262
ECOLOXÍA POLÍTICA OLLADAS DESDE GALICIA EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 1

OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ECOLOXÍA POLÍTICAOLLADAS DESDE GALICIA

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 1

Page 2: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Primeira Edición: marzo 2015ISBN: 978-84-606-5931-0

DepósitoLegal: C 237-2015Impreso en Compostela por SacauntosComposición e grafismo: dseña.com

Autores/as:

Antonio García AllutCarolina Jack (Hábitat Social)

Emilio M. Martínez RivasFernanda Couñago Otero

Isabel VilalbaJose Manuel Sánchez (Hábitat Social)

Manuel Dios DizMaría Durán Beloso

María Xosé Vázquez RodríguezPablo Ángel Meira Cartea

Pepa VázquezRamón Fernández (Hábitat Social)

Xan DuroXiao Varela (Hábitat Social)

Xoán R. Doldán GarcíaXosé Santos Otero

Xosé Veiras

Ecoloxía política. Olladas desde Galiciapublícase baixo unha licenza Creative Commons:

Recoñecemento-SenObraDerivada (by-nd):http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/es/deed.gl

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 2

Page 3: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Espazo Ecosocialista galEgo

Ecoloxía políticaolladas dEsdE galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 3

Page 4: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 4

Page 5: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

limiar

A realidade é teimuda. Non importa o esforzo que fagamos enautoenganarnos, ela remata por asomar esnaquizando as nosas ín-fulas de amos da natureza.

Hai poucos días, The Guardian1 publicaba un artigo no que re-collía os resultados de dúas investigacións publicadas en revistascientíficas de prestixio que concluían que, dos nove procesos quepermiten a existencia de vida no planeta, catro superaran os niveiscríticos de degradación: a perda de biodiversidade, o cambio climá-tico, o cambio nos usos do territorio e o nivel de fósforo e nitróxenonos océanos debido ao emprego de fertilizantes. Nos últimos sesentaanos acadouse un nivel de degradación sen precedentes nos dez milanos anteriores.

A sociedade humana na súa configuración actual depende, aléndos alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos recursosminerais non enerxéticos. Ámbalas dúas están entrando en fasede esgotamento. A Axencia Internacional da Enerxía sinalou o ano2006 como o ano de superación do pico do petróleo convencional.A partir dese momento iníciase unha curva descendente na capa-cidade de extracción, que se pretende substituír con petróleo defontes non convencionais como as areas bituminosas ou derivadosfroito do fracking. Outros investigadores2 sinalan o ano 2050 comoa data na que a demanda de minerais como ouro, prata, chumbo,cinc, cobre ou níquel, será superior ás reservas totais dos mesmos.

5

1 Milmann, O.: «Rate of environmental degradation puts life on Earth at risk, say scien-tists», en The Guardian, 15 decembro 2015. http://goo.gl/N7eI38.

2 Valero, A: «Límites a la disponibilidad de materiales», en Ecologista nº 83. Invierno2014/15. Ecologistas en Acción.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 5

Page 6: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda criseque vive o capitalismo globalizado, o proceso de esgotamento dosrecursos minerais e enerxéticos tradicionais, a progresiva degra-dación ambiental e as desigualdades locais e mundiais configuranun panorama crítico diante do que semella que non temos máisque dúas respostas. A primeira resúmese nunha fuxida cega caraa diante, pechando os ollos á realidade. A segunda, unhas infun-dadas esperanzas nunhas supostas tecnoloxías que virán resolveros problemas, é dicir, o tecno-optimismo. Case que unha relixiónna actualidade.

O modelo produtivista, no noso caso na súa versión capitalista,foinos convencendo ao longo de varios lustros de hexemonía cul-tural de que a «modernidade» era algo que tiña que ver coa uni-formidade, o maquinismo, o abandono das prácticas humanas emedioambientais tradicionais, do mundo rural, mesmo da nosacultura popular… e sobre todo do pequeno, do próximo, do local.A lóxica «crecentista» non ten límites, coma non ten límites o seutamaño, que nunca será grande abondo, pois non aborda o pro-blema de raíz: os límites físicos do planeta. Empéñanse unha eoutra vez en apostar por modelos esgotados de consumo, de pro-dución, de comunicación… ben por miopía, ben por negocio.

De non adoptar modelos alternativos, propostas innovadorasque realmente reestruturen a nosa cosmovisión sobre o lugar epapel do ser humano no planeta, o fin do Antropoceno é inevitable.Esta reestruturación ten moito que ver coa volta á escala humananos procesos sociais, territoriais e económicos. Esquecérmonos do«macro» e o «mega» para traballar no micro e no local. Esta é arazón deste libro: repensar distintas facianas da realidade do nosopaís desde a óptica da imprescindible mudanza de paradigmas.Non pretende ser un libro exhaustivo nin técnico. Queremos re-alizar unha foto fixa do que somos na actualidade nunha escolmade temas centrais e achegar propostas que nos encamiñen a re-pensarnos nos mesmos.

Contamos coa colaboración de catorce persoas coñecedorasdestas realidades. Unhas veñen do activismo social, outras do eido

6

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 6

Page 7: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

universitario, sindical ou profesional. Os autores e autoras destelibro son coñecedores e activistas na defensa do ben común, sabendo que escriben e teñen propostas para un cambio de modelo ne-cesario e urxente. Non podemos menos que agradecerlles profun-damente a colaboración desinteresada neste volume.

Albert Einstein adoitaba repetir que só hai dúas cousas infini-tas: «a estupidez humana e mais o universo», e que non estabacompletamente seguro do segundo. Confiemos no espazo de in-telixencia humana restante para que o proceso de degradaciónecolóxico e social non sexa imparable.

O conxunto da humanidade, particularmente o 20% privile-xiado do mundo occidental, debería lembrar aquel sabio consellopopular que di: «días de moito… vésperas de nada»; ou como dicíao poeta: «nada é paraíso ata que se perde».

XOÁN HERMIDA e XAN DURO

Coordinadores da edición

7

Limiar

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 7

Page 8: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 8

Page 9: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

galiza: calamidade e oportunidadeRamón Fernández, Carolina Jack, Jose Manuel Sánchez e Xiao Varela

para Hábitat Social

contexto

Poucas son as persoas que a día de hoxe consideran equilibrada apegada humana no planeta. Partimos este texto dando por sentadoque vivimos nun modelo insoportable de relación entre as persoase o territorio, natural ou construído, un modelo de caducidadeanunciada, para o que cómpre buscar novas alternativas e afondarnas xa existentes.

Galiza é un lugar complexo e particular, heteroxéneo, e conmoitas contradicións para as que se precisa procurar respostas.Cómpre non mirar para outra parte, para non converter en pro-blemas irresolubles o que poden ser oportunidades.

Cunha sorte de lectura por capas, comezaremos desde unha vi-sión máis xeral, atendendo a unha estruturación do territorio queconsideramos non coordinada, vertical, sen consenso e acorde aunha mentalidade minifundista aplicada á xestión dos recursos pú-blicos. Para mostra, o exemplo na planificación das grandes infraes-truturas, coa construción de dous grandes portos exteriores no golfoÁrtabro (de dubidosa viabilidade), ou os tres aeroportos da Galiza.1

A planificación urbanística, cando existe (máis da metade dosconcellos galegos aínda carecen de plan xeral, e máis do 70% apli-can unha normativa que non está adaptada á lei do solo vixente),2

nin responde a un modelo de asentamento disperso e difuso ninatende ás realidades contemporáneas existentes,3 con tecidos hí-

9

1 Holanda, cunha poboación de case dezasete millóns de persoas ten dous aeroportos deuso civil.

2 COAG, 2009: Informacións relativas ó estado da planificación nos concellos galegos. 3 Rururbania como realidade e oportunidade (http://territorioscolectivos.alg-a.org/)

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 9

Page 10: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

bridos entre o rural e o urbano,4 resultado dun crecemento des-controlado. Por poñer un exemplo que demostra que son necesa-rias novas propostas de xestión e ordenación para realidades quenon son novas, pero que nunca foron tratadas especificamente, ci-tariamos a urbanización a rentes da N-550. Non é acaso esa unharealidade en si mesma que non debería de ser tratada como asen-tamentos independentes? Ao mesmo tempo, as iniciativas que par-ten da Administración (como as «estratexias da paisaxe») estánmáis preocupadas en lexislar, controlar e eliminar a diferenza queen dar respostas ás realidades contemporáneas.

As estruturas de ordenación e planificación precisan dunha re-visión e actualización, no que se refire ao seu ámbito e aos seusmecanismos de proposta e decisión, que deberían de ser máis ho-rizontais e participadas. Seguramente resultaría interesante terpropostas de ordenación e funcionamento que atendesen ámbitosde tamaño intermedio e as súas peculiaridades, como grupos deconcellos e rexións urbanas.

O despoboamento do rural e o patrimonio abandonado sonproblemas graves que non están a ser tratados coa suficiente im-portancia. En cambio, considerámolos ámbitos de oportunidade,posibles ferramentas para a emancipación da xuventude, agoraempurrada á emigración. Procurar que isto que agora son proble-mas deveñan solucións, esixe propostas creativas, atención real einvestimento.

Como símbolos da contraditoria relación que mantemos conoso territorio, temos dunha parte a mastodóntica e zombi urba-nización Costa Miño Golf,5 un modelo de implantación depreda-dor e exclusivamente especulativo, ineficiente e insoportable para

10

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

4 O termo rururbano difúndese polos franceses G. Bauer e J. M. Roux en 1976 co obxec-tivo de identificar as áreas que rodean as cidades onde a presenza dominante de viven-das familiares, dispersa e illada, cohabita coa persistencia de áreas agrícolas e forestais(ou naturais). Ese proceso evolutivo caracterízase pola transformación nos usos do soloe na actividade dos residentes acompañada de mutacións socio-demográficas, isto é, denovas pautas de comportamento social, económico, profesional, cultural… dos seus ha-bitantes.

5 Urbanización inacabada de 1.217 vivendas adicadas a segunda residencia na contornada vila de Miño.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 10

Page 11: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

o medio; da outra parte atopamos o monte en man común,6 unespazo de oportunidade para a preservación destes patrimoniossociais e a xestión colectiva dos mesmos. A segunda liña leva aportos máis cálidos, pero esixe coidado e dedicación.

Se baixamos de escala e miramos cara a cidade, a atinada frasetantas veces escoitada nos últimos tempos, «a revolución será ur-bana ou non será», debe ser matizada na realidade galega, na queconviven tecidos que poderían asimilarse formalmente á idea pre-concibida que temos do rural, pero que analizada con máis pro-fundidade responde a lóxicas moito máis urbanas no día a día dosseus habitantes. Como di o xeógrafo e antropólogo David Harveyno seu último libro7 «o dereito á cidade é polo tanto moito máisque un dereito de acceso individual ou colectivo aos recursos queesta almacena ou protexe, é un dereito a cambiar e reinventar a ci-dade de acordo cos nosos desexos». Coincidimos plenamente epensamos que nas circunstancias actuais non existen máis espazospara iso que o da subversión e o da loita contra a Administración,a pesares do risco e o esforzo que implican, xa que exclúen a moi-tas persoas que non teñen o afán natural ou as oportunidades ne-cesarias para participar activamente no desenvolvemento da súacomunidade. O dereito á cidade é hoxe máis ca nunca un dereitobásico a desenvolver e protexer.

Os crecentes desequilibrios demostran que non imos polo bocamiño, como poñen en evidencia, por exemplo, os numerososasentamentos precarios do país, coma o da Conserveira Celta, naperiferia da cidade da Coruña, con arredor de cento e medio depersoas vivindo en condicións infrahumanas desde hai décadas,persoas ás que a Administración só lles ofrece unha mal xestio-nada caridade a cambio dos dereitos sociais que lles corresponden.Así mesmo, é habitual ver como o mal entendido progreso, desdeunha visión desarrollista, produce a destrución do tecido social,

11

Galiza: calamidade e oportunidade

6 Galiza conta con máis de 640.000 Ha (un 33% da súa extensión total) de monte en mancomún. O Monte É Noso é unha plataforma cidadá que traballa na revalorización dosmontes comunais: www.montenoso.net

7 Harvey, David. 2012. Ciudades Rebeldes, del derecho a la ciudad a la revolución urbana.Editorial Akal.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 11

Page 12: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

coma no caso das grandes superficies comerciais,8 coa súa impli-cación na desaparición do pequeno comercio, en modelos de mo-bilidade non sustentables ou na privatización dos espazos de con-vivencia. Consideramos un serio problema a disociación xeralentre traballo e modo de vida e a repercusión que iso produce nacalidade de vida das persoas, e cremos que a inadecuada relaciónque mantemos co espazo que habitamos ten moita responsabili-dade nese desequilibrio. Tamén resulta fundamental afrontar amala xestión do público, coa corrupción como bandeira e o capitalcomo principio: fanse necesarias novas canles que permitan a xes-tión dos recursos a escala reducida e de maneira horizontal.

A crise estatal da vivenda ten unha clara correspondencia naGaliza: 300.000 vivendas baleiras9 por unha banda e milleiros depersoas sen casa pola outra, inmersas en procesos de desafiuza-mento ou habitando casa allea por falta de recursos. Tamén aquía oferta de vivenda en alugueiro é escasa e custosa e os incentivosinexistentes. A lóxica da vivenda como ben de mercado e noncomo dereito campa ás súas anchas, marcando o carácter do par-que inmobiliario e as súas repercusións sociais.

A construción é outro ámbito deficiente, tanto a nivel tipoló-xico, con modelos importados que non responden, as máis dasveces, ás necesidades reais, e que actúan coa lóxica da tabula rasasen valorar as potencialidades do traballo a través de criterios con-temporáneos sobre o preexistente, así como a nivel tecnolóxico,con edificacións de baixa calidade e confort que ademais supoñenun dispendio de recursos, tanto polos materiais empregados comapolo deseño.

Hipótese e relación de propostas

Deste rápido percorrido pola situación galega que acabamos detrazar no ámbito que nos ocupa, resulta doado extraer unha con-

12

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

8 500.000 m² de superficie construída no complexo comercial privado máis grande doEstado e o terceiro máis grande de Europa.

9 Censo do INE correspondente a 2011.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 12

Page 13: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

clusión tan evidente coma complexa: é imprescindible un cambiode modelo tamén no que atinxe ao noso xeito de habitar, pois que-dou demostrado que o vixente non é xusto nin ambientalmentesustentable.10

De feito, unha boa parte das incompetencias no eido da cons-trución do territorio ou da cidade que atopamos en Galicia sonun mal común a moitos outros lugares, o que se explica pola súacompoñente sistémica, é dicir, pola relación intrínseca entre as ló-xicas económicas e políticas do capitalismo e as do urbanismo, asícomo polas súas consecuencias sociais e ambientais. Dito en po-sitivo, e de novo en boca de Harvey: «se a forma capitalista de ur-banización está tan plenamente inserta na reprodución do capi-talismo e resulta fundamental para esta, iso significaría tamén quepara calquera intento de poñer en pé unha alternativa capitalistasería decisivo atopar formas alternativas de urbanización».11 Así,estas novas formas de urbanización (de habitación) deberíanacompañar e reforzar propostas globais e altermundistas que estántratando de abrir vías de transición cara a outros paradigmas,como o decrecemento ou o «bo vivir»,12 que buscan garantir a sa-tisfacción universal e perdurable no tempo das necesidades hu-manas, e polo tanto, dun xeito consciente e consecuente cos límitesmateriais do planeta.

O acceso aos recursos (materiais, enerxía, auga…), o cambioclimático, e a perda de diversidade biolóxica son as problemáticasambientais con maior transcendencia e urxencia que debemosafrontar a nivel mundial. En todas elas, a responsabilidade nos pro-cesos urbanizadores, edificatorios e domésticos adquire especialrelevancia en comparación coa doutros sectores económicos e ac-tividades. Por iso, desde xa hai máis de dúas décadas veñen xur-

13

Galiza: calamidade e oportunidade

10 Fernández Durán, Ramón, 2011. El Antropoceno. La expansión del capitalismo globalchoca con la Biosfera.Virus Editorial.

11 Harvey, op.cit., páx 106.12 O «bo vivir», concepto moderno derivado da tradición indíxena do Sumak Kawsay, que

defende a vida digna e en equilibrio coa natureza en oposición ó crecemento ilimitadocapitalista, está recollido como agregado de dereitos nas constitucións dalgúns paísesde América do Sur.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 13

Page 14: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

dindo numerosas propostas e estratexias no eido do urbanismoque intentan ofrecer respostas a estas cuestións. Trátase dun re-pertorio amplo de estratexias diversas centradas nun ou noutroaspecto, con múltiples dimensións e con calado e percorrido dife-rentes, mais que no seu conxunto compoñen un corpo teórico su-ficiente para comezar a dar os pasos necesarios na dirección co-rrecta. Máis ben o problema ten sido, ata o de agora, a carencia devontade política para entender e asumir o compromiso que se pre-cisa para pasar do plano teórico ao práctico. De novo, intereses es-purios teñen relegado a un segundo lugar dentro das axendas po-líticas un verdadeiro plan de acción, unha toma de medidascoherentes e coordinadas entre si, cuns obxectivos e uns temposben definidos, que vaia máis aló de pequenos avances en materialexislativa, de declaracións de intencións, ou da demagóxica apro-piación polo mercado e pola clase política de termos como sus-tentabilidade, ecoloxía, verde, bio…

Entendendo que non é este o espazo para afondar co rigor e aextensión necesarios nese abano de solucións á problemática am-biental derivada do xeito en que habitamos, si nos gustaría, candomenos, facer unha breve exposición dalgúns destes posibles vec-tores de transformación en Galicia.

Comezando pola escala territorial, segue a ser unha materiapendente recuperar o equilibrio e a vertebración que o país perdeunas últimas décadas. A ninguén escapa que o abandono do ruralarrastrou unha serie de consecuencias de tipo económico (perdade potencial agrario), social (redución de servizos públicos, perdade peso da realidade rural), ou cultural (desaparición de patrimo-nio material e inmaterial, perda de identidade), mais tamén am-biental. Así por exemplo, a desactivación do agro carrexou a súadesvalorización, propiciando a aparición de actividades cun forteimpacto no medio, actividades que noutras condicións non teríancabida e que agora son benvidas ante o incerto panorama econó-mico destas zonas: proxectos mineiros, instalacións enerxéticas(parques eólicos ou minicentrais hidráulicas)… De xeito análogo,os incendios forestais ou a perda de diversidade biolóxica asociadaa monocultivos coma o do eucalipto teñen que ver tamén con este

14

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 14

Page 15: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

abandono. Estamos ante a deshumanización do noso territorio,ante a amputación dos valores que tradicionalmente levaba aso-ciados, para convertelo nun mero soporte físico ao servizo da es-peculación e do espolio. Faise necesaria, polo tanto, unha nova vi-sión que entenda o potencial do territorio como catalizador queconduza cara a un país máis articulado e equilibrado, máis diná-mico e máis respectuoso cos nosos patrimonios natural e cultural.Así, cabe demandar auténticas políticas na liña dun rural «cuali-ficado e diversificado», isto é, un rural que, aproveitando as estru-turas existentes, se dote dos servizos necesarios (telecomunica-cións, acceso a equipamentos públicos, etcétera) que o faganatractivo e faciliten a súa dinamización a través da implantaciónde usos complementarios ao agrícola convencional (sector servi-zos, agroecoloxía, silvicultura especializada, ecoturismo…). Pre-císase tamén unha ordenación estratéxica e coordinada do terri-torio, que conduza cara a uns obxectivos concisos e partillados, oque implica a existencia de ferramentas de planificación no ámbitosupramunicipal e de conxunto realmente operativas e áxiles. Porúltimo, merece cando menos ser nomeado o crecente número deiniciativas individuais e colectivas que desde hai uns anos atopanna «fuxida» da cidade cara ao campo13 diferentes oportunidades(maior autonomía, menores custos, recuperación de valores e co-ñecementos tradicionais, contacto coa natureza…) para desenvol-ver os seus proxectos vitais, o que pon de manifesto que un sectorda sociedade xa comezou a reverter a visión sobre o potencial donoso territorio.

Nunha dimensión intermedia entre a cidade e o territorio áque corresponde a chamada rexión urbana ou cidade difusa, quea modo de continuo suburbano esténdese desde Ferrol ata Vigo(mesmo ata Porto), atopamos outra serie de particularidades coninfluencia a nivel ambiental. Aquí, a dispersión da edificación e a

15

Galiza: calamidade e oportunidade

13 No último encontro da rede Arquitecturas Colectivas que tivo lugar en setembro de2013 en Valadares (Vigo), tivemos a oportunidade de organizar desde Hábitat Social amesa de traballo #fuxirdocentro que intentaba achegarse a este fenómeno, atendendotanto ás lóxicas como ás ferramentas: http://aaccgaliza.arquitecturascolectivas.net/blog/?p=975

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 15

Page 16: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

súa baixa densidade converte a mobilidade e o acceso aos servizospúblicos (equipamentos, infraestruturas) nos principais retos.Cómpre aplicarse na optimización deste tecido, consolidalo, aca-dar un nivel de estrutura e densidade suficientes que permitantanto o desenvolvemento do transporte público coma traballar entermos non só de mobilidade senón de accesibilidade.14 En rela-ción á primeira, a implantación dunha rede densa e funcional detransporte público que reduza a dependencia e o impacto do ve-hículo privado require unha masa crítica de usuarios que a fagaviable. En canto á segunda, trataríase de substituír a necesidadedalgúns dos desprazamentos motorizados pola proximidade e fa-cilidade de acceso a bens e servizos (escolas, centros de saúde, ten-das…) que unha maior concentración de poboación podería per-mitir. Trátase en todo caso de enriquecer este sistema para facelomáis diverso e sustentable.15

Na escala urbana, son varias tamén as estratexias a ter en contacunha lóxica de optimización dos recursos naturais dispoñibles.En primeiro lugar, podemos mencionar a rexeneración dos tecidosurbanos existentes. Nun país no que non aumenta a poboaciónnon ten sentido que o proceso urbanizador continúe consumindochan, polo que é preciso conter a expansión das áreas urbanas ob-tendo o máximo aproveitamento das existentes. As medidas atomar neste sentido son múltiples, algunhas delas xa cun impor-tante grao de implantación e apoio desde as Administracións, ou-tras non tanto. Entre as primeiras falariamos por exemplo da re-novación do parque edificado, mellorando o seu nivel de confort,o aforro enerxético ou a súa funcionalidade, e que desde hai variosanos conta cunha liña de axudas destinada aos edificios residen-ciais. Con resultados dispares, existen experiencias tamén no sen-tido da revalorización do espazo público, recualificándoo e dotán-doo de urbanidade, na procura de lugares atractivos, funcionais e

16

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

14 Sanz Alduán, Alonso. 2008. Calmar el tráfico. Pasos para una nueva cultura de la movi-lidad urbana. páx16-18. Ministerio de Fomento. Centro de publicaciones.

15 Salvador Rueda propón a cuantificación do nivel de sustentabilidade dun lugar comoo cociente entre o consumo de recursos (E) e o grao de complexidade do sistema (H).Rueda, Salvador. La eficiencia energética del espacio público (artigo).

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 16

Page 17: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

integradores para as persoas (eliminación de barreiras arquitec-tónicas, por exemplo). Non obstante, queda moito por facer naperspectiva de xénero aplicada ao espazo público, na pacificacióndo tráfico en favor do peón, ou na recuperación da intensidade deuso de rúas e prazas, minguada en moitas ocasións polo secuestroda actividade comercial e de ocio dentro de grandes centros pri-vados pechados. Entre as medidas que aínda non reciben atenciónabonda, teriamos a recuperación sistemática de espazos abando-nados, degradados ou residuais (baleiros urbanos, equipamentospúblicos sen uso, edificios en construción, soares…), que consti-túen un capital dentro das nosas cidades, valioso como recursodispoñible e valioso en ocasións tamén por condensar parte dahistoria e da memoria das mesmas (é o caso de edificios singularescomo a Panificadora de Vigo, ou os cárceres da Coruña e Ourense,que mentres son obxecto de procesos especulativos ou pasto dadesidia das Administracións, obteñen o recoñecemento da cida-danía a través de proxectos colectivos de recuperación e revalori-zación: Entremos na Panificadora, Proxecto Cárcere e Imos entrar,respectivamente).16 Cabería falar tamén da morea de equipamen-tos e espazos infrautilizados que teñen un uso limitado a certashoras do día ou nalgúns períodos do ano, e que sería desexabledotar dun uso mixto (un colexio que polas tardes se converte encentro social) ou abrir á cidadanía (as instalacións deportivas desemesmo colexio que polas tardes ou no verán se poñen ao servizodo barrio), o que ademais suporía unha mestura de actividades afavor da vitalidade urbana.

En paralelo á optimización de recursos que procura a rexene-ración urbana, tería sentido suxerir outra estratexia moi potente,pero de difícil posta en marcha dentro do marco capitalista, comoé a de disociar o feito da construción do hábitat dos intereses eco-nómicos que a rodean. A ninguén escapa como estes intereses,enormes nun Estado onde o sector inmobiliario vén de ser un dosmotores da economía, teñen a capacidade de imporse sobre cal-

17

Galiza: calamidade e oportunidade

16 www.entremosnapanificadora.blogspot.com.es, www.proxectocarcere.blogaliza.org, www.imosentrar.wordpress.com

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 17

Page 18: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

quera outra maneira de pensar a cidade e o territorio, convertendoambos en mercadorías banais ao servizo de procesos especulativos(o boom inmobiliario é un claro exemplo). O consumo de solo, adesaparición de espazos de alto valor ambiental, a dilapidación derecursos materiais e de enerxía son algunhas das súas consecuen-cias a nivel ecolóxico (por non falar das implicacións sociais oupolíticas). Inverter estas lóxicas, conseguir que o interese comúnse impoña, esixe unha toma de posición política forte capaz dereordenar as regras do xogo.

Mencionaremos dous posibles eixos de traballo para trasladarao concreto esta vontade: o control das plusvalías que implica oproceso urbanizador e unha política de vivenda acorde á reali-dade.

O primeiro trata de incidir na liña de flotación do sistema: aobtención de beneficios que deriva das actuacións urbanísticas. Aexpectativa de lucro como consecuencia do desenvolvemento dunsolo ou do simple cambio da súa clasificación urbanística, ten pro-vocado aquí e no resto do Estado unha morea de intervenciónsque non se xustifican pola necesidade, e que, en moitas ocasións,comportan toda unha serie de casos de corrupción, clientelismo,malversación de fondos… Un reparto de cargas e beneficios dife-rente ao actual, máis favorable ao conxunto da cidade e menos aoaxente promotor reduciría o incentivo ao negocio en torno ao há-bitat así como o impacto ambiental consecuente. En relación aosegundo dos eixos, unha concepción da vivenda como dereito enon como ben de mercado, ao mesmo tempo que resolvería a pro-blemática de acceso á mesma e outras derivadas (a costa de pre-xudicar o lucro duns poucos), tería evitado os excesos dun mer-cado desbocado que en España foi capaz de producir máis de tresmillóns de vivendas baleiras. Aínda que a distribución deste exce-dente non é homoxéneo, son poucos os lugares nos que existaunha demanda real de vivendas novas. Por iso, pese a quen pese,desde a Administración só pode caber unha política dirixida a ac-tivar o parque existente (fomento do alugueiro, da rehabilitación,penalización das vivendas baleiras…), e a limitar ao máximo asnovas promocións que máis tarde ou máis cedo volverán xurdir.

18

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 18

Page 19: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Outra estratexia ten que ver coa redución dos fluxos metabó-licos de vilas e cidades, é dicir, do intercambio de recursos que unnúcleo de poboación realiza co exterior en forma de materias pri-mas, enerxía ou residuos, incorporando ademais custos asociadosen transporte e infraestruturas. En paralelo ás propostas orienta-das ao aforro para reducir a demanda, o cal pasa en boa maneirapola modificación dos hábitos de consumo individuais e colecti-vos, teñen cabida aquelas que fomentan a produción local ou pró-xima. Aquí se encadrarían por exemplo as cada vez máis numero-sas hortas urbanas destinadas ao autoconsumo ou, noutra escala,a necesidade estratéxica de reservar áreas agrícolas nas contornasdas nosas cidades que sirvan para o seu fornecemento, reducindodeste xeito as distancias de importación de alimentos. Tamén o re-lacionado coa autoprodución de enerxía, dada a existencia de tec-noloxías cada vez máis accesibles e desenvolvidas que poden ache-gar aos edificios a meirande parte da enerxía que consumen,mesmo nas áreas urbanas (isto, evidentemente, sempre que os lob-bies non se interpoñan, como está a suceder coas novas regula-cións estatais nesta materia).

No tocante á xestión de residuos, parece evidente, tras a com-paración cos resultados acadados noutros países, que aquí quedamoito por facer. Así, en materia de residuos sólidos urbanos, asporcentaxes de reciclaxe e valorización obtidas a través dos siste-mas implantados de recollida e tratamento como Sogama son pau-pérrimos, por non falar de augas residuais, con moitas vertedurasdescontroladas aínda a día de hoxe, mesmo en zonas de especialvalor como as nosas rías.

Finalmente, na escala da edificación, tamén existe todo uncampo de acción dirixido a reducir a niveis aceptables o impacto dasúa construción e do seu uso. Nos últimos anos, a lexislación espa-ñola ten avanzado da man da europea na esixencia dun mellor com-portamento enerxético dos edificios obrigando a reducir os consu-mos durante a súa vida útil. En cambio, non hai ningún tipo deconsideración normativa relativa ao gasto enerxético asociado á súaconstrución (fabricación de materiais, transporte, montaxe…) ou ásúa demolición, cantidades nada desprezables. O mesmo sucede con

19

Galiza: calamidade e oportunidade

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 19

Page 20: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

outros aspectos fundamentais como o esgotamento de recursos ma-teriais ou o gasto de auga potable. Si existen, pola contra, investiga-cións e exemplos prácticos que tratan de abordar dun xeito integraltodas estas cuestións e que habería que fomentar, difundir e nor-malizar. Recuperar técnicas tradicionais, de moi baixo impacto; em-pregar só materiais renovables e reciclables que non supoñen unharedución do patrimonio natural existente nin producen residuos,así como materiais cun consumo enerxético baixo ao longo de todoo seu ciclo de vida; complementar as medidas de aforro de enerxíacoa incorporación de sistemas capaces de cubrir autonomamente ademanda, non só a do uso, senón tamén a debida á construción; in-corporar medidas de aforro de auga e de reciclado da mesma,… sonalgunhas das pautas que haberá que asumir de inmediato.

conclusión

Ao noso modo de entender, e tendo como horizonte o obxectivodun cambio de modelo que afronte este reto de transformacióndos modos de habitar, calquera vía pola que optemos ten que en-marcarse dentro dun cadro máis amplo que non só atinxa ao ur-banismo ou á construción, senón a un que atenda a aspectos es-truturais relacionados coa educación, a produción ou o traballo,así como outras liñas transversais imprescindibles como podenser o xénero, a atención á diversidade, o poder de decisión das per-soas e das comunidades, etcétera. É dicir, as accións deberán arte-llarse de tal xeito que fagan realidade ese cambio máis amplo eprofundo, baseándose na capacidade de acción dunha sociedaderesponsable e activa que loite por un futuro que se adapte a unnovo modelo de vida.

Partindo desta premisa inicial, podemos pensar que nos ato-pamos nun momento de efervescencia no que aparecen cada vezmáis prácticas espontáneas pero organizadas que responden a estatoma de conciencia por parte da sociedade civil. E son precisa-mente estas accións as que teñen unha gran capacidade de conta-xio para outras novas propostas, as que marcan ese punto de in-flexión cara o que consideramos un camiño axeitado.

20

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 20

Page 21: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

As propostas das que se vén falando neste texto, que son sóunhas pinceladas que nos parecen representativas do momento,poderíamos agrupalas en dúas liñas principais de acción/aplica-ción de medio-longo percorrido. Por unha banda, os procesos au-tónomos e autoxestionados que teñen lugar a unha escala máis pe-quena, e, por outra, as accións levadas a cabo mediante o deseño eposta en marcha de políticas públicas nunha liña máis ampla deactuación. Ambas parecen ser necesarias e ás veces complemen-tarias segundo o ámbito.

Sobre a primeira, deberiamos destacar a importancia e o im-pacto que pode acadar a autoorganización da sociedade, sobretodo a niveis veciñais, de barrio, locais… onde o obxectivo se cen-tra na modificación de dinámicas próximas que poden ter ungrande impacto sempre e cando exista un tecido social consoli-dado. A través de iniciativas que xorden desde abaixo, sen ánimode lucro, coa intención de facer visibles e fomentar estas novasprácticas diarias, ponse de manifesto a intención destas novas ló-xicas e a capacidade da poboación para asumir o poder de decisiónno relacionado con certos ámbitos. Neste sentido, é básico ampliaros discursos de maneira que poidan chegar a máis capas sociais, édicir, a un maior número de persoas. Tamén é necesario dotar otecido social das ferramentas que permitan poñer en marcha asaccións para transcender da teoría á práctica, propiciando a im-plicación dun abano da poboación o máis amplo posible, así comodotar a esta dun poder de decisión real.

Pero a autoorganización non abonda, xa que debe verse corres-pondida cuns poderes públicos fortes, capaces de levar a cabo po-líticas axeitadas que fagan de contrapeso aos intereses privados nadefensa dos colectivos. De novo aquí debemos demandar un cam-bio na estrutura do sistema de xestión actual, así como a activaciónde novos espazos de participación e toma de decisións que deanverdadeira voz á cidadanía. Consideramos necesaria a revisión, odeseño e o seguimento de novas políticas de xestión que respon-dan á realidade de cada lugar, comprendendo e revalorizando asoportunidades que o territorio na súa especificidade nos brinda.E para isto incidimos na importancia dunha cidadanía activa e co-

21

Galiza: calamidade e oportunidade

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 21

Page 22: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

rresponsable, á cal se lle ofrezan as canles de participación nece-sarias na xestión do seu hábitat, para, a través dunha construcióncolectiva do mesmo, achegarnos a un modelo máis xusto e equi-librado social e ambientalmente.

22

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 22

Page 23: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

a necesidade dun novo modelo enerxético para galizaXoán R. Doldán García

Profesor de Economía Aplicada da USC

introdución

O actual modelo enerxético é herdeiro do nacido hai uns dous sé-culos coa Revolución Industrial, cando as fósiles e fisicoquímicastomaron o relevo das, até daquela dominantes, enerxías renovábeis.Os requirimentos enerxéticos das economías de moitos países dei-xaron de estar condicionadas pola dispoñibilidade de recursos ener-xéticos de seu (Naredo, 2006), dando lugar a un incremento sen pa-rangón no uso da enerxía e permitindo emerxer un mercadomundial onde persoas e cousas estenden a súa mobilidade, ao tempoque se xeneraliza a degradación ambiental asociada ao uso destaenerxía. Por outra parte, fíxose posíbel unha rápida urbanización eunha crecente actividade industrial, sobre todo cando se dá o trán-sito ao uso masivo do petróleo grazas ao seu maior contido calorí-fico, maior manexabilidade, mellor almacenamento… e menorprezo. As propiedades do petróleo serviron para reforzar tendenciasintrínsecas á dinámica do sistema capitalista: división internacionaldo traballo, acentuación das diferenzas no desenvolvemento dos paí-ses, consumo en masa… é dicir, serviu como instrumento para aacumulación de excedente e a optimización do beneficio. O uso detodo tipo de fontes enerxéticas para obter electricidade axudará aacelerar a mobilidade, levará a unha certa especialización industriale facilitará a obtención de novos materiais como os derivados dealuminio, os plásticos… ou o desenvolvemento da electrónica contoda a súa gama de aparatos. Hoxe este modelo está a atravesar unhafonda crise, sendo urxente o tránsito cara outro construído sobreoutras bases. Trataremos esta cuestión a partir do caso galego.

23

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 23

Page 24: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

antecedentes históricos: as bases do modelo enerxético galego1

Galiza, aínda que dun modo máis tardío, non será alleo aos cam-bios que se estaban a dar no modelo enerxético noutros lugaresdo mundo. Un ano despois de que se instalara a primeira centraleléctrica no Estado español, comezou a funcionar a primeira cen-tral eléctrica na Galiza: a de Segade, en Caldas de Reis (1874). Maisestes anos finais do século XIX correspondíanse cunha etapa ex-perimental que, con base na enerxía hidráulica e no gas, se cen-traba en fornecer electricidade para iluminación pública. A prin-cipios do século XX comeza a verdadeira historia das empresasenerxéticas galegas, fundamentalmente eléctricas, pasando a unhaetapa industrial coa construción de centrais hidroeléctricas demaior potencia e máis afastadas dos centros de consumo.

A partir da Guerra Civil as necesidades de consumo eléctricoespañol dispáranse tanto polo propio proceso de reconstruciónque había que abordar como pola afectación que a guerra tivosobre a estrutura produtiva eléctrica española. Galiza, case inex-plorada no eido enerxético, convértese no lugar idóneo de produ-ción e de fornecemento para o resto do Estado. Nos ríos Miño eSil comeza unha construción de encoros vertixinosa. O sectorenerxético galego, até entón cunha dinámica endóxena e autóc-tona, tórnase extravertido e inmerso no tramado do sector eléc-trico español, característica que permanece até a actualidade.

Nos anos de posguerra o goberno español pasa a ter unha po-sición activa no sector, promovendo a explotación dos principaisríos galegos e provocando un desenvolvemento acelerado e inten-sivo da produción eléctrica galega. Ten lugar en Galiza unha pene-tración de capitais tanto públicos como privados (maiormente vas-cos) destinados á construción e posta a punto da capacidadeprodutiva enerxética galega. O capital autóctono intégrase, aíndaque subordinado, mantendo o monopolio de distribución eléctrica.Son os anos en que se crea a empresa Fenosa (1943), co obxectivo

24

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

1 Unha primeira versión máis ampliada deste e mais o epígrafe seguinte pode verse enDoldán (2010)

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 24

Page 25: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

primordial de participar no proceso de industrialización eléctricaacelerada por parte do capital autóctono e que antes asumira a So-ciedad General Gallega de Electricidad (SGGE). Desde a súa crea-ción, Fenosa medra aceleradamente absorbendo pequenas empre-sas eléctricas e construíndo grandes centrais hidroeléctricas. En1950 incorpora a Sociedad Hidráulica de Galicia e en 1955 fusió-nase con SGGE baixo as siglas de Fenosa, seguindo logo a súa po-lítica de absorcións. Fenosa busca cada vez máis vender no mercadogalego a enerxía eléctrica xerada, polo que promoverá a instalaciónde empresas intensivas no consumo enerxético nas proximidadesdas súas estacións de transformación.2

Entre 1940 a 1962 Galiza multiplicou por trinta e sete a súa po-tencia eléctrica instalada, alcanzando os 1.323 MW e unha pro-dución de 2.954 GWh/ano. Esta evolución permitiu acrecentar avocación exportadora do sector eléctrico en Galiza, de modo queen 1962 chegou a significar o 75% da produción.

O proceso de concentración no sector enerxético galego nosanos sesenta xira ao redor de tres grupos de empresas:

– Con capital maioritario autóctono: Fenosa, centrada sobretodo no mercado galego.

– Con capital maioritario privado español: Iberduero (na quese integrou en 1963 Saltos del Sil, que gozaba das concesiónshidroeléctricas concedidas neses anos sobre o río Sil) eUnión Eléctrica –que no ano 1968 se fai cunha empresa doINI, a Hidroeléctrica Moncabril, con concesións nunafluente do Sil, o río Bibei e mais os seus afluentes, os ríosCamba, Conso e Xarés.

– Con capital maioritario público estatal: Endesa.

Iberduero e Endesa, destinarán a súa produción fundamental-mente ao mercado español. Os tres grupos estaban xa daquela es-

25

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

2 Acádase un acordo coa multinacional francesa Pechiney para a constitución da empresaAluminio de Galicia, S.A. e mais de Grafitos Eléctricos del Noroeste, que comezarán asúa actividade no polígono da Agrela na Coruña nos primeiros anos da década dos se-senta, sendo daquela as principais consumidoras enerxéticas de Galiza. A estas empresasseguirán outras que se instalarán na mesma zona.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 25

Page 26: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

treitamente vinculados. En 1982 fusiónanse Unión Eléctri ca e Fe-nosa, coa denominación Unión-Fenosa. Esta forte concentraciónobedece ás necesidades de abordar investimentos cada vez máiselevados, polo que se necesitaba un grupo con solvencia.

A década dos sesenta é tamén o momento en que nace a pri-meira e, en sentido estrito, única empresa con presenza na enerxíade hidrocarburos, gas e petróleo, Petroliber (1961), con participa-ción maioritaria de capital público. Esta empresa fusiónase en 1985con EMP (Empresa Nacional del Petróleo), hoxe no grupo Repsol.Destina a súa actividade á adquisición, transporte e refinación depetróleo cru, situando as súas instalacións produtivas en Bens (ACoruña) e Nostián (Arteixo). É unha das cinco factorías do grupoen España dedicadas á refinación cunha capacidade de máis do16% de Repsol en España e case o 10% do total do Estado.

En 1972 tivo lugar unha mudanza radical no sector enerxéticogalego, coa inauguración da central térmica de Sabón (con fuelóleo) e, posteriormente, coas centrais térmicas das Pontes, en 1976,e Meirama (con lignitos), en 1980, todas elas na provincia da Co-ruña, que desprazará a de Ourense en capacidade de xeración eléc-trica. Por causa destas novas centrais, en 1980 máis do 60% da pro-dución eléctrica galega era xa de orixe térmica. As minas a ceoaberto de lignitos das Pontes e Meirama permitiron custes de ex-tracción moi baixos para calidades relativamente altas. A explota-ción mineira e a construción das centrais obedece á apertura dafactoría de Alúmina-Aluminio en San Cibrán –Cervo– e Xove, quealgúns anos chegará a demandar case a metade de toda a enerxíaeléctrica consumida na Galiza, ou a cuarta parte de toda a aquí xe-rada. A construción da central das Pontes coincide coas conver-sacións que o INI estaba a manter daquela con dúas multinacio-nais do sector do aluminio, Alcán e Pechiney, co obxecto de valorara posibilidade de construír en Galiza unha das súas plantas.3 Tam-

26

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

3 O intento, finalmente infrutuoso, de construír unha central nuclear en Xove hai que si-tualo no mesmo contexto. Este proxecto estaba promovido por FENOSA coa colabo-ración de Hidroeléctrica del Cantábrico e Electra de Viesgo, conseguindo no seu mo-mento a autorización previa para a súa construción.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 26

Page 27: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

pouco poden desvincularse das necesidades crecentes de fornece-mento enerxético en España neses anos. Explotar os recursos car-boníferos galegos era esencial para manter o nivel de crecementoeconómico nas áreas consumidoras. Desde distintos foros, reco-mendábase a translación de complexos fortemente consumidoresde enerxía aos lugares onde existían reservas enerxéticas; tal é ocaso do aluminio. A factoría instalada na Galiza vende case todoo aluminio ao exterior, co agravante de que ao ser un gran consu-midor, o prezo que debe pagar pola enerxía utilizada é significati-vamente inferior ao que pagan outros sectores.

o camiño da dependencia enerxética e da expansión eólica

O proceso de concentración empresarial do sector enerxético quetivera lugar cunha forte participación do sistema bancario e a pre-senza máis ou menos activa do Estado, continua nos anos noventa,aínda que con elementos novos:

– En 1991 fusiónanse Iberduero e Hidrola baixo o nome deIberdrola, dominando como monopolio a explotación nametade do norte do Estado español.

– Case a un tempo, Endesa consegue o control de Fecsa e Se-villana de Electricidad, ao tempo que controla importantespaquetes de accións en Unión-Fenosa e Electra de Viesgo. Aprivatización de Endesa constitúe así mesmo un acontece-mento salientábel.

Deste modo, ao redor de Iberdrola e Endesa sitúase o núcleode control do sector eléctrico español e galego, cunha propiedadecada vez máis desgaleguizada.

É nesta época cando se publica o primeiro Plan Enerxético deGalicia (Xunta de Galicia, 1995). Non formulaba unhas liñas es-tratéxicas explícitas, mais resultaban obvias: cubrir os fortes in-crementos da demanda interna, aumentar as exportacións brutasao resto do Estado (aínda que se reducirían en termos relativos)e cubrir o progresivo esgotamento do carbón autóctono con im-portacións, o que implicaba contemplar a posibilidade de explotar

27

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 27

Page 28: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

novos depósitos (na Limia) o que finalmente non chegou a fa-cerse.

O desenvolvemento máis ambicioso era o eólico, co obxectivode alcanzar os 1.800 MW eólicos en 2010, cifra que será ampla-mente superada, pero que daquela era vista con grande escepti-cismo por mor da suposta inviabilidade técnica. Tamén se preten-día triplicar a produción hidráulica de formato reducido, poñendoen funcionamento unhas 100 novas minicentrais e aumentando apotencia doutras existentes. Destacaba, ademais, o interese polosproxectos de coxeración ao abeiro da extensión do uso do gas na-tural, así como os proxectos de incineradoras de residuos urbanos.Non todos os obxectivos se alcanzaron, mais outros foron ampla-mente superados e, sobre todo, trunfou a estratexia recollida nesteplan marcando o futuro enerxético galego na seguinte década,cando asistimos a unha reconfiguración do sector enerxético.

o panorama enerxético galego nas tres últimas décadas

Unha primeira aproximación á situación enerxética galega pode-mos obtela no Balance Enerxético de Galicia dos anos 1981, 1982

28

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

gráfico 1. Evolución da enerxía primaria transformada. galiza, 1981-2011 (ktep)

Fonte: Elaboración propia a partir de datos da Consellería de Industria e Enerxía (1984),da Consellería de Industria, Comercio e Turismo (1988), de GESTENGA (1993) e doINEGA (2001, 2003 a, 2003b, 2004, 2006, 2007, 2008, 2010a, 2010b, 2011, 2012 e 2013).

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 28

Page 29: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e 1985,4 de 2000 a 2011,5 e da Estatística Enerxética de Galicia de1992.6 Evitamos así as limitacións de centrarnos nun momento es-pecífico no que certos fluxos se explicasen máis por trazos con-xunturais que estruturais; ao ver a evolución nos últimos anos pó-dense detectar pautas de comportamento que manifestan certapermanencia.

Centrarémonos na enerxía primaria, propia ou importada, édicir, no conxunto de produtos susceptíbeis de xerar enerxía parao consumo final. Inclúe a enerxía finalmente dispoñíbel e as per-das nos procesos de transformación de enerxía, ademais da utili-zada como materia prima pola industria química.

A enerxía primaria transformada en Galiza aumentou un 52%desde 1981 a 2007 centrándose no uso de enerxías fósiles, parti-cularmente petróleo e carbón (Gráfico 1). Nos últimos anos desteperíodo úsase de forma crecente gas natural importado e prodú-cese a irrupción do vento como fonte primaria autóctona en auxe,mantendo a enerxía hidráulica un papel fundamental entre as fon-tes renovábeis autóctonas. Desde 2007 cae bruscamente polo es-gotamento dos xacementos de carbón das Pontes e Meirama, noncompensado nin con incrementos de importacións nin polo ritmode nova potencia instalada en enerxías renovábeis. Este é o motivopolo que a enerxía primaria autóctona galega supón en 2011 sóun 58% da que había en 1981, malia o esforzo realizado para de-senvolver a enerxía eólica7 ou a hidráulica.

O cru de petróleo e os produtos petrolíferos supoñen ao longodo período entre o 50 e o 60% da enerxía primaria total transfor-mada, o carbón superaba o 30% até o ano 2000 para situarse pos-teriormente sempre por baixo desa cifra e ir reducindo peso atéser inferior ao 15% a partir de 2008. O gas natural só comeza a terpresenza desde o ano 2000, estando nestes anos entre o 2 e o 4%,

29

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

4 Consellería de Industria e Enerxía, 1984 e Consellería de Industria, Comercio e Tu-rismo, 1988.

5 INEGA, 2001, 2003 a, 2003b, 2004, 2006, 2007, 2008, 2010a, 2010b,, 2011, 2012 e 2013.6 GESTENGA, 1993.7 Un estudo polo miúdo do desenvolvemento eólico en Galiza podemos consúltalo en

Regueiro (2011).

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 29

Page 30: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

mais desde 2008 convértese en complementario do carbón, com-pensando as importacións desta enerxía a desaparición do carbónautóctono.8 En definitiva, son as enerxías non renovábeis as quecaracterizan o sector enerxético galego nas últimas décadas, su-perando o 90% do total nos anos oitenta e noventa, e nos anos se-guintes máis do 80%, salvo en 2010 (79%). Estas fontes, ademais,son maioritariamente importadas, e desde 2008 impórtanse na súatotalidade.

Debido á composición da enerxía primaria utilizada, as perdasproducidas pola súa súa transformación en enerxía dispoñíbel (enforma de derivados do petróleo, calor ou electricidade) son eleva-das, entre o 25 e o 30% do total transformado até 2007; desde 2008sitúase por baixo do 25% e nos últimos anos próximo ao 17%,cambio que se explica polas mudanzas motivadas polo esgota-mento do carbón autóctono. Compre salientar que as perdas até2007 superaban o total da enerxía primaria de orixe galega e, desdeaquela, están próximas a ese total. Esta situación, xunto coas perdasderivadas do transporte de enerxía dispoñíbel, son ilustrativas daenorme ineficiencia do propio sistema enerxético galego que semanifesta en gran parte en forma de polución atmosférica.9

As características do padrón enerxético galego son, polo tanto,a non renovabilidade, a dependencia do exterior e a súa capaci-dade de polución.

30

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

8 A mediados de 1998 púxose en servizo o gasoduto troncal Braga-Tui-Vilalba, e nese anoe o seguinte diferentes ramais do mesmo. Finalmente entrou en servizo o tramo Vilalba-Oviedo, quedando alimentado o sistema galego por dúas vías: unha atravesando Portugalaté Tui, e outra desde Almendralejo a Oviedo, e de aquí a Ribadeo. Do gasoduto principalsaen catro derivacións en alta presión a 80 bar –ramais a Ourense, Ferrol, A Coruña eCurtis– e outros en alta presión a 16 bar que alimentan as redes das localidades próximasa eses gasodutos principais e a Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e San-tiago de Compostela. En 1999 promóvese a construción en Mugardos dunha controver-tida planta de recepción, almacenamento e gasificación de gas natural licuado con par-ticipación pública co fin de atender desde Galiza o consumo do cuadrante noroeste daPenínsula Ibérica. Como socios participan a Xunta de Galicia, cun 10% do capital, EN-DESA e Unión-Fenosa cun 21% cada unha, Grupo Tojeiro 18%, Caixa Galicia e Sona-trach 10% cada unha e Banco Pastor e Caixanova con cadanseu 5%.

9 Á que se suma a polución atmosférica que se deriva do uso da enerxía final, na com-bustión, por exemplo, dos derivados do petróleo nos vehículos de transporte e nos sis-temas de calefacción.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 30

Page 31: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

O maior uso de enerxía primaria foi posíbel en Galiza grazasao incremento da enerxía importada que do ano 1981 a 2011 au-menta un 79% mentres que os recursos primarios propios redú-cense nun 42% (Gráfico 2). Esta diminución na enerxía primariaautóctona debeuse, como indicamos, á continua caída na extrac-ción das minas de lignito unha vez que a taxa de retorno enerxéticofoi descendendo. Se os recursos primarios galegos non se reducironmáis foi porque a perda de peso do carbón foi compensada par-cialmente por unha maior explotación dos recursos renovábeispropios, que aumentaron un 303%, pasando de representar un 14%da enerxía primaria galega en 1981 a un 56% en 2006, e o 100% en2011. A relación entre importacións e recursos propios foi empeo-rando case de forma ininterrompida, e se en 1981 as importaciónsrepresentaban 1,50 veces o peso da enerxía primaria galega, en 2011xa eran 4,43 veces. En definitiva, o esforzo realizado nas últimasdécadas por desenvolver a explotación das fontes enerxéticas re-novábeis en Galiza non compensou o esgotamento do carbón au-tóctono nin os incrementos na demanda de enerxía primaria, demodo que a dependencia enerxética galega, lonxe de diminuír,acrecentouse.

31

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

gráfico 2: Evolución da enerxía primaria segundo a súa orixe. galiza, 1981-2011 (ktep)

Fonte: Ibídem

Importación

Galiza

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 31

Page 32: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Como vemos na Táboa 1 e no Gráfico 3, entre 1981 e 2011 oconsumo de enerxía en Galiza aumentou un 136%, e un 35,7% no

32

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

1981 1982 1985 1992 2000 2001 2002 2002 2003 2004Consumo in-terno 2829 2717 2889 3489 4921 5646 5866 5866 5850 5991

Exportación 3697 3369 4196 3779 2506 3340 3206 3206 3312 3201

Enerxía dis-poñíbel Total 6526 6086 7085 7268 7427 8986 9072 9072 9162 9192

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011%∆

1981-2011%∆

2000-2011Consumo interno 6221 6339 6899 6979 6338 6911 6676 136,00% 35,70%

Exportación 3394 3522 3824 3430 3401 3428 3531 –4,50% 40,90%

Enerxía dis-poñíbel Total 9615 9861 10723 10409 9739 10339 10207 56,40% 37,40%

táboa 1. Enerxía final dispoñíbel por destinos. galiza, 1981-2006 (ktep)

Fonte: Ibídem

gráfico 3: Enerxía final dispoñíbel por destinos. galiza, 1981-2006 (ktep)

Fonte: Ibídem

Consumo interno

Exportación

Total

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 32

Page 33: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

período 2000-2011: o maior incremento deuse no consumo decalor, 847%, seguido da electricidade, 154%, e os produtos petro-líferos; 33% –na última década estes valores foron, respectiva-mente, 46%, 38% e 20%–. Esta desmedida elevación da demandainterna implicou un estancamento no volume de exportacións deenerxía, de modo que desde 1981 se reduce lixeiramente, o 4,5%,o que debemos considerar como unha situación de grande esta-bilidade. Desde 2000, as exportacións de enerxía aumentan un40,9% Fonte: Ibídem

Con todo, é necesario destacar que nas exportacións hai uncomportamento desigual da electricidade e dos produtos petrolí-feros, así como unha disparidade entre o acontecido antes e des-pois de 2000 (Gráfico 4). De 1981 a 2006 as exportacións enerxé-ticas sofren un estancamento debido sobre todo a unha dinámica

33

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

1981 1982 1985 1992 2000 2001 2002 2003 2004

Electricidade 841 1133 1102 558 970 1065 957 1095 1047Produtospetrolíferos 2856 2236 3094 3221 1536 2275 2246 2180 2092Gas Natural

Biocombustibeis 3 37 62

Exportación 3697 3369 4196 3779 2506 3340 3206 3312 3201

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011%∆

1981-2011%∆

2000-2011

Electricidade 910 1017 978 909 902 896 769 –8,60% –20,70%Produtospetrolíferos 2406 2426 2411 2084 2124 1980 1879 –34,20% 22,30%

Gas Natural 382 348 310 510 859

Biocombustibeis 78 79 53 89 65 42 24

Exportación 3394 3522 3824 3430 3401 3428 3531 –4,50% 40,90%

táboa 2: Exportacións de enerxía final dispoñíbel por tipo de enerxía. galiza, 1981-2011 (ktep)

Fonte: Ibídem

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 33

Page 34: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

errática até 2000 dos produtos petrolíferos, mentres que a electri-cidade mantén unha maior estabilidade. Durante o período ase-gurouse unha exportación media de electricidade de 947 ktepanuais e de 2.325 kteps de produtos petrolíferos.

Por tanto, o aumento no uso de enerxía primaria nun 29% desde1981 serviu para cubrir o considerábel aumento do consumo in-terno da Galiza ao tempo que permitiu manter o volume de expor-tacións. Este último aspecto non é nada desprezábel porque per-mite que o sistema enerxético galego siga a cumprir un papel chavecomo fornecedor de enerxía á economía española. O sector eléc-trico serve para ilustrar esta cuestión. En 2011, Galiza dispoñía do10,5% da potencia eléctrica instalada no Estado español, aínda máiselevada se atendemos a determinados aproveitamentos: 16,4%grande hidráulica, 15,9% centrais térmicas de carbón, 15,8% po-tencia eólica, 24,7% hidráulica de reducido formato. A xeracióneléctrica en Galiza é igualmente relevante, pois representa o 9,5%da xeración eléctrica española, o 16,3% da obtida con fontes reno-vábeis en todo o Estado e o 19,4% da xerada con carbón.

A nivel enerxético, pois, a economía galega é máis extravertidapola extremada elevación das importacións e o mantemento dacapacidade exportadora. A isto contribuíu o aumento do consumoenerxético doméstico, unha extensión no uso do transporte pri-

34

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

gráfico 4: Exportacións de enerxía final dispoñíbel por tipo de enerxía. galiza, 1981-2006 (ktep)

Fonte: Ibídem

Exportación

Electricidade

Produtos petrolíferos

Biocombustíbeis

Gas natural

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 34

Page 35: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

vado por estrada, tanto de mercadorías como de persoas e, sobretodo, o asentamento e permanencia nas últimas décadas dunhaindustria moi intensiva no uso de enerxía.

caracterización do modelo enerxético galego

Á luz do que acabamos de ver, o sector enerxético galego pode sercualificado como un auténtico devorador de enerxía de alta en-tropía, onde as crecentes importacións de enerxía primaria forta-leceron o carácter non renovábel da base enerxética. Os procesosde transformación para a obtención de enerxía dispoñíbel (elec-tricidade, combustíbeis líquidos, calor, etcétera) causan unha ele-vada disipación enerxética e, en consecuencia, xeran unha elevadapolución atmosférica e unha ameaza ambiental constante por morde posíbeis accidentes. Son tristemente coñecidas as fatais conse-cuencias das múltiples mareas negras sufridas no litoral galego, aoque habería que sumar múltiples episodios de fugas de combustí-bel máis ou menos intencionadas. Por outra parte, aínda que atéagora non se teña dado, non se pode descartar a posibilidade dunaccidente dun buque de transporte de gas. Accidentes menores tenhabido tamén na refinaría da Coruña, mais é especialmente preo-cupante o dano potencial que podería derivarse dun accidentemaior nesta planta, hoxe case integrada no tramado urbano coru-ñés, ou da planta gasificadora de Mugardos nunha zona densa-mente poboada.

Outro aspecto a destacar é o carácter cada vez máis extraver-tido e dependente do modelo enerxético actual. Non resulta unhaesaxeración cualificar o sector enerxético galego como de enclave.Talvez isto non sucedía até os anos corenta ou cincuenta do pasadoséculo, mais foi gañando nesa orientación exterior nas décadasposteriores. Como vimos, hoxe, malia utilizar un volume impor-tante de recursos propios, a capacidade de transformación ener-xética está movida por importacións crecentes de enerxía primariapara exportar enerxía transformada. Este carácter non desapare-ceu polo avance na instalación acelerada de parques eólicos ou oaumento de potencia de saltos hidroeléctricos que apenas serviron

35

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 35

Page 36: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

para manter a capacidade exportadora do sector. Pola contra, asubstitución de carbón autóctono por carbón importado, os novosciclos combinados que necesitan importar gas natural e, en moitamenor medida, a importación de materia prima para a obtenciónde agro-combustíbeis, agravan a natureza de enclave do sector. Iro-nicamente esta capacidade de exportación enerxética mantida aolongo de máis de medio século acabou por configurar no imaxi-nario colectivo a idea de que Galiza gozaba e goza de excedenteenerxético e que isto permitiría unha autonomía enerxética plenasen alterar a nosa demanda e consumo enerxéticos. En nada se-mella alterar esta imaxe o feito de termos esgotado a principalfonte enerxética desde os anos oitenta: o carbón. Como moito,faise fincapé na ausencia de control sobre os recursos enerxéticosgalegos, que habería que modificar para garantir unha soberaníaplena, ou insístese na inxustiza dun sistema de prezos que non dávantaxes ao pobo galego quen, pola contra, debe sufrir todos osinconvenientes dos centros de transformación enerxética, asícomo das redes de transporte e distribución e outras cargas am-bientais.10 Esta visión autocompracente tan estendida en Galizapeca, ademais, de irresponsábel, pois afasta a posibilidade dunhaalternativa real ao actual modelo enerxético e perpetúa a dinámicade desenvolvemento baseado no incremento da oferta enerxéticae unha desidia nas políticas de descenso do consumo enerxético.Por veces, aínda continúa a defenderse a necesidade de atraer ac-tividades altamente consumidoras de enerxía co argumento dunsuposto excedente enerxético, ou pedir unha política de tarifas di-ferenciada para Galiza non só como compensación polos danosambientais e sociais ou polo nefasto subministro eléctrico,11 senóncomo efecto reclamo para que estas empresas consumidoras seinstalen no noso país.

36

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

10 Asolagamento de vales, movementos de terras, desprazamentos de poboacións, perdasde terra cultivábel, modificacións de hábitats, deterioración paisaxística, contaminaciónatmosférica…

11 En Zotes et al. (2005) faise unha análise sobre diversos factores que favorecen as dife-renzas entre territorios produtores de enerxía.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 36

Page 37: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

por un novo modelo enerxético para galiza12

O mundo asiste insuficientemente informado ao comezo dunhanova era enerxética. O teito de extracción do petróleo só anticipaoutros teitos de extracción próximos do gas natural e, posterior-mente, do carbón.13 Isto significa que, en poucas décadas, máis do90% da base enerxética actual non estará en condicións de prover-nos de enerxía barata en cantidades crecentes, facendo impracticá-bel unha economía propia do capitalismo baseada no crecementocontinuo da produción e mais do consumo. Antes asistiremos a estaescaseza nos combustíbeis líquidos cos que se alimenta, aproxima-damente, o 95% do sistema de transporte actual, ese que fixo posíbelunha economía cada vez máis complexa, a deslocalización da pro-dución e o fluxo continuo de materias primas e produtos por todoo planeta, é dicir, iso que denominamos capitalismo globalizado.

Esta mesma base enerxética atopámola en Galiza, co agravantede que esa enerxía fósil procede na súa totalidade da importación.Como manter unha máquina de transformación enerxética comoa galega sen esa afluencia continua de enerxía primaria non reno-vábel? É imposíbel. Os únicos recursos enerxéticos verdadeira-mente autóctonos son os renovábeis, os únicos que permitiríanconstruír unha alternativa enerxética menos dependente, os únicosque nos levarían a camiñar cara a un fornecemento enerxético sus-tentábel. Ora ben, que a solución pase polos recursos renovábeisnon significa que a solución só estea en avanzar no uso destes re-cursos. Con menor disposición de recursos importados e, conse-cuentemente, con recursos importados máis caros, manter inalte-rado o actual consumo interno galego obrigaría a multiplicar variasveces a produción enerxética galega. Isto é inabordábel no curtoou medio prazo, e mesmo non é aconsellábel. Até onde poderíamoschegar na produción eólica ou hidráulica actual? Canto máis sería

37

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

12 En Doldán (ed.) (2013) amplíanse propostas na dirección do que se explica neste epí-grafe.

13 Aínda que existen xa moitos estudos sobre o tema, recomendo especialmente Heinberg(2006) e Holmgren (2009).

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 37

Page 38: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

necesario se o consumo enerxético seguise aumentando?Cómpre, por outra parte, considerar varias cuestións. Primeiro,

no curto e medio prazo é inviábel unha alternativa real aos com-bustíbeis fósiles para o transporte, é dicir existe certo grao estru-tural de dependencia enerxética imposíbel de combater. Segundo,centrarse na demanda eléctrica por ser máis flexíbel a acción dasrenovábeis, e cunha demanda estábel, obrigaría a superar o dobreda produción actual, é dicir, obrigaría en poucos anos a facer unesforzo equivalente como mínimo ao esforzo realizado desde fi-nais do século XIX até hoxe en termos de capacidade produtiva.Terceiro, manter o grao de autoabastecemento eléctrico actual conrenovábeis pasa por un control da demanda, xa que é imposíbelacompasar os crecementos na demanda con crecementos na ofertaenerxética. Por último, reducir a dependencia enerxética galega éincompatíbel con manter a capacidade exportadora de enerxía.

De acordo con estes parámetros, cabería dicir que un novo mo-delo enerxético para Galiza é urxente, mesmo cando o tránsitoserá accidentado e a un ritmo necesariamente lento para facelocoa calma que sería necesario e inelutabelmente rápido pola forzados acontecementos que son previsíbeis. Este modelo debería virimpulsado por unha transformación profunda das relacións so-ciais e económicas, en vistas a favorecer unha menor mobilidadede persoas e materiais para reducir o consumo de combustíbeislíquidos, que é o punto máis feble da nosa dependencia actual. Istopasaría por economías máis locais que traballen con recursos pro-pios para mercados tamén máis locais, algo especialmente impor-tante no caso da alimentación. Ademais, é imprescindíbel un cam-bio institucional radical, coa construción de novas institucións ea presión sobre as existentes para cambiar o ordenamento xurí-dico, de modo que non sexan prioritarios os intereses privativosdos grandes conglomerados empresariais e si os intereses sociaisá hora de explotar os recursos enerxéticos existentes, dado o seucarácter estratéxico cada vez maior. Estes recursos deberían serutilizados para promover unha nova economía que resolva as ne-cesidades específicas da poboación galega, acompañado dunha de-mocratización no acceso á enerxía: familias, aldeas, comunidades

38

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 38

Page 39: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de veciños, explotacións agrarias, etcétera, deberían avanzar na súacapacidade de abastecemento enerxético propio a partir de ener-xías renovábeis que, polo seu carácter disperso, poderían ser ac-cesíbeis en calquera lugar.

Polo mesmo, esta explotación debería dirixirse non a obtenciónde beneficios mercantís, senón á procurar solucións de carestíaenerxética. Isto significaría, entre outras cousas, pór fin ás políticasde desenvolvemento enerxético para a exportación. Sería impres-cindíbel, ademais, avanzar en estratexias de cubrir necesidades me-diante o acceso aos servizos que satisfán os bens e non no acceso ápropiedade dos bens, para reducir a demanda de materiais e a ener-xía necesaria para a súa extracción, transformación, distribución econsumo. O control da demanda enerxética, en todas as súas for-mas, debería ser, ademais, o elemento central con políticas ambi-ciosas e contundentes para conseguir reducir de forma drástica asformas máis estragadoras de enerxía. Non menos necesarias seránas iniciativas para fortalecer vínculos sociais e veciñas, con ou senparticipación das Administracións locais, aumentando a resilienciade familias, barrios e aldeas, para dar resposta a necesidades indi-viduais con solucións pensadas desde e para a comunidade, au-mentando a eficiencia e o aforro enerxético simultaneamente senque se teña que producir o temido efecto rebote.14 Con estas basessería posíbel procurar unha verdadeira soberanía enerxética ondeteña lugar a xustiza social e o respecto pola natureza.

Bibliografía

DOLDÁN GARCÍA, X.R. (2010): «Enerxía». Galicia. Economía.Tomo LXI: Os sectores e actividades produtivas, p.100-145. ACoruña: Hércules de Edicións.

39

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

14 O efecto rebote ou efecto Jevons, é aquel no que unha mellora da eficiencia enerxéticaacaba por xerar un aumento do consumo enerxético, ao reducir o custe de producióndo ben ou servizo en cuestión e, consecuentemente, aumenta o uso ou demanda domesmo. Este efecto vai asociado, sobre todo, a un modelo económico e social no que ouso dun servizo tende a facerse de forma individualizada ou implica a compra dun benque se utiliza en réxime privativo.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 39

Page 40: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

DOLDÁN GARCÍA, X.R. (ed.) (2013): Guía para o descenso ener-xético. Santiago de Compostela: Asociación Véspera de Nada.

GARCÍA ALONSO, J.M. e IRANZO MARTÍN, J.E. (1988): Laenergía en la economía mundial y en España. Madrid: EditorialAC

GESTENGA (1993): Estatística Enerxética de Galicia, 1992. San-tiago de Compostela: Gestenga-Consellería de Innovación, In-dustria e Comercio.

HEINBERG, R. (2006): Se acabó la fiesta. Guerra y colapso econó-mico en el umbral del fin de la era del petróleo. Benasque: Ba-rrabes Editorial.

HOLMGREN, D. (2009): Future Scenarios. How Communities CanAdapt to Peak Oil and Climate Change. Vermont, EUA: ChelseaGreen Publishing, White River Junction. Existe unha versiónen liña en http://www.futurescenarios.org

INEGA (2001): Balance enerxético de Galicia 2000. Santiago deCompostela: Inega-Consellería de Innovación, Industria e Co-mercio.

— (2003a): Balance enerxético de Galicia 2001. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

— (2003b): Balance enerxético de Galicia 2002. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

— (2004): Balance enerxético de Galicia 2003. Santiago de Compos-tela: Inega-Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

— (2006): Balance enerxético de Galicia 2004. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Innovación e Industria.

— (2007), Balance enerxético de Galicia 2005. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Innovación e Industria.

— (2008), Balance enerxético de Galicia 2006. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Innovación e Industria.

— (2010a), Balance enerxético de Galicia 2007. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Economía e Industria.

— (2010b), Balance enerxético de Galicia 2008. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Economía e Industria.

— (2011), Balance enerxético de Galicia 2009. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Economía e Industria.

40

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 40

Page 41: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

— (2012), Balance enerxético de Galicia 2010. Santiago de Com-postela: Inega-Consellería de Economía e Industria.

— (2013), Balance enerxético de Galicia 2011. Santiago de Com-postela: Inega- Consellería de Economía e Industria.

NAREDO, J.M. (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico ysocial. Más allá de los dogmas. Madrid: Siglo XXI.

REGUEIRO FERREIRA, R.M. (2006): A propiedade do vento ga-lego. Ames, A Coruña: Edicións Laiovento.

XUNTA DE GALICIA (1995): Plan enerxético de Galicia. Santiagode Compostela.

ZOTES TARRIO, Y.N., DOLDÁN GARCÍA X.R. e CHAS AMILM.L. (2005): «Las desigualdades existentes entre los territoriosproductores de energía eléctrica y los no productores: análisisde varios factores que potencian las diferencias interterritoria-les». VII Congreso Nacional de Economía. A Coruña.

41

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 41

Page 42: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 42

Page 43: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

soberanía alimentariaIsabel Vilalba

Labrega, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego

«As nosas maiores forzas son a nosa autosuficiencia, a nosaidentidade como familias labregas, a nosa diversidade e a nosaunidade, que nos están axudando a avanzar nos esforzos paratransformar o sistema alimentario.»

HENRY SARAGIH

introdución

O actual modelo de produción e distribución de alimentos amó-sase tamén na Galiza incapaz de dar resposta a retos fundamentais,como a dificultade crecente da cidadanía para acceder a unha ali-mentación de calidade, os impactos sobre a natureza, a dependen-cia enerxética, a perda de emprego agrario, os baixos prezos enorixe (que moitas veces resultan insuficientes para cubrir os custosde produción), o envellecemento e o abandono do rural, ou a faltade perspectivas para os 118.600 mozos e mozas galegas que nosúltimos cinco anos marcharon ao estranxeiro.

En novembro de 1755, Jean-Jacques Rousseau negaba no seudiscurso sobre os fundamentos da desigualdade que a súa orixeestivese motivada en diferenzas reais entre as persoas, e si en pro-cesos históricos de acaparamento de bens, dinámica que se tenacentuado coa división do traballo e coa orientación ao mercado,indicando o papel relevante do «contrato social» neste proceso:«le contrat social est léonin, car il profite plus aux riches, qui ontplus de propriété à protéger, qu’aux pauvres».

A industrialización da agricultura é un fenómeno complexoque produciu nas últimas décadas cambios como a progresiva me-

43

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 43

Page 44: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

canización da produción, a baixa espectacular do número de per-soas empregadas na agricultura, a xeneralización de métodos deprodución intensiva ou o desenvolvemento de cadeas alimentariascada vez máis longas, coa concentración de poder na mans dunnúmero cada vez menor de grandes operadores.

Conforme ao sinalado por autores como Xaquín Fernández Lei-ceaga ou Edelmiro López Iglesias, o fenómeno de maior entidade anivel do agro galego no período 1950-2012 foi a intensa reduciónagraria que minguou a poboación ocupada na agricultura nun 93%,de 827.000 persoas a 59.000, e o seu peso relativo dun 70 a un 5,5%.Dende o 1 de xaneiro de 1986, máis de dez granxas leiteiras galegaspecharon as súas portas cada día, pasando das 112.000 que existíanna data de entrada do Estado español na Comunidade EconómicaEuropea ás 9.904 granxas que facían entregas de leite en novembrode 2014. É evidente que a desaparición de máis de 102.000 iniciati-vas do territorio ten importantes repercusións sociais, económicas,no patrimonio cultural, na paisaxe e, en xeral, no medio natural.

Nos últimos tempos existe un desencanto bastante amplo enboa parte da cidadanía, pois imos vendo progresivamente que nosempobrecemos e perdemos dereitos, á par que as distintas opciónspartidarias, mesmo a maioría das que se presentan como alterna-tiva, profesan en gran medida a mesma ideoloxía neoliberal quenos trouxo ata aquí.1 Este pensamento único analiza a importanciade calquera actividade, como a agraria, unicamente baixo paráme-tros de PIB, produtividade, posibilidade de xerar beneficios parao capital, mesmo especulativo, ou en termos de concorrencia nosmercados internacionais; visións a curto prazo que nada teñen quedicir ante a problemática da precarización do emprego, a perspec-tiva de escaseza e encarecemento dos combustibles fósiles, a perda

44

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

1 Novembro de 2014, José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo,participaba nas XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas, coma cada ano,pola empresa Seragro na Facultade de Veterinaria de Lugo. Patrocinan as xornadas aDeputación, xunto a multinacionais como Fatro, Invivo, Hipra, Zoetis, MSD AnimalHealth, Calier, Laboratorios Karizoo, Syngenta, Bayer; ou empresas de maquinaria comoAusama ou Triolet. Unha das iniciativas presentadas ese ano foi a de Milk Source (Wis-consin, EEUU) con 500 traballadores e máis de 28.000 vacas. Quezada Jiménez, directorde Seguridade, Recrutamento e Adestramento (curioso cargo) explicou o proxecto destaempresa, na que se ocupa de todo o relacionado coas persoas empregadas.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 44

Page 45: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de biodiversidade ou o feito de que un número moi pequeno deempresas controlen a maioría da nosa alimentación.

a soberanía alimentaria e o compromiso ecolóxico e social

Como reacción á problemática deste sistema agro-alimentario glo-balizado, a Vía Campesiña, movemento do que forma parte o Sin-dicato Labrego Galego e que reúne a máis de 200 millóns de per-soas labregas, traballadoras sen terra, pobos orixinarios e indíxenas,migradores e pequenos pescadores, 164 organizacións locais e na-cionais de 73 países, lanza a proposta da «Soberanía Alimentaria»en Roma, no Cumio Mundial sobre a Alimentación de 1996.

A soberanía alimentaria (entendida como o dereito dos pobosa dispoñer de alimentos sans e culturalmente axeitados, produci-dos mediante métodos sostibles, o dereito a decidir os seus propiossistemas agrícolas e alimentarios, coma o modelo de produciónagro-ecolóxico, que favorece as comunidades e a natureza) sitúa aalimentación como dereito humano fundamental por riba dos in-tereses do mercado capitalista e da industria.

A soberanía alimentaria dálle prioridade á produción e ao con-sumo local de alimentos, garántelles aos pobos o dereito de protexeros seus produtores e produtoras das importacións baratas, así comoa controlar a produción; recoñécelle ao campesiñado, e non ao capital,o dereito de uso e xestión de terras, territorios, auga, sementes, gandoe biodiversidade… e baséase na realización dunha auténtica reformaagraria. Non só é importante ter leite, carne ou calquera outra produ-ción, senón tamén quen produce eses alimentos, como ou onde, a tra-vés dun modelo fortemente comprometido ecolóxica e socialmente.

A agricultura industrializada resulta moi beneficiosa para o ca-pitalismo, posto que converte unha necesidade humana básica nunnegocio seguro co que moitas empresas obteñen importantes ga-nancias comercializando con fertilizantes, pesticidas, herbicidas,antibióticos, hormonas, transxénicos e biotecnoloxía en xeral, emalia que isto teña gravísimos impactos sobre a natureza e mesmosobre a saúde das persoas que manipulan ou inxiren alimentoscon residuos desas substancias. Numerosas voces alertan sobre a

45

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 45

Page 46: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

estreita relación entre a alimentación actual e o incremento dealerxias, cancro, obesidade, diabetes, enfermidades circulatorias emesmo malformacións fetais.

Tanto a Política Agraria Común coma as liñas de traballo fun-damentais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e MedioAmbiente e mais da Consellería do Medio Rural, desprezan estasproblemáticas e baséanse no obxectivo fundamental de obter ma-terias primas baratas, producidas en grandes cantidades de modoindustrializado para que unhas poucas industrias e grandes dis-tribuidoras obteñan o maior beneficio posible.

o papel do campesiñado no século xxi

O cuestionamento nos países europeos da necesidade da propiaexistencia do campesiñado sitúase no centro do debate, con im-plicacións non só en relación coa situación actual da alimentaciónou do medio rural, mais tamén en relación coa estrutura social, anatureza, a dimensión económica ou cultural.

Olivier de Schutter, profesor de dereito internacional na Uni-versidade Católica de Louvain (Bélxica) e relator especial das Na-cións Unidas para o dereito á alimentación, ten salientado a com-plexidade dun fenómeno de industrialización da agricultura quetrouxo canda si a perda espectacular do número de persoas em-pregadas na produción de alimentos; así como a cooptación daslabregas e labregos por parte do que Jan Douwe Van Der Ploeg de-nomina empires do sistema agro-alimentario, cunha progresivaperda de autonomía tanto na parte da produción coma na chegadadeses alimentos á cidadanía.

Asistimos a un cambio radical dende a situación na que amaioría das labregas e dos labregos producían as súas propias se-mentes a unha dependencia total de multinacionais coma Mon-santo, Syngenta, Pioneer ou Novartis.2 A introdución xeneralizada

46

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

2 A creación por parte da FAO do ICP (Industry cooperative programme), que agrupabamáis do 90% dos fabricantes de pesticidas e de maquinaria agrícola, e posteriormentedo ICD (Industry council for development), reforzou os intereses da industria e do ca-pital na gobernanza alimentaria mundial.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 46

Page 47: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de pesticidas a partir da Segunda Guerra Mundial ou a desregu-lación progresiva dos mercados, coa entrada da especulación fi-nanceira sobre as materias primas e o incremento da volatilidadedos prezos agrícolas nos que as persoas labregas teñen cada díamenos que dicir.

Constátase a dualidade entre o pequeno campesiñado, mulleresna súa maioría, no que segue a recaer a maior parte da produciónalimentaria mundial, e o ideario do neoliberalismo, compartidopor lexisladores, multinacionais e mesmo universidades e centrosde formación.

Neoliberalismo, especulación financeira e fame

Algunhas cifras amosan que este sistema non é sustentable: cadaano máis de 30 millóns de persoas morren no mundo debido áfame, arredor de 1.300 millóns de seres humanos padecen desnu-trición grave e permanente (o 12% da poboación mundial), men-tres que a metade da comida se tira para o lixo. As persoas occi-dentais refugamos, segundo diversos estudos, entre o 30% e o 50%dos alimentos, e as grandes distribuidoras rexeitan case un terzodas froitas e hortalizas que reciben. Aínda que o 70% da alimen-tación a nivel mundial procede das mans de 500 millóns de pe-quenas produtoras e produtores, maioritariamente mulleres, assúas dificultades para acceder á terra, ás sementes, ao crédito ou áauga son unha constante que se repite nos diferentes lugares.

Mesmo despois de identificar as prácticas especulativas cos ali-mentos como un factor esencial para o aumento da fame, organis-mos coma a FAO ou a OMS, no seu Programa Conxunto sobreNormas Alimentarias ou nas iniciativas da comisión do Codex Ali-mentarius, preocupáronse sobre todo de continuar desregulandoa produción e os mercados ao eliminar as posibles barreiras ouproteccións que os Estados puidesen establecer sobre os seus sis-temas agrícolas e alimentarios, obxectivos presentes xa nos Prin-cipios xerais do Codex Alimentarius.

No marco das Nacións Unidas tense sinalado reiteradamente arelación directa entre o incremento dos prezos das materias primas,

47

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 47

Page 48: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

as dificultades no acceso aos alimentos e a especulación financeira.En 2008, por exemplo, prodúcese unha crise de prezos dos alimentosque coincide con múltiples modalidades de especulación nos mer-cados de derivados de materias primas. O volume deste tipo de ope-racións aumentara nos últimos cinco anos un 1.900%, conforme aosdatos facilitados por Lehman Brothers antes da súa bancarrota.

No caso dos prezos do trigo, o incremento foi dun 46% entre o10 de xaneiro e o 26 de febreiro de 2008, retrocederon a valoresanteriores cara ao 19 de maio, aumentaron un 21% ata principiosde xuño, comezando a baixar outra vez en agosto. Trasladada estavolatilidade de prezos a colectivos extremadamente vulnerables,que dedican a meirande parte dos seus ingresos á adquisición dealimentos, as consecuencias son realmente dramáticas. As políticasagrícolas dos gobernos caracterízanse polo seu sometemento aosintereses das empresas multinacionais, e en particular respecto aosintereses do capital financeiro. Entre marzo do 2007 e marzo de2008, os prezos do trigo aumentaron en moitos países un 130%,os prezos do arroz case un 80% e os prezos do millo un 35%, senque os diversos países tomasen medidas efectivas para garantir aalimentación básica das súas poboacións.

Os fondos de investimento foron multiplicando nos últimosanos a súa acción no mercado de produtos agrícolas, así en 2003,por exemplo, investíronse trece mil millóns de dólares en materiasprimas na Bolsa de Estados Unidos, mentres que en 2008 esta can-tidade chegaba xa aos 260 mil millóns de dólares. A extensión dosmonocultivos para a exportación provoca asemade a diminuciónde produtos locais, co que a alimentación das comunidades faiseextremadamente vulnerable, sometida a todos os vaivéns do mer-cado internacional que provoca unha gran volatilidade de prezos.

Nesta nova fase, ademais, o capitalismo depredador ten postaa súa ollada nos servizos públicos e nos procesos de privatizaciónda auga ou da natureza como xeito de seguirse garantindo a acu-mulación de capital, por riba de calquera necesidade social e aga-chando as causas e consecuencias da crise ecolóxica asociadas aese crecemento «ilimitado», da crise climática, da alimentaria, dapolítica ou mesmo do incremento das desigualdades.

48

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 48

Page 49: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

acaparamento de terras na galiza e no mundo

Xeneralízase a dinámica de control da produción e distribución demercadorías e todo tipo de bens por parte dun número reducidode grupos económicos ou lobbies, a concentración dunha poboa-ción dependente do sistema, con actuacións sobre o territorio e oacaparamento de bens comúns como a auga, a terra ou a natureza.

A nivel galego, unha das loitas sociais de máis entidade é a quese está librando contra os grandes proxectos de minería contami-nante. Cómpre lembrar que, sendo actualmente a cuarta comuni-dade en produción mineira e a sétima en superficie, na nova Leido Solo procúrase aínda unha desprotección maior da terra agra-ria. O Plano Sectorial de Actividades Extractivas no que está a tra-ballar o goberno do presidente Feijoo consagra a actividade ex-tractiva como prioritaria en máis do 60% do territorio galego,sobre calquera outro uso actual ou valor, facilitando que no futuroamplas áreas pasen a mans de multinacionais como a canadenseEdgewater, a norueguesa Erimsa ou a brasileira que actualmenteé propietaria de Cementos Cosmos.

A nivel mundial, calcúlase que se lle quitou ao campesiñado localarredor duns 45 millóns de hectáreas nos últimos anos (África,Honduras, Colombia, Europa do Leste…). Segundo GRAIN, os fon-dos de investimentos, moitos vinculados a plans de pensións priva-dos, están empregando de 5.000 a 15.000 millóns de dólares na ad-quisición de terras de cultivo. Soamente Beidahuang Group, aempresa agro-alimentaria máis grande de China, dispón na actua-lidade de dous millóns de hectáreas fóra de China. É coñecida a si-natura dun acordo co goberno da provincia de Río Negro (Arxen-tina) para instalar sistemas de rego en máis de 300.000 hectáreasque pertencen ao pobo Mapuche. Máis cerca, Al Dahra, de EmiratosÁrabes, propietaria xa de miles de hectáreas en Namibia, Sudán eExipto, comprou a empresa aragonesa Desagro, ademais de variasempresas en Lleida, e anunciou a ampliación da súa produción deforraxes de 110.000 a 180.000 toneladas para 2015.

Segundo o informe Marca España: investimentos que xeran po-breza, da ONG Alianza por la Solidaridad, a empresa Agrogeba

49

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 49

Page 50: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

(Guinea Bissau) obtivo unha concesión en 2010 de seis mil hectá-reas para o cultivo de arroz, unha operación relacionada directa-mente coa expulsión de seiscentas agricultoras e agricultores dassúas terras. Outra nova con escaso eco no Estado español, no quese refire a este aspecto, foi a publicada polo diario arxentino Clarínsobre os investimentos dos dirixentes do Partido Popular impu-tados, Ángel Sanchís e Luis Bárcenas, en relación cos 22 millónsde euros que viaxaron das contas de Bárcenas de Suíza á propie-dade La Moraleja en Arxentina, de máis de 30.000 hectáreas.

Malia a que no discurso dominante semella que este non é unproblema que afecte a Europa ou, no noso caso, a Galiza, o certo éque nós tamén temos un grave problema coa perda progresiva deterra agraria. A superficie agraria útil no noso país é de arredor dun24% do territorio, fronte a porcentaxes de máis do 50% na maioríados países europeos da nosa contorna. En total unhas 647.600 hec-táreas, que contrastan con máis de 2 millóns de hectáreas de fores-tal, a maioría dedicadas á produción de eucalipto para pasta, coúnico destino de ser procesada pola empresa Ence, segundo pro-dutor mundial de pasta de eucalipto. É certo que a problemática dolatifundio que existe noutros lugares, mesmo no sur do Estado es-pañol, difire en moitos aspectos da problemática galega, mais éclaro que existe unha modalidade de acaparamento da terra porparte de Ence, nunha dinámica na que os propietarios individuaisou mesmo as comunidades manteñen a propiedade, mais é Encequen ten un peso fundamental na definición das variedades de eu-calipto que se sementan, os ciclos, os aproveitamentos ou os prezos.O feito de que nos últimos cambios lexislativos se obrigue aos pro-pietarios forestais a asumir custosos proxectos de ordenación, ouben a adopción de modelos forestais fundamentalmente para apro-veitamentos industriais, ou mesmo o propósito de que se poida en-tregar a xestión a empresas privadas dos terreos daquelas comuni-dades de montes veciñais en man común que non teñan pagada atotalidade dos gastos imputados pola propia Administración nomantemento dos montes, vai nesa dirección de quitarlles a terra áspersoas que viven no medio rural, así como fomentar a súa inte-gración en proxectos industriais, a maioría das veces foráneos.

50

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 50

Page 51: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Paradoxalmente, o 90% dos proxectos agrícolas e gandeiros ga-legos contan con menos de 20 hectáreas, aínda que en moitas co-marcas constitúen a principal actividade económica, con miles deempregos directos e indirectos. Se analizamos a porcentaxe de te-rritorio dedicada á produción ecolóxica, e malia as afirmacións daenorme potencialidade deste modo de produción e o suposto apoioda Xunta de Galiza, o certo é que soamente o 1% da superficie,menos de 16.000 hectáreas, figuran inscritas no Consello Regula-dor de Agricultura Ecolóxica. Unicamente 193 explotacións gan-deiras galegas están en produción ecolóxica certificada e a produ-ción ecolóxica de orixe vexetal non chega ben ás 1.260 toneladas.

O acceso á terra aparece novamente como un dos principaisproblemas para que as persoas mozas podan iniciar un proxectona produción de alimentos, e iso pese a que o 40% das persoasagricultoras en activo cumprirán os 65 anos nos próximos cinco.Na Galiza, a porcentaxe de persoas titulares de terras agrarias quesupera os 55 anos supón máis do 66% e as persoas mozas conmenos de 35 anos, titulares de terras, non chegan ao 4%, dispo-ñendo de menos do 6% da terra.

Na actualidade, coa idea de blindar acordos bilaterais, como osque se están a negociar entre a UE e Estados Unidos (TTIP) e entrea UE e Canadá (CETA), multinacionais e políticos da dereita e dasocialdemocracia europeas alíanse para crear ferramentas coasque manipular todas as regulacións, normas e políticas públicasseguindo os intereses das empresas multinacionais. É o caso doMecanismo de Resolución de Conflitos entre Investidores e Esta-dos ou do Consello de Cooperación Reguladora

alimentos quilométricos e concentración da distribución alimentaria

Unha das consecuencias do sistema agro-alimentario industrialglobalizado é o control da alimentación por parte dun númeromoi reducido de empresas distribuidoras. Citaremos como exem-plo as cifras de 2013 do grupo Vegalsa-Eroski, que facturou arre-dor de 850 millóns de euros; de Gadisa, cadea de distribución do

51

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 51

Page 52: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Grupo Tojeiro, que chegou aos 980 millóns de euros; ou o controlpor parte do grupo Carrefour de máis do 25% da venda de ali-mentos. No Estado español o 81% da poboación compra os seusalimentos en cadeas de supermercados ou en grandes áreas, cincograndes empresas e dúas centrais de compra controlan o 75% dadistribución de alimentos. A nivel europeo as dez maiores empre-sas multinacionais superan máis do 45% da distribución de ali-mentos, incrementándose día a día o proceso de desaparición dosmercados e do comercio local e de proximidade.

Outra característica deste sistema é a elevada distancia mediapercorrida polos alimentos ata chegaren ás nosas mesas, co con-seguinte estrago enerxético e a emisión de gases contaminantes.Segundo un estudo de Amigos da Terra, Alimentos quilométricos,realizado polo Grupo de Investigación de Agro-ecoloxía e Econo-mía Ecolóxica da Universidade de Vigo e mais o Departamentode Economía Aplicada II da Universidade de Sevilla, os alimentosimportados no Estado español durante 2011 percorreron de media3.828 km. As emisións de dióxido de carbono (CO2) asociadas aotransporte deses alimentos serían de 4,2 millóns de toneladas,equivalentes ao 15% das emisións de CO2 e outros gases de efectoinvernadoiro en Galiza nese mesmo ano.

Nas últimas décadas, con anterioridade á contracción do con-sumo que se deu por mor da crise económica, e conforme ao quese indica neste mesmo informe, rexistrárase un incremento pro-gresivo na cantidade de alimentos importados, así como a distan-cia media percorrida por eles. Entre os anos 1995 e 2007, as im-portacións de alimentos no Estado pasaron de 19 a máis de 29millóns de toneladas, e a distancia media percorrida incremen-touse desde 4.253 a 5.013 km. No período de 1995 a 2012, na Ga-liza3 medraron tamén arredor dun 30% as importacións de ali-mentos procedentes do estranxeiro, sen contar as que chegan através doutras comunidades autónomas e as orixinadas no restodo Estado español. O 85% desas importacións corresponderíanse

52

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

3 No período de 1998 a 2005 o déficit no comercio exterior agroalimentario na Galiza mul-tiplicouse por 4,5, atinxindo a cifra de 895 millóns de euros no 2005, principalmente enprodutos vexetais (con ou sen transformación), derivados lácteos e produtos cárnicos.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 52

Page 53: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

a cereais e preparados de cereais, peixes, mariscos e pensos paraanimais, e os países dos que procederían a maior cantidade de ali-mentos serían Ucraína, Portugal, Francia, Arxentina e Rusia.

O estudo tamén pon o foco na dependencia da gandería galega,e europea en xeral, respecto da importación de cereais e demaiscompoñentes para pensos doutras partes do planeta, cunha distan-cia media percorrida de 7.000 km, procedentes principalmente deArxentina, Brasil e Francia. Na alimentación animal de Europa em-prégase cada ano a soia de aproximadamente once millóns de hec-táreas, unha superficie equivalente a toda a cultivable de Alemaña.

Nos últimos anos, dende países como Arxentina e Brasil, estasea denunciar o vínculo directo entre as taxas de deforestación dasmáis altas do mundo e o incremento das plantacións de soia. O Mi-nisterio de Medio Ambiente de Brasil apuntou, por exemplo, unhadeforestación relacionada co avance da produción de soia na rexiónamazónica de 3.235 km2 entre agosto e decembro de 2007, o equi-valente a de 320 mil campos de fútbol; especialmente nos estadosde Mato Grosso (53,7% do total), Pará (17,8%) e Rondônia (16%).

Homoxeneización do sistema alimentario e perda de biodiversidade

A práctica agrícola das últimas décadas causou a perda de granparte das froiteiras e plantas autóctonas, razas de animais e biodi-versidade en xeral, por mor da introdución xeneralizada de varie-dades industriais e sistemas agrícolas foráneos, así como, segundosinalou a propia FAO en 1996, pola homoxeneización dos agro-sistemas a través dos monocultivos. Algunhas estimacións afirmanque dende comezos de século se perdeu ata un 75% da diversidadebiolóxica e xenética, variedades que ao longo do tempo foran re-alizando un proceso de adaptación agro-sistémica, amosando enxeral unha boa resistencia fronte ás pragas e enfermidades, ás con-dicións climáticas, aos problemas do chan e que achegaban múl-tiples valores ambientais.

Historicamente a variedade de sistemas agro-culturais supoñíao emprego da orde de dez mil especies, mentres que na agricultura

53

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 53

Page 54: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

industrializada actual utilízanse masivamente cento cincuenta,mentres que o 95% da alimentación humana proviría de dezanovecultivos e de oito especies animais. Galiza non ficou allea a estedrama, que en boa parte xa non é reparable, e tense amosado, coaexcepción dalgúns pequenos proxectos de recuperación e das ini-ciativas dalgúns colectivos como a Rede Galega de Sementes, unescaso interese pola desaparición de centos de variedades tradi-cionais nas últimas décadas.

O consumismo leva tamén asociado unha enorme presiónsobre a natureza, un modelo que implica fondas desigualdades,tanto dentro das nosas poboacións coma en relación a países ter-ceiros. Así, a extracción de recursos naturais a finais do século XXera de 48.500 millóns de toneladas e no 2010 de 60.000 millóns detoneladas. Varios estudos sobre tendencias, para 2050, mencionanincrementos variables, que van dende subas do 40% sobre o con-sumo actual, ata a posibilidade de que este se triplique. En defini-tiva, para manter o patrón de consumo do ano 2000, as grandesurbes do planeta deberían diminuír entre tres e cinco veces o seuconsumo, e os denominados países en desenvolvemento entre o10 e o 20%; cuestión que semella altamente improbable dada a vi-sión depredadora de quen nos goberna e mesmo a incapacidadepara asumir compromisos reais, tamén a nivel internacional.

Un dos fenómenos crecentes é sen dúbida a concentración docontrol da produción e do comercio mundial, así coma o procesode centralización do capital, nunha simbiose entre capital indus-trial, comercial e financeiro.

Constátase a hexemonía das empresas sobre o coñecementocientífico,4 que impón o modelo tecnolóxico da agricultura indus-trial, paralelo á estandarización da alimentación humana en todoo mundo, e mesmo á perda de soberanía dos pobos e dos paísessobre os alimentos e sobre o proceso produtivo.

54

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

4 «Os investimentos en I+D (2008) no Estado español para biotecnoloxía agraria e alimen-taria supoñían uns 54,3 millóns de euros, fronte aos 0,9 millóns de euros destinados á in-vestigación en agricultura ecolóxica» (Marta G. Rivera Ferre, no IX Congreso Internacio-nal de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica. Universidade de Vigo).

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 54

Page 55: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

as mulleres labregas como protagonistas do cambio

Outra das constantes é a re-división de xénero e nacional da pro-dución e do traballo, o que condena a maior parte dos países dohemisferio sur (Galiza?) a ser simples exportadores de materiasprimas agrícolas e minerais. O patriarcado e o capitalismo con-flúen no interese de que as mulleres asuman en exclusiva, dende ainvisibilidade e a falta de recoñecemento e dunha remuneraciónaxeitada, de todas as tarefas relacionadas coa esfera reprodutiva,malia a importancia social do papel das mulleres no abastece-mento de alimentos, nos coidados, na propagación das sementese conservación da biodiversidade, na transmisión dos coñecemen-tos ou na vida da comunidade, e todo iso sen que a sociedade noseu conxunto se corresponsabilice con modelos verdadeiramenteemancipadores, como o da economía dos coidados ou o da sobe-ranía alimentaria.

A declaración de Nyeleni durante o Foro Mundial sobre Sobe-ranía Alimentaria en Malí sinala o papel protagonista das mulleresna produción de alimentos, «creadoras históricas de coñecementosen agricultura e en alimentación, que continúan producindo o80% dos alimentos nos países máis pobres e actualmente son asprincipais gardiás da biodiversidade e das sementes de cultivo,sendo as máis afectadas polas políticas neoliberais e sexistas» .

Na Galiza, hoxe en día, miles de mulleres seguen sendo consi-deradas como axuda familiar sen teren recoñecido un estatuto xu-rídico propio como labregas, malia a existencia dunha Lei de Ti-tularidade Compartida que permitiría que estivesen en pé deigualdade co titular masculino da granxa familiar, mais que nonhai vontade en aplicar. Moitas mesmo enfrontan enormes dificul-tades para cotizar á Seguridade Social ou ter coberturas sociaisaxeitadas, moi afectadas polo desmantelamento de servizos públi-cos que se está a producir no medio rural.

Mais é a invisibilidade e a falta de consideración do traballo, emesmo dos saberes e achegas de miles de mulleres labregas, maio-ritarias nos proxectos de pequena e mediana dimensión, a basesobre as que se asentan moitas das políticas, que non só non as

55

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 55

Page 56: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

apoian, senón que as agriden sistematicamente non recoñecéndollesbaixas médicas nin enfermidades profesionais, incrementando a súavulnerabilidade económica e social e mesmo sustentando ou nonofrecendo saídas a situacións de violencia que afectan as mulleres.

Historicamente moitas mulleres participaron en primeira liñaen reivindicacións sociais de índole diversa como, por exemplo anivel galego, as loitas das mulleres nas Encrobas, nas marismas deBaldaio ou contra a implantación da central nuclear en Xove. Mais,esta primeira liña fronte ás forzas represoras non significou enmoitos casos, como as loitas pola reforma agraria, que unha vezque se chegaron a conseguir os obxectivos desexados, o acceso dasmulleres aos mesmos se fixese en pé de igualdade. Para moitaspersoas e organizacións, a «soberanía alimentaria faise en clave fe-minista ou non será», como coreamos en moitas das nosas mobi-lizacións colectivas.

pensando globalmente e actuando localmente

É claro para nós que a mocidade ten futuro no agro, e así o teste-muña a multiplicidade de proxectos que podemos observar nas di-ferentes comarcas: modelos de produción e de distribución de ali-mentos alternativos, grupos de consumo, mercados locais, viveirosde plantas ecolóxicas e de variedades autóctonas, proxectos de for-mación e de sensibilización, de intercambio de sementes, gruposde debate sobre como achegar os produtos labregos á cidadanía, naprocura dunha masa social activa e procesos partícipes.

A compra pública de alimentos é outro ámbito de traballo queofrece grandes posibilidades de cambio para un número moi sig-nificativo de produtoras e produtores, e a posibilidade de ter ali-mentos de produción local e saudables en espazos tan importantescoma os comedores escolares ou os hospitais. As diversas Admi-nistracións do Estado están a gastar anualmente arredor de tresmil millóns de euros en mercar alimentos. A metade destes fondosrematan nas mans de nove grandes empresas de catering e, a nivelgalego, por exemplo, a Xunta de Galiza orza cada ano da orde de29 millóns de euros para comedores escolares.

56

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 56

Page 57: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Son múltiples as vantaxes do abastecemento con produtos lo-cais: a posibilidade de asentar poboación, a promoción das comu-nidades dende o punto de vista social, natural, paisaxístico ou cul-tural, a creación de emprego directo e indirecto, a recuperación daidentidade territorial e cultural ou a revalorización integral dorural. Poderíamos seguir a enumerar aspectos positivos, como amellora da rendibilidade das persoas labregas con prezos xustos,o fortalecemento das relacións entre as persoas produtoras e a co-munidade que adquire eses alimentos, a garantía de acceder a pro-dutos frescos e de tempada, a calidade da alimentación ou a dig-nificación e o recoñecemento do labor da xente labrega.

Xoan Carlos Carreira Pérez e Emilio Carral Vilariño, autoresdo libro O pequeno é grande. A agricultura familiar como alterna-tiva: o caso galego, salientan mesmo as vantaxes comparativas daspequenas explotacións desde o punto da multifuncionalidade edos principais obxectivos dun novo paradigma para a agricultura,como os que se recollen no relatorio (2008) do International As-sessment of Agricultural Knowledge, Science and Technology forDevelopment. Os dous investigadores chegan mesmo a empregaro termo de «agricultura de precisión» no caso do minifundio, his-toricamente desprezado, mais que atinxe valores moi importantesde analizarmos parámetros como a conservación da terra agrícolaou a construción de paisaxes diversas, a mellora da biodiversidade

57

Soberanía alimentaria

CONSUMO DE PRODUTOS

LOCAIS

Prezos xustos

Revalorización integral do rural

Redución da contaminación

e da pegada ecolóxica

Conservación da biodiversidade

e da paisaxe

Potencialidade do modelo

agroecolóxico

Alimentos frescos e de tempada

Reforzo da identidade territorial

e cultural

Asentamento de poboación

Creación de emprego

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 57

Page 58: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

(coa nova introdución dun mosaico de parcelas e de hábitats), aredución das emisións de efecto invernadoiro (desenvolvendoprocesos de autonomía enerxética e reducindo o transporte deprodutos e insumos), ou a diminución da demanda e da contami-nación da auga.

Ambos os dous profesores universitarios e investigadores si-nalan como obxectivo básico, non só que as persoas labregas ob-teñan unha renda digna, senón tamén unha boa calidade de vida,destacando paralelamente a necesidade de revisar os mesmos fun-damentos das análises diversas «que indiquen en que nivel estánas persoas que viven no medio rural galego [tendo en conta o] ob-xectivo de “vivir en plenitude” ou “bo vivir” […], onde estarían lo-calizadas nos índices alternativos ao PIB que miden o desenvol-vemento humano ou a felicidade».

Por un mundo no que o desenvolvemento humano e a felicidadede todas as persoas, as de hoxe e ás do futuro, sexan importantes;«globalicemos a loita, globalicemos a esperanza».

Bibliografía

CARREIRA PEREZ, X.C. e CARRAL VILARIÑO, E.(2014): O pe-queno é grande. A agricultura familiar como alternativa: O casogalego. Santiago de Compostela: Através Editora.

DE LUCAS LARRA, B., BOUYANZARI, Y., APILÁNEZ PINIELA,E., NOBRE, M. e VIUDES FREITAS, T., CARIAS REYES, A.,GUEVARA, S. e BOULEY, C. (2011): (Re) pensar los DerechosHumanos desde una perspectiva de género. Bilbao: Mundubat.

DOLDÁN GARCÍA, X.R. (2013): Guía para o descenso enerxético.Santiago de Compostela: Asociación Véspera de Nada.

FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E.(2000). Es-trutura económica de Galiza. Santiago de Compostela: Laio-vento.

FAO (2011): O estado mundial da agricultura e da alimentación.As mulleres na agricultura. Cerrar a brecha de xénero en arasdo desenvolvemento. FAO, 2010-11.

58

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 58

Page 59: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

DUCH, G. (2014): No vamos a tragar. Soberanía Alimentaria: unaalternativa frente a la agroindustria. Barcelona: Los Libros delLince.

HILARY, J. (2014): The transatlantic trade and investment part-nership. A charter for desregulation and attack on jobs, and endto democracy. Bruxelas: Fundación Rosa Luxemburgo.

LEON, I. e SENRA, L. (2007): Mujeres: gestoras de la soberanía ali-mentaria. Eduardor: ALAI. America Latina en Movimiento.

MONTEAGUT, X. e DOGLIOTI, F. (2006): Alimentos globalizados.Barcelona: Icaria-Antrazyt.

MUGARIK GABE: Soberanía Alimentaria con Equidad de Género.Vitoria: Mugarik Gabe.

PEREZ VITORIA, S. (2010): El retorno de los campesinos. Unaoportunidad para nuestra supervivencia. Barcelona: Icaria-An-trazyt.

ÖZDEN, M. e BRUNSCHWIG, S. (2013): Los Derechos Culturales.Xenebra: Cetim.

TRANSNATIONAL INSTITUTE-TNI (2013): Land concentra-tion, land grabbing and people’s struggles in Europe. Amsterdam:Publicado por TNI para a Coordinadora Europea Vía Campe-siña e a rede Hands off the Land.

VIVAS, E. e MONTAGUT, X. (2007): Supermercados, no gracias.Barcelona: Icaria-Antrazyt.

VAN DEL PLOEG, J. D. (2014): Les paysans du XXI siècle. París:Editions Charles Léopold Mayer.

páxinas Web consultadas e de interese

Amigos da Terra: www.amigosdaterra.netA Vía Campesina: www.viacampesina.orgCLOC-Vía Campesina: www.cloc-viacampesina.netFao: www.faostat.fao.orgFood first: www.foodfirst.orgGrain: www.grain.orgGrupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía:http://webs.uvigo.es/economiaecoloxica/

59

Soberanía alimentaria

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 59

Page 60: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Marcha Mundial das mulleres: www.marchemondiale.org; www.feminismo.infoMundubat: www.derechoshumanosdelcampesinado.orgSindicato Labrego Galego: www.sindicatolabrego.comSoberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas: www.revistasoberaniaalimentaria.wordpress.com

60

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 60

Page 61: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

galicia perante o cambio climáticoXosé Veiras

Biólogo e ecoloxista

A mudanza climática global, inducida principalmente polas emi-sións excesivas de dióxido de carbono (CO2) e outros gases deefecto invernadoiro procedentes da transformación e o consumode enerxía e doutras actividades humanas, é parte dunha profundacrise ecolóxica global que ten a súa raíz nun sistema económicoprodutivista de fasquía capitalista que ignora os límites ambientais,obsesionado coa procura do (imposíbel) crecemento ilimitado daprodución e o consumo materiais. Neste capítulo veremos comoo quentamento global está mudando o planeta e, xa que logo, Ga-licia, cal é a responsabilidade da economía galega e de que xeitopodemos afrontar a crise climática desde o noso país.

Unha realidade que non podemos ignorar

A estas alturas ninguén debería albergar a menor dúbida verbo darealidade inequívoca e das consecuencias potencialmente devas-tadoras dunha mudanza climática de clara influencia humana. Haiun moi amplo consenso científico ao respecto desde hai máis devinte anos, reflectido nos cautelosos, rigorosos e exhaustivos in-formes de avaliación do Grupo de Expertos da ONU sobre Cam-bio Climático (IPCC, polas súas siglas en inglés), o quinto dos calesfoi divulgado entre 2013 e 2014. Se as emisións mundiais de gasesde invernadoiro continúan a medrar ao ritmo actual, se non reac-cionamos axiña para iniciarmos unha senda de redución drásticadas emisións destes gases, o clima farase cada vez máis extremodurante as próximas décadas. Por se non abondase con isto, osefectos dramáticos dunha mudanza climática catastrófica veríanse

61

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 61

Page 62: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

potenciados por outras tensións ambientais e de recursos asocia-das á crise ecolóxica global. De non mudarmos o rumbo, encami-ñámonos cara a unha enorme catástrofe ecolóxico-social sen pre-cedentes.

O quentamento do planeta, a elevación da temperatura mediaglobal causada polas excesivas emisións humanas de CO2 e outrosgases que intensifican o efecto invernadoiro natural, está a provo-car xa múltiples impactos negativos por todo o mundo, ben do-cumentados nunha abondosa literatura científica compilada, ava-liada e sintetizada polo IPCC nos seus informes. Algúns desesefectos son a diminución da calidade e a cantidade de auga en cer-tas áreas, os descensos na produción mundial de trigo e millo ouo aumento na frecuencia e intensidade de secas, tempestades, in-cendios e pragas en moitos lugares do mundo, atribuíbel nalgúnscasos á mudanza climática. Segundo a Organización Meteoroló-xica Mundial, no decenio 2001-2010, o máis cálido desde 1850,«producíronse fenómenos climáticos extremos de grande impactoe sen precedentes», como vagas de calor que causaron a morte de136.000 persoas. Nalgunhas zonas, o cambio climático está a cau-sar certos efectos positivos mais, considerando todo o planeta etodos os aspectos, o balanzo é moi negativo.

As alteracións climáticas causadas por emisións do pasadoestán a golpear a humanidade, sobre todo a parte máis empobre-cida e marxinada, que é a máis vulnerábel, malia non ser a respon-sábel do problema climático. Porén, os danos observados até hoxeson ben pouca cousa en comparación cos que poderiamos padecerno futuro. Os impactos agravaranse ao aumentar a magnitude damudanza climática, podendo ser abruptos, inesperados ou irre-versíbeis. A temperatura media global da Terra aumentou 0,85ºCno período 1880-2012. O limiar de aumento «admisíbel» para evi-tarmos unha catástrofe climática acordado nun dos cumios cli-máticos da ONU fixouse en 2ºC, aínda que desde a comunidadecientífica e os movementos sociais son moitos e moitas os queachan que ese limiar debería terse situado en 1,5ºC. Para estarmoscertos de non superar este limiar habería que volver canto antes aunha concentración de CO2 na atmosfera de 350 ppm (partes por

62

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 62

Page 63: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

millón) –na actualidade é dunhas 400 ppm–. Segundo algúns au-tores, iso obrigaría a reducir as emisións mundiais de CO2 a unritmo anual do 6% desde agora mesmo –entre 2000 e 2010 aumen-taron o 2,2% anual– e a pór en marcha un ambicioso programade reforestación no período 2031-2080 para retirar da atmosferaexcedentes de CO2.

1 Diminuír inmediatamente as emisións a unritmo tan alto sería socialmente custosísimo, o que ilustra ben odifícil punto ao que chegamos após décadas de negacionismo cli-mático alentado polas multinacionais enerxéticas e de crecementovertixinoso do consumo e a poboación. Segundo o IPCC, se asemisións mundiais de CO2 e outros gases de invernadoiro manti-vesen a súa traxectoria actual durante as próximas décadas, a tem-peratura incrementaríase en 3,7-4,8ºC en 2100, o que tería conse-cuencias devastadoras.

Os impactos das alteracións climáticas noutras partes domundo incidirán en Galicia dun xeito ou doutro, antes ou despois.Porque o medio ambiente non sabe de fronteiras e porque facemosparte dun mundo moi interconectado, do que hoxe importamosmasivamente enerxía e materiais (incluída auga virtual «contida»nos bens importados), cuxas dispoñibilidades e prezos veransecada vez máis afectados polo cambio climático e outros factoresque actuarán, as máis das veces, en sentido contrario ás nosas ape-tencias. Pero, por suposto, a mudanza climática está ocorrendo eimpactando tamén en Galicia, onde a temperatura superficial enterra aumentou abruptamente desde a década de 1970.2

Hai escasa conciencia diso, mais o cambio climático está xa aafectar Galicia de forma significativa. Algúns impactos poden pa-recernos pouco máis que curiosos, como a «tropicalización» dafauna de peixes mariños ou a «mediterraneización» da vexetaciónterrestre (paralela á «australización» pola invasión de eucaliptos e

63

Galicia perante o cambio climático

1 «Assessing ‘‘Dangerous climate change’’: Required reduction of carbon emissions toprotect young people, future generations and nature». J Hansen, P. Kharecha, M. Sato,V. Masson-Delmotte, F. Ackerman, et al. PloS ONE 8(12):e81648. 2013.

2 As referencias ás evidencias e impactos do cambio climático en Galicia baséanse en«Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia» Xunta, 2009; «Regional climatechange in the NW Iberian Peninsula», Climate Research, Vol. 48, Nº 2-3, 2011; e «Cam-bio climático en Galicia en el siglo XXI», Álvarez et. al, ACT 2, 2011.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 63

Page 64: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

acacias). Outros, xa a primeira vista semellan ben máis preocu-pantes. Aínda que case nunca se relaciona a crise incendiaria cocambio climático, o certo é que algo ten a ver, pois hai evidenciacientífica dunha tendencia clara ao empeoramento dos índices deperigo de incendio –dependentes de variábeis meteorolóxicas–durante as últimas décadas. Algúns estudos constatan un debili-tamento do afloramento de augas frías que ten lugar fronte asnosas costas –chave para a manutención da produtividade ma-riña– atribuíndoo ao cambio climático. Estes, e outros moitos im-pactos negativos, poderían agravarse a medida que se intensifiqueo cambio climático.

Un escenario mundial de aumento non moi alto das emisiónssería suficiente para a temperatura media anual en Galicia aumen-tar no período 2065-2095 uns 3ºC no interior e uns 2ºC na costa,a respecto de 1965-1995. Durante o verán, o aumento no interiorpodería superar os 5ºC. As vagas de calor e as secas serían moitomáis intensas e prolongadas, con cortes nos abastecementos deauga, reducións acusadas nas producións agrarias e gandeiras,vagas de lumes moi destrutivos, maior mortalidade por altas tem-peraturas ou caídas na produción de enerxía hidroeléctrica.

Algúns feitos ocorridos nos últimos anos son fiestras cara aofuturo que nos agarda se non somos quen de limitar a mudanzaclimática. Vagas de incendios forestais como a terríbel de agostode 2006, seguidas de riadas causadas por chuvias torrenciais comoas de outono dese mesmo ano, que arrastraron toneladas de terracara aos ríos e a costa, poderían acontecer con moita máis frecuen-cia. O mesmo se pode afirmar a respecto da sucesión de fortestemporais do inverno 2013-2014, que deixou atónito ao conxuntode profesionais da meteoroloxía de Galicia e que causou seis mor-tes de persoas polas ondas do mar, estampas inéditas coma a dosantuario da Virxe da Barca en Muxía totalmente rodeado polomar ou importantes perdas na pesca e o marisqueo, ademais dunronsel de graves danos materiais en dous de cada tres concelloscosteiros, estragos potenciados pola suba do nivel do mar (2cm/década desde 1943), que podería chegar a ser de 0,5-1,4 m caraa finais de século.

64

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 64

Page 65: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

As proxeccións sobre os impactos do cambio climático adoitancubrir até finais de século. Mais non pensemos que o cambio cli-mático remataría aí. O IPCC é claro: «A maioría dos aspectos docambio climático perdurarán durante moitos séculos, mesmoaínda que parasen as emisións de CO2, o que supón unha notábelinexorabilidade do cambio climático durante varios séculos, de-bido ás emisións de CO2 pasadas, presentes e futuras».

a responsabilidade da economía galega

Os niveis de produción e consumo de Galicia non son, nin moitomenos, os propios dun país «atrasado» ou «subdesenvolvido». Xaque logo, non debería estrañarnos que figuremos, por razóns máispropias que alleas, no grupo de países que, en termos relativos,máis contribúen á mudanza climática. Somos apenas o 0,040% dapoboación mundial, mais emitimos desde o noso territorio o0,067% do dióxido de carbono (CO2) procedente do uso de com-bustíbeis fósiles e da produción de cemento, a principal causa dequentamento global (datos para 2011). As emisións por habitantede Galicia son superiores ás da grande maioría dos estados domundo, incluídos moitos da Unión Europea.

Non se coñecen datos oficiais anteriores a 1990, mais todo faipensar que as emisións galegas de gases de invernadoiro dispará-ronse a partir da década de 1970, por causa do acelerado crece-mento do consumo de enerxía iniciado xa na década anterior emais da instalación en Galicia de industrias con emisións moi ele-vadas: a fábrica de Alúmina-aluminio de San Cibrao, hoxe propie-dade de Alcoa, e, sobre todo, as centrais térmicas de carbón dasPontes e de Meirama.

Considerando todas as fontes e gases de efecto invernadoiro,Galicia emitiu 30 millóns de toneladas de gases de invernadoirodurante o último ano para o que se dispón de información (2012).Isto supón unhas case once toneladas por habitante. Moito máisdo que nos podemos permitir. As emisións aumentaron o 6,3%desde 1990, o ano de referencia para o Protocolo de Quioto. Noperíodo 1990-2012 podemos diferenciar dúas fases na evolución

65

Galicia perante o cambio climático

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 65

Page 66: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

das emisións (ver gráfica e táboa). Entre 1990 e 2007 as emisiónsmedraron un 25%. Pola contra, entre 2007 e 2012 baixaron un15%, como resultado da crise económica e, sobre todo, da perdade peso do carbón –o combustíbel máis intensivo en emisións deCO2– na produción de electricidade. Este menor peso do carbónveu inducido polo crecemento da xeración renovábel e pola en-trada en funcionamento das centrais de ciclo combinado a gas na-tural de Sabón e As Pontes, moito menos intensivas en emisiónsde CO2 que as de carbón. Porén, entre 2010 e 2012 rexistrouse unnovo aumento das emisións, paralelo ao repunte da produción dastérmicas de carbón.

A xeración de electricidade nas térmicas de carbón de Meiramae As Pontes, que suman unha capacidade produtiva equivalente áde dúas centrais nucleares, é hoxe o principal factor determinanteda tendencia seguida polas emisións de gases de invernadoiro enGalicia. Cando descende o uso do carbón como fonte de enerxía,baixan as emisións de CO2, incluso con aumentos do PIB superio-

66

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

gráfico 1: Emisións de gases de invernadoiro en co2 eq* (1990-2012)*O CO2 eq expresa o poder de quentamento dos gases contemplados polo Protocolo deQuioto, usando como referencia o dióxido de carbono (CO2).

Fonte: Elaboración propia a partir do inventario de emisións do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 66

Page 67: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

res ao 3%, como sucedeu durante 2005 e 2006. As térmicas de car-bón achegaron ao 38% das emisións de gases de efecto inverna-doiro en 2012. Polo seu maior tamaño, a das Pontes é a que máisCO2 emite. As súas emisións dese ano foron similares ás dos terri-torios das comunidades autónomas de Baleares ou de Murcia.

Ao seren enormes focos emisores de CO2, non sorprende queas multinacionais eléctricas propietarias das térmicas de carbón,Endesa (As Pontes) e Gas Natural Fenosa (Meirama), sexan, delonxe, os maiores causantes de cambio climático desde Galicia.Estas dúas empresas, conxuntamente con outras catro, propietariastamén de industrias con grandes emisións –referímonos a Alcoa,Repsol, Ferroatlántica e Cementos Cosmos– foron responsábeisaproximadamente da metade das emisións galegas de gases de in-vernadoiro rexistradas nos últimos anos.

Xunto coas térmicas de carbón, a outra grande fonte de emi-sións é o transporte, que achega o 18% das emisións totais, debido

67

Galicia perante o cambio climático

táboa 1: Emisións de gases de invernadoiro por sectores *O CO2 eq expresa o poder de quentamento dos gases contemplados polo Protocolo deQuioto, usando como referencia o dióxido de carbono (CO2).

Fonte: Elaboración propia a partir do inventario de emisións do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

sEctoREs

VaRiaciÓN(en miles de toneladas de CO2 eq*)

1990 2007 2012 1990-2007 2007-2012 1990-2012Transformación de enerxía 14.591 15.381 12.927 790 –2.454 –1.664

Transporte 3.658 6.863 5.415 3.205 –1.448 1.758

Industria 3.985 5.142 4.212 1.157 –931 227Agricultura 2.894 3.484 3.343 590 –141 449Sector residencial,comercial e institucional 2.372 3.273 3.364 901 92 992Tratamento e eliminación de residuos 301 384 419 83 35 118Outros 459 517 369 58 –148 –90total 28.260 35.045 30.048 6.785 –4.996 1789

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 67

Page 68: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

fundamentalmente ao transporte por estrada. O forte incrementodo número e do uso de automóbiles e camións, favorecido polasobredotación de estradas de alta capacidade e por unha planifi-cación das cidades á medida do automóbil, disparou as emisiónsdo sector do transporte. Entre 1990 e 2012, e malia o descenso re-xistrado desde o estoupido da crise económica, medraron nadamenos que un 40%. Un aumento moi superior á media dos paísesdesenvolvidos.

Até o de agora vimos cal é a responsabilidade da economía galegano quentamento global desde a perspectiva territorial, considerandoa cantidade de gases emitidos dentro das nosas fronteiras. Temosunha importante responsabilidade como sociedade sobre elas, maisnon todos os gases de invernadoiro emitidos en Galicia son atribuí-beis ao noso consumo. Por exemplo, unha boa parte da producióndas empresas con maiores emisións de CO2 citadas máis arriba des-tínase a outros países. Isto é algo a termos en conta, mais que nonpode ser usado como argumento para eludirmos totalmente a nosaresponsabilidade fronte a actividades localizadas en Galicia, que é oque se fai nalgunhas ocasións, desde ámbitos ideoloxicamente moidiversos. Cómpre asumirmos a nosa responsabilidade no quenta-mento global desde a perspectiva da produción e, ao tempo, consi-derarmos o enfoque da «responsabilidade do consumidor», algo quenunca se fai, tampouco por parte dos que cuestionan a perspectivaterritorial e coidan que Galicia debe aspirar a «desfrutar» dun sis-tema produtivo e dun estilo de vida medio tan emisores como osdos países máis «avanzados», cos que habería que converxer (porarriba) en emisións. Para estabelecermos a nosa responsabilidadedesde a perspectiva do consumo, necesitamos coñecer cal é a nosapegada climática, isto é, a cantidade de gases de invernadoiro emitidapara producir todos os bens e servizos demandados pola economíagalega. Polo tanto, para calcular a pegada climática, ás emisiónsdesde o territorio galego habería que lles restar as asociadas ás ex-portacións e sumar as vinculadas ás importacións.

Para probar o desinterese xeral por coñecer cal é o noso im-pacto climático desde o enfoque do consumo, abonda constatarque carecemos de estimacións sobre a evolución da pegada climá-

68

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 68

Page 69: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

tica galega. Só contamos co cálculo para 2007 da pegada asociadaao consumo dos fogares, e que polo tanto non incorpora as outrascompoñentes da demanda interna, o gasto público e as decisiónsde investimento, menos importantes, mais que elevarían signifi-cativamente a cifra obtida.3 Ademais, a análise das emisións direc-tas e indirectas asociadas ao consumo privado galego á que nosreferimos, realizada no marco dun estudo da pegada climática doconsumo privado español desagregado por comunidades autóno-mas, fíxose considerando as tecnoloxías «medias» da economíaespañola, metodoloxía que en Galicia non valora debidamente asemisións asociadas ao uso da electricidade, pois a produción eléc-trica galega é máis intensiva en carbono que o conxunto da espa-ñola, por ter en Galicia maior peso o carbón no «mix» eléctrico.4

En 2007, as emisións asociadas ao consumo dos fogares galegosascendeu a 8,2 toneladas por habitante. As dúas terceiras partesdas emisións procederon de tres categorías de gasto: «transportee comunicacións» (2,19); «alimentos e bebidas» (1,69); e «gas, elec-tricidade e outros combustíbeis» (1,45). No contexto español, oimpacto climático dos fogares galegos situábase nunha posiciónintermedia, entre as 9,6 toneladas de Navarra e as 6,7 de Estrema-dura. A escala global, a nosa pegada climática é alta, pois estaríano intervalo das 8-11 toneladas –lembremos que ás 8,2 toneladasdo consumo privado habería que sumar as cantidades descoñeci-das que corresponden ás outras compoñentes da demanda in-terna–, o mesmo intervalo no que en 2007 se situaba a pegada cli-mática de estados como Francia (9,3), Noruega (9,3) ou España(10,2). Unha pegada climática moito máis alta que a de estadoschamados emerxentes aos que a miúdo se lles quere atribuír unharesponsabilidade maior no quentamento global da que lles corres-ponde, como China (4), India (1,2) ou Brasil (2).5

69

Galicia perante o cambio climático

3 «La responsabilidad de la economía española en el calentamiento global». Jordi RocaJusmet (coord), Vicent Alcántara, Iñaki Arto, Emilio Padilla e Mónica Serrano. Fuhemecosocial e Catarata. 2013.

4 Segundo Rede Electrica de España, durante 2007 as térmicas de carbón produciron o47,5% da electricidade galega, mentres que no conxunto do Estado español as centraisde carbón achegaron o 26,1% da xeración eléctrica.

5 www.carbonfootprintofnations.com

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 69

Page 70: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

As emisións territoriais per cápita de Galicia en 2007 foron de12,6 toneladas, co cal podemos asegurar que nese ano a responsa-bilidade da economía galega no quentamento global foi clara-mente menor desde a perspectiva do consumo que desde a da pro-dución. Podemos presumir que a diferenza diminuíu desde entón,pois, aínda que a pegada climática debeu reducirse coa contrac-ción do consumo interno habida desde 2007 por mor da crise eco-nómica, posibelmente o fixo en menor medida que as emisiónsterritoriais.

En calquera caso, e malia as limitacións da información dispo-ñíbel, é claro que temos unha pegada climática elevada, polo quecumpriría descarbonizar o consumo galego reducíndoo e facéndoomenos intensivo en emisións. No que atinxe en particular ao con-sumo privado, esa descarbonización sería moi desigual, pois taméno é o impacto climático das familias, moi vinculado hoxe ao nivelde gasto monetario. Segundo o devandito estudo sobre as emisiónsdo consumo privado español, as emisións medias do 10% dos fo-gares españois con maior nivel de gasto son unhas sete veces supe-riores ás emisións do 10% dos fogares con menor nivel de gasto.

«Malo será!». a débil resposta da sociedade galega ao desafío climático

Por moi periférica que sexa Galicia na UE, fai parte do mundochamado desenvolvido e, como acabamos de ver, ten unha respon-sabilidade nada menor na xeración da mudanza climática global,en relación co tamaño da súa poboación e da súa economía. Unharesponsabilidade que, na parte que lle toca a cada un, poder polí-tico, empresas e cidadanía, estamos lonxe de asumir.

A reacción do conxunto da sociedade galega perante o desafíoclimático parece inspirada polo «Malo será!». Subestimamos osefectos actuais e potenciais do cambio climático, eludimos a nosaresponsabilidade, amparamos e consideramos «estratéxicas» em-presas e sectores industriais «asasinos» do clima.

A política climática do Goberno Feijoó, como a de todos os go-bernos da Xunta que o precederon, non é nin boa nin mala. Sim-

70

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 70

Page 71: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

plemente non existe. Non se definiron medidas, obxectivos e pra-zos para a redución, en termos absolutos, das nosas emisións degases de efecto invernadoiro. O mesmo podemos afirmar a res-pecto de concellos e deputacións. Practicamente todas as institu-cións locais achan que a loita contra a mudanza climática non éasunto delas.

Non podemos afirmar que esta falta de acción institucionalfronte á crise climática preocupe seriamente á inmensa maioríada xente. A mudanza climática nin sequera ocupa o lugar de des-taque que debería na acción sociopolítica das organizacións e mo-vementos de defensa ambiental galegos, o que contribúe a debuxarun panorama pouco alentador. Por exemplo, son moi contadas asocasións en que se pon o foco nas enormes fábricas de cambio cli-mático que son as centrais térmicas de carbón de Meirama e, sobretodo, das Pontes (nalgúns casos mesmo podemos dicir que se tentadesviar o foco). Ou son ben débiles os intentos de vincular certasloitas sociais (catástrofe do Prestige, gasificadora de Mugardos…)co cambio climático, usándoo como un argumento de calado paracuestionar o modelo enerxético-económico «fosilista» que está naraíz das problemáticas que se combaten. As loitas diríxense fun-damentalmente a procurar cambios de localización de instalaciónscontaminantes, ou maiores medidas para a prevención e o controlda contaminación local, sen defender claramente unha transfor-mación do modelo económico produtivista-consumista.

A reacción da sociedade galega non estivo até hoxe á altura nindas súas responsabilidades nin das súas vulnerabilidades fronte aocambio climático. Con todo, non podemos deixar de destacar al-gunhas realizacións e loitas recentes que están a contribuír desdea nosa terra á mitigación (é dicir, á redución de emisións de gasesde invernadoiro) e/ou á adaptación ao cambio climático (á mini-mización das consecuencias negativas do cambio climático xa ine-vitábel), convidando á esperanza.

A defensa da agroecoloxía e da soberanía alimentar, chavespara enfrontarmos a crise climática, gañou preeminencia duranteos últimos anos na acción dos movementos sociais e materiali-zouse en interesantes iniciativas de produción e de consumo.

71

Galicia perante o cambio climático

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 71

Page 72: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Desde diversos ámbitos, téñense promovido valiosas accións enmateria de educación ambiental sobre a mudanza climática e oteito do petróleo (as dúas caras principais da crise enerxética). Noeido do transporte urbano, xurdiron varias iniciativas a prol douso da bicicleta e mesmo no centro dunha cidade, a de Pontevedra,o goberno municipal impulsou unha ambiciosa política de restri-ción do uso do automóbil e de fomento da mobilidade non moto-rizada. E aínda que non foi o combate ao quentamento global arazón que máis motivou á Xunta á hora de favorecer o desenvol-vemento da enerxía eólica, o forte crecemento rexistrado da xera-ción eléctrica a partir do vento no noso país desde finais da décadade 1990 e até a recente «freada eólica», está a supor un importanteaforro de emisións de gases de invernadoiro. Mágoa que as eivassocio-ambientais das sucesivas regulacións eólicas autonómicasdeixasen o aproveitamento do vento en mans de grandes empresase causasen tantos danos nalgúns dos nosos mellores espazos na-turais, nomeadamente nas serras setentrionais.

Mudar para que non mude (moito) o clima

Se aspiramos desde Galicia a construír un mundo socialmentexusto e ecoloxicamente sustentábel, deberiamos contribuír na me-dida das nosas posibilidades á aplicación dos tres ces do principioda xustiza climática: contracción (redución) das emisións mun-diais; converxencia nas emisións por habitante; e compensacióndos máis ricos –responsábeis da crise climática– aos máis pobres–os máis golpeados polo cambio climático– para estes se poderenadaptar ao cambio climático en marcha e mellorar as súas condi-cións de vida con tecnoloxías con baixo impacto de carbono.

A diminución das emisións mundiais necesaria para non su-perarmos o limiar dunha mudanza climática desastrosa é de talenvergadura e urxencia que non semella posíbel sen unha recon-versión a fondo do modelo de produción e de consumo. Maisaínda se temos presente o escenario xeral de crise ecolóxica, quenon se reduce nin moito menos á mudanza climática. Esa «eco-nomía verde» capitalista que, de cando en vez, nos queren vender,

72

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 72

Page 73: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

non vai «salvar o planeta», porque a procura do crecemento noconsumo de enerxía e de materiais é inherente ao capitalismo, eas emisións de CO2 e outras presións sobre o ambiente non sepoden disociar a longo prazo dese crecemento. Por suposto, a al-ternativa tampouco estaría nun socialismo produtivista, só super-ficialmente ecoloxista, e tamén cego ante os límites ambientais edespreocupado pola xustiza entre xeracións.

Como corresponde a un país con elevadas emisións per cápita,Galicia debe, por un lado, axudar os países empobrecidos a loita-ren contra o cambio climático e, polo outro, diminuír as súas emi-sións de forma drástica. Para lograr isto último, non debería reco-rrer ás falsas e contraproducentes solucións pregoadas desde o«capitalismo verde», como a expansión de plantacións forestais deeucalipto e outras árbores de crecemento rápido para retirar CO2da atmosfera, os agro-combustíbeis insustentábeis, as centrais decarbón con captura e almacenamento de CO2 ou mesmo a enerxíanuclear.

Cómpre iniciar xa a transición cara a unha economía baixa encarbono e máis resiliente, que nos faga moito menos vulnerábeisaos impactos da mudanza climática e á crecente escaseza de recur-sos naturais. En particular, que nos prepare para a fin da era do pe-tróleo abundante e barato na que xa comezamos a entrar, inevitábelen calquera caso por razóns xeolóxicas, mais que se anticiparía nocaso de afrontarmos adecuadamente a desestabilización do clima.Non superarmos un teito global de emisións de CO2 moi perigosopara o clima, e diminuílas despois rapidamente, obrigaría a deixarenterradas a maior parte das reservas de combustíbeis fósiles.

A construción no noso país dunha economía verde e solidariaimplicaría cambios radicais na estrutura económica e nos estilosde vida maioritarios, así como un reparto igualitario da riqueza edos traballos remunerados e de coidados. A obsesión actual polocrecemento da economía e da poboación substituiríase pola pro-cura de boas condicións de vida para todos e todas, renunciandoao consumo superfluo e preservando o capital natural, no que sesustenta en último termo o noso benestar e do que depende a su-pervivencia das demais especies.

73

Galicia perante o cambio climático

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 73

Page 74: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Considerando un horizonte de curto prazo, algunhas medidas,viábeis se houbese a vontade política e social necesarias, contri-buirían a avanzarmos cara a unha economía sustentábel e xusta,ao tempo que reducirían axiña e de xeito moi notábel as emisiónsde CO2, sen prexuízos sociais negativos, sempre e cando fosenacompañadas das medidas de compensación adecuadas, no marcodunha transición xusta. A máis efectiva, con diferenza, sería opeche das centrais térmicas de carbón, das que Galicia poderíaprescindir hoxe mesmo sen pór en perigo o seu subministro eléc-trico. Outras medidas, de máis difícil aceptación a priori, taméncomportarían reducións importantes no curto prazo, aínda queen menor medida que o abandono de vez do carbón. É o caso detodas as que poden disuadir eficazmente do uso do automóbil pri-vado (gravar máis os combustíbeis, deixar de ampliar a rede viariade alta capacidade, acabar co pagamento público de «peaxes nasombra»…), imprescindíbeis (aínda que non suficientes) para au-mentar o peso dos modos de transporte «amigos do clima». Final-mente, están tamén ao noso alcance outras medidas que seríanigualmente necesarias, de entrada con maior apoio social e taménefectivas, aínda que a máis longo prazo, como o lanzamento deplans ambiciosos para o fomento da produción, comercializacióne consumo de alimentos ecolóxicos, a xestión sustentábel do mon -te, a mellora da eficiencia enerxética das vivendas (como parte daloita contra a crecente pobreza enerxética), a compostaxe e mais areciclaxe ou o impulso do transporte colectivo e dos modos nonmotorizados.

Galicia é hoxe, en termos relativos, parte importante do pro-blema climático. Deixemos de ser parte do problema para selo dasolución. É moito o que está en xogo.

74

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 74

Page 75: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

transporte e mobilidade:sen relocalización non hai solución

Xan DuroMilitante ecoloxista e ciclousuario

O conxunto da humanidade enfronta, nun futuro máis ou menospróximo, dous enormes retos que afectan directamente ao nosomodo de entender o mundo: o cambio climático e a superacióndo pico do petróleo. Ámbolos dous entroncan directamente cotema que imos tratar neste capítulo: o transporte e a mobilidade.

O cambio climático é unha realidade incuestionábel. A gravi-dade do seu impacto fíxose palpábel no último informe de avalia-ción do Grupo de Expertos sobre Cambio Climático da ONU quesalienta que, de seguirmos a actual tendencia de emisións, a tem-peratura aumentaría unha media de catro graos para finais de sé-culo, acentuando as consecuencias dos eventos climáticos extre-mos: vagas de calor, choivas torrenciais ou inundacións costeiras.Ampliaría a distribución dos impactos afectando a unha alta pro-porción das persoas e comunidades nas súas capacidades de ac-ceder a alimentación e auga potable e incrementaría a gravidadedos «impactos globais agregados» sobre o conxunto da economíaglobal e a biodiversidade planetaria.

Desde o ano 1990, o sector do transporte en Galicia incremen-tou as súas emisión nun 93%, das que o transporte por estradaachegou o 80% das mesmas e, dentro desta, o automóbil nas cida-des preto dun 33%. O desenvolvemento urbanístico difuso, a cons-trución desaforada de infraestruturas de transporte, nomeada-mente autovías e autoestradas, o insuficiente apoio ao transportepúblico colectivo e o crecemento do parque privado de vehículosson algunhas das causas.

O consumo descontrolado de combustíbeis fósiles que indicanos datos sobre cambio climático lévanos ao segundo reto: o fin da

75

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 75

Page 76: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

era do petróleo barato. O declive da extracción do petróleo é unfenómeno inevitable que reducirá dramaticamente a enerxía dis-poñible e, consecuentemente, aumentará o seu prezo. Fontes comoa Royal Chemical Society1 vaticinan unha diminución na extrac-ción de petróleo convencional do 50% nas vindeiras dúas décadas.As pretendidas alternativas á extracción tradicional como as areasbituminosas e demais, alén do seu enorme impacto ambiental, sóson rendibles (sempre falando en termos económicos ortodoxos)se acadan un alto prezo, pero só poderían substituír un 6% da di-minución na extracción convencional. Para entendérmonos: nonhai hoxe en día, nin nun futuro previsible, alternativa enerxéticaque ofreza os volumes de enerxía que achega o petróleo nin aoprezo actual.

En realidade, apenas albiscamos as complexidades do problemaque temos que enfrontar. Un cambio de paradigma que mudará porcompleto as estruturas económicas, de relación e de consumo talcomo as coñecemos. Da mobilidade á accesibilidade, do transporteá proximidade. Este cambio non é unha opción. Este cambio faré-molo de todas todas. Podémolo facer planificado e estruturado paraacadar unha adaptación fluída ou facelo tras a implosión económico-social que chegaría de non facermos nada. Está nas nosas mans.

Espazo xeográfico e poboacional: reparto de poboación e fluxos

Asumamos unha realidade: o deseño, ou a falta del, dos nosos asen-tamentos territoriais sostense sobre a base dun combustible abun-dante e relativamente barato. A configuración xeográfica dos asen-tamentos galegos baséase en multitude de poboamentos espalladospolo territorio. Uns son históricos, é dicir, son asentamentos tradi-cionais, e outros son urbanizacións de nova creación que acadandimensións considerábeis. Os asentamentos tradicionais na áreade influencia de cidades ou cabeceiras de comarca tiveron un cre-cemento vertixinoso nas décadas dos 80 e 90, debido aos prezos do

76

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

1 http://www.rsc.org/chemistryworld/2014/02/peak-oil-not-myth-fracking

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 76

Page 77: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

chan e da vivenda nos núcleos principais que obriga a procurar vi-vendas nas vilas veciñas. Exemplos témolos abondosos: Bertami-ráns e Teo na contorna de Santiago, Oleiros ou Miño na Coruña…

A configuración do Eixo urbano Atlántico Galego, que abran-gue cinco das sete cidades galegas e un bo número de núcleos demáis de 10.000 habitantes, concentra arredor do 70% a poboacióndo noso país e conta co 75% do PIB. Pola outra banda, as provin-cias de Lugo e Ourense, malia conter a metade dos concellos ga-legos, só contan co 30% da poboación e o 85% dos concellos demenos de 2.000 habitantes.2

No eixo atlántico, os núcleos tradicionais fóronse espallandoao longo das estradas principais, nun marcado efecto de «manchade aceite» até xuntarse coa urbanización difusa que partía das ci-dades ao longo dos mesmo eixos. Deste xeito, podemos falar xadun continuo urbano no espazo Ferrol-A Coruña e Vigo-Ponte-vedra, onde se non for polos carteis non distinguiriamos o pasodun concello a outro.

Nas provincias orientais, Ourense e Lugo, xunto con algunhascabeceiras comarcais, asumen parte da poboación dos núcleos ru-rais, nun proceso acrecentado de diminución e envellecemento dapoboación rural, concentrando así mesmo os servizos sanitarios,educativos e de ocio.

Esta realidade foi parella á aposta polo transporte privado porestrada realizada por todas as Administracións públicas.

A nivel urbano, alén do proceso de traslado poboacional a con-cellos e urbanizacións limítrofes que fan función de «barrios dor-mitorio», hai outros elementos que inciden no abuso do automóbilprivado como modo principal de transporte. A concentración deservizos administrativos e culturais, a implantación de centros co-merciais en polígonos industriais das periferias e unha especie demitificación do desprazamento como fonte e fin de lecer son ele-mentos que aumentan esa hexemonía e que están na base dos pro-blemas de tráfico e contaminación na contorna urbana.

77

Propostas para un modelo de transporte sustentábel

2 Miguel Pazos Otón: «Potencial das cercanías ferroviarias no Golfo Ártabro e nas RíasBaixas: repensar o papel do transporte público en Galiza». Cerna: Revista galega de eco-loxía e medio ambiente, 2003, 40, 23-25.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 77

Page 78: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

a realidade actual: configuración e consecuencias do sistema vixente

O terceiro pé desta casuística vén definido pola construción denovas infraestruturas de transporte, principalmente autoestradas eautovías. Xa o estudo Global Transport 2000, encargado pola UE,afirmaba que «dende hai algúns anos Europa semella ter sobordadoo punto máis aló do cal calquera incremento no tráfico é contra-producente. A suma de efectos negativos anula os incrementos deriqueza, eficiencia, confort e accesibilidade que debera resultar dunincremento do tráfico». Está amplamente documentado que a cons-trución de novas estradas ou autoestradas xera un «efecto cha-mada», mobilizando tráfico rodado que até o momento non se em-pregaba nese percorrido. A facilidade temporal de desprazamentoconvida a empregar estas infraestruturas, chegando, en poucotempo, de novo ao punto de saturación que motivou a súa constru-ción. É a historia da pescada que morde a cola: máis infraestruturas,máis tráfico, máis infraestruturas. Así chegamos a casos surrealistascomo as actuacións administrativas entorno á peaxe da Ponte deRande e a circunvalación de Pontevedra. No ano 2000, a Adminis-tración Fraga acordou prorrogar a concesión da autoestrada do At-lántico por 25 anos máis (até 2048) no canto de revertela ao patri-monio público ao ser unha obra xa amortizada. Paralelamente,decídese impulsar a futura construción da autovía A-57 Pontevedra-Arcade-Vigo, que permitirá o desprazamento entre Pontevedra eVigo a través dunha vía rápida e libre de peaxe. Na actualidade taménestase a estudar a ampliación da Ponte de Rande. Namentres, a Ad-ministración subvenciona as taxas da autoestrada nalgúns puntoscomo o acceso á Coruña ou do Morrazo a Vigo. Alén do desbaldi-mento de orzamentos públicos, supón tamén unha discriminacióncoas persoas usuarias do transporte público, que non reciben ningúntipo de subvención para «liberalizar» os prezos dos seus billetes maliaser o seu xeito de desprazarse xerador de beneficios económicos, am-bientais e sociais para o conxunto da cidadanía.

Así, esta política continuada a prol da infraestrutura para o trá-fico motorizado fai que Galicia conte actualmente con 1.000 km

78

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 78

Page 79: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de vías de alta capacidade segundo datos da propia Consellería dePolítica Territorial, dato que a sitúa, con 34 km/1.000 km2, por en-cima da media europea, que é de 15,9 km/1.000 km2, e ao mesmonivel que Francia.

A construción de infraestruturas viarias ten outra consecuen-cia non suficientemente considerada: poñer en «valor urbanístico»zonas que quedaban fóra dos obxectivos das grandes construtoras.Así, á vez que se inauguraba o corredor do Morrazo, os PXOM deCangas, Bueu e Moaña anunciaban a construción de 20.000 novasvivendas, seguindo o exemplo do Val Miñor que, coa construciónda autoestrada Puxeiros-Baiona, padeceu un espectacular crece-mento inmobiliario. Outros casos ensinan que non é necesarioconstruír a infraestrutura. Só con anunciala dispáranse a especu-lación e os movementos inmobiliarios. Unha burbulla da que es-tamos agora a pagar (e de que xeito!) as consecuencias.

No noso país os camiños de ferro ficaron nun estado de aban-dono lamentábel como consecuencia dunha campaña conscientee prolongada baseada no deterioro de liñas, na obsolescencia domaterial rodado, o recorte de servizos e o peche de liñas coa escusada falta de usuarios (provocada por esta mesma dinámica). En moi-tos casos alegouse a falta de demanda para reducir e suprimir ser-vizos, e asináronse convenios coa Xunta para subvencionar liñasdeficitarias cando estas o son porque a súa oferta non é competitivanin en horarios nin en calidade. Resulta doado desmontar a falaciade falta de usuarios atendendo á oferta paralela de autobús. Na liñaFerrol-A Coruña, RENFE oferta seis viaxes en cada dirección, coprimeiro ás 7:02 e o último as 20:20, mentres que en autobús é po-síbel escoller quince saídas directas por autoestrada e dezaseis porestrada xeral con paradas intermedias, entre as 6:30 e as 22:30. Asu-mindo que as empresas de autobús tamén atenden a rendibilidade,dedúcese claramente a existencia de demanda de traslados.

Só a liña A Coruña-Vigo mantén unha mínima calidade, pre-visiblemente reforzada cando se rematen as obras de desdobra-mento de vías, elementos de seguridade, etcétera, que se desenvol-ven actualmente e é unha das liñas máis rendíbeis da unidade denegocio de Rexionais de RENFE.

79

Propostas para un modelo de transporte sustentábel

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 79

Page 80: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

As carencias en infraestruturas e de material rodante son cró-nicas e veñen pexadas por un deseño e construción de liñas reali-zado entre 1870 e 1958 (agás a liña FEVE Ferrol-Ribadeo que co-mezou o seu trazado en 1962) no que se atenderon unha mesturade intereses localistas e abaratamentos do proceso de obra. Isto re-flíctese na actualidade nuns treitos excesivamente longos, con for-tes pendentes e sinuosidades que impiden acadar velocidadescompetitivas fronte á estrada. A modo de exemplo podemos indi-car que o treito Ferrol-Madrid por Monforte é un 45% máis longoca por estrada, ou que a vía entre Santiago e Ourense ten 130 kmfronte aos 95 por autovía.3

Outras carencias particularmente graves son a falla de electri-ficación e a ausencia de dobre vía. A día de hoxe só fican electrifi-cados menos do 23% do total dos 1.200 km de vías galegas. Isto,nun país que ten excedentes de produción de enerxía eléctrica,non deixa de ser un contrasentido. E máis preocupante resulta queas liñas supostamente AVE, que no caso de A Coruña-Vigo en re-alidade se achega máis ao que aquí denominamos ferrocarril con-vencional moderno, non ten previsto a súa electrificación até des-pois da data do remate da obra, sexa cando for.

A dobre vía está practicamente rematada na liña A Coruña-Vigo pero descartouse para a conexión Ferrol-A Coruña e nonexiste no resto da rede. Como consecuencia destas dúas eivas, man-temos trens cun alto grao de emisións contaminantes e velocidadesreducidas, pouca capacidade de aceleración para faceren un servizode proximidades áxil e con múltiples paradas, e obrigados a detersepara cederlles o paso a outros trens pola mesma vía. Con estas ca-racterísticas dificilmente o tren chegará a ser competitivo.

Se botamos unha ollada ao trazado ferroviario, saltan á vistacarencias importantes nas conexións das que cito as dúas quecoido máis importantes: A liña Santiago-Lugo e a saída de Lugocara á Mariña, conectando coa liña FEVE cantábrica.

O servizo que RENFE denomina «Cercanías» non existe enGalicia, cando noutras zonas do Estado con áreas de poboación

80

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

3 Xosé Carlos Fernández Díaz: El Ferrocarril en Galicia. Vigo: Ir Indo, 2006.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 80

Page 81: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

moito máis reducidas, o servizo de proximidades funciona, men-tres as áreas metropolitanas A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedracarecen del. Estas conurbanizacións suman preto de 1.300.000 ha-bitantes. Como indica Pazos Otón,4 se atendemos a criterios de-mográficos e económicos, cómpre considerar que Ferrol-A Co-ruña e Vigo-Pontevedra, que reúnen ambas en torno aos 600.000habitantes cada unha, presentan un volume de poboación seme-llante ao do espazo guipuscoano (sobre 550.000 habitantes) e cla-ramente superior aos espazos murciano (450.000) e cántabro(300.000 habitantes) que si contan con este servizo, con caracte-rísticas sumamente atractivas dende o punto de vista da mobili-dade sustentábel (a electrificación, as elevadas frecuencias e oprezo reducido dos billetes) e que as definen claramente comounha opción viábel fronte ao automóbil.

En definitiva, unha panorámica desalentadora á que hai que en-gadir a obsesión/obcecación pola conexión con Madrid a velocida-des supostamente superiores a 300 km/h, hipotecando grande partedos orzamentos para o ferrocarril nun sistema, o AVE, elitista(atende a unha minoría de usuarios fronte aos potenciais que se mo-verían no interior de Galicia nunha rede convencional moderna),limitado (deixa de lado o tráfico de mercadorías), polarizador (sófai parada en poucas cidades para poder acadar esas velocidadesdeixando centos de quilómetros orfos de acceso ferroviario) e in-sustentábel polo alto impacto no territorio da súa infraestrutura eos enormes consumos enerxéticos do seu funcionamento.

A terceira pata sobre a que asenta o sistema de transporte ga-lego é o autobús, urbano e interurbano. Tampouco neste caso po-demos desfacernos en parabéns. O servizo de transporte públicourbano e interurbano está ancorado na realidade territorial dosanos 80/90 no que existía un transporte urbano e o interurbanoque atendía dúas realidades ben diferenciadas. Na actualidade, tal

81

Propostas para un modelo de transporte sustentábel

4 Miguel Pazos Otón: Diversificación de la oferta de transporte en las áreas metropolitanasgallegas mediante la posible creación de servicios de cercanías ferroviarias.Actas do II Con-greso de Economía de Galicia (Santiago de Compostela, 21-23 de novembro de 2001).Santiago de Compostela: USC, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2002.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 81

Page 82: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

como comentamos anteriormente, este esquema non responde ásnecesidades. A nova realidade territorial impulsa con forza a pre-senza da «comarca» como eixo organizador do transporte: hai ne-cesidade de conectar as cabeceiras de comarca coas vilas e urba-nizacións dos arredores para dar servizo ás necesidades laborais,de ocio, sanitarias e educativas da poboación. Pero esta realidadebate de fronte cun sistema de transporte baseado nas concesiónsa empresas privadas de liñas de explotación en exclusiva e concontratos pechados por moitos anos. Así, o acceso das liñas co-marcais ás cidades topa cos intereses das empresas de transporteurbano e viceversa. Segundo datos recollidos en prensa, na actua-lidade en Galicia hai arredor de 145 concesións en réxime de mo-nopolio, algunhas delas con duración até o 2028.

No ano 2003, a Xunta de Galicia presentaba o Plano Metropo-litano de Transporte, co que pretendía instaurar o billete únicometropolitano para dar servizo a arredor do 60% dos galegos e ga-legas, segundo os seus datos. Tras once anos, está implantado nasáreas de Santiago, A Coruña, Lugo e Ferrol e con non poucas quei-xas por parte de usuarios/as e concellos.

Por último, mencionar dous modos de transporte existentespero que resultan case que anecdóticos no seu volume de trans-porte comparado cos anteriores: o transporte marítimo de ría e abicicleta. O primeiro está acoutado na ría de Vigo aos traxectosMoaña-Vigo e Cangas-Vigo e presenta un nivel de uso importante.Sobre o segundo apenas comentar que Galicia é un baleiro no quese refire as políticas de promoción da bicicleta, máis aló de inau-gurar servizos de préstamo de bicicletas públicos, dos que a mei-rande parte xa pechou por falta de uso.

Finalmente, no tema aeroportuario non pretendo entrar xa queo capítulo está acoutado ao transporte interno. Apenas salientar aineficiencia da existencia de tres aeroportos en competencia per-manente separados apenas por 160 km no caso de Vigo e A Co-ruña, e por 90 e 66 respectivamente do de Compostela.

82

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 82

Page 83: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Que podemos facer?

Mudar un sistema de transporte non é doado nin se pode facerdun día para outro. Con xa comentamos anteriormente, o petróleobarato e o motor de explosión configuraron nos últimos cincuentaanos a nosa sociedade. Practicamente non hai faciana da nosa vidaque non se vira afectada por esta configuración: afectou a comoorganizamos o noso territorio e os seus asentamentos, ás infraes-truturas (non só de transporte) e servizos, ao sistema alimentarou á distribución e consumo de produtos. Mais tamén, e nonmenos importante, configurou a nosa cultura, o noso esquemamental e, se se me permite, a nosa cosmovisión.

No caso concreto do automóbil, unha ferramenta para despra-zarse converteuse nun símbolo, nunha proxección da nosa imaxe,nun definitorio de status. Por isto as mudanzas non son unica-mente técnicas. Tamén, e non menos importantes, son culturais.

Como afirman Antonio Estevan e Alfonso Sanz,5 «[...]Este mo-delo particularízase no que se refire ao transporte nun ideal de hi-permobilidade, nunha identificación do benestar coa máxima fa-cilidade para realizar desprazamentos motorizados á maiorvelocidade posíbel».

Podemos tratar aquí multitude de medidas de diversa índole,que terían impacto parcial sobre un ou varios dos indicadores dainsustentabilidade do sistema de transporte actual, mais só haidúas que realmente reconfigurarían os nosos conceptos de trans-porte e mobilidade: a creación de proximidade e a relocalización.

As distintas Administracións falan de medidas «correctoras»das eivas do sistema de transporte, pero seguen sen enfrontar a re-alidade da situación: sen unha redución moi significativa do nú-mero de desprazamentos motorizados, a situación actual non tensolución. O xeito de reducir estes desprazamentos non é a cons-trución de infraestruturas de transporte máis rápidas ou eficaces,senón procurar que a satisfacción das necesidades dos/as cidadáns

83

Propostas para un modelo de transporte sustentábel

5 Antonio Esteven e Alfonso Sanz: Hacia la reconversion ecológica del transporte en Es-paña. Madrid. Los Libros de la Catarata, 1996.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 83

Page 84: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

poida facerse dentro dun radio accesíbel aos modos de transportenon contaminantes (a pé, en bicicleta, cadeira de rodas) ou cunservizo eficaz de transporte público.

En resumo, no canto de pensar en como achegar as persoas aosservizos, darlle a volta e pensar como achegar os servizos ás persoas.

Cómpre recuperar a escala humana nas relacións que sustentana sociedade: relocalizando as actividades en espazos máis achega-dos, potenciando dese modo a economía e o tecido social local;reducindo o consumo enerxético e apostando por enerxías reno-vábeis de produción descentralizada e distribuída; reducindo oconsumo de recursos e materiais; relocalizando os nosos espazosde relación social… é dicir, aproximando.

Non é un proceso sinxelo nin rápido, xa que as inercias de se-senta anos de ditadura do automóbil configuraron, como mencio-nei antes, a realidade física da nosa sociedade, pero é imprescin-dible acometelo.

E namentres que podemos facer? Pois debemos implementartodas as medidas que sirvan para diminuír drasticamente o im-pacto ambiental do transporte motorizado e que son amplamentecoñecidas e recollidas en multitude de plans e propostas. O únicoque falta é a vontade política de desenvolvelas.

Son medidas de tipo «pau e cenoria», orientadas a diminuír oimpacto do transporte motorizado, a dificultar o seu uso e a fo-mentar o transvase a modos de transporte non contaminantes e aotransporte público colectivo (no caso das persoas) e á creación decircuítos locais de fabricación, extracción, recolección e consumode alimentos, obxectos e produtos (no caso das mercadorías).

Entre outras podemos falar de diminuír a velocidade de circu-lación, creación de Áreas 30, o car sharing (un coche multiusuariosubstitúe oito coches privados),6 plans de mobilidade nas cidades,nos polígonos industriais e de empresas, medidas fiscais tanto po-sitivas coma negativas, peaxes urbanos, fomentar o uso da bici-cleta, itinerarios peonís, redución do viario para o coche.

84

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

6 Mariano González: Ideas y buenas prácticas para la movilidad sostenible. Madrid: Eco-logistas en Acción. 2007.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 84

Page 85: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Para o fomento do transporte público colectivo sería funda-mental a creación de autoridades únicas de transporte a nivel co-marcal que xestionasen sistemas integrados, estudasen a viabili-dade do tranvía en determinadas cidades, carrís bus e coordenasena intermodalidade de medios de transporte para cubrir todas asnecesidades.

A nivel ferroviario, a aposta sería sen dúbida por unha verda-deira rede de «cercanías», electrificada, con trens rápidos e conmúltiples paradas, completar o deseño da rede galega conectandoCompostela con Lugo e esta coa rede FEVE do litoral norte e asu-mir as competencias sobre ela.

Nun país coma o noso, no que a construción da infraestruturade transporte supón un obxectivo en si, independentemente dasúa necesidade, sería importante a aplicación do Four Stage Prin-ciple7 ideado polo Ministerio de Transporte sueco como base fi-losófica dos seus proxectos. Consiste en someter a un proceso decatro pasos calquera proxecto/necesidade de infraestrutura: enprimeiro lugar reavaliamos esa necesidade con medidas que re-duzan a demanda de transporte e que incidan nun cambio nomodo de transporte. En segundo lugar, buscamos a máxima efi-ciencia no uso da infraestrutura de transporte existente. En ter-ceiro lugar, efectuamos pequenas correccións na infraestruturaexistente para mellorala e, só no último paso, pensamos realmentenunha nova infraestrutura de transporte.

Resumindo, optimizar ao máximo e por todos os medios oaproveitamento das infraestruturas existentes antes de abordar aconstrución de novas.

Pero, permítaseme insistir, a única solución é a volta ao local, aproximidade nun previsible futuro de carestía de fontes de enerxíaao termos sobordado o pico do petróleo. Isto non só suporía uncambio no transporte, senón tamén nas relacións sociais e econó-micas entre as persoas e un paso adiante moi importante cara aunha sociedade verdadeiramente sustentábel.

85

Propostas para un modelo de transporte sustentábel

7 http://regions202020.eu/cms/assets/Uploads/Resources/130314-GP-ESS-Fourstepprinciple.pdf

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 85

Page 86: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 86

Page 87: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Facer política desde a bolsa do lixo.cando ti cambias, todo cambia

María Durán BelosoAmigos da Terra-Galicia

sobre a situación da xestión dos residuos en galicia e como con-verter os residuos en recursos

A situación actual da xestión dos residuos en Galicia ten dous in-gredientes principais: por un lado, o interese dos grupos econó-micos eléctrico-financeiros que desde 1994 conseguiron impoñera súa posición pro incineración que se deu en chamar «modeloSogama» neutralizando a capacidade de movemento das Admi-nistracións de cara ás seguintes décadas e, en consecuencia, hipo-tecando a xestión dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU a partir deagora) no país. E por outro lado, a pusilánime actitude do gobernode Fraga que non só permitiu, senón que participou activamente,un modelo que naceu obsoleto, que se sabía inxusto, irracional einsustentable. Pero hoxe podemos cambialo e debullaremos as al-ternativas e propostas neste capítulo.

Antes de nada cómpre apuntar que o modelo de xestión actualnon é froito dun ineludible camiño polo que Galicia debía transitar,non é polo tanto coma as grandes forzas da física, que son inque-brantables. O manido discurso de «non había» ou «non hai» alter-nativa é unha falacia de enormes proporcións. O modelo foi cons-truído ideoloxicamente baixo un pensamento produtivista ecapitalista, e foi executado polas forzas económicas que obtiñan su-culentos beneficios ao facelo deste xeito. Ignoráronse e séguense aignorar os impactos ambientais e os custes económicos para as arcaspúblicas. Compre ter isto presente xa que non se trata dun cambiotécnico nin dunha discusión estética, senón que é de mentalidade doque estamos a falar. Un cambio de paradigma, político e de modelo.

87

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 87

Page 88: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

antecedentes

Case todas coñecemos os antecedentes e non nos deteremosnunha análise histórica e pormenorizada dos culpables da situa-ción actual, pero cómpre sinalar cando menos algunhas cuestiónsrelevantes:

– Todos os gobernos que pasaron pola Xunta perpetuaron omodelo pro incinerador baseado en Sogama.

– Hai potentísimos intereses económicos, principalmente dosector eléctrico (Unión Fenosa, Gas Natural) e do sector fi-nanceiro (Nova Galicia Banco…) que fixeron da xestión dosRSU unha fonte de lucro de primeira orde, dando priori-dade a estes beneficios e esquecendo todos os demais as-pectos sociais e ambientais.

– O 93 % dos municipios galegos entraron no modelo ante oprezo popular da xestión viciada de orixe e falseado inten-cionadamente grazas ás enormes inxeccións de cartos pú-blicos debido á inclusión da enerxía producida pola incine-ración na cualificación de «renovable», coas conseguintesvantaxes fiscais e axudas públicas.

– A normativa europea establece desde os anos 90 que os re-siduos deben ser xestionados atendendo a unha xerarquíaclara: En primeiro lugar, «reducir», despois «reutilizar», «re-ciclar», «valorizar enerxeticamente» e como última posibi-lidade queda a «vertedura». En Galicia a Xunta aposta desdeo inicio por ignorar a xerarquía europea infradimensionadoa planta e facendo que a metade dos residuos producidosrematen nun vertedoiro. Residuos que aumentan en volumee dificultade de xestión cada ano, coa única excepción doperíodo de crise económica, no que se reduciron nun 3%paralelamente ao PIB.

– Galicia conta cunha das taxas de reciclaxe máis baixas doestado español cun 10% e non hai obxectivos de redución.A Xunta non aposta polo sistema de devolución, depósito eretorno

88

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 88

Page 89: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

(A partir de agora SDDR) nin por alternativas de demos-trada eficacia para a xestión coma a «compostaxe».

– A xeración de residuos non se escinde do crecemento econó-mico. E só se estanca a produción de lixo doméstico en tem-pos de crise, fenómeno que demostra dúas cuestión: que asmedidas de eficiencia teñen fracasado, e moito máis, que asmasivas cantidades de lixo son un efecto dun modelo eco-nómico que precisa de masivos insumos de recursos natu-rais para perpetuarse.

Neste escenario, a Xunta propón en 2010 un plan galego de re-siduos menos ambicioso e coa incineración como piar principal.Proponse desdobrar Sogama cunha segunda planta como basedeste plan, ademais duns obxectivos de redución e reutilizaciónsimplemente testemuñais, aos que se lle adica unha parte ínfimado orzamento, pretendendo perpetuar e prorrogar a hipoteca naque está sumido o país desde 1994. Pola contra, ante a eliminacióndas axudas ás renovables e a intensificación da crise económica,Sogama anuncia unha suba do 34% en 2014 nas taxas que os mu-nicipios pagan á planta incineradora.

Entre tanto, os colectivos ecoloxistas e a sociedade civil tiñaemprendida unha loita de tres direccións: a da resistencia, a damobilización e a da transformación:

– A da resistencia nos campos da Limia ou do Irixo, lugarestenteados inicialmente para a colocación da segunda plantaincineradora. Ambas loitas perdeunas a Administración.

– A da mobilización que culminou nun dos momentos quen-tes de todo o proceso e que supuxo o debate (reclamadopola sociedade civil a través dunha iniciativa lexislativa po-pular proposta en 2013 apoiada por máis de vinte e un milgalegos e galegas) no Parlamento Galego sobre o modelode xestión baseado na incineración.

– A da transformación a través da elaboración de propostasde xestión alternativas que foron repetidamente presentadasá consellería, en foros públicos e á cidadanía. Neste senso,elaboráronse varios informes técnicos («A xestión dos RSU

89

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 89

Page 90: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

en Galiza, propostas para unha xestión preventiva e susten-table» e mais «A realidade da incineración de RSU en Ga-licia e a compostaxe como alternativa») desde a FederaciónEcoloxista Galega e Amigos da Terra. Ao mesmo tempo, vanen aumento as solicitudes municipais para desenvolver pro-xectos de compostaxe doméstica descentralizada.

o fracaso do modelo sogama, sete puntos febles

No actual modelo de xestión, foron claves dous aspectos principaispara levarnos ao borde do abismo no que nos atopamos hoxe endía: a ideoloxización do modelo de xestión e mais os intereses eco-nómicos fortemente relacionados cos poderes políticos galegos.De aquí derívanse as principais razóns polo que o modelo fracasoue se poden condensar condensar en sete puntos.

Mentalidade de residuos e non de recursos

Pensar que a tarefa da Administración é facer desaparecer através da queima (incineración) ou vía enterramento (vertedura)do lixo e renunciar á posibilidade de que os materias poidan volvera ter un novo uso e que a materia orgánica debidamente tratadapoida converterse en novo alimento para a terra. Esquecer que osresiduos son en realidade recursos naturais é o primeiro dos erros.

Ancorados no usar e tirar

A cultura do consumismo fainos xerar en Galicia máis de unquilogramo diario de RSU por persoa. Consumir é un síntoma deprogreso na nosa sociedade, é o motor que move o modelo econó-mico capitalista. Para pechar o círculo é preciso que cada vez máismateria sexa consumida, e polo tanto máis grande sexa cada ano acantidade e complexidade dos residuos. Non ser capaz de afrontareste reto e rachar con esta dinámica é unha estratexia perigosa.

Neste mesmo sentido, cómpre sinalar a «redución» na produ-ción de residuos como a prioridade número un para minimizar a

90

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 90

Page 91: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

problemática. Neste sentido, o modelo Sogama non ten absoluta-mente nada que ofrecer.

O estrangulamento das alternativas

Nin a reutilización (segunda na escala de prioridades) nin avalorización da materia orgánica a través da compostaxe se teñenen conta na xestión.

– SDDR: En Galicia e no Estado español, a industria dos envases, así como as empresas que se ocupan da xestión «in-tegrada» (Ecoembes principalmente) teñen fortes inte reseseconómicos en que non se implanten sistemas de depósitoe retorno. En febreiro de 2014, a Deputación de Pontevedraorganizou unha xornada para municipios financiada porEcoembes na que se sinalaba ao SDDR como un problema.

– Compostaxe: Máis alá de proxectos piloto coa intención defacerlle un lavado de cara verde ás políticas ambientais candao bipartido, a Xunta de Galicia nunca apostou pola compos-taxe, o que está a impedir que o 50% dos residuos de Galicia(a fracción orgánica) poidan ser aproveitados como fertili-zante.

Modelo centralizado, modelo fracasado

Vinculado ao punto anterior, Sogama supón o traslado de cen-tos de miles de toneladas de lixo desde todos os puntos do terri-torio ata a planta de Cerceda xerando un enorme custe na xestiónque teñen que asumir municipios e contribuíntes, ademais do im-pacto ambiental pola enorme cantidade de emisións de gases deefecto invernadoiro que produce o transporte por estrada, princi-pal causante do quecemento global.

A incineración non é a solución

Sogama queima nos seus fornos o contido íntegro do colectorxenérico, producindo, coma todas as incineradoras, compostos

91

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 91

Page 92: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

químicos de altísima toxicidade como «furanos» ou dioxinas entremoitos outros que son liberados ao ambiente.

A cantidade emitida é descoñecida xa que Sogama non fai pú-blicos estes datos nun exercicio de opacidade e de irresponsabili-dade. A súa última memoria de sustentabilidade é de 2008.

A planta obtén enerxía ao converter o lixo en combustible, peroapenas é capaz de satisfacer a demanda interna da planta. Mentres,pérdense toneladas de recursos naturais que poderían ser apro-veitados na súa meirande parte.

Recollida selectiva ineficaz

O modelo Sogama disuade da reciclaxe e non repercute no ci-dadán que fai unha boa recollida selectiva e, polo tanto, elimina oaforro que este feito supón para a Administración.

Igualmente, a non separación da materia orgánica fai inviablea compostaxe e dificulta a separación correcta das outras fraccións.Como resultado, Galicia recicla o 10%, unha cantidade moi afas-tada doutras rexións nas que chegan a un 80% gracias a outrosmodelos de recollida selectiva que se explicarán nas propostas.

A maiores, compre sinalar que a recollida selectiva (chamadapopular e incorrectamente reciclaxe) converteuse nunha arma dedobre fío. Mentres se invisten inxentes recursos na concienciaciónda cidadanía nesta cuestión, esquécense aspectos como a reutili-zación e a redución na xeración, dando lugar a unha falsa concien-cia ambiental ao separar selectivamente. Datos que tiramos do es-tudio sociolóxico elaborado por Amigos da Terra en 2009.

O vertedoiro é o futuro para a metade dos residuos galegos

A planta de Sogama foi proxectada cunha dimensión escasa enon ten capacidade para absorber máis que a metade dos residuosproducidos.

Isto provoca que, mentres á cidadanía galega se lle cobra a taxa dolixo pola incineración, a Xunta está a enterrar a metade dos residuosnun vertedoiro de enormes proporcións ao que non se ten acceso.

92

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 92

Page 93: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Trátase dun caso que ben se podería cualificar de fraude, e quedeixa ao descuberto unha das grandes mentiras do modelo: a súasustentabilidade económica e ecolóxica.

temos un plan: un residuo menos, un problema menos

Á hora de elaborar unha proposta para a xestión de residuos quesexa sustentable, xusta e solidaria non imos a basearnos nas fra-quezas do actual modelo, senón que imos a repensalo de cero,sendo conscientes de que algunhas medidas poderán ser acome-tidas a curto prazo e outras deberán agardar a unha consolidacióndo modelo alternativo.

En calquera caso, desenvolvemos unha proposta baseada endoce elementos para deseñar un escenario realista non máis aláde 2025 co obrigado compromiso cidadán, político e empresarial.

Cambio de paradigma: «Os residuos son recursos»

Baixo esta perspectiva a nosa sociedade non se pode permitir estenivel de rexeitamento de recursos naturais nun planeta no que estesson finitos, o petróleo encarécese e as novas tecnoloxías permiten aprodución de envases e produtos de altísima durabilidade e calidade.

En primeiro lugar, cómpre establecer unha política de reduciónde residuos radical con obxectivos concretos e ambiciosos de caraa 2020. A nosa proposta é do 20% sobre os niveis de produción de2010 e continuar unha redución progresiva anual.

A aposta polo chamado «residuo cero» ten amosado o seu éxito,en Cataluña por exemplo, son xa corenta e sete os municipios su-mados a esta iniciativa e hai moitas máis adhesións en camiño.

Ademais, é posible e preciso acometer unha serie de reformasno modelo de produción e consumo que faciliten a transición caraa un modelo de residuo cero:

– Establecer ferramentas económicas que encarezan os enva-ses, así como a prohibición dos que dificulten a reutilización.

– A prohibición das bolsas de un so uso ou de bandexas deporexpán.

93

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 93

Page 94: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

– A prohibición de envases que non se poidan reciclar, comaos tetrabricks, por exemplo.

– O establecemento de incentivos económicos aos sistemasde retorno de envases.

– A obriga de facer compatibles e durables tanto os compo-ñentes electrónicos coma os electrodomésticos.

– Unha aposta decidida polos produtos alimentarios frescose de proximidade que requiren para a súa manipulación edistribución menos envases e, os que precisan, son menosperigosos.

Estes son só algunhas medidas que producirían un descensorápido no volume de fracción resto así coma de residuos non re-tornables nin reciclables, cun mínimo prexuízo para o cidadán.

Cambiar o chip do usar e tirar

Establecer políticas decididas contra a obsolescencia percibidae tipificar como delito ambiental a obsolescencia programada. Uti-lizar a tecnoloxía para deseñar produtos duradeiros, reutilizablese, en último caso, con compoñentes ou envases reciclables.

En resume, trátase de facer que o usar e tirar non estea demoda, que sexa difícil e custoso que as industrias ou comercioscontinúen facendo negocio co rexeitamento de recursos que re-matamos por ter que xestionalos con fondos públicos.

Implantar a tal efecto medidas fiscais que favorezan as empresasque fagan as cousas ben e que graven as que perpetúen o modelo ac-tual tería un efecto cascada de boas prácticas empresariais. Igualmentexurdiría un nicho económico novo: o da reparación e o recambio.

Reutilizar o reutilizable

Implantación decidida do SDDR que vén amosando a súa efi-cacia en moitos países do noso entorno e mesmo en experienciaspiloto desenvolvidas no país. Desta forma reduciríase a presiónsobre os recursos naturais, e en particular a dependencia do pe-

94

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 94

Page 95: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

tróleo e de minerais. Xurdiría un novo negocio relacionado coareutilización de envases e a fabricación de produtos retornables.

Os SDDR triplican os índices de recollida selectiva para os en-vases suxeitos a depósito, aumentando do 35% actual para os en-vases de bebidas ata un 90%. Ademais, dálle pulo á redución deresiduos, facilita a reintrodución de envases reutilizables e acadano máximo nivel de reciclado.

A compostaxe funciona

O 50% dos residuos producidos a nivel doméstico son orgáni-cos. Separados axeitadamente e compostados na súa orixe (sexa anivel doméstico ou a nivel municipal) revalorizariamos a metadedos RSU’s, converténdoos no mellor dos abonos naturais para hor-tas, xardíns ou solos forestais.

Ademais, esta é a mellor forma para os municipios de reducir afactura a pagar a SOGAMA podendo repercutir os aforros na xes-tión a aquelas persoas que fan compostaxe e separan axeitadamente.

En Amigos da Terra temos quince anos de experiencia na prác-tica da compostaxe doméstica descentralizada. Pola nosa expe-riencia en concellos como Piñor, Arzúa ou O Grove, entre outros,podemos dicir que estes municipios xa teñen amortizado o custedo programa de compostaxe e están cada ano aforrando diñeirona xestión dos residuos, só con esta medida.

Podemos dicir, polo tanto, que a compostaxe funciona e propo-mos a compostaxe descentralizada a nivel doméstico ou municipalcomo un piar fundamental para unha nova política de xestión.

Aplicar o principio de proximidade

A proposta que está sobre a mesa da consellería é un plan dis-tribuído por comarcas que ten como principal obxectivo a máximadescentralización da xestión. A base desta iniciativa é a creaciónde plantas comarcais de compostaxe de materia orgánica para axestión do residuo verde dos xardíns municipais, así coma para oresiduo orgánico dos cidadáns residentes en áreas urbanas.

95

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 95

Page 96: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Deste xeito, non só redistribuiriamos a xestión evitando otransporte de enormes cantidades de lixo durante centos de qui-lómetros ao longo de todo o territorio, senón que tamén se xera-rían novos postos de traballo. Sogama, por cada 100.000 toneladastratadas, xera 14 empregos. En comparación, a planta de compos-taxe do Barbanza ten 150 empregad@s e trata 34.000 Tm/ano. Para100.000 Tm, xeraríanse 438 postos de traballo que estarían distri-buídos xeograficamente e repercutirían nestas zonas os beneficioseconómicos e ambientais obtidos pola produción de compostaxe.

A mellor recollida é o porta a porta

A recollida selectiva debe dar prioridade a dous aspectos: – A proximidade ao cidadán. Identificando claramente a can-

tidade de residuo xerado por cada domicilio e o seu tipo.– A correcta separación da materia orgánica.

Para acadar estes obxectivos a proposta é a implantación da re-collida porta a porta. Este é o sistema que ten dado bos resultadosen municipios de Euskadi, por exemplo. En particular, o caso doconcello de Hernani é relevante. Nel acadouse unha taxa de reci-claxe do 81% grazas a unha correcta separación inducida por estessistema de recollida.

Outras vantaxes do porta a porta son: – A menor ocupación do espazo público con colectores.– A maior dependencia de man de obra e menor investi-

mento en maquinaria ou colectores soterrados, etcétera,polo que derivariamos parte do orzamento municipal daxestión cara á xeración de postos de traballo.

– Permite aplicar o principio do que contamina paga, comose explicará no seguinte apartado.

Quen o fai ben, paga menos

Aplicar o «principio do que contamina paga» é unha medidalóxica tamén para a xestión dos residuos. As familias responsables

96

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 96

Page 97: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e implicadas cunha boa xestión non teñen porque pagar máis seconseguen gracias as súas prácticas reducir o volume xerado. Igualque pasa coa luz ou a auga.

A dificultade no caso do lixo é coñecer e levar un control «fogarpor fogar» do volume producido. A través da recollida porta aporta podemos repercutir o aforro que cada cidadán realice naboa separación ou na redución a hora de cobrar a taxa municipal.Este é un aspecto fundamental a hora de incentivar a participacióncidadá na boa xestión e impulsar as prácticas eficientes.

En Galicia, o concello de Piñor por exemplo, xa repercute oaforro nas taxas do lixo a aqueles cidadáns que fan compostaxe.

Esta non é unha medida nova, senón que xa se aplica en variospaíses de Europa Central con éxito na implicación da cidadaníanas boas prácticas ambientais.

Un plan que permita poñer en práctica estas medidas

Evidentemente, algunhas das medidas propostas precisan davontade política e da superación dos intereses empresariais a proldunha xestión que vele polos principios de sustentabilidade, xus-tiza e solidariedade.

Neste sentido, é preciso un «plan galego de residuos» partici-pado pola sociedade civil, que se debe sentir partícipe e responsa-ble da política de residuos de vez.

O vertedoiro para a fracción resto

O combustible principal dos fornos das incineradoras é a frac-ción resto, que na actualidade conta a maiores en Galicia co 50%do residuo orgánico. De aplicarse estas medidas a incineracióndeixaría de ter o combustible mínimo para ser rendible xa que afracción resto veríase limitada a cantidades moi pequenas que po-derían ser xestionadas de forma descentralizada en vertedoiroscomarcais con pouco impacto.

Desmantelaríase así a incineradora de Cerceda e a planta po-dería ser reconvertida en factoría de reciclaxe.

97

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 97

Page 98: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

O fin do oligopolio dos SIG

Os «sistemas integrados de xestión» (o famoso punto verde queaparece nos envases), son sistemas perversos de un par de empre-sas que reciben cartos da industria dos envases por facerse cargoda xestión, sen importar que tipo de xestión, indistintamente dese o envase se retorna, recicla ou incinera. Desta forma descárgasea responsabilidade do fabricante nunha pequena cota que nonserve para pagar unha correcta xestión e que creou un grupo deinterese económico que se lucra máis cantos máis envases se pro-ducen, un sistema perverso que cómpre actualizar.

Ecoembes defenderá que o seu sistema funciona, pero en re-alidade o que ten é medo de perder a súa posición de privilexionun modelo montado practicamente á súa medida. Os SIG desem-peñarán un papel secundario nun modelo de xestión que produzamenos envases e nos que moitos dstes sexan retornables.

Unha industria florecente: menos lixo significa máis emprego

A implicación das Administracións públicas e dos sectores em-presariais son claves neste aspecto, xa que cunha boa separaciónselectiva, unha industria florecería ao calor das novas políticas: ada reciclaxe e a reutilización. Pero igualmente a da recollida selec-tiva (con máis demanda de man de obra) e a da compostaxe, des-centralizada en todo o territorio.

Do informe More jobs, less waste, elaborado por Friend of theEarth Europe, tíranse conclusións moi relevantes. Unha delas si-nala que se na Unión Europea se reciclase o 70% dos residuos, po-deríanse crear polo menos 500.000 empregos. O informe taménpon de manifesto que a reciclaxe dos residuos crea dez veces máisempregos que a súa eliminación no vertedoiro ou na incineración.

Educación ambiental, a pedra angular

Non por ser o último dos aspectos citados é o menos impor-tante, mais ben ao contrario, cómpre salientar que o punto sobre

98

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 98

Page 99: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

o que se basea o novo modelo de xestión precisa dunha forte com-poñente de sensibilización e de educación que aborde no ámbitodo cambio de hábitos o que a vontade política debe afrontar noámbito das iniciativas públicas.

Neste escenario, a educación ambiental encargarase de explicará cidadanía as melloras que supón o novo modelo e razóns polasque asumir certos cambios que poden supoñer unha incomodi-dade inicial, pero que son precisas para rematar cun dos grandesproblemas ambientais do noso tempo.

Facer política desde a bolsa de lixo pode parecer que é algo afas-tado da nosa realidade, pero a educación ambiental ten a obriga defacer que a cidadanía se implique no cambio desde o principio.Neste sentido, ampliarei este argumento no seguinte punto.

En min está o cambio

Vin na parede da universidade unha pintada que chamou a miñaatención: «Todo pode cambiar, pero non cambiará só». E engadiría:«cambiará se eu cambio e se ti cambias». Chegado este punto, re-súltame complicado continuar eludindo a miña responsabilidadecomo consumidora, como cidadá e incluso como ser humano.

Pódese comprender que a moitas persoas lles resulte complexofacer seus os impactos do cambio climático, as implicacións dostratados de libre comercio ou as complicadas relacións entre ospoderes políticos e económicos. Pero resulta moito máis compli-cado seguir buscando escusas para un problema que comezacando eliximos un produto no supermercado, que continúa candodecidimos desbotalo ou rematar coa súa vida útil e que cada díatemos que sacalo pola porta da nosa propia casa cara a un dos co-lectores dispostos no medio da rúa en vistosas cores.

Como consumidora teño a responsabilidade cada vez quetomo pequenas decisións cotiás: cando me atopo na miña tendahabitual a piques de elixir, pero tamén como cidadá cando meatopo na «asemblea» do bar, da reunión familiar ou da asociaciónveciñal. E que dicir, claro, cando estou no colexio electoral fronteaos sobres e as papeletas.

99

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 99

Page 100: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Son momentos nos que decidimos formar parte do problemaou da solución. Todos e cada un dos días do ano, porque non haidía que non haxa que sacar o lixo.

Unhas semanas atrás recibín un correo, e na súa sinatura, baixoo nome, dicía: «O mundo muda co teu exemplo, non coa túa opi-nión». O cadro da páxina seguinte quere ser unha orientación eincluso pode ser, se cadra, unha provocación para os que querenformar parte desde xa da solución e deixar de selo do problema.

informes e documentación de interese por temas

Sobreconsumo e cultura de usar e tirar

Como utilizar os recursos naturais do planeta:http://tierra.org/spip/IMG/pdf/Consumimos_demasiado.pdf

Obsolescencia programada

Informe de Les Amis de la Terre: A obsolescencia como sim-bolo da sociaedade de usar e tirar: http://issuu.com/amisdelaterre/docs/rapport_op/3?e=5912788/3322620

SDDR

Informe de RETORNA, Qué hacemos con los envases?:http://issuu.com/_retorna/docs/que-hacemos-con-el-envase/1?e=3639161/2717733

Compostaxe

Vantaxes da compostaxe: http://tierra.org/spip/IMG/pdf/Informe_compost_web_con_tabla_buena-1.pdf

Manual de compostaxe:http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/doc-residuos/doc_download/216-manual-de-compostaxe

100

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 100

Page 101: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

101

Facer política desde a bolsa do lixo

o QUE Hai pRoposta QUE podEs FacER ti?

Os residuos están consideradoscomo refugallo.

Os residuos son recursos, teñenvalor e pódense aproveitar.

Infórmate, faite sensible, organí-zate. Abaixo tes algunhas ideas.

Non existen obxectivos nin polí-ticas de redución ambiciosas(Un 10% respecto a 2009 para2020).

Obxectivos concretos e ambicio-sos de redución para 2020.

Organízate e demanda un plangalego ambicioso en redución.

Separación selectiva da fracciónresto.

Recollida separada da materiaorgánica.

Proponte ter unha horta e com-postar ou facer vermicompos-taxe.

Non sei o que se fai cos residuosna miña cidade.

Información, transparencia eparticipación.

Infórmate nas fontes abaixo si-naladas sobre a xestión e o mo-delo.

Incinérase o 50% dos residuosque chegan a SOGAMA e oresto lévanse ao vertedoiro.

A incineración non ten sentidose non hai residuo que queimar,os vertedoiros serían pequenos edescentralizados.

Compostar evitará que Sogama teña combustible. Co-meza hoxe a traballar para rema-tar coa incineración.

A miña taxa de lixo é alta. Redu-cir a cantidade de residuos nonten consecuencias na factura, sópara o meu municipio.

Debe haber unha relación entreas boas prácticas e o aforro eco-nómico.

Faite unha auditoría e analizaonde podes reducir. Se producesmenos e separas correctamente,o teu municipio pagará menospola xestión.

Galicia recicla un 10% dos seusresiduos

Galicia pode chegar a reciclar,coma Hernani, o 80% a través darecollida porta a porta.

Polo que separas correctamenteo teu municipio recibe ingresos.Así hai menos escusas para queo goberno municipal non apostepolo porta a porta.

Cada galega produce 1,21 kg deresiduos cada día.

Podemos reducir a porcentaxede papel, e sobre todo de enva-ses, nun 30%.

Merca sen envase (fresco e deproximidade), elixe vidro. Nonmerques tetra-brick, pois é irre-ciclable.

O goberno galego quere poñerunha segunda incineradora.

Galicia pechará a incineradorade Cerceda antes de 2025

Organízate en colectivos, asinaas iniciativas, mobilízate.

A cidadanía galega relaciona aprotección do medio ambientesó coa separación selectiva e nonsabe nada de redución.

Facer da educación ambientalunha ferramenta esencial paraconstruír unha cidadanía crítica,participativa e mobilizada.

Infórmate nas fontes sinaladasembaixo. Politiza a túa bolsa dolixo. Reduce e reutiliza.

As bolsas de un só uso ou asbandexas seguen sendo legais. Acultura do usar e tirar está portodas partes.

Rexeita a cultura do usar e tirar,a obsolescencia programada epercibida.

Rexeita bandexas de plástico, usabolsas reutilizables. Prolonga avida útil dos produtos electróni-cos e non te deixes levar polasmodas.

Todos os partidos políticos queestiveron no goberno desde 1994apostaron polo modelo Sogama.

Elixe partidos con outra políticade residuos.

O goberno non aposta polacompostaxe.

O meu municipio pode facercompostaxe.

Pídelle á túa alcaldía que faga unprograma de compostaxe. Orga-nízate.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 101

Page 102: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Redución, reciclaxe e recollida selectiva

Informe de FEG e Amigos da Terra para un novo modelo dexestión en Galicia: http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/doc-residuos/doc_download/72-informe-qpropostas-para-unha-xestion-preventiva-e-sostible-dos-residuos-solidos-urbanos-en-galiciaq

Incineración

Plataforma galega contra a incineración e pola compostaxe:http://galizasenincineracion.wordpress.com/

GAIA: http://noalaincineracion.org/gaia/

Políticas públicas

Plan galego de residuos:http://sirga.cmati.xunta.es/plans-e-programas-sirga?content=/Portal

-Web/Contidos/Plan/plan_0001.html

Ley de envases: http://www.boe.es/boe/dias/1997/04/25/pdfs/A13270-13277.pdf

Directiva europea de residuos:http://europa.eu/legislation_summaries/environment/waste_management/ev0010_es.htm

Residuo cero: http://www.zerowaste.org/

Emprego e residuos

Informe Más puestos de empleo, menos residuos:http://tierra.org/spip/IMG/pdf/Mas_puestos_de_trabajo_menos_residuos_castellano-2.pdf

102

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 102

Page 103: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Estimación do emprego potencial na implantación e desenvolve-mento da primeira fase do SDDR en España (xullo de 2011):http://retorna.org/mm/file/Documentacion/EstudioEmpleo.pdf

contactos útiles para pasar á acción

Amigos da Terra: www.amigosdaterra.netFEG: http://www.federacionecoloxista.org/Fundación Catalana para a prevencion de residuos e consumo:http://www.residusiconsum.org/RETORNA: http://retorna.org/es/GAIA: http://noalaincineracion.org/gaia/Zero Waste: http://www.zerowaste.org/

103

Facer política desde a bolsa do lixo

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 103

Page 104: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 104

Page 105: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

Antonio García AllutFundación Lonxanet para a Pesca Sustentable

introdución

Neste capítulo preséntanse tres epígrafes diferenciados. O primeirodeles achega unha descrición moi xeral da importancia da pescaen Galicia a modo de contextualización previa. Séguelle unha ex-posición, tamén xeral, acerca dalgunhas das características, de ca-rácter estrutural, ás que se ve sometida a pesca en calquera partedo mundo. O lector non familiarizado co tema deberá telas enconsideración para unha mellor comprensión da mesma. A acti-vidade pesqueira, fronte a outras actividades económicas do sectorprimario, coma a agricultura, hai que entendela no marco dun es-cenario afectado por un maior grao de incerteza, tanto física comoeconómica, ambiental e de mercado.

No segundo texto, tratamos de alertar sobre o precario futurodos recursos pesqueiros nos océanos do mundo, algunhas das cau-sas desta deterioración e as súas potenciais consecuencias sobre aseguridade alimentaria a escala global.

No terceiro texto preséntase, a modo de exemplo, a necesidadede introducir novos enfoques metodolóxicos e conceptuais quesexan aplicables ao desenvolvemento de políticas pesqueiras máisoperativas e comprometidas coa sustentabilidade social, econó-mica e ambiental das pesqueiras e dos nosos océanos.

Finalmente, descríbense algúns dos principais problemas ac-tuais derivados da racionalidade política e económica dominanteno contexto internacional. Esta racionalidade actúa como causa eefecto dun modelo de gobernación dos recursos pesqueiros queestá a propiciar a explotación desmesurada dos mesmos, ademais

105

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 105

Page 106: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de favorecer maiores asimetrías e desigualdades na poboaciónmáis dependente da pesca.

Ante esta situación, propóñense algúns argumentos que apun-tan na dirección de como transitar cara a outros modelos de go-bernación que corrixan estes desequilibrios. En definitiva, profun-dar na democratización da xestión dos recursos pesqueiros,entendidos estes desde a súa natureza xurídica, é dicir, como «benscomúns», de todos.

O conxunto destes textos, ten como principal finalidade xerarno lector unha reflexión acerca dalgúns dos problemas, aínda nonresoltos, que están relacionados coa sustentabilidade dos recursospesqueiros dos nosos mares e océanos. Problemas que se poden ex-perimentar a nivel local, como no caso de Galicia, pero que real-mente son problemas que se dan a escala global e aféctannos a todos.É importante concienciarse de que o os océanos son ecosistemasabertos, e que unha acción de pesca desmesurada nunha rexión afas-tada doutra pode repercutir negativamente na dispoñibilidade fu-tura dos recursos nesta última. Os peixes non entenden de frontei-ras. Desenvolver políticas pesqueiras de Estado sobre criterios desustentabilidade é unha obriga política de responsabilidade nacio-nal, pero tanto ou máis importante é avanzar cara a un modelo dexestión pesqueira de ámbito internacional no cal a sustentabilidadesocial, económica e ambiental estean en equilibrio e constitúan real -mente un compromiso a alcanzar no conxunto do planeta.

i. algunhas características específicas da actividade pesqueira

A pesca en Galicia constitúe unha das principais fontes económicasda poboación que vive na franxa costeira. Actualmente contabilí-zanse máis de 4.500 embarcacións que empregan a preto de 14.000pescadores que se distribúen entre as máis de setenta poboaciónse portos do noso litoral. Tamén hai ao redor de 4.000 mariscadorasque recollen diferentes tipos de bivalvos, crustáceos e algas.

Cando se fala da frota pesqueira galega estamos a referirnos aaquela que principalmente opera en augas do caladoiro Cantá-brico Noroeste (caladoiro ao que pertencen as augas adxacentes a

106

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 106

Page 107: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Galicia). Existe outra frota que actúa sobre outros caladoiros, tantoeuropeos como de augas distantes como as do Pacífico, o Índico,o Atlántico Sur…

A frota que faena en augas adxacentes a Galicia é moi hetero-xénea, e esta diversidade é importante resaltala. Algúns parámetrose variables que as diferencian son: escala de produción, potenciade motor, eslora, artes de pesca, modelos organizativos, sistemasde retribución a bordo, grao de dependencia do coñecementocientífico, sistemas de xestión de recursos pesqueiros, criterios deselección da tripulación, investimento financeiro, arraigamento doarmador e da tripulación á comunidade local, etcétera

Neste sentido, clasifícase á frota pesqueira en tres subcatego-rías: sistema produtivo «industrial», «semiindustrial» e «artesanal».

En termos xerais, o sistema produtivo industrial caracterízasepola maior escala de produción respecto aos outros dous sistemasprodutivos. Está representado polos diferentes tipos de embarca-cións que empregan o arrastre como principal arte de pesca. Assúas principais pesqueiras son as da pescada, xurelo, xarda, rape,lirio… Tamén os grandes cerqueiros que empregan a arte do cercopoden ser incluídos nesta categoría. As principais especies de cap-tura do cerco son o xurelo, a xarda e a sardiña.

O sistema produtivo semiindustrial estaría composto por em-barcacións que empregan especificamente a arte do volante (vo-lanteiros), o palangre de fondo (palangreiros) e o cerco pequeno(racús). A súa escala de produción é menor que no caso anterior.As principais especies sobre as que actúan son a pescada e a xardapara as dúas primeiras artes e a xarda, xurelo, sardiña, sargo e ro-baliza para o cerco pequeno.

Finalmente, estaría o sistema produtivo artesanal, ao que co-rresponderían as embarcacións con menor escala de produciónque empregan ao longo do ciclo anual de pesca diferentes artespara cada especie ou grupos de especies. Son máis polivalentes.Empregan as nasas para o polbo, os miños, unha arte de malla quecaptura especies como o rape, sargo, centola… ou as betas, outraarte de malla, orientada fundamentalmente á pixota (pescada), sal-monete…

107

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 107

Page 108: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

En Galicia existen sesenta e dous portos nos que se descarganas capturas. En total actúase sobre preto de 250 especies diferentesde peixes, crustáceos, moluscos e mais equinodermos.

A pesca xera emprego directo pero tamén arrastra á creacióne dinamismo doutros sectores económicos interdependentes e re-lacionados coa pesca: distribución, industria conserveira, constru-ción de barcos, hostalería…

A continuación expomos algúns trazos xerais da actividadepesqueira válidos para a maioría dos contextos nos que esta acti-vidade estea presente.

A pesca é unha actividade extractiva. Como tal actúa sobre unmedio voluble e sobre uns recursos maioritariamente móbiles. Aactividade pesqueira implica unha estratexia de procura, deteccióne captura. Características que a converten nunha actividade conaltos niveis de incerteza (seguridade física, seguridade econó-mica…), sobre todo se a comparamos con outros sectores como aagricultura, no cal as posibilidades de controlar e domesticar osprocesos produtivos son maiores. A alta variabilidade nas capturasé unha das características dos procesos de produción pesqueira.

Outra consideración a ter en conta na actividade pesqueira é anatureza xurídica dos recursos sobre os que actúan os pescadores.Os recursos pesqueiros non son de propiedade privada, son «benscomúns» tanxibles, é dicir, son «bens de todos». Pertencen e res-ponden ao interese de todos os cidadáns dun país.

A cidadanía delegou no Estado a función de velar por unhapesca responsable. O Estado é quen define como xestionar e regularos recursos. Faino aplicando criterios de precaución e normas queregulan a explotación dos recursos pesqueiros sobre a base do co-ñecemento científico. A finalidade dun bo modelo de xestión é evi-tar a explotación desmesurada dos recursos pesqueiros e asegurarque as xeracións futuras dispoñan polo menos das mesmas posi-bilidades de pesca que as xeracións actuais. Nese sentido, o Estadodefine as normas de como explotalos e quen pode facelo.

Os dereitos de acceso aos recursos pesqueiros son asignados agrupos específicos de usuarios (pescadores) que usufrutúan estes

108

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 108

Page 109: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

recursos coa expectativa de xerar un beneficio propio. Ser usufru-tuario e beneficiario directo dun recurso de «propiedade común»leva implícito un compromiso social coa cidadanía en termos deboas prácticas. A definición de «recursos de pertenza común» levaimplícito un exercicio de responsabilidade por parte dos usuarios,pero non sempre é así.

A produción pesqueira mundial en mares e océanos chegou aoseu límite nos anos 90 (ao redor dos 100 millóns de Tm de pescadesembarcada anualmente) e a tendencia nos últimos dez anos édecrecente (duns 80 millóns de Tm anuais), situación que ten unharepercusión directa sobre a industria pesqueira ao vérense redu-cidas as súas posibilidades de pesca debido a esta tendencia.

Manter os ecosistemas mariños e os stocks de peixes en estadoóptimo é complexo. Existen factores, pouco controlables, que in-flúen na alteración deste ecosistemas, tales como a contaminación,o cambio climático e a actividade pesqueira propiamente dita. Aincidencia dos dous primeiros factores sobre a mortaldade de pei-xes é difusa e difícil de estimar. Con todo, para unha gran parteda comunidade científica, a principal causa de mortaldade de pei-xes é a propia actividade pesqueira.

Outra característica dos modelos de xestión das pesqueiras éque precisan de grandes investimentos de fondos públicos paracontrolar, mediante vixilancia e fiscalización da actividade pes-queira. A finalidade é facer cumprir as normativas vixentes e con-tribuír con iso a unha explotación máis sustentable. A problemá-tica xorde da dificultade de controlar a miles de embarcacións queoperan sobre unha área mariña de gran extensión. Nestas circuns-tancias existe a tentación de que unha porcentaxe indeterminadadestas embarcacións desenvolvan malas prácticas pesqueiras, talescomo a pesca ilegal, que poidan repercutir sobre os stocks de pei-xes e comprometer a súa viabilidade futura.

Finalmente, unha última apreciación. Os peixes, unha vez cap-turados, precisan ser vendidos con certa rapidez para evitar a súaperda de valor debido ao seu carácter perecedoiro. Esta caracte-rística, sobre todo na extracción de peixe fresco, imprime ao mer-cado da pesca un alto dinamismo nas transaccións que implica

109

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 109

Page 110: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

unha alta opacidade. Isto dificulta o acceso aos datos reais de cap-tura, cuestión que repercute na calidade dos resultados científicosnas avaliacións das pesqueiras.

ii. a sustentabilidade da pesca: un problema global

II.1. A crise do goberno dos océanos e os recursos pesqueiroscomo un problema global

O estado dos recursos pesqueiros a nivel global é preocupante.Hoxe en día fálase da crise da gobernación dos océanos comoprincipal causa do estado de explotación desmesurada dos nososmares. Dito doutro xeito, a ausencia de modelos de xestión efecti-vos e a falta dun compromiso real dos gobernos nacionais na apli-cación dos acordos establecidos no marco de organismos interna-cionais.

A finais da década dos 70, as organizacións internacionais co-mezaron a observar signos claros de explotación non sustentablede importantes stocks de peixe, modificacións en ecosistemas, per-das económicas considerables e conflitos internacionais sobre aordenación e o mercado da pesca (FAO, 2000). Como consecuen-cia desta preocupación, en 1982 aprobouse a Convención das Na-cións Unidas sobre os Dereitos do Mar, achegando un novo marcoxurídico para a ordenación dos recursos mariños.

En 1991, o Comité Internacional de Pesca de FAO (COFI) pro-puxo a necesidade de aplicar con urxencia novos enfoques para aordenación pesqueira que comprendesen os aspectos non só am-bientais, senón tamén sociais e económicos. Para iso deseñouse oCódigo de Conduta para a Pesca Responsable. En 1992, no Cumiode Río, apoiouse este instrumento e en 1993 aplicouse naquelespaíses que de forma voluntaria o adoptaron como unha fórmulapara mellorar a explotación dos recursos pesqueiros e mellorar ascondicións socioeconómicas dos pescadores.

A produción pesqueira marítima mundial na década dos 90era de aproximadamente cen millóns de toneladas. Con todo, noperíodo 2002-2014, é dicir, no últimos dez anos, e a pesar de todos

110

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 110

Page 111: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

estes intentos internacionais de mellorar a situación das pesquei-ras, e a pesar tamén do incremento da actividade extractiva, a pro-dución mundial de peixe en augas oceánicas e costeiras caeu a oi-tenta millóns de toneladas, estancándose nesta magnitude duranteeste tempo (FAO, 2014). Todo indica que se chegou ao límite dacapacidade produtiva dos océanos e agora a tendencia é a dimi-nución produtiva a nivel global. Unha cuestión que alerta de queas medidas tomadas até agora non son efectivas abondo, máximenun contexto mundial no que a demanda de produtos pesqueirosaumenta.

Factores como o aumento demográfico da poboación mundial,a crecente demanda de produtos da pesca, a modernización tec-nolóxica e a capitalización desmesurada das frotas que incentivana competición entre elas, son algunhas das causas que contribúená explotación non sustentable das pesqueiras. Son causas que estána contribuír tamén a frear o proceso de renovación natural dos re-cursos pesqueiros. Este contexto de alta competitividade e incre-mento no esforzo extractivo está a promover que un recurso re-novable (e con potencial de restauración nas poboacións depeixes) se transforme noutro con menor taxa de renovación emenor resiliencia, unha circunstancia que achega, se cabe, unhacomplexidade adicional aos modelos de xestión na medida en que,nestes tempos, se xestionan recursos que se atopan sometidos á«lei de rendementos decrecentes».

II.2. Algunhas causas do fracaso da xestión pesqueira

A pesar das medidas de control aplicadas en moitos países, inclu-sive naqueles nos cales as pesqueiras se xestionan sobre a base deimportantes investimentos en ciencia e a unha alta fiscalización eregulación, coma no caso da Unión Europea, non se obtiveron osresultados esperados.

Existen unha serie de factores implícitos en certas políticas pes-queiras, e mais en todo o proceso produtivo pesqueiro, que estána favorecer o aumento do esforzo extractivo e o declive das pes-queiras, ou polo menos que estas non se recuperen a niveis ópti-

111

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 111

Page 112: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

mos. Algúns exemplos: incremento dos custos de produción (com-bustibles, artes de pesca…); concesión de subsidios; posibilidadede transferencia dos dereitos individuais de pesca, xestión centra-lizada e non colaborativa; ausencia de incentivos para as boasprácticas; escasa transparencia e opacidade do mercado; aplicaciónde medidas a curto prazo que non responden a unha visión futurade preservación dos recursos; mecanismos ineficientes de parti-cipación e débil articulación entre institucións; degradación eperda de hábitats; elevado volume de descartes nas operacións pes-queiras; capturas ilegais e non declaradas… Estes factores estánagravando actualmente o estado de moitas das pesqueiras a nivelmundial, dificultando a eficacia das políticas pesqueiras e cuestio-nando a viabilidade económica das empresas do sector, tanto ar-tesanais coma industriais.

Un exemplo paradigmático da deterioración das condiciónsambientais, económicas e sociais do sector pesqueiro ilústrao a an-terior política pesqueira da Unión Europea. Esta situación de de-terioración levou á Comisión Europea a admitir que as políticaspesqueiras predecesoras (2003-2013 e anteriores) non lograron al-canzar os obxectivos propostos de facer do sector un modelo pro-dutivo sustentable.

Pero este tipo de problemas están bastante xeneralizados a nivelinternacional e non é exclusivo da Unión Europea. As principaisconsecuencias destas deficientes políticas pesqueiras tiveron comoprincipal resultado a redución dos ingresos dos pescadores e o de-semprego, así como o aumento da pobreza. Unha deterioracióneconómica e social que se visualiza, sobre todo, nas comunidadespesqueiras artesanais, ao ser estas as máis vulnerables pola súa ele-vada dependencia desta actividade e con escasas alternativas eco-nómicas á pesca en caso de paralización da embarcación.

Este escenario resalta o forte condicionante entre o estado dosrecursos pesqueiros (saúde do ecosistema mariño) e o continxentesocial relacionado (benestar social). Por esa razón, a actividadepesqueira non só debe ser vista polos gobernos como un sectorque contribúe ao produto interior bruto (PIB) dun país en termosmacroeconómicos. En moitos países con tradición pesqueira,

112

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 112

Page 113: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

como Islandia, España, Indonesia, Canadá, Nova Zelandia, Xapón,Perú ou Chile, entre outros, a pesca artesanal é tamén un sectorestratéxico, xa que é clave para a xeración e mantemento do em-prego dos estratos sociais menos capitalizados e formados, asícomo para a dinamización socioeconómica e a contribución aobenestar das poboacións costeiras.

iii. os sistemas produtivos como categorías máis operativasdesde as que abordar as políticas pesqueiras con obxectivosde sustentabilidade

Termos e conceptos como «pesca costeira», «pesca local», «pescade baixura», «pesca artesanal», «pesca de litoral»… son empregadospor políticos, científicos e representantes do propio sector pes-queiro de forma recorrente para se referiren a unha serie de activi-dades produtivas con características supostamente comúns. Sonacepcións que se utilizan de forma rutineira sen cuestionar o seucontido nin as consecuencias do seu uso indiscriminado. Nunmesmo concepto involucran a continxentes humanos que explotanos recursos pesqueiros a diferentes escalas produtivas e en condi-cións de produción técnica e socioeconómica altamente dispares.

Resulta evidente que se trata de acepcións que non foron dis-cutidas en profundidade, polo menos por unha boa parte da co-munidade científica e política. Tampouco o sector pesqueiro euro-peo, salvo o denominado «artesanal», ou unha parte del, demandoude forma organizada e acordada a necesidade de usar un termo ououtro para referenciarse (reivindicarse) a través das diferenzas sig-nificativas entre os diferentes subsectores pesqueiros.

Os conceptos de pesca costeira, pesca de baixura ou pesca delitoral, non son equivalentes ou sinónimos de pesca artesanal, epor tanto non deben ser empregados como tales.

Pesca costeira, pesca de baixura (in-shore), pesca de litoral oupesca de altura e gran altura son criterios netamente xeográficose falan de espazos e zonas mariñas, máis ou menos afastadas dacosta, nas que levan a cabo diferentes actividades produtivas, peronon achegan ningunha información acerca das condicións socioe-

113

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 113

Page 114: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

conómicas, técnicas e de escala nas que se realizan ditas activida-des. Conceptos como pesca artesanal ou pesca industrial tam-pouco achegan información «completa» sobre o tipo de activida-des. Como máximo infórmanos, dun modo impreciso, da escalade produción e dunha asociación entre escala de produción e otamaño do barco.

O principal problema que entraña esta indefinición é a dificul-tade para identificar cales son as unidades produtivas (embarca-cións) sobre as que van recaer as políticas pesqueiras e cal é o con-tinxente humano relacionado, pois desde as políticas pesqueirasnon só se xestionan peixes nun determinado ecosistema, senóntamén persoas que participan directa ou indirectamente na acti-vidade pesqueira.

Esta discusión enmarcámola no contexto da actual reforma daPolítica Pesqueira Común (2014-2020) e do seu principal obxec-tivo: a sustentabilidade das pesqueiras e das frotas.

Atendendo a este obxectivo, faise necesario pensar nunha ca-tegoría cunha maior capacidade explicativa acerca do significadoda actividade pesqueira e que achegue unha mellora á compren-sión do concepto. Entendemos que ten maior capacidade descri-tiva e explicativa referirse á actividade pesqueira como un procesoprodutivo e non tanto como un concepto descritivo de elementosillados e estáticos como puidesen ser os lugares de pesca nos quedesenvolven a actividade produtiva. Acepcións como pesca de bai-xura, pesca de litoral… son tópicos cun alcance de significaciónmoi limitada.

Defendemos que a categoría de sistema produtivo ten maior ca-pacidade expresiva e achega máis claves e datos á descrición con-ceptual nun contexto de políticas pesqueiras centradas na susten-tabilidade. Esta categoría achega información e coñecementosobre cada unha das realidades socioeconómicas, técnicas e am-bientais que subxacen a cada sistema de produción.

Aínda que o concepto de sistema produtivo é menos intuitivoque os citados máis arriba, achega en cambio maior claridade con-ceptual e é máis obxectivo, operativo e útil para o deseño ou se-guimento de políticas pesqueiras. Trátase dunha necesidade e un

114

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 114

Page 115: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

requisito teórico para resolver problemas prácticos de forma máiseficiente.

Un sistema produtivo entendémolo como un conxunto de ac-tividades dirixidas á produción que involucran certo tipo de pro-cedementos, operacións e actividades interrelacionadas que teñenpor obxectivo converter o investimento en beneficio.

Desde un punto de vista metodolóxico, os sistemas produtivospoden ser analizados desde a perspectiva da Teoría Xeral de Sis-temas, xa que un sistema é un conxunto de compoñentes dinami-camente interrelacionados, formando unha actividade/procesopara alcanzar un obxectivo ou un propósito. Os sistemas operansobre enerxía ou materia para prover enerxía e materia (benefi-cios). Un cambio nun dos compoñentes do sistema provocará, conprobabilidade, un cambio nas outras partes do sistema.

Desde esta perspectiva, un sistema produtivo pesqueiro cons-titúe un sistema formado por diferentes compoñentes de naturezasociopolítica, económica, ambiental (factores e medios de produ-ción) e subcompoñentes identificables (investimento económico,tecnoloxía, xestión, recursos humanos, produción, mercado…) in-terrelacionados entre si e que son orientados para operar sobreobxectos tanxibles (peixes) co obxectivo de xerar beneficios (out-put). Ademais, os sistemas produtivos pesqueiros son tamén sub-sistemas dun sistema máis amplo. Os sistemas produtivos pesquei-ros específicos enmárcanse en contextos máis globais cos queinteractúan: un sistema mundo que á súa vez interrelaciona cunecosistema Terra.

Agora ben, en función das diferenzas que se identifiquen noscompoñentes dun sistema produtivo pesqueiro, fundamental-mente nos medios e os factores de produción, pódense recoñecerdiferentes tipos ou clases de sistemas produtivos.

As principais diferenzas entre os sistemas produtivos radicanno maior ou menor grao de complexidade e sofisticación de cadaun dos principais compoñentes que configuran un sistema pro-dutivo, por exemplo: os diferentes niveis de tecnoloxía, a maior oumenor complexidade na organización do traballo, o maior oumenor grao de dependencia do coñecemento científico-técnico, o

115

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 115

Page 116: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

capital investido, a escala de produción, o maior ou menor accesoao mercado… Estas diferenzas poden estar xeradas por maior oumenor investimento financeiro e os recursos inmateriais, materiaise humanos potencialmente dispoñibles para converter o investi-mento en beneficio.

O modo en que se organiza e se deseña un sistema produtivodepende non só dos recursos financeiros e recursos naturais dis-poñibles, senón tamén da formación, idade, grao de ambición evisión do emprendedor (armador), así como das característicassocioeconómicas e culturais do contexto local. O resultado podeser un sistema produtivo con propiedades, compoñentes e graosde complexidade que tamén son expresión das maneiras de faceras cousas dun determinado individuo (sistema de pensamentodun armador) nun contexto socioeconómico, cultural e ambientalespecífico.

«A súa clasificación permite a localización nos distintos siste-mas produtivos que se deron historicamente, pero que, a partir daidade moderna, vanse configurando en esquemas produtivos máisacabados en función do uso e aplicación tecnolóxica, que á súa vezresponden a paradigmas produtivos e implican un sistema de pen-samento que sustenta as maneiras de facer as cousas e xustificanna praxe o seu sentido e razón de ser» (María C. Rodríguez P. eHermelinda Mendoza A.: «Sistemas produtivos e organización dotraballo: Unha visión desde Latinoamérica». En Gaceta Laboralv.13 n.2, Maracaibo, agosto 2007).

Atendendo a estas diferenzas nos compoñentes identificamostres sistemas produtivos: artesanal; semiindustrial e industrial. Estasubcategorización é tamén arbitraria pero metodoloxicamente útil.É válida para entender como, nun mesmo marco contemporáneo,existen diferentes formas e estratexias de abordar os procesos pro-dutivos pesqueiros nun contexto específico dado.

O uso destas subcategorías mellora a comprensión de calquerados conceptos anteriormente citados (pesca de baixura, altura, li-toral…) e proporciona información adicional máis precisa conrespecto á frota. Facilita a súa caracterización nos aspectos máisinclusivos e permite, a través da obtención dos seus índices de sus-

116

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 116

Page 117: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

tentabilidade respectivos, identificar as súas principais problemá-ticas e virtudes en relación ao obxectivo de sustentabilidade.

iV. transitar cara a unha nova gobernación do mar como factorclave para alcanzar os obxectivos de sustentabilidade

IV.1. A traxedia dos océanos

Non hai lugar a dúbidas acerca da importancia estratéxica que po-súen os recursos pesqueiros oceánicos e de augas continentais paraa alimentación e supervivencia humana. Catro de cada dez persoasno mundo, obteñen as súas proteínas do mar (UNESCO, 2012).Tampouco existen dúbidas da preocupante deterioración na quese atopan estes ecosistemas e a progresiva diminución da súa bio-masa até alcanzar niveis críticos.

A pesar de que moitos países adquiriron en diferentes foros in-ternacionais (CBD, UNESCO, FAO…) o compromiso en materia deconservación e xestión sustentable dos recursos pesqueiros, os occi-dentais provistos de mais medios e capacidade de execución, nonsouberon, en cambio, dar exemplo de sustentabilidade aos países cha-mados «en vías de desenvolvemento». Para o caso europeo, os resul-tados da anterior Política Pesqueira Común (2003-2013) non resol-veron o problema, a pesar de ter como principal obxectivo arecuperación biolóxica das súas pesqueiras a través dunha políticade xestión baseada no equilibrio entre frota e recursos, coa consoli-dación dos TACs («capturas admisibles totais» dunha determinadapesqueira) e das «cotas individuais transferibles» (CITs) como prin-cipais medidas reguladoras.

Nin o Estado nin as medidas de privatización dos recursos pes-queiros (a través das CITs) conseguiron evitar esta progresiva de-terioración. Non puideron garantir a preservación dos recursos,nin co soporte de fortes medidas fiscalizadoras nin co soporte daciencia. Os resultados da nova reforma da Política Pesqueira daUnión Europea (2014-2020) veranse coa súa posta en marcha,pero xa sabemos que esta vez tampouco modifica apenas o enfo-que produtivista da pesca, malia o recoñecemento da pesca arte-

117

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 117

Page 118: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sanal como sistema produtivo de menor impacto ambiental emotor socioeconómico de moitas das poboacións costeiras.

Os modelos de xestión actuais non parecen efectivos. Unhaxestión centralizada e xerárquica favorece que a fenda entre Estadoe sector pesqueiro sexa tan grande que a relación entre ambos seconverta en antagonista. Como en todos os Estados europeos egran parte do mundo, os pescadores artesanais ou a pequena es-cala carecen de representatividade institucional e de voz nos es-pazos nos que se deseñan as políticas pesqueiras. Estas delinéansenos gabinetes técnicos e políticos dos gobernos e defínense cunenfoque de pesqueiras industriais e de aplicación xeral para todaa frota, sexa artesanal ou industrial, con pouca consideración daspeculiaridades locais dos ecosistemas nin do continxente humanorelacionado cas pesqueiras.

IV.2. A traxedia do mercado

O mercado demanda de forma crecente proteínas que procedendo mar. Os pescadores de todo o mundo responden a esta de-manda incrementando o esforzo pesqueiro e a presión sobre osrecursos e a biodiversidade. A pesar de que toda política pesqueiradebe incorporar o principio de precaución á hora de elaborarse, ea pesar dunha férrea fiscalización/control das normas, a lóxicaprodutivista é a que manda.

En lugar de falar da traxedia dos recursos pesqueiros deberia-mos referirnos á traxedia dos mercados, xa que tamén o mercadoestá «mercadeando» cos recursos naturais sen render conta docusto ambiental e social.

A globalización favoreceu o incremento progresivo da de-manda de produtos pesqueiros a escala mundial. En calquera lugardo mundo desde onde se demande un produto do mar, haberásempre un intermediario que localizará a rexión produtora e res-ponderá ofrecendo calquera produto para o que exista demanda.O concepto de demanda tamén está distorsionado pola globaliza-ción, xa que existe demanda para produtos cuxa existencia nonsospeitaba o consumidor hai poucos anos (o caso da perca do Nilo

118

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 118

Page 119: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

procedente do Lago Vitoria, dado a coñecer pola película O pesa-delo de Darwin é talvez o máis ilustrativo). Os pescadores desa re-xión produtora simplemente o verán como unha oportunidadeeconómica irrepetible e cumprirán á perfección o seu rol de pro-vedores, sen tomar en conta as consecuencias sobre a sustentabi-lidade económica, social e ambiental da pesqueira. Os consumi-dores son outra parte fundamental da cadea: simplemente satisfánas súas «necesidades» sen cuestionarse a situación da pesqueiranin as condicións de produción e comercialización, obviamentecon excepcións.

O mercado trata os bens da natureza como unha mercadoríamáis, sen lembrar que son dunha procedencia diferente aos dunhafábrica. Son un don, un agasallo da propia natureza que satisfainecesidades básicas dos humanos; non só para o consumo respon-sable, senón tamén como garantes da saúde dos ecosistemas e dosseus servizos, e tamén para a súa contemplación, goce e xeraciónde coñecemento. A natureza ten os seus propios tempos e leis que,coa globalización, o mercado deixou de respectar.

No mercado, un comercializador, un pescador e un consumi-dor concienciados, apoiados por unha regulamentación eficaz eauspiciada por auditores e polas Administracións públicas, per-miten combater os abusos e os excesos do mercado e daqueles em-presarios da pesca máis cobizosos. Todas as partes son esenciaispara conseguir ese equilibrio entre produción e sustentabilidade.Pero esta vía, a da concienciación, aínda que é un camiño necesa-rio, ten un percorrido demasiado longo e sen mecanismos dealerta abondos ante unha potencial situación de irreversibilidade.

IV.3. Convivencia entre estado, pescadores e sociedade civil:avanzar cara a un novo escenario de xestión dos recur-sos comúns

As Administracións públicas xa deixaron de ser os únicos garantesda distribución equitativa, sustentable e xusta dos bens públicos.Existe a percepción de que se pregan demasiado aos intereses domercado e aos das grandes industrias pesqueiras e da alimenta-

119

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 119

Page 120: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ción. Os poderes públicos non cumpren co seu papel regulador seexiste a sospeita de que o mercado é quen «dita» as normas daconduta produtiva dos produtores e o Estado limítase a lexitima-las. ¿E o cidadán e o pescador artesanal, sobre todo o pescador apequena escala e dependente do ecosistema mariño para a súa su-pervivencia? No contexto actual son apenas espectadores, moitasveces inconscientes e ignorantes do que realmente ocorre no es-cenario global.

No mercado sempre haberá peixe que proceda da pesca ilegale da pesca indiscriminada e abusiva. Aínda que se invistan anual-mente enormes sumas de recursos públicos para reducila, é im-posible erradicala por completo. Non só é unha cuestión de capa-cidade de control e fondos públicos, é dicir, de quen ten capitalpara implementalo. Hai tanto desequilibrio social, económico e depoder no escenario mundial que, mentres non integremos princi-pios de equidade no modelo de Estado e no modelo produtivo ac-tual, todos os esforzos e todos os cumios auspiciados por organis-mos internacionais serán insuficientes. Precísanse novos enfoquespara abordar o problema e resolver os desafíos do futuro do mare dos pescadores, e en xeral da xestión dos «bens comúns».

Algúns Estados e ONGs ambientalistas e de desenvolvementopretenden esixir honestidade e compromiso ambiental aos pesca-dores, pero nin a honestidade nin o compromiso forman parte dosvalores exemplarizantes dalgúns membros da clase política, emenos doutros sectores económicos poderosos, por exemplo o fi-nanceiro. Se unha gran corporación financeira pode lucrarse sendar conta dos seus impactos sociais e ambientais, por que deberíapoder facelo un pescador? Esta idea tan elemental está a formarparte do sistema moral de crenzas e da matriz cultural de moitoscidadáns a escala mundial, minando as esperanzas doutros.

Neste sentido existe, en xeral, unha enorme decepción respectoao modelo actual de convivencia cívica ao que nos levou este mo-delo. Unha decepción á que se debería responder coa apertura caraa un cambio de mirada, dun cambio gradual cara a outro máis de-mocrático e máis participativo. Como suxire Humberto Maturana,un biólogo e pensador chileno, a idea dun estado democrático é

120

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 120

Page 121: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

no fondo «a idea dunha convivencia na que nos escoitamos mu-tuamente e podemos xerar proxectos comúns. E o marabilloso dunproxecto común é que entrega liberdade e coñecemento, clavespara facernos responsables da nosa conduta ética». É a esta men-talidade cara á que debemos avanzar. Procurar este obxectivo nondepende da tecnoloxía nin da economía, só da vontade das persoasque configuran o Estado e a cidadanía no marco da confianza enon da discriminación. É urxente dar o salto cara a un novo sis-tema de relacións desde o que abordar os novos enfoques na xes-tión dos «bens comúns». É necesario crear eses espazos de escoitamutua, aínda que somos pesimistas en canto a que algún Estadoeuropeo adquira ese compromiso. É desde o local desde ondepoden vir as mensaxes e os sinais de innovación social e econó-mica no marco da sustentabilidade.

IV.4. Cara a unha xestión participativa dos recursos pesquei-ros: restaurando o diálogo entre pescadores, Administra-cións públicas, comunidade científica e sociedade civil

Defendemos que o éxito da xestión sustentable das pesqueiras éunha cuestión que está estreitamente relacionada co modelo degobernación. Os modelos de xestión centralizados son os que ac-tualmente están instaurados en Europa e practicamente, con al-gunhas excepcións, tamén no resto do mundo. Son as Adminis-tracións públicas, a través da xestión política, as que definen asnormas e propoñen como regular as pesqueiras.

Este modelo de xestión caracterízase por un enfoque top-down,moi xerarquizado e apoiado na fiscalización e vixilancia como sis-tema de control e cumprimento das normas. Constitúe unhaforma de gobernación que favorece a disociación entre Estado esector pesqueiro. Dá lugar ao establecemento dunhas relacións ba-seadas na desconfianza mutua e, como consecuencia, nunha xes-tión ineficaz e ás veces conflitiva. Neste contexto, os pescadoresdan prioridade ao incremento de capturas (volume versus selecti-vidade e boas prácticas) fronte aos obxectivos de sustentabilidade.Ademais, os modelos e tipos de control e fiscalización que os Es-

121

Bases para unha actividade pesqueira sustentable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 121

Page 122: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

tados exercen sobre o sector pesqueiro reforzan esta desconfianzae incrementan a fenda entre ambas as partes, convertendo o esce-nario pesqueiro nun xogo entre gato e rato.

Crear espazos de diálogo formais con enfoque para o deseñode plans de xestión pesqueira ou para acordar decisións de xestiónentre as Administracións, sector pesqueiro e comunidade cientí-fica, é o paso apropiado para avanzar cara a un novo modelo degobernación. Xa existen algúns exemplos valiosos nos que inspi-rarse, dous deles en Galicia.

As Reservas Mariñas co-xestionadas de Galicia (Os Miñarzose Ría de Cedeira), sen ser perfectas, constitúen en cambio un bopunto de partida. Estas deben seguir desenvolvéndose e madu-rando na súa dinámica interna e pública. Deben mellorar en moi-tos aspectos, pero ambos os exemplos representan un modelo departicipación e diálogo entre sector pesqueiro e representantes daAdministración. É preciso valorar que estes modelos de co-xestiónteñen un compoñente pedagóxico e de aprendizaxe para melloraro entendemento entre administradores e administrados. Crearpontes e lazos entre uns e outros, cando a fenda entre sector polí-tico e sociedade é tan forte, representa un dos camiños necesariospara reverter a desconfianza mutua.

O propio sector pesqueiro debe definir cal é o escenario futurono que queren estar: un escenario dominado pola alta competiti-vidade pesqueira, no cal o máis forte ou o menos ético é o que seimpón, ou ben un escenario no que as decisións de xestión se de-finen de forma consensual e participativa. Precísase democratizara xestión dos bens comúns. O camiño da co-xestión supón unavance lóxico no proceso evolutivo da nosa cultura. Constitúeunha das principais fórmulas a aplicar para ter unha sociedademáis vertebrada. Só a través da xeración de confianza como prin-cipio motor é posible participar na construción común do mundoe do futuro que a humanidade necesita no marco do interese xeral.A xestión dos bens comúns constitúe a mellor das oportunidades.

122

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 122

Page 123: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

Xosé Santos OteroAxente Forestal, presidente de Amigos da Terra Galicia

Tratar sobre a política forestal de Galicia é facer unha crónica deinsensibilidade, un relatorio de longos anos de transformación dosmontes, de destrución medioambiental, de actuacións institucionaispremeditadas, todo isto condimentado co esquecemento dunha so-ciedade que vive de costas aos nosos ecosistemas forestais.

Tampouco é doado ser obxectivo, pois todo este proceso dedestrución e desleixo vívoo en primeira persoa. Tiven a sorte denacer a carón do que foi un dos ecosistemas de máis valor da Eu-ropa continental. Tiven a desgraza, desde a nenez, de ver a destru-ción da paisaxe máis íntima, a desfeita irracional do que até osanos cincuenta fora un modelo de aproveitamento humanizado esustentable do territorio, o desprezo ao saber transmitido entre xe-racións… Á seca e estragamento de Antela e toda a súa contornasumouse a destrución, con fondos públicos, das trinta mil hectá-reas da chaira limiá, a lagoa, fragas de ribeira, carballeiras, brañas,canalización de ríos e regueiros… A Limia convertida nunha «ove-lla rapada». Como ben reflexionaba un compañeiro, conseguironen menos dunha xeración «roubarnos as estrelas».

Galicia posiblemente sexa o territorio da Europa occidentalque teña sufrido unha maior mutación paisaxística nos últimosanos. «Eucaliptización» de bisbarras enteiras: en proporción temosxa máis eucaliptos dos que hai na súa terra de orixe. Espazos na-turais e montes singulares sen ningún tipo de protección: somoso territorio da Unión Europea con menos superficie protexida esó cun escaso 1% de propiedade pública forestal. Terra de lume:co 7,7% da superficie forestal do Estado, os galegos somos capacesde producir a metade dos incendios forestais e de calcinar anual-

123

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 123

Page 124: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

mente a cuarta parte da superficie estatal. Como non reflexionarsobre o trato dispensado ás case setecentas mil hectáreas de mon-tes veciñais?, unha singularidade do noso país que só o traballo ea forza duns poucos teñen conseguido preservar dos poderososintereses especulativos que pululan acotío arredor deles.

A historia da leccións, se reflexionaramos sobre os erros do pa-sado e a experiencia acumulada, sería moito máis doado solucionarsituacións que pensamos que son novas. Imos facer un pequenopercorrido polos montes, fragas e descubrir a súa relación coa hu-manidade. O primeiro relato coñecido no que se fai referencia aosbosques xa ten máis de 4.700 anos. Elaborouse na cidade estado deUruk, ao sur de Mesopotamia onde quedou impresa a testemuñaacerca da obtención da madeira e posterior deforestación, mani-festando unha gran comprensión dos procesos ecolóxicos e as con-secuencias das accións humanas sobre a terra. Este relato procededo poema Gigamés, coñecido como «O viaxe ao bosque».

As civilizacións máis antigas xa recoñecían a súa débeda coamadeira. Platón escribiu que todas as artes e oficios derivaban daminería e da silvicultura. O gran escritor latino de historia natural,Plinio, afirmou que: «A madeira é indispensable para o mante-mento da vida». O estadista Cicerone explicou a importancia damadeira para a civilización romana: «Cortamos as árbores paracociñar os alimentos, edificar, protexernos do calor e mais do frío,para facer barcos, para vivir…».

Sempre houbo voces, certo é que as menos, que pedían respec-tar e aproveitar os montes baixo o que hoxe coñecemos como xes-tión sustentable, mais case sempre houbo outras prioridades ma-teriais que se impuñan ás protectoras. As fragas cortáronse paraobter leñas para combustible, aráronse para a agricultura, queimá-ronse para botar fóra os inimigos, púxose o gando a pacer senpreocuparse da súa rexeneración, usáronse para facer barcos, de-samortizáronse, foron moeda de troco para pagar impostos e prés-tamos. Agora dise que son as reservas farmacéuticas e tamén seusan nos balances económicos do «mercadeo» da contaminaciónentre os estados… todos os beneficios das forestas foron e sonusurpados sen máis criterio que a necesidade máis inmediata.

124

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 124

Page 125: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

península ibérica

O esquío que era capaz de atravesar a península dun extremo aoutro non deixa de ser un mito sen ningún rigor histórico. O gregoEstrabón, no III volume da súa Xeografía describe a situación conrigorosidade: «Iberia é na súa maior parte pouco habitable, poiscase toda ela se atopa cuberta de montes, fragas e chairas de solopobre». Tamén fala da existencia de grandes poboacións de ave-tardas, unha demostración máis que xa daquelas había grandessuperficies desarboradas.

Quizais foi Fernando VI quen ditou o maior número de dispo-sicións forestais. É salientable a súa «Real Ordenanza para o au-mento e conservación de montes e plantíos» de 1748, que obrigabaa cada veciño a plantar cinco árbores por ano e a sementar landras,castañas e piñóns onde os correxedores sinalaran. Este Monarcafoi o que estableceu a figura do «garda do monte», quen deberíaser «persoa de boa opinión, forma e costume». Coas súas orde-nanzas e disposicións xorde a primeira lexislación forestal que,coma todas as normas da época, pretendía desenvolver a transfor-mación desde arriba consonte á famosa fórmula de «todo parapobo, mais sen o pobo», identificadora do despotismo ilustrado.

anos escuros

En 1798 lévase adiante a primeira desamortización. Igual que nasposteriores desamortizacións, afectaron principalmente a montes,fragas, devesas e zonas de pastos, abrindo o paso a propietariosurbanos absentistas e a grandes terratenentes. No caso galego asúa incidencia non foi tan forte coma no resto do Estado. Os novospropietarios para recuperar parte do diñeiro investido cortaron asárbores coa súa posterior venda, ou labraron os montes para adi-calos á agricultura. Fragas e montes que se salvaran da labranza,dos incendios, dos impostos da facenda pública e da acción daMesta, desaparecían aceleradamente até as portas do século XX.

125

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 125

Page 126: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Repoboacións no século xx, a restauración das cabeceiras dos ríos

O 9 de outubro de 1935 o Goberno da República española aproboua creación do Patrimonio Forestal do Estado. A Lei Forestal pro-mulgada favorecía dúas cousas: a repoboación con especies demedre rápido e a adquisición polo Estado dos coñecidos comomontes «protectores».

a ditadura do xeneral Franco

En 1939 o Goberno da ditadura establece que en cen anos se teñenque repoboar seis millóns de hectáreas. Até a morte do ditadorplántanse máis de tres millóns de hectáreas. Se descontamos asmarras e as repoboacións fracasadas, a superficie ocupada porestas plantacións pasa dos dous millóns de hectáreas. Unha boaparte desta superficie é a dos montes e serras de Galicia. Estas re-poboacións, ao ser impostas, orixinaron conflitos posteriores: aprohibición dos usos tradicionais, os monocultivos ao longo eancho de milleiros de hectáreas (piñeiros basicamente), planta-cións incompatibles cos usos tradicionais e coa gandería extensiva,falla de conformidade das poboacións locais… todo iso sumado ácarencia dunha ordenación e xestión axeitada, provocou centos deincendios forestais. A actividade incendiaria foi especialmente in-tensa nas zonas de montaña, lugares onde, primeiro o PatrimonioForestal do Estado e, a partires dos anos setenta, o ICONA, impu-xeron as súas normas.

Para explicar a triste historia dos nosos montes o historiadorforestal Erich Bauer fai a seguinte reflexión: «Todo se facía me-diante a improvisación e sen os máis mínimos coñecementossobre a materia, calquera se sentía apto para exercer de forestal esilvicultor». O costume herdado da improvisación, sumado aosgrandes intereses, segue a ser o camiño que marca a política fo-restal actual.

126

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 126

Page 127: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

É estratéxico para galicia o sector forestal?

Hoxe ninguén o pon en dúbida. É estratéxico desde o punto devista económico, ecolóxico e social. O sector xera arredor de30.000 postos de traballo directos, aproximadamente o 3% do totalgalego: 7.800 postos na silvicultura, 15.000 empregos no sector domoble, 6.400 na industria de primeira transformación (taboleirose chapas, fibras, serradoiros…) e 926 traballadores e traballadorasnas fábricas de pasta, de papel e cartón.

A superficie arborada ocupa en Galicia o 48% do seu territorio(1.400.000 hectáreas), preto de 600.000 hectáreas de monte estánutilizadas por debaixo do seu potencial, montes e foresta ocupanas dúas terceiras partes do territorio do país. Se fósemos capacesde xestionar os montes actualmente arborados cuns mínimos cri-terios silvícolas, poderiamos crear moitos máis empregos e fixarpoboación nas zonas rurais. Nun estudo sobre o emprego no sec-tor «Forêt/Bois» (D. Normandin), que realizou unha análise sobrea relación de empregos baseándose nas necesidades de coidadosdos montes na Unión Europea, chega a conclusión de que cada100 hectáreas xestionadas con criterios sustentables, crean un em-prego directo só en traballos silvícolas. Se se ordenasen e xestio-nasen axeitadamente os montes en Galicia, poderiamos incremen-tar exponencialmente o número de empregos directos no sector.Destacar, de acordo con dados da OIT que, por cada posto de tra-ballo directo no medio rural, créanse de dous a catro postos indi-rectos.

«Hai xente que, paseando pola fraga, só ve leña para…» LEÓN TOLSTOI

somos unha potencia forestal?

O Goberno lémbranos que si somos tal, mais se analizamos osdatos, esta afirmación queda en dúbida. Certo é que en Galiciacórtase o 50% da madeira do Estado español, mais incomprensi-blemente só facturamos o 13%. Estes datos demostran que o sectorforestal de Galicia está máis preto de países en vías de desenvol-

127

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 127

Page 128: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

vemento que das potencias forestais de referencia. Producimos amateria prima mais, o valor engadido rende noutros territorios.Todo o anterior confirma un feito: Galicia está especializada naprodución de madeira de mala calidade. Producimos árbores enquendas curtas para trituración, ben para taboleiros, ben para ce-lulosa. Porén, a industria de serradoiros e de mobles ten que im-portar madeira de calidade porque na nosa terra apenas queda.

Para poder analizar a marcha do sector, é precisa unha estatís-tica ben elaborada; para o deseño das políticas a aplicar nos mon-tes e atopar estratexias que solucionen as eivas, é imprescindibleter información fiable. Mentres a Xunta de Galicia publica estatís-ticas e reportaxes sobre o bo ritmo do sector, as empresas madei-reiras e os estudos das universidades aseguran que a superficie ar-borada en Galicia sitúase nunha cantidade inferior á manexadadesde finais dos anos 90, segundo o «Tercer Inventario NacionalForestal, 1996». De acordo cos estudos da Universidade de Vigo ea Universidade Politécnica de Madrid (Estudo Recursos Forestaisde Galicia 2005-2008), Galicia tivo no últimos quince anos unhaperda dos seus recursos forestais que podería chegar até o 30%.Significativa é a perda de masas arboradas de piñeiro do país entres das catro provincias galegas: Pontevedra, Ourense e A Coruña.O estudo reflicte que a industria da madeira en Galicia enfróntasea unha situación de redución de materia prima que pon en perigoo seu futuro. O factor determinante da perda, tanto en cantidadecomo calidade, das masas boscosas, son os incendios forestais. Pó-dese engadir que inflúe tamén nesta perda de arborado a concep-ción do monte só con criterios de explotación a curto prazo, aonon ter en conta a diversidade biolóxica, a multifuncionalidade eo valor íntegro e incalculable que teñen os ecosistemas forestaismaduros.

O futuro da humanidade depende do coidado e da xestión sus-tentable dos ecosistemas naturais. Tense demostrado que os bos-ques son indispensables para a vida no planeta (reguladores dociclo da auga, reguladores do clima; son os chamados «santuariosda diversidade biolóxica», amortecen e evitan o cambio climá-tico…). A pesares de tantos e imprescindibles beneficios seguimos

128

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 128

Page 129: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sen aprender das leccións da historia máis recente; seguimos cegose non facemos caso dos avisos que a natureza nos dá acotío; maliaas evidencias, seguimos estragando e explotando irracionalmenteo noso protector.

O Panel Intergobernamental da ONU sobre o Cambio Climá-tico (IPCC), no seu informe Impacto, adaptación e vulnerabilidade,presentado en abril de 2014 (un traballo científico no que partici-paron máis de 300 investigadores principais e máis de 2.000 cola-boradores), chega a unhas conclusións que teñen que facer reca-pacitar aos distintos gobernos do planeta. Xa non podemosagocharnos nos consellos do primo ou na estratexia interesada dosmercados e dos intereses dos grandes grupos empresariais. O tra-ballo afirma: «Ninguén neste planeta se vai a librar do impacto docambio climático e a ignorancia xa non é desculpa para a inacción.Secas e vagas de calor provocarán a perda dun 25% das colleitas,diminución da pesca, desertización, incremento da pobreza e dosconflitos bélicos polos recursos naturais…».

Apuntaba o profesor Francisco Díaz Fierros que, no caso deGalicia, «é previsible un incremento dos incendios forestais, e po-siblemente dos riscos de erosión. As augas mariñas experimenta-rán unha perda na súa produtividade…». O movemento ecoloxistae conservacionista sempre defendeu a necesidade da preservacióne protección dos ecosistemas naturais, e tiñamos razón. O IPCCaconsella máis enerxías renovables, máis bosques e tecnoloxía paracapturar o carbono… Mais os líderes mundiais aínda seguen coasúa cegueira interesada.

«As cousas pódense facer ben, mal ou ao revés.»

se até o de agora as cousas se fixeron ao revés, a que escuros intereses se debe?

O Plano Forestal de Galicia aprobado en 1992 ía marcar o itinera-rio da política forestal até 2030, plano incumprido case na súa to-talidade. O único que si se cumpriu foi a superficie que tiña queocupar o eucalipto. Con axudas públicas fixéronse repoboacións

129

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 129

Page 130: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de todo tipo de terras, «eucaliptizando» bisbarras enteiras. En 1991o eucalipto estaba excluído da Orde de Axudas á Produción Fo-restal, mais a Xunta de Galicia e o lobby pasteiro-papeleiro conse-guiu que esta árbore tamén se subvencionara. A Xunta chegou apagar 182.000 pesetas (1.093 euros) por hectárea repoboada. A in-vasión de novas plantacións de eucaliptos fixo que só nunha dé-cada se acadaran as previsións que o Plano Forestal sinalaba até o2030; o eucalipto xa superaba en 84.000 hectáreas o previsto. Noano 2000 as masas puras desta especie ocupaban xa unha super-ficie de 174.000 hectáreas e 396.000 hectáreas na compaña doutrasárbores, o 28% da superficie arborada do país. Un dos máximosresponsables do cumprimento destes «obxectivos» foi Carlos delÁlamo Jiménez, hoxe conselleiro do grupo ENCE, será certo isode que algúns gobernantes priman os intereses privados en detri-mento do interese público? Pódense permitir tan descaradamenteas chamadas «portas xiratorias»? Agora cando o prezo do euca-lipto se estabiliza, vulnerando as máis mínimas normas de com-petencia, as celulosas en alianza rebaixan até o 25% o prezo da to-nelada de madeira.

A diferenza doutras materias nas que si existe unha política co-munitaria determinada, no caso do sector forestal non se podedicir o mesmo, nin desde a perspectiva económica nin desde aperspectiva medioambiental. Ao non existir unha política forestalna Unión Europea, son os Estados membros os encargados delevar adiante a súa propia, polo que non hai bases nin principioscomúns que reforcen e unifiquen as materias forestais. As medidasrelacionadas co sector forestal encádranse dentro das políticas dedesenvolvemento rural da Política Agrícola Común.

Unha lei de montes é imprescindible para o desenvolvementodo sector. Na elaboración da Lei de Montes de Galicia (Lei 7/2012,do 28 de xuño) tíñase que partir do deseño previo dunha «estra-texia forestal» coa diagnose dos problemas, é dicir, do deseño pos-terior dun Plano Forestal (que é o actual 1992-2030), incumpridopracticamente na súa totalidade. Dados estes dous pasos iniciais,cando se tiña que elaborar a Lei de Montes, atopámonos con queo proceso da elaboración da desta norma se iniciou xusto ao revés.

130

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 130

Page 131: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Tampouco se tiveron en consideración as recomendacións exis-tentes, a nivel estatal, comunitario ou incluso internacional, no re-ferente á participación dos representantes sociais.

A Lei de Montes de Galicia apenas considera aspectos relativosá sustentabilidade dos espazos e ecosistemas forestais, así como áconservación da natureza. Non aparece unha soa referencia aosecosistemas tradicionais, como poden ser os soutos, de gran valoreconómico, cultural e etnográfico. Tampouco se integran os con-ceptos de bosques maduros, bosques singulares ou a conservacióne recuperación dos ecosistemas silvo-pastorais tradicionais comoalternativa ao uso do lume nas zonas de montaña.

É unha Lei de Montes cun enfoque que dominou o século XX.Sendo hoxe evidente o cambio climático e sendo precisa a volori-zación doutras externalidades que os ecosistemas forestais pro-porcionan para a vida sobre a Terra, os países desenvolvidos si sedecataron de que os montes cumpren outras moitas funcións queas exclusivamente madeireiras e, sobre todo, enfocan as súas polí-ticas cara á conservación da natureza, do mantemento da diversi-dade biolóxica, restaurando os ecosistemas degradados, promo-vendo a multifuncionalidade dos montes, cuestionando e tratandode arranxar o que se fixo mal até o de agora.

Salientar que, en Galicia, a práctica inexistencia de propiedadepública forestal condiciona a concepción da xestión do mediorural, polo que conseguir calquera obxectivo fai precisa a partici-pación do propietario, ben sexa particular ou veciño comuneiro.Desde 1905 hai exemplos en Europa do funcionamento de Con-sellos forestais a nivel de distrito. Estes organismos deseñan e pro-moven a conservación e o aproveitamento dos ecosistemas fores-tais, o asesoramento dos propietarios e a poboación en xeral, aformación, a educación…

Unha lei de montes ten que ter como obxectivos:– Conseguir un bo estado de conservación da superficie fo-

restal, incrementando a diversidade biolóxica e as funciónsnecesarias para a vida.

– A protección efectiva dunha proporción significativa detodos os tipos de ecosistemas forestais existentes.

131

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 131

Page 132: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

– Desenvolver unha xestión forestal ambientalmente respon-sable, socialmente beneficiosa e economicamente viable.

– Restaurar con criterios ecolóxicos e sociais os ecosistemasforestais degradados, mellorando o estado de conservacióndos mesmos, buscando a conservación e a restauración dosciclos hidrolóxicos naturais.

Unha lei de montes ten que establecer unhas medidas mínimas: – Regular, con criterios de sustentabilidade, as actividades re-

alizadas nos montes, promovendo a conservación da di-versidade e a mellora dos aspectos sociais dos traballadorese comunidades rurais.

– Desenvolver e aplicar un plano forestal, con medidas e ac-tuacións concretas e con orzamentos, que articule os com-promisos asumidos polo Estado e pola comunidade autó-noma de Galicia.

– Promover a ordenación do territorio e a planificación dosseus usos a través dos planos de ordenación dos recursosforestais de ámbito comarcal.

– Mellorar e establecer a Rede de Espazos Naturais Protexi-dos de Galicia. Establecendo unha Rede de Conservaciónde Bosques Singulares de Galicia.

– Crear a Rede de Seguimento Ecolóxico dos Bosques Natu-rais coa finalidade de mellorar o coñecemento da realidadedos nosos ecosistemas forestais.

– Facer que o Consello Forestal sexa un verdadeiro órganode participación pública no que se elabore por consenso, ecoa participación efectiva dos representantes sociais, as es-tratexias, planos, normativas… creando tamén os Conse-llos Forestais a nivel de distrito forestal.

– Fomentar os sistemas agro-silvo-pastorais, así como osaproveitamentos tradicionais do monte, a súa valorizacióne comercialización, promovendo a cultura forestal entre apoboación.

– Desenvolver programas públicos de información, educa-ción e sensibilización para incrementar o respecto aos eco-

132

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 132

Page 133: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sistemas forestais e o consumo responsable dos recursosforestais.

– Fomentar a creación de emprego e a súa estabilidade,pondo en marcha planos específicos de formación paramellorar a profesionalización e a calidade das actuacións.

– Potenciar a creación de sectores industriais e empresariaisque centren o seu traballo na conservación dos montes ena prevención dos incendios forestais.

A Lei de Montes de Galicia foi aprobada sen ter en considera-ción obxectivos nin medidas que muden o rumbo cara a unha xes-tión sustentable dos ecosistemas forestais. Se isto xa de por si éunha eiva, no caso do noso país témoslle que sumar a praga dosincendios forestais, aspecto central do sector desde hai máis de co-renta anos. Debido aos seus efectos, reiteración e unha maior sen-sibilización da poboación, hoxe os incendios pasaron a ser untema-problema do conxunto da sociedade.

A tolería é seguir facendo o mesmo e esperar resultados diferentes.ALBERT EINSTEIN

análise sintética da problemática incendiaria

Para achegarnos á problemática dos incendios forestais en Galiciadebemos partir da teoría de que o desenvolvemento dun sector estácondicionado pola estrutura do conxunto da sociedade, sistemamoito máis amplo do que este subsistema sectorial forma parte.

Evolución dos incendios desde os anos sesenta

Galicia conta co 7,7% da superficie forestal do Estado español.Nos seus dous millóns de hectáreas de monte prodúcense unhamedia do 40-50% dos incendios forestais do Estado e queimamoso 25-30% da superficie forestal estatal, un incendio de media porcada 2 km2; a nivel estatal hai un incendio cada 25 km2.

Da análise da estatística nas catro últimas décadas sobre causa-lidade e motivacións dos incendios en Galicia pódese deducir que:

133

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 133

Page 134: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

— En Galicia hai unha alta intencionalidade, ao redor do 85%fronte ao 33% do resto do Estado español.

— As neglixencias, os accidentes e as causas naturais son o7,61% en Galicia, incidencia moito menor que no resto doEstado, onde non superan o 41% do total dos sinistros.

— As causas descoñecidas en Galicia soamente supoñen o7,7%, mentres que no resto do Estado superan o 26%.

Estes datos reflicten que algo distinto está a pasar no noso país.Aínda que como recomenda o sociólogo Durkheim para estas si-tuación: «Débese recorrer a unha análise estrutural que teña enconsideración os distintos factores, pois para a solución de cal-quera problema social débense investigar as causas que o produ-cen; estudar as causas sociais que determinan os feitos».

Causas estruturais, conflito social, anomía e control social informal

«O corazón dos incendios forestais é económico. Só ardeaquelo que non se coida. E non se coida aquilo que non resultarendible coidar» (Pérez Vilariño). Tendo parte de razón o profesorPérez Vilariño, tamén é certo que para que un monte arda, alguénten que prender o primeiro lume. Os incendios por causas naturaisen Galicia non chegan ao 1% dos totais producidos.

Emigración, abandono de terras, avellentamento da poboación,falla dunha estrutura de produción e prevención mínimas, aban-dono dos usos tradicionais do territorio, perda acelerada dos de-nominados «paisaxes de mosaico»... Dicíame non fai moito ungandeiro do Macizo Central Ourensán: «Mira ti, agora falan moitoda ordenación do territorio, pero cando eu che era pequeno, todoo que ves estábache ben ordenado. O monte detrás da aldea, ashortas e as terras de labor preto das casas, os lameiros e prados nofondo do val. Non había incendios, e cando se producía algún, apa-gábase axiña. E sabes por que? porque os camiños e corredoirasestaban limpos, tiñas as prazas de labranza, os montes limpos e olume non se espallaba».

134

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 134

Page 135: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Control social informal. As causas polas que se producen os incen-dios están cambiando en sintonía coas modificacións socioeconó-micas e políticas do conxunto da sociedade galega. Nos últimosanos tense producido un forte cambio na orientación das explo-tacións agrarias familiares. Hoxe o labrego está sometido aos in-tereses xerais da sociedade e da industria, pois se pasou dunhaeconomía de subsistencia ao actual modelo económico, coas súasvantaxes e inconvenientes.

Tamén é preciso destacar que non se produciu unha adaptaciónda sociedade; pasouse dun uso dos montes baseado no poder nonpactado e con actuacións impostas á forza, a unha nova sociedadebaseada no manexo dos grandes grupos de presión, onde o mediorural non ten o peso que lle corresponde.

No caso de Galicia pódenos servir como exemplo a seguintereflexión dos sociólogos (Shaw e Mackay): «Os medios tradicio-nais do control social, que eran eficaces nas sociedades primitivase nas comunidades rurais, foron debilitadas por todas partes e portodos». A perda de poboación no medio rural implica o desmem-bramento destas comunidades e a perda do «control social infor-mal que se exercía», pois os propios veciños eran os que chamabana atención aos que causaban os incendios que afectaban os inte-reses da comunidade, chegando incluso a delatar aos incendiarios.Ilustrativo este comentario dun vello «brigadista» forestal que adi-cou a súa vida a coidar os montes na Raia con Portugal: «nos mon-tes hai moitos ollos que te están vendo sen que te decates. Por des-graza, coa marcha da xente perdemos as tradicións, a cultura, apaisaxe, o coidado das terras, abandónanse as aldeas… e taménperdemos eses ollos que todo o controlaban».

Anomía institucional

Vivimos nunha situación de anomia, de conflito, de desarticu-lación, na que grupos de interese de distintas actividades, tanto lí-citas como ilícitas, se aproveitan da ocasión para favorecerse destadesintegración e así ver realizados os seus negocios especulativos.Este conflito prodúcese nunha sociedade cunhas estruturas polí-

135

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 135

Page 136: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ticas que poden adoptar dúas posturas diante da gravidade da si-tuación: non actuar e permitir que a estrutura posibilite o desen-volvemento do conflito, ou actuar para arranxar o conflito propo-ñendo estratexias dirixidas a rematar co mesmo.

Cada conflito é único, as habilidades dos líderes, as actitudesda sociedade, o grao de descontento, as posibilidades de solución,a presenza de mediadores e o problema mesmo están entre os fac-tores máis importantes que inflúen no proceso. Examinar en quepartes da estrutura se debe actuar e que estratexias se deben de-senvolver para eliminar as eivas resulta básico e imprescindible.

En Galicia prodúcese unha anomia institucional, pois o Go-berno da Xunta «deixa facer, deixa pasar», non fai cumprir as nor-mativas promulgadas ou incluso seguen a promover prácticas quefomentan a «cultura do lume», como a desprotección dos ecosis-temas forestais, a «eucaliptización», o abandono rural…

Como ben definiu o profesor Antón Álvarez Sousa, o conflictodébese a «un cambio acelerado sen modernizar as estruturas dasociedade galega, acostumada a unha relación de poder. Non secrearon os medios para un desenvolvemento e creación de estru-turas onde os actores defendan os seus intereses mediante o diá-logo. Só unha actuación estrutural e coordinada polos distintospoderes pode resolver a situación para evitar que a ganancia dunspoucos prexudique ao conxunto da sociedade».

Despois de estudar distintas análises e informes pódese con-cluír que o monte en Galicia arde como consecuencia da expresióndun conflito larvado ao longo do último medio século e a que po-lítica forestal deseñouse exclusivamente en función dos interesesdas grandes empresas do sector madeireiro.

Estratexia equivocada

Até o de agora, a única estratexia deseñada pola Xunta de Ga-licia consistiu fundamentalmente en extinguir o incendio forestalunha vez producido. Se a orixe dos lumes fose por causas non in-tencionadas ou por causas non humanas, esta estratexia poderíaser suficiente; bos medios materiais e técnicos, unha pronta res-

136

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 136

Page 137: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

posta, e teriamos o problema encamiñado. Mais, tendo en contaos datos oficiais que reflicten que existe un alto índice de inten-cionalidade, é preciso a adopción doutras medidas que son posi-bles, imprescindibles e máis axeitadas.

Erradicar as causas estruturais

A solución non pasa por parches parciais, é preciso solucionarpreviamente problemas estruturais de vertebración política, eco-nómica e social que remedien a estrutura de anomia imperante,que poña fin aos conflitos que seguen posibilitando os incendiosforestais.

O Instituto de Economía e Xeografía do Centro Superior de In-vestigacións científicas (CSIC), nun traballo no que se realizaba unhaanálise dos datos históricos sobre a porcentaxe de incendios provo-cados por actividades humanas en distintos territorios do Estado es-pañol (1968-2003), chega á conclusión de que en Galicia o 99,14%dos incendios forestais son producidos por actividades humanas.

Se o 99% dos incendios son producidos por causas «antrópi-cas» e unha boa parte deles son intencionados, é evidente que re-sulta imprescindible a súa investigación. Analizar quen puxo a lapainicial relacionando a causa próxima coa causa estrutural é a únicaforma de descubrir a trama que se esconde detrás de cada incen-dio, tarefa que deben realizar investigadores profesionais con co-ñecementos e formación especificos.

Agora ben, os incendios intencionados non só se combaten in-vestindo máis en medios técnicos, en máis medios materiais, máisdevasas e infraestruturas de prevención… É preciso pór remedioás causas estruturais, é imprescindible pór en marcha políticas quepoñan freo ao despoboamento do rural con incentivos que recu-peren o tecido social destas comunidades.

A extinción de incendios forestais converteuse nunha gran em-presa con fortes intereses económicos, nunha gran empresa de ser-vizos. Entrouse premeditadamente nunha espiral sen fin: «Máis me-dios, máis incendios, máis medios, máis…». Hai bisbarras enteirasonde o diñeiro adicado á extinción é moito máis que o orzamento

137

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 137

Page 138: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

adicado a traballos silvícolas e a prevención. Analizando os orza-mentos dirixidos á extinción por parte da Xunta de Galicia atopá-monos que nos anos noventa adicaba unha media anual de 30 mi-llóns de euros; nos primeiros anos do novo milenio gastábase uns60 millóns de euros; nestes últimos anos a media anual de gasto na«maquinaria» de loita contra o lume supera os 100 millóns de euros.

Rachouse co imprescindible equilibrio do binomio preven-ción-extinción. A principios dos anos noventa as distintas organi-zacións sociais e sindicais denunciabamos que se adicaba un es-caso 30% do orzamento total ás políticas de prevención deincendios. Pois ben, a día de hoxe non se adica nin o 10% do total.O goberno galego aposta todo á carta da «extinción», esperandoilusoriamente a que as condicións meteorolóxicas sexan boas.

Teorías exculpatorias

Cos apuros «bombeirís» do verán e os fracasos permanentes,o Goberno da Xunta de Galicia sempre acaba agochándose en teo-rías de exculpación nunca demostradas. Só algún exemplo.

– Proliferación de pirómanos.Argumento usado acotío candocomezan a proliferar columnas de fume nos montes quecrean inquedanza social. Incluso os medios de comunica-ción abusan da verba «pirómano» nas súas crónicas sensa-cionalistas sen ningunha base científica ou analítica. As es-tadísticas reflicten que os incendios provocados porpirómanos teñen en Galicia unha incidencia superior ao 7%,moi superior ao 3,7% estatal. Este dato reflicte dúas cousas:ou abúsase do termo ao non diferenciar incendiario de pi-rómano ou, máis preocupante de ser certo, en Galicia temosun índice moi superior de habitantes con esta patoloxía.

– Móbiles político-ideolóxicos. Grupos organizados que pren-den lume de forma coordinada usando estratexias. A teóricaacusación basease en que se quere crear «alarma social» edesprestixiar a política forestal do goberno en quenda… Osinvestigadores de incendios, a fiscalía e os datos oficiais dospropios servizos forestais nunca puideron demostrar este

138

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 138

Page 139: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

móbil. Os detidos por causar incendios en Galicia sempreson da mesma parroquia onde se produciu o incendio, oucomo moito da parroquia do lado. Ademais, os medios lo-calizados e identificados para provocar incendios son ar-caicos, por non dicir primitivos: velas con algo de herba nabase, cigarros con mistos envoltos en esparadrapo, mechas,botellas con sustancias acelerantes, chisqueiros… mediosartesanais sinxelos e moi básicos.

Ano 2013, enésimo fracaso da loita contra os incendios, máisde 16.000 hectáreas calcinadas por máis de 3.000 incendios (o 32%dos incendios e o 36% da superficie afectada do conxunto do Es-tado). Con estes datos, en calquera país do mundo occidental osresponsables da política forestal, como mínimo, porían o seu cargoa disposición de quen os nomeou. Agochar a realidade mediantementiras e enganos para evitar as responsabilidades que non sequeren asumir, demostra covardía, e unha total falla de principioséticos e morais, «Xestionar a verdade, dicir a verdade, xestionar arealidade…», declaracións recentes do Presidente da Xunta de Ga-licia. O señor Núñez Feijoo, primeiro afirmou que «a campaña con-tra incendios de 2013 foi extraordinariamente positiva…», sen amáis mínima autocrítica, sen asumir ningunha responsabilidade.Grandes incendios en Cualedro-Val de Monterrei, Oia-Rosal-BaixoMiño, O Monte Pindo, Ribeira Sacra… diante das críticas o Presi-dente cambia o discurso e fai unha fervenza de declaracións: «Es-tamos diante dun problema de orde pública…», «Galicia non arde,a Galicia quéimana», «a responsabilidade dos incendios e dos in-cendiarios aos que se combate con leis, policías, xuíces, non conpolítica forestal…», «o 98% dos montes de Galicia son privados,polo que a responsabilidade de coidalos e dos seus propietarios…».O máximo responsable do Goberno galego foxe das súas respon-sabilidades, demostrando insensibilidade, falla de sentimentos, unpolítico sen patria ao que só o ultraliberalismo máis rancio lle si-nala o camiño a seguir, defensor da «austeridade» e do itinerarioque lle sinalan os mercados. Medio século de fracasos da políticaforestal e seguimos sumidos na amnesia, na ignorancia, na incom-

139

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 139

Page 140: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

petencia. Séguese un rumbo ao chou nunha viaxe a ningunha parte.O monte é un ser indefenso contra o que se atenta impune-

mente, os ecosistemas forestais pagan moitas das xenreiras e mi-serias dunha parte ínfima da sociedade. Os incendios forestais mi-nimizaríanse incrementando a vixilancia, limpando de mato zonasestratéxicas do monte, extinguindo os focos nos primeiros intres…Porén, todos os analistas do sector coinciden en que é moito máiseficaz evitar que se produza o incendio a ter que apagalo, e me-diante o estudo das causas que os provocan pódense erradicar ameirande parte dos incendios.

A investigación dos delitos por incendios forestais é un puntalbásico para rematar coa impunidade coa que actúan os incendia-rios. Ben sexan sinistros dolosos ou debidos a neglixencias, é im-prescindible a investigación das causas, consecuencias e responsa-bilidades, co obxectivo da súa prevención e erradicación.

Para eliminar os incendios e preciso saber cando, por que, quene onde se producen. A cada incendio débeselle pór nome e apeli-dos. Estes coñecementos son imprescindibles para deseñar solu-cións técnicas no futuro máis inmediato.

– Medidas normativas, para corrixir comportamentos huma-nos de risco e axeitar as normativas xa existentes.

– Medidas de prevención, estratexias de vixilancia, correcciónde riscos das infraestruturas, redacción de planos de pre-vención, conciliación de intereses…

– Depurar responsabilidades, mediante a aplicación da lexis-lación para disuadir os cidadáns que teñen comportamen-tos neglixentes ou dolosos.

«Vale máis unha terra con árboresnos montes que un Estado con ouro nos bancos.»

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

conclusións

Outra política forestal é posible. Mediante a ordenación e a xestiónsustentable dos ecosistemas forestais pódese garantir o desenvol-vemento socioeconómico de Galicia. A relación entre conserva-

140

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 140

Page 141: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ción e utilización do monte non debe ser entre extremos diame-tralmente opostos. Con vontade por parte do sector e mais convontade política pódese lograr o consenso imprescindible que ase-gure o futuro dos ecosistemas forestais. A rendibilidade dos inves-timentos nos montes está máis que garantida, pois Europa é defi-citaria en produtos forestais e, despois da importación de produtosenerxéticos, onde máis divisas gastamos é en mercar madeira.

Con políticas axeitadas podemos conseguir que os incendiospasen a formar parte da triste historia do presente máis recente danosa relación coa natureza. A prevención e a investigación da orixedas causas poden eliminar de raíz esta praga que ano tras ano roeo cerne dos nosos ecosistemas.

É preciso combater a indiferenza, o silencio e a rutina sumisa,rematar coas cortas abusivas, frear a perda da biodiversidade, faiseimprescindible por freo as sentenzas que dictan os incendios, cla-rexar as decisións e indecisións políticas, eliminar a cobiza…Daprotección do patrimonio natural, da conservación dos ecosiste-mas forestais depende o futuro do noso país, o futuro do planetae o das futuras xeracións.

Bibliografía

Xesús Adolfo Lage Picos, Bosques, sociedad y cultura forestal enGalicia. Universidade de Vigo 2003.

Horacio Roldán Barbero, «Detección e investigación de los delitosecológicos», en Eguzkilone nº 17, diciembre, 2003.

«Ecología Política, Biodiversidad», Cuadernos de debate interna-cional. Icaria Editorial, 2013.

Miren Sarasíbar Iriarte, El Derecho Forestal ante el Cambio Climá-tico: Las Funciones Ambientales de los Bosques.Tnomson-Aran-zadi, 2007.

José Joaquín Pérez De-Gregorio Capella, El Proceso Penal Me-dioambiental. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.,1999

ICONA, Monografía 24. Técnicas para la defensa contra incendiosforestales. Ministerio de Agricultura, 1981.

141

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 141

Page 142: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Comité de Defensa do Monte Galego, Informe Incendios Forestales.Comisión de Estudio Incendios Forestales, Parlamento de Ga-licia, 2006.

Paz Vizcaíno Sánchez-Rodrigo, Introducción al Derecho del MedioAmbiente. 1996.

Pedro Montserrat Recoder, La cultura que hace el paisaje. La Fer-tilidad de la Tierra, 2009.

Jonh Perlin, La Historia de los Bosques.Gaia Proyecto 2050, World-watch, 1999.

Nova cultura forestal fronte aos incendios, informes e conclusións.Consello da Cultura Galega, 2007.

Antón Álvarez Sousa, Os Incendios Forestais. Análise sociolóxicado sector forestal galego. Xerais, 1992.

O monte galego en cifras. Xunta de Galicia, 2005.T. François,Que debe conter unha lexislación forestal elemental.Di-

rección de Montes e Produtos Foretais, FAO, 2012.Xunta de Galicia, Plans INFOGA e PLADIGA.

142

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 142

Page 143: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

a administración pública como un consumidor responsable

Fernanda Couñago OteroDirectora de Amarante

e portavoz de Roupa Limpa en Galicia

Temos que despedirnos do sistema económico actual? Esta foiunha das preguntas que expuxo o investigador Ottmar Edenhoferna presentación do informe sobre cambio climático auspiciadopolas Nacións Unidas recentemente.

O informe do grupo de investigadores, o IPCC –Panel Inter-gobernamental sobre o cambio climático– afirmaba que as emi-sións mundiais de gases de efecto invernadoiro estaban aumen-tando a un ritmo cada vez maior, pois na primeira década doséculo XXI creceron máis rapidamente que nos tres decenios an-teriores.

O texto é contundente e alerta sobre o descenso das colleitas, aextinción de especies e a degradación dos ecosistemas. Taménprevé que durante este século aumente o desprazamento de po-boacións, sobre todo en zonas litorais, que se verán afectadas polasubida do nivel do mar, as inundacións e a erosión das costas.1

Ante esta alerta, que non é nova, cómpre tomar medidas urxen-tes na redución das emisións de gases á nosa atmosfera, encarar axestión eficiente dun recurso tan básico para o planeta e para nóscomo a auga, acometer a redución de residuos altamente tóxicose, sobre todo, reducir a dependencia de recursos fósiles finitoscoma o petróleo, que ademais de ser a base para a industria e otransporte, se utiliza para elaborar derivados de todo tipo, comaplásticos, tecidos sintéticos…

143

1 Extraído das novas aparecidas no diario El País, 31 marzo 2014.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 143

Page 144: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Estas medidas non poden esperar polos acordos internacionaispara ver o que se fai. Cada persoa e cada Administración ten quetomar medidas serias e urxentes no seu ámbito cotiá. No noso casoconcreto, a Administración pública galega e as políticas da Xuntade Galicia teñen que facelo nesta clave.

Cómpre, polo tanto, tomar medidas serias ante esta situación atodos os niveis. Pero que cousas están acontecendo para chegar aeste punto e que medidas de ámbito local se poden tomar?

Se facemos unha análise concreta dalgúns dos sectores chavena nosa sociedade, un dos que máis contribúe ao aumento da emi-sión de gases de efecto invernadoiro é o sistema alimentario glo-balizado, que representa case a metade das emisións.

Este modelo impulsado polas grandes empresas multinacionaisda industria agraria está pensado na produción para exportar e sefundamenta no petróleo, tanto no uso de fertilizantes, pesticidas,coma para a mecanización, o transporte e envasado de mercado-rías. Para isto é preciso dotarse de grandes infraestruturas, enor-mes extensións de terra para monocultivos e sementes transxéni-cas para un rápido crecemento que teñen un efecto devastadorpara os ciclos de vida da terra, provocando a esterilización desasterras para novos cultivos. Estes produtos son exportados logo atodas as partes do mundo.

alimentos viaxeiros

Deste xeito, alimentos básicos que se poden producir e consumirlocalmente, prodúcense noutros territorios e viaxan ao redor domundo cun alto custe, non só ambiental, senón tamén social emais económico. Non son alimentos pensados para alimentar easegurar o alimento das persoas próximas a onde se producen, econseguir así a súa soberanía alimentaria, senón que están pensa-dos para sacar o maior beneficio posible. A alimentación pasa aser unha mercadoría máis da que lucrarse. Son os chamados «ali-mentos quilométricos» ou «alimentos viaxeiros».

A consecuencia disto é que unha ampla variedade de alimentosbásicos que pensamos que son de produción local xa non se produ-

144

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 144

Page 145: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

cen en Galicia ou mesmo no resto do Estado. Tampouco se atopannos principais supermercados e nin tan sequera en moitas tendasde barrio. Máis do 80% das legumes –xudías, garavanzos, lentellasou ervellas– que se consumen no Estado español veñen importa-das de países como Arxentina, Brasil, Canadá, México ou Ucraína.

Nós tamén participamos dese sistema. Cada ano o Estado es-pañol importa 1,5 millóns de porcos vivos da Unión Europea e ex-porta 1,3 millóns de porcos vivos á países da UE. De xeito que unhatenreira nacida en Francia pode cebarse en Aragón ou Cataluña,sacrificarse en Italia e a súa carne venderse en Grecia. Casos comoestes son só un exemplo.

Todo isto precisa ademais de canles de distribución e comer-cialización, unhas canles concentradas cada vez en menos mans.Cinco empresas controlan o 55% das ventas de alimentos no estado.Unha empresa como Carrefour controla un de cada catro alimentosque mercamos. Redúcese así a variedade e a calidade da nosa ali-mentación e tamén o acceso dos labregos e labregas a vender osseus produtos. É dicir, cinco empresas determinan o que comemos,a calidade do que comemos, o prezo ao que se merca e o prezo aoque se vende e mais a súa procedencia. O único que se valora é amarxe de beneficio e non importa o impacto ambiental, social, la-boral e económico de todo ese proceso que repercute finalmentenas persoas. É no que en moitos espazos chaman «alimentaciónsecuestrada».

a desaparición do noso rural

Namentres isto acontece, en Galicia existe unha fonda preocupa-ción pola desaparición do noso rural e das familias que viven docampo e do mar, preocupadas por achegar a cidadanía alimentosfrescos, saudables e de calidade. Porén, a preocupación que seme-llan transmitir moitas veces os nosos políticos non se traduce,como ben se ve, en políticas que poñan freo a esta situación, senónque en moitos casos a potencian.

Un exemplo é a política de moitos concellos de impulsar ou fa-cilitar a instalación destes centros comerciais e grandes superficies

145

A Administración pública como un consumidor responsable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 145

Page 146: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

no noso territorio. En 2012 había un metro cadrado de centro co-mercial para cada tres galegos. Segundo o Anuario Económico queedita La Caixa, en 2012 había 43 establecementos en Galicia, si-tuándose nos postos de cabeza de todo o Estado no que a númerode grandes áreas comerciais se refire.

Cada centro comercial supón perda económica e de desenvol-vemento do pequeno comercio e a imposibilidade de acceder aosprodutos locais, ademais dun aumento no volume de residuos eda contaminación. Nestes establecementos proliferan os produtosenvasados e os plásticos, ademais de precisar un coche para ache-garse, xa que moitos deles están nas contornas das cidades, co con-secuente aumento do tráfico, consumo enerxético e de infraestru-turas para o seu acceso.

Co aumento do lixo e os envasados nas casas, empresas comoSogama afirman que non teñen capacidade para asumir tanto lixo.Como solución amplíase o tratamento dos residuos a un verte-doiro controlado. A solución a todo este problema pasa por facerpolíticas e campañas de reciclaxe, pero nunca de tomar medidasde redución do consumo –outro xeito de consumir– nin de polí-ticas para evitar e reducir os envasados.

E namentres en Galicia seguen pensando en abrir centros co-merciais e fomentar este tipo de consumo, noutros países xa em-pezaron a tomar medidas políticas para frear e protexer o seu rurale o valor dos produtos alimenticios de calidade e saudables.

políticas de alimentación de proximidade

Países coma Francia, Italia, Chequia, Hungría ou Polonia teñenpolíticas de compra directa e canles curtas de comercialización,chegando a alcanzar porcentaxes que rondan o 18%, mentres queno estado español sitúanse no 0,3%.

Italia, por exemplo, aprobou unha lei que obriga ás entidadeslocais a introducir alimentos ecolóxicos e de calidade en menúsescolares. O concello de Piombino na Toscana cumpre funciónsde distribuidor de alimentos nos comedores escolares de todas asgarderías e centros de infantil, primaria e secundaria.

146

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 146

Page 147: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Noutras partes do Estado español como Asturias, Cataluña, An-dalucía ou Canarias, puxeron en marcha iniciativas como a incor-poración nos comedores escolares de produtos ecolóxicos e deproximidade como criterios de mellora do equilibrio nutricional,así como o xeito de velar pola mellora das contornas rurais e polovalor do compoñente educativo na alimentación saudable e o con-sumo responsable. É o que se chama alimentación de proximidade.2Este xeito de producir e distribuír localmente ten unha serie debeneficios recoñecidos unanimemente: ambientais, socioeconó-micos, sociais e culturais.

Reducen as emisións de efecto invernadoiro, teñen unha menordemanda enerxética e de enerxía fósil, poñen freo á perdida de di-versidade bioloóxica; os mercados locais xeran máis emprego locale máis diverso, é dicir, xeran máis economía local. Por cada euro quese inviste nestes sistemas se chegan a xerar máis do dobre de ingresoslocais que no sistema globalizado. Os mercados locais son ferramen-tas que facilitan que as terras agrarias sexan economicamente ren-dibles e capaces de dotar os e as traballadoras e as súas familias dunnivel de vida axeitado. A viabilidade das actividades agrarias é clavepara o mantemento dunha agricultura e un medio rural vivos.

Os mercados locais potencian o coñecemento directo entre osprodutores, elaboradores, consumidores e outros actores que in-terveñen na cadea alimentaria. Isto fortalece as relacións comuni-tarias. Fan unha labor de transmisión do coñecemento e valoriza-ción do autóctono, valorizan o propio e a riqueza cultural, non sóeconómica, que representa a terra e a diversidade biolóxica queten Galicia.

Para o sector agrario familiar, a venda de proximidade é unhaoportunidade tamén para escapar do control e imposición dasgrandes corporacións da distribución alimentaria das que falaba-mos antes.

Isto significa que a Administración pode tomar medidas e lexis-lar para fomentar un tipo de consumo e de produción sustentable.

147

A Administración pública como un consumidor responsable

2 Criterios de Justicia alimentaria en la Compra Pública de Alimentos. Guía para Admi-nistraciones públicas. VSF Justicia Alimentaria Global, abril de 2013.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 147

Page 148: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

De cara á cidadanía, pode fomentar políticas de compra directaen mercados locais, por exemplo. De cara á propia Administración,pode fomentar o consumo responsable a través das súas propiaspolíticas de compra, seguindo, por exemplo, pautas semellantes áexperiencia italiana que comentamos antes.

a compra pública socialmente responsable ou compra sustentable

A Administración consume unha cantidade moi alta de produtosde alimentación nos que se podería aplicar políticas con criteriosde sustentabilidade e, dentro deles, de proximidade e de reduciónde envases. Estamos falando por exemplo de comedores escolares–garderías, escolas, universidades–, hospitalarios, nos centros demaiores; cafeterías en instalacións públicas…

Isto significa que a Administración pode mercar con criterios desustentabilidade que non só se centren no prezo e incidan taménen criterios que velen polo medio, polo desenvolvemento local,polos dereitos sociais e éticos e mais pola saúde das persoas.

O impacto na economía sería altamente transformador. Esta-mos falando de que o seu volume de compra representa o 14% doPIB no Estado español. Son ó redor de 140.000 millóns de eurosque poden ter unha gran capacidade de incidencia segundo doxeito en que se consuman eses produtos e servizos.

Isto se chama Compra Pública Socialmente Responsable(CPRS) e refírese a todos os aqueles servizos ou produtos que ad-quire a Administración pública na que non só se teñen en conta aoferta económica máis barata, senón que tamén se teñen en contaaspectos relacionados coas condicións de produción, os materiaisque os compoñen, as condicións laborais das persoas traballadorasou as consecuencias directas e indirectas que a súa produción ouprestación supoñen a curto e a longo prazo.

Ao practicar a CPRS, as Administracións públicas achegan unvalor engadido aos seus procesos de contratación, xestionando demaneira eficiente o seu orzamento, de modo que ao mesmo tempoque atenden unha necesidade, contribúen a obxectivos máis am-

148

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 148

Page 149: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

plos das súas políticas. Propoñemos tomar medidas que garantenun futuro para as xeracións vindeiras ao respectar o medio, poisfomentan o desenvolvemento rural e a economía local, así comoa saúde ao consumir produtos ecolóxicos. Pero tamén garantencondicións de traballo dignas, acceso laboral a persoas en risco deexclusión, etcétera.

Son moitos os bens e servizos que merca ou contrata a Admi-nistración, incluídas as obras públicas, vestimenta profesional –uniformes de traballo para a policía, exército, bombeiros, persoalsanitario, servizos de limpeza–, aparellos electrónicos, ordenado-res, papelería, iluminación, servizos de limpeza, transporte pú-blico… Pero non imos a detallalos, pois todos eles están recollidosen distintos espazos, sobre todo da Unión Europa, que elaborouunha serie de guías para a aplicación da compra pública respon-sable nos distintos sectores.3

Pero non todos os produtos, polas súas características, poden serproducidos localmente, aínda que son tan consumidos que pareceque todo o contrario. Estamos falando do café, o azucre de cana,té, chocolate ou o algodón que se emprega para a confección deroupa do persoal da Administración pública.

Man de obra escrava e grandes beneficios

En calquera destas materiais primas podemos afirmar que moitasdas persoas que os cultivan viven na pobreza ou na pobreza ex-trema, e en moitas plantacións aínda existe explotación infantil etraballo escravo. A Organización Internacional do Traballo (OIT)estima que en África Occidental, principal rexión de cultivo decacao, uns 1,8 millóns de nenos e nenas participan dalgunha formano cultivo e colleita do cacao, dos cales 284.000 poden conside-rarse traballadores.

Costa de Marfil, primeiro produtor de cacao, a OIT calcula queemprega 12.000 menores de idade (menores de 14 anos) en con-

149

A Administración pública como un consumidor responsable

3 Ver na web da UE lexislación e guías que orientan na aplicación da compra públicaresponsable: http://ec.europa.eu/internal_market/publicprocurement/other_aspects/index_en.htm#maincontentSec2

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 149

Page 150: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

dicións de escravitude, sometidos ademais a abusos e trata de per-soas, e realizan xornadas de doce horas na que se inclúen, entreoutros labores, o uso de pesticidas sen ningún tipo de protecciónpara a súa saúde.4

Isto contrasta coas vendas anuais de chocolate no mundo, quesuperan os 100.000 millóns de dólares. Nestlé, Mars, Mondelez-Kraft, Hersey e Ferrero son as cinco multinacionais que controlanmáis do 60% das ventas de chocolate no mundo e sete as que con-trolan o 76% da industria de produtos semielaborados do cacao.Namentres estas empresas teñen beneficios millonarios e inflúennos prezos do mercado de cacao, os entorno de 5-6 millóns de co-lectores e pequenas familias produtoras viven na pobreza e na po-breza extrema.

A situación non é máis positiva noutros sectores. No caso daprodución de algodón e no sector do téxtil, non só temos taménque falar de casos de explotación infantil na recolección de algo-dón, ou o abuso de pesticidas, praguicidas ou herbicidas que enve-lenan a terra, a auga e tamén ás labregas e labregos.

Aumenta o cultivo do algodón transxénico e de variedades pa-tentadas –patentes concedidas polos propios gobernos–, incre-mentando a dependencia da agricultura das grandes multinacio-nais e os produtos que elas mesmas comercializan. Monsanto oxigante da biotecnoloxía, moi coñecido polos labregos galegos através do millo transxénico, controla case toda a produción de al-godón xeneticamente modificado no mundo seguido de lonxe porDupont e Aventis.

as augas contaminadas provocan o 75% dos casos por envelenamento

Pero o que descoñece moita xente é que para o cultivo de algodónse precisan grandes cantidades de auga. Falamos de 1.200 litros por

150

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

4 Informe da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto sobre a produción de cacao. Con-sultar en: http://comerciojusto.org/la-cecj-publica-un-informe-divulgativo-sobre-el-cacao/

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 150

Page 151: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

quilogramo de algodón. Estas augas contaminadas van parar aosacuíferos, o que provoca o 75% dos casos de envelenamento nestespaíses produtores. Para a confección dunha simple camiseta de al-godón empréganse máis de 150 gramos de produtos químicos.

Namentres aumentan os cultivos de algodón e algodón trans-xénico nos países industrializados, coma os da UE, cada habitantexera de 2-7 kg de residuo téxtil ao ano. En Alemaña tírase unha to-nelada de roupa ao ano e no Estado español xérase ao redor de376.000 toneladas de restos téxtiles, segundo a Asociación Espa-ñola de Recuperadores da Economía Social e Solidaria (Aeress).

Roupa de usar e tirar

O aumento do consumo de roupa de usar e tirar vén impulsadopolo modelo industrial téxtil e as grandes multinacionais da moda.En Galicia o noso máximo expoñente é Inditex. O fenómeno cha-mado fast fashion, roupa de baixa calidade cun ciclo curto de vidae prezos económicos, promove o consumismo de ir sempre ámoda e a necesidade de estar renovando continuamente o nosoarmario con novas pezas.

Pero para que este modelo sexa posible, na produción destaroupa traballan ao redor de 30 millóns de persoas –o 80% son mu-lleres– que cobran salarios moi baixos, tan baixos que en paísescomo Bangladesh non superan os 45 euros mensuais tras longasxornadas de traballo, ao que se suma a falta de seguridade e hi-xiene no traballo, as condicións de acoso laboral que padecen, acarencia de cobertura social, o padecemento de enfermidades, oscontratos temporais, sen teren dereito a organizarse, a obriga derealizar horas extras e, sobre todo, uns salarios que non dan paraelas e a súa familia saíren da pobreza.5

Deste sistema de produción no téxtil tamén participan todas asAdministracións públicas, pois trátase de roupa que se produce

151

A Administración pública como un consumidor responsable

5 Ver informes en www.ropalimpia.org.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 151

Page 152: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

para vestir o persoal dos distintos servizos públicos: seguridade,sanidade, ensino, limpeza… A UE gasta dous billóns de euros enroupa de traballo e calcúlase que en 2008 a facturación global dasempresas distribuidoras de roupa de traballo alcanzou os 4.000 mi-llóns de euros nos quince estados membros da Unión Monetaria.

Poderiamos pór máis exemplos, como a produción de todo omaterial electrónico que segue o mesmo patrón que a roupa, perona que se usan produtos aínda máis nocivos para a saúde das per-soas traballadoras, o que conduce ao sufrimento de numerosas en-fermidades que poden chegar a casos graves de morte por cancrosvinculados ao contacto continuado con estas substancias alta-mente canceríxenas.

Moitos destes produtos que merca a Administración públicaprodúcense en países que non teñen ratificados todos os conveniosda OIT, son obxecto de denuncias por graves violacións dos de-reitos humanos ou simplemente non os cumpren. Mais todos es-tados da UE, e por ende o español, teñen asinados estes conveniose os de Nacións Unidas e teñen a obriga de velar para que se cum-pran todos estes dereitos. Por tanto, teñen o deber moral e a res-ponsabilidade de que os recursos da cidadanía que xestionan nonfomenten a produción e as empresas que incumpren, ou ben nongaranten, os dereitos humanos e ambientais en toda a súa cadeade produción, incluída a subcontratada.

Por iso é preciso e fundamental establecer mecanismos para queisto non suceda, e a ferramenta da compra pública socialmente res-ponsable é un paso importante neste eido. O consumo da Adminis-tración debe ser exemplar e motor de dinamización e cambio. Istoquere dicir que, cando a Administración realiza as compras de sub-ministros ou servizos, os xestores deben de ter en conta, ademais doprezo, o impacto ambiental, o impacto social e as cuestións éticas.

A Comisión Europea definiu a compra pública socialmente res-ponsable como o conxunto de operacións de adquisición públicaque ten en conta unha ou varias das seguintes consideracións: a pro-moción do traballo decente, o respecto dos dereitos humanos e laborais,o apoio á inclusión social (incluídas as persoas con discapacidade),a economía social e das PEME, a promoción da igualdade de oportu-

152

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 152

Page 153: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

nidades, a inclusión de criterios de sustentabilidade tendo en conta ocomercio xusto e as cuestións éticas e o logro dunha maior adhesiónvoluntaria da responsabilidade social empresarial no marco dosprincipios do tratado da UE e das directivas europeas.

Isto quere dicir que a Administración ten que esixir unha seriede criterios e de garantías ás empresas que concorren ás licitaciónspúblicas ou aos servizos que se ofrecen, no que teñen que demos-trar que respectan os dereitos humanos, o medio ambiente, e es-tablecer requisitos e controis de verificación de que isto efectiva-mente se cumpre.

o modelo do comercio xusto

Para garantir que todos estes dereitos son respectados, xa existenmecanismos de control para certos produtos. Estamos falando deferramentas coma a do comercio xusto.

Este movemento, con trinta anos de existencia, creou un sis-tema de certificación e seguimento que avalan que os seus produ-tos e as organizacións ou pequenos produtores/as garanten e res-pectan todos estes criterios.

Resumidamente o comercio xusto está baseado en 10 princi-pios básicos:

– Creación de oportunidades para grupos de produtores des-favorecidos.

– Transparencia e funcionamento democrático para benefi-ciar as necesidades básicas das comunidades produtoras ede consumidores e consumidoras.

– Relación comercial equitativa e a longo prazo.– Prezo xusto para os produtores e produtoras.– Loita contra a explotación laboral infantil.– Equidade de xénero.– Condicións laborais dignas.– Fortalecemento de capacidades e asistencia para os grupos

produtores desfavorecidos.– información e sensibilización sobre comercio xusto.

153

A Administración pública como un consumidor responsable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 153

Page 154: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

– Coidado do medio ambiente.

Este movemento, que xa beneficia a máis de oito millóns deprodutores, busca unha maior equidade no comercio internacionale presta especial atención aos criterios socias e ambientais, facili-tando un acceso ao mercado en mellores condicións.

Está recoñecido pola UE como unha ferramenta poderosa quepromove alternativas ao comercio internacional tradicional, apoiaa loita contra a pobreza, traballa pola redución das desigualdadessocioeconómicas e contra o cambio climático. E así foi recollidono Parlamento Europeo na Resolución sobre Comercio Xusto eDesenvolvemento (A6-027/2006)

A opción de produtos de comercio xusto representa o compro-miso por parte das autoridades por criterios ou estándares éticosmáis esixentes, xa que para que un produto sexa considerado decomercio xusto ten que cumprir todos os criterios. E porque be-neficia aos produtores que cumpren coas convencións internacio-nais sobre condicións laborais e salariais dignas, dereitos dos e dastraballadoras e non empregan traballo infantil.

O camiño aberto polo comercio xusto demostra que é posibleproducir e consumir dun xeito que beneficie ás persoas que pro-ducen tanto coma ás persoas que consumen, e rn consecuencia,serve como modelo a seguir.

Unión do comercio xusto co comercio local

Existen xa numerosas experiencias neste sentido a nivel de toda aUE nas que se combinan o compromiso da Administración noconsumo con criterios que promoven o comercio xusto e tamén aprodución local.

En Roma, por exemplo, xa son 140 mil os estudantes que teñenincorporada na súa dieta nos comedores escolares chocolate e plá-tanos de comercio xusto, o que implica o consumo efectivo de 200mil quilos de plátano e catro millóns de barras de chocolate por ano.

En Francia, dende hai anos, incorporouse o algodón de comer-cio xusto como un dos criterios de adxudicación para a vestimenta

154

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 154

Page 155: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

profesional da Administración. En 2012 eran dez as instituciónspúblicas adscritas a este criterio entre concellos e departamentosrexionais. Isto promoveu no sector empresarial a unión da econo-mía local co comercio xusto. Unha empresa familiar francesa,TDVesuna, é o único fabricante europeo que integra o proceso deprodución –fiatura, tecido e tinguido– e que ofrece tecidos a basede algodón certificado de comercio xusto africano, o que está acontribuír á produción de algodón de comercio xusto e ecolóxicoen Malí, Burkina Faso e Senegal.

A cidade alemá de Sonthofen, Baviera, foi elixida «cidade dochocolate» e acordou producir este produto con cacao de comercioxusto e leite producida na rexión tirolesa, unindo así o seu com-promiso local co comercio xusto.

En Galicia, ata o de agora, a única iniciativa por parte da Ad-ministración en canto ao consumo de produtos de alimentacióncon criterios éticos e sociais, foi a de incorporar café de comercioxusto nas licitacións que se fan para os servizos de vending e cafe-terías localizadas nos edificios da Xunta de Galicia.

Isto foi posible grazas o esforzo de organizacións como Aso-ciación galega AMARANTE SETEM, que leva dende o 2005 pro-movendo a compra pública responsable na Administración, o queevidencia que despois de sete anos se avanzou moi pouco nestecampo e pon de relevo a falta de vontade real de aplicar estas po-líticas nas distintas Administracións públicas galegas e nos distin-tos partidos políticos.

Tamén existen exemplos illados. Algúns concellos galegos fancompras puntuais e dan apoio ás actividades de comercio xusto epromoven os mercados de produtos ecolóxicos e locais. Tamén sedan iniciativas puntuais de centros de ensino ou asociacións depais e nais sensibilizados con este tema que mercan para os seuscomedores escolares alimentos de proximidade, pero non se ins-criben nunha política clara e acordada, regulada e promovida polaAdministración, neste caso a da Xunta de Galicia.

A nova directiva europea de contratación pública que acaba deser aprobada no Parlamento Europeo no mes de xaneiro apostapor avanzar neste campo, avances non exentos de dificultade e

155

A Administración pública como un consumidor responsable

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 155

Page 156: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

oposición, xa que entra en contradición con posturas ultra liberaisdefendidas tamén no propio seo da UE.6

Aínda así existe un esforzo na UE por avanzar no compra sus-tentable, aínda que esta atópase máis desenvolvida nuns camposca noutros. A porta abriuna a chamada «compra verde», impulsadagrazas á maior sensibilidade cara aos temas ambientais, sobre aque existe unha extensa normativa e aplicacións que xiran entornoao uso de enerxías renovables, recipientes reutilizables e reciclados,utilización de produtos libres de tóxicos, exclusión do PVC, efi-ciencia enerxética, vehículos non contaminantes… Logo chegoua «compra social» e, finalmente, a «compra ética». Hoxe en día xanon ten sentido separalas. Se a parte ambiental non vai empare-llada con todo anterior e unimos isto cos impactos sociais e os de-reitos humanos, estamos facendo un fraco favor á nosa sociedade.

É preciso tomar en serio, e cunha visión global, o problema dadegradación ambiental que vai unido tamén a un modelo de pro-dución e comercialización que sofre o noso planeta, pero quetamén ten repercusións para as persoas e a nosa sociedade. Todoisto pasa por facer transversais todas as problemáticas asociadasa este modelo de desenvolvemento, altamente insostible a todosos niveis, e que afectan xa a toda a poboación do planeta, sendoobviamente moito máis grave nos países empobrecidos precisa-mente polas políticas impulsadas polos países altamente enrique-cidos.

Finalmente rematamos coma comezamos: temos que despe-dirnos do sistema económico actual? Somos moitas as voces queo levamos pedindo dende hai moito tempo e con carácter urxente.

156

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

6 Para consultar a nova directiva entrar en: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+TA+P7-TA-2014-0025+0+DOC+XML+V0//ES e as va-loracións dende o comercio xusto en http://www.fairtrade-advocacy.org/

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 156

Page 157: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

dez reflexións sobre a educación ambiental en galicia: ollando máis alá da crise

Pablo Ángel Meira CarteaGrupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela

Os sinais que está a emitir o campo da Educación Ambiental (EA)en Galicia son preocupantes. Os descritores para presentar a súasituación actual deixan poucas dúbidas. Nas Administracións pú-blicas, cautivas polos obxectivos de recortes, verifícase unha tor-menta perfecta: peche de programas e equipamentos de titulari-dade pública, abandono ou regresións nos procesos derivados daEstratexia Galega de Educación Ambiental posta en marcha ao co-mezo da década anterior, redución drástica ou eliminación dos or-zamentos públicos que eran esenciais para soster a iniciativa edu-cativo-ambiental das Administracións locais e da maioría dasorganizacións do terceiro sector –foran «ambientalistas» ou dou-tro tipo–, desaparición dos servizos e dos programas creados pun-tualmente no seo das Administracións para promover as políticaspúblicas de EA…

Os datos dun estudo recente que compara a situación profe-sional de cen educadores e educadoras ambientais galegos en 2007coa de comezos do ano 2013 son máis que elocuentes: mentres ataxa de paro non superaba o 6% en 2007, no momento de aplicaro cuestionario –xaneiro de 2013– xa alcanzaba o 30% da mostra(Meira, Barba e Lorenzo, 2014). En só un lustro os e as profesionaisda EA en situación de desemprego multiplicáronse por 6, rexis-trando unha taxa de paro superior á española –o 27,16% no pri-meiro trimestre de 2013– e moi superior á taxa de paro rexistradaen Galicia –o 22,35% no mesmo trimestre (Enquisa de PoboaciónActiva, 2013)–. É dicir, nun lustro non só se multiplicou por cincoa taxa de paro no campo da EA, senón que tamén pasou de estar

157

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 157

Page 158: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

por debaixo da taxa de paro galega e española a estar claramentepor riba. Este mesmo estudo pon en evidencia outro dato revela-dor: o terceiro sector é o que ten experimentado unha erosiónmáis acentuada ao perder máis da metade das persoas ocupadasnel e pasa de sumar o 19,8% dos profesionais ocupados en 2007,antes da fase aguda da crise, ao 7,9% a principios de 2013.

Outra fracción do colectivo profesional subsiste en condiciónseconómicas e laborais cada vez máis precarias, busca refuxio enámbitos máis ou menos tanxenciais ao da EA ou desiste desespe-ranzado e emigra cara a ámbitos profesionais que ofrecen melloresoportunidades laborais. Nesta dinámica o peche de empresas eequipamentos de iniciativa privada tamén é a norma, pois conse-guen sobrevivir a duras penas ofertando salarios medios que nonsuperan os 800€ mensuais de mediana e constitúen un claro indi-cio da xeneralización da precariedade do sector.

Como noutras esferas da vida social, a chamada «crise fiscal»pasa por ser a coartada coa que se xustifica todo ou case todo oque sucede no campo da Educación Ambiental. Non cabe dúbidade que a crise é un factor conxuntural de primeira orde. Con todo,existen outras variables, externas ao propio campo da EA, perotamén internas ao mesmo, que cómpre identificar e analizar parapescudar saídas a unha situación dramática. As dez reflexións quese presentan a continuación queren ser unha contribución nestesentido, nin máis nin menos. Na súa argumentación preténdeseestimular, na medida do posible, un debate ao mesmo tempo in-terno e externo ao propio campo, un debate indispensable dada asituación de ensimesmamento que esta situación de colapso estáa inocular na comunidade de actores e actrices da EA.

Para que non se entenda que este é un exercicio voluntarista, épreciso puntualizar que somos conscientes de que os principaisresortes dos cambios precisos para superar esta situación estánmáis fóra que dentro do campo da EA. Só se poderá reverter dexeito significativo a situación de producirse unha reacción cívica,política e económica de gran calado na sociedade galega. Sen máispoderes proféticos que o sentido común, non é fácil anticipar sealgo así pode suceder nin, obviamente, cando. O que si se percibe

158

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 158

Page 159: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

entre amplos sectores da poboación é unha fartura crecente diantedos recortes que afectan os piares básicos do Estado social (edu-cación, sanidade, prestacións sociais) e un profundo descontentopolo labor dunha clase política que, no mellor dos casos, aparececoma un monicreque dos mercados e, no peor, coma encarnacióndunha corrupción sistémica que xungue o poder político aos in-tereses do mesmo mercado. Un problema importante é que a so-ciedade que comeza a ser consciente do deterioro dos servizos pú-blicos pode non estar sendo sensible, ou «tan» sensible, ao impactoda crise nas políticas ambientais, en claro retroceso tanto poloadelgazamento do Estado como pola coartada paradoxal que uti-liza a mesma crise para xustificar o relaxamento das esixenciasambientais baixo o imperativo de volver á senda do crecemento,de xerar postos de traballo e de recuperar o benestar perdido.Neste sentido, pódese afirmar que a Educación Ambiental estácompletamente fóra do foco da percepción pública da crise, invi-sible á sociedade, e polo tanto sen que esta sexa consciente do seudespece sistemático e do que con iso perde.

Aínda que calquera resposta estrutural á crise da EA haberá depasar por un cambio relevante no escenario político e social máisamplo, a posibilidade non descartable de que algo así poida suce-der debe atoparnos co velame despregado, non só para aproveitareses novos e, agardemos, esperanzadores ventos, senón, e funda-mentalmente, para contribuír na medida das nosas posibilidadesa que os desexados ventos de rexeneración social sopren, o fagancon forza e integren a dimensión socio-ambiental entre os seuseixos vertebradores.

Unha

A EA está a pasar a súa peor crise dende que naceu hai pouco máisde catro décadas. Esta é unha afirmación aplicable a nivel globalpero, polas súas particulares traxectorias históricas e por unhaconxuntura socioeconómica compartida, a crise está sendo espe-cialmente aguda en Galicia e no conxunto do Estado español.Entre as razóns contextuais que explican a súa vulnerabilidade pó-

159

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 159

Page 160: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

dense destacar o tardío e deficitario acceso da sociedade españolaá democracia e á modernidade, permanecendo cultural e educa-tivamente conxelada durante a ditadura de Franco. A «longa noitede pedra» da ditadura e as limitacións cada vez máis evidentes dachamada Transición, teñen condicionado un desenvolvementotardío e fráxil do estado do benestar, que tamén se expresa nuntardío e débil desenvolvemento das políticas relacionadas co am-biente.

O impulso da EA como instrumento de transformación socialestá intimamente ligado á dispoñibilidade de recursos públicosdestinados a accións sociais, educativas e culturais ao servizo detoda a poboación, sen exclusións. O despece ao que estamos asis-tindo do incipiente sistema de benestar supón tamén o desman-telamento da EA, tanto polo cambio de rumbo ideolóxico dentrodo sistema escolar coma pola desnaturalización e descapitalizaciónda EA noutros ámbitos educativos. Esta destrución, como xa seremarcou, concrétase no recorte de fondos públicos destinados aosector, na eliminación de programas e equipamentos especializa-dos, na supresión dos departamentos dedicados a súa xestión den-tro das Administracións públicas, na precariedade laboral do per-soal profesional da EA, así como a súa na perda de peso reformaneoconservadora do currículo escolar plasmada na Lei Wert.

dúas

Se é que algunha vez chegou a existir coma tal, o sistema da EAgalego está sendo sometido a una operación metódica e sistemáticade demolición. Aos recursos e profesionais que sobreviven espéralleun horizonte inmediato de empobrecemento e desvalorización. Cua-lificar esta operación como metódica e sistemática non quere dicirque exista un «programa» especificamente deseñado para tal fin;que así fose significaría que a EA tería chegado a alcanzar un statuscientífico e social moi relevante, cando menos, no campo das po-líticas ambientais. Pero, lamentablemente, tal evolución non se tenproducido. A liquidación da EA encaixa no proxecto neoliberal dedesmontar todos aqueles axentes e sistemas ligados ao sector público

160

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 160

Page 161: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e á cidadanía máis crítica co mercado cuxa misión compartida é(ou era) a salvagarda do(s) ben(s) común(s). Como pouco, educa-dores e educadoras ambientais poden ser catalogados como tes-temuñas incómodas que non está de máis neutralizar limitandoou banalizando o seu labor ou, directamente, liquidándoos. A cha-mada «crise fiscal» é a coartada perfecta para xustificar estas op-cións, claramente ideolóxicas, como as únicas políticas posibles tale como repiten disciplinadamente os responsables da súa aplica-ción nos gobernos galego e e mais estatal. En último termo, a ex-tinción da EA acaba xustificándose como o resultado darwinianoe, polo tanto, natural e inevitable, da súa inadaptación ou disfun-ción diante dos requirimentos da sociedade de mercado.

tres

O desgaste da EA como proxecto e instrumento de transformaciónsocioambiental aliméntase dunha disociación cada vez maior entreo desexado e a realidade. O desiderátum, xa dende os primeirospasos na institucionalización da EA (Estocolmo 1972, Belgrado1975, Tbilissi 1977…), é a transformación das relacións entre as so-ciedades humanas e o ambiente na procura dunha dupla finalidade:a distribución equitativa dos recursos ambientais para garantir asatisfacción das necesidades básicas de todos os seres humanos nopresente e no futuro –e non só dunha fracción privilexiada da hu-manidade– e o usufruto sostible destes recursos para que tal satis-facción, ademais de equitativa e universal, respecte os límites eco-lóxicos da biosfera e poida ser sostible no tempo.

O presente diverxe cada vez máis destas aspiracións, tanto anivel global coma no espazo galaico e no escenario ibérico. Porunha parte, a desigualdade crece e agudízase: da sociedade do20/80 por cento estamos a transitar cara unha sociedade do 1/99por cento. A disolución das clases medias no sur de Europa en-caixa nesta tendencia. Por outra, recoñécese o desgaste progresivodos sistemas naturais pola acción humana, un desgaste que alcanzacotas nunca antes experimentadas na historia da nosa especie. Asalteracións climáticas, como problemática de escala global e sisté-

161

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 161

Page 162: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

mica, poñen en evidencia o estado crítico da biosfera como un há-bitat acolledor para o ser humano. Non deixa de ser un paradoxoque as sociedades que teñen destinado –e aínda destinan– máisrecursos á EA, as autodenominadas «sociedades avanzadas», sexantamén as que xeren maiores e máis destrutivos impactos ambien-tais, aínda que son tamén as que teñen maior facilidade para «ex-ternalizalos» e as menos vulnerables aos seus efectos. De feito, acrecente sensibilidade cidadá pola calidade do ambiente nas nosassociedades –unha sensibilidade á que, sen dúbida, contribúe a EA–ten sido convertida en argumento para lexitimar a práctica xene-ralizada da localización cara a sociedades menos desenvolvidasdos procesos de extracción e produción máis nocivos.

catro

Mirando con autocrítica cara ao seu interior, a EA non ten sabido,querido ou podido, superar boa parte dos seus conflitos e debilidadesinternas. Algúns nin sequera se veñen formulando claramente aoentretérmonos en debates inxenuos sobre os obxectivos da EA een prácticas moitas veces irrelevantes desde un punto de vista datransformación das relacións sociais que teñen o medio ambientecomo obxecto directo. O reclamo do desenvolvemento sustentableten sido especialmente daniño e agora vén de ser renovado no sis-tema das Nacións Unidas en forma de «economía verde». Usandoo argot automobilístico, trátase dun traballo de chapa e pintura do«ambientalismo neoliberal». No apartado de cuestións internaspor resolver poden destacarse as seguintes:

– As tensións entre a dimensión ambiental e a educativa.– Os conflitos entre a acción militante e a profesional (quemoitas veces, demasiadas, vívense en primeira persoa).– A controversia entre as visións «ambientalistas» e as «eco-loxistas».– Os conflitos entre os enfoques educativos naturalistas(conservacionistas) ou tecnocráticos e os sociocríticos.– E, finalmente, o que podería ser o pai de todos os confli-tos: o carácter contracultural e antisistema da EA ou, cando

162

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 162

Page 163: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

menos, dunha EA que entende que a súa misión é promovere acompañar un cambio profundo na sociedade.

A continuación examinaranse algúns destes conflitos.

cinco

Dende un punto de vista estrutural, máis que cualificar a EA comoun campo –no sentido sociolóxico que outorga Pierre Bourdieu aeste concepto– cabe describila como un «trans-campo»: un espazosocial e profesional de contornas imprecisas no que conflúen saberesdisciplinares, intereses, culturas profesionais e relacións de poder queteñen unha orixe ubicua no campo educativo e no campo ambiental.A pesar de que o discurso da EA incorporou desde os seus inicioso principio interdisciplinario como fundamento epistemolóxicopara atender a multidimensionalidade e a complexidade tanto dosproblemas socioambientais coma das accións educativas necesa-rias para confrontalos, na praxe non teñen desaparecido as ten-sións entre a súa «identidade ambiental» e a súa «identidade edu-cativa». Estas tensións exprésanse de diversas formas. Asexperiencias galegas e ibéricas de EA aportan variados exemplosdeste gap. Un dos máis evidentes é o pésimo encaixe que usual-mente ten a EA no organigrama das Administracións públicas, so-metida as máis das veces a unha xestión burocratizada, desarte-llada e determinada por intereses espurios que sigue expresándosena difícil concertación, cando a hai, entre os axentes públicos en-cargados da xestión ambiental e os encargados da xestión educa-tiva. Neste escenario, os conflitos e os desacordos entre responsa-bles técnicos e políticos son a norma; o trasacordo e a sinerxíaintelixente entre axentes e axencias, a excepción. Que educador oueducadora ambiental, sobre todo traballando dende unha entidadedo terceiro sector, non tivo que recorrer á máis sofisticada diplo-macia florentina para conseguir un apoio pactado das Adminis-tracións ambiental e educativa?

163

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 163

Page 164: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

seis

Outro conflito latente é o que confronta, cada vez de forma máistensa, o rol «militante» co rol «profesional». Examinando transver-salmente a historia en Galicia do movemento ecoloxista e da EAnas súas traxectorias a partir dos anos setenta do século pasado, édoado comprobar o solapamento que se produce entre os cadrosdo ecoloxismo e as persoas que acabaron optando polo exercicio,militante primeiro e despois profesional, da EA. Incluso dentro dosistema educativo, onde o rol profesional se identifica máis coafunción docente que cos ámbitos temáticos nos que se concretaeste labor, gran parte dos axentes máis activos na introdución cu-rricular da EA tivo, e aínda conserva en boa medida, un vencellomilitante co mundo ecoloxista e ambientalista. Ao longo de catrodécadas, esta dobre adscrición deu lugar a conflitos cuxa expresiónten sido usualmente local, aínda que en bastantes ocasións chegouou chega a transcender ese ámbito. Nestes conflitos combínansede xeito pouco transparente intereses persoais e políticos, públicose privados, dando lugar a prácticas que poden ser eticamente cen-surables e incoherentes desde o punto de vista ideolóxico. A criseeconómica e a retracción do mercado de traballo e, máis en con-creto, do mercado de traballo ambiental e da EA, está a condicio-nar unha fractura máis nítida entre ambos roles. Como xa se re-flectiu, nunha atmosfera laboral cada vez máis restrinxida e menosregulamentada, cos recursos públicos minguados, as posibilidadesde supervivencia para quen ten convertido a EA na súa profesiónlimitáronse drasticamente. Nesta conxuntura, a compatibilidadeentre o compromiso eco-ambientalista e o exercicio profesionalconvértese definitivamente nunha quimera. O escaso capital pri-vado que veña a ocupar o baleiro deixado pola iniciativa pública,obviamente, no vai a apostar por accións educativas que poidanir, sequera de xeito velado, en contra dos seus intereses, que son,non o esquezamos, os de maximizar beneficios nunha contornaeconómica e social cada vez máis competitiva. Non estamos en con-tra da «capacitación profesional» dos axentes –persoas e entidades–da EA, incluso a defendemos, pero sempre que non se pervertan as

164

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 164

Page 165: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

súas finalidades básicas de transformación social e salvagarda dosbens comúns e do ben común, finalidades que para nós descansannos valores de xustiza, equidade e sustentabilidade. Se o exercicioprofesional supón ou impón a renuncia explícita ou implícita aestes principios, a EA pasa a ser outra cousa –mercadotecnia verde,actividades ao aire libre…–. Esta contradición estivo presentedende as orixes da EA, pero agora é máis aguda e constitúe unhadas principais ameazas para unha acción educativa concibidacomo práctica pedagóxica socialmente transformadora. Esta si-tuación está colocando a educadores e educadoras ambientaisnunha posición de fraxilidade extrema, na que as experiencias deburnout, estrés e desgaste profesional e persoal agrávanse na medidaen que a súa actuación, profesional ou non, se fai cada vez máis di-fícil, recibe menos apoios e experimenta unha relevancia social min-guante ata o punto de converterse nunha actividade invisible aoquedar reducida á súa propia caricatura. Moitos e moitas abando-nan e os que sobreviven intentan adaptarse ás novas condiciónssociais e laborais buscando acubillo nas marxes do sector. O pa-norama é desalentador.

sete

Esta situación é más crítica para aqueles actores e actrices, profe-sionais ou non, que conciben a EA como unha praxe transforma-dora e que a interpretan como parte dun movemento de cambiosocial más amplo. Cómpre insistir en que non é certo que a criseeconómica xere oportunidades ou novas oportunidades. Non,cando menos nunha crise como a que está a padecer a nosa socie-dade. Deseñada para tal fin ou instrumentalizada de xeito opor-tunista, a crise está sendo utilizadapara desmontar aquilo que podecoartar a multiplicación do capital e ameaza a salvagarda dos inte-reses privados e oligárquicos que se benefician dela. Para estes inte-reses, unha EA crítica é unha ameaza que, por moi limitada queteña chegado a ser, convén controlar e minimizar. A concrecióndesta reacción en Galicia e no conxunto do Estado español non éallea á deriva ideolóxica das políticas de EA a nivel internacional.

165

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 165

Page 166: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Non en vano, o draft da estratexia da Década da Educación parao Desenvolvemento Sustentable (EDS), pensada para o decenio2005-2014, recollía nas súas primeiras versións un parágrafo queresultaba, cando menos, desconcertante: «A economía global demercado tal e como existe non protexe o ambiente e non alcanzaa beneficiar aproximadamente á metade da poboación mundial.Un cambio básico é crear sistemas de gobernación global que har-monicen máis efectivamente o mercado coa protección ambiental eco obxectivo da equidade. Ademais, é necesario impulsar unha re-volución na tecnoloxía que incremente de xeito significativo a efi-ciencia enerxética, o uso das fontes renovables de enerxía, a reci-claxe e a redución de residuos. A educación é ela mesma parte dosistema económico en sentido amplo e está influenciada por patrónsde oferta e demanda, polos niveis de imposición fiscal e por outrasforzas económicas (…). Para que a EDS atope o seu lugar nas ofer-tas educativas que respondan ás forzas do mercado, será importanteinfluír nas normas e no funcionamento do mercado». (UNESCO,2004: 20).1

Que este parágrafo desaparecese da versión definitiva do draftquere dicir que alguén se decatou do «ruído ideolóxico» que pro-vocaba dentro dun discurso con pretensións anovadoras, un«ruído» politicamente incorrecto na medida en que desvela deforma demasiado crúa a concepción da sociedade (e da educa-ción) que está detrás da EDS. A apelación a un «mercado verde»,presentado no Cumio de Río+20 de 2012 co envoltorio conceptualda «economía verde», é o concepto guía ideado no sistema das Na-cións Unidas para substituír o fetiche desgastado do «desenvolve-mento sustentable», como continuación dun discurso pensadopara librar unha batalla ideolóxica. Nesta conflagración simbólica,moitas experiencias de EA concibidas orixinalmente con ópticassocialmente transformadoras vense na obriga de renunciar aosseus principios para sobrevivir. A alternativa é «integrarse» nomercado e xogar coas súas regras: así, hai equipamentos de EA que

166

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

1 Este parágrafo tamén aparece recollido, xa suavizado, no borrador de 2005 (http://unesdoc.unesco.org/images/0013/001399/139937e.pdf) e desaparece no documento estraté-xico definitivo (http://unesdoc.unesco.org/images/0014/001486/148654e.pdf).

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 166

Page 167: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

se transforman en centros de lecer «de consumo», granxas-escolaque venden «cabras ecolóxicas ananas» e «porcos vietnamitas», es-pazos deseñados para cultivar valores e estilos de vida sustentablesconvértense en salóns para celebrar vodas ou en escenarios depaintball… e así un largo etcétera. Nesta «EA de mercado» os prin-cipios transformadores pasan a segundo plano ou desaparecen. Oimportante é a rendibilidade económica e o criterio de éxito, a «sa-tisfacción do consumidor». Todo o demais é, como moito, unhaparte da liturxia e da imaxe de marca do servizo que se oferta.2

oito

A EA tamén está sendo vítima dun dobre proceso de avellentamento,que se enmarca no do ecoloxismo, cando menos xeracional, comomovemento social. Dito de forma máis directa: o ecoloxismo dei-xou ou está deixando de ser un «novo movemento social» parapasar a ser un «vello» movemento social. Tanto no campo da EAcomo nas filas do ecoloxismo en xeral, o primeiro que cabe desta-car é un avellentamento cronolóxico das persoas que encarnanestes movementos. Nunha ramificación do Proxecto Fénix (Meiraet al., 2010), o estudo diagnóstico realizado hai un lustro sobre oestado da EA en Galicia, incorporouse unha análise da situacióndos colectivos ecoloxistas galegos. Un dos achados máis relevantesao examinar o perfil social e demográfico dos e das militantes queengrosan estes colectivos foi o dunha pirámide de idade invertida:as agrupacións ecoloxistas, que adoitan representarse socialmentecomo colectivos de carácter xuvenil, están avellando sen que pa-

167

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

2 No primeiro anteproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (se-tembro, 2012), máis coñecida como Lei Wert, promovida polo goberno neoliberal doPartido Popular, pódese ler no seu primeiro parágrafo: «A educación é o motor quepromove a competitividade da economía e o nivel de prosperidade dun país. O niveleducativo dun país determina a súa capacidade de competir con éxito na area interna-cional e de afrontar os desafíos que aparezan no futuro. Mellorar o nivel educativo doscidadáns supón abrirlle as portas a postos de traballo de alta cualificación, o que supónunha aposta polo crecemento económico e por conseguir vantaxes competitivas nomercado laboral». As homoloxías coa estratexia da Década da EDS son evidentes, ba-sicamente porque o modelo socioeconómico subxacente é o mesmo. Por suposto, a EAnon aparece contemplada no novo panorama educativo que debuxa esta lei.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 167

Page 168: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

rezan ser quen de captar novos activos para manter unha base hu-mana suficiente para a súa renovación xeracional. Non é este omomento de indagar nos porqués de que a mensaxe e o proxectoecoloxista non calen nas novas xeracións, pero resultou evidentenese mesmo estudo que a EA comparte esta ameaza. En amboscasos, en paralelo á senectude xeracional, tamén é probable que seestea a producir un avellentamento do discurso e do proxectoideolóxico do ecoloxismo, incapaz de conectar coas necesidades einquedanzas vitais e políticas das novas xeracións. Novísimos mo-vementos sociais, como o 15M, teñen proxectado certa descon-fianza no ecoloxismo. Dunha forma moitas veces difusa e detur-pada pola cultura de masas (a banalización de conceptos como ode «desenvolvemento sustentable» ten moito que ver), o ecolo-xismo chega a ser identificado coa orde establecida, percibíndoseao mesmo nivel que institucións fondamente desprestixiadascomo os partidos políticos ou os sindicatos convencionais. Non écasual que novas propostas que están xurdindo nas fronteiras doecoloxismo, como as comunidades en transición ou o movementopolo decrecemento, dediquen pouca atención á EA, á que observancon desconfianza considerándoa coma un instrumento desfasado.O certo é que a EA, polo menos a EA institucionalizada que se en-carna na Década da Educación para o Desenvolvemento Susten-table e no liderado do binomio UNESCO-PNUMA, por exemplo,tamén ignora sistematicamente estas novas propostas ou as incor-pora como apéndices marxinais da «economía verde».

Nove

Un dos retos pendentes do movemento ecoloxista nas sociedadesavanzadas é facer visible o axuste e a sinerxía necesaria entre o pro-xecto da sustentabilidade ambiental e as lexítimas aspiracións detoda a poboación a gozar duns niveis dignos e aceptables de benestar.A EA non é allea a este reto e pode ser unha ferramenta clave paraabordalo con posibilidades de éxito. Sempre defendemos o carác-ter contra cultural da EA. A súa misión, cando menos nos enfo-ques transformadores e socialmente críticos, é promover valores

168

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 168

Page 169: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e estilos de vida que entran en contradición frontal cos valores, osmodelos sociais e os estilos de vida hexemónicos. Sectores cívicosmaioritarios, nos que están representados practicamente todas asposicións do espectro político convencional (esquerda-dereita),tenden a interpretar que hai unha contradición de fondo irreso-luble entre os proxectos ecoloxistas e o impulso de formas econó-micas que xeren os recursos necesarios para garantir o benestarpersoal e colectivo. Esta percepción é máis acusada nas sociedadesnas que se pode recoñecer a existencia de algo asimilable a un es-tado de benestar. Os Estados de economía emerxente –Brasil podeser un bo exemplo– tamén están comezando a experimentar amesma disxuntiva: dado que a contraposición mercado-sustenta-bilidade é difícil de defender, a aceptabilidade dos custes ambien-tais do crecemento –e tamén dos custes sociais– nun modelo pro-dutivista e consumista sóese lexitimar invocando falsos dilemas:benestar verso sustentabilidade, traballo verso sustentabilidade oucrecemento verso pobreza. Denunciar que esta contraposición éreducionista e falaz non impide que sexa efectiva para gañar acomplicidade e o apoio da «maioría social» sobre determinadaspolíticas que, ademais de ser «antiambientais», tamén acaban porser antisociais. Non hai máis que observar o que está sucedendona actualidade no Estado español. Por unha parte despézase o queera un incipiente estado de benestar, co argumento kafkiano deque é a única forma de salvagardalo da crise; por outra, verifícaseun relaxamento, cando non un evidente retroceso, nos sistemas eos marcos normativos e legais destinados a garantir a calidade doambiente, a sustentabilidade dos servizos que nos presta e o ca-rácter público dos recursos naturais entendidos como bens co-múns. A atención sanitaria e o usufruto da auga, por poñer dousexemplos, privatízanse seguindo a mesma lóxica de mercado. Oafogamento da política pública de EA en Galicia é una parte ín-fima do programa de destrución sistemática do sistema públicocuxa finalidade era a salvagarda do ben común e dos bens comúns.A EA é, se cabe, unha vítima máis fráxil, na medida en que o mo-vemento ecoloxista non ten sido capaz de situar o ambiente entreos piares fundamentais do benestar, cando menos entre os que a

169

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 169

Page 170: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sociedade percibe como tales: a educación, a saúde, os servizos so-ciais e os sistemas de protección civil. Aínda que saibamos que osservizos que presta a biosfera son esenciais para garantir aspectosbásicos da calidade de vida e da satisfacción das necesidades hu-manas, a maioría da poboación non o percibe así ou subordina asúa salvagarda aos requirimentos do sistema produtivo. Hai unhaimaxe reveladora: a resposta cívica á crise no Estado español tenvisto xurdir distintas «mareas» de contestación sectorial das polí-ticas de recortes e en contra da «xibarización» do estado social eda privatización dos servizos que viña prestando. A marea verdefronte ao deterioro do ensino público, a branca fronte á erosióndo sistema público de saúde, a laranxa para cuestionar os recortesno ámbito dos servizos sociais. Incluso una marea «sen cor» paracuestionar as limitacións no acceso á xustiza. Pero bótase en faltauna marea «arco da vella», unha que puxese o acento nas políticaspúblicas ambientais que tamén están sendo sacrificadas en nomedos deuses da austeridade fiscal e dos obxectivos de competitivi-dade.

dez

A décima reflexión é a máis importante. Non é fácil responder apregunta chave porque tampouco é doado formulala. As preguntasadoitan ser máis importantes que as respostas. Esta non é unhaexcepción. Comezaremos, pois, por intentar propoñer unha pre-gunta que teña sentido e axude a recolocar a EA no novo escenarioou, mellor dito, que axude a que a EA se converta nunha ferra-menta para formular ese novo escenario. De xeito máis elaboradopódese formular a pregunta como segue: colapsadas as políticaspúblicas de EA apenas debuxadas a principios deste século en Ga-licia, que horizontes ou modelos sociais poden restaurar unha EAsocialmente transformadora? De xeito complementario poderíaserecorrer a unha fórmula máis concreta: no contexto da crise do es-tado de benestar que estamos a sufrir, como reformular o papel daEA e o rol social –e polo tanto tamén profesional– dos educadores edas educadoras ambientais? Gustaríame ofrecer respostas claras e

170

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 170

Page 171: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

concretas a estas cuestións, pero o certo é que non as teño. En todocaso, penso que tales respostas só poden ser froito dunha constru-ción colectiva na que se clarifique a EA que necesitamos, máximeque se ao que aspiramos é á transformación radical da sociedade.Porén, pódense intuír algunhas pistas que axuden a iluminar eorientar este proceso, pistas que derivan, en gran medida, das re-flexións previas. Vexamos:

a. Recuperar, se é que nalgún momento se concibiu así, a figurado educador/a ambiental como un «intelectual crítico», tal ecomo foi definido por Pierre Bourdieu (2001: 38): «alguén quecompromete nun combate político a súa competencia e a súa au-toridade específicas, e os valores asociados ao exercicio da súaprofesión, como valores de verdade ou desinterese, ou, dito dou-tra forma, alguén que pisa o terreo da política pero sen abando-nar as súas esixencias e as súas competencias de investigador».3Con este perfil, o sociólogo e activista social francés, invitaba arexeitar tanto o intelectualismo academicista –deixando de con-siderar tanto as revolucións na orde dos conceptos ou dos dis-cursos coma as revolucións na orde das cousas, tal e como estáa suceder coa substitución do discurso da EA polo da EDS–coma o activismo tecnocrático baleiro de principios. Adoptareste rol implica asumir que a EA debe ser una práctica social-mente transformadora, non só das relacións das sociedades hu-manas co ambiente, senón tamén, e principalmente, das rela-cións dentro e entre as mesmas sociedades humanas. Istoimplica situar no mesmo nivel epistemolóxico, ético e ideoló-xico, os principios de equidade, xustiza social e sustentabilidade.

171

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

3 Para quen se dedican profesional ou voluntariamente á EA, a etiqueta de «investiga-dor/a» pode resultar excesiva. Xogando coa definición de Bourdieu, este concepto po-deríase substituír por «profesional» ou por «activista social», pero entendemos que orol do educador ou da educadora ambiental, incluso na súa vertente profesional, debetranscender o simple dominio e aplicación instrumental de certas competencias edu-cativas e ambientais. Un dos grandes obstáculos para o progreso científico (e profesio-nal) da EA ten sido, precisamente, a dificultade para xerar un coñecemento sistemático,rigoroso e compartido a partir dunha praxe rica e prolífica. Dende este punto de vista,entendemos que as «competencias de investigación» deben formar parte da rexenera-ción da EA como praxe profesional radical e socialmente transformadora.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 171

Page 172: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Se a maioría da sociedade non capta que o noso papel comoeducadores e educadoras ambientais se enmarca na salvagardado ben común –e non só dos bens comúns– teremos graves pro-blemas para dar sentido á EA nas sociedades após da crise. Creocon sinceridade que este reposicionamento é fundamental paraque a EA recupere o seu vigor como «movemento social» ecomo «movemento educativo».

b. O «rigor intelectual» debe implicar «compromiso social», e estadupla debe ser a base da «profesionalización» de quen, no seucaso e lexitimamente, decida converter a EA no seu modo devida. Non todas as prácticas educativas que teñen que ver coambiente e a súa xestión se insiren no campo da EA. Non todosos programas educativos que toquen o «tratamento de resi-duos» ou o «aforro enerxético», por poñer dous exemplos tí-picos, han de ser considerados EA. Para que así sexa, cómprevalorar os seus obxectivos e a súa contribución á sociedade oucomunidade á que van dirixidos, de xeito que estas camiñencara aos pólos complementarios da sustentabilidade e a equi-dade. Por explicalo máis claramente: «instruír» á poboaciónpara que distinga as distintas fraccións que compoñen os resi-duos domésticos e saiban separalas adecuadamente non con-verte necesariamente esa transmisión en EA.

c. Desvelar as contradicións do sistema é agora máis urxente e ne-cesario ca nunca. Facer visibles as conexións entre o económico,o social e o ambiental é fundamental. Pero non a partir do en-ganoso esquema do triángulo equilátero que se propón como«representación espacial» da EDS: no marco do capitalismoreal de mercado, a economía, a sociedade e o ambiente non for-man parte dun sistema equilibrado. No mundo real, a econo-mía neoliberal fai xirar sobre si mesma tanto á sociedade comao ambiente. A esquerda (polo menos nas súas correntes social-demócratas) tamén ten sucumbido a este esquema e, polo visto,ten problemas para ofrecer unha alternativa política que per-mita conciliar os vértices da equidade e a sustentabilidade.

172

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 172

Page 173: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

A EA debe asumir un rol político crítico e comprometido: crí-tico coa supremacía da visión neoliberal e darwinista da socie-dade, e comprometido coa procura de alternativas sociais eeconómicas. A base desta posta en cuestión é clara: o crece-mento polo crecemento erosiona as bases ecolóxica e biolóxicaque soporta a vida na Terra tal como a coñecemos, e tampoucocontribúe a satisfacer de forma suficiente e digna as necesida-des de toda a humanidade. Ambas críticas pódense e débenseobxectivar. Os datos son abafadores.

d. Identificar e resaltar o estreito nexo que existe entre a sustenta-bilidade ambiental e o benestar. Non se poden salvagardar asaúde, a educación, a solidariedade, a xustiza social, como de-reitos universais sen salvagardar as bases ecolóxica e biolóxicada vida e da vida humana. Non é posible unha vida saudablesen un ambiente saudable. Non será posible transitar cara amodelos sociais que asuman marcos éticos biocéntricos ouecocéntricos sen pasar por formas transitorias de antropocen-trismo débil nas que a maioría da poboación asuma que é uninterese humano prioritario preservar a sustentabilidade am-biental.

e. Polo mesmo, é necesario situar á EA na primeira liña do estadode benestar, cando menos como forma política (e económica)previa ou de tránsito cara un «estado social sustentable» oucara unha «sociedade global sustentable». Tacticamente, a EA,como movemento social ou como parte dun movemento socialmáis amplo (ecoloxismo?), necesita consolidarse institucional-mente nas estruturas das Administracións, entendidas comoxestoras e distribuidoras de recursos públicos, como garantesdo ben común e dos bens comúns, e non como aparatos buro-cráticos ao servizo da economía de mercado. A EA non podequedar supeditada aos intereses do mercado; a EA é un move-mento inviable e imposible se queda reducida a unha simplemercadoría. Este enfoque pasa, tamén, por superar o conflitoambiente-educación. A chave está na creación de estruturas ad-

173

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 173

Page 174: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ministrativas e sociais anovadoras, a través das cales sexa posibleensaiar formas de democracia e de goberno participadas que ra-chen as costuras burocráticas que veñen coartado o desenvolve-mento da EA na última década. Unha necesidade imperiosa édeseñar redes e estratexias territoriais de EA de novo cuño quese baseen máis no coñecemento e no capital humano que nacreación de programas e infraestruturas tan megalómanascoma inútiles. Os axentes da EA comprometidos con outromodelo de sociedade deben apropiarse dela para convertelaefectivamente nun instrumento de transformación social.

f. É necesario vincular o discurso e as prácticas da EA coas novasvisións sociopolíticas ligadas ao logro da sustentabilidade, á ex-ploración de formas de democracia radical e a novas formas deentender o camiño cara a equidade dende propostas ideolóxicasalternativas ás que estamos a sufrir.Visións políticas que pode-rían encaixar en fórmulas keynesianas de transición que per-mitan recuperar algúns elementos esenciais do estado de be-nestar, pero que deberán explorar estruturas políticas e sociaismáis radicais para acompasar, nun novo pacto social, os finsda sustentabilidade e da equidade. Como xa advertimos, as co-munidades en transición ou o movemento polo decrecementoestán estrañamente ausentes da EA, cando menos nas visiónsinstitucionais e estandarizadas ligadas ao binomio UNESCO-PNUMA. Do mesmo xeito que a EA está en gran medida au-sente do discurso e da praxe destes movementos. A rede de co-munidades en transición, na súa heteroxeneidade, propón unametodoloxía de cambio «micro» e «meso» cun gran potencialsocio-educativo, mentres que o movemento polo decrecementoavanza na construción dun discurso alternativo, cada vez mássólido, que cuestiona os dogmas mercantilistas do crecementoilimitado e do egotismo dos axentes económicos como motoresda sociedade e do progreso. É necesario avanzar nestes camiñospara explorar futuros alternativos nos que sexa posible conci-liar sustentabilidade, benestar e equidade. Non hai outra alter-nativa viable á crise.

174

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 174

Page 175: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

g. Por último, é preciso reconstituír unha política pública de EA enGalicia que debe asentarse en cinco piares: a aspiración a unhasociedade sostible e equitativa, o rigor na construción do coñece-mento e da praxe educativa, a valorización do capital humanocomprometido que posúe ese saber e o saber facer, a constituciónde redes horizontais de intercambio e apoio corporativo e a cons-titución dun soporte público indispensable –orzamentario, nor-mativo e organizativo– para unha EA entendida como parte dosservizos necesarios para a salvagarda do ben común e a cons-trución dunha sociedade sostible e equitativa. Moitas das polí-ticas aplicadas nas tres últimas décadas fixeron a EA demasiadodependente dunha concepción burocrática e tecnocrática da ac-ción educativa. Pensamos, por exemplo, nas Axendas 21 ou enprogramas similares facilmente devorados pola crise, na crea-ción de macroequipamentos nominalmente educativos, na prio-ridade dada aos recursos materiais (equipamentos, publicacións,hardware, software) sobre os recursos humanos e comunitarios.Galicia ten sido un bo exemplo destas prácticas: gran parte dosinvestimentos xerados polas Administracións públicas ou cap-tados dos fondos da Unión Europea para actuacións de EAforon destinados á construción de equipamentos ou a outro tipode iniciativas que dificilmente pasarían os mínimos controis depertinencia e calidade de calquera estándar de avaliación edu-cativa, ambiental ou social. Agora, mentres a taxa de desem-prego entre os e as profesionais da EA supera o 30% e a preca-riedade apodérase do sector, o país está izado de ecomausoleosfechados, en ruínas ou funcionando baixo mínimos. Todo unaviso do que non se debe facer e do moito que hai por traballarpara gañar o tempo perdido e para construír un novo tempo.

Bibliografía

BOURDIEU, P. (2001): Contrafuegos 2. Por un movimiento socialeuropeo. Anagrama, Barcelona.

MEIRA, P. e PARDELLAS, M. (Coords., 2010): O Proxecto Fénix.Proceso de Diagnóstico e Actualización da Estratexia Galega de

175

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 175

Page 176: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Educación Ambiental (7 volúmenes). Xunta de Galicia-Centrode Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia,Santiago de Compostela.

MEIRA, P.A., BARBA, M. e LORENZO, J. (2014): O impacto dacrise económica no campo da Educación Ambiental en Galicia:unha análise comparada da situación profesional en 2007 e2013. Sociedade Galega de Educación Ambiental (Inédito).

UNESCO (2004): United Nations Decade of Education for Sustai-nable Development 2005-2014. Draft International Implemen-tation Scheme. October.

176

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 176

Page 177: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

cultura, cultura de paz, sostible e xustaManuel Dios Diz

Presidente do Seminario Galego de Educacion para a Paz

A paz é moito máis que unha toma de postura,é unha auténtica revolución, unha maneira de vivir,

un modo de habitar o planeta, unha maneira de ser persoa.MARÍA ZAMBRANO

sobre o pacifismo e os pacifistas

En distintas ocasións, durante os numerosos cursos de formacióndo profesorado en servizo compartidos (que non impartidos,como moi ben matizaba a tan lembrada Marta Mata) nestes anosen encontros e nas xornadas, nos obradoiros, nas charlas con naise pais… algunha persoa interesada, algún colega, téñenme pedido(ás veces con insistencia) os textos das intervencións e presenta-cións sobre os diferentes contidos da Educación e da Cultura daPaz1 que iamos abordando. Pero non sempre todo o que un di encada actividade está escrito. «Nin sequera todo o que acontece me-rece ser contado», como diría Ramón Villares, ou poñerse «negrosobre branco» se citamos un tópico da linguaxe máis xornalística.

Debo empezar por confesar que moitas persoas, demasiadas,diante da idea de escribir, investigar, educar, intervir ou traballarsobre a paz e os conflitos, exclaman: «Ah!, pero... é que estamos enguerra?». Antón Reixa dicía nunha antiga canción de mediadosdos oitenta: «Estamos en guerra, pero hai que reflexionar…».

Esta actitude de tantas persoas, de certa incredulidade, ese so-rriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz,2 colóca-

177

1 Vid. Dios Diz, M.: La paz como cultura: fuentes y recursos de una pedagogía para la paz.Editorial Milenio. Barcelona, 2010.

2 Vid. http://www.unesco.org/cpp/uk/projects/sun-cofp.pdf

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 177

Page 178: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

nos de inmediato sobre unha realidade da que, ás veces, non somosplenamente conscientes, xa que para un número nada desprezablede cidadáns e cidadás, de alumnos e alumnas, a guerra e os confli-tos son por sorte horizontes afastados, nada que teña que ver, se-gundo o seu parecer, co cotiá. Esas persoas manifestan grandes di-ficultades para relacionar a paz coas súas propias vidas ou comedio natural, por exemplo.

Para outras, a guerra, a violencia, é un recordo vago, unha his-toria que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas quetiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á «vitoria» e non á paz,ao medo e ao espanto, aos silencios que esganaron a alma e enmu-deceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar,investigar, reflexionar, sobre a guerra e os conflitos, as guerras e asviolencias –así, en plural– entre outras cousas, para escorrentar osnosos propios demos, os únicos que existen, «aqueles que aniñanno máis profundo do noso corazón», tal como explicaba sinxela-mente Mahatma Gandhi.3 Cando as referencias, as imaxes e os sonsdas guerras veñen de máis preto, case que na propia casa, na civili-zada Europa, a preocupación sentímola máis dentro de nós. Bastelembrar o acontecido nos Balcáns hai uns anos, ou en Ucraína eCrimea agora mesmo, para comprender que non estamos inmuni-zados, como parecía, dos horrores das dúas guerras mundiais ouda guerra incivil española. Todo o contrario, a súa metralla, a ondaexpansiva do horror chega até os nosos días… e doe.

Sobre o pacifismo e os pacifistas, sobre as persoas que dedicantoda ou parte da súa vida á causa da paz, unha paz xusta, sostible,fanse, en non poucas ocasións, comentarios máis ou menos afor-tunados, máis ou menos displicentes, sobre todo en privado. Moi-tas veces descualificadores e negativos coma os que afirman concerta arrogancia, por exemplo, que os pacifistas forman parte desafauna de individuos que se engloban no que definen como o«boísmo», un conxunto de personalidades cando menos inxenuas,afastadas da realidade, a metade de camiño entre «utópicos» e

178

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

3 Vid. Trigo Martínez, Lois. Gandhi: vida, obra e pensamento. Toxosoutos. Noia. SeminarioGalego de Educación para a Paz, 1999.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 178

Page 179: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

«santóns da paz e o amor», cando non directamente inconscientesou irresponsables que ben merecerían o ceo, pero que aquí, naTerra (así falan os autodenominados «realistas»), non pasan de serunha especie rara, caracterizada pola súa bonhomía, paradoxal-mente entendida así como algo negativo, o que non deixa de sercertamente sorprendente. 

Sen dúbida estamos ante unha forma manifesta de subversiónde conceptos: cualidades, valores, que identifican e presentan pu-blicamente como «malo» algo que, obxectivamente, mereceríaagradecemento, recoñecemento e valoración positiva por parte daspersoas, dos medios, das institucións e das sociedades. Con todo,por desgraza, non é así. Ou non é en sumo grado. Con esas des-cualificacións de «boísmo», «bonhomía», «inxenuidade», «pombase globos» … en definitiva, o que se persegue, de xeito ás veces cer-tamente inconfesable, en ocasións moi sutilmente, non é outracousa que desmerecer, ignorar, minusvalorar... para descartar opensamento e as propostas, as iniciativas, as demandas, os desexos,de sectores moi maioritarios da sociedade civil en xeral, e do mo-vemento pacifista en particular, das grandes personalidades queveñen reiterando desde moi distintos ámbitos a necesaria e ur-xente substitución da cultura da guerra, do belicismo e da violen-cia, do armamentismo, pola Cultura da Paz entendida globalmente–tamén a de estar en paz co medio natural–. As prácticas daquelaspersoas que fan do diálogo, da concordia, da desobediencia civil eda palabra, do amor pola natureza, da igualdade de dereitos,«iguais en dignidade», as súas mellores ferramentas… líderes quehoubo antes de nós, de agora mesmo e dos que sen dúbida viránno futuro, e que coinciden desde a súa radical insatisfacción en re-clamar e soñar «outro mundo posible», desde logo en paz, con xus-tiza –«as inxustizas de hoxe son as guerras de mañá»–, unha pazsostible, firmes partidarios da esperanza nun porvir que será pa-cífico en todos os aspectos ou non o será. 

E non é casual que isto ocorra se temos en conta os poderosí-simos intereses que se moven ao redor da cultura da guerra e dadepredación dos recursos, da violencia e da industria do arma-mento, os coñecidos como «mercadores da morte» ou, como dicía

179

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 179

Page 180: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

o propio Dwight Eisenhower, Ike para os seus amigos, militar lau-reado e presidente norteamericano que, no seu discurso de des-pedida da presidencia, alá polo xaneiro de 1961, ante John F. Ken-nedy afirmaba: «Só existe un poder no mundo superior ao teu…», e o alertaba así sobre o desproporcionado papel que desempe-ñaba o que cualificou coa expresión –xa soada– de «complexo in-dustrial militar», un concepto que foi utilizado con anterioridadeentre outros por Daniel Guérin, un historiador anarquista francés,no seu libro Fascismo e grandes negocios,4 publicado nada menosque en 1936, un ano imborrable da nosa memoria individual e co-lectiva. 

Moitas das campañas, abertas ou sutís, contra o «boísmo» e a«inxenua bonhomía», ou se se quere, de desprestixio público dosmáximos representantes dos movementos sociais altermundialistas,do pacifismo, do ecoloxismo, do feminismo, teñen aquela interesadaorixe, como a tiveron antes, por exemplo, as enormes e efectivascampañas de animación ao consumo de tabaco propiciadas desdeas grandes compañías tabaqueiras e os numerosos informes «cien-tíficos» que pretendían demostrar que fumar non era prexudicialpara a saúde, ou os millóns de dólares destinados a ocultar e desva-lorizar as consecuencias, por exemplo, do cambio climático. Esasgrandes e poderosas corporacións contrarias ás enerxías limpas erenovables instituídas fundamentalmente pola influínte industriapetroleira, ou aquelas destinadas a favorecer as nucleares desde osfortes lobbies do sector enerxético, empresas e corporacións que con-tan como sabemos con destacados altofalantes «científicos» e me-diáticos –en nómina!– e que se fan escoitar, en ocasións estrondo-samente, nos principais medios e axencias de comunicación quecontrolan en todo o mundo case de forma monopolística. 

Outro fenómeno, ben curioso, ten que ver con esas posiciónstan repetidas que pretenden convencernos de que «todos estamospola paz» ou de que «a paz é unha causa xeral á que ninguén podeopoñerse, simplemente varían os métodos para conseguila» por-

180

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

4 Vid. http://utopiacontagiosa.wordpress.com/2009/05/28/el-complejo-militar-industrial-por-jose-toribio-barba/

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 180

Page 181: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

que... quen vai estar en contra da paz? Nin o propio Lucifer o es-taría... 

Efectivamente, sobre a paz, pola paz, entendida así, en abstractoe en singular, todos estamos de acordo. Trátase, pois, dun absoluto,dunha demanda universal. Un todo. Sen embargo, por poñer unexemplo relevante, a paz non é aínda hoxe un dereito humano,malia os esforzos, entre outros, dunha gran muller, a norteameri-cana Eleanor Roosevelt, para que fose incluído como tal na De-claración Universal de 1948.5 Desde hai uns anos existe, por certo,un movemento internacional no mundo do dereito e da diploma-cia que persegue a aprobación por Nacións Unidas do dereito hu-mano á paz, promovido por unha asociación internacional quepreside o asturiano Carlos Villán e co que colaboramos no Foro2010 en Compostela para aprobar a Declaración de Santiago deCompostela.6

A paz deséxase na misa cristiá, démonos fraternalmente a paz,shalom din os xudeus, salam repiten os musulmáns, pero logo, conmoi diferentes argumentos «realistas», xustificamos a guerra e aviolencia, ata apoiamos as ocupacións militares, os bombardeos ea morte de inocentes, o uso da forza indiscriminada e despropor-cionada, o tráfico ilegal de armamento, os cárceres ocultos, a tor-tura, os centros de interrogatorio clandestinos, a pena de morte,os asasinatos selectivos con drons… e facémolo con diferentes ar-gucias, máis ou menos eufemísticas, tales como que nos enfronta-mos aos «inimigos da civilización, da razón, da liberdade, ou dadialéctica da historia…», así de ben o describía, no seu poemasobre a construción do inimigo, o homo hostilis,7 Sam Keen, pro-fesor e filósofo norteamericano. Tranquilizamos a nosa concien-cia, retorcemos a linguaxe con soltura e falamos de danos «cola-terais», «intervencións humanitarias», accións de «limpeza»,«cirúrxicas» ou de «guerras preventivas», «bombas intelixentes»,así, coma se nada, con naturalidade.

181

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

5 Vid. https://www.un.org/es/documents/udhr/6 Vid. http://www.aedidh.org/7 Vid. http://antropologiafilosoficauzinolleros.blogspot.com.es/2010/09/para-crear-un-ene

migo.html

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 181

Page 182: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Lamentablemente, no concreto, como podemos comprobar adiario por desgraza, non todos estamos pola paz, desde logo nonestamos no mesmo bando o cuarteto das Azores, por exemplo, e asociedade civil mobilizada contra da guerra de Iraq. Ou en rela-ción cos bombardeos da OTAN nos Balcáns, en Kósovo, ou as ac-cións rusas en Chechenia, ou as de China no Tíbet… ou coa guerracontra o terrorismo e o chamado «eixe do mal», doutrina perversae oficial da Administración Bush durante tantos, demasiados anos,nin compartimos a violencia para tomar o poder en Ucraína ninas ocupacións militares con soldados non identificados…

Nos ámbitos máis académicos circula tamén un vello prexuízosobre o carácter non científico ou ideolóxico dos estudos pola paz.Con demasiada frecuencia escoitamos, ata entre colegas afíns, par-ticularmente desde as chamadas ciencias «exactas» ou «puras»,como se fan reproches máis ou menos cariñosos ás humanidadesen xeral e ás ciencias sociais en particular, negando ou rebaixandoo seu estatuto «científico» e, dentro delas, de xeito certamente in-tenso, en relación coas investigacións sobre a paz e os conflitos.Con todo, nos últimos anos, en todo o mundo e en España tamén,a Investigación para a Paz8 –os centros existentes dentro e fóra doámbito universitario, o seu recoñecemento académico, profesionale tamén social– medrou significativamente. 

As grandes e rigorosas achegas, as cada vez máis influíntes refe-rencias internacionais, desde Kenneth e Elise Boulding, pasando porJohan Galtung, John Paul Lederach, Betty Reardon... ata as experien-cias de grandes organizacións investigadoras coma o InternationalPeace Bureau (IPB), a International Peace Research Association(IPRA), ou prestixiosos centros como o SIPRI de Estocolmo, ou oInternational Peace Research Institute (PRIO) de Oslo, entre outros,son cada vez máis considerados e recoñecidos nos ámbitos acadé-micos e profesionais, e tamén entre a sociedade civil organizada. Oseu labor mediador salvou moitas vidas pero, aínda que fose só unha,sería xa extraordinario, e fixérono silenciosamente, discretamente,sen poñerse relucentes medallas, sen protagonismos inútiles…

182

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

8 Vid. http://www.aipaz.org/content/index.php

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 182

Page 183: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

A presentación de numerosas teses doutorais, a posta en marchade relevantes programas de posgrao, másters, etcétera, nos últimosvinte anos nas distintas universidades españolas –CátedraUNESCO de Dereitos Humanos e Cultura de Paz na UniversidadeAutónoma de Barcelona, con Viçens Fisas á cabeza e a súa Escolade Pau; o CIP de Madrid, dirixido por Mariano Aguirre primeiroe logo por Manuela Mesa (agora en Ceipaz); o Instituto de Paz eConflitos da Universidade de Granada, con Francisco Muñoz (re-centemente falecido e moi añorado); a Cátedra UNESCO de Filo-sofía para a Paz da Universidade Jaume I de Castellón, con ViçentMartínez Guzmán e Irene Comins; Gernika Gogoratuz (MaríaOianguren), Bakeaz, Josu Ugarte, e Baketik, que dirixía Jonan Fer-nández, en Euskadi, hoxe responsable de Dereitos Humanos do go-berno vasco; o SIP do Centro Pignatelli de Zaragoza, con Jesús MariAllemany e Carmen Magallón, o Centre Delas, con Pere Ortegaentre outros, ou a posta en marcha do Instituto Catalá Internacionalper la Pau, que preside Rafael Grasa e dirixe Tica Font, en desen-volvemento da Llei de Foment de la Cultura de la Pau (2003),9 porcitar algúns exemplos– teñen acreditado sobradamente a base cien-tífica dos estudos pola paz e ata a lexislación producida nos últimosanos reforza aquel carácter, tanto na citada lei catalá coma na es-pañola de 2005, a Lei de Fomento da Educación e a Cultura daPaz,10 así como o progresivo incremento de centros e institutos es-pecializados e de iniciativas de investigación concretas nas univer-sidades españolas, europeas e no resto do mundo. En Galicia in-tentámolo desde 2010, presentamos un texto de Lei de Fomento daCultura da Paz, en concreto como Seminario Galego de Educaciónpara a Paz, e foi aceptado como documento base polo ParlamentoGalego, mesmo creouse unha proposta conxunta dos grupos par-lamentarios que reiteramos en diversas ocasións, existía un com-promiso, pero… ata hoxe.11

183

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

9 Vid. http://noticias.juridicas.com/base_datos/CCAA/ca-l21-2003.html10 Vid. http://www.fund-culturadepaz.org/spa/DOCUMENTOS/leyculturadepaz.pdf11 Vid.http://www.sgep.org/index.php?option=com_content&view=article&id=220%3Ao-

sgep-reclama-a-constitucion-da-ponencia-conxunta-sobre-a-qlei-de-fomento-da-cultura-da-paz-de-galiciaq&catid=49%3Acomunicados&Itemid=59&lang=gl

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 183

Page 184: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Penso sinceramente que a consolidación nas dúas últimas dé-cadas da investigación sobre a paz e os conflitos a nivel interna-cional, sobre todo, e non só no ámbito do Dereito –as numerosaspublicacións e estudos de calidade nas revistas especializadas ouas mediacións e intervencións con resultados satisfactorios pro-ducidos sobre o terreo– permite asegurar non só un futuro espe-ranzador, senón que creo disipará definitivamente todas as dúbi-das que poidan quedar no mundo académico sobre a súa naturezae estatuto científico.

a igualdade entre homes e mulleres

Hai outro aspecto do que entendemos por paz sustentable que estádirectamente relacionado coa igualdade de homes e mulleres e queforma parte substancial da nosa concepción de paz positiva e queme resisto a non comentar.

En primeiro lugar, a paz sostible non só se distingue, como di-xemos, pola ausencia da guerra, caracterización propia da concep-ción negativa da paz, senón tamén pola ausencia das violencias enxeral. A paz sustentable significa, por exemplo, tolerancia cero coaviolencia nas familias e nas comunidades, dentro dos países e dosEstados. No mundo, unha de cada tres mulleres foi golpeada, for-zada a ter relacións sexuais ou foi vítima de abusos. A violenciacontra as mulleres é, polo tanto, unha ameaza importante para apaz sustentable, compromete a saúde, a dignidade, a seguridade ea autonomía das mulleres e das nenas.

En segundo lugar, a paz sustentable implica a participaciónequitativa de todos os cidadáns –homes e mulleres– na vida pú-blica de cada país e na súa comunidade. O rol e a participacióndas mulleres resultan esenciais e contribúen a que as sociedadessexan máis pacíficas. A representación equitativa conduce a deci-sións políticas máis participadas e representativas. Á súa vez, istofavorece unha sociedade máis harmónica.

En terceiro lugar, a xustiza e a cohesión sociais son fundamentaispara a paz sustentable. Aquí tamén as mulleres demostraron ser es-pecialmente eficaces á hora de xerar e manter a cohesión e a xustiza

184

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 184

Page 185: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sociais. De feito, a asunción de poder e influencia por parte das mu-lleres constitúe unha compoñente primordial da xustiza social.

En cuarto lugar, o acceso aos recursos produtivos, a recupera-ción económica e a reconstrución, son factores que teñen un im-pacto sobre as posibilidades de todas as persoas de vivir unha vidadigna. Neste sentido, a asunción de influencia económica das mu-lleres é absolutamente esencial.

O quinto aspecto é aceptar a diversidade e promover a toleran-cia. Unha vez máis, as mulleres desempeñan aquí un papel esencial.O logro dunha paz sustentable require cambiar as actitudes quepromoven a violencia e a discriminación, o que quere dicir que haique atender os estereotipos de xénero que a miúdo subxacen nacultura de violencia e da desigualdade por medio da educación.12

A ONU Mulleres13 traballa para executar un plan de acción de setepuntos relativo á participación das mulleres na consolidación da paz:

1. Facer participar ás mulleres nos procesos de paz e ofrecerexperiencia no relativo ao xénero.

2. Tomar en conta as necesidades e a participación das mulle-res nos procesos de planificación posteriores a un conflito.

3. Aumentar o financiamento para a igualdade de xénero e aasunción de poder e influencia das mulleres nos contextosposteriores a un conflito.

4. Garantir que as capacidades civís estean en posición de re-construír as institucións do Estado, de modo que sexan máisaccesibles ás mulleres e as nenas e menos proclives á discri-minación de xénero.

5. Garantir a representación das mulleres no sistema de go-berno logo dun conflito.

6. Promover o dereito das mulleres á seguridade e á xustizadentro do marco do estado de dereito, antes, durante e logodun conflito.

7. Garantir a participación das mulleres na recuperación eco-nómica.

185

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

12 Vid. http://www.ceipaz.org/images/contenido/1Magallon1325.pdf13 Vid. http://www.unwomen.org/es/

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 185

Page 186: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

cultura de paz e non violencia

… Pondremos flores en los fusiles y cariciasen vez de armas en las manos de nuestros hijos

FEDERICO MAYOR ZARAGOZA

Quero agora referirme a algo que está implícito en todo este tra-ballo, pero que convén reiteralo e abordalo con máis calma: a De-claración e ó Plan de Acción sobre unha Cultura de Paz aprobadapola Asemblea Xeral da ONU en 1999.

Estamos diante dun texto extraordinario que empeza por lem-brar outros anteriores, tamén magníficos, desde a propia CartaConstitutiva da UNESCO, «posto que as guerras nacen na mentedos homes, é na mente dos homes onde se deben erixir os baluar-tes da paz», a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o AnoInternacional da Cultura da Paz en 2000 e o Decenio 2001-2010.

No Artigo 1 defínese con claridade o que se entende por Cul-tura de Paz:

«O conxunto de valores, actitudes, tradicións, comportamentos e es-tilos de vida baseados no respecto pola vida, o remate da violencia e a pro-moción e a práctica da non violencia por medio da educación, do diálogoe da cooperación; o respecto pleno dos principios de soberanía, integri-dade territorial e independencia política dos Estados e da non inxerencianos asuntos que son esencialmente xurisdición interna dos Estados, deconformidade coa Carta da ONU e o dereito internacional; o respectopleno e a promoción dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais;o compromiso coa solución pacífica dos conflitos; os esforzos para satis-facer as necesidades de desenvolvemento e protección do medio ambientedas xeracións presentes e futuras; a promoción e respecto polo dereito ódesenvolvemento; a igualdade de dereitos e oportunidades de mulleres ehomes; a liberdade de expresión, opinión e información; e a adhesión aosprincipios de liberdade, xustiza, democracia, tolerancia, solidariedade, coo-peración, pluralismo, diversidade cultural, diálogo e entendemento a todosos niveis da sociedade e entre as nacións.»

No Artigo 3 dise que para asegurar o desenvolvemento plenodunha Cultura de Paz de maneira integral, teremos que garantiraspectos como…

186

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 186

Page 187: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

«A promoción da solución pacífica dos conflitos, o entendementomutuo e a cooperación internacional; o cumprimento das obrigas inter-nacionais, a Carta da ONU e o dereito internacional; a democracia, osdereitos humanos, as liberdades e o seu cumprimento universal; o forta-lecemento das institucións democráticas; a erradicación da pobreza e doanalfabetismo xunto coa redución das desigualdades entre as nacións edentro delas; a promoción do desenvolvemento económico e social sus-tentable; a eliminación das discriminacións; os dereitos dos nenos enenas; a libre circulación; a transparencia e a rendición de contas; a eli-minación do racismo, da xenofobia e da intolerancia; ou o respecto álibre determinación dos pobos.»

Os artigos 4, 5, 6, 7 e 8 destacan o papel da educación, os go-bernos, a sociedade civil e os medios de comunicación na promo-ción dos valores propios da cultura da paz.

Acompáñase a Declaración cun moi concreto plan de acciónsobre unha cultura de paz que establece, en primeiro termo, os ob-xectivos, estratexias e os axentes principais. Logo destaca ata oitomedidas moi atinadas para desenvolver a cultura da paz por medioda educación ou as dez para promover un desenvolvemento eco-nómico e social sostible das que saliento:

«[…] d) Reforzar as medidas que se adopten a todos os niveis paraaplicar estratexias nacionais en pro da seguridade alimentaria sostible[…]. f) A perspectiva de xénero […]. i) Sobre proxectos de desenvolve-mento dedicados á sustentabilidade do medio ambiente. Entre eles, a con-servación e a rexeneración da base dos recursos naturais.»

a Carta da Terra

Coidar a Terra é coidarnos uns aos outros ou arriscarnos á destrución de nós mesmos e da diversidade da vida

CARTA DA TERRA

Quero agora facer mención doutro documento extraordinario nonmoi coñecido mesmo no ámbito educativo e político, como é achamada Carta da Terra,14 auténtica constitución medioambiental

187

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

14 Vid. http://www.cartadaterrabrasil.org/prt/about.html

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 187

Page 188: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

do planeta e referencia obrigada da nosa idea dunha paz susten-table.

Aprobouse no ano 2000 e presentouse publicamente en marzodese ano. Nace como unha declaración internacional que pretendeacadar unha sociedade mundial sustentable, xusta, solidaria e pa-cífica para o século XXI. Baixo o lema «Todos somos un», a Cartachama a toda a humanidade a desenvolver unha visión universale de conxunto nunha conxuntura crítica. Paralelamente foicreando unha rede global moi plural, moi autónoma, que traballapor aplicar os seus principios, unha auténtica rede civil coñecidacomo a Iniciativa da Carta da Terra.

O texto da Carta da Terra está estruturado arredor de catro gran-des principios básicos, desenvoltos noutros dezaseis máis xerais,complementados en sesenta e un de detalle. Está precedida por un«preámbulo» e remata cunha «conclusión» especialmente emotiva.

Desde o meu punto de vista, a Carta da Terra é debedora dou-tras declaracións anteriores, de maneira moi significativa, da xa re-ferida, a da Cultura da Paz de 1999, á que fai numerosas mencións.

No preámbulo dise que «estamos nun momento crítico da his-toria da Terra…» ou «… somos unha soa familia humana e unhasoa comunidade terrestre cun destino común. Debemos unirnospara crear unha sociedade global sustentable fundada no respectopola natureza, os dereitos humanos universais, a xustiza econó-mica e unha cultura de paz».

Logo, baixo o epígrafe «A Terra, o noso fogar» dise, por exemplo:«O medio ambiente global, cos seus recursos finitos, é unha preo-cupación común para todos os pobos». E cando aborda a situaciónglobal afirma que «os patróns dominantes de produción e consumoestán causando devastación ambiental, esgotamento de recursos eunha extinción masiva de especies. As comunidades están sendodestruídas. Os beneficios do desenvolvemento non se reparten equi-tativamente e a fenda entre ricos e pobres estase abrindo. A inxus-tiza, a pobreza, a ignorancia e os conflitos violentos se manifestanpor todas partes e son a causa de grandes sufrimentos».

Cando afronta os chamados «Retos vindeiros» di que «… coi-dar a Terra é coidarnos uns aos outros ou arriscarnos á destrución

188

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 188

Page 189: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de nós mesmos e da diversidade da vida […]. O xurdimentodunha sociedade civil global, está creando novas oportunidadespara construír un mundo democrático e humanitario».

Os catro grandes principios da Carta da Terra son:1. O respecto e coidado da vida.2. A integridade ecolóxica.3. A xustiza social e económica.4. A Democracia, a non violencia e a paz.

Finalmente, permítome enumerar trinta grandes concrecións dosmesmos: Respectar a Terra e a vida en toda a súa diversidade; coidara comunidade da vida con entendemento, compaixón e amor; cons-truír sociedades democráticas que sexan xustas, participativas, sus-tentables e pacíficas; asegurar que os froitos e a beleza da Terra sepreserven para as xeracións presentes e futuras; protexer e restaurara integridade dos sistemas ecolóxicos da Terra, con especial preocu-pación pola diversidade biolóxica e os procesos naturais que susten-tan a vida; evitar danar como mellor método de protección ambientale cando o coñecemento sexa limitado, proceder con precaución;adoptar patróns de produción, consumo e reprodución que salva-garden as capacidades rexeneradoras da Terra, os dereitos humanose o benestar comunitario; impulsar o estudo da sustentabilidade eco-lóxica e promover o intercambio aberto e a extensa aplicación doscoñecementos acadados; erradicar a pobreza como imperativo ético,social e ambiental; asegurar que as actividades e institucións econó-micas, a todo nivel, promovan o desenvolvemento humano de formaequitativa e sustentable; afirmar a igualdade e a equidade de xénerocomo requisitos para o desenvolvemento sustentable e asegurar o ac-ceso universal á educación, ao coidado da saúde e á oportunidadeeconómica; defender o dereito de todos, sen discriminación, a unhacontorna natural e social que reforce a dignidade humana, a saúdefísica e o benestar espiritual, con especial atención aos dereitos dospobos indíxenas e das minorías; fortalecer as institucións democrá-ticas en todos os niveis e brindar transparencia e rendemento de con-tas na gobernabilidade, participación inclusiva na toma de decisiónse acceso á xustiza; integrar na educación formal e na aprendizaxe ao

189

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 189

Page 190: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

longo de toda a vida, as habilidades, o coñecemento e os valores ne-cesarios para un modo de vida sustentable; tratar a todos os seresvivos con respecto e consideración; promover unha cultura de tole-rancia, non violencia e paz.

Canto mellor nos iría se fósemos quen de cumprir e facer cum-prir estes principios, un auténtico programa político con total eabsoluta vixencia.

o movemento pacifista en galicia

Anque as nosas palabras sean distintas,e ti negro i eu branco,

si temos semellantes as feridas,coma un irmau che falo.CELSO EMILIO FERREIRO

Non existe un auténtico movemento pacifista organizado e estableen Galicia. A súa desvertebración é manifesta e a dependencia po-lítica tamén moi evidente, quizais precisamente por iso. É certoque desde mediados dos anos 80, sobre todo coas campañas contraa OTAN ou os intentos por instalar bases militares, apareceronpuntualmente organizacións, ás veces moi locais e outras depen-dentes de iniciativas estatais, que foron esmorecendo cos anos. Al-gunhas persisten, coma Greenpeace, con persoas asociadas, maiscon moi pouca actividade propia, organizada e sistemática en Ga-licia. O mesmo que Amnistía Internacional, que conta con algúnsgrupos organizados de carácter local.

Ao contrario do que acontece en Cataluña ou no País Vasco,que teñen estruturas estables e plurais consolidadas desde hai anos,relacionadas ou non coa Coordinadora de ONGs15 respectiva, enGalicia as iniciativas contra da guerra fóronse canalizando, desdeIraq, a través da Coordinadora Galega pola Paz,16 unha entidade

190

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

15 Vid. http://www.galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=inicio16 Vid. http://www.sgep.org/index.php?option=com_content&view=article&id=179:coor

dinadora-galega-pola-paz-os-conflitos-en-oriente-medio&catid=14:documentos&Itemid=54&lang=gl

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 190

Page 191: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

unitaria e plural, con composición non sempre estable, que agru-paba forzas pacifistas, ecoloxistas, feministas, ONGs, sindicatos,organizacións estudantís e partidos políticos. Foi a que liderou asgrandes manifestacións contra da guerra de Iraq e, posteriormente,respecto a conflitos bélicos máis puntuais, caso de Palestina, Libiaou Siria. A coordinación e dinamización da mesma levouna, poracordo, fundamentalmente o Seminario Galego de Educación paraa Paz,17 e eu mesmo actuei de portavoz en diversas ocasións nestesanos.

Desde logo que a Coordinadora Galega pola Paz adoeceu defalla de estrutura estable, mesmo de convicción dalgunhas das or-ganizacións que formaban parte dela, e xuntouse de maneira pun-tual, especialmente diante de ataques ou intervencións militaresen diversos lugares do mundo.

A competitividade política, a visión utilitarista e instrumentaldos movementos sociais, a dependencia ou a concorrencia electo-ral inmediata, foron elementos que sempre dificultaron a conso-lidación dun movemento pacifista estable, unitario e plural en Ga-licia, aínda que, mal que ben, fomos quen de manter a unidadearredor da Coordinadora durante moitos anos.

Hoxe, lamentablemente, esta situación precaria, mais unida, foidinamitada, nunca mellor dito, con ocasión do conflito de Siria,aínda que anteriormente, no caso de Libia, xa houbera algunharuptura puntual da unidade preexistente. Naceron novas organi-zacións pacifistas ou solidarias máis ou menos vinculadas aos par-tidos políticos, e iso propiciou a aparición de dúas plataformaspola paz diferenciadas que, no caso de Siria, significaron a absurdaconvocatoria de actos, concentracións ou manifestacións, separa-dos, rompendo cunha tradición de moitos anos nos que as enti-dades promotoras desta nova plataforma estaban vinculadas áCoordinadora Galega pola Paz.

Esta realidade non está desligada da situación política en Ga-licia, da fragmentación do nacionalismo e das expectativas elec-torais de cada quen. Cuestión respectable, pero que non debería

191

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

17 Vid. http://www.sgep.org/

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 191

Page 192: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

derivar nunha división irreversible do fráxil movemento pacifistagalego.

o proxecto de lei de Fomento da cultura da paz de galicia

Das súas espadas farán reixas de arado. E das súas lanzas, fouces.ISAÍAS, 2,4.

Durante todo o ano 2010, especialmente con motivo do Foro 2010que promovemos desde o Seminario Galego de Educación para aPaz xunto cun Comité Organizador Galego, outro estatal e un in-ternacional, con máis de corenta organizacións, e que tivo lugaren Decembro en Santiago de Compostela, cun Foro Mundial deEducación18 (FME) temático, precisamente sobre Cultura de Paz,con máis de mil participantes de todo o mundo. Un Congreso In-ternacional sobre o Dereito Humano á Paz no que aprobamos aDeclaración de Compostela, outro sobre a Memoria Histórica,Nomes e Voces, e moi distintas actividades académicas, sociais, ar-tísticas e culturais, desde aquela, abrimos unha negociación cosgrupos parlamentarios da Cámara Galega sobre un proxecto, lon-gamente desexado, de aprobar unha Lei de Fomento da Culturada Paz de Galicia, sobre a base da lei catalá de 2003 e a españolade 2005, das que falamos anteriormente.

Elaboramos un borrador,19 presentámosllelo no Parlamentoaos grupos contando coa colaboración de Federico Mayor Zara-goza, ex director xeral da UNESCO e mais da nova directora xeral,Irina Bokova, que se entrevistaron cos grupos no Pazo do Hórreoe chegamos ao acordo de tomalo como documento base de refe-rencia para crear un grupo de relatores/as conxunto que posibili-tase un texto pactado.20

192

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

18 Vid. http://www.forummundialeducacao.org/19 Vid. http://www.sgep.org/images/pdf/LEYDEFOMENTO/lei_documento_base.pdf20 Vid. http://www.sgep.org/index.php?option=com_content&view=article&id=220%3Ao-

sgep-reclama-a-constitucion-da-ponencia-conxunta-sobre-a-qlei-de-fomento-da-cultura-da-paz-de-galiciaq&catid=49%3Acomunicados&Itemid=59&lang=gl

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 192

Page 193: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Os grupos comprometéronse, o relatorio conxunto creouse, odocumento foi aceptado, incorporamos algunhas ideas especial-mente sobre discapacidade funcional e cultura de paz apuntadaspor entidades representativas do sector e, sen embargo, o proce-demento lexislativo non avanzou. Quedou nese punto, tanto naanterior lexislatura, malia as reclamacións que fixemos reiterada-mente, coma na actual.

Poderiamos preguntarnos que é o que acontece para que o pro-ceso non avance logo de ter chegado ate aquí. Probablemente ningúndos grupos parlamentarios, por diferentes razóns, oportunidade, con-tido, prioridades, maioría absoluta do PP… considere o momentoaxeitado para reclamar a reunión do relatorio conxunto e avanzar.

A proposta de lei consta dun preámbulo, que fixemos conxun-tamente Xoán López Facal e máis eu, aprobado pola Xunta Direc-tiva do Seminario Galego de Educación para a Paz, e que recollenove artigos.

Se tivese que salientar algún aspecto do préambulo, citaría porexemplo, cando afirma:

«A cultura da paz e a tolerancia non é unha mera actitude reactiva contraa guerra e o exercicio da violencia. A tarefa da paz afirma e defende valorespositivos como o respecto pola diversidade e a lexitimidade de toda diferenzaque non atente contra a dignidade humana e a convivencia. Un mundo paratodas e todos imponnos –a todas e todos– os imperativos da defensa da in-terculturalidade e da biodiversidade. A diversidade cultural é un valor a de-fender como o é a diversidade vexetal e animal. A diversidade de culturascomo a diversidade de especies comparten dereitos sobre o fogar común quea todos acolle…

… Finalmente, non podemos deixar de mencionar a contribución á cul-tura da paz e da convivencia que impregna a mellor tradición galeguista. Oproclamado federalismo de Castelao, premonitorio da Unión Europea e dasinstitucións de competencia universal, impregna as páxinas finais do seu tes-tamento político, Sempre en Galiza. Nelas, non dubida en cualificar o pobogalego de prudente, asisado e pacifista, valores que o lexitiman para reclamaras virtudes do pacto federal democrático como procedemento para superarunha historia de negación, asimilismo e indiferenza. Galicia pode lembrar consatisfacción a celebración do Congreso Internacional da Paz en Ferrol no ano1915, que convocou unha representación relevante do sindicalismo europeocontrario á Grande Guerra e do pensamento democrático e galeguista.»

193

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 193

Page 194: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

O artigo 1 remarca o obxecto da lei, o 2 fai referencia ó ámbitode aplicación, destacando os grandes espazos sobre os que actuará:

a) Os dereitos humanos e as liberdades individuais e colectivas.b) A convivencia cidadá, a promoción do diálogo e a solución pacífica de

conflitos.c) A educación para a paz, a cooperación e a solidariedade, a igualdade

entre homes e mulleres, a democracia e a interculturalidade.d) Os medios de comunicación social.e) O fomento do desarmamento global.

Os seguintes artigos, 3, 4 5, 6 e 7, establecen medidas moi con-cretas de actuación en cada un dos ámbitos citados anteriormente,dereitos humanos, convivencia, educación, cooperación, igualdade,democracia, interculturalidade, medios de comunicación e desar-mamento.

O artigo 8 establece as axudas concretas ás actividades e inicia-tivas de promoción da paz, e o 9 dedícase todo el á creación do Ins-tituto Internacional pola Paz de Galicia, a súa natureza e finalidade,os seus principios, as súas funcións e mais a organización do mesmo.

O camiño está iniciado, o documento existe, o relatorio con-xunto do Parlamento Galego está creado, só falla a vontade políticapara poñela en marcha e lexislar.

sobre a conflitividade e convivencia escolar en galicia

Un dos aspectos máis innovador que concreta o traballo a prol dacultura da paz na educación ten que ver coa conflitividade e a con-vivencia escolar, ao que dedico un apartado ben amplo do meulibro «La paz como cultura»,21 no que analizo os froitos lexislativose as estruturas de participación política en materia de paz que vi-ñeron desenvolvéndose no conxunto do Estado desde que en 1999se aprobara na ONU a Declaración e o Plan de Acción sobre unhaCultura de Paz. Fitos relevantes, como xa comentei, son a lei catalá

194

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

21 Op. cit.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 194

Page 195: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de 2003 e a española de 2005, pero non podemos esquecer a im-plantación, logo dun dilatado proceso de negociación, da nova ma-teria de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos enEspaña, que o PP vén de anular unilateralmente, coa súa maioríaabsoluta e co voto en contra de toda a oposición, no marco dunhareforma educativa, a LOMCE, máis coñecida como Lei Wert,22 re-xeitada por toda a comunidade educativa e co compromiso, detoda a oposición, de derogala no momento en que o PP perda asúa maioría no Congreso.23

A materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Hu-manos concretaba nun curso de Primaria (5º ou 6º) simplementemoitos dos contidos específicos do eixe transversal obrigatoriodesde a LOGSE, que era a Educación para a Paz así como cincograndes bloques en Secundaria: Aproximación respectuosa á di-versidade; relacións interpersoais e participación; deberes e derei-tos cidadáns; as sociedades democráticas e a cidadanía.

Paralelamente, de maneira moi especial, logo da morte de Jokinen Hondarribia en Setembro de 2004, empezaron a poñerse enpráctica no conxunto do Estado Plans Integrais de Mellora daConvivencia Escolar, así como Observatorios da Convivencia Es-colar no Estado e nas CCAA ou iniciativas de éxito, como o Es-cuela, Espacio de Paz de Andalucía, con centos de centros escolarese miles de alumnos e alumnas participando.

Pola nosa parte, no Seminario Galego de Educación para a Paz,traballamos en profundidade este aspecto durante anos, elabora-mos as bases para un Plan Integral de Mellora da Convivencia Es-colar de Galicia,24 con Laura Sánchez Peón como conselleira dobipartito, e conseguimos poñelo en marcha, xunto co ObservatorioGalego da Convivencia Escolar,25 relacionando especificamente osconflitos escolares,26 a convivencia e a cidadanía democrática.

195

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

22 Vid. http://mdiosdiz.blogspot.com.es/2012/09/a-reforma-de-wert-innecesaria.html23 Vid. http://mdiosdiz.blogspot.com.es/2012/02/cidadania-vs-civica.html24 https://www.edu.xunta.es/centros/ceipisaacperal/system/files/plan_integralmellora%20

convivencia.pdfid. 25 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070508/Anuncio1355A_gl.html26 Vid. http://mdiosdiz.blogspot.com.es/2013/04/acoso-escolar-maltrato-entre-iguais.html

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 195

Page 196: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Coa chegada de novo do PP á Xunta de Galicia, con maioríaabsoluta, o conselleiro Jesús Vázquez Abad, dedicouse sen piedadeningunha a demoler todo o desenvolto neste campo en Galicia du-rante anos, a ignoralo, a ocultalo e a lexislar en contra, con soberbiae descoñecemento do sector, con absoluta belixerancia contra asentidades, coma a nosa, comprometidas coa prevención e mellorada convivencia escolar en Galicia desde hai tantos anos.28

En calquera caso, naquel Plan Integral están as propostas apro-badas por toda a comunidade educativa galega rubricadas solem-nemente un 30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz, polo Presidenteda Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, no Hostal dos Reis Ca-tólicos e máis de corenta organizacións, sindicatos, asociacións depais e nais, MRPs, asociacións e ONGs.

Confiemos en que máis cedo que tarde podamos volver a re-tomar aquela inspiración…

algunhas medidas concretas para avanzar

1. Promover campañas de sensibilización e divulgación nasociedade sobre a Cultura da Paz e a Non Violencia, par-ticularmente sobre os dereitos humanos e a proteccióndo medio natural.

2. Divulgar, especialmente no ámbito do ensino, a Decla-ración Universal dos Dereitos Humanos, a Declaración eo Plan de Acción sobre unha Cultura de Paz e mais aCarta da Terra.

3. Facilitarlle ao profesorado material educativo e didác-tico, xogos e dinámicas de aula, xunto con metodoloxíasactivas, para desenvolver nas aulas proxectos e progra-mas sobre a cultura da paz sustentable e xusta.

4. Crear e desenvolver estruturas de participación e de for-mación do profesorado en servizo sobre estas materias,

196

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

27 Vid. http://mdiosdiz.blogspot.com.es/2013/09/jesus-vazquez-abad-o-democrata.html28 Vid. http://praza.com/opinion/1043/que-non-pase-nadah/

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 196

Page 197: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

particularmente sobre a mellora da convivencia escolare a prevención dos conflitos entre iguais.

5. Fomentar a cooperación política entre entidades e aso-ciacións, MRPs e ONGDs na perspectiva de desenvolverprogramas e proxectos conxuntos en Galicia con estesobxectivos anteriores.

6. Facilitar espazos de colaboración e de intercambio entreas organizacións pacifistas, ecoloxistas e de dereitos hu-manos co obxecto de consolidar un movemento amploe plural baseado na cooperación e non na competencia.

7. Impulsar procesos de unificación entre entidades galegascon obxectivos comúns.

8. Fortalecer e consolidar a Coordinadora Galega pola Pazcomo espazo plural, aberto, independente e autónomoen materia de paz en Galicia.

9. Apoiar ao profesorado e aos centros educativos galegosna posta en marcha e no desenvolvemento de progra-mas de mediación de conflitos en centros escolares paramellorar a convivencia e resolver pacificamente os con-flitos.

10. Impulsar a aprobación da Lei de Fomento da Cultura daPaz de Galicia no Parlamento dinamizando o relatorioconxunto existente.

11. Dotación e funcionamento efectivo do ObservatorioGalego da Convivencia Escolar.

12. Apoiar todas as medidas necesarias para derogar aLOMCE e iniciar un proceso democrático, amplo e par-ticipado, de elaboración dunha reforma educativaacorde coas necesidades da sociedade, a cidadanía e acomunidade educativa.

13. Recuperar e fortalecer a transversalidade como eixeobrigatorio do currículo en materia de educación e cul-tura de paz.

14. Apoiar a implantación da materia de Educación para aCidadanía e os Dereitos Humanos, ampliando os niveisde impartición, tanto en Primaria como en Secundaria

197

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 197

Page 198: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e no Bacharelato, con especial atención aos valores cívi-cos e democráticos, a igualdade entre homes e mulleres,a prevención da violencia de xénero, a educación afec-tivo sexual, a non discriminación e a interculturalidade.

15. Promover o ensino científico de acordo coa laicidadedo Estado, apoiando a saída da relixión e a catequese dasescolas e dos institutos, así como retirándolle todo ca-rácter obrigatorio e avaliador no seu caso.

198

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 198

Page 199: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

acción social e loita contra a pobreza en galiciaPepa Vázquez

Traballadora social no ámbito da exclusión social e activista pola xustiza

Con este artigo pretendese facilitar información básica sobre a in-tervención social en Galicia, partindo de conceptos básicos, unhabreve análise histórica e a revisión dos datos estatísticos actuais xuntocunha lectura dos principais actores que interveñen deste campo.

Finalmente achegámonos a algunhas das ferramentas coas quepodemos intervir na sociedade actual dende Galicia, sen perderde vista a globalidade na que estamos actuando.

a acción social e a loita contra a pobreza

Novas nomenclaturas para vellas inxustizas

Dende o Traballo Social e a Socioloxía véñense definindo e traba-llando a conceptualización e medición da pobreza dende hai máisdun século, pero temos que ter presente que somos herdeiros daconcepción xudeu-cristiá, que considera os pobres responsablesda súa situación, e tampouco parece que o marxismo dese unhamellor explicación ao sinalar que o lumpenproletariado non podeser organizado, ambas cuestións permanecen no noso imaxinario,aínda que hai que ter en conta o contexto, por un lado a culturaprotestante e por outro a situación de posguerra.

Para atallar de fronte unha inxustiza cómpre chamala polo seunome, ese concepto é a repartición inxusta da riqueza, aínda que éimportante contar con expertas como Patrocinio De Las Herasque xa, en 1978, propoñía cuestións que hoxe están á orde do día,como por exemplo, que é preciso facer unha organización con-xunta das distintas prestacións para non atoparnos con «cidadanía

199

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 199

Page 200: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

de plenos dereitos» e «cidadanía da beneficencia». Ou Félix Teza-nos cando en 2001 recupera o concepto de «alienación» na com-pilación Tendencias en desigualdade e exclusión social, onde explicacon fondura a conexión entre pobreza e exclusión social, enten-dendo esta última como aquelas situacións nas que, sen perder to-talmente os ingresos económicos, as persoas afectadas entran nunproceso de difícil retorno caracterizado polo illamento social emúltiples dificultades que implican o abandono do exercicio dosseus dereitos de cidadanía.

Para situarnos en contextos máis próximos, e para quen desexeafondar sobre o que é a pobreza, a exclusión e a vulnerabilidadesocial, Xosé Cuns (2014) vén de publicar un conciso repaso destesconceptos, no que queda claro que a pobreza non ten fronteiras eexiste porque é un negocio.

A continuación preséntanse as cifras da pobreza e tamén as daexclusión social. Unha pequena xanela a un mundo no que osdatos representan a cara fría das persoas que pasan fame, que sealimentan con hidratos de carbono, dormen ao raso e/ou traballanpor case un prato de arroz… cidadanía que vive nalgúns casos es-cravizadas polo capitalismo en forma de consumismo, toxicoma-nías, ludopatías e doenzas psiquiátricas e físicas que non se pro-ducirían se a economía se centrase nas persoas.

Na estatística é coñecido que diferentes formas de medir dandiferentes resultados, isto tamén acontece nos estudos sobre a po-boación pobre. Neste artigo tómanse como referencia os datos doInstituto Galego de Estatística (IGE), que non é o quen rexistra osíndices de pobreza máis altos.

Previamente, cómpre sinalar que coa Estratexia Europea 2020se puxo en marcha o indicador AROPE (At-Risk-Of Poverty andExclusion) que mide tamén a exclusión social e permite realizarcomparacións entre Estados membros na Unión Europea. XoséCuns (2014). Segundo este indicador, en 2012, 13.090.000 persoas,o 28,2% da poboación, vivía en risco de pobreza ou exclusión so-cial no Estado español.

Se ollamos cara a Galicia atopámonos con 636.804 persoas ensituación de pobreza, o que supón o 23,58% da poboación, fronte

200

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 200

Page 201: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ao 16,45% da taxa de pobreza que apunta o IGE. Non se esqueceque «nestes datos se inclúen pensións, prestacións por desempregoe outras transferencias sociais que, de non facelo a taxa AROPE,subiría 12 puntos» Xosé Cuns (2014).

Os datos que nos ofrece o IGE son igual de preocupantes:

Fonte: IGE

Unha breve mirada á media española sinala que está no21,60%. Nesta mesma liña hai que acompañar as porcentaxes donúmero de persoas. Como pode apreciarse na seguinte táboa, ese16,45% representan 444.250 persoas, que irán en aumento setemos en conta que nos próximos catro anos se van esgotar asprestacións de todas as persoas que neste momento están que-dando sen emprego.

Fonte: IGE

Para achegarnos a realidades máis próximas é interesante ana-lizar polo miúdo datos estatísticos, como, por exemplo, os da co-marca de Caldas e O Salnés que, cunha poboación de 144.702 ha-bitantes, conta 33.007 persoas en situación de pobreza, o quesupón un 22,81% da poboación.

Este dato é similar ao de moitos concellos, como por exemploo de Vilagarcía de Arousa, que supostamente constitúe un dosnovos centros económicos de Galicia: cunha poboación de 37.493

201

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

2012 galicia A Coruña Lugo Ourense PontevedraRisco de pobreza(%)

16,45 14,43 13,56 18,33 19,26

Limiar de risco depobreza (euros)

588,89 616,07 599,07 574 558,13

Ano 2012Poboación total Galicia 2.700.610Pobreza (%) 16,45Pobreza (persoas) 444.250

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 201

Page 202: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

habitantes, rexistra, segundo o INE, un 22,81% de poboación ensituación de pobreza.

Non imos deternos na pobreza infantil por considerar este datoo máis manipulado por todas as estatísticas e por denunciar o ex-ceso de hipocrisía co que se usan eses datos descontextualizadosda súa contorna sen considerar que, se non houbese familias ouunidades de convivencia pobres, non se daría pobreza infantil.

Estamos pois a falar dunha problemática moi grave, tanto polonúmero de persoas afectadas, como pola dimensión desta cues-tión, que afecta directamente á sustentabilidade social e económicada nosa Comunidade Autónoma, xa que se está a producir unnovo éxodo migratorio que nos sitúa ante unha posible extinción,un preocupante horizonte demográfico como cultura, como eco-nomía e como sociedade. Pois a medida que as persoas maioresfalecen, non se produce o preciso recambio xeracional que permiteter presente e futuro.

Deste xeito, pode observarse na seguinte táboa que a poboaciónen idade máis produtiva soamente representa o dobre da que tenmáis de 65 anos. É para tomar nota, ou o que é o mesmo, é a cró-nica dunha morte anunciada.

Fonte: IGE

A intervención social na democracia

Sen tentar facer un percorrido exhaustivo, dos case 36 anos de de-mocracia e de intervención social realizada dende a Administra-

202

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

Grupos de idade Poboación Grupos de idade Poboación65-69 86.602 30-34 101.77170-74 68.714 35-39 113.47375-79 80.417 40-44 108.85480-84 67.429 45-49 104.44285 e máis 68.189 50-54 100.388

55-59 91.689Total 371.351 Total 620.617

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 202

Page 203: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ción pública, hai que dicir que o Estado de Benestar que se pre-tendeu implantar nos anos oitenta con gobernos socialistas xa tiñadado síntomas de esgotamento en moitos países de Europa. Xa secontaba con literatura que daba información abonda para saberque o pleno emprego non era posible e que o sistema no que o Es-tado cubre as necesidades que o mercado provoca non é sustenta-ble no marco dunha economía que esixe crecer constantemente.

Seguramente non se podía facer outra cousa que intentalo.Destas tentativas derivan os resultados actuais. Se reparamos enGalicia hai que recoñecer o modelo que o Goberno tripartito doPSdeG, Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego tentou de-señar en 1988, coa implantación de equipos comarcais de inter-vención social. Ramón Muñiz (1996) baixo catro premisas quehoxe están de plena actualidade:1. Os servizos sociais comunitarios son vertebradores de todo o

sistema.2. Rede única integrada e harmonizada que contempla as espe-

cificidades locais concretas.3. O obxecto fundamental é a integración crítica na sociedade da

poboación pobre e marxinada coa recuperación dos dereitossociais e a precisa mobilización da comunidade desde a pers-pectiva da solidariedade.

4. O recoñecemento dos servizos sociais comunitarios como sis-tema preciso para coadxuvar o desenvolvemento económico ebenestar social de Galicia.

Como se sabe, a curta duración do Goberno tripartito (1987-1989) impediu asentar este tipo de acción social e os servizos so-ciais e a loita contra a pobreza sumíronse durante o longo período«fraguista» no modelo que os diferentes ministerios foron implan-tando, xa que nunca se deu unha verdadeira transferencia de com-petencias en servizos sociais. O que se adoptou foi un desleixo, quetodas as comunidades autónomas entenderon como autonomía,pois cada unha lexislou a capricho sen unha lei marco que desesustentabilidade económica á cuarta columna do Estado do be-nestar. Mentres, a educación, a sanidade e o emprego camiñaban

203

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 203

Page 204: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

polas sendas de regulacións marco, a política social quedou amercé do Plan Concertado que, como ben explica Francisco Cid(2014), se converteu nunha agoniante convocatoria anual cunhaenguedellada xustificación que case convertía en meros contablesos profesionais da intervención social, pero que permitía funcionar(tan a mínimos imos), e polo que xa temos que lamentar a súa pró-xima desaparición.

Nas accións das Administracións públicas hai que recoñecer otraballo realizado no marco dos plans sectoriais, os maiores, asmulleres, as adiccións e a loita contra a pobreza sinalada por Eu-ropa… a través do que noutras comunidades autónomas se puidofacer rendible coa creación de emprego e que en Galicia, atrévomea dicir, quedou presente principalmente na placa dalgunhas em-presas de turismo rural.

Xa nos albores do século XXI, tras sucesivos gobernos do Par-tido Popular, iniciouse o I Plan de Inclusión de Galicia que, dese-ñado dende Europa, pretende incidir na pobreza e na exclusiónsocial. Con el creouse un equipo coordinador dirixido pola Uni-versidade da Coruña con catro equipos provinciais e sete equiposdependentes dos convenios cos principais municipios e comarcasgalegas. Coa chegada do Goberno bipartito do PSdeG e o BNG(2006-2009) foi posible a ampliación dos equipos comarcais cundeseño que lembraba a proposta do ano 88 ao propoñer a ópticaintegral das accións no territorio.

Na actualidade quedan uns equipos totalmente diminuídos nomedio rural, dependentes dun Consorcio Galego de Servizos deBenestar e Igualdade (a palabra «igualdade» só se mantén nonome) que se está tentando substituír pola Axencia Galega de Ser-vizos Sociais e da que se verán os resultados proximamente.

En canto aos equipos municipais, só permanece o do Concellode Ourense cunha aposta clara pola inclusión e polo traballo in-terdisciplinar. Os demais concellos optaron por resituar os equiposmunicipais de inclusión no reforzo da estrutura dos servizos so-ciais ou municipais, ou ben vinculalos aos programas de emprego.Soamente o Concello de Pontevedra decidiu despedir as técnicase pechar o servizo.

204

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 204

Page 205: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Para rematar coas accións da Administración pública na loitacontra a pobreza, cómpre sinalar dúas leis. A primeira, a Lei39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Per-soas en Situación de Dependencia, da que só cabe dicir que foi oprincipio da desaparición dos servizos sociais municipais e auto-nómicos, tamén comentado por Francisco Cid (2014) e por tantoscompañeiros e usuarios que a sofren día a día. As razóns desta des-feita poden resumirse en dúas: a inexistencia de dotación orza-mentaria e mais o feito de lexislar de forma parcial sobre o con-xunto. Sería como se non tivésemos lei marco de sanidade e selexislase de forma marco sobre, digamos, a cardioloxía e deixáse-mos totalmente desatendidas outras especialidades, incluída aatención primaria.

A segunda, é a Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabi-lidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira que outorga ascompetencias en servizos sociais practicamente en exclusiva ás co-munidades autónomas, pero que invade competencias das Admi-nistracións locais e das propias autonomías e deixa en suspenso,no caso de Galicia, a lexislación coa que se traballa a nivel muni-cipal, como por exemplo o decreto 99/2012, a través do que se re-gulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Continuando coa análise da acción social, agora nas organiza-cións non gobernamentais sen ánimo de lucro, o chamado terceirosector, pódese afirmar que a acción social dende esta iniciativa édébil e fragmentada, e, como non podía ser doutro xeito, cunhagrave falla de memoria histórica.

Un exemplo disto é o total esquecemento da existencia, durantemáis de seis anos, da Rede Galega de Loita Contra a Pobreza(REGAL) –constituída entre 1992-1995 e que deixa de ter pre-senza en 1998–, formada por 23 colectivos e promovida pola ex-tinta Asociación Galega de Traballo Social Comunitario, adscritaá EAPN-España e á mesma rede europea. En 2008 constitúese no-vamente como EAPN-Galicia e non queda presenza algunha dotraballo anterior. Ao meu entender isto fai que sexa complexoavanzar, aprender e ser conscientes de que o noso paso pola his-toria é un lapso. Como moito, as persoas estamos 30 ou 40 anos

205

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 205

Page 206: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

activas e son as organizacións as que poden, traballando cunha fi-losofía común, facer fronte á inxustiza contra a que se quere loi-tar.

Por outra banda, resulta complexo realizar unha análise do tra-ballo das organizacións non gobernamentais, e posiblemente estasexa parcial e imprecisa. Pero a partir do mesmo podemos avanzarna construción desa memoria histórica até o de agora tan débil. Aprimeira idea consiste en valorar o traballo das organizacións que,como COGAMI, conseguiron afrontar situacións de inxustiza eatacar as causas das mesmas a través dos centros especiais de em-prego, do mesmo xeito que os plans comunitarios en Santiago deCompostela, Vigo, A Coruña e Caranza-Ferrol, que son exemplode traballo de loita contra a pobreza e dunha visión integradora eparticipada.

Para rematar coa historia e entrar no panorama actual, nonquero deixar de mencionar o debate sobre a xestión dos servizossociais públicos e privados como un dos retos cos que teñen queconvivir as forzas políticas que pretendan gobernar, no sentido deque xa non é crible defender un sistema puramente público e queestá por deseñar ese modelo mixto que garanta calidade, dereitose universalidade e deixe fóra definitivamente o ánimo de lucro daintervención social.

a acción social na actualidade

Claro que hai guerra de clases, pero é a miña clase, a dos ricos, a que empezou. E imos gañando

WARREN BUFFETT

Hoxe máis ca nunca, as infraclases, numerosas e dicotomizadas,forman un novo nicho de organización e espazo de loita pola xus-tiza ao que case que ninguén presta atención, pola súa coñecidafraxilidade e debilidade, ese número tan significativo de persoasnon vota, non protesta, non ten capacidade de organización ninde canalización das reivindicacións cara ás institucións públicasou privadas que din atender as súas necesidades, a beneficencia,

206

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 206

Page 207: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

os alimentos, os sindicatos o dereito ao traballo, a Administraciónpública, a vivenda… Tal é así que até que se inicia a espoliacióndas catalogadas como «clases medias» non aparece no Estado es-pañol a PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca) e pasa a sero espello no que mirarnos como exemplo de autorganización, maisalá das plataformas constituídas para resolución doutras proble-máticas específicas, como é a que representa o calote aos pequenosaforradores a través das participacións preferentes en Galicia.

Analizando as organizacións que traballan pola xustiza e a su-peración da pobreza en Galicia, vemos que non temos organiza-cións con máis de quince anos que non pertenzan á igrexa católicaou a outras igrexas como a Adventista do Sétimo Día, Evanxelistaque xa están tecendo as súas redes para facerse espazo.

As iniciativas laicas da sociedade civil comprometidas co ac-ción social solidaria foron tardías en Galicia entre elas, hai que re-coñecer o inmenso traballo de institucións como Meniños que,procedendo de profesionais e militantes comprometidos coa ac-ción social na infancia, nace en 1996. Igual sucede coa PlataformaPolo Emprego que en 1998 inicia un camiño pioneiro na busca dainclusión a través do traballo remunerado. E xa máis tarde, o Iga-xes (Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector), que en2006 inicia a súa andadura, cunha perspectiva máis ampla peroespecializada igualmente no traballo con adolescentes en situaciónde risco e/ou exclusión social.

Xa máis recentemente, e case á par, inician a súa actividade enVigo o Grupo Emaús Fundación Social e máis a Oficina de De-reitos Sociais (ODS) da Parroquia Cristo da Vitoria de Coia. A pri-meira como referente na prestación de servizos a persoas en si-tuación de exclusión social e o segundo como punto deinformación sobre dereitos sociais, que se vertebra de xeito asem-bleario coa vontade de ofrecer información alternativa sobre axu-das sociais, dar visibilidade e denunciar o empobrecemento e maisartellar respostas colectivas fronte ao capitalismo.

Contamos con máis organizacións e fundacións menos coñe-cidas, pero que achegan o mesmo valor de participación cívica nasociedade, entre elas os centros de desenvolvemento rural CDR.

207

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 207

Page 208: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

O Viso en Xinzo de Limia, ou Portas Abertas en Vilardevós e maisAncares. Na mesma liña, na Coruña, a traxectoria de Ecos do Sur,ou doutras organizacións que tentan facerse un lugar na acciónsocial son pouco visibles, tal e como relata Xiana López (2014) noestudo realizado sobre iniciativas sociais na cidade de Compostelasobre o Proxecto Integral de Compostela, Renda básica das iguais,Stop desafiuzamentos, Asemblea Aberta e Asociación Galega deHorticultura Urbana. Tamén en Ferrol se iniciou un grupo autoor-ganizado de persoas en situación de exclusión do que se descoñecea súa actividade actual, moi similar á Asociación Boa Vida Inclu-sión Social Activa que leva dous anos organizándose en Ponteve-dra e que pretende, ademais da autoorganización das persoas ensituación de exclusión, xerar ingresos dende a filosofía trapeira derespecto polo ambiente.

Hai polo tanto ganas de traballar e organizarse, pero parece queas iniciativas máis reivindicativas son máis ben efémeras, e as quevan permanecendo resúltalles difícil manter unha misión claranun sistema perverso que as converte, ou se deixan converter, enmeras prestatarias de servizos ás Administracións públicas e sus-tentadoras dos técnicos que traballan nelas, para, en canto a Ad-ministración pública deixa de financialas, desaparecer ou adaptara misión á liña financeira de quenda.

Bótanse en falta organizacións como Traperos de Emaús, Na-varra, que ten unha visión de traballo centrada nas causas que pro-vocan pobreza e na participación efectiva das persoas empobre-cidas, e que son quen de manter, despois de corenta anos, máis deduascentas persoas traballando na recollida selectiva de lixo. Feitosque demostran que outro mundo é posible se os salarios son equi-tativos para directivos e peóns, se se traballan seis horas e se prac-tica a transparencia publicando as contas mes a mes, se se constrúeno día a día comunidade, tamén na vivenda compartida, e se crefirmemente que sen traballar sobre as causas de pouco serve atallara fame do día a día.

No plano da articulación política atopámonos novamente cunpanorama, que non me atrevo a denominar «desolador» aínda quetal vez sexa así, sen unha misión clara, no que se presentan currí-

208

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 208

Page 209: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

culos ocultos igual que no eido educativo. O vello minifundismoe instrumentalismo partidario das organizacións sociais fai que asociedade civil non poida organizarse de xeito vertebrador. Ob-servamos como no Estado español a Marea Laranxa, movementode denuncia e defensa dos servizos sociais, ten un pulo importante,sobre todo nos territorios que non pertencen ás nacionalidadeshistóricas, mentres en Galicia, a debilidade dos colexios profesio-nais no intento de organizarse no Espazo Dialoga (psicoloxía, edu-cación social e traballo social) non consegue facerse presente nasprotestas contra os recortes. A maiores, cando se suman os tressindicatos maioritarios, para crear por fin a Alianza Social Galega,xa pasou tempo como para que as persoas pasasen de estar indig-nadas a submisas ante a ineficacia de protestas e folgas. Tanto é asíque nos últimos meses os profesionais dos servizos sociais da Ad-ministración local intentan articular accións de protesta baixo olema «o social no local» que se quedan en pequenos encontros nasáreas de Lugo e Coruña, coma unha reivindicación corporativadefensora de postos de traballo e non dos dereitos sociais da ci-dadanía á que prestan servizo.

Dende a mirada dos profesionais do sector (chámalo sector émoito dicir, xa que non está estruturado como tal) nin sequera seconseguiu acordar un convenio colectivo, nin os sindicatos sabensituar con precisión as persoas que traballan no mesmo ou na in-tervención social. Aplícanse convenios por áreas en residencias ouna axuda a domicilio, pero non por sector, e cada grupo ten que irpelexando os seus dereitos, por exemplo a perigosidade das tra-balladora sociais nos cárceres. A pesar disto, si que hai dous co-lectivos principais que actúan e interveñen coa profesionalidadeque caracteriza ás persoas que optan por traballar con e para aspersoas en xeral e, especialmente, con e para as persoas que teñendificultades, que son as que maioritariamente acoden á Adminis-tración pública ou ás organizacións do terceiro sector.

O colectivo profesional que ten marcado coa praxe a loita polosdereitos sociais e a favor da igualdade é, sen dúbida, o do TraballoSocial que, dende os anos 60, está asociado primeiramente comoprofesionais, constituíndose en 1982 como Colexio Oficial de Tra-

209

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 209

Page 210: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ballo Social. A día de hoxe conta con 2.600 colexiados que traballana pé da realidade da que estamos a falar. Este colectivo ten recibidomoitas críticas, debido a que se resaltan máis as malas praxes, queas hai, que as boas. Un dos froitos desas boas praxes é a actual Lei13/2008, de Servizos Sociais de Galicia, impulsada por María JesúsLago, traballadora social, daquela Secretaria Xeral de Benestar daVicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.

O segundo colectivo profesional é o da Educación Social quenon por ser máis novo no ámbito política social ten menos valor.Constitúese como colexio profesional en 2001 e conta na actuali-dade con 821 colexiados que traballan decote cos técnicos de pro-fesións como a psicoloxía, a pedagoxía, a economía ou o dereito,entre outras, na procura da xustiza social.

Para rematar, non se mira con esperanza á Administración pú-blica actual, da que todos sabemos a liña que está a seguir. Máisben pomos o til nas persoas. Sobre estás, insistir no que se men-cionou anteriormente en relación á capacidade de organización esupervivencia, así como nos instrumentos democráticos que aíndaconservamos.

A primeira institución, Valedor do Pobo (teremos que ir cam-biándolle o xénero masculino) e que aparentemente é poucousada, pero que informa e traballa na defensa dos mais débiles eao que sorprendentemente acoden as persoas en situación de ex-clusión a presentar queixas en relación cos servizos sociais. En2012, sobre o total de queixas presentadas, as clasificadas comoservizos sociais representan un 11,43% sobre do total, sendo as se-gundas as relacionadas co grupo de corporacións locais, servizosmunicipais e protección civil, cun 30,27%.

Igualmente hai que felicitar ao Valedor do Cidadán do Conce-llo de Vigo pola publicación do estudo comparado da exclusiónsocial en 2011, así como pola atención que presta á cidadanía vi-guesa, o que fai pensar que esta figura sería interesante noutrosmunicipios ou mancomunidades galegas.

Como instrumento democrático, desgastado pero útil, os par-tidos políticos, aos que hai que lembrarlle a importancia do tra-ballo con e para a poboación pobre e excluída, a pesar de que

210

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 210

Page 211: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

saben que non votan, tal e como constatan Gómez e Trujillo(2011) no estudo sobre abstención e exclusión social que publicoua Fundación Alternativas. Neste informe fanse cinco interesantespropostas para mellorar a participación e, en consecuencia, reduciras desigualdades. Destacar aquí unicamente unha, que aínda nonse viu en ningún programa electoral, e que consiste en promoverdentro da reforma da lei de financiamento de partidos políticosunha cláusula que condicione a axuda pública a que dediquen o5% do financiamento que reciben do Estado a actividades desen-voltas entre a poboación que rexistre unha abstención extrema. Enon hai que esperar a cambiar a Lei de partidos. Os grupos polí-ticos que neste momento teñen representación parlamentaria emunicipal xa poden iniciar pasos para facer praxes de reparticiónda riqueza por parte dos representantes da cidadanía nas institu-cións públicas que dean exemplo e os dignifiquen. Apélase a esaesquerda fragmentada para que o consenso chegue a consolidarunha alternativa real de goberno que materialice praxes deste tipo.

como avanzar na política social?

Calquera política, sexa da área que sexa, ten que ter fundamentosna economía. Se non se operan cambios nesta, só iremos poñendoparches. Conscientes disto, enunciaremos resumidamente algun-has propostas que son ferramentas coas que camiñar e practicarutopías. Que non se diga que non se fai porque non se sabe, máisben sábese que non se quere. E na base destas propostas, que po-derían parecer desconexas, tería que estar o traballo social comu-nitario tal e como sinalaba Ramón Muñiz (1996).

Achegas das organizacións de acción social

A pesar da debilidade que se sinalou nas onegués de acción social,a EAPN-Galicia, no marco da organización estatal e europea, con-seguiu acordar propostas interesantes que xa viñan sendo debatidase traballadas con anterioridade. Afondar nas mesmas e practicalasserá o reto das forzas políticas que nos gobernen os próximos anos.

211

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 211

Page 212: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Achegarse ás organizacións de acción social sen ánimo de lucroé cooperar na creación de alternativas á exclusión e á pobreza erepresenta un dos grandes retos dos partidos políticos actuais,sempre que se fuxa da visión utilitarista que en ocasións podedarse, e se sitúe o diálogo nunha relación de actores sociais queteñen como interese superior o ben común.

Entre estas praxes, estarían as cláusulas sociais na contrataciónpública e ou privada. Xa temos exemplos de reserva de prazas parapersoas con discapacidade, contratos para mulleres vítimas de vio-lencia, así como tímidas medidas para a contratación de persoasen situación de exclusión. Pero as cláusulas sociais van mais alá;ademais de favorecer a sustentabilidade humana a ecolóxica, de-berían incluso ser unha arma contra a deslocalización e o empo-brecemento de países africanos, asiáticos e, latinoamericanos.

Outras dúas son o alugueiro social, e as políticas de asenta-mento da poboación no medio rural, sobre a primeira, todo resultamoi obvio, temos vivendas baleiras e, non obstante, seguimosconstruíndo para a venda en réxime de «protección oficial».Tamén están en funcionamento experiencias de alugueiro socialque funcionan ben (cada goberno vai cambiándolle o nome: «pro-grama aluga», «alugueiro»…), aínda que precisarían de axilidadena xestión e un traballo coas persoas que participan nos progra-mas para que cando rematen non teñan que volver á rúa, que é oque está a acontecer na actualidade. Terían que contemplar novosmodelos de convivencia nos que compartir, ademais da habitacióne os bens materiais nos edificios, algo de filosofía de vida.

Sobre o asentamento de poboación no medio rural e conexióndo eido urbano galego co rural. Se dicir algo en sete liñas sobreoutras alternativas é mera presentación, sobre isto nin me atrevoa comezar. Son moitas as experiencias e o traballo realizado desdea propia poboación rural e desde organizacións agrarias tan cas-tigadas e ignoradas. Que dúbida cabe de que, en Galicia, un mediorural vivo favorecería un medio urbano rico.

Finalmente, avanzar das rendas mínimas ás renda básicas eoutro camiño. A renda básica constitúe unha ferramenta máis tan-xible, por estar neste momento no debate interno das organiza-

212

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 212

Page 213: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

cións e tentando coller pulo para saír á rúa. Vai ser moi complexopresentar a idea da renda básica á cidadanía cando os diferentesactores e defensores da mesma se presentan unha vez máis desco-nexos, froito de dúas realidades coas que hai que convivir. Unhaten relación coa propia historia da esquerda, onde cada un quereser máis radical que o veciño, e a outra coa estruturación da ad-ministración multinivel na que está organizada a Unión Europeae mais o Estado español.

Todos temos en común a filosofía básica de que cada persoa,polo feito de nacer, debe ter garantidos os mínimos vitais recolli-dos na carta dos dereitos humanos. As discrepancias veñen candoempezamos a afondar no xeito de garantir eses mínimos e dispo-ñer cales son.

Asistimos así á lexislación das rendas mínimas en practica-mente todo o Estado Español, en Galicia Renda de Integración So-cial (RISGA) de 1991, totalmente reformada dende o 1 de xaneirode 2014 a través da nova Lei de Inclusión Social de Galicia, quemellora a anterior, pero que aínda está lonxe da renda básica, xaque nesta debe ser verificada a ausencia de recursos económicose a concorrencia doutros factores de exclusión. En xaneiro do 2015aínda non se publicou o decreto que desenvolve a lei e verase sefinalmente permite o acceso á mesma de máis poboación, espe-cialmente a que se está a quedar fóra do sistema de protección, pordificultades co empadroamento no caso de persoas sen teito, oucoa sanidade no caso de persoas con enfermidades psiquiátricasnon diagnosticadas e/ou tratadas. Xa non incluamos inmigrantes.

Se lembramos a máxima de pensar globalmente para actuar lo-calmente, e viceversa, non podemos deixar de mirar cara ao Sur,onde a fame segue condenando a todo un continente a unha mortepaulatina e onde se asasinan persoas en defensa dunha fronteiraadministrativa española chantada ás portas de África. Se miramoscara ao Norte, na Unión Europea vemos que estamos moi lonxede conseguir ir mais alá do debate, xa que a Iniciativa Cidadá Eu-ropea por unha Renda Básica Universal soamente colectou294.544 do millón preciso. E se miramos ao Estado Español,25.420 sinaturas das 70.496 precisas. Unha primeira lectura pode-

213

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 213

Page 214: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ría ser de fracaso absoluto, por non ter contado suficientementecoas organizacións de base ou porque estas non teñen desenvoltae implantada a idea de renda básica entre as súas prioridades.Outra lectura sitúase máis na importancia de que se introduza nasaxendas europeas para que, paulatinamente, se considere comounha opción real.

Mentres tanto, o pasado 25 de outubro de 2013 en Cataluña, seentregaron as 121.191 sinaturas que levan ao debate parlamentarioa “renda garantida cidadá”, que tal vez dende a visión da “renda bá-sica das iguais” non pode ser considerada renda básica, xa que noproxecto de lei se contempla condicionada a non contar con in-gresos mínimos, así como as obrigas que poden comportar a súapercepción.

Nas demais comunidades este debate estase a dar con moitasdiferenzas. En Euskadi xa contan cunha renda mínima moi pró-xima á renda básica en canto a filosofía e aplicación. En Estrema-dura tamén se están conseguindo melloras na aplicación da rendamínima e en Galicia, soamente a Oficina de Dereito Sociais da Pa-rroquia Cristo da Vitoria de Coia, está levando accións concretasreivindicando a Renda Básica das Iguais.

Finalmente, dende xullo de 2013, estase preparando a iniciativalexislativa popular para levala ao Parlamento Español e dendemarzo deste ano empezou a conta atrás para recadar as 500.000sinaturas precisas.

Pódese afirmar que a renda básica, máis alá das diferenzas eafinidades entre os seus defensores, é unha ferramenta máis naloita contra a pobreza que introduce dous elementos claves na or-ganización da sociedade. Por un lado a redistribución da riqueza,e por outro a desvinculación da supervivencia do traballo asala-riado. Faise preciso afondar na mesma, traballar sobre o que unepensando nunha implantación progresiva que permita vivir condignidade ás persoas que agora mesmo e na próxima década seatopan e atoparan excluídas.

Coma no final doutros imperios, moitas persoas falecerán, sosobreviviran as ricas, as intelixentes e as que se organicen e parti-llen o que teñen, o presente, a vida, unha cabeza e dúas mans…

214

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 214

Page 215: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Este texto final é o que lle inspirou este artigo a un dos pobrese excluídos que participa na asociación Boa Vida Inclusión SocialActiva. Agradézolle a achega.

Pobreza económica, sucia, fétida, nerviosa, fea, triste, amarga, salgada, doce,edulcorada, ácida, definitiva, temporal, fodida, sumisa, contenta e alegre. Pobreza de ideas, ideais, filosofía, sexo. Pobreza en amor, fantasía, arte, mate-máticas, xustiza. Pobreza literaria, poética, física, psíquica, espiritual. Pobreza en valores democráticos, relixión, dereitos civís, fundamentais, hu-manos, animais e vexetais. Pobreza en simpatía, empatía, asertividade, figura, beleza, estilo e atractivo. Pobreza en soidade, compañía desexada e da outra. Pobreza en soños, ilusións, aspiracións, liderados, compañeirismo, dignidade,amizade transparencia, fraternidade, liberdade e igualdade. Pobreza de discurso, palabras, obxectivos, ensinanza, educación, dereitos, ca-ridade e cariño. Pobreza en alimentos, vivenda, traballo, solidariedade, comprensión, equili-brio. Pobreza infantil, xuvenil, adulta, anciá, intelectual, de coñecemento esabedoría. Pobreza egoísta, egocéntrica, desexo, traizoeira, delitiva, homicidae pecadora. Pobreza política, xurídica, policial, activa, organizativa, subversiva. Pobreza en intencións, propostas, acordos e desacordos. Pobreza en entretemento, información, radio, concursos e televisión. Pobreza en respecto propio e alleo, tradicións, cultura e agricultura. Pobreza en dirixentes obedientes, insensibles, mediocres, estúpidos, impre-sentables. Pobreza de valor, vigor, forza, resistencia e decisión. Pobreza…

DAVID LÓPEZ (pseudónimo)

Agradecementos polas achegas a este artigo para:Mª Xosé Vázquez, Charo Baamonde, Xurxo Bértola e Manolo Barreiro.

Bibliografía

Boletín da REGAL (1995). Rede Galega de Loita Contra a Pobrezae a Exclusión Social. Número 0. Dep. legal C-78/95

Cid, Francisco. (2014). Servidos Sociais Comunitarios:Recortes,Crise, e Morte doPlan Concertado. Fervenzas num. 16 Colexiode Traballo Social de Galicia. Santiago de Compostela

215

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 215

Page 216: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Cuns, Xosé (2014). Baixado de http://blogs.lavozdegalicia.es/nomepidancalma/ (27 de febreiro de 2014).

Datos estatísticos poboación idade baixado de https://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?paxina=001&c=0501&ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=1557&R=2[all]&C=9912[all];1[1:2]&F=T[1:0]&S=&TI=2&NA=1 (o 25 de febreiro de 2014).

De la Heras, Patrocinio (1978). Grave carencia de una correcta pla-nificación de la acción social, descargado de http://elpais.com/diario/1978/06/03/sociedad/265672806_850215.html (27 defebreiro de 2014).

Espada, Luís (2011) e colaboradores: Pobreza e exclusión social.Perspectiva comparada e estudo específico do municipio de Vigo.Oficina de Valedor do Cidadán. Vigo.

Gomez, Braulio. Trujillo, Carmona. (2011). Los excluídos tambiénpueden votar: abstención y exclusión social en España. Docu-mento de trabajo 169/2011. Fundación Alternativas. Madrid.

http://basicincome2013.eu/ Iniciativa ciudadana europea por unarenta básica universal

http://boavidainclusionactiva.blogspot.com.es/http://eapn.es/datos_pobreza.phphttp://ilprentabasica.org/la-iniciativa-legislativa-popular-por-la-

renta-basica-estatal-ha-sido-aceptada-a-tramite/http://odscoia.arkipelagos.net/http://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/http://www.emaus.com/nuevaemaus/es-ES/mapa-oficinas#galiciahttp://www.redrentabasica.org/http://www.rendagarantidaciutadana.net/index.php/es/http://www.valedordopobo.com/Xunta de Galicia: «Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión

Social de Galicia», en DOG 249, 31 de decembro de 2013.Goberno de España: «Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos

Sociais de Galicia» en BOE 15, de 17 de xaneiro de 2009.López, Xiana (2014): «Alternativas ao Estado de Benestar: análise

das respostas xurdidas nos movementos sociais en Santiago deCompostela», en Fervenzas 16, Colexio de Traballo Social deGalicia. Santiago de Compostela.

216

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 216

Page 217: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Lores, Diego; García, Enrique; Saéz, Manolo. Coords (2012): Es-tudo de Viabilidade de Renda Básica das Iguais en Galiza. Ba-ladre, Zambra, Grupo Axitación Social, Lapsus distribuidoraalternativa CSA, Oficina de Dereitos Sociais Coia. Santiago deCompostela.

Muñiz, Ramón (1996): O pobo oculto. Pobreza e acción social enGalicia. A Nosa Terra. Vigo.

Referencia a datos AROPE, baixados de http://www.eapn.es/noti-cias/276/28_de_la_poblacion_en_Espana_en_riesgo_de_pobreza (27 de febreiro de 2014).

Tezanos, Félix (1999): Tendencias en desigualdad y exclusión social.Sistema Editorial. Madrid.

VVAA (2010): Propuestas del tercer sector de acción social para unaestrategia de inclusión social 2020 en España. EAPN-España.Madrid.

217

Acción social e loita contra a pobreza en Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 217

Page 218: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 218

Page 219: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

trinta anos de solidariedade galega. ollando o pasado e o futuroEmilio Manuel Martínez Rivas

Economista. Membro do Consello Galego de Cooperación en calidadede experto independente e membro do Consello Asesor do IGADI

Para a maioría dos galegos e galegas a palabra «Granada» evocaráa cidade andaluza e os seus monumentos mais recoñecidos, a Al-hambra ou o Albaicín, ou algúns episodios da historia de España.Para unhas poucas ducias, Granada evocará o recordo da cidadenicaraguana fundada en 1524 por Francisco Hernández de Cór-doba, e que ademais de ser un centro turístico é a porta da Illa Za-patera, na que durante anos distintos ONGD galegas, COSAL,«Salvador Allende», apoiaron ás comunidades de Sonzapote e ElMorro, formadas tanto por orixinarios da propia illa coma por fa-milias que en 1995 tiveron que abandonar a norteña rexión deWaslala fuxindo da violencia. Para moi poucos a palabra «Ti-ruchy» terá algún significado. Esta antiga cidade do Estado deTamil Nadu, no sur da India, non é un destino turístico coñecidopor nós nin conta un equipo de fútbol con dianteiros españois,pero nela a organización galega Implicadas no Desenvolvementotraballa dende hai unha chea de anos, nas áreas mais deprimidasda cidade, con People´s Development Iniciatives en proxectos dealfabetización de mulleres, formación de grupos de axuda mutua,asistencia sanitaria… Para min mesmo a palabra «Esmeraldas»non evoca nun primeiro momento a cor verde da pedra preciosa,senón a rexión do norte do Ecuador no que organizacións comoo Fondo Ecuatoriano Populorum Progressio ou MCCH traballanen cuestións medioambientais ou produción agraria sustentable,Esmeraldas evoca a unha chea de persoas coas que compartínunhas semanas e das que aprendín moito do que non se podeaprender en libros ou aulas, aprendín o verdadeiro significado da

219

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 219

Page 220: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

palabra solidariedade, do significado de comunidade. Estes lugarese moitas outras ducias, como Vilcabanba en Ecuador ou Perú,Pemba en Mozambique, Etiopía ou Cavo Verde… son os lugaresnos que dende hai mais de trinta anos os galegos e galegas estamoscolaborando por medio das ONGD, ducias de organizacións dedistinto tipo, con distintas formas de actuar, ás veces só coas ache-gas de socios e socias, co traballo desinteresado de activistas, outrasveces co apoio de institucións públicas e moi poucas veces coapoio de entidades privadas.

Neste texto imos facer un breve percorrido pola evolución dacooperación galega nos últimos decenios, e nomeadamente dacooperación galega realizada dende a sociedade civil, principal-mente as ONGD, unha etapa na que a evolución positiva entre osdous momentos temporais, sendo innegable, non está exenta dedificultades como as que hoxe, como se verá, se están a padecer. Acooperación para o desenvolvemento, as ONGD, son un mundocomplexo, en constante cambio, no que se mesturan formas anta-gónicas de entender o traballo, as necesidades, os retos e os obxec-tivos. Calquera achegamento simplista a esta realidade, como acalquera outra, non levará mais que á apreciación errónea e a xuí-zos falsos sobre o que se fai e a forma na que se fai.

Mirando o pasado e o presente

Hai uns dezasete anos, o daquela profesor de Economía Aplicadada Universidade de Vigo, Xosé Antón Fernández Roxo, escribía noque fora a primeira etapa da revista Tempo Exterior, publicada poloInstituto Galego de Análise Internacional, un breve artigo titulado«Un achegamento ao nacionalismo dende as ONGDs». Nesta con-tribución recollía algunhas das que el denominaba «manifesta-cións» do distanciamento entre o nacionalismo galego e o move-mento de solidariedade, e que na verdade constituían na altura assúas características (e unha das preguntas que tentaremos respon-der é se non seguen sendo as mesmas):

1. Non hai un movemento de solidariedade autóctono forte.As iniciativas que teñen orixe galega son escasas e cativas.

220

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 220

Page 221: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

2. A ausencia dunha Coordinadora Galega de ONGD in-fluínte e comprometida.

3. As corporacións locais galegas polo xeral teñen pouco asu-mida a necesidade da cooperación con outras zonas do pla-neta.

4. A rechamante ausencia de ofertas de formación en coope-ración, por exemplo, a nivel universitario.

Poucos anos despois, en 2001, eu mesmo, nese momento pre-sidente da Coordinadora Galega de ONGDs, escribía na mesmapublicación que encetaba unha nova etapa, un artigo titulado «AsONGDs e a cooperación ao desenvolvemento», no que recollía oseguinte ao abordar a situación das ONGDs en Galicia:

«Sen afán de que o que a continuación se expón se teña por unhaverdade sustentada en estudios académicos, que non existen, oque de por si é un síntoma da escasa entidade do movemento, ocoñecemento destas organización lévanos a dicir, sen medo deandar moi errados, que se caracterizan por:

– Escasa implantación social: salvo casos coma a Cruz Ver-mella, Cáritas ou Mans Unidas, a maioría das ONGDs apenas contan con grupos de voluntarios organizados, dous,tres ou catro grupos activos, normalmente cun puñado depersoas.

– A presencia local é esencialmente urbana, case circunscritaás sete cidades galegas, e a algunhas vilas de certa impor-tancia (Redondela, Monforte…). Case non existe presenzano mundo rural.

– Escaso nivel de profesionalización, entendida como a exis-tencia de persoal asalariado. Na maioría dos casos, o poucopersoal está vinculado a actividades relacionadas co CuartoMundo.

– Escasa formación do voluntariado, salvo nos reducidos gru-pos «dirixentes». Cun coñecemento superficial do mundoda cooperación internacional, da súa xestión e sen partici-pación nos debates mais importantes.

– Escasa capacidade para a xeración e xestión de proxectosde desenvolvemento. No caso das organización de dimen-sións estatal, a práctica totalidade do proceso recae nassedes centrais nas que se concentran os seus recursos téc-

221

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 221

Page 222: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

nicos. As delegacións autonómicas actúan como meros in-termediarios na captación de recursos financeiros (públicose privados) e xestores de papeis (presentación de solicitudesa convocatorias públicas).

– Pouca tradición de traballo conxunto nas cuestión de sen-sibilización ou educación para o desenvolvemento, a pesarde que as escasas experiencias se poidan cualificar de frutí-feras en canto á súa repercusión social (Marcha Internacio-nal contra a Explotación do Traballo Infantil, Débeda Ex-terna…)

– As ONGD creadas en Galicia sen ataduras estatais podencualificarse case na súa totalidade como monoproxecto.Cunha capacidade financeira escasa, e unha creación casesempre vinculada a experiencias persoais nos países do Surou a lazos de amizade con expatriados galegos afincadosneses países.»

Estas xa vellas reflexións vannos servir para estruturar estetexto e revisar como ten evolucionado a cooperación para o de-senvolvemento nestes anos pasados.

Imos realizar esta aproximación dende dous ámbitos que po-deriamos considerar fundamentais para comprender os actores eas estratexias en Galicia arredor da cooperación: que é o que tenacontecido no eido político-institucional e cal é agora a situacióndas organizacións sociais para o desenvolvemento.

o ámbito político-institucional

O informe anual publicado por Intermón-Oxfam, La realidad de laayuda, recollía na súa edición de 1997 unha táboa coa distribuciónpor Comunidades Autónomas da Axuda Oficial ao Desenvolve-mento (AOD) nos anos 1995 e 1996. Para 1995, o monto dedicadopolas CCAA ascendía a uns 66 millóns de euros (algo mais dos 11mil millóns de pesetas da época). En Galicia os fondos dedicadospola Xunta acadaban os 240.000 euros, apenas o 0,36% do total doEstado. As cifras referentes a concellos e deputacións non era tam-pouco para botar foguetes: en 1996 uns 285 mil euros todo poloxunto, sobre un total de mais de 44 millóns, apenas un 0,65% do total.

222

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 222

Page 223: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

As cifras débense, sen dúbida, a unha escasa tradición da coo-peración ao desenvolvemento na sociedade galega, e sen dúbidatamén ao escaso interese que sobre a materia demostran os parti-dos políticos maioritarios (PP, PSOE e BNG,nos últimos anos, senpoder albiscar aínda cal será a política de AGE no próximo futuro).As tres forzas teñen dado exemplos cuantiosos de que a prédica eo trigo non van unidos da man. Neste eido, o afastamento do na-cionalismo de esquerda das ONGD, falando das organizacións re-presentativas, que entre as persoas hai abondosos exemplos decompromiso exemplar, ten mudado algo, pero non tanto. A moitosnos gustaría, pero en moitos discursos aínda parece que sobrevive,con forzas renovadas, o cuestionamento das ONGD e do seu tra-ballo como propio das organizacións de caridade que antano po-dían ser as representativas deste campo.

Un exemplo da distancia entre o que se di e o que se fai é a si-natura do Pacto Galego contra a Pobreza, o 16 de outubro de 2010en Compostela, no que participaron tanto o PP como o PSOE e oBNG, xunto á Coordinadora Galega de ONGD. A ledicia polo quesupuña de compromiso público das forzas políticas en materiascoma o financiamento nos orzamentos da Comunidade galegadurou uns días… exactamente ata que foi presentada a propostade orzamentos para 2011, que viña a significar un recorte dun 30%duns fondos xa rebaixados sobre o máximo acadado en 2009. Re-cortes que non pararon aquel ano, senón que se foron ampliandoe consolidando ata a actualidade, cuns orzamentos, en 2014, quenon superan en termos reais aos dunha década antes.

A nivel institucional, no conformado polas leis e os regulamen-tos que as desenvolven, o feito máis relevante aconteceu en 2003.É nese ano no que se aproba a Lei Galega de Cooperación para oDesenvolvemento, por unanimidade dos deputados e deputadasdo Parlamento Galego. Contar cun marco lexislativo propio era,pensábase, a forma na que a cooperación oficial podería desen-volverse sobre unha base coherente e sólida.

A Lei Galega de Cooperación crea unha serie de organismos,como o Consello Galego de Cooperación, e instrumentos de xes-tión, como os Plans Directores. A Lei confire a estes documentos

223

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 223

Page 224: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

o papel de elemento artellador da estratexia da cooperación parao desenvolvemento da Xunta de Galicia. Así se define no seu Ca-pítulo II, en concreto no Artigo 9: «A cooperación galega para odesenvolvemento articularase a través de plans directores cuadrie-nais e de plans anuais». O mesmo artigo fixa a forma na que estesplans deben ser aprobados: «Os plans directores serán aprobadospolo Parlamento de Galicia a proposta do Consello da Xunta deGalicia, co informe previo do Consello Galego de Cooperación aoDesenvolvemento».Ademais, a lei define o marco e o contido mí-nimo: «Os devanditos plans elaboraranse de acordo coas liñas xe-rais e as directrices establecidas no Plan Director da cooperaciónao desenvolvemento do Estado español previsto no artigo 8.2 daLei 23/1998, do 7 de xullo, e conterán os obxectivos e as priorida-des, xeográficas e sectoriais, así como os recursos orzamentariosque orientarán a actuación da cooperación galega para o desen-volvemento durante o seu período de vixencia».

O I Plan Director, que cubriu o espazo temporal entre 2006 e2009, foi elaborado inicialmente durante o último goberno presi-dido por Manuel Fraga e aprobado xa, logo dunha certa demora,polo goberno PSOE-BNG, con algunhas reformulacións sobre aversión inicial. Foi este un primeiro plan de artellamento do sis-tema galego de cooperación contando a cooperación para o de-senvolvemento cun respaldo político importante, que se pode con-cretar na creación da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.Un feito destacable é a importante expansión dos fondos e a postaen marcha dos programas de desenvolvemento integral que bus-caban accións de maior impacto levadas a cabo por ONGD concontrastada capacidade ou por consorcios de organizacións.

O II Plan Director que abarcou o período 2010 a 2013 pode-mos caracterizalo como o plan da contracción no financiamento.A expansión que caracterizou os anos anteriores, limitada e lonxedas previsión iniciais, pero importante, veuse truncada de raíz conrecortes anuais sen fin. A confección e desenvolvemento do II PlanDirector, elaborado polo primeiro goberno de Núñez Feijoo, coin-cide tamén coa desaparición da Dirección Xeral de CooperaciónExterior, que é subsumida na Dirección Xeral de Relacións coa

224

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 224

Page 225: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Unión Europea e Cooperación Exterior. E hai que sinalar que aperda de rango no organigrama da Xunta de Galicia só era o anun-cio dos malos tempos que chegaban.

Cabe destacar, no positivo, que os plans foron unha ferramentaimportante para mellorar a xestión da cooperación e que incor-poraban as tarefas de avaliación tanto dos plans mesmos (con ava-liacións intermedia e final, que permiten coñecer o nivel de exe-cución da acción da Xunta na materia cun grao de detalle quenoutras áreas do facer político institucional poderían tomar exem-plo) coma de distintas accións: proxectos de desenvolvementoprincipalmente, pero tamén as accións de fortalecemento dirixidasaos actores do sistema de cooperación ou as accións de sensibili-zación e educación.

O III Plan Director abarca o período 2014 a 2017. Logo dunhafase de recortes a nivel financeiro podemos dicir que nos atopa-mos ante un plan de supervivencia. O obxectivo é non empeorar.En consecuencia, os compromisos financeiros contemplados sonescasos. Este terceiro é un plan modesto, sen ambicións de nin-gunha caste, aínda que á vez, buscando o positivo, inspírase nosmáis avanzados contidos xerados nas diferentes conferencias, reu-nións de alto nivel e memorandos sobre a materia froito da expe-riencia de multitude de organizacións internacionais que levan de-senvolvendo un traballo tanto teórico como práctico que merecetodo o respecto e consideración. Un plan cuxa esencia pódese re-sumir nunha única palabra: axuste. Axuste no económico e axustena visión recentralizadora do Partido Popular, na cal os gobernosautónomos deberían converterse nunha sorte de gobernos civísnos que facer descansar procesos administrativos cunha min-guada, se queda algunha, capacidade política.

A cooperación institucional galega, se tomamos como referen-cia a distribución dos fondos investidos pola Xunta de Galicia entre

225

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

Evolución da AOD da Xunta de Galicia 2002-20132000 2001 2002 2003 2004 2005 2006

2.648.068 2.869.195 4.228.084 5.034.284 5.460.588 6.198.079 6.993.000

2007 2008 2009 2010 2011 2012 20139.372.343 12.047.993 10.397.724 10.748.153 7.008.233 6.537.978 4.612.510

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 225

Page 226: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

1998 e 2013 no conxunto dos instrumentos mediante os que estesfondos se canalizan (proxectos, convenios, axudas directas…), estáenvorcada con América Latina en maior medida incluso que a APDespañola. Dos dez países que teñen recibido maior cantidade defondos nos pasados dezaseis anos, salvo Mozambique, todos elesestán nesta rexión e suman o 65% dos fondos do período.

A axuda oficial da Xunta de Galicia é hoxe en día unha axudamoi concentrada xeograficamente. Se no período 1998-2005 os

226

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

distRiBUciÓN da axUda

paísNivel

rendaglobal

1998-2005 2006-2009 2010-2013 total

Perú RMA 3.545.835 4.069.438 2.603.113 10.218.386 13,30

Bolivia RMB 3.802.015 2.143.911 1.761.466 7.707.392 10,03

Guatemala RMB 700.989 2.516.602 3.646.056 6.863.647 8,93

Ecuador RMA 1.542.014 2.040.184 1.609.398 5.191.596 6,76

R. Dominicana RMA 1.215.528 1.812.307 1.900.624 4.928.459 6,41

O Salvador RMB 1.492.580 1.856.699 1.070.562 4.419.841 5,75

Nicaragua RMB 967.237 1.739.811 1.414.063 4.121.111 5,36

Honduras RMB 990.906 1.311.427 1.174.065 3.476.398 4,52

Cuba RMA 1.516.067 1.374.851 173.985 3.064.903 3,99

Mozambique PMA 716.330 1.533.637 678.626 2.928.593 3,81

Guinea PMA 86.108 1.737.625 924.195 2.747.928 3,58

Centroamérica 985.543 581.608 1.567.151 2,04

Haití PMA 40.000 665.259 699.729 1.404.988 1,83

Angola RMA 194.591 789.501 316.235 1.300.327 1,69

Cabo Verde RMB 194.000 614.809 260.408 1.069.217 1,39

Mauritania RMB 257.855 287.758 459.163 1.004.776 1,31

Senegal RMB 150.000 678.716 25.000 853.716 1,11

Namibia RMB 376.013 10.000 234.536 620.549 0,81

América latina 95.665 95.665 0,12

PALOP 13.780 13.780 0,02

total 17.788.068 26.277.523 19.532.832 63.598.423 82,76

total aod 27.876.369 28.417.150 20.550.505 76.844.024

% prioritario/total 63,81 92,47 95,05 82,76

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 226

Page 227: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

países que o I Plan Director da Cooperación Galega sinalou comoprioritario sumaban case o 64% dos fondos de cooperación, du-rante a vixencia do I Plan estes mesmos países concentraron o92,47% e no período seguinte, no que varios deles xa perderan acondición de prioritarios (Cuba, Angola, Mauritania, Senegal e Na-mibia) concentraron o 95,05% do total.

A distribución xeográfica da axuda ten varias liñas explicativasinterrelacionadas, comúns en grande medida coa cooperación es-pañola:

– Pesa, e moito, a historia: o pasado colonial deixou o españolcomo lingua vehicular en boa parte de América Latina, pre-dominante nas áreas urbanas, e convivindo con outras lin-guas (ás veces en situación de conflito lingüístico) nas áreasrurais. Nunha sociedade como a galega, na que o coñece-mento doutros idiomas é reducido, a capacidade de poderexpresarte e facerse entender nunha lingua común é moiimportante á hora de escoller onde actuar.

– A tradición de «axuda», no sentido mais amplo, canalizadapor medio das organizacións relixiosas, cunha histórica pre-senza nesa área xeográfica.

– O nivel de desenvolvemento dos propios países e das pro-pias organizacións coas que se desenvolven os proxectos einiciativas. Para organizacións coma as españolas hai tresdécadas sen apenas experiencia de traballo internacional,ou para as organizacións galegas, con escasos medios, aíndahoxe en día, traballar nos países menos desenvolvidos tenunhas dificultades que semellan insalvables, polo que a co-laboración con organizacións dos países en vías de desen-volvemento que xa conten con experiencia de traballo conoutras ONGD e capacidade de xestión, é unha porta de en-trada e unha experiencia formativa para as organizaciónsdo norte.

– As prioridades fixadas polas institucións públicas que sub-vencionan os proxectos e actividades de cooperación. Oexemplo galego é claro, sobre todo cando a organización édependente ata niveis exorbitados das subvencións públicas

227

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 227

Page 228: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e a súa presenza na comunidade ten como obxectivo prio-ritario a captación de fondos. No cadro seguinte, que recolledatos dos informes anuais elaborados pola CoordinadoraEstatal de ONGD en dous momentos distintos, 2003 e 2011,podemos ver que as organizacións pertencentes a mesmateñen un patrón de distribución xeográfica dos fondos bas-tante menos centrado en América Latina que o que sae dosdatos da APD da Xunta de Galicia.

os concellos

Cando falamos das institucións non podemos esquecer o eidolocal. Á vez que o profesor Fernández Roxo botaba en falla unhamaior implicación dos concellos no apoio á cooperación ao de-senvolvemento, algúns deles, co apoio do Instituto Galego de Do-cumentación e Análise Internacional, IGADI, levaban xa un tempotraballando para facer realidade a creación dunha organizaciónque unise as entidades locais, do mesmo xeito que se tiñan creadoen comunidades como Cataluña ou Andalucía, con maior tradi-ción e compromiso. A idea callou a finais de 1997 coa constitucióndo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que inicial-mente estaba constituído por unha decena de concellos. Xa no ano2000 agrupaba a medio cento e na actualidade a case un centenar.A finalidade estatutaria do Fondo resúmense en:

– Contribuír dende o ámbito galego ao desenvolvemento dospaíses do Terceiro Mundo mediante a constitución, admi-nistración e xestión dun fondo que se estruture a partir dascontribucións das entidades asociadas e outras achegas.

228

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

FoNdos ExEcUtados polas oNgd da cooRdiNadoRa EstatalRexión 2003 2011América 59% 56%África 26% 29%Asia e Oceania 6% 9%Europa Central e Leste 2% 1%Oriente Medio 7% 5%

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 228

Page 229: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

– A promoción, financiamento e xestión de proxectos e pro-gramas de desenvolvemento económico e social e/ou sen-sibilización.

– Fomentar as relacións e a colaboración das entidades locaiscoas ONG, colectivos de solidariedade e outras institucións.

– Procurar que progresivamente todas as institucións públi-cas e privadas que formalicen o seu compromiso coas polí-ticas de cooperación para o desenvolvemento destinen unmínimo do 0,7% dos seus respectivos orzamentos a tal fin.

A importancia do Fondo Galego debe medirse máis pola súacapacidade de sensibilización, tanto cara ás institucións como ácidadanía, que pola incidencia económica das súas achegas a pro-xectos de cooperación, que son só unha parte dos fondos destina-dos polos concellos integrados no mesmo. As accións do Fondoteñen un elemento de exemplaridade e xa abriron formas de coo-peración entre institucións locais, nomeadamente caboverdianas,de grande interese, polo que supón unha cooperación non só sus-tentada na contribución externa de recursos económicos, senónno partillar de experiencias e o apoio técnico.

A nivel económico, tal e como recolle o libro 15 anos de an-daina, a Rede Solidaria do Municipalismo Galego, publicado polopropio Fondo para conmemorar os seus primeiros 15 anos de vida,durante este tempo ten apoiado un total de 141 proxectos, nuntotal de 25 países, cunha achega de preto de 5 millóns de euros.Destes proxectos, máis do 60% téñense realizado en catro países:Perú, Nicaragua, Cuba e Cabo Verde, destacando sobre todo esteúltimo, no que se teñen desenvolto un total de 32. Entre os catrosuman un financiamento de 3,16 millóns de euros, mais do 67%do total, no que volve a destacar Cavo Verde, con 1,33 millóns, caseo 27% do total.

o ámbito social

Repasando o que se dicía en 1997 e 2001 sobre o mundo da coo-peración internacional podemos decatarnos de como algunhas

229

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 229

Page 230: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

cousas teñen mudado, e por outras semella que o tempo non tenpasado.

En 1997 era evidente a falta de opcións formativas, nomeada-mente universitarias. O fortalecemento do sector das ONGD e oincremento do financiamento público ten incidido de forma no-table neste campo, aínda que o mesmo non pasa polos seus me-llores momentos. A nivel universitario, tanto a Universidade deSantiago de Compostela coma a Universidade de A Coruña de-senvolveron formación a nivel de posgraduado durante variosanos, o que permitiu a formación de persoal técnico que en nonpoucas ocasións puido gañar experiencia logo coas bolsas de co-laboración convocadas pola Xunta de Galicia. Nestes momentos,a falta de financiamento impide a organización dos mencionadoscursos, situación que sería desexable que se revertese nun futuropróximo e o sistema universitario galego poida contar con master(por que non conxunto entre as tres universidades?) sobre a ma-teria e no que se compilasen os coñecementos e experiencias dastres institucións. Ademais da formación a nivel universitario, té-ñense desenvolvido moitas iniciativas de formación do volunta-riado das organizacións, tanto nas propias ONGD coma na Coor-dinadora Galega.

A Coordinadora Galega de ONGDs ten vivido unha evoluciónpositiva. Dende 1997, o cambio ten sido evidente. Dun núcleo ini-cial de pouco mais que media ducia de organizacións na actuali-dade agrupa a arredor de medio cento, e os mais de vinte anos deexistencia acreditan un estar que pode ser exemplar para outrosmovementos sociais. Fronte á penuria de medios dos primeirosanos, hoxe conta con recursos, moitos de orixe pública, e persoalcontratado, comisións de traballo que funcionan, unha liña de pu-blicacións sobre temas de actualidade no mundo da cooperación,entre as que se deben destacar os seus Documentos de Traballodende os que se realiza unha análise crítica da política autonómicaseria, organiza actividades formativas, mantén unha web, galicia-solidaria.org, e conta con capacidade de interrelación tanto coapropia Xunta de Galicia coma co Fondo Galego de Cooperacióne Solidariedade ou outros axentes institucionais como as univer-

230

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 230

Page 231: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sidades. Con todas as eivas que se poidan presentar, por exemploa falta de capacidade de mobilización social, que é unha caracte-rística do sector no seu conxunto, estes anos teñen sido de conso-lidación da organización, que ademais conta cunha importante ca-pacidade de reflexión, como se plasma no seu Plan Estratéxico2012-2015 que fixa como obxectivos estratéxicos os seguintes:

– Promover a Educación para o Desenvolvemento e o cambiosocial entre a sociedade galega.

– Reforzar a incidencia e o seguimento na defensa dunha po-lítica pública de cooperación de calidade en Galicia.

– Aumentar a lexitimidade da propia organización como re-presentante do sector das ONGDs.

– Asegurar a sustentabilidade financeira da CoordinadoraGalega de ONGD.

– Mellorar a comunicación interna e externa.– Mellorar as capacidades e os procesos dos distintos órganos

que conforman a Coordinadora (ONGD integradas, xuntadirectiva e secretaría técnica).

– Diagnosticar, potenciar e afianzar alianzas estratéxicas cosactores de interese para a cooperación galega e o sector dasONGD.

Estes obxectivos tamén poden servir para albiscar os retos aosque esta estrutura asociativa sabe que se enfronta na actualidade.Importante é, dende o meu punto de vista, o traballo, sempre in-suficiente, a prol da lexitimación como representante do sector ea prol da implicación real das ONGD na estratexia de traballo. Domesmo xeito, e tal como dende hai anos se vén defendendo, a coo-peración para o desenvolvemento precisa de alianzas estratéxicascos outros movementos sociais, por unha banda, e por outra pro-fundar nas políticas de sensibilización e a mobilización social. Es-quecerse destes aspectos condena as ONGD e as súas organiza-cións representativas á marxinación na toma de decisións que asafectan directamente. A case nula contestación social, e mesmopor parte das organizacións, aos recortes brutais nos orzamentosde cooperación tanto a nivel de Estado coma en Galicia só pode

231

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 231

Page 232: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

ser entendida se moitas organizacións teñen abandonado o campoda política, indispensable cando do que se está a falar é de mudarestruturas económicas que someten á pobreza aos pobos, paracentrarse, case en exclusiva, no campo da asistencia técnica e a dis-tribución de recursos.

No referente ás ONGD, hoxe en día, un total de 120 organiza-cións está dado de alta no apartado dedicado a organizacións so-ciais no Rexistro Galego de Axente de Desenvolvemento. A distri-bución das ONGD segue a ser eminentemente urbana, e ocrecemento do número dá lugar a que en moitos casos as ONGDson creadas como proxectos persoais, cun escaso coñecementosobre cooperación ao desenvolvemento, pero, iso si, cunhas in-mensas ganas de «axudar» aínda que sexa, e debe dicirse, algunhasveces das formas máis peregrinas.

Aínda que non é mais que unha anécdota, gústame contar adiscusión que alá polo ano 1999 mantiven en directo, nun pro-grama de televisión, cunha persoa que presidía unha asociaciónalporizada porque ningunha ONGD se quería facer cargo de en-viar a «eses países» douscentos pares de zapatos mercados en za-paterías de Vigo para os damnificados do Mitch. Non houbo ma-neira de explicarlle que enviar douscentos pares de zapatos acomunidades nos que posiblemente non se utilizaran, sen saberque números, etétera, ademais de custoso carecía de sentido nin-gún. A anécdota reprodúcese de cando en vez... hai uns poucosmeses os xornais facíanse eco da iniciativa dunha pequena orga-nización que solicitaba a doazón de xeles de baño e champús,«tamén valen os envases pequenos que dan nos hoteis», para levara Senegal! No dubidamos que as intencións son boas, pero as vecesnon chegan. As cousas as veces parecen que non teñen melloradomoito dende aquel inverno de 1994 no que os meus compañeirosde prestación social tiñan que retirar a toda présa as caixas conconservas con derivados do porco que chegaran para repartir noscampos de refuxiados da Bosnia musulmá. É bo sumar á boa von-tade un pouco de coñecemento... en todo.

Nun campo no que estes anos non parece que as cousas teñanmudado moito é no que no seu momento denominamos a «gale-

232

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 232

Page 233: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

guización da cadea da solidariedade»: o desexo de que existisenONGD nas que os seus centros de decisión estratéxicos estivesenen Galicia, con capacidades técnicas e económicas suficientes.Hoxe por hoxe, existindo distintas iniciativas como Amarante ouImplicadas no Desenvolvemento, cunha importante bagaxe no quese refire á sensibilización ou ao impulso do comercio xusto, ou odesenvolvemento de proxectos en países non tradicionalmente re-ceptores de axuda galega, ou mesmo española, como poden serIndia ou Etiopía, o seu tamaño é reducido, e seguen a recibir amaior parte das subvencións da Xunta de Galicia organizaciónscos seus centros de decisións noutras comunidades e ás que sumana inmensa maioría dos galegos e galegas que dan o paso de facersesocios e socias.

Nos cadros seguintes poderanse ver uns números moi clarifi-cadores:

Este primeiro cadro recolle os primeiros anos nos que a Xuntade Galicia comenzou a financiar actividades para o desenvolve-mento. Das sete organizacións destacadas, só Fundación Meniños,creada en 1996, é unha organización xurdida en Galicia, e que naactualidade ten abandonado o campo da cooperación para o de-senvolvemento para centrarse nas súas actividades relacionadascoa infancia.

No cadro da páxina seguinte recollemos as quince ONGD conmaior financiamento durante a vixencia do I e do II Plan Direc-tor.

Ademais do incremento dos fondos que se pode apreciar confacilidade, as ONGD con sede en Galicia ocupan unha posicióncase marxinal na distribución: Amarante e Amigos Escaes-Perú

233

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

PERÍODO 1994-2000Mans Unidas 436.000 Intermón-Oxfam 310.000 Entrepobos 195.000 Veterinarios sen Fronteiras 141.000 Acción Contra a Fame 126.000 Cruz Vermella 112.000 Fundación Meniños 103.000

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 233

Page 234: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

durante o primeiro Plan, e AGARESO e a conservadora FundaciónCUME, organización con lazos de colaboración, se analizamos asentidades coas que organiza actividades en Galicia, co Opus Dei.Entre medias, Solidariedade Internacional de Galicia, federaciónde entidades ligada ao PSOE. A presenza da Solidariedade Galegaco Pobo Saharaui ten máis que ver coa cuantificación económicaque a Consellería de Sanidade fai dos coidados aos nenos do Sá-hara que pasan os veráns en Galicia que a achegas económicaspara a realización de proxectos nos campos de refuxiados. Das seteorganizacións que no período 1994-2000 ocupaban un lugar pre-ponderante, apenas queda rastro entre as que obteñen maior fi-nanciamento durante a vixencia dos plans directores. A primeiraorganización por financiamento da Xunta de Galicia está especia-lizada na captación de fondos públicos, dos que segundo os datosda Coordinadora Estatal de ONGD en 2011, últimos dispoñibles,dependía en case un 90%, e en especial de fondos provenientes dacooperación descentralizada (gobernos autónomos e municipios),que financiaban un 50% do seu orzamento.

A escasa fortaleza de un sector de ONGD autóctono supónunha eiva importante no sistema de cooperación galega. E iso

234

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

FiNaNciacioN oNgdsi plaN diREctoR 2006-2009 ii plaN diREctoR 2010-2013

Asemblea de Cooperación Pola Paz 1.638.802 Asemblea de Cooperación Pola Paz 1.200.776

Solidariedade Internacional de Gal. 1.362.300 Solidariedade Galega co Pobo Saharaui 1.193.248

Paz e o Desenvolvemento 1.309.424 Fundación Cume 1.140.887

Axuda en Acción 1.261.076 Arquitectos sen Fronteiras 1.099.997

Entreculturas 1.128.935 Entreculturas 1.034.611

Jovenes y Desarrollo 855.744 Enxeñeria sen Fronterias 959.075

Veterinarios sen Fronteiras 759.999 Solidariedade Internacional de Galicia 936.957

Taller de Solidariedade 704.943 Farmaceuticos Mundi 899.700

Educación sen Fronteiras 616.018 Acsur-Las Segovias 871.896

Intermón Oxfam 604.772 Medicos Do Mundo 669.896

Amigos da Terra 603.743 Educación sen Fronterias 628.979

Amigos Escaes-Perú 490.684 Amigos da Terra 585.537

Médicos do Mundo 479.859 Intered 478.616

Amarante 453.058 Agareso 428.049

Intered 445.585 Paz e Desenvolvemento 457.050

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 234

Page 235: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

desde calquera punto de vista que se analice: menoscábase a ca-pacidade de relación con outras sociedades, achícase a capacidadede identificar aqueles sectores nos que Galicia podería achegar asúa experiencia, redúcese a capacidade de creación de empregocualificado na comunidade e dilúese a presenza de Galicia no ex-terior como sociedade solidaria. E estes son uns poucos exemplosdos efectos negativos que a dependencia nese campo causa ao en-torno que financia os proxectos de cooperación.

Outras facetas nas que aínda queda moito por facer por partedo mundo da cooperación é o fortalecemento de lazos cos move-mentos sociais, tanto o ecoloxismo coma o feminismo organizado,por citar dous campos nos que as interaccións son evidentes, maisalá dos formalismos que esixen os documentos de proxectos pre-cisos para optar a fondos públicos.

conclusións

Hoxe en día a cooperación para o desenvolvemento en Galicia estánun momento de impasse e ata certo punto de reconfiguración.Durante a maior parte da primeira década do século XXI, o nivelde financiamento público foi en constante aumento, partido iso si,duns niveis moi baixos. A crise económica ten posto en evidenciao compromiso epidérmico da maioría das institucións e a falta decompromiso real dos partidos políticos. Un dos retos a encararpor parte das ONGD é retomar o papel de axente de sensibiliza-ción e de mobilización social, hoxe en día parece que se ten per-dido a batalla das ideas, abandonando o campo da acción quenconsidera que non é o momento de dedicar esforzos para quennada ten. A loita das ideas nunca debe abandonarse, e talvez desdeo movemento de cooperación ao desenvolvemento teñamos es-quecido isto.

A falta de fondos públicos e a diminución das achegas de sociose entidades privadas (lembremos que en Galicia a crise de CaixaGalicia tamén se levou por diante a convocatoria de axudas quemantiñan dende había anos) está mudando o sector, do mesmoxeito que o mudan os cambios xeracionais (diminución da activi-

235

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 235

Page 236: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

dade de Intermón-Oxfam, desaparición da delegación de Accióncontra a Fame, desaparición de Entrepobos...). Un reto da Coor-dinadora é tentar que as pequenas ONGD que están a xurdir poi-dan contar con apoio técnico que lles permita madurar nas súasformulacións e accións, evitando que de xeito recorrente se teñaque aprender a golpes, sobre todo porque eses golpes quen os aca-ban por sufrir son as persoas ás que se pretende «axudar».

A galeguización da cadea da solidariedade seguirá sendo outroreto pendente, unha eiva colectiva no presente e parece que no fu-turo do noso país, da que todos e todas as que cremos nesta socie-dade e cremos que temos, como colectivo, algo que achegar á loitacontra a desigualdade e a prol do desenvolvemento dos pobos, de-bemos sentirnos un pouco responsables.

Como final desta contribución, gustaríame recuperar un brevetexto entresacado dun artigo do teólogo xesuíta Jon Sobrino. É untexto que hai xa algúns anos lin e que dende aquela me ten acom-pañado no comenzo dalgúns seminarios e conferencias que haianos impartía sobre o que son as ONGD:

«Se a solidariedade só fose axuda, non pasaría de ser unha es-mola magnificada, pola que o doante daría algo do que ten, perosen verse el mesmo comprometido no máis profundo de simesmo nin urxido a manter a axuda. E a axuda, así entendida,sería só nunha dirección, de quen a dá a quen a recibe. Deste xeitoperderíanse elementos esenciais da solidariedade: o compromisopersoal, non so material; a decisión duradeira de axudar, non soo alivio conxuntural e a apertura para recibir, non só para dar.»

Non me cabe dúbida de que asumir e reflexionar sobre este pe-queno texto contribuiría a comprender mellor cal debe ser a liñade traballo das ONGD á hora de enfrontar os retos que temosdiante.

236

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 236

Page 237: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Economía, medio ambiente e recursos naturaisMaría Xosé Vázquez Rodríguez

Profesora de Economía Aplicada da Universidade de Vigo

«Galicia ten unha climatoloxía, unha natureza e unha paisaxe pri-vilexiadas». De seguro que escoitamos ou fixemos esta afirmaciónen numerosas ocasións. Estamos situados nunha zona temperadado planeta con temperaturas moderadas e agradables. Aínda den-tro da Península Ibérica, os nosos índices de pluviosidade permí-tennos ir fuxindo dos problemas de escaseza de auga, tanto paraprodución coma para consumo, e ademais manter unha paisaxecaracterizada polos abundantes cursos de auga e a cor verde caseperenne; as nosas rías proporcionan unha enorme riqueza maris-queira e pesqueira, unhas praias fermosas e tranquilas e unha pai-saxe diferenciada que nos favorece a nivel turístico. Non é precisocontinuar porque co dito neste parágrafo introdutorio queda de-mostrada a importancia que a dotación ambiental e de recursosda que partimos é extraordinaria. A pregunta é se a valoramos ade-cuadamente dende unha perspectiva social e de longo prazo e,consecuentemente, se estamos definindo e aplicando as adecuadasmedidas de protección para non perder e aproveitar os abundantesrecursos naturais e ambientais cos cales fomos dotados.

Así, se analizamos a situación ambiental en Galicia cun hori-zonte temporal dun par de décadas poden percibirse avances naxestión e protección dos nosos recursos, aínda que tamén consi-derables demoras e incluso problemas sen abordar. Así, téñenseproducido melloras na depuración de augas residuais urbanas, oque redunda en menor contaminación de augas interiores e lito-rais; incremento na superficie de Espazos Naturais Protexidos(ENPs); paralización na construción de minicentrais nos tramosaltos dos ríos; un maior número de empresas con certificación dexestión ambiental e un incremento do gasto en medio ambiente

237

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 237

Page 238: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

por parte das empresas; a expansión significativa das fontes deenerxía renovables, especialmente da enerxía eólica; un númerocada vez maior de concellos que teñen asinado a carta de Aalborge, por tanto, comezan a desenvolver Axendas 21 locais, etcétera.

Pero tamén se observa que os incendios forestais poñen enrisco ano tras ano a fertilidade do solo a través da destrución dacapa vexetal e a posterior erosión; o saneamento das augas resi-duais é moi deficitario en comparación co esixido na directivamarco; o medio ambiente litoral vese ameazado por construciónse urbanizacións masivas, así como pola proliferación de portos de-portivos e terreos gañados ao mar; o abandono dos montes veseagravado pola ausencia de tratamentos silvícolas –e por falta derendibilidade– dos monocultivos; a proposta galega para a RedeNatura 2000 é das máis escasas do Estado e o seu plan director, re-centemente aprobado, é un mero formalismo; o tratamento de re-siduos sólidos urbanos presenta taxas mínimas de recollida selec-tiva, reciclaxe e compostaxe; etcétera.

Fronte a este cadro bicolor, o que imos facer neste breve texto edescribir algúns aspectos dos moitos que caracterizan a relación dacomunidade cos seus recursos naturais e ambientais. Así, comezare-mos abordando o papel da Administración pública; a continuacióndescribiremos a situación do saneamento e depuración das augas,pois é este un dos problemas cruciais para a calidade das augas tantointeriores como litorais; analizaremos tamén brevemente as temáticasdo tratamento do lixo e da protección da natureza, con especial men-ción aos incendios forestais. En cada un dos epígrafes ou temáticasintentaremos describir a situación e evolución do aspecto abordado,así como introducir algunha breve reflexión sobre os problemas máisurxentes ou as prioridades para a xestión.

administración pública

Comezaremos esta descrición da situación e evolución da situa-ción do medio ambiente en Galicia cunha ollada á planificaciónpública en materia ambiental, e é preciso comezar asumindo quea lexislación europea ten exercido o maior impulso para os cam-

238

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 238

Page 239: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

bios a nivel autonómico e local, tanto en relación ao saneamentode augas, ao control da calidade do aire e da auga e incluso en re-lación cos residuos. Semella que a integración do coidado e con-servación ambiental na planificación do desenvolvemento econó-mico ten sido máis unha consecuencia das presións externas queda interiorización de que esta é a única alternativa posible de de-senvolvemento a longo prazo.

Durante a década dos oitenta e nos primeiros anos dos no-venta, as competencias en materia ambiental en Galicia exercé-ronse desde a Consellería de Agricultura. Foi en 1997 cando o am-biente acadou o máximo rango administrativo coa creación daConsellería de Medio Ambiente. En 2009 perdeu a súa autonomíaao integrarse na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas. Esta consellería integra, entre outras, a SecretaríaXeral de Calidade e Avaliación Ambiental e mais a Dirección Xeralde Ordenación do Territorio e Urbanismo, que constitúen piaresfundamentais da política ambiental na comunidade. Porén, é pre-ciso lembrar o carácter transversal da xestión ambiental, pois a in-teracción co medio ambiente debe estar presente en calquera in-tervención pública. Pensemos, por exemplo, nas indiscutiblesconsecuencias ambientais da propia Dirección Xeral de Mobili-dade ou da Axencia Galega de Infraestruturas; ou do organismoautónomo Augas de Galicia, da Axencia de Protección da Legali-dade Urbanística ou do autónomo Instituto Galego da Vivenda eSolo, que figuran adscritos actualmente á Consellería de MedioAmbiente, Territorio e Infraestruturas. Xa noutras Consellerías,non deben esquecerse os efectos ambientais do sector industrial,dentro da Consellería de Economía e Industria ou, aínda máis evi-dentes, as interaccións co medio ambiente e os recursos naturaisda Consellería de Medio Rural e do Mar.

Para contribuír á necesaria coordinación, existe actualmente oConsello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible(COGAMADES), creado en 2006 (Decreto 137/2006) como ór-gano colexiado de participación, consulta e asesoramento da Con-sellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. O CO-GAMADES constitúe un interesante intento de coordinación

239

Economía, medio ambiente e recursos naturais

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 239

Page 240: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

entre as diferentes consellerías e as organizacións sociais en ma-teria ambiental (Federación Galega de Municipios e Provincias,Confederación de Empresarios, Universidades, Confrarías de Pes-cadores, organizacións agrarias, ecoloxistas, sindicais, etcétera).

Outros avances positivos recentes que cabe destacar na plani-ficación ambiental pública en Galicia foron a elaboración e apro-bación da Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible, e da Leido Patrimonio Natural e da Biodiversidade (2007); do Plan Galegode Acción fronte ao Cambio Climático 2008-2012 (2008); da re-cente Lei de Residuos (2008) e do Plan de Xestión de Residuos Ur-banos de Galicia PXRUG 2010-2020; da Lei de Protección da Pai-saxe (2008) e, especialmente relevante, do Plan de Ordenación doLitoral e das Directrices de Ordenación do Territorio (2011).

Galicia ten sido pioneira no uso de instrumentos económicosen materia ambiental, en concreto na implantación de impostosambientais co Imposto de Contaminación Atmosférica, que foi oprimeiro deste tipo que se aprobou en España, en 1995, e que tencomo obxectivo penalizar (e diminuír) as emisións de dióxidos dexofre e nitróxeno, fundamentalmente procedentes das centrais ter-moeléctricas situadas na nosa comunidade. Este imposto foi re-formado en 2009, adaptando tipos impoñibles (prezos) e proce-dementos de cálculo para satisfacer unha necesidade deactualización evidente. Cabe destacar tamén aquí o canon de sa-neamento (1993) e o chamado canon hidroeléctrico1 (2008), esteúltimo como intento de compensación ás localidades que sufrirone sofren os efectos ambientais e sociais dos encoros en aras dunbeneficio colectivo.

Tamén é destacable a creación en marzo de 2006 da Fiscalía deMedio Ambiente, vinculada ao Tribunal Superior de Xustiza deGalicia. Esta figura era imprescindible no contexto actual, o quequeda demostrado co dato de que Galicia foi a segunda comuni-dade do Estado en 2010 en número de condenas por delitos rela-cionados co medio ambiente, o 58% asociadas a incendios forestais

240

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

1 Imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveita-mentos da auga embalsada.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 240

Page 241: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

(con datos da Memoria da Fiscalía de Medio Ambiente para o ano2010). A actividade da Fiscalía é aquí esencial non só como ins-trumento penalizador, senón tamén, a medio prazo, disuasorio.

A introdución na lexislación española da avaliación ambientalestratéxica a través da Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos dedeterminados plans e programas sobre o medio ambiente (que in-corpora a Directiva 2011/42/CE), constitúe un excelente instru-mento de prevención que permite integrar os aspectos ambientaisna toma de decisións sobre plans e programas públicos de todosos ámbitos. A nivel autonómico, isto implica que todos os plans eprogramas deben contar co preceptivo informe de sustentabili-dade ambiental, que obriga a identificar, describir e avaliar os pro-bables efectos significativos sobre o medio ambiente que se poidanderivar da aplicación do plan ou programa proposto, así como po-sibles alternativas razoables, técnica e ambientalmente viables. Aaplicación desta esixencia incorporouse non só nas normativas dapropia Consellería, senón tamén en normas de planificación tanimportantes como as Directrices de Ordenación do Territorio deGalicia ou o Plan de Residuos 2010-2020.

contaminación das augas: saneamento e depuración

En Galicia, a contaminación das augas litorais procede de dúasfontes principais: as substancias arrastradas polos ríos e as emi-sións de efluentes líquidos das aglomeracións urbanas e das in-dustrias do litoral.

Os problemas de contaminación dos ríos galegos asóciansefundamentalmente aos principais núcleos urbanos, aínda quetamén son importantes os procedentes de instalacións industriaislocalizadas fóra dos núcleos urbanos, piscifactorías, explotaciónsmineiras ou explotacións gandeiras, aínda que nestes últimos casosa contaminación é difusa. Outro factor digno de ter en conta sonas alteracións morfolóxicas derivadas das presas nos leitos dos ríos.

Nas augas costeiras, directamente, ademais dos riscos de alte-racións morfolóxicas (construción de portos para diferentes fina-lidades), detéctanse fontes esporádicas de contaminación como

241

Economía, medio ambiente e recursos naturais

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 241

Page 242: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

vertidos urbanos e industriais, ou a acuicultura e os cultivos ma-riños, depuradoras, e, en menor medida, vertidos agro-gandeirosou de augas pluviais. Nun relativamente recente estudo de Augasde Galicia (2007)2 indícase a existencia de 4.590 puntos de vertidonas augas galegas, máis da metade dos cales se producen na concahidrográfica de Galicia-Costa.

A planificación en materia de augas vén dirixida pola DirectivaMarco da Auga (DMA) 2000/60/CE, que establece un novo mo-delo de xestión de obrigada referencia e ordena previr calqueranova alteración dos sistemas acuáticos e conseguir o bo estado detodas as augas para o horizonte de 2015. Establece un modelo dexestión e obxectivos comúns a nivel europeo que deben conse-guirse a través de medidas adoptadas a nivel estatal ou local. Nestesentido, as competencias de protección e ordenamento ambientalestán atribuídas á Administración autonómica, polo que da DMAse derivan novas obrigas para a comunidade autónoma en materiade xestión racional e sustentable da auga.

Con estes datos, o saneamento e a depuración cobran unhagran importancia para o estado futuro do medio ambiente mariño.De feito, neste campo lévanse realizado en Galicia importantes in-vestimentos para acadar o cumprimento da normativa europea,recollida na Directiva do Consello 91/271/CEE. Esta directiva es-tablecía varios escenarios temporais segundo o tamaño das aglo-meracións urbanas, e en Galicia o Plan de Saneamento 2000-2015ten como obxectivo conseguir o cumprimento comunitario. Paraiso formulouse o saneamento de 6.427 núcleos integrados en aglo-meracións urbanas que representaban o 79,04 por cento da po-boación (o 84,95 por cento se se ten en conta a poboación esta-cionaria e a carga industrial). A pesar dese esforzo, en 2010 só o64% da poboación equivalente en Galicia estaba conectada a sis-temas de tratamento de augas residuais, á cola de todas as comu-nidades do Estado (xunto con Canarias, cun 52%, e Estremadura,cun 63%).

242

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

2 Augas de Galicia (2007): Saneamento de aglomeracións menores de 2.000 h-e en Gali-cia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 242

Page 243: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Hai que ter presente que Galicia partía dunha situación bas-tante deficiente neste campo, derivada da demora na planificaciónda solución e no inicio dos investimentos. Así, iniciamos o séculoXXI cun 40% dos principais núcleos urbanos galegos sen depura-ción de vertidos e con máis de 50 municipios vertendo directa-mente ao mar as súas augas sen tratar. Xa en 2005 o Tribunal deXustiza da Unión Europea condenaba a España por non adoptarun programa de redución da contaminación na ría de Vigo e polorisco que iso implica para a cría de moluscos. Un caso similar pre-séntase na ría do Burgo, con catro municipios implicados (A Co-ruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

A situación sería, por outra parte, menos preocupante se aomesmo tempo non existise unha perigosa tendencia á urbaniza-ción no litoral ou ao incremento de plantas de cría e engorde deespecies de peixes. Existen de feito previsións de certa magnitudepara a construción de vivendas, campos de golf ou portos depor-tivos no litoral galego, ao abeiro de plans urbanísticos en trámite.Aínda que esta tendencia foi freada pola crise económica, aameaza persiste.

Arestora, a superficie construída en Galicia no primeiro qui-lómetro de costa (15,8%) supera a media española (13,1), e no casode Pontevedra a cifra é de 25,1%, por riba de zonas do Mediterrá-neo con moita presión urbanística: Castellón (23,5), Granada(14,3), Murcia (13,6) ou Almería (13,5).

Por iso, as actuacións da Administración autonómica teñen sidoespecialmente intensas respecto a este problema. A tal efecto de-senvólvense as Directrices de Ordenación do Territorio, o Plan Integrado de Protección do Litoral, ou o Plan Director de PortosDeportivos, e créase a Axencia de Protección da Legalidade Urba-nística. Tamén se solicitou a transferencia de competencias sobreo dominio marítimo-terrestre. Así mesmo, o Ministerio de MedioAmbiente (Dirección Xeral de Costas) e a Consellería de PolíticaTerritorial (2005-08) ordenaron a demolición de máis de duascen-tas construcións situadas no dominio público marítimo-terrestre,ademais dun número crecente de sancións por infracción. Ademaispresentouse a revisión dalgúns proxectos de instalacións de cría ou

243

Economía, medio ambiente e recursos naturais

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 243

Page 244: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

engorde de peixes en Lugares de Interese Comunitario, dado que aDirectiva Hábitats só permite realizar actuacións dentro destes es-pazos para mellorar as súas características.

Para poder realizar avaliacións adecuadas de proxectos destanatureza será conveniente que se considere, con técnicas e criterios

rigorosos e cientificamente recoñecidos, as repercusións en termosde custos e beneficios que poden implicar os proxectos desta na-tureza sobre o benestar dos cidadáns, incluíndo aqueles aspectosque aínda que non teñan unha expresión comercial, si formanparte das súas demandas e do seu campo de interese vital e social.

Para finalizar este epígrafe, se comparamos o valor unitario daauga nas diferentes comunidades autónomas españolas (cocienteentre os importes abonados polo subministro da auga máis o dascotas de saneamento, depuración e canons de saneamento ou ver-tido, e o volume de auga rexistrada e distribuída aos usuarios). NaGráfica 2 observamos como Galicia, con 0,93 euros por m3 (xuntocoa Rioxa) presenta un dos valores unitarios da auga máis baixos.

244

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

gráfica 1. grao de conformidade coa directiva 91/271/cEE por ccaa, 2010 Fonte: Informe «Sostenibilidad en España, 2012»,

Observatorio de la Sostenibilidad en España

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 244

Page 245: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

A este valor de mercado demasiado baixo do recurso, únese que axestión e tarifación son asuntos tamén pendentes, coa necesidadede camiñar cara un modelo universal, no que cada cidadán galegopoida dispoñer dun servizo eficiente e nas mesmas condicións eao mesmo custo que os demais, independentemente do concellono que viva. Isto supón unificar a xestión, implantar un sistemade tarifa uniforme e exercer un control único en todos os procesos.Actualmente, entre as 149 EDAR algunhas están xestionadas polospropios concellos, outras polas empresas concesionarias, e, final-mente, 25 pola Administración Hidráulica de Galicia. Tampoucohai un criterio común no sistema de tarifas, onde atopamos con-cellos que cobran taxa de depuración e outros que non a cobran.Dun total de 185 concellos enquisados pola Xunta de Galicia, 109cobran taxa e 76 non a cobran. Nestes últimos figuran concellosque non teñen o servizo ou ben xestionados pola administración

245

Economía, medio ambiente e recursos naturais

Figura 2. Valor unitario da auga por ccaa (2009). Unidade €/m3 Fonte: Elaboración propia sobre datos do INE

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 245

Page 246: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

hidráulica, pero tamén outros que non fan repercutir nos veciñoso custo do servizo. Pola contra, nos concellos que si cobran taxade depuración, existen tarifas moi dispares e pouco equivalentesco custo do servizo. Hai concellos que aplican unha tarifa indivi-dual de depuración; outros unha tarifa conxunta de depuración esumidoiros, e, finalmente hai concellos que aplican unha tarifa fixaou en función da auga consumida.

Residuos

A tipoloxía de residuos é variada, así como a problemática am-biental derivada e os tratamentos posibles. Centrarémonos nestasección nos Residuos Urbanos (fundamentalmente RSU) pois, nonsendo os máis perigosos, son os que representan unha maior (ecrecente) cantidade de xeración e, por tanto, un gran problema enmateria ambiental. Na comunidade autónoma galega desenvol-veuse a partir de 1998 un sistema de recollida selectiva dos resi-duos sólidos urbanos, a través dun sistema xeral de segregacióndos envases lixeiros, toda vez que a recollida selectiva de un só ma-terial de pilas, papel-cartón e vidro xa era unha realidade. Para de-terminados residuos, a Xunta ten asinado convenios marco conSistemas Integrados de Xestión (SIXs) das empresas. Os concellos,poden –ou non– adherirse a este convenios. Existe actualmenteun convenio con Ecoembalajes España (Ecoenves) para envasesde plástico, ferro, aluminio e bricks, e outro convenio con outroSIX, Ecovidrio, para envases deste material. A recollida realízasemediante unha selección previa en orixe co traslado posterior(previo paso por plantas de transferencia) á central de clasificaciónde SOGAMA no complexo medioambiental de Cerceda, onde serealiza unha segunda separación. Alí o material susceptible de serreciclado envíase ás empresas que se encargan deste proceso, epara o resto procédese á súa incineración ou valorización enerxé-tica. Neste punto hai que resaltar que o Convenio Marco Xunta-Ecoembes define a posibilidade de que os concellos poidan optarpor unha recollida selectiva diferenciada do modelo xeral. Estasexcepcións son o Concello da Coruña, o Consorcio das Mariñas

246

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 246

Page 247: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

(integrado por oito concellos) e a Mancomunidade de Barbanza(formada por tres concellos). Na Táboa 1 resúmense os modelosde xestión vixentes en Galicia, así como a poboación e os concellosadheridos a cada sistema.

O modelo de xestión de residuos urbanos implantado poloconcello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que formanparte oito concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo,Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros),caracterízase por contar co tratamento específico da fracción or-gánica recollida selectivamente. O destino do lixo é a planta detratamento de Nostián, na que se dispón de instalacións para a se-

lección e clasificación da fracción inorgánica para o seu posterioringreso nos circuítos de reciclaxe e instalacións para o tratamentodo compoñente orgánico, a súa transformación en abono (com-post) e a obtención de enerxía do proceso.

Actualmente o modelo de xestión da Mancomunidade de Con-cellos do Barbanza está integrado por nove concellos: Ames, Rois,Carnota, Porto do Son, Lousame, Brión, Pontecesures, Muros e

247

Economía, medio ambiente e recursos naturais

EntidadeModelo

de xestióncomplexo ambiental

concellos adheridos

poboación incorporada

Sociedade Galega de Medio Ambiente

Valorización enerxética e

recollida diferenciada de envases

SOGAMA 264 2.218.027

Concello da Coruña e Consorcio das Ma-riñas

Valorizaciónorgánica e recollida

indifereciada deenvases

NOSTIÁN 9 373.959

Mancomunidade deConcellos da Serrado Barbanza

Valorización orgánica e recollida

indifereciada de envases

LOUSAME 9 63.391

táboa 1. Modelos de xestión de RsU en galicia Fonte: http://sirga.medioambiente.xunta.es/resurbanos/modxestion.html

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 247

Page 248: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Noia. Este modelo baséase no sistema húmido-seco, onde cobraimportancia a recuperación do compoñente orgánico do lixo, pa-ralelamente á recollida da fracción inerte. Dispón de dúas liñas detratamento, unha para a segregación de materiais contidos na frac-ción resto e outra para o tratamento da fracción orgánica para aelaboración de abono (compost) a través dun sistema de túneles emaduración aerobia.

A pesar da existencia destes sistemas alternativos que intentanrecuperar a fracción orgánica –que representa aproximadamenteo 60% do lixo doméstico– vía técnicas de compostaxe, Galicia estáá cola das Comunidades do Estado (Gráfica 3). Malia esta situa-ción, o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (2011)sigue apostando pola incineración coa construción dunha novaplanta e a ampliación da de Cerceda (60% do orzamento en in-fraestruturas do Plan). O 12,5% do orzamento investirase en cons-truír plantas de compostaxe para cumprir coa Directiva Marco deResiduos, pero o Plan non dá prioridade á recollida selectiva deresiduos orgánicos, para a que fixa un obxectivo para a compostaxeentorno ao 25%, cando as plantas en marcha de Nostián e Bar-banza superan o 40%.

248

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

gráfica 3. Residuos urbanos destinados a compostaxe por ccaa Fonte: Informe «Sostenibilidad en España, 2010»,

Observatorio de la Sostenibilidad en España

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 248

Page 249: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

protección da natureza

Das catro rexións bioxeográficas da Península Ibérica (alpina, at-lántica e mediterránea), Galicia presenta unha situación atípica e es-pecialmente interesante en materia de diversidade biolóxica poisconta con ecosistemas de tipoloxía atlántica e mediterránea. As fi-guras de protección aplicables en Galicia son: «reserva natural»,«parque natural», «monumento natural», «zona húmeda protexida»,«paisaxe protexido», «zona de especial protección dos valores natu-rais», «espazo natural de interese local» e «espazo privado de interesenatural». Estas, ademais das figuras nacionais e internacionais vi-xentes, como son a de «parque nacional», LIC («lugar de interesecomunitario», agora ZEC, «zona de especial conservación»), «zonade especial protección para as aves» (ZEPA) ou zonas RAMSAR.

Especial mención merece a Rede Natura 2000, conxunto de es-pazos naturais europeos que representan hábitats de elevado valorecolóxico e representativas das diferentes rexións bioxeográficas.Esta rede foi creada pola Directiva 92/43/CEE do Consello. Oprincipal obxectivo desta directiva, reflectido no seu artigo se-gundo, é contribuír a garantir a diversidade biolóxica, o mante-mento e a mellora deses hábitats naturais de especial relevancia.Para isto, cada un dos estados membros da Unión Europea podecontribuír cunha proposta dos territorios ou zonas a incluír namesma. España é o estado membro con maior participación(26,5%) no total da RN2000, seguido por Suecia, Finlandia, Ale-maña, Italia e Francia. Ademais de ser o estado que máis contribúeen termos absolutos, tamén o é en termos relativos (exceptuandoo caso de Dinamarca), cun 23% do seu territorio nacional.

Porén, a proposta galega de espazos a protexer na Rede Natura2000 deixa patente a escasa ambición de futuro da nosa comuni-dade de cara a conservación, pois somos de lonxe a comunidadeautónoma coa proposta máis tímida de protección, menos do 12%do noso territorio proposto como LIC (Gráfica 4), fronte a unhamedia española do 23%, peor no caso das ZEPAs cun 3% do terri-torio (fronte unha media española do 20%). Isto agrávase por serespazos de pequena dimensión e non interconectados, o que difi-

249

Economía, medio ambiente e recursos naturais

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 249

Page 250: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

culta o obxectivo máis básico: a protección de hábitats e especiesrepresentativos.

Se o proxecto galego nace con espírito conservador, o plan Di-rector da Rede Natura 2000 confirma esta aproximación inicial.En xeral, regula novas actividades sen intervir en actividades pre-vias claramente incompatibles cos valores de conservación que oplan afirma defender (actividades mineiras, cultivos forestais conespecies non autóctonas, instalacións acuícolas, etcétera). Ademais,supedita unha gran cantidade de usos ás normas sectoriais vixen-tes, o que fai que o Plan Director se converta nunha mera forma-lidade sen achegar demasiado no aspecto regulamentar.

No caso de Galicia, algunhas das principais causas da degrada-ción e perda do noso patrimonio natural son, en primeiro lugar, oscambios no uso do solo cara a sistemas de uso e explotación inten-siva (silvícola, agrícola, gandeira) e a urbanización e ocupación dosolo por infraestruturas; en segundo lugar, os incendios forestais,que continúan a ser un importante factor de degradación e perdade solos e ecosistemas. Tamén a competencia de moitas especiesexóticas, a maior parte das veces introducidas polo ser humano.

250

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

gráfica 4. superficie terrestre da Rede Natura 2000 (2010, en % do territorio) Fonte: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.

Perfil Ambiental de España 2010

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 250

Page 251: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Respecto dos incendios forestais, na Gráfica 5 observamos queGalicia ocupa o primeiro posto en canto a número de sinistros nadécada 2001-2010. Tanto en superficie forestal queimada e no nú-mero de incendios por comunidades autónomas, ocupamos en2010 o terceiro posto. Pero o problema é moi grave por ser reco-rrente. Prada e outros (2006) salientan que entre os anos 1970 e2000 en Galicia arderon unhas 800.000 hectáreas (Galicia posúe600.000 hectáreas de monte arborado e 800.000 de monte desar-borado), o que supón, para dar unha idea visual, que se leva quei-mado moito máis que o monte desarborado agora mesmo exis-tente. É como se ardese máis de unha vez todo o monte baixo dopaís. Sendo un problema grave, éo menos para o monte arborado,onde o impacto está na metade da superficie ocupada polas masasarbóreas que hoxe ten o país. Esta incidencia repetida dos incen-dios, alimentada polo abandono do medio rural e agravada polaexpansión de monocultivos de especies pirófitas, ten como conse-cuencia un importante impacto paisaxístico (e turístico) a curtoprazo pero tamén, cun prazo máis longo e de moi difícil recupe-ración, un elevado risco de enxurradas e, por tanto, de erosión dacapa superficial do solo.

251

Economía, medio ambiente e recursos naturais

gráfica 5. distribución do número de sinistros por ccaa, 2001-2010 Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 251

Page 252: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

conclusións

Rematamos esta necesariamente incompleta fotografía da situa-ción galega en relación aos recursos naturais e ambientais, desta-cando que a información ambiental en Galicia, a pesar dos inten-tos de creación de organismos aglutinadores e facilitadores doacceso (como o Sistema de Información Medioambiental de Ga-licia, SIAM), permanece dispersa entre consellerías, organismosautónomos de diferentes administracións, institutos de investiga-ción, universidades… derivando nun tramado difícil de percorrer,que incumpre as recomendacións máis básicas do Convenio deAarhus,3 ratificado por España en 2004. Así, parece necesarioavanzar na centralización dos datos existentes en materia ambien-tal, actualmente dispersos, atomizados e de difícil localización. Estacentralización facilitaría tamén a homoxeneización dos métodosde recollida, tratamento e presentación da información, de cara arealizar análises comparativos coa situación e evolución estatal edo resto das comunidades autónomas. Ambas melloras permiti-rían avanzar cara ao obxectivo de proporcionar información veraze facilmente accesible aos cidadáns, ás empresas, aos investigadorese aos responsables públicos (autonómicos e locais).

Non abordamos, por falta de espazo, cuestións asociadas aosrecursos forestais, agricultura ou pesca, que merecerían por si mes-mas un capítulo aparte. Tanto nos recursos descritos coma nos quequedan fóra, a perspectiva da xestión económica eficiente dendeun punto de vista público, leva a contemplar os recursos naturaise ambientais como bens colectivos con múltiples usos e a priorizaraqueles usos compatibles entre si e respectuosos coa integridadedo patrimonio a longo prazo. As políticas que emanan dos princi-pios de eficiencia e sustentabilidade tenden a integrar obxectivos,produtivos e sociais. As políticas comunitarias xa abriron diversasvías nesta dirección, considerando por exemplo, as actividades re-alizadas no medio rural como potencialmente protectoras co

252

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

3 Convenio internacional sobre o acceso á información, a participación do público natoma de decisións e o acceso da xustiza en materia de medio ambiente.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 252

Page 253: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

medio natural, e incentivando actividades que xeren ese dobre be-neficio social. Tamén mediante o fomento de actividades, porexemplo, turismo rural, como fontes complementarias de rendasque axuden a fixar poboación e a evitar o abandono do interior, eo deterioro da nosa paisaxe. Mención especial merece o mediomariño, no que temos vantaxes comparativas, históricas e xeográ-ficas, e no que se desenvolven actividades de pesca-marisqueo,acuicultura, obtención de enerxía pero tamén de lecer e turismo,sen esquecer o acervo cultural e patrimonial. O mar e a costa, apouco que deamos prioridade a actividades sostibles, ofrece am-plas posibilidades produtivas e sustentables, primando técnicas deextracción tradicionais e respectuosas co recurso, que poden sercomercializadas con ecoetiquetas, o que permitirá competir en ca-lidade e superar un turismo de sol e praia para irmos cara a un tu-rismo que amose tanto a excelente gastronomía coma as fondasraíces culturais que o noso país ten en relación co mar e a pesca.

Remitimos a quen teña interese en outros aspectos, ou no afon-damento dos aquí descritos, a publicacións como Prada et al.(2001)4 que achega unha descrición da situación ambiental en Ga-licia nos inicios do século XXI; tamén Vázquez (2008)5 realizaunha descrición máis recente dalgúns problemas ambientais (ca-lidade das augas, montes e solo, residuos, contaminación atmos-férica, cambio climático, diversidade biolóxica) e das políticas desustentabilidade e das infraestruturas ambientais en Galicia (Váz-quez, 2009);6 Gago e Labandeira (2006),7 achegan unha descriciónda nova política ambiental en Galicia, ou o excelente libro de Díaz-

253

Economía, medio ambiente e recursos naturais

4 Prada, A., Varela, M. e Vázquez, M.X. (2001). «A situación ambiental de Galicia no ano2000: unha síntese», en Prada, A., e Vázquez, M.X., Economía Ambiental e Sociedade.Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

5 Capítulo 8 en Lago Peñas, S. e Álvarez Corbacho, X. (Coords.) (2008): Territorio, finan-ciamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II. Galaxia, Vigo.

6 Vázquez Rodríguez, M.X. (2009): La situación del medio ambiente y de las infraestruc-turas ambietnales en Galicia. Hércules de Edicións, Proxecto Hércules, Serie Economía.Convenio internacional sobre o acceso á información, a participación do público natoma de decisións e o acceso da xustiza en materia de medio ambiente.

7 Gago Rodríguez, A. e Labandeira Villot, X., (2006): «Impostos verdes e a nova políticaambiental», en Prada Blanco, A., e Álvarez Corbacho, X. (Coord.) (2006): Chaves daeconomía pública galega. Editorial Galaxia, Vigo.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 253

Page 254: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Fierros (2006),8 que explica como evolucionou a cuestión ambien-tal en Galicia entre os anos 1750 e 1972. Garza e Varela (2011)9

ofrecen unha excelente aproximación aos recursos naturais vin-culados coas formas de propiedade. Finalmente, existen varias pu-blicacións, resultado da coordinación de traballos pluridisciplina-res, que poden axudar a afondar en aspectos específicos daproblemática ambiental galega, así entre outros, cabe citar Pradae Vázquez (2001),10 Casares (2003)11 e Simón (2007).12

254

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

8 Díaz-Fierros Viqueira, F. (2006): A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha novacultura 1750-1972. Editorial Galaxia, Vigo.

9 Garza, M.D. e Varela M. (2011): Recursos naturais e formas de propiedade. Unha apro-ximación económica. Grial 189.

10 Prada, A. e Vázquez, M.X.: Economía Ambiental e Sociedade. Consello da Cultura Ga-lega, Santiago de Compostela.

11 Casares Long, J.J. (Coord.) (2003): Reflexións sobre o medio ambiente en Galicia. Con-sellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia.

12 Simón Gómez, M. (Coord.) (2007): Voz Natura. 10 años de compromiso ambiental. Fun-dación Santiago Rey Fernández-Latorre, A Coruña.Capítulo 8 en Lago Peñas, S. e Ál-varez Corbacho, X. (Coords.) (2008): Territorio, financiamento e control de gasto. Chavesda economía pública galega II. Galaxia, Vigo.

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 254

Page 255: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

sobre os/as autores/as

antonio garcía allut é PHD en Antropoloxía Social e profesor da Uni-versidade da Coruña desde 1992. O seu campo de investigación centrousenas pesqueiras de pequena escala desde un enfoque sistémico e bottom-up. Foi Fellow Research no Memorial of Newfoundland (Canadá) duranteo ano 2000 para estudar o impacto do colapso das pesqueiras de bacallaunas comunidades de pescadores artesanais. A partir de 2001 desenvolveunha serie de proxectos aplicados destinados a promover a sustentabili-dade das pesqueiras artesanais en Galicia desde a Fundación Lonxanetpara a Pesca Sustentable (www.fundacionlonxanet.org) que creou no ano2002 nas áreas de comercialización directa, turismo mariñeiro, creaciónde reservas mariñas de interese pesqueiro, posta en valor do patrimoniocultural marítimo e outras iniciativas de sensibilización en apoio da dig-nificación e empoderamento da profesión de pescador, co obxectivo deque este poida converterse en albacea e custodio dos recursos mariños eos seus ecosistemas. En 2004 creou a Rede de Comunidades Pesqueiraspolo desenvolvemento Sustentable (RECOPADES: www.recopades.org),composta por organizacións de pescadores artesanais que deron respostaseficientes a diferentes problemáticas de carácter ambiental, económico esocial. En 2006 foi elixido Fellow de Ashoka (www.ashoka.org) en España.

Emilio M. Martínez Rivas (Ribeira, 1965). Licenciado en Ciencias Eco-nómicas pola USC, universidade na que tamén cursou estudos de espe-cialización en xestión da innovación. A súa traxectoría profesional desen-vólvese nos campos da xestión de proxectos de I+D, a xestión de recursoshumanos, a promoción económica e o desenvolvemento rural. Foi direc-tor-xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.Entre 1998 e 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONGDs. Naactualidade é membro do Consello Galego de Cooperación para o De-senvolvemento en calidade de experto independente e membro do Con-sello Asesor do Instituto Galego de Documentación e Análise Internacio-

255

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 255

Page 256: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

nal (IGADI). É autor de diversos artigos e capítulos de libros sobre coo-peración para o desenvolvemento e as ONGs para o desenvolvemento enGalicia. Na actualidade colabora con medios de comunicación en liñacomo Galicia Confidencial e Praza Pública.

Fernanda couñago otero (Redondela 1972) é licenciada en Ciencias daInformación e Máster de Acción Internacional Humanitaria. Na actuali-dade é a directora da Asociación Galega Amarante Setem e leva a coordi-nación en Galicia da Rede Internacional Roupa Limpa. Activa en distintosmovementos sociais, formou parte da creación dalgúns como o Foro So-cial Galego, a Rede Anticapitalista, Plataforma pola Auditoria Cidadá daDébeda-Galiza ou o nacemento da cooperativa de consumo conscienteZocamiñoca. Desenvolveu tamén varias liñas de traballo centradas noeido do consumo responsable. Así, desde Amarante, impulsouse a CompraPública Responsable en Galicia, na que, entre outras actividades, realiza-ron varios cursos de formación para técnicos e persoal da Administracióngalega, tanto municipal e autonómica, coma da universitaria, para aplicarcriterios de consumo responsable nas distintas institucións públicas.

Manuel dios diz é mestre, profesor de ensino medio xubilado, presidentee fundador do Seminario Galego de Educación para a Paz e especialistaen Historia Contemporánea.

María durán (Pontevedra, 1982). Educadora ambiental e activista do mo-vemento ecoloxista desde 2002. Responsable da área de recursos naturaise residuos da organización ecoloxista Amigos da Terra. Implicada en pro-gramas de compostaxe doméstica, de redución de residuos e en campañasde presión política para un modelo de xestión galego ecolóxica, econó-mica e socialmente viable. Fai parte da rede Retorna, da Rede Estatal polaCompostaxe e da plataforma internacional para a redución de residuosZero Waste.

María xosé Vázquez Rodríguez é profesora titular do Departamento deEconomía Aplicada e membro do grupo de investigación Erenea (Eco-nomía dos Recursos Naturais e Ambientais). A súa área de investigaciónenmárcase dentro do ámbito da Economía Ambiental, en concreto navaloración económica de bens e servizos sen mercado, sobre a que tenrealizado proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional

256

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 256

Page 257: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

e publicado en diversas revistas científicas e obras colectivas. Actual-mente desenvolve o seu labor docente e investigadora na Facultade deCiencias Empresariais e Turismo de Ourense.

Hábitat social é unha cooperativa galega integrada por un grupo hetero-xéneo de profesionais, esencialmente dos eidos da arquitectura, o urba-nismo e as ciencias sociais, que trata de investigar e intervir na complexarealidade que habitamos. En Habitat Social apóstase por conxugar o com-promiso persoal co profesional para procurar, dende a autoxestión e a au-tonomía laboral, unha sociedade máis xusta baseada no desenvolvementocomunitario equilibrado. Céntrase na construción social do hábitat co ob-xecto de mellorar as relacións entre as persoas e destas co medio, naturalou construído. Facémolo traballando coa materia física e coas dinámicashumanas, participando activamente nos procesos, coordinando as axentesimplicadas e potenciando o protagonismo das persoas.

isabel Vilalba é labrega. Rexenta unha explotación de vacún de leite emais de produción de fabas en Lourenzá. Desde 2012 é secretaria xeraldo Sindicato Labrego Galego, organización na que anteriormente foi res-ponsable da Secretaría das Mulleres. Tamén forma parte da directiva daCoordinadora Europea da Vía Campesiña.

pablo Ángel Meira cartea é profesor de Educación Ambiental (EA) naUSC. Membro do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educa-ción Ambiental (SEPA). O seu traballo céntrase nas bases teóricas e ideo-lóxicas da EA, as políticas públicas de EA e na educomunicación do cam-bio climático. Premio María Barbeito de Investigación Pedagóxica (2009).Expresidente e cofundador da Sociedade Galega de Educación Ambien-tal. Foi coordinador e coautor do Proxecto Fénix de diagnóstico do estadoda EA en Galicia (2010). Actualmente dirixe o Proxecto Resclima(www.resclima.info). É autor dun cento de monografías e artigos, entreas que destacan Educação ambiental e desenvolvimento humano (2004),In Praise of environmental education (2005), Comunicar el cambio climá-tico (2009), La sociedad ante el cambio climático. Conocimientos, valora-ciones y comportamientos en la población española (2009, 2011, 2013).

pepa Vázquez Martínez é traballadora social pola Escola Universitaria deTraballo Social de Santiago de Compostela (1992). Graduada en Traballo

257

Sobre os/as autores/as

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 257

Page 258: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Social pola Universidade Internacional da Rioja en 2013. A súa misiónprofesional é apoiar cambios para mellorar a nivel persoal, profesional esocial, facilitando a resolución de dificultades individuais, familiares oucomunitarias. A mellora persoal forma parte da súa filosofía de vida. Re-cibiu terapia de distintas tendencias e realizou traballos corporais de taichí,ioga, EMG e corpo consciencia. Ten ampla formación en diferentes sec-tores dos servizos sociais, política social, facilitación, incluída a psicote-rapia Gestalt. Con dezasete anos de experiencia laboral, tanto nas Admi-nistracións públicas coma en asociacións de diversos sectores, desde omundo da cooperación para o desenvolvemento até a orientación sociale laboral. Ten publicados diferentes artigos sobre estas temáticas. Actual-mente promove a empresa de inserción da Asociación Boa Vida en cola-boración con Traperos de Emaús (Navarra).

xosé Veiras (Santiago, 1970). Licenciado en Bioloxía. Militante ecoloxistadesde finais da década dos 80, ten centrado boa parte do seu labor naloita contra o cambio climático e por un modelo enerxético sustentábele xusto. Desde 2008 elabora informes anuais para divulgar a evolucióndas emisións de gases de invernadoiro en Galicia. Foi coordenador daFederación Ecoloxista Galega entre 1996 e 2001. Escribe no blog sobreecoloxismo social «Un claro no bosque» de Praza Pública (unclaronobos-que.prazapublica.com).

xoán doldán garcía é profesor titular de Economía Aplicada da USC,membro do grupo de investigación de Economía Ecolóxica e dos Recur-sos Naturais. Na actualidade é, ademais, presidente da Asociación de Eco-nomía Ecológica en España e da Asociación Véspera de Nada, Por unhaGaliza sen Petróleo.

xan duro é militante ecoloxista e ciclousuario convencido. Foi presidentede ADEGA e coordenador xeral de Verdegaia.

xosé santos otero (A Limia, 1963) naceu a carón da Lagoa de Antela enplena desfeita dun dos ecosistemas lacustres de máis valor de Europa.Coñeceu e gozou dun rural aínda vivo onde se mantiñan as tradicións, acultura, a etnografía, o aproveitamento da terra… de maneira sustentable.Sen sabelo, eran conservacionistas e vivían integrados no medio. Traballadesde hai trinta anos nos servizos forestais da Xunta de Galicia. Inte-

258

Ecoloxía política. Olladas desde Galicia

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 258

Page 259: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

grante e activista en distintas organizacións e movementos ambientalistasconsidera que «un mundo mellor é posible» e dirixe as súas nquedanzas,esforzos e traballo a conquerir este obxectivo.

259

Sobre os/as autores/as

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 259

Page 260: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 260

Page 261: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

Índice

limiar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5galiza: calamidade e oportunidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9Ramón Fernández, Carolina Jack, Jose Manuel Sánchez e Xiao Varelaa necesidade dun novo modelo enerxético para galiza . . . . . . . . . 23Xoán R. Doldán Garcíasoberanía alimentaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43Isabel Vilalbagalicia perante o cambio climático . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 61Xosé Veirastransporte e mobilidade: sen relocalización non hai solución . . . 75Xan DuroFacer política desde a bolsa do lixo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 87cando ti cambias, todo cambiaMaría Durán BelosoBases para unha actividade pesqueira sustentable . . . . . . . . . . . . . . 105Antonio García AllutMontes, fragas, lumes… outra política forestal é posible . . . . . . . . 123Xosé Santos Oteroa administración pública como un consumidor responsable . . . . 143Fernanda Couñago Oterodez reflexións sobre a educación ambiental en galicia: . . . . . . . . . 157ollando máis alá da crisePablo Ángel Meira Carteacultura, cultura de paz, sostible e xusta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 177Manuel Dios Dizacción social e loita contra a pobreza en galicia . . . . . . . . . . . . . . . 199Pepa Vázqueztrinta anos de solidariedade galega. ollando o pasado e o futuro . . 219Emilio Manuel Martínez RivasEconomía, medio ambiente e recursos naturais . . . . . . . . . . . . . . . . 237María Xosé Vázquez Rodríguezsobre os/as autores/as . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 255

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 261

Page 262: OLLADAS DESDE GALICIA - Foro OBenComúnobencomun.gal/wp-content/uploads/2016/03/EcoloxiaPolitic... · 2016. 3. 20. · Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise

EcoloxiaPolitica_OlladasDesdeGalicia.qxp_Ecosocialismo. Olladas 12/02/15 10:45 Página 262