Upload
xouba-castelao
View
236
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
REVISTA ESCOLAR DO CEIP ADR CASTELAO RIANXO.
Citation preview
1
2
3
3 anos A ………………………………..…….……..………………….…..…. Voando en Recordos
3 anos B ……………………………….…………………………………….….… Gústanos a froita
3 anos C ……………………………………….............................................….… Rumbo a Nubaris
4 anos A e B ………………………..…………… Facemos galletas e No Entroido facemos filloas
4 anos C ……………………………………………………………………..… Escribimos un conto
5 anos A…………………………………………………....………………..….. Un Futuro Brillante
5 anos B …………………………………………………….…………………………. Master Chef
1º A …………………………………………………….……..…….. Parque Zoolóxico de Marcelle
1ºB ………………………………………………………………………….…….… Taller de poesía
1ºC ……………………………………………….…….….. Coñecendo a Antonio García Teijeiro
2ºA ………………………………………..…………………………….…. As Nosas Verbas de Sal
2ºB ……………………………………………….…………………...…. Unha Visita moi Especial
2ºC ……………………………………………………….……………………….…….. Pasatempos
3ºA ……………………..………………………………………..……….. Conto: A casa encantada
3ºB ……………………………………………………… Algunhas vivencias do alumnado de 3ºB
3ºC ………………………………………….………… Xosé Mª Arcos Moldes. Himno de Rianxo
4ºA ……………………………………………………………………….......……. Viaxe a Apípolis
4ºB …………….……………………………………...…………… Entrevista a Paula Carballeira
4ºC……………………………………………..…………………. Curiosidades dos Compositores
4ºD …………………………………………………………………….………………. Clase de 4ºD
5ºA …………………………………………………………………….…………… Nelson Mandela
5ºB ………………………………………….………………………….…………… Saída á Coruña
6ºA ……………………………………..……………………………….… Que é a horta para nós?
6ºB …………………………………………………..……………………………… Relatos Curtos
6ºC ………………………………………………………………...……………… Mil Experiencias
Psicomotricidade ……………………………………………………………….………….. A Feira
Educación Física …………………………..……………………..………… Verdadeiro ou Falso?
D. Orientación …………………… Caderno PECS e Consellos para a estimulación da linguaxe
Biblioteca ……………….. Visitas á Biblioteca, Lecturas para o verán e Libros que veñen e van
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
CLASE DE 4ºD
ESTE CURSO APRENDEMOS XOGANDO….FACENDO….CONSTRUÍNDO!!
ESTE ANO FOMOS OS COCIÑEIROS/AS DA NOSA APRENDIZAXE.
E
convertémonos
en artesáns dos
nosos materiais.
Desde o Sistema
Solar hasta mel e
cera…
45
Como podedes ver acabamos o curso cun gran sorriso porque
APRENDER…
PODE SER DIVERTIDO!!!!!
46
47
48
SAÍDA Á CORUÑA
O día 3/4/2014 os alumnos de 5º e 6º fomos visitar: o Aquarium, a Torre
de Hércules, o Castelo de San Antón e comemos no Parque Santa Margarida
á Coruña.
Cando chegamos alí, o primeiro que fixemos foi visitar o Aquarium. E
encontrámonos moitos peixes: a quenlla anxo, focas, medusas, moluscos,
cangrexos e unha quenlla moi grande chamada Gastón.
Saímos do Aquarium cara a Torre de Hércules, onde vimos a dous
furtivos escondendo a mercancía: marisco, …
49
Despois fomos ao Castelo de San Antón e por último a comer e a xogar
no Parque Santa Margarida.
Pasámolo xenial! Chegamos ao colexio sobre as 18:00
aproximadamente.
Desexamos poder celebrar outra saída moi pronto.
50
51
52
53
54
55
56
57
1. Tomar auga con azucre é bo contra as maniotas...................................................
2. É o mesmo tres horas de exercicio nun día que unha hora tres días á semana....
3. Non se debe facer exercicio intenso ata polo menos dúas horas despois das
comidas....................................................................................................................
4. Canto máis súo máis graxa queimo e elimino...........................................................
5. O consumo excesivo de azucre provoca debilidade e cambras musculares.............
6. Só a ximnasia localizada consegue que teñamos músculos duros..........................
7. As persoas que practican actividade física con regularidade son máis optimistas.
8. O almorzo non é importante porque o corpo aínda non gastou a enerxía da cea.
9. Ximnasia e educación física son o mesmo................................................................
10. Tiritar quince minutos equivale a unha hora de exercicio en canto á transformación
da graxa.
11. Para practicar unha actividade física precisas un calzado axeitado........................
12. Hai que facer 100 abdominais ao día para baixar a barriga....................................
13. Despois de facer exercicio non precisas abrigarte porque o teu corpo está suando e
tes calor......................................................................................................................
14. Para queimar graxa tes que correr á máxima velocidade todo o que aguantes.
15. O deporte de elite non é saudable............................................................................
16. É importante estirar axeitadamente antes e despois do exercicio para evitar lesións.
17. A equitación é o único deporte no que participan xuntos persoas e animais..........
18. Empregar tenis como calzado habitual causa problemas nos pés..........................
19. Cando os bebés son moi pequenos xogan coas súas mans sen saber que son parte
do seu corpo..............................................................................................................
20. Froitas e verduras son fundamentais para un correcto desenvolvemento.............
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
Verdadeiro ou Falso?
1-F, 2-F, 3-V, 4-F, 5-V, 6-F, 7-V, 8-F, 9-F, 10-V, 11-V, 12-F, 13-F, 14-F, 15-V, 16-V, 17-F, 18-V, 19-V, 20-V
V F
V
V
V
F
F
F
F V
V
V
V
F
F
F
F
F
F
V
V
V
V
V
V
V
V
V
V
V
V
F
F
F
F
F
F
F
F
F
58
CADERNO PECS
Traballamos cun sistema de comunicación por intercambio de imaxes (PECS). O
caderno é a ferramenta comunicativa coa que o alumnado expresa as súas necesidades.
O PECS é axeitado para alumnos/as que presentan alteracións no desenvolvemento
comunicativo con dificultades/ausencia na intención comunicativa, déficit de atención na
linguaxe oral e/ou déficit na capacidade de imitación.
Debemos respectar e recoñecer a importancia da ferramenta , o alumnado vai a todas
partes co seu caderno, e , a través da tira-frase comunica ao seu entorno as súas necesidades,
o que reducirá comportamentos disruptivos.
O éxito do sistema de comunicación é que non necesita de coñecementos previos dos
adultos para que o alumno/a se faga entender, unha vez alcanzada a fase da tira-frase.
As aulas onde temos alumnos/as que utilizan Pecs, teñen paneis de comunicación coa
fin de propiciar situacións máis espontáneas de peticións con este sistema.
59
CONSELLOS PARA FAMILIAS NA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Achégolles certos consellos que poden ser de utilidade e apoiar no contexto familiar, o traballo realizado no colexio á hora de estimular a linguaxe dos nenos:
1. Non tratar as dificultades do neno/a, como si fóra un problema que non imos resolver. O peche fonolóxico conclúe en torno aos 7 anos, co cal será normal que se presenten dislalias (dificultade na pronuncia de fonemas), que na maioría dos casos se resolverá con intervención.
2. Evitar comparacións con nenos da súa idade, cada neno/a madura ao seu ritmo, e polo tanto falará coa nosa axuda, cando estea preparado.
3. Ignorar tartamudeos nestas idades, normalmente están relacionados coa ansiedade á hora de expresar un montón de ideas.
4. Si o problema persiste máis alá de certa idade considerada como normativa, e o neno/a non emite demasiadas palabras, debemos acudir a un especialista cualificado; mestre de audición e linguaxe nos centros escolares e logopedas.
5. Unha vez detectados os erros, a intervención debe ser programada polo especialista e apoiada desde o contexto escolar polas familias.
6. Non debemos transmitirlle ansiedade ao neno/a, cando non é capaz de articular con corrección, debemos ter paciencia, deixar que se exprese ao seu ritmo, aínda que o faga incorrectamente, amosando en todo momento interese.
7. Cando verbalice palabras erróneas, nunca lle corrixiremos directamente, cas “famosas” frases: “Non se dí así, dise……..”, ou “Está mal…” con isto o que facemos e xerarlle ansiedade e frustración, porque é perfectamente consciente do seu problema e en ocasións pode que opte incluso por non falar.
8. Ante palabras mal expresadas, debemos amosarlle o modelo axeitado nós mesmos de xeito indirecto, por exemplo, o neno/a expresa: “Quedo motadela” en vez de “Quero mortadela”, pois nós recalcaremos sen esaxerar, pero asegurándonos de que nos mira: “ah, ¿¿queres mortadela??”…
9. Evitar falarlle cunha linguaxe excesivamente infantilizada, isto é, guau-guau (perro), po-pó (coche)…. e o máis importante, non rirse nin potenciar palabras que son incorrectas, pero que nos causan graza.
10. Non debemos bater a comida e deixar que use chupete e biberóns, máis alá dos dous anos, pois isto impide un desenvolvemento axeitado da musculatura bucofonatoria, favorecendo nun futuro posibles problemas na dicción.
11. Debemos amosarlles modelos axeitados de conversa, falándolles nun ton normal e sen favorecer que levante a voz, sobre todo si temos acendida a T.V ou a radio, ao final podemos sen querer fomentar vicios e problemas nas cordas vocais.
12. Ensinar hábitos de hixiene nasais, que favorecen a respiración e a articulación, como sonar o nariz.
13. Prestar especial atención a enfermidades relacionadas cos oídos, garganta (otite, catarros…)
14. Facer xogos espontáneos cos nenos, de movemento de beizos, boca, lingua….
15. Favorecer a relación con outros nenos, tendo en conta que a linguaxe é un arma social moi importante e as situacións comunicativas que se lle presenten con outros nenos, facilitarán que se teña que comunicar para participar.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Audición e Linguaxe
60
61
62
Libros que veñen e van
A biblioteca escolar contempla no seu programa algunhas actividades pensadas para implicar ás
familias na formación dos nenos e nenas como lectores. As mochilas viaxeiras ou as pequenas
mochilas destinadas ao alumnado de infantil, e que serven para gardar o libro que collen en
préstamo na biblioteca para levar á casa, son dous exemplos destes LIBROS QUE VAN E VEÑEN e
que vinculan á biblioteca coa casa, espazos privilexiados para iniciar aos máis pequenos na lectura.
Os préstamos nos recreos ou cos seus titores e titoras.
Lectura en familia dende pequenos
Na vida diaria hai moitas ocasións para a lectura nas que os adultos atentos a este feito poden
incorporar os máis pequenos: a lectura do xornal, dunha receita de cociña, do último correo
electrónico, das etiquetas dos alimentos,da programación da televisión, dun libro de contos,..
Aínda que as nenas e os nenos vaian gañando en autonomía e sexan quen de facer unha lectura
propia, é bo continuar compartindo con eles esta actividade, acompañalos nun proceso (a
incorporación do hábito á vida cotiá) que necesita tempo para a súa consolidación. A calquera idade
resulta agradable escoitar unha lectura en voz alta.
Unha familia lectora será aquela que proporcione modelos de achegamento á lectura, que escolla os
libros, o cine, o teatro, a boa televisión,videoxogos seleccionados, o mellor da rede… para o tempo
de lecer; que conte historias,lea en voz alta, fale dos libros e películas, escoite música, visite
exposicións, librerías e bibliotecas.
Unha casa na que se pode ler Na casa é necesario crear un ambiente propicio á lectura. Os ambientes ruidosos non facilitan esta
actividade, que require concentración e esforzo. A tranquilidade, o acougo e un certo silencio
axudan a entrar nas historias e a emocionarse con elas.Consolas, televisión ou ordenador poden
quedar para outros momentos.
O adulto como mediador de lectura: Ofrece a lectura como unha forma divertida de vivir o tempo de lecer.
Proporciona materiais de calidade que conectan cos intereses e cos gustos dos pequenos lectores.
Actúa como modelo e comparte as lecturas cos nenos e nenas.
Está atento ao ritmo e ás necesidades do novo lector.
É cómplice da nena, do neno, na busca e no goce da experiencia lectora.
Le en voz alta aos pequenos e fala dos libros con eles.
Nunca impón a lectura como sanción.
63
64