33
OS SERES VIVOS

Seresvivos 120228094032-phpapp02

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Seresvivos 120228094032-phpapp02

OS SERES VIVOS

Page 2: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Características dos seres vivos• Nacen e morren.• Teñen unha composición

química similar. Formados por substancias inorgánicas como a auga, e orgánicas, propias dos seres vivos.

• Están formados por células.

• Realizan tres funcións vitais : nutrición, relación e reprodución.

Page 3: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Función de nutrición

• Mediante a función de nutrición os organismos vivos obteñen a materia e enerxía que necesitan do medio que lles rodea.

• Hai dous tipos:– Nutrición autótrofa– Nutrición heterótrofa

Page 4: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Nutrición autótrofa

• Mediante este mecanismo os seres vivos obteñen a materia e enerxía que necesitan do Sol, o dióxido de carbono e as substancias minerais.

• É o que se coñece como fotosíntese.

• Son autótrofos plantas, algas e algunhas bacterias.

Page 5: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Nutrición heterótrofa

• É a utilizada polos animais, fungos e microorganismos que utilizan como fonte de enerxía e materia nutrientes que proceden doutros seres vivos.

• É dicir nútrense de materia orgánica.

Page 6: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Función de relación

• A relación consiste en captar os cambios que se producen na contorna e poder reaccionar ante eles.

• Os cambios que se producen no medio son os estímulos.

• As reaccións producidas polo organismo son as respostas.

Page 7: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Función de reprodución

• A finalidade da reprodución é a perpetuación das especies, producindo individuos semellantes aos seus proxenitores.

• Hai dous tipos:– Reprodución asexual.– Reprodución sexual.

Page 8: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Reprodución asexual

• Intervén só un individuo do que se orixinan os descendentes.

Page 9: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Reprodución sexual

• Dous individuos de distinto sexo.• As células sexuais denomínanse gametos.• A unión dos gametos por fecundación forma o

cigoto.

Page 10: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Composición química• Dos máis de 90 elementos químicos

presentes na natureza unicamente uns 30 son esenciais para os seres vivos.

• Son os chamados bioelementos que poden ser principais ou secundarios.– Principais: son o carbono, hidróxeno,

osíxeno e nitróxeno.– Secundarios: son o fósforo, o xofre,

calcio, sodio, potasio, magnesio e cloro.

Page 11: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Composición química• Os bioelementos clasifícanse

formando moléculas, chamadas biomoléculas, que se clasifican en:– Inorgánicas: auga e sales minerais.– Orgánicas: hidratos de carbono, lípidos,

proteínas e ácidos nucleicos.

• Algunhas biomoléculas orgánicas, como as proteínas, os ácidos nucleicos e algúns hidratos de carbono son moi grandes e denomínanse macromoléculas.

Page 12: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Auga• De media supón o 75 % da masa dos

organismos.• Funcións:

– Disolvente de substancias. Medio onde se producen reaccións químicas.

– Función transportadora: Sangue, savia.– Reactivo en reaccións bioquímicas.– Termorreguladora: Suor.– Esqueleto hidráulico debido á presión

osmótica.

Page 13: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Sales minerais

• En estado sólido con función esquelética (Ósos, cunchas, etc).

• Disoltas con diversas funcións:– Mantemento da presión

osmótica.– Mantemento do pH.– Transmisión impulso nervioso,

etc.

Page 14: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Glícidos

• Formados por C, H e O.• Funcións:

– Enerxética: proporcionan enerxía aos seres vivos.

– Estrutural: forman parte de estruturas dos organismos (paredes celulares, etc.)

Page 15: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Lípidos

• Formados por C, H, e O, e nalgúns casos por P, N ou S.

• Forman parte das membranas celulares (fosfolípidos, colesterol).

• Dan consistencia e protección (ceras e graxas).

• Son a reserva enerxética: Graxas e aceites.

Page 16: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Proteínas

• Compostos por C, H, O e N, aínda que adoitan ter tamén outros elementos como S, P, Fe, etc.

• Forman membranas, citoesqueleto, pelo, uñas, etc.

• Son transportadoras como a hemoglobina.

• Regulan as reaccións químicas no organismo.

• Con actividade hormonal (insulina), e inmunitaria (anticorpos)

Page 17: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Ácidos nucléicos

• Formadas por C, H, O, N e P.• Portador e transmisor da

información xenética.• Dous tipos:

– ADN.– ARN.

Page 18: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A Célula

• Robert Hooke (século XVII) observando ao microscopio unha lámina de cortiza comprobou que nos seres vivos aparecen unhas estruturas elementais ás que chamou células.

Debuxo de R. Hooke dunha lámina de cortiza ao

microscopio

Page 19: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A Célula• Estudos realizados posteriormente permitiron

establecer no século XIX o que se coñece como Teoría Celular, que di o seguinte:

1- Todo ser vivo está formado por unha ou máis células.

2- A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo.

3- Toda célula procede doutra célula preexistente.

4- O material hereditario pasa da célula nai ás fillas.

1- Todo ser vivo está formado por unha ou máis células.

2- A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo.

3- Toda célula procede doutra célula preexistente.

4- O material hereditario pasa da célula nai ás fillas.

Page 20: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Organización celular

MEMBRANA PLASMÁTICA: unha membrana que a separa do medio externo, pero que permite o intercambio de materia.

CITOPLASMA: unha solución acuosa no que levan a cabo as reaccións metabólicas.

ADN: material xenético, formado por ácidos nucleicos.

ORGÁNULOS CELULARES: estruturas subcelulares que desempeñan diferentes funcións dentro da célula.

A estrutura básica dunha célula consta de:

Page 21: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Tipos de célulasPodemos atopar dous tipos de células nos seres vivos:

CÉLULA PROCARIOTA• O material xenético ADN está libre

no citoplasma.• Só posúe uns orgánulos chamados

ribosomas.• É o tipo de célula que presentan as

bacterias.

CÉLULA EUCARIOTA• O material xenético ADN está

encerrado nunha membrana e forma o núcleo.

• Posúen un gran número de orgánulos.

• É o tipo de célula que presentan o resto de seres vivos.

Page 22: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A célula animal e vexetal

• Recorda: que a célula vexetal caracterízase por:Ter unha parede celular ademais de membranaPresenta cloroplastos, responsables da fotosíntesisCarece de centriolos.

As célula vexetais caracterízanse por:- Ter unha parede celular ademais de membrana.- Presenta cloroplastos, responsables da fotosíntesis.- Carece de centriolos.

As célula vexetais caracterízanse por:- Ter unha parede celular ademais de membrana.- Presenta cloroplastos, responsables da fotosíntesis.- Carece de centriolos.

Célula animalCélula vexetal

Page 23: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Orgánulos celulares

Núcleo contén a instrucións para o funcionamento celular e

a herdanza en forma de ADN.

Núcleo contén a instrucións para o funcionamento celular e

a herdanza en forma de ADN.

Vacuolas vesículas cheas de

sustancias de reserva ou refugallo.

Vacuolas vesículas cheas de

sustancias de reserva ou refugallo.

Mitocondrias responsables da

respiración celular, coa que a célula obtén a enerxía necesaria.

Mitocondrias responsables da

respiración celular, coa que a célula obtén a enerxía necesaria.

Cloroplastosconteñen pigmentos que permiten realizar

a fotosíntese.

Cloroplastosconteñen pigmentos que permiten realizar

a fotosíntese.

Parede celular parede grosa e ríxida composta de celulosa

Parede celular parede grosa e ríxida composta de celulosa

Page 24: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Organismos unicelulares

• Os seres unicelulares son os seres de organización máis sinxela.

• Están formados por unha soa célula. Son microscópicos.

• Poden ser procariotas (bacterias) ou eucariotas (algas, protozoos e algúns fungos).

• Poden agruparse para formar unha colonia, que se orixina a partir dunha soa célula que se divide. As células fillas quedan unidas entre si formando a colonia.

Page 25: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Organismos pluricelulares

• Os seres pluricelulares están formados por gran número de células.

• Existe diferenciación celular. Cada forma celular realiza unha función específica.

• As células non poden separarse do organismo e vivir independentemente. Necesitan das outras para vivir.

Page 26: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Niveis de organización

Grupo de células que realizan unha determinada función.

Grupo de células que realizan unha determinada función.

Grupo de células ou tecidos que realizan unha determinada

función.

Grupo de células ou tecidos que realizan unha determinada

función.

Grupo de células, tecidos e órganos que

están organizados para realizar unha

determinada función.

Grupo de células, tecidos e órganos que

están organizados para realizar unha

determinada función.

Page 27: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A clasificación dos seres vivosPor que se necesita un sistema de

clasificación?• Descubríronse máis dun millón de

especies de animais e máis de 325.000 especies de plantas.

• A lista aumenta cada ano. • Unha das tarefas dun científico é

buscar orde onde parece haber desorde.

• Para iso, desenvolvéronse sistemas para agrupar ou clasificar os organismos.

Page 28: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Taxonomía• É a ciencia encargada da

clasificación.• Establece unha clasificación

xerárquica baseada en agrupar os individuos, de forma que cada grupo inclúe subgrupos máis pequenos chamados taxóns.

• O grupo máis sinxelo é a especie.• A partir da especie, fórmanse

grupos de seres vivos incluídos noutros grupos cada vez máis amplos: xénero, familia, orde, clase, filo e reino.

Page 29: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Reinos

MónerasUnicelulares

procariotas. Son as bacterias.

MónerasUnicelulares

procariotas. Son as bacterias.

ProtoctistasUnicelulares e pluricelulares

eucariotas. Son os protozoos e as algas.

ProtoctistasUnicelulares e pluricelulares

eucariotas. Son os protozoos e as algas.

FungosUnicelulares e pluricelulares

eucariotas. Heterótrofos. Mofos, lévedos e cogomelos.

FungosUnicelulares e pluricelulares

eucariotas. Heterótrofos. Mofos, lévedos e cogomelos.

PlantasPluricelulares eucariotas.

Autótrofos. Son os carrizos, fentos e plantas

con flor.

PlantasPluricelulares eucariotas.

Autótrofos. Son os carrizos, fentos e plantas

con flor.

AnimaisPluricelulares

eucariotas. Heterótrofos.

AnimaisPluricelulares

eucariotas. Heterótrofos.

Page 30: Seresvivos 120228094032-phpapp02

Especie• Unha especie biolóxica é un

conxunto de individuos con características comúns, capaces de cruzarse entre si e producir descendentes fértiles.

• Cada especie identifícase mediante dous nomes escritos en latín: nome xenérico e nome específico. É a nomenclatura binomial.– Homo sapiens (ser humano).– Zea mays (millo).– Vulpes vulpes (raposo)

Page 31: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A gran diversidade dos seres vivos• Os seres vivos sofren e

sufriron uns cambios graduais, aos longo de millóns de anos, e transformáronse en organismos máis complexos.

• Grazas a este proceso de cambio (evolución biolóxica), as especies están adaptadas aos distintos ambientes que existen na Terra.

Page 32: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A evolución dos seres vivos

Page 33: Seresvivos 120228094032-phpapp02

A biodiversidade ameazada• O mundo está habitado por millóns de

especies diferentes de seres vivos (biodiversidade).

• Uns dos retos aos que se enfronta a Biosfera na actualidade é a acelerada extinción de especies e a consecuente perda de biodiversidade.

• A destrución da diversidade biolóxica supón o maior perigo ambiental que está ameazando á nosa civilización.

• A perda de especies, non só ten un valor ético, estético e sentimental, senón tamén económico. Moitas especies vexetais e animais son fonte de alimentos, medicamentos, téxtiles, fibras e outros moitos produtos.