22
O Decreto Eólico e o PP

O Decreto Eólico e o PP

  • Upload
    kaemon

  • View
    36

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O Decreto Eólico e o PP. Na Galiza temos o noso “ petroleo particular”: a enerxía que producimos co vento e coa auga. Galiza produce quilovátios pero os beneficios van para outras partes do estado en vez de repercutir en beneficio do Pobo Galego. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: O Decreto Eólico e o PP

O Decreto Eólico e o PP

Page 2: O Decreto Eólico e o PP

Na Galiza temos o noso “petroleo particular”: a enerxía que producimos co vento e coa auga.

Galiza produce quilovátios pero os beneficios van para outras partes do estado en vez de repercutir en beneficio

do Pobo Galego.

Page 3: O Decreto Eólico e o PP

Galiza, exporta case o 40% da enerxía que produce. Isto debería servir para crear riqueza no noso país, pois aquí é onde as empresas producen, aquí é onde están instaladas,

aquí é onde alteran as nosas paisaxes e onde contaminan o aire que respiramos.

Page 4: O Decreto Eólico e o PP

E por que isto non é así?

Page 5: O Decreto Eólico e o PP

Durante o mandato de Fraga na Xunta de Galiza, o PP aprobou o R.D.205/1995 que regulaba o aproveitamento da enerxía eólica, pero nel non se contemplaba ningún tipo de concurso. Eran as propias empresas as que solicitaban a explotación dos parques eólicos:

O Goberno do PP na Xunta aprobábaas ou rexeitábaas ao seu gusto.

ESTABA PERMITIDA A INSTALACIÓN NA REDE NATURA.

Page 6: O Decreto Eólico e o PP

Un novo decreto:

R.D. 302/2001 -Para a concesión das explotacións non existía ningún tipo de baremo a aplicar, e tamén aquí o PP no goberno da Xunta resolvía ao seu antollo.

-Os promotores podían proceder á transmisión da titularidade dos parques aínda sen teren realizado ningún tipo de investimento ou construción.

Page 7: O Decreto Eólico e o PP

-Neste Decreto declarábase, literalmente, a compatibilidade de instalación de parques eólicos na Rede Natura.

Page 8: O Decreto Eólico e o PP

Na aplicación destes dous Decretos o PP concede autorización administrativa a 4.200 Mw que son explotados por empresas que, nun 95%, pagan os seus impostos fóra da

Galiza.

Page 9: O Decreto Eólico e o PP

O BNG accede ao goberno da Xunta en 2005 e a Consellaría nacionalista de

Industria, dirixida por Fernando Blanco, promove un novo decreto para

que o vento sexa galego: O DECRETO 242/2007.

Un proxecto verdadeiramente transformador para Galiza que buscaba un revulsivo económico e social para

o noso País.

Page 10: O Decreto Eólico e o PP

Por fin se elaboraba un proceso público en concorrencia e

transparente, aberto sen exclusións a todos os sectores produtivos galegos para loitar contra os

monopolios que só buscan o seu propio beneficio (Iberdrola,

Fenosa…)

Page 11: O Decreto Eólico e o PP

Realízase un concurso público para adxudicar 2.325Mw e

os criterios de valoración son publicados no DOG.

Entre eles, avalíanse factores importantísimos para crear riqueza na Galiza:

-os investimentos en empresas e tecnoloxías

-os postos de traballo creados.

-a participación pública e os acordos

coa propiedade dos terreos afectados.

Page 12: O Decreto Eólico e o PP

E por vez primeira, prohíbese a implantación de novos parques na Rede Natura para protexer os espazos

naturais galegos.

Page 13: O Decreto Eólico e o PP

Era a oportunidade de pór os recursos enerxéticos do País ao noso favor, que a auga, a biomasa, etc…deixasen a súa pegada

no desenvolvemento enerxético de Galiza.

Page 14: O Decreto Eólico e o PP

Unha aposta por Galiza e pola nosa xente. Unha aposta pola economía e as empresas do País, fronte ao entreguismo ás

empresas foráneas e ás grandes operadoras enerxéticas.

Entre os promotores admitidos a trámite figuraban:

-As Caixas de Aforro Galegas.

-Empresas do sector conserveiro galego.

-Empresas do sector enerxético galego, da

construción, da madeira, da distribución de

alimentación, cooperativas do leite, etc…

Page 15: O Decreto Eólico e o PP

-O Goberno Galego xestionaría o 14,22 % do capital dos

novos parques.

-Os propietarios dos montes contarían cunha porcentaxe de

participación entre o 1% e o 3% sobre a facturación anual.

Todo un conxunto de diversas industrias ligadas a sectores produtivos galegos e con sede social no noso país.

Page 16: O Decreto Eólico e o PP

Este proceso tamén suporía:

-A realización de investimentos en proxectos

de desenvolvemento por 1.300 millóns de €.

-Dar emprego durante un ano a 3.000 persoas

e a creación de 400 postos de traballo fixos.

Este novo proxecto

crearía un total de 8.300 postos

de traballo na nosa terra.

Page 17: O Decreto Eólico e o PP

Pero chega o PP ao Goberno da Xunta e

decide que os beneficios que producen os

quilovátios galegos deben ir para Madrid.

Page 18: O Decreto Eólico e o PP

A paralización deste concurso supón un regreso

ao anterior modelo oligárquico do PP e neste momento

de crise frea un investimento de 2.325 millóns de €

(entre 2009-2012).

(O Presidente de Iberdrola abraza a Feijoo no día da súa investidura como presidente da Xunta)

Page 19: O Decreto Eólico e o PP

O PSOE, en plena campaña electoral, actuou seguíndolle o xogo ao PP contra o Decreto Eólico

sen ter en conta os intereses de Galiza, a

pesar que o Decreto xa fora aprobado polo propio

Consello da Xunta.

Page 20: O Decreto Eólico e o PP

tamén xogou o seu papel, e usou o

poder medático contra ás Consellarías do BNG durante a precampaña, especialmente contra o

Decreto Eólico para reconducir o voto cara os

seus propios intereses económicos.

Page 21: O Decreto Eólico e o PP

Pero agora descóbrense cales eran os verdadeiros

intereses de “La Voz”.

O Vicepresidente deste xornal é un

dos socios beneficiados pola paralización do

Decreto.

Page 22: O Decreto Eólico e o PP

Galiza precisa da emancipación social e política do pobo galego para podermos deseñar as políticas que precisamos.

Ningunha delegación española coa sede central en Madrid, chámese Génova ou Ferraz, vai defender os nosos intereses. Quen mellor que nós para gobernarmos a nosa propia terra?

Deberemos ser nós mesmos quen collamos o timón deste barco chamado Galiza, e marquemos o rumbo que á nosa

nación lle interesa.

O pensamento do amigo Castelao segue

vixente:

“SÓ GALIZA PODE SALVAR GALIZA”