Upload
others
View
10
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano2016-2020.
Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da
Xunta de Galicia e estará vixente durante o período indicado e, en todo caso, estenderase a validez
deste ata a publicación do seguinte programa. O receptor deste documento comprométese a non
realizar ningunha reprodución total ou parcial e a non distribuílo a terceiros
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 2 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN 6
2. OBXECTIVOS 7
2.1. Xeral 7
2.2. Específicos 7
3. ESTRATEXIAS 8
4. MARCO LEXISLATIVO 8
5. DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA RELATIVO Á VIXILANCIA SANITARIA (INSPECCIÓN SANITARIA)
11
5.1. Perfil de profesional ao que vai destinado 11
5.1.1 Ámbito de aplicación 11
5.1.2 Ámbito de actuación 11
5.2. Prioridade das actuacións: avaliación de riscos 13
5.3. Inspección sanitaria 13
5.3.1. Frecuencia de inspección 13
5.3.2. Inspección de zonas de abastecemento 13
5.3.2.1 Fontes de información e documentos de traballo 15
5.3.2.2 Inspección estrutural e condicións hixiénico sanitarias 15
5.3.2.3 Recollida de mostras e control in situ nas inspeccións 16
5.2.3.4 Revisión dos produtos químicos 16
5.3.3 Inspección de zonas de autoabastecemento de centros escolares 16
5.3.4 Inspección a z. autoabastecemento de outros establecementos públicos 17
5.4 Calidade da auga de consumo humano 17
5.4.1 Determinación de pH, desinfectante libre e combinado residual 17
5.4.2. Control analítico 18
5.4.2.1 Parámetros que se determinarán 19
5.4.2.2 Envases para recoller as mostras 23
5.5.2.3 Procedemento xeral de xestión de mostras 23
5.4.2.4 Frecuencia das mostraxes 23
5.5 Censo de infraestruturas con risco ou avaliación de cada abastecemento 25
5.6 SINAC 25
5.6.1 Procedemento de alta de infraestruturas e ZA no SINAC 27
5.6.1.1 Procedemento de alta de ZA 27
5.6.1.2 Procedemento de alta de infraestruturas 28
5.6.2 Revisión e avaliación da información contida no SINAC 29
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 3 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.6.2.1 Frecuencia de revisión da información no SINAC 29
5.6.2.2 Aspectos a revisar no SINAC 29
5.6.3 Información do SINAC na páxina web 30
5.7 Auditorías 31
5.8 HERME 31
5.9 Outras actuacións 31
5.9.1 Proliferación de cianobacterias nos encoros 31
5.9.1.1 Actuacións organismos implicados 31
5.9.2 Estudos analíticos nas zonas de abastecemento 34
5.9.2.1 Índice de Langelier 34
5.9.3 Relación de fitosanitarios 34
5.9.4 Determinación de substancias radioactivas na auga 35
5.9.5 Informe sanitario en proxectos de construción de novos abastecementos 36
5.9.6 Informes sanitarios en concesións e novacións de augas 36
5.9.7 Informes sanitarios en transporte auga por cisternas ou depósitos móbeis 37
5.10 Actuacións ante non conformidades 38
5.10.1. Non conformidades na vixilancia sanitaria da calidade da auga 38
5.10.1.1 Desinfectante residual vixilancia da calidade da auga 38
5.10.1.2 pH vixilancia da calidade da auga 39
5.10.1.3 Control analítico vixilancia da calidade da auga 39
5.10.2 Actuacións ante non conformidades no autocontrol da calidade da auga 41
5.10.3 Actuacións ante non conformidades nas inspeccións 42
5.10.4 Actuacións ante non conformidades no SINAC 42
5.10.4.1 Xestión de non conformidades de pH no SINAC 43
5.11 Aclaracións a diferentes cuestións 43
5.11.1 Denominación das zonas de abastecemento 43
5.11.2 Análise de billa do consumidor 44
5.11.3 Instalacións fabricadas a base de fibras de amianto 45
5.12 Actuacións non programadas 47
5.13 Sistemas de Información 48
5.14. Indicadores do programa 48
5.15 Documentos do programa 50
6. DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA RELATIVO AO AUTOCONTROL
(XESTORES DO ABASTECEMENTO E CONCELLOS)53
6.1 Perfil do profesional ao que vai destinado 53
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 4 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.2 Información relativa aos análises e frecuencias a determinar 53
6.2.1 Tipos de análises a determinar no autocontrol 53
6.2.1.1 Control de desinfectante residual e pH 53
6.2.1.2 Exame organoléptico 53
6.2.1.3 Análise de control 54
6.2.1.4 Análise completo 55
6.2.1.5 Análise de radioactividade 55
6.2,1.6 Control na billa do consumidor 56
6.2.1.7. Outros controis: cianotoxinas (microcistinas) 57
6.2.2 Frecuencias de mostraxe 57
6.2.2.1 Control de desinfectante residual e pH 57
6.2.2.2 Exame organoléptico (cheiro, color, sabor, turbidez) 57
6.2.2.3 Análise de control, completo e billa do consumidor 58
6.2.2.4 Parámetros do anexo X (radioactividade) 62
6.2.2.5 Outros controis: cianotoxinas (microcistinas) 63
6.3 SINAC 63
6.4 Informes sanitarios 64
6.5 Fontes 65
6.6 Requisitos sanitarios abastecementos individuais e domiciliarios 65
6.7 Requisitos dos laboratorios 66
6.8 Xestión de incumprimentos 67
6.9 Protocolo de autocontrol e xestión 70
6.10 Plans sanitarios 71
6.11 Documentos para a aplicación do programa (xestores e concellos) 73
ANEXO I. Sistema de información do programa 75
ANEXO II. Parámetros a determinar nas concesións de auga ou novacións 76
1. Introdución
A Dirección Xeral de Saúde Pública desenvolve as súas actuacións no marco dun modelo
que inclúe un plan estratéxico de modificación dos determinantes de saúde. Un dos planos
sectoriais englobados nel é o de actuacións sobre factores ambientais específicos, mediante
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 5 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
o cal trata de incidir sobre aqueles factores ambientais que poidan supoñer un risco para a
saúde da poboación.
O abastecemento de auga á poboación en cantidade e calidade suficientes é de vital
importancia para a saúde, xa que a modificación das características naturais desta, pode
contribuír en gran medida á propagación de enfermidades.
Dende a captación en orixe ata o punto final de consumo, a auga debe sufrir unha serie de
intervencións que lle afectan á súa calidade e á súa garantía de salubridade. Estas
intervencións dependen de múltiples factores que deben ser controlados e vixiados ao longo
do proceso, de xeito que o consumo de auga non supoña un risco para a saúde dos
usuarios.
O Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da
calidade da auga de consumo humano, encomenda aos xestores (xa sexa directamente o
concello ou outro xestor) o autocontrol da calidade da auga do abastecemento. A billa do
consumidor é responsabilidade do concello tanto nas redes públicas como nas privadas.
Pola súa parte é responsabilidade da autoridade sanitaria a elaboración do programa
autonómico de vixilancia e a súa posta en marcha. Este programa debe incluír a súa vez
información sobre os parámetros e as frecuencias a determinar polos xestores dos
abastecementos.
Dende a perspectiva da saúde pública, as actividades de vixilancia dos sistemas de
abastecemento de auga potable son fundamentais para a prevención de enfermidades de
orixe hídrico. Polo tanto, é necesario establecer un sistema de vixilancia orientado a
identificar e avaliar os factores de risco para a saúde na auga de consumo humano.
Este programa é operativo dende o ano 2016.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 6 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
2. Obxectivos
2.1. Xeral
• Diminuír o risco de morbilidade asociado ao consumo de auga.
2.2. Específicos
Con respecto á vixilancia sanitaria
Dar cumprimento ao artigo 19 do Real decreto 140/2003 relativo á vixilancia sanitaria
Coñecer a calidade sanitaria da auga e as características dos abastecementos con
respecto á normativa vixente.
Identificación dos posibles riscos asociados á calidade da auga e aos
abastecementos co fin de minimizalos e/ou eliminalos.
Unificar os criterios de xestión dos riscos identificados en relación coa calidade
sanitaria da auga e os abastecementos.
Dar cumprimento ao artigo 30 do Real decreto 140/2003, continuando coa
implantación e xestión do Sistema de información nacional de auga de consumo
(SINAC) en Galicia, en coordinación co Ministerio de Sanidade.
Con respecto ao autocontrol que deben realizar os xestores dos abastecementos
Dar cumprimento ao indicado no artigo 18 bis relativo aos obxectivos do Protocolo de
Autocontrol e xestión dun abastecemento.
Dar cumprimento ao indicado no artigo 19 do Real decreto 140/2003 no relativo a
obriga de incorporar neste programa a información relativa aos parámetros a
determinar no autocontrol da auga, coas frecuencias de mostraxe como estipula o
anexo I, V e X do Real decreto 140/2003, e así unificar os criterios de xestión das
zonas de abastecementos como indica o artigo 19 dese mesmo Real decreto.
Dar cumprimento ao artigo 30 do Real decreto 140/2003 e continuar coa
implantación e xestión do Sistema de información nacional de auga de consumo
(SINAC) en Galicia.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 7 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
3. Estratexias
Deseñar e establecer sistemas de vixilancia que nos permitan verificar que as augas
de consumo humano cumpren cos criterios sanitarios da calidade que establece a
normativa vixente.
Deseñar e establecer sistemas de vixilancia que permitan verificar que os sistemas
de abastecemento cumpren as condicións hixiénico-sanitarias que establece a
normativa vixente.
Xestionar as actuacións pertinentes en función dos incumprimentos observados nos
abastecementos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Manter e levar ao día o censo de abastecementos de auga de consumo humano.
Asesoramento aos xestores dos abastecementos.
Darlle continuidade á implantación do SINAC na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Marco lexislativo
Directiva 98/83/CE do Consello, do 3 de novembro de 1998, relativa á calidade das
augas destinadas ao consumo humano (DOCE L n.º 330 do 5 de decembro de
1998).
Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios
sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE 45 do 21/02/2003).
Corrección de erros Real decreto 140/2003 (BOE 54 do 4/03/2003).
Orde SCO 1591/2005, do 30 maio sobre o Sistema de información nacional de auga
de consumo (SINAC) (BOE 131 do 2/06/2005).
Orde SSI/304/2013, do 19 de febreiro, sobre substancias para o tratamento da auga
destinada á produción de auga de consumo humano (BOE 50 do 27/02/2013).
Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do
Dominio Público Hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI, VII e
VIII do texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo
1/2001, de 20 de xullo.
Lei 9/2010, do 4 de novembro de Augas de Galicia.
Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 8 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Directiva 2013/51/ EURATOM do Consello de 22 de outubro de 2013, pola que se
establecen requisitos para a protección sanitaria da poboación con respecto as
substancias radioactivas nas augas destinadas ao consumo humano.
Directiva (UE) 2015/1787 da Comisión de 6 de outubro de 2015 pola que se
modifican os anexos II e III da Directiva 98/83/CE do Consello, relativa á calidade das
aguas destinadas ao consumo humano.
Real decreto 817/2015, de 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de
seguimento e avaliación do estado ds augas superficiais e as normas de calidade
ambiental.
Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se dispón a publicación da normativa do
Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real
decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das
demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas,
do Guadalete-Barbate e do Tinto, Odiel e Piedras.
Real decreto 314/2016, de 29 de julio, polo que se modifican o Real decreto
140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade
da auga de consumo humano, o Real decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo
que se regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas
de manancial envasadas para consumo humano, e o Real decreto 1799/2010, de 30
de decembro, polo que se regula o proceso de elaboración e comercialización das
augas preparadas envasadas para o consumo humano.
Real decreto 902/2018, dd 20 de xullo, polo que se modifica o Real decreto
140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade
da auga de consumo humano e as especificacións dos métodos de análise e as
especificacións dos métodos de análise do Real decreto 1798/2010, dd 30 de
decembro, polo que se regula a explotación e comercialización das augas minerais
naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, e do Real Decreto
1799/2010, de 30 de decembro, polo que se regula o proceso de elaboración e
comercialización de augas preparadas envasadas para o consumo humano.
Lei 9/2019, do 11 de decembro, de Galicia de medidas de garantía do abastecemento
nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 9 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 10 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5. Desenvolvemento do programa en aspectosrelativos á vixilancia sanitaria (específico para aautoridade sanitaria)
5.1. Perfil de profesional ao que vai destinado
O perfil de profesional ao que vai dedicado este apartado é o persoal inspector así como
persoal técnico dependente dos servizos de control de riscos ambientais das xefaturas
territoriais, xa que a información deste apartado desenvolve aspectos importantes do Real
decreto 140/2003 necesarios para poder realizar unha adecuada vixilancia sanitaria da auga
de consumo.
5.1.1 Ámbito de aplicación
O ámbito de aplicación deste programa de vixilancia son todas as augas definidas no artigo
2 do Real decreto 140/2003.
5.1.2 Ámbito de actuación
O ámbito de actuación deste programa son as zonas de abastecemento definidas no
apartado 5.11 deste programa.
Consideraranse que están incluídos dentro da vixilancia sanitaria aqueles abastecementos
que abastezan a menos de 50 persoas ou distribúan menos de 10 m3 de auga como media
ao día e que sexan municipais, xa que estes abastecementos subministran auga a través
dunha actividade pública.
Para acadar os obxectivos específicos deste programa, as xefaturas territoriais, a través dos
servizos de control de riscos ambientais levarán a cabo as seguintes actividades:
Inspección das zonas de abastecementos, segundo os protocolos establecidos.
Control da calidade sanitaria das augas de consumo, mediante as análises
correspondentes.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 11 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Auditorías das zonas de abastecemento, comenzando pola área metropolitana de Vigo,
A Coruña e Ferrol. Zonas de abastecemento de Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Notificación aos organismos pertinentes (organismos de bacía e concellos) das
deficiencias estruturais atopadas nas inspeccións.
Xestión, revisión e avaliación da información recollida no SINAC.
Outras actuacións como o control dos produtos químicos, estudos complementarios ou
xestión das cianobacterias nos encoros.
Xestionar os riscos identificados e actuacións ante incumprimentos.
Emisión de informes sanitarios sobre proxectos.
O sistema de vixilancia deberá estar orientado a identificar e avaliar os factores que poden
presentar riscos para a saúde nas augas de consumo humano, co fin de poder xestionalos.
A día de hoxe disponse dun censo incompleto e maioritario de zonas de abastecemento
públicas, por iso as xefaturas territoriais deberán ir incorporando á vixilancia sanitaria o resto
dos abastecementos públicos ou privados da maneira que estimen mais conveniente e
sempre que se teña constancia da existencia destes, como por exemplo a través de:
Informes sanitarios para concesión de augas ou proxectos de construción.
Inspección a establecementos públicos, no marco doutros programas de vixilancia
sanitaria, como son os centros de terceira idade, hoteis ou albergues con captación
propia ou conectados a unha traída de veciñanza.
Denuncias e comunicacións de verteduras.
Notificación de casos de "L pneumophila" en casas particulares que estean conectadas a
traídas de veciñanza incluídas no ámbito de aplicación do Rd 140/2003
Censo integrado de xestores e abastecementos de auga de Galicia (Lei 9/2019).
Información dos organismos de bacía (Augas de Galicia e confederacións hidrográficas)
Abastecementos privados que sexan notificados polos concellos.
5.2. Prioridade das actuacións: avaliación dos riscos
Para elaborar unha clasificación que nos permita dar prioridade ás actuacións no marco do
sistema de vixilancia é necesario coñecer as características dos sistemas de abastecemento
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 12 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
que, a priori, poidan supoñer un maior risco para a saúde da poboación, e así mesmo
establecer uns criterios de valoración.
Para isto seguiranse as instrucións do protocolo de avaliación de riscos de zonas de
abastecemento (F-13T-02-01-17).
5.3 Inspección sanitaria
5.3.1 Frecuencia de inspección
FRECUENCIA DE INSPECCIÓN
PRIORIDADE
DE
INSPECCIÓN
Z. ABASTECEMENTO
DE MAIS DE 200
HABITANTES
Z. ABASTECEMENTO
DE MENOS DE 200
HABITANTES
ZONAS CON
AUTOABASTECEMENTO
DE CENTROS
ESCOLARES
OUTRAS ZONAS CON
AUTOABASTECEMENTO
DE ESTABLECEMENTOS
PÚBLICOS
BAIXACada tres anos
(1/3 anos)
Cada catro anos
(1/4 anos)
Cada dous anos
(1/2 anos) Sen frecuencia
programada
(visita segundo a
frecuencia doutros
programas)
MEDIACada dous anos
(1/2 anos)
Cada tres anos
(1/3 anos)
Cada 2 anos
(1/2 anos)
ALTACada ano
(1/ano)
Cada ano
(1/ano)
Cada ano
(1/ano)
5.3.2 Inspección de zonas de abastecemento
O obxectivo xeral é obter información das características do sistema de abastecemento e
detectar as non conformidades en relación coa lexislación vixente. Estas inspeccións
realizaranas os farmacéuticos inspectores de Saúde Pública (FISP) seguindo os criterios
estipulados no procedemento xeral de actuación do persoal de inspección (PX-13-03).
Segundo o Real decreto 140/2003, a zona de abastecemento é un área xeograficamente
definida e censada pola autoridade sanitaria a proposta do xestor do abastecemento ou
partes deste, non superior ao ámbito provincial, na que a auga de consumo humano
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 13 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
proveña dunha ou varias captacións e cuxa calidade das augas distribuídas poda
considerarse homoxénea na maior parte do ano.
Unha zona de abastecemento pode constar de infraestruturas con diferentes titularidades, e
a súa vez estas sexan xestionadas por diferentes organismos. Non obstante a zona de
abastecemento debe ser única e definida polos catro determinantes que marca a normativa:
a) Denominación única dentro de cada provincia.
b) Código de identificación.
c) Número de habitantes abastecidos.
d) Volume medio diario de agua subministrada considerando el cómputo anual
Por outra banda, a Consellería de Sanidade utiliza como aplicativo de inspección o HERME,
que utiliza a entidade inspeccionable (CEI) como unidade de inspección. Cada CEI está
asignado a un titular, que a súa vez pode constar de varios xestores.
Por tanto unha zona de abastecemento pode constar de varias entidades inspeccionables
(CEI), independentemente da zona de abastecemento á que pertenza.
A inspección consistirá na revisión dos seguintes aspectos:
✔ Inspección documental (protocolo de autocontrol e xestión, rexistros, analíticas de
autocontrol, xestión de incumprimentos e datos do SINAC)
✔ Inspección estrutural e de condicións hixiénico-sanitarias das infraestruturas.
✔ Toma de mostras (saída da ETAP ou depósito de cabeceira e rede de distribución)
✔ Revisión dos produtos químicos.
5.3.2.1 Fontes de información e documentos de traballo
Para realizar a inspección utilizarase como ferramenta de traballo a seguinte información e
documentación:
SINAC: Deberán revisarse na aplicación informática os datos das infraestruturas, analíticas
e incumprimentos da zona de abastecemento ou parte (CEI) (ver o punto 5.6 deste
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 14 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
programa de vixilancia). Se o abastecemento non está dado de alta no SINAC actuarase tal
e como se indica no punto 5.10.4 do programa de vixilancia.
Protocolo de inspección: O seu obxectivo é servir de ferramenta de axuda ó inspector co
fin de detectar as posibles non conformidades en relación coa lexislación vixente. Xunto co
protocolo cubrirase a correspondente acta oficial, de xeito que lle quede constancia ao
xestor tanto da propia inspección como dos aspectos relacionados con esta e o resultado da
mesma.
Ficha da zona de abastecemento: Cada zona de abastecemento (1 ou varios CEI) debe
constar da súa ficha e se deberá publicar no Herme.
O protocolo e ficha pódese atopar no documento F-13T-02-01-01.
Protocolo de autocontrol e xestión do abastecemento: deberase revisar o protocolo de
autocontrol e xestión do abastecemento cuxa información mínima está recollida na GC-13T-
02-01-01. De ser o caso, se lles solicitará aos xestores a actualización con novos datos.
Información complementaria da xefatura territorial correspondente, como por exemplo
sobre a xestión dos incumprimentos, denuncias ou incidencias por verteduras.
5.3.2.2.Inspección estrutural e de condicións hixiénico-sanitarias das infraestruturas
Deberanse comprobar as condicións estruturais, mantemento e hixiénico-sanitarias das
infraestruturas do abastecemento.
5.3.2.3. Recollida de mostras e control in situ/verificación
Co fin de completar a vixilancia sanitaria da calidade da auga de consumo, cando se
realicen as inspeccións dos abastecementos, realizarase tamén a determinación de cloro
libre, cloro combinado e pH, e a recollida de mostras para a súa posterior análise no
Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (segundo o apartado 5.4).
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 15 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.3.2.4. Produtos químicos
Nas inspeccións realizadas nos abastecementos de auga de consumo humano e nas zonas
con autoabastecemento dos centros escolares e outros establecementos públicos
comprobarase que as substancias ou produtos químicos utilizados para o tratamento da
auga de consumo humano cumpren coa normativa vixente. Para iso, seguiranse as
actuacións recollidas no punto 5.3. do Programa de control sanitario de produtos químicos
do ano 2016-2020.
5.3.3. Inspección de zonas con auto-abastecemento de centros escolares
Realizarase inspección ás zonas de auto-abastecemento dos centros escolares ou aqueles
que teñan instalacións propias (por exemplo centros escolares conectados a unha traída de
veciñanza ou pública con depósitos propios e sistema de desinfección).
A inspección consiste na revisión dos seguintes aspectos:
1. Inspección estrutural e de condicións hixiénico-sanitarias das infraestruturas (cando
existan).
2. Toma de mostras e control “in situ” (control de cloro libre residual, cloro combinado e
pH) na billa da instalación interior ou fonte.
3. Produtos químicos segundo o apartado 5.3.2.4
Realizarase inspección a estes centros escolares segundo a prioridade de inspección (anual
ou bienal)
O protocolo de inspección está detallado no documento F13T-02-01-02. Na guía deste
programa GC13T-02-01-06 estipúlanse os requisitos que se lles esixirán a este tipo de
establecementos públicos.
5.3.4. Inspección de zonas con auto-abastecemento de centros públicos
Non existe unha frecuencia determinada para inspeccionar este tipo de abastecementos, a
excepción dos colexios. Non obstante, na guía GC13T-02-01-06 deste programa estipúlanse
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 16 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
os requisitos que se lles esixirán a este tipo de establecementos públicos (por exemplo un
albergue, hotel, residencia da terceira idade) no caso de que se lle realizase unha
inspección.
Como norma xeral, non se programa a recollida de mostras neste tipo de auto-
abastecementos de centros públicos.
5.4. Calidade da auga de consumo humano
O obxectivo é comprobar a calidade sanitaria das augas de consumo público mediante a
determinación de medidas “in situ” (pH, desinfectante libre e combinado residual) e dos
parámetros establecidos na lexislación vixente.
5.4.1. Determinación de pH, desinfectante libre residual e combinado
O obxectivo é verificar a desinfección nos abastecementos de auga de consumo humano e
comprobar que os niveis de desinfectante residual libre e combinado utilizado son acordes
co establecido na lexislación vixente e non comprometen a eficacia da desinfección nin
supoñen un risco para o consumidor. Outro obxectivo será comprobar a veracidade dos
datos dos rexistros de autocontrol dos xestores logo de cotexar estes resultados coas
medicións da vixilancia sanitaria.
A determinación do desinfectante libre residual e combinado utilizado e do pH, realizarase
en varios puntos representativos da rede de abastecemento. O número de puntos
establecerase en cada caso de forma que se leve a cabo un control representativo de toda a
rede de abastecemento. Cando sexa posible variaranse os puntos de mostraxe para un
maior control da rede. Así mesmo, revisaranse e cotexaranse en cada visita de inspección
os rexistros de desinfectante residual do xestor e os resultados dos controis realizados pola
inspección.
A frecuencia da mostraxe é a indicada no punto 5.4.2.4. Cando se considere necesario, e co
fin de salvagardar a saúde da poboación abastecida, poderase incrementar a frecuencia en
función dos riscos específicos de cada abastecemento.
Tal e como se establece no procedemento de actuación do persoal inspector, sempre que se
realice unha actuación levada a cabo no exercicio das súas funcións, cubrirase unha acta de
inspección. Non obstante, como excepción ao establecido no dito procedemento, nas
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 17 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
determinacións “in situ” de cloro libre, combinado e pH, non se cubrirá acta e se introducirán
os resultados directamente no HERME, salvo que se detecte unha non conformidade (cloro
“0” ou maior de 1 mg/L) ou incongruencias claras entre os resultados de vixilancia e
autocontrol, que ademais deberá quedar descritas nunha acta. Cómpre recordar que ao
cumprimentar a acta, en tipo de control haberá que indicar “control in situ/verificación”.
Así mesmo, as non conformidades notificaranse de xeito urxente á xefatura territorial, vía fax
ou teléfono. Indicarase o lugar da mostraxe, rede de abastecemento, data, hora e resultado,
para que se poidan realizar as actuacións descritas no apartado 5.10 deste programa.
5.4.2. Control analítico
O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia realizará as análises das mostras recibidas para
o control analítico, segundo os métodos de ensaio establecidos na lexislación vixente. Os
Servizos de Inspección realizarán a toma de mostras para o control analítico en:
• Redes de distribución, coa frecuencia de mostraxe indicada no punto 5.4.2.4
• ETAP ou depósitos de distribución no seu defecto, e redes de distribucións nas
inspeccións aos abastecementos, coa frecuencia indicada no apartado 5.4.2.4
Sempre que se realice unha recollida de mostras cubrirase unha acta en papel ou acta H
(foron creadas na versión 01.32 do Herme para optimizaren o traballo da inspección e poder
ser cubertas con posterioridade á toma de mostras). Como tipo de control haberá indicar
“toma de mostras”.
5.4.2.1. Parámetros que se determinarán por lugar de mostraxe
Captación
Determinaranse o parámetro de turbidez e pH.
Estes parámetros están incluídos no seguinte perfil:
• Perfil control programa (auga prepotable captación)
Consideracións adicionais:
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 18 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
I. Cando sexa necesario determinar algún parámetro máis por sospeita, serán
seleccionados como perfís libres ou, no caso de cianotoxinas, seleccionarase o perfil control
cianotoxinas alerta embalses.
Saída ETAP/depósito cabeceira
Determinaranse os parámetros Olor, Color, Turbidez, Condutividade, pH, Bacterias
coliformes, Escherichia coli, Clostridium perfringens (incluídas as esporas), Amonio, Nitritos,
Nitratos, Cloro libre residual, Cloro combinado residual, metais, praguicidas e parámetros
por sospeita.
Estes parámetros están incluídos nos seguintes perfís:
• Perfil control programa (auga consumo)
• Perfil control programa adicional clostridium
• Perfil control programa adicional metais pesados
• Perfil control programa adicional praguicidas (seguir as indicacións que se indican
máis abaixo)
Consideracións adicionais:
I. Os FISP determinarán cloro libre residual e combinado no momento da toma da
mostra.
II. Cando a determinación de Clostridium sexa positiva e exista una turbidez maior de 5
UNF, a empresa xestora determinará Cryptosporidium.
III. O LSPG non determina metais individualmente. Estes metais determínanse por ICP-
MS, polo que sempre que se queira determinar un metal individual, o laboratorio
determinará todos os metais descritos no “perfil metais pesados”.
IV. Para optimizar as determinacións de praguicidas, unicamente recollerase as mostras
necesarias para caracterizar as captacións das zonas de abastecemento (como
norma xeral á saída das plantas de tratamento ou depósito de cabeceira).
Non obstante a determinación dos praguicidas está condicionada á capacidade do
LSPG, polo que a DXSP comunicará ás xefaturas territoriais a maneira de proceder
para a determinación destes parámetros.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 19 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
V. Cando sexa necesario determinar algún parámetro mais polas características
particulares do abastecemento ou por sospeita, serán seleccionados como perfís
libres ou, no caso de cianotoxinas, seleccionarase o perfil control cianotoxinas alerta
embalses.
Depósito regulación-distribución
Determinaranse os parámetros Olor, Color, Turbidez, Condutividade, pH, Bacterias
coliformes, Escherichia coli, Amonio, Nitritos, Nitratos, Cloro libre residual, Cloro combinado
residual e parámetros por sospeita.
Estes parámetros están incluídos no seguinte perfil:
• Perfil control programa (auga consumo)
Consideracións adicionais:
I. Os FISP determinarán cloro libre residual e combinado no momento da toma da
mostra.
II. Cando sexa necesario determinar algún parámetro máis polas características
particulares do abastecemento ou por sospeita, serán seleccionados como perfís adicionais
(control programa adicional metais pesados, perfil control cianotoxinas alerta embalses) ou
cun perfil libre.
Rede de distribución de zonas de abastecemento
Determinaranse os parámetros Olor, Color, Turbidez, Condutividade, pH, Bacterias
coliformes, Escherichia coli, Amonio, Nitritos, Nitratos, Cloro libre residual, Cloro combinado
residual, metais, THM, índice de Langelier e parámetros por sospeita.
Estes parámetros están incluídos nos seguintes perfís
• Perfil control programa (auga consumo)
• Perfil control programa adicional metais pesados
• Perfil control programa adicional THM
• Perfil control programa adicional índice de Langelier
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 20 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Consideracións adicionais:
I. Os FISP determinarán cloro libre residual e combinado no momento da toma da
mostra.
II. A determinación dos trihalometanos (THM) está condicionada á capacidade do
LSPG, polo que mentres non se den instrucións ao respecto, determinaranse cando haxa
máis do 30% de incumprimentos nos valores de CLR por exceso no ano anterior,
incumprimentos no SINAC ou por sospeita). Determinar só en rede de distribución.
III. Con respecto aos praguicidas como norma xeral non son necesarios realizalos en
rede de distribución.
IV. O índice de Langelier determinarase segundo as instrucións da DXSP
V. Cando sexa necesario determinar algún parámetro máis polas características
particulares do abastecemento ou por sospeita, serán seleccionados como perfís adicionais
(control programa adicional metais pesados, perfil control cianotoxinas alerta embalses) ou
cun perfil libre.
Rede de distribución de zonas de autoabastecemento (redes de colexios eestablecementos públicos)
Determinaranse os parámetros Olor, Color, Turbidez, Condutividade, pH, Bacterias
coliformes, Escherichia coli, Clostridium perfringens (incluídas as esporas), Amonio, Nitritos,
Nitratos, Cloro libre residual, Cloro combinado residual, metais, praguicidas, THM, índice de
Langelier e parámetros por sospeita.
Estes parámetros están incluídos nos seguintes perfís:
• Perfil control programa (auga consumo)
• Perfil control programa adicional clostridium
• Perfil control programa adicional metais pesados
• Perfil control programa adicional praguicidas (seguir as indicacións que se indican máis abaixo)
• Perfil control programa adicional índice de Langelier
• Perfil control programa adicional THM
Consideracións adicionais:
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 21 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
I. Os FISP determinarán cloro libre residual e combinado no momento da toma da
mostra.
II. Cando a determinación de Clostridium sexa positiva e exista una turbidez maior de
UNF, a empresa xestora determinará Cryptosporidium.
III. O LSPG non determina metais individualmente. Estes metais determínanse por ICP-
MS, polo que sempre que se queira determinar un metal individual, o laboratorio determinará
todos os metais descritos no “perfil metais pesados”.
IV. Para optimizar as determinacións de praguicidas, unicamente recollerase as mostras
necesarias para caracterizar as captacións das zonas de autoabastecemento (como norma
xeral á saída das plantas de tratamento ou depósito de cabeceira pero no caso de
autoabastecementos pode recollerse en rede).
Non obstante a determinación dos praguicidas está condicionada á capacidade do LSPG,
polo que a DXSP comunicará ás xefaturas territoriais a maneira de proceder para a
determinación destes parámetros.
VI. A determinación dos trihalometanos (THM) está condicionada á capacidade do
LSPG, polo que mentres non se den instrucións ao respecto, determinaranse cando haxa
máis do 30% de incumprimentos nos valores de CLR por exceso no ano anterior,
incumprimentos no SINAC ou por sospeita). Determinar só en rede de distribución.
VII. O índice de Langelier determinarase segundo as instrucións da DXSP
VIII. Cando sexa necesario determinar algún parámetro mais polas características
particulares do abastecemento ou por sospeita, serán seleccionados como perfís libres ou,
no caso de cianotoxinas, seleccionarase o perfil control cianotoxinas alerta embalses.
5.4.2.2 Envases para recoller as mostras
O tamaño e tipo de botes utilizados para a recollida das mostras dependerá dos criterios que
estableza o Laboratorio de Salud Pública de Galicia. Na guía GC-13T-02-01-02 están
indicados estes requisitos.
5.4.2.3 Procedemento xeral de xestión de mostras
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 22 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Para a recollida das mostras seguiranse as indicacións do PX-14-01 (procedemento xeral de
xestión de mostras). Por outra banda, no documento GC13T-02-01-02 realízanse unhas
aclaracións as mostraxes de auga e procedemento de selección de perfiles de auga no
HERME, tipos de envase e parámetros incluídos en cada perfil.
5.4.2.4. Frecuencia das mostraxes e das medidas “in situ”
Abastecementos de máis de 200 habitantes, menos de 200 habitantes e
autoabastecementos dos centros escolares.
Recolleranse mostras anuais en todas as redes de distribución dos abastecementos de máis
de 200 habitantes, menos de 200 habitantes e autoabastecementos dos centros escolares.
Cando nese ano corresponda realizar inspección ao abastecemento, recolleranse ademais
mostras á saída da ETAP/depósito de cabeceira. Nos depósitos de distribución/regulación
como norma xeral non se recollerán mostras salvo que exista algunha sospeita de problema
ou incidencia.
Os controis “in situ” de desinfectante residual realizaranse á vez da recollida de mostras. Así
mesmo cotexaranse os resultados obtidos cos resultados dos rexistros de autocontrol do
xestor
Autoabastecementos de centros públicos (a excepción dos centros escolares)
Nos autoabastecementos do resto de centros públicos (exemplo albergues, restaurantes)
como norma xeral non se programa a recollida de mostras.
Non obstante realizaranse controis “in situ” de desinfectante residual durante a visita de
inspección. Así mesmo cotexaranse os resultados obtidos cos resultados dos rexistros de
autocontrol do xestor.
FRECUENCIA DE MOSTRAXE E MEDIDAS “IN SITU” EN ABASTECEMENTOS
TIPO DE ABASTECEMENTOREDE DE
DISTRIBUCIÓN
SAÍDA DE ETAP/DEPÓSITO DECABECEIRA
DEPÓSITO DEDISTRIBUCIÓN
CONTROL "INSITU"
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 23 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
> 200 HABITANTES/
< 200 HABITANTES
AUTO-ABASTECEMENTO DE CENTROS ESCOLARES
AnualCoincidindo coa
inspección
Non se mostrea
(salvo sospeita)Anual
AUTO-ABASTECEMENTO EN CENTROS PÚBLICOS(EXCEPTO DE CENTROS ESCOLARES)
Non se mostrea
(salvo sospeita)
Non se mostrea
(salvo sospeita)
Non se mostrea
(salvo sospeita)
Coincidindo
coa
inspección
5.5. Censo de infraestruturas con risco ou avaliación de cadaabastecemento
Cada xefatura territorial realizará unha listaxe daquelas infraestruturas con deficiencias
estruturais de relevancia detectadas na vixilancia sanitaria. O obxecto desta listaxe é poder
comunicar a Augas de Galicia ou a outros organismos con competencia en infraestruturas
esta avaliación sanitaria de xeito que poida ser tida en conta na priorización das actuacións
dos seus plans de obras. Para isto cada xefatura territorial remitirá a táboa actualizada ao
Servizo de Sanidade Ambiental no mes de xaneiro de cada ano
Isto incluirá por unha banda, a identificación daqueles abastecementos nos que se
detectasen deficiencias derivadas da propia infraestrutura, que sexa deficiente ou anticuada,
ou que non estea dimensionada para dar servizo á poboación que abastece ou ben aqueles
abastecementos nos que por outra causa sexa considerado que deban ser incluídos nun
plan de mellora. No campo solucións se poden anotar as propostas de corrección no caso
de se teñan criterios para isto
ZA INFRAESTRUTURA CONCELLO TITULAR XESTORPROBLEMADETECTADO
NONCONFORMIDADESPARAMÉTRICAS
SOLUCIÓNS
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 24 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 25 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.6. Sistema de Información Nacional da Auga de Consumo (SINAC)
O SINAC regúlase no Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, no seu artigo 30, que é
desenvolvido pola Orde SCO/1591/2005, do 30 de maio. O artigo 3 desta Orde establece a
obrigatoriedade do seu uso a través de Internet para a autoridade sanitaria competente que
realice as inspeccións sanitarias, así como para os xestores públicos e/ou privados,
concellos, Ministerio de Sanidade, Consumo e Bienestar Social así como calquera outro
organismo público e privado relacionado coa xestión da auga.
5.6.1 Procedemento para dar de alta de infraestruturas e zonas de abastecemento no
SINAC
No SINAC as zonas de abastecemento son titularidade dos administradores autonómicos e
as infraestruturas dos xestores destas, por tanto:
• Os administradores autonómicos rexistran as zonas de abastecemento no SINAC a
través dun administrador autonómico. Son aceptadas por un administrador
ministerial.
• Os xestores dos abastecementos rexistran as súas infraestruturas a través dun
administrador básico. Son aceptadas por un administrador autonómico.
Para isto deben estar rexistrados na aplicación como usuarios do SINAC os administradores
básicos (persoal dos concellos, comunidades de augas ou empresas xestoras) e os
administradores autonómicos (persoal da Consellería de Sanidade) que deberán estar
asignados aos seus organismos pertinentes (por exemplo a un concello, comunidade de
auga, empresa xestora ou Consellería de Sanidade)
É importante que sempre estea rexistrado na aplicación un administrador básico ou usuario
municipal de cada concello para poder xestionar os boletíns analíticos de billa de
consumidor e acceder a información de todos os sistemas de abastecemento que existan no
seu concello.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 26 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Por outra banda, deberán estar rexistrados na aplicación todos os laboratorios que realicen
análises nas infraestruturas das zonas de abastecemento incluídas na vixilancia sanitaria,
así como os usuarios pertencentes a estes organismos.
Os boletíns analíticos poderán ser subidos á aplicación pola empresa xestora ou polo
laboratorio directamente.
5.6.1.1 Procedemento para dar de alta unha zona de abastecemento
Exclúense de darse de alta no SINAC aquelas zonas de abastecemento que distribúen
menos de 10 metros cúbicos diarios de auga que teñan una actividade comercial ou pública
contemplada nos apartados b) e c) do punto 1 do artigo 2 do Real decreto 140/2003.
A) Altas de zonas de abastecemento de oficio
Xa que o titular das zonas de abastecemento é a Consellería de Sanidade, daranse de alta
de oficio todas as zonas de abastecemento que estean incluídas na vixilancia sanitaria e
non estean incluídas no SINAC.
Para isto as xefaturas territoriais deberán dar de alta as zonas non dadas de alta, no prazo
dun mes dende a publicación deste programa.
Logo de dalas de alta de oficio, a xefatura territorial correspondente notificará aos xestores
das infraestruturas a obrigatoriedade de rexistrar as infraestruturas asociadas a esa zona de
abastecemento no SINAC.
B) Altas de zonas de abastecemento a instancia de parte
Os xestores dos abastecementos poden querer solicitar a alta dunha nova zona de
abastecemento que non estea incluída en vixilancia sanitaria coas súas infraestruturas
asociadas. Para isto debe realizar os seguintes trámites:
1 O xestor do abastecemento debe solicitar a alta desta nova zona de abastecemento por
escrito ([email protected] ou por rexistro) ao administrador autonómico, segundo o
modelo que hai publicados na web (modelo de alta de infraestruturas dunha nova zona de
abastecemento).
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 27 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
2 Tras realizar visita de inspección, e logo de comprobar que a documentación recibida é
adecuada, o administrador autonómico rexistrará a zona de abastecemento no SINAC,
3. O administrador autonómico informará ao xestor da alta ao solicitante.
4. O xestor das infraestruturas do abastecemento debe entrar na aplicación
(http://sinac.msc.es/SinacV2/) e rexistrar as infraestruturas.
Importante: Para realizar o rexistro de infraestruturas, o organismo debe estar previamente
rexistrado no SINAC e debe existir un administrador básico asociado ao dito organismo.
5. O/A administrador/a autonómico/a, logo de comprobar que a documentación recibida se
adecúa ao rexistrado na aplicación, aceptaraa.
6 O administrador básico que rexistrase a infraestrutura recibe un aviso por correo
electrónico da alta ou rechazo da infraestrutura no SINAC.
5.6.1.2 Procedemento para dar de alta unha infraestrutura dunha zona de abastecemento
Os xestores dos abastecementos deben solicitar a alta das infraestruturas, para isto:
1 O xestor do abastecemento debe solicitar por escrito ao administrador autonómico
([email protected] ou por rexistro) segundo os modelos que hai publicados na web
(solicitude de alta de infraestruturas).
2 O xestor da infraestrutura do abastecemento debe entrar na aplicación
(http://sinac.msc.es/SinacV2/) e rexistrala. Para isto o organismo debe estar previamente
rexistrado no SINAC e debe existir un administrador básico asociado ao dito organismo.
3 O/A administrador/a autonómico/a, logo de comprobar que a documentación recibida se
adecúa ao rexistrado na aplicación, aceptará a solicitude.
4 O administrador básico que rexistrase a infraestrutura recibe un aviso por correo
electrónico da alta ou rechazo da infraestrutura no SINAC.
Aspectos importantes:
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 28 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
• O xestor de infraestruturas de nova construción, previo a solicitude de alta no SINAC,
deberá haber solicitado o informe á posta en funcionamento dunha infraestrutura
segundo o artigo 13.
• Nas altas de captacións, comprobarase a existencia da concesión administrativa. De
non ser así, o xestor deberá presentar a solicitude realizada ao organismo de bacía.
A xefatura territorial comprobará a viabilidade da captación dende o punto de vista
sanitario coa información do informe sanitario necesario emitido sobre esa captación.
5.6.2. Revisión e avaliación da información contida no SINAC
Os inspectores deberán revisar os datos do SINAC, por unha banda aqueles referidos ás
infraestruturas e por outra aos boletíns analíticos e xestión de incumprimentos.
5.6.2.1 Frecuencia de revisión da información no SINAC
Como mínimo unha vez ao ano e sempre antes de realizarse unha inspección.
5.6.2.2 Aspectos a revisar no SINAC
Intentarase depurar ao máximo os datos, incidirase nos seguintes aspectos:
1.- A información das fichas das infraestruturas no SINAC deberá estar actualizada e ser
correcta. As procedencias da auga deben ser correctas. Prestar especial atención ás
procedencias da auga entre infraestruturas de diferentes xestores.
2.- Os boletíns analíticos deberán ser cargados nun prazo de sete días naturais tras obter os
resultados analíticos, tal e como ven reflectido no artigo 12 da orde SCO/1591/2005. De non
ser posible, deberan xustificar as razóns desa demora nas xefaturas territoriais así como
establecer un prazo que en ningún caso poderá ser superior a un mes. Nunca se concederá
prazo maior de 7 días nos casos de boletíns con incumprimentos.
3.- Revisións dos incumprimentos paramétricos. Así mesmo deberase comprobar se os
incumprimentos paramétricos confirmados foron notificados á xefatura territorial segundo o
anexo VII do Real decreto 140/2003 tal e como indica o apartado 5.10.2 deste programa.
4.-Incidencias abertas atopadas no SINAC a través do apartado “informes” do SINAC
(pódense descargar estas incidencias directamente dende o apartado “informes).
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 29 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Nos casos das revisións documentais sen inspección, é dicir cando non se cubra acta,
realizarase un informe coas non conformidades detectadas para que sexan tidas en conta
pola xefatura territorial e actúe no ámbito das súas competencias. Estes informes subiranse
ao Herme.
5.6.3. Información do SINAC na páxina WEB
Con respecto ás solicitudes que xestiona o administrador autonómico, están publicadas na
páxina WEB da Dirección Xeral de Saúde Pública, na epígrafe de Sanidade ambiental, os
seguintes modelos:
Alta laboratorio
Alta de nova zona de abastecemento coas súas infraestruturas asociadas
Alta de infraestruturas: captación, tratamento, depósito e rede de distribución
Alta de usuario ou administrador
Baixa zona de abastecemento
Baixa infraestruturas
División de rede de distribución e zona de abastecemento
Notificación de cambio de entidade xestora
Tamén na páxina WEB pódese consultar o manual do SINAC que elaborou o Ministerio, as
instrucións de como dar a alta dunha zona de abastecemento e infraestruturas, alta de
usuarios e baixa de zonas de abastecemento e infraestruturas.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 30 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.7. Auditorías aos grandes abastecementos
Proximamente comezarase a realizar auditorías nas zonas de abastecemento das grandes
cidades (área metropolitana de Vigo, A Coruña e Ferrol. Zonas de abastecemento de
Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra). As instrucións para realizalas remitiranse ás
xefaturas territoriais ao longo do ano 2020.
5.8 HERME
Deberanse incluír na aplicación todas as instalacións de cada zona de abastecemento.
Todas as instrucións relativas ao HERME publicaranse na GC13T-02-01-02
5.9. Outras actuacións
5.9.1 Proliferación de cianobacterias nos encoros
Os organismos implicados na xestión do risco pola presenza de afloramentos de
cianobacterias nos encoros son os organismos de bacía, os concellos, as empresas
xestoras dos abastecementos e a Consellería de Sanidade. As actuacións dependerán da
situación na que se atopen os encoros con respecto á proliferación de cianobacterias:
“estado de normalidade ou de alerta” se nos referimos a encoros de Augas de Galicia ou
“estado de normalidade ou de afloramento” para os encoros da Confederación Hidrográfica
do Miño-Sil.
5.9.1.1 Actuacións dos organismos implicados:
Os organismos de bacía
Augas de Galicia realiza a vixilancia periódica dos encoros e son os responsables de
declarar e notificar o estado dos encoros á Consellería de Sanidade e as empresas
xestoras.
Este organismo intensifica o seguimento dos encoros na primavera-verán, co obxectivo de
detectar a tempo o inicio das proliferacións e as situacións de risco, establecendo dúas
categorías ou estados ao longo do ano: “Estado de normalidade” e “Estado de alerta”.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 31 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Os encoros da demarcación Galicia-Costa dos que se ten constancia que teñen
susceptibilidade de proliferación de cianobacterias son:
As Forcadas Santa Uxía
Ponte Olveira Vilasenín
Beche Covo
Cecebre A Baxe
Con
Así mesmo, Augas de Galicia tamén realiza a vixilancia nos encoros de:
Ribeira Eiras
Rúa Pontillón e Castro
Baiona Zamáns
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, ao igual que Augas de Galicia, realiza a
vixilancia periódica dos encoros da súa demarcación e son os responsables de declarar e
notificar o estado dos encoros á Consellería de Sanidade e as empresas xestoras.
Este organismo notifica estados de normalidade ou estados de afloramento.
Os encoros dos que se ten constancia que teñen susceptibilidade de proliferación de
cianobacterias e son vixiados polo organismo de bacía son:
Cachamuíña Vilasouto
Castadón Gundín ou Faramontaos
Laboratorio de Saúde Pública de Galicia
Dende o ano 2012, o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia determina cianotoxinas
disolta e total das mostras recollidas en encoros e abastecementos.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 32 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde
Coordina a información da situación dos encoros e remite ás xefaturas territoriais e
organismos de bacía os resultados analíticos.
Xefaturas territoriais
Notificación periódica ás empresas xestoras e aos concellos responsables dos
abastecementos, dos estados declarados polos organismo de bacía
Notificación urxente ás empresas xestoras e aos concellos dos resultados das cianotoxinas
microcistina disoltas e sestónicas nos encoros determinada polo Laboratorio de Saúde
Pública ou polo organismo de bacía.
Toma de mostras para determinación de cianotoxinas antes e despois das plantas de
tratamento dos abastecementos. Recoméndase unha recollida semanal cando se detecten
cianotoxinas no encoro.
Comprobación da idoneidade das infraestruturas destes abastecementos.
Ao final de cada ano, as xefaturas territoriais que tiveran episodios de proliferación de
cianobacterias, deberán enviarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública un resumo das
actuacións realizadas dende o Servizo de Control de Riscos Ambientais así como das
actuacións solicitadas aos xestores dos abastecementos implicados xunto cos resultados
analíticos de cianotoxinas determinados polas xestoras.
Concellos ou empresas xestoras implicadas
As empresas xestoras deberán aplicar o protocolo de actuación que está publicado na
páxina web do Servizo de Sanidade Ambiental. Este protocolo poderá variar en función da
avaliación do estado dos encoros polos organismo implicados no control do risco. A GC13T-
02-01-05 recolle o protocolo de actuación que está en vixencia.
As empresas xestoras poderán utilizar calquera método de determinación de cianotoxinas
sempre e cando o límite de cuantificación do método sexa como mínimo de 0.5
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 33 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
microgramos/L. Así mesmo, cando a empresa xestora utilice como método de determinación
a cromatografía, deberá determinar ademais da Microcistina-LR, todas as microcistinas que
sexan detectadas no encoro onde proceda a auga.
Os xestores deberán incluír dentro das medidas preventivas e correctoras dos
abastecementos, a descrición das infraestruturas axeitadas para poder realizar o tratamento
de eliminación das cianotoxinas na auga de consumo humano, de ser o caso. En todos os
casos estas medidas deben estar incluídas no protocolo de autocontrol e xestión do
abastecemento.
5.9.2.- Estudos analíticos nas zonas de abastecemento
5.9.2.1. Índice de Langelier
Dende o mes de novembro de 2015 estase a realizar un estudio co fin de determinar a
necesidade de actuacións específicas en relación coa problemática existente en Galicia
relativa ó pH ácido das augas. No protocolo F-13T-02-01-18 están indicadas as instrucións
específicas para determinar o índice de Langelier en augas de consumo.
5.9.3. Relación de fitosanitarios
Tal e como se pon de manifesto na nota 6 do anexo I do Real decreto 140/2003, do 7 de
febreiro, as comunidades autónomas velarán para que se adopten as medidas necesarias
para poñer á disposición da autoridade sanitaria e dos xestores dos abastecementos unha
listaxe de praguicidas fitosanitarios utilizados maioritariamente, e que poidan estar presentes
nos recursos hídricos susceptibles de ser utilizados para a produción de auga de consumo
humano. A lista de fitosanitarios en augas de consumo está publicada na páxina web da
Consellería de Sanidade (por zonas e provincias).
Así mesmo, os organismos de bacía (Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Demarcación
Hidrográfica Galicia-Costa) determinan fitosanitarios nos controis realizados na rede de
augas prepotables. Tamén está publicada na páxina web da Consellería a lista daqueles
fitosanitarios detectados nalgunha mostraxe ou que estiveran por riba do valor paramétrico.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 34 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.9.4. Determinación de substancias radioactivas na auga
As disposicións da Directiva 2013/51/Euratom do Consello, do 22 de outubro de 2013, pola
que se establecen requisitos para a protección sanitaria da poboación con respecto ás
sustancias radioactivas nas augas destinadas ao consumo humano, viñeron a substituír as
da Directiva 98/83/CE do Consello, do 3 de novembro de 1998, no referente aos requisitos
para a protección sanitaria da poboación con respecto ás sustancias radioactivas nas augas
destinadas ao consumo humano, así como os requisitos de control dos niveis de sustancias
radioactivas nas augas destinadas ao consumo humano.
En consecuencia, no ano 2016 se traspón esta Directiva ao dereito español e se publica o
Real decreto 314/2016, do 29 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 140/2003.
Esta modificación procede a incorporar este novo marco regulatorio ao Real decreto
140/2003, do 7 de febreiro, adoptando novos criterios básicos para a protección da saúde da
poboación contra os perigos derivados das radiacións ionizantes, naturais ou non, para as
augas de consumo humano e mantendo, ao mesmo tempo, as liñas xerais de control
establecidas na devandita norma.
Na guía GC-13T-02-01-09 Radioactividade nas augas de consumo humano inclúense
información relativa á xestión destes aspectos.
5.9.5 Informes sanitarios en proxectos de construción de novos abastecementos
De acordo co artigo 13 do real decreto 140/2003, a autoridade sanitaria elaborará un informe
sanitario vinculante en todo proxecto de construción de novas captacións, conducións,
ETAP, rede de abastecemento ou rede de distribución (de lonxitude maior a 500 metros),
depósito da rede de distribución ou remodelación do existente. Á posta en funcionamento da
nova instalación a autoridade sanitaria realizará un informe baseado na inspección e na
valoración e seguimento durante o tempo que crea conveniente, dos resultados analíticos
realizados polo xestor, dos parámetros que esta sinale.
➢ O documento GC13-T02-01-03 recolle a guía para emisión deste informe sanitario.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 35 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
➢ Os informes sanitarios que se emiten sobre proxecto de construción e sobre a posta
en funcionamento redactaranse segundo o recollido nos documentos F-13T-02-01-07 e F-
13T-02-01-08.
➢ Os titulares dos abastecementos utilizarán o modelo de solicitude recollido no F-13T-02-
01-09 e F-13T-02-01-19
➢ As taxas están publicadas na páxina web e se actualizarán periodicamente.
5.9.6. Informes sanitarios relativos ás concesións e novacións de auga para
abastecementos
De acordo co Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do
Dominio Público Hidráulico (RDPH), a autoridade sanitaria emitirá informes sanitarios nas
concesións e novacións de auga para abastecemento en función ao artigo 123.3 ou 125
deste RDPH.
En base á inclusión ou non do abastecemento dentro do ámbito de aplicación do Real
decreto 140/2003, os requisitos que se lle esixirán ao representante legal da captación serán
diferentes.
➢ Redáctase na GC13T-02-01-04 a guía para emisión deste informe sanitario.
➢ No anexo II deste documento establécense os parámetros a analizar que se lle
esixirán ao represente legal da captación para coñecer a calidade da auga.
➢ Os solicitantes dos informes sanitarios utilizarán os modelos recollidos nos
documentos F-13T-02-01-10, F-13T-02-01-11 e F-13T-02-01-12, en función de se están ou
non incluídos no ámbito do Real decreto 140/2003. Así mesmo pode solicitarse a través do
procedemento da Xunta SA434A.
➢ Os informes sanitarios que se emiten para tramitar as concesións de auga se
redactarán segundo o recollido nos documentos F-13T-02-01-13, F-13T-02-01-14, F-13T-02-
01-15 e F-13T-02-01-16.
➢ As taxas están publicadas na páxina web e se actualizarán periodicamente.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 36 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.9.7. Informes sanitarios relativos á subministración de auga en cisternas ou
depósitos móbiles de auga tratada
O uso de cisternas ou depósitos móbiles para o abastecemento de auga de consumo
público regúlase no artigo 11 do Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se
establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo público. O punto 3 do
citado artigo especifica que as cisternas ou depósitos móbiles utilizados para o transporte da
auga serán de uso exclusivo para ese uso e terán claramente sinalizada e suficientemente
visible a indicación “Para transporte de auga de consumo público” acompañada do símbolo
dunha billa branca sobre fondo azul.
Entenderase “uso exclusivo”, aquel uso empregado da cisterna no período de tempo que a
xefatura territorial autorice o uso da cisterna
Este informe refírese unicamente autorización sanitaria para o transporte de auga tratada
dende a infraestrutura de abastecemento de orixe e infraestrutura de abastecemento
receptora (ETAP, depósito ou directamente dende o depósito de transporte). Esta auga, xa
tratada, unha vez que está no abastecemento receptor, pode utilizarse directamente sen un
tratamento posterior ou pode sufrir unha desinfección ou novo tratamento antes de volver a
ser utilizada.
➢ Redáctase na GC13T-02-01-10 a guía para emisión deste informe sanitario relativo á
subministración de auga en cisternas ou depósitos móbiles de auga tratada.
➢ Os solicitantes do informe sanitario utilizarán o modelo recollido no documento F-
13T-02-01-20. Solicitude do informe sanitario para transporte de auga de consumo a través
de cisternas ou depósitos móbiles.
➢ As taxas están publicadas na páxina web e se actualizarán periodicamente.
5.10. Actuacións ante “non conformidades” dentro do Programa
Sanitario de Vixilancia
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 37 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.10.1. Actuacións ante non conformidades na vixilancia sanitaria da calidade da
auga de consumo humano
Ante calquera non conformidade, a xefatura territorial realizará un seguimento para os
efectos de verificar a superación do episodio.
5.10.1.1. Determinación dos niveis de desinfectante residual libre e combinado
➔ Abastecementos
Sempre que na vixilancia sanitaria se detecte unha auga sen cloro libre residual ou con máis
de 1 mg/l, a xefatura territorial comunicarao (modelo no F-13T-02-01-03 para a cualificación
de auga apta con non conformidade ou F-13T-02-01-04 para a cualificación de auga non
apta) ao concello, titular e xestor correspondente para que se adopten as medidas
correctoras. Ante estas non conformidades, a xefatura territorial tomará as medidas que
considere necesarias para salvagardar a saúde dos usuarios.
➔ Colexios
Sempre que na vixilancia sanitaria se detecte unha auga sen cloro libre residual ou con máis
de 1 mg/l a xefatura territorial comunicarao (modelo no F-13T-02-01-03 para a cualificación
de auga apta con non conformidade ou F-13T-02-01-04 para a cualificación de auga non
apta) ao xestor do abastecemento (xestor ou concello habitualmente) con copia á dirección
do centro e ao concello (cando non sexa o xestor), para que se adopten as medidas
correctoras máis axeitadas. Ante non conformidades ou reiteración destas, a xefatura
territorial tomará as medidas que considere necesarias para salvagardar a saúde dos
usuarios.
5.10.1.2. Determinación de pH
Abastecementos e colexios: Non se notificarán aos concellos, xestores, titulares ou
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aquelas non conformidades
que sexan debidas ao carácter ácido dos solos galegos.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 38 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.10.1.3. Control analítico
➔ Abastecementos
Cando como resultado dunha analítica, unha auga se cualifica como apta con non
conformidade de “Y” (dun parámetro do punto C do anexo I do Real decreto 140/2003, de
7 de febreiro) deberáselle comunicar, vía fax, rexel ou notifica, ao concello correspondente,
titular e ao xestor. Na comunicación non se cualificará a auga, senón que se especificará o
parámetro que se atopa por riba do valor paramétrico establecido no anexo I do Real
decreto 140/2003, de 7 de febreiro sen chegar aos niveis acordados entre o Ministerio de
Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e as Comunidades Autónomas. No fax
comunicaráselle que se debe proceder á confirmación da non conformidade nun prazo de
24-48 horas e tomar as medidas correctoras máis axeitadas segundo o establecido no artigo
27 do citado real decreto, e informar á xefatura territorial (ver modelo no F-13T-02-01-03).
Cando como resultado dunha analítica, unha auga cualifícase como non apta, actuarase do
seguinte xeito:
Cando a non conformidade non implique un risco inminente para a saúde, a xefatura
territorial correspondente confirmará a non conformidade mediante inspección e toma de
mostra para análise cos seus inspectores e co Laboratorio de Saúde Pública de Galicia. De
confirmarse o incumprimento, a xefatura territorial correspondente, deberalle comunicar vía
vía fax, rexel ou notifica ao titular, concello correspondente e ao xestor o dito incumprimento.
Especificarase o parámetro que se atopa por riba do valor paramétrico establecido no anexo
I do Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro. e que o xestor debe investigar inmediatamente
a causa, adoptar as medidas correctoras inmediatas, de ser el caso, e remitir urxentemente
o anexo VII do Real decreto 140/2003, xunto cun informe que inclúa as posibles causas da
incidencia e as medidas correctivas adoptadas no marco das súas competencias e
responsabilidades establecidas na lexislación vixente.
Cando a non conformidade implique un risco inminente para a saúde, a xefatura territorial
correspondente, realizará unha comunicación vía fax ao titular, concello correspondente e ao
xestor, na que non se cualificará a auga senón que se especificará o parámetro que se
atopa por riba do valor paramétrico establecido no anexo I do Real decreto 140/2003, de 7
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 39 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
de febreiro. Vía fax, rexel ou notifica comunicaráselle que debe proceder á confirmación da
non conformidade nun prazo de 24-48 horas e tomar as medidas correctoras urxentes máis
axeitadas segundo o establecido no artigo 27 do citado Real decreto, e informar á xefatura
territorial (ver modelo no F-13T-02-01-04). A xefatura territorial, se o estima necesario, tamén
poderá optar por confirmar a non conformidade cos seus inspectores e laboratorio.
A partir deste momento, deberase actuar segundo o apartado 5.10.2.
➔ Colexios
Cando nunha analítica, unha auga se cualifica como apta con non conformidade de “Y”
(parámetro do punto C do anexo I do Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro) segundo o
establecido no punto 5.4.2.5 deste programa: deberáselle comunicar vía vía fax, rexel ou
notifica ao xestor do abastecemento (xestor ou concello habitualmente) con copia á
dirección do centro, titular e ao concello (cando non sexa o xestor). Na comunicación non se
cualificará a auga, senón que se especificará o parámetro que se atopa por riba do valor
paramétrico establecido no anexo I do Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro sen chegar
aos niveis acordados entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e as
Comunidades Autónomas. Vía fax, rexel ou notifica comunicaráselle que se debe proceder á
confirmación da non conformidade nun prazo de 24-48 horas e tomar as medidas
correctoras máis axeitadas segundo o establecido no artigo 27 do citado Real decreto, e
informar á xefatura territorial (ver modelo no F-13T-02-01-03).
Cando nunha analítica, unha auga cualificase como non apta, segundo o establecido no
punto 5.4.2.5 deste programa, deberáselle comunicar vía fax, rexel ou notifica ao xestor do
abastecemento (xestor ou concello habitualmente) con copia á dirección do centro, titular e
ao concello (cando non sexa o xestor). Na dita comunicación non se cualificará a auga
senón que se especificará o parámetro que se atopa por riba do valor paramétrico
establecido no anexo I do Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro. Vía fax, rexel ou notifica
comunicaráselle que debe proceder á confirmación da non conformidade nun prazo de 24-
48 horas e tomar as medidas correctoras máis axeitadas segundo o establecido no artigo 27
do citado Real decreto, e informar á xefatura territorial (ver modelo no F-13T-02-01-04). A
xefatura territorial, se o estima necesario, tamén poderá optar por confirmar a non
conformidade cos seus inspectores e co Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 40 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Se o xestor do abastecemento confirma a non conformidade, este deberá actuar segundo o
apartado 5.10.2.
5.10.2. Actuacións ante non conformidades no autocontrol da calidade da auga de
consumo humano
Toda a información relativa á xestión de incumprimentos dos parámetros do anexo I e a
xestión das superacións dos valores paramétricos das substancias radioactivas atópanse
nos seguintes documentos: GC-13T-02-01-07 Xestión de incumprimentos e GC-13T-02-01-
09 Radioactividade nas augas de consumo humano.
Máis información na páxina WEB de augas de consumo (Xestores-Programa de Vixilancia)
5.10.3. Actuacións no caso de atopar non conformidades na inspección das
zonas de abastecemento
No caso de atopar non conformidades coa lexislación vixente na inspección da zona de
abastecemento, actuarase conforme ó establecido no PX-13-03 “Procedemento xeral de
actuación do persoal de inspección” e o PX-13-05 Procedemento xeral de medidas ante
incumprimentos.
A xefatura territorial, no ámbito das súas competencias, poderá adoptar as medidas que
considere axeitadas que poderán ir ata a proposta de incoación do correspondente
expediente sancionador, baseándose na Lei 14/1986, xeral de sanidade, a Lei 8/2008, do 10
de xullo, de saúde de Galicia e a Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, co
fin de garantir que as zonas de abastecemento cumpran co indicado na normativa de
aplicación.
No caso de abastecementos privados (centros públicos con autoabastecemento ou traídas
de veciñanza ou privadas), notificarase urxentemente ao concello correspondente a
detección desas non conformidades na inspección ou control analítico e que supoñan un
risco para a saúde.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 41 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.10.4. Actuacións no caso de atopar non conformidades da información do
SINAC
Nestes casos, a xefatura territorial no ámbito das súas competencias adoptará as medidas
que considere máis oportunas, que poderán ir ata a proposta de incoación do
correspondente expediente sancionador, baseándose na Lei 14/1986, xeral de sanidade, e
na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e a Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral
de Saúde Pública, co fin de garantir que os xestores dos abastecementos dean de alta as
infraestruturas e introduzan os boletíns de análises no SINAC, ademais de xestionar
adecuadamente os incumprimentos paramétricos.
É importante resaltar que as xefaturas territoriais deberan revisar e xestionar as incidencias
abertas atopadas no SINAC (habilitouse unha función no SINAC para poder descargar estas
incidencias directamente dende o apartado “informes”).
5.10.4.1 Xestión de non conformidades de pH no SINAC
A autoridade sanitaria pode realizar comentarios adicionais aclaratorios na xestión das non
conformidades no SINAC. No caso do parámetro pH, a maioría dos incumprimentos son
debidos a causas naturais, xa que os solos galegos son moi ácidos. Segundo o Real decreto
140/2003, a auga en ningún momento pode ser agresiva nin incrustante, polo que cando
unha infraestrutura teña un incumprimento neste parámetro, o xestor debe calcular o índice
de Langelier.
5.11. Aclaración a diferentes cuestións
5.11.1 Tipos de zona de abastecemento
As seguintes definicións foron extraídas do manual de usuarios do Sistema de Información
Nacional de Augas (SINAC). Aínda que o Ministerio de Sanidade non contempla a
posibilidade de existencia de traídas de veciñanza ou traídas non conectadas a redes
municipais que abastezan a poboación rural, urbanización ou turística; nos obviaremos este
aspecto. Por tanto e a modo de exemplo, unha zona de abastecemento titularidade dunha
comunidade de augas que abasteza a 1000 persoas a consideraremos zona rural.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 42 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
• Zona Urbana: zona de abastecemento que abastece a unha poboación superior a
5000 habitantes situada dentro do núcleo poboacional.
• Urbanización: Zonas residenciais situadas as aforas dos núcleos urbanos,
conectadas a redes de distribución municipais, con urbanismo residencial
planificado, caracterizado por vivendas e edificios ben deseñados e construídos,
xeralmente con estruturas similares, con todos os servizos básicos, onde se asenta a
poboación.
• Zona rural: Zona de abastecemento, conectadas a redes de distribución municipais,
que abastecen a unha poboación inferior a 5000 habitantes.
• Zona turística: Zonas de abastecemento urbanas ou rurais conectadas a redes de
distribución, que no período turístico multiplican en máis do triplo, su poboación
censada.
• Zona con autoabastecemento: Zonas non conectadas a redes de distribución
municipais, que contan coa súa propia captación, tratamento e depósito, con
actividade pública ou comercial.
Subtipos de zonas con autoabastecemento: centros comerciais, restauración,
centros penitenciarios, colexios, cuarteis, escolas de verano, Campamentos,
Parques recreativos, Granxas, Hospitais, Hoteis, Albergues ou residencias de
maiores.
• Zona non urbana: Zona de abastecemento, conectadas o no, a redes de distribución
municipais, fora do núcleo poboacional, con actividade industrial ou
aeroportos/portos ou lugares illados.
Subtipos de zonas non urbanas: portos, aeroportos, industria alimentaria
illada, industria non alimentaria illada, polígono industrial, puntos de carreteira
e montaña.
5.11.2 Análise de billa do consumidor
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 43 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Realizouse unha consulta ao Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade sobre quen
pesa a responsabilidade de realizar os controis de billa de consumidor en zonas de
abastecemento privadas que non sexan titularidade municipal. A resposta foi que as análises
cómpren realizalas os concellos ou en caso de xestión indirecta as empresas xestoras
dependentes destes. Polo tanto a súa realización non lle compete ao xestor ou titular do
abastecemento privado (comunidades de usuarios de augas), senón ao concello pertinente.
Consulta: Nunha rede de distribución privada (traída veciñal que non ten nada que
ver co concello, ademais os veciños só dispoñen desta rede, non teñen traída
municipal), as analíticas de billa do consumidor quen as fai?
1.- O titular da rede, neste caso a comunidade de usuarios e o concello garantir que
se realizan estas analíticas
2.- O concello
Resposta:"A interpretación que damos desde aquí, precisamente baseándonos no
artigo 4 e 20 do RD 140/2003 é que é o municipio ou na súa falta outra entidade de
ámbito local os que tomarán as medidas necesarias para garantir a realización do
control en billa do consumidor, ou toman eles as mostras ou ceden a xestión a outro,
pero a responsabilidade de asegurar que a auga é apta para o consumo é do
municipio."
5.11.3 Instalacións fabricadas a base de fibras de amianto
En España a prohibición de instalar materiais que conteñan amianto fíxose totalmente
efectiva en decembro de 2002 coa Orde Ministerial do 7/12/2001. Pode seguir habendo
placas de fibrocemento ou depósitos pero as fibras que conteñen non poden ser de amianto
(hai un sistema de codificación para indicar que non contén amianto).
Por outra banda segundo o REACH (anexo XVII) está prohibida a comercialización e a
utilización das fibras de amianto e dos artigos que conteñan estas fibras engadidas
intencionadamente. Tamén indica que o uso dos artigos que conteñan estas fibras que xa
estaban instalados o en servizo con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005 se seguirán
admitindo ata a súa eliminación ou vida útil. Así mesmo, os estados membros por razóns de
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 44 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
protección da saúde poderán restrinxir, prohibir ou someter a condicións específicas o uso
de tales artigos antes da súa eliminación ou o fin da súa vida útil e tamén se especifica que
deberán levar estes artigos excepcionados unha etiqueta de conformidade co apéndice 7 do
anexo anteriormente citado.
Anexo XVII REACH:
1. Se prohibirá la fabricación, comercialización y uso de estas fibras y de los artículos
y mezclas que contengan estas fibras añadidas intencionadamente. No obstante, los
Estados miembros podrán establecer una exención para la comercialización y
utilización de los diafragmas que contengan crisótilo [letra f)] destinados a
instalaciones de electrolisis ya existentes hasta que alcancen el fin de su vida útil o
hasta que se disponga de sustitutos adecuados sin amianto, en cualquier caso, lo
que ocurra primero. Los Estados miembros que apliquen esta exención deberán
presentar a la Comisión, no más tarde del 1 de junio de 2011, un informe sobre la
disponibilidad de sustitutos sin amianto para las instalaciones de electrolisis y sobre
los esfuerzos realizados para desarrollar este tipo de alternativas, sobre la protección
de la salud de los trabajadores en las instalaciones, sobre la fuente y las cantidades
de crisótilo, sobre la fuente y las cantidades de los diafragmas que contienen crisótilo
y, por último, sobre la fecha prevista para la expiración de la exención. La Comisión
hará pública esta información.
Tras la recepción de dichos informes, la Comisión solicitará a la Agencia que prepare
un expediente conforme al artículo 69 con vistas a la prohibición de la
comercialización y el uso de diafragmas que contengan crisótilo.
2. El uso de artículos que contengan las fibras de amianto mencionadas en el “punto
1” que ya estaban instalados o en servicio antes del 1 de enero de 2005 se seguirá
admitiendo hasta su eliminación o el fin de su vida útil. Sin embargo, los Estados
miembros, por razones de protección de la salud, podrán restringir, prohibir o
someter a condiciones específicas el uso de tales artículos antes de su eliminación o
el fin de su vida útil. Los Estados miembros podrán autorizar la comercialización de
los artículos completos que contienen fibras de amianto mencionados en el punto 1
que ya estaban instalados o en servicio antes del 1 de enero de 2005, en
condiciones específicas que garanticen un nivel elevado de protección de la salud
humana. Los Estados miembros comunicarán estas medidas nacionales a la
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 45 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Comisión, a más tardar el 1 de junio de 2011. La Comisión hará pública esa
información.
3 Sin perjuicio de la aplicación de otras disposiciones comunitarias relativas a la
clasificación, el envasado y el etiquetado de sustancias y mezclas, se autorizará la
comercialización y el uso de artículos que contengan dichas fibras, admitidos de
acuerdo con las excepciones anteriores, siempre que los proveedores garanticen,
antes de la comercialización, que los artículos lleven una etiqueta de conformidad
con el apéndice 7 del presente anexo.
Isto implica que unicamente se poden utilizar estes depósitos de fibrocemento (amianto)
cando se garanta que o artigo non chegou ao fin da súa vida útil. Ademais se isto fose así, o
depósito debería estar sinalado segundo o apéndice 7 do anexo XVII do REACH; polo tanto
cando da visita de inspección se comprobe a existencia de depósitos que conteñan fibras de
amianto, a xefatura territorial deberá solicitarlle ao xestor do abastecemento un certificado
conforme o material non chegou ao fin da súa vida útil, que deberá ser remitido no prazo de
dous meses dende a súa solicitude.
5.12. Actuacións non programadas
O programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo require con frecuencia de
actuacións non programadas por mor de denuncias, incidentes ambientais, brotes hídricos,
incumprimentos da calidade da auga, información atopada no SINAC, entre outros motivos.
As actuacións a realizar poden consistir en tomas de mostras, tomas de mostras oficiais,
inspección parcial ou total documental, inspección parcial ou total estrutural, auditorías,
rastrexo da información, requirimentos de información aos responsables ou requirimentos de
actuacións.
É importante que se teña en conta que as actuacións non programadas se realizan para
investigar algo en particular, polo que as ditas intervencións deberanse enfocar ao que se
queira valorar e examinar. Así mesmo, é imprescindible avaliar o risco sanitario derivado de
cada situación en particular.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 46 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Por isto, en función do que se estea a investigar, será necesario valorar cales son as
actuacións a realizar máis eficientes e adecuadas para cada situación en particular.
Cómpre recordar da necesidade de comunicación previa co Laboratorio de Saúde Publica
para remitir mostras non programadas.
5.13. Sistema de información
A DXSP exportará da aplicación informática HERME a información necesaria para a
avaliación do programa (zonas de abastecemento inspeccionadas e non conformidades). As
xefaturas territoriais remitiranlle á Dirección Xeral de Saúde Pública, antes do 31 de xaneiro
de cada ano, a información que non poda ser obtida de HERME, segundo o anexo I,
correspondente ao programa de vixilancia a data de 31 de decembro do ano. Esta
información refírese á inspección dos abastecementos, inspección de colexios, control
analítico realizado na vixilancia sanitaria, determinación do cloro libre residual (ou cloro
combinado, se é o caso) e SINAC. Despois desta data, a Dirección Xeral de Saúde Pública
enviará ás xefaturas territoriais un resumo cos indicadores do programa, así como unha
memoria descritiva da información contida no SINAC.
5.14. Indicadores
Para a avaliación do cumprimento do programa e para a realización da memoria descritiva
usaranse por parte da DXSP os seguintes indicadores:
A En relación á inspección de zonas de abastecementos segundo o risco
Produción
Nº CEI inspeccionados / Nº CEI programados x 100
Desagregar por tipo de abastecemento e provincia e risco (máis de 200, menos de
200, establecementos públicos de centros escolares)
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 47 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Resultados
Nº CEI con non conformidades na inspección/Nº CEI inspeccionados x 100
Nº CEI con expedientes propostos/Nº CEI inspeccionados x 100
Nº CEI con expedientes iniciados/Nº CEI inspeccionados x 100
Nº CEI con expedientes con sanción/Nº CEI inspeccionados x 100
B En relación ao control analítico en abastecementos segundo prioridade
Produción
Nº análises realizados / Nº análises programadas x 100
Resultados
Nº análises “Aptas” / Nº análises realizados x 100
Nº Análises “Apta con non conformidade” / Nº análises realizados x 100
Nº análises “Non aptas” / Nº análises realizados x 100
Desagregar por tipo de abastecemento e provincia e risco (máis de 200,
menos de 200, establecementos públicos de centros escolares)
C En relación á determinación de cloro libre residual en abastecementos segundo
prioridade
Produción
Nº de determinacións realizadas / Nº de determinacións programadas x 100
Resultados
Nº conformes (Cl: 0.10- 1,0 mg/l) / Nº de determinacións realizadas x 100
Nº de non conformidades (Cl: 0.0 mg/l) / Nº de determinacións realizadas x 100
Nº de non conformidades (Cl >1.0 mg/l) / Nº de determinacións realizadas x 100
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 48 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Desagregar por tipo de abastecemento e provincia e risco (máis de 200, menos de
200, establecementos públicos de centros escolares)
E En relación ao SINAC
Resultados
Número de zonas de abastecemento dadas de alta en SINAC / Número de zonas de
abastecemento en vixilancia sanitaria
Desagregar por tipo de abastecemento e provincia (máis de 200, menos de 200,
establecementos públicos de centros escolares)
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 49 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
5.15. Documentos do programa
GC-13T-02-01-01. Guía coa información mínima que debe incluír o protocolo de autocontrol
e xestión dun abastecemento
PARTE A: Abastecementos de máis de 200 persoas
PARTE B: abastecementos de máis de 200 persoas
GC-13T-02-01-02. Guía do HERME: perfiles de auga e outros aspectos desta aplicación.
GC-13T-02-01-03. Guía coa información mínima que debe incluír o proxecto de construción
de novos abastecementos ou infraestruturas de auga
GC-13T-02-01-04. Guía para elaborar o informe sanitario solicitado polos organismos de
bacía ou polo representante legal do abastecemento, na tramitación de concesións ou
novacións de augas para abastecementos e urbanizacións
GC-13T-02-01-05. Protocolo de actuación fronte o crecemento de cianobacterias en encoros
GC-13T-02-01-06 Guía cos requisitos que cómpren cumprir os establecementos públicos
que posúan un abastecemento propio ou estean conectados a unha traída de veciñanza
GC-13T-02-01-07 Xestión de incumprimentos
GC-13T-02-01-08 Sinalización das fontes
GC-13T-02-01-09 Radioactividade nas augas de consumo humano
GC-13T-02-01-10 Guía para emitir o informe sanitario relativo á subministración de auga en
cisternas ou depósitos móbiles de auga tratada
F-13T-02-01-01. Protocolo de inspección de abastecementos
F-13T-02-01-02. Protocolo de inspección da zona de autoabastecemento dos
establecementos públicos
F-13T-02-01-03. Modelo de remisión de non conformidades I (auga apta para o consumo
con non conformidade)
F-13T-02-01-04. Modelo de remisión de non conformidades II (auga non apta para
o consumo)
F-13T-02-01-05. Anulado
F-13T-02-01-06. Anulado
F-13T-02-01-07. Informe sanitario sobre proxecto de construción
F-13T-02-01-08. Informe sanitario á posta en funcionamento
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 50 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
F-13T-02-01-09. Solicitude do informe sanitario previo á construción dun abastecemento ou
parte deste
F-13T-02-01-10. Solicitude de informe sanitario en captacións (concesións/novacións de
auga)
Que abastezan a máis de 50 habitantes
Conectadas a abastecementos da rede pública de distribución
Conectadas a abastecementos con actividades públicas/comerciais
F-13T-02-01-11. Solicitude de informe sanitario en captacións que abastezan a menos de 50
habitantes, sempre que non existan actividades comerciais ou públicas, e que non estean ou
vaian estar conectados á rede pública de distribución.
F-13T-02-01-12. Solicitude de informe sanitario conxunto en captacións incluídas no Real
decreto 140/2003:
Informe sanitario previo de novas captacións (artigo 13 do Real decreto 140/2003)
Informe sanitario en concesións de captacións (artigo 123.3 del RDPH)
F-13T-02-01-13. Informe sanitario para tramitar unha concesión de auga (artigo 130, menos
de 50 habitantes)
F-13T-02-01-14. Informe sanitario para tramitar unha concesión de auga (artigo 123, máis de
50 habitantes)
F-13T-02-01-15. Informe sanitario para tramitar unha concesión de auga (artigo 125)
F-13T-02-01-16. Informe sanitario para tramitar un uso privativo por disposición legal
F-13T-02-01-17. Protocolo de avaliación de riscos
F-13T-02-01-18. Índice de Langelier
F-13T-02-01-19. Solicitude do informe sanitario á posta en funcionamento dun
abastecemento ou parte deste
F-13T-02-01-20. Solicitude do informe sanitario para transporte de auga de consumo a
través de cisternas ou depósitos móbiles
6. Desenvolvemento do programa en aspectosrelativos ao autocontrol que realizan os xestores
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 51 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
dos abastecementos e os controis na billa doconsumidor
6.1. Perfil de profesional ao que vai destinado
O perfil de profesional ao que vai destinado este apartado é o xestor dun abastecemento ou
parte deste e os concellos, xa que a información deste apartado desenvolve aspectos
importantes do Real decreto 140/2003 necesarios para poder realizar unha boa xestión dos
abastecementos, e inclúe aspectos de obrigado cumprimento para os concellos.
6.2 Información relativa aos análises e frecuencias a determinar polos
xestores e concellos
6.2.1 Tipos de análises a determinar no autocontrol
Os parámetros a determinar no autocontrol que cómpre realizar o xestor da zona de
abastecemento ou parte desta son os que se indican a continuación.
6.2.1.1 Control de desinfectante residual e pH
O obxectivo deste control é que o xestor verifique a existencia de desinfectante residual, así
como que comprobe que os niveis son correctos sen comprometer a eficacia da
desinfección, así como que non supoñen un risco para o consumidor.
6.2.1.2 Exame organoléptico
O seu obxectivo é a valoración das características organolépticas da auga de consumo en
base ao cheiro, color, sabor e turbidez.
6.2.1.3 Análise de control
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 52 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Ten por obxecto facilitar ao xestor e á autoridade sanitaria a información sobre a calidade
organoléptica e microbiolóxica da auga de consumo humano, así como información sobre a
eficacia do tratamento de potabilización.
Parámetros que hai que determinar:
1) cheiro, sabor, turbidez, cor, condutividade, pH, amonio, Escherichia coli e Bacterias
coliformes.
2) Tras a avaliación do risco realizada polo xestor, e se así o aconsella a dita avaliación,
engadiranse de forma obrigatoria os seguintes parámetros á análise de control:
• Cloro libre residual se se utiliza cloro ou derivados como desinfectante
• Cloro combinado residual e nitrito, se se utiliza a cloraminación
• Aluminio e/ou ferro, se se utilizan como substancias para o tratamento da auga
• Clostridium perfringens (incluídas as esporas), polo menos, despois dos procesos de
limpeza do depósito, cisterna ou rede, ou mantemento de ETAP. Ademais se controlará
polo menos, á saída da ETAP, o depósito de cabeceira ou no seu defecto no depósito de
distribución ou regulación.
• Reconto de colonias a 22º C, polo menos se controlará á saída de ETAP ou depósito de
cabeceira.
• Biocidas ou os seus metabolitos cando se usen outros biocidas distintos ao cloro e os
seus derivados
3) Controis adicionais nas análises de control de rede de distribución e puntos de entrega a
outros xestores, dos subprodutos de desinfección que poidan estar presentes na auga de
consumo humano (como por exemplo os trihalometanos, cloritos e cloratos).
Máis información no apartado da páxina WEB "control analítico adicional de
subprodutos da desinfección na auga de consumo humano"
4) Os que decida a autoridade sanitaria para cada abastecemento, se o considera necesario
para salvagardar a saúde da poboación.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 53 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.2.1.4 Análise completo
Ten por obxecto facilitar aos xestores e á autoridade sanitaria a información necesaria para
determinar o cumprimento de todos os valores paramétricos establecidos no anexo I. Para
isto se controlarán todos os parámetros dese anexo I, así como os que dispoña a autoridade
sanitaria cando sospeite que poidan estar presentes na auga de consumo humano e que
poidan supoñer un risco para a saúde dos consumidores.
6.2.1.5 Análise de radioactividade
Ten por obxecto facilitar información sobre a presenza de substancias radioactivas naturais
ou artificiais na auga de consumo humano e actuarase segundo o establecido no anexo X
do Real decreto 140/2003.
Parámetros que hai que determinar: Radón, tritio e Dose Indicativa (DI)
• RADON: o punto 4.2 do anexo X do Real decreto 314/2016 indica que o radón se
determinará sempre que a orixe da auga de consumo humano sexa subterránea de
maneira total ou parcial e a caracterización da zona de abastecemento indique que
sexa razoable pensar que o valor correspondente ao radón poida superar 500 Bq/l,
ou ben cando a masa de auga subterránea de procedencia non estea aínda
caracterizada.
Por isto, mentres as masas de auga non estean caracterizadas, haberá que
determinar este parámetro no caso que a orixe da auga sexa subterránea de
maneira total ou parcial.
• TRITIO: no punto 4.3 do anexo X, indícase que se determinará o tritio coa frecuencia
de mostraxe que sinala o apartado 3 deste anexo cando a auga sexa de orixe
superficial e a captación poida estar afectada por unha fonte antropoxénica de tritio
ou doutros radionucleidos artificiais de acordo á información proporcionada polo
Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
Por isto, en Galicia, por regra xeral, non é necesaria a determinación de tritio, a non
ser que se teña a sospeita da súa existencia ou o CSN proporcionase información ao
respecto.
• DOSE INDICATIVA TOTAL: o punto 4.4 do anexo X indica que para a determinación
da dose indicativa total (DI) utilizarase a medida do índice de concentración de
actividade alfa total e do índice de concentración da actividade beta total ou resto, de
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 54 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
acordo cunha metodoloxía determinada que establece que, no caso que o resultado
destes dous índices sexa menor a 0,1 e 1 Bq/l respectivamente, poderíase
considerar que a DI é inferior ou igual a 0,1 mSv/ano. Por tanto, nestes casos non
sería necesaria unha investigación radiolóxica adicional, é dicir unha análise de
radionucleidos específicos naturais e artificiais.
Máis información no apartado "Radioactividade en augas de consumo"
6.2.1.6 Control na billa do consumidor
Para as augas de consumo humano subministradas a través dunha rede de distribución
pública ou privada, o concello, ou no seu defecto outra entidade de ámbito local, tomará as
medidas necesarias para garantir a realización do control da calidade da auga na billa do
consumidor e a elaboración periódica dun informe sobre os resultados obtidos.
Os parámetros a controlar na billa do consumidor son polo menos:
• Cheiro, Sabor, Cor, Turbidez, Condutividade, pH, Amonio, Bacterias coliformes,
Escherichia coli (E. coli).
• Cobre, cromo, níquel, ferro, chumbo ou outro parámetro: Cando se sospeite que a
instalación interior ten este tipo de material instalado.
• Cloro libre residual e/ou cloro combinado residual: cando se utilice cloro ou os seus
derivados para o tratamento de potabilización da auga.
En caso de incumprimento dos valores paramétricos, tomarase unha mostra na acometida
ou, no seu caso, no punto de entrega ao consumidor.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 55 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.2.1.7. Outros controis: cianotoxinas (microcistinas)
Os xestores de abastecementos que capten a auga para o seu subministro á poboación de
encoros ou recursos dos que se teña constancia da proliferación de cianobacterias, ou de
existencia da súa posibilidade, deberán realizar controis nos abastecementos que xestionan,
determinando cianotoxina disolta ou total en diferentes puntos do abastecemento, en función
dos resultados de microcistina en encoro.
As empresas xestoras poderán utilizar calquera método de determinación de cianotoxinas
sempre e cando o límite de cuantificación do método sexa como mínimo de 0.5
microgramos/L.
Cando no autocontrol ou na vixilancia sanitaria do abastecemento (captación, tratamento,
depósito ou rede) se detecte presenza de toxinas diferentes á microcistina LR, o xestor
deberá determinalas especificamente na súa análise.
Máis información no apartado "cianobacterias"
6.2.2 Frecuencias de mostraxe
As frecuencias de mostraxe dos parámetros a determinar no autocontrol que cómpre realizar
o xestor da zona de abastecemento ou parte desta son os que se indican a continuación.
6.2.2.1 Control de desinfectante residual e pH
Diario. Os puntos de mostraxe serán representativos do abastecemento ou partes deste, e
fixaraos o xestor coa supervisión da autoridade sanitaria.
Cando se utilice cloro ou os seus derivados, determinaranse cloro libre e combinado
residual.
6.2.2.2 Exame organoléptico (cheiro, color, sabor, turbidez)
Dúas veces á semana e sempre e cando non se realice outro tipo de análise neste período.
Os puntos de mostraxe serán representativos do abastecemento ou partes deste e fixaraos
o xestor coa supervisión da autoridade sanitaria.
6.2.2.3 Análise de control, completo e billa do consumidor
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 56 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Parte A. Frecuencia mínima anual do total de mostraxes e análise para o control documprimento
Cadro 1. Frecuencia mínima anual
Volume de auga distribuída ou producida
cada día nunha zona de abastecemento
(m3)
(Nota 1 e 2)
Análise de control
N.º de mostras por ano
Análise completo
N.º de mostras por ano
≤10 1 1 cada 5 anos
> 10 a ≤ 100 3 1 cada 5 anos
> 100 a ≤ 1000 4 1
> 1000 a ≤ 10.000
4 + 3 por cada 1.000 m3/de fracción do volume total
1
1 + 1 por cada 4.500 m3/d e fracción
do volume total 2
> 10.000 a ≤ 100.0003 + 1 por cada 10.000 m3/d e
fracción do volume total 3
>100.00012 + 1 por cada 25.000 m3/d e
fracción do volume total 4
Nota 1. Definición de zona de abastecemento segundo o que dispón o artigo 2.21 do Real Decreto 140/2003.
Nota 2. Os volumes calcularanse como medias nun ano natural. Para determinar a frecuencia mínima, pódese
utilizar o número de habitantes dunha zona de abastecemento en lugar do volume de auga, considerando un
consumo de auga de 200 l diarios por persoa.
Parte B. Distribución da frecuencia de mostraxe e análise polas infraestruturas da zona deabastecemento
Cadro 2. Frecuencia mínima da análise de control en infraestruturas (nota 1)
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 57 de 78
Como se calcula:
1: 4 para os primeiros 1.000 m3/d + 3 por cada 1.000 m3/d adicionais e fracción do volume total2: 1 para os primeiros 1.000 m3/d + 1 por cada 4.500 m3/d adicionais e fracción do volume total3: 3 para os primeiros 10.000 m3/d + 1 por cada 10.000 m3/d adicional e fracción do volume total4: 12 para os primeiros 100.000 m3/d + 1 por cada 25.000 m3/d adicional e fracción do volume total
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Volume de auga (m3)
(Nota 2)
Saída de ETAP ou Depósito
de cabeceira Volume de
auga tratada ao día (m3)
Depósito de regulación ou
distribución
Capacidade do depósito
(m3)
Rede de
distribución
Volume de auga
distribuída ao día
(m3)
≤10 0 0 1
> 10 a ≤ 100 1 1 1
> 100 a ≤ 1000 1 1 2
> 1000 a ≤ 10.000 1 por cada 1.000 m3/día e
fracción do volume total
12 1 por cada 1.000 m3/
día e fracción do
volume total> 10.000 a ≤ 100.000 18
>100.000 24
Nota 1. O número de análise de control que deberá realizar o xestor será o resultante de aplicar esta frecuencia
salvo que este valor sexa inferior ao establecido no cadro 1, para a análise de control, entón deberán
incrementarse o número de mostra de control en rede de distribución para cumprir o establecido no cadro 1.
Nota 2. Os volumes calcularanse como medias nun ano natural. Para determinar a frecuencia mínima, pódese
utilizar o número de habitantes dunha zona de abastecemento en lugar do volume de auga, considerando un
consumo de auga de 200 l diarios por persoa.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 58 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Cadro 3. Frecuencia mínima da análise completo en infraestruturas (nota 1)
Volume de auga (m3)
(Nota 2)
Saída de ETAP ou Depósito
de cabeceira Volume de
auga tratada al día (m3)
Depósito de regulación
ou distribución
Capacidade do depósito
(m3)
Rede de distribución
Volume de auga
distribuída ao día (m3)
≤10 0 0 1 cada 5 anos
> 10 a ≤ 100 1 cada 5 años 1 cada 5 años 1 cada 5 años
> 100 a ≤ 1000 1 1 1
> 1000 a ≤ 10.0001 por cada 5.000 m3/día e
fracción do volume total2
1 por cada 5.000 m3/día e
fracción do volume total
> 10.000 a ≤ 100.0002+1 por cada 20.000 m3/día e
fracción do volume total 14
2 + 1 por cada 20.000 m3/día
e fracción do volume total 3
>100.0005+1 por cada 50.000 m3/día e
fracción do volume total 26
5 + 1 por cada 50.000 m3/día
e fracción do volume total 4
Nota 1. O número de análise completo que deberá realizar o xestor será o resultante de aplicar esta frecuencia
salvo que este valor sexa inferior ao establecido no cadro 1, para a análise completa, entón deberán
incrementarse o número de mostras para análise completo en rede de distribución para cumprir o establecido no
cadro 1.
Nota 2. Os volumes calcularanse como medias nun ano natural. Para determinar a frecuencia mínima, pódese
utilizar o número de habitantes dunha zona de abastecemento en lugar do volume de auga, considerando un
consumo de auga de 200 l diarios por persoa.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 59 de 78
Como se calcula:
1: 2 para os primeiros 10.000 m3/d + 1 por cada 20.000 m3/d adicionais e fracción do volume total
2: 5 para os primeiros 100.000 m3/d + 1 por cada 50.000 m3/d adicionais e fracción do volume total
3: 2 para os primeiros 10.000 m3/d + 1 por cada 20.000 m3/d adicional e fracción do volume total
4: 5 para os primeiros 100.000 m3/d + 1 por cada 50.000 m3/d adicional e fracción do volume total
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Parte C. Control en billa do consumidor (nota A)
Número de habitantes subministrados Número mínimo de mostras ao ano
≤50 1
> 50 a ≤ 500 4
> 500 a ≤ 5000 6
> 5000 6 + 2 por cada 5.000 habitantes e fracción
Nota A: Para as augas de consumo humanos subministradas a través dunha rede de distribución pública ou
privada, o concello, ou no seu defecto outra entidade de ámbito local, tomará as medidas necesarias para
garantir a realización do control da calidade da auga na billa do consumidor e a elaboración periódica dun
informe sobre os resultados obtidos.
COMENTARIOS ADICIONAIS RELATIVOS Á FRECUENCIA ANALÍTICA
Os exemplos de como se calcula a frecuencia de mostraxe pódense atopar no documento “preguntas máis frecuente sobre o
Real decreto 902/2019”
http://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/saludAmbLaboral/aguas/aconsumo/Doc/
Aclaraciones_sobre_el_Real_Decreto_902_19032019.pdf
http://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/saludAmbLaboral/calidadAguas/preguntasFrec.htm
Definición de depósitos de auga bruta, cabeceira, distribución ou regulación. Atópanse no documento de axuda do SINAC
profesional: Manual del módulo de altas (valores de táboas do SINAC)
https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6033/valores_tablas.pdf
• Auga bruta: Depósito de auga que non sufriu ningún tratamento e que mantén as características do recurso hídrico
de onde foi captado.
• Cabeceira: Depósito de auga final dunha ETAP, ou no seu defecto depósito onde se realiza o tratamento de
desinfección.
• Distribución: Depósito de auga que serve para almacenar auga tratada antes de que esta sexa enviada á rede de
distribución.
• Regulación: Depósito intermedio na rede de distribución que serve para regular algunha das características da
auga, tales como presión, desinfectante residual, etc… É o único depósito que pode ter no SINAC como procedencia
de auga a unha rede.
Modificación de frecuencias de mostraxe: Seguirase o indicado no artigo 21 e na parte B do anexo XI do Real decreto
140/2003
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 60 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.2.2.4 Parámetros do anexo X (radioactividade)
Volume de auga distribuída cada día nunha zona de
abastecemento (m3/día)
(Nota 1 e 2)
Número de mostras por ano
(Notas 3 e 4)
≤100 1 cada 5 años (agua orixe superficial)
1 cada 2 anos (agua orixe subterráneo)
> 100 a ≤ 1000 1
> 1000 a ≤ 10 000 1 + 1 por cada 3.300 m3/día e fracción do volume total
> 10 000 a ≤ 100 000 3 + 1 por cada 10.000 m3/día e fracción do volume total
> 100 00010 + 1 por cada 25.000 m3/día e fracción do volume
total
(Nota 1) O volume de auga distribuída calcularase como medias nun ano natural, sumando o volume de auga
distribuída en todas as redes de distribución de dita zona de abastecemento. Para determinar a frecuencia
mínima, pódese utilizar o número de habitantes dunha zona de abastecemento en lugar do volume de auga,
considerando un consumo de auga de 200 l diarios por persoa.
(Nota 2) O punto de mostraxe para substancias radioactivas poderá realizarse en calquera lugar da zona de
abastecemento, sempre e cando non haxa razóns para sospeitar que se poda producir un cambio adverso do
valor da concentración da substancia radioactiva entre aquel e o punto de cumprimento previsto no artigo 6 do
Real decreto 140/2003.
(Nota 3) Na medida do posible, o número de mostras deberá distribuírse de maneira uniforme no tempo y no
espacio.
(Nota 4) No caso de subministracións intermitentes a través de cisternas, entenderase que se cumpre a
frecuencia de mostraxe cando esta se cumpra na zona de abastecemento da auga de procedencia.
Máis información no apartado "Radioactividade en augas de consumo"
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 61 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.2.2.5 Outros controis: cianotoxinas (microcistinas)
1 Cando o organismo de bacía declarou o encoro en situación de normalidade
Determinación de cianotoxina unha vez ao mes a saída da ETAP.
2. Cando o organismo de bacía declarou o encoro en situación de alerta ou afloramento
Determinación de microcistina en función dos resultados de cianotoxina do encoro:
2.1 Non se detecta cianotoxina no encoro: determinación de cianotoxina disoltasemanal logo da ETAP
2.2 Si se detecta cianotoxina no encoro
➢ Menor de 1 microgramo/litro: determinación de cianotoxina disolta cada 3 díaslogo da ETAP
➢ Igual ou maior de 1 microgramo/litro: determinación de cianotoxina total diarialogo da ETAP
Máis información no apartado de "cianobacterias"
6.3. SINAC
O SINAC regúlase no Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, no seu artigo 30, que é
desenvolvido pola Orde SCO/1591/2005, de 30 de maio.
No SINAC, os xestores dos abastecementos deben dar de alta as infraestruturas das zonas
de abastecemento (captacións, tratamentos, depósitos e redes de distribución e puntos de
mostraxe). A Consellería de Sanidade crea as zonas de abastecemento, por tanto:
• Os administradores autonómicos (Consellería de Sanidade) rexistran as zonas de
abastecemento no SINAC.
• Os xestores dos abastecementos (concellos, empresas xestoras, comunidades de
usuarios de augas,...) rexistran as súas infraestruturas a través dun administrador
básico. Estas solicitudes son aceptadas por un administrador autonómico.
Para isto deben estar rexistrados na aplicación como usuarios do SINAC os administradores
básicos (persoal dos concellos, empresas xestoras, comunidades de usuarios de augas...) e
os administradores autonómicos (persoal da Consellería de Sanidade) que deberán estar
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 62 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
asignados aos seus organismos pertinentes (por exemplo a un concello, empresa xestora, a
unha comunidade de usuarios de augas ou Consellería de Sanidade)
Con respecto aos concellos, é importante que sempre estea rexistrado na aplicación un
administrador básico ou usuario municipal de cada concello para poder xestionar os boletíns
analíticos de billa de consumidor e a información de todos os sistemas de abastecemento
que existan no seu concello.
Por outra banda, deberán estar rexistrados na aplicación todos os laboratorios que realicen
análises nas infraestruturas das zonas de abastecemento incluídas na vixilancia sanitaria,
así como os usuarios pertencentes a estes organismos.
Así mesmo, na aplicación se realizan outros trámites como as baixas, os cambios de
entidade xestora, as fusións e divisións de zonas ou redes.
Para rexistrar zonas de abastecemento e as súas infraestruturas asociadas seguirase o
indicado no apartado 5.6 deste programa.
Máis información no apartado da páxina WEB AUGAS CONSUMO : SINAC
6.4 Informes sanitarios
Para solicitar os seguintes informes:
• Informe sanitario en proxectos de construción de novos abastecementos ou partedeste
• Informe sanitario á posta en funcionamento de novos abastecementos ou parte deste.
• Informes sanitarios relativos ás concesións e novacións de auga paraabastecementos
• Informes sanitarios relativos ao transporte con cisterna ou depósito móbil
Seguirase o indicado nos apartados 5.9.5, 5.9.6 e 5.9.7 deste programa
Máis información no apartado da páxina WEB AUGAS CONSUMO : INFORMES SANITARIOS
6.5 Fontes públicas
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 63 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
O Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da
calidade da auga de consumo humano establece que a auga deberá ser salubre e limpa
polo que non deberá conter ningún tipo de microorganismo, parasito ou substancia nunha
cantidade ou concentración que poida supoñer un risco para a saúde humana.
Segundo a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e a Lei 5/97; de
22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os concellos asumen as competencias en
protección da salubridade pública e abastecemento de auga a domicilio.
Por outra banda, o Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os
requisitos sanitarios das augas de consumo exclúe do ámbito de aplicación desta normativa
a aquelas augas procedentes de fontes naturais que subministren como media menos de 10
m³ diarios de auga, ou que abastezan a menos de 50 persoas excepto cando se perciba un
risco potencial para a saúde, en cuxo caso a autoridade sanitaria requirirá á administración
local que adopte as medidas necesarias para o cumprimento deste Real decreto.
Por todo isto, os concellos para evitar riscos potenciais para a saúde e así asegurar a
protección da saúde da poboación do seu territorio deberán conservar, rexistrar e sinalizar
adecuadamente as fontes públicas.
Con respecto á sinalización e os autocontrois a realizar, seguirase o indicado na GC-13T-02-
01-08
Máis infomación no apartado da Páxina WEB AUGAS DE CONSUMO: FONTES
6.6 Requisitos sanitarios dos abastecementos non incluídos noámbito de aplicación do Real Decreto 140/2003
Todas aquelas augas de consumo humano procedentes dun abastecemento individual e
domiciliario ou fonte natural que abasteza como media menos de 10 m3 diarios de auga, ou
que abasteza a menos de cincuenta persoas, están excluídas do ámbito de aplicación do
Real decreto 140/2003, excepto cando se perciba un risco potencial para a saúde das
persoas derivado da calidade da auga. Neste caso a autoridade sanitaria requirirá á
administración local que adopte, para estes abastecementos, as medidas necesarias para o
cumprimento do disposto neste Real decreto.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 64 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Polo anteriormente exposto, unha zona de abastecemento non incluída no ámbito de
aplicación do Real decreto 140/2003, debe distribuír igualmente, auga apta para o consumo
humano. Para isto, aínda que non estea obrigada a cumprir todos os requirimentos que
inclúe o Real decreto 140/2003, deben manter unhas condicións sanitarias mínimas
axeitadas das súas infraestruturas e realizar uns controis mínimos para poder garantir unha
auga de calidade.
Por outra banda, o concello é responsable de asegurar que a auga subministrada a través
de calquera rede de distribución, cisterna ou deposito móbil no seu ámbito territorial sexa
apta para o consumo no punto de entrega ao consumidor.
A Consellería de Sanidade para garantir que estes abastecementos distribúan un auga apta
para o consumo humano, recomenda que este tipo de abastecementos cumpran cos
seguintes requisitos sanitarios.
Máis infomación no apartado da Páxina WEB AUGAS DE CONSUMO: ABASTECEMENTOS INDIVIDUAIS E DOMICILIARIOS
6.7 Requisitos dos laboratorios
Segundo o Real decreto 140/2003, todo laboratorio público ou privado que realice
determinacións para as análises de control e análise completo e as análises de
radioactividade do autocontrol, vixilancia sanitaria ou control en billa do consumidor deberá
implantar un sistema que asegure a calidade e validalo ante unha unidade externa de
control de calidade, que realizará periodicamente unha auditoría. Toda entidade pública ou
privada que realice a dita auditoría deberá estar acreditada polo organismo competente.
Os laboratorios que realicen análises de auga de consumo para as análises de control e
análises completo, vixilancia sanitaria ou control na billa do consumidor e superen a
determinación anual de 5000 mostras de auga de consumo, terán todos os métodos de
análise acreditados pola norma UNE EN ISO/IEC-17025 (excepto para as análises de
radioactividade do autocontrol).
Aqueles que non superen as 5000 mostras, e que non teñan todos os métodos de análise
acreditados por esta norma, deberán ter implantado, como mínimo, un sistema de calidade
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 65 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
que estará validado ante unha unidade externa de control de calidade que realizará
periodicamente unha auditoría (por exemplo unha certificación ISO 9001). Así mesmo, os
métodos empregados estarán validados e documentados de conformidade coa UNE EN
ISO/IEC-17025.
Os métodos de análise utilizados polos laboratorios deberanse axustar ao anexo IV do Real
decreto 140/2003. Con respecto ás substancias radioactivas, os métodos de ensaio son os
previstos no anexo X dese mesmo Real decreto.
Cómpre recordar que os laboratorios que realicen análises de auga para os autocontrois de
abastecementos sometidos a vixilancia sanitaria deben estar dados de alta no SINAC.
Máis infomación no apartado da Páxina WEB AUGAS DE CONSUMO: LABORATORIOS DE AUGA DE
CONSUMO
6.8 Xestión dos incumprimentos
Considerando que os valores paramétricos que estipula o Real Decreto 140/2003, elixíronse
baseándose nos coñecementos científicos dispoñibles e que se tivo en conta o principio de
precaución, estes valores paramétricos seleccionáronse para que as augas destinadas ao
consumo humano poidan consumirse con seguridade durante toda a vida e representen, por
tanto, un alto nivel de protección da saúde.
A contaminación química das augas de consumo, a diferenza da contaminación
microbiolóxica, non adoita orixinar cadros agudos ou manifestacións clínicas a curto prazo,
con todo, pode ter carácter acumulativo e implicar, en función do tipo de substancia ou
composto químico de que se trate, un risco ou perigo para a saúde, polo seu potencial
efecto tóxico, carcinóxeno, teratóxeno, mutaxénico, alerxénico, de disruptor endocrino,
entre outros.
A normativa de augas de consumo contempla unha serie de parámetros indicadores a
controlar, cuxa superación do valor límite establecido, advirte da existencia dalgunha
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 66 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
anomalía ou contaminación e, en consecuencia, é necesario investigar a causa e aplicar con
carácter inmediato a medida ou medidas correctoras que correspondan.
Enténdese por incumprimento, toda superación nunha mostra de auga dos valores
paramétricos establecidos no Anexo I do Real Decreto 140/2003, para parámetros
microbiolóxicos, químicos ou indicadores, ou no seu caso, dos valores paramétricos
excepcionados pola Consellería de Sanidade, así como a presenza nesta de parasitos ou
substancias que afecten a súa condición de salubridade.
A cualificación da auga prevista no artigo 17.4 do Real decreto 140/2003 referirase
exclusivamente aos resultados analíticos dunha mostra de auga e expresará o cumprimento
ou conformidade desa mostra coas condicións de salubridade e/ou os valores paramétricos
establecidos na norma
✔ "Non apta para o consumo" ou "Non apta para o consumo con risco para a saúde",
cando o incumprimento estea orixinado por parámetros microbiolóxicos, químicos ou
ante a presenza dalgún tipo de parasito ou substancia que ocasione a perdida de
salubridade da auga distribuída
✔ “Apta para o consumo con incumprimento en ... ” ou "Non apta para o consumo",
cando o incumprimento estea orixinado por parámetros indicadores e supérese o
valor paramétrico establecido no Real decreto 140/2003 ou o valor consensuado,
respectivamente.
A cualificación dunha mostra non reflicte en ningún caso a situación sanitaria xeral da auga
distribuída por un abastecemento. Esta deberá ser determinada, en cada caso, despois
dunha valoración sanitaria e/ou avaliación de risco por parte da Xefatura Territorial de
Sanidade, de acordo cos criterios recollidos na GC-13T-02-01-07, que establecerán o
alcance do incumprimento.
Por outra banda, con respecto a cualificación da calidade da auga de consumo humano
respecto ás substancias radioactivas non será de aplicación o artigo 17.4 do Real decreto
140/2003 e se estará ao disposto no anexo X que indica que os valores paramétricos das
substancias radioactivas das augas de consumo humano non deben ser considerados como
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 67 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
límites. En caso de superación, débese estudar se o devandito valor supón un risco tal para
a saúde humana que esixa a adopción de medidas orientadas a situalo a nivel que cumpra
os requisitos de protección da saúde desde o punto de vista da protección radiolóxica.
Toda a información relativa á xestión de incumprimentos dos parámetros do anexo I e a
xestión das superacións dos valores paramétricos das substancias radioactivas atópanse
nos seguintes documentos: GC-13T-02-01-07 Xestión de incumprimentos e GC-13T-02-01-
09 Radioactividade nas augas de consumo humano.
Máis infomación no apartado da Páxina WEB AUGAS DE CONSUMO: XESTIÓN DE INCUMPRIMENTOS
Máis infomación no apartado da Páxina WEB AUGAS DE CONSUMO: RADIOACTIVIDADE
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 68 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.9 Protocolos de autocontrol e xestión
O artigo 18 do Real decreto 140/2003 desenvolve os aspectos relativos aos protocolos de
autocontrol e xestión.
Os obxectivos dos protocolos de autocontrol e xestión do abastecemento son:
a) Comprobar que as medidas aplicadas para controlar os riscos para a saúde humana en
todo o abastecemento a partir da captación, incluídos o tratamento, o almacenamento e a
distribución, son eficaces e que a auga, no punto de cumprimento, é salubre e limpa.
b) Facilitar información sobre a calidade da auga de consumo humano abastecida a fin de
demostrar o cumprimento das obrigacións establecidas no artigo 5 do Real decreto
140/2003 e dos valores paramétricos previstos no anexo I.
c) Determinar os medios máis adecuados para reducir o risco sobre a saúde humana
O protocolo de autocontrol e xestión do abastecemento elaborado polo xestor do
abastecemento debe estar a disposición da autoridade sanitaria e deberá ser revisado e
actualizado de forma continua ou ratificado novamente ao menos cada cinco anos por cada
xestor.
Este protocolo deberá estar en concordancia co programa autonómico de vixilancia sanitaria
da auga de consumo humano.
Na GC-13T-02-01-01. (Guía coa información mínima que debe incluír o protocolo de
autocontrol e xestión dun abastecemento) atopará a información mínima que debe constar
nos protocolos de autocontrol e xestión dun abastecemento.
Máis información na páxina WEB de augas de consumo (Xestores-Programa de Vixilancia)
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 69 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.10 Plans sanitarios
Por outra banda, no artigo 21 bis do Real decreto 140/2003 desenvólvense aspectos
relativos aos plans sanitarios da auga, a súa elaboración e aprobación.
Indícase que o plan sanitario da auga, en diante PSA, entenderase como aquel protocolo de
autocontrol e xestión do abastecemento que estea baseado, para a súa elaboración, na
avaliación do risco tal como sinala o anexo XI deste mesmo Real decreto 140/2003..
A elaboración e implantación dun PSA será obrigatoria, ao menos, para aquelas zonas de
abastecemento con máis de cincuenta mil habitantes. Para as menores de cincuenta mil
habitantes, poderá ser optativo para os xestores, sen prexuízo do que dispoña a autoridade
sanitaria no ámbito das súas competencias.
O PSA deberá avaliar toda a zona de abastecemento desde a captación, tratamento de
potabilización, almacenamento en depósito ou cisterna e rede de distribución.
No caso de zonas de abastecemento con diferentes xestores en cada infraestrutura,
garantirase que os resultados obtidos en cada unha das infraestruturas estean dispoñibles
para os xestores das outras infraestruturas afectadas.
O PSA, unha vez elaborado, deberá ser aprobado pola autoridade sanitaria competente. Ata
que o PSA sexa obxecto de aprobación, o xestor da infraestrutura seguirá aplicando o
protocolo de autocontrol e xestión do abastecemento.
Os xestores das infraestruturas das zonas de abastecemento terán ao dispor da autoridade
sanitaria, para cando esta o solicite, a documentación e rexistros relativos á elaboración e
aplicación do PSA, así como un resumo dos seus resultados. Na documentación do PSA,
incluirase a información correspondente á avaliación do risco, xunto cun resumo dos seus
resultados.
O PSA revisarase e actualizarase de forma continua ou ratificarase novamente ao menos
cada cinco anos.
O Ministerio de Sanidade desenvolveu unha ferramenta web de xestión dos plans Sanitarios
da auga. Esta ferramenta ponse a disposición dos operadores do subministro da auga de
consumo á poboación e das administracións competentes para axudar na elaboración dos
Plans Sanitarios del Agua o PSA.
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 70 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Estes PSA están baseados en la avaliación e xestión do risco, proposto pola Organización
Mundial de la Salud e a Unión Europea.
Por este motivo o Ministerio de Sanidade estudou no seno dun grupo de traballo, a mellor
maneira de desenvolver unha ferramenta para a elaboración do PSA dunha zona de
abastecemento ou partes desta.
Este grupo de traballo foi coordinado por el MSCBS e participaron expertos da Asociación
Española de Abastecemento e Saneamento (AEAS) e do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Máis información desta ferramenta GEPSA
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 71 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
6.11 Documentos do programa de aplicación para os xestores
GC-13T-02-01-01. Guía coa información mínima que debe incluír o protocolo de autocontrol
e xestión dun abastecemento
PARTE A: Abastecementos de máis de 200 persoas
PARTE B: abastecementos de máis de 200 persoas
GC-13T-02-01-03. Guía coa información mínima que debe incluír o proxecto de construción
de novos abastecementos ou infraestruturas de auga
GC-13T-02-01-05. Protocolo de actuación fronte o crecemento de cianobacterias en encoros
GC-13T-02-01-06 Guía cos requisitos que cómpren cumprir os establecementos públicos
que posúan un abastecemento propio ou estean conectados a unha traída de veciñanza
GC-13T-02-01-07 Xestión de incumprimentos
GC-13T-02-01-08 Sinalización das fontes
GC-13T-02-01-09 Radioactividade nas augas de consumo humano
GC-13T-02-01-10 Guía para emisión deste informe sanitario relativo á subministración de
auga en cisternas ou depósitos móbiles de auga tratada
F-13T-02-01-09. Solicitude do informe sanitario previo á construción dun abastecemento ou
parte deste
F-13T-02-01-10. Solicitude de informe sanitario en captacións (concesións/novacións de
auga)
✔ Que abastezan a máis de 50 habitantes
✔ Conectadas a abastecementos da rede pública de distribución
✔ Conectadas a abastecementos con actividades públicas/comerciais
F-13T-02-01-11. Solicitude de informe sanitario en captacións que abastezan a menos de 50
habitantes, sempre que non existan actividades comerciais ou públicas, e que non estean ou
vaian estar conectados á rede pública de distribución.
F-13T-02-01-12. Solicitude de informe sanitario conxunto en captacións incluídas no Real
decreto 140/2003:
F-13T-02-01-19. Solicitude do informe sanitario á posta en funcionamento dun
abastecemento ou parte deste
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 72 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
F-13T-02-01-20. Solicitude do informe sanitario para transporte de auga de consumo a
través de cisternas ou depósitos móbiles
PR-13T-02-01 Edición 4 (18/02/2020) 73 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano
2016-2020
ANEXO ISISTEMA DE INFORMACIÓN DO PROGRAMA DE VIXILANCIA SANITARIA DE AUGAS DE CONSUMO HUMANO
PrioridadeN.º de expedientes
Propostos Iniciados Finalizados con sanción
Alta
Media
Baixa
* Zonas de abastecemento (ZA) con deficiencias ao final do ano despois de aplicado o programa. Cada zona computará nunha única categoría indicándose soamente a de maior gravidade.
PR-13T-02-01 Edición 3 (18/02/2020) 74 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
ANEXO II
PARÁMETROS A DETERMINAR NAS CONCESIÓNS DE AUGA OU NOVACIÓNS
Todo laboratorio público ou privado que realice determinacións de auga deberá ter
implantado un sistema de seguridade da calidade e validalo ante unha unidade externa de
control de calidade que realizará periodicamente unha auditoría.
Os métodos analíticos empregados polo laboratorio deberán estar acreditados pola norma
UNE-EN ISO/IEC 17025, ou pola contra o laboratorio garantirá que eses métodos estean
validados e documentados conforme con esa norma.
A mostra deberá ser recollida polo laboratorio e no boletín analítico figurará o punto de
mostraxe. No caso de que a recolla o interesado presentará unha declaración responsable
conforme a mostra foi recollida segundo os criterios do laboratorio e que a auga se
corresponde co punto de mostraxe indicado.
Os parámetros a determinar están estipulados neste anexo que consta de dúas partes: A e
B. As concesións de auga para abastecementos que estean incluídas no ámbito de
aplicación do Real decreto 140/2003 realizarán a “parte A” e 3 medidas de turbidez. As non
incluídas dentro do ámbito de aplicación do Real decreto 140/2003 (abastezan auga a un
máximo de 50 habitantes ou subministren como media menos de 10 m3 diarios, sempre que
non sexan abastecementos conectados a redes públicas municipais ou que subministren
auga a actividades públicas ou comerciais), poderán presentar unha análise máis reducida
(parte B).
Moitas veces unha agrupación de mananciais ou pozos que se unen nunha arqueta ou pozo
de concentración están incluídos na mesma solicitude de concesión administrativa de
augas. Aínda que non é o recomendable, permitirase presentar unha única análise da auga
desa arqueta sempre que o interesado presente unha declaración responsable indicando
que:
- A auga deses mananciais ou pozos de pequena entidade están próximos entre si e
se unen nunha arqueta.
- Non se estima que sufran variacións significativas que poidan modificar a calidade
de agua entre eles.
- Estes mananciais ou pozos non se utilizarán por separado.
PR-13T-02-01 Edición 3 (18/02/2020) 75 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Non obstante si nesa analítica se detectara algún composto que puidera ser susceptible de
caracterizar un agua como apta con non conformidade ou non apta (por exemplo arsénico 4
microgramos/Litro ou aluminio 250 microgramos/Litro), deberanse facer análises
complementarios de todos os mananciais ou pozos para saber de onde provén esa
contaminación.
PARTE A
Escherichia coli
Enterococo
Clostridium perfringens (incluídas las esporas)
Antimonio
Arsénico
Benceno
Benzo(a)pireno
Cadmio
Cianuro
Cromo
Fluoruro
Hidrocarburos Policíclicos Aromáticos (HPA):
benzo(b)fluoranteno+Benzo(ghi)perileno+Benzo(k)fluoranteno+Indeno(1,2,3cd)pireno
Mercurio
Microcistina (só augas encoradas)
Níquel
Nitratos
Nitritos
Total de praguicidas
Chumbo
Selenio
Bacterias coliformes
Reconto de colonias a 22 °C
PR-13T-02-01 Edición 3 (18/02/2020) 76 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Aluminio
Amonio
Carbono orgánico total
Cloruro
Color
Condutividade
Ferro
Manganeso
Oxidabilidade
pH
Sodio
Sulfato
Turbidez
Radioactividade_ Actividade alfa*
Radioactividade_ Actividade beta*
Radioactividade_ Radon*
*Parámetros de radioactividade que se deben determinar en todas as augas
susceptibles de abastecemento de auga conforme ao Real decreto 314/2016, de
radioactividade.
http://www.sergas.es/Saude-publica/Radiactividade-en-augas-de-consumo
PARTE B
(captacións que abastezan auga a un máximo de 50 habitantes ou subministren
como media menos de 10 m3 diarios sempre que non haxa actividades
públicas/comerciais e que non estean conectados a redes públicas municipais)
Escherichia coli
Clostridium perfringens (incluídas as esporas)
PR-13T-02-01 Edición 3 (18/02/2020) 77 de 78
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA T 881 542 930 F 881 542 970 www.sergas.es
Programa de vixilancia sanitaria
de augas de consumo humano
2016-2020
Aluminio
Arsénico
Ferro
Nitratos
Nitritos
Bacterias coliformes
Amonio
Color
Condutividade
Manganeso
Oxidabilidade
pH
Turbidez
Radioactividade_ Actividade alfa*
Radioactividade_ Actividade beta*
Radioactividade_ Radon*
*Parámetros de radioactividade que se deben determinar en todas as augas
susceptibles de abastecemento de auga conforme ao Real decreto 314/2016, de
radioactividade.
http://www.sergas.es/Saude-publica/Radiactividade-en-augas-de-consumo
PR-13T-02-01 Edición 3 (18/02/2020) 78 de 78