Upload
pastora-astray
View
231
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
CARACteristicas 1º ciclo de EP
Citation preview
Vou crecendo…… E xa estou en primaria
De Educación Primaria
Primeiro ciclo
DEPARTAMENTO DE
ORIENTACIÓN E EQUIPO DE
TITORES
As-
pectos básicos
do desenvolve-
mento do neno-a.
Pautas de traba-
llo co fillo/a.
Como colaborar
co Centro
PODERAS C
OÑECER
Aprende e emprega novos codigos que lle conducen á lecto-escritura como medio de comunicación, aínda que teñan algúns erros.
Inicia novos usos da linguaxe: Cambia a súa forma de falar, en función do en-torno no que se atope. É capaz de crear e usar conceptos con precisión A conversación e o dialogo pasan a ser o eixe da súa aprendizaxe.
Pouco a pouco vai centrándose na realidade, distinguíndoa da fantasía Aprende a partir de experiencias concretas e ben definidas sobre todo median-
te a manipulación de obxectos. É capaz de organizar, relacionar, clasificar iguales-diferentes, sempre entre ob-
xectos e situacións da súa realidade mais habitual. Pensa en termos de feitos-consecuencias, analiza os cambios que se producen no
seu entorno. Comezan a definir os seus rasgos persoais: aficións, gustos, etc.. É capaz de pensar e de expresarse mediante símbolos, o que lle permite poder
adquirir a lectoescritura e o cálculo.
VOU CRECENDO…… Página 2
Ao longo deste ciclo mellora o seu equilibrio e coordinación de movementos.
Mellora o control da súa manipulación, o que lle permita afianzar as actividades gráficas: escritura, pintura, debuxo.
Disfruta manipulando obxectos; atráenlle as actividades que fan coas mans (pinturas, plastilinas, tixeiras, construcións, etc) e afianza a precisión na súa realización.
É capaz de estar longo rato sentado/a ante a actividade.
Sentate con el ou con ela: lede xuntos e par-
ticipa nas súas conversacións
ENSINALLE A OB-SERVAR E RESPON-DE AS SÚAS PRE-GUNTAS.
PRIMEIRO CICLO
Ríspeta o seu ritmo de aprendizaxe: cada neno/a aprende de maneira diferen-te.
Fomenta a comunicación en ambientes diferentes para que poida entender as diferentes situacións sociais.
Educa nos valores fundamentais de tolerancia, ríspeto, solidari-dade.
Darlle responsabilidades con normas concretas nas que saiba cla-ramente que esperamos de el.
Iníciao/a en hábitos e rutinas domésticas: dedicar un tempo a letura, ordear os seus materiais
Axúdalle a ter a autoestima adecuada valorando as súas posibili-dades e ofrecéndolle a oportunidade de demostrar os seus lo-gros.
Foméntalle o gusto pola letura. Dálle pautas para ver os programas de TV e control de videoxogos. Ensínalle a razoar mediante xogos: “Vexo-Vexo”, Adiviña quen é”, etc.
A familia segue sendo o punto de apoio básico para desenvolverse.
A escola proporcionalle novas situacións sociais por isto asume novos papeis, deixa de ser o centro e volvese mais responsable, aprende a poñerse no lugar dos outros.
Aprende a percibir e respetar as diferenzas individuais.
Interesase pola realidade social.
Os pais e nais sodes os principias pilares educativos, evitade deixar e s t a responsabil idade en outras persoas.
Página 3
Faille participar nas diferentes situacións sociais.
Mantede coherencia educativa entre os pais: Consesuade as vosas normas, que deberán ser claras, firmes e dialogadas con el/ela.
Debe ser capaz de asumir as responsabilidades que lles asignemos, por isto debedes esforzaros para que as cumpra.
Axudalle a crear rutinas que desenvolvan os seus hábitos de traballo escolar.
Evitade comparacións cos irmáns ou con outros nenos ou nenas: Todos son distintos, e alcanzan as mesmas etapas en momentos diferentes.
Segue as orientacións dos titores, para mello-rar o seu aprendizaxe.
Acode ás reunións de pais e nais
Segue as normas que o Centro estableza
CPI DE PANXÓN Camiño dos lagos nº 1 36340 Panxón-Nigrán
Teléfono: 986365963/64 Fax: 986366313 Correo: [email protected]
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
E EQUIPO DE TITORES
O r g a n i z a c i ó n