Upload
ines-blanco
View
228
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Este é o plan de lectura do curso 2008/2009 do CEIP Sigüeiro.
Citation preview
1
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
PLAN ANUAL DE LECTURA
ÍNDICE1. Introdución2. Fundamentación 3. Obxectivos4. Actividades5. Itinerarios lectores6. Temporalización7. Recursos humanos8. Función da biblioteca escolar na dinamización do PAL9. Actividades para a implicación das familias10. Seguimento e avaliación
1. INTRODUCIÓN
A lectura (xunto coa expresión oral e escrita, e o cálculo) é un dos pilares básicos dos procesos educativos no que se apoian todas as demais aprendizaxes. É máis, poderiase dicir que a lectura é “a base de toda a ensinanza”.
A súa importancia está recollida na lexislación actual nos seguintes termos:
LOE:Art. 19.2 / 24.7 / 25.5 . Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da comunicación e da información e a educación en valores traballaranse en tódalas áreas.
Art. 19.3. A fin de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario á mesma.
Decreto 130/2007, do 28 de xuño (DOG 29 de xullo): establece o currículo da educación primaria en Galicia.
Anexo IV: Proxecto lector de centro.
Art. 6º, 4. Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, os centros elaborarán e aplicarán un proxecto lector que se axustará ás liñas básicas que se publican como Anexo IV ao presente decreto, asegurándose como mínimo media hora diaria.
A competencia lectora comprende dous grandes aspectos: descodificación (exactitude, velocidade) e comprensión. O neno e a nena han de ir adquiríndoos de forma conxunta e integrada ao longo da Educación Infantil e da Educación Primaria, xa que é unha das ferramentas fundamentais que necesita para a adquisición de coñecementos. A incorrecta adquisición da lectura e as deficiencias de comprensión lectora son unha das causas máis importantes do fracaso escolar nos cursos superiores.
Pero a lectura non vai soa; lectura, expresión oral e expresión escrita son diferentes partes dun mesmo acto. Sábese que o/a alumno/a comprende a lectura grazas a que o expresa oralmente ou por escrito. De aí que as tres formen parte dun traballo conxunto, que para que sexa eficaz é necesario:
2
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
· A implicación de todo o profesorado, e por extensión, de toda a comunidade educativa. Todos os docentes deben incorporar na súa actividade, en todas as áreas e materias do currículum a ensinanza das estratexias de lectura comprensiva e de expresión oral e escrita, que van máis alá da mera lectura.
· Que as estratexias de lectura e comprensión se atopen introducidas de forma contextualizada e funcional no traballo do día a día do alumnado como un continuum ao longo de toda a etapa.
O obxectivo final da aprendizaxe das habilidades necesarias para ler comprensivamente é conseguir lectores autónomos, que lean correctamente (con seguridade, fiabilidade e fluidez axeitados), comprendendo o significado do texto (extraendo o significado do texto de maneira global ou dos diferentes apartados incluidos no mesmo) e conectando os novos conceptos cos coñecementos previos e incorporándoos ao seu coñecemento (aplicando os novos conceptos a situacións que o precisen). Estes lectores autónomos serán capaces de:
· Aprender autonomamente.· Acceder á cultura· Descubrir o pracer de ler.
Con esta finalidade, desenvólvese este PLAN ANUAL DE LECTURA que recolle e sistematiza os obxectivos e as actividades que se realizan no centro en torno á lectura ao longo do curso.
Nota: Esta introdución, dado o seu carácter xeral, incluirase no Proxecto Lector de centro no momento da súa elaboración, polo que non será preciso repetila nos Plans Anuais de Lectura.
2. FUNDAMENTACIÓN
O plan anual de lectura está estreitamente relacionado con tódalas competencias básicas do currículo, especialmente, coa competencia en comunicación lingüística, tratamento da información e competencia dixital, competencia cultural e artística e competencia para aprender a aprender; porque promove:
· O fomento da lectura.· O desenvolvemento da lectura comprensiva de forma progresiva e continuada desde
os primeiros niveis de escolarización en EI ata os últimos de EP.· A lectura en todo tipo de textos (literarios, expositivos, publicitarios, gráficos); en
soporte impreso ou electrónico; con todo tipo de finalidades.· A educación en información, utilizando os recursos impresos e as tecnoloxías da
comunicación e da información (TICs), ao alcance do alumnado, empregadas funcionalmente e de forma eficaz, comprensiva e ética.
Para o cal desenvolveranse, ao longo do curso, os seguintes obxectivos e actividades sistematizadas e integradas en tódalas áreas do currículo e para as que se conta cun tempo mínimo de media hora de lectura diaria.
3. OBXECTIVOS
· Fomentar o hábito lector.
· Incorporar a lectura literaria e non literaria na práctica diaria cun tempo mínimo de ½ hora ao día.
· Coñecer a biblioteca escolar, a organización dos fondos pola CDU e as distintas seccións en que están distribuidos.
3
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
· Coñecer e aplicar as normas de funcionamento da biblioteca escolar.
· Capacitar ao alumnado para o uso autónomo da biblioteca escolar, e por extensión, doutras bibliotecas.
· Ler de forma segura, fiable e fluida.
· Comprender os textos lidos (ou escoitados) mediante estratexias aplicadas a este fin como: identificar as ideas principais e secundarias, os personaxes, a estrutura do texto, a intención...
· Producir textos coherentes e ben estruturados usando as normas básicas de ortografía.
· Introducir a biblioteca escolar no desenvolvemento do currículo.
· Desenvolver estratexias para a consulta eficaz das diferentes fontes informativas (enciclopedias, dicionarios, libros informativos, internet...), a selección crítica da información e a construción autónoma do coñecemento.
· Empregar funcionalmente as fontes informativas de forma eficaz, comprensiva e ética.
· Fomentar o traballo en equipo.
4
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
·
·
4. ACTIVIDADES
E. INFANTIL
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Manipulación e manexo de contos Sistemática Fondos da biblioteca de aula e da escolar
Lectura de contos (en gran grupo) Sistemática Fondos da biblioteca de aula e persoais
Formular preguntas sobre o conto (comprensión oral) Sistemática Fondos da biblioteca de aula
Inventar principios e finais diferentes para contos Sistemática Fondos da biblioteca de
aula, da escolar e outras
Crear e inventar contos Puntual Fondos da biblioteca de aula e outras
Gravar contos en audio Puntual Fondos da biblioteca escolar
Dramatizar contos Puntual Fondos da biblioteca de aula e outras
Realizar actividades plásticas a partir do conto Sistemática Fondos da biblioteca de aula
e da escolar
Elaboración de unidades temáticas a partir de contos Puntual
Fondos da biblioteca de aula, da escolar e outras,
internet
Participación nos CONTA-CONTOS do concello Puntual Fondos da biblioteca d
concello
Lectura de imaxes (colectiva e individual) SistemáticaFondos da biblioteca de
aula, recuncho da expresión oral
Secuenciación e ordenación de imaxes PuntualFondos da biblioteca de
aula, recuncho da expresión oral
Lectura en distintos soportes: libros, fotos, música, pintura... Puntual
Fondos da biblioteca de aula, da escolar e outras,
internet
5
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
E. INFANTIL(Continuación)
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Lectura de pequenas frases en distintos tipos de letra Sistemática Fondos da biblioteca de aula
Diferenciar distintos tipos de texto (conto, poesía, receitas...) Puntual Fondos da biblioteca de
aula, da escolar e outras
Traballar con noticias dadas polos medios de comunicación referentes a temas
traballadosPuntual
Fondos da biblioteca escolar
Xornais e revistas
internet
Facer pareados, poesías co vocabulario dos contos Puntual Fondos da biblioteca de aula
Identificar as partes do libro: título, personaxes Puntual Fondos da biblioteca de
aula, da escolar e persoais
Préstamo semanal de libros Sistemática Fondos da biblioteca de aula
Visitas a outras bibliotecas (escolar, municipal) Puntual Biblioteca escolar e outras
Proxecto documental sobre o cine.
1º trimestre: busca de
información e selección e
adquisición de materiais.
2º trimestre: desenvolvemento
de actividades: historia do cine,
personaxes destacados,
lecturas, visionado de películas…
3º trimestre: exposición dos
traballos realizados.
Fondos da biblioteca escolar e outros: internet, Museos,
exposicións temporais, galerías...
6
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
1º CICLO E. PRIMARIA
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Visitas guiadas á biblioteca escolar para ler os carteis, coñecer as seccións,
diferenciar os libros das distintas seccións, observar a etiqueta que identifica a cada un, analizar os datos de cada etiqueta...
Puntual Fondos da biblioteca escolar
Visitar outras bibliotecas (municipal, a da Fundación Caixa Galicia de Santiago....)
Puntual Outras bibliotecas
Acceder aos fondos usando o marcador de Nica.
Sistemática Fondos da biblioteca escolar e marcadores persoais
Lectura silenciosa e individual de libros de fición e informativos.
Sistemática
Fondos da biblioteca escolar, doutras bibliotecas, fondos
persoais e materiais temáticos de exposicións,
maletas viaxeiras...
Narración dun conto ou poemas polo profesor e polo neno
Sistemática Contos diversos
Realización e exposicións de debuxos ou traballos plásticos relacionados coas
lecturas
Puntual Obxectos variados
Elaboración de contos Puntual Obxectos puntuais
Dramatización das lecturas Puntual Materiais bibliográficos e material funxible
7
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
1º CICLO E. PRIMARIA (Continuación)
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Proxecto documental sobre o cine.
1º trimestre: busca de
información, selección e
adquisición de materiais.
2º trimestre: desenvolvemento
de actividades: historia do cine,
personaxes destacados,
lecturas, visionado de películas…
3º trimestre: exposición dos
traballos realizados.
Fondos da biblioteca escolar e outros: internet, Museos,
exposicións temporais, galerías...
8
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
2º CICLO E. PRIMARIA
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Visitas guiadas á biblioteca escolar para ler os carteis, coñecelas seccións
diferencias os libros das distintas seccións, observar a etiqueta que identifica a cada
un, analizalos datos de cada etiqueta
Puntual Fondos da biblioteca escolar.
Visitar outras bibliotecas (municipais etc) Puntual Outras bibliotecas
Identificar as partes dun libro e analizar a información que aporta cada unha portada,
contraportada, solapas, índice…)Sistemática Fondos da biblioteca escolar.
Buscar e colocar libros pola CDU, autor, título, materia….. Sistemática. Fondos da biblioteca escolar.
Lectura silenciosa e individual de libros de fición e informativos. Sistemática
Fondos da biblioteca escolar, doutras bibliotecas, fondos
persoais e materiais temáticos de exposicións
maletas viaxeiras….
Lectura compartida de dous libros por aula Sistemática Fondos persoais
Recomendar os libros que máis lle gustaron Puntual Fondos da biblioteca escolar
e outros.
Facer un resumo organizando secuencialmente as ideas principias Puntual Fondos da biblioteca e
outros
Elaborar murais Puntual Fondos da biblioteca escolar e outros.
Encontros con autores.Puntual Fondos da biblioteca e
outros
Colaborar na selección de títulos para a biblioteca. Sistemática Fondos da biblioteca escolar.
Realización e exposición de debuxos ou trabalos plásticos relacionados coas
lecturas.Sistemática Obxetos variados.
9
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
2º CICLO E. PRIMARIA (Continuación)
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Elaboración de contos Puntual Fondos da biblioteca e aula
Dramatización de lecturas Puntual Materiasis bibliográficos e material funxible.
Buscar información en libros informativos (enciclopedias, diccionarios,
monográficos…) revistas. Periódicos, internet…
Puntual Fondos da biblioteca escolar, internet, outros…
Proxecto documental sobre o cine.
1º trimestre: busca de
información, selección e
adquisición de materiais.
2º trimestre: desenvolvemento
de actividades: historia do cine,
personaxes destacados,
lecturas, visionado de películas…
3º trimestre: exposición dos
traballos realizados.
Fondos da biblioteca escolar e outros: internet, Museos,
exposicións temporais, galerías...
10
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
3º CICLO EP
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Visitas guiadas á biblioteca escolar para ler os carteis, coñecer as seccións,
diferenciar os libros das distintas seccións, observar a etiqueta que identifica a cada un, analizar os datos de cada etiqueta...
Puntual Fondos da biblioteca escolar
Visitar outras bibliotecas (municipal, a da Fundación Caixa Galicia de Santiago....)
Puntual Outras bibliotecas
Acceder aos fondos usando o marcador de Nica.
Sistemática Fondos da biblioteca escolar e marcadores persoais
Usar o opac Meiga para coñecer o estado dos fondos, facer buscas...
Sistemática Fondos da biblioteca escolar.
Identificar as partes dun libro e analizar a información que aporta cada unha
(portada, contraportada, solapas, índice... Sistemática
Fondos da biblioteca escolar.
Buscar e colocar libros pola CDU, autor, título, materia...
Sistemática Fondos da biblioteca escolar.
Buscar fondos que ofrezan información sobre un tema.
Puntual Fondos da biblioteca escolar e outros.
Presentar un libro cada semana na clase por parte do profesorado.
Semanal Fondos da biblioteca escolar.
Lectura silenciosa e individual de libros de fición e informativos.
Sistemática
Fondos da biblioteca escolar, doutras bibliotecas, fondos
persoais e materiais temáticos de exposicións,
maletas viaxeiras...
11
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
3º CICLO EP (Continuación)
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Lectura compartida/en grupo de dous libros:
“Un amigo en la selva” A. Gómez Cerdá
“Palabras de caramelo” de G. MOURE,
“O cazador de estrelas” de Ricardo Gómez
Sistemática Fondos da biblioteca escolar e persoais.
Recomendar os libros que máis gustaron. Sistemática Fondos da biblioteca escolar e outros.
Identificar a estrutura do texto. Sistemática Fondos da biblioteca escolar.
Recoñecer a finalidade do texto. Sistemática Fondos da biblioteca escolar e outros.
Facer un resumo organizando secuencialmente as ideas principais. Sistemática Fondos da biblioteca
escolar e outros.
Libro-Forum. Puntual Fondos da biblioteca escolar e outros.
Facer pequenos traballos sobre obras literarias (datos técnicos, historia, personaxes,opinión
persoal...)Puntual Fondos da biblioteca
escolar e outros.
Elaborar murais. Puntual Fondos da biblioteca escolar e outros.
Encontros con autores.Puntual Fondos da biblioteca
escolar e outros.
Colaborar na selección de títulos para a biblioteca. Sistemática Fondos da biblioteca
escolar.
Buscar información en libros informativos (enciclopedias, dicionarios, monográficos...),
revistas, periódicos, internet...Sistemática Fondos da biblioteca
escolar, outros, internet...
12
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
3º CICLO EP (Continuación)
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Elaborar un caderno coas lecturas máis significativas que se fan ao longo do ciclo. Sistemática
Fondos da biblioteca escolar, persoais e
outros
Proxecto documental sobre o cine.
1º trimestre: busca de
información, selección e
adquisición de materiais.
2º trimestre: desenvolvemento
de actividades: historia do cine,
personaxes destacados,
lecturas, visionado de películas…
3º trimestre: exposición dos
traballos realizados.
Fondos da biblioteca escolar e outros: internet, Museos,
exposicións temporais, galerías...
13
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
INGLÉS
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Lectura de textos breves relacionados co tema actual. Sistemática
Libro de aula
Audio
Lectura comprensiva de textos breves previamente traballados Semanal
Libro de aula
Fondos da biblioteca
Ordenar viñetas
SemanalFondos da biblioteca
Fondos informáticos e audiovisuais
Diálogos escenificadosQuincenal
Libro de aula
Audio
Memorización de pequenos textos dialogados Semanal
Libro de aula
Fondos da biblioteca
Audio
Memorización e recitado de chants e songs Semanal
Libro de aula
Fondos informáticos e audiovisuais
Utilización de imaxes e son
Semanal
Libro de aula
Fondos da biblioteca
Lectura, pronunciación e entoación
Sistemática Fondos informáticos e audiovisuais
Participación no Proxecto de Pintura 2º e 3º trimestres
Fondos da biblioteca escolar e outros: internet, Museos,
exposicións temporais, galerías...
14
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Lerlle contos. Sistemática Fondos da biblioteca escolar e de aula
Atención e comprensión de narracións ou outro tipo de textos presentados de formas
diversasSistemática Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Lectura de imaxes. Sistemática Fondos da biblioteca escolar e de aula
Ler en voz alta cuidando a dicción, a entonación….. Sistemática Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Lectura comprensiva de textos breves, sinxelos en canto á estructura e
vocabulario e que traten temas próximos ao alumnado.
Sistemática Fondos da biblioteca escolar e de aula
Memorizar e recitar poesias sinxelas, adiviñas … Sistemática Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Construir historias con imaxes.Sistemática Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Ordenar viñetas. Sistemática Fondos da biblioteca escolar e de aula
Realizar actividades de comprensión. Sistemática Fondos da biblioteca escolar e de aula
-Inventar contos curtos de forma oral, con imaxes, por escrito… Sistemática Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Comunicar por medio da linguaxe oral escrita…os seus sentimentos,
experiencias, intencións, desexos… Sistemática Fondos da biblioteca escolar e de aula
15
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
ACTIVIDADES XERAIS COORDINADAS POLA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE PERIODICIDADE MATERIAIS
Elaborar marcadores máis consistentes
Actividades formación de usuarios
Lectura de contos
Día da biblioteca escolar
Fondos da biblioteca escolar e de aula
Maletas viaxeiras
Exposición contos de medo
Recollida de tradicións: cantigas, ditos, refráns, recetas...
Cómic: Historia da castaña
Magosto / Samaín Fondos da biblioteca escolar e de aula
Exposición fondos bibliográficos, audiovisuais.. Día da PAZ Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Maletas viaxeiras con fondos de poesías
Actividades con poesías: completar, asociar poesía – libro...
Exposición poesías propiasDía da poesía Fondos da biblioteca escolar
e de aula
Exposición de novidades
Actividades de formación de usuarios
Xogo: relación textos / títulos exposición
Día do libro infantil
Fondos da biblioteca escolar e de aula
16
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
ACTIVIDADES XERAIS COORDINADAS POLA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE CELEBRACIÓNS MATERIAIS
Actividades de formación de usuarios
Maratón de lecturas familias-alumnado-profesorado
Exposición de traballos do proxecto documental
Actividades interaulas do proxecto
Selección e presentación das actividades máis salientables do curso
Traballo de documentación sobre o/a autor/a das Letras Galegas
Publicitación de traballo de creación persoal arredor destes eventos
Visitas organizadas para as familias
Charlas sobre o uso da biblioteca e a importancia da lectura para as familias.
Encontros con autores – ilustradores...
Publicitación dos fondos da biblioteca.
Quincena da biblioteca.
Día do libro.
Día das Letras Galegas.
Maios
Fondos da biblioteca escolar e de aula
17
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
5. ITINERARIOS LECTORES
ETAPA/
NIVELTÍTULO AUTOR EDITORIAL
EDUCA-CIÓN
INFAN-TIL
Cando Martiño tivo ganas de... Heras e Dasilva KalandrakaA que sabe a lúa Michael Grejniec Kalandraka
Aquiles Risari e Taeger Kalandraka
Nadarín Leo Lioni Kalandraka
Corre, corre cabaciña Mejuto e Letria OQO
Arco da lúa Arnal e Widman Kalandraka
1º CICLO EDUCA-CIÓN
PRIMA-RIA
O cabalo de cartón A. García Teijeiro Ala DeltaAndrea y el cuarto rey mago A. Gómez Cerdá Ala Delta
Dominicus o dragón Antón Cortizas Ala Delta
Minimaladas Carlos López Ed. Xerais
Ningún bico para mamá Tomi Ungerer Ed. Xerais
Niko, el pirata Christine Nöstlinger Librosaurio
Querido tolo Juan Kruz Librosaurio
2º CICLO EDUCA-CIÓN
PRIMA-RIA
El palacio de papel José Zafra Edit. Anaya.Juan, Julia y Jericó Christina
NÖSTLINGUER.Ed. Alfaguara.
A selva dos números Ricardo Gómez. Ed. Alfaguara.
Ota quere voar Ánxela Louresir. Ed. Xerais
A bruxiña da sorte Concha Blanco Ed. Alfaguara.
As fadas verdes Agustín Fdez Paz SM
Espantallo amigo X. Neira Vilas Edit. Galaxia.
Os soños nas gaiola. Manuel María Edit. Xerais.
3º CICLO EDUC. PRIMA-RIA
Un amigo en la selva A. Gómez Cerdá EdelvivesPalabras de caramelo Gonzalo Moure Ed. Xerais
O cazador de estrelas Ricardo Gómez Ed. Tambre
Matilda Road Dahl Ed. Alfaguara
18
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
6. TEMPORALIZACIÓN
O tempo adicado a actividades de lectura específicas é como mínimo ½ hora diaria despois do recreo na aula, e unha hora semanal para baixar á biblioteca xeral do centro.
7. RECURSOS HUMANOS
O centro contará cun equipo de biblioteca, formado por 5 profesoras, cunha hora de dedicación persoal cada unha, e dúas a coordinadora. Na hora conxunta reuniranse para coordinar as actividades dos distintos ciclos e para elaborar a documentación correspondente.
Aparte do equipo de biblioteca, cada titor/a, profesor/a dinamizará a lectura na súa aula e xestionará o uso dos recursos da biblioteca co seu alumnado.
8. PAPEL DO EQUIPONDA BIBLIOTECA NA DINAMIZACIÓN DO PLAN ANUAL DE LECTURA
O equipo da biblioteca:
· Xestionará os fondos (catalogación, informatización...)· Adquirirá e/ou coordinará a compra de materiais.· Facilitará os recursos necesarios para desenvolver as actividades que se propoñen ao
longo do curso (maletas viaxeiras...)· Elaborará listas de materiais sobre un tema.· Fará exposicións temporais de fondos arredor do centro de interés que se estea
tratando (paz, proxectos interdisciplinares...)· Divulgará os fondos da biblioteca entre a comunidade escolar.· Informará das normas de funcionamento. · Promoverá a formación de usuarios.· Fomentará a formación documental, coordinando, de maneira especial, os proxectos
documentais integrados que se están desenvolvendo no centro, arredor dun eixo de interés, elixido en colaboración coas aulas, e desenvolvido ao longo do curso.
9. ACTIVIDADES PARA A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS
O equipo da biblioteca en coordinación con todo o profesorado do centro:· Elabora o boletín da biblioteca para as familias.· Promove a participación das familias en actividades que se desenvolven no centro
respecto á lectura (visita ás exposicións, lecturas ao alumnado...)
E desde as aulas, sobre todo nos primeiros niveis:· Foméntase a lectura compartida adultos-nenos nas familias.
10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
O seguimento e avaliación do Plan realizarase en función de:
A) O propio plan.Valorarase o cumprimento dos obxectivos e a receptividade do alumnado e do profesorado das actividades desenvolvidas en cada etapa, ciclo ou departamento. Verase se foron efectivas e,
19
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
en función dos resultados, elaborarase o Plan do próximo curso. Tamén se fará unha valoración do funcionamento da media hora de lectura diaria e da hora semanal do uso da biblioteca xeral.
B) Os recursos humanos, temporais e materiais.
C) A avaliación do alumnado que ha de:· Ser realizada por todo o profesorado dentro da propia área.· Estar plenamente integrada na actividade escolar, é dicir, formar parte do proceso de
ensino-aprendizaxe, · Permitir detectar as dificultades do alumnado e intervir no proceso axustando as
axudas ás necesidades detectadas.· Implicar ao alumnado no propio proceso, dándolle a coñecer os aspectos nos que
precisa axuda, aqueles nos que progresa e as dificultades que ha de superar e como ha de superalas.
Terase en conta:
1- Avaliación inicial para coñecer o punto de partida.2- Avaliación formativa para obter información acerca das estratexias de
lectura que utiliza, e, intervir nelas se é preciso, facilitándolle as axudas que sexan necesarias, no momento adecuado.
3- Avaliación sumativa para coñecer o nivel de competencia lectora alcanzado.
Criterios de avaliación:
Os criterios de avaliación están diseñados en torno á lectura e á expresión oral e escrita. No referente á lectura tense en conta a comprensión, e dentro desta valórase a comprensión literal (localiza datos e informacións que están explícitas no texto), interpretativa (analiza e sintetiza a información do texto e fai deducións e hipóteses/inferencias sobre a mesma) e crítica ou profunda (é capaz de valorar a información distinguindo o que certo do que non, o que é xusto ou inxusto... segundo os seus coñecementos previos).
· Amosar iniciativa e interese pola lectura
Avaliarase o interese amosado pola lectura. Valorarase a iniciativa e a progresiva autonomía para ler e usar as fontes que proporciona a biblioteca da escola e internet. Terase en conta o número de libros lidos polo alumnado e o progresivo grao de dificultade dos mesmos. É dicir farase un seguimento da evolución dos índices de lectura no centro.
· Coñecer a biblioteca do centro, e, por extensión, outras como a municipal.
Valórase que coñeza os distintos espazos da biblioteca, os materiais que pode atopar en cada un deles e a diferenza entre os mesmos.
· Empregar as bibliotecas de aula e de centro con certa autonomía como fonte de información e como lugar que proporciona recursos relacionados coa información e coa lectura por pracer.
Valórase que sexa quen de localizar aquelo que precisa de acordo coas súas necesidades, primeiro usando marcadores e, despois, de forma progresiva, pola CDU; así como o respecto polas normas de uso e a colaboración no bo funcionamento da biblioteca.
· Ler progresivamente de forma expresiva textos diversos con seguridade, fluidez e precisión.
Preténdese constatar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, logo de lectura silenciosa, textos variados, evitando supresións, omisións, intercambios...
20
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
· Comprender textos orais (contos, noticias, informacións...) lidos ou contados por outros, extraendo o sentido global da mensaxe.
Avalíase especialmente o recoñecemento das ideas principais e secundarias e a habilidade de seleccionar información para un fin.
· Localizar e comprender a información explícita en textos escritos en soporte papel ou dixital
Compróbase se o alumnado é capaz de localizar datos directos no texto.
· Comprender a información de textos escritos e facer inferencias directas, deducións, resumos, etc. a partir dos mesmos.
Compróbase se o alumnado diferencia as ideas principais das secundarias, se identifica a estrutura do texto (carta, noticia, texto expositivo...), a finalidade..., se é quen de facer interpretacións, hipóteses, predicións e conclusións durante e despois da lectura, e se é capaz de estruturar as ideas principais facendo un resumo.
· Interpretar as ideas contidas nos textos escritos, tanto en formato impreso como multimedia, integrándoas nos seus propios esquemas de coñecemento.
Compróbase se o alumnado establece relacións entre os coñecementos previos e a súas experiencias e a información do texto, se é quen de formular xuízos persoais , distinguir o que é certo do que é falso, xusto do inxusto... criticando e argumentando razoadamente a información.
· Producir textos orais coherentes e ben organizados.
Valórase a coherencia de ideas, feitos, opinións... e a súa secuenciación e organización.
· Producir textos escritos coherentes e ben estruturados usando estratexias de planificación, textualización e de revisión e empregando soportes de papel e dixitais.
Valorarase que o alumnado sexa quen de expresarse por escrito en progresión de cohesión e de coherencia seguindo os pasos da produción textual (planificación, textualización , revisión e presentación)
· Buscar, localizar e seleccionar información explícita en textos escritos de soportes variados (webs, libros, carteis, prensa, enciclopedias...) e aplicar esta información aos contextos que o requiran.
Analízase a capacidade do alumnado para localizar e extraer a información de textos escritos discernindo a información principal da secundaria, identificando a estrutura do texto, a finalidade... e aplicando despois esta información a contextos apropiados.
21
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
2.- INSTRUMENTOS PARA O SEGUIMENTO E AVALIACÓN DA LECTURA
Algúns instrumentos que poderían ser eficaces na avaliación da lectura, poderían ser:
Diarios de lecturas: cadernos individuais onde cada alumno/a vai recollendo as impresións, lembranzas ou as creacións que lle suxiren as lecturas que máis lle van gustando ao longo das dúas etapas, sen outra obriga que a autocomplacencia e o recordo grato das mesmas. Sería bo que se conservasen desde Educación Infantil ata o final de Educación Primaria. O seu seguimento e valoración podería ser de gran axuda para coñecer a situación do alumnado referente á lectura e axudarlle a orientarse.
22
CEIP de SigüeiroCurso 2008/09
Cuestionario persoal para o seguimento da evolución da lectura
ANTES DA LECTURA OBSERVACIÓNS/ANOTACIÓNS· Mostra interés pola lectura?
Le por iniciativa propia? Le libros dunha única temática?
Nº de libros lidos Le libros do seu nivel, dun nivel
inferior ou dun nivel superior?
Cal é o obxectivo da lectura? Le para informarse? Le por lecer? Le para aprender?
DURANTE A LECTURA OBSERVACIÓNS/ANOTACIÓNS· Esfórzase por comprender o contido do
texto? Mira o título, as ilustracións, a
sinopse da contraportada...?
Busca o significado das palabras, expresións... descoñecidas?
Identifica a estrutura do texto?
Se se equivoca, decátase e volve atrás?
Usa os sinais do texto para comprender o significado: imaxes, tipo de letra..?
Fai hipóteses e predicións sobre o contido do texto?
DESPOIS DA LECTURA OBSERVACIÓNS/ANOTACIÓNS Identifica o tema? Identifica a idea principal? É capaz de facer unha comprensión literal?
(recordo do lido) E interpretativa? (responde a preguntas
que non están explícitas no texto)
Relaciona os novos conceptos cos coñecementos previos? (critica argumentando razoadamente a información)
É capaz elaborar conclusións? É quen de facer un resumo coherente? Idem un mapa conceptual?