12
1 XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA Meira, 7 de maio de 2019 ORGANIZA: ASOCIACIÓN EDUCATIVA TECNOGALICIA COLABORA: CONCELLO DE MEIRA

XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

1

XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

Meira, 7 de maio de 2019

ORGANIZA:

ASOCIACIÓN EDUCATIVA TECNOGALICIA

COLABORA:

CONCELLO DE MEIRA

Page 2: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

2

A XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

No ano 2007, a Asociación Educativa Tecnogalicia, coa financiación da

Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria e o Concello de

Pedrafita do Cebreiro, puxo en marcha a I Olimpíada Tecnolóxica: A Tecnoloxía no

Camiño, que se desenvolveu na fermosa aldea do Cebreiro. O obxectivo da mesma foi

propiciar a interacción entre centros educativos galegos de ámbitos urbanos e rurais,

empregando a Tecnoloxía e Innovación como enlace.

O éxito da primeira edición emprazounos, case de contado, á segunda, que se

desenvolveu no ano 2008 en San Román de Cervantes, co título de II Olimpíada

Tecnolóxica: Na procura do último urogalo. E como non hai dúas sen tres, realizamos a

III Olimpíada Tecnolóxica: O Tesouro do conde de Lemos no ano 2009 en Castro

Caldelas, desta vez financiada pola Consellaría de Educación e Ordenación

Universitaria xunto co Concello de Castro Caldelas. Logo veu a IV en Castroverde, a V

en Lugo, a VI en Seoane do Courel, a VII en Sarria, a VIII en Cervantes, a IX en

Castroverde, a X na localidade de Melide e a XI no Campus Terra (Lugo).

A Olimpíada Tecnolóxica é unha actividade que se consolida de ano en ano. A

XII Olimpíada Tecnolóxica, pretende tomar o relevo das anteriores para manter os

vínculos xerados entre os centros participantes e continuar relacionando o patrimonio

cultural e artístico galego coa Tecnoloxía.

1. PROPOSTA

Cando, no ano 2006, catro profesores de Tecnoloxía de Ensino Secundario (do

CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, do CPI de Cervantes, do IES Leiras

Pulpeiro de Lugo e do CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas) imaxinamos por

en marcha a I Olimpíada Tecnolóxica non pensabamos estar por undécima vez no

mesmo proxecto.

A I Olimpíada Tecnolóxica, celebrada no Cebreiro, foi unha especie de

experiencia piloto. Participaron unicamente alumnos dos centros organizadores; 120 en

total máis os 20 profesores de apoio que colaboraron na actividade. Ao primeiro

enfocamos o proxecto cara á realización de actividades educativas nas que participasen

Page 3: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

3

alumnos e alumnas de varios centros. Pouco a pouco fomos explorando as posibilidades

que ofrecía a actividade en canto ao desenvolvemento de habilidades sociais no

alumnado (pertencente, nunha alta porcentaxe, a zonas illadas e economicamente

deprimidas), á difusión da área de Tecnoloxía fóra das paredes dos centros, ao

coñecemento por parte dos alumnos e alumnas dos espazos naturais galegos, á

interacción entre rapaces e rapazas urbanos e rurais, etc.

Descubrimos, ademais, moitas posibilidades curriculares da actividade, como a

de poder participar na mesma empregando as Tecnoloxías da información e da

comunicación (TIC). Elaboramos un sitio web da I Olimpíada como punto de encontro

dos participantes, nos que podían consultar as novas referentes á mesma.

A I Olimpíada recibiu o primeiro premio en Innovación Educativa da

Consellería de Educación no 2007.

Ao remate da I Olimpíada, animados pola boa acollida entre os nosos

compañeiros e compañeiras e os alumnos e alumnas, puxémonos mans á obra para

organizar unha nova edición ao ano seguinte. O proxecto foi un pouco máis ambicioso.

Participaron, ademais dos catro iniciais, dous centros máis: o CPI de Castroverde e o

CPI de Seoane de Caurel; melloramos o sitio web da actividade e adaptamos os

contidos ao novo currículo da ESO. A II Olimpíada Tecnolóxica desenvolveuse na súa

fase virtual ao longo dos meses de xaneiro a maio, e rematou o 22 de maio en San

Román de Cervantes coa xuntanza dos 120 alumnos e profesores axudantes dos seis

centros. Referíndose ao emprazamento, no mesmo corazón da Serra dos Ancares, a II

Olimpíada tivo coma segundo título “Na procura do último urogalo”.

Page 4: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

4

Proba de 2º ESO da II Olimpíada Tecnolóxica (San Román de Cervantes) situada nunha

palloza

Os mesmos seis centros da 2º edición volvéronse a xuntar, esta vez en Castro

Caldelas (Ourense) para celebrar a III Olimpíada Tecnolóxica, baixo o lema “O

Tesouro do conde de Lemos”. Nesa ocasión o fío condutor da olimpíada foi o período

medieval e o centro histórico da vila engalanouse como outrora para acoller a 120

alumnos participantes, 20 alumnos colaboradores e 30 profesores, o que supuxo un

récord de participación.

Proba de 3º ESO da IX Olimpíada Tecnolóxica (Castroverde) situada nos postos da

Feira

Page 5: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

5

Proba de 4º ESO da X Olimpíada Tecnolóxica (Melide ) situada no Museo

Actualmente, a cita no mes de maio en Meira dos alumnos e profesores do CPI

de Cervantes, IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), IES Leiras Pulpeiro

(Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de

Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto. A actividade que,

fai doce anos, arrancou dende un grupo de catro profesores, segue medrando. Hai preto

de 110 alumnos e alumnas que queren vivir esta experiencia, outros moitos e moitas que

desexan ser seleccionados para participar e todos eles brindan a súa axuda para

organizala.

2. OBXECTIVOS A ACADAR

Todos os proxectos educativos nacen coa idea de mellorar a práctica docente

repercutindo directa ou indirectamente en toda a comunidade educativa.

Con respecto aos alumnos e alumnas pretendemos:

- Desenvolver a capacidade de interaccionar co medio físico de xeito

responsable e saudable.

Page 6: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

6

- Presentar problemas tecnolóxicos que contribúan a desenvolver a

autonomía e iniciativa persoal.

- Fomentar o emprego e valoración da Tecnoloxía como ferramenta de

traballo, vehículo de divertimento e como obxecto de estudo en si

mesma.

- Afianzar habilidades sociais.

- Facer fincapé na riqueza do patrimonio cultural e lingüístico galego,

achegando aos rapaces e rapazas as circunstancias de vida doutros

adolescentes.

Para acadar estes obxectivos xerais, marcámonos unha serie de obxectivos específicos:

- Empregar os coñecementos adquiridos na aula para enfrontarse a

situacións reais fóra da mesma.

- Desenvolver a curiosidade polos sistemas técnicos.

- Analizar obxectos e sistemas técnicos. Recoñecer as partes dos mesmos

e función que realizan no conxunto do sistema.

- Traballar con creatividade e autonomía dentro do grupo para resolver

problemas tecnolóxicos.

- Actuar con tolerancia, respecto e colaboración cara aos compañeiros do

grupo ao que pertencen e aos outros participantes.

- Adquirir soltura no manexo das aplicacións informáticas para extraer,

xestionar, compartir ou publicar a información.

Con respecto a outros membros da comunidade educativa pretendemos:

- Compartir experiencias docentes entre centros.

- Aproveitar os recursos didácticos das vilas nas que se emprazan os

centros participantes.

- Dar a coñecer os recantos e tradicións das vilas dos alumnos e alumnas

participantes.

- Fomentar a participación de todos os membros da comunidade

educativa no proceso de ensino-aprendizaxe dos alumnos e alumnas.

Page 7: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

7

3. TEMPORALIZACIÓN E ESPAZOS

A Olimpíada Tecnolóxica divídese en dúas partes:

Unha fase virtual, entre os meses de marzo e maio.

Durante este período de tempo os alumnos e alumnas realizan un primeiro

contacto a través da rede. Constitúense os grupos de traballo intercentros, os rapaces e

rapazas rexístranse na páxina web (tecnogalicia.blogspot.com) e comezan a resolver os

problemas tecnolóxicos que se lles propoñen cada mes.

A constitución dos grupos é un aspecto decisivo para o correcto

desenvolvemento da actividade. Os criterios seguidos para a elección dos membros é:

- Agruparanse alumnos e alumnas do mesmo curso de ESO. Formaranse, polo

tanto, 6 grupos de 2º, 6 de 3º e 6 de 4º de ESO.

- Ningún grupo estará formado só por alumnos ou só por alumnas.

- Deberán estar formados, polo menos, por un alumno ou alumna de cada centro.

Así pois, cada grupo contará con 7 integrantes.

- Buscarase, na medida do posible, o equilibrio en canto a capacidades

académicas entre membros.

Unha fase presencial, o 7 de maio

Como remate, os diferentes grupos de alumnos e alumnas realizarán unha serie

de probas relacionadas co currículo de cada nivel educativo, situadas en diferentes

recantos da vila meirega.

A actividade completarase cun xantar de confraternización e outras actividades

lúdicas para intercambiar experiencias e opinións.

O programa da fase presencial é o seguinte:

11:00-11:40 Recepción de participantes. Entrega de material

11:40-12:00 1ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica

12:00-12:20 2ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica

Page 8: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

8

12:20-12:50 Descanso - pequena merenda (Cabanón da feira)

12:50-13:10 3ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica

13:10-13:30 4ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica

13:30-13:50 5ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica

13:50-14:10 6ª Proba da Olimpíada Tecnolóxica

14:10-15:00 Xantar (Cabanón da feira)

15:00-16:00 Ruta de sendeirismo (Igrexa de Meira-Lagoa de Fonmiñá,

3,5 km)

16:00-16:30 Visita ao Pedregal de Irimia (nacemento do río Miño) e

regreso á Casa da cultura (autobús)

16:30-17:15 Teatro escolar (Casa da cultura)

17:15-17:45 Entrega de premios (Casa da cultura)

17:45-18:00 Despedida

Nesta fase presencial participarán 110 alumnos e alumnas máis o profesorado

colaborador (aproximadamente 35), correspondentes aos centros:

- IES Pedregal de Irimia (Meira)

- CPI de Castroverde (Castroverde)

- CPI de Cervantes (Cervantes)

- IES Leiras Pulpeiro (Lugo)

- CPI poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel)

- CPI San Tomé de Carballo (Taboada).

- IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa).

No seguinte plano aparece o emprazamento das actividades da mañá:

Page 9: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

9

R RECEPCIÓN. Cabanón da feira: porche exterior-leste

P1 Casa do concello: sala de xuntas (primeiro andar)

P2 Casa do concello: sala de plenos (primeiro andar)

P3 Casa do concello: soportais praza

P4 Cabanón da feira: porche exterior-oeste

P5 Igrexa: entrada principal

P6 Igrexa: entrada lateral-norte

A APERITIVO. Cabanón da feira: interior

X XANTAR. Cabanón da feira: interior

A continuación sinalamos o percorrido da ruta de sendeirismo a realizar pola tarde (3,5

km. Dificultade baixa):

P1

P5 P6

X A

P3

R

P4

P2

Page 10: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

10

Page 11: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

11

ANEXO I: CARTEL ANUNCIADOR

Deseño: Vitoria Quiroga Labrada

Page 12: XII OLIMPÍADA TECNOLÓXICA · (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde, CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira) é un novo reto

12

ANEXO II: CAMISETAS

Deseño: Vitoria Quiroga Labrada