27
2014 Plans de traballo 08/02/14

Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

  • Upload
    others

  • View
    13

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

2014

Plans de traballo

08/02/14

Page 2: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Plan de Traballo Ceesg

2014

As liñas básicas e estratéxicas están recollidas neste documento. Aparecen tanto as propostas de traballo das áreas como dos grupos. Áreas

Área de Acción Profesional e Sociolaboral

Definida como a área que traballa pola calidade da profesión, revisando prazas, enviando escritos, e formulando estratexias para que a Educación Social teña cabida no mercado laboral cunhas condicións dignas, para ofrecer os mellores servizos ás persoas coas que traballamos.

Área de Comunicación e Participación Colexial

É a encargada de notificar as novidades ás colexiadas e colexiados, así como facilitar as vías para participar da vida colexial, a prol da mellora profesional. Encárgase das redes sociais e de todos os elementos de comunicación do colexio profesional.

Área de Desenvolvemento Profesional

Nesta área trabállase pola defensa da profesión a través da mellora continua, a reciclaxe profesional, os encontros e todas as xornadas ou actuacións que se poidan facer para visibilizar a profesión.

Grupos

Grupo de traballo en Igualdade, Fiadeiras

Pretendemos xerar un espazo para o encontro, reflexión e traballo profesional das educadoras e educadores sociais da nosa comunidade, encamiñado a romper cos modelos sexistas que seguen a frear a día de hoxe os avances cara unha sociedade democrática e xusta. Grupo de estudos e intervención xeragóxica, Geix

O Grupo de Estudios e Intervención Xerontolóxica (GEIX) creouse como espazo de reflexión, de debate e para compartir experiencias entre un grupo de educadoras sociais que traballaban no ámbito das persoas maiores. Grupo de traballo en infancia e adolescencia, Escaravellando

É un grupo de educadoras e educadores sociais interesados/as no ámbito da infancia e a adolescencia, coa motivación de crear un punto de encontro entre profesionais do eido.

Page 3: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Grupo de traballo en Intervención Socioeducativa con Familias, aBeira

Elaboramos propostas e actuacións formativas, reivindicativas e de sensibilización que potencien e incrementen as boas prácticas e os recursos para mellorar a calidade de vida das familias e as infancias en dificultade social. Grupo de traballo de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental, A Eira do Ceesg

Conscientes da complexidade de ambos termos, é interesante recollelos, para definilos e reclamalos como espazos onde ten cabida a figura do educador e educadora social.

Page 4: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Contidos

Estrutura organizativa

Estratexias 2014

Área de Acción Profesional e Sociolaboral

Área de Comunicación e Participación Colexial

Área de Desenvolvemento Profesional

Grupos de traballo

Fiadeiras, grupo de traballo en igualdade, Fiadeiras

Geix, grupo de estudos e intervención xeragóxica

Escaravellando, grupo de traballo en infancia e adolescencia

aBeira, grupo de traballo en intervención socioeducativa con familias

A Eira do Ceesg, grupo de traballo en desenvolvemento comunitario e educación ambiental

ceesg.org

Page 5: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Estrutura organizativa

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia está estruturado organizativamente en tres grandes Áreas e en varios Grupos de Traballo:

1. Área de Acción Profesional e

Sociolaboral: • Eva Moldes Casal (coordinadora, vicepresidenta)

• Eva López Soto (secretaria) • Laura Cruz López (tesoureira, coordinación)

• Alberto Fernández de Sanmamed Santos (vogal)

• Mónica Serrano Soto (vogal)

2. Área de Comunicación e Participación Colexial:

• Tania Merelas Iglesias (coordinadora, vogal)

• Ramón Molina Gómez (vogal) • Sofía Riveiro Olveira (presidenta)

3. Área de Desenvolvemento Profesional:

• Mª Jesús Gutiérrez Candame (coordinadora, vogal)

• Vanesa Cernadas Agraso (vogal) • Alfonso Tembrás López (vogal)

4. Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica (GEIX):

• Mónica Sérrano Soto (coordinadora) • Laura Vilaboy Romero (coordinadora) • Cruz María Refojos Meneses • María Esther Pérez Enríquez • Lucía Chaves García • Aurelio Prado Rodríguez

5. Grupo de Traballo en Igualdade, Fiadeiras:

• Natalia Domínguez Galán (coordinadora)

• Isabel Taboada Mougán (colexiada) • Eva Bastón Martínez (colexiada) • Tania Merelas Iglesias (colexiada) • Noelia Darriba García (colexiada)

6. Grupo de Traballo de Intervención Socioeducativa con Familias, aBeira:

• Rita Conde Sumay (coordinadora, colexiada)

• Eva Moldes Casal (vicepresidenta) • Laura Varela Crespo (colexiada) • Ana Mª Domínguez Márquez (colexiada)

• Mónica Fernández Gesteira (colexiada) • Rocío Nuñez Rúa (colexiada) • Estefanía Lema Moreira (colexiada) • Sonia González Rodríguez (colexiada)

7. Grupo de Traballo de Infancia e Adolescencia, Escaravellando:

• Lucía Fernández Iglesias (coordinadora, colexiada)

• Rodrigo Saa Carreira (colexiado) • Duarte Crestar Pena (colexiado) • Cristina González Pardo (colexiada) • María Rial Fernández (colexiada) • Estefanía Lema Moreira (colexiada) • Beatriz Caneda Zamar (colexiada) • Raquel López Fernández (colexiada) • María Quintas Sotelo (colexiada)

8. Grupo de Traballo de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental, A Eira do Ceesg:

• Raquel López Fernández (coordinadora, colexiada)

• Silvia Gálvez Vilches • Lucía Lesta García • Iván García García

Page 6: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Estratexias 2014

Son varias as frontes que temos abertas para este ano, e tentaremos dar conta do que

facemos en relación a cada unha delas, mais estas cremos que son as máis salientables

para o noso futuro profesional:

• Recoñecemento da profesión: onde o obxectivo máis importante é a

modificación das relacións de postos de traballo da Xunta de Galicia e o

convenio único de persoal laboral, no posto denominado “Educador/a. Profesor

especial”

• Defensa da xustiza social: seguiremos de cerca o desenvolvemento

normativo e implantación de normas que teñen estreita relación coa nosa

profesión: o decreto 99/2012, polo que se desenvolven os servizos sociais

comunitarios e se regula o seu financiamento; a Lei 27/2013 de Racionalización

e Sostibilidade da Administración Local, e Lei 10/2013 de inclusión social de

Galicia.

• Construción da profesión: Elaboraremos un profesiograma e un mapa de

recursos de determinados ámbitos de traballo, pecharemos o modelo de

informe socioeducativo, e comezaremos a traballar en relación a cuestións de

ética profesional.

Page 7: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Áreas de Traballo

Acción Profesional e Sociolaboral

Comunicación e Participación Colexial

Desenvolvemento Profesional

Page 8: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Área de Acción Profesional e Sociolaboral

Obxectivos de 2014

1. Avanzar no recoñecemento dunha categoría única de Educador/a Social no V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, e no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG)

2. Coñecer a realidade da Educación Social nos ámbitos vinculados a Grupos de Traballo e a centros penitenciarios (estratéxico do CGCEES).

3. Contribuír á definición do perfil profesional da educadora e do educador social nos ámbitos vinculados a Grupos de Traballo.

4. Avanzar na creación dunha comisión colexial de ética e deontoloxía profesional.

5. Denunciar de forma colexiada con outros colectivos profesionais (espazo dialoga) o desmantelamento do Estado do Benestar e o avance cara un Estado Penal

Page 9: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Accións 2014

Permanentes da área:

• Seguimento, supervisión e intervención, cando sexa preciso, das convocatorias e prazas de educador/a social na Administración Pública, na iniciativa privada e no terceiro sector.

• Seguimento das disposicións legais en materia social e educativa, e dos convenios onde se regularice a figura profesional e a situación laboral da educadora e do educador social, así como da súa aplicación.

• Reunións mensuais coa asesoría xurídica.

Específicas para o 2014:

En relación aos demais obxectivos:

• OB1: o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de

Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo das RPT das Deputacións provinciais. o Análise das ocupacións profesionais do Servizo Público de Emprego de Galicia.

• OB2: Elaboración, en colaboración cos Grupos de Traballo e con CGCEES, dun mapa de recursos nos seguintes ámbitos: infancia e adolescencia en situación de desprotección e conflito social; servizos sociais comunitarios; centros penitenciarios; igualdade; e maiores.

• OB3: Elaboración do Profesiograma da educadora e do educador social nos seguintes ámbitos: infancia e adolescencia en situación de desprotección e conflito social; servizos sociais comunitarios; centros penitenciarios; igualdade; desenvolvemento comunitario e educación ambiental; e maiores. Esta acción desenvolverase en estreita colaboración cos Grupos de Traballo do Ceesg.

• OB4: Estudo das actuacións desenvolvidas e estruturas creadas por outros colexios profesionais en relación á ética e deontoloxía profesional.

• OB5: Organización e desenvolvemento dunha nova edición do Espazo Dialoga arredor das reformas lexislativas emprendidas polo goberno (Lei de racionalización e sostibilidade da administración local; anteproxecto de Lei de servizos profesionais; proxecto de Lei de reforma del Código Penal; anteproxecto de Lei de seguridade cidadá; anteproxecto de Lei de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada), da súa implicación na atrofia do Estado de Benestar (e hipertrofia do Estado Penal), e consecuentemente, das profesións do social.

Page 10: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Cronograma

Cuadrimestre Actuacións

Xaneiro - Abril

• Seguimento das solicitudes de información sobre centros e programas concertados para a atención á infancia e adolescencia, e centros penitenciarios.

• Supervisión e orientación da elaboración dos profesiogramas e mapas de recursos por parte dos GT.

• Valoración pola asesoría xurídica e interposición, se procede, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar.

• Elaboración do modelo de informe socioeducativo (Grupo de Traballo).

• Análise das categorías profesionais do SEPE. • Participación nas xuntanzas do Espazo Dialoga

Maio - Agosto

• Revisión e análise das RPT da Deputacións provinciais (Ourense e Coruña)

• Revisión do Convenio de protección e reforma (Grupo de Traballo)

• Presentación do Informe socioeducativo (Grupo de Traballo)

• Participación na posta en marcha das accións propostas desde o Espazo Dialoga.

Setembro - Decembro

• Estudo das actuacións desenvolvidas e estruturas creadas por outros colexios profesionais en relación á ética e deontoloxía profesional.

• Revisión e análise das RPT da Deputacións provinciais (Pontevedra e Lugo)

• Celebración da acción proposta polo Espazo Dialoga. • Difusión do Informe socioeducativo (Grupo de Traballo)

Page 11: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Área de Comunicación e Participación Colexial

Obxectivos específicos 2013

1. Incrementar a participación das/os educadoras/es sociais nos soportes do Ceesg: Boletín, Galeduso, redes sociais e Web.

2. Consolidar a comunicación do Ceesg coas Universidades (incluída a UNED) e coas futuras/os profesionais da ES.

3. Impulsar eventos que promovan a identidade profesional, divulguen boas prácticas na ES e defenda a importancia da nosa profesión.

4. Desenvolver actuacións dirixidas a estimular a colexiación entre as/os profesionais da ES.

5. Editar e publicar o Boletín mensual.

6. Iniciar o deseño e redacción do seguinte monográfico da Revista Galeduso.

7. Revisar o servizo web, procurando unha alternativa para o seu mantemento.

Page 12: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Accións 2014

• Deseño e inicio da edición do monográfico da Revista Galeduso sobre o colectivo de Persoas Maiores (2014 – 2015).

• Renovación da Guía de Servizos. • PIC´s: estratexias de mobilización. • Concurso tfg.es en colaboración coas universidades galegas. • Celebración do Día Mundial da Educación Social (DMES). • Merchandising: adquisición dun lote de paraugas laranxas co lema da Marea Laranxa. • Reactivar a campaña “Trae a Alguén!”. • Edición e publicación do Boletín de información mensual do Ceesg. • Mantemento do facebook corporativo. • Colaboración coas coordinadoras da titulación de ES das universidades galegas en

diferentes cuestións relacionadas coas funcións da área (DMES, tfg.es, …) • Colaboración con outras entidades e institucións. • Encontro luso-galaico. • Apoio ao programa de mobilidade europea e ao programa de desenvolvemento comunitario

de estadías de educación social en Boiro.

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro - Marzo

• Reunións co alumnado que integra os PIC. • Contacto coas coordinadoras do grao de ES das universidades galegas.

• Reactivación da campaña "Trae a Alguén!" • Presentación da revista Galeduso nº 10.

Abril - Xuño

• Accións PIC • Renovación da Guía de Servizos (edición) • Galeduso Persoas Maiores (inicio contactos e colaboración co Geix).

• Concurso tfg.es • Reactivación da campaña “Trae a Alguén!”

Xullo - Setembro • Renovación da Guía de Servizos (publicación) • Reactivación da campaña “Trae a Alguén!”

Outubro - Decembro • Celebración do Día Mundial da ES • Reactivación da campaña “Trae a Alguén!” • Encontro luso-galaico

Anual

• Boletín mensual • PIC • Dinamización das redes sociais. • Apoio ao programa de mobilidade europeo.

Page 13: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Área de Desenvolvemento Profesional

Obxectivos específicos 2014

1. Desenvolver accións formativas diversificadas en temáticas, ámbitos territoriais e tempos de celebración, potenciando as presentadas polos distintos grupos de traballo.

2. Regular, dar soporte e consolidar os grupos de traballo existentes.

3. Crear grupos de traballo centrados en Adiccións e en Mobilidade Europea.

4. Deseñar o plan formativo para o ano 2015.

5. Organizar un Ciclo de Cine sobre Educación Social a través dos Grupos de Traballo.

Page 14: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Accións 2014

• Implementación do plan de formación do ano 2014. • Potenciación de formación estratéxica para as educadoras/os sociais: mediación, peritaxe e

formación penal. • Impulso do grupo de traballo en adiccións a través dunha formación específica a través das

Aulas Xurídicas. • Reunión seguimento grupos de traballo. • Elaboración do protocolo de difusión de formación externa ao Ceesg. • Elaboración do plan de formación do 2015. • Revisión e información na web sobre os plans de formación regrada: curso ponte, mestrados,... • Potenciar e apoiar a formación específica e outras actividades programadas polos distintos

grupos de traballo. • Participación nas reunións e actuacións do Espazo Dialoga. • Realización de un Obradoiro do Reencontro, un espazo formativo para aprender a coidarnos

como profesionais". O curso impartirao Tareixa Ledo. • Desenvolvemento dun proxecto de mobilidade europea. • Impulso dun novo grupo de traballo sobre mobilidade europea. • Desenvolver un encontro luso-galaico de educación social, en colaboración coa APTSES.

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro - Marzo

• Dar soporte ás Aulas Xurídicas: 31 de xaneiro, 28 de febreiro, 28 de marzo.

• Constituír o grupo de traballo de Adiccións. • Constituír o grupo de traballo de mobilidade europea. • Proxecto de mobilidade europea. • Formación en xerontoloxía.

Abril - Xuño

• Proxecto de mobilidade europea. • Dar soporte aos grupos de traballo e reunión de seguimento. • Formación con Tareixa Ledo. “Obradoiros do reencontro” • Aulas Xurídicas: 25 de abril, 30 de maio, 27 de xuño. • Xornadas sobre Xerontoloxía e Educación Social. (GEIX) • Xornada formativa conxunta dos grupos de traballo Escaravellando, aBeira, Fiadeiras.

• Encontro de profesionais de adiccións. • Mesa redonda: Educación Ambiental (A Eira do Ceesg)

Xullo - Setembro • Taller sobre Educación ambiental. • Reunión de seguimento dos grupos de traballo. • II Encontro Galego de Profesionais do Benestar (E. Dialoga)

Outubro - Decembro

• Formación en Peritaxe. • Formación en Mediación. • Xornadas formativas de Fiadeiras. • Reunión avaliación dos Grupos de traballo. • Encontro luso-galaico de Educación Social. • Acción formativa do GT Escarevellando. • Formación sobre Modelo de Informe Socioeducativo (aBeira) • Deseñar a formación para o ano 2015

Anual • Ciclo de cine

Page 15: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Grupos de Traballo

Fiadeiras, grupo de traballo en igualdade

Geix, grupo de estudos e intervención xeragóxica

Escaravellando, grupo de traballo en infancia e adolescencia

aBeira, grupo de traballo en intervención socioeducativa con familias

A eira do Ceesg, grupo de traballo en desenvolvemento comunitario e educación ambiental

Page 16: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Grupos de traballo

Grupo de traballo en igualdade, Fiadeiras

Obxectivos

• Comprometer a praxe do Ceesg co feminismo e a igualdade efectiva entre mulleres e homes. • Situar a igualdade de xénero como valor central da práctica educadora. • Crear un espazo de encontro, reflexión e autoformación entre educadoras e educadores

comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes. • Denunciar as discriminacións que seguen a lastrar o desenvolvemento das mulleres, con

especial atención ao que acontece na comunidade galega.

Áreas de Intervención 1. Comunicación e Difusión.

1.1. Deseño do Protocolo de comunicación interna do Grupo Fiadeiras.

1.2. Xestión dos procesos de comunicación interna e externa.

1.3. Difusión e Promoción das accións planificadas desde o Grupo.

2. Sensibilización/Reivindicación.

2.1. Promoción da igualdade dentro da profesión de Educador/a social.

2.2. Velar pola incorporación da perspectiva de xénero no quefacer profesional das/os educadoras/es sociais.

2.3. Denuncia activa ante as discriminacións de xénero.

3. Formación.

3.1. Incorporación da perspectiva de xénero nas diferentes accións formativas planificadas desde o Ceesg.

3.2. Deseño de accións formativas en materia de igualdade coa finalidade de mellorar a formación das/os educadoras/es sociais.

3.3. Coordinación con outras entidades para a participación do grupo en Seminarios, Xornadas, Encontros, Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas de igualdade e educación social.

4. Financiamento e xestión de recursos.

4.1. Busca de recursos económicos e materiais.

4.2. Busca de colaboracións con diversas entidades públicas e privadas.

Accións • De carácter formativo: encamiñadas a mellorar a formación das educadoras e educadores

sociais en materia de igualdade entre mulleres e homes, integrando a perspectiva de xénero como elemento crítico do seu quefacer profesional:

o Organización das Xuntanzas Auto-formativas Fiadeiras.

o Participación do Grupo Fiadeiras en Seminarios, Xornadas, Encontros, Obradoiros, etc. relacionados coas temáticas do grupo.

o Coordinación con outras entidades que ofrecen formación nesta materia (facilitando información, descontos...).

Page 17: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

• De carácter reivindicativo: encamiñadas a denunciar discriminacións que permanecen activas e limitan as posibilidades de desenvolvemento das mulleres, prestando especial atención ao que acontece no contexto da comunidade galega.

o Blogue Fiadeiras: “fiadeiras.blogaliza.org”

o Facebook Fiadeiras Ceesg.

o IV Xornadas Educación social e Violencia de xénero.

o Presenza comprometida en foros feministas (galegos, españois, internacionais) e Campañas de sensibilización coordinadas por outros colectivos.

• De carácter lúdico-cultural: encamiñadas a fomentar a participación das mulleres na vida cultural e asociativa da comunidade, abrindo foros para debater e reflexionar sobre un mundo que non sexa masculino singular.

o IV Acto Aniversario Fiadeiras.

o I Ciclo de Cine do Ceesg (en colaboración cos diferentes grupos de traballo)

o Actualización da Biblioteca do Ceesg en materia de xénero, igualdade e feminismo

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro - Marzo

• 1ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras. • Coordinación cos distintos Grupos de Traballo para I Ciclo

de Cine do Ceesg. • 2ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras. • Manifesto Fiadeiras 8 de marzo. • Participación activa nos Actos do 8 de marzo. • I Ciclo de Cine do Ceesg: finais de marzo en A Coruña

Abril - Xuño • 3ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras.

Xullo - Setembro • 4ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras. • Acto IV aniversario do Grupo Fiadeiras.

Outubro - Decembro • 5ª Xuntanza Autoformativa Grupo Fiadeiras. • IV Xornadas Educación e Violencia de xénero

Anual • Actualización Blogue Fiadeiras: “fiadeiras.blogaliza.org”

Page 18: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Geix, grupo de estudos e intervención xeragóxica

Obxectivos

• Potenciar a figura do/a Educador/a Social no ámbito das persoas maiores. • Intervir para a mellora sociolaboral dos profesionais da intervención socioeducativa. • Promover o intercambio de experiencias e recursos socioeducativos. • Provocar o debate e a reflexión sobre a propia práctica profesional. • Difundir información e coñecementos referidos á intervención socioeducativa coas persoas

maiores. • Promover a participación de persoas colexiadas nas actividades do GEIX.

Accións

O Plan de Traballo xirará en torno a catro Liñas de Actuación, que se atopan directamente relacionadas cos obxectivos propostos. De cada unha delas, extráense unha serie de accións concretas que serán implementadas ao longo do ano 2014.

LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Participación e organización de accións formativas, tanto propias como externas, con contidos relacionados co mundo das persoas maiores.

• Proxecto de celebración dunhas xornadas sobre Educación social e Xerontoloxía: Boas prácticas: profesionalización e experiencias xeragóxicas. Maio 2014.

• Participación nas xornadas interxeneracionais de Xermade. • Aproveitar e consolidar redes: Convenios de colaboración con FADEMGA, COGAMI, e

SARQUAVITAE.

PLAN DE TRABALLO

2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 1: Participación profesional e organización de accións formativas, tanto propias como externas, con contidos relacionados co mundo das persoas maiores.

LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Reivindicación dun espazo merecido das/os educadoras/es sociais na xerontoloxía, así como da dignidade e o respecto das persoas maiores.

LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Investigación da realidade das persoas maiores e da intervención socioeducativa en xerontoloxía, a prol de crear coñecemento neste eido e asentar e reforzar as bases para a intervención xeragóxica.

LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Divulgación da existencia e das accións realizadas desde o GEIX, posicionándose como un referente informativo para profesionais da xerontoloxía, e en especial para aqueles que realicen unha intervención socioeducativa neste eido.

Page 19: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

• Proposta de formación. Continuación na formación centrándonos en aspectos concretos de especial interese do alumnado.

• Participación e colaboración con accións formativas organizadas por outras entidades, que resulten de interese para as/os educadoras/es sociais e a intervención socioeducativa no eido dos maiores.

• Organización de accións para o Día Internacional das Persoas Maiores.

LIÑA DE ACTUACIÓN 2: Reivindicación dun espazo merecido das/os educadoras/es sociais na xerontoloxía, así como da dignidade e o respecto das persoas maiores.

• Continuidade na Comisión de Envellecemento Activo do Consello Xeral de Colexios de de Educadoras e Educadores Sociais.

• Integración na Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. • Impulso unha campaña informativa con todos os axentes sociais implicados na atención as persoas

maiores, dende a administración publica, a universidade, os grupos políticos, e o terceiro sector.

LIÑA DE ACTUACIÓN 3: Investigación da realidade das persoas maiores e da intervención socioeducativa en xerontoloxía, a prol de crear coñecemento neste eido e asentar e reforzar as bases para a intervención xeragóxica.

• Comisión de creación dun novo documento técnico, como continuidade e nova visión do manual “A necesidade do Educador/a Social en Xerontoloxía”. Miguel Ángel Vázquez (Universidade de Ourense).

LIÑA DE ACTUACIÓN 4: Divulgación da existencia e das accións realizadas desde o GEIX, posicionándose como un referente informativo para profesionais da xerontoloxía, e en especial para aqueles que realicen unha intervención socioeducativa neste eido.

• Mantemento e consolidación da páxina do Facebook. • Creación do Blog. • Creación dun material didáctico como resultado das accións formativas. • Publicación do mapa de recursos e profesiograma, como documento técnico o cal presentar como

testemuña do que somos e facemos as educadoras e educadores sociais. • Concurso “Nós seremos as túas verbas escritas”

Trimestre Actuacións

Xaneiro - Marzo

• Contacto e reunión con Miguel Angel Vázquez, para retomar a elaboración do documento técnico.

• Planificación do Ciclo de Cine do Ceesg. • Formación sobre avellentamento activo. 2ª edición. • Redacción e revisión final do profesiograma.

Abril - Xuño

• Participación nas Xornadas Interxeracionais de Cabreiros. • Concurso: nós seremos as túas verbas escritas • Xornadas Educación social e Xerontoloxía: Boas prácticas: profesionalización e experiencias xeragóxicas.

Xullo - Setembro

• Concurso: nós seremos as túas verbas escritas • Día Internacional das Persoas Maiores: Ciclo de cine do Ceesg.

Outubro - Decembro • Formación específica (continuación de edicións anteriores)

Anual • Participación na Comisión de envellecemento activo, ALV, e interxeracionalidade do CGCEES.

• Elaboración do mapa de recursos.

Page 20: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

• Rede de contactos, para dar a coñecer a figura da educadora e o educador social no ámbito xerontolóxico.

Page 21: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Escaravellando, grupo de traballo en infancia e adolescencia

Obxectivos

• Analizar a realidade do educador social no eido da infancia e da adolescencia en Galicia e concretamente nos centros de atención á infancia e adolescencia.

• Elaborar un profesiograma no que consten as funcións das educadoras e dos educadores sociais nos diferentes servizos de intervención con menores en situación de desprotección e conflito social.

• Promover o coñecemento do traballo do educador social con menores.

Accións

• Revisión e análise do actual Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores e dos pregos de condicións técnicas que utiliza a Xunta de Galicia para a contratación da xestión dos centros de atención á infancia e adolescencia.

• Análise da diferente documentación (leis, anteproxectos, sistema de protección,.. • Proposta de melloras. • Xuntanzas coa Directora Xeral de Familia e Inclusión. • Reunificación das enquisas cubertas polos diversos profesionais para o profesiograma. • Avaliación dos resultados da enquisa avaliativa (Elaboración do informe) • Presentación dos resultados obtidos á Xunta de Goberno do Ceesg. • Video-forum como parte do Ciclo de Cine do Ceesg. • Realización dunha actividade formativa baseándonos na demanda existente. • Xornada de formación conxunta cos GT aBeira e A Eira. (por definir en conxunto cos outros

dous GT). • Retomar contacto coas tres Universidades Galegas e cos PICs destas. • Actividades divulgativas (charlas coloquio, visita ó MUPEGA….)

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro - Marzo

• Revisión e análise do convenio e dos pregos de contratación

• Profesiograma: reunificación de enquisas • Contacto coas Universidades Galegas e cos PICs destas

Abril - Xuño

• Revisión e análise do convenio e dos pregos de contratación

• Profesiograma: Informe final e presentación a XG do Ceesg

• Xornada de formación conxunta cos grupos Fiadeiras e aBeira

Xullo Setembro • Proposta de melloras no eido da infancia a adolescencia • Análise da demanda de formación e planificación. • Actividades divulgativas

Outubro - Decembro

• Contacto coas Universidades Galegas e cos PICs destas • Video-forum, como parte do Ciclo de Cine do Ceesg (en torno ao Día Mundial da Infancia)

• Actividade formativa Anual • Análise de normativas, e outra documentación.

Page 22: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

aBeira, grupo de traballo en intervención socioeducativa con familias

Obxectivos

• Crear un espazo de reflexión e traballo acerca da intervención socioeducativa con familias nos diferentes eidos nos que se desenvolve a educación social.

• Fortalecer as relacións intragrupais co obxectivo de favorecer a estabilidade e continuidade do grupo.

• Promocionar actividades, materiais, recursos de interese relacionado coa nosa área de traballo. • Velar pola que a perspectiva de xénero sexa unha prioridade no traballo de intervención

educativa coas familias e nas ferramentas ou instrumentos técnicos cos que traballamos as e os educadores sociais.

• Traballar polo recoñecemento da figura profesional do/a educador/a social nos servizos sociais comunitarios en Galicia.

• Analizar os instrumentos de traballo actuais e facer propostas para a súa mellora. • Elaborar profesiograma: estudo das funcións dos Educadores e Educadoras Sociais nos Servizos

Sociais comunitarios de Galicia. • Elaboración de un mapa de recursos dos Servizos Sociais comunitarios básicos de Galiza. • Crear unha rede social de educadoras e educadores que traballen na intervención

socioeducativa con familias.

Accións

• Reunións periódicas en pequenos grupos e gran grupo. Acórdase facer reunións trimestrais, a primeira será o 8 de marzo.

• Manter actualizada a conta de facebook de aBeira. • Finalizar o modelo de informe socioeducativo. • Presentar o modelo de informe ao Ceesg. • Divulgación do modelo de informe socioeducativo realizando acción formativa na sede do

Ceesg (valorando posibles accións noutros lugares e/ou facultades) • Seguimento de programas informáticos de traballo: SIUSS e aquelas aplicacións que desenvolvan

as deputacións provinciais e os concellos. • Valorar o MATTIAS como canal de divulgación do noso traballo. • Propoñer reunión de coordinación co Colexio de Traballo Social e coa Xunta de Galicia en

relación coa aplicación da Lei de Inclusión Social co obxecto de acordar o reparto de tarefas sinaladas na Lei.

• Seguimento e análise da enquisa remitida aos Servizos Sociais de Galicia e elaboración de informe de resultados.

• Presentación de resultados ao Ceesg. • Recompilación de resultados do Profesiograma e entrega de documento. • Recompilación de resultados de Mapa de Recursos e entrega de documento. • I Ciclo de Cine do Ceesg (en colaboración cos diferentes grupos de traballo) • Xornada de formación conxunta cos GT aBeira e A Eira. (por definir en conxunto cos outros

dous GT).

Page 23: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro - Marzo • Modelo de informe socioeducativo. • Reunións de coordinación sobre implantación da Lei de inclusión.

Abril - Xuño • Profesiograma. • Xornada de formación conxunta con Fiadeiras e aBeira.

Xullo - Setembro • Mapa de recursos. • Informe de resultados da enquisa enviada aos servizos sociais.

Outubro - Decembro • Formación sobre o modelo de informe socioeducativo. • Ciclo de Cine do Ceesg.

Anual

• Manter actualizada a conta facebook • Seguimento de programas informáticos de traballo: SIUSS e aquelas aplicacións que desenvolvan as deputacións provinciais e os concellos.

• Valorar o MATIASS como canal de divulgación do noso traballo.

Page 24: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

A Eira do Ceesg, grupo de traballo en desenvolvemento comunitario e educación ambiental

Obxectivos

Obxectivos xerais:

• Defender e reivindicar a importancia do desenvolvemento comunitario como ferramenta clave de cambio e intervención social.

• Reclamar o ámbito comunitario e ambiental como un espazo interdisciplinar onde ten cabida a figura do/a educador/a social.

• Apostar e reivindicar o traballo comunitario dende a Educación Social como forma de ter no centro a persoa, familia ou comunidade á que nos diriximos, superando dinámicas de traballo e realización de proxectos de arriba abaixo.

Obxectivos específicos:

• Consolidar o grupo tanto en persoas integrantes de xeito estable e participativo como nas dinámicas do grupo.

• Elaborar unha definición dos termos desenvolvemento comunitario e educación ambiental de xeito co-construído con outros axentes, como a universidade.

• Finalizar a análise dos plans de estudo das universidades galegas e a UNED.

• Comezar a describir experiencias prácticas para unha mellor comprensión destes termos.

• Afianzar o contacto e a colaboración coas universidades galegas e contribuír a dinamizar os Puntos de Información Colexial.

• Coñecer os recursos e posibilidades que ofrece a cidade na que se afinca o Ceesg – Santiago de Compostela- concordando así cun dos principios da metodoloxía comunitaria como debe ser coñecer en profundidade o contexto.

Áreas de traballo

Para cumprir estes obxectivos tan “ambiciosos”, plantexámonos dúas áreas de traballo distintas. Unha delas, fará referencia aos termos e conceptos teóricos que manexamos nos ámbitos dos que se ocupa o grupo de traballo, mentres que na outra área trataremos experiencias prácticas pois, somos conscientes da abundancia teórica nestes ámbitos e que, sen concrecións prácticas resulta máis complexo de entender de qué estamos a falar.

Área 1 . Do abstracto... A1.1. Abordaxe dos principais conceptos teóricos manexados no eido comunitario coa colaboración de profesorado universitario. A1.2. Qué entendemos por Educación Ambiental e por qué ten cabida a figura o/a

educador/a social.

Área 2. Ao concreto... A2.1. Experiencias prácticas en Galicia e, sobre todo, en Compostela, cidade na que residen parte das integrantes do grupo. A2.2. Participación activa no Ceesg e difusión do traballo do grupo entre as persoas

colexiadas.

Page 25: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Accións / Liñas de actuación

A1.1. Abordaxe dos principais conceptos teóricos manexados no eido comunitario coa colaboración de profesorado universitario.

Mesa redonda con representantes das tres universidades galegas para dar resposta a preguntas como qué é, cómo se plasma, qué ferramentas ou recursos se empregan, qué outros profesionais “conviven” neste ámbito....

Debate/coloquio sobre os/as profesionais que traballan neste ámbito e posibilidades de futuro neste eido.

Cineforum sobre temáticas comunitarias en colaboración cos PIC.

A1.2. Qué entendemos por Educación Ambiental e por qué ten cabida a figura do/a educador/a social.

Entrevista a un/unha educador/a ambiental: qué é e teñen cabida as/os educadoras/essociais?

Taller de temática ambiental en colaboración con algunha entidade.

A2.1. Experiencias prácticas en Galicia e, sobre todo, en Compostela, cidade na que residen parte das integrantes do grupo.

Visita ao CIAC – Centro de intepretación Ambiental- de Santiago de Compostela.

Actividades na ŕúa: contacontos na rúa sobre a nosa historia, quedada fotográfica, visita a algún museo...

Ruta interpretativa por algún sendeiro urbano.

Experiencias prácticas a través de entrevistas a persoas responsables dos proxectos ou recursos, divulgando a través do boletín do Ceesg.

A2.2. Participación activa no Ceesg e difusión do traballo do grupo entre as persoas colexiadas.

Divulgar diversas experiencias en Galicia e en Compostela: cidade da cultura, Centros socioculturais, proxecto integral Compostela -PIC-, mercados do troco, a Nave de Vidán, Sala Nasa, a Regadeira, AC O Galo, AC Cidade Vella, Casa das Asociacións, Gentalha do Pichel...

Divulgación doutros proxectos de interese como Ciutat Beta ou Proxecto Symbios.

Finalización da análise dos plans de estudo das universidades.

Page 26: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Cronograma

Trimestre Actuacións

Xaneiro – Marzo • Reunión de grupo. Consolidación

• Análise universidades

• Apoio na presentación da revista Galeduso nº 10

Abril - Xuño • Mesa redonda

• Entrevista a unha educadora ou educador social no eido comunitario e/ou ambiental

Xullo - Setembro • Visita CIAC (maio)

• Debate-coloquio

Outubro - Decembro • Cineforum

Anual • Artigos no Boletín do Ceesg (1 por trimestre)

• Creación dunha listaxe de recursos propia e experiencias

Page 27: Plan de Traballo Ceesg · o Valoración e interposición, no seu caso, dun recurso contra a RPT da Consellería de Traballo e Benestar, solicitando a súa modificación. o Estudo

Rúa Lisboa, 20, baixo C. 15707. Santiago de Compostela

981552206 | [email protected] | www.ceesg.org