14
Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07 A Smartboard pode ser empregada como unha “megapantalla” de ordenador (proxectando en grande, para todos, o que se vería na nosa pantalla de 17 pulgadas), o cal xa pode ser de moita axuda na aula. Pero tamén pode ser algo máis: a través do programa NOTEBOOK podemos interactuar con ela de xeito máis directo. Para iso debemos dar os seguintes pasos: 1. Instalar o programa (incluido no noso cd): a instalación é moi doada, hai que seguir as instruccións que nos vai dando o propio programa de instalación. 2. Picar no acceso directo que aparece no escritorio automáticamente ao instalar o programa no ordenador. 3. Aparecerá esta pantalla, cos seguintes “puntos” estratéxicos: Ir á diapositiva anterior Ir á seguinte diapositiva Crear nova diapositiva Desfacer o que acabamos de facer Refacer o que acabamos de borrar Persiana que tapa a ventá para poder ir destapándoa pouco a pouco. Cursor Pantalla completa

PRIMEIROS PASOS COA SMARTBOARD numerado

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad Cursor Desfacer o que acabamos de facer Refacer o que acabamos de borrar Ir á diapositiva anterior Ir á seguinte diapositiva seminario “Using the Smartboard at the English class” Persiana que tapa a ventá para poder ir destapándoa pouco a pouco. Crear nova diapositiva Pantalla completa A Coruña, Curso académico 2.006-07

Citation preview

Page 1: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

A Smartboard pode ser empregada como unha “megapantalla” de ordenador (proxectando en grande, para todos, o que se vería na nosa pantalla de 17 pulgadas), o cal xa pode ser de moita axuda na aula.

Pero tamén pode ser algo máis: a través do programa NOTEBOOK

podemos interactuar con ela de xeito máis directo. Para iso debemos dar os seguintes pasos:

1. Instalar o programa (incluido no noso cd): a instalación

é moi doada, só hai que seguir as instruccións que nos vai dando o propio programa de instalación.

2. Picar no acceso directo que aparece no

escritorio automáticamente ao instalar o programa no ordenador.

3. Aparecerá esta pantalla, cos seguintes “puntos”

estratéxicos:

Ir á diapositiva anterior

Ir á seguinte diapositiva

Crear nova diapositiva

Desfacero que acabamos de facer

Refacer o que acabamos de borrar

Persiana que tapa a ventá para poder ir destapándoa pouco a pouco.

Cursor Pantalla completa

Page 2: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

4. Podemos elixir a cor coa que queremos escribir, picando neste icono:

Unha vez picado na cor que queiramos, podemos escribir sobre a páxina en branco

empregando simplemente o noso dedo ou os rotuladores especiais que están na parte de abaixo da Smartboard. ( é fundamental que non se escriba con ningún outro obxecto. Como a apariencia da Smartboard é semellante á das pantallas do tipo “Vileda”, podemos cometer o erro de escribir cos rotuladores desta última: isto crearía un problema difícil de solucionar)

Cada rotulador está nun oco cunha luceciña ao lado: cando sacamos do seu sitio o rotulador esa luceciña acende para indicar que está activo . É importante deixar ben posto no seu sitio cada rotulador cando acabemos de escribir con el, porque mentres non se devolva ao seu lugar o encerado “entenderá” que queremos

seguir escribindo con el. Se están fóra do seu espazo varios rotuladores ao mesmo tempo, a Smartboard vai escribir coa cor do último en ser retirado do seu lugar.

Debemos afacernos a estes detalles xa que ao comezo podemos desesperarnos porque a pantalla non responde e só fai raias sen saber por que: ao mellor o único problema é que non colocaramos ben o rotulador no seu sitio, polo que non

Page 3: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

se desactivara aínda a función de escritura. Tamén é importante que lembremos non apoiar a man cando estamos escribindo co rotulador.

5. Se queremos borrar algo, podemos facelo de dous

xeitos: co borrador especial que tamén está na parte de abaixo da Smartboard (funciona como os rotuladores, tamén hai que colocalo ben no seu sitio para que se “desactive”).

Ou podemos borrar directamente coa man (ben

limpiña). Para facelo deste xeito temos que:

– Picar no icono do borrador da barra de ferramentas:

– Elixir a amplitude que

queremos que teña a zona de borrado

– E borrar, pasando a

man pola zona da pantalla que queiramos eliminar (aparecerá o cursor con forma dun círculo que se vai movendo por riba do texto ou debuxo)

6. Picando no icono do lado (na barra de ferramentas), podemos escribir ou debuxar con outros “modelos”: Eliximos o deseño que nos guste

e a continuación desprazamos o dedo pola pantalla describindo as letras ou debuxos que queiramos:

Page 4: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

7. Tamén podemos facer recadros con diferentes feituras:

– Picamos no icono

– Despregarase unha ventá con todas as posibilidades que

temos para elixir.

– Picamos (co botón esquerdo do rato) no espazo en branco e, sen

soltar, arrastramos

para establecer o

tamaño da figura.

– Se queremos

cambiar a cor ou

o bordo da figura, picamos na opción de “Customize

Shapes”

Page 5: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

– Aparecerá unha ventá onde

podemos escoller:

8. Para insertar t e x t o : – picamos no incono

– Escollemos o tipo de letra: se

picamos na opción “Customize

texte”, poderemos elixir:

Cor do bordo

Cor de recheo

Grosor do bordo

Estilo de liña do bordo

Grado de transparencia da figura

Forma da figura

Previsualización

Unha vez temos escolleitas todas as opcións desexadas, damos a “OK”, para que as aplique

Page 6: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

– Despois de facer isto, picamos no

espazo en branco da Smartboard e

arrastramos até que apareza un

recadro no que escribir.

9. Se queremos incluir f r e c h a s :

– Picamos no icono – E escollemos entre as opcións que se nos

ofrecen:

Cor do texto

Tipo de letra

Tamaño da letra

Previsualización Grado de transparencia

Unha vez elixido ao noso gusto, damos a …

Page 7: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

– Se picamos en “Customize lines”, poderemos elixir, como no caso das letras, o formato, cor, transparencia, grosor,…

– Despois só teremos que picar na pantalla e arrastrar

para establecer o tamaño de frecha

10. Outra ferramenta é a c o r t i n a que pode tapar, total ou parcialmente, a páxina . Só temos que picar no icono da barra de ferramentas.

Aparecerá unha cortina gris que tapa totalmente a páxina. Nós podemos ir descubrindo o que hai abaixo picando nun dos catro puntos (un en cada lado) e arrastrando:

Page 8: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

11. Tamén se pode empregar outro método sorprendente

para agochar o contido dunha páxina deixando ver só unha parte: trátase do Re f l e c t o r .

Para chegar a él podemos ir picando en INICIO > PROGRAMAS > SOFTWARE DA SMARTBOARD > OUTRAS FERRAMENTAS SMART

Ao seleccionar a opción de “Outras ferramentas” abriráse

unha ventá onde elexiremos “Reflector”

Inmediatamente, a páxina do notebook que tiñamos aberta ao comezar toda esta maniobra aparecerá cuberta dunha cortina negra cunha única abertura que se pode ir desprazando por enriba da pàxina:

Page 9: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

Picando enriba da zona azul da estrela (co botón esquerdo do rato) e arrastrando, poderemos cambiar o tamaño da abertura , para deixar ver máis ou menos, segundo queiramos.

Picando enriba do reflector (co botón esquerdo do rato) e arrastrando;

poderemos desprazar esta pequena ventá pola páxina:

Picando enriba da frechiña negra da esquina superior dereita do reflector, aparecerá a ventá na que podemos cambiar a transparencia da cortina negra e a forma da ventá.

Tamén é o camiño para sair desta opción e volver ver á páxina sen atrancos.

Page 10: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

12. O programa Notebook conta cunha galería da que podemos sacar algúns recursos:

Picando na pestana da dereita, temos acceso a esa galería de recursos. Estes están organizados en carpetas temáticas. Se picamos enriba dunha carpeta, o seu contido aparecerá na ventá de abaixo. Se facemos dobre clic

sobre un deses elementos, este será incorporado á paxina actual: Aínda que o software xa trae algunhas carpetas e recursos, nós podemos ir engadindo máis carpetas á galería, cos nosos propios sons ou imaxes:

Comezamos picando enriba da carpeta dentro da que queremos meter a nosa nova carpeta:

aparecerá un trianguliño á dereita; picamos nel e…

Page 11: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

… aparecerá unha ventá na que podemos elixir a opción de “New folder” (ou “nova carpeta”)

Entón teremos unha nova carpeta á que poñerlle un novo nome e á que engadir novo contido. Se queremos engadir imaxes a esta carpeta:

• Imos primeiro á carpeta onde temos as imaxes (en “mis documentos”, “mis imágenes”, un cd

ou onde queira que as teñamos gardadas),

• Seleccionamos as que necesitemos (picando cun clic do botón esquerdo do rato, ao tempo que mantemos pulsada a tecla de “Control” do teclado.) (a medida que as seleccionamos, vanse rodeando dun recadro azul)

• Enriba dunha das imaxes seleccionadas , picamos co botón dereito do rato e escollemos a opción de “Copiar”

Page 12: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

• Volvemos entón ao documento do Notebook e… • Picamos enriba da carpeta recén

creada. • Picamos enriba do trianguliño que

vai sair á dereita do nome da carpeta.

• Eliximos a opción “Pegar” (“Paste”):

quedarán incorporadas a esta nova carpeta todas as imaxes que

tiñamos seleccionadas na carpeta orixe.

Se queremos borrar unha das imaxes da galería , só temos que picar enriba do trianguliño que ten

no recuncho superior dereito e escoller a opción de “borrar” ou “Delete”

Page 13: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

13. Se queremos incorporar unha imaxe da galería á páxina do Notebook, só temos que picar sobre ela co botón esquerdo do rato (na galería) e arrastrala (sen soltar) até a páxina:

Se despois de incorporala, decidimos que non nos convence; podemos borrarla picando enriba dela para seleccionala e pulsando a tecla de “Supr.” do teclado; ou escollendo a opción “borrar” que aparece ao picarmos enriba do trianguliño da dereita.

14. Se queremos cambiar a

cor do fondo da páxina, temos que seleccionar a opción FORMATO > COR DE FONDO

(Format > Background Color)

Page 14: PRIMEIROS  PASOS  COA  SMARTBOARD numerado

Primeiros pasos no manexo do programa NOTEBOOK da Smartboad

seminario “Using the Smartboard at the English class” A Coruña, Curso académico 2.006-07

Aparecerá unha paleta de cores :

Escollemos unha delas Ou picamos en “More” para ter unha maior

vari variedade de cores nas que elixir.

Nada máis picarmos nunha das cores, a páxina aparecerá con esa tonalidade de fondo: