1
O CLAN DO OSO CAVERNARIO Ayla e unha nena Cro-Magnon(colocalo como enlace) de 5 anos que queda soa no mundo tras o terremoto que fixo perecer a toda a súa tribo. Tras o suceso, vese obrigada a vagar soa, inexperta e indefensa polos bosques na procura de alguén que a recolla e lle dea protección. Durante a sua procura, vese exposta a moitos perigos como as zarpas dun gran león cavernario(colocalo como enlace), a deshidratación e inanición prolongadas. A piques xa de morrer, un grupo de Neanderthais(colocalo como enlace) atópaa e adóptana. Iza, a curandeira faise cargo dela como se fose unha filla do seu propio seo, coidándoa con agarimo e traspasándolle todos os seus coñecementos. Mog-ur, o mago e irmán de Iza, ve nela unha das marcas mais poderosas dos espíritos do Clan ademais dunha desenvoltura e axilidade mental sorprendentes. Mais o resto do grupo non e capaz de ver máis aló da súa estraña aparencia. As súas calidades, como a capacidade para falar de forma ben articulada e fluída ou a súa axilidade física, resultan tan diferentes e extraordinarias para O Clan que nunca acabaran de aceptala plenamente como unha mais. Unha destas diferenzas dáse no uso da onda. Ayla era sen dubida xenial no seu manexo. Adquirira tal nivel de perfección que era capaz de tirar dúas pedras de forma consecutiva, unha tras da outra sen interrupción entre ambas. Principalmente, dedicábase a matar os animais carnívoros que estorbaban o territorio da súa caverna. Grazas a iso, os membros do Clan consentiranlle empregala aínda que fose en contra dos seus principios, os cales estipulaban que as mulleres non debían tocar as armas baixo ningún concepto e moito menos, utilizalas. A eles quedáballes moito camiño ata chegar a desenvolver tal mestría coa honda. De feito, aínda que pensasen que a súa deficiencia no seu manexo se debía a falta de practica, non era moito menos iso. Simplemente, os Neandertais estaban formados por un esqueleto forte e robusto que deixaba pouca marxe a hora das rotacións das articulacións óseas. Isto era un gran inconveniente que lles impedía trazar con éxito a circunferencia de impulso para lanzar as pedras coa honda.

resumoclanoso

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Resumo clan Alda

Citation preview

O CLAN DO OSO CAVERNARIO

Ayla e unha nena Cro-Magnon(colocalo como enlace) de 5 anos que queda soa

no mundo tras o terremoto que fixo perecer a toda a súa tribo. Tras o suceso,

vese obrigada a vagar soa, inexperta e indefensa polos bosques na procura de

alguén que a recolla e lle dea protección. Durante a sua procura, vese exposta a

moitos perigos como as zarpas dun gran león cavernario(colocalo como enlace),

a deshidratación e inanición prolongadas. A piques xa de morrer, un grupo de

Neanderthais(colocalo como enlace) atópaa e adóptana. Iza, a curandeira faise

cargo dela como se fose unha filla do seu propio seo, coidándoa con agarimo e

traspasándolle todos os seus coñecementos. Mog-ur, o mago e irmán de Iza, ve

nela unha das marcas mais poderosas dos espíritos do Clan ademais dunha

desenvoltura e axilidade mental sorprendentes. Mais o resto do grupo non e

capaz de ver máis aló da súa estraña aparencia. As súas calidades, como a

capacidade para falar de forma ben articulada e fluída ou a súa axilidade física,

resultan tan diferentes e extraordinarias para O Clan que nunca acabaran de

aceptala plenamente como unha mais.

Unha destas diferenzas dáse no uso da onda. Ayla era sen dubida xenial no seu

manexo. Adquirira tal nivel de perfección que era capaz de tirar dúas pedras de

forma consecutiva, unha tras da outra sen interrupción entre ambas.

Principalmente, dedicábase a matar os animais carnívoros que estorbaban o

territorio da súa caverna. Grazas a iso, os membros do Clan consentiranlle

empregala aínda que fose en contra dos seus principios, os cales estipulaban

que as mulleres non debían tocar as armas baixo ningún concepto e moito

menos, utilizalas. A eles quedáballes moito camiño ata chegar a desenvolver tal

mestría coa honda. De feito, aínda que pensasen que a súa deficiencia no seu

manexo se debía a falta de practica, non era moito menos iso. Simplemente, os

Neandertais estaban formados por un esqueleto forte e robusto que deixaba

pouca marxe a hora das rotacións das articulacións óseas. Isto era un gran

inconveniente que lles impedía trazar con éxito a circunferencia de impulso para

lanzar as pedras coa honda.