5
XUNTANZA PROFESORES/AS REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE Santiago de Compostela 19 de setembro de 2013 17.30 Chegada e acollida 17.45 Presentación tema e Axenda da Rede Solidaria 2014/2015. Principais novidades 18.30 Recursos educativos curso 2014/2015 19.30 Peche da xuntanza. Despedida Resumo da xuntanza 1. Avaliacións de final de curso Resúmense algunhas das conclusións sacadas das avaliacións realizadas polos grupos asistentes á actividade zonal de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade e devólvense os murais elaborados polos grupos coa idea de ser expostos nalgún lugar do centro e de que sirvan como actividade de inicio de curso para os grupos. Durante a Asemblea de comezo de curso retomaranse as principais conclusións sacadas, pois considéranse de interese as opinións vertidas tanto polo alumnado como polo profesorado. A utilidade destas avaliacións fainos pensar en repetilas de novo a finais deste curso escolar. 2. Axenda da Rede Solidaria da Mocidade. Principais novidades Temática: A temática da Rede Solidaria para o curso escolar 2014/2015, así como para todas as accións educativas de Entreculturas este ano, será “Educación e dereitos económicos, sociais e culturais”. Desde a campaña educativa “Remóvete. Actúa pola educación e os dereitos humanos” estamos a traballar desde hai dous cursos escolares os dereitos humanos en relación coa dignidade da persoa (curso 2102/2013); os dereitos de primeira xeración ou dereitos cívicos e políticos (2013/2014), relacionados coa liberdade e a seguridade das persoas; e, este derradeiro ano, os dereitos de segunda xeración ou dereitos económicos, sociais e culturais, relacionados coa igualdade

Resumen xuntanza

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Resumen xuntanza

XUNTANZA PROFESORES/AS REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE Santiago de Compostela

19 de setembro de 2013

17.30 Chegada e acollida

17.45 Presentación tema e Axenda da Rede Solidaria 2014/2015.

Principais novidades

18.30 Recursos educativos curso 2014/2015

19.30 Peche da xuntanza. Despedida

Resumo da xuntanza

1. Avaliacións de final de curso Resúmense algunhas das conclusións sacadas das avaliacións realizadas polos grupos asistentes á actividade zonal de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade e devólvense os murais elaborados polos grupos coa idea de ser expostos nalgún lugar do centro e de que sirvan como actividade de inicio de curso para os grupos. Durante a Asemblea de comezo de curso retomaranse as principais conclusións sacadas, pois considéranse de interese as opinións vertidas tanto polo alumnado como polo profesorado. A utilidade destas avaliacións fainos pensar en repetilas de novo a finais deste curso escolar.

2. Axenda da Rede Solidaria da Mocidade. Principais novidades Temática: A temática da Rede Solidaria para o curso escolar 2014/2015, así como para todas as accións educativas de Entreculturas este ano, será “Educación e dereitos económicos, sociais e culturais”. Desde a campaña educativa “Remóvete. Actúa pola educación e os dereitos humanos” estamos a traballar desde hai dous cursos escolares os dereitos humanos en relación coa dignidade da persoa (curso 2102/2013); os dereitos de primeira xeración ou dereitos cívicos e políticos (2013/2014), relacionados coa liberdade e a seguridade das persoas; e, este derradeiro ano, os dereitos de segunda xeración ou dereitos económicos, sociais e culturais, relacionados coa igualdade

Page 2: Resumen xuntanza

(dereito ao traballo, á saúde e á sanidade, á auga, á alimentación, a un medio ambiente san, etc.). A temática reflectirase principalmente durante a formación impartida no marco da Asemblea de inicio de curso, tanto de mozos/as como de profesorado, así como nas actividades das Axendas Solidarias dos grupos, aos que pediremos introducir algunha actividade relacionada con estes dereitos ou, ao menos, con algún deles.

Principais novidades da Axenda da Rede Solidaria: Dúas son as novidades para o presente curso:

A celebración dos 10 anos da Rede Solidaria da Mocidade en Galicia. Esta efeméride terá especial protagonismo durante a celebración da Asemblea de comezo de curso, así como ao final do curso escolar.

O apoio aos grupos da Rede Solidaria en 2 aspectos principais:

a. Apoio na planificación dos grupos. Concreción deste apoio: no primeiro trimestre do ano realizaranse visitas aos grupos, durante as que se realizarán diagnósticos que axuden no acompañamento e planificación das accións.

b. Apoio á visibilización e recoñecemento ao traballo dos grupos da Rede

Solidaria ante os equipos directivos dos centros e a Consellería de Educación. Concreción deste apoio:

i. Entrevistas cos equipos directivos dos centros educativos durante os primeiros meses do curso escolar (sempre en previo acordo co/a profesor/a acompañante do grupo da Rede).

ii. Entrevista coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co fin de dar a coñecer e visibilizar o traballo realizado polos grupos nos centros educativos.

iii. Solicitude á Consellería do envío de cartas aos equipos directivos, agradecendo e recoñecendo o traballo realizado.

Destacados Axenda Rede Solidaria curso 2014/2015 (ver Axenda adxunta):

Setembro Volta ao cole coa Silla Roja. Convidamos aos grupos da Rede Solidaria a levar a campaña ao centro educativo e incluíla na Axenda Solidaria, ben neste primeiro trimestre, ben máis adiante. Para elo, enviaremos un correo electrónico con máis información nas vindeiras semanas, así como co material de difusión e sensibilización ao que se pode acceder para levala ao centro. Polo de pronto, pódese acceder á

Page 3: Resumen xuntanza

información da campaña na páxina web: www.lasillaroja.org Nesta páxina, ademais, pódese acceder ao vídeo da campaña deste ano, así como a outros materiais e información de interese. Este ano, a temática da campaña Silla Roja céntrase na igualdade e na inclusión no acceso á educación. Segue a haber 58 millóns de nenos e nenas no mundo que non teñen acceso á educación e, moitas veces, este acceso é desigual en función de factores como o xénero, situacións de discapacidade, a raza, o idioma, etc. Sobre estes factores queremos reflexionar e incidir este curso escolar coa campaña Silla Roja.

Agardamos que vos interese!

Outubro Como cada ano, convidamos ao profesorado da Rede Solidaria a participar no Encontro Nacional de Entreculturas, que celebramos en El Escorial os días 3, 4 e 5 de outubro (envíase correo informativo específico con invitación ao Encontro). A data límite para a inscrición no Encontro remata o luns 29 de setembro. A Asemblea de inicio de curso da Rede Solidaria da Mocidade será o día 25 de outubro no IES Xelmírez I, en Santiago de Compostela. Enviaremos máis información nas vindeiras semanas.

Novembro 20 novembro: Día D: Dereitos da Infancia. Comezo das visitas aos grupos da Rede Solidaria para apoialos na súa planificación e dinamización das Axendas Solidarias. Para este traballo contaremos co apoio dos +18 e enviaremos previamente ao profesorado unha enquisa sobre a que traballar.

Decembro Comezarán as entrevistas cos equipos directivos de cada un dos centros participantes na Rede Solidaria. Primeiramente contactaremos co profesorado da Rede Solidaria, quen decidirá se desexa que se celebren estas entrevistas e con eles/as acordarase a data da mesma. Durante estas entrevistas pedirase ao equipo directivo que asine un compromiso de participación que asegure a implicación do centro educativo nas actividades da Rede Solidaria.

Xaneiro 30 xaneiro: Día D: Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Page 4: Resumen xuntanza

Febreiro Lanzarase a convocatoria de voluntariado no Sur para o profesorado da Rede Solidaria da Mocidade “Experiencia Sur”.

Marzo 8 marzo: Día D: Día dos Dereitos da Muller.

Abril Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Será do 20 ao 26 de abril. 22 abril: Día D: Día da Terra.

Maio Convocarase ao profesorado da Rede Solidaria a unha segunda formación tras a recibida durante a Asemblea de comezo de curso.

Xuño Actividades de fin de curso por zonas, nas que se realizarán ademais as seguintes actividades:

Avaliación por parte dos grupos das actividades e do proceso grupal e individual vivido.

Unha derradeira xuntanza do profesorado.

Neste último mes do curso enviaranse ademais as cartas aos equipos directivos dos centros participantes na Rede Solidaria da Mocidade agradecendo a súa participación.

Outras actividades: Blogue da Rede Solidaria. Trataremos este curso de dinamizar o blogue da Rede Solidaria http://entreculturasgalicia.blogspot.com.es/ coa participación de todos e todas. Durante a Asemblea reservaremos un momento para resolver as dúbidas respecto á súa dinamización.

3. Recursos educativos para o curso 2014/2015 Faise entrega dos seguintes materiais básicos para o curso escolar:

Calendario escolar http://educadores.redentreculturas.org/sites/educadores.redentreculturas.org/files/dd_paz_14_15_1.pdf

Page 5: Resumen xuntanza

Días D 20 novembro. Dereitos da Infancia: http://educadores.redentreculturas.org/sites/educadores.redentreculturas.org/files/dd_infancia_14_15.pdf

30 xaneiro. Dereito á Paz: http://educadores.redentreculturas.org/sites/educadores.redentreculturas.org/files/dd_paz_14_15_1.pdf

8 marzo. Dereitos das Mulleres: http://educadores.redentreculturas.org/sites/educadores.redentreculturas.org/files/dd_mujeres_14_15.pdf

22 abril. Día da Terra: http://educadores.redentreculturas.org/sites/educadores.redentreculturas.org/files/dd_tierra_14_15_1.pdf

Catálogo de recursos http://educadores.redentreculturas.org/sites/educadores.redentreculturas.org/files/Catalogo_2014_2.pdf

Ademais, como en anos anteriores, a través do boletín electrónico que enviamos mensualmente podedes acceder ás propostas didácticas do calendario escolar, que este ano teñen como centro á educación como motor dos dereitos sociais, económicos e culturais principalmente (saúde, traballo, igualdade, medio ambiente, etc.). Durante as visitas e actividades do curso escolar entregaranse aos grupos, ademais, outros materiais didácticos para apoiar o seu traballo.

Por último, decídese formar un grupo de Whatsapp do profesorado da Rede Solidaria en Galicia coa finalidade de estar en contacto e informar sobre cuestións que nos afecten a todos e todas. Se algunha persoa non ten sido convocada aínda ao grupo e desexa estar, por favor, que o comunique.