Upload
others
View
7
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
LITERATURAPillota Cucaina Aula das Letras
VicensVives
infantil e xuvenil
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:36 Página 1
2 LITERATURA
Literaturainfantil e xuvenil
As coleccións Pillota, Cucaina e Aula das Letras reúnen unha seriede lecturas caracterizadas pola súa calidade literaria, pola súaatractiva presentación formal e pola excelencia das súasabundantes ilustracións. As tres series acollen autores de gran
relevo, ben sexa en coidadas traducións dos seus textos orixinais ou endeliciosas e requintadas adaptacións.
En Pillota, Cucaina e Aula das Letras publícanse relatos e pezas teatrais deescritores como David MacKee, Oscar Wilde, Conan Doyle, H. C. Andersen,J. B. Priestley ou Charles Dickens, os cales, ao tempo que nos conmoven coabeleza das súas historias, nos proporcionan sabias leccións sobre a naturezado ser humano.
A necesidade de sermos solidarios e de aprender a confiar nun mesmo sonmensaxes habituais nunhas coleccións nas que poden atoparse atractivasmostras de todos os temas e xéneros literarios: o misterio e a intriga dosrelatos policiais, a comicidade e o desenfado dos contos de humor, o terrordas historias de pantasmas, a maxia e a beleza dos relatos mitolóxicos, ohilarante enxeño das fábulas de animais, a intriga e os valores éticos doteatro de Priestley…
Estas coleccións alicérzanse no que constitúe a esencia da literatura: unhaatención preferente á linguaxe e unhas historias cativadoras que amplíen oshorizontes dos lectores, que os axuden a se entender a si mesmos, queos leven a vivir outras vidas para cambiar a súa e descubrir outrosmundos para mellorar o seu. Pillota, Cucaina e Aula dasLetras aspiran, por riba de todo, a fomentar o pracer dalectura e a estimular a imaxinación e a fantasía.Mais, o seu propósito é así mesmo convidar áreflexión sobre o lido, contribuír a educaro gusto literario do alumnado eampliar a súa bagaxe lingüística.
A
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:37 Página 2
Pillota . . . . . . . . . . . . . . 4Cucaina . . . . . . . . . . . . . 8Aula das Letras . . . . . 14
ÍNDICEVicensVives
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:37 Página 3
4 LITERATURA
Todos os volumes contancunha Guía didáctica
Lcolección Pillota vai destinada aosnenos e ás nenas que se inician nalectura. De aí que os textos estean
escritos nunha linguaxe sinxela, teñanunha extensión limitada e se compoñannunha letra de xeneroso tamaño.
Para que a lectura sexa dobrementepracenteira, os libros contan cun grannúmero de ilustracións de artistas desona internacional.
Todos os volumes conteñen unha secciónde actividades coas que se pretende queos pequenos lectores:
– afiancen a comprensión da historia,
– capten os valores que encerra o libro e
– desenvolvan a capacidade de creación apartir de suxestións que nacen do relato.
Algúns dos libros, en fin, edítanse en letramanuscrita e nun formato meirande.
Pillota
A
Todas as actividades pretendenafianzar a comprensión do relato eteñen unha orientación lúdica.
As abundantes ilustracións en corson obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:38 Página 4
LITERATURA 5
VicensVives
O texto literario estácomposto cunha letrafacilmente lexible.
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:38 Página 5
6 LITERATURA
5. O soldadiño de chumboH. C. Andersen
Conto moral
Unha noite máxica en que os xoguetes cobran vida, unsoldadiño de chumbo namórase perdidamente dunhabailarina feita de retallos de papel. Pero a maldición duntrasgo malévolo interrompe ese idilio apenas iniciado eprovoca que o soldadiño pase por unha sarta depenalidades. Conseguirá o valente soldadiño superalas?Logrará que o seu amor pola fermosa bailarina sexacorrespondido?
1. Sisto Seis CeasInga Moore
Conto de humor
O pillabán gato Sisto pertence a seis amos, viveen seis casas e cada día cea seis veces. Comocada un dos seus amos cre que o gato é de seue só de seu, a vida de Sisto é unha auténticabicoca… até que un día colle un arrefriado e oveterinario descobre a argallada…!
6. O peto máxicoRoberto Piumini
Contos morais
Nesta colección de contos coñeceremos a historia dunpirata bondadoso e a dun príncipe malcriado, a de dous pésque non paran de amolar o seu dono e a do inxenuoinventor que devece por voar… Uns contos están narradosen prosa e outros en verso, uns son humorísticos e outrosmarabillosos… Pero todos eles teñen algo en común: adefensa de valores morais como a xenerosidade, agratitude, a solidariedade, a tolerancia e a diversidade.
2. A ladroa de bágoasCarol Ann Duffy
Conto fantástico
Cada noite, entre a hora da cea e a de irse deitar, ainvisible ladroa de bágoas bota un saco prateado aolombo, diríxese a todas as casas onde oe unha nenaou un neno chorar, róuballes as bágoas e méteas noseu saco. Pero, que fai con todas as bágoas queamorea no seu invisible saco? E por que aprecia, sobretodo, as bágoas dos nenos que choran de tristura?
Cole
cció
nP
illot
a
Desde 6 anos ISBN: 978-84-682-1034-6 Desde 6 anos ISBN: 978-84-682-1033-9
Desde 6 anos ISBN: 978-84-682-1190-9 Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1092-6
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:38 Página 6
LITERATURA 7
Cole
cció
nP
illot
a
7. Noiteboa de pantasmasCharles DickensAdaptación de José MaríaPérez Zúñiga
Relato fantástico e moral
O vello Ebenezer Scrooge é un túzaro e un egoístaincorrixible que explota o seu empregado e nuncapensa nos demais. Pero unha Noiteboa aparécensellevarias pantasmas que lle fan entender que o mundoestá cheo de persoas que precisan a súa axuda e o seuafecto…, e o corazón do vello avarento muda parasempre.
3. Os meus amigos os piratasMelinda Long
Conto de aventuras
O pequeno Breixo vive a aventura da súa vida o día que ospiratas de Barbatrenzada lle piden axuda para soterrar o seutesouro. A bordo do barco pirata, Breixo pásao comanunca: aprende a divertida linguaxe dos bucaneiros, imitaos seus rudos modos e come só o que lle peta sen queninguén lle rife. Pero cando xa decidiu converterse enpirata, algo ocorre que fai que mude de opinión…
4. ElmerDavid McKee
Conto de humor
Elmer non é un elefante calquera. A súa pel é de remendosde moitas cores: son amarelos, azuis, encarnados, verdes,rosas, negros… Canso de ser diferente, un día Elmer decidepintarse de cor gris e facerlles unha broma aos demais ele-fantes, e todos rebentan coa risa coa ocorrencia de Elmer.E é que Elmer non só ten a pel de cores, senón que é oelefante máis divertido e enxeñoso de toda a manda.
Desde 6 anos ISBN: 978-84-682-1061-2 Desde 6 anos ISBN: 978-84-682-1091-9
Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1157-2
8. CobrelúasÉric Puybaret
Conto fantástico e solidario
Nino é un rapaz con sorte. Acaban de nomealo Cobrelúas,o oficio co que sempre soñou. En diante, cada noite teráque tapar unha parte da lúa para que a vexamos devalar earregoar. Por desgraza, Nino perde a pastilla que llepermitirá voar até o seu lugar de traballo! Daquela, oshabitantes da localidade deciden botarlle unha man, e éasí como nos aprenden que nada resulta imposible candotraballamos en grupo e unimos esforzos.
Desde 6 anos ISBN: 978-84-682-1191-6
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:39 Página 7
8 LITERATURA
As actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.
As abundantes ilustraciónsen cor son obra deprestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.
Todos os volumes contancunha Guía didáctica
Cucaina
Etexto literario está composto cunhaletra facilmente lexible. Asabundantes ilustracións en cor son
obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros. A nota léxicaestá redactada con gran sinxeleza eclaridade.
As actividades ofrécense como comple-mento da lectura e estrutúranse en tresapartados:
– En «Comprensión» ou «Argumento»repásanse os episodios ou assituacións claves que fan progresara acción.
– En «Comentario» e «Expresión» vaisealén da comprensión superficial daobra, e, en función da idade á que sedestina cada lectura, reflexiónasesobre personaxes, temas, valoreséticos etc.
– En «Creación» e «Expresión»propóñense toda unha serie deactividades creativas arredor da obra:composición de textos escritos,debates, dramatizacións etc.
O
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:39 Página 8
LITERATURA 9
As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.
O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.
VicensVives
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:40 Página 9
10 LITERATURA
Cole
cció
nCu
cain
a
1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos
Hugh Lupton
Contos tradicionais e fantásticos
Como pode ver un cego con máis claridade que uncazador? É posible que chovan moletes e que os peixesnaden entre a herba dos bosques? As cativadorashistorias deste libro advírtennos contra as persoascontiñeiras, suxírennos que confiar nos soños nonsempre resulta desatinado, e apréndennos que o máissabio é quen ve cos ollos da mente… e do corazón.
Desde 7 anos ISBN: 978-84-682-1062-9
2. O Xigante egoístae outros contos
Oscar Wilde
Contos morais e fantásticos
Este libro reúne os contos máis fermosos econmovedores de Oscar Wilde, os seus relatosmáis dotados de valores morais. Os protagonistasdestes contos alcanzan a felicidade e o amorcando, renunciando ao egoísmo, se mostranamables e xenerosos e se preocupan polo bendos demais.
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1104-6
5. Mitos gregosMaria Angelidou
Relatos mitolóxicos
Toda a maxia e a beleza da mitoloxía aparecenreflectidas nos catorce mitos gregos desta colección,que foron recreados con cativadora amenidade. Olibro explica, entre outras historias, a loita de Teseocontra o Minotauro, a lenda da caixa de Pandora, odesafortunado voo de Ícaro, a viaxe de Orfeo aosinfernos e a astucia do cabalo de madeira co queUlises puxo fin á guerra de Troia.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1049-0
6. Un tirón no raboMary Hoffman
Fábulas e contos de animais
Que acontece cando un lobo comellón pretendepapar a ovella máis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diante dun caranguexo?Neste libro reúnense once divertidas historias deanimais, nas que o lector descubrirá que se un sepasa de listo, é demasiado cobizoso ou se comportacoma un farfallán, pode saír bastante malparado.
Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1268-5
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:40 Página 10
LITERATURA 11
Cole
cció
nCu
cain
a
4. Conto de NadalCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual
Relato moral e de fantasía
Ao vello avarento Ebenezer Scrooge aparécenselle unhanoite catro espectros que fan que recapacite sobre a súaconduta e que lle amosan o sinistro futuro que terá seteima no seu egoísmo. Con este conmovedor relato,Dickens propúxose remover as conciencias dos seuslectores e convencelos da necesidade de seren bondadosose de practicaren a caridade nun mundo inxusto.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1071-1
8. Relatos de monstrosSelección de Steven Zorn
Terror, humor e fantasía
Polas páxinas deste libro espreitan toda clase de monstros:un marabilloso dragón, uns enredantes trasnos, a criaturado doutor Frankenstein, un temible lobishome… Os seisrelatos que narran as súas aparicións farán que arrepíes demedo, que te divirtas, que te emociones, pero, sobretodo, con eles aprenderás que non todos os monstros sontan espantosos nin tan daniños como os pintan. A queesperas para descubrilo?
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1256-1
3. Fábulas de EsopoJerry Pinkney
Contos morais e fábulas
Neste fermoso libro escolmáronse sesenta fábulas deEsopo, un xénero e un autor imitados sen descanso.A súa permanente popularidade non é de estrañar,pois cada relato depara unha sorpresa: un muiñeiroe seu fillo deciden levar un burro ao lombo, un lobodisfrázase cunha pel de ovella, unha gansa pon ovosde ouro, un sapoconcho gáñalle a unha lebre nunhacarreira…
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1133-6
7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custoso
William Irish
Aventura, misterio e humor negro
A intriga, a emoción e o suspense atrapan o lectordesde a primeira á última liña destes dousmagníficos relatos policiais. No primeiro delesviviremos a aventura dun verdadeiro «aprendiz dedetective». O humor negro de Un roubo moicustoso, en troques, culmina nun arrepiantedesenlace.
Desde 10 anos ISBN: 978-84-316-2941-0
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:40 Página 11
12 LITERATURA12 LITERATURA
Cole
cció
nCu
cain
a
13. Relatos de pantasmasAdaptación de Steven Zorn
Misterio, terror e humor
Un viaxeiro comparte o camarote dun barco cunmorto vivente… Un rapaz orfo recibe a visita dedúas pantasmas de curta idade que non pretendenoutra cousa que salvarlle a vida… Atrévete a entrarno mundo misterioso e fantástico dos oito contosdeste libro. En cada unha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.
Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1301-9
9. Grandes esperanzasCharles DickensAdaptación de José María Pérez Zúñiga
Relato de aventuras e formación
O orfo Pip namórase de Estella, unha fermosa rapaza quevive cunha excéntrica anciá. Para conquistar a súa amada,Pip decide converterse nun cabaleiro e arredarse da súahumilde familia. Esa cega ambición lévao a desdeñar atodos aqueles que o queren de verdade e a se deixarhumillar polos que o desprezan, o cal fai que se sintaculpable e descubra, ao cabo, que o segredo dafelicidade reside nos bos sentimentos.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1275-3
10. Robinson CrusoeDaniel DefoeAdaptación de Eduardo Alonso
Novela de aventuras
Dominado pola ambición e o afán de aventuras,o mozo Robinson Crusoe abandona o seu fogarpaterno e, tras superar unha serie de perigosasaventuras e infortunios, naufraga nunha illadeserta. Para sobrevivir na illa e dominar unhanatureza hostil, Crusoe verase obrigado a avivaro enxeño e a desenvolver múltiples destrezas.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1299-9
12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata
Arthur Conan Doyle
Relatos policiais
A capacidade de observación e o talento dedutivo deSherlock Holmes relocen nestes dous relatos subxugantes.En O misterio dos bailaríns, o famoso detective resolve unintrigante asasinato grazas ao enxeñoso desciframento duncriptograma, mentres que en Penca de Prata Holmes ten queempregar toda a súa perspicacia para desbotar as probas queacusan o presunto culpable e identificar o verdadeiro asasino.
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1300-2
EN PREPARACIÓN
EN PREPARACIÓNEN PREPARACIÓN
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:40 Página 12
11. O corcovadoe outros contos de «As mil e unha noites»
Anónimo
Contos de aventuras, fantasía e humor
Nestes dez contos de As mil e unha noites, as anécdotasmáis divertidas e as fábulas máis formativas conviven conhistorias tan fantásticas como a do home que gardaba nasúa bolsa toda unha cidade, o corcovado que morreucatro veces e ao fin resucitou, o avarento que o perdeutodo por mor dos seus zapatos e o leñador que tornourico ao grito de «Ábrete, sésamo!».
Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1302-6
EN PREPARACIÓN
14. Oliver TwistCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual
Novela realista e moral
Esta conmovedora novela narra as desventuras de OliverTwist, un rapaz que medra nun refuxio de mendigos eque sofre incontables penalidades cando se une, sensabelo, a una banda de garduños. Cun hábil manexo daintriga e o misterio, Dickens traza un retrato satíricodunha sociedade incapaz de comprender que só o amorpode vencer os peores instintos humanos.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1298-2
EN PREPARACIÓN
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:40 Página 13
14 LITERATURA
Concibida para cubrir as etapas daEducación Secundaria Obrigatoriae do Bacharelato, esta colección
reúne unha serie de libros que cativarán ointerese do estudante tanto polos seustemas coma polo seu valor literario. Acarón de autores de obrigada presenza(Poe, London, Conan Doyle…), Aula dasLetras ofrece opcións innovadoras talescomo escolmas de relatos policiais, dehumor ou de narracións fantásticas. Estacolección aspira así mesmo a familiarizaro alumnado con todos os xénerosliterarios, polo que inclúe novelas, relatos,pezas teatrais…
Alén de ponderadas introducións, cadaedición incorpora unha útil dobre anotación(léxica e explicativa) e, sobre todo, unamplo abano de propostas de traballo ondeo texto se analiza non só desde o punto devista literario, senón atendendo a outrosenfoques que o contido de cada libro esixe:histórico, ético etc.
A colección conta con ilustracións en corde artistas de recoñecido prestixio.
Os textos auxiliares reúnendocumentos críticos, históricos,éticos etc., que constitúen o puntode partida para as actividades.
Foliación en números arábigos.
Nota léxica redactada con claridade.
Número da nota socioculturalou de interpretación destacadoen cor.
Aula dasLetras
C
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:41 Página 14
LITERATURA 15
Explicación previa áformulación de cuestións.
A letra en negra destaca os temasnos que se centran as preguntas.
Clara división temática enapartados e subapartados.
Nas actividades remítese aostextos auxiliares, á Introducióne, sobre todo, ao propio textoliterario.
Todos os volumes contancon ilustracións en cor.
VicensVives
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:41 Página 15
16 LITERATURA
5. Canción de NadalCharles Dickens
Novela moral e de fantasía
A melodramática historia do vello avaro EbenezerScrooge, que unha noite soña cos horrores que haberáde padecer se porfía no seu detestable egoísmo,ofrécese nesta fermosa edición cun prólogo que estudaa famosa obra de Dickens con detalle. A edición contacon máis de sesenta acuarelas do artista irlandés P. J.Lynch e unhas actividades que analizan o libro desde opunto de vista literario, histórico e ético.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1304-0
1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa Morgue
Edgar Allan Poe
Relatos de enxeño e de misterio
Este libro reúne dous dos contos máis famosos de Poe. En«O escaravello de ouro», o achado dun pergameo cunhamensaxe cifrada da pé á exhibición do enxeño doprotagonista, Legrand, e do humor do seu inesqueciblecriado. En «Os crimes da rúa Morgue», o investigadorDupin consegue resolver cunha asoballante lóxica oenigmático caso dun crime cometido nun cuarto fechado.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1047-6
2. A visita do inspectorJ. B. Priestley
Drama moral e de intriga
Un inspector de policía preséntase no domicilio dafamilia Birling, interrompe a animada cea coa que estána celebrar o compromiso matrimonial de Sheila eindaga na implicación dos comensais no suicidio dunhamoza. A obra desenvolve a partir de entón unha tramachea de suspense na que se presenta un tema de fondocalado moral: todos formamos parte da humanidade esomos responsables da sorte dos demais.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1048-3
Cole
cció
nA
ula
das
Letr
as
6. Antoloxía do relato policialSelección de J. Santamaría e P. Alonso
Relatos policiais
Os relatos policiais desta engaiolante escolmaconteñen os grandes temas do xénero e contan cosmáis famosos detectives como protagonistas: oinimitable Sherlock Holmes, o duro e cínico SamSpade ou o infalible Ellery Queen. Nos contos deConan Doyle, Dashiell Hammett, Berkeley Cox ouWilliam Irish, o lector descubrirá a fascinación queexerce o misterio e o pracer que produce resolvelo.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1305-7
EN PREPARACIÓNEN PREPARACIÓN
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:42 Página 16
LITERATURA 17
Cole
cció
nA
ula
das
Letr
as
3. A chamada da naturezaJack London
Novela naturalista e de aventuras
Ambientada no Canadá e durante a «febre do ouro» de1897, A chamada da natureza relata a loita polasupervivencia de Buck, un can ao que uns desaprehen-sivos raptan en California para ser vendido nas xélidasterras do Norte. A crueldade que Buck debe afrontarqueda mitigada polo amor e a fidelidade que o can sentepolo seu amo, unha lección que nos fai vibrar e queLondon nos transmite con todo dramatismo…
4. A rateiraAgatha Christie
Drama policial
Tras cometerse un asasinato en Londres, o sarxento depolicía Trotter preséntase nun pequeno hotel afastado dacapital e illado pola neve para advertirlles aos seusmoradores que o asasino está a piques de chegar copropósito de cometer outro crime. A habelencia coa que aautora manexa a intriga e o desenlace sorprendenteconverteron esta obra na máis representada de toda ahistoria do teatro.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1070-4 Desde 11 anos ISBN: 978-84-1303-3
7. As mil e unha noitesSelección e versión de Brian Alderson
Relatos de aventuras, de misterio e de humor
Magoado pola infidelidade da súa esposa, un vingativosultán decide axustizar cada día unha muller até que,chegada a quenda de Sahrazad, a rapaza se nega aaceptar ese destino atroz. Para adiar a súa morte,Sahrazad acorda cativar a atención do rei unha noitetras outra con historias ateigadas de prodixios, relatosde misterio e intriga, contos humorísticos… atéconformar o libro máis fascinante de todos os tempos.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1306-4
8. O signo dos catroArthur Conan Doyle
Relato policial e de misterio
A señorita Mary Morstan acode a Sherlock Holmespara que a acompañe a unha cita cun homedescoñecido que lle foi enviando unha perla cada anodurante os últimos dez. O enigmático personaxe é fillodun amigo do pai de Mary, un oficial británicodesaparecido misteriosamente, e no encontrorelátalles unha trepidante historia de roubos, traizónse asasinatos que Holmes deberá solucionar.
Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1307-1
EN PREPARACIÓN
EN PREPARACIÓNEN PREPARACIÓN
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:42 Página 17
18 LITERATURA
Amiz
ade
Com
pañe
irism
o
Con
fianz
a
Con
stan
cia
Cre
ativ
idad
e
Crit
erio
prop
io
Div
ersid
ade
Xen
eros
idad
e
Hon
rade
z
Imax
inac
ión
Xus
tiza
Med
iona
tura
l
Resp
onsa
bilid
ade
Solid
arie
dade
Tole
ranc
ia
Vale
ntíaColección Pillota
CADRO DE VALORES
1. Sisto Seis CeasInga Moore
Contode humor · · · · · · · · · · · · · · · ·
2. A ladroa de bágoasCarol Ann Duffy
Contofantástico · · · · · · · · · · · · · · · ·
3. Os meus amigos os piratasMelinda Long
Contode
aventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·4. Elmer
David McKeeConto dehumor · · · · · · · · · · · · · · · ·
5. O soldadiño de chumboH. C. Andersen
Contomoral · · · · · · · · · · · · · · · ·
6. O peto máxicoRoberto Piumini
Contosmorais · · · · · · · · · · · · · · · ·
7. Noiteboa de pantasmasCharles Dickens
Relatofantásticoe moral · · · · · · · · · · · · · · · ·
8. CobrelúasÉric Puybaret
Contofantásticoe solidario · · · · · · · · · · · · · · · ·
1. A voz dos soñose outros contos prodixiososHugh Lupton
Contostradicionaise fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·
2. O Xigante egoístae outros contosOscar Wilde
Contosmorais e
fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·3. Fábulas de Esopo
Jerry Pinkney
Contosmorais efábulas · · · · · · · · · · · · · · · ·
4. Conto de NadalCharles Dickens
Relatomoral e defantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·
5. Mitos gregosMaria Angelidou
Relatosmitolóxicos · · · · · · · · · · · · · · · ·
7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custosoWilliam Irish
Aventura,misterioe humornegro
· · · · · · · · · · · · · · · ·6. Un tirón no rabo
Mary Hoffman
Fábulas econtos deanimais · · · · · · · · · · · · · · · ·
Colección Cucaina
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:42 Página 18
LITERATURA 19
Colección Aula das Letras
Colección Cucaina
CADRO DE VALORES
8. Relatos de monstrosSelección de Steven Zorn
Terror,humor efantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·
9. Grandes esperanzasCharles Dickens
Relato deaventuras eformación · · · · · · · · · · · · · · · ·
10. Robinson CrusoeDaniel Defoe
Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·
11. O corcovado e outros contosde «As mil e unha noites»Anónimo
Contos deaventuras,fantasíae humor
· · · · · · · · · · · · · · · ·12. O misterio dos bailaríns
Penca de PrataArthur Conan Doyle
Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·
13. Relatos de pantasmasAdaptación de Steven Zorn
Misterio,terror
e humor · · · · · · · · · · · · · · · ·14. Oliver Twist
Charles DickensNovelarealista · · · · · · · · · · · · · · · ·
1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa MorgueEdgar Allan Poe
Relatos deenxeño e
de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·2. A visita do inspector
J. B. Priestley
Dramamoral e de
intriga · · · · · · · · · · · · · · · ·3. A chamada da natureza
Jack London
Novelanaturalista
e deaventuras
· · · · · · · · · · · · · · · ·4. A rateira
Agatha ChristieDramapolicial · · · · · · · · · · · · · · · ·
5. Canción de NadalCharles Dickens
Novelamoral e defantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·
6. Antoloxía do relato policialVarios autores
Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·
7. As mil e unha noitesVarios autores
Relatos deaventuras,
de misterio ede humor
· · · · · · · · · · · · · · · ·8. O signo dos catro
Arthur Conan Doyle
Relatopolicial e
de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·
Amiz
ade
Com
pañe
irism
o
Con
fianz
a
Con
stan
cia
Cre
ativ
idad
e
Crit
erio
prop
io
Div
ersid
ade
Xen
eros
idad
e
Hon
rade
z
Imax
inac
ión
Xus
tiza
Med
iona
tura
l
Resp
onsa
bilid
ade
Solid
arie
dade
Tole
ranc
ia
Vale
ntía
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:42 Página 19
Ronda de Outeiro, 308. 15011 A Coruña. Tel. 981 27 35 00 • Fax 981 26 98 86
C10
0345
Ctlg_Lite_GAL_2013_TRIPA 31/10/12 14:42 Página 20