2
XUNTA DE GALICIA I. E. S. Aquis Celenis 36650 Caldas de Reis 986 54 03 58 - Fax 986 5410 17 O Claustro do IES Aquis Celenis, en reunión celebrada o día 16 de setembro de 2011 quere mostrar a súa oposición e malestar polo desprezo que se percibe desde a Administración de cara á comunidade educativa deste centro e tamén ó equipo directivo, encargado de solicitar as prazas do profesorado e as materias que lles corresponde impartir atendendo ás necesidades do centro. O feito é que neste curso se solicitaron, entre outros, un profesor/a de Lingua Española e outro/a de Ciencias Sociais, pero a Administración, facendo caso omiso á solicitude adxudicou para a praza de Lingua Española un profesor de Filosofía, e para a de Ciencias Sociais unha profesora de Lingua Galega. A situación repítese, xa que o curso pasado sucedeu o mesmo, ó asignar un profesor de Debuxo para unha praza de Bioloxía e Xeoloxía. Aínda con esta situación irregular, o centro reelaborou os horarios en tempo para comezar o curso, pero o claustro de profesores/as considera que é inaceptable empezar o curso nestas condicións. Tendo en conta que esta situación prexudica gravemente o alumnado, e como consecuencia a calidade do ensino público, e na esperanza de que haxa unha solución inmediata por parte da

O IES Aquis Celenis non comeza con normalidade o curso

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Acordo de claustro

Citation preview

Page 1: O IES Aquis Celenis non comeza con normalidade o curso

XUNTA DE GALICIAI. E. S. Aquis Celenis36650 Caldas de Reis

986 54 03 58 - Fax 986  5410 [email protected]

.es

O Claustro do IES Aquis Celenis, en reunión celebrada o día 16 de setembro de 2011 quere

mostrar a súa oposición e malestar polo desprezo que se percibe desde a Administración de cara á

comunidade educativa deste centro e tamén ó equipo directivo, encargado de solicitar as prazas do

profesorado e as materias que lles corresponde impartir atendendo ás necesidades do centro.

O feito é que neste curso se solicitaron, entre outros, un profesor/a de Lingua Española e outro/a

de Ciencias Sociais, pero a Administración, facendo caso omiso á solicitude adxudicou para a praza de

Lingua Española un profesor de Filosofía, e para a de Ciencias Sociais unha profesora de Lingua Galega.

A situación repítese, xa que o curso pasado sucedeu o mesmo, ó asignar un profesor de Debuxo para unha

praza de Bioloxía e Xeoloxía.

Aínda con esta situación irregular, o centro reelaborou os horarios en tempo para comezar o

curso, pero o claustro de profesores/as considera que é inaceptable empezar o curso nestas condicións.

Tendo en conta que esta situación prexudica gravemente o alumnado, e como consecuencia a calidade do

ensino público, e na esperanza de que haxa unha solución inmediata por parte da Administración

educativa, decidiuse informar hoxe ó alumnado presente e ás familias desta situación, e pospoñer o acto

de presentación de alumnos/as para o vindeiro luns.