12
sábado 22 | 12 | 2012 21.00 h ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Ton Koopman director CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA Joan Company director do Coro Monika Eder soprano Bogna Bartosz mezzosoprano Virgil Hartinger tenor Falko Hönisch baixo

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

sábado22 | 12 | 2012

21.00 h

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Ton Koopman director

CORO DA SINFÓNICA DE GALICIA

Joan Company director do Coro

Monika Eder sopranoBogna Bartosz mezzosoprano

Virgil Hartinger tenorFalko Hönisch baixo

Page 2: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Duración aproximada do concerto: unha hora, 30 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que desconecte os teléfonos móviles, reloxos, etc.

I

ARCANGELO CORELLI (1653-1713)Concerto grosso núm. 8 op. 6 “Concerto de Nadal”

JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750)Cantata núm. 1 de “Oratorio de Nadal”

II

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)Ave Verum, K 618

Misa da Coronación en Do maior, KV 317

Monika Eder soprano

Bogna Bartosz mezzosoprano

Virgil Hartinger tenor

Falko Hönisch baixo

Jorge López Escribano clavecinista

Page 3: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

A OSG, cuxo director titular é Víctor Pablo Pérez e Jesús López Cobos o seu principal director invitado, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde 1998. Realizou varias xiras por Alemaña e Austria, unha xira de concertos por América do Sur en 2007 (Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo) e a finais de 2009 presentouse na sala do Musikverein de Viena. Traballa con solistas como Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Maria Joao Pires ou F. P. Zimmermann; cantantes como Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Hildegard Behrens ou Eva Marton entre outros moitos, e baixo a batuta de mestres como Lorin Maazel, Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini, James Judd, Libor Pesek, Osmo Vanska, Alberto Zedda, Raymond Leppard, John Nelson, Gianandrea Noseda etc. Na súa discografía figuran artistas como Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —proposto para o Premio Grammy 2007—, María Bayo, Plácido Domingo ou Ewa Podles. Financiada polo Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, conta coa Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música.

La OSG, cuyo director titular es Víctor Pablo Pérez y Jesús López Cobos su prin-cipal director invitado, fue orquesta residente del Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 y del Festival Mozart de La Coruña desde 1998. Realizó varias giras por Alemania y Austria, una gira de conciertos por América del Sur en 2007 (Chile, Argentina, Brasil, Uruguay y Montevideo) y a finales de 2009 se presentó en la sala del Musikverein de Viena. Trabaja con solistas como Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Maria Joao Pires o F. P. Zimmermann; cantantes como Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Hildegard Behrens o Eva Marton entre otros muchos, y bajo la batuta de maestros como Lorin Maazel, Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini, James Judd, Libor Pesek, Osmo Vanska, Alberto Zedda, Raymond Leppard, John Nelson, Gianandrea Noseda, etc. En su discografía figuran artistas como Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo o Eva Podles. Financiada por el Ayuntamiento de La Coruña y la Xunta de Galicia, cuenta con la Medalla de Oro de la Academia de Bellas Artes y es Premio Cultura Gallega de la Música.

Orquestra Sinfónica de Galicia

Page 4: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Naceu en Zwolle (Holanda) e despois da súa educación clásica estudou órgano, clavicémbalo e musicoloxía en Ámsterdam e foi premiado co Premio de Excelencia nos dous instrumentos. En 1979 fundou a Orquestra Barroca de Ámsterdam e posteriormente o Coro Barroco. Como organista tocou os instrumentos históricos máis prestixiosos de Europa, e como intérprete de clavicémbalo e director do Coro e a Orquestra Barroca foi un invitado regular nas mellores salas, coas mellores or-questras do mundo. En 2003 creou o seu propio selo de gravación Antonie Marchan, distribuído por Challenge Records. Foi premiado pola Deutsche Scjallplattenpreis “Echo Klassik” pola súa extensa gravación de todas as cantatas existentes de Johann Sebastian Bach, ademais do premio da BBC, o Premio Hector Berlioz e foi nomeado a un premio Grammy e a un Gramophone. Embarcado no proxecto de gravar a obra completa de Dietrich Buxtehude, un dos maiores inspiradores do mozo J. S. Bach, ten editados 11 volumes, incluíndo as obras completas para órgano e clavicémbalo, e ca-tro volumes con traballos vocais. É presidente da International Dietrich Buxtehude Society. Publica regularmente e foi contratado para editar a obra completa de concertos de órgano de Händel para Breitkopf & Härtel. Recentemente publicou novas edicións do Mesiah de Händel e o Sas Jüngste Gericht de Buxtehude para Carus Verlag. Imparte clases de clavicémbalo no Royal Conservatory de A Haia, é profesor na Universidade de Leiden e é membro honorario da Royal Academy of Music de Londres. Tamén é director artístico do Festival Francés “Itinéraire Baroque”.

Nació en Zwolle (Holanda) y después de su educación clásica estudió órgano, clavicémbalo y mu-sicología en Ámsterdam y fue premiado con el Premio de Excelencia en los dos instrumentos. En 1979 fundó la Orquesta Barroca de Ámsterdam y posteriormente el Coro Barroco. Como organista ha tocado los instrumentos históricos más prestigiosos de Europa, y como intérprete de clavicém-balo y director del Coro y la Orquesta Barroca ha sido un invitado regular en las mejores salas, con las mejores orquestas del mundo. En 2003 creó su propio sello de grabación “Antonie Marchan”, distribuido por Challenge Records. Fue premiado por la Deutsche Scjallplattenpreis “Echo Klassik” , por su extensa grabación del todas las cantatas texsitentes de Johann Sebastian Bach, además del premio de la BBC, el Premio Hector Berlioz y fue nominado a un premio Grammy y un Gramophone. Embarcado en el proyecto de grabar la obra completa de Dietrich Buxtehude, uno de los mayores inspiradores del joven J. S. Bach, ha editado 11 volúmenes, incluyendo las obras completas para órgano y clavicémblo, y cuatro volúmenes con trabajos vocales. Es Presidente de la “International Dietrich Buxtehude Society”. Publica regularmente y ha sido contratado para editar la obra com-pleta conciertos de órgano de Hëndel para Breitkopf & Härtel. Recientemente ha publicado nuevas ediciones del Mesiah de Händel y el Sas Jüngste Gericht de Buxtehude para Carus Verlag. Imparte clases de clavicémbalo en el Royal Convervatory de La Haya, es Professor en la Universidad de Leiden y es miembro Honorario de la Royal Academy of Music de Londres. Ton Koopman es director artístico del Festival Francés “Itinéraire Baroque”.

Ton Koopman director

Page 5: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Fundado en 1998, deu o seu primeiro concerto xunto coa Escola de Práctica Orquestral da OSG, dirixido por James Ross. Integrado por máis de setenta voces procedentes de toda Galicia, realiza unha intensa actividade artística centrada nos repertorios sinfónico-coral, operístico e a capella. Joan Company é o seu director artístico. Participou en varias edicións do Festival Mozart, Festival de Música da Coruña, nos ciclos de concertos Música en Compostela, O son das catedrais, Festival de Ópera da Coruña... Coa Joven Orquesta Nacional de España e C. Hogwood actuou por primeira vez no Auditori de Barcelona. Os compoñentes do Coro da OSG, reciben unha formación vocal con profesores de recoñecido prestixio.

Fundado en 1998, dio su primer concierto junto con la Escuela de Práctica Orquestal de la OSG, dirigido por James Ross. Integrado por más de setenta voces procedentes de toda Galicia, realiza una intensa actividad artística centrada en los repertorios sinfónico-coral, operístico y a capella. Joan Company es su director artístico. Participó en varias ediciones del Festival Mozart, en el Festival de Música de A Coruña... Con la Joven Orquesta Nacional de España y C. Hogwood actuó por primera vez en el Auditori de Barcelona. Los componentes del Coro de la OSG, reciben una formación vocal con profesores de reconocido prestigio.

É un dos directores con máis presenza nos máis importantes circuitos corais de España. Desde 1999 é o director artístico do Coro da OSG, e iniciou a escola coral coa creación dos Nenos Cantores (2000) e do Coro Novo da OSG (2005). A súa faceta coral máis recoñecida é a de director-fundador da Coral Universitat de Les Illes Balears en 1977. Recibiu, entre outros, o Premio Rotary Mallorca (Humanidades 1995-96) e o Premio Rotary Ramon Llull (2011), polo «extraordinario labor pedagóxico e divulgativo da música coral», e o Premi Gabriel Alomar 2001 da Obra Cultural Balear.

Es uno de los directores con más presencia en los más importantes circuitos corales de España. Desde 1999 es el director artístico del Coro de la OSG, e inició la escuela coral con la creación de los Niños Cantores (2000) y del Coro Joven de la OSG (2005). Su faceta coral más reconocida es la de director-fundador de la Coral Universitat de les Illes Balears en 1977. Ha recibido, entre otros, el Premio Rotary Mallorca (Humanidades 1995-96) y el Premio Rotary Ramon Llull (2011), por «la extraordinaria labor pedagógica y divulgativa de la música coral», y el Premi Gabriel Alomar 2001 de la Obra Cultural Balear.

Coro da OSG

Joan Company

director artístico dos Coros da OSG

Page 6: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

A soprano alemá foi alumna de Margarete Ast (Kassel), Paula Page (Frankfurt) e Neil Semer (Nova York) e o impulso decisivo recibiuno a través da obra da cantante sueca Valborg Werbeck-Svärdström. Deu concertos, entre outros países, en Israel, Estonia, Letonia, Finlandia, Croacia, Suíza e Portugal, onde cantou Paulus de Mendelssohn coa Orquestra Nacional do Porto. Monika Eder dá concertos tamén co Coro de Santo Tomás e a Orquestra Gewandhaus de Leipzig e co Coro de Santa Cruz de Dresde. En 2013 representará A Paixón segundo San Xoán de Bach coa Orquestra Filharmónica de Múnic baixo a dirección de Ton Koopman. Os críticos non se cansan de resaltar a súa asombrosa técnica, a seguridade que emana do seu estilo e a expresividade da cantante. A facilidade coa que se desenvol-ve sobre o escenario e o seu don de calar no máis fondo dos seus oíntes convértena na intérprete ideal de Mozart. En Monika Eder reúnense virtuosismo, calor humana e unha profunda espiritualidade.

La soprano alemana fue alumna de Margarete Ast (Kassel), Paula Page (Frankfurt) y Neil Semer (Nueva York) el impulso decisivo lo recibió a través de la obra de la cantante sueca Valborg Werbeck-Svärdström. Ha dado conciertos, entre otros países, en Israel, Estonia, Letonia, Finlandia, Croacia, Suíza y Portugal, donde cantó Paulus de Mendelssohn con la Orquesta Nacional de Porto. Monika Eder da conciertos también con el Coro de Santo Tomás y la Orquesta de la Gewandhaus de Leipzig y con el Coro de Santa Cruz de Dresde. En 2013 representará La Pasión según San Juan de Bach con la Orquesta Filarmónica de Munich bajo la dirección de Ton Koopman. Los críticos no se cansan de resaltar su asom-brosa técnica, la seguridad que imana de su estilo y la expresividad de la cantante. La facilidad con la que se desenvuelve sobre el escenario y su don de calar en lo más hondo de sus oyentes la convierten en la intérprete ideal de Mozart. En Monika Eder se reunen virtuosidad, calor humano y una profunda espiritualidad.

Monika Eder soprano

Page 7: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Naceu en Gdansk, Polonia, estudou canto na Academia Gdansk Music Academy e na Hochschule der Künste de Berlín co profesor Ingrig Figur. En 1992, nos seus anos de estudante, gañou o primeiro premio no importante Concurso Internacional J. S. Bach en Leipzig e tamén obtivo un premio especial no Mitteldeutschen Rundfunk. Canta de maneira regular nos principais teatros europeos, en cidades americanas, e en Israel, ademais da Philharmonie de Berlín, o Musikverein de Viena, Concertgebouw en Amsterdam, Boston Symphony Hall e o Carnegie Hall en Nova York. Traballou con afamados directores como Krzysztof Penderecki, Jeffrey Tate, Michail Jurowski, Ton Koopman, Philippe Herreweghe, Helmut Rilling, Fabio Luisi, Marek Jurowski e deu concertos coas orquestras máis famosas tales como a Gewandhaus Orchester de Leipzig, Dresdner Philharmoniker, Israel Chamber Orchestra de Tel Aviv, Amsterdam Baroque Orchestra e Japan Philharmonic Orchestra, ademais foi convidada aos festivais máis importantes, incluíndo o Berliner Festwochen, Schleswig Holstein Musik-Festival, Bachfest Leipzig, Krzysztof Penderecki Festival Krakow, Festival de Arte Sacra de Madrid e o Festival de Lucerna. Participou en numerosos CD, producións de radio e televisión tanto en Alemaña como no estranxeiro. Entre os seus proxectos de máis importancia atópanse a gravación da obra completa de cantatas de Bach e o DVD+CD da produción d’A Paixón segundo San Mateo de J. S. Bach coa Orquestra Barroca de Amsterdam dirixida por Ton Koopman.

Nació en Gdansk, Polonia, estudió canto en la Academia Gdansk Music Academy y en la Hochschule der Künste de Berlín con el profesor Ingrig Figur. En 1992, en sus años de estu-diante, ganó el primer premio en el importante Concurso internacional J.S.Bach en Leipzig y también obtuvo un premio especial en el Mitteldeutschen Rundfunk, como resultado de esto su carrera internacional como cantante comenzó. Bogna Bartosz canta de manera re-gular en los principales teatros europeos, en ciudades Americanas, y en Israel, además de la Philharmonie de Berlín, y el Musikverein de Viena, Concertgebouw en Amsterdam, Boston Symphony Hall y el Carnegie Hall en Nueva York. Ha trabajado con renombrados directo-res, tales como Krzysztof Penderecki, Jeffrey Tate, Michail Jurowski, Ton Koopman, Philippe Herreweghe, Helmut Rilling, Fabio Luisi, Marek Jurowski y ha dado conciertos con las orques-tas más famosas tales como la Gewandhaus Orchester de Leipzig, Dresdner Philharmoniker, Israel Chamber Orchestra de Tel Aviv, Amsterdam Baroque Orchestra y Japan Philharmonic Orchestra, además ha sido invitada a los festivales más importantes, incluyendo el Berliner Festwochen, Schleswig Holstein Musik-Festival, Bachfest Leipzig, Krzysztof Penderecki Festival Krakow, Festival de Arte Sacro Madrid y el Festival de Lucerna. Ha participado en numerosos CD, producciones de radio y televisión tanto en Alemania como en el extranjero. Entre sus proyectos de más importancia se encuentran la grabación de la obra completa de cantatas de Bach y el DVD+CD de la producción de la Passion según San Mateo de J.S. Bach con la Orquesta Barroca de Amsterdam dirigida por Ton Koopman.

Bogna Bartosz mezzosoprano

Page 8: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

A súa carreira desenvólvese rapidamente no campo oratorio: abrangue papeis desde O evanxelista nas Paixóns de Bach, moitos dos oratorios de Haendel até Christus am Ölberge de Beethoven, e a Messa di Gloria de Puccini. Colaborou con moitos directores internacionais. Entre os seus papeis operísticos inclúese Belmonte n’O rapto no serrallo, Mengone en Lo Speziale de Haydn, múltiples funcións n’O Soño dunha noite de verán de Britten e Il Palazzo Rossi Incantato e Pinkerton en Madama Butterfly. O seu debut operístico europeo foi en 2008 na Deutsche Oper am Rhein en Düsseldorf, onde interpretou o papel principal Tenor de Cirene en JH Giocasta Wilderer con boas críticas. Licenciado pola Eastman School of Music, poste-riormente fixo un posgrao na Oberlin College (Ohio) con Richard Miller. Durante varios veráns participou no Festival Marlboro en Vermont onde perfeccionou as súas habilidades como cantante de lieder e músico de cámara. Actuou en moitos festivais e salas de concertos prestixiosos como o Festival de Salzburgo, Verán de Carintia, o Festival Händel de Gotinga, o Festival Beethoven de Bonn, o Konzerthaus de Berlín, Dortmund e Viena, a Folle Journée de Nantes e Lisboa, o Festival de Flandes en Gent, a Philharmonie de Colonia e Essen, o Tonhalle Düsseldorf, o Teatro dos Campos Elíseos, o Salón Karmina en Baden-Baden, Zürich Tonhalle, o Barbican Centre de Londres, Gewandhaus de Leipzig, e Carnegie Hall.

Su carrera se desarrolla rápidamente en el campo oratorio: abarca papeles desde El evan-gelista en las Pasiones de Bach, muchos de los oratorios de Haendel hasta Christus am Ölberge de Beethoven, y la Messa di Gloria de Puccini. Ha colaborado con muchos directores internacionales. Entre sus papeles operísticos se incluye Belmonte en El rapto en el serrallo, Mengone en Lo Speziale de Hayn, múltiples funciones en Sueño de una noche de verano de Britten y Il Palazzo Rossi Incantato y Pinkerton en Madama Butterfly. Su debut operístico eu-ropeo fue en 2008 en la Deutsche Oper am Rhein en Düsseldorf, donde interpretó el papel principal Tenor de Cirene en JH Giocasta Wilderer con buenas críticas. Licenciado por la Eastman School of Music posteriormente hizo un postgrado en la Oberlin College (Ohio) con Richard Miller. Durante varios veranos ha participado en el Festival Marlboro en Vermont donde perfeccionó sus habilidades como cantante de lieder y músico de cámara. Actuó en muchos festivales y salas de conciertos prestigiosos como el Festival de Salzburgo, Verano de Carintia, el Festival Händel de Gotinga, el Festival Beethoven de Bonn, el Konzerthaus de Berlín, Dortmund y Viena, la Folle Journée de Nantes y Lisboa, el Festival de Flandes en Gent, la Philharmonie de Colonia y Essen, el Tonhalle Düsseldorf, el Teatro de los Campos Elíseos, el Salón Karmina en Baden-Baden, Zürich Tonhalle, el Barbican Centre de Londres, Gewandhaus de Leipzig, y Carnegie Hall.

Virgil Hartinger tenor

Page 9: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Como cantante de ópera, o barítono Falko Hönisch cantou durante varios anos en diver-sos teatros de ópera. O seu repertorio comprende actualmente papeis tan importantes como Il Conte di Almaviva (Le Nozze di Figaro), Papageno (Die Zauberflöte) e Wolfram von Eschenbach (Tannhäuser), así como óperas barrocas e modernas. En concerto, Falko Hönisch cantou tanto papeis de barítono como de baixo con directores como Frieder Bernius, Spanjaard Ed e Pichon Raphaël e en importantes salas de concertos como Concertgebouw de Amsterdam, a Tonhalle de Düsseldorf e o Festival Händel de Halle, entre outros, can-tando obras que van desde as Paixóns e Cantatas de Bach, Die Schöpfung de Haydn e Oratorios de Mendelssohn, até Pax in terra de Frank Martin e Un sobrevivente de Varsovia de Schönberg, así como moitas obras contemporáneas. En recital, colaborou con numero-sos pianistas traballando os ciclos de Schubert, Schumann e Brahms, e tamén obras menos coñecidas de compositores vivos contemporáneos cuxas obras estreou. Estableceuse como un cantante versátil e foi galardoado con numerosos premios en concursos internacionais de canto como o 58º Concurso ARD de Múnic, o Concurso Lauritz Melchior para voces wag-nerianas en Aalborg, Dinamarca, o novo “Wagneriana Voices” de Karlsruhe, o Concurso de Richard Strauss de Múnic e o Concurso de IVC en ‘s-Hertogenbosch.

Como cantante de ópera, el barítono Falko Hönisch ha cantado durante varios años en diver-sos teatros de ópera. Su repertorio comprende actualmente papeles tan importantes como Il Conte di Almaviva (Le Nozze di Figaro), Papageno (Die Zauberflöte) y Wolfram von Eschenbach (Tannhäuser), así como óperas barrocas y modernas. En concierto, Falko Hönisch ha canta-do tanto papeles de barítono como de bajo con directores como Frieder Bernius, Spanjaard Ed y Pichon Raphaël y en importantes salas de conciertos tales como Concertgebouw de Amsterdam, la Tonhalle de Düsseldorf y el Festival Händel de Halle, entre otros, cantando obras que van desde las Pasiones y Cantatas de Bach, Die Schöpfung de Haydn y Oratorios de Mendelssohn, hasta Pax in terra Frank Martin y Un superviviente de Varsovia de Schönberg, así como muchas obras contemporáneas. En recital, ha colaborado con numerosos pianistas trabajando los ciclos de Schubert, Schumann y Brahms, y también obras menos conocidas de compositores vivos contemporáneos cuyas obras ha estrenado. Se ha establecido como un cantante versátil y ha sido galardonado con numerosos premios en concursos internacionales de canto como el 58º Concurso ARD de Munich, el Concurso Lauritz Melchior para voces wag-nerianas en Aalborg, Dinamarca, el nuevo “wagneriana Voices” de Karlsruhe, el Concurso de Richard Strauss de Munich y el Concurso de IVC en ‘s-Hertogenbosch.

Falko Hönisch barítono

Page 10: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Concerto de NadalConsiderados unha obra mestra debido á intelixente utilización das cores tímbricas, os Concerti Grossi op. 6 é unha colección de 12 concertos escritos por Arcangelo Corelli (1653-1713) e publicados en Ámsterdam un ano despois da súa morte. O núm. 8 en sol menor, “Fatto per a Notte di Natale”, dedi-cado probablemente ao cardeal Ottoboni en 1690 e interpretado no Vaticano, presenta a estrutura dun concerto da chiesa, aínda que con seis movementos en lugar dos catro tradicionais e algúns deles de apenas doce compases. O inicial Vivace ten só seis compases en rigoroso estilo homofónico e o resto adóitase axustar a unha escritura contrapuntística elaborada minuciosamente, destacando o Allegro con imitacións e suspensións graduadas e o seu trazo distintivo, un Pastoral en Sol maior no que se refire á visita dos pastores a Belén e parece transportarnos a outro mundo. O Finale, en modo maior cando a obra está composta en ton menor, faino singular.

No primeiro día de NadalO Oratorio de Nadal é unha obra festiva composta, entre 1733 e 1734, por Johann Sebastian Bach (1685-1750) para a celebración do nacemento e adoración do Neno Xesús. O seu ton narrativo xustifica a deno-minación de oratorio; o texto narra os acontecementos que rodearon ao nacemento de Cristo, segundo os evanxeos de San Lucas e San Mateo e foi escrito por Christian Friedrich Henrice, Picander, a quen tamén se atribúe o libreto da Paixón segundo San Mateo. Escrito para ser interpretado durante os días de Nadal, divídese en seis partes construídas seguindo o modelo de cantata de igrexa de Leipzig (recitativos, arias, coros e corais). Exemplo do optimismo, alegría e tenrura que se combinan na obra é a Cantata núm. 1, cuxo famoso coro inicial “Jauchzet, frohlocket, auf, preiset die Tage”, con trompetas e timbales, é un estalido de alborozo.

Festividade de Corpus ChristiUnha das obras máis coñecida e interpretada do repertorio coral é o motete Ave Verum Corpus KV 618 para coro, orquestra e órgano de W. A. Mozart (1756-1791). Baseada nun texto do século XIV atribuído ao Papa Inocencio VI, este curto himno eucarístico cantado durante a consagración na misa que Mozart compuxo no seu último ano de vida para o seu amigo Anton Stoll, director de coro en Baden, para moitos o resumo da obra sacra do compositor. A obra son 46 compases, cunha modulación moi simple e pouco común de re a fa e unha instrumentación mínima, dado o pequeno tamaño da igrexa onde o seu amigo dirixía ou pola prohibición da época de compor música concertada difícil, todo iso leva a unha escritura menos complexa para conmemorar a consagración con fonda devoción e solemne serenidade.

Celebración de PascuaMozart compuxo, para as celebracións de Pascua de 1779, a Misa en Do maior KV 317, a mellor do seu dezaseis misas completas. O sobrenome de “Coroación” non chegou ata que foi interpretada na proclamación do Emperador Leopoldo II en 1791. Esta misa, máis festiva que calquera das anteriores, é unha obra evolucionada e brillante, de orquestración principalmente sinfónica, fermosas melodías e discurso musical de extraordinario lirismo. O uso da estrutura musical vai máis aló da forma tradicional ABA do Kyrie; a Gloria é tamén ternario, mentres o Credo é un rondó silencioso e de audaz harmonía no que os solistas se contrapoñen ao coro. O Sanctus e o Benedictus son concisos, rítmicos e exhuberantes. Destaca musicalmente o Agnus Dei, que aparecerá de novo na aria “Dove sono”, de As vodas de Fígaro (1785-86), o que indica a liberdade con que Mozart combinaba estilos e xéneros.

Page 11: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

Concierto de NavidadConsiderados una obra maestra debido a la inteligente utilización de los colores tímbricos, los Concerti Grossi op. 6 es una colección de 12 conciertos escritos por Arcangelo Corelli (1653-1713) y publicados en Ámsterdam un año después de su muerte. El núm. 8 en sol menor, “Fatto per la Notte di Natale”, dedicado probablemente al cardenal Ottoboni en 1690 e interpretado en el Vaticano, presenta la estructura de un concerto da chiesa, aunque con seis movimientos en lugar de los cuatro tradicionales y algunos de ellos de apenas doce compases. El inicial Vivace tiene sólo seis compases en riguroso estilo homofónico y el resto se suele ajustar a una escritura contrapuntística elaborada minuciosamente, destacando el Allegro con imitaciones y suspensiones escalonadas y su rasgo distintivo, un Pastoral en Sol mayor en el que se refiere a la visita de los pastores a Belén y parece transportarnos a otro mundo. El Finale, en modo mayor cuando la obra está compuesta en tono menor, lo hace singular.

En el primer día de NavidadEl Oratorio de Navidad es una obra festiva compuesta, entre 1733 y 1734, por Johann Sebastian Bach (1685-1750) para la celebración del nacimiento y adoración del Niño Jesús. Su tono narrativo justifica la denominación de oratorio; el texto narra los acontecimientos que rodearon al nacimiento de Cristo, según los evangelios de San Lucas y San Mateo y fue escrito por Christian Friedrich Henrice, Picander, a quien también se atribuye el libreto de la Pasión según San Mateo. Escrito para ser interpretado durante los días de Navidad, se divide en seis partes construidas siguiendo el modelo de cantata de iglesia de Leipzig (recitativos, arias, coros y corales). Ejemplo del optimismo, alegría y ternura que se combinan en la obra es la Cantata núm 1, cuyo famoso coro inicial “Jauchzet, frohlocket, auf, preiset die Tage”, con trompetas y timbales, es un estallido de alborozo.

Festividad de Corpus ChristiUna de las obras más conocida e interpretada del repertorio coral es el motete Ave Verum Corpus KV 618 para coro, orquesta y órgano de W. A. Mozart (1756-1791). Basada en un texto del siglo XIV atribuido al Papa Inocencio VI, este corto himno eucarístico cantado durante la consagración en la misa que Mozart compuso en su último año de vida para su amigo Anton Stoll, director de coro en Baden, para muchos el resumen de la obra sacra del compositor. La obra son 46 compases, con una modulación muy simple y poco común de re a fa y una instrumentación mínima, dado el pequeño tamaño de la iglesia donde su amigo dirigía o por la prohibición de la época de componer música concertada difícil, todo ello lleva a una escritura menos compleja para conmemorar la consagración con honda devoción y solemne serenidad.

Celebración de PascuaMozart compuso, para las celebraciones de Pascua de 1779, la Misa en Do mayor KV 317, la mejor de sus dieciséis misas completas. El sobrenombre de “Coronación” no llegó hasta que fue interpretada en la proclamación del Emperador Leopoldo II en 1791. Esta misa, más festiva que cualquiera de las anteriores, es una obra evolucionada y brillante, de orquestación principalmente sinfónica, hermosas melodías y dis-curso musical de extraordinario lirismo. El uso de la estructura musical va más allá de la forma tradicional ABA del Kyrie; el Gloria es también ternario, mientras el Credo es un rondó silencioso y de audaz armonía en el que los solistas se contraponen al coro. El Sanctus y el Benedictus son concisos, rítmicos y exhube-rantes. Destaca musicalmente el Agnus Dei, que aparecerá de nuevo en el aria “Dove sono”, de Las bodas de Fígaro (1785-86), lo que indica la libertad con que Mozart combinaba estilos y géneros.

Page 12: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA - Capital · PDF fileKaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco – propuesto para el Premio Grammy 2007-, María Bayo, Plácido Domingo

próximos concertos

AUDITORIO DE GALICIA Avda. do Burgo das Nacións, s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETESTel.: +34 981 571 026 / 573 979

OFICINATel.: +34 981 574 153 / 552 290Fax: +34 981 574 250

www.compostelacapitalcultural.orgwww.auditoriodegalicia.orgwww.rfgalicia.org

sábado 5 | 22 hREAL FILHARMONÍA DE GALICIAManuel Hernandez Silva director

Beatriz Díaz soprano

Obras e arias de ópera de W. A. Mozart, F. J. Haydn, F. Schubert, G. Rossini, J. Strauss

mércores 9 | 22 hREAL FILHARMONÍA DE GALICIASebastian Knauer piano

J. S. Bach Suite inglesa núm 2 en la menor BWV 807L. V. Beethoven Sonata para piano núm. 17 en re menor, op. 31 núm. 2F. Schubert 4 Impromptus op. 90 D899