3º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo B3º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo B
Cando prenderon a Xoán, Xesús marchou a Galilea a proclamar o evanxeo de Deus.
E dicía:E dicía:
- O tempo está cumprido e - O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus: chega o Reino de Deus:
Convertédevos e crede na Convertédevos e crede na Boa Nova. Boa Nova.
Mc 1, 14-15Mc 1, 14-15
Xonás é recordado sobre todo pola balea que o devora nun mar
revolto pola tempestade.
Parece o protagonista
dun conto inverosímil.
Ninguén viaxa durante tres días no ventre dun cetáceo e se dedica mentres tanto
a compoñer un fermoso salmo.
O autor, con trazos incribles quería transmitir a máis
crible das mensaxes sobre o amor de Deus.
Deus ama os homes, incluso os pecadores.
E ten enxeño de abondo para invitalos á conversión.
O Libro de Xonás é ademais un fermoso relato
sobre o humor de Deus.
Un Deus que confía de verdade nun profeta rabechudo, que non acaba de aceptar a misión
que lle encomenda.
Nada menos que ir predicar a Nínive, a capital do imperio opresor!
Cando viu Deus que os ninivitas
se convertían da súa mala vida,tivo piedade do seu pobo o Señor.
Esa é a grande ensinanza.
Deus é compasivo, pero non é nacionalista.
O seu amor non ten fronteiras.
O Evanxeo de hoxe compara a Xesús
con Xonás na mensaxe que vai
predicando por terras de Galilea:
“ O tempo está cumprido e chega
o Reino de Deus: Convertédevos e crede
na Boa Nova”.
Porque Deus é o noso Rei e Señor, é necesario e posible vivir doutra maneira.
Porque somos membros dun Reino estupendo non podemos vivir como os malfeitores.
Difícilmente poderá cambiar de vida e de valores, quen non cre na mensaxe que anuncia
a maxestade de Deus e a súa bondade.
Pero non é verdadeiro crente quen non traduce a súa fe nun cambio e renovación de vida.
Ese pregón evanxélico foi confiado á Igrexa
e a cada un dos cristiáns.
Para anuncialo de forma crible hai que facelo propio e vivilo con
sinceridade.
“Convertédevos e crede na Boa Nova”
Señor Xesús, que nunca esquezamos estas primeiras palabras coas que inicias a túa misión entre nós.Aumenta a nosa fe e apoia a nosa vontade de converternos. Amén.
Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR –Salamanca Presentación: Antonia Castro PaneroMúsica: Magnum Mysterium
Recommended