Upload
aurora-gay
View
230
Download
7
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Resumo da biografía e obra do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, elaborado porlo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP "A PONTE" (Lugo- Galicia- España)
Citation preview
E.N.D.L. do C.E.I.P. “” A PONTE” (LUGO)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
2009
Nado o 31 de maio do 1915 na parroquia de San Pedro de Armeá en
Láncara (Lugo) e morre o 27 de agosto do 1990 en Santiago de
Compostela a consecuencia dunha grave insuficiencia hepática.
Profesión: escritor, ensaísta, tradutor, filósofo e político.
Fai o bacharelato elemental en Lugo ata 1930 e logo retorna ao seu pobo para axudar nas tarefas
agrícolas familiares, traballando logo en Sarria onde asiste a actos electorais no ano 1931, ano no
que é proclamada a II República.
Retorna a Lugo no 1932 para facer o bacharelato superior e, influído por un mitin do recén creado
Partido Galeguista, Ramón participaría na creación da Mocidade Galeguista de Lugo, onde coñece a
Ramón Otero Pedrayo. Foi elixido secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo
de presidente).
Desde moi novo entrou en contacto coas figuras míticas do galeguismo de antes da guerra coma
Alfonso Daniel Castelao, Alexandre Bóveda e Gómez Román.
Fundador da Editorial Galaxia e codirector de Grial.
No 1936 é elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de
Galicia.
Durante a guerra civil loita no bando nacional. Ao rematar a guerra estuda Filosofía e Letras na
Universidade de Santiago e Madrid pero estaba máis preocupado pola reagrupación clandestina do
galeguismo e abandona os estudos pola política.
Desde o 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista participando despois
tamén na súa auto-disolución. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, bascos e galegos
deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será designado como
representante galego naquela xestión.
No 1946 é detido e permanece 3 anos na cadea nos penais de Alcalá, Ocaña e Yeserías.
No 1949 establécese en Santiago defende a loita cultural, preocupándose
de que as novas xeracións sentisen apego á
cultura e se preparasen para a transición
democrática. Esforzouse en mudar
radicalmente a estratexia galeguista,
prescindindo da opción política e
reducíndoa cara á intervención cultural, o
que provoca a desvertebración do Partido
Galeguista.
Froito deste posicionamento, coñecido como "piñeirismo", será a
fundación en Vigo da editorial Galaxia no 1950 coa finalidade de difundir a cultura na postguerra,
sendo o seu primeiro director e traballando nela ata 1966.
Galaxia foi a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e
codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega. Desde a
mesa do seu gabinete de Xelmirez fomentará entre a mocidade o imposibilismo dunha reactivación
política galega e dedicarase á escrita.
En 1951 funda xunto con Francisco Fernández del Riego a Revista Grial. 1966 trasládase a Estados
Unidos, como profesor invitado da Universidadede Middlebury, en Vermont.
O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega, co discurso "A lingoaxe i as lingoas",
que foi respondido por Domingo García-Sabell (médico nacido en
1909, membro tamén da «Xeración Galaxia»).
Foi censurado por ideólogos galeguistas como conservador, mesmo
Méndez Ferrín o criticou.
Pretendía que todos os líderes políticos galegos asumisen o
galeguismo entre os seus obxectivos fundacionais.
Baixo o grupo denominado Realidade Galega, influíu notablemente para acadar partidos
homologables aos europeos.
Mantívose en contacto cos líderes culturais e políticos de todos os partidos que existían na
clandestinidade galega, e os que agromaban ao principio da democracia, tales como Xosé Manuel
Beiras, Xaime Illa Couto, Xerardo Fernández Albor.
Cando chega a democracia, Piñeiro, que nunca deixou de
defender a postura do "galeguismo difuso" (isto era,
"tinguir todos os partidos de galeguismo en vez de ter un
único partido galeguista") formou parte do primeiro
Parlamento Autonómico, como deputado pola provincia
de A Coruña, como independente dentro das listas do
Partido Socialista de Galicia, xunto con outras
destacadas figuras da cultura galega como Alfredo Conde
ou Benxamín Casal.
Gran amigo de Carlos Casares.
Foi ponente da primeira Lei de Normalización Lingüística
de Galicia.
En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, como público e
merecido recoñecemento a unha das personalidades máis egrexias e que máis fondamente
influíron na vida política e cultural da Galicia do século XX. Cargo que desempeñou ata o
seu pasamento.
En 1984 recibe a “Creu de San Jordi”.
En 1985 recibe a Medalla Castelao.
O 11 de febreiro de 1993 créase o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en
Humanidades.
“Filosofia da saudade” libro que recolle unha
compilación cunha achega completa ao tema da
saudade na análise dun dos maiores pensadores
galegos do século XX. Comprende cinco ensaios: "A
filosofía e o home", "Significado metafísico da
saudade", "Para unha filosofía da saudade", "Saudade
e sociedade, dimensión do home" e "A saudade en
Rosalía".
A súa correspondencia publicouse en
Cartas para os amigos (1992) e Un
epistolario de Ramón Piñeiro (2000).
No libro “Olladas no futuro”
recóllense os textos nos que se refrexan o
seu pensamento sobre
Galicia, reflexións sobre un tempo que
iluminan e axudan a pensar o presente.
“ A linguaxe e as linguas” libro que tamén recolle o texto do discurso de
ingreso na Real Academia Galega no que aborda a lingua e a súa relación coa
identidade colectiva do pobo galego e tamén un limiar de Henrique Monteagudo
e o discurso de resposta de Domingo García-Sabell.
No libro “Da miña acordanza.
Memorias” recóllense as lembranzas
que Ramón Piñeiro escribiu do seu puño
e letra mais a trascrición das cintas nas
que foi contando a Carlos Casares a súa
vida e as súas intervencións no campo
da cultura e a política galega da
segunda metade do século XX.
Engádense tamén fotos sobre a vida do
intelectual galeguista, e un texto sobre
Galicia da súa autoría.
“Notas pra unha filosofía galaico-portuguesa”.
Os seus traballos e traducións foron decisivos na normalización do galego
catapultando a lingua do seu ámbito rural na que foi encadrada ao que é
hoxe, unha das linguas oficiais de España. Como editor destacar a
publicación do Dicionario Enciclopédico Galego-Castelán de Don Eladio
Rodríguez González. No eido das traducións traballou xunto con
Celestino Fernández de la Vega nas obras do celtista austrohúngaro
Julius Pokorny traducindo o Cancioneiro da Poesía Céltica e do filósofo
alemán Martin Heidegger traduce a conferencia Von Wessen der
Wahrkeit co título galego Da esencia da verdade.
“Lembrando a Castelao”
http://centros.edu.xunta.es/ceipapontelugo