elementos, Guadalmazán.
Parra, S., (2015), El elemento del que solo hay un gramo y otras historias sobre
Física, Química y sustancias asombrosas, Guadalmazán.
Nguyen-Kim, M.T., (2020), Mi vida es química, Ariel.
Muñoz Páez, A., (2020), Marie Curie, Debate.
Bolívar, J. (2018), Científicas, Guadalmazán.
Mira, J., (2016), A que altura está o ceo?, Alvarellos
Bará, S., (2015), E fixemos a luz!, Biblioteca de divulgación, Serie Científica.
Asimov, I., (1977), El electrón es zurdo y otros ensayos científicos, Alianza.
Específicos para bacharelato e ciclos formativos
Santaolalla, J., (2016), El bosón de Higgs no te va a hacer la cama, La esfera de
los libros.
Fernádez Vidal, S., (2014), Desayuno con partículas, Debolsillo.
Acín, A., e Acín, E., (2016), Persiguiendo a Einstein, Batiscafo.
Específicos para ESO
Gray, T., (2015), Moléculas, Vox.
Gray, T., (2019), Los elementos, Larousse.
VVAA, (2019), Cómo funciona la ciencia. Guía de la ciencia aplicada, DK.
Crouch, J., (2020), Ciencia en segundos, Librero.
Parsons, P., y Dixon, G., (2018), Stephen Hawking, biografía breve, Blume.
Isaacson, W., (2018), Einstein, el hombre, el genio y la teoría de la relatividad,
Anaya.
Kent, D.J., (2017), Nikola Tesla inventor: una vida llena de electricidad, Ilus
Books.
Bayés, P., e Fernández-Vidal, S., (2015), El universo en tus manos, LaGalera
12
PLAN LECTOR TECNOLOXÍA
Tecnoloxías 2º e 3º ESO
Elaboración da documentación necesaria para presentar a Memoria do proxecto técnico
desenvolvido en cada avaliación.
Realización de resumos e esquemas das unidades.
Procura de información en Internet.
Procura de información en catálogos.
Exposición oral, ante o resto de compañeiros, das prácticas desenvolvidas en cada
avaliación (explicación do funcionamento utilizando a terminoloxía adecuada, descrición
dos problemas xurdidos e as solucións adoptadas, explicación de posibles aplicacións reais)
Utilización con soltura de vocabulario técnico.
Manexo e comprensión das Fichas Técnicas de características.
Lecturas diversas.
Tecnoloxía 4º ESO
Elaboración da documentación necesaria para presentar a Memoria do proxecto Técnico
desenvolvido para cada unha das prácticas.
Exposición oral, ante o resto de compañeiros, das prácticas desenvolvidas en cada
avaliación (explicación do funcionamento utilizando a terminoloxía adecuada, descrición
dos problemas xurdidos e as solucións adoptadas, explicación de posibles aplicacións reais)
Lecturas diversas, sobre a prevención de accidentes laborais relacionados con este campo
de traballo.
Procura de información en Internet.
Procura de información en catálogos.
Utilización con soltura de vocabulario técnico.
Tecnoloxía industrial 1º Bach
Lectura e interpretación de artigos actuais, relacionados cos diferentes bloques temáticos
(novos materiais, sistemas de control, sistemas neumáticos, electrónica, ensaio de
materiais)
Utilización con soltura de vocabulario técnico.
Manexo e comprensión da Fichas Técnicas Características.
Elaboración de diversos documentos ou arquivos, dos diferentes programas cos que se vai
a traballar, documentos de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións
electrónicas
Lecturas diversas, sobre o impacto social e económico derivado do uso das TIC, no
quefacer cotián.
13
Á HORA DE LER
Recomendamos ás seguintes lecturas para os distintos cursos:
Título Curso
recomendado
Xénero Temática
La invención de Hugo
Cabret
2º-4º ESO Novela Autómatas,
narración visual
O xogo de Ender 2º-3º ESO Novela Resolución de problemas
(estratexias),Traballo engrupo
Flores para Algernon 2º ESO Novela ¿Que fai á unha persoa humana?
Estela 2º ESO Cómic A xestión dos recursos
A illa misteriosa 2º ESO Novela Aprendizaxe e aproveitamento de
recursos
La vuelta al mundo de
un forro polar rojo
3º ESO Produción industrial, plásticos, redes de
transportes, consumismo, medio
ambiente,...
El nombre del mundo
es bosque
3º-4º ESO Novela Ecoloxía
Chernóbil- La zona 3º ESO Cómic Enerxía nuclear
La era del diamante 4º ESO Novela Educación no século XXI
Snowcrash 4º ESO Novela Mundo dixital, redes
2044+Teoría do tempo
imaxinario
4º ESO-1º BACH Novela Realidade virtual
Cita con Rama 4º ESO Novela Enxeñería inversa, exploración
tecnolóxica
The road 4º ESO Novela Distopía(mundo sen tecnoloxía)
El tercer testamento 4º ESO Novela Inteligencia artificial
Spam 4º ESO Novela A sociedade diante das novas TIC
Contact 4º ESO Novela Telecomunicacións
Entrevista 4º ESO Cómic Futuro
Día de mercado 4º ESO Cómic Revolución industrial
Criptonomicón Bacharelato Novela criptografía
Luminoso Bacharelato Novela Ciencia e tecnoloxía actual
Microsiervos Bacharelato Novela Mundo laboral, TIC
V de Vendetta Bacharelato Cómic Medios de comunicación
Ghost in the machine Bacharelato Cómic Inteligencia artificial, realidade virtual
14
Á HORA DE VER Recomendamos as seguintes películas, series e documentais para os distintos cursos:
Título Curso recomendado Temática
Minority Report 4º ESO - Bacharelato Evolución da tecnoloxía,
televixilancia
Black Mirror Temp. 1, cap 1 Bacharelato Medios de comunicación
Black Mirror Temp. 1, cap 2 Bacharelato TV
Black Mirror Temp. 1, cap 3 Bacharelato Hiperconectividade, vida dixital
Black Mirror Temp. 2, cap 1 4º ESO - Bacharelato Vida artificial e virtual
Black Mirror Temp. 2, cap 2 Bacharelato Ética, redes sociais
Black Mirror Temp. 2, cap 3 Bacharelato Política e información
Black Mirror Temp. 3, cap 1 4º ESO - Bacharelato Redes sociais
Black Mirror Temp. 3, cap 3 Bacharelato Seguridade en internet
Black Mirror Temp. 3, cap 6 4º ESO - Bacharelato Redes sociais
Black Mirror Capítulo especial:
Blanca Navidad
Bacharelato Tecnoloxía e sociedade
Black Mirror Temp. 4, cap 2 Bacharelato Política do medo
Black Mirror Temp. 4, cap 6 Bacharelato Tecnoloxía e relacións persoais
El show de Truman Bacharelato TV, privacidade
The surrogates (los sustitutos) 4º ESO Robótica
Eva 3º - 4º ESO Robótica
Robot&Franck 3º - 4º ESO Robótica
Silicon Valley (serie) Bacharelato Mundo laboral TIC, economía TIC
Cube 4º ESO Resolución de problemas, traballo
en grupo, modelización matemática
V de vendetta Bacharelato Medios de comunicación
Historia Prohibida 18: El genio
de Nikola Tesla
3º ESO- 4º ESO-
Bacharelato
Electricidade e sociedade
Obsolescencia programada 4º ESO - Bacharelato Tecnoloxía e sociedade
La noche temática: La trama
del amianto
Bacharelato Materiais e sociedade
15
PLAN LECTURA DEPARTAMENTO XEOGRAFÍA E HISTORIA
A lectura é unha parte indispensable das materias do departamento, sendo imprescindible
unha boa comprensión lectora para acadar os obxectivos mínimos das materias impartidas. As
lecturas que forman parte do temario e as obrigatorias están especificadas na programación
anual de cada materia, polo que non imos repetilas aquí. En todo caso é obvio que nas clases
se desenvolverán constantes lecturas de textos relacionados cos contidos, tanto en voz alta
(lectura compartida orientada e explicada polo profesorado), como en silencio para a análise
individual. As lecturas obrigatorias realizaranse na casa, sendo despois comentadas na aula e,
acotío, o alumnado deberá responder a un cuestionario sobre as mesmas.
Co mesmo proceso de lectura, as imaxes (mapas, fotografías, obras de arte...) e os materiais
audiovisuais (documentais, filmes, vídeos, radio...) terán un papel destacado na tarefa
educativa ao longo de todo o curso.
Por outra banda, ademais de libros, material gráfico ou audiovisuais, os artigos xornalísticos
tamén estarán presentes acotío nas nosas clases. Analizar e comprender a realidade do
presente é un obxectivo fundamental das nosas materias, polo que debemos recorrer á lectura
da prensa diaria, ou a artigos de revistas de información xeral ou especializadas en temas de
historia, xeografía ou arte.
Á hora de seleccionar as lecturas os aspectos relacionados cos temas transversais terán un
peso fundamental, xa que consideramos que o seu tratamento nas aulas é imprescindible para
acadar unha verdadeira educación do alumnado, como cidadáns conscientes dos seus dereitos
e da súa capacidade para contribuír a un futuro mellor. A escola ten un papel fundamental na
loita contra a discriminación sexual, contra as actitudes xenófobas ou racistas, contra a
destrución do medio ambiente, contra a violencia e contra calquera tipo de desigualdade
social e económica. E isto plasmarémolo no traballo diario da aula, no que as lecturas de todo
tipo de documentos serán unha ferramenta esencial.
HORA DE LER
O Departamento colabora e participa no programa Hora de Ler, asumindo a organización da
actividade nunha das súas sesións.
Este tempo de lectura desenvolverase preferentemente na Biblioteca e cos materiais da
mesma, e permitirase que o alumnado lea o documento que queira, aínda que o profesor
guiará e orientará, buscando que a lectura lles agrade e teña un mínimo de calidade. A
implicación do alumnado será avaliada polo profesor, como calquera outra actividade de aula.
COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA
Os membros do Departamento formamos parte do equipo da Biblioteca e mesmo a
coordinadora da Biblioteca é membro do Departamento, polo que a participación nas
actividades organizadas pola mesma está asegurada.
Por outra banda, ao longo do curso, o Departamento elaborará unha guía comentada de
documentos da Biblioteca, ao igual que se fixo o curso pasado de cómics. Neste caso de libros
e/ou material audiovisual.
16
Finalmente, seguiremos colaborando na compra de materiais para a Biblioteca, tanto usando
os fondos propios como facendo suxestións de compra a cargo dos fondos xerais.
CLUB DE LECTURA: Cómics e Historia
Desde o Departamento proporase a creación de dous grupos dentro do Club de Lectura
'Retelladores do Galiñeiro' do IES. Neste curso, un será un grupo de lecturas variadas para
alumnado de 4º ESO e 1º e 2º Bach ademais de algún profesor. E o outro será un grupo
destinado ao alumnado da ESO, realizará diversas lecturas ao longo do ano, coa finalidade
fundamental de fomentar o hábito da lectura.
LECTURAS E ACTUACIÓNS POR CURSO E MATERIA
1º da ESO
A diversidade de alumnado esixe diversidade de materiais para poder responder en
consonancia co principio de individualización do ensino. No que á selección de materiais se
refire, trátase de escoller aqueles que interesen aos alumnos e de elixir contidos relevantes,
ademais de propiciar actividades favorables ás novas aprendizaxes tecnolóxicas. O centro
ofrece unha ampla gama de materiais e recursos didácticos como medios audiovisuales, aula
de informática e, sobre todo, relacionada coa nosa materia, unha biblioteca.
Materiais impresos: empregase material complementario normalmente fotocopiado. A
cartografía (mapas e planos, fotografía aérea e imaxes satélite) ocupará un papel esencial ao
longo do curso.
Materiais audiovisuais: Usarase preferentemente o canón da aula para a proxección de
imaxes e videos tendo en conta os tempos óptimos para a visualización e comprehensión.
Libro dixital: O alumnado de 1º de ESO leva varios cursos incorporado ao proxecto E-
Dixgal. Desde a nosa materia realizaremos una incorporación paulatina sen seguir una única
editorial das tres que se ofrecen. Aproveitaremos actividades, exercicios de autoavaliación,
enlaces etc. A posiblidade de conexión a internet facilitará a realización de actividades
transversais, obrigatorias ou voluntarias, programadas polo profesor ou que poidan xurdir a
partir de intervencións orais. O tempo de pantalla ocupará unha parte da sesión, a principal
finalidade residirá na motivación e autoaprendizaxe. Cada unidade didáctica ten un apartado
de tarefas de lectura. Nelas traballamos a lectura e a compresión lectora. Son fragmentos de
prensa ou obras literarias en relación coa materia a a tratar.Recomendamos inscribirse na
plataforma Galicia Le.
2º da ESO
O alumnado de 2º ESO tamén está incorporado ao proxecto E-Dixgal, polo que se aproveitarán
os dispositivos para facer lecturas variadas en aula. Tamén se vai a favorecer a entrada en
foros ligados ao mundo da lectura como Linleolerei e recomendamos inscribirse na plataforma
Galicia Le.
O Departamento conta con recursos que utilizaremos na aula: mapas murais, mapas mudos,
libros, etc.
17
Como as aulas contan con ordenador e pizarra dixital, utilizaremos recursos como os mapas
interactivos, museos virtuais, páxinas especializadas como a do CNIG etc.
Os obxectivos da lectura na aula son potenciar a habilidade lecto-escritora, a capacidade
reflexiva e, sobre todo, potenciar o gusto pola lectura.
3º ESO
Neste curso usaremos como material de aula os materiais elaborados polo profesor e tamén
os postos a disposición do profesorado polo Proxecto Terra. Tamén procuraremos ler o cómic
de Miguel Anxo Prado: A mansión dos Pampín.
Ao longo de todo o curso o alumnado, de forma individual, realizará traballos nos que é
fundamental a lectura crítica, nos seus distintos formatos. Trátase de que aprendan a buscar,
seleccionar e analizar a información que poñen a súa disposición os distintos medios.
A prensa, en formato dixital ou en papel, tamén terá unha presenza importante na aula, sobre
todo para analizar o tratamento dos distintos medios ante os conflitos bélicos ou medio
ambientais que se manifestan no Planeta.
Queremos resaltar tamén que a lectura de mapas e imaxes (obras de arte, paisaxes, fotografías
satéite, audiovisual, etc.) está ligada a vida cotiá na aula, sendo fundamentais na formación do
alumnado aprender a interpretalas, a saber lelas e tirar a información que nos proporcionan,
sempre desde unha perspectiva crítica.
O alumnado realizará diferentes lecturas a viva voz contidas no libro de clase ou noutros
documentos, procurando unha correcta dicción, pero sobre todo a realización dunha lectura
comprensiva dos textos.
4º ESO
Neste grupo tamén se vai a favorecer a entrada en foros ligados ao mundo da lectura como
Linleolerei e recomendamos inscribirse na plataforma Galicia Le.
O Departamento conta con recursos que utilizaremos na aula: mapas murais, mapas mudos,
libros, etc.
Como as aulas contan con ordenador e pizarra dixital, utilizaremos recursos como os mapas
interactivos, museos virtuais, páxinas especializadas como a do CNIG etc.
Os obxectivos da lectura na aula son potenciar a habilidade lecto-escritora, a capacidade
reflexiva e, sobre todo, potenciar o gusto pola lectura.
1º DE BACHARELATO: Historia do Mundo Contemporáneo
O Plan de lectura ten unha importancia fundamental para mellorar a competencia lingüística e
para tratar os temas transversais. En Bacharelato a comprensión lectora xa está moi traballada
e non adoita ser un problema. Traballaremos termos e situacións históricas.
18
Cada unidade didáctica leva unha parte de lectura obrigatoria. Pero ademais faremos unha
lectura duns 10 minutos semanais.
2º BACH – Historia da Arte
Recomendamos como libro de texto base o editado por Vicens-Vives para 2º curso de Bacharelato.
De tódolos xeitos, na aula estarán presentes como material de consulta os textos doutras editoriais.
Moitas das explicacións do profesor estarán apoiadas en material fotocopiado (textos, gráficos, imaxes,…).
As clases do alumnado semipresencial impártense na aula específica de Xeografía e Historia o que facilita a utilización de materiais axeitados para a nosa asignatura (mapas históricos, taboeiro para exposicións, etc.). Con este grupo intentaremos organizar as clases do xeito máis eficaz posible incidindo nos prazos e estratexias a seguir para unha autoaprendizaxe eficaz.
Para o pequeño grupo de diurno contamos con dúas aulas dotadas con cinco ordenadores persoais con conexión internet que facilitarán as consultas puntuais e a realización de traballos.
En todas as aulas o profesor dispón de ordenador e canón de proxección.
Os alumnos, tamén poderán acceder a información da Biblioteca do centro que servirá como apoio das explicacións e lugar de búsqueda para os traballos optativos que poderán realizar o longo do curso.
2º BACH – Historia de España
Usaranse con frecuencia fragmentos da serie documental 'Memoria de España'.
Animarase ao alumnado e premiarase na nota a lectura de libros e cómics, e o visionado de
películas, sobre os contidos da materia, cos que contamos na biblioteca. Por exemplo: La Voz
Dormida (libro e película), Bienvenido Míster Marshall, La Colmena, O lapis do carpinteiro, A
noite branca, Los surcos del azar, Paracuellos, 36-39 malos tiempos, As serpes cegas, División
Azul, Triloxía da Guerra de Cuba, El arte de volar, Las guerras silenciosas, etc.
2º BACH – Xeografía de España
Na aula traballarase acotío con noticias de prensa relacionadas cos contidos da materia.
As explicacións acompañaranse en moitas ocasións de fragmentos da serie documental
'España desde el aire'.
Debido ao apertado dos contidos non poderán usarse máis recursos que aos apuntamentos e
materiaIs complementarios moi seleccionados e 'racionados': mapas, gráficas, textos...
19
PLAN LECTURA DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
O departamento de francés propón as seguintes lecturas:
Para 1º de ESO:
Para 2º da ESO:
Para 3º da ESO:
20
Para 4º da ESO:
Para 1 º de Bach e 2º de Bach de Adultos:
21
DEPARTAMENTO DE INGLÉS
O alumnado da ESO lerá un libro de lectura en cada trimestre. En Bacharelato so terá libros de
lectura obrigatorio 1º Bacharelato, xa que o departamento considerou que 2º de Bacharelato
traballaría na aula cun abano amplo de lecturas diversas para ter un maior coñecemento cara
os exames de ABAU.
Os títulos elexidos para o curso escolar 2020-21son os seguintes:
Nivel 1º
Avaliación
2ª
Avaliación
3ª
Avaliación
1º de ESO The Adventures of Tom
Sawyer
Gulliver´s Travels
2º de ESO A Skimo Aventure A dangerous game
3ª de ESO A Man of the Wilderness The Ghost of
Featherstone
Castle
4º de ESO My family and other animals Channel to the
Future
1º de Bach Music Makers The murders in the
Rue Morgue.
2º de Bach
22
PLAN LECTURA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLA 1.- INTRODUCCIÓN.
O fomento da lectura e o interese polo libro como fonte de recreo, desfrute e
coñecemento é cardinal durante o ensino secundario obrigatorio e no bacharelato. O
alumnado deberá ler prensa e obras literarias, interrelacionando os contidos das lecturas
cos aportados polo ámbito, aportando novidades e visións persoais.
Por iso, todas as semanas adicarase un módulo temporal á lectura silenciosa e
individual, que posteriormente se fará colectiva mediante unha posta en común, para o que
contamos tanto coa biblioteca do centro, a literatura en rede de internet e os exemplares dos
xornais da biblioteca.
Valórase, tamén, de xeito moi positivo a lectura voluntaria de libros acordes ao nivel
que estea cursando o alumnado.
2.- 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.
Ademais, ao longo do curso o alumnado deberá ler tres libros, un por avaliación, de
acordo coa seguinte selección:
- Miguel Mihura: Tres sombreros de copa.
- Óscar Wilde: El gigante egoísta y otros cuentos.
- Miguel Hernández: Corazón alado. Antología poética.
3.- 2º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.
O alumnado deberá ler tres libros ao longo do curso, un por avaliación. Os títulos
elixidos son os seguintes:
- María Solar: Los niños de la viruela.
-Carmen Valera: El juego de conocerse.
-Antología poética: La rosa de los vientos. Antología poética [colección Cucaña)
23
4.- 3º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.
Ao longo do curso o alumnado deberá ler tres libros, un por avaliación. Os títulos que
se propoñen son os seguintes:
- Miguel Delibes: El camino.
- José Luis Sampedro: La sonrisa etrusca.
-Wenceslao Fernández Flórez: El bosque animado.
5.- 4º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.
Neste curso o alumnado deberá ler un libro cada avaliación. Os títulos propostos son os
seguintes:
- José Luis Sampedro: La sonrisa etrusca.
- Miguel Delibes: Las ratas.
- Julio Llamazares: Luna de lobos.
6.1.- 1º BACHARELATO PRESENCIAL.
Ao longo do curso o alumnado deberá ler os seguintes libros:
- Alberto Méndez: Los girasoles ciegos.
- Camilo José Cela: La colmena.
- Mario Vargas Llosa: La tía Julia y el escribidor.
6.2.- 1º BACHARELATO SEMIPRESENCIAL.
O alumnado deberá ler os seguintes libros:
- El Lazarillo de Tormes.
- Gustavo Adolfo Bécquer: Rimas.
- José Zorrilla: Don Juan Tenorio.
7.- 2º BACHARELATO PRESENCIAL e SEMIPRESENCIAL.
Neste curso o alumnado lerá os catro libros que marca a Comisión Universitaria:
24
- Antonio Buero Vallejo: La fundación.
- Gabriel García Márquez: Crónica de una muerte anunciada.
- Federico García Lorca: Romancero gitano.
- Almudena Grandes: El lector de Julio Verne.
8.- 1º BACHARELATO – LITERATURA UNIVERSAL.
Ao longo deste curso o alumnado lerá os seguintes libros:
- William Shakespeare: Hamlet
- Fernando Pessoa: Poemas de Alberto Caeiro,
- Ernest Hemingway: El viejo y el mar.
PLAN DE LECTURA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
Lecturas obrigatorias
O Departamento acordou pór tres libros de lectura obrigatoria, un por avaliación, para cada
curso. Con finalidade de lles tirar o máximo rendemento, serán usados como procedementos
para acadar os obxectivos correspondentes aos desenvolvementos curriculares de cada
curso: tanto para afondar nos aspectos léxico – semánticos, como nos gramaticais, textuais,
etc.
Realizarase unha proba ou traballo sobre o libro de lectura obrigatorio. Dita proba
integrarase en cada curso dentro dos instrumentos de avaliación participando nun 10% da
cualificación correspondente aos bloques de expresión oral e escrita.
Así mesmo os alumnos terán a opción de escoller algún libro de lectura de acordo cos seus
gustos e afeccións e serán, ao igual que os outros, tidos en conta polo profesorado na
avaliación até un 10% da cualificación. Hai polo tanto un especial interese por parte deste
departamento en reforzar o hábito lector.
A proposta de lecturas para este curso é:
1º ESO:
Contos por palabras de Agustín Fernández Paz
O neno can de Francisco Castro e Fina Casalderrey
25
Escarlatina de Ledicia Costas
2º ESO
Corredora de María Reimóndez
A expedición do Pacífico de Marilar Alexandre
Europa Express de Andrea Maceiras
3º ESO
Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas
Europa Express de Andrea Maceiras
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
1º FPB
O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas
Bodas de sangre de F. García Lorca + película
A perla de Steinbeck
Todos deberiamos ser feministas de Chimamanda Ngozi Adichie
Os vellos non deben de namorarse de Afonso D. R. Castelao ( en pdf en caso de ensino non
presencial)
4º ESO
Os nenos da varíola de María Solar
Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas
Memoria do silencio de Eva Mejuto
1º Bacharelato
Maxina de Marcial Valladares
Non hai noite tan longa de Agustín fernández Paz
Circe de Begoña Caamaño / O clube da Calceta de María Reimóndez
26
2º Bacharelato
Scórpio de Carvalho Calero
A esmorga de Blanco Amor
O sol do verán de Carlos Casares ou O sol de inverno / Resistencia de Rosa Aneiros
Esta proposta podería verse alterada en caso de que a aprendizaxe tivese que realizarse de
forma non presencial. No caso de que algún libro dos propostos non tivese un soporte
diferente ao libro impreso, esa lectura sería substituída por outra con formato pdf.
DEPARTAMENTO DE GREGO
Sobre a animación á lectura, este departamento pretende fomentar o desenvolvemento de
actividades que estimulen o interese e o hábito da lectura e da expresión oral. Nese sentido,
formarán parte da rutina diaria a lectura en voz alta de textos (orixinais e traducidos), as
recomendacións de libros adecuados aos intereses e madurez dos estudantes, a exposición
oral de traballos ante o grupo, e cantas actividades se propoñan polo centro para reforzar
estes aspectos. Por outra banda, as lecturas para cada curso son a seguintes:
GREGO 1º DE BACHARELATO: - Arturo Pérez: `La Civilización Griega' (cap. 2 e 3) - R. López
Melero: `Así vivían en la Grecia Antigua' (cap 3,4) - Eurípides, Electra GREGO 2º DE
BACHARELATO Tesxtos oixinais adaptados de Xenofonte e Platón e lctura de: - Homero: Ilíada
(cantos I, VI, XVI e XXII) - Líricos gregos arcaicos: Safo, Alceo e Arquílico - Sófocles: Edipo Rei -
Aristófanes: As Nubes
LATÍN 1º BACHARELATO Textos orixinais adaptados de Fedro e César e lectura voluntaria
dalgún dos seguintes textos: - Concha Romero: Así aman los dioses - Fernando Lillo: Un
salmantino en Roma - Antonio Sánchez Escalonilla: Ana y la sibila - Asterix en Hispania
LATÍN 2º BACHARELATO Textos orixinais de Eutropio e Fedro. - Horacio: Odas ( antoloxia) -
Plauto: Os xemelgos - Virxilio: A Eneida (cantos I e IV)
27
DEPARTAMENTO E.FÍSICA
O Departamento de E. Física propón neste curso como lectura o libro Plomo en los bolsillos de
Ader Izaguirre de Libros de K.O.
DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA:
1. Accións de contribución ao proxecto lector
É un obxectivo fundamental da materia acostumar aos alumnos a ler artigos de prensa,
comentarios e libros con contidos económicos, empresariais e tecnolóxicos. Son varios os
motivos:
Melloran a motivación do alumnado favorecendo, traballando con contidos e
actividades adaptados ao nivel real de posibilidades.
Permiten empregar metodoloxías didácticas máis activas e motivadoras, nas que o
máis importante é o traballo autónomo do alumnado, tanto de maneira
individual como en grupos pequenos, e aproveita estas situacións para dar
unha mellor resposta á diversidade dentro do propio grupo.
Establece relacións entre os contidos das distintas materias tanto do mesmo
ámbito como de ámbitos distintos, como forma de conseguir unha
aprendizaxe máis significativa e máis útil para a vida.
Promove aprendizaxes máis prácticas, reais e funcionais vinculando as actividades
de aprendizaxe co contorno, potenciando as actividades de investigación, etc.
Neste apartado recóllense a planificación do traballo para o fomento da lectura co que
esta materia pretende contribuír a mellorar a coñecemento técnico e a acadar os
seguintes obxectivos:
28
Espertar e aumentar o interese do alumnado pola lectura.
Formar lectores competentes.
Potenciar a comprensión lectora en galego e castelán.
Fomentar que o alumnado a lectura como fonte de lecer.
Fomentar o uso da biblioteca tanto no ámbito escolar como de ocio.
Axudar na atención á diversidade.
En xeral, o proceso metodolóxico seguirá as seguintes pautas para acadar estes
obxectivos:
Breve exposición do profesor sobre o tema obxecto de estudio. Na maioría
dos casos ilustrarase a presentación do tema cunha lectura motivadora en voz alta
(por parte do profesor ou do alumnado). O libro de texto proposto dispón de
lecturas e noticias en tódalas unidades.
Lectura do tema do libro de texto por parte do alumnado.
Exposición do tema por arte do profesor.
Preguntas e comentarios sobre a exposición e as lecturas.
Realización de exercicios, actividades e traballos.
Cando se entregue material de prensa ou revistas, o alumnado deberá ler, resumir
e comentar.
Farase recomendación de lecturas, tanto para a actividade académica como para o
tempo de lecer para consolidar o aprendido.
Indicarase as fontes de información axeitadas para os contidos.
Insistirase sobre a necesidade de expresarse con corrección a nivel oral e escrito,
empregando da forma máis precisa o vocabulario técnico propio da materia.
29
Nas correccións de probas e traballos o profesor incluirá un apartado de
valoración da expresión escrita.
Fomentarase as preguntas públicas na clase sobre os textos que non se entenden,
evitando que os alumnos se sintan cohibidos.
Para acadar os obxectivos segundo as orientacións metodolóxicas anteriores, no
Departamento intentaranse levar a cabo as seguintes actividades:
Explicación dos fondos da Biblioteca do centro.
Periodicidade: Unha vez, no primeiro trimestre. Debido a falta de recursos na biblioteca do
centro, o departamento buscará como mellorar esa dotación. Informarase ao alumnado
das novas incorporacións ao longo do curso.
A prensa do día (comentando noticias de actualidade)
O obxectivo desta experiencia é que o alumno se interese pola actualidade e aprenda a
interpretar a información. Consiste en distribuír un artigo de prensa entre os alumnos para
comentalo e relacionalo co que se estea a estudar nese momento.
Periodicidade: Semanal, por quendas entre o alumnado.
Elaboración dun vocabulario da materia.
Anotando nun caderno ou nun arquivo informático os termos específicos e novos que
vaian xurdindo ao longo do curso.
Periodicidade: Con cada tema.
Lectura individual por parte do alumnado de textos de contido económico, incluíndo
textos legais. Posteriormente o alumnado interpretará o texto facendo un comentario
de textos e/ou elaborará esquemas que lles axuden a estruturar os temas, servindo
estes como ferramenta de aprendizaxe.
Periodicidade: Con cada tema.
Pautas para o comentario de texto:
Comprender globalmente: poñer un título que recolla a esencia do
30
texto (capacidade para identificar a idea principal do texto).
Obter información: facer un resumo de non máis de 10 liñas: (capacidade
para extraer información do texto).
Reflexionar sobre o contido do texto e relacionar cos contidos vistos na materia.
Reflexionar sobre a estrutura dun texto (capacidade de relacionar a forma do
texto coa súa utilidade e función).
Analizar o vocabulario, sinalando as palabras que non se comprenden e acudir a
un dicionario para descubrir o seu significado.
Lectura en voz alta por parte do alumnado e/ou profesor.
A lectura en voz alta forma parte das actividades cotiás. Esta realízase sobre fragmentos
do libro de texto (contidos teóricos e lecturas), sobre textos que se proporcionan
aos alumnos, sobre artigos xornalísticos que se levan á aula, sobre artigos de revistas
especializadas, etc.
A esta actividade lectora úneselle a actividade comprensiva do que se le. O noso
departamento cre que tan importante é ler ben como entender o que se le. Por iso,
e tamén de forma sistemática, os alumnos realizan, de forma oral ou escrita,
comentarios
de texto, esquemas, exposicións orais e resumos dos fragmentos lidos. Se é necesario, a
lectura é seguida pola explicación do profesor.
Periodicidade: Case tódolos días
Actividades de busca de información en Internet. É un dos contidos mínimos da
materia. Periodicidade: Dependendo do tema, frecuente.
Uso de dicionarios.
Habituar ao alumnado a que busque o significado dun termo cando se descoñeza. Pódense
empregar dicionarios en liña. É importante que os alumnos saiban atopar o
31
significado técnico dun termo.
Periodicidade: Ocasional
Recomendación de lecturas.
Estas lecturas poden ser ensaios, artigos de revistas ou de xornais,… Entre as lecturas
recomendadas, o Departamento destaca os libros de texto, lecturas de actualidade
relacionadas con cada tema publicadas na Aula Virtual e os libros dos fondos da
biblioteca, artigos e libros na rede e revistas e prensa especializada de interese xeral que
están a disposición do alumnado na páxina web do Departamento no sitio do centro.
Periodicidade: A principio de curso.
Realización de traballos de investigación sobre dos distintos contidos da materia;
(textos ou multimedia).
A través destas pequenas investigacións foméntase a lectura de diversas fontes, a súa
análise, a súa síntese e a súa presentación, de forma escrita ou oral. A presentación oral
poderá ser aos compañeiros da clase ou a tódolos alumnos do centro nos recreos na
Biblioteca. Tamén pódense redactar entradas nos blog das materias. Periodicidade:
Ocasional.
Escribir un artigo con percorridos por Internet
O obxectivo desta experiencia é que o alumno aprenda a atopar datos.
Cada alumno debe entrar nunha páxina web sobre as TIC (organismos internacionais,
grandes empresas, ministerios, organismos,...) e describir a súa experiencia: vantaxes e
inconvenientes que se atopou, facilidade ou dificultade de atopar información,..
Periodicidade: Esporádica.
Centros de interese e dúbidas (one-minute paper)
Consiste en pedir ao final da clase que, en só 1 minuto (ou 2-3 minutos) cada alumno
indique: a) o máis interesante que aprendeu nesa clase; b) o que lle quedou menos claro. (O
exercicio é obrigatorio). O profesor empeza a clase seguinte resolvendo dúbidas,
32
sempre respondendo ás preguntas de forma anónima.
Periodicidade: Ocasional.
A Estrada, 11 de Novembro de 2020