Upload
nguyendiep
View
225
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Bloque 4.- España na órbita francesa: o reformismo dos primeiros Borbóns (1700-1788)
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
▪ 1. Cambio dinástico e Guerra de
Sucesión: unha contenda civil e
europea; a Paz de Utrecht e o novo
equilibrio europeo; os pactos de familia
con Francia.
▪ 1. Analizar a Guerra de Sucesión española como
contenda civil e europea, e explicar as súas
consecuencias para a política exterior española e
a nova orde internacional.
▪ 1.1. Explica as causas da Guerra de Sucesión Española e a
composición dos bandos en conflito.
▪ 1.2. Representa unha liña do tempo desde 1700 ata 1788, e
sitúa nela os principais acontecementos históricos.
▪ 1.3. Detalla as características da nova orde europea xurdida
da Paz de Utrecht e o papel de España nela.
▪ 2. Reformas institucionais: novo modelo
de Estado; Administración en América;
Facenda Real; relacións Igrexa-Estado.
▪ 2. Describir as características do novo modelo de
Estado, especificando o alcance das reformas
promovidas polos primeiros monarcas da dinastía
borbónica.
▪ 2.1. Define os decretos de nova planta e explica a súa
importancia na configuración do novo Estado borbónico.
▪ 2.2. Elabora un esquema comparativo do modelo político dos
Austrias e dos Borbóns.
▪ 2.3. Explica as medidas que adoptaron ou proxectaron os
primeiros Borbóns para sanear a Facenda Real.
▪ 2.4. Describe as relacións Igrexa-Estado e as causas da
expulsión dos xesuítas.
▪ 3. Economía e política económica:
recuperación demográfica; problemas
da agricultura, a industria e o comercio;
liberalización do comercio con América.
▪ 3. Comentar a situación inicial dos sectores
económicos, detallando os cambios introducidos e
os obxectivos da nova política económica.
▪ 3.1. Compara a evolución demográfica do século XVIII coa da
centuria anterior.
▪ 3.2. Desenvolve os principais problemas da agricultura e as
medidas impulsadas por Carlos III neste sector.
▪ 3.3. Explica a política industrial da monarquía e as medidas
adoptadas respecto ao comercio con América.
▪ 4. Engalaxe económica de Cataluña.
Estancamento económico de Galicia.
▪ 4. Explicar a engalaxe económica de Cataluña, en
comparación coa evolución económica do resto de
España.
▪ 4.1. Especifica as causas da engalaxe económica de
Cataluña no século XVIII.
▪ 5. A Ilustración en España e Galicia:
proxectistas, anovadores e ilustrados;
despotismo ilustrado; novo concepto de
educación; Sociedades Económicas de
Amigos do País; prensa periódica.
▪ 5. Expor os conceptos fundamentais do
pensamento ilustrado, identificando as súas vías
de difusión.
▪ 5.1. Comenta as ideas fundamentais da Ilustración e define o
concepto de despotismo ilustrado.
▪ 5.2. Razoa a importancia das Sociedades Económicas de
Amigos do País e da prensa periódica na difusión dos valores
da Ilustración.
1.- Trazos básicos do Antigo Réxime en España.
D
em
og. • Réxime demográfico antigo: altas taxas de natalidade e de mortalidade ⇒ crecemento demográfico lento e irregular:
➢ períodos de incremento moderado da poboación contrarrestados con bruscos descensos: aparición periódica de
fortes crises de subsistencia e ondas epidémicas ⇒ elevada mortalidade catastrófica
Econom
ía
• Sistema económico esencialmente agrario: as actividades agropecuarias eran a principal fonte de riqueza e
ocupaban a gran maioría da poboación
➢ agricultura de subsistencia, destinada ao autoconsumo e ao pago de rendas, con técnicas e instrumentos
rudimentarios, con escasas innovacións e de baixos rendementos ⇒ miseria da maioría dos campesiños
• Réxime de propiedade da terra: a inmensa maioría pertencía á nobreza, á Igrexa e aos concellos, e estaba suxeita a
algún tipo de amortización ou vinculación que impedía a súa venda ("terras vinculadas" e de "mans mortas")
➢ escaso acceso do campesiñado á propiedade. A maior parte dos labregos eran arrendatarios (diversos sistemas,
en Galicia o foro) ou xornaleiros
• Limitado desenvolvemento das actividades artesanais e comerciais e clara dependencia deficitaria fronte ao
estranxeiro:
➢ produción artesanal insuficiente: produtos básicos para consumo local nos talleres gremiais / manufacturas de
luxo para os privilexiados / importación masiva de produtos estranxeiros para satisfacer a demanda das colonias
➢ escaso desenvolvemento tecnolóxico e baixo nivel de innovación. Coexiste industria rural doméstica (liño en
Galicia) / focos de industrialización moderna (industria téxtil algodoeira en Cataluña)
➢ comercio interior raquítico e pouco articulado: subconsumo, economía de autosuficiencia, deficiencia das
infraestruturas, multiplicidade de aduanas e taxas... comercio exterior vinculado aos intercambios coas colonias
americanas, en réxime de monopolio, e dependente das manufacturas estranxeiras
➢ intervencionismo estatal: fomento de manufacturas (grandes obradoiros), control dos prezos e dos mercados...
Mantem
ento do réxim
e señoria
l • Señorío: conxunto de terras, pobos e persoas sometidos á autoridade directa dun “señor”, dono do señorío por
concesión ou usurpación:
➢ territorial: o señor é propietario das terras, traballadas por campesiños dependentes, que lle entregan rendas e
prestacións persoais
➢ xurisdicional: o señor (sexa ou non propietario das terras) exerce a “xurisdición”, conxunto de funcións de carácter
público, privilexios e monopolios, polos que cobra todo tipo de impostos e taxas
• Confusión entre as dúas vertentes do señorío. Diferentes denominacións segundo a categoría do señor: solariego
(nobre), eclesiástico (Igrexa), abadengo (mosteiros), reguengo (rei)
• A existencia dos señoríos supoñía que extensas zonas do reino quedaban fóra da autoridade directa dos reis
Socie
dade
• Sociedade estamental, dividida en tres estamentos (“estados” ou “ordes”), segundo a súa función e o estatuto
xurídico de cada un:
➢ a minoría dos privilexiados: nobreza e clero. Controlaban a terra e percibían todo tipo de rendas por ela,
monopolizaban os cargos públicos e posuían privilexios (exención do pago de impostos) e prerrogativas legais e
políticas
➢ a maioría dos non privilexiados: o “terceiro estado”, “estado llano” ou “peiteiros”. Estaba composto por diversos
grupos (burguesía, clases populares urbanas, campesiños) diferenciados pola súa situación real e igualados pola
carencia de privilexios e a marxinación dos cargos públicos
• Os valores dominantes:
➢ vivir de rendas, non traballar (valores aristocráticos), desprezo dos oficios manuais
➢ a limpeza de sangue
• Sociedade pouco dinámica: era difícil cambiar de estamento. Raras excepcións: ingreso no clero / matrimonios de
conveniencia entre aristocracia (privilexios) e burguesía (fortuna)
Cult
ura e educació
n
• Analfabetismo: salvo os grupos privilexiados, a inmensa maioría da poboación non sabía ler nin escribir. O acceso á
cultura estaba limitado aos membros dos estamentos dominantes ou a unha minoría do terceiro estado con medios
económicos
• Profunda relixiosidade, manifestada nas cerimonias e ritos públicos, mesturada con numerosas crenzas
supersticiosas
• Identificación entre monarquía e catolicismo ⇒ persecución de toda disidencia relixiosa ou desviación moral + control
das ideas e censura das innovacións, a través do Tribunal da Inquisición.
Sis
tem
a polític
o
• Concentración progresiva dos poderes do Estado en mans do rei ⇒ da monarquía autoritaria á monarquía absoluta
de orixe divina
➢ Difusión de teorías que defendían a soberanía real: "a vontade do rei é a lei; a súa decisión, goberno; a súa
resolución, xustiza"
• Na España do século XVIII: tendencias absolutistas e centralizadoras dos Borbóns ("señores e propietarios" dos seus
reinos), pero persistencia da diversidade xurídica (señoríos) e administrativa (territorios con "fueros") ⇒ moderación
do absolutismo español (monarquía autoritaria máis que absoluta).
As cláusulas da paz de Utrecht: o equilibrio europeo.
• Felipe V foi recoñecido como rei de España (agás por Austria), con expresa renuncia aos dereitos á Coroa
de Francia, e mantivo baixo o seu dominio as Coroas de Castela e Aragón, + as colonias españolas de
ultramar (en América e no Pacífico).
• Estableceu a teoría do equilibrio continental (París-Viena ) en beneficio de Inglaterra. Supoñía a fin das
hexemonías no continente:
➢ equilibrio europeo: persegue evitar a hexemonía dun Estado concreto no continente (España no século
XVI Francia no século XVII), substituíndoa por un equilibrio continental
➢ este equilibrio baseábase na existencia de dous eixes contrapostos -París ⇔ Viena-, que se
contrapesaban, en beneficio dunha Inglaterra que dominaba o mar, e comezaba a súa consolidación como
primeira potencia mundial.
• As cláusulas territoriais: perda dos territorios europeos da Coroa española en favor de Austria e Savoia:
➢ Austria: o emperador Carlos VI [o arquiduque Carlos de Austria, pretendente ao trono de España] recibiu
os Países Baixos españois + Milán + Nápoles + Sardeña.
➢ Savoia converteuse en reino, e recibiu Sicilia.
- En 1720 intercambiou Sicilia por Sardeña con Austria, e pasou a chamarse reino de Piamonte-Sardeña.
• A gran beneficiada foi Inglaterra, que obtivo:
➢ Territorios: Terranova / Xibraltar / Menorca.
➢ Vantaxes económicas no comercio coas colonias en América: monopolio do abastecemento de man de
obra escrava (asento de negros) durante 30 anos / navío de permiso anual.
• Holanda obtivo varias prazas para a súa defensa e seguridade na fronteira cos Países Baixos españois.
• Portugal obtivo a colonia de Sacramento, (no actual Uruguai).
• O elector de Prusia recibiu o Alto Gueldres [Países Baixos-Alemaña] e o título de rei.
Considerando ter perdido os reinos de Aragón e Valencia, e todos os seus habitantes, pola
rebelión que cometeron faltando enteiramente ao xuramento de fidelidade que me fixeron como
ao seu lexítimo Rei e Señor, todos os foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban e que
(...) lles foran concedidos tanto por min como polos señores reis os meus predecesores (...); e
considerando que me corresponde o dominio absoluto dos referidos reinos de Aragón e Valencia,
pois á circunstancia de estar comprendidos nos demais que tan lexitimamente posúo nesta
monarquía engádeselle agora a do dereito da conquista que deles fixeron ultimamente as miñas
armas co motivo da súa rebelión; e considerando tamén que un dos atributos da monarquía é a
imposición e a derrogación das leis, as cales, coa variedade dos tempos e mudanza dos
costumes, podería Eu alterar aínda sen os grandes e fundados motivos e circunstancias que hoxe
concorren para iso no tocante aos de Aragón e Valencia; xulguei por conveniente (así por isto
como polo meu desexo de reducir todos os meus reinos de España á uniformidade dunhas
mesmas leis, usos, costumes e tribunais, gobernándose igualmente todos polas leis de Castela
(...) abolir e derrogar enteiramente, como desde logo dou por abolidos e derrogados, todos os
referidos foros e privilexios, prácticas e costumes ata aquí observados nos referidos reinos de
Aragón e Valencia, sendo a miña vontade que estes se reduzan ás leis de Castela (...).
D. FELIPE V. Palacio do Bo Retiro. Por decreto do 29 de xuño de 1707.
autor Rei Filipe V, primeiro rei da dinastía dos Borbóns en España (1700-1746)
cronoloxía 29 de xuño de 1707
contexto Guerra de Sucesión á Coroa de España (1701-1715), concretamente tras a batalla de Almansa (1707)
tema Imposición dos Decretos de Nova Planta nos reinos de Aragón e Valencia
comentario
• Argumentacións ou considerandos: motivos que xustifican a decisión que toma o rei:
➢ A rebelión que cometeron faltando enteiramente ao xuramento de fidelidade que me fixeron como ao seu
lexítimo Rei e Señor
➢ Filipe V considera que me corresponde o dominio absoluto dos referidos reinos de Aragón e Valencia, por
dúas razóns:
a circunstancia de estar comprendidos nos demais que tan lexitimamente posúo nesta monarquía
a do dereito da conquista que deles fixeron ultimamente as miñas armas co motivo da súa rebelión
➢ un dos atributos da monarquía é a imposición e a derrogación das leis
➢ desexo de reducir todos os meus reinos de España á uniformidade dunhas mesmas leis, usos, costumes e
tribunais, gobernándose igualmente todos polas leis de Castela
• Exposición do contido: abolición dos foros particulares de Aragón e Valencia ⇒ substitución das súas leis e
institucións polas de Castela / ambos reinos convertéronse en provincias gobernadas por un capitán xeneral
antecedentes • Os proxectos do Conde-duque de Olivares no século XVII (o intento de centralización e a Unión de Armas)
consecuencias
• Avivou a resistencia dos outros reinos da Coroa de Aragón -o Principado de Cataluña e o Reino de Mallorca-
que tamén se sublevaran contra Filipe V ⟹ a guerra prolongouse ata 1715 Tras a vitoria, Filipe V estendeu
os decretos a ambos territorios (en 1715 a Mallorca e en 1716 a Cataluña)
• Modificou a estrutura da monarquía: eliminou a fórmula herdada dos Reis Católicos (unión dinástica) e
estableceu un novo modelo de Estado caracterizado pola centralización política e administrativa, e a
unificación legal e institucional
• A imposición dos Decretos afirmou o absolutismo monárquico. Porén, na España do século XVIII persistía a
diversidade xurídica (señoríos) e administrativa (territorios con fueros -País Vasco e Navarra-) ⇒ moderación
do absolutismo español (monarquía autoritaria máis que absoluta).
A centralización: reformas políticas e administrativas A
dm
inis
tració
n
Central
• Declive do sistema de goberno mediante Consellos (sistema polisinodial): redución do número de Consellos; as
súas funcións concéntranse no Consello de Castela e o Consello de Estado
• Potenciación das Secretarías de Despacho, antecedentes dos Ministerios. Concentración de poderes na figura do
Secretario de Estado, antecedente do xefe de Goberno
• Derrogación das Cortes dos Estados da Coroa de Aragón. As Cortes de Castela convértense en Cortes de
España, limitadas a funcións formais: xura do herdeiro á Coroa, cerimonia de coroación...
• Substitución do sistema sucesorio tradicional: introdución da Lei Sálica (Auto Acordado de 1713)
• Intentos de reorganización da Facenda: establecer un novo sistema tributario baseado na contribución única
Adm
inis
tració
n
Territ
oria
l
• Imposición dos Decretos de Nova Planta en Aragón e Valencia (1707), Mallorca (1715) e Cataluña (1716):
➢ Supresión das leis e institucións particulares destes Estados (fueros), e imposición das leis e institucións da
Coroa de Castela (uniformización e castelanización). Só o País Vasco e Navarra conservaron os seus foros
➢ Supresión das aduanas interiores e modificación dos seus tribunais mediante a creación de Audiencias
➢ División do territorio en provincias gobernadas por funcionarios ao servizo da monarquía centralista:
Capitán Xeneral: suprema autoridade militar, política e xudicial. Substitúe os antigos vicerreis
Intendentes: encargados de aplicar as decisións tomadas pola monarquía e controlar a súa execución. Teñen
competencias en Facenda, Exército, orde interna, impostos, economía, autoridades e xuíces locais, etc
Adm
.
Munic
.
• Concellos: introduce o modelo castelán de rexedores. Desaparece a autonomía municipal na Coroa de Aragón
• Supresión da lingua autóctona en favor do uso oficial do castelán
• As finanzas locais quedan subordinadas ás decisións do Estado, mediante novos organismos de control
Colo
nia
s de A
méric
a • Reorganización territorial mediante a creación de dous novos vicerreinados, escindidos do Vicerreinado de Perú:
➢ Vicerreinado de Nova Granada (1717), con capital en Bogotá, que se estendía por Venezuela, Colombia,
Panamá e Ecuador
➢ Vicerreinado do Río da Prata (1778, reinado de Carlos III), con capital en Bos Aires, que abarcaba terras de
Bolivia, Paraguai, Arxentina e Uruguai
• Modificacións no monopolio comercial con América:
➢ Traslado da Casa de Contratación desde Sevilla a Cádiz (1717)
➢ Creación de compañías comerciais privilexiadas autorizadas a comerciar nunha determinada zona: Real
Compañía Guipuscoana (1728; Real Compañía de Galicia (1734)
Primeiro Pacto de Familia Segundo Pacto de Familia Terceiro Pacto de Familia
data 1733 1743 1761
contra Austria Inglaterra Inglaterra e Portugal
contexto Guerra de Sucesión de Polonia Guerra de Sucesión de Austria
Guerra dos Sete Anos (1756-
1763) entre Inglaterra e Francia
resultados
• España ocupou Sicilia e
Nápoles, cedidos ao infante
Don Carlos (o futuro rei de
España Carlos III).
• Na Paz de Viena (1735) as
potencias europeas
recoñeceron a Carlos como rei
de Nápoles e Sicilia, pero
separados da Coroa española.
• Axuda española a Francia na
loita colonial contra Inglaterra e
axuda francesa a España para
recuperar Xibraltar e Menorca.
• España conseguiu que o infante
Filipe fose recoñecido en 1748
[reinado de Fernando VI] como
duque de Parma, Plasencia e
Guastalla (en Italia).
• Paz de París en 1763,
desfavorable para España, que
cedeu a Florida a Gran Bretaña
e diversos privilexios comerciais
en América.
Ilustración e despotismo ilustrado.
• A Ilustración é un complexo, heteroxéneo e innovador movemento intelectual que se desenvolveu en Europa no século
XVIII, considerado universalmente como o século das Luces.
➢ “Disipar as tebras da humanidade mediante as luces da razón” era o obxectivo básico desta gran corrente cultural que,
mediante a razón e a crítica, intentou dar explicacións científicas ás máis variadas manifestacións do espírito humano.
➢ Os pensadores ilustrados someteron a revisión o sistema de valores vixente no Antigo Réxime e elaboraron unha nova
concepción do mundo, do home e da sociedade.
• Os trazos básicos da Ilustración foron:
➢ Racionalismo: confianza absoluta na razón como único medio para comprender, explicar e transformar o mundo.
➢ Desexo de coñecemento: descubrir e difundir as leis naturais que rexen o comportamento dos homes, das sociedades e
da natureza.
➢ Espírito crítico: someter a crítica racional todo o coñecemento anterior. O coñecemento e a ciencia debían liberarse das
trabas impostas durante séculos pola tradición, a superstición, o sobrenatural, a revelación e o principio de autoridade.
➢ Optimismo: a aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitiría unha mellora constante da sociedade,
que coñecería un progreso económico e cultural ilimitado. A través dunha educación axeitada, a humanidade avanzaría
constantemente, e as sociedades serían cada vez mellores e máis perfectas.
➢ Crítica das estruturas sociais, económicas e políticas do Antigo Réxime.
• O despotismo ilustrado é unha forma de goberno de carácter autoritario, variante do absolutismo monárquico, típica da
segunda metade do século XVIII. Iniciouse en Francia (Luís XV) e estendeuse despois a moitos países europeos: Austria
(Xosé II e María Teresa), Prusia (Federico II), Rusia (Catarina II) e España (Carlos III).
• Caracterízase polo intento dos monarcas absolutos (déspotas) de conseguir o progreso do seu país e lograr a felicidade e
benestar material dos seus súbditos, aplicando algúns dos principios da Ilustración (ilustrados)e os adiantos da súa época.
➢ Para lograr eses obxectivos, os déspotas ilustrados deseñaron e executaron unha política de reformas e melloras
materiais: racionalización da administración do Estado, reforma da ensinanza, modernización económica, liberalización da
produción e do comercio...
➢ Estas transformacións debíanse facer en favor da comunidade, pero para logralas non se consideraba necesario contar
coas masas, xa que se cría que a miseria e ignorancia na que vivían impedíalles saber cales eran os remedios para a súa
situación. É unha reforma desde arriba, que se compendia no lema “todo para o pobo pero sen o pobo”.
O reformismo ilustrado
Estado
• Defensa do regalismo: dereito dos reis a nomear os cargos eclesiásticos, expulsión dos xesuítas en 1767...
• Incremento dos funcionarios, modificación da división provincial, difusión das intendencias...
• Regulamentación dos exércitos, creación de novos tribunais, establecemento dunha nova bandeira...
Agricultura
• Limitación dos privilexios da Mesta
• Cultivo de novas terras: colonización de Serra Morena dirixida por Pablo Olavide
• Introdución de melloras técnicas: renovación das sementes, difusión de novos métodos e cultivos (millo,
pataca), extensión do regadío...
Propiedade
da terra
• Críticas ao réxime de propiedade: exceso de terras vinculadas (os morgados da nobreza) e de “mans mortas”
(Igrexa), exceso de campesiños pobres e xornaleiros sen terra...
• Iniciativas postas en marcha:
➢ colonización de terras abandonadas e creación de novos núcleos urbanos (A Carolina, A Carlota...)
➢ impulso aos proxectos de reforma agraria. Propostas:
limitar a acumulación de bens de mans mortas pola Igrexa (Campomanes, 1765)
repartos de bens comunais e baldíos entre os labregos máis pobres (Floridablanca, 1770)
conceder créditos aos campesiños e alongar os contratos de arrendamento (Campomanes, 1771)
desvinculación dos morgados, desamortización, cerramento das terras (Jovellanos)...
➢ escasas medidas concretas: repartos de terras comunais (1766), primeira desamortización (1798)...
➢ oposición dos grupos dominantes (nobreza e clero)
Industria
• Fomento da produción artesanal e industrial:
➢ concesión de axudas á ampliación dos vellos talleres ou á montaxe de novas fábricas
➢ aplicación de medidas proteccionistas para defender a industria nacional (arancel de 1782)
➢ introdución e difusión de novas técnicas
➢ creación de manufacturas reais destinadas a satisfacer as demandas da Coroa (porcelana, tapices, cristal...),
da Armada (arsenais, estaleiros...), da guerra (armas) ou do consumo popular (tabacos, panos...)
➢ reforma da lexislación gremial permitindo un maior grao de liberdade empresarial e artesanal...
➢ defensa da industria popular: actividades artesanais realizadas polos campesiños nos períodos de descanso
agrícola (téxtiles, curtidos...)
➢ defensa do valor do traballo artesanal: en 1783 declaráronse honestas todas as profesións
Comercio
• Fomento da actividade comercial e eliminación dos estorbos que dificultaban o mercado:
➢ supresión das aduanas internas e impulso á libre circulación de mercadorías (Lei de libre circulación de
grans, 1765)
➢ mellora das comunicacións terrestres e marítimas: construción dos “camiños reais” / mellora dos portos /
incremento da Mariña para a defensa das rutas comerciais e para o transporte de mercadorías / construción
de estaleiros e arsenais...
• Liberalización do comercio americano:
➢ decretos de libre comercio de 1765 e 1778, que eliminaban o monopolio exercido por Sevilla e Cádiz
➢ creación de compañías comerciais...
Educación
• Renovación da educación como medio para transformar os hábitos sociais e aumentar a riqueza do país
➢ fomento dunha educación útil e práctica, baseada no coñecemento das novidades científicas e técnicas
existentes
➢ iniciativas escasas: escolas populares para a aprendizaxe dun oficio, intentos de reforma da universidade...
• Realización de expedicións ilustradas para coñecer, explorar e introducir reformas nas colonias: expedición
Malaspina (1789-1794); expedición Balmis (1803)...
• Creación de novas institucións para analizar os problemas, propoñer reformas e difundir innovacións:
➢ Económicas: Academias de Agricultura; Sociedades Económicas de Amigos do País, Consulados...
➢ Culturais e científicas: Academias (da Lingua, da Historia, de Belas Artes de San Fernando, de Ciencias
Naturais...), Colexios de Medicina e Cirurxía, Observatorio Astronómico, Xardín Botánico, Gabinete de
Historia Natural...
Oposicións
• Oposición da meirande parte da nobreza a da Igrexa, por medo a perder a súa posición privilexiada
• Ignorancia e miseria das masas populares
• Os principais conflitos:
➢ motín de Esquilache (1766)
➢ expulsión da Compañía de Xesús (1767)
➢ vixilancia da Inquisición (censura de libros, control da conduta e o pensamento...)
➢ proceso a Pablo de Olavide (1778)
• A lentitude e escasa eficacia das reformas provocou a radicalización ideolóxica:
➢ reformistas radicais, que defendían a a transformación radical do sistema
➢ reaccionarios, que defendían o mantemento do statu quo e rexeitaban calquera innovación
Reinado de Carlos IV (1788-1808)
Goya
Infante
Carlos María Isidro
Fernando, príncipe
de Asturias, futuro
rei Fernando VII
Infanta María
Josefa, irmá do
rei Carlos IV
Muller
descoñecida,
futura esposa do
príncipe de
Asturias
Raíña
María Luisa de Parma
Infanta
María Isabel
Infante
Francisco de Paula
Rei Carlos IV
(1788-1808)
Infante
Antonio
Pascual, irmán
do rei
Infanta Carlota
Joaquina, filla
maior dos reis
Luis I, rei de
Etruria e
duque de Parma
Infanta María
Luisa, esposa
de Luis I, co seu
fillo, Carlos Luis
1.- Goberno do Conde de Floridablanca (1788-1792)
• Impacto da revolución francesa:
➢ intento de evitar a propagación dos ideais
revolucionarios (o “cordón sanitario”).
➢ Fin do reformismo: paralización das reformas dos
gobernos ilustrados.
➢ Radicalización ideolóxica: reformistas radicais
reaccionarios.
2.- Goberno do Conde de Aranda (feb -nov 1792)
• Política de neutralidade ante a evolución da revolución
francesa (guerra contra as potencias absolutistas,
caída da monarquía constitucional, proclamación da
primeira república…).
3.- Primeiro Goberno de Manuel Godoy (1792-1798)
• Guerra contra Francia: a “Guerra da Convención” ou “Guerra dos Pirineos” (1793-1795) ⟹ sinatura da paz de
Basilea.
• Desde 1796: alianza entre España e Francia (Tratado de san Ildefonso) ⇒ subordinación á política francesa ⇒ serie
de enfrontamentos con Gran Bretaña, que prexudicaron gravemente a economía española.
• No interior: política de reformas para sanear a Facenda (desamortización de 1798) e reducir o poder da
aristocracia.
• Derrotas militares + perdas territoriais + oposición dos privilexiados ⟹ cese de Godoy (marzo de 1798).
4.- Segundo Goberno de Manuel Godoy (1800-1808).
• Reanudación da alianza con Francia (segundo Tratado de San Ildefonso, 1800) ⟹ novos enfrontamentos contra
Gran Bretaña e os seus aliados:
➢ Guerra con Portugal (a “guerra das laranxas”, 1801) ⇒ conquista de Olivenza (Badaxoz) e peche dos portos
portugueses ao comercio inglés.
➢ Paz de Amiens (1802): tregua con Inglaterra, que devolve definitivamente Menorca a España, pero retén
Xibraltar e a illa de Trindade.
➢ Guerra contra Gran Bretaña (1805), no contexto da política imperial de Napoleón: intento de invadir as Illas
Británicas ⟹ desastre de Trafalgar ⟹ Napoleón recorre ao “bloqueo continental”.
➢ Tratado de Fontainebleau (1807): ocupación e reparto de Portugal entre Francia e España.
Napoleón Bonaparte Manuel Godoy Firma do Tratado de Fontainebleau (1807)