10 curiosidades da auga que nunca imaxinarías!
Raúl López Carballeira.Yolanda Losada Álvarez.IES ÁNXEL FOLE. 1º BAC.
FORUM INTERNACIONAL DE INNOVACIÓN SOBRE A AUGACAMPUS DE OURENSE (17-22 DE MARZO DE 2014)
1. Por que é tan especial a auga?Sabías ca auga é a única substancia que podemos
atopar na Natureza nos seus tres estados, tanto líquido, como
sólido e gasoso? Isto débese á distancia entre as súas
moléculas. Cando están unhas preto doutras, unidas por enlaces
por pontes de hidróxeno, a auga atópase en estado sólido ou
líquido. Cando as moléculas están espalladas, a auga atópase
en estado gasoso.
2. Por qué os icebergs flotan sobre a auga?
Isto débese a que a densidade da auga en estado sólido é 9% menos ca da líquida.
3. A auga sempre está nos ríos?
Durante un periodo de 100 anos unhamolécula de augapasa:
98 anos no océano
20 meses en forma de xeo
2 semanas en lagos e ríos
E menos dunhasemana na atmosfera.
4. Canta auga temos no corpo?
De media, cada ser humano adulto ten un 66% de auga no seu corpo, é dicir, unha media de 37 l.
5. Por que os zapateiros poden “camiñar” sobre a auga?
Esta cuestión tan asombrosa, débese á forza da tensión superficial da auga que fai que se comporte como unha delgada película elástica. Isto permite a insectos como o zapateiro “camiñar” sobre a auga.
6. Que tipo de animais está desaparecendo a ritmo alarmante sen que nos decatemos?
Todos podemos pensar nos animais terrestres e na súa clara extinción, pero os animais de auga doce estanse a extinguir moito máis rápido.
7. Cal é o país do mundo que máis auga está a consumir?
O enorme país de Estados Unidos é o maior consumidor de auga do mundo, consumindo por habitante unha media de 190L ó día. Pola outra banda están moitos dos países do continente africano cunha media de 10L de auga por persoa ó día.
En Europa consumimos unha media de 90L ao día.
8. Sabemos o desperdicio que produce unha billa de auga pingando?
Calcúlase que máis de 75L por día!
9. Canta auga contaminada hai na terra?
As reservas de agua subterráneas abastecen ao 80% da poboaciónmundial. Calcúlase que o 4% desas reservas xa están contaminadas.
Cantos litros de auga desperdiciamos por culpa dos coches?
Calcúlase que se precisan ata 7.000 L de auga para refinar un barril de petróleo cru e ata 148 para construír un automóbil.
Se queredes saber máis curiosidades da auga….
Podedes visitar esta páxina: http://blog.nuestroclima.com/?p=1655) ou investigar pola vosa conta para axudar ó medio ambiente e o mantemento da auga.
Todos xuntos podemos aportar o noso
gran de area para vivir nun planeta máis
feliz e mellor!