Upload
izquierda-diario-europa
View
311
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
TRÓTSKI e o seu tempo (1879-1940), Antonio Liz
Citation preview
1
2
TRÓTSKI e o seu tempo (1879-1940)
Antonio Liz
3
A Xosé e Elisa, meus
pais, campesinhos e trabalhadores,
a fonte.
Ao meu filho Tódor, á mocidade
trabalhadora,
o futuro
4
O carácter e as ideas son lendas douradas
5
INDICE
Introdución............................................, 6
I. O AMANHECER
1. Os anos de formación........................................, 8
2. Na primeira revolución:1905..........................., 11
3. Diagnosticando o futuro..................................., 13
4. Rúsia en revolución:1917................................., 17
5. Brest-Litovsk....................................................., 24
6. Guerra civil........................................................, 26
7. A III Internacional............................................, 29
8. O Comunismo de guerra.................................., 30
9. Do X Congreso a Kronstadt ............................, 32
10. Rapalho…………............................................, 36
11. Arte e revolución............................................., 38
II. A REVOLUCIÓN TRAIZOADA
12. A nacente burocrácia.........................................,41
13. Lénin, a derradeira batalha.............................,45
14. Alemanha, a revolución fracasada..................,48
15. A troika, umha dirección fraccional...............,49
16. A morte de Lénin……………………………..,52
17. Indivíduo e História………………………….,54
18. Un caminho diferente…………………… …..,55
19. Socialismo nun só país.......................................,63
20. A oposición de esquerda....................................,64
21. Stálin, sepultureiro da revolución...................,67
22. A revolución china.............................................,68
6
III. LOITANDO PARA O PORVIR
23.O programa da Oposición....................................,72
24. A eliminación da esquerda..................................,75
25. No desterro: Almá-Atá .......................................,77
26. Prinkipo, comeza o exílio....................................,83
27. Viaxe de ida e volta..............................................,88
28. Contra o nazismo.................................................,91
29. Na Franza.............................................................,98
30. O asasinato de Kírov..........................................,102
31. Noruega...............................................................,104
32. A revolución espanhola......................................,106
33. Trótski, Nin e o POUM......................................,113
34. O primeiro proceso de Moscovo............... .......,116
IV. O FINAL DO CAMINHO
35. México...................................................................,120
36. Máis horror stalinista..........................................,123
37. A IV Internacional...............................................,126
38. Tambores de guerra.............................................,127
39. O Pacto názi-soviético..........................................,131
40. Comeza a guerra...................................................,133
41. A natureza do Estado soviético...........................,135
42. O método marxista................................................,139
43. Umha biografia inconclusa...................................,143
44. Testamento político...............................................,144
45. O asasinato de Trótski...........................................,145
Apéndices:
I) Congresos do Partido Bolchevique.............,148
II) Congresos da Internacional Comunista.....,158
III) Cronoloxia (1879-1940).................................,161
Bibliografia..................................................................,169
Duas páxinas web........................................................,175
Películas e documentais..............................................,175
7
Introdución:
Por que hoxe umha biografia sobre Trótski?
O historiador non escolhe casualmente o seu obxeto de estudo.
Entón, é posíbel que o historiador sexa obxetivo? Sí, se o que pretende é
achegar-se á causalidade dos fenomenos sociais. Sí, se o historiador tenta
descubrir, comprender e non xustificar. O seu grao de obxetividade
dependerá do seu nível de aproximación á realidade histórica.
Por que temos escolhido a Trótski como obxeto de estudo, de
reflexión? Por duas razóns completamente interrelacionadas. Umha, porque
o seu quefacer intelectual e político da-nos a posibilidade de expor o cerne
da vida dun home cuxo obxeto existencial foi emancipar á humanidade
através da loita política da clase trabalhadora. Outra, porque lhe tocou viver
un tempo histórico onde se deron as primeiras revolucións e
contrarrevolucións do século xx polo que a sua vida transcurre nun periodo
que é sumamente rico en ensinazas políticas.
Facemos “política” ao escolher como obxeto de estudo a Trótski?
Por suposto. O historiador pode ser obxetivo pero nunca é imparcial, algo
absolutamente imposíbel numha sociedade clasista. Non podemos ser
imparciais senón que queremos presentar o epicentro da vida dun home que
obrou, conxuntamente con moitos outros, para a maioria da espécie
humana, que reflexionou e militou co único obxetivo de conquistar un
mundo harmonioso no social e no internacional. Como este mundo inda
non está sustentado sobre esas bases, umha reflexión sobre a sua vida e a
sua obra non é un mero exercício académico senón un exercício social.
A biografia
Esta biografia comezou cando nos puxemos a elaborar un artigo
sobre Trótski no seu sesenta cabodano. O feixe de artigos que viron a
continuación constituen o borrador desta biografia. Biografia feita a modo
porque é produto de moitos anos de leitura e releitura das principais obras
conhecidas do biografiado e da reflexión sobre o caminhar da História e
porque tamén a sua elaboración fixo-se de vagar, nun tecer acougado no
narrativo inda que apaixoado no intelectual.
8
Bibliografia
Na bibliografia están citadas tanto as obras máis importantes de
Trótski, teimosamente trabalhadas por nós, como sobre el. Tamén hai
textos xerais tanto de carácter teórico como histórico. Dicer aqui que a nós
a maioria das obras recolhidas na bibliografia parecen-nos aproveitábeis,
algumhas sublimes e máis dumha deleznábel. Mais todo isto compete-lhe
descubri-lo ao próprio leitor xa que o obxeto deste libro non é facer umha
análise de ditas obras inda que é óbvio que cando o noso discurso histórico
diverxe do dos autores anotados na bibliografia é porque non estamos
dacordo coa sua linha interpretativa.
Adverténcia
Esta obra non recibiu apoio económico de nengumha institución,
asociación ou grupo político. Xa que logo, é o produto dun quefacer
intelectual absolutamente independente. Agora ben, anotar que ninguén
pode estar no limbo dos xustos, por enriba das clases sociais; quen pretenda
tal ou é un parvo ou un demagogo. Non se pode ser imparcial pero sí libre
se entendemos que o compromiso intelectual e político conscientemente
adquirido é a eséncia da liberdade.
11, Setembro, 2004
9
I. O AMANHECER
1. Os anos de formación
Lev Davídovich Bronstein nacia, segundo o calendário Xuliano
imperante na Rúsia Zarista que, ironias da História, será derogado no 1918
pola revolución da que o próprio Trótski será un dos seus líderes, o 26 de
Outubro do ano 1879 numha aldea do sul de Ucránia, Ianovka, na
província de Jerson, no seo dumha família xudea de pequenos agricultores.
Cando o rapaz veu ao mundo o Império Ruso estaba rexido polo zar
Alexander II, que governaba desde o ano 1855 e que morreu nun atentado
con bomba o 1 de Marzo do 1881 en San Petersburgo. Sucedeu-no
Alexander III (1881-1894), que vai fenecer na cama por culpa dumha
enfermidade renal aos corenta e nove anos. Seu filho, Nicolai II, o que ia
ser o derradeiro monarca da Dinastia dos Románov, accedeu á xefatura da
autocrácia no 1894, tempo no que o noso biografiado xa era un adolescente
que remataba os seus estudos no instituto e que estaba a piques de iniciar-se
na política revolucionária.
Nicolai II, zar no periodo 1894-1917, estaba completamente imbuido
da idea de que tinha que seguer sendo un autócrata porque sentia-se un
monarca absoluto eleito pola graza de Deus. Asi, estimaba que non tinha
que ceder nengun poder xa non a umha Duma (Parlamento), o quel
consideraba sinxelamente un ultraxe para a sua réxia persoa, senón nen
siquer a un governo operativo que mesmo dependendo del tivera
autonomia dabondo para dirixir aquel imenso e plurinacional império.
Nicolai II nada queria saber da realidade, mesmo nen se decataba que a
industrialización que vinha posibilitando o próprio Estado zarista estaba
dinamizando ao campesinhado e parindo un proletariado concentrado. Pero
a realidade caminhaba apesares da absoluta incomprensión do zar.
Efeitivamente, numha sociedade de 130 milhóns de persoas,
maioritariamente campesinha, estaban-se dando umhas concentracións
industrias e obreiras desconhecidas mesmo nos países capitalistas
desenvolvidos. Uns poucos dados ilustran isto, no 1890 o 46 por 100 dos
obreiros fabris trabalhaban en fábricas de ao menos mil obreiros; no
mesmo ano, na Ucránia sete grandes fábricas empregaban os dous terzos
de todos os obreiros metalúrxicos da Rúsia zarista e, na mesma data, as
minas de carbón do Donetz xuntaban os 3/5 dos trabalhadores do carbón e
xeraban o 70% da produción carbonífera. Non era difícil colexer que esta
dinámica sócio-económica traeria implicacións políticas.
Retrocedamos un instante á aldea de Ianovka, ali pasará o futuro
Trótski parte da sua infáncia.Vivirá-a ao ritmo do campo, marcado polas
catro estacións. Será un tempo sen luxos pero sen apreturas. Aos nove anos
xa vai estudar a Odesa, cidade na que residirá cuns parentes que estaban
10
comezando a montar umha editorial, o que lhe posibilitará correxer probas
de imprenta convertindo-se no pasatempo favorito do rapaz. Estudará no
Instituto San Pablo, destacando como bon aluno en matérias tan diversas
como matemáticas e língua e literatura rusas, entre outras. Aprende os
rudimentos do alemán e do francés e tamén os da rebeldia xa que por
participar numha protesta escolar tararexando coa boca pecha van-no
expulsar temporalmente do coléxio.
Rematados os cursos no instituto marcha, no 1896, a Nikoláiev. Ali
o contacto pre-militante coa realidade política e social porá-o na primeira
encrucilhada da sua vida: universidade ou revolución? Un feito virá a
axudá-lo na sua decisión: en Febreiro do 1897 umha estudanta presa na
fortaleza petersburguesa de San Pedro e San Pablo prende-se lume. Baixo o
impacto daquel acto comeza o seu caminho de revolucionário. Empeza a
exercer de escritor e axitador político. Eran os primeiros pasos. Neste
círculo conheceu a Alexandra Sokolóvskaia, revolucionária que será a sua
primeira companheira e coa que terá duas filhas, Zina e Nina. Os contactos
políticos van-se acrecentando. As relacións con trabalhadores e estudantes
dan nacemento á “Unión de Obreiros do Sul de Rúsia”, na que Lev
Davídovich, que ten 18 anos, vai cumplir un papel político importante. Os
membros da “Unión” chegan a 200. Editan un modesto periódico intitulado
“Nashe Delo” (A Nosa Causa ).
Polo seu proceder axitativo é detido pola policia a comezos do 1898.
Levado ao cárcere de Nikoláiev e logo á prisión de Jerson. Dali foi enviado
ao centro penitenciario de Odesa, onde se enterará do Congreso
Fundacional do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia (POSDR), que
se celebrara do 13 ao 15 de Marzo do 1898 en Minsk. No cárcere
acometerá un senfin de leituras.
Afinais do 1899 Lev e os seus camaradas son condeados ao desterro
siberiano. De caminho a Sibéria pasan por Moscovo. Conhece ali a
revolucionários experimentados e ouve falar de Lénin por primeira vez e le
“O desenvolvimento do capitalismo en Rúsia”. Escrebe ensaios e panfletos.
Na mesma prisión de Moscovo casa-se coa sua companheira Sokolóvskaia.
Marchan xuntos ao desterro, xa que as parelhas casadas tinhan ese direito.
Chegan á aldea siberiana de Ust-Kut. Ali comezará a ler “O
Capital”. Lev e Alexandra tenhen umha nena, Zina. Instalan-se en
Verjolensk, no leste de Sibéria. Aqui a actividade política é frenética:
estudos, debates, artigos.Vai-se consolidando a sua formación marxista. Xa
se auto-identifica como “socialdemócrata”, que é como se denominaban de
aquela os comunistas. Converte-se nun dos líderes da Unión
Socialdemócrata Siberiana. Escrebe infinidade de textos e asina-os co
sobrenome “A Pluma” (Piró, como se di en ruso), pseudónimo que se fará
moi conhecido entre os revolucionários rusos.
11
No verao do 1902 o correo clandestino trouxo-lhe o “Que facer?” de
Lénin e umha série de números de “Iskra” (A Chispa) que Lénin, Mártov,
Plejánov e outros socialdemócratas fundaran e cuxo primeiro número saira
á luz o 24 de Decembro do 1900.
Lev decide fuxir de Sibéria. Asi o acorda cos sua companheira que
quedará ao cargo das duas filhas, xa que nacera outra nena, Nina. No verao
de 1902 dá-se á fuga, primeiro en carro e despois en tren. Chega a Irkutsk.
Ali uns camaradas proporcionan-lhe un pasaporte falso ao que habia que
por-lhe un nome axinha. Lev escolhe o nome dun seu carceleiro: “Trótski”.
Con este nome pasará á História.
En Outubro do mesmo 1902 chega a Londres e vai directamente ao
apartamento onde vivian Lénin e Krúpskaia, que se trasladaran á capital
inglesa para poder imprimir Iskra. Cando Krúpskaia abre a porta Trótski
presenta-se co seu seudónimo siberiano: “A Pluma”. Lénin e Trótski
conhecen-se persoalmente. Falan. Caminhan. A História acaba de xuntar
por vez primeira aos futuros líderes da vindeira Revolución de Outubro.
O mesmo dia da sua chegada instalará-se numha casa contígua á de
Lenin, que compartirá con Mártov e Vera Zasúlich, que xunto con Lénin,
Plejánov e Áxelrod compunhan a redacción de Iskra. Precisamente, ao
pouco da sua chegada, Lénin proporá a Trótski como novo redactor de
Iskra. Plejánov oporá-se. Porén, Trótski converte-se en colaborador do
periódico e en conferenciante político entre a colónia de emigrados rusos.
Así viaxa a Suiza, Bélxica, Franza. Numha viaxe a Paris conhecerá a
Nataxa Sedova quen será a sua derradeira companheira, coa que terá dous
filhos, Lev e Sergei.
En Xulho do 1903, celebra-se o IIº Congreso do POSDR. Aqui vai-se
producir a famosa división entre “bolcheviques” (maioria) e
“mencheviques” (minoria). División que terá causa no diferente papel que
os líderes socialdemócratas lhe otorgan ao POSDR. Cisma primeirizo que
virá precedido polo clima xerado por umha proposta de Lénin para axilizar
a redacción de Iskra, proposta que supunha a retirada de Vera Zasúlich e
Áxerold da redacción que se nada aportaban á elaboración do periódico sí
eran duas velhas glórias e como tais respetadas e queridas. Neste ambiente,
Trótski votará en contra das teses de Lénin. Este IIº Congreso supuxo a
morte política de Iskra e o comezo da batalha política de Lénin por criar o
Partido da clase trabalhadora. Trótski non compartirá até moito tempo
despois a teimosia organizativa de Lénin, o que os levará a enfrentamentos
políticos nada corteses. Mais, como Trótski non compartirá o timoratismo
político dos mencheviques quedará, no terreo organizativo, alonxado de
ambas as duas fraccións do movimento obreiro socialdemócrata ruso.
Explica-o o próprio Trótski: “No ano 1904 (...) rompin coa minoria do
segundo congreso (os mencheviques), e durante os seguintes trece anos non
pertecin a nengumha fracción” (V.115, p.155). Até a revolución do
12
dezasete a nivel organizativo foi un “conciliador” , tentou casar a
bolcheviques e mencheviques, o que lhe valeu a dura crítica de Lénin.
Trótski reconhecerá que na construción do Partido Lénin tinha toda a
razón. A revolución do 1917 solucionará esta diverxéncia. Desde entón,
para Trótski a primeira exixéncia para enfrentar as tarefas políticas ten
“tres condicións: o partido, o partido e umha vez máis o partido” (V.95,
p.48).
2. Na Primeira revolución: 1905
A comezos do 1904 vai estralar a guerra ruso-xaponesa. Os
imperialistas rusos e xaponeses competian por Manchuria e Corea. Cando
tropas e colonos rusos cruzaron, no 1903, o rio Yalu, que fai fronteira hoxe
entre Corea do Norte a a República Popular China, o governo xaponés
rompeu as relacións diplomáticas e artelhou un ataque contra a base naval
de Port Arthur, na península de Liaodong. Port Arthur era umha das duas
bases navais que tinha a Rúsia zarista no Océano Pacífico, a outra estaba en
Vladivostok. O ataque produciu-se, sen prévia declaración de guerra, o 8 de
Xaneiro do 1904; con el o exército xaponés feriu á frota rusa e puxo-lhe
cerco á base naval que capitulou o 2 de Xaneiro do 1905. Era o comezo do
fin en Ásia fronte ao emerxente imperialismo xaponés. As derrotas
sucederon-se umha tras outra no rio Yalu (Abril, 1904), Mukden (Marzo,
1905) para rematar no desastre naval da Batalha de Tsushima (27,
Maio,1905), que levaria á Rúsia zarista á mesa de negociacións e a
reconhecer no Tratado de Portsmouth, asinado nos EEUU o 23 de Agosto
do 1905, os intereses xaponeses no Extremo Oriente. Mais non foi a derrota
perante o competidor xaponés o único efeito xa que a perda desta guerra
terá consecuéncias internas, tantas que, en palabras de Trótski, “a
revolución de 1905 xurdiu directamente da guerra ruso-xaponesa” (V.103,
p.11). Efeitivamente, umha semana despois da caida de Port Arthur daba-se
o “Domingo Sanguinhento”
O 9 de Xaneiro do 1905 umha moitedume popular manifesta-se
fronte ao Pazo de Inverno de San Petersburgo. Á sua cabeza ia o pope
Georgei Gapón, quen posibelmente foi o redactor da petición que as miles
de filhas e filhos do povo trabalhador lhe facian ao “pai zar” para que os
eximi-se da burda explotación e das miserentas condicións materiais de
existéncia. Mais Nicolai II non só non recibiu á delegación portadora das
reivindicacións populares senón que fixo que a cabalaria cosaca e a
infantaria zarista masacrasen aos trabalhadores. Centos de mortos tivo o
povo. Esta masacre encendeu a mecha da Primeira Revolución Rusa.
Motivado polos acontecimentos, Trótski chegaba a Kiev en Febreiro.
Puxo-se en contacto coa ponla clandestina bolchevique da
socialdemocrácia rusa. Coa sua axuda traslada-se a San Petersburgo onde
13
chega entre o 14 e o 15 de Outubro. Ipso-facto inserta-se na actividade
clandestina, pero no verao ao ser detectado por un axente zarista muda-se a
Finlándia, onde comeza a esbozar os rudimentos teóricos da “revolución
permanente” En Setembro volta a San Petersburgo. Notória tivo que ser a
sua actividade política porque o 17 de Outubro, cando o Sóviet de San
Petersburgo elixe o seu Comité Executivo, Trótski, un revolucionário sen
organización concreta, está entre os eleitos. Elixe-se como Presidente do
Sóviet a Jrustalev Nosar, mais será Trótski o verdadeiro líder político do
Sóviet. El dirixirá “Izvéstia” (Notícias), o voceiro do Sóviet, así como
redactará a maior parte dos seus manifestos, ademáis de ser o seu principal
orador.
Axitación social, motins no exército e na marina – o celebérrimo
Potemkim, por exemplo- culminan no mes de Outubro numha Folga Xeral
que se extende por toda a Rúsia Zarista. O zar Nicolai II, presionado,
publica o Manifesto do 17 de Outubro que, redactado polo conde Vitte,
prometia umha constitución, liberdades democráticas e o sufráxio universal
para elixir a Duma (Parlamento) . Ese mesmo dia aparecia o primeiro
número de Izvéstia. En San Petersburgo a moitedume sae á rua esixindo:
amnistia, amnistía!!. Marcha cara á Universidade en cuxo pátio se
concentra. Trótski, desde un balcón da dita institución, dirixe-se a aquela
impresionante concentración popular e advirte-lhe: “ Cidadáns!, agora que
puxemos un pé en riba do peito dos bandidos que nos governan promete-
se-nos a liberdade (...) Bon trunfo! Pero non vos apresuredes a cantar
vitória: non é completa” (V.103, p.113).
O 19 de Outubro o Sóviet chama á conclusión da Greve Xeral e á
convocatória dumha manifestación onde honrar aos heróis caidos na loita.
Mais cando se soubo que se preparaba umha matanza contra os obreiros e
un pogrom contra os xudeos suspende-se xa que a clase obreira non estaba
armada. O Sóviet centrou esforzos en pedir liberdade de prensa e xornada
de oito horas. O Sóviet tamén organiza umha receición a “delegados da
Polónia oprimida” e proclama o direito de Polónia á autodeterminación.
A comenzos de Novembro, entre o oito e o dez, cando Lénin chega a
San Petersburgo, Lunarschárski di-lhe: “o home forte do Sóviet é Trótski”,
ao que Lénin resposta: “Trótski ganhou-no co seu excelente e infatigábel
trabalho” (V.22, p.135). Incansábel quefacer que levaba a Trótski a
codirixir tres periódicos: Izvéstia, Rúskaia Gazeta (Gaceta Rusa) e Nachalo
(O Comezo). Neste último escrebian Vítor Adler, Babel, Kautski, Rosa
Luxemburgo, Franz Mherig, Clara Zetkin..., en fin, as plumas consagradas
por entón da socialdemocrácia europea, o que indica o prestíxio de Trótski
tamén fóra das fronteiras da Rúsia zarista.
O governo ruso, consciente da sua forza, bota-lhe un pulso ao Sóviet
arrestando, o 22 de Novembro, a vários dos seus dirixentes. O Sóviet
14
decide preparar-se para a insurreizón. Mais a clase obreira ainda non estaba
organizada dabondo para este paso transcendente e o governo zarista
procede á detención, o tres de Decembro, do Comité Executivo do Sóviet
con Trótski á cabeza, que xa era o seu presidente. A contestación da clase
trabalhadora non se fai esperar. Folgas en San Petersburgo, e Folga Xeral
en Moscovo, onde se vai a loitar nas barricadas durante dez dias, e
enésimas mobilizazóns no conxunto do território da Rúsia zarista.
Trótski no cárcere puxo-se a organizar a defensa do proceder político
do Comité Executivo do Sóviet de San Petersburgo. Rexeita umha misiva
do menchevique Mártov que chamaba á moderación. Trótski entende que
se debe converter o xuízo numha tribuna política contra o réximen zarista e
convence aos seus companheiros para que sigan este proceder. O 19 de
Setembro do 1906 Trótski sentou-se na bancada dos acusados. O tribunal
civil recibiu infinidade de comunicacións asinadas por milheiros de
trabalhadores que protestaban contra o proceso. O 4 de Outubro Trótski
toma a palabra para defender o direito da clase obreira a artelhar a
insurreizón, é dicer, a organizar a conquista armada do poder. O 2 de
Novembro pronuncia-se o veredito do Tribunal: Trótski e os seus 14
companheiros foron deportados por vida a Sibéria, para onde partiron o 5
de Xaneiro do 1907.
O seu papel na dirección e na defensa da Revolución de 1905 fará de
Trótski un auténtico líder revolucionário. Con esta aureola, ganhada na
realidade histórica, parte para Sibéria na companha dos seus
correlixionários. Non estará en Sibéria moito tempo. Ao comenzar a viaxe
xa ten en mente a evasión. Esta producirá-se axinha. Chegou a Berezov o
12 de Febreiro e o dia 18 xa comezaba a fuga nun trineo tirado por renos
que o leva até Bogoslovsk e desde ali por tren até chegar a San
Petersburgo. Desde aqui pasa a Finlándia onde se atopou con Lénin e
Mártov que o felicitaron polo seu comportamento durante o proceso.
Afinais de Abril atopaba-se en Londres para asistir ao V Congreso do
POSDR.
3. Diagnosticando o futuro
Os máis de 300 delegados que asisten a este Congreso, que se
celebrou entre Abril e Maio do 1907, foran designados por 77.000
militantes. Ali estaban, Lénin, Rosa Luxemburgo, Mártov... e Stálin , quen
non participa nos debates e daquelas responde ao seudónimo de Koba. Era
a primeira vez que Stálin e Trótski coincidian fisicamente, inda que para
Trotski a primeira lembranza de Stálin será anos despois en Viena, cando o
xeorxiano esté elaborando, baixo a estrita dirección de Lénin, o ensaio “O
marxismo e a cuestión nacional”. Diante do Congreso, Trótski expuxo por
vez primeira un esbozo da “teoria da revolución permanente” cuxos
15
rudimentos elaborara en Finlándia e no cárcere e desenvolverá en Viena. O
Congreso volta a sacar á luz as diferenzas que Lénin tinha cos outros
líderes revolucionários na conceizón do Partido. Trótski abogaba pola
unificación entre a fracción bolchevique e a menchevique.
Rematado o Congreso, Trótski foi a viver a Viena onde residiu até o
comezo da Iª Guerra Mundial. Neste espazo de tempo, 1907-1914, editou
“Pravda” (A Verdade), conheceu e frecuentou aos líderes da
socialdemocrácia alemana (Kautski, Babel...), aos austro-marxistas (Otto
Bauer, Vítor Adler...) e a ponla revolucionária da socialdemocrácia (Rosa
Luxemburgo, Karl Liebknecht, Franz Mherig...). Neste periodo vienés
escrebe, entre 1908 e 1909, umha das suas obras clásicas “1905,
resultados e perspectivas”. Nesta obra reflexiona sobre a primeira
revolución rusa, na que el tan decididamente participara, e formula máis
de vagar a “teoria da revolución permante” onde afirma que no próximo
periodo revolucionário a revolución comezará sendo democrático-
burguesa pero debido á incapacidade política da burguesia rusa para
dirixi-la o proletariado tomará a dirección porque a dinámica do proceso
revolucionário levará-o a sobardar o marco político burgués para
enfrentar-se a tarefas socialistas xa que terá que facer-se cargo do proceso
produtivo. Neste quefacer o proletariado deberá contar coa alianza das
masas campesinhas. Alianza que o proletariado debe dirixir políticamente
polo que non se debe dar umha “ditadura revolucionária- democrática do
proletariado e do campesinhado” como decia Lénin daquelas, senón que
deberá ser umha “ditadura socialista” no que o proletariado sexa o director
da alianza obreira-campesinha. A segunda parte da “teoria da revolución
permanente” fai mención á necesidade da revolución mundial para que o
socialismo trunfe.
Xa no desterro, en Almá-Atá, Trótski repasará a argumentación da
“teoria da revolución permanente”. A este repaso porá-lhe umha
introdución en Prinkipo, datada o 30 de Novembro do 1929. Nela di: “A
revolución permanente (...) quere dicer umha revolución que non se avén
a nengumha das formas de predomínio de clase, que non se detén na etapa
democrática e pasa ás reivindicacións de carácter socialista (...), umha
revolución na que cada etapa se basea na anterior e que non pode terminar
máis que coa liquidación completa da sociedade de clases (...). Separemos
as tres séries de ideas aglutinadas na dita teoria. En primeiro lugar, esta
contén o problema do tránsito da revolución democrática á socialista (...).
O segundo aspecto da teoria caracteriza xa á revolución socialista como
tal. Ao longo dun periodo de duración indefinida e de loita interna
constante, van transformando-se todas as relacións sociais. A sociedade
sufre un proceso de metamorfose. E neste proceso de transformación cada
nova etapa é consecuéncia directa da anterior (...). O carácter
16
internacional da revolución socialista constitue o terceiro aspecto da teoria
da revolución permanente (...). O internacionalismo non é un princípio
abstracto, senón unicamente un reflexo teórico e político do carácter
mundial da economia, do desenvolvimento mundial das forzas produtivas
e do alcance mundial da loita de clases. A revolución socialista comeza
dentro das fronteiras nacionais pero non pode conter-se nelas. A
contención da revolución proletária dentro dun território nacional non
pode ser máis que un réxime transitório, inda que sexa prolongado”
(V.107, pp.51-55).
O conceito “Revolución Permanente” (V.62, pp.104 e 111)
utilizaron-no por vez primeira Marx e Engels no ano 1850 na “Mensaxe do
Comité Central á Liga dos Comunistas”. Ali afirma-se que a clase obreira
debe ter umha posición política absolutamente independente dos
demócratas pequeno-burgueses para organizar o seu próprio partido e,
engadirá Trótski, a sua própria revolución.
O ano 1914 traerá o comezo da primeira matanza en masa da
História, a Iª Guerra Mundial (1914-1918). Suporá tamén a bancarrota
política da Segunda Internacional xa que a sua sección máis poderosa, o
Partido Socialdemócrata Alemán (SPD), votou a favor do presuposto de
guerra no Reichstag o 4 de Agosto do 1914. Todos os deputados
socialdemócratas votaron a favor no Parlamento por umha mal entendida
discliplina de partido, cando na votación no seo da própria fracción
parlamentária dos 110 deputados 14 votaran en contra. Rosa Luxemburgo
explicaria despois que o programa está por enriba dun acordo coxuntural.
Se este vulnera o programa o acordo non hai que acatá-lo. Foi con esta
filosofia coa que en Decembro do 1914, cando o governo alemán voltou a
solicitar novos cretos para a guerra, Karl Liebknecht e Otto Rühle votarán
en contra. Porén, a votación de Agosto foi un proceder tan inesperado que
Lénin, inda despois de ler a notícia na prensa socialdemócrata, pensaba que
era mentira, que aquel número do “Vorwärts” era umha falsificación do
Estado Maior Alemán. Normal esta creenza, porque, como dirá Trótski, o
SPD para os revolucionários da Rúsia zarista “non era un dos partidos da
Internacional, senón o partido” (V.22, p.203). Para Trótski a votación do
dia 4 “foi umha das decepcións máis tráxicas da minha vida” ( V.93,
p.250).
Ao estralar a guerra Trótski estaba en Viena, pero o dia 3 de Agosto
partirá a toda presa para Zurich porque estimaba-se que os rusos residentes
en Viena puderan ser detidos dun momento a outro. En Zurich atopará-se
con Lénin e xuntos leerán a notícia da votación do SPD o dia 4. Trótski
porá-se a redactar o folheto “A Guerra e a Internacional”, que será
introducido na mesma Alemanha. Os seus introdutores foron procesados, e
mesmo o próprio Trótski que será acusado do delito de lesa maxestade e
17
sentenzado a prisón. Por sorte para el estaba fora do alcance dos xuices
alemáns. Desde Suiza Trótski pasará a Franza. O periódico “O pensamento
de Kiev” nomeará-o corresponsal en Paris e, posteriormente, corresponsal
de guerra nos Balkáns.
Dada a traición da IIª Internacional, un pequeno grupo de
revolucionários marxistas van-se xuntar para defender o internacionalismo
e lanzar umha proclama contra a matanza imperialista. A xuntanza dá-se
desde o 5 ao 8 de Setembro do 1915 en Zimmerwald, un povo da
montanha suiza que está a uns dez kms. de Berna. Son só 38 delegados:
Lénin, Trótski, Zinóviev, Mártov...Condenan a guerra como un produto
do imperialismo capitalista pero non hai unanimidade para chamar á
transformación da guerra entre nacións a umha guerra entre clases. Desde
entón os dirixentes da IIª Internacional serán alcumados por Lénin e
Trótski como “social-chovinistas”, como “traidores” á causa do
socialismo.
Trótski vivirá en Paris co-dirixindo o periódico Nashe Slovo (A Nosa
Palabra), o outro co-director era Mártov. Comezou-se a publicar o 29 de
Xaneiro do 1915. Tendo moi poucas folhas contará cumha nómina de
escritores notábeis tais como Lunachárski, Riazánovk, Rádek, Kolontai,
Sokolnikov... Será un voceiro claramente internacionalista, oposto
frontalmente á mantanza imperialista. Por este teimoso quefacer as
autoridades francesas suspenderán o periódico o 15 de Setembro do 1916.
Trótski será expulsado da Franza e levado até a fronteira espanhola, onde
o deixan. Desde Irun vai a Donóstia e desde ali a Madrid. Estaba só e
completamente perdido xa que non tinha nen amigos na cidade nen sabia
espanhol. Por umha carta recibida desde Paris ve-se cun socialista
espanhol. Instala-se numha pensión. Localizado pola policia espanhola é
detido e conducido á Cárcel Modelo. Dali a policia leva-o a Cádiz e din-
lhe que o embarcarán para La Habana. Protesta. Pois a New York. O 20
de Decembro parte para Barcelona, onde se xunta coa sua mulher e os
dous nenos. En Barcelona verá-se obrigado a embarcar cara New York. A
policia instala-o no transatlántico Monserrat. Sae de Barcelona o 25 de
Decembro e chega a New York o domingo 13 de Xaneiro do 1917. Ali
atopa-se con Bujárin, entra na redacción de “Novi Mir” (Novo Mundo),
escrebe artigos en ruso, da conferenzas en alemán. Enterado que
estralara a revolución en Rúsia, o 25 de Marzo presenta-se no consulado
ruso e recolhe a documentación para viaxar a Rúsia. O 27 de Marzo
Trótski, Nataxa e os dous rapaces embarcan cara Rúsia. En Halifax
(Canadá) suben ao barco autoridades inglesas. O 3 de Abril oficiais
ingleses obrigan a Trótski, aos seus, e a cinco pasaxeiros máis, a que
abandonen o barco. Despois de ver-se obrigado a desembarcar pola forza
é trasladado a un campo de prisioneiros alemáns. Ali, en Amherts, habia
18
800 prisioneiros, uns marinheiros e outros obreiros. Da mitin tras mitin,
ben acolhidos pola tropa e non tan ben pola oficialidade. O 25 de Abril é
liberado do cárcere militar mercé á presión que os revolucionários fixeran
en Petrogrado ( tal era o nome entón do antigo San Petersburgo). Sae dali
vitoreado polos soldados polo seu proceder internacionalista. De Halifax
parte para Finlándia e desde ali en tren a Petrogrado, onde chega o 4 de
Maio. Recibe-o umha moitedume revolucionária.
4. Rúsia en revolución: 1917
Lénin chegara a Petrogrado o 3 de Abril. Naquel momento o
Governo Provisório, saido da derradeira Duma zarista e artelhado en
Febreiro, governaba grazas ao apoio que lhe otorgaba o Sóviet de
Petrogrado. Este dobre poder existia porque o governo presidido polo
príncipe Lvov precisaba de xeito imperioso ter o respaldo das masas
petrogradenses, inda que non queria depender delas pero non podia ter
outros apoios xa que os trabalhadores e soldados eran a masa
revolucionária. O Governo Provisório aceitou de mala gana legalizar a
xornada de oito horas, a anistia, a liberdade de prensa e outras medidas
democráticas conquistadas pola masa popular. Porén, no esencial, que era
por-lhe fin á guerra, seguiu exactamente o mesmo caminho que os
governos zaristas. Asi, por boca de Miliukov, Ministro de Asuntos
Exteriores, o governo ruso deu-lhe aos governos da Franza, Grande
Bretanha e EEUU garantias de que ian continuar a guerra. Os Aliados
ratificaron os tratados secretos que lhe aseguraban a Rúsia a toma de
Constantinopla, o controlo dos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos e
outras ventaxas territoriais. Mais o governo “democrático” ruso non só
estaba interesado en continuar a guerra para incrementar o espazo vital da
sua burguesia senón porque umha desmobilizazón do exército aceleraria a
revolución agraria non campo e consolidaria as conquistas democráticas
da clase trabalhadora e dos soldados. Umha vitória militar era a única
saida que tinha o governo ruso para conquerir que a burguesia rusa
impuxera o seu domínio político, mesmo através da restauración da
monarquia. Entón, por que o Soviet de Petrogrado apoiaba a este
governo? Porque a imensa maioria dos soldados e obreiros seguian aos
mencheviques e eseristas. Os bolcheviques eran umha infima minoria no
Sóviet de Petrogrado. Mencheviques e socialistas-revolucionários
(eseristas) estimaban que aquela era umha revolución burguesa e que polo
tanto era a burguesia a que deberia ter o poder político mentras que os
obreiros, soldados e campesinhos só tinhan que vixilar que non se
anulasen as conquistas democráticas. Esta tamén era a visión de moitos
“dirixentes” bolcheviques, tais como Kámenev e Stálin. Endebén, a
19
chegada de Lénin ia impedir que o PB continuase tras a estela de
mencheviques e eseristas.
Lénin fora recibido o dia 3 na estación Finlándia de Petrogrado por
umha moitedume cuxos representantes lhe deron umha receición na sala
de espera, o obsequiaron cun ramo de flores e lhe botaron un discurso de
benvida. Mais Lénin, abeirando-se da receición oficial presidida por
Chjeidze, o Presidente do Sóviet de Petrogrado, sauda á moitedume de
obreiros e soldados: “A revolución rusa, feita por vós, (...) é o comezo
dumha nova época. Viva a Revolución Socialista Mundial!!” (V.13, p.95).
Era o primeiro indício da sua linha argumental, novedosa tanto para os
seus camaradas como para os alheos, que imediatamente vai defender e
publicar. O cerne desta reflexión de Lénin está recolhido no texto que a
História conhece como as “Teses de Abril”, “o documento máis
importante da Revolución” (V.116, p.20), en apreciación de Trótski. Ali
ademais de calificar o conflito bélico de guerra imperialista de rapinha, de
negar-lhe o máis mínimo apoio ao Governo Provisório e de esixir que
todo o poder do Estado pase aos Sóviets, afirma que, “a peculariedade do
momento consiste no paso da primeira etapa de revolución, que deu o
Poder á burguesia por carecer o proletariado do grao necesário de
conciéncia e organización, á sua segunda etapa que debe pór o Poder en
maos do proletariado e das capas pobres do campesinhado” (V.51, p.36).
O fio condutor vai coincidir co que vinha defendendo Trótski na sua
“revolución permanente”, cuxa redacción non lera Lénin, na opinión do
próprio Trótski.
Pola noite dese mesmo dia Lénin falou durante duas horas numha
xuntanza bolchevique celebrada no Pazo que fora da bailarina Ksechskaia.
Sujánov, menchevique e historiador da Revolución Rusa, que estivo
presente, conta-nos a impresión que a intervención de Lénin lhe causou a
el mesmo e ao auditório: “Endexamais esquecerei ese discurso, que como
un lóstrego encheu de estupor e de admiración non só a un herético coma
min que se atopaba ali por casualidade, senón tamén a todos os ortodoxos
presentes. Afirmo que ninguén esperaba umha cousa semelhante” (V.28,
p.281). Cando o Sujánov mesmo lhe pergunta a Kámenev polo discurso
de Lénin atopa-se cumha resposta evasiva, “esperemos,esperemos”, que
explica ás claras a incomprensión da cúpula do Partido.
O dia 4 Lénin le as suas teses no Pazo de Táuride, que era o lugar
onde se celebraban as xuntazas do Sóviet de Petrogrado. Primeiro numha
xuntanza ampliada de bolcheviques, e acto seguido, numha conxunta de
mencheviques e bolcheviques. Aqui a resposta ao discurso de Lénin por
parte dos mencheviques non se fixo esperar, orador tras orador
descalificaron as teses de Lénin. Mesmo un tal Goldenberg o calificará de
anarquista na sua intervención: “Lénin acaba de presentar a sua
20
candidatura a un trono que está vacante na Europa desde hai xa trinta
anos: o de Bakúnin” (V.13, p.96). O periódico de Plejánov, que tamén
estaba en Petrogrado, comentará que o discurso de Lénin era “un
delírio”. Non é de extranhar este ataque desde as filas mencheviques
cando un camarada seu como era Stálin decia que “estas teses non son
máis que un esquema que carece de feitos” (V.61, p.154). Cando o dia 7
Lénin publica os seus diceres na Pravda aparece un editorial do conselho
de redacción, onde estaban Kámenev e Stálin, que sublinha que as
“Teses” só representaban a opinión persoal de Lénin. Kámenev, nun
artigo na Pravda, estimará que “en xeral, o artigo de Lénin asemelha
inaceitábel, xa que comeza coa suposición de que a revolución burguesa
acabou-se e conta coa imediata transformación da revolución numha
revolución socialista” (V.13, p.97). Mais Lénin vai-se apoiar nos
obreiros bolcheviques, que inda faltos da teoria política correcta levan por
instinto de clase a prática social perfeita. Asi, Lénin teima e o 14 de
Abril, na Conferenza do Partido de Todo Petrogrado, as suas teses foron
aprobadas por maioria. Dez días despois a Conferenza do Partido de Toda
Rúsia volveu-nas ratificar. O Partido Bolchevique xa tinha clara a linha a
seguir.
Trótski segundo arriba Petrogrado vai ao Instituto Smólni, sede do
Sóviet da capital da revolución. Cando el chega o Comité Executivo está
en sesión. Os membros bolcheviques do organismo reitor apresuran-se a
sinalar que o líder do Sóviet do 1905 deberia estar no Executivo do Sóviet
actual. Os mencheviques e social-revolucionários, que conformaban a
maioria, consenten en admitir a Trótski como membro adxunto inda que
sen direito a voto.
O 5 de Maio, lembremos que Trótski chegara o 4, os “ministros
socialistas” que ian participar no Governo Provisório acuden a el para
pedir-lhe que apoie a coalición. Trótski contestou-lhes que a Guerra que
se estaba librando non era umha pelexa de nacións contra nacións senón
umha loita das clases oprimidas contra as clases opresoras e que, polo
tanto, o próximo paso debia ser o de pór todo o poder nas maos dos
Sóviets. Asi, o dirixente do Sóviet do 1905 e o creador do Partido
coincidian plenamente. A Revolución xa tinha seus líderes naturais.
Dous dias despois, o 7, os “meiraiontsi” (umha organización inter-
rádios á que se sumou Trótski nada máis chegar a Petrogrado, que se
compunha de antigos bolcheviques, mencheviques internacionalistas e
colaboradores de Trótski nas publicacións: Ioffe, Manuilski, Riazánov,
Lunachárski...) e os bolcheviques fan un acto para dar-lhe a benvida a
Trótski. O dia 10 xa se xuntan para considerar a integración dos
meiraiontsi no Partido Bolchevique, integración que se dará en Xulho con
21
Trótski á cabeza. Lénin e Trótski non se vian desde a Conferenza de
Zimmerwald. Puderon comprobar as suas afinidades teóricas, políticas.
Trótski ia-se convertendo no tribuno da revolución. Falaba en
enésimas asembleas. Daba infinidade de mítins. Nas fábricas, escolas,
teatros, circos, ruas e prazas facian-se xuntanzas populares. A masa
popular queria saber para actuar. Umha tribuna habitual de Trótski era o
Circo Moderno. Ali falaba polas tardes e, ás veces, polas noites. Soldados
e obreiros, moitas veces acompanhados das suas nais e dos seus filhos,
ateigaban o local. Tanta era a moitedume ali congregada que en máis
dumha ocasión o orador tinha que chegar á tribuna en volandas.
O 3 de Xunho xuntaba-se no edifício da Académia Militar de
Petrogrado, o Primeiro Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia. Dos 822
delegados con direito a voto, 285 eran eseristas (social-revolucionários),
245 mencheviques e 105 bolcheviques. Outros 268 delegados tinhan voz
pero non voto. Lénin e Trótski acudiron a esta primeira xuntanza dos
Conselhos Pan-rusos. A eséncia do debate era si habia que apoiar ou non á
coalición de governo coa burguesia. A favor estaban os mencheviques e
eseristas. En contra os bolcheviques. O argumento básico de
mencheviques e eseristas atopa-se na afirmación de Tseretéli, ministro
socialista de Correos e Telégrafos, que sentenciaba que non habia nengun
partido obreiro disposto a tomar o poder. Lénin contestou: “ese partido
existe” (V.13, p.106). Trótski relembrou que non se pode compartir o
poder coa burguesia se se quer governar. O Congreso aprobou por maioria
absoluta, 443 votos, a coalición de governo coa burguesia.
A Xuntanza Pan-soviética tamén tratou a cuestión nacional. Neste
ponto voltou-se demostrar a formalidade política de eseristas e
mencheviques xa que se ben é certo que votaron a favor do direito á
autodeterminación das nacións encadradas baixo a inda non finiquitada
superestrutura da Rúsia zarista, tamén é certo que este direito non se lhe
otorgaba ás próprias nacións oprimidas senón a umha futura Asemblea
Constituinte rusa.
Mais as votacións do Congreso Pan-ruso dos Sóviets eran xa un lento
reflexo do que se estaba xestando socialmente. As masas de obreiros,
campesinhos e soldados estaban tomando conciéncia política a pasos
axigantados pola própria mecánica do proceso revolucionário, que todo o
acelera. Deste xeito, o 3 de Xulho, xusto un mes despois da apertura do
Congreso citado, produxo-se umha insurreizón popular en Petrogrado. A
sua causa estaba en que nada se avanzaba nas condicións de vida dos
obreiros, campesinhos e soldados xa que o paro aumentaba, os prezos dos
produtos de consumo básico acrecentaban-se, a reforma agrária non se
concretaba e a guerra non só non se detinha senón que o Governo
Provisório lanzaba umha ofensiva militar en Galitzia que ocasionou
22
grande número de mortos entre os soldados rusos. O primeiro ministro
Lvov dimitiu e no seu lugar foi nomeado Kerénski. Pero a masa popular
en Petrogrado xa estaba quentando motores. Nas fábricas e nos cuarteis os
obreiros e soldados axitan-se. Deciden ir á insurreizón. Os bolcheviques,
con Lénin á cabeza, chaman á calma xa que Petrogrado inda non conta
con apoios dabondo nas províncias e no mesmo frente. En vao. Obreiros e
soldados erguen-se. Os bolcheviques unen-se-lhes xa que o partido
político que abandone ás masas populares nun intre insurreicional está
finiquitado políticamente. Os bolcheviques tratan de canalizar as enerxias
das masas. De que a derrota política que virá, porque a relación de forzas
no conxunto de Rúsia inda non é favorábel á conquista do poder, agás en
Petrogrado, non sexa irreparábel. Mais o elemento popular petrogradense
non fai esta reflexión política e mobiliza-se baixo a consigna “todo o
poder aos sóviets”.
Folgas nas fábricas, axitación nos cuarteis, manifestacións nas ruas,
mítins en todas partes. A masa popular apodera-se por ateigamento da
burguesa Avenida Névski. Milheiros de obreiros e soldados dirixen-se ao
Pazo de Táuride, sede do Comité Executivo dos Sóviet, cumha só
esixéncia: “todo o poder aos sóviets”. Mencheviques e social-
revolucionários asustan-se. Kámenev e Trótski proponhen que o Comité
Executivo dos Sóviets dirixa a mobilizazón popular para coroar o desexo
soberano da masa. Os debates acaloran-se. Ao ver o cariz que toman os
acontecimentos eseristas e mencheviques abandonan o debate, van-se da
sala. Procede-se a votar a resolución que pide que o Comité Executivo dos
Sóviets tome nas suas maos todo o poder do Estado: é aprobada por 276
votos a favor. O Pazo de Táuride converte-se no ponto de encontro de
interminábeis colunas de obreiros e soldados. Trótski da un mítin no que
afirma que inda non chegou o momento de tomar o poder porque a
relación de forzas só é favorábel en Petrogrado. Non di o que quer ouvir a
masa, di a verdade política. Así falan os revolucionários.
Os mencheviques e eseristas, que seguen detentando a maioria de
delegados no Comité Executivo, maioria que xa non representa o sentir
das masas, esperan que cheguen tropas fieis ao Governo Provisório para
dobregar á insurreizón en Petrogrado. Antes de que cheguen producen-se
enfrentamentos armados con destacamentos pro-guvernamentais. O de
máis sona é o que se da na rua Liteinaia. Duas centúrias de cosacos, que
traian artilharia, son obrigados pola tralha dos fusis revolucionários a
recuar. Na rua segue a mobilizazón popular. No Pazo de Táuride un
diálogo de xordos entre a maioria do Comité Executivo e os
representantes da masa. As tropas leais ao Governo chegan. As catro da
madrugada do 5 de Xulho penetran no Pazo de Táuride. Os mencheviques
e eseristas dan-lhes a benvida.
23
Ven a represión. Ataca-se públicamente a Lénin e a Trótski
acusando-os de ser axentes ao servizo do Estado Maior Alemán. Lénin e
Trótski contestan por escrito. Lénin, o criador do Partido, pasa á
clandestinidade. Trótski, o tribuno da Revolución, permanhece na palestra
política. Presenta-se no Sóviet e defende o quefacer de Lénin e dos
camaradas bolcheviques. Para que quede ben claro espeta: “Lénin loitou
pola revolución durante 30 anos. Eu 20. Nós odiamos ao imperialismo
alemán (...). Non deixedes que ninguén diga nesta sala que somos
mercenários alemáns, xa que esa é a voz da vilania” (V.22, p.259). A
actitude de Trótski era un desafio público ao Governo. A noite do 23 de
Xulho é detido, na companha de Lunachárski e trasladado á prisión de
Krésti, cárcere na que xa o governo zarista o recluira no 1905.
Isto non era dabondo para as forzas reaccionárias. Estas xa punhan a
sua esperanza en que un punho militar impuxera o orde burgués. Este
punho era o xeneral Kornílov. O 28 de Agosto comezaba a korniloviada.
Mais os elementos revolucionários xa se recuperaran. Como bons tácticos
dirixen as enerxias da masa a aniquilar na raiz o Golpe de Estado dirixido
por Kornílov –golpe que supuxo umha subida imediata dos valores
bursáteis, por certo-, e non a combater ao governo de Kerénski nen aos
mencheviques e eseristas. Por iniciativa dos revolucionários cria-se, un
dia antes da korniloviada, un Comité de Defensa que será o embrión do
futuro Comité Militar Revolucionário, que ao pouco presidirá a
Revolución de Outubro. O Golpe de Estado comezou o 28 de Agosto e o
31 xa estaba paralisado, tal era a simbiose entre a dirección revolucionária
e as masas populares.
A nova relación de poder que se estabeleceu tras o fracaso do Golpe
de Estado contra-revolucionário ten umha data simbólica no 23 de
Setembro, cando o Sóviet de Petrogrado elixe a Trótski como o seu
Presidente. Cando sube a tribuna umha tempestuosa ovación o recibe. No
seu discurso esixe a renúncia de Kerénski e que o poder do Estado pase
aos Sóviets. Trótski era para as masas o tribuno bolchevique por
exceléncia. Era membro do Partido Bolchevique e do seu Comité Central
desde Xulho.
Lénin, o motor e o espírito reitor do Partido, o “xefe da revolución”
(V.100, p.123), en palabras de Trótski, entendia que a correlación de
forzas xa permitia chamar á insurreizón, á toma do poder político. Lénin,
refuxiado en Finlándia, escrebe umha série de cartas ao Comité Central do
Partido Bolchevique apremiando-o a que prepare a insurreizón. Pero o
CC bolchevique non acredita nas teses de Lénin. Daquelas Lénin comeza
a batalha política para convencer ao Partido da necesidade de conquistar o
poder político através da insurreizón.
24
O 9 de Outubro Lénin chega clandestinamente a Petrogrado, e o 10
asiste a umha xuntanza do CC do Partido Bolchevique que vai-se
converter nun referente na História porque nela decide-se preparar a
insurreizón por 10 votos (Lénin, Trótski, Sverdlov, Stálin, Uritski,
Dzerzhinski, Kolhontai, Búbnov, Sokólnikov e Lomov) contra 2
(Kámenev e Zinóviev). Uns dias despois o Sóviet de Petrogrado criaba o
Comité Militar Revolucionário, que estará presidido por Trótski e que
realizará os preparativos militares da Insurreizón de Outubro.
O CC do Partido Bolchevique decide efetuar a insurreizón armada
antes da xuntanza do IIº Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia, que estaba
previsto que comezase o 25 de Outubro. O Comité Militar Revolucionário
emite umha série de ordens cuxa aceitación polos soldados mostra ás
claras a decisiva influéncia política dos bolcheviques tamén entre os
obreiros e campesinhos de uniforme.
O 23 o Comité Militar Revolucionário xa ten un plano detalhado de
actuación militar que fai executar a noite do 24-25 de Outubro (6 –7 de
Novembro no calendário occidental) na que os pontos claves da cidade de
Petrogrado foron ocupados: Pazo de Táuride, oficinhas de Correos,
estacións de ferrocarril, centrais telefónicas, Banco Nacional...O 25
asaltaba-se o Pazo de Inverno que é tomado na sua totalidade ás duas da
madrugada do dia 26. Todo isto fai-se sen derramamento de sangue o que
indica que a imensa maioria da masa popular está a favor da insurreizón.
O Segundo Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia comeza. A maioria
dos delegados son bolcheviques. O Instituto Smólni está ateigado.
Mártov, en nome dos mencheviques, protesta pola insurreizón. Trótski
contesta-lhe: “esgotástedes o voso papel. Ide a onde tedes que estar: ao
estercoleiro da História” (V.22, p.291). O Congreso aproba o paso de todo
o poder aos sóviets e nomea o “Conselho de Comisários do Povo”,
presidido por Lénin.
O primeiro governo soviético foi composto exclusivamente por
bolcheviques porque nen mencheviques nen eseristas quixeron asumir o
reto de formar parte do Primeiro Governo Socialista da História
Universal. Trótski, a quen Lénin propuxera como presidente do governo:
cousa que Lev Davídovich rexeitou de plano, foi nomeado “Comisário do
Povo para Asuntos Exteriores”.
Agás a Comuna de Paris (1871), non habia precedente na História
dun governo obreiro, porén isto non foi dificuldade nengumha para que o
Conselho de Comisários do Povo se puxese a governar. Con celeridade o
governo revolucionário propón umha série de decretos. O “Decreto sobre
a Terra”, que Lénin le no II Congreso dos Soviets , di que queda abolida
25
a propriedade dos terratenentes e da Igrexa sobre as suas terras e que
estas pasan á disposición dos Soviets de Deputados Campesinhos.
Asimesmo, un decreto nacionaliza a banca declarando o sistema
bancário como monopólio do Estado. Outro ven a abolir todos os rangos e
graos no exército, desde cabo até xeneral. Un decreto máis certifica a
abolición dos estamentos, rangos e títulos civis proclamando como
exclusiva denominación para os habitantes da Rúsia Soviética o título de
“cidadán da República de Rúsia”.
O Decreto sobre a Paz , aprobado o 26 de Outubro polo II Congreso
dos Soviets, propón-lhe “a todos os povos belixerantes e aos seus
governos entablar negociacións imediatas por umha paz xusta e
democrática (...). Umha paz imediata sen anexións nen contribucións”
(V.77, p.145). Este decreto, apesares de estar formulado numha linguaxe
política meramente democrática, obtivo a calada por resposta por parte
dos governos ocidentais. Trótski inda teimará na cuestión numha nota
dirixida, afinais de Novembro, aos embaixadores aliados. Estes non
contestan.
5. Brest-Litovsk
O governo bolchevique teima no caminho para rematar as
hostilidades e envia-lhe ao exército alemán umha petición de armistício. O
Alto Mando Alemán aceita negocia-lo e as conversas comezan o 19 de
Novembro do 1917, segundo o calendário ruso. Asina-se o armistício o 2
de Decembro. As negociacións para estabelecer un Tratado de Paz
comezan en Brest-Litovsk (Bielorrúsia) o 9 de Decembro. A delegación
soviética está encabezada por Ioffe até a chegada de Trótski. A
delegación alemana estaba presidida polo xeneral Hoffman quen
presentou un ultimátum: quedaria baixo o poder alemán todo o território
polaco, lituano, ruso-branco, parte de Letónia e discutirian coa Rada
Ucraniana, e non co governo soviético, o destino de Ucránia. Trótski
voltou a Petrogrado. A aceitación ou rexeitamento destas condicións só se
podia decidir no seo do Partido Bolchevique e dos Soviets.
Comeza un duro debate no Partido Bolchevique. Tres van ser as
posturas sobre as que xirará a discusión que comeza no Comité Central o
8 de Xaneiro do 1918 (a esta primeira xuntanza asistirán os delegados
bolcheviques ao III Congreso dos Soviets) e que se prolongará até a
ratificación do tratado no mes de Marzo. Lénin propón que se aceiten as
condicións do Estado Maior Alemán. Trótski propón nen guerra nen paz.
Bujárin propón a guerra revolucionária. Esta última é a tese que recibe
máis votos, 32, contra os 16 da proposta de Trótski e os 15 que recibe a
de Lénin. Mais como á reunión acudiran bolcheviques que non eran
membros do Comité Central esta votación non era vinculante. O Comité
26
Central teria-se que xuntar outravolta. Mentras tanto o clima no seo do III
Congreso dos Soviets era a favor da guerra revolucionária, inda que lhe
deixa ao governo soviético a derradeira decisión. Nova convocatória do
Comité Central o 11 de Xaneiro. Nesta xuntanza a proposta de Trótski,
nen guerra nen paz, consegue a maioria de votos. Tamén se vota umha
proposta de Lénin para autorizar a Trótski a que demore todo o posíbel as
negociacións coa delegación alemana.
O 17 de Xaneiro reanuda-se a Conferenza de Brest-Litovsk. Non se
chega a nengun acordo. O Estado Maior Alemán non aceita a proposta
nen guerra nen paz. Trótski volta a Petrogrado. O 18 de Febreiro o
exército alemán reanuda as operacións militares en território ruso e
avanza sen atopar a máis mínima resisténcia. O Comité Central do Partido
Bolchevique reune-se. Que facer? Lénin aboga por asinar a paz xa.
Advirte que non facer nada equivale a entregar a revolución ao
imperialismo alemanan. Xa ninguén está a favor da guerra revolucionária
porque non hai exército rovolucionário. Endebén, entregar ao
imperialismo alemán tanto território é difícil de dixerir. As discusións
suceden-se no Comité Central. O exército alemán penetra en Ucránia. O
dia 18 de Febreiro o Comité Central vota por 7 votos contra 5 a
declaración de que está disposto a asinar as condicións que propuxo no
seu dia o Alto Estado Maior Alemán. Porén o mando alemán contesta que
as condicións mudaron e que polo tanto esixe tamén que os soviéticos se
retiren de Ucránia, Estónia e de toda Letónia. Reanuda-se, outravolta, o 23
de Febreiro, a discusión no seo do Comité Central Bolchevique. Lénin
ameaza con dimitir do governo se se continua coa “política de pura
fraseoloxia revolucionária” (V.15, p.54). Vota-se a proposta de Lénin de
aceitar as humilhantes condicións de paz do Estado Maior Alemán: 7
votos a favor ( Lénin, Zinóviev, Sverdlov, Stálin, Sokólnikov, Smilga e
Stasova), 4 en contra ( Bujárin, Lomov, Bubnov e Uritski ) e 4
abstencións ( Trótski, Ioffe, Krestinski e Dzerzhinski ). Ás catro e média
da manhá do 25 de Febreiro, e despois dun discurso de Lénin, o Comité
Executivo dos Soviets de Toda Rúsia aprobaba por 116 votos contra 84
asinar o ultimátum do exército alemán. Ninguén queria pór a sua
sinatura nun tratado tan ultraxante. Por fin, umha delegación soviética
encabezada por Sokólnikov e Chicherin parten para reunir-se coa
delegación alemana. Asina-se o Tratado de Brest-Litovsk o 3 de Marzo do
1918. A dirección do Partido Bolchevique estivera ao borde da escisión. A
Rúsia Soviética via-se privada do 27 por 100 da sua superfície cultivada,
do 26% das suas vias férreas e do 75% da sua produción de aceiro e ferro.
A República Soviética era o máis parecido a un neno pequeno e
enfermizo.
27
6. Guerra civil
A revolución debia-se rearmar no político e armar-se no militar. O
Partido Bolchevique celebrou en Marzo do 1918 un Congreso no Pazo de
Tauride no que si ven saiu á luz o perto que se estivera da escisión mercé
as diferenzas tácticas que se deran entre os dirixentes, tamén quedaba
plasmada a naturalidade dialéctica das fraccións no proceso
revolucionário. Ao elexer ao Comité Central Lénin e Trótski obtenhen o
maior número de votos.
Pero si a fortaleza do Partido Bolchevique estaba na sua lozana vida
interior o futuro imediato da Revolución dependia da sua capacidade de
defender-se militarmente. O 4 de Marzo do 1918, é dicer, ao dia seguinte
da sinatura do Tratado de Brest-Litovsk, Trótski é nomeado “Presidente
do Conselho Supremo de Guerra” e a comezos de Abril “Comisário do
Povo para a Guerra”. Asi recaia sobre Trótski a responsabilidade de
erguer o exército revolucionário. Exército que fará falha con urxéncia xa
que o 25 de Maio comezará formalmente a Guerra Civil na Rúsia
Soviética –que se prolongará até Novembro do 1920- co alzamento dos
50 mil soldados da Lexión Checoslovaca.
Trótski, vencendo infinitas resisténcias no seo do próprio Partido
Bolchevique, conseguiu erguer o Exército Vermelho nun prazo de tempo
irrisório; tanto é asi que a Lexión Checoslovaca levantada en armas en
Maio xa será derrotada en Setembro polo Exército Vermelho. Se a Garda
Vermelha, o que podemos entender como o precursor do Exército
Vermelho, nacera en Petrogrado no verao do 1917 o comezo do
artelhamento do Exército Revolucionário stricto sensu posporá-se até as
negociacións de Brest-Litovsk que ponhen ao descuberto a debilidade
militar da Revolución. En pleno proceso negociador publicou-se na
Pravda (22 de Febreiro do 1918) umha proclama do Conselho de
Comisários do Povo intitulada “A pátria socialista está en perigo” que
dará formalmente o pistoletazo de saida para a creación do Exército
Vermelho, que se comemorará apartires dai o 23 de Febreiro, é dicer, o
dia despois da proclama.
O método de Trótski, grosso modo, foi formar umha coluna vertebral
de proletários comunistas, sumando-lhe levas obrigatórias e integrando na
estrutura militar a ex oficiais zaristas como especialistas militares pondo-
lhe á beira a comisários políticos para controloá-los. Todo isto, fusionado
cumha perspectiva revolucionária superadora das enésimas dificuldades e
cumha disciplina de ferro axeitada a umha coxuntura onde se decidia a
supervivéncia ou a morte do proceso revolucionário, puxo en pé, para
asombro de próprios e alheos, un Exército Revolucionário que semelhaba
creado da nada e que chegará a contar con cinco milhóns de membros.
28
Os éxitos militares da Lexión Checoslovaca no Volga que levaron á
conquista de Kazán trouxeron en Xunho o desembarco inglés en
Murmansk (na Península de Kola) e en Arkánxel ( no Mar Branco ) e, en
Agosto, a coaligazón imperialista desembarca a 100 mil homes na ponta
oriental de Vladivostok, que se xuntan aos dumha prévia expedición
xaponesa. Trótski partira de Moscovo, no que logo seria o seu lexendário
tren, o 7 de Agosto. Puxo dirección ao frente de Kazán. Instala-se en
Sviask. A mobilizazón ideolóxica, motivadora para a clase trabalhadora, e
a severidade disciplinária, para os cobardes e desleais, xunto coa
capacidade organizativa e a incorporación de obreiros comunistas vidos
de Petrogrado, posibilitou o rearme totalizador do Exército Vermelho.
Coa moral e cos médios restabelecidos a reconquista de Kazán xa se via
como un feito máis que posíbel, seguro. Pero é neste anovado clima cando
Trótski recibe un máis que preocupante telegrama: “ Ven axinha. Ilich
ferido. Ignora-se grao de gravidade. 31.8.1918.Sverdlov” (V.93, p.426).
Sae ipso facto para Moscovo e ao ver que Lénin está fóra de perigo
retorna imediatamente ao frente. O dia 10 de Setembro entraban as tropas
do Exército Vermelho en Kazán. O 12 outra ponla do Exército da
Revolución, ao mando de Tujatchévski , tomaba Simbirsk. Eran as
primeiras e trascendentais vitórias do Exército dos Soviets. Os soldados
da Revolución xa sabian que tamén era posíbel derrotar aos militares no
campo de batalha.
O atentado contra Lénin, 20 de Agosto do 1918, fora precedido do
asasinato de dous cadros bolcheviques, Volodarski e Uritski, en
Petrogrado, naquel mesmo verao. Este proceder era un produto dos
eseristas (social-revolucionários) que retomaban o terrorismo como
método de actuación política. Na Revolución de Febreiro opuxerán-se a
entregar-lhe o poder aos sóviets, cando eles e os mencheviques
conformaban a maioria, preferindo pactar coa burguesia e asi posibilitar o
dobre poder (Governo Provisório sostido polo Sóviet de Petrogrado), e
agora atentaban contra o partido que levara á clase trabalhadora e ao
campesinhado pobre á conquista do poder. Situaban-se no campo contra-
revolucionário. O atentado contra Lénin levou-no a cabo a militante
eserista Kaplán, colhida e fusilada. Estes atentados, que recibian o apoio
dos aliados, fixeron-lhes sentir aos bolcheviques a necesidade política de
institucionalizar o Terror Vermelho e para este fin creou-se a Cheka
(1918-1922), a cuxo frente puxo-se a Dzerzhínski.
A reconquista de Kazán e Simbirsk restou-lhe perigo militar á
Revolución pero non o eliminou. No sul avanzaba o exército “branco” do
xeneral Deninkin. Polo leste tamén avanzaba outro exército “branco”, o
do almirante Kolchak. Por si isto non fose dabondo tropas francesas
desembarcan en Odesa e ocupan o sul de Ucránia e Crimea mentras
29
tropas inglesas ocupan Baku e controloan o Cáucaso. A isto inda hai que
engadir que o xeneral “branco” Iudénich, desde o norte, planta-se ás
portas de Petrogrado. Asemelha que a Rúsia dos Soviets vai ser
estrangulada. Mais o sentir internacionalista dos trabalhadores ocidentais
vai comezar a influir no ánimo do primeiro ministro inglés, Lloyd
George, que comeza a tremar polos motins que se dan entre os soldados
“aliados” en Odesa e Arkánxel, por exemplo, e mesmo no clima
mobilizador entre o proletariado no seu próprio país mercé á simpatia que
desperta a Revolución de Outubro entre a clase trabalhadora inglesa e
ocidental. Asi os aliados imperialistas terminan por colexer que é máis
previsor para a saude interna dos seus próprios sistemas políticos axudar
con armas e bagaxes aos “brancos” que intervir directamente.
O dia 19 de Outubro do 1919 Iudénich planta a sua vangarda a 15
Km de Petrogrado. A conquista da capital espiritual da Revolución nen
que dicer ten que seria un terríbel varapao para o militarmente acorralado
Estado Soviético. Xa dias antes, conforme o avance de Iudénich tornaba-
se imparábel, o mesmo Lénin considerara que Petrogrado estaba perdido
militarmente polo que propón abandoná-lo tacticamente. Trótski opón-se
veementemente. Argumenta que hai e que se pode defender Petrogrado.
A sua teimosia fai que Lénin e outros camaradas do Politburó, entre eles
Stálin, terminen por aceitar o seu ponto de vista político e militar.
Trótski chega a Petrogrado no seu tren. Ven na companha de
camaradas xa ben bregados nas lides militares revolucionárias. Fai un
chamamento aos comunistas de base petrogradenses e comunica-lhe a
toda a povoazón que se fai falha pelexará-se nas ruas pero que Petrogrado
non caerá nas maos dos “brancos”. Os bárrios obreiros erguen-se. Os
cadros bolcheviques e os asesores militares ponhen-se baixo o seu
mando. A motivación e a disciplina, umha vez máis, instaura o desexo de
pelexar. O dia 21 o Exército Vermelho resiste a embestida dos “brancos”.
O dia 22 o Exército da Revolución contrataca. Avanza. A “tolaria
heroica” dos roxos (V.93, p.450), como se dirá desde o Estado Maior de
Iudénich, leva-os á vitória. Os “brancos” retroceden e retroceden até
chegar á fronteira de Estónia. O governo deste país procede a desarmar ás
tropas derrotadas. Petrogrado seguia encarnando á Revolución. Como
colofón, no sul tamén se retirarán as tropas de Deninkin asi como do leste
siberiano o farán as de Kolchak.
A guerra civil estaba ganhada. A ofensiva de Wrangel na cunca do
Donetz hai que ve-la no contexto da invasión de Ucránia polas tropas
polacas de Pisúdski. O enfrentamento en Ucránia por un periodo de oito
meses entre o Exército Vermelho e o Exército Negro liderado polo
anarquista Néstor Majnó, que concluiu coa derrota dos anarquistas, foi un
episódio interior do próprio proceso revolucionário.
30
En Abril as tropas polacas do xeneral Pilsúdski invaden Ucránia e o
7 de Maio ocupan a capital, Kiev. O reaxer do Exército Vermelho non se
fai esperar e numha rápida contra-ofensiva expulsan ás tropas dos
reaccionários polacos de Ucránia e Bielorrúsia ademais de derrotar a
Wrangel, co que formalmente conclue a guerra civil. Este ambiente de
vitória coincidia coas sesións co IIº Congreso da Internacional Comunista
estaba celebrando en Moscovo. É nesta coxuntura cando Lénin decide
transformar a guerra defensiva contra as tropas de Pilsúdski numha
ofensiva que leve á toma de Varsóvia para que se desencadene a
revolución en Polónia. Trótski opón-se frontalmente a este proceder
porque estima que o clima político entre a clase obreira polaca non é o
próprio para que este se lance á conquista do poder e porque tamén
considera que o Exército Vermelho non conta coas reservas militares
precisas para acadar a vitória. Polo tanto o que procede é concluir un
acordo de paz. Endebén, queda en minoria. O Exército Vermelho invade
Polónia e é derrotado ás portas de Varsóvia. É umha derrota política para
a Internacional Comunista e umha vitória política para o reaccionário
Pilsúdski que pasa de agresor ao país dos sóviets a defensor da nación
polaca.
7. A III Internacional
Lénin nas suas “Teses de Abril” formulara a necesidade de crear a IIIª
Internacional mercé á bancarrota política da Segunda ao apopiar o
militarismo. Que fixera fincapé en artelhar a Internacional Comunista
xusto cando se estaba dando un proceso revolucionário na própria Rúsia
non é casual. Para Lénin era abecé marxista que a Revolución Socialista
ou se daba a nível mundial ou non haberia revolución stricto sensu.
Trótski mantinha a mesma postura internacionalista, postura explicitada
na “teoria da revolución permanente”, o que, andando o tempo, o levaria a
un radical enfrentamento político con Stálin que ao parir a “teoria do
socialismo nun só país” atacaba frontalmente as teses internacionalistas
mantidas por Lénin e pola maioria dos cadros bolcheviques.
A Internacional Comunista (Komintern, na abreviatura rusa) foi
fundada no 1919, é dicer, en plena guerra civil na Rúsia. Celebrou o seu
Primeiro Congreso en Moscovo do 2 ao 6 de Marzo. Foi no IIº Congreso
(Petrogrado-Moscovo,19 de Xulho ao 7 de Agosto do 1920) cando grazas
á parcial consolidación da Rúsia Soviética, por ter os bolcheviques
praticamente ganhada a guerra civil, se entrou na tarefa de organizá-la
como o instrumento político proletário para a consecución da Revolución
Socialista Mundial. Que a Komintern era entendida deste xeito proba-se
non só polas nídias declaracións dos líderes bolcheviques senón tamén
polo trabalho militante investido nela no periodo leninista (1919-1924).
31
Non só Lénin e Trótski eran os seus ponentes e tribunos principais senón
que a sua presidéncia tamén se lhe encargou a un dirixente bolchevique,
Zinóviev.
O IIº Congreso da Terceira Internacional foi o da concreción
organizativa e ideolóxica. Estrutura-se como un Partido Comunista
Internacional e elaboran-se as 21 condicións a aceitar para pasar a formar
parte dela. Tamén é umha coxuntura onde se estima que a Revolución se
poderia espalhar de Rúsia aos países máis importantes de Europa,
nomeadamente Alemanha. Umha oportunidade viria derrotando ao
exército polaco de Pisúdski. Cando as tropas do Exército Vermelho
avanzaban sobre Varsóvia a IIIª Internacional estaba sesionando en
Moscovo. Da sua sala congresual penduraba un enorme mapa que
ilustraba a marcha das operacións militares. O avance sobre Varsóvia
seguiase apaixoadamente xa que se consideraba que podia ser o
desencadenante da revolución polaca. A derrota do Exército Vermelho foi
umha derrota que resultaria trascendente no quefacer internacionalista
pero que non minou a idea bolchevique da necesidade da revolución a
escala planetária xa que a Revolución Socialista Mundial entendia-se
como un obxetivo estratéxico e non meramente coxuntural.
Perante a imposibilidade de extender de imediato a revolución através
de Polónia (Agosto,1920), ante o fracaso da Acción de Marzo na Alemanha
(1921) e a necesidade de implantar a NEP na Rúsia Soviética
(Marzo,1921), o Terceiro Congreso da IC (Moscovo, 22 de Xunho ao 12 de
Xulho do 1921) vai a cambiar de táctica e facer umha chamada “Ás masas”
(V.79, p.84), proceder que se concretará na xuntanza do Comité Executivo
do 18 de Decembro do 1921 da que sairá a consigna “Frente Único
Proletário” (V.121, p.113). Esta viraxe táctica á dereita, defendida como
necesária por Lénin e Trótski, tinha a sua razón de ser na comprensión de
que a extensión imediata da revolución non era posíbel polo que habia que
chamar á unidade das diversas fraccións do movimento obreiro para
resistir, para conservar o obtido. Neste clima dará-se a Conferenza de
Berlin (25, Abril,1922). Esta xuntanza de representantes da Komintern, da
IIª Internacional e da Internacional II ½ vai levar á constitución do Comité
dos Nove. Apesares das boas intencións iniciais a operación terminou nun
rotundo fracaso. A Internacional Comunista saiu-se do Comité dos Nove e
en Maio creaba-se a Internacional Socialista. A división do movimento
obreiro era un feito.
8. O Comunismo de guerra
Chegados aqui temo-nos que perguntar como un Estado cumha base
económica subdesenvolvida e destruido pola guerra, foi capaz de obter os
recursos materiais que posibilitaron o trunfo militar sobre o Exército
32
Branco e os seus aliados imperialistas. A resposta é: através do
“comunismo de guerra”. Que foi o “comunismo de guerra”? Grosso modo,
un sistema de requisas imposto ao campesinhado, a imensa maioria da
povoazón, para avitualhar ao Exército Vermelho e ás cidades co obxeto de
defender por riba de todo a revolución.
Este sistema de requisas para avitualhar-se dos produtos alimentários
básicos para dar-lhe de comer aos soldados da revolución e aos obreiros
que laboraban para equipar ao Exército Vermelho deu-se nun tempo
histórico de escaseces materiais e de sufrimentos humanos dificilmente
narrábeis. Tronzou o orde capitalista ao eliminar as relacións de mercado
pero non como produto dun disenho político apriorístico senón pola
imperiosa necesidade de enfrentar e vencer na imposta guerra civil.
Finada a guerra, e en palabras de Trótski, “ A política que se ven
seguindo en materia de requisas niveladoras con arreglo á norma do
necesário para subsistir (...) leva á ruina da agricultura e á descomposición
do proletariado industrial, ameazando con arruinar totalmente a vida
económica do país” (V.93, p.484). Perante tal diagnose Trótski propón-lhe
ao Comité Central do Partido Bolchevique, en Febreiro do 1920, “os
seguintes métodos:1) Sustituir o réxime de requisición do sobrante por un
imposto porcentual fixo ( umha espécie de imposto progresivo sobre os
froitos naturais) (...); 2) Implantación dun critério proporcional entre o
suministro de produtos industriais aos campesinhos e a cantidade de froitos
entregados por eles (...)” (V.93, p.485). Esta proposta non atopou eco nen
en Lénin nen no conxunto do CC que por once votos contra catro rexeitou-
na. Non seria até o X congreso do Partido cando se tomase umha decisión
na linha proposta por Trótski.
Este rexeitamento levou a Trótski a propor a “militarización do
trabalho”. O que entendia por tal está reflexado por extenso no “Informe
sobre a Organización do Trabalho” que le no IIIº Congreso Pan-ruso dos
Sindicatos. Entre os seus diceres está a afirmación de que como na
situación actual “a indústria non pode dar case nada ao campo e o
mercado non exerce nengumha atracción sobre a mao de obra (...) o
trabalho obrigatório seria imposíbel sen a aplicación –nalgumha medida-
dos métodos da militarización do trabalho”. Continua a dicer, “sen as
formas de coerción guvernamental que constituen o fundamento da
militarización do trabalho, a sustitución da economia capitalista pola
economia socialista non seria máis que umha palabra sen senso”,e
sentenza, “o Estado proletário considera-se con direito a enviar a todo
trabalhador onde o seu trabalho sexa necesário” (V.14, 228).
Tan rotundas e apaixoadas afirmacións terminarian-no deixando en
minoria no seo do Comité Central. Mais polo pronto encarga-se-lhe a
Trótski o imprescindíbel cometido de evitar por via de urxéncia o derrube
33
do sistema ferroviário. El vai-no conseguir militarizando a forza de
trabalho, acudindo, segundo as suas próprias palabras a “providéncias
extraordinárias, que nos pareceron inevitábeis e xustificadas, non só pola
difícil situación en que se atopaban os transportes, senón polo réxime de
comunismo de guerra no que viviamos” (V.93, p.486).
Porén Lénin entendeu –e a posteriori Trótski daria-lhe a razón- que as
teses do seu camarada só tinhan umha validez moi temporal, polo que xa
andaba matinando numha táctica máis adecuada para salvagardar ao Estado
Soviético do derrube imediato, táctica que non ia estar nada lonxe da
proposta por Trótski en Febreiro do 1920. Antes deu-se un debate político
no que Trótski saiu malparado por teimar en extender os métodos cos que
salvou a estrutura ferroviária ao conxunto da economia. Lénin e o CC
retiraron-lhe o seu apoio. Quizá nesta pasaxe haberia que buscar a crítica
que posteriormente lhe faria Lénin nun dos seus documentos conhecidos
pola posterioridade como o “Testamento”, concretamente o asinado o 25 do
XII do 1922, no que despois de afirmar que Trótski é o máis capaz do CC
di que estaba “demasiado atraido polo aspecto puramente administrativo
dos asuntos” (V.52, p.764).
9. Do X Congreso a Kronstadt
O certo é que a Rúsia Soviética estaba ao borde do colapso polo que
os bolcheviques tocaron a Congreso para dilucidar a táctica a seguir. O Xº
Congreso do Partido Bolchevique (8-16, Marzo, 1921) tivo umha
importáncia capital xa que nel decidiu-se a introdución da Nova Política
Económica (NEP, nas siglas rusas), proibiu-se o fraccionalismo no seo do
Partido e fixo-se frente á insurreizón de Kronstadt.
A Rúsia dos Sóviets estaba na máis completa ruina económica. Esta
ruina non só afectaba á estrutura económica senón á relación do
campesinhado co Estado Soviético e, inda por riba, estaba disolvendo á
clase trabalhadora, sostén derradeiro do proceso revolucionário. O caos
económico, social e político era total. A inflación estaba sinxelamente sen
controlo. A fame e as enfermidades mataban a milhóns de persoas. A
indústria estaba baixo mínimos, arredor dun 20 por 100 do que se producia
antes de comezar a Primeira Guerra Mundial. Só a indústria do petróleo
acadaba o 41 por 100, mentras a do carbón andaba polo 27%. O 63 por 100
das vias férreas estaban inutilizadas e o 60 por 100 das suas locomotoras
fóra de servizo. A produción agrícola estaba, como moito, ao 43% da
média da anteguerra. Os intercámbios entre a cidade e o campo estaban
reducidos ao mínimo, praticamente só contaban o troco e a requisa. As
cidades perdian povoazón a pasos axigantados: só un dado, Petrogrado
pasou de 2,4 milhóns de habitantes no 1917 a 574 mil no 1920. A clase
trabalhadora viu-se reducida a menos da metade por culpa do peche das
34
fábricas, da fame e de liderar as forzas de choque da revolución. Por todo o
país pululaban cuadrilhas de bandidos como produtos da miserábel
situación. O caos non podia ser maior.
O Xº Congreso do Partido Comunista (bolchevique) de Rúsia
comezou. Abriu-no Lénin. En primeiro lugar vai a chamar a atención sobre
o feito de que a Internacional Comunista xa é umha organización operativa.
Pasa a referir-se á realidade interior advertindo que na “transición da guerra
á paz” esperan “tarefas de inverosimil dificuldade” tanto no “plano
económico” como nas “relacións entre as clases” (V.55, p.185).O mesmo
Lénin presentou ante o Congreso Comunista, o dia 15, a proposta da
sustitución do sistema de requisas polo imposto en espécie. Este xiro
táctico tinha por obxeto non alonxar ao campesinhado da revolución,
numha realidade onde os pequenos produtores agrícolas eran a imensa
maioria da povoazón. Esta circunstáncia impunha, segundo Lénin, a
necesidade dir á conquista do sistema socialista “através dumha série de
medidas transitórias especiais.” (V.55, p.234). Ademais, habia que ser
sumamente conscientes do feito de que “o pequeno agricultor non quere o
que quere o obreiro” (V.55, p.235). E sentenza, “só o acordo co
campesinhado pode salvar a revolución socialista en Rúsia mentras non se
de a revolución noutros países” (V.55, p.235). Mais o acordo nos feitos co
campesinhado non vai vir do ceo, só pode traé-lo “a base material, a
maquinária, o emprego en grande escala de tractores e outras máquinas na
agricultura, a electrificación a escala masiva” (V.55, p.237). Xa que logo,
para salvagardar as relacións co pequenho produtor agrícola, que é o
mesmo que dicer para salvagardar o proceso revolucionário mentras non se
extenda a revolución polo ocidente europeu, deben-se atender as
necesidades do campesinhado que, en opinión de Lénin, son basicamente
duas: a liberdade de intercámbio entre o campo e a cidade, e a necesidade
de que o proletariado produza bens de consumo e bens de produción para
que se poda dar este comércio. Advirte Lénin que a liberdade de comércio
significa un retroceso cara o capitalismo, mais se o proletariado “fai as
cousas con medida” (V.55, p.239), se produce e controla o proceso de
circulación de mercadorias engadirá ao poder político o poder económico.
Claro que para que o proletariado se ponha a producir mercancias ten
que ter comida para alimentar-se e as fábricas funcionando. Para isto hai
que comerciar co ocidente capitalista pagando en ouro e, a ser posíbel pedir
empréstitos que, a bon seguro, terán intereses usureiros ou serán pagadeiros
en materias primas ou concesións. Mais con conciéncia política isto
permitirá pór en marcha a indústria o que posibilitará o intercámbio de
produtos entre o campesinhado e o proletariado. Sen perder o controlo
político este paso atrás permitirá-lhe un posterior impulso ao proletariado.
Lénin pide-lhe ao Congreso Comunista que tracexe a linha xeral de
35
actuación: a sustitución do sistema de requisas polo imposto en espécie.
Asi ao campesinhado dirá-se-lhe que xa non se lhe requisará o seu
excedente senón que terá que abonar un imposto en espécie sobre el ao
Estado e poderá cambiar o resto do seu excedente por mercadorias
industriais. O Congreso dos bolcheviques deu o plácet. Nacia a NEP.
A outra obsesión de Lénin era afortalar o Partido impedindo as
fraccións. Dada a catastrófica situación económica, e as enésimas
complicacións sociais e políticas que dela se derivaban, consideraba
imprescindíbel coesionar ao Partido. Mais olho, non chamaba a rematar os
debates, a discusión franca, as diversas análises. Non. O ataque ás fraccións
non era umha petición para cercenar a pluralidade no interior do Partido
senón umha contundente chamada a eliminar as fraccións mini-partidos
enquistadas no Partido. Non era umha chamada a eliminar as fraccións
dialécticas nadas no calor dos debates. Era un ataque, en palabras de Lénin,
contra “a formación de grupos cumha plataforma especial e coa tendéncia
a isolar-se até certo ponto e crear a sua própria disciplina de grupo” (V.52,
p.598). Este carácter xa o tinhan, por exemplo, os grupos denominados
“Oposición Obreira” e “Centralismo Democrático”. El quere “absoluta
liberdade de crítica dentro do partido e na elaboración colectiva das suas
decisións”. Quere que o Partido sexa un todo e non umha suma aritmética
das diversas partes. O Congreso Comunista declarou disoltas as fraccións,
os mini-partidos dentro do Partido. A vulneración deste acordo acarrearia a
imediata expulsión do Partido. A posteriori o stalinismo utilizou
burocraticamente este acordo para eliminar administrativamente aos seus
opositores. O que para Lénin non era máis que umha medida excepcional,
“Trata-se dumha medida extrema. Espero que non tenhamos que empregá-
la” (V.55, p.270), e que para tomá-la habia que conquerir moitos acordos,
numha coxuntura complicadisima a nível económico, para Stálin será a
posteriori a perfeita xustificación formal para librar-se dos militantes
revolucionários.
Inda non comezara o Xº Congreso do PB cando estralou a insurreizón
de Kronstadt. Os insurrectos, como dixo Lénin, “nen queren aos gardas
brancos nen queren o noso poder” (V.55, p.249). Palabras ben
signhificativas, que ilustran por si soas que o levantamento non foi un acto
contra-revolucionário consciente senón umha acción nada no descontento
social. Lénin, diante da asemblea comunista perguntou-se: “Cal é o seu
significado? O paso do poder político de maos dos bolcheviques a un
indefinido conglomerado ou bloco de elementos heteroxéneos,
aparentemente só algo máis dereitistas e até mesmo “máis esquerdistas”
que os bolcheviques: asi é de impreciso o conxunto de grupos políticos que
tentaron en Kronstadt tomar o poder (...). Este movimento ten-se reducido a
umha contra-revolución pequeno-burguesa, a un movimento do elemento
36
anarquista pequeno-burgués (...). Esta circunstáncia, relacionada con todas
as crises, debe ser tida moi enconta desde o ponto de vista político e
examinada con todo detalhe. Neste caso manifestou-se o elemento
anarquista, pequeno-burgués, coa consigna de liberdade de comércio e
dirixido sempre contra a ditadura do proletariado. E este estado de ánimo
ten-se reflexado con grande amplitude no proletariado (...). Esta contra-
revolución pequeno-burguesa é máis perigosa, indubidabelmente, que
Denikin, Iudénich e Kolchak xuntos, porque o proletariado constitue no
noso país a minoria e a ruina abranxe á propriedade campesinha (...). Por
pequeno e insignhificante que pudera parecer ao comezo este, chamemos-
lhe asi, desprazamento do poder que reclaman os marinheiros e os obreiros
de Kronstadt (...), a realidade é que os elementos sen partido serviron só de
estribo, de escalón, de ponte polo que logo apareceron no cenário os gardas
brancos” (V.55, pp.203-204). Trótski, anos despois, contestando aos
detratores da Revolución de Outubro que queren utilizar Kronstadt como
un episódio que invalida a revolución, di nun artigo do 15 de Xaneiro do
1938: “O levantamento de Kronstadt foi só un episódio na história das
relacións entre a cidade proletária e a aldea pequeno-burguesa (...). A
consigna de Kronstadt, “sóviets sen comunistas”, da cal apoderaron-se
imediatamente non só os social-revolucionários senón tamén a burguesia
liberal (...). Como representante sagaz do capital, o profesor Miliukov
comprendeu imediatamente que liberar aos sóviets da dirección
bolchevique signhificaria, en pouco tempo, a destrución mesma dos
soviets” (V.117).
A insurreizón de Kronstadt deu-se por culpa das paupérrimas
condicións de existéncia material na Rúsia soviética. Esta era a base. Asi o
indica Lénin con toda claridade. “o poder soviético vacila como
consecuéncia da situación económica” (V.55, p.204). Esta ruina era
produto da primeira Guerra mundial e da Guerra Civil, nengumha das cais
comezaran os bolcheviques. O obxetivo político declarado dos insurrectos,
que non contaban co apoio dos trabalhadores de Petrogrado, era
formalmente democratizar aos sóviets expulsando aos bolcheviques, un
poder soviético sen bolcheviques. Isto era irreal, ao longo de todo o
proceso revolucionário só os bolcheviques estiveran a favor do poder
soviético. Mencheviques e eseristas non só se retiraran dos sóviets senón
que alguns deles asociaron-se aos brancos na Guerra Civil. Descabalgar aos
bolcheviques do poder era posibilitar a entrada dos inimigos declarados
do proxecto do Estado socialista, os brancos e os seus aliados: a burguesia
inglesa e francesa. A única saida política para os intereses da clase
trabalhadora era chamar a profundizar a democrácia no seo dos sóviets,
chamar a profundizar na construción do Estado socialista e non en derrubar
as suas raquíticas estruturas existentes. En política revolucionária as boas
intencións non son dabondo. Ali onde seitores da clase trabalhadora non
37
tenhan claro que o seu futuro político está exclusivamente na construción
do Estado socialista e se deixen guiar pola pequena-burguesia verán sempre
traizoadas as suas profundas aspiracións sociais. As boas intencións
abstractas sempre son a porta por onde entran os contra-revolucionários
conscientes.
O governo soviético atacou Kronstadt porque non podia permitir o
descontento pequeno-burgués trunfante xa que debilitaria o seu máis que
condicionado poder para sacar do marasmo á Rúsia soviética. Asi, ordenou
tomar por asalto a outrora emblemática base naval. O asalto comezou o 7
de Marzo do 1921 e concluiu o dia 17. Antes Trótski, como xefe do
Exército Vermelho, esixiu a rendición incondicional dos amotinados nestes
términos: só os que se rindan “poderán contar coa cleméncia da República
soviética. Ao mesmo tempo que fago esta adverténcia estou impartindo
órdenes de facer todos os preparativos para a supresión do amotinamento
por médio da forza armada (...) Esta é a derradeira adverténcia” (V.22,
p.468). A adverténcia caeu no baleiro. A batalha foi espiritual e fisicamente
moi cruel. O 3 de Abril Trótski afirmou: “esperamos canto nos foi posíbel a
que os nosos encegados camaradas marinos viran con os seus próprios
olhos onde os levaba o amotinamento” (V.22, p.470). “Camaradas”, en
Kronstadt tamén os habia, eran os bons intencionados, os que querian
profundizar a democrácia soviética. As revolucións non se dan en estado
puro, Kronstadt testifica-o.
10. Rapalho
Cando finara a Guerra Civil, Trótski trasladara-se a Moscovo.
Instalara-se no Krémlin, xunto coa sua companheira Nataxa e os dous
filhos. Foran a residir no edifício Kavalérski, que no seu dia fora
residéncia dos funcionários da corte zarista. No mesmo corredor vivian
Lénin e Krúpskaia con quen compartian comedor e cuarto de banho.
Terminara a Guerra Civil pero non a loita pola supervivéncia. As
condicións materiais de existéncia seguian sendo terríbeis. A Rúsia
soviética atopaba-se nun absoluto isolamento material, produto do seu
ilhamento político. Se na realidade bélica as arroutadas sen ser
determinantes son valiosas, na prosaica vida cotidiana só a perspectiva
permite a loita construtiva. O domínio da perspectiva era precisamente o
reino de Trótski. Ela permitiu-lhe olhar con frialdade e esperanza aquela
brutal coxuntura. A analisá-la e combaté-la adicou-se coa sua característica
paixón revolucionária.
Trótski seguia sendo o Comisário do Povo para a Guerra e o
Presidente do Conselho Militar Revolucionário, asi como membro do
Politburó do Partido Bolchevique. Como comisário ocupaba-se
38
directamente do Exército Vermelho, e como membro do máximo
organismo do Partido participaba na elaboración da alta política.
Lev Davídovich tivo que instruir e equipar o Exército Vermelho,
ferramenta imprescindíbel para a defensa da Rúsia soviética. Un dos
primeiros pasos foi dotar ao exército da Rúsia dos sóviets dun regulamento
revolucionário, producido en grande medida pola pluma do mesmo Trótski.
Asi, por exemplo, o “Regulamento da Infantaria” decia-lhe ao soldado: “Ti
eres un igual entre os teus camaradas. Os teus superiores son teus irmaos,
só que con meirande experiéncia (...). No combate, durante o treinamento,
nos cuarteis e nos trabalhos te-los que obedecer. Umha vez que saias do
cuartel eres absolutamente libre” (V.24, p.38). Tamén se argumentaba que
o soldado vermelho diria: “Loito co rifle, coa baioneta e coa ametralhadora,
pero tamén loito coa palabra da verdade. Dirixo-lha aos soldados do
inimigo, que tamén son obreiros e campesinhos, para que saiban que
verdadeiramente eu son seu irmao, non seu inimigo” (V.24, p.38).
Pero non só con boas palabras pode loitar o soldado vermelho. Ten
que ter, ademais, armas: fusis, canhóns...Armamento para equipar ao
aparato bélico do Estado soviético. Mais onde conqueri-lo se a República
Soviética Federal Socialista Rusa estaba isolada polo bloqueo político,
militar e económico das poténcias ocidentais? Só habia umha posibilidade,
na Alemanha da República de Weimar.
A Alemanha do IIo Reich fora a principal inimiga da Rúsia zarista na
Iª Guerra Mundial. Na República de Weimar deran-se teimosos
pronunciamentos revolucionários que foron aplastados polas forzas
republicanas. Mais no agora, comezos da década dos vinte, a Rúsia
Soviética e a Alemanha de Weimar tinhan en comun que os Estados
capitalistas europeus trunfantes na Grande Guerra querian isolá-los. Á
Rúsia Soviética para que non propagara a revolución e á Alemanha de
Weimar para que non se voltara a converter numha poténcia capitalista.
Polo Tratado de Versalhes (28, Xunho, 1919) a Alemanha capitalista
quedara-se sen colónias (sen fontes de matérias primas), sen exercer a sua
influéncia en grande parte do continente europeu (sen mercados), e coa
proibición explícita de reconstruir o seu exército xa que non lhe estaba
permitido ter carros de combate, avións, submarinos e outras
imprescindíbeis ferramentas bélicas. A todo isto engadir que Alemanha
tinha que pagar-lhe aos vencedores grandes cantidades de dinheiro en
conceito de reparacións de guerra. Era óbvio que baixo a férula de este
tratado Alemanha non voltaria a ser umha poténcia capitalista. A sua
burguesia non podia sobreviver neste corsé, tinha que buscar umha
solución, umha saida.
39
A política exterior da Rúsia soviética era analisada con frenesi por
Trótski, apesares dos enormes problemas internos da Federación Rusa. Era
normal que Trótski lhe prestase una grande atención á política exterior, nas
suas diversas ponlas, porque el acreditaba, como Lénin, na necesidade de
extender a revolución por Europa se se queria comezar a construir o
socialismo. Esta teima permitia-lhe estar moi ao tanto da política
internacional, nomeadamente do que acontecia na Alemanha, da que era un
perfeito conhecedor por razóns político-biográficas. Asi, non é de extranhar
que xa a comezos do 1921 despachase a Vítor Kopp a Alemanha co obxeto
de estabelecer contactos cos magnates da indústria pesada e cos xerarcas do
exército. O propósito destes contactos era efectuar umha sondaxe sobre a
disposición destes extractos sociais alemáns a brincar sobre o Tratado de
Versalhes através da colaboración no campo económico-militar coa Rúsia
soviética. Contactos que resultaron positivos inda que en seitores dirixentes
da Alemanha de Weimar vencelhados á indústria lixeira habia a esperanza
de chegar a acordos coas poténcias ocidentais.
Os contactos prévios deron-se á marxe do governo alemán. Cando o
cancilher Wirth, que era tamén ministro de Facenda, foi informado as
conversas xa estaban moi avanzadas. Foi este o momento para principiar a
cubrir co manto diplomático uns acordos no terreo militar que posibilitarian
o rearme e instrución dos dous exércitos através da instalación de fábricas e
instrutores alemáns no território soviético.
A cobertura diplomática veu co Tratado de Rapalho, asinado ás cinco
do serán do 16 de Abril do 1922. Este asinou-se cando se estaba a celebrar
a Conferéncia de Xénova entre as poténcias ocidentais e a Rúsia soviética.
Foi precisamente o medo da burguesia alemana a quedar ilhada, cousa que
teria acontecido se Inglaterra e Franza chegaran a un pacto co governo
soviético, o que acelerou a decisión alemana de asinar o pragmático
Tratado de Rapalho.
11. Arte e revolución
En Outubro do 1920 a “Organización da Cultura Proletária”
(Proletkult ) celebrou o seu primeiro congreso xeral en Moscovo. Un
discurso congresual de Lunachárski, en calidade de comisário de
educación, que non se cenhia ao acordado previamente con Lénin levou a
este a redactar o dia 8 un breve “proxecto de resolución” para o próprio
congreso. Ao relembrar que o fin derradeiro da ditadura do proletariado é
“o derrocamento da burguesia, a supresión das clases e a abolición de toda
explotación do home polo home” (V.52, p.498), punha na sua dinámica
política lóxica que a cultura do Estado socialista basea-se na asimilación,
re-elaboración e superación de toda a pretérita história da cultura humana
polo que “é inexacta teoricamente e perxudicial na prática toda tentativa de
40
inventar umha cultura especial própria” (V.52,p.499), é dicer, umha
“cultura proletária”, como vinhan a propor Lunachárski e Bujárin, entre
outros.
A idea que encerraba o conceito “cultura proletária” facia furor entre
alguns intelectuais revolucionários patrocinados polo próprios Lunachárski,
comisário de educación, e Bujárin, director de Pravda. Lénin con esta
intervención congresual saia ao paso deste posicionamento político. Porén
foi Trótski quen explicitou polo miudo a posición marxista neste terreo.
Fixo-o numha série de artigos e, nomeadamente, através do seu texto
intitulado “Literatura e revolución”, que elaborou no periodo 1922-23 e
prologou o 29 de Xulho do 1924.
Trótski, como Lénin, parte da evidéncia argumental de que ao ser o
obxeto derradeiro da revolución proletária a abolición das clases sociais a
cultura non será clasista senón do conxunto da sociedade. Claro que umha
lóxica histórica mecanicista levaria a pensar que como cada clase
dominante na História creou a sua própria cultura o proletariado tamén teria
que crear a sua. Mais este é un argumento viciado de partida porque
nengumha clase anterior ao proletariado tinha un proxecto emancipador
para o conxunto da humanidade. Como recalcaba Trótski, “o proletariado
tomou o poder precisamente para terminar dumha vez por todas coa cultura
de clase e para abrir a via a umha cultura humana” (V.98, p.146). Pero,
“Quer dicer isto que o Partido adopta umha posición ecléctica perante o
tema da arte? (...). O marxismo oferece diversas posibilidades: evaluar o
desenvolvimento da arte nova, seguir todas as variacións, alentar as
correntes progresistas por médio da crítica; apenas se lhe pode pedir máis.
A arte debe labrar-se a sua própria ruta por si mesmo. Seus métodos non
son os do marxismo. Se o Partido dirixe ao proletariado, non dirixe os
procesos históricos. Sí, hai domínios nos que dirixe directa,
imperiosamente. Hai outros en que controla e alenta, alguns que se limita a
motivar, outros incluso en que non fai máis que orientar. A arte non é un
domínio no que o Partido esté chamado a dirixir. Protexe, estimula, só
indirectamente dirixe. Concede a sua confianza aos grupos que aspiran con
sinceridade a achegar-se á revolución e estimula deste xeito a sua
produción artística. Non pode situar-se nas posicións dun círculo literário.
Nen pode nen debe” (V.98, p.173). A conclusión de Trótski é ben clara, é
nocivo que o Partido dite sentenzas sobre a arte como pretenden desde
Proletkult, e como fará desaforadamente a posteriori o stalinismo que non
só imporá as directrices na arte senón tamén na ciéncia, tanto na histórica
como na experimental.
Trótski teima en que “a arte nova (...) só poderá ser creada por
aqueles que se identifiquen coa sua época”. E advirte que hai que crear
umha sociedade abundante no material para que desapareza a división
41
burguesa entre o trabalho intelectual e o trabalho manual, sendo este “un
dos obxetivos derradeiros da revolución”. Xa que logo, “carece de todo
fundamento oponher a cultura burguesa e a arte burguesa á cultura
proletária e á arte proletária. De feito estas duas ultimas non existirán
endexamais porque o réxime proletário é temporal e transitório. A
signhificación histórica e a grandeza moral da revolución proletária residen
precisamente en que esta senta as bases dumha cultura que non será xa
umha cultura de clase senón a primeira cultura autenticamente humana”
(V.98, p.11).
Para a emerxente casta burocrática a negación por Trótski da
posibilidade de crear umha “cultura proletária” era negar a opción de que o
proletariado construise a sua própria superestrutura política, sen querer
entender que a misión histórica da clase trabalhadora é precisamente
terminar derrubando o Estado, tamén o proletário.
42
II. A REVOLUCIÓN TRAIZOADA
12. A nacente burocrácia
No 1922 deu-se umha colheita tan boa que acadou as tres cuartas
partes da produción de antes da guerra. Mentras isto acontecia na
agricultura a indústria apenas chegou a ¼ da produción da ante-guerra.
Porén, na indústria hai que facer umha diferenza básica entre a pesada, que
estaba praticamente en ruinas, e a de consumo que foi onde se deu un certo
crecemento.
Estaba-se nos primeiros compases da NEP. A boa colheita
beneficiou ao campesinhado. Pero o campesinhado non era socialmente
homoxéneo xa que a revolución non trouxera un reparto igualitário da terra
senón o reparto dos bens da aristocrácia zarista e da Igrexa Ortodoxa. Asi,
no agro habia, grosso modo, grandes, medianos e pequenos proprietários,
ademais dumhas poucas granxas do Estado. Os grandes e alguns dos
medianos proprietários ao ter máis capacidade produtiva, por poseer máis
terras e máis aperos, foron-se transformando en campesinhos ricos porque
puderon contratar aos outros labregos para xornadas a tempo parcial ou
total e mercar terras. Estes campesinhos ricos, os kulaks, terminaron por
poseer o 10 por 100 dos máis dos vinte milhóns de granxas e por ser a
única fracción da clase campesinha que obtinha excedentes agrícolas que o
Estado precisaba para alimentar ás cidades, para a exportación e para os
investimentos na indústria.
Mentras isto acontecia no campo, nas cidades, que recuperaran certo
pulo demográfico, daba-se-lhe umha importáncia capital a que a indústria
trabalha-se para o “mercado”. Esta reorientación que introduxo a NEP ao
finar o “comunismo de guerra” trouxo procederes capitalistas nas
empresas. Estas laboraban para o mercado, tinhan un responsábel único por
unidade de produción e os “xerentes vermelhos”, de extración social
pequeno-burguesa, con ousadia neo-capitalista querian impor o número de
trabalhadores e o ritmo de trabalho nas fábricas. Outra consecuéncia da
NEP foi o nacimento dumha clase de intermediários, nepistas, que se
encargaban de grande parte da distribución co que encarecian os prezos das
mercadorias e comezaban a pesar social e politicamente.
Todo isto daba-se numha realidade política que tinha umha
superestrutura seica socialista. Pero para que o Estado sexa socialista o
proletariado ten que ser a clase dirixente. E o certo era que o proletariado
ruso ademais de estar imerso numha formación social maioritariamente
campesinha, estaba esnaquizado porque ao seu descenso numérico e
fraccionamento por culpa do peche das fábricas sumaban-se os incontábeis
43
cadros que morreran na Guerra Civil e o desclasamento doutra morea de
cadros que foran a ocupar postos políticos e administrativos no Partido e no
Estado. Por se isto non fora dabondo, a coxuntura nepista trouxo tamén o
desemprego nas filas dos obreiros industriais, 381 mil obreiros fabris
desempregados daban as inexactas estadísticas ao 1 de Xulho do 1923. Nen
que dicer ten que os conhecimentos culturais do proletariado ruso, mercé a
aquela destrutiva coxuntura, eran irrisórios. Asi, o proletariado ruso por
falta de peso numérico, por caréncia de cadros políticos e por auséncia de
cultura non podia ser a clase dirixente do Estado soviético.
Quedaba o Partido Bolchevique que, teoricamente, representaba ao
proletariado e ao campesinhado pobre. Mais o PB estaba sufrindo a
penetración non só de arribistas senón de membros dos seitores sociais que
naceran e medraban ao calor da NEP xa que o Partido Comunista Ruso
(bolchevique) era o único partido da realidade política soviética. Quedaba
parte da “velha garda”, os revolucionários que adicados en corpo e alma á
revolución, e guiados por Lénin e Trótski, levaran á clase trabalhadora á
conquista do poder. Pero a a “velha garda” tampouco era politicamente
homoxénea. Fagamos notar, para que isto salte á vista, que da “troika”
dirixente que formarán Zinóviev, Kámenev e Stálin á raiz da morte de
Lénin, os dous primeiros opuxeron-se á Insurreizón de Outubro e o terceiro
non xogou nengun papel reitor nela. Asi, Lénin e Trótski lideraban só ao
seitor da “velha garda” que realmente eran os representantes conscientes
dos intereses estratéxicos do proletariado, os que tinhan a certeza de que a
NEP era un paso atrás que se ben fora coxunturalmente necesário de
manter-se indefinidamente levaria á restauración do capitalismo. Que
facer?
Trótski comezou a teimar na necesidade da “planificación” e da
“acumulación primitiva socialista” como saida á coxuntura nepista, sen
moito éxito diante do Politburó e do mesmo Lénin que naquel momento
coidaba que era dabondo co plano de electrificar todo o território soviético
que presentou baixo o eslogan “Sóviets máis electrificación igual a
socialismo”. O 3 de Maio do 1921 Trótski escribia-lhe a Lénin : “O noso
trabalho segue-se efectuando sen planificación, sen nengumha comprensión
da necesidade dun plano” (V.23, p.51). No Congreso da Komsomol (Unión
das Mocidades Comunistas ) celebrado en Outubro do 1922 Trótski, ao
argumentar sobre a necesidade da acumulación primitiva socialista, espetou
con aquela franqueza teórica que o caracterizaba: “a clase obreira só se
pode achegar ao socialismo através dos maiores sacrifícios, esgotando toda
a sua forza e entregando o seu sangue e os seus nérvios” (V.23, p.54).
Trótski expresaba-se con esta crudeza porque daba por sentado que o
proletariado soviético debia converter-se na clase dirixente do Estado e
44
daqui que lhe parecese lóxico que esta clase non regatease esforzos, por
moi titánicos que fosen, por construir o seu próprio Estado.
Sen indústria pesada e sen proletariado non podia haber socialismo.
A indústria pesada seria a base económica, o proletariado a base social. Sen
planificar a marchas forzadas para crear a base económica e social
socialista non pode dar-se o Estado proletário. Pero isto a comezos da
coxuntura nepista debia soar a teoria abstracta porque a NEP trouxera un
respiro nas miserentas condicións materiais de existéncia. Asi, cando se
reuniu o XIIº Congreso do PB (Abril,1923), sen a asisténcia do gravemente
enfermo Lénin, non se tomou a decisión de cambiar de rumo apesares de
que Trótski expuxo teórica e graficamente a “crise das tixeiras”, é dicer, a
diferenza crecente entre os altos prezos dos produtos industrais e os baixos
prezos agrícolas, o que punha en solfa a idea de construir o Estado
proletário através da NEP, “ a paso de tartaruga” como lhe gustaba dicer a
Bujárin. Só o poder crecente dos kulaks e dos nepistas na sociedade
soviética e, xa que logo no partido, fará variar a posteriori a nao, mais
numha coxuntura política no interior do PB onde o poder da burocrácia xa
será dominante.
O Xº Congreso do PB tentara disciplinar ao conxunto da militanza
nun tempo de crise profunda. Pero o que militantes como Lénin e Trótski
consideraban como umha retirada momentánea, meramente coxuntural, a
burocrácia nacente no Partido vai entendé-lo como o pistoletazo de saida
para o mando e ordeno. A coxuntura nepista trae o medre do aparato do
PB. Hai que controlar umha coxuntura neo-capitalista cun só partido
político. Un partido que se ten que ocupar do Estado e que representa na
prática a todos os seitores sociais soviéticos.
Velhos bolcheviques protestan contra o auxe do aparato, contra a
designación a dedo dos cargos. Os revolucionários bolcheviques son
conscientes do perigo de deformación que corre o PB. Para loitar contra
isto van efectuar umha purga política e potenciar o “Rabkrin”.
A primeira purga política tivo lugar no ano 1921. O PB creou uns
tribunais internos que examinaron os antecedentes e o comportamento dos
membros do PB. Estes tribunais eran abertos, con luz e taquígrafos.
Através deles decidiu-se que entre 150 ou 200 mil membros do PB, 1/3 da
sua militanza, eran indignos de pertecer ao Partido por corruptos, arribistas
ou, simplesmente, por caréncia de conciéncia política revolucionária.A
sanción era a expulsión do PB, o que conlevaba, na maioria dos casos, que
os expulsados non pudesen ocupar postos relevantes na superestrutura
soviética.
O obxeto desta purga era exclusivamente conservar puro o Partido
para manter a perspectiva revolucionária. Porén, aconteceu con esta medida
45
o mesmo, mutatis mutandis, co que ocurriu coa proibición de formar
fraccións que ditou o Xº Congreso do Partido Bolchevique, que co tempo
convertiu-se numha ferramenta nas maos da burocrácia para eliminar
estatutariamente do PB aos portadores da linha bolchevique. A Rusia
soviética sufria as deformacións próprias dumha revolución isolada.
Outra ferramenta creada para loitar contra a dexeneración burocrática
no seo do Partido e do Estado fora o Rabkrin ( Comisariado do Povo para a
Inspección por Obreiros e Campesinhos ). Nel depositara Lénin moita
confianza. Fora creado no 1920, e desde aquela até Maio do 1922 estivera
presidido por Stálin. Xa no mesmo ano 1920 Trótski atacara ao Rabkrin
argumentando que lonxe de motivar o funcionamento dos aparatos do
Estado o que facia era entorpecé-los polos seus ineficaces métodos de
inspección. Nun primeiro momento Lénin defendeu ao Rabkrin. Pero en
Febreiro do 1923 escrebe un artigo, que verá a luz na Pravda do dia 4 de
Marzo, intitulado “Máis vale pouco e bon”. Nel ataca frontalmente o
funcionamento do Rabkrin e, xa que logo, aos seus responsábeis pretéritos
e presentes.
Lénin neste artigo afirma que o “noso aparato estatal atopa-se nun
estado tan lamentábel, por non dicer detestábel” (V.52, p.801), que require
umha reflexión acougada para crear un instrumento que loite contra a
deformación burocrática no Estado e no Partido xa que “ no noso país hai
burocrácia non só nas institucións dos Sóviets senón tamén nas do Partido”
(V.52, p.808). O instrumento para combater a burocrácia non pode ser o
Rabkrin porque, di Lénin, falando “con franqueza , o Comisariado do Povo
da Inspección Obreira e Campesinha non goza actualmente nen da máis
lixeira sombra de prestíxio” (V.52, p.804). Ten que ser un novo Rabkrin
que liderado por obreiros conscientes e funcionários cultos poda combater
o burocratismo xa que “só depurando ao máximo o noso aparato, reducindo
ao máximo todo o que non sexa absolutamente indispensábel nel
manteremo-nos con seguridade” política. (V.52, p.814). E remata decindo
que se se consegue a depuración, “estaremos en condicións de mantermo-
nos non ao nível desta estreitez xeralizada, senón a un nível que se ergue e
avanza contínua e ininterrumpidamente cara a grande indústria
mecanizada. Velaqui as elevadas tarefas coas que eu sonho para a nosa
Inspección Obreira e Campesinha” (V.52, p.814).
Coma sempre, Lénin propunha transitar novos caminhos e isto non o
asimilaban alguns “dirixentes” soviéticos, ademais de non encaixar nada
ben as críticas. É moi importante sinalar para comprender o auxe que se
estaba dando da estrutura e mentalidade burocráticas , que antes de se
publicar o artigo na Pravda este foi debatido no Politburó. O Politburó
estaba composto daquelas polo próprio Lénin, que non acudia xa ás xuntas
por estar enfermo, Trótski, Stálin, Zinóviev, Kámenev, Bujárin e Tómski.
46
Agás Trótski, todos estaban en contra da publicación do artigo de Lénin.
Mais como Lénin teimaba pola sua publicación através de Krúspkaia, un
membro da Secretaria Xeral do PB, Kuibishev, propuxo imprimir un
número falso de Pravda para mostrar-lho a Lénin !! Endebén, isto por
entón inda resultaba escandaloso, mais a idea de censurar
maquiavelicamente ao próprio Lénin xa indica o nível burocrático que se
estaba dando na cúspide do PB. Kámenev puxo-se de parte de Trótski e o
Politburó tivo que publicar o artigo de Lénin, iso si, pondo-lhe data do 2 de
Marzo para non ter que dar explicacións das causas que levaran a demorar
a sua publicación.
13. Lénin, a derradeira batalha
Os anos 1922-23 van ser cruciais para o futuro da Rúsia soviética
mercé á merma da capacidade política de Lénin, como produto da sua
incurábel enfermidade, e ao fracaso da revolución na Alemanha de
Weimar. Ambas as duas cousas posibilitarán o proceso de dereitización e
burocratización do Partido Bolchevique, ao que se oporán Trótski e umha
nova Oposición nada ao redor do “Programa dos 46”.
A meados do ano 1922 Lénin estaba irremediabelmente enfermo. Se
xa no ano 1921 se vira forzado a reducir a sua longa xornada de trabalho e
a tomar un descanso en Górki, o 25 de Maio do 1922 sufria un ataque de
apoplexia que lhe paralisaba toda a parte dereita do seu corpo. Consciente
do pouco tempo que lhe restaba, apresurou-se a dar as suas derradeiras
batalhas políticas, nas que Trótski será o seu aliado natural.
Lénin comezou a ditar-lhe ás suas secretárias umha série de notas o
23 de Decembro do 1922, que a posterioridade reconhecerá-as co nome de
“Testamento”. A sua retirada forzosa do timón do PB e do Governo
Soviético trouxo o nacimento da troika formada por Zinóviev, Kámenev e
Stálin. Os tres, membros do Politburó, facian xuntas fraccionais onde
decidian a sua postura comun antes das xuntanzas do Politburó, órgano
político máximo do PB.
A natural alianza política entre Lénin e Trótski xa se puxera de
manifesto na cuestión do monopólio do comércio exterior. Numha ocasión
o Comité Central decidiu, en auséncia de Lénin e Trótski, debilitar o
controlo sobre as transaccións comerciais co exterior. Lénin axinha reaxiu e
numha carta a Trótski, datada o 13 de Decembro do 1922, pediu-lhe axuda
política nestes termos: “Prego-lhe encarecidamente que se encargue de
defender na próxima sesión plenária [do CC] a nosa opinión comun sobre
a necesidade de manter e reforzar o monopólio do comércio exterior”
(V.23, p.73). Trótski defendeu esta posición comun con total éxito diante
do Comité Central o que lhe valeu a entusiastica felicitación política de
Lénin: “Camarada Trótski: Polo visto, conquerimos tomar a posición sen
47
disparar un só tiro, através dumha simples manobra. O meu parecer é que
non debemos deter-nos aqui, senón seguer atacando” (V.93, p.504).
Na cuestión nacional tamén coincidian plenamente Lénin e Trótski,
tal é asi que Trótski na sua “História da Revolución Rusa” sentenzará: “a
política nacional de Lénin entrará para sempre no património da
humanidade” (V.100, p.285). Pois ben, en Decembro do 1922 o Congreso
dos Sóviets aprobou a creación da “Unión das Repúblicas Socialistas
Soviéticas”. Porén, Lénin non as tinha todas consigo. Chegaran-lhe notícias
do proceder chauvinista ruso de Stálin –apesares de ser el xeorxiano- e do
seu aliado político Ordzhonikidze cos camaradas xeorxianos. Estes, perante
as actuacións chauvinistas que vinhan de Moscovo co obxetivo de someter
a Xeórxia á Federación Rusa através da Unión, acusaron a Ordzhonikidze
de “emisário imperial”. A tensión entre os dirixentes comunistas
xeorxianos e os enviados de Stálin foi tal que Ordzhonidze deu-lhe umha
labazada a un comunista xeorxiano. Ecos deste enfrentamento chegaron-lhe
ao enfermo Lénin. Umha comisión investigadora, presidida por
Dzerzhínski, partiu para Tíflis. Á volta a Moscovo Dzerzhínski tivo umha
conversa con Lénin. O 30 de Decembro do 1922 Lénin ditaba-lhe á
secretária Maria Volódicheva o texto “Acerca do Problema das
Nacionalidades ou sobre a Autonomia” que di, entre outras importantes
cousas, “ Parece-me que incurrin numha grave culpa perante os obreiros de
Rúsia por non ter intervido coa suficinte enérxia e dureza no problema da
autonomia (...). Conversei co camarada Dzerzhinski (...). O que me dixo o
camarada Dzerzhinski, que presidia a comisión enviada polo CC para
investigar o relativo ao incidente de Xeorxia, non podia deixar-me temores
máis grandes (...). Di-se que era necesária a unidade do aparato que en
realidade é-nos alheo por completo e constitue umha mistura burguesa e
zarista (...). Nestas condicións é moi natural que a “liberdade de separar-se
da unión”, coa que nós nos xustificamos, sexa un papel molhado incapaz de
defender aos non rusos da invasión do ruso xenuino, chovinista, no fondo
un home miserábel, e dado á violéncia como é o típico burócrata ruso (...).
Coido que neste asunto exerceu umha influéncia fatal as presas e os afáns
administrativos de Stálin (...). Plantexa-se xa un importante problema de
princípios: como comprender o internacionalismo” (V.52, pp.773-775).
Lénin voltou á carga ao dia seguinte, 31 de Decembro, teimando: “ É
preciso distinguir entre o nacionalismo da nazón opresora e o nacionalismo
da nazón oprimida (...). O internacionalismo da nazón opresora (...) non
debe reducir-se a observar a igualdade formal das nazóns, senón tamén a
observar umha desigualdade que de parte da nazón opresora, da nazón
grande, compense a desigualdade que se produce na prática da vida. Quen
non tenha comprendido isto non comprendeu a posición verdadeiramente
proletária frente ao problema nacional” (V.52, pp.775-776). Diante da
imposibilidade física de poder defender a sua própria postura nos órganos
48
do Partido, Lénin envia-lhe umha nota a Trótski, con data de 5 de Marzo
do 1923, na que, despois de advertir que é rigorosamente secreta, di:
“Estimado camarada Trótski: Prego-lhe a vosté moi encarecidamente que
se encarge de defender no comité central do partido a causa de Xeorxia
(...). Se vosté quixera facer-se cargo da defensa quedaria-me tranquilo”
(V.93, p.506).
Pero o matinar de Lénin ia ao epicentro do problema político: á
dirección do PB. Tal é asi que o seu “Testamento” comezado o 23 de
Decembro do 1922 empeza precisamente polo CC, proponhendo a sua
ampliación, e segue o dia 24 caracterizando aos máis significativos
dirixentes do CC, que no tocante a Stálin e Trótski, os “dous destacados
xefes do CC actual”, di: “O camarada Stálin, chegado a Secretário Xeral,
concentrou nas suas maos un poder imenso, e non estou seguro que sempre
saiba utilizá-lo coa suficinte prudéncia. Por outra parte o camarada Trótski
(...) non se distingue unicamente pola sua grande capacidade.
Persoalmente, quizais sexa o home máis capaz do actual CC, pero está
demasiado ensoberbecido e demasiado atraido polo aspecto puramente
administrativo dos asuntos” (V.52, p.764). Mais Lénin segue-lhe dando
voltas ao asunto e uns dias despois, o 4 de Xaneiro do 1923, teima,
centrando-se na figura de Stálin, da seguinte maneira: “Stálin é demasiado
brusco, e este defecto (...) fai-se intolerábel no cargo de Secretário Xeral.
Por iso proponho aos camaradas que pensen a forma de pasar a Stálin a
outro posto e nomear para este cargo a outro home (...) que sexa máis
tolerante, máis leal, máis correcto e máis atento cos camaradas” (V.52,
p.765). Esta era umha bomba política contra Stálin, e asi a tomou o
xeorxiano que ao conhecer as notas através das duas secretárias de Lénin,
Lídia Fótieva e Maria Volódicheva, á sua vez pasmadas de espanto
político, quedou petrificado. Endebén, a deusa Fortuna veu-lhe a sonrir ao
xeorxiano xa que Lénin empeoraba por momentos polo que estaba claro
que non ia poder acudir ao XIIº Congreso do PB e Trótski, desouvindo
pretéritas recomendacións de Lénin, non atacará nen a Stálin nen á sua
política. Que o “Testamento” o redactou Lénin nun estado de plena lucidez
demostra-o a anticipación que fai da loita que se dará no PB entre Stálin e
Trótski, polo que habia que “prever a escisión” (V.52, p.765). Neste
momento non se lhe pasaba a ninguén pola cabeza que Stálin pudera
sustituir a Lénin, só Lénin preveu esa posibilidade: “o que escribin antes
acerca das relacións entre Stálin e Trótski non é umha pequenez, ou trata-se
dumha pequenez que pode adquirir importáncia decisiva” (V.52, p.765).
Asi foi. Podemos considerar que a estas alturas Lénin xa se decantara
claramente por Trótski. Os dados son óbvios: mentras que pedira en várias
ocasións que Trótski fose nomeado vice-presidente do governo soviético,
que defendera en nome dos dous no CC o monopólio do comércio exterior
asi como a cuestión xeorxiana, agora pide a destitución de Stálin. Seu fio
49
evolutivo está claro. Stálin estaba politicamente acabado para Lénin, e este
seguia a ser o líder indiscutido do Partido. De ter vivido máis Lénin a morte
política de Stálin estaba cantada.
O XIIº congreso do PB comezou a meados de Abril do 1923.
Previamente Trótski fixera-lhe saber a Stálin, através de Kámenev, que el
non queria que rodasen cabezas e que só desexaba umha colaboración
honrada entre camaradas. Deste xeito, Trótski non fixo uso da información
que tinha durante o Congreso. Ao revés, mostrou-se distante perante as
críticas que se lanzaron contra a troika, que aqui fixo-se oficial, e limitou-
se a falar sobre a planificación económica. E inda por riba, non só non
atacou a burocratización galopante senón que se mostrou solidário coas
chamadas que a troika fixo para extremar a disciplina. Trótski non soubo
prever a futura loita no seo do PB. No tocante ao partido seguia sendo un
“conciliador”, como nos tempos en que o POSDR estaba dividido entre
bolcheviques e mencheviques e el situaba-se por enriba das duas fraccións.
A sua indecisión impediu-lhe presentar a sua candidatura a líder do Partido,
que en rigor histórico lhe pertecia. Non se decatou que aqui a loita entre
persoas era a loita entre programas? É dificil pensar isto. Seguramente
tinha a esperanza de que Lénin se recuperara e tivo pudor a presentar-se
como o que era, o continuador da obra de Lénin. Este erro táctico pagará-o
caro Trótski e o quel representa, a revolución. O Congreso voltou a elexer a
Stálin como Secretário Xeral. A nova Comisión Central de Controlo
estaria presidida por Kuibishev, aquel que moi pouco tempo atrás
propuxera ensinar-lhe a Lénin un exemplar de Pravda falso para acalar as
suas críticas.
14. Alemanha, a revolución fracasada
Se a irreversíbel enfermidade de Lénin permitira a subida política
pública ao poder da troika, a coxuntura política europea consolidará-a. Ao
batacazo que sufriron os comunistas búlgaros no seu próprio país veu-se a
sumar o fracaso da revolución na Alemnha, país que polo seu
desenvolvimento científico-técnico e pola sua enorme masa proletária o seu
proceder era determinante para o trunfo da revolución ou da contra-
revolución na Europa.
A Alemanha de Weimar está convulsionada pola crise económica. A
mega-inflación informa-nos vivamente, se umha libra esterlina se cotizaba
a 50 mil marcos no mes de Xaneiro do ano 1923, en Agosto cotizará-se a
máis de 5 milhóns. O Estado non ten fondos, a pequena-burguesia afunde-
se, o nível de subsisténcia da clase trabalhadora baixa cada dia e o
campesinhado armacea vitualhas. Debido á catastrófica realidade
económica a axitación social é contínua. A enorme convulsión social pon á
revolución na orde do dia. Manifestacións constantes, folgas contínuas. No
50
seo da clase operária organizan-se grupos armados, as “centúrias
proletárias”. Nos laenders de Saxónia e Turínxia socialdemócratas de
esquerda e comunistas forman governo. Pode trunfar a revolución? Pode,
neste momento na Alemanha hai un poderoso Partido Comunista (KPD),
con máis de 200 mil militantes e moi influinte na vida social. Ademais, está
asistido pola Internacional Comunista. Pero os dirixentes do KPD non se
sinten politicamente auto-suficintes. Asi, o seu secretário xeral, Heinrich
Brandler, viaxa a Moscovo para pedir intrucións e solicitar que Trótski se
traslade a Alemanha para dirixir a insurreizón. A troika non o permite, só
faltaba que Trótski voltase como líder vitorioso da revolución alemana.
Comisiona-se a Rádek e Piatakov. Formula-se un plano de actuación para
efectuar a insurreizón, pero nen os comisionados pola troika nen o mesmo
Brandler acreditan no trunfo. Á última hora, o 21 de Outubro, suspenden a
insurreizón, mais esta dá-se isoladamente en Hamburgo o que posibilita
que o governo berlinés envie tropas e a aplaste despois de vários dias de
combate. O desánimo cunde. Outra oportunidade perdida. A Rúsia
soviética segue isolada. Na Alemanha do 1923 viu-se, en palabras de
Trótski, “umha demostración clásica da maneira como pode desaproveitar-
se umha situación revolucionária excepcional e de importáncia histórica
mundial” (V.101, p.16).
15. A troika, umha dirección fraccional
A irreversibilidade da enfermidade de Lénin deu-lhe azos á troika
formada por Stálin, Zinóviev e Kámenev, que xunto con Trótski, Bujárin,
Tómski e o ausente Lénin formaban o Politburó do Partido Bolchevique.
Como o triunvirato facia xuntas fraccionais, é dicer, xuntanban-se
para decidir a priori, era doado que obtiveran a maioria xa que os outros
non formaban un bloco. Desta maneira o proceder da troika viciaba os
debates. E todo isto acontecia numha durísima realidade económica que
xeraba mobilizazóns da clase obreira e dialéctico malestar na militanza
histórica do PB.
Para combater as fisuras políticas no PB nadas da prosaica realidade,
a troika propuxo a directa represión dos militantes díscolos, alguns dos cais
calificaban á NEP como a “Nova Explotación do Proletariado”, entre eles
a fracción “Grupo Obreiro” encabezada polos trabalhadores Miasnikov,
Kuznetsov e Moiseiev, todos eles membros do partido desde 1905. Outra
fracción semelhante era “Verdade Obreira”. Á sua represión adicou-se
Dzerzhínski, que era o chefe da Cheka (GPU) desde a sua fundación. Nas
suas pescudas atopou-se con que moitos militantes os consideraban bons
camaradas polo que non se prestaban a declararen escontra deles. Diante
desta situación Dzerzhínski recurriu ao Politburó esixindo que todo
militante do PB tinha a obriga de denunciar á GPU aos díscolos.
51
Trótski reaxiu de imediato. Umha cousa era utilizar á policia política
contra os inimigos da revolución e outra moi diferente era utilizá-la para
acalar as críticas no seo do PB, algo que non tinha precedentes ha história
do partido. Asi as cousas, Trótski escrebeu umha carta ao CC o 8 de
Outubro do 1923, que entre outros diceres aseveraba: “O réxime actual (...)
está máis alonxado da democrácia obreira que o réxime do periodo máis
riguroso do comunismo de guerra” (V.23, p.111). É máis, dera-se “un
extraordinário deterioro da situación no seo do partido despois do XII
Congreso” xa que “a burocratización do aparato do partido desenvolveu-
se numhas proporcións inauditas mercé á utilización do método de
selección que leva a cabo o secretariado” (V.7, p.242).
Como se esta carta fose un toque a rebato, ao cabo dumha semana,
concretamente o dia 15, cuarenta e seis membros eminentes do PB envian-
lhe umha carta ao Politburó. Esta carta, conhecida na historiografia como
“O programa dos 46”, comezaba asi: “A extrema gravidade da situación
obriga-nos ( en interese do noso partido, en interese da clase trabalhadora)
a manifestar con enteira claridade que continuar coa política que segue a
maioria do Politburó ameaza con carrexar a todo o partido lamentábeis
reveses” (V.16, p.364). Falaba-se sen tapuxos da “incapacidade da xefatura
do partido, tanto no domínio económico como nos das relacións internas do
partido” (V.16, p.364). E advertia, “se no futuro imediato non se muda
radicalmente esta situación, a crise económica da Rúsia Soviética e a crise
da ditadura fraccional dentro do partido asestará rudos golpes á ditadura
dos trabalhadores de Rúsia e ao Partido Comunista Ruso” (V.16, p.366).
Os 46 pediron que o CC puxera este documento no conhecimento de
toda a militanza tal e como estabelecia a prática comun no PB. A troika
rexeitou ese pretérito procedimento político. Agora ben, non se podia dar
un simples carpetazo á Carta dos 46 porque todos eles eran significados
cadros do PB: Preobrayénski, por exemplo, era xunto con Bujárin o
economista máis prestixioso do partido; Antonov-Ovseenko era o principal
comisario político do Exército Vermelho; Iván Smirnov fora o vencedor de
Kolchak; etcétera.
Os triunviros acusaron a Trótski de ser o instigador da Carta dos 46 e
de ambicionar o poder. Calificaron as internas e claras manifestacións de
Trótski e dos 46 como un exercício fraccional, contrário aos acordos do Xº
Congreso (1921). Porén a troika viu-se obrigada a manifestar-se e o 7 de
Novembro, por boca de Zinóviev, prometeu restaurar a democrácia no
interior do PB. A discusión extendeu-se á Pravda, a células do partido, ao
CC da Mocidade Comunista e a células do Exército Vermelho.
O 7 de Novembro Zinóviev abre o debate na Pravda reconhecendo
formalmente que “desgraciadamente, a maioria das cuestións esenciais
arranxan-se de antemao desde enriba” (V.7, p.244). O dia 28 intervén
52
Preobrayénski: “Resulta característico que na época na que estabamos
arrodeados de frentes a vida do partido revelase moita máis vitalidade e a
independéncia das organizacións fora moito maior. [Hoxe] acontece que
non só non temos avanzado nen un paso respeto ao periodo de comunismo
de guerra senón que, polo contrário, temos intensificado o burocratismo, a
petrificación e o número de cuestións que se deciden a priori desde enriba”
(V.7, p.246). O 2 de Novembro Stálin non ten milhor argumento que dicer:
“É preciso ponher límites á discusión, impedir que o partido, que constitue
umha unidade combatente do proletariado, se convirta nun clube de
discusións” (V.7, p.246). O dia 5 o Politburó, para intentar controlar os
ánimos, emite umha resolución na que cinicamente se asume a necesidade
de que “o partido debe emprender umha séria modificación da sua política
no senso dumha aplicación metódica e estrita da democrácia obreira” (V.7,
p.247).
O 10 de Decembro publica-se a carta que Trótski remitiu a umha
organización do partido: “A nosa mocidade non debe limitar-se a repetir as
nosas fórmulas. Debe conquistá-las, asimilá-las, formar-se a sua própria
opinión e, asimesmo, ser capaz de loitar polos seus obxetivos co valor que
confire umha profunda convición e umha grande independéncia de critério.
Fóra do partido a pasiva obediéncia que obriga a seguer mecánicamente o
paso que marcan os chefes!! Fóra do partido a impersoalidade, o servilismo
e o carreirismo!! O bolchevique non só é un home disciplinado senón
tamén un home que en cada caso e sobre calquer cuestión, forma-se umha
opinión sólida e defende-a valerosamante non só frente aos seus inimigos
senón no próprio seo do partido (...). Ante todo, é preciso apartar dos
cargos dirixentes a aqueles que desde a primeira expresión de protesta ou
de obxeción blandan contra os críticos o raio das sancións” (V.7, pp.248-
249).
Fan-se asembleas do partido en Moscovo (11, Decembro) e
Petrogrado (dia 15) onde os argumentos de Trótski e dos 46 toman
pulo.Inda seguen a sair artigos na Pravda, pero o seu director é despedido
por escreber o dia 16 de Decembro que “a calúnia e as acusacións
infundadas converteron-se nas armas de discusión de numerosos
camaradas” (V.7, p.252). Efeitivamente, o dia anterior Stálin acusara a
Trótski de “menchevique infiltrado” (V.7, p.251) no partido. Estaba-se
comezando a utilizar por parte da troika e os seus corifeus a mentira e o
insulto como método político. Era normal, os argumentos políticos dos que
se opunhan ao proceder da troika tinhan impacto no seo do Partido. Umha
mostra, o 11 de Decembro celebrou-se umha xuntanza da organización do
partido en Moscovo na Casa dos Sindicatos. Pois ben, ali só Iaroslavski,
secretário da comisión central de controlo, falou directamente en contra de
Trótski e foi abucheado pola asemblea comunista. Mesmo Kámenev
reconheceu que “soa ben dicer: eu estou dacordo con Trótski” (V.16,
53
p.314). Efeitivamente, a base do Partido via a Trótski como o companheiro
de Lénin.
Entre o 28 e 29 de Decembro a Pravda publica umha série de textos
de Trótski, que xa eran conhecidos entre a militanza, co nome xenérico de
“Novo Rumo”. Di neles que “o partido vive en dous níveis: o nível superior
no que se toman as decisións, e o inferior no que se limitan a conhecer as
decisións” (V.7, p.253).Teima na denúncia de que “o burocratismo do
periodo de guerra era ínfimo en comparación co que se ten desenvolvido en
tempos de paz” (V.7, p.253).Tamén reflexiona sobre as fraccións no seo
do partido, que deben ser evitadas na medida do posíbel pero como o PB é
o único partido do Estado Soviético e como ten perto de 500 mil membros
non “chega con declarar que os grupos e fraccións son un mal para evitar a
sua aparición” (V.7, p.254), lembrando que o PB está precisamente
governado por umha fracción, a “fracción burocrática conservadora” (V.7,
p.254).
O éxito das teses de Trótski e dos 46 é tan importante que a troika
botará mao do aparato para decapitar a esta nacente oposición, que non está
organizada como fracción. Corta-se o debate na Pravda, nomea-se a
eminentes oposicionistas (Ioffe, Rakóvski, etc.) como diplomáticos para
alonxá-los da loita política, destitue-se a Antonov-Ovseenko como
comisário político do Exército Vermelho porque as células do exército
votan a favor das teses da oposición. Asimesmo, é destituido na sua
totalidade o CC das xuventudes do partido porque estaba a favor dos
argumentos de Trótski e dos 46. E como colofón, nomea a dedo aos
delegados á XIIIª Conferenza do PB para dar-lhe a puntilha á nacente
oposición.
A XIIIª Conferenza comeza o 16 de Xaneiro do 1924. Nela o
triunvirato prepara e fai aprobar umha resolución na que denuncian a
Trótski e aos 46 como uns “desviacionistas pequeno-burgueses do
leninismo” (V.23, p.130). Perante este brutal ataque da troika refrendado
polo aparato do partido alguns oposicionistas, que viran como nos debates
moitos militantes se posicionaban con eles, desmoralizan-se. Mesmo
haberá militantes que se suicidan, como Lutovinov, Evguenia Bosch e
Glazman, entre outros.
16. A morte de Lénin
Asi estaban as cousas no PB mentras Lénin agonizaba. O 18 de
Xaneiro Trótski, que por enfermidade xa non pudera asistir á Conferenza,
parte por prescripción médica para o Mar Negro nun intento de repor-se
dumhas extranhas febres que non o deixan. Ao chegar a Tbilisi o dia 21
recibe umha contundente noticia: morreu Lénin!! Efeitivamente, Lénin
morrera ese mesmo dia 21 ás 18,50 en Górki. Imediatamente Trótski pon-
54
se á fala con Stálin e comunica-lhe a sua intención de regresar ipso facto a
Moscovo. Stálin di-lhe que o enterro efectuara-se ao dia seguinte, o 22, e
que polo tanto non lhe daria tempo de voltar. Era umha mentira calculada
xa que o enterro de Lénin celebraria-se o dia 27. A auséncia de Trótski
pareceu-lhe anormal a próprios e alheos.
En Tbilisi piden-lhe a Trótski que diga umhas palabras sobre a morte
de Lénin. Pon-se a escreber inda que se sinte incapaz e anseia estar só.
Porén, escrebe umhas linhas nas que a sua orfandade política queda
diafanamente reflectida: “Lénin xa non existe. Xa nos quedamos sen
Lénin” (V.93, p.535). Ao pouco continuaba viaxe á cidade de Suchum, na
costa do Mar Negro. Estando ali recibe umha carta da camarada e agora xa
viuva de Lénin, Krúpskaia, que di:
“Querido Lev Davídovich:
Escrebo-lhe a vosté para comunicar-lhe que Vladimir Ilich puxo-se a
ler o seu libro aproximadamente un mes antes de morrer, e co deixou na
pasaxe na que tracexa vosté a fisonomia de Marx e de Lénin. Pediu-me que
lhe volta-se a ler estas páxinas, e, despois de escoitar a leitura atentamente,
el mesmo quixo colher o libro e voltá-las a repasar.
Outra cousa queria dicer-lhe, e é que as relacións que uniron a
Vladimir Ilich con vosté desde o dia que se presentou en Londres, vindo de
Sibéria, non mudaron até a hora da sua morte.
Desexo-lhe a vosté, Lev Davídovich, forzas e saude. Umha forte
aperta de N. Krúpskaia” (V.93, p.536).
Explica-nos o mesmo Trótski que o libro ao que fai mención
Krúpskaia era un pequeno texto onde el dibuxaba umha semblanza de
Lénin, e, na pasaxe citada, umha semelhanza entre Marx e Lénin.
Relembrando aquela sua própria comparanza, Trótski sentenza: “Marx e
Lénin, duas figuras tan intimamente unidas pola história, e á par tan
diferentes, son para min os dous cumes máis altos aos que pode chegar o
poder espiritual do home” (V.93, p.537).
Mentras, en Moscovo facian-se os preparativos para enterrar -nunca
milhor dito- ao indiscutíbel líder da revolución. Na víspera do enterro o
Congreso dos Soviets celebrou umha sesión en memória de Lénin na que
falaron, por esta orde, Kalinin, Krúpskaia, Zinóviev e Stálin. O xeorxiano
introduxo umha letánia en vez de facer umha reflexión sobre o finado. Asi,
facendo-se o apoucado aluno que aspira a sumo sacerdote, dixo,ao menos
por seis veces, “Xuramos-che, camarada Lénin, que cumpliremos con
honor este mandamento” (V.16, p.345). Os “mandamentos” eran, entre
outros, “cuidar a unidade do noso partido”, “conservar e fortalecer a
ditadura do proletariado” asi como que “robusteceremos e ampliaremos a
unión dos trabalhadores de todo o mundo: a Internacional Comunista”
(V.16, pp.345-346). A História convertirá-o nun perxuro.
55
Tamén se decidiu nesta xuntanza cambiar o nome de Petrogrado
polo de Leningrado, proposta na que todo o mundo estivo dacordo, e
conservar o cadáver de Lénin nun museu á beira das muralhas do Krémlin,
ao que se opuxo talhantemente Krúpskaia, oposición na que teimou
publicamente numha carta publicada na Pravda do 30 de Xaneiro, que
reproducimos:
“Tenho que pedirlhes un grande favor: non permitan que a sua
mágoa por Ilich tome a forma dumha reveréncia externa pola sua persoa.
Non lhe ergan monumentos comemorativos, non ponhan seu nome aos
pazos, non celebren actos solenes no seu honor, etc. Cando el vivia tudo
isto tinha-lhe sen cuidado. Lembren que no noso país inda hai moita
pobreza e moito abandono. Se vostés desexan honrar a memória de
Vladimir Ilich, construian xardins de infáncia, casas, escolas, librarias,
centros médicos, hospitais, fogares para os impedidos, etc. e, sobretodo,
ponhamos en vigor os seus preceitos” (V.16, p.347).
Tamén Trótski, ao se enterar desta decisión, se oporá frontalmente:
“Apesares da minha protesta erixiu-se aquel mausoleu indigno e
humilhante para un revolucionário” (V.93, p.541).
O enterro celebrou-se o domingo 27 de Xaneiro do 1924. O cadaleito
sacou-se da Casa dos Sindicatos, onde fora visitado por miles de persoas, e
levou-se até a Praza Vermelha onde se depositou nun improvisado
monumento que axinha seria sustituido polo mausoleu.
17. Indivíduo e História
Se a soa enfermidade de Lénin posibilitara o funcionamento dumha
troika fraccional e o incremento do burocratismo e do centralismo, a sua
morte vai ser catastrófica para o desenvolvimento da revolución. Por que,
Lénin só era un home. Para contestar axeitadamente impon-se umha
reflexión sobre o papel do indivíduo na História. A persoa xoga un papel
no proceso histórico, este papel está condicionado pola realidade histórica
pero non determinado. Un líder político é un produto da história pero tamén
o é da sua própria individualidade. História e Natureza interrelacionan-se.
A coxuntura é o marco histórico concreto onde o indivíduo verte a sua
própia experiéncia e actitudes. Se numha coxuntura dada a vitória ou a
derrota dumha clase social inda non está decidida pola relación de forzas a
persoalidade xoga un papel vital, trascendente. Asi, de ter vivido Lénin uns
anos máis en boas condicións físicas e psíquicas o rumo da História poderia
ter cambiado. E isto umha esaxeración? Vexamos. Polo pasado proceder de
Lénin é loxico colexer que se estivera en plena forma no 1924 teria
aconselhado e apoiado no 1923 adecuadamente á dirección do PCA para
que intentase levar á vitória á clase trabalhadora alemana, que esta inda asi
pudera conquistar o poder non é seguro. O que é seguro é que polo
56
liderazgo que Lénin tinha no Partido, ganhado no proceso histórico, Stálin
teria sido destituido como secretário xeral do PB, que os órganos de
dirección do PB baixo a batuta e a experiéncia acrecentada de Lénin terian
sido un dique contra o arribismo, preservando a pureza política do Partido,
e contra os priviléxios, xa que manteria a escala de salários dos
funcionários sen despegar-se da dos obreiros. O PB teria dinamizado a sua
própria dirección co que Lénin teria sucesores políticos naturais. O PB
potenciaria o proceder da Internacional Comunista, o que levaria aos PCs a
ter máis influéncia na clase trabalhadora do país dado. O PB teria apoiado
todo proceso revolucionário externo ( pense-se na revolución espanhola, o
que teria acontecido se a Unión Soviética tivera mandado apoio militar a
esgalha e cadros revolucionários) , que de trunfar suporia o fin do
isolamento da URSS, novo pulo político para a clase trabalhadora soviética
e, de dar-se nun país ocidental, apoio técnico para axudar a proseguer
cumha milhor base técnica a industrialización e a colectivización, que inda
sen apoio exterior terian-se feito pero contando coa clase trabalhadora e sen
violéncias extremas no campo. Tudo isto teria suposto o debilitamento ou a
morte política da casta burocrática porque a sua consolidación asentaba-se
no isolamento político e na miséria material que trouxeran a Primeira
Guerra Mundial, a Guerra Civil e o cordón sanitário dos governos
“democráticos”. Naquela coxuntura, na que se decidia o avance ou a
distorsión da revolución, a morte de Lénin foi umha casualidade causal.
Isto non é facer ucronia, é facer umha reflexión sobre a capital importáncia
dumha persoalidade dada nun momento concreto do proceso histórico. O
caminhar da História procede do fio causal, e a persoalidade forma parte
del. Trótski mesmo fixo, na sua auto-biografia, a seguinte reflexión: “Teria
sido capaz Lénin de levar a cabo a renovación de persoas que se propunha
dentro do partido? Naqueles momentos, indudabelmente” (V.93, p.504).
Ben, prosigamos co relato histórico.
. 18. Un caminho diferente
Ríkov sustituiu a Lénin como Presidente do Conselho de Comisários
do Povo, mais non era aqui desde onde se ia decidir a marcha da Rúsia
dos Sóviets. Aos poucos dias de enterrar a Lénin o Comité Central do
Partido Comunista Ruso (bolchevique) decide executar umha campanha de
reclutamento político, acordada na XIIIª Conferenza, denominada
cinicamente “Alistamento Lénin”. Esta “promoción leninista” levará ao
PCR(b) uns 250 mil afiliados, máis do 50 por 100 da militanza do partido.
Por que calificamos de cínica esta leva? Porque o alistamento non se facia
baixo o baremo político de Lénin, que esixia que cada membro do Partido
fose un cadro revolucionário. Mentras que estes miles de trabalhadores son
reclutados polo aparato do partido, non seleccionados entre os membros
57
máis conscientes da clase trabalhadora, co obxetivo pre-determinado de
utilizá-los politicamente por ser umha masa doadamente manipulábel pola
sua bisonhez ideolóxica e porque lhe deberán o seu ingreso, e as prebendas
que isto supón numha realidade material miserábel, ao aparato do partido.
A dexeneración do Partido Bolchevique vai-se acelerar por esta mera
aportación cuantitativa. Os cadros revolucionários, bolcheviques, non só se
verán atacados polo aparato senón sumerxidos numha masa amorfa
politicamente, o que acentuará a sua sensación de ilhamento. Este proceder
reclutador está feito con toda a conciéncia política polo aparato como o
demostra o dicer do aparatchik Molotov: “O futuro desenvolvimento do
partido baseará-se sen lugar a dúbidas no Alistamento Lénin” (V.16,
p.353). Trótski, anos despois, no seu libro “A revolución traizoada”, dirá:
“Aproveitando a morte de Lénin, a burocrácia comezou a campanha de
reclutamento chamada “promoción de Lénin”. As portas do partido, até
entón ven vixiadas, abriron-se de par en par a todo o mundo (...). Tratabá-
se de afogar á vangarda revolucionária nun material humano desprovisto de
experiéncia e persoalidade (...). Ao liberar á burocrácia do controlo da
vangarda proletária, a “promoción de Lénin” deu-lhe un golpe mortal ao
partido de Lénin (...). O centralismo democrático cedeu o seu lugar ao
centralismo burocrático” (V.114, pp.115-116).
Comeza-se a preparar o XIIIº Congreso do PCR(b), numha xuntanza
prévia decide-se que se lea o “Testamento” de Lénin, non no Congreso do
Partido, como queria Krúpskaia, senón numha xuntanza ampliada do CC a
celebrar o 22 de Maio. O “Testamento” cae como umha bomba política
entre a maioria dos congregados, que desconhecian a mesma existéncia do
texto. Stálin está en apuros, xa que a estas alturas o seu poder exercido
através do aparato non é ainda totalitário. O “Testamento” demostra sen
paliativos que Stálin non gozaba da confianza política de Lénin. Impon-se,
logo, seguer a recomendación de Lénin, é dicer, relevar a Stálin da
Secretaria Xeral? Non, di Zinóviev, “os temores de Ilich non se
confirmaron” (V.7, p.267). Co apoio de Kámenev pide, e obtén, que Stálin
conserve a Secretaria Xeral. Trótski, que xa voltara a Moscovo e estaba
presente na xuntanza, non di nada, non intervén. Por que? Considera que
inda se pode dar a estas alturas, onde arrecian os insultos, as presións e as
purgas contra os oposicionistas, umha loita política produtiva no seo do
partido? Coa protesta de Krúpskaia, o CC vota por maioria que o
“Testamento” non se de a conhecer publicamente.
O XIIIº Congreso do PCR(b) inaugura-se o 23 de Maio. Se na 13ª
Conferenza xa se atacara a Trótski e á desorganizada Oposición
alcumando-os de “desviacionistas pequeno-burgueses do leninismo” (V.16,
p.362), agora acrecenta-se o ataque xa que mesmo se lhe pide a Trótski, por
boca de Zinóviev, que se retracte das suas críticas e que confese os seus
58
erros perante o Congreso. Esta petición era un feito completamente insólito
no PB, que non tinha nengun precedente. Krúpskaia, na sua intervención, di
que a petición de Zinóviev é umha “esixéncia psicoloxicamente
inadmisíbel” (V.23, p.136). Trótski fará umha réplica breve e acougada,
que lhe valerá os insultos dalguns burócratas. Numha parte da sua
intervención di: “Xa afirmei que nada seria máis doado que dicer perante o
Partido que todas estas críticas e declaracións, adverténcias e protestas eran
totalmente erróneas. Porén, camaradas, eu non podo dicer tal cousa porque
non o creo” (V.23, p.136).
Pecha-se o Congreso ratificando o decidido na 13ª Conferenza e o
proceder do CC, o que non impide que Trótski sexa eleito polo Congreso
para o CC, e apesares de que Zinóviev e Kámenev lhe esixen a Stálin que
se exclua a Trótski do Politburó este non aceita. Este proceder non era
nengumha honesta mao tendida, como ian a demostrar os imediatos
acontecimentos, senón un taimado quefacer dun supino maquinador.
Pasaran xa case dous anos da ultima convocatória da Internacional
Comunista, por fin, convoca-se o V Congreso a celebrar en Moscovo do 17
de Xunho ao 8 de Xulho do 1924.
O acontecimento político máis importante que se dera a nível
internacional antes desta xuntanza congresual fora, sen dúbida algumha, a
revolución alemana do 1923. Pois ben, nada se fixo desde a dirección da
IIIª Internacional para sacar lizóns políticas daquela derrota tan
trascendente para o futuro caminhar da Rúsia soviética e da Europa enteira.
Non se reconheceu que a meirande parte da culpa da impresentábel
dirección da fracasada revolución fora do Comité Executivo da própria
Komintern. Ao revés, bota-se-lhe toda a culpa ao CC do Partido Comunista
Alemán (KPD). Porén, militantes como Rádek e o italiano Bordiga critican
á dirección da IC. En vao, para a troika, liderada formalmente a nível
internacional por Zinóviev, que seguia a ser o Presidente da IC, o
importante era “bolchevizar” a Komintern.
Como xa acontecera no caso do “Alistamento Lénin”, impunhase o
cinismo conceitual xa que a denominada “bolchevización” da IC non era
outra cousa que o sometimento da IIIª Internacional aos ditados de
Moscovo. A IC xa non seria o Estado Maior da Revolución, como sempre
quixeron Lénin e Trótski, senón un instrumento para a defensa dos
intereses da nacente casta burocrática soviética. Asi, cando
verdadeiramente finiquitaba o periodo bolchevique da IIIª Internacional a
troika decia que a “bolchevizaba”, ironias da História.
Para esta “bolchevización” era imprescindíbel eliminar aos críticos e
descalificar a Trótski, até daquelas o seu teórico por exceléncia e un dos
seus máximos líderes. A descalificación veu através do insulto político.
59
Para este menester Zinóviev utilizou sobretodo á xoven militante alemana
Ruth Fischer que alcumou a Trótski, Rádek e Brandler de “liquidadores
mencheviques” (V.7, p.271). Á vez, Trótski foi desposeido do seu posto no
Comité Executivo da IC, que pasou a ocupar Stálin. A IC estaba morta
como instrumento revolucionário da clase trabalhadora.
A casualidade quixo que a Editorial do Estado tivera prevista para
Outubro do 1924 a publicación do terceiro volume das obras de Trótski,
adicado ao 1917. Trótski vai prologar este volume co seu folheto titulado
“Lizóns de Outubro”.
Neste texto descalifica indirectamente o proceso pseudo-
bolchevizador que a troika efectuara no V Congreso da IC. Di Trótski:
“Nestes tempos ten-se dito e escrito a miudo sobre a necesidade de
bolchevizar a Internacional Comunista. Trata-se, efeitivamente, dumha
tarefa urxente, indispensábel, cuxa proclamada necesidade fai-se sentir
hoxe de xeito máis imperioso despois das terríbeis lizóns que o ano pasado
nos deu na Bulgária e na Alemanha. O bolchevismo non é umha doutrina,
ou non é só umha doutrina, senón un método de educación revolucionária
para levar a cabo a revolución proletária. Que signhifica bolchevizar os
partidos comunistas? Signhifica educá-los e seleccionar no seu seo umha
equipa dirixente de tal xeito que non floxeen chegado o momento da sua
Revolución de Outubro” (V.101, p.84).
Porén, inda máis importante era que por vez primeira acometia-se
umha análise das etapas da Revolución Rusa do 1917 e dos procederes que
se deran na dirección do PB, co obxeto de que o Outubro Bolchevique
pudera server de guia para a acción a futuras xeracións revolucionárias.
Ao analisar o comportamento da dirección bolchevique ve-se que
umha parte dela non estivera á altura dos acontecimentos revolucionários,
nen antes da insurreizón, á que mesmo chegan a denunciar publicamente,
nen despois da conquista do poder, cando querian pactar cos inimigos da
própria toma do poder.
Partindo da análise dun feito histórico concreto, Trótski explica
como se debe comportar umha auténtica dirección revolucionária. Coa
leitura do texto fai-se óbvio que Zinóviev e Kámenev, dous componentes
da troika que governa o Estado Soviético, non estiveron á altura das obrigas
que impunha a revolución: nen tiveran azos para conquistar o poder nen
para conservá-lo. E ambas as duas cousas documenta-as Trótski á perfeizón
citando por extenso textos coetáneos aos feitos da autoria de Zinóviev e
Kámenev. Deste xeito, os dous triunviros non aparecen como uns avezados
revolucionários dignos alunos de Lénin senón como uns timoratos políticos
opostos a Lénin.
60
Mais a crítica implícita ao presente no texto continua, se a revolución
alemana do 1923 fracasou foi porque o Partido Comunista Alemán (KPD)
non tivo a dirección adecuada. Agora ben, o CC do KPD estivera
asesorado polo Comité Executivo da IC, da que Zinóvieve era presidente,
sen esquecer que a troika non tomara en consideración a petición dos
comunistas alemáns de que Trótski fose a Alemanha a dirixir a insurreizón.
Stálin non era mencionado no folheto pola sinxela razón de que en
Outubro estivera en segunda linha, o que o punha a salvo da crítica.
O texto de Trótski publica-se en Outubro. Ao comezo reina o
silenzo, pero apartires do 12 de Novembro o aparato desencadea umha
campanha de tal magnitude que pouco menos que o sepulta. Centos de
notas, artigos e protestas publican-se cumha cadéncia diária contra Trótski.
Os triunviros entran tamén en liza en Novembro cuns artigos cuxos títulos
por si mesmos xa son abondo clarificadores do planificado do ataque e da
linha divisória que se quer tracexar entre Lénin e Trótski: “Leninismo ou
Trótskismo”, de Kámenev; “Trótskismo ou Leninismo”, de Stálin; e
“Bolchevismo ou Trótskismo”, de Zinóviev. Neles acusa-se a Trótski de
revisionista, liquidador do leninismo, etcétera.
Pero o ataque a Trótski non se detén aqui. Saca-se-lhe o po e o
contexto aos fortes debates políticos que houbo en determinados
momentos entre Lénin e Trótski. Desenterran-se textos de antes da
revolución onde Lénin e Trótski se punhan a parir. Deste xeito, Trótski
queda convertido nun anti-leninista visceral que mesmo ousara insultar a
Lénin. Pero hai máis, comeza-se a re-escreber a história: o papel de Trótski
na Revolución de Outubro non fora tan importante... Era o início da
falsificación da História, que andando o tempo eliminaria a Trótski dos
textos escolares, das películas sobre Outubro e mesmo das fotografias
históricas.
A tralha fora terríbel, pero inda asi o CC advirte o 17 de Xaneiro do
1925: hai que “continuar coa empresa de desvelar o carácter anti-
bolchevique do Trótskismo (...) e introducir nos programas para o ensino
político a explicación das suas características pequeno-burguesas” (V.7,
p.277). A loita contra o “Trótskismo” xa era oficial.
Como colofón, Trótski é destituido do cargo de Comisário da Guerra
a comezos do 1925, non sen certo temor por parte dalguns dos governantes
soviéticos, que tinhan aseverado en conversas internas que Trótski poderia
utilizar o Exército Vermelho para dar un Golpe de Estado. O que non
podian entender aqueles que xa se estaban alonxando das tradicións
revolucionárias de Outubro, foi o mesmo que, anos despois destes feitos,
non comprendian as persoas que teimosamente lhe perguntaban a Trótski
por que se deixara descabalgar do poder, cando a resposta é moi sinxela:
61
porque o obxetivo estratéxico para un marxista é construir o socialismo, e
isto só se pode facer apoiandose na clase trabalhadora e non no exército,
por moitas tradicións revolucionárias que este tenha. Asi, Trótski non
estaba interesado en ser o Napoleón soviético, senón en esperar pola clase
trabalhadora, en que esta recuperase os azos, o pulo, o entusiasmo perdido
por culpa das derrotas da revolución fóra da Rusia Soviética e dos fracasos
materiais e políticos que traian estas derrotas á mesma Rúsia Soviética.
Trótski explicará-o á perfeizón nun artigo datado o 12 de Novembro do
1935: “Non hai nengumha dúbida de cun Golpe de Estado militar contra a
fracción de Zinóviev, Kámenev, Stálin e os outros non presentaba neses
dias nengumha dificuldade e que non teria costado nen siquer un
derramamento de sangue; pero o resultado dese Golpe de Estado teria
suposto umha marcha acelerada cara esa burocratización e esa
bonapartización contra as que a oposición de esquerda decidira loitar”
(V.117).
Coa intención de neutralizar politicamente a Trótski, a troika vai
nomea-lo, en Maio do 1925, presidente de tres comités técnicos: Comité de
Concesións, de Explotacións Electrotécnicas e da Dirección Científico-
Técnica da Indústria. Trótski pon-se a estudar sobre química, hidraulica,
visitar laboratórios, olhar experimentos, elaborar estudos comparativos
entre a economia soviética e mundial, o que lhe permite demostrar
estadisticamente o atraso soviético; cotexar o proxecto da construción da
central hidraulica sobre o Dnieper , que o leva a perdir-lhe estudos a
especialistas soviéticos, alemáns e estadounidenses; botar-lhe umha mirada
ao imperialismo norteamericano e afirmar, o que será umha obviedade anos
despois, os “EEUU porán a Europa a viver das racións norteamericanas e
logo ditarán-lhe a sua vontade. Despois de ocupar o lugar da Grande
Bretanha como o obradoiro e o banco do mundo, os EEUU tamén ocuparán
o lugar da Grande Bretanha como a primeira poténcia naval e imperial do
mundo (...). Estamos entrando numha época de desenvolvimento agresivo
do militarismo norteamericano” (V.24, p.203). Asi, Trótski non se para,
estuda, da charlas e...espera.
A continuación da NEP está consolidando o capitalismo no campo,
impedindo o despegue industrial e agudizando as contradicións sociais,
realidade que se verá reflectida nos órganos de dirección do PCR(b). A
agricultura segue a estar moi atrasada, pero co agravante de que os kulaks
(campesinhos ricos na realidade soviética) producen o 60 por 100 dos
produtos agrícolas postos no mercado, poseen o 50 por 100 das terras de
labranza, tenhen o 60 por 100 da maquinária agrícola e son os patróns dos
máis de 5 milhóns de agricultores pobres que están obrigados a alugar a sua
forza de trabalho para sobreviver, recibindo salários inferiores aos que
habia antes da guerra. Xa que logo, os kulaks controlan o campo
62
economicamente e precisan o controlo político.A indústria está obsoleta e
isto impide que a clase trabalhadora medre a nível numérico e político. Na
cidade impon-se o intermediário e o funcionário. Na Rúsia dos Sóviets está
xerminando a restauración do capitalismo.
Dous fornidos economistas, Evgueni Preobrayénski e Nikolai
Bujárin, que no pasado trabalharan teoricamente en comun producindo o
manual marxista “ABC do Comunismo”, e que hoxe representan,
respectivamente, a esquerda e a dereita do partido no campo económico,
van-se enfrentar radicalmente.
Preobrayénski clama pola necesidade da industrialización para sair
do atraso económico. Dado que a Rúsia Soviética é un país atrasado, esta
teria-se que efectuar através da “lei de acumulación primitiva socialista”
que subordina o campo á cidade e o consumo á produción. Para isto é
imperioso planificar e centralizar a economia. Neste periodo a escasez de
artigos de consumo e a burocratización son dous perigos continuados e será
función do partido o seu controlo. É imprescindíbel atravesar esta etapa de
transición o máis axinha posíbel para pasar a disfrutar das ventaxas dumha
economia socialista, base da solidariedade e da democrácia.
Bujárin califica este programa de “monstruoso”. Opón-se
radicalmente a el. Estima que motivando e controlando a acumulación
privada porá-se ao kulak e á pequena-burguesia, e mesmo aos burgueses,
ao servizo do socialismo. Polo tanto, o que é necesário é quitar-lhe trabas
ao kulak para que produza e acumule. Hai que dar-lhe prioridade ao
consumo sobre prezos de mercado. Estas teses farán-se públicas no seu
sonado discurso no Teatro Bolsoi en Abril do 1925: “Debemos-lhe dicer
aos campesinhos, a todos os campesinhos: Enriquecede-vos, ampliade e
desenvolvede as vosas granxas e non temades que se exerza limitación
algumha sobre a vosa actividade” (V.7, p.286).
O PCR(b) vai avalar na prática as teses de Bujárin, inda que o chame
á moderación verbal, cumha série de medidas como autorización para
alugar forza de trabalho, cretos para maquinária agrícola, disminución dos
impostos, prezos de mercado para os produtos agrícolas...
Pero esta política pon en pé de guerra aos obreiros de Leningrado, a
cidade onde máis concentración proletária hai, que sinten como se encarece
a sua cesta da compra, e como a falta de matérias primas para os astaleiros
e para moitas fábricas acrecenta o paro obreiro, xa elevado. No 1925 de 90
mil afiliados con que conta ali o PCR(b), en cifras redondas, o 72 por 100
son obreiros. Leningrado é o feudo de Zinóviev, aqui el controla o aparato
e non Stálin. Zinóviev trasladará aos organos de dirección do partido a
presión da base obreira. En palabras de Trótski: “Na sua loita por
sobreviver, os líderes da oposición viron-se obrigados a adaptar-se á
63
conciéncia de clase do proletariado de Leningrado” (V.18, p.69). É o
comezo de novas alineacións políticas.
O ataque de Zinóviev ás teses de Bujárin fan-se cada vez máis
contundentes até desembocar na denúncia pública através, sobretodo, de
dous opúsculos imprentados en Setembro do 1925, “O leninismo” e “A
Filosofia da Época”. Nestes textos ataca á NEP, porque, di, supón o retraso
da revolución e o perigo da sua dexeneración, ademais de condenar a
“teoria do socialismo nun só país” xa que “a empresa dos comunistas
consiste en consolidar a vitória no seu próprio país abrindo, ao mesmo
tempo, caminho aos obreiros dos restantes países” (V.7, p.291).
Precisamente, a primeira diverxéncia no seo do CC do PCR(b) que
Zinóviev e Kámenev tiveran con Stálin fora a respeito dumha proposta para
proclamar a “teoria do socialismo nun só país” que o Secretário Xeral
trouxera, en Abril do 1925, para incluir na próxima Conferenza do Partido.
Zinóviev e Kámenev opuxeran-se, e inda que se aprobou un texto de
compromiso o enfrentamento xa era un feito.
A estas alturas o Politburó estaba formado por Ríkov, Bujárin,
Tómski, Stálin, Zinóviev, Kámenev e Trótski. Stálin apoia-se agora nos
tres primeiros, que son a ponla dereita do partido, para preparar o XIVº
Congreso do PCR(b) e poder enfrentar á organización do partido en
Leningrado, a fortaleza de Zinóviev. Kámenev xa fora neutralizado en
Moscovo.
Na eleición de delegados para o Congreso os stalinistas-bujarinistas e
os zinovietistas empregarán o mesmo método: cada fracción elixe nos seus
feudos exclusivamente aos seus próprios delegados. Pero como a fracción
governante ten o controlo do aparato en todo o Estado, agás en Leningrado,
e as votacións fan-se cun critério apriorístico, o resultado do Congreso xa
está decidido.
O XIVº Congreso do PCR(b) inaugura-se o 18 de Decembro do
1925. O enfrentamento entre as duas fraccións vai a ser contundente e tera
a Trótski como espectador atónito.
Zinóviev, Kámenev, Krúpskaia e Sokólnikov van pedir a
restauranción da democrácia no seo do partido. Denuncia-se que o aparato,
e non os argumentos, é o que conta. Critica-se abertamente a Stálin.
Kámenev di claramente: “Cheguei ao convencimento de que o camarada
Stálin non pode cumplir a misión de unificar ao Estado Maior Bolchevique
(...) Oponhemo-nos decididamente á teoria do xefe único na dirección.
Oponhemo-nos á creación dun <caudilho>” (V.7, p.297). Krúpskaia,
citando a pasaxe de “O Estado e a Revolución” na que Lénin advirte que ás
veces na História os revolucionários despois de mortos son adulterados e
convertidos en iconos, está decindo con franqueza que se está manipulando
64
a obra de Lénin. Ademais, diante da maioria mecánica do Congreso
argumenta: “ Na História do noso partido houbo congresos nos que a
maioria estaba equivocada. Lembremos, por exemplo, o Congreso de
Estocolmo” (V.7, p.297). Zinóviev vai atacar a NEP e a “teoria do
socialismo nun só país”, e apoiandose en citas de Lénin afirmará: “A
vitória final do socialismo é imposíbel nun só país (...) Terá que decidirse a
escala internacional” (V.7, p.297).
Trótski, quen sen sabé-lo asiste por ultima vez a un congreso do que
fora o PB, está un tanto perplexo. Zinóviev e Kámenev, os que tenhen
pedido umha e mil veces a sua expulsión do Politburó e mesmo do partido,
os que inventaran o “Trótskismo” como umha doutrina anti-leninista, enfin,
estes agora están-se enfrentando directamente a Stálin, reclamando a
democrácia obreira e denunciando a NEP e o “socialismo nun só país” .
Trótski non sube á tribuna, porén as bases políticas para un achegamento
cos zinovietistas están dadas. Será cuestión de tempo.
A maioria stalinista-bujarinista deste Congreso queda perfeitamente
reflexada na votación do informe final que presentan Stálin e Molotov: 559
votos a favor e 65 en contra. Comprende-se que no novo CC os
zinovietistas perdan poder.
Neste Congreso acorda-se mudar o nome do partido para adecua-lo á
realidade constitucional do Estado Soviético: Partido Comunista
(bolchevique) da URSS. Umha formalidade.
19. Socialismo nun só país
Fagamos un receso narrativo para botar-lhe umha olhada a esa
“teoria do socialismo nun só país” sobre a que se comeza a debater. A
primeira formulación que fixo Stálin desta “teoria” data do Outono do
1924. Nacera para oponhe-la á “revolución permanente” de Trótski, quel
formulara na sua obra “1905” e que o trunfo da própria Revolución de
Outubro confirmara, pero que no seu contexto histórico trouxera algumha
que outra liorta con Lénin, ao que posteriormente acusarán de facer-se
“trotskista” através das suas “Teses de Abril”. Xa que logo, esta “teoria”
era ao comezo un apoio táctico máis na loita da troika contra o
“trostkismo”, na campanha por converter a Tróski nun anti-leninista. Pero o
que nacera por motivos de utilidade coxuntural ia-se converter andando o
tempo no leit motiv, na linha de conduta do Estado Totalitário construido
polo stalinismo. Asi, esta “teoria” estaba aqui nos seus comezos e
desenvolverá-se no contexto da loita contra a Oposición até acadar o
carimbo oficial do proceder stalinista. A dita “teoria” afirmará que sí se
podia construir o socialismo nun país arrodeado polo capitalismo, polo que
a revolución mundial xa non era necesária para tal fin. Despois virá a
65
defensa da “pátria socialista” como o único proceder da clase trabalhadora
a nível mundial.
Esta “teoria” vinha-lhe moi ben á nacente casta burocrática soviética
que baseaba o seu poder usufrutuário na consolidación do Estado Soviético
e non na extensión da revolución. Ademais, facia de Trótski un aventureiro
que só queria continuar a guerra polo mundo adiante e un pesimista porque
seica decia que o socialismo non se podia construir na URSS. Deste xeito,
o “socialismo nun só país” transformou-se na teoria da paz e orde, do
statu quo da “optimista” burocrácia soviética. Stálin daba-lhe á burocrácia
o que precisaba, mesmo a xustificación teórica do seu proceder.
20. A oposición de esquerda
Voltemos ao fio narrativo. Concluido o Congreso, a fracción
dirixente ataca rápida e decididamente á organización leningradense. A
comezos de Xaneiro do 1926 umha delegación do aparato do partido chega
a Leningrado e coa excusa de que os zinovietistas amanharan ás eleicións
de delegados ao Congreso, o cal era certo, pero era o mesmo que fixera o
aparato central, só que a maior escala, destitue á redacción do periódico
Leningradskaia Pravda, e con ameazas como perder o posto de trabalho ou
finiquitar a carreira burocrática, segundo á base social á que se dirixen, son
eleminados os zinovietistas do aparato do partido en Leningrado, e até o
mesmo Zinóviev perde o seu posto de secretário do partido en Leningrado
e tamén o de presidente do Sóviet de Leningrado, a Comuna do Norte. O
aparatchik Sergei Kírov toma o seu lugar. Zinóviev queda desposeido do
seu poder organizativo.
Será en Abril do 1926, despois dumha sesión do CC, cando Zinóviev
e Kámenev terán umha xuntanza con Trótski. Van á reconhecer-lhe que
foron eles os que artelharon a campanha política para eliminá-lo do poder,
os que inventaron o “Trótskismo”, e que asi o reconhecerán publicamente.
Tamén lhe din que Stálin só anseia o poder e que utilizará para defendé-lo
calquer método agás o debate arredor das ideas. Manifestan-lhe a crenza de
que a Nova Oposición vai ter un éxito político imediato, ao que Trótski
resposta que a batalha será longa e dura. A Nova Oposición terá
cualificadisimos cadros políticos, entre eles a maior parte da velha garda
bolchevique: 10 dos 18 supervivintes do CC bolchevique de Marzo do
1919, dos que forma parte a própria Krúpskaia. Mais a fracción stalinista-
bujarinista conta co domínio do aparato, cumha ampla maioria no CC e no
Politburó, que desde o XIV Congreso ten nove membros, dos cales sete son
deles: Stálin, Bujárin, Ríkov, Tómski, Kálinin, Molotov, Voroshílov,
Zinóviev e Tótski. En números, a Nova Oposición contará cun máximo de
8.000 militantes, dos 750 mil afiliados que ten o partido.
66
A creación da Nova Oposición non se artelha sen dificuldades xa que
hai moitas feridas persoais que pechar, porén os acordos políticos de base
posibilita-o. Esta nacente oposición pasará-se a autodenominar-se
“Oposición de Esquerda”. Será a ponla esquerda do PC(b) da URSS.
Despois dumha viaxe de Trótski de seis semanas a Berlin para tentar curar-
se desa febre que non o deixa, a “Oposición de Esquerda” vai dar a
derradeira batalha por mudar o rumo político do partido e da Rúsia
soviética.
A “Oposición de Esquerda” fai a sua presentación oficial en Xulho
do 1926, na xuntanza que o CC celebrou entre os dias 14 e 23. Trótski da-
lhe leitura á “Declaración dos 13”, que é umha reiteración dos principais
argumentos da velha oposición e o esbozo do programa da nova oposición.
Esta declaración política fai-se en “defensa do proletariado” e, xa que logo,
é contrária aos intereses do kulak, do nepista e da burocrácia. Afirma que
hai que tomar medidas imediatas como a subida dos salários do
proletariado industrial, exención de impostos ao campesinho pobre,
redución de impostos ao campesinho médio e subida dos mesmos para os
kulaks e para a burguesia intermediária (nepistas). Se isto é necesário xa,
tamén é imprescindíbel acometer axinha a colectivización da agricultura e a
industrialización. A colectivización ten-se que levar a cabo de xeito
gradual, apoiando-se numha política creditícia e no desenvolvimento da
indústria. A industrialización será a base na que se sustente o Estado
Soviético a nível económico e social, xa que a riqueza industrial
posibilitará o despegue material e acrecentará o papel social e político da
clase trabalhadora. Tamén aborda a descalificación da “teoria do socialismo
nun só país” porque nen é posíbel construir o verdadeiro socialismo
isolados nen é de recibo pensar que non se van dar outros procesos
revolucionários no mundo. Despois de criticar a creación do Conselho
Sindical Anglo-Soviético (1925), por ser umha alianza coa reformista
dirección das Trade-Unions que só traicionará á clase trabalhadora inglesa
como xa puxo en evidéncia o boicot que esta dirección lhe fixo á folga
xeral en Inglaterra no Maio do 1926, declara que a Oposición quere levar
esta loita programática no seo do partido e en colaboración con todos os
seus seitores.
As discusións foron tensísimas, Dzerhínski morreu dun ataque ao
corazón ao pouco de intervir contra a Oposición. A fracción governante
rexeitou totalmente as propostas dos oposicionistas e acusou á Oposición
de formar umha fracción. Expulsou ao oposicionista Ossovski por defender
publicamente a necesidade de crear outro partido, o Partido, e expulsou a
Zinóviev do Politburó. Á Oposición non lhe quedaba outra solución que
recurrir á base do partido e á clase obreira. En Setembro do 1926 Trótski,
Piatakov, Rádek, Smilgá, todos eles líderes da Oposición, acuden á célula
67
dos ferroviários de Riazán-Ural. Esta célula obreira votou en prol do
programa oposicionista: democrácia no partido, aumento dos salários
industriais, reforma fiscal que grave ao kulak e exima ao campesinho
pobre... Prende a esperanza na Oposición e a alarma no aparato. Cando uns
dias despois comparecen líderes oposicionistas na célula da fábrica de
avións Aviopribor o aparato inda non consegue impedir que Trótski fale
perante os obreiros. Porén, o aparato comeza coas expulsións pola base
para amedrentar aos trabalhadores, organiza grupos para romper os actos da
Oposición através de asubios e agresións e apropia-se demagoxicamente
dalgumhas consignas da própria Oposición. Dagora en diante este será o
método. Deste xeito, na mítica fábrica Putilov Zinóviev apenas consegue
falar e a Oposición só obtén para as suas teses 25 votos contra os 1.375 que
recolhen as teses oficiais.
Se polo momento o gansterismo do aparato non pode romper todos
os actos oposicionistas, si leva a división ao seu seo. A ponla esquerda
considera que o PC (b) da URSS xa non é o Partido, é o caso, por exemplo,
dos grupos “Centralismo Democrático” e “Oposición Obreira”, nos que
figuran militantes bolcheviques tais como Shliápnikov e Medvédiev. A
ponla dereita, con Zinóviev e Kámenev á cabeza, estima que hai que recuar
en todo perante o aparato para evitar a expulsión. A ponla centrista, que
lidera Trótski, adopta a posición de non ceder programaticamente en nada
diante do aparato pero nega-se a crear outro partido xa que de momento hai
que resistir no seo da organización. A división política da recén nada
Oposición é un feito.
Trótski ao ver que Zinóviev e Kámenev están a piques do derrube
político decide inclinar-se por negociar umha trégua co aparato. Daquelas,
o 4 de Outubro do 1926 comeza a negociación coa fracción dirixente. Se
ben os seguidores de Trótski e Zinóviev non ceden en nada a nível
programático, para non ser expulsados aceitan a imposición de Stálin de
desmarcar-se da ponla esquerda oposicionista e de non actuar como
fracción. A Oposición sufria umha derrota política contundente: quedaba-se
sen parte dos seus partidários e maniatada no seu proceder militante. En
palabras de Trótski: “A Oposición non tivo máis remédio que emprender a
retirada. O dia 16 de Outubro asinamos umha declaración na cal, despois
de dicer que tinhamos por certas as nosas opinións e que nos reservábamos
o dereito a loitar para imponhé-las dentro dos cadros do partido,
comprometiamo-nos a abster-nos de todos cantos actos puderan conlevar o
perigo dumha escisión” (V.93, p.557-558).
68
21. Stálin, sepultureiro da revolución
Mais o intento da Oposición por obter un respiro non deu resultado.
Stálin, escolhendo como excusa a publicación do “Testamento” de Lénin
polo New York Times o 18 de Outubro, vai atacar frontalmente á
Oposición na decimoquinta conferenza do partido.
A XVª Conferenza do PC (b) da URSS celebrou-se desde o 26 de
Outubro até o 3 de Novembro. Previamente, o dia 25, dera-se umha
tormentosa xuntanza do Politburó, na que participaban tamén bastantes
membros do CC, na que ao presentar Stálin as teses que defenderia na
Conferenza contra a Oposición, á que calificaba de “socialdemócrata” e á
que lhe esixia que se retractara dos seus diceres e faceres, Trótski contestou
acusando a Stálin de desleal e de ser o candidato a exercer de “sepultureiro
da revolución” (V.23, p.276-277). Ao dia seguinte o CC expulsaba a
Trótski do Politburó e a Zinóviev da presidéncia da IC.
Comezaba pois a Conferenza con un enfrentanmento absoluto entre
as partes. O 1 de Novembro Stálin presenta o seu informe. A sua
intervención durou tres horas e nela acusou á Oposición de cometer
fraccionalismo, de seren uns super-industrializadores e conclue esixindo a
sua capitulación política.
Kámenev, frio diante dos asubios e berros cos que é obsequiado pola
maioria dos conferenciantes, despois de defender a sua alianza política con
Trótski para caminhar na defensa e construción do socialismo, non está
nada profético cando asegura que “Non vivimos na Idade Média! Agora
non pode haber cacerias de meigas! (...) Non podedes queimar-nos na
fogueira” (V.23, p.278-279).
Acto seguido Trótski sube á tribuna. Os conferenciantes expectantes
calan. O tribuno da Revolución de Outubro fala sereo. O fio argumental é
nídio. Dicer como está verdadeiramente a realidade non é derrotismo, esixir
impostos ao kulak non é ser socialdemócrata, querer construir o socialismo
na URSS isolados do mundo é un imposíbel, pensar que a clase
trabalhadora europea non vai a loitar por derrocar o capitalismo é
inimaxinábel. Umha e outra vez a presidéncia da Conferenza concede-lhe a
prolongación do seu turno de palabra. Segue a dicer: “Se non opinásemos
que o noso Estado é un Estado proletário, se ben con determinadas
deformacións burocráticas, é dicer un Estado que é preciso aproximar máis
á clase obreira apesares de certas falsas opinións burocráticas; se non
acreditasemos en que estamos emprendendo umha edificación socialista; se
non estimásemos que existen no noso país recursos dabondo para
desenvolver nel umha economia socialista; se non estivésemos convencidos
da nosa vitória completa e definitiva, é evidente que o noso lugar xa non
estaria nas filas do Partido Comunista (...). Mais aquel que crea que o noso
69
Estado é un Estado proletário cun certo número de deformacións
burocráticas, que provenhen da presión do seitor pequeno-burgués e do
cerco capitalista, aquel que está convencido de que a nosa política non
garante dabondo umha nova repartición dos recursos nacionais, debe loitar
cos médios que lhe oferece o partido” (V.7, p.328). Pero olho, advirte que a
deslealdade política no seo do partido leva á creación de fraccións e mesmo
á escisión.
Cando Zinóviev sube á tribuna é recibido cun ruxido desaprobador
que non cesará durante toda a sua intervención, polo demais
completamente insegura por choromiqueiro.
Foi un Bujarin atípico, dada a sua agresividade e cinismo, o que
exerceu de martelo de herexes. El, que non tardaria en ser masacrado pola
fracción stalinista, foi o encargado de vilipendiar á Oposición. Eloxiou a
Stálin como o líder comedido e burlou-se do acougo co que Trótski se
dirixira á Conferenza. De Zinóviev e de Kámenev simplesmente se riu
groseramente, acusando-os de estar totalmente sometidos a Trótski.
A fracción dirixente anúncia a defección de Krúpskaia da Oposición,
conseguida por Stálin para restar-lhe credibilidade política aos
oposicionistas. A conferenza ratificou a expulsión do Politburó de Trótski e
Zinóviev, que eran membros de pleno dereito, e de Kámenev, que era
suplente. A Oposición quedaba sen representación no máximo órgano
político do partido. A derrota política da Oposición no seo do PC (b) da
URSS era un feito incontestábel, trasladada mecanicamente á IC por estar
sometida por enteiro ao aparato moscovita. Deste xeito o isolamento
organizativo da Oposición era absoluto.
22. A revolución china
En palabras de Trótski, “o inverno do 1926-1927 foi un alto na
campanha” (V.93, p.558) na loita da Oposición. Na primavera reanudará-
se a batalha política arredor da revolución china.
O Partido Comunista Chino fundara-se en Xulho do ano 1921 en
Shanghai. Entre os seus fundadores atopaba-se Mao Tse-tung, que non será
o líder do partido até a Longa Marcha (1934-1935). Era daquelas umha
organización diminuta que pasou a formar parte do Kuomintang, umha
frente patriótica liderada por Sun Yat-sen (1866-1925) que tinha por
obxetivo político ceibar a China da depredación das poténcias imperialistas
e instaurar un réxime democrático formalmente interclasista.
O nacionalista Sun Yat-sen e o bolchevique Adolf Ioffe asinan un
acordo en Xaneiro do 1923 polo que a Rúsia dos Sóviets compromete-se
70
apoiar a revolución nacional-democrática china. Asi, o Politburó manda a
Borodin a China como conselheiro permanente do Kuomintang e con el
venhen cadros militares bolcheviques e ao mesmo tempo oficiais chinos
van a Moscovo a recibir treinamento militar, entre eles estará Chiang Kai-
shek, o futuro sucesor de Sun Yat-sen ao frente do Kuomintang. Por aquel
tempo o PCCh debia ter só uns trescentos militantes. Pero a raiz do
Movimento do 30 de Maio do 1925, que comezou en protesta polo
asasinato dun obreiro chino a maos dun capataz xaponés e que continuou e
se espalhou por China adiante en forma de manifestacións e folgas pola
matanza que na primeiriza manifestación de protesta fixo a policia de
Shanghai, vai medrar moito en militanza e influéncia social. É nesta nova
coxuntura, na que o PCCh mobiliza por si mesmo a masas sociais e crea
organizacións obreiras, cando a dirección do partido lhe propón á IIIª
Internacional, por boca do seu líder Chen Tu-hsiu, sair-se do Kuomintang.
O Comité Executivo da IC opón-se. Stálin e Bujárin, que lhe ocultaban á
Oposición información sobre as peticións dos comunistas chinos e sobre as
notícias vidas de China, afirman que como a revolución china é
democrático-burguesa e a burguesia china é “obxetivamente
revolucionária” o PCCh non pode sair-se do Kuomintang. Pero non só a IC,
seguindo as directrices da fracción dirixente do partido comunista ruso, lhe
impide ao PCCh que abandone as filas do Kuomintang senón que inda por
riba asocia á frente china á IIIª Internacional e fai de Chiang Kai-shek, o
futuro matador de obreiros e comunistas, membro asociado do Comité
Executivo da IC. A todo isto Trótski contesta decindo que é umha
aberración.
En Marzo do 1927 estrala en Shanghai umha folga xeral que polo
pulo e o entusiasmo da clase trabalhadora se transforma en insurreizón. Se
o dia 21 se proclama a greve xeral o 22 xa está a cidade en maos da clase
trabalhadora. Por directrices de Moscovo o PCCh entrega a cidade, o máis
importante enclave colonial na China, ao exército de Chiang Kai-shek que
o 12 de Abril desata umha brutal represión sobre a clase trabalhadora e o
PCCh ilegalizando as organizacións obreiras e asasinando a miles de
proletários e comunistas chinos. Como escribirá máis adiante o delegado da
IC en Shanghai, Voitinski, “deixamos pasar un momento histórico
extraordinariamente favorábel. O poder xa estaba na rua e o partido non
soubo facer-se con el, ou o que é pior, tivo medo de colhé-lo” (V.7, p.340).
Trótski remitira umha carta ao CC do PC (b) da URSS xa o 31 de
Marzo onde perguntaba por que non se lanzaba a consigna de formacións
de sóviets e por que non se impulsaba a reforma agrária dado o poderoso
movimento de masas que se estaba experimentando na China. O 3 de Abril
escrebe un artigo, que o Politburó se nega a publicar, no que afirma que
someter ao PCCh, que tinha por entón umha base militante e social
71
fundamentalmente obreira, en refén do Kuomintang supón traizoa-lo. O dia
5 escrebe que Chiang Kai-shek prepara un Golpe de Estado e que só a
formación de sóviets pode pará-lo. O dia 12, cando se está dando a matanza
de obreiros e comunistas en Shanghai, da quel inda non ten notícias,
replica a un artigo aparecido na Pravda do menchevique Martínov,
convertido en afervoado stalinista xa que o próprio Stálin o trouxera ao
partido, que gababa ao Kuomintang e defendia a “teoria das duas etapas”, é
dicer, que primeiro se daria a revolución democrática-burguesa e despois a
socialista. Trótski rexeita de plano tal prantexamento político, o
Kuomintang non levará á revolución china á vitória porque, como
escreberá en Almá-Atá, “o desenvolvimento ulterior da revolución china
non se pode efectuar máis que por meio da loita do proletariado chino,
arrastrando a centos de milhóns de campesinhos pobres á conquista do
poder. A solución dos problemas fundamentais, burgueses e democráticos,
conduce necesariamente en China á ditadura do proletariado” (V.94,
p.300). Deste xeito, “a tarefa vital que consiste en realizar a alianza entre os
obreiros e os campesinhos pobres incumbe-lhe directa e exclusivamente, na
China, ao Partido Comunista. O seu cumplimento é umha das condicións
do trunfo da terceira revolución china” (V.94 ,p.309).
Comezan a chegar informacións do acontecido na China. Stálin e
Bujárin restan-lhe importáncia. Perante as teimosas críticas da Oposición, e
aproveitando a má relación entre o governo británico e o soviético por mor
do alhanamento pola policia inglesa das oficinas da misión comercial
soviética en Londres, Stálin lanza a caluniosa consigna do “frente único
que vai desde Chamberlain a Trótski” (V.23, p.311) á que Trótski contesta
afirmando que “nada facilitou tanto o labor de Chamberlain como a falsa
política de Stálin, especialmente na China” (V.23, p.311).
A dirixente fracción stalinista-bujarinista pide-lhe aos comunistas
chinos que se adiran á “esquerda” do Kuomintang, ao que Trótski responde
que iso seria un novo erro. Cando a “esquerda” do Kuomintang tamén
reprime aos comunistas chinos e ás suas bases sociais, o mesmo Borodin
ten que fuxir de Wuhan, onde estaba a sede da “esquerda” do Kuomintang,
entón Stálin propón, para salvar politicamente a cara, un xiro ultra-
esquerdista: a insurreizón de Cantón, xusto cando a correlación de forzas
estaba a favor da burguesia e non da clase trabalhadora. Como non podia
ser doutro xeito, apesares do heroismo desplegado pola clase trabalhadora a
insurreizón de Outubro en Cantón, executada polos enviados rusos
Lominadze e Neumann, foi un estrepitoso e sanguinhento fracaso.
Stálin e Bujárin ven-se na necesidade de censurar as notícias vidas de
China diante do fracaso completo das suas teses políticas. En seitores da
Oposición renace o optimismo, umha morea de camaradas, entre eles
moitos mozos, van ver a Trótski pensando que as acertadas teses da
72
Oposición na cuestión china ian a levar á Oposición ao trunfo político
dentro do partido. Tróski ve-se na obriga de rebaixar esas quiméricas
expectativas. El mesmo relata na sua auto-biografia: “Habia moitos
camaradas mozos que creian que aquel descalabro tan evidente da política
de Stálin non tinha máis remédio que levar ao trunfo á Oposición. Nos dias
que seguiron ao Golpe de Estado de Chiang Kai-shek tiven que botar
moitos xarros de auga fria enriba das febris cabezas dos meus amigos
mozos e dalguns non tan mozos. Fixen todo xénero de esforzos por
demostrar-lhes que a Oposición non se podia erguer sobre a derrota da
revolución china. Que a confirmación dos nosos pronósticos valeria-nos, se
acaso, mil, cinco mil, dez mil afiliados novos, pero que para milhóns de
persoas o importante e o decisivo non eran os pronósticos senón o feito de
que o proletariado chino fose derrotado. Que despois do descalabro da
revolución alemana do 1923, despois da derrota coa que se liquidara a folga
xeral inglesa do 26, este novo revés experimentado na China non faria máis
que confirmar ás masas no seu desencanto respeito á revolución
internacional. E que precisamente este desencanto era a fonte psicolóxica
de onde manaba a política stalinista do reformismo nacional” (V.93,
p.559).
73
III. LOITANDO PARA O PORVIR
23. O programa da Oposición
Se o fracaso da revolución china consolidaba obxetivamente á
burocrácia o debate sobre a mesma achegou á Oposición novos militantes
pola validez das suas teses. Polo tanto, impunha-se un enfrentamento
decisivo.
A fracción dirixente, liderada por Stálin e Bujárin, botou mao do
aparato para reprimir a umha anovada Oposición. Pola base expulsou e
despediu á militanza obreira. Pola cúspide trasladou aos cadros da
Oposición a lugares distantes para tronzar a sua dirección. Se Rakovski xa
estaba de embaixador en Paris van-se reunir con el, para umha suposta
misión, Piatakov e Preobrayénski. A Antónov-Ovseienko envia-se-lhe a
Praga, e manda-se de embaixador á Itália fascista a Kámenev. Outros
cadros son espalhados pola Ásia e Sibéria rusas. Un caso destes foi o de
Smilgá, líder da frota do Báltico durante a Revolución de Outubro. A
Smilgá enviaba-o o aparato a Jabarovsk, na fronteira con Manchúria.
A estas alturas a Oposición xa estaba alporizada por mor da
represión que se exercia sobre a sua base e polo espalhamento dos seus
cadros dirixentes. Neste clima psicolóxico a despedida que os
oposicionistas lhe fan a Smilgá na mesma estación do tren converte-se nun
acto multitudinário de protesta da Oposición. Asi, na Manifestación da
Estación de Iaroslav de Xunho do 1927, van-se xuntar milheiros de
persoas. Tanta é a moitedume e tanta a carraxe acumulada que se impón
que os dirixentes da Oposición fagan uso da palabra. Naquel mitin
improvisado intervenhen Trótski e Zinóviev. Apesares do seu tono
moderado o aparato vai acusar á Oposición de comportamento anti-partido.
Stálin solicita a expulsión de Trótski e Zinóviev do Comité Central.
En Xunho, na sesión da Comisión de Controlo do CC, Trótski intervén en
resposta a esta petición. Fai un canto ao optimismo revolucionário, ataca
con contundéncia teórica á falácia política que supón o “socialismo nun só
país”, critica o réxime stalinista imperante no partido por ser nocivo para a
revolución, ve-se obrigado a vindicar a sua própria história de
revolucionário marxista por culpa das calúnias que sobre el está vertendo o
aparato. Recolhendo a analoxia que fixo um membro da fracción dirixente
entre a revolución francesa e a rusa, pergunta en base a que etapa do
proceso revolucionário se vai fusilar aos oposicionistas, co que se desata un
barulho notábel na sala. Finalizando a sua intervención fai fincapé en que
“non podemos vencer máis que como parte integrante da revolución
internacional. É obrigado resistir até a revolución internacional, mesmo se
esta tarda vários anos. A este respeito, a orientación da nosa política é
74
dumha importáncia decisiva. Se o noso curso revolucionário é xusto,
consolidaremo-nos para vários anos, consolidaremos a Internacional
Comunista, avanzaremos polo caminho do socialismo e chegaremos a este
resultado se a revolución mundial nos leva a remolque da História” (V.105,
p.124). E para finar di: “Plantexades, ademais, a cuestión da nosa exclusión
do Comité Central. Nós seguiremos trabalhando onde podamos e como
simples membros do Partido. Pero –advirte- isto non pode resolver a
cuestión. Deberedes avanzar inda máis nas vosas deducións. A vida
obrigará-vos a elo. Seria preferíbel que vos detivésedes antes e que
modificásedes o curso político” (V.105, p.125).
Polo de agora o CC non expulsa a Trótski e Zinóviev do seu seo. A
fracción dirixente inda alberga dúbidas do paso a dar. Mais Stálin ten esta
vez presa porque se achega o XVº Congreso do partido e non pode permitir
que a Oposición exponha ali as suas teses xa que airearia a hecatombe
táctica e ideolóxica da fracción dirixente, fracción que xa ten fisuras no seu
interior mercé a que non se pode aprofundar na NEP debido ás teimosas
denúncias da Oposición que alerta que por ese caminho vai-se directo á
restauración do capitalismo. Para dar-se tempo na loita contra a Oposición,
Stálin fará retrasar a convocatória do Congreso un mes, de Novembro a
Decembro.
A Oposición prepara-se para o Congreso. Elabora o seu programa e
pide-lhe ao CC que o dé a conhecer ao conxunto do partido como era
estatutariamente preceptivo.
O programa da Oposición denomina-se “A Plataforma da
Oposición”, a sua elaboración estaba concluida no mes de Agosto. O
programa consta de doce capítulos. Nel fai-se umha defensa talhante da
clase trabalhadora e do Estado proletário, cuestións que están
indisolubelmente relacionadas. Asi, avoga-se polo milhoramento das
condicións materiais de existéncia do proletariado urbano, dos xornaleiros
agrícolas e do campesinho pobre, que constantemente están disminuindo
mentras que se acrecentan as dos nepistas, burócratas e kulaks. Ademais,
fai-se fincapé na defensa dos dereitos laborais da mulher trabalhadora e da
mocidade obreira. Ao mesmo tempo esixe-se que sexa a clase trabalhadora
a que se ponha ao frente do Estado, que se respete na prática a
independéncia dos sindicatos e que se restaure a democrácia no seo do
partido e dos sóviets. Que se elabore un plano económico seguindo as
directrices que Lénin deu cando afirmou: “Só poderemos considerar
garantida a vitória do socialismo sobre o capitalismo e a sua
perdurabilidade cando o poder do Estado proletário (...) reorganice toda a
indústria sobre a base da produción colectiva en grande escala e a técnica
máis moderna” (V.118, p.33). Nesta base teórica apoian-se os
oposicionistas porque entenden que “toda a política do noso partido debe-
se basear neste princípio, presuposto, imposto, indústria, agricultura,
75
comércio interior e exterior, todo en fin. Esta é a base fundamental da
Oposición. Este é o caminho do socialismo” (V.118, p.33). Efeitivamente,
isto é imprencindíbel tanto para converter á clase trabalhadora en clase
dirixente do Estado soviético, como para acrecentar o nível material das
masas populares, como para crear a base industrializadora que permita a
defensa militar da Unión Soviética. O programa tamén reclama a
finalización da política chauvinista no seo do Estado Soviético. Critica
tanto a torpeza política da fracción dirixente que leva á derrota política á
clase trabalhadora umha e outra vez, o caso do China é paradigmático,
como a sua deslealdade política, que en vez de debater utiliza a calúnia e a
represália contra os oposicionistas. Pide a unidade do partido, oponhendo-
se á escisión, e esixe a renúncia da política oportunista e de zigue-zagues
da dirección do partido.
O CC non só se negou a publicar e a distribuir entre a militanza do
partido o programa da Oposición senón que proibiu a sua impresión e
difusión. Entón a Oposición dedidiu publicá-lo e espalhá-lo
clandestinamente. Consegue imprimir uns 12 mil exemplares do seu
programa numha imprenta do Estado; celebra mitins e xuntanzas
clandestinas con obreiros en Moscovo, Leningrado e outras cidades e
achega cinco ou seis mil sinaturas para o seu programa. O aparato
responde montando umha provocación. A noite do 12-13 de Setembro a
GPU asaltou a imprenta onde se estaba confeccionando o programa da
Oposición detendo a vários oposicionistas e á un axente da própria policia
política, Stroilov, ex oficial do xeneral branco Wrangel. A “detención”
deste axente da GPU serviu para acusar á Oposición de conspiradores
contra-revolucionários na prensa, onde se anúncia que se desarticulou un
complot anti-soviético. O velho bolchevique Mrachkovski, que dirixia a
impresión clandestina é detido e expulsado do partido. Preobrayénski e
Serebriakov, que asumen publicamente a responsabilidade política da
impresión do programa oposicionista, son expulsados do partido. Seguen
outras expulsións de oposicionistas. A Oposición consegue que o director
da mesma GPU, Menzhinski, reconheza que toda a operación foi umha
provocación. Inda máis, o próprio Stálin o reconhece ao mesmo tempo que
a xustifica.
Mais apesares das calúnias vertidas na prensa e de que a fracción
dirixente fai aprobar cinicamente a xornada de sete horas e a semana de
cinco dias no Comité Executivo dos Sóviets para restar-lhe apoios á
Oposición, o 17 de Outubro en Leningrado o CC organiza umha
manifestación na que a moitedume en vez de saudar á dirección oficial do
partido vai a saudar aos líderes da Oposición que estaban subidos nun
camión, fóra da tribuna oficial. Mentras na Oposición renace a esperanza,
Stálin decide presionar para conquerir a expulsión do CC dos líderes
oposicionistas.
76
24. A eliminación da esquerda
O Comité Central do PC (b) da URSS está de xuntanza desde o 21 ao
23 de Outubro. Stálin pide a expulsión de Trótki e de Zinóviev do CC. A
sesión do CC do dia 23 estivo marcada polo comportamento soez dos
stalinistas e bujarinistas e polo discurso político de Trótski, que tivo que ser
protexido polos seus xa que durante a sua intervención desde as filas da
fracción dirixente tirou-se-lhe á cabeza libros, vasos e até un tinteiro.
Trótski, ademais de contestar con ironia ao záfio comportamento da
dirección (“Os vosos libros non poden ler-se, mais inda serven para tirá-los
á cabeza da xente”, (V.7, 354)), vai erguer umha contundente denúncia
contra á dirección do partido onde “a brutalidade e a deslealdade medraron
até tal ponto que se converteron en perfídia criminal (...). Queredes
expulsar-nos do CC (...). A fracción dirixente que exclue do Partido a
centenares e centenares dos milhores militantes, de obreiros bolcheviques
inquebrantábeis; a pandilha do aparato que se atreve a excluir a
bolcheviques como Mratchkovski, Serebriakov, Preobrayénski, é dicer, a
camaradas que por si sós poderian constituir un Secretariado do Partido
cumha maior autoridade e umha meirande preparación, máis leninista, que
o actual Secretariado; a fracción Stálin-Bujárin, que mete no cárcere da
GPU a admirábeis militantes como Nechaev, Stikhold, Vassiliev; Schmidt
e tantos outros; a fracción do aparato que se mantén violentando ao Partido,
afogando o seu pensar, desorganizando á vangarda do proletariado, non só
na URSS senón no mundo enteiro; esta fracción completamente penetrada
de oportunismo, que arrastrou tras de si e segue arrastrando inda aos Chan
Kai-chek, Feng Yu Siang, Wan Tin Wei, Purcell, Hicks, Ben Tilhet,
Kusinen, Smeral, Peper, Heinz-Neuman, Rafés, Martinov, Kudratiev e
Ustrialov, non pode aturar-nos a nós no Comité Central nen siquer un mes
antes do Congreso (...). O obxetivo imediato de Stálin é dividir ao Partido;
dividir á Oposición; acostumar ao Partido aos métodos do agotamento
físico; constituir equipas de reventadores fascistas, de homes que trabalhan
a punhetazos, a pedradas; meter á xente no cárcere. Nestes métodos detivo-
se polo dagora o curso staliniano antes dir máis lonxe. Pero o seu caminho
está tracexado (...). É a voz de Termidor. Os piores burócratas, corrompidos
polo Poder, cegados polo ódio, preparan esta política termidoriana con
todas as suas forzas (...). Nós decimos-lhe abertamente ao Partido: a
ditadura do proletariado está en perigo (...). A política de Stálin pode ser
resumida nalgumhas palabras: amordazamento do núcleo proletário;
fraternización cos conciliadores de todos os países; capitulación diante da
burguesia mundial” (V.105, pp.149-157). E fina o seu derradeiro discurso
diante do CC cumha afirmación superadora do estrito marco coxuntural:
“A oposición é invencíbel (...). Excluide-nos. Non por iso impediredes as
77
vitórias da Oposición. Estas vitórias serán as da unidade revolucionária do
noso Partido e as da Internacional Comunista” (V.p.158).
Trótski e Zinóviev son expulsados do CC. O 4 de Novembro a
dirección da Oposición decide participar nos actos comemorativos que se
van celebrar o 7, dia do X aniversário da Revolución de Outubro. A
Oposición participa nas manifestacións coas suas próprias consignas: “Que
se cumpla o Testamento de Lénin”, “Abaixo o kulak, o nepista e o
burócrata”, “Non á escisión, viva a unidade do partido leninista”. Mais o
aparato está moi alerta para que non se repitan adesións como as que se
produxeran na manifestación leningradense do 17 de Outubro. Asi, en
Leningrado retén-se a Zinóviev e a Rádek coa excusa de que poden sufrir
un atentado mentras se controla a marcha dos oposicionistas. En Moscovo,
cando Trótski chega en coche á manifestación un soldado das milícias
dispara contra o seu automóvil e un bombeiro bébedo sube-se ao seu
estribo e despois de espetar-lhe contundentes insultos rompe o cristal
dumha ventanilha dun punhetazo, mentras que aos manifestantes
oposicionistas se lhe arrincan a golpes as pancartas. A presión do aparato
mostraba-se claramente.
O fracaso mobilizador oposicionista e a expulsión de Trótski e
Zinóviev do PC (b) da URSS o dia 14 de Novembro, asi como a expulsión
do CC de Rakovski, Evdokímov, Smilgá e Kámenev vai escindir
definitivamente á Oposición. É neste clima cando acontece o suicídio do
velho revolucionário marxista Adolf Abramovich Ioffe, o dia 16. Trótski
recibe a notícia por teléfono através dumha voz anónima que lhe comunica
que o finado lhe deixou umha carta. Imediatamente traslada-se á casa de
Ioffe. Xa chegara ali a GPU. A carta non aparece por ningures, apropriara-
se dela a policía política. Tivo que esperar a recibir umha cópia da mesma.
Era umha carta de camarada a camarada:
“Querido Lev Davídovich:
(...) Chegou o momento que é necesário ponher fin a esta vida. Ben
sei que a opinión predominante no partido é contrária ao suicídio (...). Se
me atopase en bon estado de saude teria forzas e enerxia para loitar contra a
situación creada no partido; pero no estado en que me atopo non podo
tolerar umha situación na que o partido presta o seu mudo consentimento á
exclusión de vosté das suas filas (...). Neste senso, a minha morte é umha
protesta contra os que tenhen conducido ao partido a tal situación (...).
Querido Lev Davídovich, estamos unidos por dez anos de trabalho
en comun, e coido tamén que de amizade persoal, e isto dá-me dereito a
dicer-lhe neste momento de despedida o que xuzgo en vosté umha
debilidade.
Endexamais dubidei do acerto da sua opinión, e ben sabe que desde
hai máis de vinte anos, mesmo desde a cuestión da “revolución
permanente”, estiven sempre á sua beira. Porén, sempre me pareceu que lhe
78
faltaba a vosté a inflexibilidade, a intransixéncia de Lénin, a sua resolución
de continuar a tarefa só se for preciso polo caminho quel indicaba, seguro
dumha maioria futura, seguro do futuro reconhecimento unánime da
xusteza dese caminho. Sempre tivo vosté razón politicamente, comezando
por 1905, e frecuentemente tenho-lhe dito que eu mesmo lhe ouvin dicer a
Lénin que no 1905 non era el quen estaba no certo senón vosté. Na
presenza da morte non se minte e agora repito-lhe o dito.
Pero a miudo vosté ten renunciado á sua certeira posición a favor dun
acordo, dun compromiso cuxo valor sobrestimou. Iso era un erro. Volto-lhe
a repetir que politicamente sempre estivo no certo, e que agora está-o máis
que nunca. Algun dia o comprenderá o partido e a história verá-se
obrigada a reconhecé-lo (...). Vosté está no certo; pero a seguridade do
trunfo da sua opinión estriba precisamente na sua intransixéncia estrita, na
máis severa rixidez, na negación de todo compromiso, cousas que
constituian sempre o secreto dos trunfos de Ilich (...).
P.D. Escribin-lhe esta carta durante a noite do 15 ao 16 (...).
Adeus querido Lev Davídovich. Sexa forte. Precisa se-lo, e ser
enérxico tamén. E non me garde rencor” (V.118, pp.175-180).
A bon seguro que esta carta influi positivamente en Trótski, que o
axudou a continuar umha loita que se volveria ben titánica.
O enterro de Ioffe celebrou-se o dia 19, que apesares de ser laborábel
por decisión da fracción dirixente, foi un acto multitudinário que atravesou
ruas e prazas de Moscovo até chegar ao camposanto de Novodevichi onde
a moitedume barreu o muro policial que queria impedir o paso ao
cemitério. Trótski, despedindo ao camarada dixo: “A loita continua. Que
todos permanhezan nos seus postos! Que ninguén o abandone!” (V.23,
p.353). Mais Zinóviev e Kámenev axinha comezaron umha retirada que se
ia converter en derrota total. Asi, o 27 de Xaneiro do 1928 a Pravda
publicará umha sua carta onde atacan ao “trotskismo”, para eles era o
comezo do fin.
En Decembro do 1927 celebra-se o XVº Congreso do PC (b) da
URSS. Este congreso do aparato expulsou do partido ao conxunto da
Oposición. O 12 de Xaneiro do 1928 a GPU comunica-lhe a Trótski que ia
ser deportado a Almá-Atá por contra-revolucionário.
25. No desterro: Almá-Atá
A GPU informa-lhe a Trótski que a partida para o desterro será o dia
16 de Xaneiro do 1928 ás 22,00 horas. Porén, como nesa data
concentraran-se miles de persoas na estación do tren para despedir a
Trótski, mesmo habia moita xente tumbada na via para impedir a saida do
tren, a policía política decide cambiar o dia de partida e dar-lhe a Trótski
umha data falsa. Asi, anula a viaxe e comunica-lhe ao velho revolucionário
79
que a nova saida será para o dia 18, mais a GPU presenta-se no domicílio
de Trótski, que se atopaba na casa do seu camarada Beloborodov, de súpeto
o dia 17. Sacan a Trótski en brazos, xa quel nega-se a ir polo seu próprio
pé, meten-no nun coche e o levan á deserta e acordoada estación de Kazán.
O dia 25 Trótski, a sua mulher Nataxa e Liova, o filho maior de
ambos, chegan a Almá-Atá, en kazajo Almati. Almá-Atá, hoxendia capital
de Kazajstán co nome ruso de Astana e Akmola en kazajo, era entón umha
pequena povoazón onde á falta das infraestruturas máis elementais como a
electricidade e a auga corrente nas casas sumaba-se-lhe a peste e mesmo a
lepra. Porén, nos seus arredores habia abundante pesca e caza e xa que
Trótski gostaba moito de praticá-las aquelo ao menos era un motivo de
alegria.
Trótski volcou-se co trabalho político imediatamente. Como Stálin
tamén o privara da axuda de dous seus secretários, Posnanski e Sermux,
este mesmo viaxara de incognito até a própria Almá-Atá pero axinha fora
detido pola GPU, foi Liova, seu filho maior, quen fixo de secretário. Os
Trótskis viviron tres semanas numha fonda, despois puderon-se trasladar a
umha casa mercé a que Trótski lho exixiu a Moscovo teimosamente
através de telegramas.
En Almá-Atá Trótski no só se tivo que adicar ao trabalho político,
tivo que exercer de tradutor. Foi asi porque a pensión que lhe pasaba o
Estado non daba nen para cubrir os gastos mínimos da sua espartana vida
material. Grazas a que o camarada Riazánov era o director do Instituto
Marx-Engels de Moscovo, Trótski puxo-se a traducir para dita institución o
Herr Vogt de Marx e a cotexar a tradución doutros textos dos pais do
marxismo. Deste xeito el e os seus puderon aturar os gastos básicos e os
derivados da extensa correspondéncia cos camaradas de ideas e desterro,
correspondéncia que acadaba un volumen notabilísimo xa que se carteaba
cos principais dirixentes políticos, Rakóvski, Rádek, Preobrayénski,
Smilgá, Beloborodov, Smirnov e outros, e cada vez era maior o número de
oposicionistas desterrados.
O pan non só estaba escaso e caro en Almá-Atá, en toda a Unión
Soviética acontecia o mesmo. Isto non era o produto dumha má colheita
senón do acaparamento dos kulaks. Estes non querian vender os excedentes
agrícolas ao prezo fixo que estipulaba o Estado, que ademais non lhe
oferecia mercandorias industriais desexadas. O acaparamento creou umha
situación de emerxáncia xa que as cidades podian quedar desabastecidas. A
pantasma da fame podia materializar-se. Tudo isto xerou enfrentamentos
no seo do CC do PC (b) da URSS. Eliminados os oposicionistas de
esquerda do partido, a loita daba-se agora entre duas fraccións: a bujarinista
e a stalinista, a “dereita” e o “centro”. Os primeiros eran afervoados
defensores de deixar facer aos campesinhos, é dicer, aos kulaks. Estes eran
os que máis producian e, polo tanto, os que máis poder e influéncia tinhan
80
entre o campesinhado. Realmente estaba en xogo a própria viabilidade do
Estado soviético. A restauración capitalista de continuar por este caminho
era moito máis que umha hipótese teórica, umha certeza.
Nesta coxuntura Stálin xirou á esquerda, inda que ao comezo
timidamente. Xa no mes de Febreiro Pravda incluia titulares como “O
kulak levantou a cabeza” e o aviso de que os kulaks cada vez tinhan máis
forza económica, máis poder no mercado soviético. Este xiro supuxo o
comezo do fin para a fracción bujarinista, que irá perdendo poder no
aparato do Partido e do Estado ao ir sendo destituidos moitos dos deus
cadros, e umha cunha no seo dos oposicionistas desterrados xa que alguns comezaron a pensar que Stálin ia levar á prática o programa
industrializador da esquerda.
A oposición de dereitas, a única oposición que quedaba no seo do
Politburó e do CC, tinha en Bujárin o seu teórico. Na Pravda do 10 de
Setembro sacou un artigo intitulado “Notas dun economista” onde
argumentaba que “o ritmo máximo de desenvolvimento industrial non se
conquerirá arricando todos os anos a maior cantidade posíbel de recursos
ao campesinhado para investi-los na indústria. O ritmo permanente óptimo
obterá-se apartires dumha combinación na que a indústria medre apoiando-
se numha economia en rápido desenvolvimento” (V.7, p.369). Pero estes
argumentos non acougaban á nacente casta burocrática que se daba conta
de que a sua caida seria un feito se se profundizaba por un caminho que
levaba á restauración do capitalismo. Iso si, Bujárin lanza umha
adverténcia completamente atinada cando afirma que “os funcionários
están dispostos a elaborar calqueira tipo de plano” (V.7, p.371) para
conservar o poder. Efeitivamente, Stálin ia a demostrar axinha a validez
desta reflexión. A sua primeira medida administrativa foi facer aprobar que
o partido requisase produtos ao campesinhado pero afirmando que “a NEP
é a base da nosa política económica e seguirá sendo asi durante un longo
periodo histórico” (V.7, p.367) para ao pouco tempo levar a cabo umha
brutal colectivización, concretamente apartires de Decembro cando anúncia
na Pravda do dia 27 “Ao dianho coa NEP” (V.7, p.390).
Polo momento o xiro á esquerda de Stálin non foi a colectivización
en masa por decreto senón umha série de medidas para frear aos kulaks.
Entre esas medidas estaba requisar os excedentes de grao coa contundéncia
que fose necesária e impor un prezo fixo ao pan. Os membros do aparato
que non cumpliran as ordes con celeridade serian relevados sen
miramentos. Este tímido xiro á esquerda foi dabondo para que alguns
oposicionistas desterrados flaquearan, para que estimasen que se podia
renúnciar á loita política contra a fracción stalinista, que xa era a todas
luces a dominante, con tal de participar desde o aparato na loita contra o
poder do kulak, poder que como oposicionistas denunciaran no seu dia.
81
Cando Trótski se enterou pola correspondéncia cos seus camaradas
deste estado de ánimo entre bastantes oposicionistas chamou ao apoio
crítico á viraxe de Stalin pero insistindo que un verdadeiro xiro á esquerda
só podia sustentar-se na liberdade de discusión, na existéncia da
democrácia no seo do partido. Non foi precisamente asi como plantexou
Stálin a cousa. Ao revés. Stálin tocou a nível individual a membros da
oposición de esquerdas. O seu proceder deu-lhe rápidos resultados xa que
eminentes oposicionistas como Piatákov, Antonov-Ovseienko, Safárov,e
posteriormente Rádek, Preobrayénski, Smirnov e Smilgá, tiraron a toalha e
entregaron-se con armas e bagaxes a Stálin. Posteriormente, afinais de
Xulho do 1929, Trótski fará a seguinte reflexión sobre a defección destes
cadros revolucionários: “A capitulación de Rádek, Preobrayénski e Smilgá
constitue en certo modo un feito político relevante. Demostra até que ponto
se desgastou a grande xeración heroica de revolucionários á que
correspondeu pasar pola guerra e pola Revolución de Outubro. Tres velhos
revolucionários borran-se asi, pola sua própria vontade, do mundo dos
vivos” (V.7, p.377).
A desercion de estes antigos líderes do proletariado do campo da
revolución non deixa á oposición restante nun estado de homoxeneidade
política. Os radicais estiman que o Estado e o partido xa están
irremediabelmente perdidos. Trótski opón-se decididamente a esta
estimación e ás suas consecuéncias práticas: fundar un novo partido e
renegar do Estado soviético. A oposición de esquerdas apenas chegada ao
desterro xa estaba dividida e parte derrotada.
O dia 9 de Xunho morre en Moscovo Nina, a filha menor de Trótski
e Alexandra. A sua saude deteriorara-se até o extremo cando levaran ao
cárcere ao seu marido, un militante comunista. A posteriori Trótski recibiu
a carta que a sua filha pequena lhe enviara, este retraso era produto da
censura. Era filha e camarada, e asi a chorou seu pai. A sua morte acontece
xusto cando Trótski está preparando dous documentos políticos para enviar
ao VIº Congreso da IIIª Internacional, que se ia celebrar en Moscovo desde
o 17 de Xulho ao 1 de Setembro. Estes dous documentos, datados no mes
de Xulho, son “Carta ao VI Congreso da Internacional Comunista” e
“Crítica do programa da Internacional Comunista”. Posteriormente
engadirá outros dous documentos máis, “A cuestión china despois do VI
Congreso”, datado tamén en Almá-Atá a 4 de Outubro do mesmo 1928, e
“Quen dirixe hoxe a Internacional Comunista?”, sen data. Todos estes
textos conhecen-se na actualidade polo título xenérico de “A Internacional
Comunista despois de Lénin”.
Pasaran catro anos desde a celebración do Vº Congreso da IC, algo
que nunca se dera en tempos de Lénin. Xa isto indicaba o novo papel
político que para Stálin cumplia o Komintern. Trótski percibiu-no con
claridade. A nova etapa da IC asentaba-se na “teoria do socialismo nun só
82
páis” . Da nova doutrina “pode e debe deducir-se, apesares de todas as
declaracións solenes do proxecto do programa, umha política de
colaboración coa burguesia do exterior”(V.94, p.142), polo que “a tarefa
dos partidos da Internacional Comunista toma entón un carácter
secundário: protexer á URSS das intervencións, e non loitar pola conquista
do poder”, asi o “seu papel fundamental de ferramenta da revolución
mundial pasa inevitabelmente ao último lugar” (V.94, pp.142-143). Trótski
advirte teimosamente que sen a vitória da revolución proletária mundial
non se construirá o socialismo na URSS polo que é imperiosa a extensión
da revolución por outros países para que o socialismo trunfe. Sinala
claramente a causa profunda da crise da Unión Soviética : “A causa
fundamental da crise da Revolución de Outubro reside no retraso da
revolución mundial, tras umha série de graves derrotas do proletariado”
(V.94, p.48).
Se o texto de Trótski é un ataque diáfano á aberración política e
económica que é para un marxista a “teoria do socialismo nun só país” non
por iso deixa no esquecemento a tese própria de Bujárin do “socialismo a
paso de tartaruga”: “A dialéctica revolucionária e histórica foi sustituida
por umha utopia reaccionária, a dun socialismo de migaxas que se
edificaria sobre umha base técnica a paso de tartaruga dentro dos límites
nacionais, e que non teria outra relación co mundo exterior que o medo á
intervención” militar (V.94, pp.127-128). E formula umha pergunta cuxa
resposta fixo veraz a História, corenta anos despois da sua morte: “Pode
acontecer –e en que caso preciso- que a produtividade do noso sistema
social se retrase cada vez máis con respeto ao do capitalismo? Porque a fin
de contas, iso levaria inelutabelmente ao derrube da República socialista”
(V.94, p.131). E continua Trótski usando o método dialéctico. “Pero
intentar respostar ao problema da competéncia entre dous sistemas leva-nos
xa á area da economia e a política mundiais, é dicer, a area na que actua e
decide a Internacional revolucionária (e non umha República soviética que
viva para si mesma e reclame de vez en cando a axuda da Internacional)”
(V.94, p.131).
Con lóxica dialéctica Trótski demostra que nen a fracción bujarinista
nen a stalinista son marxistas. Pero non é só Trótski quen chega a esta
hoxendia óbvia dedución senón que tamén saca esta conclusión entón a
burguesia internacional ao identificar a Trótski como o auténtico inimigo
de clase: “Importante –escrebe Trótski- é o xuizo formulado pola burguesia
sobre as tendéncias da loita no seo do Partido Comunista da URSS e a
Internacional Comunista: a burguesia non ten negumha razón para
terxiversar ou disimular nada nesta cuestión. E sobre este ponto hai que
dicer que todos os órganos de certa seriedade, autoridade e importáncia do
imperialismo mundial, aos dous lados do océano, consideran á Oposición
como o seu inimigo mortal: no curso do perido transcurrido, ou ben tenhen
83
manifestado umha simpatia interesada e prudente perante toda umha séria
de pasos da dirección oficial, ou ben tenhen expresado o conselho de que a
liquidación completa da Oposición, a sua destrución total (Austen
Chamberlain –un secretário británico de Asuntos Exteriores- esixia mesmo
fusilamentos) era a condición indispensábel para a evolución normal do
poder soviético cara o réxime burgués. Mesmo de memória (...), se poden
citar numerosas declaracións deste tipo: boletin de información da indústria
pesada francesa (Xaneiro do 1927), memória do informador dos ministros e
milhonários americanos, apreciacións do Times, do New York Times e de
Austen Chamberlain reproducidas en numerosas publicacións e en
particular no diário americano The Nation, etc.” (V.94, pp.40-41). Como o
mesmo Trótski di, “estes xuizos revelan de xeito demasiado claro a
natureza revolucionária da Oposición” (V.94, p.41).
As teses de Trótski parece que tiveron máis divulgación entre os 515
delegados ao VIº Congreso que o que desexaba o aparato. Porén, os
delegados estaban xa moi filtrados. Pero que ese filtro non funcionou á
pefeición demostra-o a asisténcia de delegados como James P. Cannon, que
de volta aos EEUU fundará ali a Oposición de Esquerdas, sacará o 18 de
Novembro daquel mesmo ano 1928 o primeiro número do periódico “The
Militant” e convirtirá-se nun dos líderes do Partido Socialista Obreiro
(Socialist Workers Party) dos Estados Unidos. Trótski non estaba só.
A loita política de Trótski, apesares de estar isolado a tres mil
setecentos kilómetros de Moscovo, continuaba con teimosia polo que a bon
seguro era o ponto de referenza para os milheiors de oposicionistas que
estaban sendo represaliados polo sistema. Afinais do 1928 entre 6.000 e
8.000 oposicionistas de esquerda foron deportados ou encarcerados.
Trótski, que dúbida cabe, tinha masa militante, e cada vez máis. Por iso
Stálin decidiu actuar sen miramentos. Primeiro cortou o correo entre os
oposicionistas deportados, de tal xeito que no mes de Outubro Trótski
deixou de receber praticamente correspondéncia. Trótski protestou cumha
carta a Moscovo polo “bloqueo postal” ao que o tinhan sometido. Diante
deste proceder, o 16 de Decembro o axente da GPU Wolinski, enviado
directamente desde Moscovo, entrega-lhe a Trótski en mao un ultimátum
político no que se lhe exixe que ponha fin á sua actividade política e que de
non facé-lo deberia-se ater ás consecuéncias. Trótski contesta ao ultimátum
cumha carta ao CC do Partido e á presidéncia da Internacional Comunista
onde se nega en redondo a facer tal cousa xa que “renunciar a toda
actuación política equivaldria a depor as armas” (V.93, p.590), ao que non
está disposto. Ademais sinala que “só umha burocrácia corrompida até o
tuétano podia exixir dun revolucionário semelhante renúncia (a seguer
actuando ao servizo do partido e da revolución mundial), e só uns
renegados despreciabeis poderian aceptá-la” (V.93, pp.593-594). Xunta-se
o Politburó e Stálin plantexa que Trótski ten que ser expulsado da URSS.
84
Os dirixentes da fracción bujarinista: Ríkov, Tómski e o próprio Bujárin,
opuxeron-se. Outro membro máis se opuxo, posibelmente foi Kuibishez .
Os demais membros do Politburó nese momento eran Stálin, Molotov,
Kalinin, Rudzutak e Voroshilov. Esta maioria do Politburó, galvanizada
por Stálin, vota a favor da expulsión. Só quedaba comunicar-lho a Trótski.
O dia 20 de Xaneiro do ano 1929 o policia político Wolinski, que se
quedar en Almá-Atá para receber instrucións do centro, comunica-lhe a
Trótski que a GPU decretou o dia 18 que sexa expulsado da URSS.
26. Prinkipo, comeza o exílio
O 22 de Xaneiro do 1929 Trótski, acompanhado da sua mulher e do
seu filho maior, é metido pola GPU nun autobus até Pichpek (Frunze)
onde colherian o tren con rumbo desconhecido. Durante a viaxe, os
axentes da GPU informan-lhe que o seu destino é Turquia, concretamente
Constantinopla ( Estambul). Trótski opón-se e os policias piden instrucións
a Moscovo, que despois de doce dias, que pasan numha estación perdida,
ratifica a orde.
Tróstki pedira poder ver ao seu filho menor, Sergei, e fora-lhe
concedido, incorpora-se ao grupo. O tren leva-os através de Kazajstán, sul
de Rúsia e Ucránia até Odesa, á beira do Mar Negro, onde chegan o 10 de
Febreiro pola noite. No porto, que estaba arrodeado de policias, esperaba-o
un deserto barco “Ilich” que de madrugada partiria para o exílio. Antes de
partir despide-se do seu fillho pequeno, xa non o voltaria a ver, Stálin faria-
o asasinar. Pero non só do seu rapaz máis novo se despediu, tamén da
Rúsia soviética na que endexamais voltaria a pór o pé. O 12 o barco atraca
en Constantinopla. Umha vez que os gardas fronteirizos turcos suben a
bordo, Trótski entrega-lhes umha nota de protesta dirixida ao presidente
turco Kemal Pachá na que comunica que ven aqui pola forza e non pola sua
própria vontade. Alguns dias despois, o presidente turco, através do
governador de Constantinopla, fai-lhe saber a Trótski que non será recluido
en Turquia e que poderá permanecer no país o tempo que estime e que se
poderá ir cando o desexe.
Pai, nai e filho foron trasladados pola GPU ao consulado soviético en
Constantinopla. Trótski imediatamente se sumerxeu na loita. Habia que
combatir politicamente e, ademais, ganhar-se a vida. Escrebe a camaradas
seus da Europa. Alguns deles contestan-lhe axinha como foi o caso do
matrimónio francés Alfred e Marguerite Rosmer, de cuxa amizade gozará
até o final. Contaba con 1.500 dólares que lhe entregara a GPU no barco.
Estabelece contactos con xornais occidentais co dobre obxetivo
político/económico. Publica artigos explicando as loitas políticas no seo do
partido en periódicos tais como o New York Times e o Daily Express. Era
o pretexto que estaba esperando Stálin. Imediatamente fixo que
85
publicacións soviéticas e afins afirmaran que Trótski se vendera á
burguesia imperialista. O clima no consulado soviético enrareceu-se e os
Trótskis abandonaron o 5 de Marzo o consulado para tralardar-se ao Hotel
Tokatliyan e despois a un apartamento e afinais de Abril van-se viver a
umha casa na Ilha de Prinkipo (Ilha de Príncipes), a maior dun pequeno
arquipélago do Mar de Mármara, daquelas a hora e média de
Constantinopla en barco de vapor.
Desde a sua arribada a Constantinopla, Trótski batalhou por
conseguer un visado nun país de Europa, ou nos Estados Unidos, porque
Turquia estaba alonxada do teatro político de operacións e porque en
Constantinopla habia moitos rusos “brancos” emigrados que podian ser
umha perfeita tapadeira para un atentado da GPU, se non o realizaban eles
mesmos.
Cando a GPU lhe dixera a Trótski que na Alemanha non lhe daban
visado, non o creera. El mesmo lera nun periódico de Berlin que o
presidente socialdemócrata do Reichstag, Paul Lobe, dixera nun discurso
público que “nada teria de particular que chegásemos mesmo a brindar ao
senhor Trótski un asilo de liberdade no noso país” (V.93, p.600). Pero
como ia comprobar axinha, este era un dicer valeirado de honradez, vulgar
retórica. Asi foi, ipso facto Trótski telegrafiou-lhe ao Lobe para lhe
comunicar que mercé ás suas palabras pedira o visado no consulado
alemán. Un avogado socialdemócrata tomou a iniciativa de xestionar na
própria Alemanha o visado. Ao comezo semelhaba dabondo que Trótski
aceitase certas restricións de movimento na Alemanha para conqueri-lo. Só
era un xeito de dar largas. Non houbo visado.
Tampouco lhe otorgaron visa os governos do Ducado de
Luxemburgo, o estadounidense, o austriaco, o holandés, o noruego, o
checo, o inglés, o francés e o espanhol. O espanhol nen respostou. O
governo francés simplesmente dixo que estaba en vigor a orde de expulsión
ditada no 1916. O caso inglés foi un exercício de puro cinismo. Trótski
recibira en Prinkipo (Buyuk Ada, en turco) en Maio a visita do laborista
Sidney Webb que lhe dixo que faria todo o posíbel pero que os
conservadores eran un grande obstáculo. O Partido Laborista ganha as
eleicións en Maio e Ramsay MacDonald forma un governo no que o
Sidney obtén praza de ministro. Trótski envia un telegrama. O governo
laborista nega-lhe o visado, por certo, con grande alegria para Winston
Churchill que calificaba a Trótski de “Ogro de Europa” e “odre de
maldade” (V.24, p.31), claro que previamente Trótski xa lhe dixera ao
futuro premier nun artigo periodístico que non entendia nada de nada de
Lénin xa que “Lénin pensaba en termos de épocas e de continentes e
Churchill pensa en ternos de fogos artificiais” (V.24, p.31). Uns anos
despois, no 1937, Churchill fixo umha semblanza de Trótski onde cada
palabra respira un profundo e contínuo ódio de clase, inda que non pode
86
evitar mostrar un explícito reconhecimento ao invencíbel militante
comunista. Por certo, como representante ben consciente da burguesia
sinala que Lénin via a Trótski “como o seu herdeiro político” (V.10,
p.142). Lembrar que a Churchill deron-lhe o prémio Nobel de literatura
tamén por esta xoia anti-comunista.
Con Trótski no exílio, Stálin atacou a fondo á fracción bujarinista. O
rompimento coa Oposición de Dereitas comeza en Febreiro do 1929 cando
Stálin pide á Comisión de Controlo umha investigación da conversa sostida
entre Bujárin e Kámenev. Efeitivamente, no verao do 1928, con Trótski en
Almá-Atá, Bujárin achega-se á casa de Kámenev para tratar de chegar a un
acordo coa Oposición de Esquerdas polo seu intermédio. Bujárin chegara á
conclusión de que Stálin “é un intrigante sen princípios que todo o supedita
ás suas ánsias de poder” (V.7, p.374). Para el está claro a estas alturas que
con Stálin non hai debate xa que “altera as suas teorias segundo a
nacesidade que experimente en determinado momento de eliminar a un ou
outro” (V.7, p.375). Tamén lhe di a Kámenev que Stálin ten adversários
como Ordyonikidze, Tómski: que cando está bébedo di-lhe no ouvido a
Stálin que “os nosos obreiros pronto comezarán a dispara-lhe a vosté, xa o
verá” (V.23, p.404), e o mesmo xefe da GPU, Iagoda. Chegadas as notícias
a Trótski contesta que el consideraria a posibilidade de colaborar co único
obxetivo de restaurar a democrácia no partido.
Desta conversa, e posteriores contactos, revelada en panfletos por
oposicionistas de esquerda en Moscovo, Stálin pedia-lhe agora contas a
Bujárin. Este reconhece-a como certa e ataca a burocratización dun aparato
onde nengun secretário rexional foi eleito pola base, e demanda a redución
do ritmo previsto para a industrialización.
En Abril, numha sesión do Comité Central e da Comisión de
Controlo, Stálin ataca directamente a Bujárin. Os feitos desencadean-se. E
Xunho Tómski é destituido da dirección dos sindicatos. O 3 de Xulho
Bujárin é expulsado da Presidéncia da III Internacional e do seu Comité
Executivo, para ser expulsado do politburó do partido ao pouco. O 26 de
Novembro a Oposición de Dereitas capitula ante Stálin facendo “auto-
crítica”: apartires daqui xa son cadáveres políticos. Stálin xira xa
definitivamente á “esquerda”: ia pór en marcha a colectivización forzosa e
a industrialización acelerada.
Por que dá Stálin este xiro á esquerda se a el pouco ou nada lhe
interesa a teoria e o debate? Trótski, xa en México, explicará-o á perfeizón
na biografia inacabada de Stálin: “O crecimento das relacións burguesas
ameazaban non só a base socialista da propriedade, senón tamén os
cimentos da mesma burocrácia. Pudo-se sentir inclinada a repudiar a
perspectiva de desenvolvimento socialista a favor da pequena–burguesia;
pero a nengun prezo consintiria en repudiar os seus próprios dereitos e
priviléxios para beneficia-la. Esta contradición foi a que levou ao durísimo
87
conflito entre a burocrácia e o kulak (...). Defender a nacionalización dos
meios de produción e da terra é lei de vida ou morte para a burocrácia, pois
tal é a orixe social da sua posición dominante” (V.116, pp.286-288).
Diante desta nova coxuntura a maior parte dos dirixentes da
Oposición de Esquerdas no desterro van capitular definitivamente. En Abril
do 1929 Preobrayénski escrebe umha epístola intitulada “A Todos os
Camaradas da Oposición”. Nela afirma que os oposicionistas de esquerda
se deben reintregar no partido para defender o xiro á esquerda de Stálin.
Este será o fio condutor para xustificar a capitulación de todos os
oposicionistas politica e moralmente derrotados. Porén, Preobrayénski non
se fai ilusións das condicións que van atopar ao reingresar no partido xa
que aceitar a militanza nesta ocasión será como levar “umha pesada cruz”
(V.24, p.76).
En Maio viaxa a Moscovo. Teoricamente vai negociar o reingreso
no partido, na prática vai asinar a capitulación política. En Xunho,
seguendo a estela de Preobrayénski viaxan a Moscovo Rádek e Smilgá. Ao
mes seguinte catorce oposicionistas deportados máis anuncian a sua
rendición. Outros comezan a “negociar”. Empezan facendo o que se
converte en prática habitual: piden a volta da democrácia no partido e o
retorno de Trótski á URSS para ao final aceitar a rendición incondicional.
Os que se axoenlhaban perante o aparato de Stálin non eran persoas
menores. Ao revés, foran grandes loitadores sociais e altos cadros
revolucionários. Se Stálin estaba interesado en reintregrá-los formalmente
ao partido era precisamente por estas suas cualidades pretéritas xa que asi
desarmaba politicamente á base oposicionista, que pasados os anos serian
milhóns, e utilizaba os seus conhecimentos técnicos e organizativos para o
proceso industrializador. A excusa que punhan todos este desertores do
campo revolucionário era que debian participar na execución do Plano
quinquenal, que ao fin e ao cabo era deles porque a Oposición de
Esquerdas fora quen sinalara a sua imperiosa necesidade se non se queria
ver a restauración do capitalismo na Unión Soviética. Tomaban umha parte
polo todo para auto-excusar-se. Cando Trótski en Prinkipo conheceu esta
ondonada de desercións calificou aos oposicionistas de “capituladores da
terceira fornada” (V.24, p.79), e dixo “eles afirman que as diferenzas entre
Stálin e a Oposición case se esfumaron. Como explican entón o furioso
carácter das represálias?” (V.24, p.79). E facia fincapé no axioma “o
réxime interno do Partido é para o marxismo un elemento irremprazábel de
controlo sobre a linha política” (V.24, p.80).
Entre os desterrados inda habia líderes históricos que mantinhan
ergueita a bandeira. Lideraba-os Kristian Rakóvski, que afirmaba que
“loitamos por todo o programa da Oposición” (V.24, p.82). Porén o
desacougo estaba instalado nas suas filas. Umha manifestación pública
deste desacougo foi a “Carta Aberta ao Comité Central” que asinaron
88
quinientos deles. Cando Trótski recibiu este documento en Decembro
solidarizou-se publicamente con el pero numha comunicación privada a
Rakóvski dixo-lhe que “nen un paso máis alá” (V.24, p.85). Rakóvski
aguantou a pé firme até o 1934. Diante da sua capitulación Trótski escrebe
o 10 de Marzo do 1934: “Tomamos nota da declaración puramente formal
do velho guerreiro” (V.117).
Trótski pon-se a trabalhar para organizar a Oposición de Esquerdas.
O seu critério político e táctico é moi claro, explicita-o nun artigo de Marzo
do 1929: “O programa é, milhor dito, debe ser, o critério máis importante.
Este critério será máis preciso na medida en que cada grupo,
independentemente das forzas con que conte na actualidade, sexa capaz de
sacar conclusións políticas xustas das loitas actuais. Refiro-me en primeiro
termo ao programa nacional. Porque se a Oposición non intervén na vida
do proletariado e na vida do país, convertirá-se inexorabelmente numha
secta estéril (...).O instrumento para elaborar o programa internacional debe
ser umha publicación internacional da Oposición, que ao comezo apareza
mensual ou bimensualmente. Esta é hoxe a tarefa máis impostergábel e
apremiante” (V.117). Contacta con militantes de diferentes países
europeos. Non son persoas e grupos ideoloxicamente coerentes pero tenhen
en comun que non están subordinados á burocrácia moscovita. Franza é
onde máis partidários potenciais tinha Trótski: Alfred Rosmer, Raymond
Molinier, Pierre Navilhe, Gerad Rosethal, Pierre Monatte e Boris
Souvarine son umha mostra de militantes con influéncia no movimento
obreiro francés. Tamén contacta co Leninbund na Alemanha, co Maring
Sneevliet na Holanda, con Van Overstraeten na Bélxica, etcétera. Do
Estado espanho, Andreu Nin era por entón un seu seguidor. Os camaradas
franceses Rosmer, e a sua mulher Marguerite, chegan en Maio a Prinkipo.
Ao pouco chegan outros camaradas franceses. Comezan a debater sobre a
posibilidade de fusionar aos díscolos do stalinismo na Franza. Apesares das
dificuldades, en Xulho do 1929 sairá o “Biuleten Opozitsii” (Boletin da
Oposición), editado na sua primeira etapa en Paris, que será o voceiro
oficial de Trótski. En Agosto ve a luz o xornal “La Verité” (A Verdade) e
no 1930 creará-se a Liga Comunista francesa.
Dentro dos esforzos organizativos de Trótski estaba o non perder o
vencelho cos oposicionistas que resistian na Unión Soviética. Para
contactar con eles e obter información do que acontecia na URSS, Trótski
valia-se de simpatizantes entre o corpo diplomático e comercial soviéticos,
e mesmo na GPU. Un caso sonado entre a policia política soviética foi o de
Iakob Blumkin. Este seguia trabalhando na GPU apesares de manifestar á
dirección as suas simpatias pola Oposición de Esquerdas. Estas simpatias
tinhan causa no pretérito, cando Blumkin, sendo axente da Cheka, pero
como membro convencido dos eseristas de esquerda, asasinou ao
embaixador alemán en Moscovo, conde Mirbach, por non estar dacordo
89
coa Paz de Brest-Litovsk. Detido foi levado perante Trótski e este fixo-lhe
entender o erro político que supunha aquel acto terrorista. Apesares de que
o governo soviético mesmo chegou a notificar o seu fusilamento ás
autoridades alemanas, Blumkin seguiu trabalhando para a Revolución de
Outubro. Blumkin, que agora trabalhaba na sección de contra-espionaxe,
visitou a Trótski en Prinkipo no verao do 1929, co que conversou durante
várias horas. Quedaron en que el levaria umha mensaxe para os
oposicionistas desterrados e que se encargaria de facer entrar
clandestinamente o “Biuleten” na URSS. Ao seu regreso á Unión Soviética
foi arrestado e fusilado. Foi o primeiro caso dun membro do partido pasado
polas armas por oposicionista, todo un precedente: Stálin queria deixar ben
claro o que lhe ia supor a un funcionário soviético colaborar con Tróstki
Cando o levaron ao paredón berrou: “Viva Trótski” (V.24, 91), un berro
que pronto se ia facer moi familiar na Rúsia de Stálin
27. Viaxe de ida e volta
O xiro á esquerda que impón Stálin através do aparato afinais do
1929 leva á Unión Soviética a umha realidade social completamente nova.
A colectivización forzosa vai eliminar ao kulak como clase pero a
costa de sumir ao campo soviético nun caos indescritíbel. Non dispor de
tempo, de maquinária agrícola e de produtos químicos para o campo
imposibilitaba que a colectivización se fixera gradual, solidamente. Ao non
poder o Estado soviético favorecer ao un sinfín de granxas colectivas con
maquinária, produtos, cretos, exencións e investimentos o conxunto do
campesinhado non podia ver axinha as milhoras na produtividade e nas
condicións de existéncia que traeria a colectivización do agro. Como a
colectivización se fará de prisa e correndo e pola forza non só se oporá a
ela o kulak senón tamén moitos seitores do campesinho médio. Se é certo
que no 1931 o 51 por 100 das famílias campesinhas se atopan en koljoses, e
un ano despois será o 61%, tamén é certo que, segundo as próprias
estadísticas oficiais, entre 1929 e 1934 se perdeu o 55% dos cabalos, o 40%
dos bovinos, o 55% dos porcos e o 66% das ovelhas. E dicer, milhóns e
milhóns de todo tipo de gando. A isto engadir-lhe a queima de campos e o
desprazamento de máis de 10 milhóns de persoas. O resultado: fame brutal
no campo e racionamento espartano nas cidades.
A industralización a marchas forzadas é a outra cara da mesma
moeda. Crean-se infinidade de infraestruturas, fábricas, presas. Medra a
produción de carbón, de ferro, de electricidade. Enfin, a URSS aumenta un
250 por 100 a sua produción industrial. Isto fai-se sometendo á clase
trabalhadora a umhas condicións de vida durísimas: baixos salários,
inflación galopante, alimentación mínima, alongamento da xornada,
introdución do trabalho a destaxo. No 1933 o 75% dos obreiros van a
90
destaxo, o 20% dos trabalhadores reciben o 40% do total dos salários. Por
se isto non fose dabondo, desde Setembro do 1930 van-se ir emitindo polo
governo soviético umha série de decretos que culminarán na Carta
Obrigatória de Trabalho de Setembro do 1932 coa que o obreiro soviético
asemelha-se a un servo da fábrica xa que cambiar-se de trabalho e protestar
poden acarrear a perda do posto de trabalho e da casa. A cousa chegará a
tais extremos que os sindicatos non poderán nen discutir as normas de
trabalho fixadas pola dirección da empresa.
Desta nova realidade económica-política Trótski terá un
conhecimento directo através dun memorándum que Iván Smirnov lhe fará
chegar no Outono do 1931. En Febreiro o filho maior de Trótski, Liova,
traslada-se a Berlin para cursar estudos e para ocupar-se ali do trabalho da
Oposición. No mes de Xulho, de xeito casual, vai-se atopar numha rua
berlinesa con Smirnov, oposicionista derrotado por Stálin pero non fiel a el.
Acorda con Liova mandar-lhe a Trótski umha análise pormenorizada da
situación económica e política que atravesa a URSS. Asi o fará, por un
intermediário chega no Outono a Prinkipo o memorando, que será a base
dun número do Boletin da Oposición.
Para Trótski a colectivización e a industrialización eran necésarias
desde tempo atrás pero non por decreto. Era imprescindíbel a centralización
da economia por arriba por técnicos tanto como o controlo da mesma por
abaixo pola clase trabalhadora. Trótski explica que “a situación económica
do país é o nivel de vida dos trabalhadores e o papel que eles desempenhen
no Estado” (V.24, p.103). Instou a que a colectivización pola forza se
detivese para que se fixera gradualmente, organizando granxas colectivas
que coa axuda técnica e financieira do Estado se converteran en modelos de
produtividade e servisen asi de exemplo real para o conxunto do
campesinhado. Trótski non negaba a necesidade da colectivización e da
industrialización, senón que como pioneiro teórico das mesmas esixia que
se fixeran con luz e taquígrafos para correxer erros e evitar deste xeito
esforzos inecesários da clase trabalhadora e do campesinhado. Isto só se
podia efeitivizar cumha vida democrática plena no seo do partido e non
através da infabilidade do Secretário Xeral.
Estes diceres de Trótski non eran meras reflexións teóricas dun
exiliado xa que o Boletin entraba clandestinamente na Unión Soviética e
tinha curso entre governantes e administradores do Estado e máis dun deles
consideraba correcto o que se decia ao final do próprio memorando: “en
vista da incapacidade da actual dirección política para sair do impasse
económico e político, cada dia medra o convencimento sobre a necesidade
de cambiar a dirección do Partido” (V.7, p.443).
Stálin respostou ao batalhar político de Trótski retirando-lhe a
cidadania soviética o 20 de Febreiro do 1932. Era un intento máis para
isolar ao revolucionário da URSS. Isto era-lhe máis que necesário a Stálin
91
que via-se obrigado a reprimir a sua própria fracción para converter-se no
amo indiscutíbel e governar através só do aparato, sen crítica nengumha.
Para isto era preciso tamén re-escreber a história da Revolución de Outubro
e do Partido Bolchevique. Someter aos historiadores aos desexos do
aparato supunha que a historiografia se teria que acomodar ás necesidades
coxunturais do próprio aparato e do seu máximo representante, Stálin. Asi,
primeiro fora necesário afirmar que Trótski non cumplira un papel político
relevante na Revolución de Outubro e na Guerra Civil, despois
simplesmente se lhe borrou da História e agora habia que afirmar que
Stálin fora o líder nato de todo o proceso revolucionário para poder
converti-lo en xefe infalíbel no presente. A lóxica do proceso impunha-lhe
a Stálin que para ser o dono e senhor do aparato tinha quir borrando da
História a todos os seus adversários, oposicionistas e mesmo stalinistas;
lóxica que imporia, para rematar o proceso, a eliminación física de todo
adversário real e potencial.
Trótski adoecia por sair de Turquia, para achegar-se ao corazón de
Europa, onde se ia dilucidar a marcha dos acontecimentos futuros. A
oportunidade veu-lhe coa invitación que lhe cursaron estudantes daneses
para que dera umha conferenza en Copenhague sobre a Revolución Rusa.
O governo socialdemócrata de Dinamarca consentiu un visado de ida e
volta, inda que Trótski non perdia a esperanza de poder alongar a sua
estadia.
O 14 de Novembro do 1932 Trótski, na companha da sua mulher e
de tres secretários, sae de Constantinopla rumo ás costas danesas, onde
chegou o dia 23. A espectación que despertou a sua visita foi grande.
Mesmo no porto hai umha moitedume esperando-o, en parte
potencialmente contrária mercé á mobilizazón dos estalinistas. Porén, á sua
arribada o instinto de clase debeu acougar a máis de un. Ao pouco de
chegar, un membro da família real danesa, o príncipe Aage, acusou-no de
ser o asasino do zar e da sua família, e a ambaixada soviética protestou pola
sua visita. O 25 deu a conferenza en alemán, diante dumhas duas mil
persoas. Foi desgranando a Revolución Rusa cuxo estudo acababa de
concluir en Prinkipo. Esta intervención está filmada, ve-se a un Trótski
apaixoado, veemente.
A sua estadia aproveitou-na para ver-se con camaradas de diversos
países, e asi celebrar umha informal xuntanza internacional. Tamén
aproveitou para solicitar a ampliación da sua visa. Foi-lhe denegada, como
tamén se lhe denegou o visado en Suécia. Daquela, non tinha máis remédio
que comezar a viaxe de volta. O 2 de Decembro sae en barco de
Copenhague. Cando chega ao porto de Amberes, ateigado de policias, non
lhe deixan pór o pé en terra. Segue viaxe a Dunkerque, dali a Paris onde
chega o 6. Dali a Marselha, onde a xendarmaria o quere meter pola forza
nun barcucho de carga. Solicita a visa de tránsito por Itália e o governo de
92
Mussolini concede-lha. Foron até Veneza e desde ali por tren a Brindisi,
onde colheron o barco que os levou de volta a Prinkipo onde chegaron a
noite do 11, desembarcando ao dia seguinte.
A conferenza que dera en Copenhague permitira-lhe expor en
público os estudos que concluira na sua “História da Revolución Rusa”.
Esta é a obra histórica de Trótski por exceléncia, xa un clásico da
historiografia marxista. Se na sua auto-biografia, “A minha vida”, que
tamén conclui en Prinkipo, Trótski ve-se obrigado a se reivindicar a si
mesmo e aporta umha série de dados vitais para o historiador, na História
da Revolución Rusa fai umha análise pormenorizada do proceso
revolucionário, das clases sociais en loita, das diversas etapas e do método
político marxista que posibilitou levar á clase trabalhadora a conquistar o
poder por primeira vez na História Universal. Non se pode entender
axeitadamente a Revolución Rusa sen esta obra.
En Xaneiro do 1931 Zina, a filha maior de Trótski e de Alexandra
Sokolóvskaia, chegara a Prinkipo co seu neno Vsevolod Volkov, ao que
chamaban Seva, que era froito do seu matrimónio con Platón Volkov,
deportado en Sibéria por orde de Stálin. Era umha mulher sensíbel,
desestabilizada e debilitada pola morte da sua irmá e pola represión que
caia sobre a sua nai e o seu marido. Despois de pasar un tempo co seu pai
en Prinkipo, foi a Berlin en Outubro co obxeto de receber tratamento
psiquiátrico, inda que ela non estaba moi dacordo. A sua saude mental
destragou-se definitivamente, moi posibelmente pola notícia de que
endexamais poderia voltar á Unión Soviética, xa que a privación da
cidadania a Trótski tamén alcanzaba aos seus familiares. Saber que non
poderia ver máis a sua nai, ao filho que ali deixara e ao seu marido foi
definitivo. Desesperada suicidou-se o 5 de Xaneiro do 1933. Pechou-se no
seu apartamento berlinés e abriu o gas. O dia 6 chega a Prinkipo o
telegrama coa tráxica notícia. Trótski e Nataxa pecharon-se durante vários
dias na sua habitación cuxa porta só se abria para pedir un pocilho de té.
Aos dias, Trótski saiu encanecido.
28. Contra o nazismo
A República de Weimar (1919-1933) está no ano 1930 brutalmente
sacudida pola crise económica. Para mostra un botón, o paro real estaba
nuns cinco milhóns de persoas. Esta coxuntura económica tinha un marco
político que en nada axudaba: o Tratado de Versalhes, que non era máis
que o pálido reflexo da necesidade que tinhan as burguesias inglesa e
francesa de frear a expansión da burguesia alemana. Na realidade só na
revolución ou na contra-revolución estaba a saida. Ou umha revolución que
puxera a economia ao servizo da clase trabalhadora, que en alianza coa
Unión Soviética consolidaria o socialismo na URSS e na própria
93
Alemanha, o que seria o toque a rebato para outras revolucións, por
exemplo no Estado espanhol, ou pola contra, umha contra-revolución que
sometera á clase trabalhadora aos designios expansionistas da burguesia
alemana o que supunha o aplastamento sindical e político da clase
trabalhadora.
Diante desta coxuntura, a dirección da Internacional Comunista vai
sinalar, cumha torpeza táctica absoluta, á socialdemocrácia como o
principal inimigo da clase trabalhadora. Asi, por boca do novo presidente,
Manuilski, dirá en Xulho do 1929: “A socialdemocrácia irá quitando-lhe
progresivamente á burguesia a iniciativa da represión contra a clase obreira
(...). Fará-se fascista. Este proceso de conversión da socialdemocrácia en
socialfascismo xa comezou” (V.7, p.450). Non contento con esta parvada,
afirmará que “en moitos países capitalistas intensamente desenvolvidos o
fascismo será a última fase do capitalismo, prévia á revolución social”
(V.7, p.450). Nun alarde de idiotez suprema para alguén que se di marxista,
vinha afirmar que o trunfo da contra-revolución precederia ao trunfo da
revolución. Incríbel. É abecé que nun proceso revolucionário trunfa a
revolución ou a contra-revolución, polo que é imposíbel que a derrota da
revolución sexa o prólogo da sua vitória. Esta linha política, que supunha o
suicídio colectivo para a clase obreira alemana, a manterá a dirección da
IIIª Internacional até o final.
O 14 de Setembro do 1930 celebran-se umhas eleicións ao Reichstag
(Parlamento) que cumha participación do 82% do eleitorado, dan-lhe 6,4
milhóns de votos ao Partido Názi (DNSAP, Partido Obreiro
Nacionalsocialista Alemán). Era un incremento brutal dos votos názis en
comparación cos que obtiveran nas eleicións do 1928. Asi, pasaban do
2,6% ao 18,3%. O avance era espectacular. Inda asi, o SPD (Partido
Socialdemócrata Alemán) obtinha máis de 8,5 milhóns de votos e o KPD
(Partido Comunista Alemán) 4,6 milhóns. E dicer, os partidos da clase
obreira alemana tinhan o dobre de votos. O pero, non só estaban divididos
senón que estaban enfrentados.
Trótski desde Prinkipo dará a voz de alarma. Apartires do 26 de
Setembro, e até o final, enfiará umha série de artigos onde someterá a umha
crítica severa o desnorte político das direccións da IC e do KPD. Asi, no
artigo “O xiro da IC e a situación na Alemanha” sinala como princípio que
“a primeira cualidade dun partido revolucionário é saber mirar cara a cara a
realidade”. Informa que “a grande burguesia alemana hoxe vacila, está
dividida” entre buscar a saida através da “terapéutica socialdemócrata”, o
que supón pactos sobre a lexislación social e os salários, é dicer, disminuir
a tasa de explotación da forza de trabalho, ou através da “intervención
quirúrxica fascista” , que supón someter ao látigo á clase trabalhadora.
Indica Trótski que “as vacilacións da grande burguesia entre a
socialdemocrácia e o fascismo son o síntoma máis evidente dumha
94
situación pre-revolucionária” (V.109, p.14). E advirte, “para que a crise
social poda desembocar na revolución proletária é indispensábel, aparte
doutras condicións, que as clases pequeno-burguesas se inclinen de forma
decisiva do lado do proletariado. Iso permite ao proletariado tomar a
cabeza da nación e dirixi-la. As últimas eleicións revelan umha tendéncia
en sentido inverso (...). Baixo os golpes da crise a pequena-burguesia
basculou non do lado do proletariado, senón do lado da reacción
imperialista máis extremista, arrastrando a capas importantes do
proletariado(...). O crecemento xigantesco do nacionalsocialismo reflite
dous feitos esenciais: umha crise social profunda (...) e a auséncia dun
partido revolucionário”. E alerta: “a revolución proletária sufriu
globalmente nestas eleicións umha grave derrota, que evidentemente non é
decisiva (...). Pode-se converter en decisiva, e inevitabelmente o fará, se o
partido comunista non é capaz de valorar a sua vitória parlamentar parcial
en relación con esta derrota preliminar da revolución, e de sacar todas as
conclusións necesárias (...). A subestimación do fascismo pola dirección
actual do partido comunista pode levar á revolución á umha derrota (...). O
curso dos acontecimentos pode, nun futuro moi próximo, facer rexurdir na
Alemanha (...) a contradición tráxica entre a madurez da situación
revolucionária, por umha parte, e a debilidade e insuficiéncias estratéxicas
do partido revolucionário pola outra” (V.109, pp.14-16).
Para Trótski é vital que o KPD esté “cotidianamente á escoita en
profundidade do proletariado e dos trabalhadores en xeral” porque “ só un
partido que tenha por todas partes decenas de milhares de antenas, que
recolha os seus testimónios” poderá orientar-se axeitadamente. Pero se isto
é imprescindíbel non é dabondo. O Partido ten que ter umha vida interior
sana para poder facer análises verdadeiras polo que para o KPD é
indispensábel “o cámbio do réxime do partido (...). O partido debe escapar
desa atmósfera hipócrita, convencional, na que se silencian os males reais e
se glorifican os valores fitícios”. Umha vez feito isto o partido ten que
executar umha política de “frenta única”. Pero advirte, se esta política
“oferece ao partido comunista enormes posibilidades (...), a condición do
éxito estriba no abandono da prática e a teoria do socialfascismo”. Deste
xeito, “deberemos, inevitabelmente, concluir acordos contra o fascismo
coas diferentes organizacións e fraccións socialdemócratas, plantexando
aos seus dirixentes condicións precisas ante as masas”. Sinala que hai que
“volver á política de frente única tal como foi formulada por Lénin e
aplicada sempre polos bolcheviques, e moi particularmente no 1917”.
Teima, hai que levar “umha política de achegamento coa maioria da clase
obreira alemana e a frente única con os obreiros socialdemócratas e sen
partido contra o perigo fascista (...). O partido comunista debe chamar á
defensa das posicións materiais e intelectuais que a clase obreira
conquistou xa no Estado alemán. O que está en xogo é a sorte das
95
organizacións políticas e sindicais, da sua prensa, das suas imprentas, dos
seus clubes e bibliotecas. O obreiro comunista debe dicer-lhe ao obreiro
socialdemócrata: ´´A política dos nosos partidos é inconciliábel; pero se os
fascistas venhen esta noite a destruir o local da tua organización eu virei na
tua axuda coas armas na mao. Prometes ti acudir na minha axuda no caso
de que ese mesmo perigo ameaze á minha organización´´. Esa é a
quintaeséncia da política do periodo actual. Toda a axitación debe der
desenvolvida neste espírito” (V.109, pp.24 –26).
A dirección da IC e do KPD non tomaron en conta a mensaxe de
Trótski. Ao revés, no Agosto do 1931 os názis queren derrocar ao governo
socialdemócrata do Lánder de Prúsia através dun plebiscito. O KPD en vez
de chamar á clase obreira a votar a favor do governo socialdemócrata,
umha vez formuladas as necesárias críticas ao seu proceder, pide o voto en
contra o que na prática supunha umha alianza cos názis. Para ocultar esta
alianza nos feitos o KPD dá-lhe ao referendo o nome de Plebiscito
Vermelho. O referendo foi favorábel aos socialdemócratas. A dirección do
KPD cubria-se de opróbio aos olhos da maior parte da clase trabalhadora.
Trótski vai criticar este parvo proceder político. Asi, o 25 de Agosto
escrebe: “Os erros do partido comunista alemán sobre a cuestión do
plebiscito (...) terminarán por entrar nos libros de texto da estratéxia
revolucionária como o exemplo do que non se debe facer (...). Na conduta
do comité central do partido comunista alemán está todo equivocado (...), a
burocrácia estalinista embarcou aos trabalhadores revolucionários numha
frente única con os nacionalsocialistas contra a socialdemocrácia” (V.109,
pp.39-40).
Un exemplo máis de que a dirección do KPD ia totalmente á deriva
está en que en vez de lanzar as suas próprias consignas frente aos názis
utilizan lemas colhidos dos próprios nacionalsocialistas. Umha mostra, e
non menor, é a consigna de “revolución popular” que empregaban os názis.
En vez de enfrentá-la coa consigna marxista de “revolución socialista”
utilizan a názi: “É difícil para un imaxinar-se umha capitulación más
vergonhenta nos princípios que o feito de que a burocrácia stalinista tenha
sustituido a consigna da revolución proletária pola de a revolución popular”
(V.109, p.45).
A bancarrota táctica e ideolóxica da dirección do KPD é absoluta.
Trótski di: “A burocrácia stalinista esforza-se cada vez máis por actuar
contra o fascismo coas suas próprias armas, borrando as cores da sua paleta
política e intentando gritar máis forte quel na subasta do patriotismo. Estes
non son os métodos dumha política de clases con princípios” (V.109, p.45).
Trótski explica que “esta infame competéncia co fascismo” ten a causa na
teoria do socialismo nun só país: “Hai vários anos, a Oposición de
Esquerdas advertiu que a teoria ´autenticamente rusa´ do socialismo nun só
país levaria ao desenvolvimento de tendéncias socialpatriotas noutras
96
seccións da Komintern (...). O partido comunista alemán, en pouco tempo,
foi introducido na esfera do socialpatriotismo (...). O referendo vermelho
non caeu do ceo: xurdiu dumha dexeneración ideolóxica avanzada do
partido” (V.109, pp.47-51).
A crise económica e política proseguia na Alemanha. En Marzo e
Abril do 1932 celebran-se Eleicións Presidenciais. Os socialdemócratas
nun alarde de cegueira política pedirán o voto para o velho reaccionário
Hindenburg. Os comunistas presentan candidato próprio, Thaelmann. O
resultado de que os partidos obreiros non votaran a un candidato comun foi
a vitória de Hindenburg, e que Hitler obtivera máis de 11 milhóns de votos
na primeira volta e máis de 13 na segunda. O candidato comunista non
chega aos 5 milhóns na primeira ronda e baixa a 3,7 na segunda.
Hinderbung foi eleito con algo máis de 19 milhóns de votos.
O 30 de Xulho celebran-se Eleicións ao Reichstag. Por vez primeira
o Partido Názi consegue ser o partido máis votado: 13.745.000 votos. Pero
non só iso, consegue máis votos que o SPD (7.959.700) e o KPD
(5.282.600) xuntos. Era o resultado do pánico dos líderes socialdemócratas
á revolución socialista e da imbecilidade política da dirección estalinista
que convertera ao SPD non principal inimigo da clase trabalhadora en vez
de teimar nos feitos numha frente única cos obreiros socialdemócratas.
O badoquismo político de Stálin só ia á par que a sua cegueira.
Impedia a política da frente única coa socialdemocrácia imposibilitando o
trunfo da revolución socialista e non via que a sua derrota levaria á guerra
coa Alemanha názi, o que non era un secreto xa que o líder
nacionalsocialista se encargaba de dicé-lo a cotio.
Trótski explicaba e explicaba. Xa en Abril dixera que “Hitler no
poder signhificaria a guerra (...) contra a Unión Soviética” (V.109, p.190).
Era esta umha dedución dialéctica: “Para que sexa posíbel umha
intervención [contra a URSS], precisa-se un grande país, altamente
industrializado e ademais continental, que poda e queira asumir a carga
principal dumha guerra contra a Unión Soviética (...). Un vistazo sobre o
mapa político de Europa mostra que só umha Alemanha fascista se poderia
encargar desta tarefa. Inda máis, umha Alemanha fascista non teria outra
eleición (...). Umha guerra entre o Estado hitleriano e a Unión Soviética
seria inevitábel” (V.109, pp.191-192).
Numha entrevista que Trótski concedeu en Maio sintetiza a sua
posición. Vexamos:
“Pergunta. Cree vosté iminente a toma de poder político polos
nacionalistas?
Resposta. Sí, coido que se as organizacións máis importantes da
clase obreira alemana prosiguen a sua política actual, a vitória do fascismo
estará asegurada case automaticamente, e nun espazo de tempo
relativamente breve (...).
97
P. Non considera vosté como o deber urxente do momento que
socialdemócratas e comunistas, abeirando as suas diferenzas de princípio,
creen umha organización comun de loita?
R. Sí, estimo que o partido comunista debe propor un acordo de loita
ao partido socialdemócrata e á dirección dos Sindicatos Libres, da base á
cúspide (...), a frenta única da clase obreira contra o fascismo debe ter un
carácter completamente concreto, prático e combativo (...).
P. Estaria vosté disposto a trabalhar por semelhante organización na
sua persoa e con seu nome?
R. Por suposto (...). A cuestión de Alemanha é a cuestión do destino
da Europa, da Unión Soviética, e, en grande medida, do de toda a
humanidade durante un longo periodo histórico (...)” (V.109, pp.193-194).
Hindenburg, que fora eleito presidente co apoio dos
socialdemócratas, vai-lhe dar a puntilha á República de Weimar. Obriga ao
cancilher Bruning, que fixera un tímido intento para ilegalizar as tropas de
choque názis, á que dimita o 30 de Maio para ao dia seguinte nomear
cancilher a Franz von Papen que destituirá por decreto ao governo
socialdemócrata de Prúsia, un governo que resistira un referendo názi-
estalinista era agora derrubado sen loita.
Un certo cansanzo das masas, dun e outro signo, adivina-se nas
Eleicións ao Reichstag do Novembro do 1932. Os názis perden dous
milhóns de votos, o SPD e o KPD perden entre os dous 1,7 milhóns. Porén
a contra-revolución ia en linha reta á conquista do poder pola via legal por
falta de obstáculos. Asi, o 30 de Xaneiro do 1933 Hitler é nomeado
cancilher. Trótski explica por que a burguesia lhe dá o apoio definitivo a
Hitler: “A época de Bismarck pasou a milhor vida. A Alemanha actual non
xurde das vitórias, senón da derrota (...). O capitalismo decadente non
produce nengun benefício, non abre nengumha perspectiva. O único
cemento que une ás clases poseedoras é o seu medo aos obreiros (...). A
investidura de Hitler co poder servia un dobre obxetivo: primeiro,
embelecer á camarilha de proprietários con os dirixentes dun ´movimento
nacional´; segundo, ponher ás forzas de combate do fascismo á disposición
directa dos proprietários. Non foi co corazón alixeirado como a poderosa
camarilha superior pactou cos fedentos fascistas. Detrás dos advenedizos
desenfreados hai demasiados, demasiados punhos; e neso reside o aspecto
perigoso dos aliados camisas pardas; pero neso mesmo está a sua ventaxa
fundamental, ou máis exactamente, a sua única ventaxa. E esta é a ventaxa
decisiva, posto que esta é umha época tal que non hai outro xeito de
garantir a propriedade que através dos punhos. Non hai xeito de prescindir
dos názis” (V.109, pp.258-259).
Pero mesmo agora Trótski di que hai tempo para enfrentar á besta
názi: “A toma do poder por Hitler é indubitabelmente un golpe terríbel para
a clase obreira. Pero isto non é inda umha derrota decisiva ou irremediábel.
98
O inimigo que podia ter sido aplastado mentras só se esforzaba por chegar
ao poder, ocupou na actualidade toda umha série de postos de mando (...),
queda un treito non pequeno entre o ministério encabezado polo cancilher
fascista e a vitória completa do fascismo. Isto significa que o campo
revolucionário todavia dispón de tempo. Canto? É imposíbel de calcular de
antemao. Só as batalhas poden medir a sua dirección” (V.109, p.260).
Trótski repasa o que é o proceder medoso da socialdemocrácia na
sociedade burguesa e o quefacer ruin estalinista no proceso revolucionário:
“Cando a burguesia a chama ao poder, a socialdemocrácia vota a favor do
réxime capitalista. A socialdemocrácia tolera, atura, a calqueira governo
burgués que ature á socialdemocrácia. Pero mesmo cando é completamente
excluida do poder, a socialdemocrácia segue a soster á sociedade burguesa,
recomendando aos obreiros que reserven as suas forzas para batalhas ás que
endexamais chamará. Ao paralisar a enerxia revolucionária do proletariado,
a socialdemocrácia proporciona á sociedade burguesa umha oportunidade
de sobreviver baixo condicións en que non pode viver moi tempo,
convertendo asi o fascismo numha necesidade política” (V.109, p.260). E
sobre a linha política estalinista di: “Durante os pasados dous ou tres anos
de avance fascista, a política da burocrácia estalinista non foi nada máis
que umha cadea de crimens que salvaron literalmente ao reformismo e con
elo prepararon os éxitos subsiguintes do fascismo” (V.109, p.261).
Apesares dos medos e erros das direccións socialdemócratas e estalinistas,
pergunta-se: “É posíbel a viraxe? A iso se reduce a tarefa no momento
actual (...). Só o desenvolvimento e a agudización do antagonismo entre
nacionalsocialistas e socialdemócratas pode sacar aos comunistas do seu
isolamento, tras todos os erros cometidos, e abrir o caminho cara a
revolución (...). O caminho para elo é através da política audaz da frente
única (...). A política audaz da frente única é, neste momento, a única base
correcta mesmo para a campanha eleitoral” (V.109, pp.262-263).
Os názis van-se consolidando no poder mercé á apatia da dirección
socialdemócrata e aos erros da estalinista. Asi, os nacionalsocialistas poden
xogar ao ataque. O asalto á casa de Karl Liebknech e o incéndio do
Reichstag son dous episódios que ilustran que o terror názi se vai impondo
socialmente. Nesta coxuntura política dan-se, o 5 de Marzo, as derradeiras
Eleicións ao Reichstag. Os 17 milhóns de votos aos názis indican, sen lugar
a dúbidas, a sua forza crecente, pero os 12 milhóns de votos ás duas
organización obreiras tamén sinalan que a clase trabalhadora alemana non
teria sido derrotada con facilidade, nen nesta coxuntura, se as direccións do
SPD e do KPD a tiveran levado á loita.
A dirección do SPD non reaxe. A do KPD está isolada. Uns e outros
continuan a sua viaxe sen retorno ao pricipício. Inda o 1 de Abril a
dirección da IC ten a desvergonha de declarar que “a política que leva a
cabo a dirección do partido comunista alemán, encabezado polo camarada
99
Thaelmann, era absolutamente correcta antes e durante a toma de poder
polo fascismo” (V.7, p.457). Non hai pior cego que o que non quere ver.
Fóra do reino da metafísica, os názis aplastan os partidos, os sindicatos, os
periodicos e as asociacións da clase obreira alemana. A contra-revolución
trunfara. A próxima batalha revolucionária dará-se no Estado espanhol.
29. Na Franza
Após a derrota da clase trabalhadora alemana, Trótski vai matinar
nas implicacións políticas deste trascendente feito. A primeira conclusión
que tira no artigo do 14 de Marzo do 1933, intitulado “A traxédia do
proletariado alemán”, explícita xa nos seus artigos anteriores, é culpar da
derrota á dirección estalinista da Internacional Comunista. Trótski afirma
que se “o proletariado máis poderoso da Europa, polo seu lugar na
produción, o seu peso social e a forza das suas organizacións (...) se
atopaba impotente, desarmado e paralisado no momento da sua maior
proba histórica, a culpa directa e imediata recae na dirección da Komintern
post-leninista. Esa é a primeira conclusión que hai que extraer de imediato”
(V.109, pp.285-286).
Mentras Trótski perfila a contestación política global que o proceder
da burocrácia estalinista merece, a primeiros de Xulho chega a Prinkipo a
notícia de que as autoridades francesas deixaron sen efeito o seu decreto de
expulsión vixente desde o 1916. Efeitivamente, mercé ás dilixéncias de
Maurice Parijanine, tradutor de obras de Trótski ao francés, o governo galo
de Daladier non pon nengun problema a que Trótski resida na Franza.
Imediatamente comezan os preparativos para a viaxe. O 12 de Xulho
un dos secretários de Trótski, Jean van Heijenoort, vai ao consulado francés
de Estambul para obter os visados de Trótski e Nataxa, o que consegue sen
dificuldades.
Precisamente a estas alturas Trótski perfilará o novo proceder táctico
que vai tomar contra a política estalinista: a creación dumha nova
Internacional. Este anovado quefacer é argumentado no seu artigo do dia
15, cuxo título xa é ben ilustrativo: “É necesário construir novos partidos
comunistas e umha nova internacional”. Comeza explicando que até agora
a Oposición de Esquerdas fixara-se a tarefa de reformar a IC. Pero desde o
trunfo da contra-revolución na Alemanha e a sua xustificación pola casta
stalinista o proceder reformista da Oposición era inviábel, imposíbel. Non
era dabondo coa catrástofe senón que inda por riba “A dirección de
Moscovo non só proclamou como infalíbel a política que garantiu a vitória
de Hitler, senón que tamén ten proibido toda discusión sobre o acontecido”
(V.109, p.328). Diante do novo xiro táctico que vai adoptar aclara: “O máis
perigoso en política é quedar atado pola própria fórmula que onte era
adecuada, pero que hoxe está valeirada de todo contido” (V.109, p.328).
100
Asi, dagora en diante “En toda a nosa laboura é preciso tomar como ponto
de partida o derrube histórico da Internacional Comunista oficial” (V.109,
p.329). Efeitivamente, esta será a demarcación, a inflexión, do quefacer
táctico de Trótski. Pero xa neste intre aclara o que será umha teimosia del
até a sua morte: “A existéncia da Unión Soviética, apesares da avanzada
dexeneración do Estado obreiro, segue sendo inda agora un feito de
inconmensurábel signhificación revolucionária” (V.109, p.331).
Efeitivamente, Trotski defenderá apaixoadamente o carácter histórico
progresista do Estado soviético apesares da sua brutal deformación. A
História encargou-se de dar-lhe a razón, hoxe todos sabemos a catástrofe
política e social que trouxo o derrube da URSS e de todos os demais
rexímenes de “socialismo real”. El sempre procedeu cumha grande
perspectiva histórica, mais entendia a resisténcia que ia causar o seu
quefacer: “Indudabelmente, nas filas das organizacións stalinistas atopan-se
comunistas sinceiros, que recibirán con recelo e mesmo indignación a nosa
nova orientación. Alguns tal vez sustituirán temporalmente un sentimento
de simpatia por o de hostilidade. Pero é preciso non guiar-se por
consideracións persoais e sentimentais, senón por critérios de masas”
(V.109, p.330). Era hora pois de ir preparando o caminho para crear novos
partidos comunistas e umha nova internacional, a isto dedicará-lhe un
teimoso esforzo.
O 17 de Xulho Trotski, na companha de Nataxa, de tres secretários,
van Heijenoort, Rudolf Klement, Sara Jacobs e o camarada Max
Shachtman, parte desde Constantinopla con destino a Franza. Un seu
afervoado desexo via-se cumprido: achegar-se ao corazón de Europa para
poder loitar no epicentro da batalha. Non o ian deixar os governos
“democráticos”, como comprobará axinha. O “Bulgária”, o barco no que
viaxaban, fai escala no Pireo, en Catánia, en Nápoles. Porén Trótski
permanhece no seu camarote. Umha semana despois da sua partida, o dia
24, o barco detén-se en alta mar fronte a Marselha. Umha lancha, na que
vinha o seu filho maior, Lev Sedov, na companha de xendarmes, recolhe-os
e desembarca-os numha vila de pescadores, Cassis, perto de Marselha.
Estaban na Franza. Comezaba o periplo europeu. Lonxe estaba de prever
que México seria o seu destino derradeiro. Non houbo tempo para alegrias,
a prensa de dereitas e a stalinista protestan pola sua estadia. Desde Cassis
van ir en coche até Burdeos e desde ali até Saint-Palais, na costa atlántica ,
onde un camarada francés Raymond Molinier alugara umha casa isolada, á
beira do Atlántico, arrodeada dun amplo xardin. “As Brétemas”, onde se
instalan o dia da sua chegada, o 25, é como se chama este primeiro
domicílio. Comezan esta xeira con mal pé, declara-se un incéndio na casa.
Foi casual, non intencionado como pensaron ao comezo. Trótski vai-se
refuxiar nun coche e non é reconhecido por ninguén. Anonimato obrigado.
Aqui residirán até Outubro. Neste intervá-lo Trótski vai recibir moitas
101
visitas de camaradas, simpatizantes e amigos. Non menos de 50 persoas
pasaron pola casa das Brétemas. Entre eles representantes do PCA, do SAP
(Sozialistische Arbeitpartei), do británico Independent Labour Party, do
holandés Partido Socialista Independiente, entre outros. Moitas visitas
tinhan relación coa conferenza que afinais de Agosto se ia celebrar en Paris
co obxeto de debater a idea dumha nova Internacional, a Cuarta. Tamén nas
Brétemas recibiu a André Malraux, que nun paseo á beira do mar puxo-se
metafísico e dixo-lhe a Trótski: “Hai algo que o comunismo nunca poderá
vencer: a morte” (V.119, p.62), ao que contestou Trótski: “Cando un home
cumpriu a tarefa que se lhe deu, cando fixo o que queria facer, a morte é
sinxela”. (V.119, p.62). Malraux, que se vencelhará axinha co stalinismo e
a posteriori co gaulhismo, escribira a novela “A condición humana” que
Trótski gabará en carta a un editor estadounidense nun dicer que nos
amplia o que lhe contestou á beira do mar ao próprio Malraux: “Só un
grande propósito sobre-humano, polo que o home estexa disposto a pagar
coa sua vida, lhe da senso á existéncia persoal. Tal é o significado final da
novela, que está exenta de didactismo filosófico e é do comezo ao final
umha verdadeira obra de arte” (V.24, p.250).
Apesares das numerosas visitas recibidas deu-se mantido a incognita
sobre o seu paradeiro polo que as autoridades francesas non puxeron pegas
para que Trótski se trasladara máis perto de Paris. Daquelas, despois
dumhas variadas excursións, Trótski mudou-se a Barbizon en Novembro, a
uns poucos kilómetros ao sudeste de Paris. Tinha a esperanza de trabalhar
con certo acougo. Pensara elaborar umha “História do Exército Vermelho”
pero perante a petición dun editor puxo-se a redactar umha biografia sobre
Lénin, da que apenas pudo concluir o comezo.
Trótski queria que os seus partidários estiveran ligados á clase
trabalhadora. Asi, cando o 6 de Febreio do 1934 deu-se un levantamento de
organizacións da extrema dereita contra o governo Dalaier, que mesmo
asaltaron a Cámara dos Deputados, socialistas e comunistas uniron-se pola
base e asi xuntos foron á Folga Xeral que salvou ao governo francés. Este
feito de frente único pola base que tanto recomendara Trótski na Alemanha
seguro que o fixo cavilar. Será en Xunho cando Trótski lhe proporá aos
seus camaradas franceses que entren na SFIO (Section Française de
l´Internationale Ouvrière), o Partido Socialista francés dirixido por León
Blum. Era o “xiro francés”, o comezo da táctica do “entrismo”, que hai que
entendé-la no contexto exacto, numha coxuntura onde os PCs enarbolaban
a bandeira da Revolución de Outubro porque o Estado soviético era para a
imensa maioria dos comunistas de base a pátria dos trabalhadores.
Extrapolar esta táctica, facer dela un dogma, é non comprender o que o
próprio Trótski afirmara: “O máis perigoso en política é quedar atado pola
própria fórmula que onte era adecuada, pero que hoxe está valeirada de
todo contido” (V.109, p.328). Porén, a consigna xa suscitou moitos
102
debates e escisións entre os marxistas franceses naqueles momentos. Cando
se extendeu esta consigna ao Estado espanhol, que os trotskistas entraran
no PSOE, non foi tida enconta por moitos dos seguidores de Trótski que
andando o tempo participarán na fundación do POUM.
En Febreiro chegara-lhe a notícia da capitulación de Rakóvski, o
líder moral da Oposición da Esquerda na URSS. Isto tivo-lhe que causar un
fondo dolor. Escrebeu, “Rakóvski era verdadeiramente o meu derradeiro
contacto coa velha xeneración revolucionária. Despois da sua capitulación
non queda ninguén” (V.24, p.258). Trótski referia-se aos integrantes da
velha garda xa que nos campos de concentración na Rúsia de Stálin Trótski
tinha, posibelmente sen sabé-lo, milheiros de seguidores. Moitos deles
berrarian “Viva Trótski!” cando os mandasen ao paredón. O “Velho” non
estaba tan isolado como podia parecer. Isto sabia-o ben Stálin, por iso
masacrará aos seus seguidores para terminar ordenando a morte do próprio
Trótski. O asasinato de Kírov será o pistoletazo de saida.
Umha casualidade fixo que a polícia local se entera-se da estáncia de
Trótski en Barbizon. O 12 de Abril pola noite un secretário de Trótski,
Rudolf Klement, vinha de Paris con correspondéncia. Viaxaba en moto, as
luces non estaban ben e dous xerdarmes o pararon e como a documentación
da motocicleta non estaba ao seu nome levaron-no á comisaria onde
descubriron umha correspondéncia en vários idiomas, mesmo en ruso.
Estaba claro, Trótski residia en Barbizon. A xendarmaria local puxo-se á
fala co procurador da República, Melun. A este un funcionário di-lhe que
Trótski tinha umha visa que lhe permitia residir só en Córcega. Isto era
falso, Trótski tinha un visado que lhe permitia afincar-se praticamente en
calqueira parte da Franza. Mais o procurador aceita a información do
funcionário. Decide-se realizar umha pesquisa na casa onde vivia Trótski, a
vila Ker Monique. Enterados os xornais, desencadeou-se umha campanha
de prensa onde se pedia que Trótski voltara a Córcega, onde nunca estivera.
Nesta campanha tamén participou o Ministério de Propaganda názi dirixido
por Goebbels que difundiu a “notícia” de que Trótski estaba preparando
umha insurreizón. Para o novo governo francés estes feitos son umha
excusa perfeita para cancelar-lhe a visa a Trótski. Este governo estaba
presidido por Gaston Doumergue. O seu Ministro de Estado era o mariscal
Petain. O Ministro do Interior era Albert Sarraut que tinha por consigna:
“O comunismo, velaqui o inimigo” (V.6, p.748). O 16 de Abril este
governo democrático decide anular o permiso de residéncia de Trótski.
Deciden expulsá-lo inda que de momento non tenhen onde botá-lo. Grande
cantidade de xente comeza a concentrar-se arredor da casa onde vive
Trótski polo que este ve-se obrigado a comezar un peregrinar semi-
clandestino pola xeografia francesa: Lagny, Chamonix, La Trouche, Saint-
Pierre-de-Chartreuse, Grenoble, Lyon até ir parar a Domène, onde residiu
un tempo antes de pasar por Paris caminho de Noruega.
103
Na primeira quincena de Xulho do 1934 xa estaba Trótski en
Domène. Foi a viver na casa de Laurent Beau, mestre no próprio Domène.
Como se sentiu aqui Trótski sabemo-lo á perfeizón polos seus próprios
diceres: « Nosa vida aqui difire moi pouco do encarceramento » (V.24,
p.255).
30. O asasinato de Kírov
Estaba Trótski en Domène cando lhe chegou a notícia de que Sergei
Kírov, o xefe do PC (b) da URSS en Leningrado e cadro de grande estima
entre a casta burocrática, fora asesinado. Efeitivamente, ás catro e média do
1 de Decembro do 1934 Kírov dirixia-se ao seu despacho do Instituto
Smolni cando o xoven comunista Nicoláiev da-lhe un tiro na nuca. Kírov
morre no momento. Cal foi a causa do asasinato? Nicoláiev fora expulso do
partido, a sua mulher fora secretária de Kírov, Kírov era amado pola
burocrácia do partido. Asi, foi asasinado por vinganza, por ciumes ou
porque pesaba moito no aparato? Non esta claro, o que sí está claro é que a
sua morte desencadeou umhas purgas dumha viruléncia inimaxinábel.
Tanto foi asi que no prazo duns poucos anos toda a velha garda
bolchevique e milheiros de auténticos comunistas serán aniquilados. A eles
seguirán-nos supostos saboteadores, espias ao servizo do nazismo, e
traidores á revolución.
Para comezar, Stálin acusa a Trótski, Zinóviev e Kámenev como
instigadores do crime. Hai quen ten a certeza que a morte de Kírov será-lhe
de grande utilidade a Stálin. Bujárin di-lhe a Ilya Ehrenburg:”Entendes o
que iso significa? El agora poderá facer con nós todo o que queira” (V.61,
p.470). Máis por extenso explica-se Trotski nun artigo do dia 28: prepara-
se “un intento conscientemente falso de implicar no asasinato de Kírov a
indivíduos e grupos que non tenhen nen poden ter nada en comun co acto
terrorista (...). [É] un feito que o grupo burocrático dirixente non se inclina
no máis mínimo a considerar o crime de Nicoláiev como un fenómeno
accidental e isolado, un episódio tráxico. Polo contrário, este acto reviste
para eles umha importáncia política tan excepcional que non vacilan en
construir umha mistura que os compromete, nen en pór un signo igual entre
os actos terroristas e calqueira tipo de oposición, descontento ou crítica. O
obxetivo da manobra é bastante evidente: aterrorizar completamente a
todos os críticos e opositores, esta vez non coa expulsión do partido, non
privando-os do seu pan cotidiano, nen sequer coa prisión e o exílio, senón
co peloton de fusilamento. Stálin reaxe perante o acto terrorista de
Nicoláiev redobrando o terror contra o partido.” (V.117).
Pero por que a fracción dirixente da casta burocrática ten que exercer
constantemente a represión? Polo seu papel contraditório de explotadora
da clase trabalhadora, usufrutuando a riqueza que esta xenera, e de dique á
104
restauración do capitalismo, ao manter a estatalización da economia.
Trótski explica-o á perfeizón: “A burocrácia soviética explota
despiadadamente, en función da sua própria dominación e prosperidade, o
seu rol de controlo e regulador das contradicións sociais e a sua loita
preventiva contra a reconstitucións das clases. Concentra nas suas maos
todo o poder e, ás boas ou ás malas, consume umha enorme parte da renda
nacional. Deste xeito conqueriu alonxar-se tanto da masa da povoazón que
xa é imposíbel controlar os seus actos ou os seus ingresos.
(..) Umha clase economicamente dominante presupón un sistema de
produción e propriedade que lhe é peculiar e próprio. A burocrácia
soviética [non é umha clase social] non é máis que o reflexo da etapa
transicional entre dous sistemas de produción e propiedade, o capitalista e o
socialista. Este réxime transacional non pode ter un desenvolvimento
independente.
O rol da burocrácia soviética segue sendo dual. Seus próprios
intereses obrigan-na a resgardar o novo réxime económico creado pola
Revolución de Outubro contra os inimigos de dentro e de fóra. Esta tarefa é
historicamente necesária e progresiva (...). [Porén] os instintos posesivos e
o espírito de casta privilexiada da burocrácia soviética (...) paralizan cada
vez en maior medida a sua tarefa progresiva. O avance da indústria e a
incorporación da agricultura á esfera da planificación estatal complican
extraordinariamente as funcións da dirección da economia.
Só se pode conquerir un equilíbrio entre as distintas ponlas da
produción, e sobre todo umha proporción correcta entre a acumulación e o
consumo nacional, coa participación activa do conxunto da povoazón
trabalhadora na elaboración dos planos, que debe ter liberdade para criticá-
los e a posibilidade de remover dos seus cargos a toda a burocrácia (...). A
burocrácia saca-se de enriba as dificuldades provocadas polos seus erros
descargando as consecuéncias sobre os ombreiros dos trabalhadores. As
crises parciais converxen cara a crise xeral, que avanza e se expresa en que
a economia segue rezagada e a imensa maioria da povoazón continua
vivendo na pobreza, pese á titánica enerxia despregada polas masas e aos
grandes éxitos tecnolóxicos.
Deste xeito, a situación peculiar da burocrácia soviética (...) conduce
a umha contradición cada vez máis profunda e irreconciliábel coas
necesidades fundamentais da economia e a cultura soviéticas. Nestas
condicións a ditadura da burocrácia (...) traduce-se numha permanente crise
política. A fracción stalinista ve-se continuamente obrigada a destruir
totalmente os “restos” de velhas e novas oposicións, a recurrir a métodos
cada vez máis violentos e a pór en circulación mixturas cada vez máis
enmerdadas.
Ao mesmo tempo, esta fracción eleva-se por enriba do partido e
mesmo da própria burocrácia. Proclama abertamente o princípio puramente
105
bonapartista da infabilidade dun líder eterno. Apartires daqui, a única
virtude que se lhe reconhecerá ao revolucionário será a fidelidade ao
dirixente. Os axentes da Comintern trasladan ás suas seicións extranxeiras
esta desmoralizante e servil filosofia da burocrácia” (V.117).
Asi, o proceder da burocrácia soviética é un quefacer que ben dado
pola sua necesidade de perpetuar-se e non pola característica criminal dun
só home. A persoalidade de Stálin só explica porque el representou tan ben
as necesidades da burocrácia soviética, pero non explica o proceso
histórico. O desenvolvimento do proceso histórico nunca o cheirou o
empirista Stálin, mentras que Trótski, aplicando o método dialéctico,
adianta-se aos próprios feitos históricos prevendo a necesidade das
matanzas que a fracción stalinista e o seu líder ian efectuar no imediato
futuro, sen poder imaxinar a sua espamtosa brutalidade: a perspectiva
permite prever as linhas xerais dun fenómeno non a sua realización
concreta.
Trótski non podia seguer na Franza, onde estaba imposibilitado para
o seu trabalho político. Ademais, pende sobre el a espada do governo
francés, a ver se o vai deportar a umha das suas colónias. Por todo isto o
entorno de Trótski vai tentar conseguer o visado noutro país europeu. En
Noruega vinha de ganhar as eleicións o Partido Laborista, que forma
governo. Pide-se-lhe a visa. O 8 de Xunho do 1935 Jean van Heijenoort, un
secretário de Trótski, chega a Domène coa notícia de que o governo
noruego concedera o visado. Despois dalgumha vacilación do mesmo
governo noruego, o dia 13 a visa noruega para Trótski era umha realidade,
tinha umha validez de seis meses. Desde Paris, a onde se trasladaran xa o
dia 10, van a tomar o tren das 00,15 do dia 14 para Amberes.Viaxan
Trótski, Nataxa, Jean Rous e Heijenoort.
31. Noruega
O 14 pola manhá chegan a Amberes e o 15 pola serán parten no
barco “Paris” para Oslo, onde chegan o dia 18. A comezo van residir nun
hotel pero tan cedo como o dia 23 van a compartir a casa do matriónio
Knudsen, en Wexhall, umha aldea a uns setenta kilómetros ao norte de
Oslo. Konrad Knudsen era deputado socialista no parlamento noruego.
Naquela casa vai gozar de acougo até que se desencadeen os
acontecimentos. Ao comezo todo vai sobre rodas, membros do governo e
do Partido Laborista agasalhan-no. Mesmo sae umha sua entrevista no
periódico do partido avalada polo próprio Ministro de Xustiza. Trótski
comeza a escreber umha das suas obras máis importantes “A revolución
traizoada”, que a concluiu o 4 de Agosto do 1936, inda que non se editará
até un ano despois, xa en México.
106
É umha obra imprescindíbel a nível teórico. Nela defende os logros
da revolución á par que explica e critica o nacimento da casta burocrática.
Xa vimos antes que para Trótski a burocrácia soviética non é umha nova
clase social senón umha casta parasitária que usufrutua umha parte
importante da riqueza que xenera a clase trabalhadora. Neste texto vai-no
deixar moi clarinho. Explica: “As tentativas de presentar á burocrácia
soviética como umha clase “capitalista de Estado” non resiste a crítica. A
burocrácia non ten títulos nen accións. Recluta-se, completa-se e renova-se
grazas a umha xerarquia administrativa, sen ter dereitos particulares en
matéria de propriedade. O funcionário non pode transmitir aos seus
herdeiros seu dereito de explotación do Estado. Os priviléxios da
burocrácia son abusos. Oculta os seus priviléxios e finxe non existir como
grupo social. A sua apropiación dumha imensa parte da renda nacional é un
feito de parasitismo social” (V.114, p.219). Claro, con esta dirección o
réxime soviético non pode perdurar eternamente. Asi, Trótski plantexa tres
hipóteses: primeira, que haxa umha revolución política na URSS conducida
“por un partido revolucionário que tenha todas as cualidades do velho
partido Bolchevique”, o que suporia a restauración da democrácia nos
sóviets e nos sindicatos e o reparto da renda nacional, é dicer, o
rexurdimento da revolución socialista. Segunda hipótese, que un partido
burgués derrube á casta soviética dirixente, o que equivaleria a que se
restaurase a propriedade privada dos meios de produción. Terceira hipótese
(olho, agora é cando os seus cavilares nos parecen hoxe proféticos xa que
conhecemos o derrube da URSS. Lembremos que o que vén está escrito no
ano 1937), a burocrácia continua á cabeza do Estado: “A evolución das
relacións sociais non cesa. É evidente que non pode pensar-se que a
burocrácia abdicará a favor da igualdade socialista. Xa desde agora viu-se
obrigada, apesares dos inconvintes que isto presenta, a restabelecer os
grados e condecoracións; no futuro, será inevitábel que busque apoio nas
relacións de propriedade (...). Os priviléxios que non se poden legar aos
filhos perden a metade do seu valor; o dereito a testar é inseparábel do
dereito de propriedade. Non abonda ser director dun trust, hai que ser
accionista. A vitória da burocrácia nese seitor decisivo crearia umha nova
clase poseedora” (V.114, p.222). Que pasaria se caese a Unión Soviética?
Trótski afirma: “A caida do réxime soviético provocaria infalibelmente o
derrube da economia planificada e, polo tanto, a liquidación da propriedade
estatalizada (...). A caida da ditadura burocrática actual, sen que fora
reemprazada por un novo poder socialista, anunciaria, tamén, o regreso ao
sistema capitalista cumha baixa catastrófica da economia e a cultura”
(V.114, p.220). Hoxe sabemos que isto foi exactamente o que aconteceu.
Trótski volvia predecir o futuro mercé ao seu extraordinário domínio do
método dialéctico.
107
Tan acougado se sentia Trótski en Wexhall que até pensou en
continuar coa biografia de Lénin. Mais, o Home propón e a História
dispón. Dous acontecimentos de grande magnitude histórica ian dar-se case
ao unísono: o comezo da Revolución espanhola e o primeiro xuizo de
Moscovo. El ia estar maniatado, non poderá participar verdadeiramente
nestes procesos. Inda que Trótski pensou en ir a Barcelona, mesmo de xeito
clandestino, na revolución non poderá intervir. Escribirá artigos e
comunicados aos que non se lhe sacou verdadeiro proveito polas
desavenéncias que tinhan el e Andreu Nin, ao que a casualidade histórica
acababa de pór en solitário ao fronte do POUM xa que o outro líder da
organización, Joaquin Maurin, fora detido polos fascistas e pasaria toda a
revolución e a guerra no cárcere. Tampouco ia poder actuar con liberdade
de acción contra as vil acusacións que se lhe lanzaban desde Moscovo
porque o governo noruego ia-o maniatar. Será seu filho maior, Liova, que
está na Franza, quen resposte ás calúnias stalinistas através do “Libro
Vermelho”.
32. A revolución espanhola
O golpe de Estado do 17-19 de Xulho do 1936 dado polos fascistas
trouxo o que queria evitar: a Revolución.
O 17 de Xulho comeza o pronunciamento dos militares desafectos á
República en Melilha, Ceuta, Tetuán e Larache. Contan os sublevados coa
parte máis profisional e selvaxe do exército, composto pola Lexión
(lumpens de calqueira parte) e polos Regulares (cuxos tabores están
formados por marroquis alienados polos colonizadores) acostumados a
obedecer e a matar. De imediato, a clase trabalhadora destas colónias
espanholas opón-se á sublevación, pero dado o seu corto número e a falta
de apoio peninsular é derrotada militarmente apesares de resisténcias
numantinas como, por exemplo, a de Larache onde os trabalhadores
resisten máis dun dia a embestida do exército colonial. A obsesión do líder
do exército colonial, xeneral Francisco Franco, vido desde as Cánárias en
avión, vai ser pasar este exército á península porque sen el o golpe de
Estado estaba condenado ao fracaso. A ineptitude do governo republicano,
a falta dun liderazgo revolucionário centralizado e as axudas de názis e
fascistas posibilitarán-lho.
Mentras o golpe de Estado se desenvolvia o governo republicano,
presidido por Casares Quiroga, non só non facia nada real, material, para
enfrentá-lo, senón que ademais impedia a distribución de armas á clase
obreira no conxunto do Estado baixo a ameaza de que quen tal cousa fixera
seria fusilado. Pero os acontecimentos aceleran-se e Casares Quiroga
dimite absolutamente desbordado polos sucesos. Porén Azaña, presidente
da República e tan tíbio como Casares, tenta a conciliación cos militares
108
sublevados e para este fin pide-lhe a Martínez Bárrio que forme governo.
Por que este proceder tan vacilante numha situación tan extrema? Porque
os políticos republicanos temen-lhe máis á clase trabalhadora que aos
militares, á revolución que á contra-revolución. Cando este proceder chega
á rua, a clase trabalhadora en Madrid dirixe-se por miles cara a Porta do Sol
berrando “traidores, traidores” e “armas, armas”. Perante a imposibilidade
de pactar cos militares alzados – porque estes negan-se – é nomeado José
Giral xefe do governo, este republicano comprende o óbvio: a
imprescindíbel necesidade de armar á clase operária, como se está pedindo
desde as organizacións obreiras, se se quer enfrentar o golpe de Estado,
polo que decreta a entrega de armas á clase trabalhadora – que xa se estaba
organizando en milícias através dos seus sindicatos e partidos.
Mais a indecisión do governo republicano e a caréncia dun
verdadeiro plano insurreccional nas organizacións da clase obreira (que
sempre foron a remolque dos acontecimentos), impediron que a clase
trabalhadora enfrentara politica e militarmente aos fascistas ali onde estes
non demoraron o golpe de Estado. A conxunción de estes tres factores
posibilitou que o pronunciamento trunfase na Galiza, Extremadura,
Castilla-León, Teruel, Huesca, Zaragoza e boa parte de Andalucia apesares
da feroz resisténcia da clase operária como testimumhan, por exemplo, os
casos ben conhecidos de Vigo e Sevilha. Só en casos como en Álava e
Navarra se pode entender o éxito da sublevación dos fascistas polo apoio
social, e á credulidade obreira hai que anotar que Oviedo se perdese para a
causa republicana.
Pero non todo estaba perdido. Basicamente armada e un pouco
coordinada, a clase trabalhadora derrota en toda linha aos militares
facciosos no resto do espazo peninsular.
O 19 de Xulho, a clase obreira en Barcelona, onde se xoga o destino
de toda Catalunya, infrinxe-lhe umha derrota total aos militares sublevados.
Tampouco aqui Companys, o presidente da Generalitat, queria entregar-lhe
armas á clase trabalhadora. Mais o proletariado requisara armas nos buques
do porto, nalguns cuarteis asi como nas armarias. A orde que tinhan os
militares sublevados en Barcelona era a de converxer sobre a Praza de
Catalunya. A clase operária non permitiu tal encontro porque lhe foi dando
a batalha aos militares fascistas ali onde os atopaba. Endebén, as colunas de
sublevados que conseguiron chegar á Praza de Catalunya ocupando o Hotel
Colón e o edifício de Telefónica foron imediatamente arrodeados por umha
morea de trabalhadores que tomaron os enclaves ao asalto, coa axuda de
militares, gardas de asalto e gardas civis leais á República. Na manhá do
luns 20 o xeneral Goded, vido de Malhorca para dirixir a sublevación e
seica un dos milhores estrategas militares dos fascistas, vendo que a
insurrección obreira abortara o alzamento militar e que a capitania xeneral,
onde se atopaba, estaba sitiada e bombardeada, rinde-se. A maioria dos
109
oficiais fascistas foron fusilados no lugar mentras Goded foi conducido á
Generalitat desde onde radiou a sua derrota. Porén, inda outras instalacións
militares deberon ser tomadas ao asalto destragando-se máis vidas de
trabalhadores, entre elas a do dirixente anarquista Francisco Ascaso.
Catalunya estaba en poder da clase obreira.
En Madrid, a clase trabalhadora estaba en folga xeral desde o dia 18.
Nas ruas levantan-se barricadas. Patrulhas de obreiros armados comezan a
percorrer a cidade. Apesares das forzas militares que habia na capital do
Estado, os militares sublevados comandados polo xeneral Fanjul, non só
non puderon conquistar a capital senón que só puderon converter en bastión
o Cuartel da Montanha, que tamén aloxaba a disensión. A clase
trabalhadora, apoiada por alguns militares, gardas de asalto e aviadores
leais á República, lanzou un ataque en masa e tomou o cuartel, pagando un
elevado prezo en vidas. Casi a totalidade dos sitiados foron pasados polas
armas ali mesmo, agás Fanjul e alguns oficiais que foron apresados. Os
obreiros repartiron-se as armas dos vencidos. Madrid quedaba nas maos da
clase trabalhadora.
No País Basco, agás Álava, foi a decisión da clase operária e a
lealdade ali do PNV á República o que permitiu que non trunfase a
sublevación militar. En Valéncia, os militares non sairon nen dos cuarteis
porque viron-se bloqueados pola clase obreira cuxas organizacións
ergueron un comité revolucionário denominado “Comité Executivo
Popular”. Santander e Asturies, coa excepción de Oviedo, tamén quedaron
nas maos da clase trabalhadora.
Ao dia 21, o Golpe de Estado como tal tinha fracasado xa que só
parte do território peninsular estaba en maos dos golpistas. Comezaba a
Revolución e a Guerra.
O Estado republicano estaba derrubado. Tanto na zona fascista
como no território revolucionário. Ali porque as forzas reaccionárias o
desmantelaran, aqui porque a clase trabalhadora o sustituiu. No território en
maos da clase obreira esta ergueu umha estrutura própia a base de comités
para enfrentar todo tipo de necesidades: militares, de transporte, de
produción, de educación, de subsisténcias. O poder republicano, o Estado
da IIª República, só existia formalmente. Asi, o governo de José Giral
estaba en Madrid pero a sua dependéncia da clase obreira era absoluta.
Aqui, na nominal capital da República, a clase trabalhadora expresaba-se
através do PSOE, da UGT e da CNT, o PCE só adquirirá forza real a
posteriori mercé á medida axuda stalinista e a plegar-se aos ditados de
Moscovo.
Barcelona era o Petrogrado da Revolución espanhola. Nela os
grandes edificios, oficiais ou privados, e os hoteis estaban ocupados polos
partidos e sindicatos da clase trabalhadora. Seus comités tinhan organizado
a produción, o ensino, a policia e as milícias. Case todas as igrexas foran
110
incendiadas, agás a catedral que permanecia pechada. Aqui as
organizacións dominantes da clase obreira eran as anarquistas CNT e FAI,
os comunistas do POUM e os estalinistas do PSUC. Destas organizacións
saian os representantes dos comités e os líderes da clase trabalhadora.
Por toda a zona leal, nos comités radicaba todo o poder. O poder
produtivo (fábricas), educativo (ensino), policial (detencións e
fusilamentos), xurídico (xuizos sumarísimos), militar (milícias), de
infraestruturas (telefonía e transportes). Enfin, todo o poder. Estes comités
estaban formados e dirixidos pola clase trabalhadora. As diversas
organizacións obreiras estaban representadas en función da sua incidéncia
social real, inda que tamén se lhe permitiu nalguns comités umha
representación aos partidos republicanos apesares de que a sua presenza
social era escasísima. Pero se o poder prático, real, de base, pertecia-lhe
exclusivamente a estes comités; se estes comités eran a manifestación do
poder en todas as esferas, este poder era fragmentário porque nengumha
organización obreira tinha un plano revolucionário, un programa que
soldase os comités para converté-los no embrión do Estado obreiro. As
organizacións proletárias foron sempre a remolque dos acontecimientos.
Foi ao calor dos sucesos onde a clase trabalhadora creou os comités
necesários tanto para a continuación da vida cotidiana como para enfrentar
aos fascistas. Pero as direccións das organizacións obreiras non estiveron á
altura da coxuntura revolucionária porque non foron capaces de levar á
clase trabalhadora á conquista do Estado socialista, e iso que os obreiros xa
o estaban creando pola base. As direccións e líderes do PSOE, UGT, FAI e
CNT, non souberon que facer coa revolución. O POUM non soubo que
facer na revolución. Isto levou á larga á restauración da estrutura de poder
republicano, que rexurdiu das cinzas, do derrube, pola incapacidade
política das direccións das organizacións proletárias.
Cando o 21 de Xulho umha representación das organizacións
obreiras se presenta no Pazo da Generalitat en Barcelona, é recibida por un
Companys que reconhece a sua absoluta insighnificáncia política por non
ter nengun poder social real. Asi, pergunta-lhes aos representantes da clase
trabalhadora que como tenhen vencido e todo está no seu poder que fai el,
se lhes é útil. Os representantes dos obreiros en vez de mandá-lo para a
casa permiten-lhe seguir sendo o presidente da Generalitat. O liderazgo
político da clase obreira en Barcelona, e por extensión, en Catalunya e en
boa parte de Aragón, era detentado fundamentalmente pola CNT e a FAI.
Asi, un dos seus líderes, o faista Diego Abad de Santillán dirá que puderon
tomar mil veces o poder pero que non o quixeron facer. Aqui está
implacabelmente demostrada a imbecilidade política profunda que presidia
a dirección do anarcosindicalismo en Catalunya. A caréncia da máis
mínima perspectiva revolucionária, de non ter nen idea que facer co poder,
de ser incapaces de construir un Estado obreiro, posibilitou a supervivéncia
111
dumhas estruturas políticas republicanas que foran en todo impotentes para
parar o golpe de Estado das reaccionárias clases dominantes espanholas
pero que poderán emerxer das cinzas pola incríbel estultícia dos “líderes”
obreiros. Líderes que crearon un Comité Central das Milícias Antifascistas
de Catalunya onde deixan entrar a todos os seitores políticos, ademais de
deixar en pé á moribunda Generalitat. A derrota política estaba servida por
este caminho, inda que tardaria algo en vir mercé á enerxia revolucionária
da clase trabalhadora. O POUM non tinha umha influéncia social en
Catalunya equiparábel á CNT, pero cometeu un erro táctico gravísimo ao
entrar no Governo da Generalitat porque con elo deixou escapar a
oportunidade de ser un ponto de referenza político para as próprias masas
da CNT que umha e outra vez verán traizoados os seus desexos
revolucionários pola dirección da CNT sen ter nengumha referenza
política, sen ter onde xirar. Deixar de ser esta referenxa foi o grande erro
político do POUM.
Pero o PSOE non lhe andaba á zaga á CNT-FAI na caréncia dumha
estratexia revolucionária. Isto non era produto de falta de dinámica
revolucionária por parte da clase obreira fóra de Catalunya. Ao revés. Ela
consolida os poderes locais, zonais, é dicer, o poder de base, o poder real.
Asi, en Valéncia forma un Comité Executivo Popular que derrota aos
reximentos facciosos, que aqui retrasaran a sua sublevación, e impón-se
politicamente a umha Xunta Delegada republicana que queria detentar o
poder. En Asturies, umha morea de comités controla o poder de base,
mentras que o Comité de Guerra, produto do acordo entre anarquistas e
socialistas, instala-se en Gijón. En Santander tamén manda un Comité de
Guerra. Mentras en Málaga o organismo político rector é o Comité de
Saude Pública. En Aragón o Conselho de Defensa, maioritariamente
anarquista, detenta todo o poder. Caso aparte foi o País Basco, onde o PNV
foi capaz de crear un Estado burgués. Agás este caso, toda a zona leal
estaba nas maos da clase trabalhadora . Pero nestas zonas a perspectiva
revolucionária das “direccións” das organizacións obreiras seguia sendo
nula.
O PSOE tinha un líder obreiro socialmente notábel, Largo Caballero.
Era querido e respetado por umha grande parte da clase trabalhadora. Home
honrado, carecia da preparación política necesária para elaborar umha
estratéxia revolucionária, inda que intuiu a necesidade de consolidar o
proceso revolucionário. A falta de preparación na política revolucionária
convertiu-no no xefe dun governo burgués e non proletário. O 4 de
Setembro do 1936 dimitia o governo de José Giral e constituia-se o
governo presidido por Largo Cabalhero. A importáncia social de Largo
Cabalhero ve-se claramente no feito de que foi elevado á presidéncia do
governo republicano por todos os que non o soportaban, pero que sí o
precisaban. Asi, Indalecio Prieto, que encarnaba a dereita do PSOE, e o
112
embaixador da URSS, Marcel Rosenberg, que representaba os intereses da
burocrácia stalinista, non o aturaban pero tiveron que facer todo o que
estaba na suas maos para elevá-lo á xefatura do governo. Por que? Pola
influéncia que Largo Cabalhero tinha sobre umha boa parte da clase
trabalhadora. Influéncia que provinha de que a clase obreira o consideraba,
con razón, como un dos seus. Esta, e non outra, foi a razón pola que
elementos anti-socialistas fixeron o imposíbel para elevar á presidéncia do
governo republicano ao socialista Largo Cabalhero. Isto demostra tamén
que o poder real estaba nas maos da clase obreira. Pero que un líder obreiro
se convertise no presidente dun governo democrático-burgués só podia
consolidar o Estado burgués. Efeitivamente, o governo republicano
lexitimaba-se ante a clase obreira ao ter ao frente do executivo a un líder
obreiro. Consolidación que se reforzará coa entrada da CNT no governo
republicano o 4 de Novembro. Garcia Oliver, Federica Montseny, Juan
López e Juan Peiró foron os ministros anarquistas. Asi quedaba ratificada a
absoluta bancarrota ideolóxica do anarquismo ibérico que non quixera
tomar o poder para a clase obreira pero que sí colaborará nun governo da
pequena-burguesia democrática.. O programa deste governo era “ganhar a
guerra”, despois viria a revolución.
Se o 4 de Setembro se formou o governo republicano en Madrid
presidido por Largo Caballero, o 26 do mesmo mes os “revolucionários”
cataláns permitian-lhe ao nominal presidente de Catalunya, Companys, a
formación dun governo da Generalitat, presidido por Josep Tarradellas, no
que figuraban representantes de todos os partidos e sindicatos proletários.
Era o comezo do fin da revolución. O 1 de Outubro o Comité Central das
Milícias Antifascistas integra-se no governo da Generalitat, o 9 do mesmo
mes un decreto da Generalitat disolve todos os comités locais e o 12 de
Decembro o POUM é expulsado do governo da Generalitat por presións do
PSUC. Asi, as organizacións obreiras en vez de consolidar o poder
revolucionário ligando aos comités numha sólida estrutura estatal socialista
e pondo en marcha un programa de governo socialista que consolidase a
socialización do poder que se daba pola base, lexitima o renacer do Estado
republicano, é dicer, do Estado democrático-burgués. Estado que nen servia
para construir o socialismo nen para enfrentar aos militares sublevados xa
que as “democráticas” Franza e Inglaterra non podian ser os seus valedores
porque un trunfo político-militar do Estado republicano sobre os fascistas
voltaria a pór na orde do dia o tema da revolución. Por isto, Franza e
Inglaterra en vez de apoiar ao renacido Estado republicano crearon o
cinicamente chamado “Comité de Non Intervención” que o único que fixo
foi posibilitar a descarada axuda názi-fascista aos militares sublevados,
mentras que cortaba a axuda das “democrácias” ao governo republicano. E
a URSS? Non mandou material bélico ao governo republicano? Apoiaba á
Revolución? Mandou material bélico, pero con contagostas e prévio pago.
113
Como sabemos a estas alturas do relato, no ano 1936 a burocrácia stalinista
estaba solidamente instalada na URSS. Ela tinha-lhe tanto medo á
revolución como as democrácias occidentais porque de trunfar o proceso
revolucionário no Estado espanhol teria posto na orde do dia a revolución
socialista en Europa o que de producir-se viria a descabalgar do poder á
burocrácia stalinista. Deste xeito, a URSS condicionou a sua axuda militar
a que se constitui-se un governo frentepopulista que só loitase a prol da
legalidade republicana (burguesa) e non pola revolución socialista. Para
garanter o éxito da sua política enviou cadros que guiaron politicamente ao
PCE e instalou á sua policia política para eliminar aos auténticos
comunistas, como era o caso dos militantes do POUM e das suas JCI
(Mocidades Comunistas Ibéricas), e á esquerda do movimento libertário.
Asi non é de extranhar que ao pouco de comezar o primeiro proceso de
Moscovo a Pravda moscovita do 17 de Decembro afirmara: “Na
Catalunya, a eliminación dos trotskistas e dos anarcosindicalistas xa
comezou; será levada a cabo coa mesma enerxia que na URSS” (V.89,
p.62). A declaración de intencións era ben explicita, sen equívocos.
O governo da Frente Popular adicou-se a consolidar os aparatos de
poder do Estado republicano. Asi, reconstituiu-se a policia, através dun
Conselho Superior de Seguridade, separando-a da clase obreira xa que se
lhes proibiu aos carabineros e aos gardas civis pertecer a un partido ou a un
sindicato. Militarizaron-se as milícias quitando-lhe toda eséncia de
ferramenta proletária xa que se chamou ás quintas a cumplir o servizo
militar en vez de vir os soldados através dos partidos e sindicatos da clase
obreira. Quita-se-lhe os nomes políticos ás colunas (Lénin, Carlos Marx,
Durrúti, etc.) ponhendo-lhes un número. Restabelecen-se os grados
militares, o saudo militar (mesmo fóra do servizo) e pon-se de novo en
vigor o antigo código de xustiza militar.
A clase obreira non pudo contestar harmonicamente este quefacer
restaurador do poder republicano porque dita restauración vinha avalada
pola participación das suas organizacións políticas no governo
frentepopulista. Inda asi na base da CNT e do POUM deu-se umha franca
oposición a todas estas medidas xa que se intuiu, acertadamente, que só se
poderia ganhar a guerra consolidando a revolución. Esta oposición das
bases cenetistas e poumistas manifestou-se abertamente nas Xornadas de
Maio en Barcelona, capital da revolución. A tensión acumulada entre o
governo e a base militante da CNT-POUM estralou o luns 3 de Maio do
1937 co incidente da Central Telefónica. Os estalinistas do PSUC, co aval
de Companys, quixeron tomar polas armas a Central que estaba desde o
comezo da revolución nas maos dun comité CNT-UGT. Non só foi
imposíbel a toma do edifício senón que ademáis a clase obreira en
Catalunya puxo-se espontaneamente en folga. Barcelona cubriu-se de
barricadas. A capital da revolución voltaba a estar directamente en poder da
114
clase obreira. Só o xoves 6 de Maio voltou-se a un aparente statu quo
anterior xa que umha vez máis a CNT chamou á calma aos seus militantes
e o POUM plegou-se á consigna. Foi o canto do cisne. As Xornadas de
Maio trouxeron como corolário a consolidación definitiva do Estado
republicano. A revolución estaba definitivamente perdida. Quedaba a
puntilha. O estalinista PCE, sentindo-se con azos renovados, pide no seo do
governo republicano, do que formaba parte, a disolución do POUM e a
detención dos seus dirixentes. Largo Cabalhero nega-se e os ministros da
CNT apoian-no. Tais son as presións sobre o velho socialista e tal é o
cámbio na relación de poder (a clase obreira xa estaba sometida
politicamente ao Estado republicano) que Largo Caballero ten que dimitir.
O 17 de Maio do 1937 anuncia-se a formación do governo Negrin. Nel non
participarán nen a UGT nen a CNT. O asasinato de Andreu Nin e o proceso
contra os dirixentes do POUM foi a guinda contra-revolucionária. A
revolución era cousa do pasado, no futuro esperaba a derrota.
33. Trótski, Nin e o POUM
O POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista), creara-se en
Barcelona o 29 de Setembro do 1935 numha xuntanza entre representantes
do Bloc Obrer i Camperol e da Izquierda Comunista. Seus líderes máis
conhecidos eran Joaquin Maurin (do BOC) e Andreu Nin (da IC). Maurin
nunca gozara da confianza de Trótski, que o calificara de “charlatán
provinciano” (V.95, p.207), non asi a Nin que mesmo foi seu camarada,
tradutor e membro da Oposición de Esquerdas.
No Abril do 1921 un Pleno Nacional da CNT envia umha delegación
á Rúsia dos Sóviets, ao IIIº Congreso da IC. Nela vai Andreu Nin. Ali,
perante a imposibilidade de que volte a Catalunya por correr perigo a sua
vida, vai ser nomeado membro do secretariado da Internacional Sindical
Vermelha (Profintern), cuxo secretário era Losóvski. Como axente da
Profintern estivo en vários países europeus, entre eles Alemanha e Itália.
Estaba precisamente neste ultimo país cando lhe chegou a notícia da morte
de Lénin. Nin foi durante a sua estadia na URSS o guia dos cataláns e
espanhois que acudian á Unión Soviética por razóns políticas. Asi, cando
Frances Maciá foi a Moscovo en Outubro do 1925 en petición de axuda
para facer un levantamento armado en Catalunya, Nin fixo-lhe de tradutor.
Nin contemplou a loita de fraccións que se estaba dirimindo no Partido
Bolchevique. Nunca simpatizou con Stálin e terminou-se por incorporar á
Oposición de Esquerdas, o que lhe acarreou a sua expulsión do secretariado
da Profintern e do Sóviet de Moscovo, para o que fora eleito no 1922.
Cando desterraron a Trótski a Almá-Atá Nin mantivo correspondéncia con
el, mesmo lhe enviou un libro de arte con murais de Diego Rivera, que,
casualidade da História, terminará sendo o anfitrión de Trótski en México.
115
Imposibilitado de exercer un trabalho político na Unión Soviética queria
voltar para Catalunya pero as autoridades moscovitas non lho permitian até
que Nin escrebeu umha rotunda carta ao CC do partido polo que foi
expulsado da URSS. Asi, en Setembro do 1930 Nin, coa sua mulher, Olga
Tareeva, e as duas filhas, Ira e Nora, saen da URSS. Ese mesmo mes
chegaba a Barcelona e punha-se a trabalhar de tradutor para ganhar-se a
vida.
Desde Barcelona Nin mantivo umha extensa correspondéncia
epistolar con Trótski, até polo menos o ano 1933, no que romperon
politicamente. Trótski pedia-lhe información da realidade no Estado
espanhol e facia-lhe suxeréncias políticas. Nin era por entón membro da
Oposición de Esquerdas, sección espanhola, que no 1932 vai-se
transformar na “Izquierda Comunista”. A IC e o Bloc van impulsar a
creación da Alianza Obreira, cuxo éxito maior dará-se en Asturies no 1934
xa que pasarán a formar parte dela o PSOE, UGT, CNT e o mesmo PCE.
Será precisamente a raiz do Outubro asturiano cando Nin, entre outros,
estime que é necesário a creación dun “partido revolucionário”.
A partires de Xunho do 1934 Trótski através do “xiro francés” vai
propor o “entrismo” nos partidos socialistas. Isto conectou coas propostas
dalguns membros da própria Izquierda Comunista, que terminaron-se indo
ao PSOE. Pero a maoria dos integrantes da IC, que serian arredor duns 50
en Catalunya, segueron na própria IC. En Setembro do 1934 o seu órgao, a
revista “Comunismo”, publicou un editorial no que afirmaba que habia que
manter “a independéncia da vangarda do proletariado” posición que
afirmaba-se ter “aprendido do noso dirixente [Trótski], inda a risco de ter
que facer umha parte do caminho separados del” (V.1, pp.372-373). O
fracaso da revolución asturiana vai a reafirmar o sentir da maioria da
Izquierda Comunista de construir o xérmolo do partido marxista no Estado
espanhol. Nin e Maurin falarán xa desta necesidade afinais do 1934.
A comezos do 1935 convoca-se umha xuntanza onde participan,
ademais da IC e o Bloc, Unió Socialista de Catalunya, Partiti Catalá
Proletari, Partiti Comunista de Catalunya e Agrupación Catalana do PSOE.
Afinal só o Bloc de Maurin e a IC de Nin chegan ao acordo. Nace o POUM
porque, como se di no documento do seu Comité Executivo de Febreiro do
1936, que podemos considerar como o Manifesto Fundacional do POUM:
“Sen partido revolucionário da clase trabalhadora non é posíbel a vitória da
revolución socialista. O fracaso da insurreizón de Outubro, no noso país,
foi debido, en primeiro lugar, á falta dese partido” (V.69, p.2). Afirma que
o POUM nace co “obxetivo capital” de acadar “a unidade revolucionária da
clase trabalhadora, premisa indispensábel para o trunfo da revolución
democrático-socialista no noso país” (V.69, p.2). Que a creación do POUM
foi un acerto dino-lo o seu medre: se en Xulho do 1936 contaba cuns 6.000
afiliados (a maioria do Bloc), en Decembro dese ano xa tinha entre 30 e
116
45.000 mil. Tinha seis periódicos diários, vários semanários, a Editorial
Marxista, e estaba-se extendendo polo conxunto do Estado: Galiza,
Madrid, Asturies, Extremadura, Euskádi, Santander. Tamén contará
cumhas dinámicas mocidades, a Juventud Comunista Ibérica (JCI).
Que o nacimento do POUM foi un acerto táctico ratifican-no os
dados que acabamos de dar. Agora ben, a dirección do POUM estivo á
altura das circunstáncias revolucionárias? É aqui onde se entenden as
críticas políticas de Trótski, as pasadas e as que virán. Certo é que Trótski
empregou umha linguaxe moi descarnada, que feriu moitas honradas
sensibilidades e que non axudou para sumar adeptos. Umha critica que lhe
formula Trótski ao POUM e a sua participación na coaligazón da Frente
Popular, que en Catalunya denominaba-se “Frente de Izquierdas”. Aqui
Trótski non debeu contar con información dabondo porque se ben a sua
crítica á Frente Popular é impoluta desde a óptica da defensa dos intereses
da clase trabalhadora non debeu saber que o POUM o asinara criticamente.
De non te-lo asinado corria o risco de quedar-se isolado da clase
trabalhadora que via o frentismo como a maneira de sacar aos miles dos
seus presos á rua por mor da anistia. De tal xeito foi asi que a mesma
“apolítica” CNT non se opuxo a que a sua base votase á Frente Popular. O
desexo de unidade da clase obreira era claro. Podia-se participar nas
eleicións pero indicando que o programa da Frente non era un programa
que defendese os intereses da clase trabalhadora.
Cando en Xulho do 1936 se deu o Golpe de Estado que trouxo o
comezo da Revolución, o POUM cometeu un erro político de enorme
trascendéncia para o imediato futuro: entrar no Governo da Generalitat. O
POUM non soubo ter a paciéncia revolucionária necesária para criticar a
entrada no governo pequeno-burgués da Generalitat das organizacións
obreiras. Aqui non podia haber concesións xa que a entrada dumha
organización obreira nun governo pequeno-burgués só afortala á pequena-
burguesia, como aconteceu. As críticas de Trótski foron severísimas, como
non podian ser doutra maneira desde a óptica marxista. No próprio POUM
a decisión non foi unánime, moitos menos na sua mocidade, a JCI. Esta
decisión impediu que o POUM se convertese nun ponto de referenza para a
base militante da CNT, maioritária en Catalunya. Asi, cando se deron as
Xornadas de Maio do 1937, en que o proletariado barcelonés botou-se
espontaneamente á rua para parar a contra-revolución orquestada desde o
Governo da Generalitat, o POUM non pudo xogar un papel dirixente e o
seu proceder pode-se calificar de timorato ou de querer e non poder. O
POUM pagou co asasinato de Nin e doutros camaradas, coa sua
ilegalización e co proceso á sua dirección, os seus próprios erros políticos.
Na revolución só existe a vitória ou a derrota. Agora ben, o POUM,
apesares de todos os seus enormes erros políticos, foi, en palabras de
117
Trótski “a organización política máis honesta de Espanha” (V.96, p.148).
Errou pero non traicionou.
Estaba Trótski en México cando lhe chegou a notícia de que os
stalinistas asasinaran en Xunho a Nin. O 8 de Agosto do 1937 fixo a
seguinte declaración: “Nin é un velho revolucionário incorruptíbel.
Defendia os intereses do povo espanhol e combatia á burocrácia soviética
(...). Apesares das minhas diverxéncias co POUM, debo reconhecer que na
loita de Nin contra a burocrácia soviética, a xustiza estaba enteiramente do
seu lado. Esforzaba-se por defender a independéncia do proletariado
espanhol contra as maquinacións diplomáticas da camarilha que ocupa o
poder en Moscovo. Rexeitou colaborar coa GPU para arruinar os intereses
do proletariado espanhol. Este foi o seu único crime. Ese é o crime que
pagou coa sua vida” (V.96, p.69-70). E Trótski non se adicaba a facer
obituários formais. Nin era un seu camarada porque desexaba
apaixoadamente o trunfo da revolución socialista. Trótski criticou-no
ferozmente cando consideraba que os seus erros tácticos lhe
imposibilitaban a sua conquista. A discrepáncia non estaba no obxetivo a
conquistar senón en como conquistá-lo. Non entender isto é non entender a
relación Trótski-Nin.
34. O Primeiro Proceso de Moscovo
Era o 15 de Agosto do 1936, Trótski e Knudsen estaban de excursión
numha ilha deserta nun fiordo do sul de Noruega. Nun transmisor
escoitaron a notícia de que en Moscovo acababa-se de anunciar que
Zinóviev, Kámenev e outros catorce membros do partido ian ser
procesados por terrorismo e traición. Ademais decia-se que Trótski era o
director dos acusados e que estaba mandando desde Noruega terroristas á
URSS. Regresaron a toda presa a Vexhall. Trótski puxo-se imediatamente a
rexeitar aquelas viles acusacións. Deu a explicación íntima do proceso:
“Stálin está montando este proceso co fin de reprimir o descontento e a
oposición. A burocrácia governante considera toda crítica e todo xeito de
oposición como umha conspiración” (V.24, p.303). O 19 e o 20 de Agosto
seguiu por rádio a información sobre o proceso, os diceres surrealistas do
fiscal e dos acusados. A razón, a lóxica, eran prostituidas. Os diálogos entre
o fiscal Andrei Vishinski e Grigóri Zinóviev asemelhaban umha conversa
de tarados: Zinóviev reconhecia ser un pérfido, un traidor, un-calqueira-
cousa menos umha persoa. Era o comezo do Primeiro Proceso de
Moscovo, que se celebrou do 19 ao 24 daquel mes de Agosto. Zinóviev era
o encausado de máis renome, pero estaban tamén outros ex bolcheviques
ben conhecidos: Kámenev, el e Zinóviev foran íntimos colaboradores de
Lénin no exílio. Iván Smirnov, que dirixera a derrota do xeneral branco
Kolchak e que pertecera ao Conselho Militar Revolucionário que presidira
118
Trótski, o creador do Exército Vermelho e primeirísimo tribuno da
Revolución de Outubro e ao que agora denunciaban como “o organizador
deste bloco terrorista contra-revolucionário” (V.24, p.306), por boca de
Bakáiev, un xefe da Checa durante os anos heróicos da guerra civil. En
total eran dezaseis encausados, que foron fusilados umha hora despois de
pronunciar-se a sentenza, o 24 de Agosto. O acusador de todos estes ex
militantes revolucionários era o ex menchevique Andrei Vishinski cuxo
papel na revolución foi de ausente. El era o látigo de Stálin, o seu fiscal
xeneral desde o 1935.
Trótski pon-se a respostar todo aquel infamante andamiaxe, concede
umha extensa entrevista ao periódico dos socialdemócratas suecos,
Arbeiderbladet, que se publica o dia 21 e que o xornal anúncia cos titulares
“Trótski afirma que as acusacións de Moscovo son falsas” (V.24, p.307).
Prepara declaracións para a prensa de diferentes países, quere explicar o
por que dos procesos e defender o honor dos revolucionários. Pero nesta
loita tamén vai entrar en liza o governo socialdemócrata noruego,
maniatando, isolando a Trótski, impedindo-lhe que se defenda. Primeiro
exixe-lhe que asine umha declaración que pide que se abstenha de intervir
directa ou indirectamente, de xeito oral ou por escrito, nas cuestións
políticas doutros países. Vinha a ser umha petición semelhante á que fixera
presentar Stálin en Almá-Atá. Rexeita umha como rexeitara a outra, con
desprezo. A polícia noruega puxo-o entón baixo arresto domiciliário. Deste
xeito, Trótski quedaba imposibilitado para facer frente ao torrente de
calúnias que provinhan de Moscovo. Agora Moscovo non só contaba co
imenso poder do seu Estado e dos seus amigos e plumíferos do orbe para
divulgar aos catro ventos a calúnia senón que ademais o democrático
governo de Noruega amordazaba a Trótski. Stálin non queria nen un
combate desigual, polo que presionou sobre o governo noruego para que
fixera calar a Trótski. Se Trótski seguia no uso da palabra perigaba o
comércio coa URSS. Os negócios son os negócios, e o governo noruego
maniatou a Trótski, recluiu-no na casa impedindo-lhe toda actividade
pública.
O dia 28 Trótski compareceu nos xuzgados de Oslo para testimoniar
sobre un asalto que uns seguidores do pro-názi noruego Quisling, que
pasará á História como prototipo do lacaio nacional vendido a Hitler,
fixeran á casa donde estaba aloxado. O interrogatório tornou-se nun ataque
contra o agredido e non nun intento de descubrir o por que do proceder dos
asaltantes. Resultou que quen violara as leis fora Trótski e non os asaltantes
pro-názis que lhe roubaran alguns papeis. A continuación, a policia
noruega conduxo a Trótski ao Ministério de Xustiza onde o mesmo
Ministro lhe presentou a Trótski un documento para que este o asinara onde
se recolhia outravolta a eséncia da petición que xa lhe formularan o dia 26
dous policias mandados para tal fin. A petición era similar: que se abstivera
119
de toda actividade política e que sometera toda a sua correspondéncia á
censura. Trótski respostou-lhe ao ministro Trygve Lie con desprezo, como
se atrevia a facer-lhe tal petición a un revolucionário. Por que entón o
Ministro mesmo fixera de xornalista na primeira entrevista que Trótski
concedera en Noruega se isto contravinha o acordado. Perguntou-lhe ao
Ministro se o Governo de Noruega, diante das peticións da prensa pro-názi,
ia permitir cuns esbirros de Hitler lhe dixeran o que tinha que facer. E
sentenciou: “Este é o primeiro acto de capitulación frente ao nazismo no
voso próprio país. Pagaredes por elo. Sentides-vos seguros e en liberdade
de tratar a un exiliado político como vos ven en gana. Pero está perto o dia
–lembrade-o!!- en que os názis expulsarán-vos do voso país, a todos
vosoutros xunto co voso Pantoffel-Minister-President” (V.24, p.312).
Efeitivamente, isto aconteceu cando Hitler invadiu Noruega. O método
permitia-lhe exercer de profeta. A contestación do Ministro foi acrecentar
os rigores da reclusión de Trótski deportando aos seus dous secretários e
colocando gardas no interior da casa do matrimónio noruego que acolhera a
Trótski para que este non pudera nen comunicar-se con eles. Como todo
este proceder non era legal o Ministro conqueriu co rei noruego asinara o
29 de Outubro un decreto único para aplicar-lhe a Trótski. Asi, o 2 de
Setembro ordenou o traslado de Trótski e Nataxa a Sundby, umha aldea a
36 kilómetros ao sudoeste de Oslo. Ali pechou-no numha casa con vinte
policias. Ninguén tinha permiso para entrar, agás os seus avogados, o
noruego e o francés. Tinha que someter a sua correspondéncia á censura e
pedir un permiso para obter un periódico. Proibiu-se-lhe mesmo pasear fóra
da casa. Até se chegou a proibir-lhe escoitar a rádio. Trótski tentou eludir
aquela reclusión demandando perante os tribunais noruegos por difamación
a un názi en a un stalinista que na prensa noruega repetiran as acusacións
que lhe facia o fiscal Vishinski en Moscovo. O avogado noruego formulou
a demanda e cando xa o xuzgado ia citar a Trótski interviu o Ministro de
Xustiza e suspendeu os trámites. Pero isto inda non foi dabondo, a Trótski
impediron-lhe mesmo demandar a alguén no extranxeiro.
Trótski escrebeu-lhe ao seu filho Liova: “Estou completamente
indefenso. Debes obrar pola tua própria iniciativa e enterar disto aos
amigos” (V.24, p.315). Liova puxo-se maos á obra. O froito máis
importante do seu quefacer foi o “Libro Vermelho”, onde rexeitaba polo
miudo as falsificacións do primeiro proceso de Moscovo. Nun artigo do 20
de Febreiro do 1938 Trótski contará o que sentiu cando recibiu o primeiro
exemplar: “Que don tan valioso foi para nós (...) o libro de Liova, a
primeira resposta aplastante aos falsificadores do Kremlin! Lembro-me
que as primeiras páxinas pareceron-me deslucidas. Debia-se a que nelas só
se trataba de reafirmar umha apreciación política, xa feita con anterioridade
(...). Pero apartires do momento en que o autor se fixo cargo dumha análise
120
própria do xuizo quedei completamente absorto. Cada capítulo que lia
parecia-me milhor que o anterior” (V.117).
Mentra tanto, na Franza formara-se umha comisión investigadora
sobre este primeiro xuizo en Moscovo, presidida polo avogado francés de
Trótski, Gérard Rosenthal. Pero foi no Estado espanhol onde as denúncias
contra o proceder do Kremlin lhe doeron máis a este. Estaba-se en pleno
proceso revolucionário e o Comité Executivo do POUM, por iniciativa de
Andreu Nin, rexeitaba publicamente, o 28 de Agosto no seu voceiro “La
Batalla”, os fusilamentos dos velhos bolcheviques e as calúnias a Trótski:
“Somos socialistas revolucionários, marxistas. En nome do socialismo e da
clase obreira revolucionária, protestamos enerxicamente contra o
monstruoso crime que acaba de perpetrar-se en Moscovo (...). Trótski é
para nós, á beira de Lénin, un dos grandes xefes da Revolución de Outubro,
é un grande escritor socialista revolucionário. Inxuriado e perseguido,
expresamos-lhe a nosa solidariedade revolucionária, sen ocultar por iso as
nosas discrepáncias con algumhas das suas apreciacións” (V.1, pp.401-
402). Xusto o contrário do que decian as publicacións do PSUC e do PCE,
que xustificaban o cínico e criminal proceder de Stálin e inxuriaban aos
verdadeiros comunistas, os militantes do POUM.
Para Trótski Noruega era umha prisión. Tinha que fuxir dela. Inda
que Trótski non queria deixar Europa, porque era o teatro de operacións, a
realidade impunha-se e partidários e amigos estaban tentando conseguer un
visado para México. Nestas peticións a Lázaro Cárdenas, o Presidente de
México, tamén participou un emisário de Andreu Nin cando este exercia
de Conselheiro de Xustiza no Governo da Generalitat. O Presidente de
México concedeu-lhe asilo a Trótski. O Velho non pudo evitar certa
aprensión debido a que o Ministro de Xustiza noruego lhe dixo que tinha
que embarcar ipso facto para México. E inda que Trótski lhe pediu que
primeiro o puxera en liberdade, que lhe permitira arranxar os seus asuntos e
pór-se en comunicación cos seus amigos e co governo mexicano obtivo un
non rotundo por resposta. Por fin, o 19 de Decembro do 1936, Trótski e
Nataxa son embarcados no petroleiro “Ruth” na companha dumha escolta
policial, que conta co názi Jonas Lie, e que se encargou de manter isolado a
Trótski inda na metade do Atlántico xa que non lhe permitian nen escoitar
a rádio. Era o derradeiro proceder democrático que o governo noruego
exércia sobre o velho bolchevique. México era o destino, o final do
caminho.
121
IV. O FINAL DO CAMINHO
35. México
Era o 9 de Xaneiro do 1937 cando Trótski e Nataxa entraban no
Golfo de México a bordo do petroleiro Ruth e atracaban en Tampico,
cidade mexicana na desembocadura do rio Pánuco. Umha barcaza achegou-
se para recolhé-los e desembarcá-los no peirao. Ali estaban para recibi-los
Frida Kahlo, a companheira de Diego Rivera, George Novack, que numha
cea co presidente estadounidense Roosevelt pediu-lhe o visado para Trótski
e perante a sorpresiva petición contestou que tinha que consultar co
Departamento de Estado, que, por certo, nunca o otorgou. Estaban tamén o
camarada Max Shachtman e o xeneral mexicano Beltrán, en representación
do presidente Lázaro Cardenas. Este puxera a disposición de Trótski o seu
tren privado “Hidalgo”, nome con claras conotacións revolucionárias
porque é o daquel cura que o 16 de Setembro do 1810 fixo repicar a
campana da igrexa de Dolores, o “berro” que comezou a loita para liberar á
nación mexicana da imperialista Espanha. Entraron todos emocionados no
tren e puxeron-se a cantar corridos da revolución mexicana e outras
cancións. Trótski e Nataxa deberon pensar que estaban noutro mundo.
Efeitivamente, asi no-lo di o mesmo Trótski: “Saindo dumha atmósfera
desacougante e de cansas incertidumes, atopamos en todos os lados
atención e hospitalidade” (V.10, p.22).
Diego Rivera, o máis grande dos muralistas mexicanos, puxo á
disposición de Trótski e Nataxa a sua “Casa Azul” do bárrio federal de
Coyoacán, na Avenida Londres. Umha residéncia que Nataxa describiu
como “umha casa azul dun só piso, un pátio cheo de prantas, uns salóns
frescos, coleicións de arte pre-colombino, cadros en profusión” (V.10,
p.23). Aqui ian viver até Marzo do 1939.
A este ambiente xeral veu-se a sumar Frida Kahlo, mulher fermosa,
intelixente e apaixoada. Para ela Trótski non debeu ser só ese eslavo
maduro de olhos azuis de mirada profunda e porte viril, senón tamén o
mítico tribuno da Revolución de Outubro e o férreo creador do Exército
Vermelho. Para el Frida debeu supor as renovadas ganhas de viver, de
sentir-se inda xoven e desexado. Cruzaron-se notas e cartas diante de
Nataxa e Diego Rivera nun proceder que nos indica umha ondonada de
paixón frenética, primeiriza. Consumaron sexualmente a sua paixón? Non o
sabemos, pero oxalá por eles xa que o amor é a forma suprema de goce. O
que sí sabemos é que a aventura amorosa de Trótski trouxo umha pequena
crise ao seu matrimónio. Nataxa resultou ferida inda que Trótski reafirmou-
se no amor e na paixón que sentia por ela. Ademais, o deber político quel
122
se impuxera non permitia continuar a aventura. As augas voltaron ao cauce
consumido o desborde.
Non todo era cor de rosa, o Partido Comunista de México (PCM) e a
Confederación de Trabalhadores Mexicanos (CTM) eran bastións
stalinistas e merce á sua importáncia social tinhan un importante peso
político no país. Desde o comezo estiveron en desacordo coa decisión de
Cárdenas, polo que recibiron a Trótski como “o xefe da vangarda da
contra-revolución” (V.24, p.326). Ademais, en México, polo seu carácter
de país hospitalário cos loitadores anti-fascistas, arribaron con todo tipo de
facilidades colaboradores e axentes da GPU. Habia, pois, que protexer a
Trótski, esa foi a primeira preocupación dos seus amigos e camaradas.
Ao pouco de estar instalado Trótski daba-se en Moscovo o segundo
proceso, durará umha semana, entre o 23 e o 30 de Xaneiro. Son acusados
dezasete membros do fenecido Partido Bolchevique. As acusacións son tan
delirantes, surrealistas, como no primeiro xuizo. Entre os acusados están
Piatákov, Rádek, Sokólnikov... que son presentados como uns peleles de
Trótski e que tinhan como obxetivo derrocar pola violéncia o poder
soviético para restaurar o capitalismo. Eran o “centro trostkista paralelo”.
(V.9, p.24). Seu xefe, Trótski, era un axente de Hitler. Trece dos
encausados son condeados a morte e outros catro a prisión. Ali serán
enviados Rádek e Sokolnikov por dez anos, pero en Maio do 1939 uns
reclusos machacarán-lhes a cabeza perante a indeferenza dos gardas. Pero a
inquina de Stálin non termina aqui, de feito os procesos non son máis que a
ponta do iceberg da xigantesca e brutal matanza de opositores. Esta acada
até os próprios stalinistas, tanto é asi que un íntimo seguidor de Stálin,
Ordjonikidze, suicida-se o 18 de Febreiro despois de que lhe fusilen ao seu
irmao.
Sabemos por Natália como lhes impactou a ela e a Trótski esta
espiral de calúnias e violéncia: “escoitabamos a rádio, abriamos a
correspondéncia e os periódicos de Moscovo e sentiamos que a tolaria, o
absurdo, a ultraxe o fraude e o sangue nos inundaban por todas as partes”
(V.24, p.329). Trótski aprestou-se á loita, aqui non estaba maniatado como
en Noruega. Asi, a víspera de finalizar o segundo proceso, o dia 29, retou
publicamente a Stálin. Que pedira a extradición. El entregaria-se
voluntariamente se umha soa das acusacións que se lhe facian fora verdade:
”Escoitan-me os acusadores do Kremlin. Verto o meu desafio á cara e
espero a resposta” (V.24, p.330). Non a houbo porque de dar-se, de ter
pedido Stálin a extradición, teria-se que celebrar un xuizo fóra da URSS e o
xeorxiano sabia que Trotski o convertiria numha tribuna pública desde
onde denunciaria os seus crimes. Mais, o Velho non se conformou coa
calada por resposta e puxo-se a trabalhar para organizar un tribunal que o
xuzgase. Queria deixar limpo para a História o seu honor de revolucionário.
Seu filho, camaradas e amigos non estaban moi dacordo porque aquelo
123
suporia un enorme esforzo e coidaban que non era necesário, pero Trótski
teimou e o proxecto levou-se adiante. Deste xeito, en Marzo formou-se
umha comisión de investigación que se encargaria do proceso. Estaba
formada por Alfred Rosmer, Otto Ruhle, Wendelin Thomas, Carlos Tresca,
Suzanne La Follette, Benjamin Stolberg, John R. Chamberlain, Edwar
Ross, Carleton Beals e Francisco Zamora. Presidiá-a o filósofo
estadounidense John Dewey, daqui o nome co que se conhece á comisión.
A “Comisión Dewey” sesionou do 10 ao 17 de Abril, na “Casa
Azul”, protexida para a ocasión pola policia mexicana. John Dewey
afirmou, antes de inaugurar-se as sesións, que a “nosa función consiste en
escoitar calqueira testimónio que o senhor Trótski tenha a ben presentar-
nos, interrogá-lo e presentar os resultados da nosa investigación ao pleno
da Comisión da cal formamos parte” (V.24, p.340). Dewey invitou á
embaixada soviética e aos Partidos Comunistas de México e os EEUU a
participar no interrogatório a Trótski. Non obtivo resposta.
As sesións deron-se en xeral nun bon clima pero isto non evitou os
enfrentamentos ideolóxicos mercé á diferente conceición do mundo entre
alguns interrogadores e o próprio Trótski. Asi, John Dewey entendia que o
stalinismo era umha prolongación, non umha deformación, do
bolchevismo. Trótski, polo contrário, afirmou que o stalinismo existia
porque a revolución non se extendera fóra da Rúsia soviética. Dewey
perguntou-lhe a Trótski: “Quixera saber que razóns nos permiten pensar
que a ditadura do proletariado, ou o que sexa, non dexenerará en ditadura
do secretariado” (V.10, p.33). A resposta foi: “A fórmula é excelente, pero
tenho que contestar que inda que hoxe a ditadura do secretariado domina
Rúsia, é un progreso importante se a comparamos coa ditadura do zar.
Ademais, a ditadura do secretariado é provocada polo atraso do país e o seu
ilhamento. Os países máis civilizados, menos isolados, conheceran
daquelas umha ditadura máis sana, máis democrática e moito máis corta”
(V.10, p.33).
Para os colaboradores de Trótski este proceso signhificou umha
ardua tarefa. Centos de documentos foron desembalados, traducidos e
explicados á Comisión. Asimesmo, Trótski impuxo-se falar en inglés para
ter un contacto directo coa comisión. Deste xeito privou-se do poder da sua
oratória xa que o inglés falaba-o moi mal pero era o idioma que entendian
todos os integrantes da comisión. Porén, erros de vocabulario ou de sintaxe
non foron obstáculos para que el explicara a sua actividade política de
revolucionário ao longo dos anos porque a verdade florece mesmo entre as
equivocacións formais. Trótski resumiu os seus argumentos o dia 17, na
derradeira audiéncia pública da comisión. Despois de expor o método
obrigatoriamente incoerente dos procesos de Moscovo por estar
construidos na mentira, conclue a sua exposición cumha apaixoada
declaración: “A experiéncia da minha vida, na que non escasearon nen os
124
trunfos nen os fracasos, non só non destruiu a minha fe no claro e luminoso
porvir da humanidade, senón que, polo contrário, deu-me un temple
indestrutíbel. Esta fe na razón, na verdade, na solidariedade humana, que á
idade de dazaoito anos levei conmigo ás barriadas obreiras da cidade
provinciana rusa de Nicoláiev, conservo-a plena e completamente. Fixo-se
máis madura pero non menos ardente” (V.24, p.346).
A comisión emitiu o seu veredito pasados uns meses, o 12 de
Decembro. Sentenza que Trótski e o seu filho Liova son inocentes dos
cargos que lhes imputan desde Moscovo. Trótski conseguira o seu
obxetivo, restaurar o seu honor de revolucionário perante un tribunal. Porén
os ecos do proceso foron pequenos na Europa convulsionada pola Guerra
Civil espanhola e polo ascenso do fascismo, pero ali quedaba perante a
História. Non é casual esta teimosia de Trótski, é un proceder próprio dun
revolucionário que trabalha non só para o presente senón tamén para o
porvir. Asi entende-se a semelhante teimosia dos comunistas do POUM
por reivindicar a sua eséncia de revolucionários no xuizo que os stalinistas
forzaron en Barcelona en Outubro do 1938. Para os revolucionários o don
máis preciado é a verdade.
36. Máis horror stalinista
O mariscal Mijail Tujachésvski era detido o 22 de Maio daquel 1937.
Ao pouco procede-se á detención de outros altos mandos militares. Todos
eles formarian parte dun “complot militar-fascista-trotskista” (V.61, p.545).
Ademais, di-se-lhes que son uns espias ao servizo da Alemanha názi e do
Xapón imperialista. Son procesados e fusilados. Isto era un brutal ataque
directo á seguridade do Estado soviético. Todos eles tinhan experiéncia
bélica ganhada na Guerra Civil e un grande nível teórico. Baixo a dirección
de Tujachésvski o alto mando do Exército Vermelho é teoricamente o máis
avanzado de Europa: disenha, antes que ninguén, batalhas de carros de
combate e a utilización dos tanques como pota de lanza dos exércitos no
que denominaron “batalhas profundas” (V.68, p.35). Os militares
soviéticos crearan o seu primer corpo mecanizado no Outono do 1932, tres
anos antes que as primeiras divisións blindadas alemanas. Os paracaidistas
do Exército Vermelho fixeran xa o seu primeiro lanzamento en masa no
ano 1936, moitos antes que os alemanes. Trabalharan por ter umha
infraestrutura que posibilitase umha poderosa forza aérea, e ia-se no
caminho correcto. Stálin non contento con atacar á élite do Exército
Vermelho, continua coa purga nos cadros intermédios, na oficialidade. A
selvaxe purga de Stálin pode-se resumir en números: asasinou a 3 dos 5
mariscais, a 14 dos 16 comandantes de exército, a 60 dos 67 comandantes
de corpo, a 136 dos 199 comandantes de división, a todos os comisários
adxuntos de defensa e a todos os comandantes de distrito militar, a 35.000
125
oficiais, a metade dos que tinha o exército. Stálin debilitou de tal xeito ao
Exército Vermelho que este non saberá oponher-se ao ataque názi o que lhe
suporá á URSS a perda de milhóns de vidas, o derrube dumha grande parte
das suas infraestruturas e indústrias e a perda temporal de boa parte do seu
território europeu. Toda umha catástrofe social e económica producida pola
parasitária casta burocrática encabezada por Stálin. A aniquilación do
próprio Exército Vermelho era umha demostración empírica máis de que a
casta governante xa era un corpo parasitário na sociedade soviética. Na
Segunda Guerra Mundial a sociedade soviética derrotará ao exército
alemán apesares desta casta burocrática.
O 4 de Setembro descubre-se o corpo sen vida de Ignace Reiss perto
de Lausana, Suiza. Fora asasinado. Reiss era xefe dumha ponla do servizo
secreto soviético de espionaxe na Europa. Diante de tanta purga, de tanta
violencia sen senso, achegou-se ás teses de Trótski e puxo-se en contacto
con este através de Liova. Informou que Stálin pretendia aniquilar
fisicamente aos trótskistas tamén fóra da URSS e de que a GPU tinha
espias no se seo. Non só narrou a brutalidade coa que a GPU conseguia as
confesións senón que tamén contou que os xóvenes comunistas non se
sometian ao réxime da burocrácia. O 18 de Xulho mandou desde Paris
umha carta a Moscovo onde comunicaba que rompia co stalinismo e que se
aderia á Cuarta Internacional.
O aviso de Reiss, que Stálin queria exterminar aos trotskistas, non
caeu en saco roto. Militantes trotskistas comezaron-se a sentir seriamente
preocupados pola seguridade do filho maior de Trótski, Lev Sedov, Liova
para os camaradas e “O Neno” para a GPU. Tanto foi asi que chegaron
cartas a México pedindo que Liova fora sacado de Paris. Liova dirixia a
edición do “Boletin da Oposición” en ruso, era ponto de referenza para os
que fuxian do stalinismo e facia mil encargos de Trótski. Porén, non se
relacionaba demasiado cos trotskistas na Franza, que moitas veces andaban
á grenha. Confiaba decididamente en Étienne Zboroswski, que era un
axente da GPU. Liova levaba umha vida de moita tensión e de privacións
materiais polo que non é de extranhar que enfermara. O que é dificil de
comprender é como foi parar a umha clínica privada rexentada por
exiliados rusos cando os trotskistas franceses contaban con simpatizantes
entre eminentes médicos. A cuestión é que foi a esta clínica na companha
da sua companheira Jeanne e Étienne. Asi, o 8 de Febreiro do 1938
ingresaba na clínica para que o operasen de apendicites. Operan-no aquel
mesmo dia sen complicacións. Porén catro dias despois Liova deambula
desnudo e semi-inconsciente pola clínica. O médico francés que o operara
non se explicaba o que lhe pasara ao rapaz. Voltan-no a operar. Agora en
vao. Morre o 16 de Febreiro, tinha 32 anos.
Cando chega a notícia a Coyoacán Trótski está en Chapultepec, na
casa dun simpatizante por temor a un atentado. A notícia recolhe-a Jan van
126
Heijenoort, que lha oculta a Natália e vai en busca de Diego Rivera para
recolher a Trótski. Diego dá-lhe a notícia a Trótski, que pergunta se a sabe
Nataxa. Imediatamente parten os tres en coche a Coyoacán. Ali Trótski e
Nataxa pechan-se na sua habitación durante uns dias. O que sentiu Trótski
pola morte do seu filho maior pode-se entrever nos seus escritos. No artigo
do 20 de Febreiro queda exposta con argumentada claridade que Liova non
era só o seu filho senón un seu camarada. Un camarada íntimo por decisión
própria e non por ser o filho de Trótski. Un camarada que estando na URSS
foi-se a viver fóra do Kremlin e que se negaba a utilizar os coches oficiais
dos governantes soviéticos. Un camarada imprescindíbel no desterro e no
exílio mercé ao seu variadísimo trabalho, mesmo literário cando Trótski
estaba impedido como foi o caso do “Libro Vermelho dos Xuizos de
Moscovo”. Tal era o nível de camarada que tinha Liova para Trótski que
este afirma que “a nosa solidariedade ideolóxica fixerá-se carne en nós”
(V.117). Liova era un camarada porque “era fiel a si mesmo, serviu á causa
dos oprimidos sen vacilacións. Das maos da natureza e da história saiu
como un home de temple heroico” (V.117). A GPU sabia ben a quen fixera
morrer. Liova non era só un filho de Trótski, era un comunista cumha
experiéncia tan directa da Revolución de Outubro e da burocrácia soviética
que o facian un militante marxista formidábel. Un militante asi que, inda
por riba, fora o filho de Trótski e, polo tanto, o seu herdeiro ideolóxico era
demasiado. Habia que acabar con el. Claro, Trótski tamén sentiu dor de pai:
“Xunto co noso rapaz morreu o que quedaba de xoven en nós (...). Adeus
León, adeus querido e incomparábel amigo. Tua nai e eu nunca pensamos,
nunca esperamos que o destino nos fora a imponher esta terríbel tarefa de
escreber o teu obituário” (V.117).
O horror stalinista continua. Do 2 ao 13 de Marzo dá-se o terceiro
proceso de Moscovo. É o derradeiro. Agora ben, os denominados procesos
de Moscovo non son máis que umha pálida mostra desa represión brutal
que se conhece como a “Iejovchina”, por ser Iejov, o sustituto de Iagoda
ao frente da NKVD, o máximo organizador, e que liquidou a toda a velha
garda bolchevique. Este proceso derradeiro é o dos 21: Bujárin, Rakósvski,
Ríkov, Krestinski...e Iagoda, o antigo xefe da NKVD. As acusacións que se
verten sobre os acusados son as típicas (espionaxe, terrorismo, sabotaxe)
máis outras novedosas como querer provocar a guerra contra a URSS e a
sua partición. Engadir, que a Bujárin acusan-no de tentar asasinar a Lénin
no 1918!! Enfin, como novo absurdo é maior que o anterior. Dos 21
acusados 18 son condenados a morte, entre eles Bujárin.
O 7 de Abril do 1930 o Politburó creara no seo da GPU umha
dirección dos campos de concentración rebenzoados “campos de trabalhos
correctivos”, o GULAG. O sistema de campos de trabalho adquire umha
grande dimensión, contarán case con 2 milhóns de internados afinais do
1940. Pero neles os bolcheviques-leninistas ou trótskistas organizan-se e
127
exixen condicións de trabalho, de aloxamento e de comida. Entón Stálin,
no 1936, agrupa aos opositores de esquerdas nos gulags de Kolima e
Vorkuta para controlá-los. Nun deles, no de Vorkuta, na República dos
Kómi, nos Urais polares, que teria uns 100 mil reclusos, os trótskistas
tinhan protagonizado no pasado folgas vitoriosas pero afinais de Marzo e a
comezos de Maio do 1938 o réxime stalinista vai-nos masacrar. Serán
fusilados sistematicamente até exterminá-los, a un ritmo de 30 ou máis por
dia. Cando os verdugos os levan á tundra por grupos para fusilá-los
marchan cantando a Internacional e moitos deles morren berrando “Viva
Trótski!!”
37. A IV Internacional
Como xa sabemos a estas alturas do relato, Trótski en Xulho do 1936
tinha completamente asumido a necesidade de crear umha nova
internacional mercé á hecatombe da IIIª ao propiciar que a pequena-
burguesia e o lumpem-proletariado dirixidos polos názis derrotaran sen
loita á clase trabalhadora alemana, a máis poderosa de Europa. Porén,
Trótski desde que saira de Prinkipo apenas tivera un momento de acougo.
Xa en México pudo retomar a idea mercé, tamén, ao apoio dos trotskistas
estadounidenses cuxo Socialist Workers Party (SWP) ia ser a sección máis
importante da IV internacional. Para concretar a sua organización
desplazaron-se a México dirixentes do SWP, tais como Cannon e
Shaschtman. En Coyoacán discutiron con Trótski o programa. Ademais,
Cannon era un firme partidário de fundar xa a nova Internacional, no que
coincidia plenamente con Trótski. Este ia escreber un artigo, datado o 29 de
Agosto do 1937, onde daba as claves ideolóxico-políticas da perentória
necesidade da nova Internacional: “En épocas reaccionárias como a que
estamos a viver (...) a tarefa máis importante da vangarda é non deixar-se
arrastrar polo fluxo regresivo, senón nadar contra-corrente (...) aferrar-se ás
suas posicións ideolóxicas (...) o único xeito de preparar un novo e enorme
avance cando se produza o seguinte ascenso da maré histórica” (V.117). O
31 de Maio do 1938 perante as dúbidas dun seu camarada, que eran as
dúbidas de bastantes outros, Trótski argumenta: “ A nosa Internacional é
xoven e feble. Pero esta non é razón para renunciar ao noso nome. Nas
sociedades civilizadas umha persoa leva o mesmo nome na sua nenez,
madurez e velhez, este nome funde-se coa sua individualidade (...), “pro”
parece ser umha expresión de modéstia política. A min parece-me
expresión de indecisión e de falta de confianza en si mesmo. Un partido
revolucionário que non está seguro da sua própria significación non pode
ganhar-se a confianza das masas” (V.117). Trótski fará umha concisa
reflexión ao método polo que se debe guiar a nova internacional o 11 de
Outubro, e voltará facer fincapé na firmeza programática sete dias despois,
128
o 18. O dia 11: “A nova Internacional non se pode crear através de
encíclicas. Cada paso adiante debe ser o resultado da investigación
científica, da crítica aberta e da discusión colectiva” (V.117). Explicitado a
eséncia do método, teima o dia 18 na fortaleza ideolóxica: “Agora é preciso
permanhecer fieis a nós mesmos e ao noso programa. Non é doado. As
tarefas son tremendas, os inimigos inumerábeis” (V.117).
O Congreso Constituinte da IV Internacional celebrou-se o 3 de
Setembro do 1938 na localidade francesa de Périgny, perto de Paris.
Estiveron presentes vinteun delegados que representaban núcleos
organizativos en once países do orbe. Os delegados polacos consideraron
que as forzas e a coxuntura non eran as adecuadas para fundar formalmente
a nova Internacional. Votou-se, e 19 delegados decidiron proclamar neste
mesmo momento a Cuarta Internacional contra o parecer de 3 delegados
que votaron en contra. Nacia a IV Internacional. O desenvolvimento desta
Internacional vai estar absolutamente mediatizada pola novedosa realidade
post-bélica, que Trótski non poderá analisar porque o asasinaran. O Estado
soviético, apesares da sua brutal represión interna, da sua cegueira política
co proceder da Alemanha názi e de desarmar ao seu próprio exército en
vísperas da guerra, terminará reforzado politicamente polo trunfo militar
sobre o IIIº Reich e pola creación das “democrácias populares”. Isto
posibilitou que a URSS mantivese formalmente a bandeira da Revolución
de Outubro, que nutrira economica e politicamente aos PCs e que fose asi
para milhóns e milhóns de trabalhadores a “pátria socialista”. A isto
engadir, que a reconstrución de Europa traerá toda umha época de
desenvolvimento do capitalismo ocidental onde o reformismo xogará un
papel político moi importante xa que as plusvalias eran grandes e os
empresários podian atender as reivindicacións obreiras. Esta realidade post-
bélica tan novedosa vai empecer o trabalho político dos trotskistas que sen
a dirección do Velho van-se escindir e escindir.
38. Tambores de guerra
O 29 de Setembro do 1938 xuntaban-se en Munich os primeiros
ministros de Inglaterra, Neville Chamberlain, e Franza, Edouard Daladier,
con Adolf Hitler e Benito Mussolini. Os presidentes das democrácias
liberais ian ceder en todo ás peticións de Hitler, presentadas por Mussolini:
incorporar os Sudetes checoslovacos ao IIIº Reich e atender as
reivindicacións polacas e húngaras sobre outros territórios checoslovacos.
O Pacto de Munich asinou-se o dia 30, e comunicou-se-lhe aos
checolosvacos, aos que se lhes impedira participar na conferenza. A
partires daqui o reparto dos demais territórios en poder do Estado
checoslovaco será cuestións de dias. Polónia ocupou Teschen, e Hungria a
parte meridional de Eslováquia. Ademais, eslovacos e rutenos pediron a
129
independéncia. Por que os governos “democráticos” de Franza e Inglaterra
cedian tanto perante Hitler? Franza porque seguia a estela de Inglaterra, xa
que era incapaz de enfrentar-se soa á Alemanha názi. Inglaterra queria
pactar con Hitler, inda a costa de facer-lhe moitas concesións no leste de
Europa, onde non estaba o seu ezpazo vital xa que este residía nas colónias,
porque a quen lhe tinha medo era á Unión Soviética. Os governantes
británicos tinhan-lhe pavor á revolución mundial. Non podian comprender
que a burocrácia soviética só aspiraba a manter o statu quo porque tinha
pánico a perder os seus priviléxios. Sobre estes medos asentou-se a
expansión primeiriza do IIIº Reich.
Que dixo Trótski publicamente sobre o Pacto de Munich? E que
decian na intimidade os representantes políticos do capital británico e
francés? Trótski escrebe nun artigo do 10 de Outubro: “Inglaterra e Franza
arroxaron a Checoslováquia nas fauces de Hitler para dar-lhe algo que
dixerir durante un tempo e postergar asi o problema das colónias” (V.117).
O mesmo que escrebera o conhecido historiador da burguesia británica
Arnold J. Toynbee xa no 1936: “Non cabe dúbida de cun seitor
considerábel da opinión pública británica, que incluia a vários partidários
do Governo na Cámara dos Comuns, via faborábel aos intereses do Império
Británico abandonar Europa oriental á sua sorte, se asi se podia arquivar a
cuestión dumha re-distribución do território colonial” (V.12, p.312).
Continua Trótski: “O acordo entre as catro poténcias, se algumha vez se
concreta, levará a novas crises que non se farán esperar moito no tempo. O
imperialismo encaminha-se inebitábel e irresistibelmente a umha nova
división do mundo, axeitada ao cámbio de relación de forzas (...). Só un
idiota irrecuperábel pode crer que os antagonismos imperialistas mundiais
están determinados pola irreconcibiabilidade entre democrácia e fascismo.
Defeito, as camarilhas governantes de todos os países consideran a
democrácia, a ditadura militar, o fascismo, etcétera, como distintos médios
para someter aos seus povos aos obxetivos do imperialismo” (V.117).
Escoitemos agora o que lhe dixo, en Maio do 1938, o ministro francés de
Asuntos Exteriores, George Bonnet, ao embaixador názi en Paris, conde
von Welczeck: “calqueira arranxo”, entre a Alemanha názi e a democrática
Franza, é preferíbel á guerra “pois nese caso toda Europa pereceria e tanto
os vencedores como os vencidos serian vítimas do comunismo mundial”
(V.12, p.300). Trótski, ao criticar o proceder da burocrácia soviética, di e
conclue: “No 1933 Stálin tentou, antes que nada, facer-se aliado de Hitler.
Pero Hitler rexeitou a sua mao tendida xa que, para se facer amigo de
Inglaterra, presentaba-se como o home que salvaria a Alemanha e a Europa
do bolchevismo. En consecuéncia, Stálin deu-se á tarefa de demostrar-lhe á
Europa capitalista que Hitler non lhe facia falha, que o bolchevismo non
entranhaba nengun perigo (...). Con todas estas manobras baratas Stálin non
se ganhou a amizade nen a confianza de ninguén. Os imperialistas
130
acostuman a non caracterizar umha sociedade polas declaracións dos seus
dirixentes , nen siquer pola sua superestrutura política, senón polas suas
bases sociais. Mentras na Unión Soviética se mantenha a propriedade
estatal dos meios de produción protexida polo monopólio do comércio
exterior, os imperialistas, mesmo os democráticos, continuarán
considerando a Stálin con tanta desconfianza e con tan pouco respeto como
a Europa monárquico-feudal consideraba ao primeiro Bonaparte (...). O
único obstáculo no caminho da guerra é o temor á revolución que sinten as
clases propietárias” (V.117). Efeitivamente, este medo está perfeitamente
reflexado nun diário de Oliver Harvey, secretário de Anthony Eden,
ministro de Asuntos Exteriores británico: “Umha guerra traeria consigo
cámbios sociais profundos e desconhecidos -tanto se vencemos como se
somos derrotados [o que importa é a propriedade dos meios de produción]-
e nengumha guerra é solución -vexa-se 1914 [trouxo a Revolución de
Outubro]. Polo tanto, ganhemos tempo e evitemos a loita a calqueira prezo
agás se se trata dun interés británico vital [as colónias] (...) [As] clases
acomodadas do Partido [Conservador] (...) creen cos názis en xeral son
máis conservadores que os comunistas e socialistas: calqueira guerra,
independente do seu resultado, destruiria ás clases ociosas acomodadas e
por iso desexan a paz a calqueira prezo” (V.12, p.303).
Apesares dos medos a realidade impon-se: a guerra entre os países
capitalistas é imprescindíbel porque só através da forza poden chegar a un
novo reparto do espazo vital, das matérias primas e dos mercados. Nun
artigo do 4 de Novembro, Trótski explica-o con tanta apriorística lucidez
que obriga-nos a citá-lo por extenso: “Chamberlain proclamou que o
acordo de Munich inaugurou a paz na nosa época (...). A explicación
[deste dicer] está en que os que guian o destino do mundo, especialmente
na Europa temen enfrentar-se co futuro (...) Paz na nosa época?
[Imposibel. Por que?]. Recapitulemos o abecé. A eséncia do mundo actual
está condicionada por dous factores fundamentais. Primeiro, o capitalismo
clásico de libre cámbio transformou-se en capitalismo monopolista e hai
moito tempo que superou as fronteiras do estado nacional (...). O segundo
factor histórico é a desigualdade do desenvolvimento económico, político e
militar dos distintos países. Detivo-se o avance dos primeiros países capita-
listas como Inglaterra e Franza. Os de desenvolvimento capitalista máis
recente, como Alemanha, Estados Unidos e Xapón avanzaron un longo
treito. Como consecuéncia desta radical e febrosa alteración da relación de
forzas cada vez hai que modificar con máis frecuéncia o mapa do mundo.
O acordo de Munich non mudou nada estas condicións básicas (...). Os
fundamentos económicos actuais de [Inglaterra e Franza] (...) non se
corresponden en absoluto co tamanho e a riqueza dos seus impérios
coloniais. Por outra banda, a economia alemana conqueriu restabelecer a
sua dinámica, temporalmente paralisada polo Tratado de Versalles, e
131
novamente comeza a romper as suas fronteiras. Non nos referimos
especificamente a Itália porque a guerra e a paz non están nas suas maos.
Até que Hitler chegou ao poder, Mussolini quedou-se quietinho como un
rato. Na loita pola supremacía mundial está destinado a cumplir no
sucesivo o rol de satélite. Inglaterra e Franza temen calqueira catástrofe xa
que non tenhen nada que ganhar e todo que perder. Por iso o pánico leva-as
a facer tantas concesións. Pero as concesións parciais só lhes garanten
pequenos respiros sen eliminar nen debilitar a fonte fundamental dos
conflitos. Como resultado do acordo de Munich, as bases alemáns na
Europa ensancharon-se mentras que as dos seus opositores se estreitaron
(...). Poderia-se falar con algumha xustificación da paz da nosa época se as
exixéncias de matérias primas e mercados do capitalismo alemán quedaran
satisfeitas coa incorporación dos irmaos de sangue de Alemanha ou coa sua
influéncia crecente no centro e sul de Europa. Mais de feito, a
incorporación da rexión do Sar, Austria e os Sudetes estimula as tendéncias
agresivas da economia alemana (...). Non é casual entón que o xeneral von
Epp, o futuro ministro das futuras colónias, seguindo as instrucións de
Hitler, prantexe, imediatamente despois de aberta a era de paz, a exixéncia
de que se lhe devolvan a Alemanha as suas antigas colónias (...). Todo isto
soa demasiado infantil, se non a burla. Antes da guerra mundial as colónias
de Alemanha eran insignificantes (...). Polo tanto, recuperar as suas velhas
posicións ultramarinas non resolverá nengun dos problemas do capitalismo
alemán. Os velhos trozos do terreo colonial dos Hohenzollern non lhe
serven a Hitler máis que de pontos de apoio para a loita polas verdadeiras
colónias, é dicer, pola re-división do mundo. Pero esta require a liquidación
dos impérios británico e francés (...). E entón? De nengun xeito se pode
dicer que Alemanha presente as suas exixéncias a modo. Inda que
Inglaterra e Franza decidiran liquidar-se a prazos, a ofensiva alemana
cobraria novas forzas. Inda máis, Os Estados Unidos non poderian
permanhecer pasivos perante umha rutura tan evidente do equilíbrio de
forzas no mundo. Ao coloso norteamericano non lhe fai nengumha grácia a
idea de se atopar enfrentado a umha Alemanha dona das colónias e das
principais rutas marítimas. Por iso empregará todo o seu poder para
empurrar a Inglaterra e Franza á resisténcia, non á conciliación. Mentras
tanto, o Konoye, o príncipe de Tókio, proclamou a necesidade de revisar
todos os tratados a prol da xustiza, é dicer, a prol do Xapón. Non será
doado que o Océano Pacífico sexa durante os próximos dez anos umha
fonte de paz. Nos bons tempos, só Inglaterra pensaba en termos
continentais. E pensaba a modo, paseninhamente, cumha perspectiva de
séculos. Hoxe todos os Estados imperialistas aprenderon a pensar neses
termos. E os prazos xa non son de séculos senón de décadas ou de anos.
Este é o verdadeiro carácter da nosa época, que despois da xuntanza de
Munich segue sendo a dun desenfreado e violento imperialismo (...). O
132
estado da economia alemana exixe a Hitler pór en xogo o máis cedo posíbel
a sua forza militar. Por outra banda, o exército precisa umha postergación;
é un exército novo e non todo nel está coordinado e axustado ás
proporcións adecuadas. Pero a contradición entre estas duas exixéncias non
se pode medir en décadas senón en un ou dous anos, tal vez en meses.(...).
Non hai dúbida de que pronto a frase de Chamberlain paz na nosa época
adquirirá [umha] amarga conotación irónica. Pola nosa parte analisamos o
futuro cos olhos ben abertos. Europa, e con ela toda a humanidade, marcha
cara a guerra” (V.117).
39. O Pacto názi-soviético
As relacións entre Trótski e Diego Rivera deterioraron-se. A causa
haberia que buscá-la no diletantismo político de Rivera e na ortodóxia
marxista de Trótski. Diego era un xénio como artista pero sen a disciplina
necesária para o trabalho político e Trótski en cuestión de princípios era
intransixente. O incidente formal que puxo a relación de ambos os dous no
disparadeiro foi umha carta que Diego escrebeu para Bretón na que acusaba
a Trótski de dar un golpe de estado na redacción dumha revista mexicana
nomeando o secretário. O paradóxico é que á xuntanxa na que se decidira
este nomeamento asistira Rivera, e non dixera nada. Ademais, un artigo de
Rivera fora presentado como umha carta á redacción e este feito o pintor
achacou-lho a Trótski, que non tinha nada que ver. Enterado da carta,
Trótski pediu-lhe a Rivera que lhe escrebera outra a Breton aclarando-lhe
aqueles dous pontos. Diego negou-se e as relacións fixeron-se tensas.
Romperon-se cando Diego se puxo a facer política pola sua própria conta,
sen contar coa organización á que formalmente pertecia. Trótski estaba
vivindo numha casa de Diego polo que se impunha atopar umha nova
morada. En Marzo un dos secretários de Trótski, van Heijenoort, localiza
umha casa de baixo aluguer, que non está en moi bon estado pero é
espaciosa. Alugan-na e arranxan-na. O 5 de Maio do 1939 Trótski muda-se
á nova morada, conhecida como a Casa da Avenida Viena, tamén en
Coyoacán. Como habia rumores de que a GPU a pudera comprar através
dos seus emisários foi Trótski quen a mercou, despois de pedir dinheiro
prestado. Tamén se fixeron algumhas obras para reforzar a seguridade da
morada diante dumha potencial agresión stalinista.
No mes de Agosto Trótski tivo umha alegria persoal por partida
dobre. Os seus amigos Alfred e Marguerite Rosmer vinhan a visitá-lo e
traian ao seu neto, Seva. Porén, a dinámica política pre-bélica non daba
para moitas alegrias. Desde o pasado mes de Marzo vinha-se especulando
na prensa coa posibilidade dun pacto entre Stálin e Hitler. O dia 6 daquel
mes Trótski escrebera un artigo onde explicaba o método político no que se
tinha que basear un Estado obreiro para pactar cun Estado capitalista: “Un
133
acordo cumha nación imperialista –ao marxe se é fascista ou democrática-
é un acordo con escravistas e explotadores (...). É imposíbel dicer
categoricamente cos acordos cos imperialistas non se poden permitir en
nengun caso; seria o mesmo que dicer que en nengumha circunstáncia un
sindicato ten dereito a chegar a un arranxo co patrón (...). Mentras o Estado
obreiro permanheza isolado son inevitábeis os acordos episódicos dun ou
outro tipo co imperialismo. Pero debemos entender claramente que a
cuestión reduce-se a aproveitar os antagonismos entre os dous bandos de
poténcias imperialistas, e nada máis. Non cabe discusión algumha sobre a
posibilidade de disfrazar tais acordos con consignas que reclamen ideais
comuns, como por exemplo a defensa da democrácia, consignas que só
signhifican o meirande enganho aos trabalhadores. É esencial que os
obreiros dos países capitalistas non se vexan atados na loita de clases
contra a sua própria burguesia polos acordos empíricos asinados polo
Estado obreiro” (V.117).
Deste xeito, Trótski explica que o problema non é que un Estado
obreiro se vexa obrigado a pactar tácticamente cun Estado capitalista, o
problema reside en que o Estado soviético é “un Estado obreiro
dexenerado e putrefacto [polo que] calqueira acordo da camarilha do
Krémlin cumha burguesia extranxeira dirixe-se imediatamente contra o
proletariado do país co cal se conclue o acordo (...). O rasgo fundamental
da política internacional de Stálin nos últimos anos foi este: negócia co
movimento obreiro o mesmo que con petróleo, manganeso e outros bens
(...). Stálin considera ás seicións da Comintern dos distintos países e a loita
de liberación nacional das nacións oprimidas como cámbio miudo nos seus
tratos coas poténcias imperialistas (...). O acordo entre Stálin e Hitler non
alteraria en nada o rol contra-revolucionário da oligarquia do Krémlin. Só
serviria para pór ao descuberto este rol, facé-lo resaltar máis nidiamente e
acelerar o colapso das ilusións e falsificacións” (V.117).
Nun artigo posterior, do 10 de Marzo, Trótski teima no xeito de
proceder da casta soviética: “A camarilha bonapartista quere viver e
governar. Calqueira outra cousa é para ela umha cuestión de técnica. En
realidade, os métodos políticos de Stálin non se distinguen de nengumha
maneira dos de Hitler” (V.117). Está a dicer Trótski que non hai diferenza
entre a Alemanha názi e a Rúsia soviética? Non. Trótski aclara a cuestión
con meridiana claridade: “Está de moda actualmente nos superficiais
círculos radicais meter no mesmo saco aos rexímenes da Alemanha e a
URSS. Isto non ten senso. Na Alemanha, apesares de todas as regulacións
estatais, existe un réxime de propriedade privada dos meios de produción.
Na Unión Soviética a indústria está nacionalizada e a agricultura
colectivizada” (V.117) apesares da deformación do Estado soviético.
Trótski da asi as claves para se poder situar a prol do Estado
soviético e contra a casta burocrática, relación dialéctica que non van
134
entender alguns “trotskistas”, polo que Trótski teimará máis adiante
profundizando no argumento. Stálin e Hitler son duas bestas infra-humanas
pero os seus Estados non xogan o mesmo papel para a clase trabalhadora,
que núltimo extremo é o trascendente para Trótski.
Non deixa de relembrar o velho revolucionário o cinismo político de
Stálin, que tantas veces denunciara: “Durante os tres últimos anos Stálin
chamou axentes de Hitler a todos os companheiros de Lénin. Exterminou á
flor e nata do Estado Maior. Fusilou, deu de baixa e deportou a trinta mil
oficiais, todos baixo o mesmo cargo de ser axentes de Hitler ou dos seus
aliados. Despois de ter desmebrado o partido e decapitado o exército, Stálin
agora postula abertamente a sua própria candidatura para o papel
de...principal axente de Hitler” (V.117).
Efeitivamente, o 23 de Agosto Molotov e Ribbentrop asinaban en
Moscovo o Pacto de non agresión názi-soviético, en presenza de Stálin.
Este, na recepción que se artelhou pola noite para celebrar o pacto, dixo
nun brindis: “Conhezo o carinho que a nación alemana sinte polo seu
Führer. Gostaria-me, pois, beber á sua saude” (V.61, p.616). Noutro seu
brindis di: “Por Heinrich Himmler, o home que trouxo o orde a Alemanha”
(V.68, p.134). Por si isto non fora dabondo tamén lhe dirá nun aparte a
Ribbentrop que “o governo soviético toma-se este pacto moi en sério. Podo
dar a minha palabra de honor de que a Unión Soviética non enganhará ao
seu colega” (V.61, p.616), e non era un dicer táctico senón a ratificación de
que se dispunha a cumplir o pactado ao dedilho, como o demostrarán as
contínuas remesas de matérias primas que facilitarán o quefacer bélico
názi. A parte pública do pacto era de non agresión, os apartados secretos
sinalaban un reparto do espazo situado entre as fronteiras dos dous Estados.
Para Hitler era un aplazamento, para Stálin un acordo en firme.
40. Comeza a guerra
O 1 de Setembro do 1939 as tropas do IIIº Reich invaden Polónia.
Era o pistoletazo de saida da Segunda Guerra Mundial. A conquista do
espazo vital para o desenvolvimento do capitalismo alemán era o obxeto da
agresión bélica názi, a única saida para lidiar cos outros Estados
imperialistas. O mantenimento do statu quo era o obxetivo da política da
casta burocrática stalinista, umha utopia ridícula numha coxuntura convulsa
ao extremo. Os líderes názis acreditaban na sua própria forza para mudar as
relacións intra-imperialistas. A casta soviética non podia confiar nos seus
obreiros e campesinhos, aos que pisoteaba, polo cal o medo á guerra era o
produto do pánico stalinista á revolución.
Trótski segue a teimar nas claves do proceder da casta burocrática e
das suas implicacións políticas. Asi, xa o 2 de Setembro afirma: “O que
determina a política interna do Krémlin é o interese da nova aristocrácia en
135
se manter, o seu ódio ao povo, a sua incapacidade para conducir umha
guerra. Calqueira combinación internacional reviste algun valor para a
burocrácia soviética en tanto a libera da necesidade de recurrir á forza dos
campesinhos e obreiros armados (...). O pacto xermano-soviético é umha
alianza militar en todo o senso da palabra, pois serve aos obxetivos da
guerra agresora imperialista (...). Na guerra anterior a derrota de Alemanha
deu-se fundamentalmente porque non recibia materias primas [da Rúsia
Zarista] (...). As ventaxas imediatas que obtén o Krémlin da alianza con
Hitler son bastante concretas. A URSS queda fóra da guerra. Hitler elimina
do seu programa imediato a sua campanha por umha Grande Ucránia.
Xapón queda isolado. Como consecuéncia da postergación do perigo de
guerra na fronteira ocidental pode-se tentar, ao mesmo tempo, debilitar a
presión da fronteira ocidental, tal vez até chegar a un acordo co Xapón
[efeitivamente, o dia 5 de Setembro a URSS e o Xapón asinan un acordo en
Moscovo que interrumpe o enfrentamento que sostinhan na fronteira
manchu; o 13 de Abril do 1941 a URSS e o Xapón asinan un pacto de non
agresión]. Máis ainda, é bastante probábel que, a cámbio de Polónia, Hitler
lhe deixe a Moscovo as maos libres respeito aos Estados do Báltico
fronteirizos coa URSS [asi foi, isto estaba previsto nos apartados secretos
do pacto]. Porén, inda que as ventaxas sexan grandes, son, no milhor dos
casos, pasaxeiras; a única garantia é a firma de Ribbentrop nun anaco de
papel” (V.117). Garantia que caducou o 22 de Xunho do 1941, cando a
Wehrmacht invadiu a Unión Soviética.
En base aos acordos secretos do pacto názi-soviético, o 17 de
Setembro a URSS cruza a fronteira oriental de Polónia e o 30 de Novembro
invade Finlándia. Apesares de que o Exército Vermelho dispón dumha
superioridade militar abrumadora non é capaz de dobregar ao exército
finlandés até Marzo do 1940. Esta campanha demostra que o exército
soviético carece de mandos competentes, non só tardou meses en vencer a
un adversário moi inferior senón que ademais as suas baixas foron
infinitamente superiores ás do exército finlandés. A bancarrota técnica do
Exército Vermelho salta á vista, o que dará un impulso ao plano názi de
invadir a Unión Soviética. O 12 de Marzo o governo finlandés asina a
rectificación de fronteiras a favor da URSS.
A invasión de Finlándia produce estupor en xeral e indignación
entre os seitores da esquerda. Nun artigo asinado o 13 de Marzo Trótski
enxuiza o proceder soviético: “[Stálin] comezou umha guerra vergonhenta,
sen perspectivas claras, sen preparación moral nen material (...). Durante
dous meses e médio o Exército Vermelho non conheceu máis que a derrota,
o sufrimento e a humilhación. Non se preveu nada, nen sequer o clima (...).
O feito de non se obter o brilante trunfo prometido sobre un adversário
máis feble constituiu en si mesmo umha derrota (...). Stalin asustou-se
perante o prerigo dumha intervención de Inglaterra e Franza (...) e retirou-
136
se. A tráxica aventura acabou numha paz bastarda (...). Certo é que Rúsia
conqueriu algumhas ventaxas estratéxicas, pero a que prezo! Socavou-se o
prestíxio do Exército Vermelho, perdeu-se a confianza das masas
trabalhadoras e dos povos oprimidos de todo o mundo. En consecuéncia,
debilitou-se a situación internacional da URSS en lugar de se fortalecer”
(V.117).
Coa agresión a Finlándia a URSS correu o perigo de ver-se atacada
polos futuros aliados, Inglaterra e Franza. Os Estados Maiores deses países
fixeron plans non para conter a Hitler senón para axudar a Finlándia e para
apoderar-se dos pozos petrolíferos do Caucaso. O ataque de Hitler na
Europa Ocidental, que comezou o 10 de Maio do 1940, e que tinha como
obxetivo a conquista de Franza, que capitulou o 22 de Xunho, paralisou
este potencial proceder, pero tamén lhe meteu medo a Stálin porque a
fulgurante vitória dos exércitos de Hitler no Oeste deixaban á máquina
bélica názi en disposición de atacar á URSS. Ao amparo da marcha
trunfante da Wehrmacht no Oeste a Unión Soviética vai ocupando Letónia,
Lituánia e Estónia, ás que ao pouco tempo convertirá en repúblicas da
URSS: o 21de Xulho a Letónia, o 3 de Agosto a Lituánia e o 6 de Agosto a
Estónia. Pero estes incrementos territorias non se podian converter en
trunfos estratéxicos militares porque o Exército Vermelho estaba acéfalo.
Agora co trunfo názi estaba consolidado e que a invasión da URSS é
cuestión de pouco tempo é imprescindíbel librarse xa de Trótski. Stálin
teme que a guerra traiga a revolución, cuxo porta-estandarte é Trótski. Este
xa sinalara perfeitamente o seu proceder político en multiples ocasións,
atacar a Stálin e defender a URSS. Proceder que o velho revolucionário
voltara a ratificar publicamente nun artigo do 13 de Marzo: “Considero que
o principal perigo para a URSS na actual situación internacional o
representan Stálin e a oligarquia quel encabeza. A loita aberta contra eles, á
vista de toda a opinión pública mundial, é para min inseparábel da defensa
da URSS” (V.117). Trótski agora estaba isolado pero a guerra e a
revolución poderian acabar con este ilhamento. Habia que matá-lo xa.
41. A natureza do Estado soviético
Para un seitor dos seguidores de Trótski o proceder do governo
soviético fai da URSS un Estado indefendíbel desde a óptica dos intereses
políticos da clase trabalhadora. A sua dexeneración é máxima. Xa non ten
nada de progresista, din. Porén, Trótski teimará nos seus escritos, umha e
outra volta, no carácter progresivo do Estado soviético, apesares da sua
aberrante superestrutura política.
A tentación de ver a História en branco e negro e non en todos os
cores do arco iris impulsa a máis dun. Este proceder tamén se instalou entre
alguns seguidores de Trótski. Asi, o Velho tivo que teimar en que a defensa
137
da URSS non era a defensa da sua casta burocrática. Concretamente,
numha parte do estadounidense Socialist Workers Party, a seición máis
importante daquelas da IV Internacional, non se entendia o dialéctico
proceder de Trótski, defender a URSS e atacar ao seu governo. Por iso o
velho revolucionário tivo que reiterar-se nos seus argumentos. O 12 de
Setembro do 1939 remitia-lhe umha carta a James Cannon na que lhe
comunicaba: “Querido Jim. Estou escrebendo un estudo sobre o carácter
social da URSS en relación co problema da guerra” (V.97, p.7).
Efeitivamente, na quel primeiro artigo, intutulado “A URSS en guerra”
comezaba perguntando “É posíbel, umha vez concluido o acordo xermano-
soviético, seguir considerando á URSS como un Estado obreiro? (...). O
tratado con Hitler non é senón un dado máis do grao de dexeneración da
burocrácia soviética e do seu desprezo pola clase trabalhadora internacional
(...) pero non a base para umha revaluación da nosa conceición sociolóxica
da URSS (...). Se consideramos á burocrácia soviética como umha “clase”,
debemos reconhecer imediatamente que non se asemelha a nengumha das
clases baseadas na propriedade que conhecimos no pasado. Frecuentemente
chamamos “casta” á burocrácia soviética, tratando deste xeito de
simbolizar asi o seu carácter pechado, a sua xestión arbritária e a altanaria
do seu estrato dirixente (...). Un orgao social ( e isto son as clases, icluidas
as clases dominantes) só se pode comprender como o resultado necesário
do desenvolvimento das necesidades de produción (...). A xustificación
histórica de cada clase dominante consiste en afirmar que o sistema de
explotación que capitanea leva o desenvolvimento das forzas produtivas a
un novo nível. Fora de toda dúbida, o réxime soviético deu un grande
impulso á economia. Pero a fonte deste impulso foi a nacionalización dos
meios de produción e a planificación económica, e non o feito de que a
burocrácia usurpara o mando da economia. Polo contrário, o burocratismo
como sistema, ten sido o pior inimigo do desenvolvimento técnico e
cultural do país (...). Canto máis se desenvolve a económia e experimente
demandas máis complexas, mais inaturábel é o obstáculo do réxime
burocrático. A aguda e constante contradición entre ambos os dous
elementos conduce a constantes convulsións políticas e á eliminación
sistemática dos elementos máis creativos en todas as esferas da actividade.
Deste xeito, antes de que a burocrácia tenha conquerido producir umha
“clase dominante” entra en contradición irresolúbel coas exixéncias do
desenvolmimento. A explicación disto debe basear-se precisamente no feito
de que a burocrácia non é o portador dun novo sistema económico peculiar
e imposíbel sen ela, senón un parásito que medra nun Estado obreiro. A
oligarquia soviética posee todos os vícios das antigas clases dominantes,
pero carece da sua misión histórica (...). As duas condicións da onipoténcia
da burocrácia –o atraso do país e o arredor imperialista- tenhen, porén, un
carácter temporal e transitório e deben desaparecer co trunfo da revolución
138
mundial (...). A revolución mundial suprimiria a ameaza exterior, que é
outra das causas da burocratización. A eliminación da necesidade de gastar
umha parte enorme do produto nacional en armamento elevaria inda máis o
nível cultural e de vida das masas” (V.97, pp.9-12).
É moi comun en política que perante un fracaso revolucionário, ou
mesmo eleitoral, a dirección pequeno-burguesa dumha organización de
esquerdas lhe bote a culpa á clase trabalhadora do fracaso, nunca ao seu
próprio inepto proceder. Non queren comprender que ineptitude política é
non conectar cos básicos desexos emancipadores da clase trabalhadora.
Trótski explica: “A crise da sociedade capitalista, que tomou un carácter
manifesto en Xulho do 1914, produxo, desde o primeiro dia de guerra,
umha profunda crise na dirección do proletariado (...). O proletariado dos
países avanzados inda non foi quen de producir umha dirección á altura das
circuntáncias históricas do noso tempo. O exemplo de Rúsia revela-nos,
sen embargo, que é posíbel (...). Os desilusionados e aterrorizados pseudo-
marxistas de todo tipo responden (...) que a bancarrota da dirección
“reflite” simplesmente a incapacidade do proletariado para cumplir a sua
misión histórica (...). Todos eles –ultraesquerdistas, centristas, anarquistas,
por non falar dos stalinistas e os socialdemócratas- cargan o peso dos seus
próprios erros sobre o lombo do proletariado” (V.97, pp.17-18).
A História é a grande mestra. Nen un científico-social tan xenial
como Marx pudo pensar que o primeiro intento de conquistar o socialismo
se daria nun país cumha base capitalista atrasada. Nen a impresionante
profundidade análitica dos dous máis grandes líderes revolucionários da
clase trabalhadora, Lénin e Trótski, puderon prever que o primeiro Estado
obreiro da História Universal ia ser derrotado pola sua dexeneración e non
polas armas bélicas do capitalismo. Trótski, teimoso reflexionador do
caminhar histórico, di: “A revolución de Outubro non foi un acidente. Foi
un anticipo do futuro (...). Esperábamos o derrube do Estado soviético non
a sua dexeneración (...). A dexeneración acabará necesariamente en caida
ao chegar a un determinado ponto [lembremos que isto escrebeu-se no
1939!!]. Un réxime totalitário, sexa do tipo stalinista ou fascista, pode ser,
esencialmente, un réxime temporal e transitório (...). Un réxime totalitário é
capaz de suprimir as contradicións sociais durante certo tempo, pero é
incapaz de se auto-perpetuar ” (V.97, p.18). Que “profético” soa este dicer
aos cidadáns que sobrevivirón á Segunda Guerra Mundial. Que
“proféticos” lhe parecerán ás xeracións do século XXI que se vaian
asomando á fenestra da História. Pero estes diceres non tinhan nada de
profecias, eran, sinxelamente, produto do xénio dialéctico.
Ver a realidade imediata é o milhor anticipo do futuro. Trótski teima:
“Que defendemos da URSS? Non precisamente aquelo no que se asemelha
aos países capitalistas, senón no que se diferenza (...). Na URSS, a
destrución da burocrácia é indispensábel para preservar a propiedade
139
estatal. Só nese senso defendemos á URSS (...). Os trabalhadores soviéticos
deben defender a propriedade estatal non só contra o parasitismo da
burocrácia, senón tamén de todo tipo de tendéncia cara a propriedade
privada (...). A política exterior é a continuación da política interna. Se na
política interna consideramos que a defensa das conquistas da Revolución
de Outubro implica umha loita a morte contra a burocrácia, debemos facer
o mesmo na política exterior (...). Se Hitler ganha a guerra comezará por
devolver aos capitalistas alemáns todo o expropiado (...). Hoxe Hitler é
amigo e aliado de Stálin, pero encanto conquira umha vitória no Frente
Ocidental coa axuda de Stálin, virará as suas armas contra a URSS ” (V.97,
pp.20-21).
Entón, no caso de guerra entre dous sistemas totalitários como a
Alemanha názi e a Rúsia soviética hai que ser impaciais? Non é
precisamente a opinión de Trótski. Este di claramente: “Suponhamos que
Hitler dirixe as suas armas cara o Leste [que foi exactamente o que
aconteceu, como é ben sabido]. Nesas condicións, os partidários da IV
Internacional, sen mudar para nada a sua actitude cara a oligarquia do
Krémlin, serán os primeiros na fronte porque considerarán que a tarefa
máis urxente do momento é a resisténcia perante Hitler (...). Esta clase de
“defensa da URSS” é diferente, tan diferente como o ceo da terra, da
defensa oficial que se está facendo baixo o slogan: “Pola Pátria! Por
Stálin!” A nosa defensa da URSS leva-se a cabo baixo o slogan: “Polo
socialismo! Pola Revolución Mundial! Contra Stálin!”” (V.97, p.25).
Dado que o obxeto do marxismo é diagnosticar para actuar
socialmente, Trótski conclue este artigo dando umha recomendación táctica
aos seus camaradas: “Debemos formular os nosos slogans de xeito cos
trabalhadores vexan claramente o que estamos defendendo da URSS
(propiedade estatal e economia planificada) e contra quen diriximos a nosa
loita sen cuartel (a burocrácia parasitária e o Comintern). Non debemos
perder de vista nen por un momento o feito que para nós a destrución da
burocrácia soviética está subordinada á preservación da propriedade estatal
dos meios de produción na URSS” (V.97, p.26).
Max Schatman era o camarada máis relevante da minória disidente
do SWP. Trótski, afinal dumha breve carta, di-lhe: “Os camaradas están
indignados polo pacto Hitler-Stálin. É natural. Queren-se tomar a revancha
con Stálin. Moi ben. Pero hoxe inda non estamos preparados para destruir
imediatamente ao Krémlin. Alguns camaradas conforman-se cumha
satisfacción puramente voluntarista: quitan-lhe á URSS o título de Estado
Obreiro, como lhe quita Stálin a un funcionário caido en desgrácia a Orde
de Lénin. A min isto parece-me, querido amigo, un pouco infantil. A
socioloxia marxista e a histéria son absolutamente irreconciliábeis” (V.97,
p.28). Noutra carta, Trótski teima-lhe: “A defensa incondicional da URSS
signhifica, simplesmente, que a nosa política non está determinada polas
140
fazanhas, manobras ou crímenes da burocrácia do Krémlin, senón só pola
nosa conceición dos intereses do Estado soviético e da Revolución
Mundial” (V.97, p.47). Posteriormente, xa nun artigo extenso, adicado ao
conxunto da organización, Trótski fai umha síntese pedagóxica: “Que
signhifica “estado obreiro dexenerado” no noso programa? (...): 1) os
rasgos que no 1920 eran “deformacións burocráticas” do sistema soviético,
converteron-se nun réxime burocrático independente que ten devorado os
sóviets; 2) a ditadura burocrática, incompatíbel coas tarefas internas e
internacionais do socialismo, introduxo, e segue introducindo, profundas
deformacións na vida económica do país; 3) porén, o sistema de economia
planificada sobre a base da propriedade estatal dos meios de produción,
ten-se conservado basicamente, e segue a ser umha conquista colosal da
humanidade. A derrota da URSS polo imperialismo signhificaria non só a
liquidación da ditadura burocrática senón da economia planificada; o
desmembramento do país baixo esferas de influéncia diferente; umha nova
estabilización do imperialismo e un novo debilitamento do proletariado
mundial”(V. 97, p.146). Enfin, non nos queda outro remédio que voltar a
chamar a atención sobre a capacidade “profética” do método dialéctico en
maos competentes. Esta cita ten data do 24 de Xaneiro do 1940.
A maioria do SWP, liderada por James Cannon, posicionaba-se coas
teses de Trótski. O partido estaba preparando o seu congreso e diante del
Trótski pon énfase na necesidade da liberdade de discusión e nada de
expulsións. Tamén fai outra recomendación máis de dialéctica táctica:
“cada delegado eleito pola sua seición debe ter o dereito a sopesar todos os
argumentos expostos no congreso e a votar segundo lhe dite o seu xuizo
político, e se, despois do congreso, non é capaz de convencer á sua
organización do correcto das suas apreciacións, esta debe privá-lo
consecuentemente da sua confianza política” (V.97, p.39).
Non todos os seus seguidores entenderon esta sinxela análise,
entendendo por sinxelo a síntese do complexo e non o simple, vulgar,
ramplonismo. No SWP terminou-se por dar umha escisión daqueles que
consideraban que a URSS era de todo indefendíbel. Crearon un novo
partido que ao pouco tamén se escindiu. Pero non foron os únicos que se
desnortaron por culpa da stalinofóbia. Á morte de Trótski, mesmo a sua
insepárabel companheira, cuxo apoio emocinal fora tan trascendente para
Trótski, a camarada Nataxa, perdeu a orientación política ao negar-lhe á
URSS o carácter que tinha de progresista e que tanto defendera o seu home.
Na mesma onda se situou un espirito revolucionário como Manuel
Fernández Grandizo (Munis), membro que fora dos Bolcheviques-
Leninistas do Estado espanhol. Máis alá do paraugas político protector de
Trótski, Julián Górkin, valeroso militante do POUM na revolución
espanhola e estudoso clarificador do entramado que levou ao asasinato de
Trótski, terminou facendo o obxeto da sua existéncia loitar contra a
141
superestrutura da URSS sen defender as suas conquistas históricas, o que
lhe levou a buscar aliados no Aparato Ideolóxico dos EEUU. Non é doado
ser “profeta”.
42. O método marxista
Perante o despiste ideolóxico e político que xerou o proceder do
governo soviético entre as filas dos próprios seguidores de Trótski, este
viu-se na necesidade de defender a utilidade social do materialismo
dialéctico. Da sua aplicación á política fixo-o numha série de artigos,
alguns dos cais acabamos de citar, que están recolhidos baixo o xenérico
título de “En defensa do marxismo”. Da sua aplicación ás ciéncias sociais
xa se adicara antes, nun breve texto que leva por título “Que é o
marxismo?”. Facer fincapé en que estes diceres foron elaborados ao final
da sua vida, nos anos 1939-1940, cando o seu intelecto estaba na cúspide
creativa.
A necesidade política de relembrar os argumentos que leven a
comprender que a dialéctica é o estudo do movimento da natureza, da
sociedade e do pensar e, xa que logo, de imprescindíbel domínio para
umha correcta prática partidária, fixo que elaborara umha “Carta aberta ao
camarada Burham”, datada o 7 de Xaneiro do 1940. Este era membro da
minoria do SWP, minoria que terminará escindindo-se por própria vontade.
Nela vai reflexionar sobre a dialéctica inda que o camarada citado só queria
discutir “cuestións concretas”, como se para facer isto fose dabondo o
vulgar empirismo. Di Trótski: “A dialéctica é a lóxica da evolución (...).
Conhezo só dous sistemas lóxicos dignos de atención: a lóxica de
Aristóteles (lóxica formal) e a lóxica de Hegel (a dialéctica) (...). As formas
do pensamento lóxico desenvolven-se no noso proceso de adaptación á
natureza (...). Umha doutrina filosófica correcta, isto é, un método de
pensamento adecuado, é de impotáncia tan significativa para un partido
revolucionário como un bon armacén é importante para a produción (...). O
materalismo dialéctico non é, por suposto, umha doutrina eterna e imutábel.
Pensar o contrário é, precisamente, traizoar o espírito da dialéctica. O
desenvolvimento futuro do pensamento científico creará umha doutrina
máis profunda na que o materialismo dialéctico non será máis que un
elemento estrutural. Porén, carecemos de base para supor questa revolución
filosófica se produza antes que a decadéncia do réxime burgués, sen
mencionar o feito de que non nace un Marx todos os dias, nen todas as
décadas. A misión, a vida ou morte, do proletariado de hoxe consiste en
refacer o mundo de arriba a baixo, non en re-interpretá-lo de novo. Nun
futuro próximo, podemos esperar grandes revolucionários de acción, pero
non un novo Marx. A humanidade só sentirá a necesidade de revisar a
herdanza cultural do pasado cando tenha sentado as bases dumha cultura
142
socialista, e daquelas sobrepasará-a amplamente non só no campo da
economia senón tamén no da creación intelectual (...). [Que o manexo da
dialéctica é trascendente para o correcto desenvolvimento dun partido
revolucionário radica en que] a experiéncia histórica demostrou que a
meirande revolución conhecida na história non a dirixiu o partido que
comezou ponhendo bombas, senón o partido que empezou co materialismo
dialéctico (...). Só é posíbel a discusión frutífera sobre “cuestións
concretas” se estabelecemos previamente con toda claridade, as premisas
de clase das que partimos (...). Toda discusión séria leva do particular,
incluso acidental, ao xeral e fundamental (...). O carácter dialéctico da
discusión procede do feito de que o seu curso obxetivo determina-se polo
conflito vivo entre tendéncias opostas, e non obedece a nengun plano
lóxico pre-determinado. O carácter materialista da discusión debe-se a que
reflexa as presións das distintas clases (...). A política do partido ten
carácter de clase. É imposíbel chegar a estabelecer umha orientación
política correcta sen umha análise de clase do estado, os partidos e as
tendéncias ideolóxicas. O partido debe condenar como vulgar e oportunista
o intento de estabelecer políticas en relación á URSS de incidente en
incidente e independentemente da natureza de clase do Estado Soviético”
(V.97, pp.87-110).
O trabalho intitulado “Que é o marxismo?” foi a introdución que
elaborou para o libro-resume que o economista marxista Otto Rühle fixo de
“O Capital” de Marx. Neste texto fai umha síntese tan clara do
materialismo dialéctico aplicado ás ciéncias sociais (materialismo
histórico) que convirte a exposición numha xoia pedagóxica. Trótski vai
explicando a importáncia do método de Marx para comprender a
causalidade dos fenómenos sociais: “Mentras as realidades do proceso
económico son o trabalho humano, as matérias primas, as ferramentas, as
máquinas, a división do trabalho, a necesidade de distribuir os produtos
terminados entre os participantes no proceso de trabalho, etc., as categorias
como “mercancia”, “dinheiro”, “xornais”, “capital”, “benefício”,
“impostos”, etc., son unicamente reflexos semi-místicos nas cabezas dos
homes dos diversos aspectos dun proceso económico que non comprenden
e que non poden dominar. Para descifrá-los é indispensábel umha análise
científica completa (...). Quen non tenha razonado, seguendo os pasos de
Marx, a natureza esencial da mercancia como célula básica do organismo
capitalista, estará incapacitado para comprender cientificamente as
manifestacións máis importantes da nosa época (...). [Marx considera ao
home] como un eslabón natural no proceso evolutivo da natureza material;
á sociedade como a organización para a produción e distribución; ao
capitalismo como umha etapa no desenvolvimento da sociedade humana. A
finalidade de Marx non era descubrir as “leis eternas” da economia. Negou
a existéncia de semelhantes leis. A história do desenvolvimento da
143
sociedade humana é a história da sucesión de diversos sistemas
económicos, cada un dos cais actua dacordo coas suas próprias leis (...).
Marx non estuda no “O Capital” a a economia en xeral, senón a economia
capitalista, que ten as suas leis específicas próprias (...). Os fenómenos
obxetivos do capitalismo foron formulados antes de que a ciéncia comezara
a pensar seriamente sobre eles. Mesmo hoxendia a maioria dos homes nada
saben acerca das leis que rixen a economia capitalista. Toda a forza do
método de Marx reside no seu achegamento aos fenómenos económicos,
non desde o ponto subxetivo de certas persoas, senón desde o ponto de
vista obxetivo do desenvolvimento da sociedade no seu conxunto (...). Para
a ciéncia económica o que ten un signhificado decisivo é o que fan os
homes e como o fan, non o que eles pensan con respeto aos seus actos. Na
base da sociedade non se atopan a relixión e a moral, senón a natureza e o
trabalho. O método de Marx é materialista, pois vai da existéncia á
conciéncia e non no orde inverso. O método de Marx é dialéctico, pois
observa como evolucionan a natureza e a sociedade e como a mesma
evolución é a loita constante das forzas en conflito (...). As leis que rixen as
diversas esferas da economia capitalista –xornais, prezos, arrendamento,
benefício, interese, creto, bolsa- son numerosas e complexas. Pero núltimo
termo todas proceden dumha única lei descuberta por Marx e examinada
por el até o final: é a lei do valor do trabalho, que é certamente a que regula
basicamente a economia capitalista” (V.112, pp.24-26).
Trótski alerta que non todas as clase sociais están interesadas numha
comprensión científica do desenvolvimento da sociedade: “A loita dos
trabalhadores contra os capitalistas obrigou aos teóricos da burguesia a
virar as costas á análise científica do sistema de explotación e a ocupar-se
numha descripción valeira dos feitos económicos, o estudo do pasado
económico e, o que é imensamente pior, umha falsificación absoluta das
cousas tais como son, co propósito de xustificar o réxime capitalista (...).
[Por que? porque] a loita de clases non é outra cousa que a loita pola
plusvalia. Quen posee a plusvalia é o dono da situación, posee a riqueza,
posee o poder do Estado, ten a chave da Igrexa, dos tribunais, das ciéncias
e das artes” (V.112, pp.25-26).
Vivemos na etapa do imperialismo capitalista e, argumenta Trótski,
“A vida do capitalismo monopolista da nosa época é umha cadea de crises.
Cada umha das crises é umha catástrofe (...). A loita por conquerir
mercados, matérias primas e colónias fan inevitábeis as catástrofes
militares (...). A liberdade do comércio internacional é inconcebíbel sen a
liberdade de comércio interno, é dicer, sen a competéncia. E a liberdade da
competéncia é inconcebíbel baixo o domínio do monopólio (...). A
liberdade de comércio, como a liberdade da competéncia (...) pertecen ao
pasado irrevocábel. Traer de volta ao pasado é agora a única prescripción
dos reformadores democráticos do capitalismo” (V.112, pp.31-34).
144
O socialismo seria o xeito de racionalizar a vida económica e social:
“Se o próprio equipo de trabalho fose re-equipado en base a un plano
socialista unificado, os cálculos sobre a produción poderian ser superados
considerabelmente e poderia-se asegurar a todo o povo un nível alto e
cómodo en base a umha xornada de trabalho extremadamente corta (...). O
que é indispensábel e urxente é separar os meios de produción dos seus
actuais proprietários parásitos e orgaizar a sociedade dacordo a un plano
racional (...). Todos os que sexan capaces de trabalhar deben atopar
emprego. A xornada de trabalho debe disminuir gradualmente (...). As
palabras “pobreza”, “crises”, “explotación” deben ser estirpadas da
circulación. A humanidade poderá cruzar finalmente o umbral da
verdadeira humanidade (...). A abolición da propriedade privada dos meios
de produción é o primeiro pre-requisito para a economia planificada, é
dicer, para a introdución da razón na esfera das relacións humanas,
primeiro numha escala nacional e, finalmente, a escala mundial (...). Co
exemplo e a xuda das nacións adiantadas, as nacións atrasadas serán tamén
empurradas pola corrente do socialismo (...). As contradicións que
despedazan a Europa e ao mundo enteiro atoparán a sua solución natural e
pacífica dentro do marco dos Estados Unidos Socialistas de Europa, asi
como doutras partes do mundo. A humanidade liberada acadará a sua cima
máis alta” (V.112, pp.33-39). Aqui está reflexado o cerne do programa
socialista, o obxeto da loita política polo socialismo, derrubar para sempre
as bases da explotación e da alienación, o leit motiv do quefacer do próprio
Trótski.
43. Umha biografia inconclusa
Trótski puxera-se a escreber a biografia de Iosiv Visarionóvicht
Djugachvili, ben conhecido polo alcume de Stálin. Inda inconclusa, pode-
se asegurar que non era umha biografia ao uso. Trótski fai, realmente, un
repaso da história do proceso revolucionario, desde a sua xestación até a
sua deformación. Nel é onde busca as claves que expliquen a importáncia
de Stálin, que non se pode entender doutro xeito. É imposíbel maxinar que
o home menos dotado de capacidade oratória e de análise do PB poda
conquistar o poder se non é por causas históricas que favorezan un
proceder político tan ruin. Trótski explica o obxeto do seu exercício
analisador á perfeizón na, tamén inconclusa, introdución: “A finalidade
desta biografia política é mostrar como se formou umha persoalidade deste
xénero e como subiu ao Poder usurpando o dereito a un papel tan
excepcional” (V.115, p.5). Pero el xa na introdución vai dando algumhas
claves que xa as sabe, que xa as intue, inda que quere-as precisar na análise
do proceso histórico: “Stálin tomou posesión do Poder, non servindose das
suas cualidades persoais [positivas] senón coa axuda dumha máquina
145
impersoal. Non foi el quen creou a máquina, senón a máquina quen o creou
(...). Stálin non creou a máquina, senón que tomou posesión dela. Para isto
necesitaban-se cualidades [negativas] especiais e de excepción” (V.115,
pp.11-12). Efeitivamente, claro que Stálin tinha umhas cualidades
negativas excepcionais, tanto que lhe posibilitaron representar e controlar
ao maior Estado Totalitário da História. Stálin, foi, como todos somos, un
produto da Natureza e da História. O proceso histórico que trouxo o trunfo
da contra-revolución explica que destacase nel a sua natureza ruin,
mezquina, en doses maiusculas, excepcionais. Asi, o seu fortísimo carácter,
envexoso e cínico, permitiu-lhe cumplir o papel histórico que precisaba a
ruin e cínica burocrácia. Stalin liderou-na porque a sua persoalidade era a
que tinha os caracteres negativos máis desenvolvidos para poder facé-lo.
Asi como numha época revolucionário un tipo ruin non pode representar os
anseios liberadores da clase trabalhadora, nun proceso contra-
revolucionário o revolucionário integral parece un aventureiro. Ler a
biografia de Trótski sobre Stálin é voltar a repasar o proceso histórico que
lhe tocou viver xuntos aos dous antagonistas, proceso que ao ser analisado
por Trótski ratifica-lhe o que persoalmente sinte como certo.
44. Testamento político
Sabedor de que lhe quedaba pouco tempo de vida e de que era moi
posíbel que Stálin se adiantara á factura da natureza, Trótski redactou o seu
testamento político en Febreiro do 1940. Nel está reflexado o amor e o
reconhecimento ao papel da sua companheira na sua vida persoal. Nataxa
non foi por casualidade a companheira de Trótski. Hai que ter doses
maísculas de amor á loita por un mundo milhor para manter as forzas
incolumes perante o vendaval reaccionário e axudar ao velho León a
combaté-lo. Por iso Trótski di: “Ademais da felicidade de ser un loitador
pola causa do socialismo, o destino deu-me a felicidade de ser o seu
marido” (V.24, p.430).
A sua vida política estivo ateigada de tantos avatares que reflecten o
complexo caminhar da sociedade. El estivo sempre no timón, polo que non
ten nada do que arrepender-se e si un proceder que legar: “Durante corenta
e tres anos da minha vida consciente fun un revolucionário, e durante
corenta e dous anos loitei baixo a bandeira do marxismo. Se tivera que
comezar de novo, trataria de evitar tal ou cal erro, pero o curso xeral da
minha vida permanheceria inalterábel. Morrerei sendo un revolucionário
proletario, un marxista, un materialista dialéctico e, por conseguinte, un
ateo irreconciliábel. A minha fe no futuro comunista da humanidade non é
menos afervoada, senón máis firme hoxe, do que o era nos dias da minha
mocidade (...). A vida é fermosa. Que as futuras xeracións a limpen de todo
146
mal, opresión e violéncia, e que a disfruten a plenitude” (V.24, p.430-431).
46. O asasinato de Trótski
O asasinato de Trótski xestou-se directamente no Krémlin. Afinais
de Marzo do 1939 Lavrenti Béria, que desde o 8 de Decembro do 1938 está
ao frente do Comisariado do Interior (NKVD), leva á presenza de Stálin a
un xoven axente da NKVD, Pavel Sudoplátov. Béria propon-lhe a Stálin
que Sudoplátov se ocupe de eliminar a Trótski. Stálin asinte e di: “Aparte
da persoa de Trótski, non hai outra figura importante no movimento
trotskista. Umha vez eliminado Trótski o perigo desaparecerá (...). Hai que
acabar con Trótski este ano, antes do comezo da guerra, que é inevitábel.
Se non , cando estrale a guerra non poderemos fiar-nos dos nosos aliados
do movimento comunista internacional” (V.61, p.594).
A operación de asasinar a Trótski recibe o nome en clave de
“Canard” (Peza a Derrubar). Sudoplátov pide 300 mil dólares para
financia-la, Stálin concede-lhos. Xunto con Sudoplátov coordinará a
Operación Canard o tamén axente da NKVD Naum Eitingon, chamado
Leonid. Deste xeito, Sudoplátov e Eitingon serán os organizadores na
cúspide do asasinato de Trótski. Seguiran-nos na xerarquia deste trabalho
Grígori Rabinóvitch (o “xudeu francés”) e Vittorio Vidali ( o Carlos
Contreras da guerra civil espanhola ou o Eneas Sormenti, sicário e
organizador de sicários). Para elo contarán cos servizos do PC dos EUU e
do PCM, asi como de axentes chegados a México ao amparo da acolhida
que o governo mexicano lhe otorga aos refuxiados da guerra civil
espanhola.
O primeiro intento de liquidar fisicamente a Trótski vai-se-lhe
encargar ao pintor mexicano David Alfaro Siqueiros, membro do PCM e
que participara na guerra civil espanhola mandando a Brigada 82, onde se
lhe conhecia polo alcume de O Coronelazo. O atentado veu precedido
dumha campanha de prensa brutal nos voceiros controlados polos
stalinistas tais como o periódico “El Popular” e a revista “Futuro”. O 19 de
Maio do 1940 o próprio órgano do PCM, “La Voz de México”, pide a
expulsión de Trótski do país “pola sua actividade anti-proletária e anti-
mexicana” ( V.6, p.898). Diante deste ataque de prensa Trótski afirmará
con pleno convencimento que “A xente escrebe asi só cando está disposta a
trocar a pluma pola ametralhadora” (V.24, p. 437).
Ás catro da madrugada do 24 de Maio un comando dumhas vinte
persoas, disfrazadas de policias uns e do soldados outros, liderado por
Siqueiros, vai-se introducir na Casa da Avenida Viena de Coyoacán
despois de maniatar aos polícias que gardan a entrada e de que un membro
de garda persoal de Trótski, Bob Sheldon Harte, lhes abra a porta. Penetran
no recinto e dirixen-se aos aposentos de Trótski e Nataxa. Fan máis de cen
147
tiros aperares do cal Trótski e Nataxa saen ilesos polo básico método de se
tumbar no chao. Só o neto de Trótski, Seva, resultou lixeiramente ferido.
Que un atentado tan ben preparado non tivera éxito fixo sospeitar ao
próprio xefe da policia secreta mexicana, o coronel Sánchez Salazar, de que
aquel acto fora un auto-atentado, tanto foi asi que mesmo detivo a
colaboradores de Trótski. A prensa a prol do stalinismo tamén escrebe
nesa dirección. O PCM emite un comunicado onde afirma que o atentado
en realidade é umha provocación do próprio Trótski. Porén, o áxil trabalho
da polícia mexicana vai levar á detención de vários asaltantes e do mesmo
Siqueiros, que fora-se a refuxiar no campo.
O clamoroso fracaso leva a Sudoplátov á presenza de Stálin. Este
teima en que hai que atentar outra volta contra Trótski, polo que se aproba
un plano de reposto. Esta teimosia en matar a un velho que está noutro
continente, a miles de quilómetros da URSS, é produto da certeza de Stálin
do papel que Trótski como revolucionário xogaria na revolución que pode
traer a guerra. Non era o único que facia esta valoración. O 25 de Agosto
do 1939 o embaixador francés Coulondre xa lhe dixera a Hitler: “Temo-
me que ao final da guerra non haxa máis cun vencedor: o senhor Trótski”
(V.61, p.632). Asi, non é ilóxico pensar que se Stálin tinha medo en Marzo
do 1939 do papel que Trótski xogaria numha revolución que trouxera a
guerra, este medo acrecentaria-se o 22 de Xunho do 1940 coa claudicación
de Franza perante o IIIº Reich, o que posibilitaba o ataque názi á URSS.
Este temor a bon seguro que incrementou as presións para que se acabase
xa dumha vez con Trótski.
Cal era o plano de reposto? Ramón Mercader del Río. Este nacera en
Barcelona o 7 de Febreiro do 1913. Era filho de Pablo Mercader e Caridad
del Río. A sua nai, conhecida como Caridad Mercader, era militante do
PSUC e axente da NKVD. O próprio Eitingon era o seu amante. Ramón
seguiu os pasos da sua nai. Como axente da NKVD vai conhecer en Paris,
por intermédio da stalinista Ruby Weil, a Sylvia Ageloff. Ramón, bon
mozo, conquista axinha o corazón da non moi agraciada Sylvia. Esta era
umha decidida militante trotskista que tinha acceso ao próprio Trótski,
motivo polo cal se lhe ordenara a Ramón achegar-se a ela. Fixo-o baixo a
falsa identidade belga de Jacson Mornard. Sylvia partiu para New York na
companha da axente stalinista Ruby Weil, e até ali a seguiu Jacson ao cabo
duns meses. Explica-lhe á moza que tuvo que fuxir de Europa para non
combater e que por iso traia un pasaporte falso a nome de Frank Jacson. Ao
pouco o axente Ramón di-lhe á namorada Sylvia que lhe saiu un trabalho
en México e propón-lhe que ela vaia viver con el, o que ela aceita gostosa.
A introdución de Ramón no círculo da Casa da Avenida Viena fai-se
moi a modo. El limita-se a acompanhar a Sylvia e espera-a fóra da casa, co
coche. O cauteloso axente vai-se dando a conhecer. Entra na casa por vez
primeira no mes de Marzo, acompanha a Sylvia que se ven a despedir de
148
Trótski xa que parte para New York. Pero tras o fracasado atentado de
Siqueiros hai presa na NKVD. O 28 de Maio do 1940 Ramón franquea
umha vez máis a porta da casa de Trótski, convertida despois do atentado
numha pequena fortaleza. A excusa non podia ser máis natural, o
matrimónio Rosmer, amigos intimos de Trótski, finalizan a sua visita ao
velho revolucionário e parten para Franza. Van colher o barco en Veracruz
e Ramón oferece-se a levá-los. Entra para recolhé-los. Casualmente
conhece a Trótski. En Xunho Ramón parte para Nova Iorque. Ali Eitingon
e Rabinóvitch darian-lhe a orde de matar a Trótski. Volta facendo-se pasar
por un neófito trotskista, a excusa perfeita para presentar-lhe a próprio
Trótski o borrador dun artigo político. Trótski para olhá-lo pasa-o ao seu
despacho. Sen sabé-lo propiciaba-lhe ao axente stalinista ensaiar o seu acto
terrorista.
A tarde do martes 20 de Agosto Ramón Mercader presenta-se na
Casa da Avenida Viena. Trae-lhe a Trótski o artigo correxido. Trótski pasa-
o ao seu estudo. Inclina-se para le-lo o que aproveita Ramón Mercader para
sacar do seu abrigo un piolet co que lhe espeta un golpe brutal a Trótski na
fronte. Este en vez de caer derrubado en siléncio polo impacto, o que lhe
teria permitido a Mercader sair tranquilamente e fuxir, da un berro
tremendo que alerta aos seus gardas que entran, apresan e golpean ao
terrorista. Trótski sangra a mares pola mortal ferida. Nataxa acouga-o no
chao. Trótski di-lhe: “Amo-te, Nataxa”. Ela pon umha almoada debaixo da
cabeza e aplica-lhe xelo na ferida. Ao pouco chega a ambuláncia.
Trasladan-no ao hospital. Nataxa desviste-o para a operación e despide-o
cun bico quel sinte porque o contesta. Entra en coma. Os ciruxanos operan-
no. Trótski inda aturou horas con vida. Porén, ás 19.25 horas do 21 de
Agosto do 1940 morria. O velho León deixara de ruxir.
149
Apéndices
I) Congresos do Partido Bolchevique
A) Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia,
POSDR
1º Congreso (1898): nove socialdemócratas que representaban
a organizacións locais de San Petersburgo, Moscovo, Kiev,
Ekaterinoslav e aos trabalhadores xudeos do Bund xuntaron-se en
Minsk (Bielorrúsia), no piso do ferroviário Rumiántsev, do 1 ao 3 de
Marzo para fundar o “Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia”
(explicitando que non se referian á Rúsia étnica e sí ao território da
Rúsia zarista). Aprobou-se un “Manifesto” do partido cuxo autor foi
o intelectual Peter Struve, un “marxista legal”. Nel decia-se que
“canto máis cara o Leste se caminha na Europa, máis feble, ruin e
cobarde é politicamente a burguesia e maiores as tarefas culturais e
políticas que debe asumir o proletariado. A clase obreira rusa deberá
levar sobre o seu forte lombo a carga de conquistar a liberdade
política”. Ao pouco os congresistas eran detidos. Nengun dos
fundadores desempenhou un papel dirixente nas revolucións rusas
mais o exemplo tivo continuadores.
2º Congreso (1903): celebrou-se de xeito intermitente, por
mor da policia, desde o 17 de Xulho ao 10 de Agosto, primeiro en
Bruselas e despois en Londres. Este congreso foi posíbel polo
trabalho preparatório do grupo Iskra. Estivo presidido por Plejánov,
o primeiro introdutor e defensor do marxismo na Rúsia zarista.
Asistiron en total 57 delegados, que representaban a centos de
trabalhadores. 43 deles dispunhan de 51 votos e os outros 14
delegados tinhan voz pero non voto. Este foi o verdadeiro congreso
fundacional. Xa representaba a umha masa proletária, sumaba aos
velhos do grupo Emancipación do Trabalho aos novos militantes
que se estaban fogueando na convulsa realidade rusa e moitos dos
seus delegados participarán nas revolucións de 1905 e 1917.
Aprobou-se por amplisima maioria o programa, só tivo un voto en
contra. Pedian-se reformas democráticas tais como sufráxio
universal, liberdade de asociación e prensa, xornada do oito horas,
prohibición do trabalho infantil, seguros de vexez e invalidadez,
proibición das multas aos obreiros nas fábricas e algumhas
reivindicacións para os campesinhos. Non se facia alusión á
150
conquista do socialismo por razóns tácticas. O debate sobre o artigo
primeiro dos Estatutos enfrentou a Lénin e Mártov. O primeiro
queria militantes e ao segundo abondaba-lhe con afiliados. Lénin
perdeu a votación, 28 votos en contra. Mais os delegados do Bund
retiraron-se do congreso porque a maioria del non lhe reconhecia ao
Bund o dereito exclusivo para representar ao proletariado de orixe
xudeu. Como os delegados do Bund votaran en contra da redacción
de Lénin este atopou-se coa maioria. Lénin propuxo reducir a tres os
membros da redacción de Iskra ( Mártov, Plejánov e Lénin),
retirando dela a velhas glórias. A proposta tivo 25 votos a favor, 2 en
contra e 17 abstencións. Porén, Martov rexeitou participar na
redacción de Iskra. Inda máis, a minoria (mencheviques) retirou-se
do congreso. A maioria (bolcheviques) elexiu o Comité Central,
pero a posterior defección de Plejánov e a saida de Lénin da
redacción da Iskra terminou deixando ao CC e a Iskra baixo a batuta
dos mencheviques. O POSDR estaba temporalmente escindido.
Daquelas isto non se via como definitivo. Trótski, que participou
neste congreso, estará durante anos a favor da unificación. De feito,
os congresos de 1906 e 1907 foron unitários.
3º Congreso (1905): fixo-se en Londres desde o 12 até o 27 de
Abril. Asistiron 38 delegados, 14 deles con voz pero sen voto. Este
foi un congreso exclusivamente dos bolcheviques, en rigor, o
primeiro congreso bolchevique. Os mencheviques organizaron umha
conferenza en Xenebra. Este congreso deu-se ao calor da revolución,
por isto a cuestión da insurreizón tivo moita importáncia. Esta tinha-
se que facer co apoio das masas e organizadamente xa que nada tinha
que ver co golpe de mao, putsch, dado por uns poucos iluminados
como no século XIX facian os blanquistas e os seus seguidores no
XX. Tamén se lhe adicou atención á cuestión agrária, cuestión esta
de vital importáncia porque a imensa maioria da povoazón era
campesinha e os eseristas seus representantes políticos. Produxo-se
un choque de Lénin cos “homes do comité” (komitechiki), que
facendo umha laboura organizativa clandestina imprescindíbel para a
organización estaban acostumados ao ordeo e mando e non lhe daban
entrada aos obreiros nos comités do partido. O congreso elexiu un
novo comité central e decidiu sacar un novo periodico semanal,
“Proletari”.
4º Congreso (1906) : este congreso foi convocado por un
comité central unificado, composto de bolcheviques e mencheviques.
Foi pois, o congreso da unidade das duas ponlas da socialdemocrácia
rusa. Celebrou-se en Estocolmo durante o mes de Abril. Decidiu-se a
participación na primeira Duma. Lénin, nun informe sobre o
151
congreso que escrebeu para os obreiros de San Petersburgo,
recomendaba este proceder moi afervoadamente: ”Durante as
eleicións á Duma é obrigatória a unidade completa de acción. O
congreso decidiu a participación en todos aqueles sítios nos que haxa
eleicións. Durante estas, nengumha crítica da participación nas
eleicións. A acción do proletariado debe ser umha”.
5º Congreso (1907): celebrou-se en Londres do 30 de Abril ao
19 de Maio. Tamén foi un congreso unitário, o derradeiro. Asistiron
a el os grandes cadros da socialdemocrácria da Rúsia zarista, entre
eles: Plejánov, Mártov, Axelrod, Dan (mencheviques). Lénin,
Zinóviev, Kámenev, Tómski (bolcheviques). Trótski, que non
pertecia a nengumha das duas fraccións. Rosa Luxemburg, o cadro
máis importante da socialdemocrácia polaca. O escritor Máximo
Górki e, tamén, un xeorxiano desconhecido que respostaba ao
sobrenome de Ivanov e que pasará á História como Stálin. Asistiron
336 delegados que representaban a uns 77 mil militantes. O congreso
debatiu sobre a Duma, os sindicatos, a loita guerrilhera, o quefacer
no exército, a crise económica e a organización, entre outros pontos.
Un ponto de moitisima importáncia foi a actitude perante os partidos
burgueses. Aqui estaba o cerne do proceder que se ia levar na
revolución do 1917 (que os congresistas non podian saber cando se
ia dar): a revolución lideraria a burguesia ou o proletariado? Para os
mencheviques a clase trabalhadora seria a ponla esquerda da
revolución liderada pola burguesia. Para Lénin serian os obreiros a
clase rectora se sabian atraer a grande parte do campesinhado. Para
Trótski tamén o seria a clase trabalhadora que, ademais, umha vez
conquistado o poder non se poderia deter na fase democrático-
burguesa e pasaria á loita polo socialismo. As diverxéncias teóricas
levaron a que na prática mencheviques e bolcheviques caminharan
por separado inda queste congreso unitário non podia, pola sua
própria composición, dilucidar a cuestión dumha vez por todas. Isto
corresponderia-lhe á própria Revolución, o irrefutábel xuiz.
6º Congreso (1917): inaugurou-se o 26 de Xulho. Habia anos
xa que as duas ponlas da socialdemocrácia rusa, bolcheviques e
mencheviques, ian por separado. Separación que o próprio proceso
revolucionário estaba afondando xa que os mencheviques, en
coeréncia coa sua visión de que aquela era umha revolución
burguesa, negaban-se a dar-lhe o poder aos sóviets, onde eran
maioria, e apoiban ao Governo Provisório. Mais a ponla bolchevique
vira-se incrementada polo grupo dos “meiraiontsi”, con cadros
políticos tais como Trótski, Lunatchárski e Ioffe e por isto a xuntanza
denominou-se “Congreso da Unificación”. Foi presidido por
152
Mijáilovich Sverdlov. Como a raíz das Xornadas de Xulho Lénin e
Zinóviev tiveran que fuxir a Finlándia e Trótski, Kámenev e outros
líderes bolcheviques estaban presos, o congreso non tomou
verdadeiramente nengumha decisión. Stálin, que se encargou da
ponéncia política, simplesmente cubriu o expediente e non se entrou
a debater a proposta de Lénin que consistia en retirar a velha
consigna de “todo o poder aos sóviets”, visto que ese sóviet de
maioria menchevique e eserista se apoiaba no Governo Provisório e
no Exército para represaliar aos trabalhadores e soldados
petrogradenses e perseguer aos bolcheviques, pola nova consigna de
“todo o poder aos comités de fábrica”. Se a coxuntura era confusa
para o próprio Lénin, que pensaba que os sóviets estaban perdidos
para a revolución, canto máis para un congreso sen dirección
política. Asi, este congreso, celebrado en pleno proceso
revolucionário, non tomou nengumha decisión política trascendente.
Os 134 delegados que votan ao novo Comité Central dan-lhe 133
votos a Lénin, 132 a Zinóviev, 131 a Trótski e a Kámenev. Stálin sae
eleito en sétimo lugar por número de votos. Dos 21 integrantes do
CC Lénin é o máis velho con 47 anos, 11 membros están entre o
abano dos 30-40, tres tenhen menos de 30 e o máis xovén é Iván
Smilgá con 25 anos. Apartires dagora este partido será conhecido
popularmente como “o partido de Lénin e Trotski”.
B) Partido Comunista (bolchevique) de Rúsia,
PC (b) R
7º Congreso (1918): xuntou-se en Petrogrado do 6 ao 8 de
Marzo. Asistiron 104 delegados. Lénin presentou o informe político,
quel mesmo denominou “un bosquexo da nosa revolución no seu
conxunto”, o informe do CC, a discusión do programa, e as
resolucións sobre a Paz de Brest-Litovsk e o cámbio do nome do
partido. Asi o congreso ratificou o Tratado de Brest, que estivera a
piques de producir umha escisión no partido, considerado durisimo,
moi humilhante pero necesário. En coeráncia co que propuxera nas
suas Teses de Abril, Lénin defendeu a necesidade política de que se
cambia-se o nome ao partido. O congreso votou a favor e apartires
daqui a organización denominaria-se “Partido Comunista de Rúsia e,
entre parentese, bolchevique”.
8º Congreso (1919): celebrou-se en Moscovo do 18 ao 23 de
Marzo. Lénin abriu a xuntanza afirmando que “as primeiras palabras
deben ser adicadas ao camarada Iákov Mijáilovich Sverdlov” e
propondo “que honremos a sua memória postos en pé”. Non era
umha homaxe nada baladi, formal. Sverdlov, que acababa de morrer
por umha epidémia de febre, era o grande organizador do partido,
153
“poseedor dumha memória extraordinária, inverosimil”. Tanto era
asi que Lénin voltará lembrá-lo inda un ano despois, no noveno
congreso, decindo: “O noso partido acaba de viver o primeiro ano
sen Sverdlov (...) Ninguén como o camarada Sverdlov sabia
coordinar o trabalho político co de organización, e nós tivemos que
facer o intento de reemplazar o seu trabalho persoal polo dun
organismo colectivo”. Non hai que ser adivino para decatar-se do
moito que Lénin o botaba de menos. A sua morte vai ser umha
casualidade causal para Stálin, inda que isto non o sabia nen el. Esta
defunción fará que no Pleno do CC se cree o Buró Político
(Politburó), ao que pertecerán Lénin, Trótski, Kámenev, Stálin e
Krestínski, máis o Buró de Organización e o Secretariado, que estaria
encargado de coordinar o trabalho político co organizativo.
Krestínski asumirá o papel de coordinador, polo que será membro
dos tres organismos. Esta función asumirá-a Stálin no ano 1922. A
cuestión dos especialistas militares no Exército Vermelho
soliviantaba os ánimos de moitos, tanto é asi que mesmo alguns
congresistas chegaron ás maos. Lénin posicionou-se a favor deles,
que era ratificar a política de Trótski, que estaba no frente, e o
congreso ratificou-nos. Sobre a cuestión nacional, Lénin foi tan
explícito como sempre, afirmou que “todas as nacións tenhen dereito
á autodeterminación” e que queré-la “sustituir pola
autodeterminación dos trabalhadores é totalmente erróneo, porque
semelhante maneira de plantexar as cousas non ten enconta as
dificuldades, a via tortuosa que segue a diferenzación no seo das
nazóns”. Lénin fixo moitisimo fincapé na cuestión agrária. Teimou
na relación que o partido tinha que levar co campesinho médio co
que habia que “chegar a estabelecer umha alianza sólida” que a
política do partido tinha que ser “incorporá-los dumha maneira
paulatina e metódica ao labor da construción socialista. O partido
prantexa-se a tarefa de apartá-los dos Kulaks, de atraé-los á beira da
clase obreira, através dumha solícita preocupación polas suas
necesidades (...) e nunca con medidas represivas”. Ratificou-se a
creación da Internacional Comunista, cuxo informe presentou
Zinóviev, seu presidente, non sen que antes Lénin chamara a
atención sobre a sua “grandisima importáncia”. A “revolución
proletária na Hungria” foi un estimulante para o congreso, mais
Lénin advertia que “as dificuldades da revolución húngara son
imensas, camaradas. Este país, pequeno en comparación con Rúsia,
pode ser estrangulado polos imperialistas con moita maior
facilidade”. Porén, clausurou o congreso comunista cun dicer
optimista e internacionalista: ”por grandes que sexan as calamidades
que poda causar-nos inda a fiera agonizante do imperialismo
154
internacional, esa fiera morrerá e o socialismo vencerá no mundo
enteiro”.
9º Congreso (1920): foi outravolta Moscovo quen acolheu a
xuntanza congresual, que se desenvolveu desde o 29 de Marzo ao 5
de Abril. No discurso de apertua de Lénin xa se sinala o cerne do
que van a debater os congresistas: a edificación económica. Esta
tarefa é mil veces máis complexa que a guerra. Da-se umha discusión
sobre a pertinéncia da dirección colectiva ou da dirección unipersoal
das indústrias. Lénin fai fincapé que nesta coxuntura impón-se a
persoal. Lembra que iso xa fora aprobado polo Comité Executivo
Central dos Sóviets de Toda Rúsia en 1918 e cita pasaxes dun seu
folheto para relembrar a argumentación daquelas: “ Temos que
aprender a conxugar a democrácia das discusións públicas das masas
trabalhadoras, que flue briosa co impetu das augas primaverais
desbordadas, coa disciplina férrea durante o trabalho, coa
subordinación incondicional á vontade dumha soa persoa, do
dirixente soviético, nas horas de trabalho”. Esta linha de conduta é a
que aproba o congreso. Crean-se 8 exércitos de trabalho, un deles
refará kilómetros e kilómetros de via ferrea. Porén, o “comunismo de
guerra” umha vez que acabou a guerra civil non é de recibo para o
campesinhado. O próximo congreso terá-lhe que facer frente a esta
realidade. Lénin mostra-se preocupado pola saude política do
partido, no que entraran miles de militantes através da Semana do
Partido, que se artelhara por un mandato do congreso anterior. Por
iso di que neste ponto a “nosa tarefa durante o ano próximo, despois
dos brilantes éxitos na guerra, consiste non tanto en ampliar o partido
senón na laboura interna, no senso de desenvolver a sua composición
(...).Hai que conseguer que esta vangarda proletária, este exército de
600.000 membros, estexa á altura das tarefas que recaen sobre ela”.
10º Congreso (1921): celebrou-se en Moscovo, do 8 ao 16 de
Marzo. Lénin no seu informe ao congreso vai facer fincapé en que a
guerra civil obrigara a adicar todo o esforzo da arruinada economia a
vencer aos brancos e aos seus aliados. Isto trouxera enormes
distorsións que agora habia que correxer. A insurreizón de Kronstadt,
“contra-revolución pequena burguesa que presenta a consigna da
liberdade de comércio”, era un produto da catastrófica situación
económica que o poder soviético non pudera enfrentar por culpa da
guerra. Lénin vai propor tres medidas concretas para enfrentar a
imediata realidade: sustituir o “sistema de requisa” polo “imposto en
espécie” para posibilitar o incremento da arruinada pequena
propriedade campesinha, otorgar-lhe “concesións” a grandes
empresas capitalistas para que exploten as matérias primas soviéticas
155
co obxeto de ter capital para poder comprar bens de equipa para
industrializar o país e, por ultimo, exixe a rotunda “unidade” do
partido para efectuar todo este trabalho. A sustitución da requisa polo
imposto en espécie, tema ao que pola sua importáncia Lénin lhe
adica umha intervención monográfica, é imprescindíbel porque na
Rúsia soviética a imensa maioria da povoazón está composta de
campesinhos médios. Era o final do “comunismo de guerra” e o
comezo da NEP. As “concesións” non van ter aplicación porque o
grande capital internacional non aceitou a xogada soviética. A
chamada á unidade vai precedida dun ataque político á denominada
“oposición obreira” á que Lénin califica de pequeno-burguesa.
Afirma que existe ligazón ideolóxica entre a “oposición obreira” e a
contra-revolución pequeno-burguesa, mais teima en integrar no
trabalho político do partido aos elementos “sanos” de dita oposición.
O congreso proibirá as fraccións.
11º Congreso (1922): xuntou-se en Moscovo desde o 27 de
Marzo ao 2 de Abril. Foi o derradeiro congreso do PB ao que asistiu
Lénin. Era o primeiro ano da NEP e Lénin no seu informe político
vai teimar na incapacidade da maioria dos membros do partido
como xestores. Asi afirma: “No transcurso deste ano temos
demostrado con enteira claridade que non sabemos administrar. Esta
é a lizón principal. Ou o ano próximo demostramos o contrário, ou o
Poder soviético non poderá existir”. Chama a aprender o “abc” da
xestión. É umha critica feroz ao burocratismo e umha chamada a pór
a administrar aos que saben, baixo a dirección política do partido.
Esta análise descarnada debeu levar o pánico aos cadros da
burocrácia. Era o primeiro ano de paz e Lénin sacudia-os. Tremaron,
numha realidade económica completamente arruinada a perda do
trabalho na administración supunha a perda dos priviléxios que ian
relacionados co cargo. Numha sesión discutiu-se a “Declaración dos
22”, carta asinada por vintedous militantes da antiga “Oposición
Obreira” que enviaran ao Comité Executivo da IC o 26 de Febreiro.
Nela denuncian atentados á democrácia no seo do PB. Dos
delegados, 227 votaron en contra das alegacións dos oposicionistas e
215 votarón a favor dumha moción que esixía “un cámbio de
actitude respeto aos disidentes”. A votación indica-nos que os
delegados eran soberanos e que votaban en conciéncia. O PB estaba
vivo politicamente. O 4 de Abril, o CC eleito no Congreso elixe a
Stálin como Secretário Xeral do Comité Central.
12º Congreso (1923): deu-se no mes de Abril. Este congreso
inaugura un feito que se revelará catastrófico para a vida
revolucionária do partido: o Secretariado, controlado por Stálin,
156
designa ao 83% dos delegados. Asi, o aparato por vez primeira
controla ao partido, e non á inversa. Porén, os saudos remitidos ao
congreso, e lidos desde a presidéncia do mesmo, agasalhaban
maioritariamente a Lénin e Trótski, neles apenas se mencionaba a
Stálin. Deste xeito quedaba claro o sentir da base, mais pola cúspide
a “troika” (Zinóviev, Kámenev e Stálin) controlaba o
desenvolvimento do congreso, tanto que se ben Lénin,
irreversibelmente enfermo, xa ditara o “Testamento”, onde se pedia
que se retirara a Stálin da Secretaria Xeral, o congreso nada saberá
del. O informe político en nome do CC, que sempre fixera Lénin, vai
a correr a cargo de Zinóviev. Trótski rexeitara facé-lo. Trótski
mantinha-se en segundo plano por pudor diante da falta do líder
natural do partido mentras o triunviro exercia entre bastidores.
Perante a auséncia de Lénin, a Zinóviev non se lhe ocurriu outra
cousa que sinalar que calqueira crítica á linha do partido “é agora,
obxetivamente, umha crítica menchevique”. As críticas ao
triunvirato, que reconheceu a sua existéncia sen pudor, vinheron por
parte de integrantes da “Oposición Obreira”. Trótski mantivo-se
imperturbábel, non só non participou nos ataques á troika senón que
se mantivo distante cos que os efectuaron, é dicer, coa sua própria
base política. Limitou-se a facer un discurso sobre a necesidade da
planificación económica. O PB sen Lénin ao timón facia augas.
13º Congreso (1924): inaugurou-se o 23 de Maio, en
Moscovo. Veu precedido por dous feitos. O primeiro o “Alistamento
Lénin”, que subordinaba inda máis o partido ao aparato xa que
entraban miles de novos membros sen cultura política partidária. O
segundo, umha xuntanza restrinxida de membros do partido
celebrada a víspera do congreso. Nela deu-se leitura ao “Testamento”
de Lénin. Reinaba a consternación. Krúpskaia queria que se lese no
congreso. Kámenev e Zinóviev sairon en defensa de Stálin. Trótski
permaneceu calado. Por 30 votos contra 10 decidiu-se que o
“Testamento” non se ia ler no congreso. Desde antes do congreso o
triunviro vinha atacando a Trótski, tanto é asi que Zinóviev pedira a
sua expulsión do partido, ao que Stálin habilmente se opuxera, dando
imaxe de moderado. Porén, no mesmo congreso Zinóviev volta
atacar a Trótski. Pide-lhe que se retracte das suas opinións diante de
todo o congreso. Esta era umha petición insólita, alhea por completo
á tradición do partido. Krúpskaia calificou esta petición de
“exixéncia psicoloxicamente imposíbel”, dito que o congreso
contestou cumha ovación. Trótski fará umha réplica moderada á
petición inadmisíbel de Zinóviev: “Xa dixen que nada é mais doado
que dicer perante o partido: “Todas estas críticas, todas estas
declaracións, adverténcias e protestas non foron máis que un craso
157
erro”. Pero, camaradas, eu non podo dicer isto, porque penso que
non é asi”. Mentras o desenvolvimento da NEP agudizaba a
conflitividade social no moribundo PB a casta burocrática ia
consolidando o seu poder através do seu ínclito representante, Stálin.
Será este o derradeiro congreso onde brile a figura de Zinóviev.
Abeirado Trótski da sucesión de Lénin, a troika xa non lhe será util a
Stálin.
C) Partido Comunista (bolchevique) da URSS,
PC (b) URSS
14º Congreso (1925): xuntou-se en Moscovo do 18 ao 31 de
Decembro. Foi o congreso que explicitou o divórcio da troika e a
nova alianza de Stálin con Bujárin. O enfrentamento Zinóviev-
Kámenev, estes apoiados no aparato do partido en Leningrado, e
Stálin-Bujárin, co apoio do conxunto do aparato, foi tan directo, tan
visceral, insultos e abucheos incluidos, que Trótski, completamente
perplexo diante dun enfrentamento que non chega a comprender,
permanece mudo. Non intervén no congreso. Quen sí intervén é
Krúpskaia, que afirma que ao non dar-se discusión pre-congresual
na Pravda o partido non estaba preparado para o congreso e que eran
inaceitábeis os ataques aos camaradas por exponher as suas opinións.
Farta de que se tente converter ao seu home numha relíquia cita a
pasaxe que o próprio Lénin escrebera na sua obra “O Estado e a
Revolución” onde afirma que moitas veces en vez de seguer as
ensinanzas dos revolucionários mortos converte-se-lhes en iconos
para castrar o seu quefacer revolucionário. A cita era tan procedente
que non sentou nada ben. Deron-se uns debates primeirizos arredor
da NEP e da teoria do “socialismo nun só país”, pero neles non
estaba o desexo de perceber a realidade para mudá-la, eran a excusa
para detentar o poder por si mesmo. Mai o que enconou a Stálin e
aos seus seguidores foi o contundente dicer de Kámenev rexeitando
ao “líder” para o partido: “Oponhemo-nos a crear a teoria dun líder,
oponhemo-nos á formación dun líder”. Pero di máis: “Cheguei á
conclusión de que o camarada Stálin non pode realizar a función de
aglutinar ao órgano supremo bolchevique”. Os coreifeus de Stálin
sairon á palestra, por primeira vez na história do partido os lacaios
gababan ao xefe diante do congreso. Escoitemos a Kuíbishev: “En
nome de toda a comisión central declaro que o camarada Stálin,
como secretário xeral do noso partido, é precisamente a persoa que,
xunto coa maioria do comité central e co seu aopio, soubo arrodear-
se das milhores forzas do partido e ponhé-las a trabalhar (...). Con
base na experiéncia e no conhecimento real e efectivo da nosa
xefatura, declaro en nome da comisión central de controlo que esta
158
xefatura e este secretário xeral son os que precisa o partido para ir de
vitória en vitória”. Pero a fracción dominante non se conformaba con
gabar ao xefe, queria eliminar toda desidéncia. Asi, Iaroslávski
predice o futuro da oposición: “Estou convencido de que no
decimoquinto congreso non sufriremos un espectáculo tan
vergonhento como o que tivemos aqui”. Porén, inda non chegara ese
momento polo que o CC tamén elexiu para o Politburó aos líderes da
disidéncia. Era umha fición porque para que estiveran máis isolados
o Politburó pasaba de sete a nove membros: Stálin, Bujárin, Ríkov,
Tómski, Mólotov, Kalinin, Voroshílov, máis Zinóviev e Trótski.
Kámenev foi relegado a “aspirante”. A derrota política de Zinóviev e
Kámenev no congreso, cousa que se sabia a priori porque os
delegados do conxunto do aparato eran maioria, privará a Zinóviev
do apoio do aparato do partido en Leningrado. Dagora en diante a
fracción gobernante dominará todo o aparato. Sergei Kírov foi
nomeado xefe do partido en Leningrado. Este congreso decidiu
cambiar o nome do partido. Pasaria a ser “Partido Comunista
(bolchevique) da URSS”, para adecuar-se á nova denominación do
Estado soviético. Este foi o derradeiro congreso ao que asistiron
Trótski e Zinóviev.
15º Congreso (1927): inda que comezou o 2 de Decembro,
este congreso estaba previsto para antes. Mais Stálin aplazará-o.
Antes tinha que conseguer a expulsión de Trótski e de Zinóviev do
partido para que non puxeran desde a tribuna do congreso en
evidéncia a sua política exterior (fracaso da Revolución china) e
interior (facaso da política pro-kulaks). Conseguido isto celebrou-se
o congreso. Nengun oposicionista tinha dereito a voto. Pola
oposición falaron Kámenev e Rakóvski . O primeiro xa está
psicoloxicamente derrotado, tanto é asi que só terminar o congreso el
e Zinóviev capitularán ante Stálin. Rakóvski defende as ideas da
oposición como correctas. O congreso ratifica as expulsións de
Trótski, Zinóviev e de todos os demais oposicionistas. Acabaran-se
os debates no partido. Stálin está tan seguro do seu controlo do
aparato que fai distribuir entre os 1.669 delegados o “Testamento” de
Lénin. Stálin é releito por unanimidade. O PB deixaba de existir.
159
II) Congresos da Internacional Comunista
A) Periodo leninista (1919-1924), caracteriza-se por
estar ao servizo da revolución mundial
1º Congreso (1919): celebrou-se do 2 ao 6 de Marzo en Moscovo,
no Kremlin. Tomaron parte 52 delegados que representaban a 35 partidos
de 30 países. Os bolcheviques estaban representados por Lénin, Trótski,
Zinóviev, Bujárin e Chicherin. Elexiu-se como presidente a Zinóviev. O
Comité Executivo quedou formado por Zinóviev, Lénin, Trótski, Rakóvski
e Fritz Platten. Decide-se publicar a revista “A Internacional Comunista”.
Ao comezar a sesión Lénin pediu-lhe a todos os delegados que se puxeran
en pé para honrar a memória de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg, “os
milhores representantes da IIIª Internacional”, que foran asasinados o 15 de
Xaneiro en Berlin. Lénin presentou umha resolución que facia fincapé na
necesidade da estrutura dos sóviets, tanto para a revolución rusa como para
a revolución no Ocidente.
2º Congreso (1920): deu-se do 19 de Xulho ao 7 de Agosto, primeiro
en Petrogrado e despois en Moscovo. Asistiron máis de 200 delegados en
representación de partidos de 37 países. Numha coxuntura revolucionária
(contra-ofensiva do Exército Vermelho ao ataque do exército reaccionário
polaco, revolución en Hungria e continuación do fermento revolucionário
na Republica de Weimar) aproban-se os estatutos e as 21 condicións de
ingreso. Nestas fai-se umha chamada a romper cos reformistas e
caracterizaban-se, no ponto 12, deste xeito aos partidos aderentes: “Os
partidos que pertezan á IC tenhen que estar organizados sobre a base do
centralismo democrático. No actual periodo de guerras civis encarnizadas,
un PC está so en condicións de cumplir o seu deber se se organiza da
maneira máis centralizada posíbel e reina nel umha disciplina férrea, case
militar; se o núcleo central do partido constitue un órgao forte e autoritário
dotado de amplos poderes e gozando da confianza xeral da militanza do
partido”.
3º Congreso (1921): xuntou-se en Moscovo desde o 22 de Xunho ao
12 de Xulho. Asistiron 600 delegados en representación de partidos de 52
países. Lénin e Trótski lideran un xiro táctico á dereita, xiro que se reflexa
no slogan “Ás masas!!” e que se concretará na consigna da “frente única”
elaborada polo Comité Executivo, non sen resisténcias xa que Trótski e
Zinóviev tiveron que dar umha dura batalha política no Pleno do Comité
Executivo celebrado do 21 de Febreiro ao 4 de Marzo do 1922 ao longo de
oito sesións e diante de 105 delegados.
160
4º Congreso (1922): celebrou-se do 5 de Novembro ao 5 de
Decembro. As sesións, ás que asistiron 408 delegados, comezaron en
Petrogrado e continuaron en Moscovo. Foi o derradeiro Congreso de Lénin.
Consolida-se a táctica da “frente única”, cuxo obxetivo era apelar á unidade
de acción dos trabalhadores sen ter enconta o partido ao que perteceran.
Reforman-se os estatutos na linha de dar-lhe máis poder aos congresos
internacionais e á sua dirección.
5º Congreso (1924): 406 delegados sesionaron en Moscovo do 17 de
Xunho ao 8 de Xulho. É o congreso do interregno. A loita dos triunviros
contra Trótski comeza-se a reflexar no seo da IIIª Internacional. No debate
sobre o fracaso da revolución na Alemanha Zinóviev vai protagonizar un
nocivo precedente: culpar da derrota á dirección do partido dado e ceibar de
toda responsabilidade á dirección da própria Internacional. Porén, a táctica
de votar-lhe as culpas aos demais foi contestada por notórios militantes:
Rádek, Clara Zetkin, Bordiga. O Congreso chamou á loita contra o
fascismo, inda que a dirección da Internacional adiantou outro gravisimo
precedente: identificar á socialdemocrácia co fascismo. Reafirma-se a linha
centralista nos estatutos.
B) Periodo stalinista (1928-1935), caracteriza-se por
estar ao servizo dos intereses da casta
burocrática soviética.
6º Congreso (1928): deu-se en Moscovo entre o 17 de Xulho e o 1 de
Setembro. Un primeiro dado clarificador: este congreso tardou catro anos
en convocar-se. Este non só era un feito totalmente insólito senón tamén
anti-estatutário xa que os estatutos da IC obrigaban a umha xunta
congresual cada ano. Este lapso de tempo permitira-lhe a Stálin eliminar á
Oposición de Esquerda dentro e fóra da URSS. Trótski estaba desterrado en
Almá-Atá, desde aquí criticará o programa demoradamente. Os dirixentes
da IC xa non eran revolucionários, eran funcionários: Togliatti, Thalmann...
Bujárin foi formalmente o orador máis importante do Congreso pero o seu
peso político estaba xa en claro declive. Posibelmente foi umha mensaxe
subliminal do próprio Bujárin a leitura dumha carta que no seu dia lhe
remitira Lénin na que advertia que se se trocaban os críticos e capaces por
acríticos e inúteis a IC estaba perdida. A IC propón-se como tarefa a
salvagarda da Unión Soviética e non a extensión da revolución, isto era o
proceder coerente coa “teoria do socialismo nun só país”. Mentras Trótski
teimaba: “sen a vitória da revolución proletária mundial non construiremos
o socialismo”.
161
7º Congreso (1935): celebrou-se en Moscovo do 25 de Xulho ao 20
de Agosto. Contou con 510 delegados en representación de 65 partidos
comunistas. Trótski atopaba-se en Noruega. Entre os asistentes estaban
José Díaz, membro do CE da IC, e a Pasionária, suplente do CE. A figura
central foi o búlgaro Georgi Dimitrov, que traia a aureola de vencer
politicamente aos názis no Proceso de Leipzig. Foi eleito Secretário Xeral.
A táctica da “frente única” da clase trabalhadora vai-se trocar na da “frente
única contra o fascismo” que levara ás frentes populares, umha coaligazón
coas organizacións da burguesia para defender a democrácia burguesa, o
que non lhe impedirá a Stálin asinar posteriormente o Pacto názi-soviético
(23-Agosto-1939). A desaparición no papel da IIIª Internacional deu-se no
1943, Stálin procedeu a disolvé-la.
162
III) Cronoloxia (1879-1940)
I. O comezo
1879
26, Outubro: nace Lev Davídovich Bronstein na aldea de Ianovka
(Ucránia).
1898
Comezos ano: Lev é detido e posteriormente condeado ao desterro
siberiano. Ali conhece-se polo alcume de “A Pluma”.
13-15, Marzo: congreso constituinte do POSDR en Minsk (Bielorrúsia).
1902
Verao: Lev fuxe de Sibéria. No falso pasaporte pon o nome de “Trótski”
Outubro: Trótski ( A Pluma) chega a Londres e conhece a Lénin.
1903
Xulho: celebra-se o IIº Congreso do POSDR. Trótski participa nel.
II. A primeira revolución
1905
9, Xaneiro: Domingo Sanguinhento.
Febreiro: Trótski chega a Kiev.
Abril: celebra-se, en Londres, o IIIº Congreso do POSDR.
Outubro: Trótski chega a San Petersburgo. Convirte-se no líder do
Sóviet.
3, Decembro: é detido o Comité do Sóviet con Trótski á cabeza.
1906
Setembro-Outubro: xuizo ao Comité do Soviet. Trótski defende a
revolución.
2, Novembro: o tribunal condea á deportación aos membros do Sóviet.
1907
5, Xaneiro: caminho de Sibéria.
Febreiro: Trótski fuga-se.
Abril-Maio: celebra-se o V Congreso do POSDR. Asiste Trótski.
1914
28, Xunho: o archiduque Francisco Fernando é asasinado en Saraxevo.
1, Agosto: comeza a Primeira Guerra Mundial.
163
4, Agosto: O Partido Socialdemócrata Alemana (SPD) vota a favor do
presuposto de guerra .
1915
5-8, Setembro: Conferenza de Zimmerwald.
III. A revolución 1917
13, Xaneiro: Trótski chega a New York.
Febreiro: estrala a Revolución en Rúsia.
27, Marzo: sae de New York cara Rúsia.
3, Abril: Lénin chega a Petrogrado
4, Maio: Trótski arriba a Petrogrado.
3, Xunho: Primeiro Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia.
Xulho: Dia 3, insurreizón en Petrogrado. Comezo da Xornadas de
Xulho. Lénin pasa á clandestinidade. 23, Trótski é detido.
28-31 Agosto: Golpe de Estado do xeneral Kornílov
23-Setembro: Trótski é eleito presidente do Sóviet de Petrogrado.
Outubro: 10,baixo a batuta de Lénin, o CC do PB decide preparar a
insurreizón. Dias despois o Soviét de Petrogrado crea o Comité Militar
revolucionário, presidido por Trótski. 24-25, Insurreizón de Outubro. 25,
Segundo Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia. Primeiro Governo
Obreiro e Campesinho da Historia Universal, Lénin preside-o.
Decretos da Paz e da Terra.
1918
Marzo: 3, asina-se o Tratado de Brest-Litovsk. Dia 4, Trótski é
nomeado Presidente do Conselho de Guerra. 6-8, 7º Congreso do PB que
ratifica a Paz de Brest.
Abril: Trótski é nomeado Comisário do Povo para a Guerra.
Maio: comeza a Guerra Civil.
Agosto: atentado contra Lénin. Desencadea-se o Terror Vermelho: crea-
se a Cheka.
1919
15-Xaneiro: asasinato de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg
2-6, Marzo: funda-se a IIIª Internacional, a Internacional Comunista.
Abril: as tropas do xeneral Pilsúdski invaden Ucránia.
28-Xunho: Tratado de Versalhes.
1920
Novembro: fin da Guerra Civil.
1921
Marzo: Insurreizón de Kronstadt. 8-16, Xº Congreso do PB no que se
decide introducir a NEP.
1922
16, Abril: Tratado de Rapalho.
164
25,Maio: Lénin sufre un ataque de apoplexia.
Decembro: Dia 13, Lénin pide-lhe a Trótski que defenda no CC o
monopólio do comércio exterior. 23, Lénin comeza a redación do seu
“Testamento”. 30, nace a URSS.
1923
4, Xaneiro: Nun engadido ao Testamento, Lénin propón a destitución de
Stálin como Secretário Xeral.
Outubro: 8, Trótski envia-lhe umha carta ao CC onde critica a
degradación da democrácia no seo do partido. 15, Programa dos
46.Finais, fracaso do Outubro Alemana.
Decembro: Pravda publica “Novo Rumo”, de Trótski.
IV. Após Lénin
1924
21,Xaneiro: Morre Lénin.
Outubro: Lizóns de Outubro, de Trótski.
Novembro: o triunviro desencadea umha furiosa campanha contra
Trótski.
1925
Xaneiro: o CC destitue a Trótski do Comisariado da Guerra.
Maio: para tentar neutralizá-lo, o CC nomea a Trótski presidente de tres
comités técnicos.
18-31, Decembro: XIV congreso do PB. Rupura pública da troika.
Stalinistas-bujarinistas é a nova fracción governante.
1926
5, Xaneiro: o CC nomea a Kírov reponsábel do parrtido en Leningrado.
Xulho: na xuntanza do CC Trótski, Zinóviev e Kámenev proclaman a
existéncia da Oposición Conxunta. Tensos debates. Dzerhínski morre
dun infartoen plena xuntanza.
Outubro: 25,numha xuntanza ampliada do Politburó, Trótski califica a
Stálin como o “sepultureiro da revolución”. 26, Trótski é expulsado do
Politburó e Zinóviev da presidéncia da IC.
1927
Marzo: estrala a revolución china en Shanghai. Por orde de Moscovo, o
PCCh entrega-lhe a revolución a Chiang Kai-shek que desata umha
represión brutal sobre os trabalhadores e comunistas. Á Oposición non se
lhe informa.
27-Setembro: expulsa-se á Trótski do Comité Executivo da
Internacional Comunista.
165
Outubro: para ocultar o seu fracaso a fracción dirixente da un xiro ultra-
esquerdista e ordea a insurreizón de Cantón que é aplastada. Stálin/
Bujárin censuran as notícias vidas de China.
Novembro: 14,Trótski e Zinóviev son expulsados do partido. 16,
suicida-se Ioffe.
Decembro: XV congreso do PC(b) da URSS. Expulsión en masa da
Oposición. O PB xa non existe.
V. O desterro: Almá-Atá
1928
Xaneiro: 12, a GPU comunica-le a Trótski que o 16 será deportado a
Alma-Atá. 16, concentración de milheiros de persoas na estación do tren
para despedir a Trótski, pospón-se a sua marcha. 18, a GPU deporta en
secreto a Trótski. 25, Trótski chega a Almá-Atá na companha do seu
filho maior, Liova, e da sua mulher, Nataxa. 27, Zinóviev e Kámenev
renegan de Trótski e piden o reingreso no partido.
9, Xunho: morre en Moscovo a filha menor de Trótski, Nina.
17, Xulho: comeza o VI Congreso da IC. Trótski previamente fai umha
análise do seu programa ao que califica de “colaboración coa burguesia
exterior”.
10, Setembro: a Pravda publica o derradeiro artigo de Bujárin, “Notas
dun economista”.
26, Novembro: o Politburó condena a Trótski por “contra-
revolucionário”.
27, Decembro: Stálin anúncia na Pravda “ao dianho coa NEP”.
1929
Xaneiro: 7, o Politburó vota a expulsión de Trótski da URSS. 22, a
GPU saca a Trótski de Almá-Atá rumo a Turquia.
10, Febreiro: o tren con Trótski a bordo chega a Odesa. Despide-se do
seu filho pequeno, Sergei, ao que non voltará ver. Embarca con
dirección a Constantinopla.
166
VI. Exílio
A) Turquia (1929-33)
12, Febreiro: o barco que trae a Trótski atraca en Constantinopla.
5, Marzo: os Trótski abandonan o consulado soviético e traladan-se a
viver a un hotel.
Abril: numha xuntanza do CC, Stálin ataca a Bujárin. É o comezo da
caza. Finais de mes, os Trótski van-se a viver á Ilha de Prinkipo, no Mar
de Mármara
Xunho: Tómski é destituido da dirección dos sindicatos.
3, Xulho: Bujárin é expulsado da presidéncia e do CE da IC.
Novembro: o CC destitue a Bujárin do Politburó. 7, publica-se o artigo
de Stálin onde este anúncia a colectivización forzosa. 26, a “Oposición
de Dereitas” capitula ante Stálin.
1930
14, Setembro: Eleicións ao Reichstag. Cumha participación do 82% o
Partido Názi (DNSAP) ten un incremento brutal de votos acadando os
6,4 milhóns. Porén, o SPD obtén 8,5 milhóns e o KPD 4,6.
1931
Xaneiro: a filha maior de Trótski, Zina, chega a Prinkipo co seu filho
Seva.
14, Abril: proclama-se a IIª República espanhola.
28, Xunho: Eleicións a Cortes Constituintes no Estado espanhol, trunfan
os republicanos e socialistas. Governo republicano-socialista.
Agosto: os comunistas alian-se na prática aos názis no referendo contra
os socialdemócratas en Prúsia. O plebiscito é favorábel aos
socialdemócratas.
1932
20, Febreiro: retiran-lhe a cidadania soviética a Trótski.
Marzo/Abril: Eleición presidenciais na Alemanha. Socialdemócratas e
comunistas van desunidos. O Partido Názi consegue 13,7 milhóns de
votos, máis que os socialdemócratas e comunistas xuntos.
Novembro: 14, Trótski sae de Constantinopla para ir dar umha
conferenza sobre a Revolución Rusa en Copenhague. Só leva visado de
ida e volta. 23, Chega a Dinamarca. 25, da a conferenza, en alemana.
Eleicións ao Reichtag, os názis ganhan-nas cos 13 milhóns de votos.
Decembro: 2, sae de Copenhague con dirección a Prinkipo: Amberes-
Dunkerque-Paris-Marselha-Veneza e Brindisi, onde colhe o barco para
Turquia. 11, Turquia.
167
1933
Xaneiro: 5, a filha maior de Trótski, Zina, suicida-se en Berlin. 30,
Hitler é nomeado cancilher.
27, Febreiro: incéndio do Reichstag.
5, Marzo: derradeiras Eleicións ao Reichstag, os názis completan a fase
legal da contra-revolución: 17,2 milhóns de votos.
17, Xulho: Trótski sae de Turquia caminho da Franza.
B) Franza (1933-35)
Xulho: 24, Trótski chega a Cassis, perto de Marselha. 25, Instalan-se en
Saint-Palais, nas “Brétemas”.
Novembro: 1, Trótski instala-se en Barbizon. 19, Eleicións Lexislativas
ás Cortes espanholas: trunfan as dereitas, governo Lerroux.
1934
16 Abril: o governo de Gaston Doumerge anula o permiso de residéncia
de Trótski.
Xunho: Trótski propón o “xiro francés”, a táctica do “entrismo”.
Xulho: Trótski vai a residir en Domène.
Decembro: 1, Asasinato de Kírov. 6, Stálin inventa-se un “centro
trotskista-zinovietista” en Leningrado e Moscovo. 16, Detención de
Zinóviev.
1935
Xaneiro: 9, A GPU condena a prisión e exílio a 77 habitantes dun
suposto “grupo contra-revolucionário” de Leningrado. 16, Condena de 5
a 10 anos de 19 membros dun mítico “centro” de Moscovo. 17, Circular
de Stálin que ordena o censo dos membros do partido que tenhan
discrepado nalgumha ocasión coa dirección.
14, Xunho: Trótski toma o tren en Paris até Amberes, caminho de
Noruega.
C) Noruega (1935-36)
Xunho: 18, Trótski chega a Oslo. 23, instala-se na aldea de Wexhall.
25,Xulho: Comeza o sétimo e derradeiro Congreso da IIIª
Internacional. Nel decidirá-se a política das “Frentes Populares”.
168
1936
16, Febreiro: Eleicións lexislativas ás Cortes espanholas. Trunfo da
Frente Popular.
17-19 Xulho: Golpe de Estado. Comeza a Revolución e a Guerra civil
espanholas.
19-24, Agosto: Primeiro Proceso de Moscovo, o xuizo dos 16:
Zinóviev, Kámenev...Os encausados son fusilados (dia 24).
Setembro: 4, Primeiro Governo de Largo Caballero. 26, Primeiro
Governo da Generalitat.
19, Decembro: Trótski e Nataxa son embarcados no petroleiro Ruth
rumbo a México.
D) México (1937-40)
1937
Xaneiro: 9, Trótski e Nataxa desembarcan en Tampico (México). 23-
30, Segundo Proceso de Moscovo. Xuizo do 17: Piatákov, Karl
Rádek...
10-17, Abril: periódo de trabalho da Comisión Dewey.
Maio: 3-6, Xornadas de Maio en Barcelona: derradeiro acto da
Revolución vencida pola pequena-burguesia e o stalinismo. 22, O
mariscal soviético Tujackéski é detido por “espia”.
Xunho: 11, Izvéstia anúncia a apertura do proceso aos xenerais por
“alta traición”. 16, Andreu Nin é detido, torturado e asasinado pola
GPU.
4, Setembro: descubre-se o cadáver de Ignace Reiss.
12, Decembro: a Comisión Dewey emite o seu veredito: Trótski e
Liova son exculpados das acusacións stalinistas.
1938
16, Febreiro: morre numha clínica parisina Liova, o filho maior de
Trótski.
2-13, Marzo: Terceiro Proceso de Moscovo. O xuizo dos 21: Bujárin,
Rakósvski, Krestinski...
Finais Marzo/Comezos Maio: executan aos bolcheviques-leninistas
do Campo de Concentración de Vorkuta.
Setembro: 3, Funda-se a IV Internacional. 29-30, Conferenza de
Munich.
169
1939
Marzo: por diverxéncias con Diego Rivera Trótski abandona a “Casa
Azul”.
1, Abril: termina a Guerra Civil espanhola co trunfo dos fascistas.
4, Maio: Litvinov, xudeu de orixe, é destituido como Comisário de
Exteriores por Molotov.
23, Agosto: Pacto názi/soviético.
Setembro: 1, A Alemanha názi invade Polónia. 3, Inglaterra e Franza
declaran-lhe a guerra a Alemanha.
24, Outubro: A URSS e a Alemanha názi asinan un acordo
comercial.
30, Novembro: o Exército Vermelho ataca Finlándia.
1940
27, Xaneiro: Trótski redacta o seu “Testamento”.
11, Febreiro: a Unión Soviética e Alemanha asinan outro acordo
comercial.
Marzo: Finlándia capitula perante a URSS.
24, Maio: atentado falhido contra Trótski dirixido polo stalinista
David Alfaro Siqueiros.
3-6, Agosto: a URSS anexiona-se as Repúblicas bálticas.
20, Agosto: atentado mortal contra Trótski: o stalinista e axente da
GPU Ramón Mercader golpea a cabeza de Trótski con un piolet.
21, Agosto: morre Trótski.
170
Bibliografia
1. Alba, Victor. Dos revolucionarios. Andreu Nin, Joaquín Maurín.
Seminarios y Ediciones, S.A. Madrid, 1975
2. Amorós, Miquel. La revolución traicionada. La verdadera historia de
Balius y Los Amigos de Durruti. Virus Editorial. Barcelona, 2003
3. Berneri, Camillo. Humanismo y anarquismo. Los Libros de la
Catarata. Madrid, 1998
4. Bianco, Lucien. Los orígenes de la revolución china (1915-1949).
Edicions Bellaterra. Barcelona, 1999
5. Bonnet, Marguerite. Natalia Sedova, una vida de revolucionaria
(Paris,1962). Texto in www.fundanin.org, 2003
6. Broué, Pierre. La rivoluzione perduta. Vita di Trockij, 1879-1940.
Bollati Boringhieri editore. Torino, 1991
7. ---- El Partido Bolchevique. Editorial Ayuso. Madrid, 1973
8. ---- La revolución española (1931-1939). Ediciones Península.
Barcelona, 1977
9. ---- Los Procesos de Moscú. Editorial Anagrama. In
www.marxismo.org
10. Broué, T. Farrell e Alain Dugrand. Trotsky, México 1937-1940.
Siglo XXI Editores. México D. F., 1992
11. Broué, Deutscher, Volkow ( e outros). El asesinato de Trosky. Antes
y después. Editorial Hacer. Barcelona, 1990
12. Burnett Bolloten. La Guerra civil española. Revolución y
contrarrevolución. Alianza Editorial.Madrid, 1997
13. Carr, E.H. Historia de la Rusia Soviética. La Revolución
Bolchevique (1917-1923). Tomo 1. Alianza Editorial. Madrid, 1972
14. ---Historia de la Rusia Soviética. La Revolución Bolchevique (1917-
1923). Tomo 2. Alianza Editorial. Madrid, 1972
15. ----Historia de la Rusia Soviética. La Revolución Bolchevique
(1917-1923). Tomo 3. Alianza Editorial. Madrid, 1973
16. ---- Historia de la Rusia Soviética. El Interregno (1923-1924).
Alianza Editorial. Madrid, 1974
17. ---- Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país
(1924-1926). Tomo 1. Alianza Editorial. Madrid, 1974
18. ---Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país
(1924-1926). Tomo 2. Alianza Editorial. Madrid, 1975
19. ----Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país
(1924-1926). Tomo 3, Primera Parte. Alianza Editorial. Madrid,
1976
20. ----Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país
(1924-1926). Tomo 3, Segunda Parte. Alianza Editorial. Madrid,
1976
171
21. ----De Napoleón a Stalin y otros estudios de historia contemporánea.
Crítica/Grijalbo. Barcelona, 1983
22. Deutscher, Isaac. Trotsky. El Profeta Armado. Ediciones Era.
México D. F.,1987
23. ----Trotsky. El Profeta Desarmado. Ediciones Era. México D. F.,
1989
24. ----Trotsky. El Profeta Desterrado. Ediciones Era. México D. F.,
1988
25. ---- Rusia después de Stalin. Ediciones Martínez Roca, S.A.
Barcelona, 1972
26. Dietrich Bracher. La dictadura alemana. Tomo1. Alianza Editorial.
Madrid, 1995
27. ---- La dictadura alemana. Tomo 2. Alianza Edotorial. Madrdi, 1995
28. Díez del Corral, Francisco. Lenin, una biografía. Barcelona, 1999
29. Dimitrov, Jorge. El Frente Único y Popular. Sofía-Press, 1969
30. Estruch, Joan. Historia oculta del PCE. Ediciones Temas de Hoy,
S.A. Madrid, 2000
31. Ferro, Marc. La revolución rusa de 1917. Editorial Villalar. Madrid,
1977
32. Figes, Orlando. La revolución rusa (1891-1924). La tragedia de un
pueblo. Edhasa. Barcelona, 2000
33. Frolich, Paul. Rosa Luxemburgo. Vida y Obra. Editorial
Fundamentos. Madrid, 1976
34. Gorkin, Julián. El asesinato de Trotsky. Aymá/Círculo de Lectores.
Barcelona, 1972
35. ----La muerte en México de Víctor Serge (Paris, 1957). Texto in
www.marxists.org, 2001
36. Gramsci, Antonio. Revolución Rusa y Unión Soviética. Ediciones R.
Torres. Barcelona, 1976
37. Grant, Ted. Rusia, de la revolución a la contrarrevolución. Un
análisis marxista. Fundación Federico Engels. Madrid, 1997
38. ---- Ascenso y caída de la Internacional Comunista (1943). Por qué
llegó Hitler al poder (1944). Fundación Federico Engels, Madrid,
2003
39. Grant, Ted e Woods, Alan. Lenin y Trotsky, qué defendieron
realmente. Fundación Federico Engels. Madrid, 2000
40. Grey, Ian. Stalin. Tomo 1. Salvat. Barcelona, 1985
41. ----Stalin. Tomo 2. Salvat. Barcelona, 1984
42. Hájek, Milos. Historia de la Tercera Internacional. Editorial Crítica,
Grijalbo. Barcelona, 1984
43. Heinz Abosch. Crónica de Trotski. Datos sobre su vida y su obra.
Ed. Anagrama. Barcelona, 1974
44. Hobsbawm, Eric. Historia del siglo XX. Crítica. Barcelona, 1998
172
45. Iglesias, Ignacio. Experiencias de la revolución española. El POUM,
Trotski y la intervención soviética. Editorial Laertes, 2003
46. Kautsky, K. Terrorismo y comunismo. Ediciones Jucar. Barcelona,
1977
47. Kochan, Lionel . Rusia en revolución. Alianza Editorial. Madrid,
1968
48. Krupskaia, N. Recuerdo de Lenin. Editorial Fontamara. Barcelona,
1976
49. Laqueur, Walter. Stalin. Javier Vergara editor. Buenos Aires, 1991
50. Lenin. Obras Escogidas. Tomo 1. Editorial Progreso. Moscú 1981
51. ---- Obras Escogidas. Tomo 2. Akal Editor. Madrid, 1975
52. ----Obras Escogidas. Tomo 3. Akal Editor. Madrid,1975
53. ---- El desarrollo del capitalismo en Rusia. Editorial Progreso.
Moscú, 1981
54. ----Entre dos revoluciones. Artículos y discursos de 1917. Editorial
Progreso. Moscú, 1981
55. ---- Discursos pronunciados en los congresos del partido (1918-
1922). Editorial Progreso, Moscú
56. Liz Vázquez, António. Trótski, achegamento biográfico-político.
Boletin Marxista Onte e Hoxe, núms. 5 ao 13 (2000-2003 )
57. ---- Revolución e Guerra no Estado español (1936-39). Por que non
trunfou a revolución? Boletin Marxista Onte e Hoxe, nº 2. Outubro
1999.
58. Lunacharski. Así era Lenin. Editorial de la Agencia de Prensa
Nóvosti. Moscú, 1981
59. Luxemburgo, Rosa. Obras escogidas, 1. Editorial Ayuso. Madrid,
1978
60. ----Obras escogidas, 2. Editorial Ayuso. Madrid, 1978
61. Marie, Jean-Jacques. Stalin. Ediciones Palabra, S.A. Madrid, 2003
62. Marx, K. e Engels, F. Obras Escogidas. Tomo 1. Akal Editor.
Madrid, 1975
63. ----Obras Escogidas. Tomo 2. Akal Editor. Madrid, 1975
64. ----Correspondencia. Editorial Cartago, S.A. Buenos Aires, 1987
65. Mínev, Stoyán (Stepánov) Las causas de la derrota de la República
española. Informe para el Comité Ejecutivo de la Internacional
Comunista, abril 1939. Miraguano Ediciones. Madrid, 2003
66. Miralles, Ricardo. Juan Negrín. La República en guerra. Ediciones
Temas de Hoy, S.A. Madrid, 2003
67. Morrow, Félix. Revolución y contrarrevolución en España. Akal
Editor. In www.marxismo.org
68. Murray, Williamson; R. Millet, Allan. Historia de la Segunda Guerra
Mundial. La guerra que había que ganar. Crítica. Barcelona, 2002
173
69. Nin, Andreu. Qué es y qué quiere el POUM (Febreiro, 1936). Texto
in www.fundanin.org, 2002
70. Nolte, Ernst. La guerra civil europea, 1917-1945.
Nacionalsocialismo y bolchevismo. Fondo de Cultura Económica.
México, 2001
71. Parker, R A C. El siglo XX. Europa 1918-1945. Siglo XXI de
España Editores, S.A. Madrid, 1987
72. Plejanov, G. Obras Escogidas. Tomo 1. Editorial Quetzal. Buenos
Aires, 1964
73. ---- Obras escogidas. Tomo 2. Editorial Quetzal. Buenos Aires, 1964
74. Poulantzas, Nicos. Fascismo y dictadura. La III Internacional frente
al fascismo. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1979
75. Procacci, Giuliano. Historia general del siglo XX. Crítica. Barcelona,
2001
76. ---- El Gran debate (1924-1926). I. La Revolución permanente.
Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1975
77. Reed, John. Diez días que estremecieron el mundo. Akal Editor.
Madrid, 1982
78. Ronald Radosh, Mary R. Habeck y Grigory Sevostianov (eds.)
España traicionada. Stalin y la guerra civil. Planeta. Barcelona, 2002
79. Saña, Heleno. La Internacional Comunista, 1919-1945. Tomo 1.
Zero. Madrid, 1972
80. ----La Internacional Comunista, 1919-1945. Tomo 2. Madrid, 1972
81. Sedova, Natalia e outros: Carta abierta al Partido Comunista
Internacionalista (México,1947). La IV Internacional en peligro
(México, 1947). Carta de ruptura con la IV Internacional (México,
1951). Textos in www. fundanin.org, 2003
82. Serge, Victor. Treinta años después de la Revolución Rusa
(México,1947). Texto in www.marxists.org, 2001
83. ----La vida y muerte de León Trotsky (México, 1944). Texto in
www.fundanin.org, 2003
84. Service, Robert. Lenin, una biografía. Siglo XXI de España Editores.
Madrid, 2001
85. ----Historia de Rusia en el siglo XX. Crítica. Barcelona, 2000
86. Shanin, Teodor. El Marx tardío y la vía rusa. Editorial Revolución.
Madrid, 1990
87. Soboul, Albert. La revolución francesa. Editorial Tecnos, S.A.
Madrid, 1989
88. ----La revolución francesa. Principios ideológicos y protagonistas
colectivos. Editorial Crítica. Barcelona, 1987
89. Solano, Wilebaldo. El POUM en la historia. Andreu Nin y la
revolución española. Los libros de la Catarata. Madrid, 1999
174
90. Taibo, Carlos. La Unión Soviética (1917-1991). Editorial Síntesis.
Madrid, 1993
91. ---- Los jerarcas soviéticos: de Lenin a Gorbachov. Arco Libros, S.L.
Madrid, 1996
92. Togliatti, Palmiro. Escritos sobre la guerra de España. Editorial
Crítica. Barcelona, 1980
93. Trotsky. Mi vida. Tebas, Ediciones Giner. Madrid, 1978
94. ----La Internacional Comunista después de Lenin. Akal Editor.
Madrid, 1977
95. ----España, 1930-36. Akal Editor. Madrid, 1977
96. ----España, 1936-39. Akal Editor. Madrid, 1978
97. ----En defensa del marxismo. Akal Editor. Madrid, 1978
98. ----Literatura y revolución. Akal Editor. Madrid, 1979
99. ----Historia de la revolución rusa. Tomo 1. Sarpe. Madrid, 1985
100. ----Historia de la revolución rusa. Tomo 2. Sarpe. Madrid,
1985
101. ----Las lecciones de Octubre, in Obras Escogidas. Tomo 1.
Editorial Fundamentos. Madrid, 1976
102. ----El AntiKautsky, in Obras Escogidas. Tomo 2. Editorial
Fundamentos. Madrid, 1977
103. ----1905, Resultados y perspectivas. Tomo 1. Editions Ruedo
Ibérico, 1971
104. ----1905, Resultados y perspectivas. Tomo 2. Editions Ruedo
Ibérico, 1971
105. ----La revolución desfigurada. Ediciones Jucar. Barcelona,
1978
106. ----Acerca de los sindicatos. Fundación Federico Engels.
Madrid, 2000
107. ----La revolución permanente. Editorial Fontamara. Barcelona,
1979
108. ----A moral deles e a nossa. Ediçoes Antídoto. Lisboa, 1979
109. ----La lucha contra el fascismo. El proletariado y la revolución.
Editorial Fontamara. Barcelona, 1980
110. ----Tres concepciones de la revolución rusa in Marxismo Hoy,
nº8, Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid.
111. ----La curva de desarrollo capitalista in Marxismo Hoy, nº 8,
Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid
112. ----¿Qué es el marxismo? in Marxismo Hoy nº 8, Diciembre
2000. Fundación Federico Engels. Madrid
113. ----Estado obrero, Thermidor y bonapartismo in Marxismo
Hoy nº 8, Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid
114. ----La revolución traicionada. Fundación Federico Engels.
Madrid, 1991
175
115. ----Stalin. Tomo 1. El Yunque Editora. Buenos Aires, 1975
116. ----Stalin. Tomo 2. El Yunque Editora. Buenos Aires, 1975
117. ----Escritos, 1929-1940. CD-R. Edita CEIP León Trotsky
118. Trotsky, Zinoviev (e outros). La oposición de izquierda en la
URSS. Editorial Fontamara. Barcelona, 1977
119. Van Heijenoort, Jean. Con Trotsky, de Prinkipo a Coyoacán.
Testimonio de siete años de exilio. Ed. Nueva Imagen. México, D.F.,
1979
120. Volin. La Revolución desconocida. Volumen I-II. Campo
Abierto Ediciones, S.A. Madrid, 1977
121. VVAA. Historia General del Socialismo. De 1918 a 1945.
Tomo 1. Ediciones Destino. Barcelona, 1985
122. VVAA. Historia General del Socialismo. De 1918 a 1945.
Tomo 2. Ediciones Destino. Barcelona, 1985
123. VVAA. Historia del Marxismo. Tomo 7. La Época de la IIIª
Internacional (I). Bruguera. Barcelona, 1983
124. VVAA. Historia del Marxismo. Tomo 8. La Época de la IIIª
Internacional (II). Bruguera. Barcelona, 1983
125. VVAA. Historia del comunismo. Tomo 1. El Mundo. 1990
126. VVAA. Historia del comunismo. Tomo 2. El Mundo. 1990
127. VVAA. V.I. Lenin. Esbozo biográfico. Editorial Progreso.
Moscú, 1980
128. VVAA. Rusia. Siglo XXI de España Editores S.A. Buenos
Aires, 2002
129. Walter, Gerad. Lenin. Ediciones Grijalbo. Barcelona, 1983
130. Wiskemann, Elizabeth. La Europa de los dictadores, 1919-
1945. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1994
131. Wolfgang J. Mommsen. La época del imperialismo. Europa
1885-1918. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1987
132. Woods, Alan. En memoria de León Trotsky. Ed. El Militante.
Madrid, 2000
133. ---- Stalin, 50 años después de la muerte del tirano.
Fundación Federico Engels. Madrid, 2003
134. ---- Bolchevismo, el camino a la revolución. Fundación
Federico Engels. Madrid, 2003
176
DUAS PÁXINAS WEB:
CEIP León Trotsky: www.ceipleontrotsky.org
Marxists Internet Archive: www.marxists.org
PELÍCULAS E DOCUMENTAIS
A) Película: --El asesinato de Trotsky. Director: Joseph Losey. Guión:
Nicholas Mosley. Actores principais: Richard Burton (no papel de
Trótski), Valentina Cortese (Nataxa), Romy Schneider (Sílvia
Agelov), Alain Delon (Mercader). Ano de produción: 1972.
NOTA: Hai que dicer aqui que a longametraxe de Sergei M.
Eisenstein “Outubro”, filmada no 1927, no orixinal continha 3.800 m. e
que Stálin fixo eliminar toda referenza a Trótski, co que a película
quedou reducida a 1.600 m
.
B) Documentais:
Trotsky (I). Revoluciones. Director-realizador: Patrick Le Gall.
Franza, 1988. Emitido polaTVE o 22 de Xaneiro do1999
Trotsky (II). Exilios. Director: Patrick Le Gall. Franza, 1988.
Emitido pola TVE o 22 de Xaneiro do 1999
Asaltar los cielos. Dirección: Javier Rioyo e José L. López
Linares. Espanha 1996. Emitido polaTVE o 22 de Xaneiro do 1999