15
PLAN DE ACOLLIDA CPI SAN SADURNIÑO 1 ANEXO - XIV PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021

PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 1

ANEXO - XIV

PLAN DE ACOLLIDA

2020 – 2021

Page 2: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 2

INDICE

1 – Contextualización Pax. 3

2 – Novas normas de organización e funcionamento. Pax. 3

2.1 – Uso da máscara.. Pax. 3

2.2 – Organización do centro. Pax. 3

2.3 – Normas para grupos estables de convivencia. Pax. 4

2.4 – Entradas e saídas. Pax. 5

2.5 – Recreos. Pax. 8

2.6 – Fluxo de movementos durante a xornada escolar. Pax. 8

2.7 – Aforos. Pax. 9

2.8 - Biblioteca. Pax. 9

2.9 - Aseos. Pax. 9

2.10 – Comedor.. Pax. 10

2.11 – Titorías coas familias. Pax. 11

2.12 – Atención secretaría. Pax. 11

3– Actuacións de prevención, hixiene e protección. Pax. 12

4– Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria

para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso,

non presencial.

Pax. 13

5- Atención aos aspectos emocionais e sociais, mediante a realización de activida-

des grupais de acollida e cohesión.

Pax. 14

Page 3: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 3

1 – CONTEXTUALIZACIÓN

Seguindo as Instrucións do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación educativa en relación ás medidas que se deben adoptar no curso

académico 2020/21, o centro educativo elaborará un “Programa de acollida”.

O presente documento ten por obxecto definir as pautas que guiarán o principio de curso no

centro seguindo as recomendacións do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 e o

Plan de Adaptación do CPI de San Sadurniño.

2 – NOVAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

2.1 – USO DA MÁSCARA

O uso da máscara no centro adecuarase á normativa vixente recollida no protocolo da Consellería

de Sanidade.

A máscara empregarase en todo momento, sendo o seu uso obrigatorio para todo o persoal do

centro:

Profesorado, agás naqueles momentos nos que impida o normal desenvolvemento do

seu traballo. Cando isto se produza será obrigatorio manter a distancia de seguridade

ou o emprego de pantallas protectoras.

Alumnado maior de 6 anos e recomendable para os menores de 6 anos.

Persoal non docente

2.2 – ORGANIZACIÓN DO CENTRO

Os grupos cos que contaremos este ano son:

INFANTIL

61

4º A 23 22

5º A 23 23

6º A 16 16

PRIMARIA

176

1º A 16 31

B 15

2º A 24 24

3º A 15 30

B 15

4º A 20 39

B 19

5º A 13 27

B 14

6º A 23 25

1º ESO A 20 37

B 17

Page 4: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 4

ESO

122

2º ESO A 14 28

B 14

3º ESO A 15

30 B 15

4º ESO A 14

27 B 13

-En EI, conformaranse grupos estables de convivencia, na aula traballarase mediante grupos colaborativos

dun máximo de 5 alumnos/as (preferiblemente sempre os mesmos), que se constituirán como grupos es-

tables de convivencia para mellorar a trazabilidade dos contactos. Os grupos traballarán con distancia-

mento físico de 1,5 metros respecto dos restantes grupos. Sempre que sexa posible utilizarase a máscara,

porén para o profesorado e persoal non docente que teña contacto cos grupos de EI será de uso obrigatorio.

-En EP manteranse grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito, non se aplicarán criterios de limitación

de distancia. Todos os pupitres colocaranse en liña mirando cara á mesa do profesorado.

-En ESO todos os pupitres colocaranse en liñas mirando cara á mesa do profesor/a, gardando unha dis-

tancia mínima de 1,5 metros.

O alumnado de cada grupo poderá relacionarse entre si, pero deberá evitar a interacción con

outros grupos de centro, limitando ao máximo o número de contactos, nese caso sería

obrigatorio manter a distancia interpersoal de a lo menos 1,5 metros.

Para cubrir as ausencias do profesorado non se recorrerá a unir grupos, e sempre que sexa posible

cubriranse con profesorado que imparta docencia no grupo estable.

2.3 – NORMAS PARA GRUPOS ESTABLES DE CONVIVENCIA

Dentro da aula estableceranse as seguintes medidas:

- O alumnado de EP e ESO empregará a máscara continuamente dentro e fora da aula, con

independencia do mantemento da distancia interpersoal. Para o alumnado de EI o seu uso non é obrigatorio

pero si recomendable.

-A obrigación contida no apartado anterior non será esixible para as persoas que presenten algún tipo de

enfermidade ou dificultade respiratoria. A imposibilidade do uso da máscara deberá ser acreditada polo

pediatra ou facultativo do alumno/a ou da persoa obrigada.

- O profesorado utilizará a máscara continuamente. O uso adicional de viseiras ou outras medidas

de seguridade será voluntario.

- Dotación hixiénica: xel hidroalcohólico, panos desbotables, papeleira con pedal e limpador

desinfectante.

Page 5: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 5

- O alumnado desinfectará as mans antes de entrar na aula e colocará a súa roupa nos colgadoiros.

- Carteis relativos a hixiene e prevención con respecto á COVID.

- Extremarase a orde no posto de traballo e nas mesas da aula, realizando a limpeza e desinfección

establecidas por parte do alumnado, do profesorado e do persoal de limpeza asignado.

- As ventás, portas, dispositivos de funcionamento da iluminación, proxectores e restantes

ferramentas pedagóxicas serán unicamente usadas polo profesorado, coas medidas de seguridade

e hixiene que procedan.

-O alumnado terá o seu propio kit básico de material de traballo e rotulado co seu nome, cando

sexa preciso compartir material este será desinfectado antes e despois do seu uso.

- Todo o alumnado de EP e ESO deberá ter un kit básico de material de protección, rotulado co seu nome,

con:

- Unha bolsa/sobre de papel ou tela específico para gardar a máscara en caso necesario, como é no

caso do comedor, co seu nome.

- Unha máscara de reposto.

- Xel hidroalcohólico. (EP – ESO) - 1 botellín de auga.

- Limitaranse ao máximo os movementos dentro da aula, aínda que si se permitirá levantarse para

realizar pequenos estiramentos ou exercicios posturais que non impliquen moverse do posto escolar.

- O alumnado non poderá facer ningún tipo de recado polo centro.

- Se é preciso que o alumnado empregue a pizarra, realizarase unha desinfección previa con xel

hidroalcohólico do rotulador ou xiz que empregue.

- Cando haxa un cambio de profesorado, 5 minutos antes, procederase a recoller e hixienizar o

material empregado.

- Cando sexa necesario trasladarse de aula para as sesións de música, plástica. EF.... ou saír ao

recreo, o alumnado deberá respectar o recorrido deseñado na orde de entrada e saída asignada.

- Non se deixarán os libros nin o material nas aulas. O alumnado deberá traer na mochila o que

precise cada día.

- Cando o alumnado acuda a aulas específicas ou de desdobramento, avisará ao profesorado

anterior para que finalice a súa clase 5 minutos antes de xeito que se poida organizar a saída de

forma ordenada e paulatina.

- Cando un grupo deba cambiar de aula, farao en fila de un, respectando a distancia de 1m,se-

guindo a ruta deseñada e circulando sempre pola dereita.

Page 6: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 6

- Se houber outro grupo na nova aula, agardarase a que saía por completo o grupo anterior antes

de entrar. Entrarase gardando a distancia, evitando que se formen agrupacións de alumnado

durante a espera. Ventilarase a aula, e o grupo saínte hixienizará pupitres e cadeiras.

Estas recomendacións permitiran ter unha maior seguridade na convivencia. Algunhas das

restricións limitan a liberdade coa que habitualmente se movía o alumnado, pero a situación así

o require.

2.4 – ENTRADAS E SAÍDAS

O obxectivo destas medidas é evitar as aglomeracións de persoas tanto na entrada como nas saídas do

centro, debendo garantir en todo momento as medidas de distanciamento físico interpersoal.

Diferenciamos tres portas de acceso ao colexio:

Porta lateral de acceso ao patio cuberto (alumnado transportado)

Porta principal (alumnado non transportado de EI e EP)

Porta lateral anexa ao edificio de ESO (alumnado non transportado ESO)

Organización das entradas

- O alumnado baixará do autobús cando este situado diante da porta de entrada.

- Alumnado transportado – accede ao centro pola porta lateral do patio cuberto:

EI – o profesorado de garda o acompaña ata a fila correspondente seguindo as distancias

especificadas pola sinalización, onde o agarda o profesorado de garda. A partir das 9:25

subirá ás aulas para comezar as rutinas de limpeza de mans.

EP – dirixirase á fila correspondente seguindo as distancias especificadas pola sinaliza-

ción, onde o agarda o profesorado de garda. A partir das 9:25 subirá ás aulas para comezar

as rutinas de limpeza de mans e colocación de material.

ESO – dirixirase ao edificio de secundaria seguindo o traxecto habilitado para esta etapa.

Unha vez que chegue ao edificio dirixirase á súa aula de forma inmediata . Deberá realizar

a limpeza de mans e agardar no seu sitio ao comezo das clases.

- Alumnado non transportado non poderán acceder ao centro ata :

Pola mañá:

o 9:25.

Pola tarde:

o 15:15 – 1º e 2º ESO.

o 15:55 – EI – EP

o 16:05 - 3º e 4º ESO

-EI/EP – accederán ao edificio pola porta principal, e segundo as indicacións do profeso-

rado de garda accederá á súa aula.

-ESO – accederán ao centro pola porta lateral, anexa ao edificio de ESO e dirixiranse á

súa aula de forma inmediata.

Page 7: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 7

Organización das saídas

-Coa finalidade de evitar aglomeracións e tendo en conta a limitación de aforos derivados da

Covid -19 no comedor escolar, flexibilizarase o horario de saída da última hora. (Protocolo Con-

sellería punto 18, apartado 11.8)

-Alumnado transportado –

O alumnado de EI – EP sairá de forma ordenada pola porta lateral do edificio e diri-

xiranse á fila correspondente á ruta na que viaxan.

Os luns, mércores e venres estarán acompañados polo persoal colaborador de comedor e os

martes e xoves polo profesorado de garda de transporte.

O alumnado de ESO – sairá de forma ordenada e en fila para dirixirse sen paradas nin

demoras ao patio cuberto seguindo o traxecto habilitado para esta etapa e subirán ao au-

tobús correspondente de forma inmediata. O incumprimento desta medida incurrirá en

falta leve coa conseguinte sanción.

O alumnado de EI/EP subirá ao autobús correspondente cando este situado na porta de entrada

do patio cuberto.

- Alumnado non transportado

EI – sairán na orde seguinte:

Pola mañá.:13:30 ou 15:20 pola porta principal

Pola tarde: 16:40

EP – sairán na orde seguinte:

Pola mañá.: ás 13:45 ou 15:20 pola porta principal

Pola tarde:

-1º - 2º EP: 16:45.

-3º – 4ª EP: 16:50.

-5º – 6º EP: 16:55.

ESO – sairán na orde seguinte:

Pola mañá.

-1º - 2º : 14:30 ou 15:20 (luns, mércores e venres) / 14:05 (martes e xoves)

-3º - 4º: 14:55 (todos os días) ou 15:20 (luns, mércores e venres)

Pola tarde

-16:55 (martes e xoves)

Sairán de forma ordenada pola porta lateral anexa ao edificio de ESO. Non se permitirá que o

alumnado na saída quede formando agrupacións nos patios nin na zona de autobuses ou que xogue

nos mesmos, polo que se regularán as saídas directamente ao exterior do recinto. O incumpri-

mento desta medida incurrirá en falta leve coa conseguinte sanción.

Os martes e xoves levarase a cabo unha modificación de horario nos cursos de 3º e 4º da ESO,

coa finalidade de evitar aglomeracións entre as quendas do comedor escolar:

1º -2º - manterán o horario habitual:

De 9:30 a 14:05.

De 15:20 a 16:55.

Page 8: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 8

3º - 4º - modificarse do modo seguinte:

De 9:30 a 14:55.

De 16:10 a 16:55.

O alumnado de 4º de Educación Infantil con horario de adaptación, seguirá as instrucións dadas

pola titora a principio de curso.

Instrucións xerais

- As familias non accederán ao patio cuberto.

- Tanto nas entradas como nas saídas hai que evitar as aglomeracións de persoas, polo tanto, o

alumnado “non transportado” só poderá vir acompañado por unha persoa, será fundamental a

puntualidade e encanto o/a alumno/a entre ou saía os acompañantes deberán abandonar o recinto

para evitar a formación de grupos de persoas.

- As portas de acceso ao centro pecharanse ás 9:40 e ás 16:00 (para EI e EP) e ás 16:10 (para

ESO).

- A circulación será sempre pola dereita e respectando a distancia de seguridade.

- Para entradas e saídas fora do horario establecido deberá dirixirse á secretaría, dende alí o per-

soal do centro xestionará a entrada ou recollida.

-Na entrada e saída da aula e nos momentos do retorno de recreo o profesorado velará pola orde

dos movementos e fluxos do alumnado establecendo as quendas dos horarios establecidos.

- O profesorado a quen corresponda impartir a última hora lectiva velará porque o material da

aula quede recollido e o alumnado saía de forma ordenada e respectando a distancia de

seguridade.

- Con carácter xeral e salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou

cando a presenza sexa requirida polo propio centro, non se permitirá a entrada dos proxenitores

ou titores legais do alumnado no centro.

- No caso de requirir atención por motivos educativos, establecerase unha cita previa non

coincidente con horarios de entrada e saída nin con intercambios de clase ou recreos.

- O éxito deste plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas

familias como por parte do profesorado.

2.5 – RECREOS

- Todo o alumnado empregara as rutas de saída e entrada sinalizadas no centro.

Page 9: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 9

- As merendas tomaranse dentro da aula, antes de baixar ao patio, o profesorado responsable do

grupo nese momento encargarase da limpeza de mans antes e despois da merenda e de que o

alumnado desinfecte a mesa usada para tal fin.

- Crearanse zonas diferenciadas que garanten que cada nivel pode ter un espazo de recreo no que

se respecte a distancia social:

EI – Habilitaranse tres zonas:

Patio de infantil.

Pista verde.

Patio cuberto.

EP - Habilitaranse seis zonas:

Patio cuberto.

Pista verde.

Pista de voley.

Pista vermella.

Zona de asfalto/soportal de acceso ao centro.

Pista descuberta/zona ludoteca.

ESO - Habilitaranse oito zonas diferenciadas:

Soportal de acceso ao centro.

Zona de horta.

Zona contigua ao patio cuberto.

Zona contigua ao pavillón do Concello.

Pista descuberta (dividida en dúas zonas)

Pista descuberta EP (dividida en dúas zonas)

- As zonas serán asignadas de forma rotatoria aos diferentes niveis educativos.

- Os días de choiva o alumnado de EP sairá ao patio cuberto e ao Pavillón municipal, o alumnado

de ESO permanecerá nas aulas.

- Independentemente do lugar onde sexa o recreo, tanto en EP como en ESO, ao finalizar irán

directamente ás aulas, non poderán parar nos baños, á volta do recreo serán os profesores/as

que teñan docencia no grupo os/as que regularán o fluxo de asistencia ao baño controlando a

hixiene de mans e o aforo.

2.6 - FLUXO DE MOVEMENTOS DURANTE A XORNADA ESCOLAR

- No edificio de EI – EP o alumnado seguirá o sentido das frechas de circulación, para subir e

baixar empregarán as escaleiras facendo uso, sempre da marxe dereita.

- No edificio de ESO o fluxo de movemento á primeira planta será polas escaleiras que están

situadas á dereita da porta de acceso e baixada polas escaleiras que están xunto os baños.

- Nas comunicacións verticais, o uso do elevador quedará limitado ás persoas que o precisen por

motivo de mobilidade e deberán usar máscara.

Page 10: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 10

- Na entrada e saída da aula e nos momentos do retorno de recreo o profesorado velará pola orde

dos movementos e fluxos do alumnado establecendo as quendas dos horarios establecidos.

2.7 – AFOROS

Haberá limitación de aforo nos diferentes espazos do centro:

Baños – 1 persoa e para controlalo haberá un sistema de “semáforo” que indicará se o baño

está libre ou non.

Salas de profesores – 10 persoas.

Secretaría – 5 persoas.

Biblioteca – 5 persoas.

Departamentos – 1 persoa

2.8 – BIBLIOTECA

-O aforo será limitado e so se poderán utilizar os asentos sinalizados, que deberán ser

desinfectados despois do seu uso polos usuarios.

- Todos os usuarios deberán hixienizar as mans ao entrar e saír da mesma.

- Deberá ser ventilada para renovación do aire.

- Os equipos de traballo serán só utilizados polo equipo de biblioteca e serán desinfectados sem-

pre antes e despois da súa manipulación.

- As ventás, portas, dispositivos de funcionamento da iluminación, proxectores e restantes ferra-

mentas pedagóxicas serán unicamente usadas polo profesorado, coas medidas de seguridade e

hixiene que procedan.

- Os préstamos de libros realizarase de xeito habitual, pero cando sexan devoltos deberán per-

manecer como mínimo 4 horas en caixas illadas antes de volver aos andeis.

- En ESO durante e os recreos poderase utilizar a biblioteca co aforo limitado e por quendas.

- Non sen poderán utilizar os equipos informáticos do alumnado.

- En xeral, aplícanse as normas de uso e funcionamento das aulas ordinarias.

2.9 – ASEOS

-Por norma xeral o alumnado empregará os aseos existentes na zona que lle corresponda á súa

aula.

- A limitación de aforo será dun/dunha usuario/a, e para controlalo haberá un sistema de “semá-

foro” que indicará se o baño está libre ou non. Cando o aseo estea ocupado o alumnado deberá

esperar no lugar marcado para tal fin.

Page 11: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 11

- Marcaranse os aseos que non se poderán utilizar.

- Todos os aseos terán cartelería sobre o correcto lavado das mans.

- No tempo de lecer o alumnado non usará os aseos do patio cuberto.

- Respectaranse as labores de limpeza e desinfección debendo esperar a que estea a labor feita

antes de ser posible o seu novo uso.

-Non se poderá acudir ao aseo sen permiso do profesorado.

2.13 – COMEDOR

O comedor do CPI de San Sadurniño é un comedor de xestión directa de tipo D, dispón de 311

prazas os luns, mércores e venres e 340 os martes e xoves.

-O alumnado deberá estar separado por 1,5 metros de distancia, sentados en oblicuo.

-O alumnado que conforme grupos colaborativos ou estables de convivencia en EI e EP poden comer

agrupado sen respectar a distancia anterior separando os grupos 1,5 metros un do outro.

-Asignaranse postos fixos durante todo o ano para o alumnado. Sendo necesario o rexistro dos lugares que ocupan cada un dos nenos/as, co obxectivo de facilitar a localización dos contactos en caso dun

abrocho.

- O uso da máscara será obrigatorio, agás no momento da alimentación. Nese momento o alumnado de-

berá gardar a máscara na bolsa ou estoxo persoal

- Debido ao elevado número de usuarios de comedor, e tendo en conta os límites de aforo deriva-

dos da Covid -19, será necesario establecer quendas que permitan manter a distancia de seguridade e a

non coincidencia de todo o alumnado.

- Para dar servizo a todos os alumnos e alumnas solicitantes e tendo unha previsión de 300 co-

mensais, faranse 4 quendas:

QUENDAS HORARIO GRUPOS Nº COMENSAIS

1ª 13:15 EI / 1º A-B / 2º EP 89

2ª 13:55 3º A-B / 4º A-B /5º A-B

EP

85

3ª 14:30 6º EP / 1º A-B / 2º A-B ESO

87

4ª 15:00 3º A-B /4º A-B ESO 65

- As quendas poden sufrir variacións unha vez comezado o curso escolar e comprobado o

número real de comensais.

- Flexibizarase o horario da última hora lectiva para poder ofrecer o servizo ao maior número de

peticións, tal e como contempla o protocolo.

Page 12: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 12

- Á entrada e á saída deberase realizar unha desinfección das mans nos puntos habilitados para

tal fin.

- Os menús serán empratados en cociña, en ningún caso será o alumnado o que sirva a comida

nin a auga para evitar a manipulación por varias persoas.

- A saída será por grupo completo, o persoal colaborador será o encargado de xestionar as saídas.

- Manteranse as xanelas abertas o maior tempo posible sempre que as condicións meteorolóxicas

o permitan.

2.14 – TITORIAS COAS FAMILIAS

As titorías levaranse a cabo en dúas modalidades:

- Virtual ( opción preferente) a través de vías corporativas e telemáticas co uso da aplicación que

oferte a Consellería para o curso 20/21.

- Presencial para aqueles casos nas que a videoconferencia non sexa posible. Nesta modalidade

a reunión levarase a cabo nos seguintes espazos:

En EI e EP realizarase na aula da titoría correspondente.

En ESO realizarase no recuncho creativo.

En ambos casos todos os asistentes deberán levar máscara e farán a pertinente desinfección de

mans, garantindo en todo momento o distanciamento social.

-Cando nalgunha destas reunións sexa necesario o visionado dalgunha proba escrita, avisarase

con anterioridade para poder facer copias da mesma e evitar a manipulación conxunta.

-Estas reunións realizaranse sempre con cita previa e deberase cubrir unha folla de rexistro onde

se debe reflectir o lugar, as persoas que asistiron,.... por si fose necesario en caso dun abrocho.

-Antes do comezo das clases levarase a cabo unha titoría coas familias, por niveis ou aulas,

coa finalidade de trasladar toda a información relativa á nova situación. Dita reunión terá

lugar no comedor escolar. Limitarase o aforo a unha persoa por familia e esta deberá acudir

con máscara.

-A data e hora de dita reunión será comunicada na páxina web e por mensaxería Abalar-

móbil.

2.15 – ATENCIÓN SECRETARÍA

- Cando sexa necesario realizar algún trámite administrativo, será necesario solicitar cita previa:

A través do teléfono do centro 881 930 489.

No correo electrónico de centro [email protected]

Page 13: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 13

2 – ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN, HIXIENE E PROTECCIÓN

- Creación do Equipo Covid 19 que actuará como referencia para toda a comunidade educativa:

profesorado, alumnado e familias en relación ás funcións recollidas no Plan de Adaptación á

situación Covid 19 no curso 2020/21.

- Determinación do espazo de illamento Covid: aulas de convivencia en ambos edificios. Aquelas

persoas nas que se detecten síntomas serán illadas nesas aulas mentres non se xestiona o seu

traslado. O alumnado estará acompañado por un membro do Equipo.

- No caso de ser empregada para algún abrocho procederase a dar aviso ao persoal de limpeza

para que proceda á súa desinfección.

- Ambos espazos estarán dotados de material de protección individual como:

Luvas e máscaras.

Dispensador de xel hidroalcohólico.

Solución de desinfección.

Panos desbotables.

Papeleira con pedal.

Termómetro sen contacto.

Batas desbotables.

Medidas xerais de protección individual

- Os/As titores/as serán os/as responsables de dar a coñecer as actuacións do Plan de forma adap-

tada á idade do alumnado. O primeiro día explicarase en profundidade e durante as primeiras

semanas do curso traballarán co seu grupo na adquisición destas rutinas:

Evitar tocarse ollos, nariz e boca.

Hixiene de mans ( seguindo as instrucións que hai en todos os aseos )

Lembrar o correcto uso das máscaras, o xeito de poñela ou sacala, e de ser o caso, gardala

nos momentos da comida.

Tapar a boca cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar que se desbotará nunha papeleira

con tapa. Se non é posible usar o pano desbotable tusir contra a flexura do cóbado. Incidir

na limpeza das mans despois.

Manter a distancia física.

Non compartir o material propio, de ter que ser necesario proceder á súa desinfección

antes e despois do préstamo.

- O alumnado desinfectará a súa mesa e cadeira ao entrar na súa aula a primeira hora.

- O profesorado deberá desinfectará o teclado do ordenador, o rato, o mando a distancia, mesa e

cadeira da aula unha vez rematada a clase que imparta para deixalo listo para o seguinte profesor.

- Sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan as ventás estarán abertas o maior tempo

posible.

Page 14: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 14

- A ventilación da aula (independentemente das condicións meteorolóxicas) é absolutamente ne-

cesaria cada certo tempo, polo que cada aula contará cunha folla de rexistro na que se irá anotando

as ventilacións realizadas ao longo da xornada que deberá ser asinada polo profesorado que as

realiza. En EI e EP a folla de rexistro estará colocada na parte de dentro da porta da aula, en ESO

estará na mesa do profesorado. Ditas follas de control serán recollidas de forma asidua polos

responsables do Equipo Covid que levará o rexistro do cumprimento das novas normas derivadas

da situación epidemiolóxica.

- Todos os espazos do centro contan con:

Papeleira de pedal.

Dispensador de xel hidroalcohólico, panos desbotables e desinfectante de superficies.

Cando sexa necesario repoñer ese material comunicaráselle a un membro do Equipo Co-

vid, que serán os/as encargados/as de repoñer o material

- Os espazos de uso compartido por varios grupos deberán ser ventilados durante de 5/10 minutos

e realizaranse labores de limpeza básica.

- Non asistirá ao centro o alumnado, docentes e outros profesionais que teñan síntomas compa-

tibles con Covid-19, así como aqueles que se atopen en illamento por diagnóstico Covid-19, ou

en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas

ou diagnosticada de Covid-19 ou as persoas que están en espera de resultado de PCR por sospeita

clínica.

- Diante dun suposto no que un alumno/a do/a que se sospeita que comeza a desenvolver síntomas

compatibles con Covid-19 no centro educativo seguirase un protocolo de actuación previsto con

antelación ( xestión de abrochos – punto 21 do Plan de Adaptación )

4– ACCIÓNS FORMATIVAS PARA A MELLORA DA COMPETENCIA DIXITAL DO

ALUMNADO NECESARIA PARA O SEU DESENVOLVEMENTO NA MODALIDADE

DE ENSINO PRESENCIAL OU, DE SER O CASO, NON PRESENCIAL.

- O Equipo Docente formarase naquelas actividades que dende a Consellería se estimen necesa-

rias na Covid-19, así como naqueles aspectos das aulas virtuais que faciliten a xestión educativa

e pedagóxica no caso de formación presencial ou semipresencial.

- Todo o profesorado do centro ten unha formación básica que lle permite empregar as aulas

virtuais, como quedou amosado ao longo do curso 2019/20.

- Para o profesorado de nova incorporación haberá nos primeiros días de setembro unha xornada

informativa sobre o funcionamento da aula virtual que correrán a cargo do coordinador TIC.

- No protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 na versión 16- 9 -2020 determinase, no

punto 29.2, que as aulas virtuais estableceranse, polo menos a partir de 3º de EP e ata 4º da ESO.

Page 15: PLAN DE ACOLLIDA 2020 2021 - edu.xunta.gal de acollida_0.pdfpola titora a principio de curso. Instrucións xerais - As familias non accederán ao patio cuberto. - Tanto nas entradas

PLAN DE ACOLLIDA – CPI SAN SADURNIÑO 15

- Como centro debemos traballar cunha única plataforma e a etapa de EI así como 1º e 2º de EP

tamén poderán empregar as aulas virtuais, no caso de ter que suspender as clases. Somos cons-

cientes, neste caso, da implicación que deben ter as familias e por iso indicaráselle no lugar da

páxina web onde hai vídeos explicativos e/ou manuais sobre o seu funcionamento.

- Nas primeiras semanas do curso o profesorado familiarizará ao alumnado co funcionamento da

aula virtual e lle asignara un usuario e unha contrasinal.

-A través dos medios establecidos enviarase as familias o nome de usuario e contrasinal do seu

fillo/a.

-En calquera caso, o coordinador do Equipo TICs con axuda do seu equipo será o responsable do

traballo de mantemento da aula virtual ( xestión da administración, páxina de inicio, creación de

cursos.... ). O resto de funcións ( comunicación coa UAC, responsable abalar da zona, divulgar

accións de formación.... ) tamén forman parte das tarefas do Equipo TICs.

5- ATENCIÓN AOS ASPECTOS EMOCIONAIS E SOCIAIS, MEDIANTE A REALIZA-

CIÓN DE ACTIVIDADES GRUPAIS DE ACOLLIDA E COHESIÓN.

- Na volta ás aulas neste curso temos que aprender a socializarnos en distancia, sen contacto fí-

sico, o que supón cambios importantes que requiren dun tratamento específico nas aulas.

- O obxectivo principal no noso centro é o desenvolvemento integral do noso alumnado, fomen-

tando unha convivencia positiva e evitando todo tipo de discriminación

- A nivel social é importante traballar o afecto cara ás persoas que se poidan infectar co virus,

que non debe ser motivo de discriminación, senón de comprensión e afecto, pois todos e todas

podemos pasar por esta situación aínda que cumpramos as normas recomendadas. Deste xeito

se algunha persoa da comunidade contrae a enfermidade debemos apoiala e animala emocional-

mente.

- Acoller ao alumnado tendo en conta as situacións emocionais vividas.

- Axudarlle a xestionar as súas emocións a través do diálogo e a comunicación.

- Acompañar e apoiar ao alumnado no proceso de reincorporación ás aulas nesta nova normali-

dade: normas, protocolos, novas rutinas....

- Dende a CCP tratarase de facer propostas concretas para completar este apartado.

Trátase dun documento vivo que pode sufrir variacións e función da situación sanitaria e

das normas ditadas polas Consellerías de Educación e Sanidade.