Upload
others
View
13
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
C O N C E L L O D E V I G O
PLANEAMENTO E XESTIÓN XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA
DOCUMENTO 3 NORMATIVA
V 2 . D O C U M E N T O P A R A A P R O B A C I Ó N D E F I N I T I V A F E B R E I R O 2 0 1 4
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
ÍNDICE
TÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS 4
CAPÍTULO 1 NATUREZA E ALCANCE DO PLAN 4
Artigo 1.1.1. Natureza do plan 4
Artigo 1.1.2. Finalidade 4
Artigo 1.1.3. Ámbito territorial 4
CAPÍTULO 2 DOCUMENTACIÓN, INTERPRETACIÓN E VIXENCIA DO PLAN ESPECIAL 5
Artigo 1.2.1. Documentos do Plan Especial 5
Artigo 1.2.2. Interpretación do Plan 6
Artigo 1.2.3. Vinculación das determinacións do Plan Especial 6
Artigo 1.2.4. Vixencia do Plan Especial 6
CAPÍTULO 3 XESTIÓN DO PLAN 7
Artigo 1.3.1. Adquisición de terreos 7
Artigo 1.3.2. Actuacións e Proxectos 7
TÍTULO 2 NORMAS XERAIS DE REGULACIÓN DE USOS E ACTIVIDADES 8
CAPÍTULO 1 CATEGORÍAS DE ORDENACIÓN 8
Artigo 2.1.1. División do ámbito en categorías 8
Artigo 2.1.2. Áreas de ordenanza particular deste Plan Especial 8
Artigo 2.1.3. Área NC. ”NÚCLEO CENTRAL PARROQUIAL” 9
Artigo 2.1.4. Área PA. ”PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA” 9
Artigo 2.1.5. Área R. ”CONXUNTO RESIDENCIAL MESTRES GOLDAR” 10
Artigo 2.1.6. Área MP. ”MONTE PÚBLICO” 10
Artigo 2.1.7. Área EQ. ”EQUIPAMENTOS MONTE DA MINA-CASTRELOS” 10
Artigo 2.1.8. Área AP. ”ABA DE POÑENTE” 11
Artigo 2.1.9. Área PP. “ÁREAS DE PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA” 11
CAPÍTULO 2 REGULACIÓN XERAL DOS USOS DO SOLO E ACTIVIDADES 11
Artigo 2.2.1. Definición de usos do solo e actividades 11
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 1 de 43
DOCUMENTO 3
NORMATIVA
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
Artigo 2.2.2. Prohibición xeral de usos e actividades 12
Artigo 2.2.3. Protección dos recursos naturais 12
Artigo 2.2.4. Accesibilidade, mobilidade e protección da imaxe urbana 13
Artigo 2.2.5. Investigación e educación ambiental 14
Artigo 2.2.6. Prevención de incendios 14
TÍTULO 3 NORMAS PARTICULARES DE REGULACIÓN DE USOS E ACTIVIDADES POR ÁREAS DE
ORDENANZA PARTICULAR 15
CAPÍTULO 1 ORDENANZA MM.NC. DO NÚCLEO CENTRAL PARROQUIAL 15
Artigo 3.1.1. Identificación 15
Artigo 3.1.2. Réxime particular de usos 15
Artigo 3.1.3. Réxime da edificación e obras 15
CAPÍTULO 2 ORDENANZA MM.PA. NORMAS DE PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA 16
Artigo 3.2.1. Identificación 16
Artigo 3.2.2. Cautelas arqueolóxicas 18
Artigo 3.2.3. Tramitación arqueolóxica 20
Artigo 3.2.4. Conservación do patrimonio arqueolóxico 23
CAPÍTULO 3 ORDENANZA MM.R. ÁREA RESIDENCIAL DE MESTRES GOLDAR 23
Artigo 3.3.1. Identificación 23
Artigo 3.3.2. Réxime da ordenanza R 24
Artigo 3.3.3. Réxime particular de usos 24
Artigo 3.3.4. Condicións de parcela 24
Artigo 3.3.5. Réxime da edificación e obras 25
Artigo 3.3.6. Condicións de ocupación 26
Artigo 3.3.7. Altura máxima 27
Artigo 3.3.8. Condicións estéticas 29
CAPÍTULO 4 ORDENANZA MM.MP. ÁREA DE MONTE PÚBLICO 29
Artigo 3.4.1. Identificación 29
Artigo 3.4.2. Condicións de uso e edificación 30
CAPÍTULO 5 ORDENANZA MM.EQ. PARA ZONAS DE EQUIPAMENTOS 32
Artigo 3.5.1. Identificación 32
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 2 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
Artigo 3.5.2. Réxime particular de usos 32
Artigo 3.5.3. Réxime das edificación e obras 32
CAPÍTULO 6 ORDENANZA MM.AP. ÁREA DA ABA DE POÑENTE 33
Artigo 3.6.1. Identificación 33
Artigo 3.6.2. Réxime particular de usos 33
Artigo 3.6.3. Réxime da edificación e obras 33
CAPÍTULO 7 NORMATIVA PARTICULAR MM.PP. DE PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA 36
Artigo 3.7.1. Identificación 36
Sección 1ª: Área PP1 36
Artigo 3.7.2. Ámbito de aplicación 36
Artigo 3.7.3. Criterio de actuación 37
Artigo 3.7.4. Subárea 1: Fachada oeste do centro da asociación veciñal 37
Artigo 3.7.5. Subárea 2: Fachada corredor norte – leste – sur 37
Artigo 3.7.6. Subárea 3: Campo de fútbol e fachada oeste 38
Sección 2ª: Área PP2 38
Artigo 3.7.7. Ámbito de aplicación 38
Artigo 3.7.8. Criterio de actuación 38
Artigo 3.7.9. Medidas específicas 39
Sección 3ª: Área PP3 39
Artigo 3.7.10. Ámbito de aplicación 39
Artigo 3.7.11. Criterio de actuación 39
Artigo 3.7.12. Medidas específicas 40
Sección 4ª: Área PP4 40
Artigo 3.7.13. Ámbito de aplicación 40
Artigo 3.7.14. Criterio de actuación 40
Artigo 3.7.15. Medidas específicas de actuación 41
RELACIÓN DE PARCELAS CON ORDENANZAS PARTICULARES QUE LLE SON DE APLICACIÓN 41
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 3 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
TÍTULO 1 DISPOSICIÓNS XERAIS____________________________________________________________
CAPÍTULO 1 NATUREZA E ALCANCE DO PLAN ESPECIAL
Artigo 1.1.1. Natureza do Plan
1. O Plan Especial de protección e acondicionamento do Monte da Mina formúlase en
desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo aprobado definitiva e
parcialmente mediante Orde da CPTOPT do 16.05.2008 (DOG nº 106, do 03.06.2008) e por Orde do
Conselleiro da CMATI do 13.07.2009 (DOG nº 144, do 24.07.2009) de aprobación definitiva do
documento de cumprimento da orde do 16.05.2008, así como en aplicación dos artigos 4.1.6 e 4.1.7
das súas NNUU e en desenvolvemento da ficha do sistema xeral de espazos libres SX/EL-ZV/B11
MONTE DA MINA, que figura no seu Tomo IV Documento de Xestión e Execución.
2. O presente Plan Especial ten natureza de instrumento de planeamento de desenvolvemento
previsto nos artigos 68, 69 e 71 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e
Protección do Medio Rural de Galicia.
Artigo 1.1.2. Finalidade
O presente Plan Especial ten como finalidade establecer as medidas necesarias para asegurar a
protección, conservación, catalogación, mellora e posta en valor do patrimonio arqueolóxico,
arquitectónico e etnográfico, dos espazos naturais, da paisaxe e do medio físico do Monte da
Mina, así como para levar a cabo a ordenación urbanística detallada no seu ámbito.
Artigo 1.1.3. Ámbito territorial
1. O ámbito territorial do Plan Especial localízase na parroquia de Castrelos, entre os barrios de
Costa e a Galindra, no centro do Concello de Vigo. Abrangue unha superficie total de
aproximadamente 117.000 m2, nos que se inclúen 86 parcelas catastrais. A delimitación concreta
figura no plano P.01 de Ordenación, resultado do reaxuste realizado polo presente Plan Especial
sobre a delimitación que figura no PXOM, ao incorporarse a totalidade do camiño da Faldriqueira.
2. Ao respecto das parcelas números 10, 76, 77, 78, 79, 80, 81, 82, 83, 84, 85 e 86, exteriores aos viais
perimetrais e incluídas polo PXOM no ámbito territorial do Plan Especial, este Plan Especial limítase a
manter as afeccións das aliñacións definidas no PXOM sen conter ningunha outra regulación
específica.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 4 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
CAPÍTULO 2 DOCUMENTACIÓN, INTERPRETACIÓN E VIXENCIA DO PLAN ESPECIAL
Artigo 1.2.1. Documentos do Plan Especial
O Plan Especial do Monte da Mina consta dos seguintes documentos:
1. Memoria Informativa: Documento de caracterización e valoración do medio que xustifica a
conveniencia e oportunidade do Plan.
2. Memoria Xustificativa: Documento no que se enumeran os obxectivos a acadar coa aplicación
do Plan Especial e se definen os criterios para conseguir os obxectivos fixados e se describe a
proposta de ordenación e as actuacións concretas para lograr tales obxectivos, así como o prazo
prefixado para a súa execución. Inclúe tres anexos: o primeiro de tramitación, o segundo un estudo
de visibilidade desde o Pazo de Castrelos da ordenación proposta na área residencial e no terceiro
anexo se incorpora un estudo dos muros tradicionais.
3. Normativa do Plan Especial: Documento que recolle a definición das categorías de ordenación e
protección, así como as disposicións que regulan os usos, actividades e edificación no ámbito
ordenado, para conciliar a protección e desfrute do medio natural e rural do Monte da Mina.
4. Estratexia de actuación e Estudo económico financeiro: Documento que recolle unha
estimación de actuacións e prazos para lograr os obxectivos fixados e do custo estimativo das
mesmas.
5. Catálogo.
6. Planos:
PLANOS DE INFORMACIÓN:
I.01. V.1. SITUACIÓN. Escala 1/60.000, 1/2.500. A2
I.02. V.1. PXOM VIXENTE. Escala 1/2.000. A2
I.03. V.1. EVOLUCIÓN HISTÓRICA. Escala 1/5.000, 1/2.000. A2
I.04. V.1. PARCELARIO. Escala 1/1.500. A2
I.05. V.1. PROTECCIÓNS. Escala 1/2.000. A2
I.06. V.1. USOS - TIPOLOXÍA EDIFICATORIAS. Escala 1/1.500. A2
I.07. V.1. ESTUDO PAISAXE. Escala 1/15.000. A2.
I.08. V.1. TOPOGRAFÍA - SECCIÓNS. Escala 1/2.000. A2
I.09. V.1. REDES DE SERVIZOS. Escala 1/1.500. A2
I.10. V.1. ZONIFICACIÓN. Escala 1/1.500. A2
I.11. V.1. DESCONFORMES. Escala 1/1.500. A2
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 5 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
PLANOS DE PROPOSTA-ORDENACIÓN:
P.01. V.1. PLANO DE ORDENACIÓN-PLANTA. Escala 1/1.000. A1
P.02. V.1. PLANO DE ORDENACIÓN-SECCIÓNS. Escala 1/300. A1
P.03. V.1. ACTUACIÓNS-XESTIÓN. Escala 1/1.500. A2
P.04. V.1. ACTUACIÓNS-IGREXA. Escala 1/1.300. A2
P.05. V.1. IMAXE FINAL. Escala 1/1.000. A1
Artigo 1.2.2. Interpretación do Plan
1. A interpretación dos contidos deste Plan Especial debe facerse considerando o documento
como un todo unitario. No suposto de que se producisen interpretacións contraditorias ou
discordancias entre a documentación escrita e a gráfica, prevalecerá a primeira sobre a segunda
e no caso de contradicións entre as normas de protección e as de ordenación, adoptarase a
interpretación que leve consigo o maior grao de protección.
2. As dúbidas que puideran xurdir na interpretación do Plan Especial do monte da Mina serán
resoltas pola Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
3. No non previsto expresamente nas normas do Plan Especial aplicarase o PXOM de Vigo.
Artigo 1.2.3. Vinculación das determinacións do Plan Especial
1. As disposicións deste Plan Especial serán vinculantes tanto para ás Administracións Públicas como
para os particulares dende a súa entrada en vigor.
2. Os documentos de Memoria Informativa e Memoria Xustificativa son de carácter meramente
informativo e xustificativo, así como os planos de información.
3. Os documentos de Normativa do Plan Especial e a serie de Planos de Ordenación terán carácter
vinculante.
4. No seu ámbito de aplicación este Plan Especial ten unha vocación unicamente de protección
ambiental de toda a edificación existente, agás nos casos de catalogación específica dalgún
edificio ou elemento concreto. Considerarase normativa vinculante a catalogación das
edificacións.
Artigo 1.2.4. Vixencia do Plan Especial
1. As determinacións do Plan Especial entrarán en vigor de acordo co disposto na lexislación
urbanística na súa relación cos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 6 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
de réxime local e terán vixencia indefinida ata a súa revisión ou modificación.
2. A revisión ou modificación das súas determinacións poderá realizarse en calquera momento a
través dos mesmos trámites seguidos para a súa aprobación.
3. Anualmente supervisarase o desenvolvemento deste Plan Especial mediante a súa integración
no informe anual de seguimento do PXOM. O dito informe recollerá, no seu caso, aquelas
adaptacións ou modificacións a incorporar ao Plan Especial para a súa adecuación ás
circunstancias do momento.
CAPÍTULO 3 XESTIÓN DO PLAN
Artigo 1.3.1. Adquisición de terreos
1. A xestión do presente Plan Especial correspóndelle ao Concello de Vigo, sen prexuízo da
cooperación que podan prestar outras Administracións Públicas no ámbito das súas competencias
ou da participación de colectivos ou de particulares de acordo coa normativa e o presente Plan.
2. A obtención dos terreos destinados a Sistemas Xerais terá lugar mediante expropiación forzosa,
por convenio entre a administración e o propietario ou por permuta forzosa con terreos do
patrimonio municipal de solo, de acordo coa lexislación urbanística e en aplicación do artigo 166
da LOUGA.
3. O Concello de Vigo dará prioridade á adquisición daquelas parcelas de titularidade privada
existentes na zona de ordenanza MM.MP. “Monte Público”.
Artigo 1.3.2. Actuacións e Proxectos
1. O Plan Especial prevé na súa estratexia de actuación unha serie de accións de reurbanización e
restauración ambiental, delimitadas nos plano P-03 e P-04, que deberán desenvolverse a través de
Proxectos específicos de obras ou Proxectos de urbanización.
2. Así mesmo, poderán levarse a cabo actuacións de recuperación ou mellora do medio natural a
través de actuacións de reforestación ou restauración.
3. Todos os proxectos que se desenvolvan dentro do seu ámbito territorial deberán recoller as
medidas protectoras previstas no presente Plan e na lexislación protectora do patrimonio cultural e
do medio ambiente que lle resulten de aplicación.
4. Todas as medidas protectoras e correctoras e os controis ambientais indicados que deban
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 7 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
incorporarse aos citados proxectos, deberán de facelo co suficiente grao de detalle para garantir
a súa efectividade. Aquelas medidas que sexa posible orzamentar deberán incluírse como
unidades de obra, coa súa correspondente partida económica nos proxectos e aquelas que non
podan presupostarse incluiranse no prego de condicións técnicas.
TÍTULO 2 NORMAS XERAIS DE REGULACIÓN DE USOS E ACTIVIDADES_________________________
CAPÍTULO 1 CATEGORÍAS DE ORDENACIÓN
Artigo 2.1.1. División do ámbito en categorías
O Plan Especial divide o seu ámbito territorial en áreas de ordenanza particular, áreas de cautela
arqueolóxica e áreas de fraxilidade paisaxística. Ditas áreas non son excluíntes entre si, podendo
quedar afectada unha mesma parcela por unha ou varias áreas de ordenanza particular, de
protección arqueolóxica e de protección paisaxística.
Ao final desta normativa figura un cadro informativo coas ordenanzas que lle son de aplicación a
cada unha das parcelas catastrais incluídas no ámbito.
Toda actuación, obra ou intervención que pretenda executarse nunha parcela afectada
simultaneamente por varias áreas de ordenanza particular, de protección arqueolóxica ou
paisaxística deberá cumprir as determinacións contidas no presente Plan Especial para cada unha
delas e, en caso de contradición entre tales determinacións, prevalecerán as máis restritivas e as
que proporcionen unha maior protección sobre bens e valores obxecto de protección neste Plan
Especial.
Artigo 2.1.2. Áreas de ordenanza particular deste Plan Especial.
1. Estas áreas, que figuran delimitadas graficamente no plano de ordenación P-01, poden solaparse
entre si, de tal xeito que en cada parcela deberán cumprirse as determinacións do PXOM, as xerais
propias deste Plan Especial e as particulares da área ou áreas de ordenanza particular deste Plan
Especial nas que estea incluída.
2. Establécense as seguintes áreas de ordenanza particular:
NC. ”NÚCLEO CENTRAL PARROQUIAL”
PA. ”PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA”
R. ”CONXUNTO RESIDENCIAL MESTRES GOLDAR”
MP. ”MONTE PÚBLICO”
EQ. ”EQUIPAMENTOS MONTE DA MINA-CASTRELOS”
AP. ”ABA DE POÑENTE”
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 8 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
PP. ”PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA”
Artigo 2.1.3. Área NC. ”NÚCLEO CENTRAL PARROQUIAL”
1. Esta zona de ordenación abarca principalmente o conxunto da igrexa románica co seu adro, o
cemiterio, a casa reitoral, o cruceiro e o conxunto de casarío incluído polo PXOM na zona
delimitada de protección, na confluencia entre a rúa Mestres Goldar e a praza da igrexa.
2. Esta área engloba elementos e espazos a preservar polos seus valores patrimoniais e como
espazo público de referencia de toda a parroquia de Castrelos e, igualmente, tenta potenciar e
conservar a singularidade da Igrexa de Santa María de cara a súa declaración de Ben de Interese
Cultural.
3. Nesta área se inclúen os elementos de patrimonio arquitectónico con protección de ámbito
local: o elemento arquitectónico catalogado polo PXOM A_156 do conxunto parroquial, os
elementos do catálogo etnográfico (hórreos 01-0823 e 01-0824) e os elementos catalogados por
este Plan Especial (MM-01Escola Unitaria Mestres Goldar e MM-02 e MM-03 casas de obra do
igrexario parroquial). Tamén se inclúe o eixo principal da rúa Mestres Goldar, a Praza-adro da Igrexa
e o casarío residencial central.
4. O presente Plan establece limitacións á implantación de usos e de edificacións nesta área. As
actuacións e obras permitidas réxense ademais de polo presente Plan, pola normativa do
Catálogo do PXOM. No caso de que teña lugar a declaración de BIC da Igrexa de Santa María,
será tamén de aplicación a lexislación protectora do patrimonio cultural.
5. As intervención nos espazos públicos ou nas edificacións, serán consultadas á Consellería de
Cultura da Xunta de Galicia cando así o esixa a lexislación protectora do patrimonio cultural.
6. O criterio de actuación é a conservación, investigación, restauración e posta e valor tanto da
Igrexa, como ben cultural, como dos elementos catalogados, segundo o seu respectivo grao de
protección, garantíndose a intervención controlada dos espazos e elementos na súa contorna.
Artigo 2.1.4. Área PA. ”PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA”
1. Esta constituída polas áreas delimitadas no plano 13-L da cartografía do Plan Xeral e nos planos
de ordenación deste Plan Especial como áreas de protección integral dos elemento arqueolóxicos
GA36057149 (Castro da Monte da Mina) e GA36057014 (necrópole de Castrelos), así como a área
de respecto dos mesmos elementos que tamén figura grafada nos planos, ás que se lle engaden a
parcela da escola unitaria e as dúas parcelas estremeiras.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 9 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
2. O criterio de actuación é a conservación, investigación, restauración e posta en valor do ben
cultural, establecendo limitacións adicionais á implantación de usos e edificacións.
Artigo 2.1.5. Área R. ”CONXUNTO RESIDENCIAL MESTRES GOLDAR”
1. A zona comprende a agrupación de edificacións aliñadas coa rúa Mestres Goldar e camiño de
Xiña, configurando un núcleo de poboación en fileira. Inclúense tamén as parcelas baleiras
situadas nesa zona, cualificadas transitoriamente polo PXOM coa ordenanza 10-2ª, de edificación
residencial exterior. A tipoloxía edificatoria é de vivenda unifamiliar illada, con alboios acaroados a
lindeiros en moitos casos.
2. O criterio de actuación será a integración dos usos residenciais á contorna mediante a
adaptación das parcelas e das edificacións ás pendentes do terreo dende o punto de vista
topográfico, ambiental e paisaxístico. Distínguense, basicamente, dúas situacións ou subáreas:
parcelas consolidadas, nas que se conservarán as condicións de parcelación e edificación
actuais, e parcelas baleiras, nas que se precisarán as condicións de parcela e edificación para a
súa mellor integración na topografía existente.
Artigo 2.1.6. Área MP. ”MONTE PÚBLICO”
1. Comprende tanto a zona de monte existente como o previsto polo PXOM como sistema xeral de
espazos libres e zonas verdes. Inclúense superficies de monte veciñal en man común e monte
privado, así como parcelas municipais xa destinadas a zonas verdes, lecer, aparcamentos e viais.
2. O criterio de actuación principal é propiciar a obtención da totalidade deste solo como espazo
público para o lecer e desfrute de toda a poboación, respectando as súas condicións naturais e
paisaxísticas, para o que procurarase manter a integridade física do monte, fomentar a
conectividade biolóxica dos hábitats e promover a recuperación dos distintos estratos que integran
as formacións boscosas, favorecendo a biodiversidade.
Artigo 2.1.7. Área EQ. ”EQUIPAMENTOS MONTE DA MINA-CASTRELOS”
1. A zona ten un carácter descontinuo e inclúe distintas parcelas de equipamentos situadas tanto
no cumio do Monte da Mina como na súa aba de poñente.
2. No cumio do monte da Mina existen dúas instalacións deportivas (un pavillón cuberto e un
campo de fútbol), e un edificio socio-cultural (da asociación de veciños de Castrelos), que
segundo o PXOM teñen o carácter de dotacións públicas existentes enclavadas no sistema xeral
de espazos libres e zonas verdes do monte, sen que se prevexa a súa ampliación.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 10 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
3. Na aba de poñente inclúense un inmoble relixioso (a igrexa parroquial), un espazo dedicado a
servizos públicos funerarios (o cemiterio), unha parcela educativo-asistencial (Aspanaex) e a
parcela de uso educativo da Escola Unitaria Mestres Goldar. Estes equipamentos son considerados
polo PXOM como Sistema local.
4. O criterio de actuación é o de posibilitar a integración ou remodelación destes equipamentos,
sen que se produzan maiores ocupacións do solo, agás o relativo á regularización da parcela da
escola unitaria a costa da incorporación das dúas pequenas parcelas lindeiras números 41 e 42,
regulando e clarificando tales usos dotacionais.
Artigo 2.1.8. Área AP. ”ABA DE POÑENTE”
1. É a ladeira do Monte da Mina na que se efectúa a transición tanto visual como física entre o
Parque de Castrelos e o cumio do Monte da Mina. Comprende a parcela de ASPANAEX, cunha
superficie total de 7.650 m² os viais do camiño de Corredoura e a subida á Praza da Igrexa (tamén
denominado “Camiño da Faldriqueira”).
2. O criterio de actuación é a definición dunhas condicións de asentamento en pendente que
preserven paisaxisticamente as perspectivas visuais do Monte da Mina e propicien a conexión visual
e peonil entre o Parque de Castrelos e a Igrexa Parroquial.
Artigo 2.1.9. Área PP. “ÁREAS DE PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA”
1. Son aquelas zonas que pola súa visibilidade resultan de interese paisaxístico e nas que, pola súa
fraxilidade, calquera intervención nas mesmas poderá alterar a calidade estética da contorna.
Nestas áreas inclúense as zonas delimitadas no plano P-01 nas abas e vaguadas que segundo o
estudo da paisaxe constitúen un salientable elemento diferenciador da paisaxe.
2. O criterio de actuación nestas áreas céntranse na súa mellora estética e perceptual mediante a
conservación da vexetación de interese naturalístico e a substitución de plantacións forestais de
alcolitos e coníferas por especies máis acordes á finalidade deste Plan Especial. Dado que un dos
elementos de maior impacto na paisaxe da área é a abundante presenza de postes e cableados
eléctricos e antenas, establécese a necesidade de realizar un estudo técnico sobre a viabilidade
de soterramento das liñas e a unificación de antenas.
CAPÍTULO 2 REGULACIÓN XERAL DOS USOS DO SOLO E ACTIVIDADES
Artigo 2.2.1. Definición de usos do solo e actividades
1. Con carácter xeral, a definición de usos globais, característicos, permitidos e compatibles
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 11 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
respóndese coas realizadas no PXOM nas correspondentes ordenanzas de aplicación.
2. Non obstante, o Plan Especial pormenoriza detalladamente ditos usos globais en cada unha das
súas áreas de ordenanza particular, dentro dos seguintes usos e clases da estrutura de usos do
PXOM:
Uso 1 Residencial: Clase: Vivenda e Residencia.
Uso 3 Terciario Xeral: Clase: Oficinas e Centros de Reunión.
Uso 4 Dotacional: Clase: Educación, Socio-cultural, Asistencial, Servizos públicos, Relixioso e
Deportivo.
Uso 7 Espazos libres: Clase: Espazos libres e zonas verdes.
Uso 9 Transportes e comunicación: Clase: Rede Viaria.
Uso 10 Agropecuario.
Artigo 2.2.2. Prohibición xeral de usos e actividades
1. O Plan Especial recolle unha serie de usos e actividades prohibidas en función dos bens ou
recursos que trata de protexer. Non obstante, na totalidade do seu ámbito territorial, establece as
seguintes prohibicións:
a) Prohibición absoluta de verquido de calquera tipo de entullo en todo o ámbito do Plan Especial,
así como a queima de residuos sólidos.
b) Prohibición de eliminación de árbores e arbustos de especies autóctonas, agás que afecten aos
restos arqueolóxicos.
c) Prohibición da introdución de certas especies alóctonas de flora e fauna.
d) Prohibición da implantación de calquera tipo de actividade industrial.
2. Terán a consideración de usos prohibidos, todos aqueles que non figuren como admitidos,
compatibles ou tolerados no desenvolvemento do Título 3 da presente normativa.
Artigo 2.2.3. Protección dos recursos naturais
1. Identifícanse os seguintes recursos susceptibles de protección aos que se lles asignan as
recomendacións e prohibicións específicas recollidas neste artigo:
1.1. Protección de recursos xeolóxicos: queda prohibida calquera uso ou actividade que conleve
unha alteración e perda do valor ecolóxico dos rochedos e material litolóxico.
1.2. Protección de recursos hidrolóxicos: queda prohibida calquera acción que poda alterar o
caudal e a calidade das augas superficiais e subterráneas, así como a súa contorna. As fontes e
mananciais existentes dentro da área ordenada considéranse elementos de interese a protexer.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 12 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO CONCELLO DE VIGO
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 13 de 43
1.3. Protección do solo: deben evitarse todas aquelas accións que ocasionen a perda de solo. A
rexeneración de solos co fin de atallar a erosión causada polo auga ou por calquera outra causa,
realizarase con materiais da mesma orixe que os perdidos, sendo preceptivo un informe que
xustifique a súa idoneidade.
1.4. Protección da vexetación: velarase pola protección da vexetación autóctona, promovendo
actividades e proxectos tendentes á rexeneración, recuperación e mantemento das comunidades
vexetais características. Para a súa rexeneración, utilizarase material vexetal da zona, cando sexa
posible, ou outras especies autóctonas, evitando a introdución de especies alóctonas.
A utilización de produtos fitosanitarios e zoosanitarios estará condicionada á elaboración dun
informe previo de idoneidade que xustifique a súa utilización. Nel especificaranse as zonas de
actuación e prazos e deberá ser aprobado previamente polo servizo municipal de montes, parques
e xardíns.
1.5. Protección da fauna: prohíbense, con carácter xeral, as actividades que podan supoñer un
deterioro ou impacto negativo sobre a fauna silvestre, tales como a destrución de niños e
madrigueiras, incluíndo a captura e manipulación de larvas, crías, ovos e animais adultos, así como
molestias sobre os seus requirimentos biolóxicos, especialmente no concernente á reprodución.
Artigo 2.2.4. Accesibilidade, mobilidade e protección da imaxe urbana
1. O Concello de Vigo e as demais Administracións Públicas competentes por razón da materia,
facilitarán o transporte sostible no ámbito e potenciarán o seu acceso mediante as liñas urbanas de
autobuses.
2. Recoméndase o estudo da conveniencia de implantar un servizo de transporte parroquial en
vehículo de pequeno volume que comunique os distintos barrios da parroquia de Castrelos co
centro veciñal, que podería facer as veces de “centro de día”.
3. Prohibirase o tráfico pasante de vehículos xunto á ábsida da Igrexa de Santa María, na rúa
Mestres Goldar. A tal efecto disporase de fondos de saco tanto na rúa Mestres Goldar para
cambios de sentido para vehículos que circulen en sentido Norte-Sur dende o camiño Cruceiro e
no sentido Sur-Norte dende o camiño da Xiña.
4. O acceso de vehículos á zona da praza da Igrexa limitarase, quedando restrinxido aos vehículos
de emerxencias, vixilancia, mantemento, relixioso, educativo, comercial interior ao ámbito e
de residentes. O acceso rodado baixo calquera outra circunstancia deberá contar coa
autorización municipal do departamento de Seguridade, Circulación e Transportes.
5. No camiño Fladriquiera, sen prexuízo do seu carácter prioritariamente peonil, autorizarase o
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO CONCELLO DE VIGO
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 14 de 43
acceso de vehículos e autobuses ao servizo do equipamento asistencial-escolar da parcela coa
ordenanza AP.
6. Sinalización
a) Unicamente permítese a instalación de elementos de sinalización propia da seguridade viaria,
direccional e informativa-interpretativa para fins educativos e de xestión da área ordenada,
prohibíndose todo tipo de publicidade comercial, agás os rótulos de actividades autorizadas
dentro do ámbito.
b) A sinalización autorizada deberá manterse actualizada e en bo estado de conservación.
c) Os elementos de sinalización realizaranse en materiais acordes coa contorna, de modo que se
favoreza a súa integración no mesmo.
6. Eliminaranse aqueles elementos introducidos na paisaxe tales como torres eléctricas, antenas,
estruturas metálicas ou de fábrica sen uso, así como calquera outro que distorsione con ela. Se os
elementos degradantes estiveran en uso adoptaranse as medidas oportunas para posibilitar a súa
eliminación.
Artigo 2.2.5. Investigación e educación ambiental
1. Co fin de mellorar o coñecemento sobre o monte e os seus valores e potenciar unha conciencia
ambiental, fomentaranse as iniciativas tendentes á realización de estudos que permitan afondar no
coñecemento do seu patrimonio natural e cultural nos seus diferentes aspectos (ecolóxico,
xeolóxico, histórico, etnográfico, social e económica).
Entregarase unha copia dos traballos realizados no seo destas iniciativas ao Concello de Vigo para
formar parte do fondo documental e bibliográfico municipal e, no seu caso, das institucións
parroquiais de Castrelos.
2. Igualmente fomentarse a conservación medioambiental e dos valores culturais a través de
campañas e programas de divulgación e sensibilización cidadán.
Artigo 2.2.6. Prevención de Incendios
1. Sen prexuízo do cumprimento da lexislación que resulte de aplicación en materia de prevención
e extinción de incendios, a Lei 3/2007, de 7 de abril, de Prevención de incendios forestais de Galicia
servirá de referencia para adopción das medidas que procedan.
2. Como medida preventiva, prohíbese o uso do lume, agás para as actividades e nas condicións,
períodos ou zonas autorizadas polo Concello ou Administración competente, nos termos que
establece a lexislación de prevención de incendios forestais. A utilización de fogos de artificio ou
doutros artefactos pirotécnicos requirirá á previa autorización do Concello.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
3. Durante as épocas de alto perigo de incendio, será obrigatorio que os traballos ou actividades
que se desenvolvan no ámbito territorial deste Plan Especial cumpran as seguintes medidas de
prevención: os tractores, máquinas e vehículos de transporte pesado de todo tipo deberán estar
dotados de dispositivos de retención de chispas e antilapas nos tubos de escape e deberán estar
provistos de equipamento para extinción de incendios e o uso de maquinaria non forestal nin
agrícola con ferramentas que poda producir chispas ou soldaduras precisará da correspondente
autorización administrativa.
TÍTULO 3 NORMAS PARTICULARES DE REGULACIÓN DE USOS E ACTIVIDADES POR ÁREAS DE
ORDENANZA PARTICULAR______________________________________________________________________
CAPÍTULO 1 ORDENANZA MM.NC DO NÚCLEO CENTRAL PARROQUIAL
Artigo 3.1.1. Identificación
Refírese á zona delimitada cunha liña de cadrados no plano de ordenación P-01.
Artigo 3.1.2. Réxime particular de usos
Defínese o seguinte réxime particular de usos:
Uso característico: Residencial unifamiliar (na área R), Dotacional Relixioso (no conxunto Parroquial),
Dotacional Servizos Públicos (no Cemiterio), Dotacional Asistencial (na parcela de Aspanaex).
Usos compatibles no mesmo edificio: na área R segundo o réxime do PXOM para a ordenanza 10,
no apartado 2 do artigo 9.10.23 das NN.UU., agás usos industriais que se considerarán expresamente
prohibidos.
Usos tolerados ou permitidos provisionalmente: Os usos culturais, recreativos e festivos esporádicos,
sometidos a autorización administrativa, aos que se refire a normativa do PXOM nos artigos 5.1.15 e
2.1.7.
Usos prohibidos: Industrial e almacéns, ademais dos non especificados expresamente nos
apartados anteriores nin nos de referencia.
Artigo 3.1.3. Réxime da edificación e obras
1. A igrexa parroquial, a casa reitoral e o cemiterio, integrantes do elemento catalogado polo
PXOM A_156, rexeranse pola Normativa do catálogo do PXOM para os bens de catalogados con
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 15 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
PROTECCIÓN INTEGRAL, permitíndose unicamente obras de mantemento, consolidación e
recuperación. Subsidiariamente rexeranse polas condicións de uso e edificación da Ordenanza 13
do PXOM (artigos 9.13.31 e 9.13.32 para o conxunto parroquial e artigos 9.13.29 e 9.13.30 para o
cemiterio).
2. Os elementos catalogados por este Plan Especial que se identifican como MM-01, MM-02, MM-03
e MM-04, rexeranse pola normativa do Catálogo do PXOM, como PROTECCIÓN AMBIENTAL
ESPECÍFICA, permitíndose as obras que se especifican na respectiva ficha particular de
catalogación, anexa a esta normativa.
3. Nas parcelas desta área que tamén pertenzan ás zonas de ordenanza MM.R ou MM.AP, as
condicións de edificación e volume rexeranse polo que dispoñan estas respectivas ordenanzas
MM.R e MM.AP, coas precisións que deban terse en conta en aplicación da presente ordenanza
MM.NC.
4. As intervencións no espazo público seguirán os criterios de intervención que figuran nos planos P-
03 e P-04 deste Plan especial.
5. Os materiais e técnicas construtivas a empregar nesta área de ordenanza serán os tradicionais
da zona, con muros de peche e fachada en cachotería ou cantería de granito, cubertas a dous ou
catro augas de tella cerámica curva, ocos de fachada de proporción vertical con carpinterías de
madeira, prohibíndose a utilización de cores ou texturas que supoñan unha alteración importante
para a imaxe do conxunto.
6. Calquera intervención sobre a edificación e os espazos libres nesta área deberá someterse,
previamente ao outorgamento de licenza ou aprobación do proxecto, a informe da Dirección
Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en relación coa
ordenación do Conxunto parroquial e a Igrexa de Castrelos.
7. Procederase á eliminación ou soterramento das liñas de tendido aéreo existentes e retirada dos
elementos destas que estean fóra de servizo.
CAPÍTULO 2 ORDENANZA MM.PA. NORMAS DE PROTECCIÓN ARQUEOLÓXICA
Artigo 3.2.1. Identificación
1. As presentes normas de protección arqueolóxica serán de aplicación en todo o ámbito do Plan
Especial de Protección, nas áreas delimitadas ao respecto.
2. O Plan Especial delimita catro áreas de cautela arqueolóxica seguindo os datos históricos e
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 16 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
arqueolóxicos que se posúen e tendo en conta as actuacións propostas e que figuran tramadas
nos planos de ordenación en distintas tramas raiadas a 45º:
ÁREA PA1: comprende o espazo delimitado nos planos e documento de ordenación como área de
protección integral do xacemento do Castro do Monte da Mina, en solo clasificado como sistema
xeral de zonas verdes, ao que hai que superpoñer o de protección arqueolóxica.
ÁREA PA2: comprende o espazo delimitado nos planos e documento de ordenación como área de
protección integral do xacemento do Castro do Monte da Mina, en solo clasificado como urbano
consolidado coa ordenanza 10.2º, incluíndo a parcela ocupada polo cemiterio (equipamentos
locais).
ÁREA PA3: comprende os terreos delimitados nos planos e documentos de ordenación como área
de respecto dos xacementos arqueolóxicos do Castro do Monte da Mina e Necrópole de Santa
María de Castrelos.
ÁREA PA4: comprende o espazo delimitado nos planos e documento de ordenación como área de
protección do xacemento da Necrópole de Santa María de Castrelos, en solo clasificado como
sistemas locais de espazos libres e zonas verdes.
3. As modificacións das áreas de cautela arqueolóxica, en función do resultado que arroxen os
novos datos arqueolóxicos ou históricos que se obteñan, tramitaranse a proposta da Unidade de
arqueoloxía municipal seguindo o procedemento establecido para a modificación puntual dun
Plan Especial.
Áreas de protección arqueolóxica
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 17 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
Artigo 3.2.2. Cautelas arqueolóxicas
1. Para garantir a protección do patrimonio arqueolóxico, se establecen os seguintes tipos de
cautelas que afectan tanto a espazos públicos como a espazos privados:
1.1. Cautela Arqueolóxica I: aplicarase ao ámbito da Área PA1.
Nesta área permitiranse actuacións encamiñadas a súa conservación, protección, consolidación,
investigación e posta en valor.
Permitiranse os usos tradicionais agropecuarios sempre que non alteren o substrato arqueolóxico nin
precisen de novas instalacións.
Para a execución de talas de arborado, deberanse solicitar as autorizacións pertinentes. Á vista do
proxecto/memoria para a súa execución, a Unidade Municipal de arqueoloxía proporá a
conveniencia ou non de realizar algún tipo de actuación arqueolóxica.
Non se poderán realizar construcións, tendidos e instalacións aéreas ou soterradas (electricidade,
saneamento, auga, etc.), escavacións, recheos ou movementos de terra en xeral, así como
tampouco a plantación ou o arrancado de árbores, cultivos que requiran labores profundos e a
apertura de pozos ou minas.
Para as instalacións xa existentes, de maneira puntual e sempre que non exista a posibilidade da
súa execución fóra deste ámbito, poderanse permitir obras de mellora en canto ás infraestruturas
ao servizo das construcións (abastecemento, saneamento, alumeado, mantemento de camiños
existentes...). Nestes supostos, será preciso realizar un control arqueolóxico dos movementos de
terra.
Co obxecto de paliar o importante impacto visual das construcións existentes no cumio do monte,
permitirase a plantación de árbores naquelas áreas máis degradadas do xacemento -arredor das
construcións existentes-, así como a supresión de especies invasoras alóctonas. Será precisa a
realización dun control arqueolóxico dos movementos de terra.
Para a execución do vial alternativo a Mestres Goldar previsto no PXOM será preciso, e con
carácter previo, a realización dunhas sondaxes arqueolóxicas manuais en todo o seu trazado que
permita avaliar significativamente a incidencia das obras sobre o xacemento.
No caso de que aparecesen estruturas arqueolóxicas que, a xuízo da Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural, se deban conservar in situ, deberá descartarse ou modificarse o deseño do vial.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 18 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
1.2. Cautela Arqueolóxica II: aplicarase ao ámbito da Área PA2.
En toda esta área, deberán realizarse sondaxes arqueolóxicas manuais, de xeito previo á execución
de proxectos de construción ou calquera tipo de obra maior que leve consigo obras de
escavación ou remoción de terras. A escavación das sondaxes arqueolóxicas deberá alcanzar o
substrato natural co obxecto de conquerir unha secuencia estratigráfica completa, agás que se
xustifique a súa imposibilidade por cuestións técnicas ou de seguridade.
O uso do subsolo para a construción quedará supeditado aos resultados obtidos nas sondaxes
arqueolóxicas.
No caso das obras de carácter menor que contemplen remoción de terras, a Unidade Municipal
de Arqueoloxía, á vista do proxecto de obra, proporá a conveniencia ou non de realizar sondaxes
arqueolóxicas previas ou outro tipo de actuación arqueolóxica.
1.3. Cautela Arqueolóxica III: aplicarase ao ámbito da Área PA3.
Calquera movemento de terras nesta área requirirá a realización dun previo control arqueolóxico,
agás no suposto de obras que leven consigo importantes movementos de terras, caso no que, se
precisará a execución de sondaxes arqueolóxicas valorativas previas, que poderán ser mecánicas
ou mixtas (manuais e mecánicas) se as previsións de que aparezan restos arqueolóxicos son
escasas.
O uso do subsolo para a construción quedará supeditado aos resultados obtidos nas sondaxes
arqueolóxicas.
1.4. Cautela Arqueolóxica IV: aplicarase ao ámbito da Área PA4.
As obras de reposición ou mantemento a executar nesta área someteranse a informe da Unidade
municipal de arqueoloxía que, visto o proxecto de obra, proporá en función da súa incidencia no
subsolo, a conveniencia de realizar ou non sondaxes arqueolóxicas previas ou o control
arqueolóxico dos movementos de terra. Se fose necesario plantexar sondaxes arqueolóxicas, a súa
escavación deberá chegar ao substrato, salvo que se xustifique por cuestións técnicas ou de
seguridade.
2. As catro cautelas establecidas neste artigo poderán modificarse no futuro, en función dos datos
arqueolóxicos ou históricos que se coñezan. Para calquera modificación destas cautelas, o
Concello de Vigo, a través da Unidade Municipal de Arqueoloxía, elaborará o informe e proposta
correspondente. En calquera caso, as modificacións propostas serán informadas, de xeito
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 19 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
preceptivo e vinculante, polo órgano competente da Consellería de Cultura.
Artigo 3.2.3. Tramitación arqueolóxica
1. No ámbito definido no Plan Especial de Protección do Monte da Mina, os actos suxeitos a licenza
así como calquera actuación -tanto de iniciativa privada como pública- que leve consigo
remocións ou movementos de terra, deberán seguir a tramitación que se relaciona neste artigo,
sen prexuízo doutras autorizacións necesarias, de acordo coa lexislación urbanística e sectorial
vixente.
2. Calquera escavación ou movemento de terras estará suxeita a licenza municipal. A solicitude
desta licenza deberá ir acompañada da memoria do movemento de terras pretendido e planos
que grafen a topografía actual e a resultante da escavación, en plantas e seccións, para precisar
o seu alcance e posibilitar o seu trazado de planta en obra.
No suposto de execución de sondaxes valorativas previas, deberán achegarse, ademais, catro
exemplares do correspondente proxecto arqueolóxico dirixidos á Unidade municipal de
arqueoloxía.
Nos restantes supostos, o promotor presentará, xunto coa solicitude de licenza e documentación
técnica preceptiva, catro exemplares do correspondente proxecto de control arqueolóxico, que se
adecúe ao establecido na lexislación vixente en materia de arqueoloxía e ao estipulado na
presente normativa.
No caso de que non se presente o correspondente proxecto arqueolóxico, este será requirido por
parte do Concello ao promotor.
3. O proxecto de intervención arqueolóxica deberá dispoñer do seguinte contido mínimo:
a) Identificación e descrición do inmoble ou soar obxecto da intervención, xunto con copia do
plano de situación contido no proxecto de obras ou, no seu defecto, plano de situación da parcela
en cartografía urbanística a escala 1:2.000 e número do plano.
b) Identificación do propietario ou promotor das obras e documento acreditativo da conformidade
da propiedade ou promotor co proxecto e co seu custo económico.
c) Breve estudo histórico e bibliográfico que permita augurar a posible aparición de restos, a súa
identificación e inclusión dentro do contexto histórico do conxunto.
d) Revisión, análise e avaliación das intervencións arqueolóxicas realizadas na contorna inmediata
ao soar.
e) Fotografías do estado actual así como da área de intervención arqueolóxica.
f) Proposta de actuación arqueolóxica razoada, con indicación de prazos de execución e
metodoloxía que se vai utilizar en función das remocións previstas no proxecto de execución de
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 20 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
obras.
g) Plano coa proposta de actuación arqueolóxica.
h) Equipo proposto.
i) Resumo descritivo das unidades de obra do proxecto arquitectónico que impliquen movementos
de terra, co seu alcance e medios de execución.
No caso das sondaxes arqueolóxicas, estas deberán acadar o substrato natural.
4. O proxecto de intervención arqueolóxica someterase a informe da Unidade municipal de
arqueoloxía, que deberá emitilo con carácter previo á remisión do expediente ao órgano
competente da Consellería de Cultura.
Este informe valorará a adaptación do proxecto presentado ao establecido nas presentes
ordenanzas e lexislación de aplicación, podendo suxerir a modificación, reforma ou mellora do
proxecto de intervención arqueolóxica cando así se estime procedente, o que se notificará ao
promotor suxeríndolle a emenda ou mellora do proxecto presentado.
5. Este informe será remitido xunto co proxecto de intervención arqueolóxica á Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural para a súa autorización.
6. Autorizada a actuación arqueolóxica, para o outorgamento da licenza municipal observarase o
seguinte:
a) No caso dos controis, o Concello, previo informe da Unidade municipal de arqueoloxía,
concederá licenza de obra condicionada á realización do control arqueolóxico nos termos nos que
foi autorizado.
b) No caso das sondaxes, o Concello, previo informe da Unidade municipal de arqueoloxía,
concederá licenza de movemento de terras para a execución do proxecto arqueolóxico,
exclusivamente.
7. O/a arqueólogo/a director das obras/movementos comunicará por escrito e coa suficiente
antelación o inicio da intervención arqueolóxica á Unidade Municipal de Arqueoloxía e á Dirección
Xeral de Patrimonio Cultural.
8. A aparición de restos arqueolóxicos “in situ” durante a execución dos traballos deberá ser
comunicada, de xeito inmediato, á Unidade Municipal de Arqueoloxía e á Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural. No caso dos controis, as obras quedarán paralizadas puntualmente no lugar do
achado ata que se determinen as medidas ou cautelas oportunas.
9. A Unidade municipal de arqueoloxía efectuará o seguimento e inspección da intervención
arqueolóxica ata a súa finalización, sen prexuízo daquel que, de ser o caso, poda realizar a
Consellería de Cultura.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 21 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
10. Rematada a intervención o/a arqueólogo/a director das obras/movementos comunicarao por
escrito, no día seguinte ao remate dos traballos, tanto ao Concello como á Dirección Xeral de
Patrimonio Cultural e achegará ao Concello de Vigo, no prazo máximo de 10 días, catro
exemplares dun informe valorativo que deberá conter a información gráfica, fotográfica e escrita
imprescindible para unha correcta valoración dos restos aparecidos.
11. Este informe valorativo deberá conter como mínimo a seguinte documentación:
a) Resumo descritivo dos resultados, que conteña:
- Descrición metodolóxica.
- Interpretación estratigráfica.
- Descrición de estruturas e restos materiais.
b) Conclusións e valoración.
c) Proposta de continuación ou non da intervención arqueolóxica.
d) Planos de situación: un xeral e outro do soar.
e) Plano no que se especifiquen as zonas obxecto da intervención.
f) Plantas e perfís estratigráficos.
g) Fotografías xerais da intervención.
h) Fotografías de detalle: perfís, estruturas, materiais, etc.
O Concello remitirá o informe valorativo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xunto co informe
da Unidade municipal de arqueoloxía. No informe municipal proporase a liberación da cautela
arqueolóxica ou a continuación das obras (segundo o caso), ou a necesidade de ampliar a
intervención arqueolóxica e/ou ben a proposta de conservación dos restos arqueolóxicos
localizados.
12. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural resolverá sobre o que estime oportuno, comunicando a
súa resolución ao Concello de Vigo. A Unidade Municipal de Arqueoloxía emitirá informe sobre a
viabilidade da concesión da licenza e as condicións establecidas na resolución da devandita
Dirección Xeral, ou propoñendo outras medidas de actuación complementarias.
Se fora necesario ampliar a actuación arqueolóxica ou ben se plantexa a conveniencia de
conservar restos arqueolóxicos, o promotor das obras deberá presentar e tramitar un novo proxecto
arqueolóxico, de acordo co establecido na lexislación de patrimonio vixente. O proxecto deberá
ser informado pola Unidade Municipal de Arqueoloxía e autorizado pola Consellería de Cultura.
13. No prazo de seis meses dende a finalización dos traballos, entregarase á Consellería e ao
Concello unha Memoria técnica sobre a actuación arqueolóxica na que se relacionen e
identifiquen os restos aparecidos dende unha perspectiva histórica, en relación á evolución e orixes
do conxunto. Xuntarase copia en formato dixital que inclúa os planos, debuxos e fotografías.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 22 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
En calquera caso o/a director/a dos traballos poderá solicitar, ao remate da actividade, a
substitución da obriga de presentar memoria técnica pola presentación dunha memoria
interpretativa, de acordo cos requirimentos establecidos no art. 11 do Decreto 199/1997.
14. Tamén se poderá tramitar, logo da solicitude motivada, o proxecto de intervención
arqueolóxica con carácter previo e independente da presentación dun proxecto de obra ou
intervención, debendo neste suposto solicitarse licenza específica para os movementos de terra
ligados á actuación arqueolóxica e contar cun estudo específico de seguridade e saúde cando
sexa preceptivo. Neste caso o proxecto de intervención deberá prever a realización de sondaxes.
A cota das sondaxes deberá acadar o substrato natural.
15. Nos supostos excepcionais nos que exista risco de destrución inmediata de restos arqueolóxicos
estarase ao estipulado no art. 4 do Decreto 199/1997.
16. O Concello, no ámbito das súas respectivas competencias e sen prexuízo das sancións que
procedan, poderán determinar a paralización inmediata das obras no caso de incumprimento
desta normativa e/ou do establecido na lexislación urbanística e de patrimonio vixentes.
Artigo 3.2.4. Conservación do patrimonio arqueolóxico
1. O Concello de Vigo, previo informe da Unidade municipal de arqueoloxía, elevará proposta ao
órgano competente da Consellería de Cultura para a conservación e/ou posta en valor daqueles
restos arqueolóxicos que aparezan no ámbito cando, pola súa entidade e natureza, sexan
susceptibles de ser conservados.
2. No caso de resolución favorable da Consellería de Cultura, o promotor das obras deberá
presentar no Concello un proxecto arqueolóxico de acordo co establecido na lexislación de
patrimonio vixente, que deberá ser informado pola Unidade municipal de arqueoloxía e autorizado
pola Consellería de Cultura.
3. O proxecto de obra definitivo deberá ser compatible coa conservación dos restos arqueolóxicos
e autorizado pola Consellería de Cultura.
CAPÍTULO 3 ORDENANZA MM.R. ÁREA RESIDENCIAL DE MESTRES GOLDAR
Artigo 3.3.1. Identificación
1. Comprende ás zonas rotuladas coa letra R maiúscula inserta nun cadrado, nos planos de
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 23 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
ordenación deste Plan Especial.
2. Nesta área de ordenanza distínguense dúas subáreas:
2.1. Subárea de parcelas existentes, identificadas coas letra R maiúscula inserta nun cadrado, nas
que se protexe o parcelario existente.
2.2. Subárea de condominios, identificada coa letra R maiúscula inserta nun cadrado e mais coa
letra “C”, que son as parcelas destinadas a agrupacións en réxime de condominios da condición nº
2, dos especificados no artigo 5.2.1.2 b) da normativa urbanística do PXOM.
Artigo 3.3.2. Réxime da ordenanza R
A esta zona de ordenanza lle serán de aplicación as condicións da ordenanza 10 de Edificación
residencial exterior do vixente PXOM 08, coas determinacións específicas que se regulan nos
seguintes artigos, que prevalecerán sobre as determinacións da dita ordenanza 10; agás na
parcela 64, á cal non lle resultarán de aplicación as determinacións específicas desta ordenanza, e
polo tanto, rexerase integramente polas determinacións da ordenanza 10 de Edificación
residencial exterior.
Artigo 3.3.3. Réxime particular de usos
Defínese o seguinte réxime particular de usos:
Uso característico: Residencial, clase vivenda, categoría 1ª Unifamiliar
Usos compatibles no mesmo edificio: segundo o réxime do PXOM para a ordenanza 10, no
apartado 2 do artigo 9.10.23 das NN.UU., agás usos industriais que se considerarán expresamente
prohibidos.
Usos tolerados ou permitidos provisionalmente: os usos culturais, recreativos e festivos esporádicos,
sometidos a autorización administrativa, aos que se refire a normativa do PXOM nos artigos 5.1.15 e
2.1.7.
Usos prohibidos: Industrial, ademais dos non especificados expresamente nos apartados anteriores e
nos de referencia.
Artigo 3.3.4. Condicións de parcela
1. Na subárea (R) de parcelas existentes, estas non serán susceptibles de parcelación nin de
agrupación. A condición de parcela mínima será a establecida no artigo 9.10.5 para a ordenanza
10 do PXOM.
2. Na subárea de condominios (RC), a parcela mínima obterase mediante a agrupación de
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 24 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
parcelas nunha única en réxime de condominio, ou réxime similar de copropiedade. Establécense
tres agrupacións de parcelas en condominio denominadas C1, C2 e C3, coas seguintes
características:
CONDOMINIO C1Parcelas integrantes Superficie
23 51324 20026 32527 57428 8829 313
Total 2.013 m2
Superficie neta por medición (dentro de aliñacións)
1.749,73 m2
Nº de vivendas máximo 3
CONDOMINIO C2Parcelas integrantes Superficie
34 97837 762
Total 1.740 m2
Superficie neta por medición (dentro de aliñacións)
1.583, m2
Nº de vivendas máximo 3
CONDOMINIO C3Parcelas integrantes Superficie
15 59816 993
Total 1.591 m2
Superficie neta por medición (dentro de aliñacións)
1.482,72 m2
Nº de vivendas máximo 2
3. Aquelas partes das parcelas que deban manterse libres de ocupación pola edificación,
deberán, en xeral, manter a topografía existente, sen prexuízo dos abancalamentos imprescindibles
para a implantación da edificación, que deberán resolverse coas limitacións do artigo 9.10.17 das
normas urbanísticas xerais do Plan Xeral, sen que ningún muro de contención visto poda superar os
2 (dous) metros de altura e, en todo caso, deberán estar separados das fincas lindeiras por unha
distancia igual á altura do muro ou terraplén.
Artigo 3.3.5. Réxime da edificación e obras
Admítense na zona de ordenanza tódalas obras nos edificios, obras de demolición e obras de nova
planta. Nas obras de nova planta, ampliación, substitución e de reestruturación xeral deberán
eliminarse os elementos discordantes que figuran reflectidos no plano I.11e na relación contida no
seguinte cadro:
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 25 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
PARCELA IMPACTO MEDIDAS CORRECTORAS
P-4 MATERIAL CUBERTA -Utilización de materiais tradicionais
P-5 MATERIAL CUBERTA -Utilización de materiais tradicionais
P-7 COR DE FACHADA -Utilización de materiais tradicionais -Informe da Comisión Provincial de Patrimonio
P-13 COR DE FACHADABUFARDAS DE CUBERTA
-Utilización de materiais tradicionais-Remodelación de cubertas
--Informe da Comisión Provincial de Patrimonio
P-14 COR DE FACHADAVOLUME DE CUBERTA
-Utilización de materiais tradicionais -Informe da Comisión Provincial de Patrimonio
P-20 CUBERTO OU APARCADOIRO NO ACCESOÁ PARCELA
- Eliminación da cuberta
P-25 COTA DE REFERENCIA POR ENRIBA DAIGREXA
-Utilización de materiais tradicionais -Apantallamento arborado cara ao Norte
P-29 PECHE -Utilización de materias adecuados
P-30 MURO CONTENCIÓN DE FORMIGÓNBUFARDAS DE CUBERTA
-Utilización de materiais tradicionais -Remodelación de cubertas
P-33 ALTURA MÁXIMAEXCESIVA LONXITUDE
-Non poderá sobrepasar a altura do artigo 3.3.7.1-Fragmentación volumétrica
-Apantallamento arborado cara ao Norte
P-39 MURO CONTENCIÓN DE FORMIGÓNFRAGMENTACIÓN VOLUMES E CUBERTAS
-Utilización de materiais tradicionais -Remodelación de volumes e cubertas
P-40 (BAR) BUFARDA DE CUBERTACOR DE FACHADA RECHAMANTE
-Utilización de materiais tradicionais-Remodelación de cubertas
P-45 LONXITUDE EXCESIVABUFARDAS DE CUBERTA
-Fragmentación volumétrica-Remodelación de cubertas
Tódolos proxectos de obras deberán conter unha xustificación da súa integración paisaxística, de
xeito análogo ao utilizado no estudo de visibilidade do Plan especial.
Artigo 3.3.6. Condicións de ocupación
1. Na subárea de parcelas existentes a ocupación máxima permitida será:
- a regulada no artigo 9.10.9 da normativa urbanística do PXOM para as parcelas edificadas,
- nas parcelas vacantes de edificación, ou nas que se executen obras de nova planta ou
substitución, a ocupación máxima sobre rasante de cada un dos sólidos será a de un cadrado de
12x12 metros.
2. Na subárea de condominios delimítanse no plano de ordenación unhas áreas de movemento en
planta da edificación sobre rasante onde poderán situarse tanto os sólidos como o número máximo
de vivendas especificados no cadro do artigo 3.3.4 anterior para cada zona de condominio. A
ocupación máxima sobre rasante de cada un dos sólidos será a de un cadrado de 12x12 metros,
cunha separación mínima entre os sólidos de 4 metros.
3. O aproveitamento no subsolo, tanto para garaxe aparcamento como para plantas
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 26 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
semisoterradas ou cimentacións, están condicionadas ao determinado na Ordenanza PA de
protección arqueolóxica, no artigo 3.2.2 destas normas.
Artigo 3.3.7. Altura máxima
1. En canto á altura máxima na subárea de parcelas existentes:
- nas parcelas xa edificadas, en caso de obra nova ou ampliacións, a altura máxima da edificación
non poderá superar, en ningún caso, a cota da edificación existente, e no caso das discordantes
por causa da altura non poderán sobrepasar coa cota de cornixa as visuais estudadas no estudo
de visibilidade.
- nas parcelas vacantes de edificación, a altura máxima da nova edificación non poderá superar
co nivel de cornixa as visuais estudadas no estudo de visibilidade.
Para conseguir unha maior integración paisaxística permitirase rebaixar a cota de referencia da
medición das alturas, para non interferir nas visuais dende os xardíns (punto A) á torre do Pazo de
Castrelos (punto B), que permitan a visión da espadaña da igrexa parroquial. En todo caso non se
poderá superar a altura máxima de dúas plantas e 7 metros á cornixa.
Os proxectos suxeitos á licenza, comunicación previa ou outra forma de autorización administrativa,
deberán conter unha xustificación do disposto neste apartado, en canto ao cumprimento da altura
máxima, cuns criterios análogos aos empregados no estudo de visibilidade deste plan especial.
2. Na subárea de condominios as seccións-tipo nas que se fixan as cotas de referencia da planta
baixa (c.r.p.b.) e as liñas máximas de cornixa (l.m.c.), que en ningún caso poderán superar a altura
máxima de dúas plantas e 7 metros, para as áreas de movemento e que servirán de referencia
para a comprobación de implantación sobre o terreo dos proxectos obxecto de licenza,
comunicación previa ou outra forma de autorización administrativa, serán as que figuran nos
planos de ordenación P-01 e P-02, e se reproducen a continuación para cada un dos condominios:
CONDOMINIO C1:
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 27 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
CONDOMINIO C2:
CONDOMINIO C3:
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 28 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
3. As cotas que figuran en ditas seccións-tipo deben considerarse susceptibles de precisión a partir
de levantamentos topográficos máis detallados. Non obstante os proxectos suxeitos á licenza,
comunicación previa ou outra forma de autorización administrativa, deberán conter planos en
planta e sección que xustifique que o volume se integra, tanto en planta como en sección, nas
áreas de movemento definidas neste plan, de acordo cos seus criterios.
3.3.8. Condicións estéticas
Os materiais e técnicas construtivas a empregar nesta área de ordenanza serán os tradicionais da
zona, con muros de peche e fachada en cachotería ou cantería de granito.
As cubertas serán a dous ou catro augas de tella cerámica curva; e os seus planos serán continuos,
sen quebras nas súas vertentes, planos ou faldóns, non permitíndose petos nin mansardas sobre o
último forxado. Sobre o último forxado permítense cubertas inclinadas nas condicións do artigo
9.10.14 das normas urbanísticas do PXOM.
En canto aos ocos de fachada deberán ser de proporción vertical con carpinterías de madeira.
Prohíbese a utilización de cores vivas ou texturas que supoñan unha alteración importante para a
imaxe do conxunto. Recoméndanse como cores a gama dos grises, ocres e beixes.
CAPÍTULO 4 ORDENANZA MM.MP. ÁREA DE MONTE PÚBLICO
Artigo 3.4.1. Identificación
Inclúe toda a superficie delimitada polo PXOM de Vigo como sistema xeral de espazos libres e
zonas verdes, con independencia da titularidade pública ou privada actual. Figura no plano de
ordenación identificado por tramas de cor gris.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 29 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
Artigo 3.4.2. Condicións de Uso e edificación
1. Con carácter xeral, destínase ao Uso recreativo e forestal, prohibíndose as obras de edificación,
agás as seguintes:
a. Instalacións de carácter provisional para fines científicos que non requiran modificación do
medio físico superficial ou subterráneo, nin interfiran no equilibrio ecolóxico da zona na que se
sitúen.
b. Obras de mellora dos camiños e vías ordenadas, que non supoñan alteración física e se realicen
mediante intervencións integradas na contorna.
c. Obras de eliminación ou soterramento das liñas de tendido aéreo existentes e retirada dos
elementos destas que estean fóra de servizo.
Áreas monte público
2. A efectos de uso esta área subdivídese en 3 subáreas:
a. Subárea recreativa:
Correspóndese coa subárea delimitada no plano de ordenación como de uso recreativo. Nela
autorízase o Uso recreativo e de reunión, categoría 13ª, reunión e espectáculos ao aire libre e, en
xeral, os usos relativos ao lecer e o esparcemento.
Nesta subárea, e coas cautelas arqueolóxicas específicas, autorízanse obras de mantemento,
reposición ou obra nova de instalación de mobiliario para áreas de pícnic ou xogos infantís ou
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 30 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
deportivos.
b. Subárea forestal:
Nesta subárea autorízanse os usos relativos á protección ambiental, de explotación de recursos
primarios compatibles coas finalidades do presente Plan Especial.
Únicamente autorízanse plantacións forestais de especies autóctonas en substitución das actuais
alóctonas, cos criterios establecidos no mantemento de superficies arboradas existentes como uso
forestal de protección ou produción, de acordo coas características especificadas no Capítulo 7
destas Normas e coas cautelas arqueolóxicas do Capítulo 2.
Nas vías forestais permítese o uso rodado de vehículos de gardería, emerxencia e mantemento nas
vías reflectidas no Plano P-01.
c. Subárea de infraestruturas e servizos:
Na zona de monte grafiada nos planos de ordenación cunha trama superposta a trazos ondulados
sobre a trama de monte público, autorízanse as reservas para aparcamentos ao servizo do uso
recreativo e dotacional do ámbito. As ditas reservas de aparcamento proxectarase mediante
técnicas que permitan a súa integración paisaxística na contorna. Os proxectos de obras para
estas zonas de aparcamento integrarán a vexetación, tanto no seu firme, mediante a utilización de
rellas autodrenantes, como en superficie, mediante a plantación dunha árbore (especie a
empregar Carpinus betula) para o aporte de sombra cada 5 prazas.
Para a execución do vial alternativo a media ladeira previsto no PXOM será necesario un previo
estudo de tráfico que acredite a súa necesidade e a inexistencia de alternativas. De resultar
inevitable a súa execución, someterase ás cautelas arqueolóxicas da presente normativa que lle
resulten de aplicación. O seu trazado deberá insertarse nas liñas de trazos que figuran neste Plan
Especial, axustándose ao trazado actual do camiño da Xiña, incluíndo nos 10,50 metros de sección
prevista a totalidade de elementos e estruturas de contención (muretes ou noiros) necesarios,
procurando minorar as súas alturas utilizando preferentemente solucións integradas coa contorna,
coa posible incorporación de sendeiros ecolóxicos, carril-bici, etc.
A sección transversal deste vial descomporase nun sendeiro peonil e ciclista, con pavimento
permeable e unha calzada de 6 metros para vehículos, a diferentes rasantes. As estruturas de
contención deberán escalonarse e configurarse con materiais integrables na paisaxe (muros
verdes, cachotería de pedra do lugar, etc.) e acompañarse de reforestación liñal e de
apantallamentos puntuais.
O proxecto de urbanización deberá estudar en detalle e dar solución, ao correcto drenaxe das
augas naturais superficiais e subterráneas, tendo en conta a existencia na ladeira de minas de
auga que abastecen os Xardíns do Pazo de Castrelos.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 31 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
CAPÍTULO 5 ORDENANZA MM.EQ. PARA ZONAS DE EQUIPAMENTOS
Artigo 3.5.1. Identificación
Comprende as superficies cualificadas como de equipamentos polo PXOM e figura identificada por
unha trama cuadriculada nos planos de ordenación, agás a parcela de ASPANAEX, que está
incluída nesta ordenanza aínda que non teña a dita trama. Inclúese tamén a zona de ampliación
da escola unitaria Mestres Goldar prevista neste Plan Especial. En xeral regúlase polas disposicións
xerais do Titulo V, Capítulo 5.5 e do Título IX, Capítulo 9.13 do PXOM, coas precisións que se
establecen neste Plan Especial.
Artigo 3.5.2. Réxime particular de usos
Defínese o seguinte réxime particular de usos:
a) Instalacións deportivas:
Ademais do réxime de usos do artigo 9.13.32 das NN.UU. do PXOM autorízase como uso
compatible o uso Recreativo e reunión en todas as súas categorías.
Baixo o campo de fútbol, na zona sinalada nos planos de ordenación autorízase como uso
compatible o uso de garaxe aparcadoiro en todas as súas categorías.
b) Edificio socio-cultural:
Ademais do réxime de usos do artigo 9.13.20 das NN.UU. do PXOM, autorízanse como usos
compatibles no mesmo edificio: o uso recreativo e reunión en todas as categorías, o uso de servizos
públicos, categoría 15ª, o uso de Administración Pública, categoría 16ª, e o uso asistencial,
categoría 10ª, sen residencia.
c) Na parcela de uso asistencial de ASPANAEX:
Ademais do réxime de usos do artigo 9.13.22 das NN.UU. do PXOM autorízanse como compatibles
na parcela: o uso de educación, categorías 6ª e 7ª, e o uso residencial, categoría 3ª de residencia
comunitaria.
Artigo 3.5.3. Réxime das edificación e obras
1. O pavillón deportivo e a bancada do campo de fútbol considéranse consolidados. Nas
instalacións deportivas unicamente se permiten obras de mantemento, conservación,
consolidación, recuperación, restauración, acondicionamento, reestruturación e reconstrución
completa, quedando prohibidas obras de ampliación nin en altura nin en ocupación, agás no caso
da bancada existente no que permitirase a súa ampliación na área de movemento reflectida no
plano P-01. As aliñacións, rasantes e alturas nesta subzona serán as das edificacións existentes que
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 32 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
aparecen reflectidas no plano de ordenación.
2. No campo de fútbol permítense obras de mantemento, conservación e acondicionamento. Así
mesmo, permítense obras de reestruturación co exclusivo fin de situar baixo o nivel actual do terreo
de xogo, instalacións dedicadas a aparcamento e complementarias do campo de deportes
(vestiarios, almacéns e oficinas de clubs), dentro da zona sinalada nos planos e ocupando o noiro
existente.
3. As construcións emprazadas ao redor do campo de fútbol considéranse que teñen impacto
paisaxístico e calquera intervención sobre elas requirirá dun estudo de integración paisaxística que
se anexará ao proxecto de obras.
4. Os galpóns de vestiarios actuais considéranse fóra de ordenanza, non permitíndose obras sobre
eles de ampliación ou mellora, debendo ser integrados na bancada ou situados baixo rasante do
terreo de xogo na área de movemento definida en planos, cando elo sexa compatible co
cumprimento da normativa do presente Plan Especial.
5. Na parcela da Escola Unitaria Mestres Goldar e zona de ampliación, rexerán as condicións
derivadas da catalogación que figuran na ficha particular de catálogo, e para as posibles
ampliacións as determinacións da ordenanza 9.13, sección 4ª do PXOM.
6. Para protexer a contorna do cemiterio parroquial, as novas edificacións deberán gardar un
recuado mínimo de 10 metros aos lindeiros norte e sur do cemiterio.
CAPÍTULO 6 ORDENANZA MM.AP. ÁREA DA ABA DE POÑENTE
Artigo 3.6.1. Identificación
Comprende a parcela nº 1 do parcelario (ASPANAEX), os viais do camiño de Corredoura e subida
do camiño de Corredoura. Figura rotulado coas siglas “AP” no plano de ordenación.
Artigo 3.6.2. Réxime particular de usos
A parcela de ASPANAEX regúlase polo disposto no artigo 3.5.2.c) do presente Plan Especial e o
resto desta área destínase a viario público configurado como elemento de protección visual e
corredor peonil de comunicación entre o Parque de Castrelos e a Praza da Igrexa de Castrelos.
Artigo 3.6.3. Réxime da edificación e obras
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 33 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
1. As obras de edificación na parcela de ASPANAEX suxéitanse á definición dunha área de
movemento en planta e unha sección tipo, que figuran nos planos de ordenación P-01 e P-02, e no
esquema de sección nestas normas.
2. A área de movemento en planta deixa libre unha franxa de protección de 10 metros ao testeiro
do Oeste cara á rúa Corredoura, que deberá ser apantallado mediante a plantación de especies
arbóreas coas características de especie e porte definidas no artigo 3.7.15 destas normas. Polo
lindeiro Norte, co camiño da Faldriqueira, deberá respectarse un recuado de 6 metros en
continuidade coas rasantes de dito camiño, que deberá ser arborado segundo o disposto no artigo
3.7.15. Permitirase, que de xeito puntual, existan zonas sen vexetación nas ditas franxas de
protección para permitir o acceso de vehículos á parcela. Os proxectos de obra que se sometan a
licenza, comunicación previa ou outra forma de autorización administrativa, conterán unha
definición adecuada destas franxas e incluirán o seu arborado.
3. Na sección-tipo transversal defínese a rasante de referencia da planta baixa e a liña de cumieira
máxima calculada segundo unha visual de observación do campanario da igrexa parroquial por
parte dun observador de 1,70 m. de altura situado na beirarrúa oposta na rúa Corredoura. A liña de
cumieira da edificación non poderá superar esa liña en ningún punto da semiparcela situada ao
norte de dito eixo. Na semiparcela situada ao sur poderase superar a liña de cumieira por algún
elemento da edificación coa limitación de 12 metros dende a rasante de referencia da planta
baixa.
4. As seccións-tipo nas que se fixan as cotas de referencia da planta baixa (c.r.p.b.) e as liñas
máximas de cumieira (l.m.c.) nas áreas de movemento e que servirán de referencia para a
comprobación de implantación sobre o terreo dos proxectos obxecto de licenza, comunicación
previa ou outra forma de autorización administrativa, serán as que figuran no plano de ordenación
P-02, e se reproducen a continuación:
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 34 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
5. As cotas que figuran en ditas seccións deben considerarse susceptibles de precisión a partir de
levantamentos topográficos máis detallados. Non obstante, os proxectos obxecto de licenza,
comunicación previa ou outra forma de autorización administrativa, deberán conter planos en
planta e sección nas que xustifique que o volume se integra, tanto en planta como en sección, nas
áreas de movemento definidas neste plan, de acordo cos seus criterios.
6. A ocupación baixo a rasante de referencia poderá chegar ata o 80 % da superficie de parcela,
coas únicas limitacións do disposto no punto 2 deste artigo ou as derivadas da normativa de
cautela arqueolóxica na área 3, no artigo 3.2.2 destas normas.
7. As condicións particulares desta ordenanza soamente serán de aplicación ás novas edificacións
que se soliciten na parcela, e ás existentes unicamente no caso de que se leven a cabo sobre elas
obras de reestruturación xeral, ampliación e/ou substitución.
8. As partes da parcela libres de ocupación pola edificación deberán, en xeral, manter a
topografía existente, sen prexuízo dos inevitables abancalamentos derivados da implantación da
edificación, que deberán resolverse coas limitacións do artigo 9.9.17 das normas urbanísticas xerais
do Plan Xeral sen que ningún muro de contención visto poda superar os 2 (dous) metros de altura
e, en todo caso, deberán estar separados das fincas lindeiras por unha distancia igual á altura do
muro ou terraplén.
9. Proponse evitar a percepción dun volume unitario, mediante a fragmentación en corpos de
menor tamaño, maclados e escalonados, e a utilización de cambios de materiais, texturas ou
cores, dentro dunha gama cromática que non supoña unha alteración importante da imaxe do
conxunto. Para mellor integración na contorna xustifícase a continuidade da topografía nos bordes
da parcela co camiño da Faldriqueira e terreos colindantes, e a posibilidade de utilizar cubertas
planas accesibles, preferentemente vexetais. Para garantir a accesibilidade e a conexión das dúas
áreas de movemento reflectidas no plano de ordenación (a este e a oeste) permítese a execución
dun único corredor que non poderá exceder de 3,50 metros de altura e cun largo máximo de 3,00
metros, que non superar a altura máxima de cumieira fixada nas seccións-tipo.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 35 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
10. Co proxecto básico obxecto de licenza, comunicación previa ou outra forma de autorización
administrativa, presentarase un estudo de integración paisaxística no que deberán empregarse
técnicas gráficas de representación e simulación visual (modelizacións 3D, montaxes fotográficas,
etc.) tendo en conta o carácter visual da paisaxe obxecto do proxecto, no que se aprecien e
xustifiquen as medidas de integración paisaxística adoptadas para dar cumprimento aos
obxectivos anteriores. Dita documentación deberá someterse a informe da Consellería de Cultura.
CAPÍTULO 7 NORMATIVA PARTICULAR MM.PP. DE PROTECCIÓN PAISAXÍSTICA
Artigo 3.7.1. Identificación
1. O presente Plan Especial define catro áreas de fraxilidade paisaxística reflectidas no plano P-01,
que se identifican por tramas a trazos de cruces e frechas, rotuladas coas siglas PP1, PP2, PP3 e PP4,
coas características e normativa particular que se recolle nos artigos seguintes.
Áreas de protección paisaxística
Sección 1ª: Área PP1
Artigo 3.7.2. Ámbito de aplicación
1. Comprende a superficie duns 13.935 m2, altamente urbanizada e dedicada a usos sociais,
recreativos e deportivos, que se delimita no plano P-01 coa referencia “PP1”.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 36 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
2. Co fin de dispensar un tratamento diferenciado por zonas de características ou problemáticas
homoxéneas, a Área 1, divídese, a súa vez, nas tres subáreas que se describen nos artigos 3.7.4,
3.7.5 e 3.7.6.
Artigo 3.7.3. Criterio de actuación
1. Darase continuidade ás plantacións existentes, ordenando e mellorando os aspectos estéticos e
culturais da vexetación, dado que se trata de terreos nos que a vexetación está altamente
antropizada, con escasos ou nulos exemplares vexetais propios.
2. Soamente se permitirán actuacións compatibles coa conservación, protección, consolidación e
posta en valor do xacemento Castro do Monte da Mina, en cuxo ámbito de aplicación se atopa
esta área e non se permitirán outros usos que os propiamente agropecuarios tradicionais.
3. Non se permitirán plantacións de arborado de grande porte, agás no cumio do outeiro cando
teña por obxecto corrixir o impacto visual das construcións existentes.
Artigo 3.7.4. Subárea 1: Fachada oeste do centro da asociación veciñal
1. As accións de integración paisaxística orientaranse nesta subárea a suavizar a dureza da súa
fachada visual, polo que o axardinamento da superficie que delimita deberá iniciarse dende o
propia construción existente.
2. Nas labores de axardinamento ou plantación unicamente poderán empregarse as seguintes
especies: ficus repens, magnolia soulangiana, ficus cárica, prunus avium, prunus cerasífera e/ou
citrus dulcis.
Artigo 3.7.5. Subárea 2: Fachada corredor norte – leste – sur
1. As accións de integración paisaxística orientaranse á redución do impacto visual do Centro da
Asociación Veciñal sobre Val do Fragoso, a evitar as escorrentías e anegación do solo de acceso a
esta área dotacional e a acadar unha formación ordenada da área recreativa con vistas sobre a
Ría de Vigo e sobre a cidade.
2. Toda actuación ou intervención sobre a flora nesta subárea, dirixirase ao mantemento e mellora
da existente mediante accións tendentes a un correcto tratamento da vexetación existente.
3. Nas labores de axardinamento ou plantación unicamente poderán empregarse as seguintes
especies: Fagus sylvatica, Quercus robur, Liridendron tulipifera, Liquidambar styraciflua, Laurus
nóbilis, Pinus pinea, Euonymus europaeus, Camelia japonica, Magnolia grandiflora, Magnolia
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 37 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
soulangiana, Lagerstroemia índica, Bougambilaea glabra, Whisteria sinesis, Jasminun officinali,
Jasminun mensyi e Eleagnus pungens.
Artigo 3.7.6. Subárea 3: Campo de fútbol e fachada oeste
1. As accións de integración paisaxística orientaranse á execución de plantacións perimetrais sobre
as superficies anexas ao campo de fútbol e os norios resultantes expostos a unha acción erosiva
debido á forte pendente existente.
2. As labores de plantación tamén dirixiranse á substitución, na medida do posible, da rede
perimetral por unha plantación de especies de dendrometrias piramidais ou oblongas dende o pé
-base- e alturas de vexetais non superiores a 20 ml.
3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, nos traballos de axardinamento ou plantación
unicamente permitirase o emprego das seguintes especies: Quercus robur e Carpinus betula
fastigiata -alternas-, Ulex europaeus, Mahonia aquifolim e Lavandula officinalis.
Sección 2ª: Área PP2
Artigo 3.7.7. Ámbito de aplicación
Comprende unha superficie duns 14.362 m2 situada na aba de poñente, entre o edificio da
asociación de veciños e o camiño da Xiña, identificado coa rotulación PP2 no plano P-01.
Artigo 3.7.8. Criterio de actuación
1. Procurarase a recuperación da vexetación autóctona e favorecer a biodiversidade da fauna e
da flora, coa intención de crear un corredor natural entre o Parque de Castrelos e o Monte da
Mina.
2. Soamente se permitirán actuacións compatibles coa conservación, protección, consolidación e
posta en valor do xacemento Castro do Monte da Mina, dentro de cuxo ámbito de protección se
atopa esta área, e non se permitirán outros usos que os propiamente agropecuarios tradicionais.
3. Non se permitirán plantacións de arborado de grande porte, agás no cumio do outeiro cando
teña por obxecto corrixir o impacto visual das construcións existentes.
4. Nesta subárea non se poderán plantar árbores que alcancen unha altura que limite a
perspectiva visual desde a plataforma superior do monte.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 38 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
Artigo 3.7.9. Medidas específicas
1. As labores de axardinamento ou plantación se realizarán con especies arbustivas e matas con
sistema radicular somero de forma que garanta a penetración das raiceiras nunha mínima
profundidade <30 cm, fixe o solo e aporte compostos nutricionais.
2. Respectaranse aqueles vexetais autóctonos que broten de forma espontánea.
3. As novas plantacións realizaranse con especies cespitosas e arbustivas que consoliden e eviten a
acción erosiva dos axentes atmosféricos.
4. Realizaranse labores de sementado de cespitosas ventureiras para a formación de praderías
sobre unha superficie aproximada de 10.000 metros cadrados que se conformarán basicamente
pola mestura de: Poas (P. pratensis, P. annua e P. angustifolia), Festucas (F. arundinacea, rubra e
pratensis), Lolium perenne e Trifoliun repens.
5. Ademais das especies cuxo emprego se permite noutros apartados do presente artigo,
permitirase a plantación das seguintes especies: Rucus aculeatus, Pteridium aquilinum, Digitalis
purpúrea, Ulex europaeus, Citisus escoparius, Genista triacantos, Crataegus monogyna e Calluna
vulgaris.
6. Eliminaranse aquelas especies alóctonas presentes nesta área que carezan de interese ou valor
ornamental e só poderá permitirse o seu mantemento no caso de tratarse de elementos vexetais
especialmente representativos da especie en porte e forma.
Sección 3ª: Área PP3
Artigo 3.7.10. Ámbito de aplicación
1. Comprende unha superficie de 34.480 m² do resto do monte, identificada no plano P-01 coa
rotulación PP3, actualmente ocupada cunha plantación basicamente de especies alóctonas
-alcolitos e acacia negra- e carente de substrato arbustivo.
2. Esta Área subdivídese en dúas zonas: zona de avesedo e zona de solaina segundo as condicións
de soleamento.
Artigo 3.7.11. Criterio de actuación
1. Reverter o uso desta superficie por unha unidade ou patrón paisaxístico coherente coa súa área
xeográfica, formando un bosque mesturado de frondosas –carballeira- e favorecer a interacción
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 39 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
destas árbores co medio.
2. Lograr un patrón paisaxístico definido que marque as diferentes épocas estacionais do ano e
sirva como fito dun dos centros urbanos da cidade como é o barrio das Travesas.
3. Na PP3 as árbores que se poidan plantar non ocultarán as vistas urbanas e as da ría de Vigo que
se observan desde o alto do monte, nin impedirán a conexión visual desde este punto coa igrexa
parroquial de Santa María de Castrelos e co pazo de Castrelos.
Artigo 3.7.12. Medidas específicas
1. Substituiranse paulatinamente as especies implantadas actualmente polas especies caducifolias
propostas no presente Capítulo, a fin de incrementar a riqueza florística do monte. No caso de
producirse unha deforestación moi acusada, adoptaranse as medidas axeitadas para evitar a
perda do substrato e nutrintes.
2. Nos traballos de axardinamento e plantación que se leven a cabo na Zona de avesedo
unicamente poderán empregarse as seguintes especies: Fagus sylvática, Castanea sativa, Fraxinus
excelsior, Corylus avellana, Ilex aquifolium. No sotobosque empregarase: Deschampsia flexuosa,
Pteridiumaquilinum, Rhamnus frangula, Ulex europaeus e Lavandula stoechas.
3. Nos traballos de axardinamento e plantación que se leven a cabo na Zona solaina únicamente
poderán empregarse as seguintes especies: Quercus robur, Quercus suber, Pinus pinaster, Castanea
sativa, Ilex aquifolium, Erica arbórea, Corylus avellana e Crataegus monogyna. No sotobosque
empregaranse: Erica cinerea, Calluna vulagris, Pteridiumaquilinum e Proas, Festucas e Lolium.
Sección 4ª: Área PP4
Artigo 3.7.13. Ámbito de aplicación
Comprende a superficie de 4.386 m² localizada na zona inferior do ámbito e delimitada no plano P-
01 coa rotulación PP4, que inclúe un tramo da rúa Corredoira, o camiño da Faldriqueira, un tramo
da rúa Mestres Goldar e a Praza da Igrexa.
Esta área serve de nexo entre o Pazo de Castrelos e o conxunto formado polo cemiterio e a Igrexa
de Santa María de Castelos. Esta conexión está interrompida na actualidade polo muro de peche
dos xardíns do pazo ao tapiarse a porta que o unía coa igrexa.
Artigo 3.7.14. Criterio de actuación
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 40 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
Recuperar a antiga porta preexistente sobre o muro do xardín, modificar a pavimentación da rúa
de conexión entre os espazos culturais e plantar arborado que faga a función de pantalla evitando
o impacto causado pola construción dun centro educativo.
Artigo 3.7.15. Medidas específicas de actuación
1. A reurbanización deberá realizarse con materiais que non distorsionen cos bens existentes.
2. Nas labores de axardinamento ou plantación empregaranse especies similares á existente na
vexetación do Pazo prolongando a súa imaxe ata o adro da Igrexa. Fóra destes supostos,
unicamente poderán utilizarse as seguintes especies: Quercus robur e Quercus robur fastigiata.
3. As plantacións e a urbanización da rúa Corredoira e do camiño Faldriqueira permitirán, de xeito
puntual, o acceso de vehículos á parcela de ASPANAEX.
4. Os muros tradicionais da rúa Mestres Goldar fóra das aliñacións, integraránse no espazo público
viario de acordo co exposto no estudo de muros contido neste plan especial.
RELACIÓN DE PARCELAS CON ORDENANZAS PARTICULARES QUE LLE SON DE APLICACIÓN
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA - Páxina 41 de 43
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA APÉNDICE .- Páxina 42 de 43
Nº PARCELA ref_1 ref_2 SITUACIÓN MM NC MM PA1 MM PA2 MM PA3 MM PA4
MM AP MM PP1 MM PP2 MM PP3 MM PP4 MM EQ MM MP MM R MM RC1 MM RC2 MM RC3 MM RC4
1 2632504 NG2723S CM CORREDOURA 51 NC PA 3 AP PP 4 EQ 2 2734915 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 18 NC PA 3 PA 4 PP 4 EQ 3 2734901 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 16 NC PA 3 PA 4 EQ 4 2734914 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 14A NC PA 3 R 5 2734913 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 14 NC PA 3 R 6 2734912 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 12 NC PA 3 R 7 2734911 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 10 NC PA 3 R 8 2734908 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 8 R 9 2734906 NG2723S RU PAZO 70(B) R
10 2735938 NG2723N RU PAZO 72 11 2734907 NG2723S RU PAZO 74 R 12 2734909 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 2 NC PA 3 R 13 2734918 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 6 NC PA 3 R 14 2734910 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 4 NC PA 3 R 15 2932918 NG2723S RU MESTRES GOLDAR NC PA 1 PA 2 PA 3 PP 3 MP R RC 3 16 2932950 NG2723S RU MESTRES GOLDAR NC PA 1 PA 2 PP 3 MP R RC 3 17 2932916 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 3 NC PA 2 R 18 2932915 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 3A NC PA 2 EQ 19 2932914 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 3B NC PA 2 PA 3 PP 4 20 2932913 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 7 NC PA 2 PP 3 R 21 2932912 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 9 NC PA 2 PA 3 R 22 2932911 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 7A NC PA 2 23 2932949 NG2723S RU MESTRES GOLDAR NC PA 2 R RC 1 24 2932948 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 2 R RC 1 25 2932942 NG2723S CM XIÑA 7 PA 2 26 2932947 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 2 R RC 1 27 2932946 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 2 R RC 1 28 2932909 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 2 R 29 2932910 NG2723S RU MESTRES GOLDAR NC PA 2 PA 3 R RC 1 30 2932902 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 17 NC PA 2 PA 3 R 31 2932903 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 13 PA 2 R 32 2932904 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 15 PA 2 R 33 2932908 NG2723S CM XIÑA 6 PA 1 PA 2 PP 3 R 34 2932907 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 1 PA 2 PP 3 R RC 2 35 2932901 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 19 PA 2 PA 3 R 36 2932905 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 19A PA 2 PA 3 R 37 2932906 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 2 PP 3 R RC 2 38 2932943 NG2723S RU MESTRES GOLDAR PA 1 PA 2 PP 2 PP 3 R 39 2932944 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 21 PA 1 PA 2 PA 3 PP 2 PP 3 MP R 40 2632556 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 20 NC PA 3 R 41 2632507 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 22E NC PA 3 EQ 42 2632508 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 22A NC PA 3 EQ 43 2932917 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 1A NC PA 2 PA 3 R 44 2632511 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 22 NC PA 3 EQ 45 2632512 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 24 NC PA 3 R 46 2932919 NG2723S CM CRUCEIRO PA 1 PA 3 PP 3 MP 47 2932951 NG2723S CM GALINDRA PA 1 PA 2 PP 2 PP 3 MP R 48 2932952 NG2723S CM XIÑA PA 1 PA 2 PP 2 PP 3 MP R
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
CONCELLO DE VIGO
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E ACONDICIONAMENTO DO MONTE DA MINA / PXOM DE VIGO
V.2. DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA – FEBREIRO 2014
DOCUMENTO 3 NORMATIVA APÉNDICE .- Páxina 43 de 43
Nº PARCELA ref_1 ref_2 SITUACIÓN MM NC MM PA1 MM PA2 MM PA3 MM PA4
MM AP MM PP1 MM PP2 MM PP3 MM PP4 MM EQ MM MP MM R MM RC1 MM RC2 MM RC3 MM RC4
49 2932953 NG2723S CM XIÑA PA 1 PA 2 PP 2 PP 3 MP R 50 2932954 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 51 2932941 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 52 2932940 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 53 2932939 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 54 2932938 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 55 2932955 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 MP 56 2932945 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 57 2932959 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 58 2932960 NG2723S CM XIÑA PA 1 PA 3 PP 2 PP 3 MP 59 2932937 NG2723S CM XIÑA PA 1 PP 2 PP 3 MP 60 2932963 NG2723S CM GALINDRA PA 1 PP 1 PP 2 PP 3 MP 61 2932936 NG2723S CM XIÑA PA 3 PP 3 MP 62 2932958 NG2723S CM XIÑA PA 3 PP 3 MP 63 2932961 NG2723S CM XIÑA PA 3 PP 3 MP 64 2932935 NG2723S CM XIÑA 15 PA 3 PP 3 MP R 65 2932964 NG2723S CM GALINDRA PA 1 PA 3 PP2 PP 3 MP 66 2932971 NG2723S CM GALINDRA PA 3 PP 3 MP 67 2932969 NG2723S CM GALINDRA 23 PA 3 PP 3 MP 68 2932957 NG2723S CM GALINDRA 18 PA 1 PA 3 PP 1 PP2 EQ MP 69 2932967 NG2723S CM GALINDRA PA 1 PA 3 PP 1 PP2 MP 70 2932966 NG2723S CM GALINDRA PA 3 PP 3 MP 71 2932965 NG2723S CM GALINDRA PA 1 PA 3 PP2 PP 3 MP 72 2932920 NG2723S CM GALINDRA 16 PA 1 PP 1 EQ MP 73 2932972 NG2723S CM GALINDRA PA 1 PP2 PP 3 MP 74 2932956 NG2723S CM GALINDRA 14 PA 1 PA 3 PP 3 EQ MP 75 2932968 NG2723S CM XIÑA PA 3 76 2932921 NG2723S CM GALINDRA PA 3 PP 1 MP 77 2932934 NG2723S CM XIÑA 19A 78 2632546 NG2723S RU MESTRES GOLDAR 30 PA 3 79 2731823 NG2723S CM XIÑA 2 PA 3 80 2731805 NG2723S CM XIÑA 2(A) PA 3 81 2731828 NG2723S CM XIÑA 10 PA 3 82 54057A0 9300161 CM XIÑA 44 83 3133201 NG2733S CM GALINDRA 23 84 3133226 NG2733S CM GALINDRA 31 85 3133229 NG2733S CM GALINDRA 29 86 54057A0 9300162 CM XIÑA 42