Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
0. INTRODUCCIÓN
1. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO.
2. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES.
3. DETERMINACIÓN DOS OBXECTIVOS.
4. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, MEDIDAS E/OU PROGRAMAS PARA A
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
5. DETERMINACIÓN DOS CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN
DOS RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS.
6. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS EN
RELACIÓN ÁS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO.
7. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS ASÍ COMO
CON OUTRAS ETAPAS EDUCATIVAS E COS CENTROS ADSCRITOS OU DE
ADSCRICIÓN.
8. CANLES DE COLABORACIÓN COAS NAIS, PAIS OU TITORES E TITORAS
LEGAIS DO ALUMNADO E COS DIFERENTES SERVIZOS EXTERNOS Ó
CENTRO.
9. PROTOCOLOS PARA SOLICITUDE E/OU AUTORIZACIÓN DAS MEDIDAS
EXTRAORDINARIAS.
10. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO PLAN.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
INTRODUCCIÓN
A Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio de educación establece os principios e
fins do sistema educativo (Capitulo 1, título preliminar) para tratar de
conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.
Calidade da educación para todo o alumnado
A equidade
A inclusión educativa e a non discriminación
A concepción da educación ao longo de toda a vida.
A flexibilidade para adecuar a educación á diversidade do alumnado
A orientación educativa e profesional do estudantado
O esforzo compartido por toda a comunidade educativa.
A diversidade é unha realidade tanto a nivel social como en cada centro
educativo derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural
de cada alumno e alumna da singularidade de cada familia e de cada unhas
das profesoras e dos profesores, tamén das particularidades de cada centro e
de cada comunidade educativa no seu conxunto.
A resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos
proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación
docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e
alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e
sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e
social do alumnado e a súa preparación para convivir e participar , de forma
autónoma nunha sociedade democrática.
A atención educativa á diversidade concíbese como o conxunto de medidas e
accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás
diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe,
motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
Estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben
concretarse en propostas curriculares e organizativas que contemplen a
pluralidade de tod@s e cada un dos alumnos e alumnas do centro.
Para dar una atención adecuada da diversidade é fundamental partir de
que: “TODO O ALUMNADO TEN NECESIDADES E TODO O
PROFESORADO DEBE PARTICIPAR NA RESPOSTA EDUCATIVA”. A
responsabilidade de atender á diversidade é de todo o profesorado, e de toda
a comunidade educativa.
Para poder levar a cabo esa atención educativa á é importante:
- Coñecer as diferentes vías e medidas de resposta á diversidade que
contempla o sistema educativo nas etapas de Infantil y Primaria.
-Manter sempre unha actitude positiva cara ás necesidades de todos
os alumnos/as cun propósito constante de continuar na mellora da
calidade no proceso de ensino-aprendizaxe.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
1. -XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO
1. 1. CONTEXTO LEGAL Lei Orgánica 2/2006 de maio de Educación. (BOE de 4 de maio).
Real Decreto 806/2006, de 30 de xuño, polo que se establece o
calendario de aplicación da LOE. (BOE do 14 de xullo)
Lei orgánica 8/1995 de 3 de xullo reguladora do dereito á educación
(coas modificacións realizadas pola LOE nos artigos 4, 5.5, 6, 7, 8, 25,
31,36.1, 57 e 62).
Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á
diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade
Autónoma de Galicia
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación
educativa profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
no 79, do 27 de abril de1998).
Decreto 30/2007, do 15 de marzo polo que se regula a admisión do
alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten as
ensinanzas reguladas na LOE.(DOG do 16 de marzo).
Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento
para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación
infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e
bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG
19 de marzo de 2007). (Corrección de erros.
Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as
condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con
fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con
necesidades educativas especiais (D.O.G. do 30 de xaneiro de2003).
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e
funcionamento da orientación educativa e profesional na
Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998.
(D.O.G. do 31 de xullo).
Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación
psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas
especiais que cursan as ensinanza de réxime xeral, e se establece o
procedemento e os criterios para a realización do ditame de
escolarización (D.O.G. do 19 de decembro de 1996).
Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o
procedemento para flexibiliza-la duración do período de
escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas
especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación
intelectual. (D.O.G. do 28 de novembro).
Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de
alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais (D.O.G. do
6 de agosto de 1996).
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do
currículo nas ensinanzas de réxime xeral (D.O.G. no 213 do 7 de
novembro de 1995).
Orde do 20 de febreiro de 2004 que se establecen as medidas de
atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro. (DOG
no 40 do 26 de febreiro).
Real Decreto 943/2003, de 18 de xullo, polo que se regulan as
condicións para flexibiliza-la duración dos diversos niveis e etapas
do sistema educativo para os alumnos superdotados
intelectualmente. (B.O.E. Do 31-7-2003).
Decreto 374/1996 de 17 de outubro polo que se aproba o
Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e dos
colexios de Educación Primaria.
Orde do 22 de xullo de 1997 que desenvolve o anterior Decreto.
Real decreto 1630/2006 de 29 de decembro polo que se establecen as
ensinanzas mínimas para a Educación infantil. (BOE do 4 de
xaneiro de 2007).
Real decreto 1513/2006 do 7 de decembro, polo que se establecen as
ensinanzas mínimas para a Educación primaria. (BOE do 8 de
decembro).
Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo
da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG
do 09/07/2007)
Orde do 23 de novembro, de 2007 pola que se regula a avaliación
na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.(DOG
30 de novembro de 2007)
Circulares: 18/2002 , 17/2003, 23/2004, 20/2005 e 17/2006,
18/2007 e 10/2010 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación
Educativa e de Formación profesional e Ensinanzas Especiais polas
que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as
accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional
das ensinanzas escolares de Galicia.
1.2. CONTEXTO DO CENTRO
A) Localización
O CEIP Sanjurjo de Carricarte está situado no barrio de Monte Alto, ao
noroeste da cidade de A Coruña. É un barrio moi poboado, en constante
crecemento no que non abundan as zonas verdes, aínda que hai algún
parque, pero temos moi cerca a zona de recreo da Torre de Hércules con
amplias zonas para pasear e xogar e estamos moi preto das praias.
B) Tipo de poboación que atende
O barrio é moi poboado e está en continuo crecemento.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
O nivel socio-económico das familias é de clase media-baixa. Algúns dos
alumnos e alumnas do noso centro son fillos e/ou netos de antigos alumnos.
C) Alumnado
O centro foi declarado de escolarización preferente para alumnado con
trastorno xeneralizado do desenvolvemento no ano 2004.O alumnado do
centro, entre o que hai alumnos de etnia xitana et amén procedentes do
estranxeiro, está repartido en tres aulas de educación infantil e seis de
educación primaria.
Nestes últimos anos notouse un incremento progresivo de matrícula.
E) Claustro
No centro están nomeados como definitivos a totalidade de mestres que lle
corresponden según o catálogo de postos de traballo determinado por a
Consellería que son os seguintes:5 mestras de Primaria, 4 mestras de
Educación Infantil,1 mestra de Filoloxía Francesa,1 mestra de Filoloxía
Inglesa,1 mestra de Educación Musical,1 mestre de Educación Física, 2
mestras de Pedagoxía Terapéutica e unha orientadora (compartida con outro
centro)
Por riba do catálogo de postos de traballo contamos con:
un mestre de Relixión Católica (compartido con outro centro)
1 mestre de Relixión Evanxélica (compartido con centro)
1 mestre de Audición y Linguaxe ( que ao non estar no catálogo
cambia cada curso)
Tamén cambia, de momento cada curso, un mestre de primaria, ao estar o
titular da praza definitiva, en situación de comisión de servizos, como
director doutro centro.
O feito de que practicamente a totalidade do claustro sexa definitivo no
centro, favorece un bo funcionamento e organización deste, facilitando en
gran medida a continuidade dos proxectos que se poñen en marcha, sendo
moito máis dificultoso no equipo de atención á diversidade, polo cambio
constante de profesorado de AL, e pola situación de compartida da
orientadora.
F) Persoal non docente
Contamos con 1 conserxe, 2 persoas de persoal de limpeza e 1 coidador para
alumnado con NEEs
G) Familias
A relación entre centros e familias canalizase fundamentalmente a
través das titorías. Cando se considera necesario tamén interveñen o
departamento de Orientación e/ou o equipo directivo.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
H) Dependencias
O centro comezou a funcionar en 1971. A principios dos noventa fíxose
una ampliación ao edificio orixinal coa que se aumentou o espazo nun
50% aproximadamente. Conta coas seguintes instalacións:
– 3 aulas de infantil. – 6 aulas de primaria
– 1 aula de Inglés – 1 biblioteca
– 1 aula de Música – 1 laboratorio.
– 1 aula de Psicomotricidade – 2 pequenas titorías.
– 1 aula de informática (dotada con
11 equipos)
– 2 aula de PT
– Zona administrativa (Sala de
Profesorado, Dirección, Xefatura de
Estudios e Secretaría)
– 1 aula de AL
– 1 despacho-aula de Orientación.
O edificio anexo, antigas vivendas do profesorado, acolle o comedor escolar,
despacho da AMPA e aula para actividades extraescolares.
I) Outros centros educativos da zona/IES ao que está adscrito
No mesmo barrio e moi cerca de nos hai outros dous centros escolares
públicos, CEIP Víctor López Seoane e CEIP Curros Enríquez, e dúas
escolas infantís,EEI Luis Seoane e EEI Monte Alto. As areas de
influencia dos centros mestúranse.
O Ceip Sanjurjo de Carricarte está adscrito ao IES de Adormideras, aínda
que na práctica moitos dos nosos alumnos e alumnas cursan a ESO no
IES Menéndez Pidal, sito en Zalaeta.
J) Recursos sociocomunitarios complementarios: Centros Cívicos,
bibliotecas...
Monte Alto é un barrio que dispón dos seguintes servizos sociocomunitarios:
Unha biblioteca municipal, situada no centro cívico.
O Centro Cívico Municipal de Monte Alto
Un pavillón deportivo
Complexo deportivo da Torre de Hércules
Domus
Casa dos Peixes
Centro de Saúde Mental Infantil(próximo ao barrio)
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
2.DETERMINACIÓN DOS OBXECTIVOS
O plan xeral de atención á diversidade é o documento no que se articula a
atención á diversidade á que se refire o artigo 121.2 da Lei orgánica 2/2006,
de 3 de maio, de educación.Neste plan concretaranse todas as actuacións e
medidas de atención á diversidade que un centro educativo deseña e
desenvolve para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade
do alumnado.
O PAD dun centro escolar ten por finalidade en sentido amplo:
para que o centro poida concretar
anualmente o axuste da resposta educativa ás necesidades que
presenta o alumnado.
Ser o instrumento que facilite ao centro, unha vez valoradas as
necesidades
educativas da diversidade do alumnado, planificar e organizar os
apoios e
priorizar os recursos persoais de que dispón, para axustalos ás
necesidades
grupais e /ou individuais do alumnado que precise destas medidas.
á
diversidade dentro da aula—medidas de adaptación curricular e de
flexibilización organizativa—ou, de forma complementaria, fóra do
aula, de xeito preferentemente grupal, coa acción coordinada de
orientación, acción
tutorial, profesorado titor, apoios de profesorado ordinario,
especialista(PT,AL)e persoal coidador.
e inclusión
do alumnado inmigrante e de minorías socioculturais dentro dun Plan
de Acollida consensuado polo equipo docente.
Prever unha planificación que permita introducir cambios ante novas
necesidades que poidan xurdir ao longo do curso, con medidas
organizativas flexibles que conduzan á necesaria readaptación das
intervencións do profesorado ordinario e dos especialistas cos que
conta o centro ao comezo de curso, para adecuarse, no seu caso, á
atención das novas necesidades educativas
ao finalizar cada curso escolar, e identificar aqueles aspectos que
precisan mellorar para o curso seguinte.
Entre os obxectivos máis específicos están:
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Un mellor coñecemento do alumnado, tanto nos aspectos académicos
como persoais para poder detectar mellor as súas dificultades de
aprendizaxe ou outras necesidades específicas, e poder
proporcionarlle a atención que mellor se adecúe ás mesmas.
Deseñar e poñer en práctica accións preventivas e de detección
temperá, garantindo un tratamento educativo personalizado e
adaptado á realidade de cada alumno/a.
Ofrecer dende o centro,unha resposta educativa adecuada e de
calidade, en todas as etapas, que:
o Compense as diferenzas individuais do alumnado e garante a
igualdade efectiva de oportunidades.
o Permita acadar a todos os alumnos/as, o maior
desenvolvemento persoal e social posible, facilitando a
personalización da educación, axustando a resposta educativa á
singularidade e ás necesidades do alumnado.
o Teña en conta a diversidade de intereses, capacidades,
motivación...
o Facilite e promova a inclusión escolar e social do noso
alumnado, adaptando, de forma especial, dita resposta
educativa ao alumnado con NEAE.
Determinar os recursos, tanto humanos como materiais, necesarios
para desenvolver o PAD, e realizar as xestións correspondentes para
a súa consecución.
Organizar, optimizar e rentabilizar a utilización dos recursos
persoais e materiais de que dispón o centro.
Favorecer o axuste das programacións ás necesidades educativas
detectadas no grupo clase e en cada alumno/a en particular:
o Planificando propostas educativas diversificadas de
organización, procedementos, metodoloxía e avaliación
adaptadas ás necesidades de cada alumna/o.
o Potenciando a acción titorial e orientadora por parte de todo o
profesorado, como medidas que contribúen a personalizar a
resposta educativa e a mellora da calidade dos procesos de
ensino-aprendizaxe..
Establecer canles de colaboración:
o Que faciliten a intervención coordinada de titores e
especialistas, concretando pautas comúns de actuación nas
respostas educativas e no procedemento de avaliación do
alumnado,e moi especialmente do que presenta NEAE.
o Fomentando a participación dos pais, implicándoos no proceso
educativo dos seus fillos/as, establecendo relacións fluídas coas
familias e asesorándoas no proceso do ensino.
o Fomentando a coordinación con institucións ou organismos
externos ao centro, para promover actuacións conxuntas que
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
favorezan o desenvolvemento do noso alumnado.
Impulsar a participación do profesorado en actividades de formación
e innovación e especialmente no intercambio de experiencias no
ámbito da atención á diversidade.
Estes obxectivos serán revisados e actualizados cada curso no documento
de concreción anual deste Plan.
3.IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES.
A atención á diversidade do alumnado é un dos principios establecidos na
LOE (Lei Orgánica de Educación, 2/2006) e que debe impregnar tódolos
aspectos organizativos e didácticos do centro educativo e polo que deberemos
ter claros algúns conceptos básicos previos:
A diversidade do alumnado é un feito. Non existen dous alumnos/as
iguais, polo que deberemos buscar estratexias que faciliten o
equilibrio entre unha educación común para todos e a diversidade de
gustos, intereses e capacidades.
Entendemos que a causa das dificultades no está exclusivamente no
alumno, senón tamén na escola, no medio social, familiar, e no nivel
de resposta que desde estes ámbitos se da a eses problemas. Por iso,
as necesidades educativas non deben entenderse como una
característica inmutable, propia do alumno, senón como relativas,
temporais, interactivas e ligadas a una acción educativa axeitada as
necesidades específicas do alumnado.
“Normalización significa...ter diversas oportunidades donde escoller,
experiencias normais de acordo con cada ciclo de vida, vivir un ritmo
normal do día, erguerse da cama á hora en que o fai o promedio, aínda
cando se sexa, retrasado, discapacitado, etc, sair para ir á escola, ao
traballo, relacionarse con calquera persoa” (NIRJE)
Cando o principio de normalización aplícase á escolaridade sin
discriminación, surxe a integración escolar.Hoxe en día a integración
escolar non é un tema opinable, xa que se trata dun dereito
constitucional (Art. 49 da Constitución)
Podemos considerar que todos os alumnos, nalgún momento da súa
etapa escolar, presentan necesidades educativas, pero ocorre que
algúns requiren axuda permanente, outros temporalmente e outros
puntualmente.
A existencia de alumnado con necesidade específica de apoio
educativo(ANEAE), tal e como se recolle na LOE:
-Alumnado con necesidades educativas especiais (NEEs) Este
alumnado precisa dunha atención educativa diferente á ordinaria
para alcanzar o máximo desenvolvemento posible das capacidades
persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral
para todo o alumnado. A atención deste alumnado, deberá axustarse
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
entre outros, aos principios de normalización de servizos, de
flexibilidade na resposta educativa , de prevención e de atención
personalizada (LOE)
. Discapacidade física.
. Discapacidade psíquica.
. Discapacidade auditiva.
. Discapacidade visual.
.Trastornos graves da personalidade e do desenvolvemento
. Trastornos graves da conduta.
-Alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe,
- Alumnado con altas capacidades intelectuais,
-Alumnado que se incorpora tardiamente ó sistema educativo,
-Alumnado con condicións persoais ou de historia escolar
desfavorecidas.
3.1 Proceso de valoración individualizado de necesidades. -Avaliación inicial : mes de setembro
-Avaliación continua: ao longo do curso
-Avaliacións periódicas:sesións trimestrais de avaliación da
aprendizaxe do alumnado e da práctica docente.
-Avaliación psicopedagóxica: ao longo do curso
-No período de solicitude de praza para
ANEAE
-Para dictame de escolarización
-Avaliación diagnóstica: Alumnado de 4º de EP.
-Avaliacións realizadas por profesionais externos ao centro.
3.1.1 AVALIACIÓN INICIAL
“ A avaliación inicial durante o mes de setembro (Orde 23 de novembro de
Educación Primaria) será o punto de referencia para a toma de decisións
relativas ao desenvolvemento do curriculo e para adoptar aquelas medidas
de apoio, reforzo e recuperación que consideren oportunas para cada
alumno/a.”.
Cando un profesor/a recibe un novo grupo de alumnos na súa titoría,
informarase sobre as posibles necesidades do seu grupo de alumnos,
revisando os expedientes e os informes do curso anterior, e tendo unha
reunión de coordinación con dito titor/a a comezo do mes de setembro,
sempre que sexa posible. (Posibilidade de que programadas desde a xefatura
de estudos)
A) No caso de que ese grupo conte con alumnado con NEAE que
recibise apoio de profesorado especialista de PT e /ou AL no curso
anterior, o equipo de orientación participará na avaliación inicial de
dito alumnado.
B)No caso de que durante a avaliación inicial o profesorado detecte
sospeitas de que algún alumno/a poida presentar NEAE, poderá
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
solicitar unha valoración ao Departamento de Orientación,
cumplimentando o correspondente protocolo, unha vez informados
os pais do alumno/a e que estes amosaran por escrito a súa
conformidade.
C) No caso de que o profesorado titor detecte certas dificultades de
aprendizaxe nalgún dos alumnos/as do grupo, realizará unha
valoración das mesmas e do contexto de ensino-aprendizaxe, e porá
en marcha medidas ordinarias para intentar resolver ditas
dificultades. Informará a familia das medidas a tomar e se é posible
pedirá a súa colaboración.
D) No caso de alumnado repetidor, ou de alumnado que promociona
con areas suspensas, será especialmente importante detectar cales
dos obxectivos mínimos que o alumno/a non acadou.. Informará a
familia dos obxectivos prioritarios a traballar co alumno/a, das
medidas a tomar e sempre que sexa posible pedirá a súa
colaboración. ( Sería moi importante que no informe final de ciclo do
curso anterior, se especifiquen detalladamente eses obxectivos).
E) No caso de que un alumno se incorpore unha vez iniciado o curso,
o profesorado titor realizaralle a correspondente avaliación inicial.
3.1.2.AVALIACIÓN CONTINUA
- Decreto 130/2007(art 8, punto 4) “Se no proceso de avaliación continua se
advertise que un alumno ou alumna non progresa adecuadamente, o centro
educativo, tan pronto detecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará
medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumnado adquira os
coñecementos necesarios para continuar o proceso educativo.”
-Decreto 130/2007(artigo 15, punto 2) “No proceso de avaliación continua,en
canto se detecten dificultades de aprendizaxe nalgún alumno ou alumna, o
centro educativo deberá poñer en funcionamento as medidas de reforzo
educativo que se consideren máis convenientes”.
-Cando os titores, en calquera outro momento ao longo do curso no proceso
de avaliación continuada( observación na aula, e a constatación do traballo e
rendemento do alumno...),
Detecte dificultades de aprendizaxe nun alumno realizará unha
valoración das mesmas e do contexto de ensino-aprendizaxe, e porá en
marcha medidas ordinarias para intentar resolver ditas dificultades.
Informará a familia das medidas a tomar e sempre que sexa posible
pedirá a súa colaboración.
Cando as medidas adoptadas non resolvan as dificultades de
aprendizaxe do alumno, o profesor/titor, tras informar ós pais do
alumno/a, da súa intervención e valoración do caso, poderá solicitar,
se o estima preciso unha valoración e/ou avaliación psicopedagóxica
ao Departamento de Orientación das necesidades educativas do
alumno/a, mediante o correspondente protocolo. Os pais do alumno/a
previamente amosarán por escrito a súa conformidade con dita
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
intervención (canalizadas a través da xefatura de estudos)
Sospeitan de altas capacidades nalgún dos alumnos/as, o profesorado
titor solicitará, mediante o correspondente protocolo unha avaliación
psicopedagóxica do alumno/a, unha vez informados os pais e de que
estes amosaran por escrito a súa conformidade.
Sospeitan dun posible trastorno, na atención, na conduta, dificultades
específicas de aprendizaxe, retraso madurativo... nalgún dos
alumnos/as do seu grupo-clase, poderá solicitar unha valoración ao
Departamento de Orientación, cumprimentando o correspondente
protocolo, unha vez informados os pais do alumno/a e que estes
amosaran por escrito a súa conformidade.
No caso de que unha vez iniciado o curso haxa incorporacións de
alumnado con posible NEAE, tamén poderá solicitar a intervención do
Departamento de Orientación.
No caso de que se incorpore un alumno inmigrante que descoñeza as
dúas linguas oficiais da comunidade, o equipo de orientación xunto co
profesorado titor e a profesora de inglés, no caso de que coñecese ese
idioma realizarían a avaliación dese alumno/a, unha vez informados
da incorporación do alumno polo equipo directivo do centro.
A continuación, se fose necesario, estableceríase un turno de prioridades na
CCP.
3.1.3-AVALIACIÓNS PERIÓDICAS: SESIÓNS TRIMESTRAIS DE
AVALIACIÓN –“As mestras e mestres avaliarán nas sesións de avaliación
do seu grupo, os procesos de ensino e a súa práctica docente en relación coa
adecuación ao alumnado, co logro dos obxectivos da etapa e das áreas, e co
desenvolvemento das competencias básicas..(artigo 17º//Orde de avaliación
de educación primaria, novembro 2007)
“Esta avaliación incluirá , polo menos, do seu grupo, os seguintes aspectos:
o A adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de
avaliación ás características e necesidades do alumnado.
o As aprendizaxes acadadas polo alumnado.
o As medidas de atención á diversidade aplicadas.
o A programación e o seu desenvolvemento, a organización
da aula,, o aproveitamento dos recursos do centro e os
procedementos de avaliación do alumnado.
o A coordinación entre os mestres do ciclo e entre os
diferentes ciclos, e entre o profesorado titor e o outro
profesorado que imparte apoio ao seu alumnado, e o do
profesorado do terceiro ciclo co de educación secundaria.
-Na segunda sesión de Avaliación trimestral, e se é posible un pouco antes
tomaranse decisións sobre a solicitude de flexibilización do período de
escolarización.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
-Na terceira e derradeira sesión de avaliación do curso, ademais dos
aspectos anteriores, tomaranse decisións sobre:
-Decisións sobre a promoción /repetición.
Revisión de superación de obxectivos ACIs// Superación
de ACI
-Listado de alumnado proposto para reforzo para o curso
seguinte.
-Modificacións nas medidas a aplicar para o curso
seguinte co alumnado con NEAE que está recibindo
apoio PT e/ou AL.
-Alumnado proposto para elaboración de ACI.
-Concreción no informe de avaliación individual final dos
obxectivos mínimos non acadados polo alumnado que
repetirá curso e para o que promociona con áreas
pendentes.
3.1.4.AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA (Artigo 18// Orde de avaliación
novembro 2007)
“De acordo co artigo 21 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e
co artigo 17 do Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o
currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, ao
finalizar o segundo ciclo da educación primaria, todos os centros realizarán
unha avaliación de diagnóstico con referencia ás competencias básicas
alcanzadas polo alumnado. Esta avaliación, que non terá efectos académicos,
terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as
familias e para o conxunto da comunidade educativa”.
3.1.5. AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA:
“Enténdese por avaliación psicopedagóxica o proceso de recollida, análise e
valoración da información relevante dos distintos elementos que interveñen
no proceso de ensino-aprendizaxe, coa la finalidade de identificar as
necesidades educativas de determinados alumnos que presentan ou poden
presentar desaxustes no seu desenvolvemento persoal ou académico, e poder
fundamentar as decisións respecto de aspectos tales como a modalidade de
escolarización máis adecuada, a proposta de flexibilización do período de
escolarización, a elaboración de adaptacións curriculares, a proposta de
diversificacións do currículo, a determinación de recursos e apoios
específicos complementarios, a orientación escolar e profesional e cantos
outros aspectos que aqueles poidan precisar para progresar no
desenvolvemento armónico das súas capacidades”
-A avaliación psicopedagógica, constitúe, polo tanto, un proceso de recollida
de información acerca das características individuais do alumno e do seu
contexto sociofamiliar e escolar que resulte relevante para axustar a
resposta educativa as súas necesidades.
-A avaliación deberá ser realizada polo xefe/a do departamento de
orientación, pero dado que trascende este ámbito, deben colaborar nela o
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
profesorado e os profesionais que participan directamente no proceso de
ensino-aprendizaxe do alumno/a.( No caso de que así se considere tamén se
poderá solicitar a colaboración do especialista correspondente do EOE.)
-As conclusións derivadas da información obtida, recolleranse nun informe
psicopedagógico, no que deberá constar da forma máis completa posible a
situación evolutiva e ducativa actual do alumno/a a concreción das súas
necesidades educativas especiais, e no seu caso, a proposta curricular e o
tipo de apoio que pode precisar durante a súa escolarización.
-Tras determinar na avaliación psicopedagóxica se o alumno presenta ou
non necesidades específicas de apoio educativo as respectivas propostas
serán:
o Se NON as presenta aplícanse medidas xerais e ordinarias de
atención á diversidade
o No caso de que SI presente necesidades específicas de poio educativo
-Elaboración de ACIs e seguimento
- Apoio de profesorado especialista de PT e/ou AL
- Outras medidas (derivación a outros servizos).
-Este informe será trasladado ó titor que o demandou, que será o
responsable de gardalo no expediente persoal do alumno, e informarase á
familia e a Xefatura de Estudios sobre as conclusión do mesmo. Unha copia
do mesmo arquivarase no DO.
Debemos recordar que dito informe ten carácter confidencial polo que se
debe gardar a preceptiva garda e custodia.
- Realizarase avaliación psicopedagóxica:
o Para detección de necesidades específicas do alumnado con
NEEs
o Para a decisión sobre medidas extraordinarias(ACI,
flexibilización)
o No período de solicitude de praza para ACNEAE
o Para ditame de escolarización.
o Para cambio de modalidade de escolarización.
o Sospeita de alumnado con NEAE( por altas capacidades,
dificultades específicas de aprendizaxe..., inmigrantes de
escolarización tardía que presenten desfase curricular igual ou
superior a dous cursos....)
o Cando as medidas ordinarias de atención á diversidade
resulten insuficientes para que un alumno/a supere as súas
dificultades.
o
3..1.6 AVALIACIÓN POR PROFESIONAIS EXTERNOS AO CENTRO
-ASPANAES
- EOE
- Profesionais do ámbito clínico tanto do sector público como
privado
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
- Unidade de Atención Temperá
- Unidade de Saúde Mental Infantil
-Gabinetes privados.
Por último sinalar que tanto na avaliación inicial do grupo clase, como na
avaliación noutro momento concreto ao longo do curso,o profesorado titor
poderá solicitar a colaboración da xefa do DO para a avaliación do seu
alumnado, mediante a aplicación de probas colectivas, ao seu grupo clase,
que deberían ser concretadas ao inicio de cada curso escolar,e que
contribúan a un mellor coñecemento das necesidades do alumnado tanto
individuais como a nivel de grupo clase. Esta medida, parece especialmente
conveniente no alumnado que inicia a educación primaria.
4 .-DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, MEDIDAS E/OU PROGRAMAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Toda intervención educativa estará baseada nos principios de inclusión,
normalización, flexibilidade na resposta educativa. Así, entendemos a
inclusión como un proceso diferente do da integración. Un proceso onde
se pon de manifesto que tódalas persoas deben ter un espazo á súa
medida, favorecendo a adaptación das institucións, neste caso a escola,
ás características das persoas, o noso alumnado, e non ó revés. Isto supón
un exercicio de respecto polas diferenzas persoais e un esforzo continuo
por parte de toda a comunidade educativa. O principio de normalización
entendémolo como ese esforzo para que a escola estea adaptada ás
necesidades do alumnado, de tal xeito que se realicen tódalas aquelas
adaptacións de tipo xeral que favorezan a non discriminación do
alumnado e favorezan a non adopción de medidas extraordinarias e
altamente significativas, salvo naquelas situacións que así o demanden.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
A toma en consideración destes feitos fai que se tomen decisións sobre a
organización e funcionamento do centro que irán dende aspectos máis xerais
e inclusivos ata outros máis concretos e persoais.
Ó inicio de cada curso escolar, o Departamento de Orientación do centro
elaborará a proposta da concreción anual deste Plan Xeral de Atención á
Diversidade que será enviado ó equipo directivo para a súa inclusión na
Programación Xeral Anual.
ACTUACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA
“A consellería de educación, no marco das actuacións destinadas a adecuar a
resposta educativa á diversidade deberá”(Decreto 229/2011, capitulo 2,
art.5):
o Garantir unha adecuada e equilibrada escolarización do alumnado
con NEAE.
o Realizar a dotación dos recursos necesarios para ofrecer unha
educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e
de individualización da intervención educativa.
o Impulsar accións, medidas e programas dirixidos, entre outros, a:
compensación de desigualdades en educación, prevención do
absentismo e abandono escolar e mellora da convivencia.
o Impulsar a formación do profesorado na atención ao alumnado con
NEAE.
o Adoptar cantas outras actuacións se determinen para propiciar a
calidade e a equidade no ámbito da atención á diversidade.
ACTUACIÓNS DENDE O CENTRO
( A atención á diversidade é unha tarefa propia de toda a comunidade
educativa polo que se artellará a través de diversas actuacións):
As actuacións que se levan a cabo no centro, para acadar os obxectivos do
Plan de Xeral de Atención a Diversidades, artellaranse a través de diversas
medidas, que implican a toda comunidade educativa, e que se concretarán
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
en decisións de carácter pedagóxico, organizativo e de xestión do centro, e
polo tanto quedarán recollidas nos seguintes documentos:
Proxecto Educativo de Centro e programacións curriculares de
aula.
Plan de Orientación.
Plan de Transición á Secundaria.
Plan de Acollida e Adaptación.
Medidas ordinarias de atención á diversidade.
Medidas extraordinarias de atención á diversidade.
Proxecto educativo e programacións curriculares de aula
A LOE sinálase que o Proxecto Educativo “[...] deberá ter en conta as
características do entorno social e cultural do centro, recollerá a atención a
diversidade do alumnado e a acción titorial, así como o plan de convivencia,
e deberá respetar os principios de non discriminación e de inclusión
educativa como valores fundamentais […]” (art. 121)
No PEC inclúese o Plan Xeral de Atención a Divesidade.
A atención á diversidade formará parte de toda programación didáctica
facendo explícitas as medidas tomadas e as distintas canles de actuación.
Plan de Acción Titorial:
Dentro deste plan inclúense actuacións específicas para o alumnado con
necesidade específica de atención educativa e as súas familias, así como
aqueloutras actuacións que den resposta á diversidade de motivacións,
intereses, crenzas e culturas.
Plan de Orientación:
A finalidade da orientación educativa é facilitar o desenvolvemento
armónico e integral do noso alumnado, promovendo actuacións encamiñadas
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
á individualización da ensinanza, a inclusión e a normalización da atención
educativa.
Plan de Transición á Secundaria:
En colaboración co IES de Adormideras**, como do IES Menéndez Pidal
(Zalaeta) propiciarase a continuidade na resposta educativa ó longo da vida
escolar do alumnado, cando este abandona o noso centro e accede á E.S.O.
Dentro deste plan desenvólvense varias accións conducentes á mellora do
coñecemento do centro receptor por parte do alumnado e as súas familias e,
de maneira recíproca, a que o centro receptor do alumnado coñeza as
características máis salientables do alumnado que vai a escolarizar para
poder adoptar as medidas precisas para ofrecer unha axeitada atención
educativa.
Plan de Acollida e Adaptación:
Este plan está dirixido a todo aquel alumnado que se incorpora ó noso
centro. Faremos distinción entre o alumnado que comeza a súa escolaridade
en EI de 3 anos e que seguirá un período de adaptación progresivo e en
estreito contacto coa familia; e o alumnado que se incorpora ó centro
procedente doutro centro, do estranxeiro ou doutro lugar de
España.(Necesidade de revisar o Plan de Acollida ao alumnado procedente
do estranxeiro)
MEDIDAS
“Enténdese por medidas de atención á diversidade todas aquelas actuacións,
estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta
axustada ás necesidades educativas do alumnado”(Decreto
229/2011,capítulo II, sección 2,artigo 7). “Estas medidas clasifícanse en
ordinarias e extraordinarias e estarán recollidas no plan xeral de atención á
diversidade e nas concrecións anuais de dito plan”
Medidas ordinarias de atención á diversidade:
“Son medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que
faciliten a adecuación do currículo prescriptivo, sen alteración significativa
dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación ao contexto
sociocultural dos centros e ás características do alumnado. Estas medidas
teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular,
motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de
aprendizaxe, estando destinadas a facilitar, a todos os alumnos, a
consecución dos obxectivos mínimos e competencias básicas establecidas
para etapa do ensino.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
As medidas de atención á diversidade oscilan nun continuo que abarca
desde a prevención á intervención directa específica e, incluso,
extraordinaria. Non van ligadas de forma permanente a colectivos de
alumnos/as concretos, xa que calquera alumno/a pode requirir ao longo da
súa escolaridade a adopción de diferentes tipos de medidas.
Por regra xeral as medidas sempre tenderán a ir do máis ordinario ao máis
extraordinario, das situacións máis normalizadoras ás menos
normalizadoras.
A)Medidas curriculares:
o Desenvolvemento da titoría e do plan de acción titorial como
instrumento de mellora da calidade educativa e de personalización da
ensinanza.
o Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.
Priorizar obxectivos e seleccionar os contidos mínimos propios
do ciclo,especificando os mínimos esixibles para acadar unha
avaliación positiva, así como os criterios de consecución dos
mesmos.
Especificando o programa de reforzo para a recuperación das
materias pendentes de cursos anteriores e a súa
temporalización.(afianzar os contidos mínimos do ciclo
anterior)
Insistir no desenvolvemento das capacidades de tipo afectivo,
fomentando a seguridade e autoestima do alumnado.
Valorar, en todas as actividades, as distintas aproximacións
que ao mesmo contido faga cada alumno e que responden aos
seus diferentes puntos de partida e, en definitiva, as súas
diferentes posibilidades.
Incluír na programación de aula as medidas de atención á
diversidade, incorporando estratexias específicas de ensino-
aprendizaxe tales como:
-Presentar contidos e tarefas con distinto grao de
dificultade.
-Priorizar obxectivos, e prever tempos, para que o
alumnado que o precise poida realizar de forma
reiterada, actividades de reforzo para acadar os
obxectivos mínimos do ciclo e/ou afianzar os contidos do
ciclo anterior
-Posibles cambios na temporalización dos contidos.
-Cambios na secuenciación das aprendizaxes.
-Combinar diferentes tipos de actividades:traballo
individual, exposición, búsqueda de información, traballo
en pequeno grupo...
-Prever tempos para que na aula , nun determinado
momento, coexistan distintas formas de agrupamento,
que aborden tamén tarefas diferentes, de xeito que cada
alumno/a, en función das súas necesidades, o seu ritmo
de aprendizaxe, os obxectivos sen acadar e/ou
afianzar..se integre nun ou noutro grupo.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
- Diversificación de tarefas de aprendizaxe dentro da
aula e de estratexias:Metodoloxías baseadas no traballo
cooperativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais,
aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a
inclusión.
-Adaptación dos tempos e instrumentos ou
procedementos de avaliación.
-Inclusión de programas de reforzo e de desenvolvemento
de distintas habilidades favorecedoras da aprendizaxe
escolar: comprensión lectora, técnicas de traballo
intelectual
-Selección de materiais curriculares adaptados ó noso
alumnado e o noso contorno.
- Medidas de ampliación para alumnado sen dificultades
de aprendizaxe, e de profundización e enriquecemento
curricular para o alumnado de altas capacidades,
encamiñadas ao desenvolvemento do traballo autónomo,
da madurez e autonomía persoais, así como de actitudes
positivas cara a investigación como forma de
aprendizaxe.
Coordinación da progresión das aprendizaxes e actividades
interciclos.
Desenvolvemento da responsabilidade e o esforzo de cada
alumno
xunto con estratexias de motivación cara o estudio.
- Potenciar a labor do Departamento de Orientación (equipo de
orientación) como axente de colaboración, asesoramento e apoio
á labor docente.
– Permanencia dun ano mais no ciclo ???????
B)Medidas organizativas:
As medidas de tipo organizativo van a estar condicionadas pola dotación da
plantilla do centro e polo tipo de necesidades educativas do alumnado
escolarizado; son, polo tanto, medidas que é preciso revisar e modificar, no
caso de ser necesario, cada novo curso escolar.
– Aproveitar ao máximo os recursos materiais e humanos dispoñibles, así
como unha adecuada organización dos mesmos.
– Organizar e optimizar o uso dos espazos, a distribución dos tempos, así
como os recursos humanos e materiais de tal xeito que se posibilite a posta
en marcha das medidas recollidas no Plan de Atención á Diversidade do
centro.
– Organizar a distribución dos tempos tendo en
conta que esta distribución se realiza en función
das necesidades do alumnado e que esta suxeita a
modificacións permanentemente. De feito os
horarios están suxeitos a modificacións ao longo
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
do curso cando sempre que sexa necesario.
-Aspectos concretos a ter en conta:
- Facilitar, desde a organización do centro, a coordinación
necesaria entre os diferentes profesionais que interveñen co
alumnado.
- Definir as funcións e responsabilidades dos diferentes
profesionais.
- Definir e establecer criterios xerais para determinar que
nenos/as deben recibir apoio, así como cando e de que tipo.
Organizar as medidas de apoio.
- Organizar os grupos adecuando a composición e número de
alumnos e alumnas as súas características e necesidades.
- Potenciar as xuntas de avaliación como órgano de debate e de
toma de decisións.
- Desdobres de grupos en certas áreas/materias.
- Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade
horaria.
- Programas de recuperación.
- Programas específicos personalizados.
- Programas de habilidades sociais.
- Planificación das actividades coa anticipación suficiente para
propiciar a toma de decisións sobre o modo de participación do
alumnado con NEE.
- Uso de distintos agrupamentos do alumnado dentro da aula en
función dos obxectivos ou actividades propostas.
- Permanencia dun ano máis dun alumno/a no mesmo nivel
cando non acade os obxectivos propostos e cun plan específico
de apoio e recuperación. (segundo o disposto na Orde de 23
novembro de 2007 (DOG 30 novembro 2007) sobre avaliación
na EP e no Decreto 130/2007 que establece o currículo de EP.
- Desenvolver estratexias de cooperación co entorno (visitas ó
entorno, cooperación con outros servizos educativos-sociais-
sanitarios…)
- Desenvolver un plan contra o absentismo escolar en
colaboración cos servizos sociais correspondentes.
- Realizar un seguimento individualizado de aqueles alumnos e
alumnas cuxa situación académica, persoal ou social así o
aconselle.
- Revisar o nivel de participación dos pais/nais así como a
relación coa comunidade.
Medidas extraordinarias de atención á diversidade.
“Son medidas que dan resposta ás necesidades educativas do alumnado con
necesidade específica de apoio educativo que poden requirir modificacións
significativas do currículo ordinario e/ou supoñer cambios esenciais no
ámbito organizativo, así como de ser o caso, nos elementos de acceso ó
currículo ou na modalidade de escolarización.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Aplicaranse unha vez esgotadas as medidas de atención á diversidade de
carácter ordinario ou por resultaren estas insuficientes”.
Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria a autorización
da dirección do centro, do servizo de Inspección educativa, da xefatura
territorial de A Coruña ou da dirección xeral, e, se é o caso, informe
xustificativo do departamento de orientación.
Dentro destas medidas podemos incluír:
- Adaptacións curriculares individualizadas, reguladas pola orde
do 6 de Outubro de 1995 (DOG do 7 novembro 1995)
- Agrupamentos flexibles.
- Apoio do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica
(PT) e/ou Audición e Linguaxe (AL).
- Atención educativa ao alumnado que, por diversas
circunstancias, presenta dificultades para unha asistencia
continuada a un centro educativo.
- Grupos de adquisición de linguas (regulados pola orde 20
febreiro 2004, DOG 26 febreiro 2004).
- Grupos de adaptación da competencia curricular (regulados
pola orde 20 febreiro 2004, DOG 26 febreiro 2004).
- Medidas de flexibilización da duración do período de
escolarización obrigatoria segundo o disposto na Orde do 27 de
decembro de 2002 (DOG do 30 xaneiro 2003) para alumnado
con NEE; e na Orde do 28 de Outubro de 1996 (DOG 28
novembro 1996) para alumnado con altas capacidades.
-Inicio de escolarización ACNEEs/Escolarización
combinada/cambio de modalidade de escolarización establecida. En
calquera das situacións anteriores realizarase un ditame de
escolarización.
1. A Adaptación Curricular significativa (ACs) :Para o alumnado con
NEAE que presente un atraso curricular de máis dun ciclo ou de dous
cursos que afecte á maioría das áreas ou materias e que lle impida seguir
o currículo establecido. O proceso de elaboración e avaliación dunha ACI
seguirá o prescrito na Orde do 6 de outubro de 1995 e a do 23 de
novembro de 2007 e os criterios de de avaliación serán os establecidos na
propia adaptación.
2. A flexibilización do período de escolarización :O alumnado con NEE e o
alumnado con altas capacidades poderá ser obxecto de medidas de
flexibilización do período de escolarización tal e como se recolle na Orde de
27 de decembro de 2002 (dog do 30 de xaneiro de 2003) para os que
presentan NEE e na Orde do 28 de outubro de 1996 (DOG do do 28 de
novembro 1996) para o alumnado con altas capacidades. Para poder levar a
cabo esta medida será preciso que previamente se aplicasen outras medidas
previstas para este tipo de alumnado.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Na educación Infantil poderase aumentar un ano máis con respecto ao
disposto con carácter xeral e na educación Primaria poderase aumentar un
ano máis con respecto ao disposto con carácter xeral e, no caso de non ter
permanecido un ano máis en Educación Infantil, será posible aumentar un
segundo ano con carácter excepcional.
3. Atención educativa hospitalaria e domiciliaria
As medidas que contemplan a atención hospitalaria e domiciliaria están
contempladas na Orde do 27 de decembro de 2002 (DOG de 30 de xaneiro de
2003) Sección II, artigos 47-52
Finalidade: A atención educativa hospitalaria e domiciliaria terá como
finalidade principal a de dar continuidade ao proceso formativo do alumnado
en escolarización obrigatoria, que por prescrición facultativa non poida
asistir de xeito habitual ao seu centro escolar
Profesorado: Os servizos de atención hospitalaria e domiciliaria estarán
constituídos por profesorado que formará parte dos centros específicos de
educación de adultos ou, no seu defecto, dos institutos de educación
secundaria autorizados para impartir ensinanzas de adultos.
Con carácter temporal, a Administración educativa poderá proporcionar
esas atencións a través dun profesor do centro ao que pertenza o alumno/a,
preferentemente o seu titor, se a participación ten carácter voluntario e non
implica o incremento do persoal do centro.
A súa función principal será asegurar, no posible, a continuidade na
atención educativa do centro de referencia do alumno/a. Para tal fin os
centros educativos, a través do correspondente departamento de
orientación, proporcionarán a estes servizos toda a información relativa ao
alumno, especialmente a referida a súa competencia curricular, igualmente
o responsable desta atención remitirá ao centro de referencia do alumno os
informes relativos ao seu progreso, cunha periocidicidade mínima mensual e
ao finalizar esta modalidade de atención educativa.
Condicións para recibir atención educativa hospitalaria ou domiciliaria:
Prescrición facultativa na que se considere que o alumno non poderá
asistir ao seu centro por un período superior a un mes.
Que o alumno este matriculado nun centro autorizado de ensino non
universitario.
A solicitude de atención irá acompañada dos debidos informes que a
xustifiquen , formularase perante a correspondente delegación provincial
pola dirección do centro ao que pertenza o alumno, a instancia dos seus pais
ou titores legais.
Os centros de referencia destes alumnos elaborarán un plan de traballo
individualizado, a partir do proxecto curricular de etapa, onde se terá en
conta as necesidades educativas especiais asociadas á súa situación.
A elaboración e seguimento dese programa levarao a cabo o titor do alumno
en colaboración co correspondente servizo de atención educativa hospitalaria
e domiciliaria e co asesoramento Departamento de Orientación. Así mesmo,
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
cando as condicións do alumno así o requiran, o equipo de orientación
específico proporcionará o apoio necesario para levar a cabo esas tarefas.
As atencións educativas establecidas para a atención hospitalaria e
domiciliaria poderán ser de aplicación , en liñas xerais e coas
correspondentes adaptacións , ao alumnado que se atope en condicións
legais de internamento en réxime pechado ou terapéutico , por aplicación do
artigo 7 da lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro
A súa función principal será asegurar, no posible, a continuidade na
atención educativa o centro de referencia do alumno/a. Para tal fin os
centros educativos, por medio do correspondente departamento de
orientación, proporcionarán a estes servizos toda a información relativa ao
alumno, especialmente a referida a súa competencia curricular, igualmente
o responsable desta atención remitirá ao centro de referencia do alumno os
informes relativos seu progreso, cunha periodicidade mínima mensual e ao
finalizar esta modalidade de atención educativa.
4 Ditame de escolarización
O ditame de escolarización para o alumnado con necesidade específica
de apoio educativo realizarase, no caso de que se consideren necesarios
recursos extraordinarios de atención educativa ou ben unha modalidade de
escolarización distinta da ordinaria, nas seguintes situacións:
a) Alumnado de nova incorporación ao sistema educativo.
b) Alumnado que comeza un novo tipo de ensinanzas.
c) Alumnado para quen se propón un cambio na súa modalidade de
escolarización.
d) Outras situacións de carácter excepcional que a Administración
educativa considere.
O ditame de escolarización consiste nun informe persoal dunha
alumna ou dun alumno elaborado polos servizos de Orientación, no cal se recollerán, cando menos:
a) As conclusións da avaliación psicopedagóxica.
b) As orientacións sobre a proposta curricular adecuada e, de ser o caso,
sobre os recursos persoais e materiais necesarios.
c) A proposta de escolarización.
d) A opinión das nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado
respecto desa proposta.
A elaboración do ditame de escolarización corresponderá á xefatura do
Departamento de Orientación, ou ao cargo equivalente nos centros privados
concertados, do centro en que está escolarizada a alumna ou o alumno ou
para o cal solicita a súa escolarización por primeira vez, quen poderá contar,
de ser o caso, coa colaboración do equipo de orientación específico
correspondente.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
No caso de cambio de centro escolar, pero dentro do mesmo tipo de
ensinanzas, revisarase o último ditame de escolarización e non será
necesario elaborar un novo ditame agás que haxa circunstancias que así o
requiran ou que o dito traslado supoña, tamén, un cambio na modalidade de
escolarización. A revisión e, de ser o caso, elaboración dun novo ditame
correspóndelle á xefatura do Departamento de Orientación do centro que
recibe a solicitude de escolarización, que requirirá ao centro de procedencia, a
través das respectivas direccións, a información escrita que corresponda.
Cando sexa necesario modificar a modalidade de escolarización dun
alumno ou dunha alumna ou cando circunstancias especiais así o aconsellen,
ademais do ditame de escolarización que elabore a xefatura do Departamento
de Orientación do centro correspondente, a Xefatura Territorial de Educación
poderá requirir ao equipo de orientación específico a elaboración dun ditame
complementario ao emitido pola xefatura do Departamento de Orientación do
centro educativo.
C) Medidas titoriais
“Na Educación Primaria, a acción titorial orientará o proceso educativo
individual e colectivo do alumnado, sen prexuízo das competencias e a
necesaria coordinación, se é o caso do D.O.” (artigo 14 do Decreto 130/2007)
Entre as funcións do titor referentes á atención á diversidade destacamos:
-Facilitar a integración do alumnado.
- Relación e información ás familias.
- Tomar decisións sobre a promoción de ciclo
- Elaboración e avaliación das ACIS.
-Coordinación co profesorado que intervén cos ANEAE e orientación ás
familias.
-Adoptar medidas de reforzo educativo dirixidas ao alumnado que presenta
dificultades para seguimento da programación diaria. O titor deberá
informar ás familias e deberá encargarse de que aparezan reflectidas como
RE no expediente do alumno/a
D) O reforzo educativo como medida ordinaria
O reforzo educativo é unha medida ordinaria de atención á diversidade que
afecta a elementos non prescriptivos do curriculum, é dicir, a secuencia dos
contidos, ás formas e instrumentos de avaliación, á organización da aula,
aos agrupamentos de alumnos.... dirixida ao alumnado que presenta
dificultades para poder seguir a programación diaria, tanto por defecto como
por exceso, pero que non se aparta dos obxectivos xerais programados para
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
o nivel no que está escolarizado.
As medidas de reforzo educativo serán elaboradas polo titor ou polo
profesorado de área co coñecemento do titor/a podendo solicitar
asesoramento do Departamento de Orientación e /ou do especialista de P.T.
O titor deberá comunicalo ao equipo directivo e ás familias e deberá facelo
constar nas actas de avaliación, nos boletíns de informe de avaliación ás
familias e no historial académico do alumno/a.
E) A permanencia dun ano máis no mesmo ciclo
Esta medida só se pode adoptar unha sola vez na etapa de E. Primaria
cando non dean resultado as medidas de reforzo. É aconsellable que a citada
medida se realice, no caso de ser necesaria, no 1º ciclo. A repetición de curso
debe entenderse como un medio de recuperación e, polo tanto, deberá
programarse un plan de traballo que permita ao alumno/a superar a
problemática que presenta.
F) Aceleración de curso.
-Valorase a adecuación deste tipo de medida para o alumnado con altas
capacidades intelectuais.
G)Escolarización en dous cursos menos do que lle correspondería pola idade
-Valorarase esta posibilidade, co alumnado de escolarización tardía, cando
concorran alomenos tres dos seguintes requisitos:
- Descoñecemento das dúas linguas oficiais da comunidade,
-Sospeita de NEAE
-Medio sociofamiliar desfavorecido: pais analfabetos
-Desfase curricular de alomenos tres cursos, con respecto ao que lle
correspondería pola idade, na etapa de educación primaria/e/ou non
escolarización no país de orixe.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
5.-DETERMINACIÓN DOS CRITERIOS PARA A ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS RECURSOS E A APLICACIÓN DAS MEDIDAS PROPOSTAS.. Criterios de organización dos apoios
Lexislación aplicable.
A avaliación inicial durante o mes de setembro (Orde 23 de novembro de
Educación Primaria) será o punto de referencia para a toma de decisións
relativas ao desenvolvemento do curriculo e para adoptar aquelas medidas
de apoio, reforzo e recuperación que consideren oportunas para cada
alumno/a. Non obstante na avaliación final de cada curso quedará
determinado o alumnado que recibirá apoio preferentemente, desde o
comezo do curso seguinte.
Decreto 130/2007(art 8, punto 4) “Se no proceso de avaliación continua se
advertise que un alumno ou alumna non progresa adecuadamente, o
centro educativo, tan pronto detecte as dificultades de aprendizaxe,
adoptará medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumnado
adquira os coñecementos necesarios para continuar o proceso educativo.”
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Decreto 130/2007(artigo 15, punto 2) “No proceso de avaliación
continua,en canto se detecten dificultades de aprendizaxe nalgún alumno
ou alumna, o centro educativo deberá poñer en funcionamento as
medidas de reforzo educativo que se consideren máis convenientes e que
poderán ser tanto organizativas como curriculares.Entre estas medidas
encóntrase o apoio dentro do grupo ordinario, o apoio ocasional fóra do
grupo ordinario, os agrupamentos flexibles e as adaptacións do
currículo.”En función das necesidades que deriven da avaliación do
proceso educativo poderán incorporarse medidas de ampliación, de
enriquecemento ou de reforzo.
Repetición de curso(decisión colexiada, deberá ter especial consideración
a información e o criterio do titor/a)Esta medida deberá ir acompañada
dun plan específico.O centro adoptará as medidas precisas para que o
alumnado reciba os apoios necesarios para a recuperación de ditas
aprendizaxes.(Plan específico de reforzo educativo)
Un alumno promociona ao seguinte ciclo cando as aprendizaxes non
alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo
ciclo.Neste caso, o centro educativo adoptará as medidas precisas para
que o alumnado reciba os apoios necesarios para a recuperación das ditas
aprendizaxes.
Decreto 229/2011.(Artigo 9)3c) O apoio do profesorado especialista en
pedagoxía terapeútica e /ou en audición e linguaxe é unha medida
extraordinarias de atención á diversidade.
A escolarización do alumnado que se incorpora tardiamente ao
sistema educativo realizase atendendo as súas circunstancias,
coñecementos, idade e historial académico. Cando presenten graves
carencias nas linguas de escolarización do centro, recibirán una
atención específica que será, en todo caso, simultánea a súa
escolarización nos grupos ordinarios.
Quenes presenten un desfase no seu nivel de competencia curricular
de máis dun ciclo, poderán ser escolarizados nun curso inferior ao
que lles correspondería pola idade.(Como máximo poderían
escolarizarse dous cursos menos dos que lle corresponde pola idade).
Para este alumnado adoptaranse as medidas de reforzo necesarias
que faciliten a súa integración escolar e a recuperación do seu
desfase y lle permitan continuar con aproveitamento os seus
estudos. No caso de superar dito desfase, incorporaranse ao grupo
correspondente a súa idade.
A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais,
identificado como tal por persoal coa debida cualificación,
flexibilizarase, nos térmonos que determina a normativa vixente, de
forma que poida anticiparse un curso o inicio de l escolarización na
etapa ou reducirse a duración da mesma, cando se prevea que son estas
as medidas más adecuadas para o desenvolvemento do seu equilibrio
persoal e a súa socialización.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Decreto 129/2011.(Artigo 9.3)A proposta de organización da atención ao
alumnado por parte do profesorado de PT e/AL e de ser o caso, doutros
profesionais específicos, será realizada pola xefatura do departamento de
orientación, de acordo cos criterios establecidos neste plan e que se
indican a continuación, contando coa participación do profesorado titor
do alumnado e do propio profesorado de pedagoxía terapéutica e/ou
deberá poñer en funcionamento as medidas de reforzo educativo que se
consideren máis convenientes e que poderán ser tanto organizativas
como curriculares.Entre estas medidas encóntrase o apoio dentro do
grupo ordinario, o apoio ocasional fóra do grupo ordinario, os
agrupamentos flexibles e as adaptacións do currículo.”En función das
necesidades que deriven da avaliación do proceso educativo poderán
incorporarse medidas de ampliación, de enriquecemento ou de reforzo.
En función dos recursos do centro determinaremos as medidas a adoptar
que serán priorizadas do seguinte xeito:
Pedagoxía Terapeútica Audición e linguaxe -Alumnado diagnosticado con NEE que
precise ACIs//flexibilización//ACI
-Deficiencia auditiva significativa ou
moi significativa.
-Alumnado con trastorno grave de
conduta.
-Trastornos graves da comunicación
(TXD…)
-Alumnos con dificultades específicas de
aprendizaxe.
-Alumnos con retrasos moderado e
severo da linguaxe (disfasias,
afasias….).
-Alumnado con TDAH -Alumnos con retraso simple da
linguaxe
-Alumnos de incorporación tardía ao
sistema educativo
-Alumnos con alteracións na fala:
disfemias disartrias, retrasos na fala,
dislalias orgánicas e disfonías.
-Alumnos por condicións persoais ou de
historia escolar
-Trastornos na fala que teñan
incidencia na lectoescritura en
Educación Primaria.
-Alumnado de altas capacidades Alumnado con dislalias funcionais:
priorizarase ao alumnado de 5 anos e 1º
de EP así como o que precise continuar
sendo atendido.
Na etapa de Educación Infantil, as posibles dislalias evolutivas,
intervéñense primeiramente con orientacións ao profesor-titor e as familias,
e nos casos máis persistentes realizarase unha intervención preventiva.
Profesorado titor /e ou profesorado con
dispoñibilidade horaria para reforzo Profesorado de Apoio á Infantil
-Alumnado Repetidor Período de adaptación: EI-3
-Alumnado que promociona con áreas -No resto do curso, reparto horario
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
instrumentais suspensas. equitativo, priorizando os tempos en
grupos numerosos e con maiores
necesidades de reforzo educativo do
alumnado.
-Alumnado con dificultades no proceso
de adquisición da lectoescritura.
-Saídas fora do recinto escolar
-Outro alumnado con dificultades
puntuais que o profesorado titor
considere.
-Actividades nas que é moi aconsellable
a presenza de máis dunha persoa na
aula.Tamén podería realizarse a
actividade mediante desdobre.
-Grupos–clase con problemática
condutual.
-Nos dous últimos trimestres do curso,
podería priorizarse o apoio na aula de
EI-5,se é o caso, para facilitar que todo o
alumnado poida acadar os obxectivos
desta etapa, e facilitar así o tránsito á
E. Primaria nas mellores condicións
posibles
Excepcionalmente, en caso de necesidade e sempre que haxa
profesorado con dispoñibilidade horaria, poderá realizar labores de apoio en
educación infantil, dentro da aula ordinaria, calquera mestre do centro, pero
preferentemente o profesorado do ciclo máis próximo, ou que xa imparta
algunha materia en dito ciclo.
A proposta dos apoios deberá ter en conta ás necesidades de cada grupo
clase e a opinión do profesorado titor e debería ser consensuada entre o
equipo de atención á diversidade e a xefatura de estudos, para
posteriormente ser aprobada na CCP.
Outras orientacións sobre medidas organizativas e apoios:
o Os apoios levaranse a cabo normalmente en horas correspondentes
ao profesorado titor, agás casos puntuais e debidamente xustificados
nos que o horario podería afectar parcialmente a algunha
especialidade dun xeito temporal.
o Distribuiremos as sesións de apoio ao longo da semana de maneira
que un ACNEEs
poida ter un apoio específico a ser posible diario, entre PT e AL, se é o
caso.
o Os reforzos educativos serán realizados por profesorado con
dispoñibilidade horaria, preferentemente dentro do ciclo no que
imparten clase, ou no ciclo máis próximo.
o Na atención ao alumnado procedente do estranxeiro valórase como
necesario priorizar o apoio ó alumnado que descoñeza o castelán, o
galego, ou ámbolos dous idiomas na Etapa de Educación Primaria.
o De ser preciso a realización de apoios educativos fóra da aula
ordinaria levaranse a cabo co expreso consentimento dos pais do
alumno/a. A tal fin se lles facilitará aos titores os modelos de
autorización correspondentes.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
o Propiciar que o número de profesionais que incidan nun aula-grupo
sexa o menor posible para facilitar a coordinación dos mesmos.
o Propiciar que os apoios sexan o máis estables posibles tendo en conta
as características de cada caso, tanto no referente aos profesionais
que participan como á temporalización dos mesmos.
o O horario de reforzo educativo poderá ser empregado, en función das
necesidades de cada aula a) para traballar por grupos na propia aula,
coa mesma ou con diferentes actividades en cada grupo,b) para
realizar desdobres c)para atender individualmente a un alumno/a o a
un pequeno grupo d)para apoios paralelos fóra da aula ordinaria.
o Non necesariamente o mestre de reforzo atenderá aos alumnos con
dificultades, senón que ás veces é máis operativo que o mestre titor
sexa o que se responsabilice desta atención e o mestre de reforzo
atender a outro alumnado sen dificultades de aprendizaxe. Será
decisión do mestre- titor.
o O profesorado especialista de apoio(PT/AL) realizará as intervencións
máis específicas e soamente no caso de ter dispoñibilidade horaria
realizará tarefas de reforzo educativo e/ou apoio.
-As intervencións específicas que sexan precisas por parte dos profesores
especialistas de pedagoxía terapeútica ou de audición e linguaxe serán
propostas e deseñadas polo departamento de orientación, do que forman
parte, en colaboración co titor/a do grupo ao que pertence o alumno. Tales
actuacións levaranse a cabo normalmente dentro da aula, xunto co resto do
alumnado dese grupo, e só poderán levarse fóra dela en casos
excepcionais,que estean debidamente previstos nas adaptacións
curriculares, e durante un tempo que non excederá a terceira parte da
xornada escolar”(Orde 27 de decembro de 2002)A coordinación desa
actuacións corresponde a xefa de estudos do centro
Criterios para a organización do persoal auxiliar técnico
educativo(ATE,coidadora) atenderá ao alumnado con discapacidade, para
favorecer a autonomía nos diferentes espazos do centro educativo, para
acompañar nas saídas educativas,así como favorecer a adaptación ao centro
o control de esfínteres e a participación,na medida do posible, nas rutinas de
aula.
O horario de atención e a proposta de apoio ao alumnado será elaborado
pola orientadora en coordinación co profesorado- titor de dito alumnado. A
proposta será elevada a Xefatura de Estudos para a súa aprobación.
CADRO COMPARATIVO
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Reforzo educativo e/ou apoio Apoio específico
-Medida ordinaria de atención á diversidade -Medida extraordinaria de atención
á diversidade
IMPARTE. -Mestre titor -Profesorado con horario dispoñible.
IMPARTE -Profesorado especialista PT/AL
-Reforzo educativo= “pequeno empuxón” para que o alumno/a “camiñe” ao lado do grupo.
Apoio educativo:O alumno anda un pouco “coxo” e precisa de pequenas “muletas” e
axudas para intentar alcanzar ao grupo
clase, ou acercarse o máximo posible.
-O alumnado precisa adaptación de
materiais, metodoloxías moi específicas.para seguir
actividades da aula.
-O alumnado precisa un plan de
aprendizaxe totalmente individualizado e/ou
ACI.
PLAN DE REFORZO ou PLAN DE
APOIO
-Elabora o mestre titor -Elabora o mestre titor, conxuntamente co
mestre de apoio.(Poden pedir
asesoramento ao profesorado especialista
de apoio e/ou á xefatura do DO).¿Copia á
XE?
-PLAN DE TRABALLO INDIVIDUALIZAD -Elabora o mestre titor, o profesorado
especialista de apoio e a xefatura do DO.
REPETICIÓN DE CURSO ao final do ciclo -Cando as medidas de apoio non fosen
suficientes para alcanzar os obxectivos do
ciclo
-FLEXIBILIZACIÓN -ACI
TIPOS DE REFORZO/APOIO -Reforzo -Mestre titor (aula ordinaria) -Mestre do ciclo (aula ordinaria) -Apoios -Mestre titor (aula ordinaria) -Mestre do ciclo (aula ordinaria) .Para apoio indiferenciado na
aula .Para apoio individualizado ou
en pequeno grupo(as actividades da aula) .Para traballar por grupos, con
aci. adaptadas as necesidades de
cada grupo. -Desdobres(titor/mestre de apoio) -Apoio paralelo(titor/mestre de
-Apoio específico en aula ordinaria -Apoio específico en aula de apoio.
(Normalmente, empregaremos unha
modalidade de apoio combinada: aula
ordinaria, aula de apoio)
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
apoio)fóra da aula ordinaria
-INFORMACIÓN AOS PAIS -Os pais deben ser informados, polo
profesorado titor das medidas que precisa
o seu fillo/filla. Sería necesaria a súa
conformidade por escrito sempre, pero
especialmente cando o apoio vaia a ser
fóra da aula ordinaria (cando inicia estes
apoios)
-INFORMACIÓN AOS PAIS Informa ás familias o profesorado titor e a
xefatura do DO.
-Conformidade por escrito(cando inicia estes
apoios)
-AVALIACIÓN -No boletín trimestral debe aparecer RE. -Debe concretarse cómo se avalía
trimestralmente nos casos en que realicen
modificacións na temporalización e/o una
secuenciación dos obxectivos.
-AVALIACIÓN -Boletín adaptado. -No caso de ACI, os criterios de avaliación e
de promoción serán os que aparecen na ACI.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
6. CONCRECIÓN DAS ACTUACIÓNS DOS DISTINTOS PROFESIONAIS
EN RELACIÓN COAS MEDIDAS DESEÑADAS PARA O CENTRO.
Profesionais Medida Actuación
Mestres titor
Plan de Acción Titorial Posta en práctica, seguimento e
valoración
Programación de aula Elaboración, posta en práctica,
seguimento e valoración.
Xunta de avaliación do seu
grupo.
Presidir e coordinar.
Levantar acta.
Plan de Acollida e
Adaptación
Concreción e Implementación.
ACI/ACS
Reforzo Educativo
Coordinación, elaboración e
implementación
Elaboración
Plan de Transición a
Secundaria
Implementación e seguimento
Avaliación Psicopedagóxica Solicitude ó DO, información ás
familias.
Colaboración co DO.
Apoios educativos Colaborar na organización.
Atención directa.
Mestre de apoio,
PT, AL.
ACI / ACS
RE
Colaborar na elaboración e
implementación.
Apoios educativos. Colaborar na organización.
Atención directa
Avaliación Psicopedagógica. Colaboración
Mestres sen
titorías
ACS/ACI
RE
Elaboración e implementación
Apoios educativos Colaborar na organización.
Atención directa
Avaliación Psicopedagóxica Colaboración
Avaliación Psicopedagóxica Elaboración.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Xefatura do
Departamento
de Orientación
Solicitude de colaboración do
EOE ou doutras
institucións/servizos.
Plan de Transición a
Secundaria
Coordinación co IES e
seguimento
Plan de Acción Titorial Asesoramento
Programacións curriculares Asesoramento
ACI/ACS
RE Escolarización
combinada//cambio
modalidade:ditame
Asesoramento e colaboración na
elaboración
Elaboración
Apoios educativos Elaboración da proposta de
organización dos mesmos en
colaboración co profesorado
titor e os mestres especialistas
de apoio.
Plan de Orientación Redacción.
Concreción de actuacións da
xefatura para o curso
Plan Xeral de Atención á
Diversidade
Redacción das concrecións
anuais.
Equipo
Directivo
Programacións curriculares Inclusión na PXA
Plan Xeral de Atención á
Diversidade
Responsable do
desenvolvemento, seguimento e
avaliación.
Medidas extraordinarias de
atención á diversidade
Autorización ou solicitude de
autorización onde corresponda.
Departamento
de Orientación
Plan Xeral de atención á
Diversidade
Elaboración e concreción anual,
implementación
Plan de Orientación Elaboración e concreción anual,
implementación
Plan de Acción Titorial Seguimento e valoración
Comisión de Plan Xeral de Atención á Elaborar directrices do Plan
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Coordinación
Pedagóxica
Diversidade Xeral de Atención á
Diversidade.
Xunta de
Avaliación
Plan Xeral de Atención á
Diversidade
Propoñer ó alumnado que
deberá seguir unha ACI no
seguinte ciclo/etapa educativa e
asegurarse de que se cumpren
os requisitos para tal decisión.
Propoñer cambios na adscrición
do alumnado no cambio de ciclo
ou de etapa educativa.
Claustro
Plan Xeral de Atención á
Diversidade
Propoñer o plan ao Consello
Escolar
Consello Escolar
Plan Xeral de Atención á
Diversidade
Aprobación
PROPOSTA DE ACTUACIÓNS XERAIS, CO ALUMNADO QUE
PRESENTA NEAE:
Entre as medidas ordinarias para este alumnado estarán:
o Estratexias específicas de ensino-aprendizaxe, tales
como presentar contidos e tarefas con distinto grado de
dificultade, traballar actividades de reforzo e variedade
de tarefas, adecuar recursos e materiais , levar a cabo
modelos organizativos flexibles e adaptacións nos
procedementos de avaliación. en calquera caso os
elementos do currículo que se modifiquen han de ter en
conta o estilo de aprendizaxe e o contexto escolar do
alumno/a. a flexibilización nos procedementos de
avaliación debe entenderse como un recurso para
adaptar os procesos de ensino –aprendizaxe, ás
necesidades educativas deste alumnado. A metodoloxía
de traballo debe incorporar, entre outras, o emprego de
técnicas en “autoinstruccións”, “ a autoavaliación
reforzada” e as TIC, tanto na aula ordinaria, como cando
se lle presta unha atención máis personalizada dentro ou
fora de esta.Estas medidas a adoptará o equipo docente,
co asesoramento do orientador/a do centro.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
PROPOSTAS CONCRETAS DE ACTUACIÓNS DO PROFESORADO A
NIVEL DE AULA, NO CASO DE TER ESCOLARIZADO NO GRUPO
CLASE :
Alumnado con discapacidade intelectual:Ante a presenza dun alumno/a con
discapacidade intelectual na aula ordinaria, o profesorado debe considerar
os seguintes aspectos para a súa atención educativa:
A información deberá ser simple, concreta, precisa, organizada
e secuenciada.
As instrucións serán o mais simples posibles e reiterativas,
partindo sempre do que o alumno realmente sabe e
asegurándonos de que o comprendeu, estimulandoo a que o
verbalice.
O profesorado debe proporcionar a información en distintos
formatos, para así facilitar que o alumno a perciba por o maior
número de vías posible. Procurará non excederse na exposición
oral en detrimento do resto, enfatizando o dito, falando
despacio, e facendo visible o manifestado.
Nun contexto de aprendizaxe cooperativo, as tarefas
individuais ou grupais, deberán ser curtas, fraccionándoas en
pequenos pasos, reducindo a complexidade das aprendizaxes e
o número de respostas, de forma que haxa unha resposta por
tarefa.
Para manter a motivación e a concentración débense modificar
frecuentemente as tarefas, procurando que estas sexan
asumibles pólo escolar , pero sen poñer limites a súa
capacidade.
Aumentarase o tempo para a execución das actividades ou
tarefas incorporando algunhas que propicien a súa autonomía
reforzando mediante o modelado as habilidades sociais, os
hábitos hixiénicos e outras condutas adaptativas.
Con frecuencia débense utilizar estratexias de reforzo positivo
e potenciar aquelas accións que faciliten a autorregulación da
propia conduta dentro da aula. Para elo debe dispoñerse de
certa rutina nas sesións de traballo , cun ambiente moi
estruturado, que facilite a comprensión da situación e da tarefa
solicitada.É necesario comunicar os cambios de rutina por
distintas vías e con antelación. Debemos ser pacientes ao
recibir a resposta do escolar, informándoo de cómo o fixo e
suliñando os avances.
A adaptación nos procedementos e instrumentos de avaliación,
deben ter en conta que as probas escritas se proporcionen con
frases sinxelas, e con preguntas nas que non se requira moito
desarrollo, incorporando respostas de elección múltiple,
verdadeiro ou falso,etc. Para este tipo de probas débese
conceder máis tempo que ao resto dos escolares. É
recomendable o desenvolvemento das probas escritas en varias
sesións, facilitando durante estas as oportunas indicacións de
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
apoio, tales como o control do tempo e o repaso do realizado
previo a súa entrega.
Alumnado que presenta dificultades específicas de aprendizaxe:Ante a
presenza dun alumno/a con dificultades específicas de aprendizaxe, o
profesorado debe considerar os seguintes aspectos para a súa atención
educativa:
Convén que o alumno ou alumna estea sentado cerca do
profesor/a e lonxe de motivos de distracción. As tarefas da clase
requiren unha supervisión continua; débense combinar as
tarefas e actividades mais motivadoras coas que o son menos
para o alumno/a, así como gradualas e contextualizalas de
forma debida. Aconséllase o emprego de reforzos e apoios
visuais na instrución escrita e permitir que cando acabe unha
parte da tarefa poida amosala ao profesor/a.
Débese verificar que o alumno/a comprende o exposto pólo
profesorado, facéndolle se é necesario, algunhas preguntas que
poida contestar de forma correcta ou pedíndolle , de forma
discreta, que repita verbalmente o que ten que facer.
É imprescindible o uso da axenda de deberes con este
alumnado( a pesar do esforzo que poida ocasionar nalgúns
niveis ou idades).
É adecuado espazar as instrucións de traballo de forma que
non se proporcione unha nova consigna inmediatamente ata
que non sexa realizada a anterior..Incluso sería aconsellable
que as instrucións dos traballos se escriban nun folio ou na
pizarra da clase, mantendo no posible as rutinas de aula e, ante
os cambios de actividade, advertir individualmente ao
alumnado con dificultade específica de aprendizaxe.
O profesorado que na aula teña un alumno ou alumna con
dislexia, disgrafía ou discalculia deberá considerar que estes
alumnos presentan dificultades inherentes para ler, escribir ou
calcular, sendo conveniente potenciar outras capacidades onde
o alumno destaque côa finalidade de mellorar a súa autoestima
e motivación. O profesorado evitará a exposición ante o resto de
compañeiras e compañeiros das súas carencias co fin de non
deteriorar a súa autoestima; fará saber ao escolar que o
profesorado coñece as súas necesidades educativas, simplificará
as instrucións que se lle Dan por escrito, suliñando ou
destacando o mais relevante, incluso proporcionándolle un
esquema; estudará co escolar o vocabulario novo que vai a
encontrar nos textos, actividades ou tarefas que vai a realizar;
posibilitará o uso do ordenador na aula fará facer as súas
producións; proporcionará un tempo extra para realizar as
actividades e tarefas na clase; tratará de reducir e fraccionar as
actividades na clase e para a casa con respecto ao grupo clase;
deberá facilitarlle a posibilidade do emprego de gravadora na
aula para tomar instrucións do profesorado ou unha
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
explicación, sendo recomendable para os alumnos con dislexia
dispoñer de libros de texto gravados; convén ampliar as pausas
orais para permitirlle que tome apuntes; evitar facerlles copiar
os enunciados das preguntas ou problemas na actividade de
clase, deberes ou exames.Un procedemento adecuado a
empregar na maioría das áreas ou materias consiste en
proporcionarlles “guías de tarefas, por escrito ou orais que
impliquen unha secuencia de accións como por exemplo, obter
a idea principal dun texto, facer unha composición escrita,
resolver un problema de cálculo, eta...
Respecto ao alumnado con dificultade específica de
aprendizaxe, especialmente en lectura e escritura, o profesor/a
procederá antes do inicio do exame ou proba escrita á lectura
oral de todas as preguntas.é recomendable que as probas
escritas se leven a cabo en dous ou mais sesións, observando a
necesaria flexibilidade na duración, e na medida do posible de
maneira individual ou en pequenos grupos. As probas ou
exames poderán ser orais ou mediante o emprego do ordenador,
agás en lingua galega, castelá e estranxeira, cando o
obxecto da avaliación sexan os obxectivos e contidos
relacionados coa lectoescritura.
Na realización de probas que impliquen lectura e escritura,
ampliarase o tempo necesario co fin de facilitar a oportuna
corrección ortográfica.
As preguntas dos exames presentaranse por escrito para evitar
a lentitude doutros procedementos como a copia ou o ditado,
coa inclusión de preguntas ou items dun mesmo tipo, para
evitar así a maior posibilidade de erro ou confusión derivados
dunha combinación de formas “(en días diferentes,formas
diferentes)”
Durante o exame procederase a dar as oportunas indicacións de
apoio, tales como o control do tempo e o repaso do realizado,
previo a súa entrega.
É conveniente dar a coñecer as datas dos exames con
antelación.Ao igual que para o resto do alumnado, os exames
ou probas escritas finais ou parciais non deberán ser os únicos
instrumentos para avaliar a este alumnado; é necesario que a
avaliación continua sexa o procedemento empregado.
Alumnado que presenta trastorno por déficit de atención con/sen
hiperactividade:Ante a presenza dun alumno/a na aula ordinaria,que
presenta TDAH, o profesorado debe considerar os seguintes aspectos para a
súa atención educativa:
Convén que o alumno estea sentado cerca do profesor/a e lonxe
de motivos de distracción.
As tarefas de clase ou para a casa deberán reducirse ou
fragmentarse e requirirán dunha supervisión continua; deben
combinarse actividades e tarefas máis motivadoras coas que o
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
son menos para o alumno/a, así como gradualas e
contextualizalas de forma debida.
É preciso potenciar outras capacidades nas que o escolar
destaque, coa finalidade de mellorar a súa autoestima e
motivación.
Aconséllase o emprego de reforzos e apoios visuais na
instrución oral e permitir que, cando acabe unha parte da
tarefa, poida amosala ao mestre/a.
Débese verificar que o escolar comprende o exposto polo
profesorado, facéndolle en caso de estimarse necesario,
algunhas preguntas que poida contestar de forma correcta, ou
pedíndolle, de forma discreta, que repita verbalmente o que ten
que facer.
É imprescindible o uso da axenda de deberes con este
alumnado( a pesar do esforzo que poida ocasionar nalgúns
niveis ou idades).
É adecuado espazar as instrucións de traballo de forma que
non se proporcione unha nova consigna inmediatamente ata
que non sexa realizada a anterior..Incluso sería aconsellable
que as instrucións dos traballos se escriban nun folio ou na
pizarra da clase, mantendo no posible as rutinas de aula e, ante
os cambios de actividade, advertir individualmente ao alumno
ou alumna.
Un procedemento adecuado a empregar na maioría das áreas
ou materias consiste en proporcionarlles “guías de tarefas, por
escrito ou orais que impliquen unha secuencia de accións como
por exemplo, obter a idea principal dun texto, facer unha
composición escrita, resolver un problema de cálculo, etc...
É recomendable que todo o equipo docente chegue a un
consenso de “regras mínimas de conduta” na aula, comúns a
todo o profesorado, e de ser o caso, outras específicas para cada
area ou materia.Estas pautas deben estar escritas e visibles
dentro da propia aula, e débese comprobar que o alumno/a con
trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade
comprende as normas e as consecuencias ao incumprilas.É
importante ter en conta que se proporciona unha maior
motivación ao escolar cando se resaltan os pequenos avances,
que cando se lle chama a atención ou se fai fincapé nos erros,
fallos e equivocacións.
Respecto a adaptación nos procedementos e instrumentos de
avaliación, tendo en conta as dificultades deste alumnado para
manter a atención e concentración durante períodos
prolongados, co obxectivo de mellorar o seu rendemento nos
exames e probas escritas, facilitarase ao alumno/a a
posibilidade de realizalos de forma oral ou a través de
ordenador, agás os aspectos relacionados coa lectura e escritura
nas areas de lingua galega, castelá e estranxeira debido aos
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
problemas de escritura que estes escolares poden presentar
simultaneamente con este trastorno.
É recomendable o desenvolvemento das probas escritas en dúas
sesións como mínimo, observando a necesaria flexibilización na
súa duración As preguntas dos exames presentaranse por
escrito para evitar a lentitude doutros procedementos como a
copia ou o ditado, coa inclusión de preguntas ou items dun
mesmo tipo, para evitar así a maior posibilidade de erro ou
confusión derivados dunha combinación de formas “(en días
diferentes,formas diferentes)”
Durante o exame procederase a dar as oportunas indicacións de
apoio, tales como o control do tempo e o repaso do realizado,
previo a súa entrega.
É conveniente dar a coñecer as datas dos exames con
antelación.Ao igual que para o resto do alumnado, os exames
ou probas escritas finais ou parciais non deberán ser os únicos
instrumentos para avaliar a este alumnado; é necesario que a
avaliación continua sexa o procedemento empregado.
Alumnado que presenta trastorno xeneralizado do desenvolvemento:Ante a
presenza dun alumno/a con trastorno xeneralizado na aula ordinaria, o
profesorado debe considerar os seguintes aspectos para a súa atención
educativa:
O profesorado debe planificar con anticipación a xornada de cada
día, sinalando as actividades nos distintos tipos de axendas,
empregando técnicas de estruturación nas areas de traballo e
establecendo rutinas estables e funcionais, con uso frecuente de
axudas visuais ou de compensacións verbais simplificadas.
Igualmente hai que estruturar e organizar o espazo e os materiais
de aula, evitando continuas modificacións e exposicións a
múltiples estímulos, especialmente auditivos.Debe empregarse
algunha estratexia para dar a coñecer ao alumno/a os tempos e
espacios mediante avisadores ou marcadores visuais, sinais
xestuais, etc.
É conveniente facilitar a interacción social, os procesos de
socialización cos iguais e coas persoas adultas do centro,
propiciando o “desenrolo” da comunicación mediante sistemas
visuais aumentativos e fomentando redes de apoio na aula que
favorezan a participación e a xeneralización desas condutas e
eviten o illamento do alumno. Se debe fomentar o traballo
colaborativo e as actividades de grupo, debéndose permitir o
traballo en solitario nalgunhas momentos do día co fin de non
sobrecargalo con excesivas demandas sociais.
O alumno/a traballará preferentemente en grupos pequenos cun
número moi reducido de compañeiros e compañeiras na aula, na
realización de actividades sinxelas e estruturadas que permitan ao
profesorado unha supervisión adecuada do seu comportamento así
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
como a ensinanza explícita das condutas básicas, tales como
respecto de turnos, escoita atenta das opinións das demais
persoas, seguimento de regras e resolución de conflitos.
Débese estar atento ao comportamento do resto dos escolares do
centro cara a estes alumnos/as xa que polo seu comportamento e
estilo de comunicación singulares poden propicias as bromas das
compañeiras/os, ser obxecto de burla, acoso escolar,etc.Por elo
débese facer fincapé nas accións educativas que propicien a
convivencias desde o máximo respecto entre o alumnado do
centro...
Para estes escolares é adecuado empregar un estilo de ensinanza
directivo e titorizado para proporcionar un ambiente social e de
aprendizaxe que sexa percibido como seguro e estimulante polo
alumna/o.O profesorado debe ser creativo na resolución de
problemas, ter calma, ser flexible, para xerar actitudes positivas.
Para compensar os problemas que presentan coa organización do
tempo libre é conveniente fomentar o interese do alumno no xogo e
na interacción social, mediante a organización por parte do
profesorado de xogos e actividades lúdicas estruturadas para a
hora do recreo.Elo conleva a elección dalgunhas compañeiros/as
dispostos a cooperar e a interactuar cos demais.Estes xogos
devense explicar ao alumno/a dunha forma similar a utilizada
para ensinar ao alumno a mecánica da lectoescritura, e dicir, de
forma estruturada, explícita e seguindo unha secuencia de pasos
prefixada.
Realizaranse adaptacións nas probas escritas, compensando as
súas dificultades co deseño de instrumentos adecuados mediante
preguntas cerradas, probas obxectivas como os tests de resposta
múltiples ou de verdadeiro –falso, exames orais,apoios visuais,
emprego do ordenador con procesador de textos, etc.Tamén se fai
necesario proporcionar máis tempo para realizar as probas de
avaliación, ao igual que dar directrices claras sobre a maneira de
presentar os traballos e supervisar durante o proceso de
elaboración.
Alumnado que presenta trastornos graves de conduta de tipo negativista
desafiante:Ante a presenza dun alumno/a con un trastorno deste tipo na
aula ordinaria, o profesorado debe considerar distintas cuestións relativas a
conduta emocional:
O profesorado asegurará o establecemento dun clima
positivo de aprendizaxe na aula. Débese eloxiar verbalmente
ou con xestos, como sorrisos,miradas,etc., todos aqueles
comportamentos que se desexan, tales como esforzarse no
traballo, terminar as tarefas asignadas, colaborar, falar con
amabilidade,amosar tranquilidade na aula,...Estas
estratexias son máis efectivas no caso de que se empreguen
diante de toda a clase(felicitación en público, amoestación en
privado).Os docentes deben procurar falar con cordialidade,
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
escoitar con empatía, amosar afectividade, amosar interese
e preocupación polos asuntos do alumnado con esta conduta,
etc., sen deixar de actuar con firmeza cando sexa
necesario.Non se debe prestar atención ao comportamento
inadecuado, sempre que este non sexa demasiado
perturbadorou perigoso para a integridade física do escolar e
do resto das persoas.
Ante un desafío ou negativa con certo grado de agresividade,
débese prioritariamente garantir a seguridade do alumno ou
alumna, a vez que amosar tranquilidade e firmeza, non
responder ante a conduta desafiantes esperar a que diminúa
ou que remita, evitando alzarlle a voz e manifestándolle que
se lle prestará atención cando se amose sereno e tranquilo,
ou cando realice de forma adecuada o solicitado polo
docente.No caso de condutas desafiantes, agresións, pelexas,
etc.,poderá empregarse a estratexia de “tempo fora” co
asesoramento do orientador/a do centro, e o coñecemento do
alumno/a e da familia, sempre baixo a vixiancia dun
docente.
Cando o profesorado trate de modificar un comportamento
inadecuado convén que se refira as condutas inadecuadas e
non ao escolar.Evitar os términos absolutos e calificadores
hacia o alumno/a e no seu lugar, empregar frases nas que se
dea unha oportunidade a conduta adecuada.
É conveniente que o profesorado se entrene na aplicación de
estratexias cognitivo-condutuais, e conte coa colaboración do
orientador/a do centro para influír no procesamento
cognitivo do alumno/a, de modo , que no futuro, sexa él quen
autorregule seu comportamento, sen necesidade da presenza
dunha persoa adulta, que aplique a administración de
reforzos ou a retirada de privilexios.As autoinstruccións
implican ensinar ao alumno a falarse así mesmo en voz alta,
darse instrucións sobre o que debe facer e recompensarse
verbalmente pola boa execución. A autoavaliación reforzada
pretende potenciar o funcionamento do sistema executivo
para que os alumnos logren ser conscientes da propia
conduta e saiban avaliala con respecto as normas de aula.
É necesario que o orientador/a planifique co equipo docente
e a familia un plan de control da conduta no contexto escolar
e familiar.Ademáis, deberá coordinarse cos servizos
sanitarios no caso de que o alumno ou alumna estea sendo
atendido por estes servizos.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
7. -MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN
INTERNOS ASÍ COMO CON OUTRAS ETAPAS EDUCATIVAS E COS
CENTROS ADSCRITOS OU DE ADSCRICIÓN.
-A LOE sinala que é preciso o “esforzo compartido de toda a comunidade
educativa” por iso é moi necesario poñer en práctica diferentes mecanismos
de coordinación e colaboración entre os diferentes membros da comunidade
educativa.
.-A intervención educativa, especialmente do alumnado que presenta NEAE
basearase nun enfoque multidisciplinar e de colaboración e coordinación
entre os distintos profesionais.
A- Os mecanismos de coordinación e colaboración internos son:
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Reunións de ciclo: necesidades do ciclo, valoración das medidas
adoptadas, propostas de mellora para o DO e para a CCP.
Reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica: avaliaranse os
resultados das medidas adoptadas coa finalidade de realizar
seguimento do plan de atención á diversidade, e faranse propostas de
mellora
Reunións do Equipo Directivo:contemplará nas súas reunións o
desenvolvemento do PAD.Levará a concreción anual á PXA.
Reunións mensuais do Departamento de Orientación completo.
Reunións semanais ou quincenais do Equipo de Orientación
(orientador e mestres de apoio), para concretar e revisar as medidas
adoptadas e para elaboración dos plans específicos de intervención co
alumnado con NEAE.
Reunións da xefa do DO, semanais ou quincenais con cada titor,
especialmente cos que teñen alumnado que está recibindo apoio para
coordinar e revisar as diferentes medidas adoptadas.
Reunións de equipos docentes de cada ciclo e nivel:para establecer un
plan específico de actuación co ANEAE, revisión e/ou modificación do
mesmo.
Reunións do Claustro de profesores.
Reunións do Consello Escolar.
Reunións de titoría con pais/nais/ titores legais.
Reunións dos diversos equipos de profesores do centro: Equipo das
TICs, Biblioteca escolar, Convivencia, Natureza e Medio Ambiente,
Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, Equipo
de actividades Complementarias e Extraescolares:
B- Mecanismos de coordinación e colaboración externos:
CON OUTROS CENTROS EDUCATIVOS
-Promoverase a coordinación e colaboración entre o noso centro e outros
centros que atenden ao nosos alumnos con ditame de escolarización
combinada.
-Promoverase a colaboración e intercambio de información cos centros
de procedencia e traslado do noso alumnado, especialmente no caso de
que se trate de ANEAE.
-Realizarase reunións de coordinación cos IES da zona co principal
obxectivo do establecemento de accións que favorezan o tránsito de Etapa
Educativa do noso alumnado(incorporación á ESO).
CON SERVICIOS DE SAÚDE, MUNICIPAIS E OUTRAS
ENTIDADES DO ÁMBITO PÚBLICO E PRIVADO
-Promoveranse reunións e/ou contactos telemáticos puntuais ou
periódicos, para colaboración e solicitude e/ou intercambio de información
cos servizos sociosanitarios. A xefa do departamento de orientación,
emitirá informes sempre que sexan solicitados por escrito á dirección do
centro
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
Sanitarias (CHUAC: estimulación temperá, foniatría, saúde
mental infantil..)..
Sociais: Servicio de Menores, Servicios sociais do concello,
UAMI, etc.Para intercambiar información e coordinar
programas asistenciais e/ou de apoio escolar aos que asiste
alumnado do noso centro.Tamén para coordinar actuacións
en problemáticas sociofamiliares, absentismo escolar............
Entidades socio-educativas:Asociación Down, Asociación
Altas Capacidades...
Profesionais do ámbito privado que atenden a alumnado do
noso centro, que presenta NEEs.
CO EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO
-Solicitude de asesoramento, información ou intervención do Equipo de
Orientación Específico de A Coruña, segundo o procedemento e modelo
existente..
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
8.-CANLES DE COLABORACIÓN COAS NAIS, PAIS OU TITORES E
TITORAS LEGAIS DO ALUMNADO E COS DIFERENTES SERVIZOS
EXTERNOS Ó CENTRO.
O/a mestre/a titor/a do alumno/a será o interlocutor ante a familia.En
función das demandas e das situacións de cada demandante poderá
solicitar a asistencia doutros membros da comunidade educativa (equipo
directivo, departamento de orientación, etc.) As familias estarán
informadas dende o primeiro momento que se contemple unha medida de
atención á diversidade, sexa reforzo educativo, apoio específico.. ou
Adaptacións curriculares.É dicir, a familia debe ser informada das
medidas tanto ordinarias como extraordinarias. Como norma xeral o
profesor/a titor/a manterá informada ás familias. No caso das A.C. e os
reforzos educativos con apoio das especialistas (PT e/ou AL) a información
será coordinada tamén polo Departamento de Orientación.
As canles de comunicación e colaboración serán:
Reunións colectivas do titor/a con todos os pais/nais do seu grupo de
alumnos.
Reunións presenciais no centro educativo entre mestre/a titor/a e pais
do alumnado (titorías)
Reunión inicial, en setembro, antes de que comece o curso,do
profesorado titor e o equipo de atención á diversidade, coa familia do
alumnado que inicie a súa escolarización e presente NEEs.
Reunións periódicas pais/titor/a e equipo de atención á diversidade do
alumnado que presenta NEAE.Intercambio de información e
asesoramento no proceso educativo do seu fillo/a.
Axenda viaxeira, onde o alumno/a anota as actividades a realizar na
casa e que serve de medio de comunicación do profesorado coas
familias.
Circulares informativas de carácter xeral.
Cartas á familia, informativas, de tipo individual (comunicación de
falta de orde, de faltas de asistencia ….).
Cartas/informes solicitados ó centro polas familias para colaborar con
outros servizos na valoración das necesidades educativas do
alumnado.
Contactos telemáticos con outros servizos externos coa autorización
expresa da familia do alumno.
Informes trimestrais de avaliación.
Reunións periódicas co centro de escolarización combinada
Debe informarse á familia e pedir a súa autorización e /ou /conformidade dos
pais alomenos nas seguintes situacións:
-O seu fillo/a vaia a recibir reforzo educativo e/ou apoio específico
-Proposta de ACI
-Cambio de modalidade de escolarización e/ou variacións na mesma.
-Flexibilización do período de escolarización.
-Solicitude de intervención do departamento de orientación do centro.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
-Solicitude de intervención do EOE
-Asistencia a apoios no centro cívico, UAMI....
Informarase tamén ás familias de que a Avaliación Psicopedagóxica que se
pode levar a cabo nalgún caso de interese, tan só constitúe un proceso de
recollida de información acerca das características individuais do alumno/a e
do seu contexto sociofamiliar e escolar que resulten relevante para axusta-
las respostas educativas ás súas necesidades, e realizase no caso de que a
familia amose por escrito a súa conformidade.
Cando se considere necesario ademais, realizar probas individuais
específicas, para elaborar unha proposta educativa para un alumno/a, a
familia será informada conxuntamente polo profesorado titor e a xefa do DO,
e amosará por escrito a súa conformidade.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
9.. PROTOCOLOS PARA SOLICITUDE E/OU AUTORIZACIÓN DAS
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS.
Cando un alumno/a precise de medidas extraordinarias de atención á
diversidade, sinaladas no punto 4 deste plan, o/a mestre-titor/a informará
á familia da necesidade das mesmas, podendo contar coa colaboración do
Departamento de Orientación, e se iniciarán as actuacións pertinentes
segundo o determinado na normativa vixente:
a- Adaptacións Curriculares individualizadas: orde do 6 de
Outubro de 1995 (DOG do 7 novembro 1995).
b- Grupos de adquisición de linguas (regulados pola orde 20
febreiro 2004, DOG 26 febreiro 2004).
c- Grupos de adaptación da competencia curricular (regulados
pola orde 20 febreiro 2004, DOG 26 febreiro 2004).
d- Medidas de flexibilización da duración do período de
escolarización obrigatoria segundo o disposto na Orde do 27 de
decembro de 2002 (DOG do 30 xaneiro 2003) para alumnado
con NEE; e na Orde do 28 de Outubro de 1996 (DOG 28
novembro 1996) para alumnado con altas capacidades.
e- Medida de escolarización combinada ou de cambio de
modalidade de escolarización.
A familia deberá manifestar por escrito a súa conformidade ou non coa
medida proposta, podendo do mesmo xeito facer constar aqueles feitos que
estime relevantes.
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
10.-PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO
PLAN.
- O seguimento e a avaliación de todos os elementos do plan constitúen un
proceso básico no axuste e na mellora da atención á diversidade.
-Este Plan de Atención a Diversidade é un documento flexible, aberto as
modificacións que xurdan, primeiro da Administración xa que estamos a
espera do Regulamento Orgánico de Centros e das circunstancias e accións
que poidan plantexarse.
- Este plan xeral de atención á diversidade será avaliado, a ser posible
trimestralmente, a nivel de ciclos, DO e CCP. Ao final de cada curso, de
acordo cos datos do proceso de seguimento e avaliación, a xefa do
departamento de orientación elaborará a correspondente memoria do plan
xeral de atención á diversidade, recollendo, de ser o caso, as pertinentes
propostas de mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do
departamento de orientación e, por conseguinte, á memoria anual do
centro.
Proceso de seguimento:
-Trimestralmente farase un seguimento do plan:
- Análise e avaliación nas reunións de ciclo e no DO.Cada
coordinador de ciclo exporá as súas conclusións referidas ás
distintas actuacións expostas no plan, a adecuación das
programación e recursos á diversidade do alumnado.
- Posta en común no DO e na Comisión de Coordinación
Pedagóxica.
- Elevación de conclusións e posibles modificacións ao Claustro
de profesores para o seu coñecemento, se procede.
O equipo directivo será o responsable do desenvolvemento,
seguimento e avaliación do plan xeral de atención á diversidade.
Protocolo para a avaliación do PAD:
Identificación e valoración das necesidades
o Grao de adecuación dos procedementos realizados para a
detección.
o Identificación de necesidades non previstas no PAD
o Propostas de mellora
Obxectivos do PAD
o Cumprimento
o Grao de adecuación
o Propostas de mellora
Medidas ordinarias de atención á diversidade:
o Cumprimento
o Grao de adecuación
o Propostas de mellora
Medidas extraordinarias de atención á diversidade:
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
o Cumprimento
o Grao de adecuación
o Propostas de mellora
Criterios para a organización e distribución dos recursos e a
aplicación das medidas propostas:
Autoavaliación dos profesionais en relación ás medidas deseñadas:
o Cumprimento
o Grao de adecuación
o Propostas de mellora
Mecanismos de coordinación e colaboración internos:
o Cumprimento
o Grao de adecuación
o Propostas de mellora
Canles de colaboración coas nais, pais ou titores legais do alumnado e
cos diferentes servizos externos ao centro.
o Cumprimento
o Grao de adecuación
o Propostas de mellora