44
Plan de Acción Titorial (PAT) ESO e BACHARELATO IES LUÍS SEOANE PONTEVEDRA, NOVEMBRO 2016

Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

  • Upload
    others

  • View
    11

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Plan de Acción Titorial (PAT)

ESO e BACHARELATO

IES LUÍS SEOANE

PONTEVEDRA, NOVEMBRO 2016

Page 2: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Índice

1. Introdución ……………………………………………………………………………………………………………. 3

2. Marco teórico e lexislativo ......................................................................................... 3

3. Contextualización …………………………………………………………………………………………………… 43.1. Entorno xeográfico, socioeconómico e cultural ........................................ 43.2. Características do centro: oferta educativa ............................................... 5

4. Finalidade da acción titorial …………………………………………………………………………………… 5

5. Obxectivos xerais da acción titorial ………………………………………………………………………… 65.1. Previo á matricula do alumnado …………………………….................................. 65.2. Durante a estancia no instituto ……………………………………........................… 65.3. Ao remate dos estudos ….………………………………..…………..........................… 7

6. Funcións e responsabilidade na acción titorial……………………………………..………………... 7 6.1. Funcións dos titores.................................................................................... 7

6.2. Funcións da Xefatura de Estudos ............................................................. 10 6.3. Funcións do Departamento de Orientación............................................. 11 6.4. Responsabilidade de todo o profesorado na Acción Titorial.................... 11

7. Actuacións ao longo do curso ................................................................................... 12 7.1. Actuacións previas ao inicio do curso....................................................... 12 7.2. Actuacións durante o curso...................................................................... 137.3. Actuacións ao remate do curso ............................................................... 18

8. Ámbitos da acción titorial na ESO............................................................................. 188.1. A coordinación do equipo docente ......................................................... 18 8.2. A atención individual ao alumnado ......................................................... 18 8.3. A comunicación coas familias .................................................................. 198.4. A acción titorial co grupo de alumnos/as ................................................ 19 8.4.1. Contidos da titoría co alumnado ................................................... 19 8.4.2. Actividades e actuacións ................................................................ 20 8.4.3. Liñas prioritarias de actuación en cada curso …………..................... 24

9. Liñas prioritarias de actuación en Bacharelato ......................................................... 26

10. Coordinación na acción titorial ............................................................................... 26

11. Avaliación do plan de actuación titorial .................................................................. 27

P á g i n a 2 | 27

Page 3: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

12. Anexo: Modelos....................................................................................................... 28

1. IntroduciónO plan de acción titorial (PAT) é o marco no que se especifican os criterios e procedementos para a organización e funcionamento das titorías, establecendo as actuacións a realizar e aportando os documentos precisos para levalas a cabo. O PAT constitúe, tamén, a previsión das actividades que van desenvolver, de formacoordinada e sistemática, os docentes dun centro en xeral e os titores/as en particular con respecto á orientación dos seus alumnos/as. Forma parte do Proxecto Educativo do Centro, nel, concrétanse as actuacións que sevan realizar cos distintos colectivos relacionados co grupo que se titoriza: Alumnado,Familias e Equipo Docente.Ao mesmo tempo, a titoría é o espazo e o tempo no que se facilita ao titor/a o coñecemento de cada un dos seus alumnos/as, individualmente considerados e tamén como grupo, para poder intervir axudándolles no seu proceso de crecemento persoal e social.

2. Marco teórico e lexislativo♦ Texto refundido LOE-LOMCE:

Capítulo III: Educación Secundaria Obrigatoria. Capítulo IV: Bacharelato. Disposición adicional vixésimo terceira: Datos persoais do alumnado. Disposición final Primeira: Dereitos e deberes dos pais/nais/titores legais

e do alumnado.♦ Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

artigo 20 está adicado á Titoría e Orientación. ♦ Decreto 324/1996 do 26 de xullo polo que se establece o regulamento orgánico dos institutos de Galicia; nos artigos 58 e 59, faise referencia á titoría e á orientación.♦ Orde 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 do 26 de xullo polo que se establece o regulamento orgánico dosinstitutos de Galicia; nos artigos do 63 ao 68, faise referencia á titoría.♦ Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificacióncurricular na educación secundaria obrigatoria (DOG do 21/08/2007).♦ Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 7 está adicado ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Capítulo III, adicado á Orientación e á Atención á Diversidade: Artigo 16, adicado á Titoría e Orientación. Artigo 17, adicado a medidas organizativas e curriculares para a

atención á diversidade e a organización flexible das ensinanzas. Artigo 18, adicado á integración de materias en áreas de

coñecemento.

P á g i n a 3 | 27

Page 4: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Artigo 19, adicado a alumnado que se incorpora de forma tardía ao sistema educativo.

Artigo 20, adicado ao Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento.

♦ Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Contextualización3.1. ENTORNO XEOGRÁFICO, SOCIOECONÓMICO E CULTURAL. No ano 1994, coincidindo coa dedicatoria do día das Letras Galegas a Luís Seoane, o instituto adopta este nome por considerar que o espírito de modernidade e compromiso social deste artista e escritor galego reflicte o que o instituto quere ser. Procede dun desdobramento, no ano 1987, do antigo Instituto Politécnico de Pontevedra, chamándose naquel primeiro momento Instituto de Formación Profesional de Monte Porreiro polos únicos estudos que ofrecía (rama administrativa de F.P.) e polo barrio no que está situado.

A. ENTORNO XEOGRÁFICO E SOCIOECONÓMICOMonte Porreiro é unha urbanización recente, situada ao leste do núcleo urbano da cidade de Pontevedra (centro xeográfico e capital da Provincia e das Rías Baixas), da que dista 3km. Como datos máis relevantes da súa poboación debemos subliñar que esta é máis nova que a media do municipio; dentro da súa diversidade social, ten relevancia a presenza de habitantes de etnia xitana.O grupo ISEC (Índice Socioeconómico e Cultural no que se atopa o Centro) está catalogado de baixo.

B. SITUACIÓN CULTURAL Os equipamentos cos que conta na actualidade son: un centro de Educación Infantil 0-3 (Galiña Azul), unha escola de Educación Infantil (EEI Fina Casalderrey), un centro de Educación Primaria (CEP Marcos da Portela), adscrito a este Instituto, o centro asociado da UNED e un Centro Cultural, dentro do cal hai espazo habilitado para unha Escola Taller. En canto a equipamentos deportivos, conta cun pavillón multiúsos, un campo de herba sintética de fútbol-rugby e un campo privado de fútbol-sala. A urbanización tamén conta cun Centro de Saúde de atención primaria.Ademais, debido á implicación veciñal, existen as seguintes asociacións preocupadas pola mellora do barrio en xeral: AA.VV. “El mirador”, Asociación Cultural “La mimosa”, Sociedade deportiva Monte Porreiro, Club de tenis de mesa, Asociación Promoción Xitana e Cáritas Parroquial. Non podemos esquecer que, dada a súa proximidade á cidade de Pontevedra, ten acceso a outras ofertas como: Museo de Pontevedra, Teatro Principal, Pazo de Congresos e Exposicións, Arquivo municipal, Biblioteca Pública, Conservatorio de música, etc.

P á g i n a 4 | 27

Page 5: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

3.2.- CARACTERÍSTICAS DO CENTRO: OFERTA EDUCATIVANo IES Luís Seoane impártense as seguintes Etapas do sistema educativo:• Educación Secundaria Obrigatoria.• Bacharelato nas modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e de Ciencias.• Formación Profesional:Na familia de Administración e Xestión:- Réxime ordinario:

o C.S de Administración e Finanzas. o C.S. de Asistencia á Dirección.o C.M de Xestión Administrativa.

- Réxime adultos:o Modalidade presencial:

C.S de Administración e Finanzas. C.M de Xestión Administrativa.

o Modalidade distancia: C.M de Xestión Administrativa.

Na familia de Comercio e Marketing en réxime ordinario:o C.S. Comercio Internacional.o C.S. Xestión de Ventas e Espazos Comerciais.o C.M. Actividades Comerciais.o Ciclo Básico de Servizos Comerciais.

(Os ciclos de Formación Profesional teñen o seu plan titorial específico).

4. Finalidade da acción titorial

A titoría e a orientación teñen como fins fundamentais: 1. Favorecer a educación integral dos alumnos e alumnas como persoas. 2. Potenciar unha educación o máis personalizada posible, tendo en conta as necesidades de cada alumno/a. 3. Manter a cooperación educativa coas familias.

Para avanzar na consecución destes fins contamos con ferramentas como: 1. O traballo do profesor titor. 2. A actuación coordinada do equipo de profesores/as. 3. O apoio do Departamento de Orientación. 4. A función orientadora de cada un dos profesores/as. 5. As actuacións do Equipo Directivo en xeral e da Xefatura de Estudos en particular. 6. A cooperación dos país e nais.7. A cooperación dos Delegados/as de cada grupo.

P á g i n a 5 | 27

Page 6: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

5. Obxectivos xerais da acción titorial En consonancia coas directrices da administración educativa, a acción titorial terá os seguintes obxectivos xerais:

5.1 Previos ao inicio do curso: Ofrecer información sobre os estudos de ESO e Bacharelato que se imparten no

instituto e levar a cabo as actuacións de acollida dos futuros estudantes.

5.2 Durante o curso:

Favorecer a integración do alumnado no seu grupo e no instituto e promover un clima de convivencia, tolerancia e colaboración.

Colaborar na consecución dun mellor ambiente de traballo, disciplina e puntualidade no grupo.

Obter e seleccionar datos e información sobre o alumnado individual e colectivamente para poñelo a disposición –cando sexa de utilidade- do resto do profesorado.

Axudar e orientar o alumnado sobre o seu rendemento académico, colaborando na ensinanza de hábitos e actitudes positivas para o estudo e de técnicas de traballo intelectual.

Facilitar o desenvolvemento harmónico das programacións do profesorado do grupo, a través da coordinación dos procesos de avaliación e da adopción de medidas educativas para dar resposta ás necesidades detectadas.

Contribuír á individualización da educación, facilitando unha resposta educativa axustada ás necesidades particulares do alumnado, articulando as oportunas medidas de apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Contribuír ao carácter integral da educación favorecendo o desenvolvemento de todos os aspectos da persoa: cognitivos, afectivos e sociais.

Resaltar os aspectos orientadores da educación, favorecendo a adquisición de aprendizaxes funcionais conectados co entorno, de modo que a educación sexa “educación para a vida”.

Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e sistema de valores e de toma de decisións respecto ao futuro académico e profesional.

Contribuír á adquisición da Competencia Social e Cidadá do alumnado.

Previr as dificultades de aprendizaxe, anticipándose a elas e evitando, no posible, fenómenos indesexables como os do abandono, o fracaso ou a inadaptación escolar.

P á g i n a 6 | 27

Page 7: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Favorecer a adecuada relación e interacción entre os distintos integrantes da comunidade educativa: profesorado, alumnado, familias e titores legais, así como entre a comunidade educativa e o entorno social, facilitando o diálogo e a negociación ante os conflitos ou problemas que poidan xurdir.

5.3 Ao remate do curso:

Facilitar información sobre as distintas opcións académicas e profesionais, que ten o alumnado e emitir o Consello Orientador ao final de cada curso da ESO.

6. Funcións e responsabilidade na acción titorial

6.1 Funcións dos profesores titores As funcións dos profesores titores veñen establecidas polo artigo 59 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09-08-96), polo que se aproba o Regulamento Orgánico dos institutos de Educación Secundaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 1. Cada profesor titor, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, cando menos, as seguintes funcións:a) Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do Xefe/a de Estudos e en colaboración co Departamento de Orientación.b) Proporcionarlles no principio de curso, ao alumnado e aos pais e nais, información documental ou, no seu defecto, indicarlles onde poden consultar todo o referente ao calendario escolar, horarios, horas de titoría...c) Coñecer as características persoais de cada alumno e alumna a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento.d) Coñecer os aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno e alumna.e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado para detectar dificultades e necesidades educativas especiais, co obxecto de buscar as respostas educativas máis adecuadas e solicitar os oportunos asesoramentos e apoios.f) Coordinar as adaptacións curriculares necesarias para alumnos e alumnas do seu grupo.g) Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomentar a súa participación nas actividades do centro.h) Orientar o alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.i) Informar o equipo de profesores do grupo de alumnos e alumnas das súas características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos.j) Coordinar o axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos e alumnas.k) Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu grupo.l) Favorecer o proceso de maduración vocacional orientando e asesorando o alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais.

P á g i n a 7 | 27

Page 8: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

m) Colaborar co Departamento de Orientación do instituto nos termos que estableza a Xefatura de Estudos.n) Colaborar cos demais titores e co Departamento de Orientación no marco dos proxectos educativo e curricular do centro.ñ) Orientar as demandas e inquedanzas do alumnado e mediar, en colaboración co delegado/a do grupo, ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo, nosproblemas que se presenten.o) Informar o alumnado do grupo, os pais e nais e o profesorado de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico.p) Facilitar a cooperación educativa entre o profesorado e os pais e nais dos alumnos e alumnas.q) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os membros do equipo docente.r) Cubrir os documentos oficiais relativos ao seu grupo de alumnado.s) Controlar a falta de asistencia ou puntualidade do alumnado, e ter informados os pais e nais ou titores e o Xefe/a de Estudos.t) Implicar as familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos.u) Atender, xunto co resto de profesorado, os alumnos e alumnas mentres estes permanecen no centro nos períodos de lecer.

Estas funcións concrétanse no noso centro nas seguintes FUNCIÓNS ESPECÍFICAS:

Respecto ao alumnado: a) Proporcionar, ao principio de curso, información documental ou, no seu defecto, indicar onde se pode consultar todo o referente ao calendario escolar, horarios, horas de titoría... b) Informar sobre materias pendentes, criterios de promoción e de titulación... c) Coñecer os problemas e situacións de cada alumno/a como persoa individual. A cada titor entregaráselle unha carpeta de titoría con datos de cada alumno/a que deberá custodiar e completar coa información que vaia recollendo (cuestionario inicial, rexistro de entrevistas coas familias, incidencias …) d) Atender os problemas relacionados con falta de motivación ante o estudo, dificultade de relación e integración, crises madurativas, problemática familiar … e) Contribuír á personalización dos procesos de ensino e aprendizaxe. f) Orientar o alumno/a en canto á organización do estudo e técnicas de traballo intelectual en colaboración co Departamento de Orientación. g) Informar os alumnos/as puntualmente dos seus resultados académicos. h) Orientalos/as académica e profesionalmente en colaboración co Departamento de Orientación.i) Detectar posibles necesidades de apoio educativo do alumnado.j) Coordinar e realizar o seguimento das medidas de atención á diversidade que se vaian aplicando en colaboración co Departamento de Orientación.k) Cumprimentar os documentos administrativos relativos a cada alumno/a. l) Controlar as faltas e incidencias do alumnado segundo o modelo establecido.

P á g i n a 8 | 27

Page 9: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

ll) Controlar as actuacións contrarias ás normas de convivencia e actuar de forma conxunta coa Xefatura de Estudos e Orientación para corrixilas. Respecto ao grupo:a) Coñecer a dinámica interna do grupo e contribuír á súa creación e cohesión. b) Organizar actividades de acollida. c) Na ESO, desenvolver as actividades propostas para o grupo, na sesión semanal de titoría, recollidas no Plan de Acción Titorial. d) Animar e fomentar actividades que promovan a súa madurez como persoas que posibiliten o seu achegamento á cultura entendida de forma global. e) Colaborar co grupo na preparación de viaxes, saídas e actividades extraescolares. f) Informar o grupo sobre os recursos e actividades que poidan ser do seu interese. g) Informar o grupo sobre a estrutura e normativa do centro, potenciando a súa participación na organización da vida escolar. h) Contribuír, a través da coordinación co profesorado e coas xuntas de avaliación, a unha acertada valoración do rendemento escolar do alumnado. i) Realizar unha análise do grupo en colaboración co equipo de profesores/as (especialmente se xorden conflitos) e propoñer solucións adecuadas. j) Orientar o grupo no tocante a dificultades de organización e técnicas de estudo.

Respecto á familia e aos titores legais:a) Orientar os pais/nais/titores legais sobre o momento evolutivo que vive o alumno/a e a forma de abordar os posibles problemas, colaborando co Departamento de Orientación. b) Contribuír ao establecemento de relacións fluídas que faciliten a cooperación entre o centro, a familia e os representantes legais do alumnado. c) Realizar unha reunión informativa con todos os pais/nais/titores legais do alumnado de 1º de ESO e cos dos grupos que os titores/as o consideren oportuno, ao inicio do curso (durante o mes de outubro), na que se tratarán os seguintes puntos: - Horario de atención a pais/nais, horario do grupo, membros do equipo docente, membros do equipo directivo, promoción, materias pendentes... d) No resto de cursos, informar sobre o horario de atención a pais/nais/titores legais de todo o profesorado.e) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións do claustro ou da xunta de avaliación, etc. g) Informar a familia e os titores legais sobre a situación académica do alumno/a e orientalo sobre as posibles opcións cara o futuro, colaborando co Departamento de Orientación. h) Informar sobre as faltas de asistencia, incidentes, apercibimentos ou sancións. O procedemento para comunicar as faltas de asistencia será o seguinte:

1. Comprobación da asistencia de forma semanal: faltas rexistradas polo profesorado directamente en XADE e faltas rexistradas nos partes polo profesorado de garda.

P á g i n a 9 | 27

Page 10: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

2. Envío, por parte do profesor titor, da correspondente comunicacións aos pais e/ou nais ou titores/as legais relativa ás faltas de asistencia: cada semana, no caso do alumnado escolarizado na ESO; cada quince días como máximo, no caso do alumnado de bacharelato. Os alumnos/as deberán entregar ao profesorado titor o xustificante que exprese os motivos da súa ausencia no prazo de tres días. A aceptación dos xustificantes así como a súa validez corresponderalle o/a titor/a. No caso de que existiran dúbidas ou discrepancias será á Xefatura de Estudos quen decida.

3. Os pais/nais do alumnado menor de idade con polo menos cinco faltas de asistencia-puntualidade sen xustificar, serán citados para que as xustifiquen presencialmente:

a. Na hora de titoría.

b. Acudindo ao centro no horario de 09:00h a 22:00h, para asinar en conserxería, con identificación mediante D.N.I.

(No suposto de que non sexa posible a comunicación polo procedemento anterior, ou non asistan á cita concertada, na semana seguinte enviaranse as faltas actualizadas por correo certificado con acuse de recibo, debendo quedar constancia de tal feito (copia do listado de faltas e xustificante do acuse) no expediente do alumnado e no rexistro do centro).

i) Informar sobre a apertura de expedientes de absentismo escolar.j) Pedir información sobre o/a alumno/a co fin de coñecer mellor as súas circunstancias para poder orientalo/a.

Respecto ao Centro:a) Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu grupo. b) Actuar como coordinador do grupo de profesores para adecuar ao seu grupo os obxectivos do ciclo ou curso e avaliar a súa adquisición. c) Participar nas reunións de coordinación co resto dos titores para programar e avaliar as actividades das titorías. d) Levar á Xunta de Avaliación as opinións e dificultades do grupo, propoñendo obxectivos concretos e comúns que serán revisados na seguinte sesión. e) Transmitir durante todo o curso a información que poida resultarlle útil ao resto de profesorado que, á súa vez, lle entregará información detallada. f) Colaborar dentro do Centro nas actividades conxuntas que se programen contribuíndo a crear un clima adecuado para a maduración do alumnado.

6.2 Funcións da Xefatura de Estudos a) Supervisar a elaboración do PAT e realizar propostas de revisión e mellora sobre o mesmo. b) Convocar, coordinar e moderar as reunións de titores.

P á g i n a 10 | 27

Page 11: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

c) Asegurar a planificación das sesións de titoría nos distintos grupos. d) Supervisar o correcto desenvolvemento do plan previsto mediante o seu seguimento nas reunións de titores. e) Recoller en acta os acordos acadados nas sesións de avaliación e verificar que estea asinada por todo o profesorado do grupo.f) Realizar as modificacións necesarias no XADE para corrixir os erros e/ou omisións detectadas nas sesións de avaliación.g) Garantir un clima de convivencia axeitado, aplicando o establecido no Plan de Convivencia e nas NOF.

6.3 Funcións do Departamento de Orientación 1. Concretar o Plan de Acción Titorial para o curso, que deberá aprobar o Claustro, recollendo as aportacións dos titores. 2. Facilitar os recursos de apoio necesarios para a realización das actividades programadas polos titores. 3. Participar no seguimento e na avaliación do PAT; elevar á Xefatura de Estudos unha memoria sobre o seu funcionamento ao final do curso. 4. Colaborar cos titores na elaboración do Consello Orientador. 5. Colaborar cos titores na prevención, detección e valoración de problemas de aprendizaxe dos alumnos/as e doutros problemas que poidan afectar ao desenvolvemento do alumnado. 6. Asesorar e colaborar na aplicación das medidas recollidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade.7. Asesorar e colaborar na aplicación das medidas recollidas no Plan de Acollida.8. Asesorar en temas relacionados coa convivencia e intervir nos casos en que o demanden os titores/as e/ou Xefatura de Estudos.9. Asesorar na toma de decisións na avaliación do alumnado.10. Coordinar a intervención dos axentes externos que participen nas actividades de orientación do centro. 11. Coordinar e asesorar na planificación das sesións de titoría dos distintos grupos e intervir directamente no desenvolvemento do Plan de Orientación Académico Profesional. 12. Realizar o seguimento individualizado de cada alumno e custodiar a información nas carpetas de orientación de cada curso, nas que figurará, a xeito individual e polo menos a seguinte información:

a. Entrevistas coas familias e cos titores legais, informe do centro anterior, resultado das probas colectivas, información recollida en todas as sesións de avaliación, historia escolar, elección de optativas …

b. Do alumnado con necesidades de apoio específico, custodiaranse os informes psicopedagóxicos, os DIAC...

13. Preparar as carpetas de titoría coa recompilación dos datos do alumnado para entregar a cada titor ao empezar o curso. Esta tarefa farase conxuntamente coa Xefatura de Estudos. 14. Asesorar os titores sobre reunións, entrevistas coas familias e acompañalos cando sexa necesario.

P á g i n a 11 | 27

Page 12: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

15. Participar na reunión informativa de principio de curso. 16. Estudar a posibilidade de aplicación dalgún programa específico: charlas de orientación académica, programa de habilidades sociais,…

6.4 Responsabilidade de todo o profesorado na acción titorial Todo o profesorado, nalgunha medida, contribúe á acción titorial: 1. Tutelando o proceso de aprendizaxe de cada alumno/a na súa materia. 2. Atendendo as necesidades educativas específicas de cada alumno/a na súa materia. 3. Atendendo a formación integral do alumno/a máis alá da mera instrución en coñecementos sobre súa materia. 4. Preocupándose polas circunstancias persoais de cada alumno/a. 5. Apoiando o alumnado na toma de decisións sobre o seu futuro. 6. Facilitando que todos os alumnos/as estean integrados no grupo 7. Coordinándose co titor e aportándolle información e apoio. 8. Favorecendo a autoestima do seu alumnado. 9. Orientando o seu alumnado sobre a mellor maneira de estudar a súa materia. 10. Atendendo as demandas e suxestións do alumnado. 11. Buscando a colaboración do resto do profesorado para axudar o alumnado. 12. Pasando lista en todas as aulas, reflectindo no parte ou na aplicación do XADE as faltas de asistencia:

1. Cando o alumnado que falta teña unha excursión programada, o profesorado encargado da actividade debe comunicarllo ao/á titor/a do grupo persoalmente ou anotándoo no listado de alumnos que non participan, que está no taboleiro de actividades extraescolares. Cando un profesor/a detecte que falta un alumno/a nunha actividade debe comunicalo antes de saír.

2. Cando falte un profesor/a, o profesorado de garda pedirá o parte en conserxería, pasará lista e devolverao á Conserxería. Os conserxes depositarán eses partes semanalmente na carpeta do titor/a.

3. Cando, pola razón que sexa, non se poida pasar a falta no momento da clase, é responsabilidade de cada profesor/a rexistrala o antes posible.

13. Comunicando as faltas de orde ou comportamento ao titor.

7. Actuacións ao longo do curso7.1 Actuacións previas ao inicio do curso

Actuación: actividades de acollida dirixidas ao alumnado de 6º de Educación Primaria do CEP Marcos da Portela.

Responsable: Orientador/a e Xefatura de Estudos.o Presentación do noso centro ao alumnado do CEP Marcos da Portela,

antes da reserva de praza.

P á g i n a 12 | 27

Page 13: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

o Xornada de portas abertas para titores, familias, titores legais e alumnado que se vai incorporar ao Centro.

o Coordinación entre os departamentos de orientación dos dous Centros para establecer as medidas necesarias para garantir o seguimento na atención que se presta ás necesidades específicas de apoio educativo do alumnado.

o Xuntanza entre os orientadores/as de ambos os dous centros, para un mellor coñecemento do alumnado.

Actuación: información a futuros alumnos/as.

Responsable: Orientador/a e Xefatura de Estudos.

O/A Orientador/a e a Xefatura de Estudos, informa sobre os estudos de ESO e Bacharelato que se imparten no instituto e realiza accións de difusión destes estudos no ámbito xeográfico de influencia. Estas accións comprenden:

o Información xeral sobre a ESO e os Bacharelatos ofertados polo Centro.

o Información sobre axudas aos estudos (becas e outros).

7.2 Durante o curso

Actuación: coordinación de titores.

Responsable: Xefatura de Estudos e Orientador/a.

Documentación: carpeta do titor/a.

Preparación da carpeta do titor/a e convocatoria de reunión dos titores de ESO e Bacharelato para establecer as pautas a seguir na titoría. A carpeta do titor/a debe conter, cando menos:

o Copia do Plan de Acción Titorial.

o Horario do curso, con relación de materias e profesores que as imparten.

o Calendario escolar, indicando as datas previstas de avaliación.

o Resumo das normas de convivencia recollidas nas NOF.

o Procedemento de xustificación de faltas de asistencia.

o Normativa sobre criterios de avaliación, promoción e titulación.

Actuación: acollida alumnado.

Responsable: titor/a.

Documentación: Plan de Acollida.

P á g i n a 13 | 27

Page 14: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Na sesión de acollida no primeiro día de clase o titor/a realizará as seguintes accións:

o Presentación do titor/a.

o Entrega do horario do grupo, indicando materias e profesores.

o Entrega do calendario escolar, con indicación das datas previstas de avaliación.

o Información xeral sobre o desenvolvemento do curso escolar (normas de convivencia, xustificación de faltas,...).

o Información sobre criterios de promoción e titulación.

o Comprobación da corrección dos datos persoais e académicos do alumnado; toma de datos relevantes para a avaliación inicial do curso.

o Visita guiada polas instalacións do instituto nos cursos de nova incorporación ao instituto e se non se realizou con anterioridade.

o Realización das actividades recollidas no Plan de Acollida dirixidas ao alumnado de incorporación tardía e procedente do estranxeiro.

Actuación: presentación do profesor/a (primeiro día de clase).

Responsable: profesor/a de cada materia.

Documentación: resumo da programación da materia para o alumnado.

Na primeira sesión de clase, cada profesor/a debe informar o alumnado de todo o relativo á materia que imparte. Nesta sesión o profesor/a:

o Presentarase ao alumnado.

o Indicará os obxectivos e contidos da materia.

o Informará sobre os criterios de avaliación e cualificación que aplicará e que quedarán a disposición do alumnado, ben na aula ou na páxina web do centro.

Actuación: Avaliación Inicial.

Responsable: Xefatura de Estudos, Titor/a, Orientador/a e profesorado do grupo.

Documentación: Acta de Avaliación Inicial.

A partir da convocatoria realizada pola Xefatura de Estudos, o titor/a presidirá a Avaliación Inicial do curso:

o O titor/a fará unha breve exposición do perfil do grupo a partir dos datos recollidos na aula e das entrevistas mantidas coas familias que facilita o Departamento de Orientación.

P á g i n a 14 | 27

Page 15: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

o En XADE, no apartado de Informes Previos da Avaliación Inicial, o Orientador/a reflectirá os datos máis relevantes do alumnado.

o O profesorado exporá os resultados da Avaliación Inicial do alumnado na súa materia.

o De ser necesario, e coas debidas xustificacións, adaptaranse as programacións ás necesidades educativas do alumnado do grupo.

o Determinarase se existe alumnado con necesidades educativas especiais non detectadas anteriormente, e de ser o caso, estableceranse as medidas de atención á diversidade máis axeitadas.

o A Xefatura de Estudos recollerá en acta os acordos acadados e verificará que estea asinada por todo o profesorado do grupo.

Actuación: elección de delegado.

Responsable: Xefatura de Estudos e titor/a.

Documentación: Acta de elección de delegado (Anexo I).

A partir da convocatoria realizada pola Xefatura de Estudos, o titor/a realizará o proceso de elección de delegado. Neste proceso o titor/a:

o Informará o alumnado sobre os órganos de goberno e representación no instituto.

o Informará o alumnado das funcións do delegado e subdelegado e do funcionamento da Xunta de Delegados.

o Presidirá o proceso de elección.

o Levantará acta da elección que será entregada en Xefatura de Estudos.

Actuación: constitución da Xunta de Delegados.

Responsable: Xefatura de Estudos.

Documentación: Acta de constitución da Xunta de Delegados.

A partir da convocatoria realizada pola Xefatura de Estudos, reúnense os delegados/as de todos os grupos:

o Constituirase a Xunta de Delegados.

o Elixirase o/a representante da Xunta de Delegados.

Actuación: control do alumnado.

Responsable: profesorado.

Documentación: parte de aula de asistencia e aplicación XADE.

P á g i n a 15 | 27

Page 16: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Comunicación de falta de orde ao titor/a (Anexo II)

O profesorado pasará lista en todas as aulas nas que imparte docencia, reflectindo no parte ou na aplicación do XADE as faltas de asistencia; así mesmo, comunicará as faltas de orde ou comportamento ao titor.

Actuación: control e tramitación de incidencias.

Responsable: titor/a, ao longo do curso.

Documentación: modelos de falta de asistencia e de orde no XADE.

Modelo de comunicación de faltas aos pais/nais/titores legais

(XADE AL037)

Modelo de comunicación ás familias e aos titores legais das

condutas contrarias ás normas de convivencia (Anexo III)

Modelo de comunicación ás familias e aos titores legais das

medidas correctoras (Anexo IV)

No caso de alumnado menor de idade, o control de faltas de asistencia e de comportamento farase coas correspondentes notificacións ao alumnado, aos seus pais e nais ou aos titores legais; neste senso, o titor deberá:

o Facer o control de faltas de asistencia do alumnado:

Comprobará a asistencia de forma semanal das faltas rexistradas polo profesorado directamente en XADE e das faltas rexistradas nos partes polo profesorado de garda.

Enviará comunicacións aos pais e/ou nais ou titores/as legais das faltas de asistencia: cada semana no caso do alumnado escolarizado na ESO; cada quince días como máximo no caso do alumnado de bacharelato.

O alumnado deberá entregar ao titor o xustificante que exprese os motivos da súa ausencia, no prazo de tres días. A aceptación dos xustificantes así como a súa validez corresponderalle ao/á titor/a. No caso de existiren dúbidas ou discrepancias será a Xefatura de Estudos quen decida.

Os pais/nais do alumnado, menor de idade, con polo menos cinco faltas de asistencia-puntualidade sen xustificar, serán citados para que as xustifiquen presencialmente:

Na hora de titoría.

Acudindo ao centro no horario de 9:00 a 22:00, para asinar en conserxería, con identificación mediante D.N.I.

P á g i n a 16 | 27

Page 17: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

No suposto de que non sexa posible a comunicación polo procedemento anterior, ou non asistan á cita concertada, na semana seguinte enviaranse as faltas actualizadas por correo certificado con acuse de recibo, quedando constancia de tal feito (copia do listado de faltas e xustificante do acuse) no expediente do alumnado e no rexistro do cento.

o Recollerá e arquivará as xustificacións de faltas do alumnado e aceptará a xustificación cando sexa conforme ao establecido legalmente.

o Tramitará as faltas de comportamento en función da súa gravidade segundo se recolle nas NOF do instituto, comunicarao á Xefatura de Estudos e deixará constancia en XADE.

Actuación: información e resolución de conflitos.

Responsable: titor/a, ao logo do curso.

o Fomentará a participación dos alumnos/as nas actividades do instituto e mediará, en colaboración co delegado/a, ante o equipo docente e o equipo directivo nos problemas que se susciten.

o Informará sobre axudas ao estudo e sobre temas que poidan afectar ao alumnado da súa titoría.

Actuación: avaliacións.

Responsable: Xefatura de Estudos, Orientador/a, Titor/a e profesorado do grupo.

Documentación: Acta de avaliación.

Presidir as reunións de avaliación convocadas pola Xefatura de Estudos e realizar as seguintes funcións:

o Verificar que as cualificacións do alumnado estean debidamente cumprimentadas en XADE.

o Recoller e dar información sobre as características xerais do grupo e sobre as circunstancias académicas e persoais, con incidencia educativa, dos alumnos e alumnas do grupo

o Avaliar e axustar as medidas de atención á diversidade aplicadas ao alumnado.

o Asinar e entregar os boletíns coas cualificacións do alumnado do grupo así como transmitir, de forma global ou particular segundo o caso, os acordos ou peticións do equipo docente.

o Recoller os boletíns do alumnado, asinados polos pais/nais/ ou titores legais.

P á g i n a 17 | 27

Page 18: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

o A Xefatura de Estudos recollerá en acta os acordos acadados e verificará que estea asinada por todo o profesorado do grupo.

o A Xefatura de Estudos realizará posteriormente as modificacións necesarias en XADE encamiñadas a corrixir erros e/ou omisións.

Actuación: avaliacións finais.

Responsable: Titor/a.

Documentación: competencias, en XADE.

Na Avaliación Final, ademais de realizar as accións correspondentes ao resto das avaliacións, levaranse a cabo as seguintes funcións:

o Cubrir en XADE a información sobre Competencias, seguindo as instrucións facilitadas pola Xefatura de Estudos.

Despois da avaliación:

o Cubrir en XADE (os datos dos que haxa información) nos apartados:

Informe final

Atención á diversidade

Propostas de mellora

Observacións

Actuación: resolución de reclamacións.

Responsable: Xefatura de departamento.

Convocará o departamento para resolver reclamacións ás notas finais que afecten ás distintas áreas impartidas polo departamento.

7.3 Rematado o curso

Actuación: información.

Responsable: Titoría, Orientador/a e Xefatura de Estudos.

o Informa sobre as probas de acceso á Universidade.

o Informa e orienta sobre saídas profesionais e académicas.

o Consello Orientador.

8. Ámbitos da acción titorial na ESOA acción titorial que se desenvolve no noso centro concrétase, de acordo coa normativa vixente, en catro tipos de actuacións: a. Actuacións para asegurar a coherencia educativa no desenvolvemento das

P á g i n a 18 | 27

Page 19: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

programacións e a práctica docente da aula por parte do profesorado do grupo. b. Actuacións co grupo de alumnos/as na hora semanal de titoría. c. Actuacións para atender individualmente os alumnos/as. d. Actuacións para manter unha comunicación fluída coas familias.

8.1 A coordinación do equipo docente A figura do titor/a, como órgano de coordinación docente do profesorado do grupo, contemplado no Regulamento Orgánico dos IES, ten como misión principal neste ámbito de competencia asegurar que todo o profesorado teña en conta as necesidadesespecíficas do alumnado que compón o grupo. Para iso, a partir do coñecemento dascondicións sociais, educativas e persoais do alumnado e da evolución académica nasdistintas áreas, o titor pode propoñer ao profesorado do grupo a adopción coordinadade medidas educativas para atender as necesidades que se formulen de maneira que o alumnado perciba coherencia na actuación do profesorado e na práctica docente domesmo.

8.2 A atención individual ao alumnado a. Para facilitar o seguimento personalizado da evolución académica e persoal doalumnado, os titores/as poderán manter entrevistas individuais, especialmente noscasos de alumnos e alumnas necesitados dunha orientación especial. b. Os alumnos e alumnas que se atopen en situación de risco de non acadar os obxectivos da etapa (á vista do seu rendemento académico), que poidan atoparproblemas de adaptación escolar ao comezo do curso ou que teñan especiais dificultades para tomar unha decisión sobre o seu futuro académico e profesional, serán obxecto dunha atención preferente. c. Para facilitar a atención individualizada poderanse designar titores de apoio para estes alumnos/as con necesidades específicas de orientación. d. Para a atención e asesoramento individual dos alumnos, os titores poderán contarcoa colaboración do Departamento de Orientación. e. No asesoramento individual seguirase preferentemente un enfoque non directivo, facilitando que sexa o propio alumno/a quen tome as súas propias decisións e adopteos seus compromisos.

8.3. A comunicación coas familias e cos titores legais 1. Durante o mes de outubro, os titores de 1º de ESO e os dos grupos que o estimenoportuno manterán unha reunión informativa cos pais/nais/titores legais do alumnado do seu grupo. 2. Os titores disporán dunha hora semanal para atender individualmente as familias ou titores legais co fin de escoitar as súas demandas, intercambiar información sobre aspectos que resulten relevantes para mellorar o proceso de aprendizaxe e promover a cooperación dos pais ou titores legais na tarefa educativa. 3. O titor/a facilitará, no seu caso, as entrevistas que os pais/nais/titores legais desexen manter co profesorado do grupo, poñendo en contacto aos interesados. 4. Os titores manterán informados os pais/nais/titores legais sobre as situacións de absentismo e abandono que poidan darse ao longo do curso e buscarán a súa

P á g i n a 19 | 27

Page 20: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

cooperación na adopción de medidas correctoras. 5. Tamén manterán unha comunicación fluída coas familias ou titores legais daquel alumnado con poucas posibilidades de superar o curso para informalos sobre as opcións académicas de que dispoñen. 6. A cooperación dos pais ou titores legais co centro na tarefa educativa será un obxectivo a promover por todo o profesorado, a través do intercambio de información e da busca de compromisos mutuos. Esta cooperación será especialmente estreita cos educadores/as de Príncipe Felipe e co Secretariado Xitano.

8.4. A acción titorial co grupo de alumnos/as8.4.1. Contidos da titoría co alumnado A hora semanal de titoría non é unha materia máis do currículo; é, máis ben, un espazo para a análise e a reflexión sobre os procesos de aprendizaxe, sobre a dinámica do propio grupo, sobre o funcionamento do instituto, sobre a participación do alumnadona dinámica escolar e sobre o futuro académico e profesional. A acción titorial que se desenvolve no horario semanal de titoría na ESO estruturámola nos seguintes bloques: 1. Acollida, ao comezo do curso, de cada alumno/a no seu grupo e no instituto. 2. Fomento da participación do alumnado no seu grupo e na vida do instituto. 3. Contribución á “formación do alumnado para ser persoa”.4. Seguimento e coordinación do proceso de avaliación. 5. Orientación e apoio na aprendizaxe. 6. Orientación académica e profesional. 7. Desenvolvemento de programas formativos en colaboración con outras institucións. 8.4.2. Actividades e actuacións Bloque 1: Acollida e integración do alumnado no grupo Obxectivos: • Favorecer o coñecemento mutuo dos membros do grupo. • Proporcionar ao alumnado información clara e precisa sobre o que o instituto oferta e esixe. • Facilitar o coñecemento do funcionamento do instituto e do conxunto da dinámicaescolar. • Espertar expectativas positivas no alumnado cara ao curso e ao centro. • Previr os problemas que poidan darse no grupo como resultado dunha deficienteintegración e adaptación do alumnado ao grupo e ao centro. Actividades: - O día de inicio do curso os titores realizarán unha sesión de acollida co seu grupo naque se proporcionará ao alumnado información sobre o calendario escolar, horario,profesorado do grupo, calendario de avaliacións, aulas, etc. - Todo o profesorado do grupo contribuirá á acción titorial realizando actividadesespecíficas de acollida nas respectivas áreas: presentación ao alumnado, informaciónsobre os obxectivos e contidos da área, metodoloxía, sistemas de avaliación, mínimosesixibles, ... - Nas dúas primeiras semanas do curso realizaranse actividades específicas dirixidas a

P á g i n a 20 | 27

Page 21: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

facilitar o coñecemento mutuo entre o alumnado e a fomentar a cohesión grupal. - En todos os cursos os alumnos/as recibirán información, pertinente segundo os seusintereses e grao de madurez, sobre a organización e funcionamento do centro: organigrama de goberno, órganos de coordinación docente, Xunta de Delegados,Proxecto educativo, ...- O alumnado de primeiro curso recibirá ademais información específica sobre as características da etapa educativa que inician: finalidades, carácter da avaliación, ... - Os alumnos/as que se incorporan por primeira vez ao centro nun grupo xaconstituído (procedentes do estranxeiro, por traslado, repetidores…) serán obxectodunha atención especial coa finalidade de previr posibles problemas de integracióne/ou adaptación. - Todo o profesorado colaborará na acollida do alumnado do grupo interesándose por coñecer a cada un nun prazo breve de tempo.

Bloque 2: Organización do grupo e fomento da participación na vida do grupo e do centroObxectivos: • Implicar o alumnado na boa marcha do grupo e no bo funcionamento do centro.• Definir e manter unhas normas básicas de convivencia e funcionamento interno dogrupo que sexan asumidas por todos/as para favorecer a implicación do alumnado noseu cumprimento. • Velar polo mantemento dunha relación de respecto entre os alumnos/as evitandoactitudes discriminatorias.• Organizar e realizar a elección dos representantes do grupo (delegado, …).• Implicar o grupo na participación democrática na vida do centro e darlle a coñeceros canais previstos á mencionada participación. Actividades: - Dentro do primeiro mes do curso, daránselle a coñecer ao alumnado os obxectivos e contidos do Plan de Acción Titorial previsto para o curso e as funcións do titor outitora; estimularase a participación do alumnado na programación e realización das actividades e recolleranse as súas aportacións e suxestións. - Dedicaranse polo menos dúas sesións ao estudo, análise e valoración sobre anormativa de Dereitos e Deberes do alumnado e as normas de convivencia no centro. - Dentro do segundo mes do curso, organizarase a elección de delegados seguindo oprocedemento establecido nas NOF. O proceso electoral será convocado con carácteroficial pola Xefatura de Estudos, harmonizándose o procedemento a seguir e as datas nos distintos grupos e niveis. - Co obxectivo de implicar o alumnado na dinámica de funcionamento do grupopoderán designarse outros responsables con carácter rotatorio: luces, ventás, encerado, etc.- Dentro do primeiro trimestre, realizaranse actividades específicas (xogos, simulacións, ...) orientadas a que o alumnado aprenda a valorar a participación e o traballo cooperativo e a que logre un clima adecuado de convivencia en todos oscursos da etapa. - Periodicamente, e en todo caso sempre que se reúna con carácter oficial a Xunta de

P á g i n a 21 | 27

Page 22: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

Delegados de alumnos, o titor/a dará a palabra ao delegado/a para que informe puntualmente o grupo sobre os asuntos que lle afecten. - Periodicamente, e en todo caso unha vez por trimestre, reservarase un tempoespecífico dentro da sesión de titoría para analizar problemas de convivencia e aprendizaxe comúns no grupo de forma ordenada e a través do diálogo. Levaranse acabo estratexias de resolución pacífica de conflitos. - Para o desenvolvemento deste ámbito da acción titorial resultará especialmente interesante a familiarización do titor/a coas técnicas de traballo grupal. Da mesmamaneira requirirase do titor/a e de todo o profesorado un coñecemento adecuado do establecido nas NOF e da normativa sobre dereitos e deberes dos alumnos.

Bloque 3: Contribución á “formación do alumnado para ser persoa” Obxectivos:

Favorecer o desenvolvemento e a adquisición de valores do alumnado. Desenvolver no alumnado o xuízo crítico e razoado. Fomentar a súa responsabilidade individual e a autoestima. Tolerar, respectar e valorar as diferenzas individuais. Aprender a desterrar actitudes e comportamentos de intolerancia. Desenvolver actitudes positivas e de responsabilidade persoal. Fomentar habilidades comunicativas.

Actividades: Actividades relacionadas co coñecemento de si mesmo e a autoestima. Actividades relacionadas coa educación para a saúde e o benestar (educación

sexual, prevención de drogodependencias, alcohol, tabaco,...). Traballarase unha unidade didáctica sobre Tolerancia. Traballarase unha unidade didáctica sobre Dereitos Humanos. Traballarase unha unidade didáctica sobre Igualdade. Levaranse a cabo actividades encamiñadas á formación e á posta en práctica de

habilidades comunicativas.

Bloque 4: Coordinación e seguimento do proceso de avaliación do alumnado Obxectivos: • Informar e recoller as contribucións e suxestións do grupo sobre o desenvolvementoe resultado do proceso de avaliación ao remate de cada trimestre. • Realizar o seguimento da avaliación do alumnado con materias pendentes de cursosanteriores.• Promover compromisos no grupo para reforzar os logros e corrixir os desaxustes que se teñan producido.Actividades: - Os titores recollerán información na ficha de datos de titoría, elaborada a tal efecto sobre o alumnado do grupo, acerca da súa situación académica e persoal, o seu entorno familiar, etc. Transmitiranlles ao profesorado do grupo aquelas informaciónsque resulten necesarias. - O/A Orientador/a reflectirá os datos máis relevantes do alumnado en XADE, no apartado de Informes Previos da Avaliación Inicial.

P á g i n a 22 | 27

Page 23: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

- Os titores colaborarán na planificación do calendario de probas de avaliación procurando que este resulte equilibrado. - Antes de cada sesión de avaliación, o titor recollerá do seu alumnado propostas e suxestións que poidan resultar pertinentes para o conxunto do profesorado, así como a análise que o propio grupo realiza do seu rendemento. - Os titores informarán os alumnos do grupo, despois de cada sesión de avaliación,sobre o desenvolvemento e o acordado nela, concretando e comunicando as medidas específicas de recuperación para o grupo ou os alumnos/as que o precisen. - O alumnado, despois de cada avaliación, fará unha análise do seu rendemento, formulando obxectivos e compromisos de mellora.

Bloque 5: Seguimento, orientación e apoio ao aprendizaxeObxectivos: • Obter información pertinente sobre a evolución de cada alumno/a nas distintas áreas e sobre as súas necesidades educativas para axudarlle a superar as dificultades. • Reflexionar co alumnado sobre as dificultades que van aparecendo nas distintasmaterias e formular propostas e peticións positivas para intentar superalas. • Detectar deficiencias no uso das técnicas de traballo intelectual e sensibilizar o alumnado sobre a importancia do uso de estratexias de aprendizaxe adecuadas. • Mellorar a capacidade dos alumnos/as para planificar o tempo e organizar o traballo de estudo persoal. • Preparar o alumnado para que afronte en condicións óptimas os procesos de avaliación. Actividades: - O alumnado que, á vista dos resultados obtidos na primeira e segunda avaliación, se atope en situación de risco de non superar o curso será obxecto dun seguimentoespecial. Manterase unha entrevista persoal cos pais/nais/ representantes legais paraintercambiar información e favorecer compromisos.- Desenvolveranse actividades para fomentar a mellora das estratexias de aprendizaxedo alumnado. - O titor/a supervisará a utilización correcta e autónoma das estratexias de aprendizaxe traballadas na clase e proporcionará apoio específico a algúnsalumnos/as. - No primeiro curso será prioritario favorecer progresivamente hábitos adecuados para o aproveitamento do tempo de traballo e estudo na casa. - Todo o profesorado facilitará que o alumnado poida adquirir un hábito regular de traballo na casa procurando un reparto proporcionado das tarefas que se manden para casa. O titor velará polo reparto equilibrado destas tarefas entre as distintas áreas ao longo da semana. - Dentro do primeiro trimestre do curso, desenvolveranse na hora semanal de titoríaactividades específicas relacionadas coa mellora da motivación cara o estudo: cuestionarios,...- Polo menos unha vez por trimestre, o titor recollerá dos seus alumnos/as as súas impresións sobre a marcha do proceso de aprendizaxe nas distintas áreas,trasladándoas ao resto do profesorado do grupo.

P á g i n a 23 | 27

Page 24: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

- O departamento de Orientación colaborará cos titores e co resto do profesorado,baixo a dirección da Xefatura de Estudos, na prevención e detención temperá de problemas de aprendizaxe, co fin de determinar as necesidades educativas especiaisdo alumnado e o tipo de axudas pedagóxicas que se deben establecer.

Bloque 6: Orientación académica e profesional Obxectivos: • Proporcionar ao alumnado información obxectiva e precisa sobre as diferentesopcións académicas (e, no seu caso, profesionais) que se abren en función de cadasituación educativa. • Axudar o alumnado a desenvolver o coñecemento das súas potencialidades e limitacións e a comprender a relación entre elas e a elección profesional. • Axudar os alumnos/as a desenvolver estratexias efectivas para a toma de decisións. • Asegurar unha orientación profesional non discriminatoria, eliminando os estereotipos sexistas, tradicionalmente asociados ao traballo, para mellorar asperspectivas de emprego e formación de mozas e mozos. Actividades: - A titoría grupal será un dos ámbitos nos que se desenvolva o Plan de OrientaciónAcadémica e Profesional establecido para a etapa. O Orientador/a intervirá en certas sesións de titoría para proporcionarlle información directa ao alumnado sobre a estrutura do novo sistema educativo, as opcións e itinerarios académico-profesionais...- As actividades que se desenvolvan neste ámbito contemplarán de forma equilibradaos seguintes contidos:a) Coñecemento da estrutura do sistema educativo e das distintas opcións e itinerarios. b) Coñecemento do sistema produtivo e laboral e dos procesos de inserción nel. c) Coñecemento das propias posibilidades, intereses e limitacións. d) Desenvolvemento de habilidades para a toma de decisións. e) Orientación personalizada ao alumnado sobre as súas posibilidades académicas. - As actividades de orientación académico profesional terán un carácter educativoe irán orientadas ao desenvolvemento das capacidades necesarias para que sexa opropio alumno/a quen tome as súas propias decisións de maneira libre e responsable,tanto no momento actual, como durante a súa vida. - Aínda que a titoría a nivel de grupo sexa unha das vías principais para desenvolver oscontidos da orientación académica e profesional, teremos en conta que moitos dos coñecementos e habilidades implicados na toma de decisións son algo que se adquire,dunha maneira ou de outra, no marco do currículo das distintas materias. - Todo o profesorado tratará de colaborar na posta en marcha do Plan de OrientaciónAcadémica e Profesional. - O Departamento de Orientación colaborará con todo o profesorado neste ámbito daacción titorial, proporcionando a información necesaria.-O Orientador/a do centro atenderá as consultas e resolverá as dúbidas individuais doalumnado que teña especiais problemas na toma de decisións relativas á elección de optativas ou de itinerarios académicos e/ou profesionais.

P á g i n a 24 | 27

Page 25: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

8.4.3 Liñas prioritarias de actuación en cada cursoA) Primeiro curso de ESO: 1. Acollida e integración do alumnado no seu grupo e no instituto. 2. Dinámicas grupais de coñecemento e presentación. 3. Coñecemento das características fundamentais da nova etapa: avaliación, promoción, etc. 4. Coñecemento do funcionamento do centro e as súas normas. 5. Desenvolvemento progresivo dun hábito de traballo na casa. 6. Adquisición dalgunhas técnicas básicas de aprendizaxe comúns ás distintas áreas: uso de materiais de consulta, lectura comprensiva, organización do tempo de traballoe estudo persoal, aprendizaxe de realización de esquemas, resumo e subliñado. 7. Presentación de métodos de estudo.8. Coñecemento do sistema educativo e das opcións e materias optativas dos próximos cursos. 9. Temas transversais: charlas de Educación para a saúde do Concello, Educación para a igualdade, utilización do ocio e tempo libre. 10. Actividades de coñecemento de si mesmo, autoconcepto e autoestima. 11. Técnicas de responsabilización grupal. 12. Programa de Habilidades sociais e Intelixencia emocional. 13. Educación en valores a través do cine.

B) Segundo curso de ESO: 1. Acollida e integración do alumnado no seu grupo e no instituto. 2. Dinámicas grupais de coñecemento e presentación. 3. Coñecemento das características fundamentais da nova etapa: avaliación, promoción, etc.4. Recuperación de materias pendentes. 5. Coñecemento do funcionamento do centro e as súas normas. 6. Desenvolvemento progresivo dun hábito de traballo na casa. 7. Traballo amplo durante o segundo trimestre de temas relacionados co acosoentre iguais, así como de estratexias para a resolución pacífica de conflitos. 8. Adquisición de técnicas básicas de aprendizaxe comúns ás distintas áreas: uso de materiais de consulta, lectura comprensiva, organización do tempo de traballoe estudo persoal, aprendizaxe de realización de esquemas, resumo e subliñado. 9. Profundamento de Métodos de Estudo.10. Coñecemento do sistema educativo e das opcións e materias optativas de 3º e 4º da ESO, da Formación Profesional Básica.... 11. Temas transversais: charlas de Educación para a saúde do Concello, Educación para o consumo, utilización do ocio e tempo libre. 12. Programa de autoestima: .. Coñecer os meus valores. .. Que imaxe teño de min? .. Relacións interpersoais. .. Parar e pensar. Linguaxe autodirixida, autocontrol e atribución causal. .. Competencia e solución de problemas. “ Levarse ben”.

P á g i n a 25 | 27

Page 26: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

13. Técnicas de responsabilización grupal. 14. Programa de Habilidades sociais e Intelixencia emocional. 15. Educación en valores a través do cine.

C) Terceiro curso de ESO: 1. Favorecer a integración do alumnado no grupo e no centro, procurando a formacióndun grupo unido e cohesionado. 2. Desenvolver hábitos de traballo e comportamento para favorecer a súa adaptación escolar. 3. Adquirir algunhas técnicas básicas de aprendizaxe comúns a distintas áreas. Seguir afondando nas técnicas de aprendizaxe e de estudo aprendidas anteriormente. 4. Consolidar un hábito de traballo na casa. 5. Traballar amplamente durante o segundo trimestre temas relacionados co acosoentre iguais, así como estratexias de resolución pacífica de conflitos. 6. Previr as dificultades de aprendizaxe e canalizalas cando se produzan. 7. Recuperar as materias pendentes.8. Orientar o alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais: 4º ESO,Bacharelatos, Ciclos Formativos, Formación Profesional Básica... 9. Programas de Intelixencia emocional e Habilidades sociais. 10. Temas transversais: educación para a saúde, educación para a igualdade, hábitos de alimentación … 11. Educación en valores a través do cine.

D) Cuarto curso de ESO: 1. Orientar o alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais. 2. Realizar o seguimento do alumnado con materias pendentes apoiando as medidas de recuperación. 3. Recuperar as materias pendentes.4. Detectar e tratar de xeito máis personalizado as dificultades no estudo. 5. Aplicar técnicas de traballo intelectual: realización de exames, traballosmonográficos, toma de apuntes … 6. Educación en valores a través do cine. 7. Programas de Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais. 8. Temas transversais: educación para a saúde, educación para a igualdade, educaciónhábitos de alimentación … 9. Programa específico de orientación académica e profesional. 10. Informar e orientar sobre as Probas de Avaliación Final de Educación Secundaria Obrigatoria.

9. Liñas prioritarias de actuación en Bacharelato(No primeiro e segundo curso de Bacharelato non existe hora de titoría semanal).

A) Primeiro curso de Bacharelato: 1. Orientar o alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais. 2. Proporcionar información detallada sobre as mesmas.

P á g i n a 26 | 27

Page 27: Web viewe) Informar periodicamente da marcha do grupo e da evolución de cada alumno/a en particular. f) Informar os pais/nais/titores legais sobre organización, normativa, decisións

3. Detectar e tratar máis individualmente as dificultades no estudo.

B) Segundo curso de Bacharelato:1. Orientar a alumnado sobre as súas posibilidades académicas e profesionais. 2. Proporcionar información detallada sobre as mesmas.3. Informar e orientar sobre as Probas de Avaliación Final de Bacharelato e das PAU.4. Realizar o seguimento do alumnado con materias pendentes apoiándoo coas Medidas de recuperación.

10. Coordinación na acción titorialPreténdese que o Plan de Acción Titorial sexa un marco aberto e flexible, xa que os obxectivos do mesmo poden ser traballados a través de actividades distintas enfunción das necesidades específicas de cada titor/a, do seu estilo pedagóxico e das características particulares de cada grupo.

A partires das liñas de actuación xerais concretadas no PAT, os titores programarán asactividades máis apropiadas, baixo a coordinación da Xefatura de Estudos e contando coas propostas que aporte o Departamento de Orientación nas reunións que se manteñan a tal efecto.

A través das reunións dos titores co Departamento de Orientación e a Xefatura de Estudos, articularanse os recursos persoais e materiais e proporcionarase oasesoramento e apoio necesario para que sexa posible o desenvolvemento das funcións titoriais dunha forma coordinada.

11.- Avaliación do Plan de Acción TitorialA avaliación do Plan de Acción Titorial realízase a partir das valoracións feitas polos colectivos participantes no plan:

o O alumnado valorará a titoría mediante un cuestionario sobre o seu grao de satisfacción que proporá a Xefatura de Estudos en coordinación co Departamento de Orientación.

o Os titores e equipos educativos valorarán, na última sesión de avaliación, a incidencia do plan na consecución dos obxectivos propostos no mesmo.

o A Xefatura de Estudos incluirá na Memoria de final de curso unha avaliación/síntese, a partir das valoracións anteriores.

12.- Anexos e modelos Estarán á disposición do profesorado tanto na web do centro coma nos ordenadores da sala de profesorado e departamentos.

P á g i n a 27 | 27