14

Presentación Son Laude

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación do Grupo Vocal Son Laude

Citation preview

Page 1: Presentación Son Laude
Page 2: Presentación Son Laude
Page 3: Presentación Son Laude

Son Laude é un proxecto musical que nace en Cambados enfebreiro do ano 2012 no seo dun grupo de amigos con raícesmusicais comúns. A sensibilidade pola arte vocal, a recuperacióndas formas cultas, e a exploración de novos estilos polifónicos,axitaron a creación dun conxunto coral con aspiraciónsrenovadoras dentro do panorama da música vocal galega.

O grupo configúrase como un Octeto, o que nos confireversatilidade e un efecto presencial e sonoro amplo. A pluralidadede coñecementos e habilidades dos membros do grupo nas distintasensinanzas e estilos musicais, dotan ao conxunto de dinamismo ecreatividade, que se transmite ao proceso de interpretación.

Page 4: Presentación Son Laude
Page 5: Presentación Son Laude

Compoñentes de Son Laude

Mónica Chaves (Soprano): Estudos de Solfexo, piano e canto coral.

Raquel Chaves (Soprano): Estudos de Solfexo, piano, armonía e canto coral.

María Ferrer (Contralto): 2º de grao medio de Solfexo e Piano.

Pilar Martínez (Contralto): Grao profesional de piano. Profesora de música en Educación Primaria.

Carlos Riveiro (Tenor): Profesor de música e educación infantil e primaria

Iván Falcón (Tenor): Estudos de Solfexo e Piano. Gaiteiro na asociación cultural Alborozo.

Samuel Saeta (Baixo): Profesor de música de ensinanza secundaria.

David Riveiro (Baixo): Estudos de Solfexo e Saxofón

Page 6: Presentación Son Laude
Page 7: Presentación Son Laude

Manuel Cunqueiro (Director)

Nace en Cambados (Pontevedra) e desenrrola os seus estudios de composición e direcciónentre  Vigo e Madrid con mestres coma Margarita Escarpa, Enrique Eigoa, Julio Domínguez, JavierBusto ou Carlo Pavese entre outros.O seu interese na música de cine, lévao a continuar seus estudioscon Abe Rábade e Felix Santos (profesores da Berklee), Santiago Quintáns (profesor do Jazz Collegede Miami), Trevor Jones (oscarizado pola B.S.O. de “El último mohicano” e compositor asimesmo deoutros clásicos coma “Excalibur”, “Aracnofobia”....etc), Borja Costa (compositor da B.S.O. De“Camino” e premiado nos Jerry Goldsmith Awards) ou Eduardo Armenteros (profesor de “músicapara medios audiovisuales” no Conservatorio Superior de Música de Madrid).

Gañador do Concurso Nacional de Masas Corales en 2002 co coro de cámara “Camerata adlibitum” ese mismo ano comeza a súa andadura coma titular de diversas agrupacións orquestáis ecorales entre Laussanne, Zurich e Madrid onde ademáis dirixe, compón e orquestra  diversosespectáculos musicales coma o coro do concerto de Navidad da “Orquesta Sinfónica de la Comunidadde Madrid” en 2009, diversos musicales, e varios documentales e curtametraxes dirixindo asimesmoos estudios “Metrópolis” onde traballa con Philip Newell (cofundador da Virgin Records) e condiversas productoras nacionais e internacionais como a estadounidense Spanjew.

Page 8: Presentación Son Laude

RepertorioConducidos polo noso Director Musical, traballamos na elaboración dun

repertorio diverso, ao que imprimimos un carácter propio e persoal. A temáticainclúe música medieval, renacentista e barroca, música contemporánea, relixiosa.

Page 9: Presentación Son Laude

Actualmente contamos cun amplo repertorio no que destacan as seguintes obras:

Renacemento e Barroco

Now is the month of may (T. Morley)My bonny lass she smiled (T.Morley)Come away, sweet love (T. Greaves)Fine knacks for ladies (J. Dowland)Come again (J. Dowland)Il bianco e dolce cigno (J. Arcadelt)Margot labourez le vigne (J. Arcadelt)La guerre (Janequin)Verbum caro (Anónimo)Dadme albricias hijos d'Eva (Anónimo)Ay, linda amiga (Anónimo)Yo me soy la morenica (Anónimo)Tres morillas (Anónimo)In te domine, speravi (J.de Prez)Sicut cervus (Palestrina)Magnum misterium (T.L. De Victoria)Ecco mormorar l'onde (Monteverdi)Zefiro Torna (Monteverdi)

Séculos XIX e XX

Abendlied (J.G.Rheinberger)O vos omnes (P. Casals)A fada dos mares (R. Cabanillas/M. Cunqueiro)Lágrimas de Tortuga (M. Cunqueiro)Carta abierta (M. Cunqueiro)Testamento (M. Cunqueiro)Canción de Berce (M.Cunqueiro)Cada Noite (Zumalabe/Arr: J.Dominguez)And so it goes (Bily Joel)

Page 10: Presentación Son Laude

Funcións e Presenza en Actos

Page 11: Presentación Son Laude

Neste primeiro ano de andadura, consolidamos o aprendizaxe dasdistintas obras corais e tivemos a ocasión de participar en eventosculturais no noso entorno máis próximo, por exemplo na Celebración doDía das Letras Galegas do centro Cultural Artístico e Recreativo“Rueiro” en Vigo o 16 de Maio do 2013 , na I Mostra da CanciónMariñeira en Cambados o 29 de Xullo de 2013, e tamén formamosparte do coro da produción operística L’elisir D’amore, promovido porGaliópera, e representada nos auditorios de Mar de Vigo, Pazo daCultura de Pontevedra e Auditorio Municipal de Ourense, entre agostoe setembro deste ano.

Estas últimas funcións, de índole colaboracionista, respondentamén ao espírito de Son Laude de cooperación con outras agrupaciónscorais ou instrumentais para desenvolver proxectos concretos ou paraafrontar producións culturais máis complexas.

Page 12: Presentación Son Laude
Page 13: Presentación Son Laude

Proxecto MusicalPretendemos achegar a música coral, nos seus diferentes estilos, a tódolos

públicos e grupos de idade, presentando recoñecidas obras clásicas así comocomposicións orixinais propias. Entendemos que o noso traballo comprende unhacompoñente pedagóxica esencial, e aspiramos a ofrecer cos nosos cantos, unha viaxepola historia da música coral, tan ligada á idiosincrasia das sociedades de tódolostempos.

Incorporar a calquera evento social ou cultural, un espazo de acompañamentomusical, amplifica o impacto do acontecemento e as sensacións do público obxectivo,potenciando a mensaxe e o encanto xeral do acto. Por isto, en Son Laude buscamoso encaixe cos diferentes formatos e programas culturais adaptando o nosorepertorio ás necesidades do evento: concertos, certames, congresos, desfiles,presentacións literarias, actos conmemorativos, entregas de premios, homenaxes,actos benéficos, inauguracións, cerimonias relixiosas, festas temáticas, exposicións,coktails, mostras de arte, e un largo etcétera de actos culturais. Neste senso, taménreivindicamos a colaboración entre diferentes grupos musicais, teatrais, etc. paraofrecer un espectáculo acomodado á tipoloxía de cada acto.

Page 14: Presentación Son Laude