7
Nº 140 Boletín gratuito para os socios de Cofer Outubro 2015 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected] Séguenos @COFERferrol @COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste TARIFA ELÉCTRICA GALEGA Representantes da CIG reuníron- se na nosa sede con membros do noso Comité Executivo para ex- porlles os detalles da ILP que que- ren trasladar ao Parlamento para demandar unha tarifa eléctrica galega. P.4 AXENDA Unha compilación dos eventos e feiras monográficas profesio- nais máis interesantes para o empresario, programados para as vindeiras datas nos princi- pais recintos da xeografía na- cional. P.6 PROPOSTAS AO PLAN FERROL Cofer trasladou á Xunta de Gali- cia, a través da Oficina do Plan Ferrol as súas propostas de modi- ficación das bases da convocato- ria do Plan de Reindustrialización de Ferrolterra, Eume e Ortegal. P.2 CONVENIOS CO SABADELL Os nosos asociados de Novo Ferrol, ECHO Catabois, AEF e Hostaleiros asinaron durante o mes de setembro convenios co Banco SabadellGallego con in- teresantes vantaxes para os seus asociados. P.3 LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislati- vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es- tatais. P.5 SESIÓNS FORMATIVAS Apin celebrou unha sesión forma- tiva para profesionais do sector inmobiliario na sede da CEC en A Coruña orientada á xestión de equipos profesionais e fidelización de clientes a través das redes. P.3

Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

Nº 140

Boletín gratuito para os socios de Cofer

Outubro 2015

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Séguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

TARIFA ELÉCTRICA GALEGA Representantes da CIG reuníron-se na nosa sede con membros do noso Comité Executivo para ex-porlles os detalles da ILP que que-ren trasladar ao Parlamento para demandar unha tarifa eléctrica galega. P.4

AXENDA

Unha compilación dos eventos e feiras monográficas profesio-nais máis interesantes para o empresario, programados para as vindeiras datas nos princi-pais recintos da xeografía na-cional. P.6

PROPOSTAS AO PLAN FERROL Cofer trasladou á Xunta de Gali-cia, a través da Oficina do Plan Ferrol as súas propostas de modi-ficación das bases da convocato-ria do Plan de Reindustrialización de Ferrolterra, Eume e Ortegal. P.2

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

CONVENIOS CO SABADELL Os nosos asociados de Novo Ferrol, ECHO Catabois, AEF e Hostaleiros asinaron durante o mes de setembro convenios co Banco SabadellGallego con in-teresantes vantaxes para os seus asociados. P.3

LEXISLACIÓN

As últimas novidades lexislati-vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es-tatais.

P.5

SESIÓNS FORMATIVAS Apin celebrou unha sesión forma-tiva para profesionais do sector inmobiliario na sede da CEC en A Coruña orientada á xestión de equipos profesionais e fidelización de clientes a través das redes. P.3

Page 2: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

2

Cofer presenta á Xunta de Galicia as súas propostas de modificación do Plan Ferrol

Outubro 2015

O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa directora da Oficina do Plan Ferrol, Nata-lia Barros, para facerlle chegar o documento coas propostas de modificación das bases do Plan Ferrol. O obxectivo é que as vindeiras convocatorias do Plan de Rein-dustrialización para as nosas comarcas se axusten á realida-de socioeconómica da nosa área e resulte realmente eficaz na conformación dun tecido in-dustrial de futuro. O mesmo documento foi remiti-do tamén ao Conselleiro de In-dustria e ao Director Xeral do Igape. MEDIDAS A proposta apunta cambios tan-to nas bases xerais da convoca-toria, como no que afecta ás fases de solicitude e execución. Así, demándase a inclusión de empresas do sector servizos e suministros; a implementación de préstamos a xuro 0 ou cando menos máis baixo que o tipo de interés do mercado; a amplia-ción dos prazos de amortización a 15 anos, carencias de cinco anos de amortización , e que sexa posible financiar tamén unha parte do circulante do proxecto. Polo que afecta á fase de solici-tude, prantéxase, entre outras medidas, que se manteñan abertos os prazos de solicitude durante toda a vixencia do Plan, ou que se fagan varias convo-

to de novos proxectos empresa-riais. Sempre co obxectivo de con-solidar un progreso estable e de futuro para o noso territorio. As iniciativas adoitadas no marco deste grupo de traballo serán tras-ladadas, unha vez concluía a tare-fa, ao Ministerio de Industria para que poida conformar un Plan de actuacións propio para a zona.

No encontro coa directora da Oficina do Plan Ferrol acordouse tamén conformar un equipo de traballo no que estean represen-tados a Xunta de Galicia, a pro-pia oficina e o empresariado, para poder perfilar liñas de actua-ción que redunden na creación de emprego e a captación de inversións para o desenvolvemen

O presidente de Cofer e o secretario de AEF, responsable do grupo de traballo, presentaron a batería de propostas para a modificación do Plan Ferrol

catorias ao longo do ano, men-tres non se esgoten os fondos; que se pospoñan as esixencias de garantías ata a concesión das axudas e que se exima á empre-sa da presentación de avais, en caso de existir fondos propios suficientes. Na fase de execución, reclámase unha ampliación dos prazos, a disposición controlada do ingreso

da axuda nunha conta específica, na que se realicen os pagos e in-gresos relacionados co proxecto e a obriga de ingreso previo da parte non subvencionada. O documento contempla tamén outras propostas de mellora ou implementación de axudas á dina-mización económica que permitan, xunto co Plan Ferrol consolidar o futuro industrial das tres comarcas.

Grupo de traballo para avanzar nas propostas

Page 3: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

3

Outubro 2015

Asociados de COFER asinaron convenios de

colaboración con Banco SabadellGallego

Nas últimas semanas, as aso-ciacións AEF, Novo Ferrol , ECHO Catabois e Asociación de Hostaleiros asinaron co Ban-co SabadellGallego convenios de colaboración con vantaxosas condicións tanto para os aso-ciados de cada unha das enti-dades como para os seus fami-liares e empregados. A entidade bancaria ofrece aos asinantes unha serie de produ-tos financieiros, personalizados, e en condicións preferentes, adaptados á súa economía pro-fesional e persoal. Ao mesmo tempo, ofréceselles un servizo de asesoramento financieiro en liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, etc. Os convenios asinados contem-plan unha oferta global con pro-dutos de aforro-inversión, finan-ciación e servizos. Trátase de instrumentos finan-cieiros deseñados á medida de calquera profesional, traballador autónomo ou empresa que re-unen toda unha serie de van-

O presidente de ECHO Catabois, Miguel Rodríguez Paz, segundo pola esquerda, acompañado dos representantes de SabadellGallego trala sinatura do convenio

Sinatura de convenio con Novo Ferrol. Sinatura de convenio con AEF

taxes no que afecta a comisións, transferencias, tarxetas de débito e crédi-to, cheques, recibos domiciliados, etc. Incluso o protocolo contempla a oferta de pólizas de crédito para os aso-ciados das respectivas entidades a tipos de xuro preferentes e produtos de aforro-inversión con tipos bonificados e máxima rendibilidade fiscal.

Page 4: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

4

APIN celebrou unha se-sión formativa para pro-fesionais inmobiliarios

A Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noro-este, APIN, en colaboración coa rede “Comprar Ca-sa”, UCI e pisos.com, celebrou na CEC a sesión “El agente del comprador”. Na xornada, na que participa-ron 50 firmas do sector, analizouse a rendibilidade do negocio e déronse pautas para converter os equipos nunha referencia a nivel de axencia inmobiliaria. Tamén no mesmo día celebrouse unha “in session” na que profesionais do sector analizaron como maxi-mizar a inversión na rede e converter os clientes en fans.

Outubro 2015

A CIG presentounos a súa ILP por unha tarifa eléctrica galega

O comité executivo de COFER, encabezado polo noso presidente, Cristóbal Dobarro, recobíu ao co voceiro da CIG, Xesús A. López Pintos para coñecer de primeira man os detalles da Iniciativa lexislativa Popular por unha tarifa eléctrica galega, que queren levar ata o Parlamento. O obxectivo desta ILP é que a nosa comunidade autónoma poda deseñar e aplicar unha estratexia enerxética propia para o desenvolvemento industrial e económico de Galicia e para garantir o dereito de toda a poboación ao consumo de enerxía.

AEF e a Escola de Negocios de Afundación asinaron un convenio A Asociación de Empresarios de Ferrolterra asinou un convenio de colaboración coa Escola de Negocios de Afundación coa intención de desenvolver unha oferta que dea resposta ás necesidades formativas dos seus asociados. O protocolo dará acceso aos responsables das em-presas socias de AEF a programas formativos e in-formativos deseñados de forma específica según os seus intereses. O convenio ofrece, entre outros, descontos en varios “masters” promovidos desde Afundación.

Novidades na Lei de Contratos coas Admi-nistracións Públicas O Boletín Oficial do Estado publica no número de 5 de setembro o Real Decreto que modifica o Regula-mento Xeral da Lei de Contratos das Administra-cións Públicas. A normativa introduce modificacións nas regulacións das empresas , así como na acredi-tación da solvencia economica e financieira, técnica e profesional esixible para contratar coas Adminis-tracións Públicas, remitindo determinados aspectos da mesma a un posterior desenvolvemento regula-mentario. Os detalles da norma poden consultarse aquí.

Page 5: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

Lexislación

5

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección polo que se modifi-can as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. DOG Nº178 de 17 de setembro

CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. DOG Nº 175 de 14 de setembro

RESOLUCIÓN de 17 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se da publicidade ás axudas concedi-das ao amparo da Orde de 30 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concurrencia competitiva, das subvenciones para a mellora de imaxen, modernización, establecemento de no-vas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante minorista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) (Diario Oficial de Galicia número 28, de 11 de febreiro), modificada pola Orde de 28 de xullo de 2015 DOG Nº 166 de 1 de setembro de 2015. Publicada corrección de erros no DOG Nº 176 de 15 de setembro

ORDE do 1 de setembro de 2015 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 4 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorren-cia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comuni-dade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do pro-grama operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (IN519B). DOG Nº173 de 10 de setembro CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dá publicidade ás axudas concedi-das ao abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxi-me de concorrencia competitiva, das subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) (Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro), modificada pola Orde do 28 de xullo de 2015 (Diario Ofi-cial de Galicia número 143, do 30 de xullo). DOG Nº166 de 1 de setembro LEI 34/2015, de 21 de setembro, de modificación parcial da Lei 58/2003, de 17 de dicembro, Xeral Tributaria. BOE Nº227 de 22 de septiembre

RESOLUCIÓN de 4 de setembro de 2015, da Dirección General de Empleo, pola que se rexistra e publica o Convenio colectivo estatal para as empresas de seguridade para o período xullo 2015-2016. BOE Nº224 de 18 de setembro

ORDE JUS/1840/2015, de 9 de setembro, pola que se aproba o modelo de escritura pública en formato estandarizado e campos codificados das sociedades de responsabilidade limitada, así como a relación de actividades que poden formar parte do obxecto social BOE Nº 219 de 12 de setembro de 2015.

LEI 30/2015, de 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral. BOE Nº 217 de 10 de setembro

LEI 31/2015, de 9 de setembro, pola que modifícase e actualiza a normativa en materia de autoemprego e adoptan medi-das de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social. BOE Nº 217 de 10 de setembro.

LEI 30/2015, de 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral. BOE Nº 217 de 10 de setembro.

REAL DECRETO 773/2015, de 28 de agosto, polO que se modifican determinados preceptos dO Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado polo Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro. BOE Nº213 de 5 de setembro

ANUNCIO correspondiente a la modificación de la composición de la Mesa de Contratación Permanente del Concello de Ferrol para todos aquellos asuntos cuya competencia sea la Alcaldía-Presidencia BOP Nº 166 de 1 de setembro.

Outubro 2015

Page 6: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

IFEMA. Feria de Madrid

Outubro 2015

6

Axenda

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

GALICIA

MADRID GAMES WEEK 1 ao 4 de outubro GENERA LATINOAMÉRICA—Santiago de Chile 7 ao 9 de outubro MATELEC LATINOAMÉRICA—Santiago de Chile 7 ao 9 de outubro MOMAD 1001 BODAS 23 ao 25 de outubro SIMA OTOÑO. SALÓN INMOBILIARIO DE MADRID 23 ao 25 de outubro SALÓN LOOK MADRID. Salón da Imaxe e a Estética Integral 24 ao 26 de outubro SIMO EDUCACIÓN. Salón da Tecnoloxía para o Ensino 28 ao 30 de outubro

SALÓN NÁUTICO DE BARCELONA 14 ao 18 de outubro SEVC—Southern European Veterinarian Congress 15 ao 17 de outubro IBERZOO—Feria Internacional para o Animal de Compaña 15 ao 17 de outubro BARCELONA MEETING POINT—Salón Inmobiliario Internacional Mixto 21 ao 25 de outubro MI BODA— 31 outubro ao 1 de novembro

EXPOURENSE

SALÓN DO VEHÍCULO NOVO—23 ao 25 de outubro SALÓN DO VEHÍCULO DE OCASIÓN—30 e 31 de outbro

EXPOLUGO RURAL 3 ao 5 de outubro FEIRA DO VEHÍCULO HISTÓRICO E MAQUINARIA ANTIGA 17 ao 18 de outubro FEIRA MULTISECTORIAL DO COMERCIO, ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA 30 outubro ao 1 de novembro

PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO

FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA

STOCK CAR GALICIA 2015 9 ao 12 de outubro

IFEVI

CONXEMAR 5 ao 7 de outubro

Page 7: Outubro 2015 - COFER · Outubro 2015 O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, acompañado de mem-bros do Comité Executivo da nosa entidade reuniuse o pasa-do 28 de setembro coa

Integran Cofer:

7

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Outubro 2015

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña