Upload
others
View
14
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consello de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
5
9
11
12
13
13
4
8
9
11
12
13
13
Entrevista del mes 10 10
3 ARTIGO3
Estes cursos están financiados pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía
Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional
para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-
2013).
As diferentes accións formativas que se iniciaron foron:
·Atención Sociosanitaria en Institucións, acción formativa de 450 horas que se imparte en Mos (Pontevedra), a un grupo de 12 persoas con discapacidade. As temáticas sobre as que trata a formación son: Apoio psicosocial; Atención relacional e comunicación en institucións; Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións e Intervención na atención sociosanitaria en institucións.
·Tarefas auxiliares e administrativas en oficinas e despachos. Impartese en Monforte de Lemos (Lugo), a un grupo de 13 persoas con discapacidade que durante 240 horas se forman en Informática e Ofimática Básica; Técnicas básicas administrativas de comunicación e recepción; Internet e Mecanografía.
·Controlador de accesos. Acción formativa de 240 horas que se realiza en Boiro (A Coruña) e na que participaron 10 persoas con discapacidade, recibindo formación de Técnicas de Comunicación Oral, Aspectos Administrativos de Recepción, Sistema Operativo e Ofimática.
·Ofimática Básica, curso que se imparte en Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra), durante 200 horas a un grupo de 14 persoas con
discapacidade, e que consta dos seguintes módulos: Sistema Operativo;
Tratamento de textos; Follas de Cálculo; Presentacións Gráficas e Internet.
·Controlador de accesos, levase a cabo en Tui (Pontevedra), e nel participan 15 persoas con discapacidade durante 243 horas, formándose en Informática; Área Socioprofesional; Área Técnicoprofesional; Área Xurídica e Mecanografía.
A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes accións formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).
Ana Mª Varela
COGAMI aposta pola formación das persoas con discapacidade para conseguir a súa inserción laboral
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Cursos cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
4 ARTIGO
COGAMI incia un curso de Informática Básica a distancia para persoas con discapacidadeQuince persoas con discapacidade, 4 homes e 11 mulleres, iniciaron no mes de marzo un curso de formación a
distancia que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O alumnado vaise formar dende as súas propias casas en Informática Básica, unha acción formativa que se vai desenvolver ata finais de xullo.
Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
O curso vai ser impartido a través da rede, polo que as persoas que participan vanse formar nas súas propias casas, ben dende un ordenador propio ou dun cedido por COGAMI. A través da Internet van recibir as leccións que teñen que seguir a diario, e será cada alumno/a quen marque o seu propio ritmo de avance no curso, xa que recibirán de xeito individualizado as tarefas que deberán asimilar.
O ámbito de actuación desta iniciativa formativa abrangue toda Galicia, de modo que 4 alumnos/as son da provincia de Pontevedra (de Vilaboa, Pontecaldelas, Cuntis e A Estrada); outros/as 7 alumnos/as son da provincia de A Coruña (Arteixo, Culleredo, Ferrol, Ortigueira, Val do Dubra, Negreira, e Oroso) e 4 alumnos/as son da provincia de Ourense, concretamente dos concellos de Celanova, O Barco de Valdeorras, e dous da cidade de Ourense.
Unha profesora contactará vía chat con cada un/ha dos/as alumnos/as durante os horarios que xa se establecen ao comezo das clases. Será durante estes contactos cando o alumnado vai poder expresar as dúbidas que teña, ou tamén, onde vai recibir os exercicios corrixidos.
En total, o curso a distancia de Informática Básica vai ter unha duración de 380 horas lectivas, co que rematará o 30 de xullo. Os horarios de estudo, que van ser controlados telematicamente, serán de luns a venres e de 10:00 a 14:00 horas. Durante esta tempada, o alumnado vaise preparar en temáticas especializadas como Informática Básica, Internet, Microsoft Word 2007, Microsoft Excel 2007 e tratamento de imaxes. Ana Cristina Piñeiro
Antonio Fernández
Rematan distintos cursos de formación impartidos por COGAMIpara persoas con discapacidade
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rematou varios cursos en diferentes zonas de Galicia.
Estes cursos estiveron financiados pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
En Lugo, nas instalacións de COGAMI, finalizou o curso de Controlador de Accesos de 209 horas e no que se estiveron formado 12 persoas. Os módulos dos que constou este curso foron: Informática, Área Socioprofesional, Área Técnicoprofesional, Área Xurídica e Mecanografía.
Nas aulas de formación de COGAMI Ourense rematou o curso de Teleoperador/a no que se formaron un total de 12 persoas con discapacidade (7 homes e 5 mulleres) durante 210 horas, e no que se impartiron temáticas de Ofimática Básica, Atención ao cliente e Marketing de Ventas e Mecanografía.
Outra acción que rematou foi o de Telemarketing e Recepción impartido en COGAMI Coruña, no que se estiveron formando un total de 15 persoas con discapacidade durante 235 horas en temáticas relacionadas con Aspectos Administrativos de Recepción, Técnicas de Comunicación Oral, o Telemárketing, Informática Básica, Procesador de Textos, Follas de Cálculo e Internet.
A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos, xa sexan de forma presencial ou a través de internet.
Curso Controlador de Accesos en Lugo
Curso Teleoperador/a na Coruña
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Cursos cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
5 NOTICIEIRO
Aposta dos contribuíntes pola
“X” solidariaNo 2011 aumentou o número de persoas que marcaron
a casilla de Fins Sociais en exclusiva ou xunto coa da Igrexa Católica na declaración da renda. Grazas a estas apartacións puxéronse en marcha 1.082 programas levadas a cabo por 410 entidades de acción social.
Unha boa parte dos millóns distribuidos foron dirixidos a persoas maiores, persoas con discapacidade e ao colectivo infancia e familia.
Ó marcar Fins Sociais na declaración da renda tamén se apoia a execución de programas de cooperación ó desenrolo e programas dirixidos a favorecer o medio ambiente.
Marcar a casilla de Fins Sociais é un xesto solidario, ó facer a declaración non se paga mais, nin nos devolven menos, si ademais se marca a casilla da Igrexa Católica destinarase un 0,7% a cada unha delas. Simultaneando as dúas casillas, a axuda non se divide, súmase.
Oscar Vigo
Crece o número de persoas con discapacidade no mundo
O Banco Mundial e a Organización Mundial da Saúde no seu último informe sobre discapacidade, sinala que existen máis de mil millóns de persoas con algunha discapacidade, das cales 190 millóns presentan unha gran discapacidade.
Como causas deste aumento atopámosnos cun envellecemento da poboación, a expansión de enfermidades crónicas (como a diabetes), os problemas cardiovasculares, o cancro e os problemas de saúde mental. As persoas con discapacidade atópanse con numerosas barreiras ás que se han de enfrontar como son políticas, normas insuficientes, prexuizos, escaso financiamento e a carencia de accesibilidade.
As barreiras anteriormente citadas inflúen de xeito negativo en diferentes ámbitos, como son os sanitarios, académicos e como consecuencia do anterior conleva a unha menor participación económica e unhas taxas de pobreza máis altas que o resto da poboación.
Outro punto a destacar neste informe é o que se refire ao aspecto educativo, xa que constata que os nenos con discapacidade teñen unha menor probabilidade de matricularse nunha escola, permanecer nela e pasar de curso.
A cifra de nenos con discapacidade escolarizados en primaria fluctúa desde un 10% na India ata o 60% en Indonesia. Por outra banda no ámbito laboral demóstrase unha diferenza moi importante nas taxas de emprego das mulleres e home con ou sen discapacidade.
J. Carlos Vázquez
Ramón Veiga
ADISBISMUR estivo presente na I mostra de promoción local de Carnota
A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) participou activamente na I mostra de promoción local Víndemo Ver que promoveu o concello de Carnota durante os pasados 5, 6 e 7 de abril.
Como este evento contou cunha mostra de artesanía que abriu a partir das 11:00 horas todos estes días, ADISBISMUR aproveitou o momento para venderos traballos que realizan os usuarios no centro de recursos de Valadares.
Tiveron á venda traballos artesáns feitos en cestería, cerámica e tamén expuxeron á venda plantas e produtos que cultivan nos viveiros que teñen no centro e que son traballados por persoas con discapacidade intelectual.
Coa venda da artesanía a entidade pode emprega as ganancias na compra de máis material para que sigan elaborando e propiciando as actividades manuais no centro.
Normalizado o servizo de transporte adaptado
dos usuarios do centro de ADIBISMURA Asociación de Personas con Discapacidad da Bisbarra
de Muros (ADISBISMUR) e mailo Concello de Muros
chegaron a un acordo para manter o servizo de transporte
adaptado cunhas condicións favorables ás persoas que fan
uso del: os usuarios con discapacidade do centro de
recursos de Valadares.
O pasado 12 de marzo, o Concello de Muros vén de
aprobar na Xunta de Goberno Local, un contrato
administrativo que lle permite a ADISBISMUR prestar o
servizo de transporte que vai ser complementario ao que
está a levar a cabo o propio concello e que era insuficiente
por carecer de prazas que cubriran a todas as persoas
usuarias.
Durante todo este ano, ata o 31 de decembro de 2012,
a asociación ADISBISMUR realizará un servizo de
transporte adaptado que vai servir de apoio ao que xa
iniciou o concello muradán.Miguel Regueiro
6 NOTICIEIRO
José Luis Vázquez
Novo servizo de Teletaxi petición
de coche por SMS en CantabriaA empresa Teletaxi ofrece aos seus clientes con
problemas de audición un novedoso servizo, (que de momento arrinca en Cantabria), de solicitude de coche a través de SMS adaptado ás persoas con discapacidade auditiva. Este proxecto nace co fin de mellorar a calidade de vida deste colectivo.
Para utilizar este servizo basta con enviar unha mensaxe ao número de teléfono móbil da empresa para que quede rexistrada a petición e esta póñase en marcha. Desta forma, calquera tipo de barreira que puidese existir en canto ao que a comunicación refírese quedaría eliminada, permitindo as persoas con discapacidade auditiva desenvolverse de xeito máis autónomo e independente. Este proxecto foi posible grazas á implantación do sistema de xestión de flotas pola empresa
Francisco Solana
Un cole sen diferenzasNo colexio Ceip A Ponte de Lugo dispón dun aula de
educación especial, na cal se leva a cabo un programa especial para alumnos con autismo, este xunto co colexio de Casás, son uns dos poucos colexios de Lugo que contan entre o seu alumnado en nenos con esta discapacidade. As clases con estes alumnos caracterízanse pola rutina, chegan a clase marcan o día que é no calendario, fan actividades relacionadas coas distintas materias (lingua, matemáticas…), si se portan ben dispoñen dun intre para o ordenador, len contos e fan xogos didácticos como rompecabezas ou xogos de inserir. Algúns traballan con imaxes, os pictogramas son o seu alfabeto máis recorrido, apenas falan comunícanse por sinais, con palabras soltas, tocándose. A motivación é algo imprescindible nestes casos.
Neste alula aprenden a preparar un sándwich e a dobrar a roupa, non só se imparten materias. No aula de educación especial do Ceip A Ponte, hai tres clases: a de pintar, a de puzzles e a de xogos. Os pictogramas son o material educativo máis utilizado e as clases dispoñen de recursos audiovisuais, que estimulan a aprendizaxe e a comunicación. Dúas profesoras e unha coidadora encárganse de acompañar, en todo momento aos mozos. Estas han de coidar deles mentres están no centro, no comedor, no aseo persoal e nos desprazamentos. Estes alumnos necesitan un seguimento en todas a súa tarefas e desprazamentos.
Curso de interpretación para persoas con
discapacidade impartido por GlobomediaCreouse pola compañía Globomedia un taller de
interpretación para persoas cunha discapacidade superior
ao 33%, na que participan 10 persoas con idades
comprendidas entre os 19 e os 62 anos. Para este curso
contouse coa fundación Grupo Globomedia e a Federación
de Plataformas Sociais Pinardi. A lista de docentes para
este taller está encabezada polo director artístico de
Globomedia, Luís Sanz Narciso, e complétase coa actriz
“coach” Eliana Alvarez, Tonucha Vidal e Andrés Cuenca
estes dous últimos integrantes do equipo de casting da
produtora.
Este taller naceu có obxectivo principal de preparar aos
actores a afrontar as probas de interpretación nas mellores
condicións profesionais, estimulando todos os seus
recursos para tratar de conseguir un resultado
satisfactorio.
Para a elección dos participantes valorouse o seu grado
e tipo de discapacidade, e a súa compatibilidade para
seguir o curso, así mesmo se terán en conta outros factores
como os relacionados coa actitude e disposición do
solicitante co traballo actoral. Os participantes teñen
diferentes tipos de discapacidades, tres de eles presentan
lexións medulares, unha persoa con discapacidade visual,
outra con discapacidade auditiva e cinco con discapacidade
no aparato locomotor.
O lugar para a impartición do curso será as instalacións
de Globomedia en Madrid. O primeiro módulo do curso
conta con 36 horas lectivas nas que se incluirá parte teórica
e práctica interpretativa. Unha vez finalizado este módulo
desenvolveranse talleres específicos dirixidos a reforzar os
diferentes aspectos do traballo interpretativo.Manuel Paz José L. López
Primeiro centro de día mancomunado de Galicia con 40 prazas
Empezou a funcionar o primeiro centro de día de Sabarís e os usuarios empezaranse a incorporar progresivamente ata cubrir as corenta prazas que ofrece o servizo. Nesta obra investiuse un total de 450.000 euros. Segundo confirmaron fontes da Consellería de Traballo e Benestar en Baiona. Segundo o acordo, entre a Consellería que asumirá o 70% do gasto e o organismo supramunicipal que asumirá o gasto compartido entre os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, o 30% restante. A xestión do centro correrá a cargo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), que recibirá 145.267 euros ao ano para iso. Separadamente desta cantidade, o executivo autonómico e a Mancomunidade correrán cos gastos de manutención dos usuarios, así como do transporte, que roldarán os 300.000 euros ao ano.
O centro ofrecerá ás persoas dependentes, atención terapéutica integral para promover a autonomía persoal e a actividade relacional. Tamén dispoñerán alí dunha sala de usos múltiples e un comedor con cociña. Tras asinar o convenio de colaboración, a Conselleira de Traballo e Benestar, destacou a atención de calidade que ofrecerá este servizo e felicitou aos regidores polo seu exemplo de responsabilidade ao permitir que o de Sabarís sexa o primeiro centro de día mancomunado de Galicia.
7 NOTICIEIRO
Vistia a Cogami dun grupo de Lituanos que se están a preparar para traballar
con persoas con discapacidadeA Confederación Galega de Persoas con Discapacidade
(COGAMI), recibiu o pasado marzo, entre o día 20 ata o 23, a visita dun grupo de persoas procedentes do Valakupiu Rehabilitation Centre de Vilnius, Lituania.
Estas persoas son profesionais que traballan no eido da formación profesional para persoas con discapacidade (fisioterapia, formación profesional, información e asesoramento...) e veñen a través do Programa Leonardo da Vinci-acción de mobilidade para persoas que traballan no ámbito da formación profesional.
O obxectivo da visita é coñecer o Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI para afondar no coñecemento dos servizos de formación e emprego de cara a mellorar os seus coñecementos e habilidades neste eido.
Durante os catro días da súa estancia en Galicia, visitaron as instalacións que COGAMI ten en Santiago e Lugo. En Santiago coñeceron todas as áreas das que se compón COGAMI e como se desenvolven, mentres que na visita a Lugo, puideron entrevistarse cos traballadores e coñecer a aula de Novas Tecnoloxías do centro de recursos que hai en Fingoi e que é para persoas con grandes discapacidades.
O grupo de empresas de COGAMI tamén foi unha parada obrigada para este grupo de visitantes lituanos. Acudiron aos centros especiais de emprego de TRAMEVE, dedicado ao tratamento e reciclaxe de vehículos fóra de uso, COREGAL, que se dedica á recollida e reciclaxe de papel e cartón e COINCO, que presta servizos de mantemento informático. En todos eles recibiron as explicacións acerca do funcionamento de cada un destes centros, formados na súa maioría por traballadores con discapacidade.
Houbo tamén unha visita organizada ata A Coruña para ver a empresa de COGAMI que é HORNOS DE LAMASTELLE, que ten como actividade a elaboración de empanadas refrixeradas. Hornos de Lamastelle abriu un establecemento de venda directa o pasado ano, ata alí tamén foron para ver como funciona este novo proxecto.
533 Persoas con Discapacidade atoparon traballo a través do Servizo de emprego
de COGAMI no primeiro trimestreNo primeiro trimestre deste ano 2012, o Servizo de
Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) rexistrou a contratación dun total de 533 persoas con discapacidade dentro da comunidade galega. No seguinte recadro, pódese ver a evolución do número de contratacións en 2011 nas principais cidades nas que o SIL ten unha oficina aberta.
A oficina que COGAMI ten aberta en Lugo é a que rexistrou unha maior taxa de insercións laborais, sendo 91, mentres que a de Pontevedra, con 60, foi a que menos insercións logrou durante o primeiro trimestre de 2012.
Durante os tres primeiros meses de 2012, incorporáronse como demandantes de emprego 503 persoas, co que incrementaron ata 24.877 o número de persoas inscritas na base de datos que manexa COGAMI dende que o SIL abriu o servizo en 1996.
O equipo de orientadores laborais realizaron ademais un total de 567 entrevistas de orientación que serviron para coñecer o perfil, os intereses, as capacidades e a formación das persoas que chegan por primeira vez a este servizo.
Unha parte esencial do traballo do SIL consiste en visitar empresas e entidades coa fin de presentarlles e ofrecerlles os nosos servizos como axencia de colocación. Realizáronse este ano 278 visitas a empresas galegas e 71 visitas a entidades.
Como consecuencia das visitas a empresas realizadas polos profesionais do SIL e doutras accións desenvolvidas, captáronse un total de 299 ofertas de traballo.
Cando chega unha oferta ao SIL por parte dunha empresa, o servizo de emprego de COGAMI comprométese a seleccionar gratuitamente a dous ou dúas candidatas para o posto en 48 horas, ademais de asesorar ao empresariado sobre as axudas existentes para as adaptacións dos postos de traballo, así como ofrecerlle información sobre as deducións fiscais e incentivos pola contratación de persoas con discapacidade.
POR CIDADES XAN FEB MARZ TOTAL
SANTIAGO 23 28 21 72
A CORUÑA 24 37 25 86
FERROL 23 23 16 62
OURENSE 23 27 25 75
LUGO 31 28 32 91
VIGO 43 11 33 87
PONTEVEDRA 30 19 11 60
TOTAL 2012 197 173 163 533
Nieves Gayoso
Francisco Gullón
8 NOTICIEIRO
O director Xeral de XesGalicia, Juan Cividanes, visitou
as instalacións de COGAMI en Santiago (Confederación
Galega de Persoas con Discapacidade) xunto coa
responsable do fondo Xes-Posibilita, Isabel Aneiros. O
Vicepresidente da Confederación, Ramón Sestayo, foi o
que acompañou aos convidados polas instalacións
explicándolles detalladamente o traballo que se
desenvolve nas distintas áreas de COGAMI para favorecer
e mellorar a situación do colectivo das persoas con
discapacidade.
Estas visitas que leva a cabo COGAMI con organismos,
tanto públicos como privados, serven para coñecer os
proxectos que desenvolvemos dentro da nosa
organización, co fin de que se poidan abrir liñas de
colaboración que potencien o emprego das persoas co
discapacidade. Para COGAMI é importante que o sector
empresarial tome conciencia das capacidades que teñen as
persoas.
Tamén XesGalicia informou sobre o funcionamento do
Fondo Xes-Posibilita, que se creou para apoiar
especificamente os proxectos que presenta o colectivo da
discapacidade. A partir de aí preténdese manter unha
estreita colaboración co fin de que os proxectos que
COGAMI presente a XesGalicia poidan ser apoiados
financeiramente a través do fondo para posibilitar a
inserción ao mercado laboral aos demandantes de
emprego que teñan discapacidade.
Os representantes de XesGalicia estiveron tamén en
Galega de Economía Social, o grupo de empresas de
COGAMI e no que tanto a Confederación (72,9%) como
XesGalicia a través do Fondo Adiante (8,8%), son
accionistas.
Visita do Director Xeral de XesGalicia a COGAMI e ao seu grupo de empresas
Colectores adaptados para persoas con discapacidadeen Marín (Pontevedra)
José Rodiño
No concello de Marín a Conselleria de Medio Ambiente situou en distintos lugares do centro urbano e rural deste municipio once contenedores adaptados para persoas con discapacidade. Estes contenedores contan cunha abertura lateral a menor altura para depositar o lixo no contenedor.
En total son 15 colectores os que se colocaron, dos cales, once situáronse entre a zona do centro urbano e a zona rural. Os catro colectores restantes resérvanse co fin de depositalos no Vial de Praias no verán.
Estes colectores son un agasallo da Diputación de Pontevedra co obxectivo de facilitar a accesibilidade das persoas con discapacidade. A distribución realizouse buscando un equilibrio e estudando ao mesmo tempo o itinerario do servizo da recolleita de lixo, procurando non obstaculizar a carga lateral e traseira.
Juán García
Usuarios de COGAMI en Lugo realizaron prácticas de mergullo
O pasado 31 de marzo, un grupo de 15 persoas con discapacidade, todas elas usuarias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) practicaron a actividade do mergullo, grazas á colaboración desinteresada da asociación Al Agua sin limitaciones.
Quince usuarios do centro de recursos que COGAMI ten en Lugo foron os que puideron practicar esta actividade e nela puideron gozar da auga sen barreiras nin limitacións. Para elo contaron cun grupo de oito persoas que estiveron como persoal de apoio tanto dentro como fóra da piscina. Sete persoas realizaron esta actividade por primeira vez, animados polas boa experiencia que tiveron os seus compañeiros o ano pasado.
Esta actividade, que realiza a asociación Al agua sin limitaciones, fai posible que as persoas con discapacidade de Lugo poidan achegarse ás actividades subacuáticas. O equipamento necesario para o mergullo é cedido pola propia asociación durante a práctica do exercicio.
Con esta foi a segunda vez que COGAMI participou neste tipo de actividades. A primeira foi o ano pasado, no que participaron un grupo de oito persoas. A experiencia foi tan gratificante que todas elas quixeron repetir nesta
Ana M. Varela
9 DEPORTES
Luís Alberto
Manuel Roson
Jon Santacana consigue na Copa do Mundo
Paralímpico a segunda posiciónJon Santacana, esquiador guipuzcoano con
discapacidade visual terminou segundo na clasificación xeneral da Copa do Mundo de Esquí Alpino Paralímpico tras disputarse a última proba nas pistas de Panorama (Canadá), a 145 puntos do ruso Valery Redkozubov, que se proclamou campión, mentras que o catalán Gabriel Gorce terminou cuarto. Santacana, acompañado do seu guía Miguel Galindo, partiu na última xornada con opcións de acabar primeiro. O guipuzcoano empezou o eslalon con 65 puntos de desventaxa con respecto ao ruso Redkozubov, o que lle obrigaba a obter unha das dúas primeiras posicións na última proba e que o ruso non puntuara para facerse co Grobo de Cristal. Santacana non puido concluír a segunda das series disputadas e Redkozubov acumulou na clasificación xeneral un total de 1.155 puntos, polos 1.010 de Jon Santacana.
Aínda así, o guipuzcoano realizou unha boa actuación nas pistas canadienses de Panorama cun primeiro posto no primeiro dos dous superxigantes, e un segundo posto, na supercombinada, como nas outras tres probas disputadas anteriormente en Arta Terme (Italia), La Molina (España) e Winter Park (Estados Unidos). Ademais da segunda plaza na xeral, Santacana conseguiu o título de campión do mundo na modalidade de superxigante. Por outra parte, Gabriel Gorce, acompañado do seu guía Arnau Ferrer, concluiu cuarto na clasificación xeral, con 460 puntos, moi alexado do estadounidense Mark Bathum, quén lle precede na táboa con 930 puntos. O catalán, ainda que o seu posto estaba decidido antes de disputarse a última xornada, non puido terminar a proba de eslalon de Panorama.Seguimento deportivo a través do móbil
Presentaron en Granada diversas fundacions entre as que se atopaban, Vodafone España, Deporte e Desafío e Certusa Sierra Nevada, unha aplicación tecnolóxica accesible “SnowPoint”, que servirá de apoio para a comunicación e localización dos deportistas con discapacidade. Esta ferramenta que incorpora funcionalidades de xeolocalización, comunicación e o uso de realidade aumentada, identifica a imaxe real e o entorno, situándoo no espazo. Así os esquiadores poderán enviar a súa posición e alertas de axuda nun instante concreto aos monitores que lles supervisan; polo que este sistema non é só un sistema GPS, tamén inclúe compás o que permite unha sinalización de cara a onde se dirixe o deportista.
Utilizando unha web de apoio, os instrutores poderán visualizar en tempo real a posición dos esquiadores e alertas nas pistas dos usuarios, nun mapa e mandarlles aviso si fose necesario. Esta aplicación foi deseñada pola empresa S-DOS co apoio da Fundación Vodafone España, co fin de facer máis eficaz e segura o labor do adestrador, supervisando a posición e o percorrido dos esquiadores.
Esta novedosa tecnoloxía púxose en marcha na XVI edición do programa de ensino de esquí adaptado dirixido a monitores e persoas con discapacidade, que a Fundación Deporte e Desafío e a Fundación Vodafone España desenvolveron na estación invernal de Granada.
Na XXXIV Zurich Marató de Barcelona unespañol bate o récord do mundo
José Manuel Ramil
As rúas da Cidade Condal foron o escenario da XXXIV edición Zurich Marató de Barcelona, na cal tomaron parte preto de 20.000 corredores con e sen discapacidade. Na categoría paralímpica, o atleta español Abderraman Ait conseguiu bater o récord do mundo, fíxose coa marca mínima esixida para os Xogos Paralímpicos de Londres 2012.
Abderraman Ait, que compite na clase T46 (na que se engloba aos deportistas con discapacidade física con afectación nalgunha extremidade ou con falta dela), logrou mellorar a plusmarca mundial ao finalizar cun tempo de dúas horas 25 minutos e 43 segundos. O atleta español conseguiu mellorar ampliamente os tempos necesarios para estar presente na cita paralímpica.
Aderraman Ait xa estivo presente nos Xogos Paralímpicos de Pekín 2008, nos que coseguíu dúas medallas. Con todo, únicamente participou en probas de media distancia. Ait fíxose na capital chinesa coa medalla de prata, na final dos 1.500 metros, e cun bronce, nos 800 metros. Sendo esta a primeira vez que se enfrontaba aos 42, 195 quilómetros.
Luís Miguel Pita e Montse Alcoba vencedores na segunda proba
do Campionato de Halterofilia ParalímpicaO galego Luís Miguel Pita e a catalá Montse Alcoba
lograron os mellores rexistros na segunda proba puntuable do Campionato de España de Halterofilia Paralímpica, que se celebrou no Complexo Polideportivo Municipal As Torres, na localidade tinerfeña de Adeje. A competición estivo organizada pola Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física (FEDDF), A Federación Canaria dos Deportes das Persoas con Discapacidade e o Club Ademi Tenerife, co apoio do Goberno de Canarias, o Cabildo de Tenerife e o Concello de Adeje.
Luís Miguel Pita, que competiu na categoría de ata 82,5 Quilos, realizou un levantamento de 152,5 quilos no segundo dos intentos, colocándose, deste xeito, á fronte da clasificación nesta proba cun total de 145,13 puntos A.H. O actual campión de España e plusmarquista nacional tratou de levantar 160 quilos; con todo, o seu intento non resultou válido. Polo outro lado, a catalá Montse Alcoba (ata 82,5 quilos) tamén logrou situarse no primeiro lugar da clasificación, logo de alzar 95 quilos e chegar ata os 81,69 puntos A.H. A catalá quedouse nesta ocasión algo afastada do seu récord nacional, de 100,5 quilos.
Por detrás clasificáronse os cataláns Alfonso Romeu (máis de 100 quilos) e Javier Lafuente (ata 100 quilos), segundo e cuarto, respectivamente, que conseguiron 132,57 e 102,42 puntos A.H.; e o canario Carlos Correa (ata 100 quilos), terceiro, que obtivo 106,69 puntos.
Arturo Fojón
7 ENTREVISTA DO MES10 ENTREVISTA DEL MES
ENTREVISTA DO MES DE ABRIL ROBERTO CAMBA RIFÓN
¿Por qué decidiches vir a COGAMI?
Para saír da casa e facer novos amigos.
¿Cantos anos levas na aula de novas tecnoloxías de COGAMI?
Levo preto de oito anos na aula de novas tecnoloxías.
¿Qué aprendiches nos anos que levas en COGAMi?
Aprendín moitas cousas que non sabía. Por exemplo: cociñar, manexar
diferentes programas do ordenador, falar mellor, etc.
¿A que che dedicabas antes de incorporarte a COGAMI?
Antes de incorporarme a COGAMi cursei os estudos primarios e despois
estiven máis ou menos vinte anos na Asociación Auxilia, onde nos reunirnos
unha vez a semana para falar de diferentes temas, e coñecer outra xente.
¿Qué che gusta facer no teu tempo de lecer?
Ver a tele, andar no ordenador, pasear , disfrutar da miña sobriña etc.
¿Cal é a túa serie o película favorita que se emitiu ou se emite na
televisión actualmente?
Cando era pequeno o que máis me gustaba eran os debuxos animados como
por exemplo: Heidi e Marco e na actualidade a serie que máis me gusta é
Aída que se emite en Tele 5.
¿Cal foi a última película que fuches a ver ao cine?
A última película que fun ver ao cine foi “Intocables”
¿Qué che pareceu?
A mín pareceume que era entretida.
¿Qué temática de libros che gusta leer?
Gústame os libros que son de historia.
¿Cal é o teu grupo musical o música favoritos?
Os grupos musicais que máis me gustan son Camela, Estopa, Mónica Naranjo etc.
¿A qué te dedicarías se puideras empezar de novo?
Faría moitas cousas como por exemplo: traballar, e ter máis amigos dos que teño.
¿ Arrepínteste de algo nesta vida?
Non, non me arrepinto de nada nesta vida.
Enrique San Martín e Nieves Gayoso
Roberto Camba- Usuario da AulaOcupacional de NN.TT.- Crd Fingoi- Lugo
11 CARTELEIRA
Argumento: En Men In Black 3 os axentes J e K volveron. . . a tempo. J viu algunhas cousas inexplicables nestes 15 anos cos Men In Black pero nada, nin os alieníxenas, lle déixan tan perplexo como o seu irónico e reticente compañeiro. Pero cando a vida de K e o destino do planeta están en xogo, o axente J terá que viaxar atrás no tempo para poñer as cousas no seu sitio, J descobre que hai segredos no universo dos que K nunca lle falou, segredos que se irán revelando a medida que se una coa xoven axente K para salvar o seu compañeiro, á axencia e ao futuro da humanidade.
Ficha TécnicaDirector: Barry Sonnenfeld
Reparto Will Smith, Tommy Lee Jones, Josh Brolin, Jemaine Clement, Emma Thompson, Nicole Scherzinger, Alice Eve, Rip Torn, Sharlto Copley, Michael Stuhlbarg
MEN IN BLACK 3
Ricardo Lamazares
Argumento:Fatimetu volve á Wilaya de Smara ao enterro da súa
nai, logo de 16 anos vivindo en España. Alá reencóntrase co seu irmán, Jatri que espera o seu primeiro fillo coa súa muller Aichetu, e Hayat que é unha persoa con discapacidad. Jatri comunícalle que herdou a Jaima familiar e á súa irmá enferma. Fatimetu acepta a desgana a última vontade da súa nai, aínda que non sabe ben como facerse cargo dunha persoa con discapacidade si non sabe coidar a si mesma. Ambas irmás loitan para adaptarse á nova situación.
Fatimetu compra cos seus aforros un todoterreo usado e convértese na primeira muller que traballa de condutora na Wilaya, Hayat será a súa guía e acompañante, para distribuír alimentos nas distintas Wilayas. Nas súas vidas, a través do seu traballo, cruzaranse con historias da nova xeración saharaui: a de Said, abandonado polos seus pais que se foi a España e non regresou, a da moza Amal, que regresa de Cuba á Wilaya para casarse co seu curmán por indicación dos seus pais. Wilaya é a historia de dúas irmás que volven a atoparse, logo de 16 anos separadas por culturas moi diferentes, e que terán que adaptarse para sobrevivir e descubrir as súas propias identidades.
Ficha TécnicaDirector: Pedro Pérez Rosado
Reparto: Nadhira Mohamed, Memona, Said Salen
WILAYA
Gustavo Latorre
Argumento:Andalucía, anos cincuenta. Enrique e Carmen, que
acaban de coñecerse, namóranse profundamente. Carmen consegue que o seu noivo se quede a prestar o servizo militar nun xulgado da cidade.
Enrique, á vista das inxustizas que presencia cada dia dase conta de que para cambiar o rumbo das cousas ten que actuar. Pronto se verá involucrado en arriscadas accións que poñerán en perigo a súa vida e a dos seus compañeiros.
Ficha TécnicaDirector: Imanol Uribe
Reparto: Iban Garate, Blanca Suarez, Karra Elejalde, Eduard Fernández, Carlos Santos, Nora Navas, Angela Molina, Jesús Carroza, Fernando Soto, Barbara Lennie, Antonio Dechent
Luis Fernández
MEL DE LARANXA
Argumento: Ata onde chegan os límtes nunha parella? Que pasa
cando a paixón se enfrónta á razón? Como ser fiel e non
renunciar ao desexo? Carla e Bruno cren ter respostas para
todo ata que na súa vida aparece Rai un xoven atractivo e
misterioso que vive á marxe das normas.
Nesta historia sobre o amor e a amizade, as fronteiras
disólvense a ritmo de break e funky para ofrecernos unha
visión provocadora, excitante e profundamente
conmovedora das relacións sentimentais.
Ficha TécnicaDirector: Xabier Villaverde
Reparto: Astrid Berges-Frisbey, Lluïsa Castel, Llorenç González, Álvaro Cervantes, Sonia Méndez, Julieta Marocco.
O SEXO DOS ÁNXOS
Roberto Camba
Ficha TécnicaDirector: Richard Vogue
Reparto: Roger Pera
SERIE B
Serie B conta a historia de Willie Molina, un vello actor
español que tivo un notable éxito actuando en películas de
SERIE B americanas. Hoxe atópase retirado na súa
marabillosa leira, illada no medio do campo. Alí practica o
seu deporte favorito: a caza. Unha mañá por accidente fire
levemente a dúas mozas que estaban no medio da
montaña e lévaas á súa leira para auxilialas á vez que as
invita a quedarse, a comer e a bañarse na súa magnífica
piscina.
Con todo, as mozas non resultan tan inocentes como
parecen a primeira vista e fan entrar na casa a dous
compinches seus. As cousas complícanse cando o grupo de
mozos pretenden roubar ao vello actor. Willie tampouco
resulta tan fácil de apresar.
Na casa, illada de todo, iníciase unha cacería entre uns
e outros na que se fai difícil saber quen é máis malvado.
Unha moza que, ao parecer, está encerrada na casa vén dar
un novo xiro á historia, que finalmente terminará dun xeito
absolutamente desconcertante e sorprendente.
Manuel Alvarez
12 RINCÓN LITERARIO
CAPÍTULO ANTERIOR:
Cristina Díaz recibiu unha chamada desesperada de Enrique para comunicarlle o secuestro da súa irmá e pedirlle axuda . Enrique xa llo comunicou a todo o mundo do equipo. Preguntou a Cristina si se atopaba con ela o seu noivo Jesús que era policía, Cristina pasoulle a chamada a este. Enrique lle relatou todos os detalles do secuestro da súa irmá e o que ela estaba descubrindo sobre o ” Tablero Cuadrado”, tamén lle falou da desaparición dunha xornalista chamada Vitoria que tiña información sobre altos cargos de compañías de seguros e políticos, sobre compañías norteamericanas instaladas en España dedicadas á sanidade. Enrique tiña ao mesmo tempo a sospeita de que mataban a pacientes con graves enfermidades para non pagar indemnizacións.
Jesús agradeceu a confianza que Enrique depositaba nel e lle comunicou que chamaría aos seus compañeiros en Madrid para que instalasen onde fose preciso dispositivos de escoita para intentar localizar á irmá de Enrique. Tamén lle informou que estaban investigando a compañías de seguros que mataban a persoas con discapacidade e ao mesmo tempo a morte do paciente de Cris que parecía ter relación cos mesmos individuos. Enrique e Jesús despedíronse e quedaron para verse máis tarde no hospital.
CAPÍTULO 27:
As cousas non pintaban nada ben para Amaya, pero se encontraba tranquila, porque sabía que o seu irmán non ía deixar que lle pasará nada. Amaya erguérase as oito da mañá, a causa de que o seu xefe a chamou por teléfono para dicirlle que encontraron o cadáver de Sandra Lozano, a xornalista que estaba investigando todo o relacionado co “Tablero Cadrado”. Unha persoa que se fixo pasar por axente de policía, entrou no portal, onde se encontraba Xosé Manuel Loureiro, que era o porteiro de noite do edificio e lle ofreceu cincocentos euros, por se Amaya, tiña intención de coller un taxi, realizáranlle unha pequena trampa para que o coche non acendese.
O suposto axente de policía entregoulle o billete e díxolle que gardara silencio, o porteiro volveu ao vestíbulo co diñeiro no peto e un alegre formigueo en todo o seu corpo. A uns cincuenta metros da entrada estaba a esperar o taxi.
Amaya saíu de casa a iso das nove, dirixiuse ao garaxe e comprobou que o seu coche non acendía, polo tanto non lle queda outra que pedir un taxi, subiu ao vestíbulo, onde se achaba a portaría e lle pediu a Xosé Manuel que lle pedise un.
Axiña señorita –contestou Xosé Manuel, que saíu de detrás da conserxaría e foi cara a porta con longas e lentas zancadas.
Xosé Manuel fíxolle sinais ao taxi que, ao cabo duns minutos se presentou na entrada do edificio, Amaya deulle entón a Xosé Manuel un billete de cinco euros.
-Teña Xosé para que tome algo á miña saúde.
-Moitas grazas, señorita –dixo el tras gardarse o billete nun peto do pantalón.
Amaya detectou no seu soriso algo que non lle gustou, pero non lle deu demasiada importancia e subiu ao taxi.
-Ao Instituto Anatómico Forense –indicoulle Amaya, que en canto o taxi arrincou, mirou cara a atrás -. O taxista asentiu coa cabeza.
Amaya tiña certa desconfianza, porque se a seguían, o estaban a facer moi ben, que ao percorrer uns cen metros comprobou que non tiñan a ninguén detrás.
-Imos dar algunhas voltas antes de chegar ao instituto –díxolle Amaya ao taxista, xire por aquí á dereita. Non lle fixo caso, e de súpeto o taxi xirou bruscamente cara á esquerda, en dirección ao Museo do Prado, a uns cincuenta metros minorou a velocidade, Amaya quedou perplexa e mandoulle parar o taxi para baixarse, pero naqueles mesmos momentos, abriuse a porta e un home abalanzouse sobre ela, era moi alto e corpulento, a empuxou contra a outra xanela con tal violencia que a estampou contra a fiestra. Sen agardar instrucións o condutor acelerou en dirección aos arredores de Madrid.
Amaya era cinto negro de Karate, pero estando sentada non podía facer gran cousa e decidiu darlle unha puñada na cella, acertou plenamente, pero el, que tiña unha forza superior, cruzoulle a cara e losqueouna con tal violencia que lle partiu o labio superior e volveu estampar a cabeza contra a xanela. Amaya venceuse cara a diante e quedou case sen sentido. Despois o matón agarrouna do pescozo e a obrigou a erguerse no asento, ela chuspiulle e manchoulle de sangue a camisa e a cara. El limpou a meixela co dorso da man e lentamente pero moi furioso e logo volveuna golpear con saña.
Amaya conseguiu dicir unhas palabras e preguntoulle:
-¿Por qué me fai isto a min?
-Xa llo dirán cando cheguemos –lle díxo o matón.
O matón axeonllouna a viva forza e estámpolle a cara contra o asento, Amaya quedou inconsciente.
O Último Tramo - Capítulo 27
Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo
13 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
Enrique SanmartínRicardo Lamazares
Contigo aprendín a quererche e
amarte na distancia
contigo aprendín ha pedir che
por favor que non che vaias
aprendín, ha pensar
en ti todos os días,
a dicirche que che quero
cada día aínda que
ti non esteas aquí
e contigo aprendín a quererche
desde que che coñecín.
Contigo aprendín
Si algunha vez
atopas algunha razón
pola cal, o noso
amor fracasou
dima, porque eu
xa non direi nin
unha soa palabra
máis sobre este amor,
que me deixou outra
vez só e melancólico
para toda a vida.
Amor fracasado
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR- DIRECCION XERAL DA DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL
FORMACIÓN OCUPACIONAL A PERSONAS CON GRANDES DISCAPACIDADES
UNIÓN EUROPEA
FONDO SOCIAL EUROPEO
“O FSE inviste no teu futuro”