sistemas y normas

Embed Size (px)

Citation preview

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    1/11

    1

    TEMA 12: PERSPECTIVA CÓNICA1. INTRODUCIÓNÁ perspectiva cónica é un sistema de representación que trata de describir osobxectos de modo similar a como os vemos, atendendo aos cambios aparentes de

    forma e tamaño. É o sistema de representación que permite reproducir con maiorfidelidade a sensación de profundidade: os obxectos iguais parecen reducir assúas dimensións conforme se afastan, e as liñas paralelas tenden a confluir nunpunto do horizonte.

    A necesidade de buscar a maneira de representar o espazo nun papel, con toda asúa profundidade, levou a moitos artistas, dende a antigüedade, a investigar sobrecomo conseguilo, e non foi ata o Renacemento onde se estudiou con auténticorigor.O impacto que produciu ao espectador de mediados do século XV a perspectivaou sensación de profundidade conseguida polos grandes pintores doRenacemento foi enorme.As representacións do espazo anteriores a este sistema facíanse dun xeitointuitivo, sen ter en conta os efectos ópticos que se producen cando os miramos.Non tes máis que comparar unha pintura da época medieval e unha doRenacemento.

    Románico

    Ábside de San Clemente de Tahull.O románico era un arte con fins didácticos. As imaxes,tanto escultóricas como pictóricas, eran auténticaslecións que ilustraban as verdades da fe cristiana.A falta de volumen, a frontalidade, o antinaturalismo eranalgunhas das caracteristicas da pintura románica.Pinturas sinxelas para poder ser entendidas polo pobo“analfabeto”.

    Se observas esta fotografía,comprobarás que todas as liñasparalelas vanse xuntando a medidaque se afastan do primeiro plano. Estodébese a que o ollo humán ve ascousas de modo distinto a como son

    en relidade.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    2/11

    2

    Gótico

    Ilustración dunha das páxinas de “Las muy ricasdel Duque Berrry” dos irmáns Limbourg.No Gótico os fondos das pinturas xa non seránneutros, senón que empezan a aparecerespazos reais e perspectivas que evocan oentorno natural.

    Renacemento

    “Los desposorios de la virgen”, de Rafael.A gran aportación da pintura renacentista será anova concepción do espazo da cordo as leis daperspectiva. A pintura será tratada coma unhaverdadeira ciencia.A paisaxe e os elementos arquitectónicos sonempregados para conseguir efectos deprofundidade.

    2. FUNDAMETOSA perspectiva cónica fundaméntase na proxeción de vértice propio ou proxecióncónica.Para entender as bases desta perspectiva imaxinemos que entre o debuxante e oobxecto a representar interpoñemos un plano vertical, supostamente transparente,de maneira que a interseción dos raios visuais co plano determinarán nel a

    proxeción do debuxo das figuras observadas.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    3/11

    3

    O resultado sería como se debuxáramos no cristal dunha fiestra o que vemos a travésda mesma.

    A perspectiva dun obxecto dependerá da súa posición con respecto o plano do cadro eda altura de visión do observador.Tipos de perspectiva cónicaSegún a posición que teña o obxecto respecto ao plano do cadro, ou este respecto aoobxecto, distínguense tres tipos de perspectivas:

    Perspectiva frontal ouparalela. Os obxectos sitúanse coassúas caras paralelas aoplano do cadro. Ten un únicopunto de fuga.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    4/11

    4

    Altura do punto de vista

    Perspectiva oblícua.O obxecto ten as caras oblícuascon respecto ao plano do cadro,

    orixinándose dous puntos defuga.

    Perspectiva aérea.O plano do cadro é oblícuorespecto as tres direciónsprincipais do obxecto.

    O nivel da Liña do Horizonte, quecoincide coa altura dos ollos, podeser variable según o efecto que sedesee conseguir.Vista celeste.A liña do horizonte está pordebaixo da liña de terra,coma seobserváramos o obxecto desdeabaixoVista de ra.A liña do horizonte coincide co

    aliña de terra, como se oobservador estivese tumbado.Vista serea.Corresponde a altura normal dunhapersoa (1’70-1¨80m).Vista de paxaro.O punto de vista está máis alto queo obxecto. Polo que a perspectivaresulta coma se observáramos aoobxecto desde arriba.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    5/11

    5

    3. ELEMENTOS DA PERSPECTIVA CÓNICA

    PC: Plano do cadro ou de debuxo.Plano vertical que supoñemos transparente e situado entre o observador e o obxecto.Sobre este plano é onde teóricamente prodúcese a imaxe do obxecto. Na prácticaserá no papel de debuxo.

    PX: Plano xeometral ou plano do suelo.Plano horizontal perpendicular ao plano do cadro, onde supostamente se apoian osobxectos e o observador.

    LT: Liña de terra.Recta interseción entre o plano do cadro e o plano xeometral.

    V: Punto de vista.Vértice da proxeción cónica. Representa a situación teórica do observador.

    P: Punto principal.É a proxeción ortogonal do punto de vista V sobre o PC. É un punto de granimportancia na perspectiva cónica frontal, nél concurren todas as rectasperpendiculares ao plano do cadro.

    VP=d: Distancia principal.Distancia entre o punto de vista V (observador) e o plano do cadro PC.

    LH: Liña do horizonte.Recta paralela a liña de terra que conten ao punto principal P.

    Altura: h.

    Distancia de V ao plano xeometral ou distancia de LH á LT.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    6/11

    6

    Puntos de fuga: P, F 1, F2,..Situados na LH, neles converxen todas as direcións do obxecto. As rectas paralelasentre sí teñen o mesmo punto de fuga.

    Puntos métricos: M1, M2.Son os puntos que sirven para medir as magnitudes das rectas non paralelas ao PC.

    Puntos de distancia: D1 e D2.Son os puntos métricos para as rectas perpendiculares ao PC. Son tamén os puntosde fuga para as rectas que forman 45º co PC.

    Raios visuais.Son as rectas que, partindo do ollo do observador V, abarcan os contornos visiblesdos obxectos que se representan e que, ao atravesar o plano do cadro determinan ospuntos de interseción que configuran o debuxo da perspectiva.

    Cono óptico.Considérase que o ángulo visual válido para a percepción dos obxectos estácomprendido nun cono óptico cunha abertura máxima de 60º, co fin de evitardeformacións dos obxectos.

    Plano de esvaecemento.Plano paralelo ao plano do cadro que conten ao punto de vista V.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    7/11

    7

    4. REPRESENTACIÓN DE FIGURAS PLANAS

    Perspectiva frontal dun rectángulo situado no plano xeometral.

    Se o rectángulo ten un lado contido na liña de terra este estará en verdadeiramagnitude.1. Colocamos a magnitude m do lado sobre a liña de terra, e a continuación colocamoso outro lado que fugaremos ao punto de distancia D para achar a profundidade. A liñaque fuga a D cortará á liña que fuga a P no vértice E, como o lado EC é paralelo aolado AB, trazamos por E unha paralela a este.2. Coas demáis medidas de profundidade procederemos da mesma maneira.3. As liñas que fugan a D cortarán as rectas que fugan a P e parten dos puntos 1 e 2.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    8/11

    8

    Representación dunha circunferencia situada no plano xeometral e nun planoperpendicular a él.

    1. Tendo en conta que a circunferencia pódese inscribir perfectamente nuncadrado, teremos que debuxar a perspectiva cónica do cadrado e despois achar ospuntos 1, 3, 5 e 7 que se determinan trazando polo centro O dúasperpendiculares. 2. Os outros catro puntos determínanse coas diagonais do cadrado. Para achalospodemos abatir a semicircunferencia e trazar os diámetros a 45º, como se indicana ilustración.

    3. O trazado da elipse, perspectiva da circunferencia, realízase a man alzadaunindo os oito puntos.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    9/11

    9

    5. REPRESENTACIÓN DE VOLÚMENES

    Perspectiva cónica frontal dun cubo

    Se o cubo ten unha cara pegada o plano do cadro, comezaremos poñendo a arista enverdadeira magnitude sobre a liña de terra.As liñas perpendiculares ao plano do cadro fugan a P e as que forman 45º co plano docadro fugarán aos puntos de distancia D e D´. Onde se corten estas liñas de fugaestarán os vértices máis afastados do espectador e o plano do cadro.As alturas poñense perpendicularmente á liña de terra e en verdadeira magnitude eprocedese igual que coa cara apoiada no palno xeometral.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    10/11

    10

    Perspectiva cónica oblícua dun cubo

    Se o cubo ten unha arista (AE) pegada ao plano do cadro esta estará en verdadeiramagnitude. Na cónica oblícua as aristas paralelas fugarán ao mesmo punto de fuga (Fe F´) e as profundidades aos puntos métricos f e f´.Como vemos na ilustración, os vértices B e C atópanse na interseción das liñas quefugan aos puntos métricos e aos puntos de fuga. A altura lévase perpendicularmente áliña de terra e en verdadeira magnitude ao estar contido o vértice A na liña de terra e aarista AE no plano do cadro. A interseción das aristas verticais coas liñas que fugan aF e F´dende E detreminaran a cara paralela á ABCD.

  • 8/16/2019 sistemas y normas

    11/11

    11

    Perspectiva oblícua dunha forma cúbica

    Os datos cos que partimos veñen sempre en diédrico. Na ilustración poden verse oalzado, planta e perfil da figura a representar, o plano do cadro visto desde arriba e asituación do punto de vista V.Para determinar os puntos de fuga F e F´ trázase desde V dúas paralelas ás direciónsda planta da figura. E para determinar os puntos métricos M e M ́facemos centro nospuntos de fuga ata V, e estes dous arcos determinan a situación dos puntos métricosao cortar ao plano do cadro.Unha vez determinados os puntos de fuga e os puntos métricos pasaremos a debuxara perspectiva debuxando a liña de terra e do horizonte (a distancia entre elas ten queser un dato máis do exercicio). Na liña do horizonte LH colocaremos os puntos de fugae na liña de terra LT as medidas de profundidade, anchura e altura da peza. Fugandoestas medidas aos puntos correspondentes iremos determinando a perspectiva dapeza.