16
Plan de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos. LINEA DE TRABALLO: competencia “aprender a aprender” Curso 2011-12. Centro: IES DA POBRA DO CARAMIÑAL

Proxecto competencia aprender_aprender

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Proxecto competencia aprender_aprender

Plan de autoavaliacióne mellora da calidade da educación

en centros educativos.

LINEA DE TRABALLO: competencia “aprender a aprender”

Curso 2011-12.

Centro: IES DA POBRA DO CARAMIÑAL

Page 2: Proxecto competencia aprender_aprender

Cóntamo e olvidareino,amósamo e recordareino,

involúcrame e comprendereino.

Page 3: Proxecto competencia aprender_aprender

1. Xustificación do proxecto.

2. Plantexamento e obxectivos.

3. Avaliación inicial.

4. Formación:ProfesoradoAlumnadoFamilias

5. Actividades a desenvolver.ProfesoradoAlumnadoFamilias

6. Repercusión no centro.

7. Continuidade do proxecto no tempo.

8. Metodoloxía e temporalización.

9. Recursos dispoñibles e necesidades orzamentarias.

10. Avaliación do proxecto.

11. Anexos.

Page 4: Proxecto competencia aprender_aprender

1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

A calidade do ensino ten que ser sempre obxectivo prioritario en calquera centro educativo, por elo, tódalas actuacións encamiñadas á súa avaliación e mellora deben ser acollidas con entusiasmo.

En particular, o ensino por competencias e o traballo por proxectos veñen abrindo vías de aprendizaxe integradoras e cunha ampla riqueza de matices educativos que contribúen notablemente á madurez do alumnado.

De entre tódalas competencias, consideramos importante abordar nos primeiros lugares a de aprender a aprender xa que resulta básica no desenvolvemento do proceso educativo, especialmente chegados a esta era, onde os cambios sucédense con tanta rapidez, que consideramos que a mellor ensinanza que lle podemo aportar ao noso alumnado e a da aprendizaxe autónoma, que lles dote da capacidade de seguir aprendendo e adaptándose ó longo da súa vida:

• mesmo que o neno que aprende a andar ao principio necesita apoios e a supervisión dun adulto, tamén todo aprendizaxe está orientado a que a persoa que aprende poida un día aprender de forma autónoma.

• Nunha situación de aprendizaxe para toda a vida, o aprender a aprender convértese nunha destreza necesaria en si mesma.

• A persoa debe ser capaz de definir os seus obxectivos de aprendizaxe, de desenvolver un plan para alcanzalos, de aplicar o esforzo e a vontade necesarios e de avaliar os resultados da súa aprendizaxe.

A competencia de Aprender a aprender, implica desenvolver aspectos tanto cognitivos como emocionais: Desde logo, supón adquirir determinadas capacidades que permiten ao estudante coñecer e regular os seus propios procesos de aprendizaxe.Pero de nada serve coñecerse como aprendiz se o que vemos ao analizarnos desagrádanos e lévanos a considerarnos pouco capaces. Non se trata logo de ensinar unicamente determinados recursos que axudan a planificar e desenvolver unha tarefa estratexicamente, senón de acompañar ao nun proceso que lle permita coñecerse como aprendiz, aceptarse e aprender a mellorar.

A autoestima, a capacidade de aceptar o rexeitamento que provoca o erro, a tensión que implica manter o esforzo son algunhas das dimensións de aprender a aprender que con maior claridade revelan a súa natureza emocional.

Ensinar a aprender a aprender significa conseguir que os alumno-as experimenten o pracer que produce entender algo que antes non comprendian, resolver un problema que se nos resistía, … sentirnos capaces en último termo.

O traballo colaborativo constitúe así mesmo un dos alicerces de aprender a aprender: traballar con outros axuda a tomar conciencia dos propios procesos cognitivos e emocionais, ao traballar cos outros, debemos pornos de acordo nos obxectivos e pensar sobre eles; debemos acordar como avanzar, pensar sobre as estratexias e pasos; debemos detectar erros propios e alleos, e dar explicacións de por que o consideramos un erro; debemos chegar a unha solución compartida, e explicar por que esa é a solución correcta.

Avaliación previa.

Dos resultados da avaliación previa (ver anexo), podemos e debemos extraer varias conclusións:

Profesorado: a gran maioría do profesorado manifesta ter bastantes coñecementos sobre as competencias, aínda que a súa aplicación é relativamente baixa,e referíndose á competencia de “aprender a aprender” manifestan non avaliala.Parece coherente pensar que o baixo nivel de aplicación das competencias se deba ou ben a unha formación insuficiente ou excesivamente teórica, que crea inseguridades para a súa posta en práctica, ou ben por falta de motivación. En canto ó concepto de avaliación das mesmas, é moi probable que non se saiba identificar

Page 5: Proxecto competencia aprender_aprender

como tal algúns dos procesos habituais de avaliación, que se levan a cabo de xeito habitual, pero non se identifican particularmente ca competencia de aprender a aprender.Este proxecto debería por tanto orientarse a dotar ó profesorado de coñecementos suficientes sobre as competencias en xeral e sobre a de aprender a aprender en particular; deberá igualmente prover dun marco onde se realicen e estimulen a aplicación práctica deses coñecementos, ó mesmo tempo que se identifican os procesos avaliativos e se deseñan ferramentas para a súa implementación.

Alumnado: a avaliación previa do alumnado aportou algúns resultados esperados e outros algo sorprendentes, mesmo merecedores de profundización nunha avaliación inicial ó principio do vindeiro curso. En todo caso sí que resulta evidente que hai unha importante relación entre aqueles alumno-as que aplican correctamente as técnicas de estudo e os resultados académicos obtidos, ó igual que se aprecia esta relación entre os bos resultados e un alto grado de autoestima.Por outra banda temos un grupo de alumnado que manifesta, nunha primeira aproximación, aplicar técnicas de estudo, aínda que ó ter que concretalas de xeito detallado amosa lagoas e inseguridades, obtendo logo uns resultados académicos floxos e dispares.Así, por un lado vemos a importancia que para o alumnado ten saber aprender, e por outro vemos a necesidade de mellorar a súa formación e boas prácticas ó respecto. O presente proxecto debería aportar ó profesorado as ferramentas suficientes para poder levar a cabo esta tarefa, e tamén definir e poñer en marcha prácticas e actividades que aporten ao alumnado a suficiente información e motivación para a súa posta en práctica.

Familias: probablemente a conclusión mais clara e importante que se obtén da avaliación das prácticas familiares con respecto ós resultados académicos, sexa que o alumnado que obtén bos resultados é o que conta cun alto grado de implicación da familia nos seus estudos, independentemente de que reciba ou non outros reforzos didácticos fora do instituto.Parece evidente, por tanto, que o proxecto deberá incidir sobremaneira en fomentar esta implicación familiar; para elo deberá diseñarse e por en práctica os canles para achegar ás familias esta información, que reforce a súa motivación de implicarse no proceso, e logo dotar ós pais e nais da formacións axeitada e das ferramentas necesarias para establecer as boas prácticas familiares que reforcen as dos seus fillos.

Page 6: Proxecto competencia aprender_aprender

2. PRANTEXAMENTO E OBXECTIVOS DO PROXECTO:

O obxectivo principal está reflectido no título: mellora da calidade do ensino. E, posto que no ensino

interveñen fundamentalemnte tres estamentos, deberase actuar sobre os tres:

• O alumnado como destinatario final e axente causante e receptor de todo esforzo educativo;

• O profesorado como motor e condutor principal do proceso educativo;

• As familias, como responsables, garantes e axente de reforzo de dito proceso.

Debemos por tanto, prantexar o presente proxecto a tres bandas, ou dicir que son tres proxectos vencellados

entre si, e que necesariamente camiñan da man en todo momento. Así haberá que atender os procesos

formativos, desenvolvemento de actividades e procesos avaliativos dos tres estamentos independentemente,

que non por separado. Durante o curso no que se desenvolva o presente proxecto incidirase mais na

formación do profesorado, como base e vehículo de transmisión para os outros estamentos.

Todo isto englóbase nun marco que é o centro de ensino, así que deberemos contextualizar tódalas

actuacións dentro da situación de implantación das competencias no centro, e simultánea e

consecuentemente adaptar a organización, o PEC e o PXA do centro ó enfoque da educación por

competencias.

E, mesmo considerando un marco mais amplo, o concello de Pobra só conta co noso instituto, pero sí que

dispón de varios centros de primaria, polo que sería interesante coordinar con eles os eixes de traballo, para

que o alumnado tivese unha continuidade nas boas prácticas.

Debido a todo isto, a participación no proxecto debe incluír non só un amplo sector do profesorado, senón

tamén profesorado do departamento de orientación e membros do equipo directivo; pero tamén deberá

asegurarse unha fluída e continua comunicación, ao longo de toda a duración do proxecto, cos pais e nais, e

co profesorado e equipos directivos dos colexios de educación primaria.

Obxectivos xerais:

• Ampliar a formación en educación por competencias de toda a comunidade educativa.• Revisar e adaptar a documentación e as dinámicas do centro á avaliación por competencias.• Acadar a adecuada formación e coordinación nas actuacións do profesorado na liña de ensinar a

aprender.• Ensinar ao alumnado a regular os seus propios procesos de aprendizaxe; é dicir a planificar,

supervisar e avaliar o seu comportamento cando se enfrontan a calquera tarefa escolar.• Coordinar e unificar criterios de actuación, nos procesos de aprender a aprender, cos centros de

primaria vencellados ao instituto.

Obxectivos para o profesorado:

• Reflexionar sobre o carácter innovador da Educación por Competencias.• Estudar a lexislación vixente e os principais documentos sobre competencias.• Profundizar na relación entre as competencias básicas e a Educación Secundaria.• Deseñar tarefas integradas para a educación por competencias.• Definir os mecanismos de avaliación das competencias básicas.

Page 7: Proxecto competencia aprender_aprender

• Asumir a capacitación e a formación en centros como mecanismo de innovación educativa en relación cas competencias básicas.

• Acadar o adecuado nivel competencial teórico e práctico que permita e fomente a praxis diaria.• Transmitir ó alumnado e ás familias a parte correspondente dos coñecementos adquiridos.

Obxectivos para o alumnado:

VALORAR a importancia da aprendizaxe autónoma no ámbitos persoal, educativo e laboral.• Ser capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez mais eficaz e autónoma dacordo aos

propios obxectivos e necesidades.

COÑECER E APLICAR as distintas estratexias e técnicas de estudio,• Observación e rexistro sistemático de feitos e relacións,• Traballo cooperativo e por proxectos,• Resolución de problemas,• Planificación e organización de actividades e tempos de forma efectiva,• Coñecemento dos diferentes recursos e fontes para a recollida, seleción e tratamento da

información.

SABER definir e priorizar os obxectivos.

• Ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender e de cómo se aprende.• Coñecer as propias potencialidades e carencias.• Tomar conciencia do que se pode facer por un mesmo.• Adquirir conciencia das propias capacidades (intelectuais, emocionais, físicas), do proceso e das

estratexias necesarias para desenvolvelas,

APRENDER a valorar o tempo e organizalo de forma mais eficiente

• Plantexarse metas alcanzables a corto, medio e largo prazo e cumprilas, elevando os obxectivos de aprendizaxe de forma progresiva e realista.

• Perseverar no aprendizaxe, acadar responsabilidade e compromiso persoal, saber administrar o esforzo.

AUMENTAR progresivamente a autoestima e a seguridade para afrontar novos retos de aprendizaxe.• Acadar un sentimento de competencia persoal, que redunda na motivación, a confianza nun mesmo

e o gusto por aprender.• Ter conciencia de aquelas capacidades que entran en xogo na aprendizaxe, como a atención, a

concentración, a memoria, a comprensión e a expresión lingüística ou a motivación.

SER CAPAZ de autoevaluarse e autorregularse; aceptar os erros e aprender de e cos demais.

Obxectivos para as familias:

• Acadar conciencia da importancia e das posibilidades de actuación no desenvolvemento dos estudos dos seus fillo-as, e no seu desenrolo persoal.

• Aumentar a participación activa nos procesos de aprendizaxe do seus fillos.o Facilitar espazos axeitados.o Saber asignar os tempos de traballo e lecer.o Supervisar as condicións e a realización das tarefas de estudo.o Prestar apoio afectivo e aumentar a autoestima.

• Mellorar a intercomunicación entre as familias e o centro de estudos.

Page 8: Proxecto competencia aprender_aprender

3. AVALIACIÓN INICIAL.

Boa parte desta avaliación realizouse previamente ó desenvolvemento do proxecto. (Ver memoria da avaliación previa.) Aínda así, e mesmo á vista dalgúns dos resultados obtidos en dita avaliación previa, particularmente entre o alumnado, parece convinte realizar unha avaliación inicial ó principio de curso e do proxecto, para profundizar algúns aspectos, e aclarar algunhas conclusións imprecisas.

Así, sería convinte analizar os seguintes aspectos:

Para o alumando definiranse algúns items moi concretos, entre os que consideramos importante unha proba sobre lectura rápida e comprensiva a principio de curso, e repetila a finais de curso, para ver a posible evolución.

Para o profesorado elaborarase un dossier básico sobre competencias, para que cada participante se informe sobre as competencias e estableza unha valoración sobre a súa posición persoal nas mesmas. Tamén se realizará unha enquisa sobre elementos concretos de compentencias na programación de asignatura e de aula.

Para as familias elaborarase unha enquisa sobre as condicións e hábitos de estudo dos alumnos que, ó mesmo tempo que nos aporta información, sirva de elemento formativo e de reflexión para a familia.

Para a situación xeral do centro podemos empregar o análise DAFO ( Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades), o que nos debería permitir establecer un plan de traballo axustado ás necesidades e intereses do centro, tentando acadar que as fortalezas e oportunidades se desenvolvan ata superar as debilidades e ameazas.

Page 9: Proxecto competencia aprender_aprender

4. FORMACIÓN

Profesorado.

A formación do profesorado levarase a cabo mediante sesións formativas con poñentes externos, sesións de traballo conxunto en grupos, e o estudo individual da documentación e bibliografía existentes. Asimesmo, ca práctica na aula completarase a formación no seu aspecto práctico.

Os temas a desenvolver no eido formativo:Educación e avaliación por competencias.

Que son as competencias básicas?Programación baseada en competencias e enfoque por tarefasEstratexias docentes para as competenciasA avaliación das competenciasCompetencias como Proxecto Educativo de Centro.

Aprender a ensinar.Ensinar a aprender.Abalar, as TIC e as competencias

Alumnado.

A formación do alumnado en aspectos específicos deberase facer primeiramente a través da actuación de cada profesor-a na súa materia, pero tamén a través das titorías, o departamento de orientación, e mesmo de xornadas adicadas especificamente a aprender a aprender.

Os temas a desenvolver:Técnicas de estudio.Técnicas de control do tempo.

Axenda escolarAutoestima e motivación.Autoavaliación.

Familias.

Parte da formación dos pais e nais faise nas reunións periódicas ca dirección, cos titores e co equipo de orientación. Pero, ademais, para a formación das familias deberemos botar man de recursos alleos ó propio proxecto: moi probablemente a través da escola de pais/nais, en colaboración ca ANPA do centro.

Temas:Importancia e posibilidades de axuda da familia na aprendizaxe.A autoestima e a motivación dos estudantes.O tempo adicado a aprender: cómo organizalo e controlalo.Estilos parentais e a repercusión na aprendizaxe.

Page 10: Proxecto competencia aprender_aprender

5. ACTIVIDADES A DESENVOLVER

Deberanse establecer reunións entre representantes do centro (equipo directivo, equipo de orientación, coordinador deste proxecto, …) e o profesorado dos centros de primaria, para coordinar enfoques e actuacións encamiñadas a sentar bases e dar continuidade ós procesos de aprender a aprender.

Actividades a desenvolver polo profesorado.

• Organizar e acudir a conferencias formativas con poñentes externos ó centro.• Proceder a realizar unha revisión documental, no eido das competencias:

o Da documentación do centro: PEC, PXA, programacións, etc.o Lexislación existente a este respecto.o Outros proxectos do centro que poidan interactuar con este (clube de lectura, PLAMBE,

mediación, …).• Documentación dispoñible sobre este tema: bibliografía, internet, …• Crear un fondo documental e posta a disposición do mesmo para posterior consulta.• Deseñar xornadas sobre a competencia de aprender a aprender, que se desenvolverán este

curso por primeira vez, e se instaurarán para cursos vindeiros.• Deseñar informes tipo para aplicar nas avaliacións.• Establecer canles de comunicación cos centros de primaria para transmitir as conclusións deste

proxecto e coordinar actuacións de mellora da calidade educativa.• Desenvolver distintas actividades interdisciplinares para levar a cabo nas aulas:

O deseño de tarefas integradas é un mecanismo de innovación educativa para ofrecer aos nosos estudantes actividades complexas nas cales teñan que pór en funcionamento as súas competencias para lograr unha acción eficaz.Tras estudar os vínculos entre as distintas materias e áreas de coñecemento, o guión para o deseño das tarefas integradas pode ser o seguinte:

- Título da tarefa- Produto final desexado- Contexto e xustificación da tarefa- Relación entre as actividades e as competencias básicas- Relación entre as actividades e as materias/áreas de coñecemento- Secuencia de actividades- Agrupamentos- Temporalización- Materiais- Indicadores de éxito da tarefa

Actividades a desenvolver co alumnado.

• Actividades de técnicas de estudio,• Actividades de mellora da autoestima e a motivación.• Actividades ca axenda escolar europea.• Actividades específicas deseñadas polo profesorado participante no proxecto.• Xornadas de formación e sensibilización sobre aprender a aprender.

Actividades a desenvolver cas familias.

• Reunións periódicas con profesorado, titorías, orientación e/ou dirección.• Conferencias e debates, en colaboración ca escola de pais e nais.• Xornadas de formación e sensibilización sobre aprender a aprender.

Page 11: Proxecto competencia aprender_aprender

6. REPERCUSIÓNS NO CENTRO ESCOLAR.

Xa que este proxecto apunta directamente a unha das bases de funcionamento dun centro educativo: o xeito de organizar as clases e de avaliar, deberá ter profundas repercusións na organización e funcionamento do centro.Así, os avances do proxecto deberán ter reflexo no PEC, na PXA, nas PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS e nas PROGRAMACIÓNS DE ASIGNATURA E DE AULA.

7. CONTINUIDADE DO PROXECTO NO TEMPO.

Este proxecto deberá supoñer un paso definitivo na incorporación das competencias ó funcionamento do centro, sendo seguido nos vindeiros cursos polas incorporacións das restantes competencias que aínda non o estén.En particular, e como mínimo, deberase acadar o compromiso de tódolos departamentos didácticos de realizar en todas as materias e ao longo de todos os cursos: resumos, mapas conceptuais, sínteses, reflexións sobre a aprendizaxe, identificación por parte do alumno dos obxectivos propostos, e realización de procesos de autoavaliación e crítica do traballo propio e en grupo.

8. METODOLOXÍA E TEMPORALIZACIÓN.

Distinguimos as distintas metodoloxías dos distintos aspectos deste proxecto:

A formación do profesorado: mediante sesións de docencia, traballo en grupo e traballo individual.Para o traballo en grupo, así como para a elaboración das tarefas integradas, contaremos cas TIC, e cas ferramentas de traballo colaborativo na nube.

A formación das familias mediante reunións periódicas con profesorado, departamento de orientación e titores, e mediante conferencias e debates.

A formación do alumnado levarase a cabo mediante sesións de clase específicas co profesorado participante no proxecto, sesións co titor, e mediante xornadas específicas con profesorado do centro e poñentes externos.

Temporalización:

Estimamos, para o profesorado, unha adicación de 65 h., repartidas nos distintos tipos de actividades a desenvolver, tendo en conta que as horas adicadas nas clases co alumnado e no traballo dos departamentos, aínda que sexan referidas ós temas do proxecto, non se contabilizan:

Page 12: Proxecto competencia aprender_aprender

TEMA HORASTraballo en grupo Avaliación inicial 4 hSesións formativas con poñentes externos

Contido das sesión formativas:• Educación por competencias: programación baseada en

competencias e enfoque por tarefas, estratexias docentes, avaliación das competencias.

• Competencias no Proxecto Educativo de Centro.• Métodos de ensino. Tipoloxía do estudante: visual, auditivo

ou kinestético.• Ensinar a aprender: técnicas de aprendizaxe, control do

tempo, autoavaliación, autoestima.• Educación documental e biblioteca escolar.• As TIC e as competencias educativas: novas esixencias,

novos retos. O autoaprendizaxe e a capacidade de adaptación.

6 sesións de 2.5h: 15 h

Estudio individual Lexislación e bibliografía. 10 hTraballo en grupo • Sesión inicial. Posta en marcha. Asignación de tarefas.

Calendario. Apertura de espazos colaborativos.• Deseño das xornadas monográficas “aprende a

aprender” para o alumnado e familias.• Deseño de informes tipo para aplicar nas avaliacións• Avaliación intermedia. Revisión do proxecto.• Propostas para o PEC e a PXA.•

6 s x 2.5 h

15 h

Traballo en pequenos grupos/individual.

Elaboración de tarefas para desenvolver co alumnado. 4 s x 2.5h10 h

Sesións de clase. Desenvolvemento nas clases de actividades especificamente deseñadas.

Non se contabilizan.

Cos departamentos didácticos.

Integración das actividades e dos resultados do proxecto nas programacións de área e de aula.

Non se contabilizan.

Sesións cas familias. Reunión cos pais e nais para formación, debate e seguemento. 4 ses x 2 h8 h

Con profesorado dos centros de primaria.

• Posta en común de boas prácticas e trazado de directrices conxuntas.

• Transmisión de conclusións e propostas resultantes do proxecto.

2 s x 2.5 h5 h

Traballo en grupo Avaliación final e memoria. 6 hTOTAL . 63 h

Page 13: Proxecto competencia aprender_aprender

NOVEMBRO Profesorado Sesión inicial. Posta en marcha. Asignación de tarefas. Calendario. Apertura de espazos colaborativos.Avaliación inicial

DECEMBRO/XANEIRO

Profesorado Sesión formativa: Educación por competencias: programación baseada en competencias e enfoque por tarefas, estratexias docentes, avaliación das competencias.Estudio individual: Lexislación e bibliografía.

Familias 1ª Reunión cos pais e nais para formación

FEBREIRO Profesorado Sesión formativa: Competencias como Proxecto Educativo de CentroDeseño das xornadas monográficas “aprende a aprender” para o alumnado e familias.Con profesorado dos centros de primaria: Posta en común de boas prácticas e trazado de directrices conxuntas.

MARZO Profesorado Sesión formativa: Métodos de ensino. Tipoloxía do estudante: visual, auditivo ou kinestético.Sesión formativa: Ensinar a aprender: técnicas de aprendizaxe, control do tempo, autoavaliación, autoestima.Deseño de informes tipo para aplicar nas avaliacións

FamiliasAlumnado

Xornadas monográficas “aprende a aprender”

ABRIL Profesorado Elaboración de tarefas para desenvolver co alumnado.Sesión formativa: Educación documental e biblioteca escolar.Sesión formativa: As TIC e as competencias educativas: novas esixencias, novos retos. O autoaprendizaxe e a capacidade de adaptación.Avaliación intermedia. Revisión do proxecto.

Familias Reunión cos pais e nais para debate

MAIO Profesorado Realización de tarefas co alumnado.Propostas para o PEC e a PXA.Con profesorado dos centros de primaria: Transmisión de conclusións e propostas resultantes do proxecto.

Alumnado Realización de tarefas na aula.Familias Reunión cos pais e nais.

XUÑO Profesorado Avaliación final e memoria.Con profesorado dos centros de primaria: Transmisión de conclusións e propostas resultantes do proxecto.

As sesións estableceranse en principio na tarde do luns, ó remate das clases, cunha duración de dúas horas ou dúas horas e media. Queda pendente de determinar cáles serán os días cas familias e cos centros de primaria, e as sesións de formación, para coordinalos cos poñentes.

Page 14: Proxecto competencia aprender_aprender

9. RECURSOS DISPOÑIBLES E NECESIDADES ORZAMENTARIAS.

Recursos documentais: lexislación e bibliografía.Recursos tecnolóxicos: as aulas informáticas e o equipamento do centro.Recurso TIC: contidos publicados na web, aloxamento de espazos colaborativos para facilitar a creación de documentos grupais, e a elaboración e desenrolo de tarefas co alumnado.

DOCENCIA CUSTO APROX.Sesións de formación profesorado, nº de horas: 12.5Poñentes xornadas “aprende a aprender”Conferencias para pais e nais.

850700500

AXUDAS A CUSTOS CUSTO APROX.

Desprazamentos 400MATERIAL CUSTO APROX.

Funxibles varios. 900

BIBLIOGRAFÍA CUSTO APROX.

Bibliografía varia 700

TOTAL…………………………………………………………………. 4.050

Page 15: Proxecto competencia aprender_aprender

10. AVALIACION DO PROXECTO.

Para a avaliación final do proxecto contamos cun grupo de indicadores diferenciados para cada un dos obxectivos, formación e actividades.

Un primeiro indicador cuantitativo será a porcentaxe de participación dos distintos estamentos:- Profesorado, mediante o control de asistencia a tódalas sesións do proxecto;- Alumnado, contabilizando a cantos alumnos do centro alcanzan as actividades promovidas polo

proxecto;- Familias, estimando tamén a porcentaxe de participación nos encontros e sesións formativas.

Para as sesión formativas do profesorado deseñarase un modelo de valoración que inclúea: o/a poñente, a adecuación dos contidos, materiais e metodoloxía empregados, e o grado de aprendizaxe persoal de cada asistente.Así mesmo deberanse avaliar de xeito individual os proxectos interdisciplinares que se elaboren, tendo en conta a súa calidade e adecuación; si houbese tempo para a súa aplicación na aula, valorarase esta tamén. Farase unha valoración conxunta do volume de actividades deseñadas.

A maioría das actividades previstas quedarán avaliadas positivamente pola mera constatación do seu desenvolvemento, sin menoscabo de que sexa susceptibles dunha valoración mais puntual:

- a creación dun fondo documental relativo ás competencias; - a elaboración de modelos de informe sobre competencias para aplicar nas avaliacións trimestrais e

finais;- a realización das xornadas de “aprende a aprender”- …

Este mesmo procedemento servirá para avaliar a aportación de contidos ó PEC e a inclusión na memoria de fin de curso de cada departamento participante no proxecto da readaptación das programacións para o vindeiro curso.Igualmente acadará valoración positiva o obxectivo de unificar criterios cos centros de primaria si, das reunións que se manteñan, se desprenden resultados reflectidos en acordos e/ou protocolos de actuación.

Algo menos exahustivas serán as avaliacións de alumnado e familias: - as actuacións co alumnado non son obxectivo prioritario neste curso, xa que , mentres se realiza a

formación do profesorado e se deseñan as actividades para o alumnado, pasarase boa parte do curso, sen demasiado tempo para a implantación práctica desas actividades;

- cas familias, tendo en conta o cansazo que adoita ocasionar un exceso de convocatorias e reunións, interesa priorizar o aspecto formativo e participativo que o avaliativo.

Aínda así, cos alumnos faranse as probas de avaliación inicial e final xa indicadas no punto 3.Avaliación inicial, e farase unha valoración individual de cada unha das actividades que se desenrolen con eles, principalmente encamiñada a determinar o grado de adecuación da actividade co nivel no que se aplica e cos obxectivos previstos para a mesma.Cas familias tentarase recabar a opinión dos asistentes ó final de cada sesión, mediante sinxelas enquisas que recaben a opinión respecto os/as poñentes, contidos tratados, metodoloxía empregada, ambiente da reunión e, principalmente, do grado de interés conseguido, motivación acadada e posibles aplicacións prácticas do aprendido

A finais de curso, no claustro darase conta das actividades realizadas.

Page 16: Proxecto competencia aprender_aprender

10. ANEXOS.

Anexo I: Solicitude

Anexo II: certificación de aprobación do claustro.

Anexo III: certificación de aprobación do consello escolar.

Anexo IV: Avaliación interna previa á elaboración do proxecto.

Anexo V: listado de participantes no proxecto para o curso 2011-12.Esta listaxe considerase provisional xa que tódolo-as incluídos nela se comprometen a

participar no proxecto, pero hai un grupo de docentes interesados, que non poden comprometer a súa participación neste momento por non ter segura a súa praza no centro para o vindeiro curso. Igualmente, dado a interese do proxecto, é moi probable que algúns dos docentes que se incorporen ó instituto no curso vindeiro, estean interesados en participar no mesmo.Tódolos membros do equipo directivo participarán no desenvolvemento do proxecto.

Asdo. A Coordinadora:

Martínez Miras, Mª de las Mercedes

IES DA POBRA DO CARAMIÑAL - 15025530

Maño-Xobre15940 – Pobra do Caramiñal

[email protected]