Pregunta Relativa Ao Elevado Das Taxas Por Expedición Ou Renovación Da Licenza de Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos e de Inscrición, Modificación e Cancelacións de

Embed Size (px)

Citation preview

  • 8/18/2019 Pregunta Relativa Ao Elevado Das Taxas Por Expedición Ou Renovación Da Licenza de Tenencia de Animais Poten…

    1/1

    Vilalbaberta 

    Ao Pleno do Concello de Vilalba

    D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

    Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do

    disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

    Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

    formula a segunte PREGUNTA en base á seguinte

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    Algunhas das taxas no noso Concello sitúanse entre as máis elevadas en comparación

    cos municipios da contorna. Entre elas, destacan por abusivas a relativa á expedición

    ou renovación da licenza de tenencia de animais potencialmente perigosos ou a de

    inscrición, modificación e cancelacións de unións de feito no rexistro municipal,

    ámbalas dúas fixadas en 300 euros e cuxa modificación data de Xullo de 2012,

    momento no cal a nosa asemblea non contaba con representación municipal.

    Neste sentido, e ao tempo que compartimos e trasladamos a perplexidade e

    indignación de moitos veciños/as que así nolo fixeron saber a través das nosas

    asembleas:

    Cal é o motivo que xustifica o elevado destas taxas?

    En Vilalba, a 29 de Marzo de 2016

    Fdo.: Modesto Renda Santiso

    Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto