Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,
GANDARÍA E MONTESPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteVidal Martínez-Sierra López P
VicepresidenteJesús Miguel Prado Patiño P
SecretariaMaría Tereixa Paz Franco BNG
Moisés Blanco Paradelo PAngel Camino Copa PHipólito Fariñas Sobrino PRaúl Fernández Fernández SJosé Santiago Freire Abeijón PPablo García García SMaría Isabel García Pacín PAntón Sánchez García AGEJosé Ramón Val Alonso S
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión.
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 9840(09/POC-001404)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre a xestión da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na
xestións dos proxectos presentados polos grupos de
desenvolvemento rural e a concesión das axudas do Plan Leader
2013, así como as medidas previstas pola Xunta de Galicia ao
respecto
Publicación da iniciativa, 143, 30.07.2013
Á MESA DO PARLAMENTO
Consuelo Martínez García, deputada pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión:
O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de
Galicia 2007-2013 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as
Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo
impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de
desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario
destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
En Galicia, nos períodos 1991-1994, 1994-1999 e 2000-2006, ademais de aplicarse os
programas das propias Iniciativas Comunitarias LEADER (LEADER, LEADER II e
LEADER +), leváronse a cabo outros programas coa mesma metodoloxía que, por ter
distintas fontes de financiamento, levaron distintos nomes, como PRODER, PRODER II
ou AGADER, de xeito que no período 2000-2006 estivo cuberto todo o territorio rural
galego con estes programas.
A valoración do GDR determinará a porcentaxe de subvención para cada proxecto. Así e
todo, para os proxectos de natureza produtiva – os que se destinan a producir bens ou
prestar servizos orientados ao mercado – non han superar nunca o 50% de axuda
pública. Pola contra, os proxectos de natureza non produtiva – os que se destinan á
prestación de servizos públicos gratuítos, a dotacións ou a mellorar a calidade de vida no
rural – poden chegar a acadar o 100% do financiamento, aínda que como norma xeral o
promotor sempre deberá facer algunha achega.
Na Galiza hai actualmente 31 GDR, grupos de desenvolvemento rural, que amosan a
súa preocupación pola lentitude con que AGADER está a resolver os expedientes
relativos aos diferentes proxectos en trámite presentados polos devanditos GDR. Dita
preocupación está fundamentada en que xa estamos a metade de 2013, e polo tanto cos
prazos moi axustados para a resolución dos centos de expedientes amoreados antes de
se esgotar o Plan Leader (2007-2013) a finais de ano, con cuxos fondos europeos, 140
millóns de euros, se financiarían os mesmos.
Así, a día de hoxe, só están resoltos o 40% dos proxectos presentados, e concretamente,
no GDR nº18 (Baixo Miño, Val Miñor, Vigo, Redondela, Mos, O Porriño, Fornelos de
Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior, a día de hoxe hai 170 proxectos sen resolver. A
gravidade de semellante desleixo do Goberno, radica en que moitos destes proxectos
son de carácter produtivo, e polo tanto con capacidade para criar postos de traballo.
Por todo o exposto, AGE presenta a seguinte pregunta para a súa resposta en Comisión:
1.- Ten suficientes recursos, tanto humanos como materiais, AGADER para xestionar en
tempo e forma os proxectos presentados polos GDR?
2.- Cal é a xustificación da parálise que leva a concesión das axudas do Plan Leader
2013?
3.- Que pensa facer a Xunta de Galicia para resolver esta situación?
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013.
Asdo. Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 10159(09/POC-001488)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a aplicación do Plan de prevención e defensa contra os
incendios forestais de Galicia para o ano 2013
Publicación da iniciativa, 143, 30.07.2013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á
improvisación coa que se está a acometer a posta en marcha do dispositivo de
prevención e loita contra os incendios forestais en Galiza previsto no PLADIGA para o
ano 2013.
A Xunta de Galiza ven de acometer unha mudanza significativa no dispositivo
de loita contra incendios forestais para a presente campaña continuando coa dinámica xa
iniciada na anterior campaña de prescindir de parte do dispositivo conformado con
medios propios.
Na campaña de 2012 optaron por prescindir de contratar 1700 persoas a través
da empresa pública SEAGA para realizar a contratación de 1160 traballadores por
medio de TRAGSA e encomendarlle a xestión das brigadas helitransportadas a outra
empresa privada vinculada coa contratación dos medios aéreos.
Porén na presente campaña as principais novidades anunciadas pola Consellaría
do Medio Rural coa aprobación do PLADIGA son as seguintes:
-Reducir a contratación do persoal de reforzo a través de SEAGA e
prescindir de TRAGSA
-Reducir en 300 persoas a contratación de persoal laboral temporal para
as súas propias brigadas.
-Eliminar as brigadas das bases helitransportadas do Barco de Valdeorras
e Portomarín.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Crear e incorporar ao dispositivo de extinción os 25 grupos de
emerxencias supramunicipais, e volver á política das brigadas municipais
cunha previsión de contratación de 2629 efectivos que terían que
substituír o descenso de efectivos propios e a eliminación de TRAGSA.
Porén a improvisación na incorporación do dispositivo está a ser manifesta e
altamente preocupante tendo en conta a situación meteorolóxica que está atravesando
Galiza e a situación dos nosos montes logo dun inverno e unha primavera con elevadas
pluviosidade.
A situación, cando xa vai mediado o mes de xullo, non pode ser máis desastrosa
e denota unha actuación irresponsábel e mesmo temeraria. Cando o operativo debera
estar a pleno rendemento, a situación é ben diferente:
1ª) As prazas das brigadas propias da Xunta permanecen sen seren
cubertas nun 30%
2ª) O persoal contratado a través da encomenda á empresa pública
SEAGA aínda se está incorporando progresivamente
3ª) O persoal para os GES aínda está en fase de contratación e é
posíbel segundo estimacións do propio goberno galego non poidan estar
operativos até ben mediado o mes de agosto.
4ª) A contratación dos avións de carga en terra aínda non se
produciu xa que a licitación aínda fai apenas unha semana que se publicou.
5ª) E finalmente, a día de hoxe nin a propia Xunta de Galiza é quen
de saber con cantas brigada municipais vai poder contar, toda vez que moitos
concellos se negan a asumir coa achega do 25% de fondo propios unha
competencia da Xunta de Galiza.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Para o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, para alén de non
compartir en absoluto a configuración do dispositivo que ao noso xuízo supón unha
volta ao pasado. Unha volta a un dispositivo disperso, con dependencias organizativas
múltiples o cal en moitos casos pon en perigo as posibilidades dunha efectiva
coordinación baixo un mando único e é un golpe de graza ao camiño encetado para a
súa profesionalización.
Esta situación ademais de supoñer un serio perigo para o noso monte e para as
persoas que viven no medio rural e as súas propiedades, constitúe tamén un grave
perigo para o persoal que ten que facer fronte ás posíbeis continxencias cun dispositivo
tan mermado e desprovisto de medios.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta
oral en Comisión:
1.- Cales son as razóns do atraso na configuración do dispositivo de loita contra
incendio forestais de Galiza?
2.- Non considera que a situación evidencia claramente unha improvisación por
parte da Consellaría do Medio Rural á hora de definir o operativo para a campaña 2013?
3.- Como valora que a estas alturas 2500 dos 5708 efectivos previstos para a
loita contra incendios aínda non estean incorporados ao dispositivo?
4.- Fixeron cálculos en relación coas brigada municipais excesivamente
optimistas, tal vez máis guiado pola ansia de facer propaganda que pola realidade?
5.- Cre que os GES poderán integrarse no dispositivo?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
6.- Cando calcula que estarán incorporadas todas as persoas previstas na
brigadas propias da Xunta?
7.- Ten algunha estimación en relación con cando pode estar o operativo
completado?
8.- Non considera que esta situación tan desatinada evidencia a permanente
improvisación en relación co dispositivo e a ausencia dun modelo para afrontar o grave
problema dos incendios?
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 17/07/2013 17:14:04
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 10642(09/POC-001617)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre a adopción de medidas polo Goberno galego respecto das
accións cinexéticas na Barbanza, especialmente no referido ás
cazarías contra lobos
Publicación da iniciativa, 153, 05.09.2013
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Francisco Caamaño Domínguez, Carmen Gallego
Calvar, Raúl Fernández Fernández e José Antonio Sánchez Bugallo,
deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en
Comisión.
En maio deste ano, esta deputada preguntaba ao Goberno do PP sobre as batidas
autorizadas pola Xunta de Galicia para matar lobos que presuntamente atacaran
unhas reses no Barbanza no ano 2011 -recibindo resposta en data 21 de xuño-.
Máis en concreto, as preguntas eran:
1.- Si a Xunta de Galicia tiña coñecemento da matanza de cachorros en tales
accións cinexéticas. A resposta foi que non tiña constancia de cachorros mortos.
2.- Si a Xunta de Galicia incoara algún procedemento para aclarar a
decapitación dun dos animais abatidos. A resposta foi que a Lei de caza de
Galicia é precisa sobre a propiedade das pezas de caza.
3.- Si tiña previsto adoptar algunha medida excepcional para evitar a
repetición de situacións como as descritas. A resposta foi negativa, xa que todas
as situacións foran realizadas de acordo coa lexislación vixente.
4.- E, finalmente, si participara algún persoal da Xunta de Galicia,
presuntamente implicado na concesión de licencias de caza ilegais, nas cacerías
no Barbanza. A resposta foi que naquel momento non se tiña coñecemento de
irregularidades na concesión de licencias.
Ben é certo que quen firma a resposta escrita foi o director xeral de Relacións
Institucionais Parlamentarias.
Hai uns días, a noticia foi que a empresa que prestaba a asistencia técnica á
Xunta de Galicia, ARENA (Asesores de Recursos Naturales, SL), a través da súa
xerencia, recoñece:
1.- A morte dun cachorro macho, abatido o 23 de xullo de 2011, duns 3
meses, con dentición de leite, con coloración “lobuna” e gravado en vídeo con
outros dous no mes de xuño anterior.
2.- A morte dun cachorro macho, abatido o 23 de setembro de 2011, duns 3 a
5 meses, con dentición cambiante de leite á definitiva, posiblemente irmán do
anterior, gravado en vídeo con outros dous no mes de xuño anterior. NON SE
TRATABA DUN ADULTO, como dixera a Xunta!).
3.- A morte dun adulto, abatido o 9 de xullo de 2011, do que non podían
certificar a idade porque se entregara sen cabeza. Foi o axente da Xunta de
Galicia (xefe de zona no Barbanza), o Sr. Saavedra, o que permitiu a súa
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
decapitación -de feito, manifesta que o cazador quere a cabeza-. É un dato
importante que este señor participou en todas as batidas e está imputado na
adxudicación de ducias de licencias de caza ilegais e que a propia ARENA di que
sería necesario tela como material científico.
4.- A morte dunha femia adulta, de 4 a 5 anos, abatida tamén, supostamente
a reprodutora, pero que di a entidade encargada da asistencia técnica que nunca
se reproducira.
O QUE QUERE DECIR QUE TODAS AS RESPOSTAS DA XUNTA DE
GALICIA ÁS PREGUNTAS DESTA DEPUTADA SON FALSAS; a maior
abundamento, implica o obrigado plantexamento das mesmas preguntas que xa
se fixeran.
Polo exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1.- Ten coñecemento a Xunta de Galicia da matanza de cachorros en accións
cinexéticas?
2.- Recibiu a Xunta de Galicia un informe da empresa que prestaba a
asistencia técnica á Xunta de Galicia, ARENA (Asesores de Recursos Naturales),
a través da súa xerencia, relativa a accións cinexéticas no Barbanza?
3.- Incoou algún procedemento para aclarar a decapitación dun animal no
Barbanza no ano 2011?
4.- Ten previsto a Xunta de Galicia tomar algunha medida excepcional para
evitar a repetición das situacións descritas?
5.- Participou algún persoal da Xunta de Galicia, presuntamente implicado na
concesión de licencias de caza ilegais, nas cacerías contra lobos no Barbanza?
6.- Foron falsas as respostas que o director xeral de Relacións Institucionais
Parlamentarias contestou ás preguntas deste grupo parlamentario?
7.- Quen, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lle
pasou a información a este director xeral?
Pazo do Parlamento, 30 de xullo de 2013
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Francisco Caamaño Domínguez
Carmen Gallego Calvar
Raúl Fernández Fernández
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por: Patricia Vilán Lorenzo na data 30/07/2013 12:21:02
Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 30/07/2013 12:21:10 María Carmen Gallego Calvar na data 30/07/2013 12:21:17
Raúl Fernández Fernández na data 30/07/2013 12:21:20 José Antonio Sánchez Bugallo na data 30/07/2013 12:21:26
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 11763(09/POC-001736)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a relación dos principais incendios forestais, segundo
a superficie afectada, producidos durante o ano 2013 e as
actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para a
rexeneración desas zonas
Publicación da iniciativa, 157, 11.09.2013
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, Moisés Blanco Paradelo, Angel Camino Copa, Hipólito Fariñas Sobrino, Santiago Freire Abeijón, Isabel García Pacín, Vidal Martínez-Sierra López e Miguel Prado Patiño, deputados e deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. No mes de xuño de 2013, coincidindo co inicio da campaña de verán, púxose en marcha o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Plan Pladiga) logo do seu debate no Consello Forestal e posterior aprobación polo Consello da Xunta.
No que levamos de campaña cómpre eloxiar o extraordinario labor que están a facer os efectivos contra incendios que traballan nos montes galegos e que permanecen en alerta porque a campaña apenas se atopa no seu ecuador.
Con todo, como cada ano, téñense producido algún incendios forestais de grande afectación polo número de hectáreas queimadas que precisan, de xeito especial pola súa incidencia no medio, actuacións urxentes de recuperación e rexeneración dos terreos danados.
En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:
1. Cales son, polo número de hectáreas afectadas, os principais incendios forestais acontecidos no que levamos de ano?
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
2. Cales son as accións que están a levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa rexeneración das zonas queimadas froito dos incendios forestais acontecidos no primeiro trimestre do verán?
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013
Asinado dixitalmente por: José Manuel Balseiro Orol na data 05/09/2013 13:48:24
Moisés Blanco Paradelo na data 05/09/2013 13:48:30 Angel Camino Copa na data 05/09/2013 13:48:40 Hipólito Fariñas Sobrino na data 05/09/2013 13:48:53
José Santiago Freire Abeijón na data 05/09/2013 13:49:03 María Isabel García Pacín na data 05/09/2013 13:49:13
Vidal Martínez-Sierra López na data 05/09/2013 13:49:22 Jesús Miguel Prado Patiño na data 05/09/2013 13:49:30
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 11767(09/POC-001738)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a existencia de zonas en Galicia onde se está a dar
unha maior concentración de lumes no ano 2013, así como de
circunstancias concorrentes ou singulares detrás da súa orixe
Publicación da iniciativa, 157, 11.09.2013
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, Moisés Blanco Paradelo, Angel Camino Copa, Hipólito Fariñas Sobrino, Santiago Freire Abeijón, Isabel García Pacín, Vidal Martínez-Sierra López e Miguel Prado Patiño, deputados e deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. No mes de xuño de 2013, coincidindo co inicio da campaña de verán, púxose en marcha o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Plan Pladiga) logo do seu debate no Consello Forestal e posterior aprobación polo Consello da Xunta.
Como é habitual, a Consellería do Medio Rural e do Mar informa de xeito escrupuloso da situación de cada un dos incendios forestais cuxa superficie supera as 20 Ha.
No últimos mes informouse de varios lumes forestais en distintos puntos da xeografía galega, algúns deles de gran entidade como os acontecidos en Cualedro, Oia ou Ribeira.
En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:
1. Pódese dicir que hai zonas de Galicia onde se da unha maior
concentración de lumes no que vai de ano?
2. Existen circunstancias concorrentes ou senlleiras que se atopen tras a orixe dos incendios forestais acontecidos nos últimos tres meses de verán?
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Asinado dixitalmente por: José Manuel Balseiro Orol na data 05/09/2013 13:56:10 Moisés Blanco Paradelo na data 05/09/2013 13:56:19
Angel Camino Copa na data 05/09/2013 13:56:27 Hipólito Fariñas Sobrino na data 05/09/2013 13:56:37
José Santiago Freire Abeijón na data 05/09/2013 13:56:46 María Isabel García Pacín na data 05/09/2013 13:56:54 Vidal Martínez-Sierra López na data 05/09/2013 13:57:02
Jesús Miguel Prado Patiño na data 05/09/2013 13:57:12
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 4973(09/PNC-000386)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego
para o establecemento dun novo contrato homologado de
compravenda de uva na denominación de orixe do Ribeiro, así
como sobre a posta en marcha dun plan de promoción no
exterior dos viños das distintas denominacións de orixe
galegas
Publicación da iniciativa, 73, 20.03.2013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa
da deputada Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en
Comisión, relativa á necesidade de acordar un novo contrato homologado para a
Denominación de Orixe do Ribeiro.
A comarca do Ribeiro diríxese cara a unha terceira vendima sen que exista un
contrato homologado para a uva amparada na D. O. Varios concellos da comarca,
varias das principais adegas e as organizacións que agrupan aos produtores de
uva do Ribeiro manifestaron en ambas ocasións á súa demanda de continuidade
de dito marco regulador da comercialización da uva na comarca. Sen embargo,
nas pasadas campañas de 2011 e 2012 a Xunta de Galicia, administración
competente, careceu da suficiente vontade para lograr un acordo entre as partes
implicadas. A inexistencia de contrato homologado supón unha grave incerteza
para os produtores de uva da comarca do Ribeiro e unha desvantaxe competitiva
para aquelas adegas, que representan mesmo a maioría da produción da D.O., e
están dispostas a dar un marco de estabilidade de prezos que anime a mellorar a
calidade do viño do Ribeiro.
No conxunto do Estado, a baixada de produción da vendima de 2012 está a
incrementar os prezos de venda da uva. No Ribeiro, o prezo da uva non se
incrementou senón que baixou considerablemente. Un escenario dramático, no
que con pouco máis da metade de uva non se recordan prezos tan baixos para a
uva de variedades preferentes. Non se pode separar esta deprimente realidade coa
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
incerteza xerada pola ausencia do marco normativo do contrato homologado, que
introduce prácticas de carácter especulativo, con vaivéns de prezos que están a
afundir o sector produtivo
É preciso que a Consellería do Medio Rural convoque aos distintos
representantes do sector vitivinícola do Ribeiro, para que con tempo suficiente se
estableza un novo contrato homologado para a vendima de 2013 e seguintes,
partindo da base do último marco vixente ate 2010.
Por outra banda, a promoción constitúe un elemento fundamental para dar saída
comercial a un produto de calidade coma o viño do Ribeiro. Os drásticos recortes
adoptados pola Consellería do Medio Rural no apoio aos consellos reguladores e
o seu labor promocional están reducindo a difusión das melloras continuas dos
viños do Ribeiro, tanto no exterior coma no mercado interior, con especial
repercusión nos fondos dispoñibles para a Feira do Viño do Ribeiro.
Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate ante a Comisión:
O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a
1.- Convocar a Mesa do viño coa presenza dos representantes do sector
vitivinícola do Ribeiro coa intermediación da Consellaría do Medio Rural para
establecer, partindo da base do existente até o ano 2010, un novo contrato
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
homologado de compravenda de uva garantindo a súa vixencia para a vendima
correspondente á campaña de 2013
2. Demandar a posta en marcha dun plan de promoción no exterior dos viños
galegos procedentes de todas as Denominacións de Orixe.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013
Asdo.: Tereixa Paz Franco
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Tareixa Paz Franco na data 12/03/2013 20:47:24
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 12/03/2013 20:47:29
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 10649(09/PNC-000917)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para paliar
os danos causados polas inclemencias do tempo aos viñedos da
comarca de Valdeorras
Publicación da iniciativa, 151, 03.09.2013
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e dos seus deputados Carmen Acuña do Campo, Pablo García
García, María Quintas Alvarez e Raúl Fernández Fernández, a través do
seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Comisión.
Exposición de motivos
O viñedo da comarca de Valdeorras foi castigado duramente polas
inclemencias do tempo neste ano 2013. Si na primavera foran as xeadas, no
verán chegaron as tormentas. E, aínda,veremos como rematan as cousas pois
hai moitas enfermidades oportunistas que aproveitan o dano que agora
padecen as vides para aparecer.
Por todo isto os colleiteiros andan moi preocupados e dende o consello
regulador tratando de cuantificar as perdas.
Cuantificación que non resulta fácil de facer pois debemos ter en conta que a
sarabia, a pedra, que acompaña as tormentas de verán ten un comportamento
moi caprichoso pudendo danar seriamente unha viña deixando a do lado sen
tocar.
Igualmente e na mesma viña unhas cepas poden resultar moi afectadas e
outras quedar indemnes.
En canto a profundidade do dano sufrido tampouco se pode definir nun
primeiro momento pois vai depender de moitos factores.
A perda da folla e os racimos danados resultan o caldo de cultivo ideal para
que aparezan múltiples pragas. Sen esquecer que o dano as xemas que nesta
época están brotando e que son as que dan orixe o froito da próxima colleita.
O que si está claro e que dada a magnitude do problema sufrida nesta
denominación de orixe, a cidadanía de Valdeorras espera axuda e solucións
das administracións publicas máis próximas: deputación e Goberno da Xunta
de Galicia.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Socialista sendo sensible a esta
situación quere solicitar da Administración autonómica unha serie de medidas
dun xeito razoable e razoado que entende necesarias, e por iso presenta a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1-Que de forma inmediata e a maior brevidade posible poña en marcha unha
liña de axudas específicas que terían que quedar instauradas para situacións
similares que se deran no futuro e para outras denominacións de orixe.
2-Xestionar axudas inmediatas que poden ser mediadas e definidas polos
técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe afectada para
tratar de evitar pragas e danos posteriores nas cepas danadas (cicatrizantes,
pesticidas,etc..).
3-Crear axudas a curto e medio prazo para paliar a perda do froito ocasionado
polos danos tanto na colleita actual como na inmediatamente seguinte.
4-Considerar dende o Igape liñas de crédito para que a industria vitivinícola
que sofre un dano importante poda superar esas perdas.
5-Consensuar liñas de axudas con outras administracións (Estado, deputación)
ca finalidade de axudar a minimizar os danos causados na agricultura galega
polas inclemencias do tempo.
6-Repoñer as subvencións existentes para a contratación de seguros agrarios
que foron reducidas substancialmente nos últimos exercicios.
Pazo do Parlamento, 30 de xullo de 2013
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Pablo García García
María Quintas Alvarez
Raúl Fernández Fernández
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Abel Losada Alvarez
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por: María Carmen Acuña do Campo na data 30/07/2013 13:33:21
Pablo García García na data 30/07/2013 13:33:32 María Remedios Quintas Álvarez na data 30/07/2013 13:33:36
Raúl Fernández Fernández na data 30/07/2013 13:33:42 Abel Fermín Losada Álvarez na data 30/07/2013 13:33:49
Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e
Montes
Día: 27.09.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 11857(09/PNC-000988)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón e Beiras Torrado, Xosé Manuel
Sobre a resolución por parte da Xunta de Galicia dos
expedientes derivados das denuncias pola presunta
reforestación ilegal de terras, así como a elaboración dun
plan para a recuperación de superficie agraria útil
Publicación da iniciativa, 162, 18.09.2013
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa
do seu deputado Antón Sánchez García e a través do seu portavoz, Xosé Manuel Beiras
Torrado, ao abeiro do artigo 160 do Regulamento de dita Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión.
A perda de superficie agraria é constante durante os últimos anos e ten efectos negativos
que se reflexan na falta de terra para o sector gandeiro, que Galiza produza menos
alimentos dos que necesita, ou o perigo que supón para a ocurrencia de incendios.
Moitas destas hectáreas que se reforestaron eran antes cortalumes naturais que rompían
a continuidade da superficie forestal e eran traballadas por persoas que indirectamente
realizaban a función de vixianza contraincendios.
A tendencia nos últimos anos segue a ser a de reforestación de terras agrarias, aínda que
en moitos caso sexa de xeito ilegal.
Os expedentes iniciados por denuncias presentadas pola reforestación de terras agrarias,
ante a Xunta de Galicia, están paradas e non se resolven.
Aínda que todos os expertos no sector agrario de Galiza coinciden en que unha das
saídas á crise do sector lácteo é o aumento da base territorial das explotacións,para a
reducción de custes e da dependencia dos pensos, aínda que Galiza precisaría camiñar
cara a aumentar a producción de alimentos para equilibrar a balanza de input-output
alimentarios, este tipo de actuacións frenan as posibilidades reais de que esto aconteza.
A posta en valor de toda esta superficie agraria abandonada, pode ser fonte de traballo e
riqueza no país, así coma un paso imprescindible para revitalizar o rural.
Por todo isto o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda formula a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1) Resolver de xeito urxente os expedentes derivados polas denuncias presentadas
pola presunta reforestación ilegal de terras.
2) Elaborar un plano para a recuperación de superfice agraria útil.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013.
Asdo.: Antón Sánchez García
Deputado do G.P. da AGE.
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Antón Sánchez García na data 09/09/2013 11:05:01
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 09/09/2013 11:05:11