Upload
fiz-pimentel
View
238
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revista do colexio
Citation preview
CARAMIÑAS Publicación anual do
C.E.P. “Pilar Maestú Sierra”
Cadreche – Posmarcos
POBRA DO CARAMIÑAL nº 18
Xuño 2.011
Redacción:
Alumnado do Centro.
Maquetación e deseño:
EQUIPO DE
NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
Impresión:
Portada: Publicolor
Interior:José (conserxe)
Colabora:
Secretaría Xeral de
Política Lingüística
CADRECHE NO CORAZÓN……
Semella que foi onte pero xa pasaron seis anos.
Chegam,os aquí sendo @s mais pequen@s, polo
tanto, @s últimos da fila. Todo semellaba enorme: o
cole, as escaleiras, @s profesor@s, o patio,…., os
deberes…….. E agora somos @s mais grandes, pero
que pouco dura a ledicia!!!! O próximo ano xa
volvemos, outra volta, a ser @s mais pequen@s....
pero do Instituto.
Pero bueno, niso consiste o medrar…. Que non é
mais que enfrontarse a novos retos.
Somos a xeración dos 25, si dos 25 anos que neste
curso cumple o cole. Xa fai 25 anos que existe, 25
anos pintado de verde e ainda dura.
Parabéns a todas e todos os que por aquí pasaron
(alumnado, profesorado, familias, persoal non
docente,), pois tod@s el@s deixaron a súa pegada.
Quen nolo ía dicir!!!!. De pequen@s chorábamos
porque non queríamos entrar e agora choramos
porque non queremos marchar. Dende logo, o ser
humano nunca está satisfeito.
Pero Cadreche, non cantes victoria, de nços non te
vas librar tan fácilmente porque voltaremos a canta
festa ou celebración haxa. Así que, mentres tanto vos
dicimos
Ata sempre!!!!!!!!!!!!!!!!!
Alumn@s de 6º nivel