4

V certamen internacional de Coros de Ruada

Embed Size (px)

DESCRIPTION

diptico del V certamen internacional de Coros de Ruada

Citation preview

Portada RevistaLomo Revista

9 mm9 mm

10 mm15 mm

10 mm10 mm

7,5 mm

3 mm

15 mm

5 mm

Símbolo sin texto

CÁNTIGAS DA TERRA

O laureado coro fundouse a primeiros de 1916, sendo o seu primeiro presidente o ilustre ourensán Don Eladio Rodríguez González, quen máis tarde sería presidente da Real Academia Galega. Actuou por vez primeira o 12 de Xullo de 1916 no Teatro Rosalía Castro da Coruña baixo a dirección de Mauricio Farto Parra.

Participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países e ten gravados 24 discos; o primeiro deles no ano 1921, convertíndose dese xeito na segunda gravación de música galega inme-diatamente despois da histórica de “Aires da Terra”. Os últimos discos son “Outra+Outra 2006” e un recopilatório de gravacións dos anos 20 editado conxúntamente con Ouvirmos.

Na súa primeira viaxe a Bretaña en 1954, Cántigas foi convidado ó II Congreso do Mundo Celta. Des-pois da comunicación emitida tras a representación do coro, Galiza pasa a ser considerada unha das nacións celtas.

Recibíu moitos galardóns e distincións e conta no seu haber cun importante arquivo musical. Tamén posúe instrumentos antigos que pertenceron a his-tóricos representantes da música galega, decorados, e outros tesouros...

Actualmente dirixe o coro o mestre César Con-cheiro Guerrico, fillo e neto de gaiteiros do coro.

“TOXOS E FROLES”

O Coro “Toxos e Froles” tivo a súa orixe no seo da ferrolá orquestra de punteo “Airiños da miña terra”, cando realizou unha xira por Cataluña en 1907, acompañada por un coro típico galego integrado por 19 coristas, un gaiteiro, un tambori-leiro e dúas parellas de baile. En decembro de 1914, por iniciativa daquel gaiteiro, Manuel Lorenzo Barja, creouse un coro galego que foi denominado Coro Feijoo “Toxos e Froles”, en homenaxe ó iniciador dos coros galegos, Perfecto Feijoo y Poncet, o “Gaiteiro do Lérez”.

“Toxos e Froles” debutou no Teatro Jofre de Ferrol, o 29 de maio de 1915, baixo a dirección de Manuel Lorenzo Barja. O día 8 de agosto de 1915 interpre-tou por vez primeira o Himno Galego, xunto coa Coral “El Eco”, na Coruña.

A primeira gravación en discos fíxose no 1922, recentemente reeditados en formato dixital; as seguintes gravacións foron feitas en decembro de 1962, 1970, 1979, 2000 e a última é do ano 2007.

“Toxos e Froles” ostenta o título de Real dende o 1 de febreiro de 1928, outorgado por S. M. El Rei Don Alfonso XIII, despois de actuar, ante os monarcas, o 23 de setembro de 1927, no pazo dos Duques da Conquista, en San Sadurniño.

Entre as distincións que o “Toxos e Froles” ten no seu haber destacan: a Medalla de Prata da Cidade de Ferrol (1976); Medalla de Prata da Provincia (1987); Medalla de Ouro de Galiza (2005); Ferrolán do ano (2005); Medalla de Ouro “Marcial del Adalid” da Real Academia Galega de Belas Artes (2006); Medalla de Honra “Gaiteiro de Soutelo” (2006), Premio Xabier Prado “Lameiro” da Coral De Ruada (2010).

CORO DA CIDADE DE VILA REAL

O Coro da cidade irmá de Vila Real naceu como consecuencia dun reto do Señor Presidente da Cámara de Vila Real, Dr. Manuel Martins, que respondeu a un desexo da poboación da cidade, así como da Dirección da Fundación Comendador Manuel Correia Botelho / Conservatorio de Música de Vila Real.

O primeiro ensaio tivo lugar o día 11 de decembro de 2007 e o día 4 de decembro de 2008, foi a pre-sentación oficial no Teatro Municipal de Vila Real, cun público que vibrou entusiasticamente.

Dende entón, actuou en Sta. Marta de Penaguião, Ourense (III Certame Intenacional de Coros “De Ruada”), Vila Chã, Sé de Vila Real, Torre-Batalha, Lei-ria… Organizou un encontro de coros na Cámara de Vila Real.

O repertorio do coro pretende abordar as varias vertentes corais en estilos que busca variar, con-templando temas galaico-portugueses, populares, espirituais e música sacra de varias épocas...

O su director artístico é o mestre Adérito Silveira, fundador e director da Academia de Música de Vila Real, director de varios coros e bandas de música, a quen lle foi concedida a medalla de prata da Cidade de Vila Real no ano 1993.

CORAL POLIFÓNICA ESTRADENSE

A Coral Polifónica Estradense nace no ano 1996 baixo a dirección de Xabier Comesanha Pereira e fai a súa presentación en xullo de 1997.

Hai que resaltar a participación en programas da radio e televisión galegas, así como no programa “Galicia Cantat” organizado polo IGAEM.

Colabora co “Xacobeo 2004” ofrecendo varios concertos en Portugal; actúa no Pazo da UNESCO, en París con motivo dun encontro internacional de canto coral. Realiza unha xira por Europa actuando en Xenebra e en Praga. Con motivo do centenario da estrea do himno galego, viaxa a La Habana e ofrece varios concertos. En lembranza desta visita, Xabier Co-mesanha compón unha habanera en galego “Cen anos hai” con letra de X. Mª. Lema, compoñente da coral.

A Coral Polifónica Estradense, xunto coa Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal da Estrada, agrupacións dirixidas polo mesmo director, engade ao seu repertorio pezas de ópera e zarzuela.

Ten gravados dous CD’s con “Coros de Ópera e Zarzuela”, e un en solitario “a capela”.

Na actualidade conta con 35 compoñentes.

CORAL DE RUADAHISTORIAL

A CORAL DE RUADA foi fundada no ano 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias, Xabier Prado “Lameiro”, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández e Cesáreo Eire. Presentou-se no Salón Apolo de Ourense o día 24 de xuño de 1919 e en Madrid en 1920.

O seu primeiro director foi o mestre Daniel González, con quen visitou América do Sur en 1931 e, con outras Agrupacións Galegas, repre-sentou a Galicia na Feira Internacional de Chicago en 1934.

A CORAL DE RUADA ten actuado na práctica totalidade dos pobos, vilas e cidades de Galicia, nas máis importantes cidades españolas (entre elas Madrid, Barcelona, Salamanca, Sevilla, Málaga, Cádiz, Huelva, etc..), nas máis importantes cidades portuguesas (Porto, Coimbra, Guimaraes, Vila Real, etc.), en Francia -onde participou nos festivais de Lorient (en tres ocasións) e Quimper- e viaxou en tres ocasións a América, actuando en Arxentina, Brasil, Uruguai, EE.UU. e Venezuela.

Desde a súa fundación, ten realizado numerosas gravacións de discos en distintas casas discográfi-cas (Regal, Columbia, Alhambra, Decca, Hispavox, CBS, Zafiro, Edigal, Fonomusic, Emi, Do Cumio, Rula, Xerais, RTVE, Galinova, Ouvirmos... A última gravación, “Sempre De Ruada”, realizouse en 2005. En decembro de 2006 presentouse o CD “Coro De Ruada: escena coral galega” coa recuperación das primeiras cantigas gravadas nos

años 1929 e 1950. Ademais, dende 1926, ten parti-cipado en diversos filmes, vídeos, etc.

Na súa andaina, CORAL DE RUADA recibiu moitos galardóns e distincións, destacando entre elas a garabata da bandeira doada pola S.M. D. Alfonso XIII; a Placa de Ouro do Centro Galego de Buenos Aires (1931); Bandeira do Concello de Ourense (1954); Medalla de Ouro da Provincia de Ourense (1984); Pedrón de Ouro (1990); Medalla de Galicia (1992); Medalla de Ouro do Liceo Recreo Ou-rensán (1994); Medalla de Ouro da Cidade de Ourense (1994); premio “Manuel Lorenzo”, na súa primeira edición, do Real Coro Toxos e Froles do Ferrol (2002); Medalla de Ouro “Gaitei-ro de Soutelo” (2007); Premio IAR (2008); Medalla de Ouro “Marcial del Adalid” da Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario” (2009)...

Na actualidade centra o seu labor na difusión dos temas folclóricos galegos e polifonía galega e universal nas Sociedades Culturais do País e do estranxeiro.

Dende o ano 2002 preside a Xunta de Goberno da CORAL Eladio Quevedo Almoína.

Compoñen a CORAL, actualmente, 44 voces mixtas e 7 instrumentistas (gaita, percusión, zan-fona, piano e órgano) baixo a dirección de Xoán Antón Vázquez Casas.

XOÁN ANTÓN VÁZQUEZ CASAS

O actual Director da CORAL DE RUADA estudou nos Conservatorios de Música de Ourense, Barce-lona, Santiago de Compostela (Profesor Superior de Solfexo), Madrid (estudios de dirección de orquestra e coros) e Vigo (Profesor Superior de Composición). É profesor de Fundamentos de Composición no Conservatorio de Ourense dende o ano 1997. Pertence á Asociación Galega de Compositores dende o ano 2002, onde ven estreando obras con regularidade. Ten sido galardoado no concurso de composición coral “Cidade de Vigo” 2001. O seu catálogo compositivo abrangue máis de 200 obras, comprendendo obras sinfónicas, banda, música de cámara, música coral e solista.