30
1 O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE E O ESTABLECEMENTO DOS REINOS XERMÁNICOS A FIN DO IMPERIO ROMANO Imperio Romano: A crise do século III Foi esta unha crise que xa se viña xestando no século anterior, cando comezaban a fallar os dous fundamentos que sostiñan o edificio institucional: a prosperidade económica e a paz. Nese momento comeza a producirse un encarecemento dos prezos dos produtos, que levou á sociedade romana a verse nunha situación de inflación e, por outra banda, a necesidade dos emperadores en particular Marco Aurelio- de acudir frecuentemente a protexer as fronteiras do Danubio ante a presión dos pobos xermánicos. A suba dos prezos puido ser debida ao feito de que o mundo romano estaba baseado nunha prosperidade aparente xa que producía pouco, dada a súa tecnoloxía produtiva, e consumía moito tanto a nivel privado coma público. Este nivel de gasto estivera sostido durante os séculos I e II polas conquistas, que proporcionaron ao Estado romano abundantes recursos en forma de botíns e de escravos; pero, detida a conquista xa na época de Adriano, ao Estado comezou a facérselle difícil manter os seus abundantes servizos sen aumentar os impostos. Esta situación veuse agravada por dous feitos políticos: a. A presión, ao longo do século III, nas fronteiras do Rin e do Danubio, polos pobos xermánicos que pasaban ao Imperio saqueando e destruíndo

O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

  • Upload
    others

  • View
    8

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

1

O COMEZO DA IDADE MEDIA

I

A FIN DO IMPERIO ROMANO DE

OCCIDENTE E O ESTABLECEMENTO DOS

REINOS XERMÁNICOS

A FIN DO IMPERIO ROMANO

Imperio Romano: A crise do século III

Foi esta unha crise que xa se viña xestando no século anterior, cando

comezaban a fallar os dous fundamentos que sostiñan o edificio institucional: a

prosperidade económica e a paz. Nese momento comeza a producirse un

encarecemento dos prezos dos produtos, que levou á sociedade romana a verse

nunha situación de inflación e, por outra banda, a necesidade dos emperadores

–en particular Marco Aurelio- de acudir frecuentemente a protexer as fronteiras

do Danubio ante a presión dos pobos xermánicos.

A suba dos prezos puido ser debida ao feito de que o mundo romano estaba

baseado nunha prosperidade aparente xa que producía pouco, dada a súa

tecnoloxía produtiva, e consumía moito tanto a nivel privado coma público. Este

nivel de gasto estivera sostido durante os séculos I e II polas conquistas, que

proporcionaron ao Estado romano abundantes recursos en forma de botíns e de

escravos; pero, detida a conquista xa na época de Adriano, ao Estado comezou

a facérselle difícil manter os seus abundantes servizos sen aumentar os

impostos.

Esta situación veuse agravada por dous feitos políticos:

a. A presión, ao longo do século III, nas fronteiras do Rin e do Danubio, polos

pobos xermánicos que pasaban ao Imperio saqueando e destruíndo

Page 2: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

2

cidades1, que fixeron que o antigo exército, formado por 300.000 homes,

resultara insuficiente para a defensa do Imperio.

b. Estas dificultades políticas e militares fixeron estoupar o sistema de

elección dos emperadores: cada exército imperial críase co dereito de

impor ao seu xefe como emperador e adoitaban enfrontarse entre si para

obter o título imperial2. Foi esta unha situación que repercutiu

negativamente na vida das cidades que foron obxecto de frecuentes

saqueos e destrucións, non so pola parte dos inimigos exteriores, senón

tamén por obra dos diversos exércitos romanos en loita. Con iso a

inseguridade creceu e as rutas comerciais de longa distancia adoitaban

verse interrompidas.

Os gobernantes, para poder pagar os crecentes gastos militares, comezaron a

emitir moeda de baixo valor, o que provocou unha aceleración do proceso

inflacionario.

Tentativas de rescate do Imperio: século IV

A situación de caos económico e político da segunda metade do século III

produciu serios trastornos no Imperio.

a. No aspecto político e militar o Imperio dos séculos III-IV (coñecido como

Baixo Imperio) é un estado á defensiva: as cidades rodeáronse de

murallas e creouse un exército máis numeroso3. Para poder manter esta

maquina defensiva o emperador tivo que asumir poderes absolutos

(adoptou o título de dominus e quitou todo o poder ao Senado) e rodeouse

dunha burocracia moi dura encargada de recadar os tributos necesarios

para pagar o sistema defensivo a toda costa. Foi esta a labor dos

emperadores chamados ilirios, especialmente de Diocleciano (284-305).

b. Por outra parte a economía urbana xa non se recuperou dos golpes que

recibira no século III. As xentes ricas deixaron de confiar no comercio e

na industria e comezaron a apoiarse nas súas propiedades rurais como

1 Entre os anos 264 e 268, os ataques de francos e alamáns, atravesaron a Galia e chegaron ata terras de Hispania. 2 Durante os anos 235 e 285 existe dentro das fronteiras do Imperio unha situación case permanente de guerra civil. 3 O aparato militar chegou a doblar o seu número acadando os 600.000 homes.

Page 3: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

3

única fonte de riqueza. Desta maneira ruralizouse a economía, e parte da

poboación urbana trasladouse ao campo transformándose en grandes

propietarios (os ricos) ou en cultivadores da terra dos ricos (os pobres).

Esta nova economía, principalmente agraria, era aínda menos produtiva que a

anterior economía urbana e tivo que soportar unha presión fiscal que ás veces

chegaba a quitar un terzo das rendas aos contribuíntes. Diante desta situación

de acoso económico por parte do Estado romano, os grandes propietarios

comezaron un proceso de evasión fiscal amparándose na súa riqueza e o seu

poder que lles permitiu resistir á burocracia recadadora de impostos. Pola contra,

os pequenos propietarios non podían escapar con tanta facilidade deste pago de

impostos e, moitas veces, acababan por perder as súas terras que tiñan que

vender aos grandes propietarios. Consumada así a ruína dos pequenos

propietarios, estes remataron por converterse en cultivadores dos grandes

latifundistas que exercían sobre eles un verdadeiro dominio.

A nivel político destaca a reunificación do Imperio baixo Constantino (306-337)

que reorganizou toda a administración, recoñeceu o cristianismo –edicto de

Milán, 313- e trasladou a capitalidade a Constantinopla (maio 330). Isto fixo que

o Imperio collese novos pulos, pero sobreviviron poucos anos a Constantino.

E así, ao longo do século IV a situación do Imperio fíxose cada vez máis

angustiosa e, no ano 395, o emperador Teodosio dividiu o Imperio en dúas

partes, dando cada unha delas aos seus fillos: para Arcadio, a parte oriental,

para Honorio, a Occidental.

A desaparición do Imperio de Occidente: o século V

Durante o século V ese dobre proceso –empobrecemento do Estado e

ruralización da economía- fíxose especialmente grave na parte occidental do

Imperio, que rematou por desaparecer no ano 476 cando un xefe militar

xermánico, Odoacro, depuxo ao último emperador de Occidente, chamado

Rómulo Augústulo.

Con isto chegara á súa fin o proceso iniciado xa no século anterior e que adquiriu

carácter masivo no século V: a apropiación do poder militar e político no Imperio

polos pobos xermánicos infiltrados dentro del.

Page 4: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

4

Estes pobos, a pesares dos seus ataques ao longo do século III, foron sempre

rexeitados ou asimilados como colonos sometidos totalmente ao Imperio. Pero

no 376 o emperador de Oriente, Valente, permitiu que dous grandes pobos

xermánicos –visigodos e ostrogodos- se instalaran ao sur do Danubio, na

Península Balcánica, non como pobo sometido senón como pobo aliado co que

se pactaba que a cambio da entrega de terras e recursos defendería as fronteiras

do Danubio de posibles futuros atacantes.

Este proceso de penetración, pacto e asentamento repetiuse a partir do 406 e,

durante todo o século V, varios pobos xermánicos foron ocupando o territorio do

Imperio de Occidente, con pacto ou sen el. A eles uníronse os visigodos e os

ostrogodos aos que o imperio de Oriente empurrou cara Italia. Así, a finais do

século V, varios pobos xermánicos, cos

seus exércitos, as súas leis e o seu poder

campaban ás súas anchas dentro do

Imperio de Occidente que firmara con eles

pactos que legalizaban tal ocupación. De

esta maneira, o xesto de Odoacro, ao

depoñer ó último emperador, foi só o

recoñecemento dun feito consumado: o

poder militar e político do emperador no

Imperio de Occidente pasara a mans dos

xefes dos pobos xermánicos asentados nos

seus territorios.

Ilustración 1 Destronamento de Rómulo Augustulo

Page 5: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

5

O ESTABLECEMENTO DOS POBOS

XERMÁNICOS

Introdución

Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias

forzas, desintegrouse diante das emigracións dos pobos xermánicos (bárbaros).

Durante todo o século V o Imperio amosouse incapaz de adaptar aos pobos

invasores e rematou por perder a súa estrutura política.

Pero as súas formas económicas, sociais e culturais non desapareceron tan

axiña, xa que os pobos xermánicos as imitaron xa fora voluntaria ou

involuntariamente, dentro das súas limitadas posibilidades. A pervivencia da

civilización romana, cada vez máis degradada, mantívose ata moi tarde. E cando

comece a xurdir con personalidade propia o que chamamos civilización europea,

a lembranza, as influencias do desaparecido mundo romano atoparémolas na

súa economía, nas súas formas sociais, na cultura (linguas romances) e no seu

mesmo arte.

Os pobos xermánicos e as migracións dos séculos III-V

Unha cuestión relativa ao tema era quen eran eses pobos xermánicos. Os

romanos chamábanos bárbaros, co significado de estranxeiro, porque así eran

chamadas todas as persoas que vivían fóra das fronteiras do Imperio. Estes

vivían ao outro lado do Rin e do Danubio. Eran gandeiros e practicaban unha

agricultura de cereais moi primitiva.

Emigraban con facilidade cando os

obrigaban as frecuentes loitas que

mantiñan entre eles. Vivían en

pequenos poboados, nos claros,

rodeados de bosques.

Non chegaron a formar un Estado

politicamente organizado. Decidían

os seus problemas de forma democrática en asembleas xerais, e só escollían a

un xefe, que podía chegar a ser rei, se acadaba a fama, nos caos de guerra. A

Page 6: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

6

súa única lei era o costume (lei consuetudinaria). Só as tribos que vivían xunto

ao limes do Imperio romano coñecían a moeda e tiñan algunha influencia da

cultura romana. Así, os visigodos foron evanxelizados por sacerdotes cristiáns

da herexía arriana cando vivían na Dacia, ao outro lado do Danubio.

A maioría destes pobos xermánicos tiñan unha cultura moi pobre e eran

politeístas. Os seus deuses eran forzas da natureza; os seus santuarios

atopábanse no fondo das fragas. O seu paraíso, o Walhalla, era o dominio do

deus Wotan, onde ían os guerreiros que morrían en combate.

Os novos reinos xermánicos e os seus problemas

Unha vez rebasado o limes, estes pobos xermánicos espalláronse polo Imperio

Romano de Occidente e paseniñamente foron asentándose e dominando amplas

zonas. A finais do século V os grupos máis importantes eran:

Os visigodos, que ocupaban Hispania e o sur da Galia.

Os ostrogodos, que daquela invadiran Italia e

Os francos, que comezaban a súa expansión polo norte e centro da Galia.

Outros grupos menores

eran os vándalos, no

norte de África, os

anglos e os saxóns, que

se instalaron en Britania,

os burgundios, que o

fixeron no val do río

Ródano ou os suevos,

que se asentaron no

noroeste de Hispania.

O primeiro problema que

se viron obrigados a

resolver estes pobos xermánicos foi o de establecer unha organización política.

Antes da emigración, as súas estruturas políticas, moi sinxelas, bastábanlles.

Pero agora ocupaban zonas máis amplas e dominaban permanentemente aos

habitantes do desaparecido Imperio Romano; precisaban de algunha forma de

Page 7: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

7

goberno estable e estruturada. Remataron por organizarse en monarquías, que

na súa orixe foron electivas, é dicir, cando un rei morría, a asemblea ou os

notables elixían ao seu sucesor que non tiña por que ser necesariamente o seu

fillo, nin sequera da mesma familia. Era un recordo da antiga democracia das

asembleas de guerreiros que escollían aos seus xefes nos momentos difíciles.

Pero máis tarde, esas monarquías fixéronse hereditarias: cando morría un rei

deixaba o reino aos seu fillo ou fillos. Si eran varios podía repartirlles o reino que

consideraba como unha propiedade particular.

Estes xefes xermánicos víronse na necesidade

de organizar os seus reinos. O único modelo

que tiñan para imitar era o do Imperio Romano

que acababan de desmantelar. Á súa imitación

crearon códigos de leis e rodeáronse dun

pequeno corpo de funcionarios e conselleiros

que, como o ostrogodo Teodorico o Grande,

tiveron que buscar entre os súbditos romanos

máis cultos e expertos en organización. A súa

principal forza, sen embargo, estaba no

exército, formado case en exclusiva por

súbditos xermanos.

Por outra parte se lles presentaron graves problemas de convivencia ou de

adaptación cos habitantes do Imperio Romano. Estaban afastados polo idioma,

a relixión, as leis e a cultura en xeral. E como, en proporción, eran poucos, o

dilema que se lles presentou foi o de ou fusionarse cos pobos dominados

(romanistas) ou manterse aparte e formar un so pobo como minoría dominante

(nacionalistas). As dúas solucións resultaron difíciles. Ostrogodos e vándalos,

que mantiveron un espírito nacionalista, que os fixo moi impopulares entre os

habitantes romanos, remataron por ser vencidos polos bizantinos en tempos do

emperador Xustiniano (século VI). Os visigodos que, logo dun período de

afastamento, remataron por aceptar a vía romanista, acabarían sendo vencidos

polos musulmáns (século VIII) e tampouco sobreviviron á derrota.

Ilustración 2 Leis de Teodorico, ano 512

Page 8: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

8

O proceso de ruralización de Europa

Como sinalamos no apartado dedicado á crise do Imperio Romano, as

emigracións xermanas precipitaran a decadencia económica e a ruralización da

Europa occidental. O Mediterráneo mantívose como vía de comunicación co

Imperio Romano de Oriente (Bizancio), que monopolizaba a industria e o

comercio. Pero os reinos xermánicos de

Occidente dificilmente podían reactivar este

intercambio. Os metais preciosos (ouro e

prata) eran cada vez máis escasos. A

agricultura e a gandería remataron por

converterse nos modos de actividade básicos

da economía e da terra na única fonte de

riqueza. A xente abandonaba as decadentes

cidades romanas na procura de sustento no

campo e as relacións comerciais diminuíron

progresivamente. A economía foise facendo

cada vez máis pechada (autarquía). Cada

comarca ou unidade rexional procuraba autoabastecerse, producir todo o que

precisaba.

Isto tivo consecuencias na cultura. Unha economía rural, campesiña, era incapaz

de producir unha cultura como a romana, creada nas cidades e protexida pola

riqueza e o poder do Estado. Algúns monarcas xermanos, como o ostrogodo

Teodorico (Rávena) ou o franco Carlomagno (Aquisgrán), tentaron manter un

certo nivel cultural que lembrara o romano. Fracasaron.

As únicas escolas atopábanse nos mosteiros ou nunhas poucas cidades

episcopais, como a de San Vítor en Marsella, na Galia, a de Bobbio en Italia, ou

a de York en Inglaterra. Deste tempo non hai moitas personalidades senlleiras

no campo da cultura, pero destacaremos a Boecio e Casiodoro en Italia, Gregorio

de Tours en Francia, Beda o Venerable en Inglaterra ou San Isidoro en España,

que se limitaron a recompilar, con máis ou menos fortuna, os coñecementos da

cultura romana. Tampouco atopamos obras arquitectónicas do fuste das

romanas. O que si podemos destacar son os libros miniados ea ourivería.

Ilustración 3 Moeda de ouro (solidus) coa efixie de Teodorico

Page 9: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

9

Unha ponte entre as dúas civilizacións: o cristianismo

Durante os máis de tres séculos nos que paseniñamente foi desaparecendo

unha civilización (romana) para dar paso a outra (europea occidental), o

cristianismo xogou un papel extraordinario nesa transformación. Foi a ponte de

enlace e unha das principais forzas motrices da nova Europa. E conseguiuno

grazas á súa capacidade de captación dos pobos xermánicos, a través de dúas

organizacións básicas: o bispado e o monacato.

Os bispos apareceron, dentro da desorganización dos últimos momentos do

Imperio Romano de Occidente, como as únicas personalidades políticas que

podían tratar cos xefes xermánicos. Isto deulles prestixio e forza de atracción.

Pola súa superior cultura, convertéronse pronto en conselleiros imprescindibles.

Entre os bispos de Occidente, un comezou a destacar axiña, o patriarca-bispo

de Roma. Libre do dominio do emperador, que residía en Constantinopla, o bispo

de Roma traballou con absoluta independencia

de calquera poder político.

A primeira organización para a Igrexa

occidental, superando o pequeno marco da

cidade de Roma, deuna Gregorio Magno (590-

604), que non dubidou en proclamarse xefe de

toda a Igrexa (Papa) e, como descendente

directo de San Pedro, primeiro bispo de Roma,

superior aos patriarcas da igrexa en Oriente. A

súa actividade organizadora foi extraordinaria e

o seu apoio á labor evanxelizadora entre os

xermanos, definitiva. A conversión de

visigodos, lombardos e anglosaxóns

desenvolvéronse ou comezaron durante o seu

papado. Puido facelo porque contou co apoio

do monacato.

Ilustración 4 Gregorio Magno. Antes de ser elixido Papa desempeñou diversas labores na administración da cidade de Roma. Como Papa impulsou a evanxelización dos pobos xermánicos, introduciu o canto nos actos litúrxicos -canto gregoriano-.

Page 10: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

10

O monacato apareceu en occidente máis tarde que en

oriente. Os dous puntos claves do seu desenvolvemento

estiveron en Irlanda-Inglaterra e en Italia. Monxes

irlandeses actuaron en Inglaterra primeiro e logo en

Europa. San Columbano e os seus discípulos

evanxelizaron parte da Galia e fundaron varios mosteiros

(Luxeuil, Saint Gall, séculos VI-VII); foron monxes

anglosaxóns como San Bonifacio os que traballaron, máis

tarde, na evanxelización de Xermania (século VIII).

Pero a orde que acadou maior desenvolvemento foi a dos benedictinos, fundada

por San Bieito de Nursia (480-547) no mosteiro de Montecassino (529). A regra

da comunidade esixía tres votos (castidade, obediencia e pobreza) e unhas

determinadas horas de traballo físico e intelectual. Construídos no campo, entre

os latifundios e as terras de cultivo dos xermanos, os mosteiros convertéronse

en centros de evanxelización, en granxas modelo e nos únicos núcleos culturais.

Nas súas bibliotecas refuxiáronse os poucos manuscritos que quedaban da

cultura romana, que os monxes copiaron pacientemente no scriptorium. Por

outra parte a Igrexa mantivo o latín como lingua litúrxica e literaria.

Ao nivel das cortes dos reis xermánicos e ao nivel do pobo, a Igrexa deu unha

unidade relixiosa a toda Europa occidental. E comezou a converterse, dentro

dunha sociedade cada vez máis rural, na súa cabeza intelectual. Cando Europa

comece a producir as súas primeiras formas culturais, farao dentro da

mentalidade cristiá.

Ilustración 5 San Bieito de Nursia

Page 11: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

11

Os francos e o seu intento de reconstrución do Imperio

Romano de Occidente

Comezos do reino e dinastía merovinxia

Durante a época romana, os francos estaban instalados xunto á fronteira norte

do Imperio. Cando cedeu o limes pasaron a ocupar o norte da Galia. A comezos

do século VI, o seu rei, Clodoveo, da dinastía dos merovinxios, converteuse ao

catolicismo, o que lle fixo gañarse o favor dos nobres e señores de orixe romana,

fixo leis comúns para francos e romanos (as leis sálicas) e deulle forma a un

reino sólido. Tras derrotar aos visigodos na batalla de Vouillé (507), conseguiu

expulsalos da Galia –excepto a Narbonense- e así ampliar o territorio do reino

franco.

Do mesmo xeito que os reis visigodos, Clodoveo e os demais reis francos tiña

moitas liortas cos nobres, que non querían que a monarquía fose hereditaria.

Para pacificalos, o rei Clotario creou para eles diversos cargos políticos, un

deles, en especial, era moi distinguido: o mordomo de palacio, que era a persoa

con máis autoridade do reino logo do propio rei. No ano 679 Pipino de Heristal,

da familia dos carolinxios, converteuse en mordomo real, e axiña comezou a

suplantar ao rei nas súas funcións; derrotou a outros pobos bárbaros que querían

ocupar a Galia, e moitos nobres recoñeceron a súa autoridade.

O seu fillo, Carlos Martel seguiu os seus pasos como mordomo. Cando no ano

732 os musulmáns invadiron a Galia; Carlos Martel derrotounos en Poitiers e

fíxoos retroceder ao sur dos Perineos. Esta vitoria deulle tal autoridade que puido

gobernar como se el fora o rei. Á súa morte, os nobres francos elixiron ó seu fillo

Pipino o Breve coma rei e expulsaron ao merovinxio.

A dinastía carolinxia

Así pois, Pipino o Breve é o fundador da dinastía carolinxia. Protexeu ao Papa

Esteban II dos invasores lombardos, que ocuparan o norte de Italia, e conquistou

para el un territorio no centro de Italia, arredor da cidade de Roma; a cambio, o

Papa deulle a bendición como rei, o que lle deu unha autoridade aínda maior.

Page 12: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

12

Cando morreu Pipino (768), herdou o trono o seu fillo Carlos, coñecido como

Carlomagno. Como rei, Carlomagno enfrontouse aos pobos que rodeaban os eu

reino e o ameazaban: someteu e conquistou aos saxóns, ao norte, e aos eslavos

ao leste. Derrotou aos lombardos e fíxose coroar como o seu rei. Ademais, levou

un exército contra o Emirato de Córdoba, na Península Ibérica, e tentou tomar

Zaragoza; non o conseguiu, pero si ocupou os vales dos Perineos, onde creou

unha provincia limítrofe, a Marca Hispánica.

Como o seu pai, Carlomagno

protexeu ao Papa, e este coroouno

emperador dos Romanos, sucesor

dos antigos emperadores de

Roma, no Nadal do ano 800.

O imperio de Carlomagno

Os territorios do imperio de

Carlomagno abarcaban unha área moi extensa de Europa Occidental e Central:

ocupaba todo o reino dos francos e os territorios que o propio emperador

sometera. Ademais, exercía o

seu dominio sobre os pobos do

leste, que recoñecían a súa

autoridade, e dalgún xeito tamén

sobre o Papa.

Para poder gobernar todas estas

terras, Carlomagno tomou como

modelo aos antigos emperadores

romanos: dicía que todo o poder

dependía del, que estaba

bendicido pola Igrexa, coma se o seu poder viñera de Deus.

Ilustración 6Coroación de Carlomagno como Emperador no Nadal do 800

Ilustración 7 Mapa do Imperio Carolinxio

Page 13: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

13

Para apoialo nas tarefas de goberno estaban o chanceler, cargo ocupado por un

clérigo moi instruído, encargado da correspondencia e os asuntos reservados, e

o mariscal, o xefe das tropas. Outros cargos eran de tipo honorífico, como o de

camarlengo ou axudante de cámara ou o de copeiro do rei, que distinguían a

aqueles nobres que os ocupaban e eran moi

cobizados.

O imperio estaba dividido en condados, cada un

gobernado por un conde; as zonas fronteirizas,

chamadas marcas, estaban a cargo dos

marqueses. Condes e marqueses debían

obedecer as consignas do emperador que, para

vixialos, enviaba periodicamente aos missi

dominici.

A capital deste imperio situouse en

Aquisgrán, onde Carlomagno mandou

construír un palacio do que só conservamos

a capela, que actualmente forma parte da

catedral da cidade. Neste palacio creou un

centro de estudos, a Escola Palatina, que

encheu de sabios, case todos clérigos,

chegados de todas as rexións de Europa e

que puxo baixo a dirección de Alcuino de

York. Estes sabios esforzáronse en

recuperar os coñecementos da época

romana e os organizaron nas chamadas

artes liberais distribuídas en :

Trivium: retórica, gramática e dialéctica

Quadrivium: aritmética, xeometría, astronomía e música

Ilustración 8 Capela Palatina de Aquisgrán, co trono de Carlomagno

Page 14: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

14

Chamábanse artes liberais porque daquela se entendía que facían libres aos

homes. Este sistema de distribución

de estudos foi logo adoptado polas

universidades medievais.

Outra das promocións de

Carlomagno foi a fundación de

mosteiros, que se rexerían segundo

a regra de San Bieito e que

axudaron a manter e espallar o

coñecemento e a protexer a cultura

grecolatina.

Crise e final do Imperio carolinxio

Á morte de Carlomagno, ascendeu ao trono o seu fillo Luís o Piadoso (814-840)

quen mantivo a herdanza do seu pai practicamente intacta. Pero logo da súa

morte, os fillos deste enfrontáronse entre eles polo poder. Logo dunha longa

guerra, os tres irmáns que sobreviviron firmaron o Tratado de Verdún (845), no

que se repartían o territorio: Carlos, chamado o Calvo, recibiu o reino occidental

(o territorio que máis ou menos coincide con Francia); Luís, alcumado o

Xermánico quedou coa parte oriental (moi semellante a actual Alemaña), e

Lotario, o máis vello, quedou

co reino central, desde Frisia

(hoxe Países Baixos) ata o

norte de Italia. Ningún deles

herdou o título imperial, e así,

o imperio carolinxio

desapareceu. Máis adiante, a

Lotarinxia (o reino de Lotario)

foi dividido entre Carlos o

Calvo e Luís o Xermánico.

Estes novos reis tiñan moita menos autoridade que a que tivera Carlomagno; os

seus condes e marqueses considerábanse donos das terras que gobernaban e

Ilustración 9 Evanxeliario de Godescalco, realizado no scriptorium de Aquisgran a finais do s. VIII

Page 15: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

15

convertéronse en señores feudais, con plena autoridade sobre os seus

territorios. De esta maneira foise desintegrando a unidade dos reinos.

Page 16: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

16

II

O IMPERIO BIZANTINO

Introdución: O Mediterráneo deixa de ser o Mare Nostrum

Este fenómeno produciuse moi paseniñamente, desde a crise económica sufrida

polo Imperio Romano a partires do século III. O mar Mediterráneo fora o eixo do

Imperio e a súa principal vía de comunicación. Ao unificalo militarmente os

romanos puxeran en contacto civilizacións distintas e lles deron unidade

lingüística e xurídica, pero non económica. A parte oriental do Mediterráneo

(Exipto, Siria, Asia Menor, Grecia) mantivo a economía comercial e urbana dos

antigos reinos helenísticos, con grandes cidades artesanais e comerciais

(Alexandría, Antioquía, Pérgamo). A parte Occidental (Italia, Galia, Hispania)

nunca chegou a superar unha estrutura económica de tipo agrícola gandeiro de

consumo. Fronte á industria oriental, occidente só puido exportar materias

primas (aceites e minerais).

A crise do século III puxo ao descuberto esta diferenza Oriente-Occidente. E

desde ese momento a situación non fixo máis que agravarse en beneficio da

parte oriental, máis rica e poboada que a occidental. Un bo síntoma desta

situación é o feito de que, a comezos do século IV, os emperadores abandonaran

Roma, a antiga capital creadora do Imperio, por unha nova cidade de Oriente,

Constantinopla4.

Como xa sinalamos máis arriba, durante o século IV, debido á presión nas

fronteiras, os emperadores romanos acabaron por establecer unha división

administrativo-militar entre Oriente e Occidente, que rematou, á morte de

Teodosio (395) na creación de dous estados: o Imperio Romano de Oriente, nas

mans do seu fillo Arcadio, e o Imperio Romano de Occidente, que quedou para

4 Esta cidade foi fundada polo emperador Constantino no ano 330, e alí trasladou todos os símbolos do poder imperial.

Page 17: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

17

o outro fillo, Honorio. Esta parte remataría por desaparecer politicamente diante

da presión dos pobos xermánicos.

Durante un tempo o supervivente Imperio Romano de Oriente (ou Imperio

Bizantino) mantivo aberto un mínimo comercio a través do Mediterráneo

Occidental (Xustiniano, s. VI). Pero, a aparición do Islam, a partir do século VII,

nas costas africanas, rematou definitivamente coa unidade político-cultural que

representara o Mediterráneo romano. Así, arredor do século IX, tres civilizacións

distintas se estruturan en torno ás beiras deste mar: a bizantina, a europea

occidental, que están a iniciar os estados xermánicos, e a islámica.

Evolución xeral do Imperio bizanzino

A comezos do século V o Imperio

Romano de Oriente comprendía as terras

limítrofes do Mediterráneo Oriental e do

Mar Negro. Fundamentalmente os

territorios de Exipto, Siria, Asia Menor,

Grecia e os Balcáns ata o Danubio.

Durante o século VI, o emperador

Xustiniano (518-565), seguindo a idea de

que toda a cristiandade debía estar baixo

o poder do emperador de Constantinopla, tentou reconstruír de novo o Imperio

Romano unificando o Mediterráneo. Así, os seus xenerais Belisario e Narsés,

acabaron co reino ostrogodo de Italia, o vándalo do Norte de África e arrebataron

o SE de Hispania aos visigodos.

Por un momento o Mediterráneo

volveu ser un mar romano e o

Imperio viviu unha primeira

etapa de esplendor que

sobreviviu poucos anos ao

emperador.

A crise máis grave sufrida polo Imperio tivo lugar entre os séculos VII e VIII. A

marea musulmá ocupou as provincias máis ricas: Exipto, Siria, Palestina. Isto

resultou transcendental na evolución do Imperio porque o privaba das súas

Ilustración 10 Mosaico co emperador Xustiniano na Igrexa de San Vital de Rávena

Page 18: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

18

provincias máis ricas e dinámicas e o deixaba reducido ás terras máis pobres,

de economía agrícola-gandeira, menos industrializadas. Agora só quedaba

como único centro comercial e industrial do Imperio a súa capital,

Constantinopla.

O Imperio viuse obrigado a reorganizarse de modo militar: provincias en función

dos corpos de exército (themas), mandados por xenerais (estrategas).

Grazas a iso os emperadores das

dinastías Isauria e Macedónica lograron

deter o avance musulmán e esnaquizar a

ameaza búlgara que chegaba polo

Danubio. Durante os séculos IX-XI o

Imperio viviu unha segunda etapa de

esplendor.

Pero non puido defenderse con éxito da

presión dun novo pobo fronteirizo, os turcos, establecidos no Asia Menor e

islamizados. Especialmente despois de

que a Cuarta Cruzada deixara

Constantinopla moi danada pola

ocupación dos francos. Así, o Imperio

foi perdendo territorios axiña e, no

século XIV quedou reducido á capital e

a algunhas terras costeiras do Mar Exeo

e o Mar Negro. A súa fin quedou

verificada trala ocupación da cidade no

ano 1453 polos turcos otománs do

sultán Mehmet II.

Constantinopla: a súa importancia como cidade e referente

cultural e político

Ata o século VII o Imperio tivo as cidades máis grandes e ricas do marco

mediterráneo: Antioquía, Alexandría, Xerusalén, Tesalónica, Éfeso... Pero

ningunha da importancia da capital, Constantinopla

Ilustración 11 Os últimos territorios do Imperio Bizantino

Ilustración 12 Asedio de Constantinopla

Page 19: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

19

Construída a partir do 324 e fundada no

330 polo emperador Constantino sobre a

antiga colonia grega de Bizancio, a capital

adquiriu moi cedo gran importancia grazas

á súa extraordinaria situación estratéxica,

xunto ao estreito do Bósforo, chave da ruta

marítima Mar Negro-Mediterráneo e

enlace entre Europa e Asia.

A cidade foi levantada sobre unha

península triangular de doada defensa,

cun gran porto natural: o Corno de Ouro.

Como Roma, tiña amplas avenidas, varios

foros e unha zona residencial onde se

atopaban o palacio imperial, o senado, o

hipódromo, a gran basílica de Santa Sofía

e a Magnaura, a escola superior dentro do palacio. Pola súa situación,

Constantinopla foi unha cidade

ante todo comercial.

Monopolizou durante séculos o

comercio da seda, as especias

e os escravos. Os

comerciantes estranxeiros

tiveron o seu propio barrio ao

outro lado do Corno de Ouro

(Pera). A moeda bizantina, o

sólido, mantivo durante sete

séculos a mesma cotización.

Pero tamén foi unha cidade industrial con grandes barrios de artesáns que

traballaban a seda e a ourivería sobre todo, cotizadas en todos os países do

Mediterráneo.

Foi esta situación estratéxica e este valor económico os que a converteron no

centro do Imperio. Con máis de cinco centos mil habitantes, cunha riqueza e nivel

Ilustración 14 Reconstrución do que debeu ser Constantinopla no século XII. Na outra beira do Corno de Ouro o barrio de Pera

Ilustración 13 A cidade de Constantinopla non só estaba nun lugar privilexiado, tamén tiña fortes defensas que a mantiveron a salvo 1000 anos

Page 20: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

20

cultural extraordinarios, Constantinopla foi durante toda a Idade Media, a cidade

máis importante de Europa e do mundo mediterráneo.

A base económico-social do Imperio bizantino

Ate a invasión musulmá (séculos VII-VIII) o Imperio mantivo unha economía de

tipo helenístico capitalista baseada en sistemas de traballo escravistas, tanto no

campo como na cidade. Exipto era o centro agrícola fundamental, Siria a

provincia máis desenvolvida. Alexandría e Antioquía eran os centros comerciais

e bancarios máis importantes.

A partir do século VII coa perda das provincias de Exipto e Siria, o Imperio perdeu

non só gran parte da súa poboación, senón tamén da súa riqueza e capacidade

de produción. Asia menor, máis ameazada polos ataques musulmáns,

converteuse nunha terra de grandes latifundios agrícolas e gandeiros,

organizados nunha sociedade de tipo feudal. O mesmo ocorría coas terras

europeas de Grecia e os Balcáns; o mundo artesán e comercial concentrouse en

Constantinopla en nalgúns portos do mar Exeo (Éfeso).

A transformación política

A partires do século VII, o Imperio Romano de Oriente tomou un carácter

meramente grego fronte á renovatio latina que pretendera o emperador

Xustiniano durante o século VI. Esta situación responde a unha situación de

fondo.

En principio representa unha volta ao grego como lingua oficial, o que tamén

quer dicir que, en gran parte, estaban a ser superadas as estruturas romanas.

Como xa sinalamos, o emperador Xustiniano tentou aínda reconstruír a unidade

política no Mediterráneo do antigo Imperio romano; pero os seus sucesores axiña

esqueceron esta idea romanista, sobre todo por motivos prácticos. Así,

concentraron os seus esforzos en coordinar as terras que lograban manter e en

darlles unidade e consistencia. Por iso abandonaron o latín, pola sinxela razón

de que os seus súbditos falaban preferentemente o grego.

Así, o imperator converteuse no basileus. Mantivo o seu poder absolutista

grazas ao exército e a unha ben organizada burocracia de funcionarios

repartidos por todo o Imperio. O seu poder era consagrado pola Igrexa a través

Page 21: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

21

do acto de coroación que

efectuaba o patriarca de

Constantinopla. O poder

era transmitido

hereditariamente. Aínda

que era forte, estaba

suxeito a frecuentes

conxuras de palacio ou a

sublevacións populares que comezaban, moitas veces, no hipódromo.

O basileus vivía no palacio rodeado dun luxo e unha etiqueta que buscaban non

só realzar a súa autoridade, senón tamén impresionar aos embaixadores doutros

pobos. Tamén mantiña, aínda que

sen o valor que noutro tempo

tiveran, algúns dos títulos políticos

do vello imperio romano: senado,

cónsules...

A primeira tendencia romanista

culminou na obra xurídica de

Xustiniano. Este emperador

codificou o Dereito Romano nunha

importante obra: o Corpus Iuris Civilis. Pero os emperadores dos séculos VIII

e IX coma León III Isaurio (740), Basilio I (879) e León o Sabio (887-893)

redactaron os códigos, agora en grego, adaptados á nova situación do Imperio.

Bizancio: un Imperio cristián

No Imperio Romano de Oriente a Igrexa xogaba un papel determinante. Desde

as orixes do cristianismo, Oriente fora a parte que máis axiña e intensamente se

cristianizou. Dos 5 patriarcas da Igrexa, 4 estaban en Oriente: Constantinopla,

Antioquía, Xerusalén e Alexandría, e só un en Occidente, Roma.

A Igrexa de Oriente, máis culta que a de Occidente, desenvolveu a tradición

bíblica, reuniu os primeiros concilios ecuménicos para a definición da doutrina

(Éfeso, Constantinopla, Nicomedia...), creou as primeiras ordes monásticas (San

Ilustración 16 Reconstrución do hipódromo de Constantinopla. Ademais de disfrutar das carreiras o público amosaba o seu disgusto ao emperador, como lle ocorreu a Xustiniano durante a revolta de Niká (532)

Ilustración 15 Coroación de Constantino VII

Page 22: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

22

Basilio) e evanxelizou aos pobos bárbaro-xermánicos (visigodos) e a os eslavos

(Cirilo e Metodio, século IX).

Desde un principio tivo que

enfrontar dous graves problemas:

as súas relacións co poder político

e as súas relacións con Occidente.

As primeiras non sempre foron

boas. Os emperadores sempre

pretenderon ter sometida á Igrexa a

través da figura do patriarca de

Constantinopla. Desde o ano 753

(Concilio de Constantinopla) ata o

ano 843, os emperadores

mantiveron unha loita aberta contra

a influencia dos mosteiros na chamada querela iconoclasta.

O segundo problema, as relacións con Roma, remataron cun cisma definitivo. As

disputas de prestixio entre o Patriarca de Constantinopla e o de Roma, levaron

ao Cisma de 1054, cando o patriarca grego Miguel Cerulario rachou con Roma.

Desde aquela o cristianismo oriental ou ortodoxo mantivo unha estrutura máis

tradicional que a do cristianismo católico romano.

Bizancio: Arte e cultura

O mundo cultural de Bizancio parte dunhas fontes de influencia determinantes.

Nos seus fundamentos é unha civilización helenística, derivada da que deixaran

os sucesores de Alexandre Magno. Neste aspecto preséntase como unha

mestura entre a lóxica, a proporción e o sentido da beleza dos gregos aos que

se lles engadiu o luxo e a aparatosidade de Oriente.

Pero máis que nada é unha cultura profundamente cristiá. Literatura e arte están

en función do poder imperial e da Igrexa, desenvólvense na Corte, nas

Universidades (Constantinopla, Atenas, Beirut) e nos mosteiros (Monte Athos).

É unha cultura que recompila o mundo greco-romano e o estuda a conciencia.

Non só o dereito romano, por obra de Xustiniano; nas universidades estúdase a

Ilustración 17 No 753, o emperador León III fixo retirar o icono de Xesús da porta do palacio imperial para substituílo por unha cruz, isto provocou graves enfrontamentos cos partidarios das imaxes. Foi o comezo da querela iconoclasta.

Page 23: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

23

Homero e a os autores clásicos, revísase e anótase a ciencia greco-romana. A

Constantinopla acoden estudosos da Europa occidental e do mundo islámico

para escoitar as clases de mestres como Bardas Focas, o patriarca Focio ou

Miguel Psellos (século XI).

A súa arte é relixiosa e de

palacio. A mostra máis

espectacular que nos chegou

é a basílica de Santa Sofía,

construída durante o reinado

de Xustiniano. É unha

arquitectura de grandes

proporcións, extraordinario

luxo de medios (mármores,

decoración musivaria... )que

utiliza a cúpula como principal

elemento construtivo. As igrexas adoitan ter a planta de cruz grega, para así

destacar o espazo central que cubre a cúpula. Un capitel de dobre tronco-cónico

invertido, con un traballo de decoración moi rico, é típico da arquitectura

bizantina, que utiliza alternativamente cubertas arquitrabadas e abovedadas. O

elemento decorativo básico é o mosaico, que cobre amplas paredes ou a ábsida

das igrexas. Construído a partir de pequenas teselas de cores vivas, amosa á

xente un mundo hierático, relixioso ou político, pouco naturalista, con fondos

dourados, sen perspectiva. Da sensación de riqueza e solemnidade que se

perde, por un momento, durante a querela iconoclasta.

Ilustración 18 Interior da basílica de Santa Sofía en Constantinopla. Construída entre 532-537 por Antemio de Tralles e Isidoro de Milero baixo as ordes do emperador Xustiniano

Page 24: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

24

III

O ISLAM

Introdución

O Islam é unha civilización baseada na relixión de Mahoma. Entre os séculos

VIII e XVI desenvolveu unha civilización importantísima da que Europa aprendeu

moitas cousas. Unha das pontes de enlace entre ambas civilizacións foi Al-

Andalus, a España musulmá, que durante o século X se converteu no centro

máis brillante do Islam.

O Islam. Orixe e bases doutrinais

O fundador desta relixión foi

Mahoma, o profeta de Allah, o

seu único deus. Mahoma era

un comerciante de caravanas

de A Meca, e pertencía a unha

familia de fortes intereses na

cidade, os quraisíes Durante

as súas viaxes coñeceu as

outras dúas relixións que

influíron na súa personalidade:

a hebrea e a cristiá. A predicación

da súa doutrina enfrontouno cos

membros da súa propia familia, que

era politeísta e encargada de

protexer os ídolos de todas as tribos

árabes que se gardaban xunto coa

Kaaba , ou pedra santa. Este

enfrontamento levouno a ter que fuxir de A Meca para refuxiarse na cidade de

Medina (Yatreb). Esta fuxida (Héxira) é para o mundo musulmán un feito

importante que marca o comezo da era islámica (622).

Ilustración 19 Representación musulmá de Mahoma predicando aos seus discípulos

Page 25: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

25

Logo dunha serie de loitas conseguiu volver vitorioso a A Meca e dedicou os

últimos anos da súa vida a predicar a súa relixión entre os árabes que visitaban

a Kaaba. No momento do seu pasamento (632), toda a península arábiga estaba

islamizada.

A súa relixión tivo, e continúa a ter unha gran

forza, porque é moi sinxela. Só un deus, Allah,

o dono da creación e os seus crentes

(musulmán quer dicir crente) considéranse

sometidos (Islam quer dicir submisión) á súa

vontade. Todas as cousas suceden porque

Alláh preveunas así e o musulmán debe

aceptalas sempre. Mahoma é o seu último

profeta e o máis importante. Non hai outro

dogma que complique máis esta relixión. O

demais son normas de vida para chegar a ser

un bo musulmán. Os discípulos de Mahoma

compilaron as súas palabras nun libro, o

Corán.

Os chamados pilares do Islam, que permiten

ao crente acadar a perfección son:

A oración que debe practicarse cinco veces ao día, prostrándose cara a

A Meca

A esmola e a hospitalidade para con todos os musulmáns e os

estranxeiros.

O xaxún prescrito desde o alba ate o solpor, durante o mes de Ramadán,

noveno mes do ano lunar árabe.

A peregrinación cara A Meca (hadj) unha vez na vida

A guerra santa que obriga a loitar contra os infieis para defender o Islam de

calquera ataque.

Hai outras moitas normas no Corán que serven para estruturar a vida e os

costumes dos crentes. Así, non poden comer carne de porco, non poder beber

viño, poden casar con varias mulleres, a muller está sometida ao home, pero se

Ilustración 20 Primeira Sura do Corán

Page 26: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

26

acepta o divorcio, deben ser tolerantes con outras relixións, sobre todo con

cristiáns e xudeus, non deben representar a Deus en ningunha forma escultórica

ou pictórica, etc. Xunto co Corán, os musulmáns tamén seguen a Sunna, ou

recompilación de tradicións e ditos do profeta e dalgúns dos seus compañeiros

é a outra fonte primaria da revelación de Deus e xunto co Corán define as bases

da relixión: a súa teoloxía e a súa lexislación.

A expansión do Islam

Despois da morte de Mahoma, e nun lapso moi breve de tempo, uns vinte anos,

despois de dous ou tres grandes combates, os árabes conquistaron as provincias

máis poboadas e ricas do Imperio bizantino (Siria, Exipto, Palestina) e destruíron

o Imperio Persa Sasánida, ocupando Mesopotamia. A conversión ao Islam da

maioría de sirios, exipcios e persas, permitiulles contar con recursos, homes e

cartos para continuar as súas conquistas de xeito rapidísimo.

Cara o Oeste, nunha carreira fantástica, alcanzaron, polo norte de África, o

estreito de Xibraltar e, logo de acabar co reino visigodo de Hispania, seguiron

con ímpeto máis aló dos Perineos, onde os francos lograron detelos con grandes

dificultades5. Tamén dominaron o Mediterráneo, que pecharon ao tráfico

bizantino.

5 Lémbrese a batalla de Poitiers (732) no que Carlos Martel afastou o perigo islámico do reino franco da Galia.

Page 27: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

27

Non menos asombroso foi o seu avance cara o leste onde, a comezos do século

VIII, chegaban ao río Indo e o Turkestán, onde foron detidos polos exércitos

chineses. Moito máis lento foi o seu avance contra Constantinopla porque os

emperadores bizantinos lograron contelos na Meseta de Anatolia. A partir do ano

7506 o imperio islámico deixou de crecer. Era, sen embargo, un imperio

extraordinariamente grande, para a súa época. Foi importante que os seus

estremos alcanzaran a India e Europa: así o Islam ía servir como ponte entre as

cultura do estremo oriente e o occidente europeo.

Imperio Islámico: estrutura socio-económica

A creación dun gran imperio, como xa ocorrera con Alexandre Magno ou con

Roma, potenciou o desenvolvemento económico tradicional das zonas

ocupadas. Semi-nómades e comerciantes caravaneiros, os árabes

desenvolveron de xeito extraordinario as rotas comerciais. Arredor dun núcleo

central localizado entre Mesopotamia, Siria e Exipto, que funcionaba

xeograficamente como unha plataforma de contacto entre o Mar Mediterráneo e

o Océano Índico, o comercio musulmán enlazou a India coa Península Ibérica

ou África con Constantinopla. Unha moeda forte, o dinar de ouro, cotizada por

todo o mundo, mantivo a forza deste comercio. Sobre a liña de cidades:

Alexandría, O Cairo, Damasco, Bagdad, Basora, converxían as especias, a

seda, a porcelana ou o papel da India e da China; os escravos, o marfil ou o ouro

do Sudán africano; a madeira, os tecidos ou o ferro de Europa.

O Islam monopolizou durante máis de oito séculos as máis importantes rotas

comerciais do mundo: a ruta

caravaneira da seda, das

estepas do Asia Central, a

marítima do Índico (Mar

Vermello, Golfo Pérsico), a

fluvial do río Nilo e a

mediterránea.

6 Nese ano, a familia gobernante dos Omeias que tiña a capital do imperio na cidade siria de Damasco foi exterminada –a excecpción de Abd- al –Rahmán, que fuxíu cara Al Andalus- e fíxose co poder a dinastía dos Abasíes que trasladaron a capital a Bagdad.

Ilustración 21 Zoco de Marrakesh

Page 28: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

28

Nestas mesmas grandes cidades, emporios de comercio, desenvolveuse un

numeroso artesanado, especializado en telas finas de seda, tapices,

damasquinados (de Damasco, mestura de fíos de seda e de algodón), en

obxectos de ourivería ou ferro (espadas de Toledo ou Damasco) e na curtidoira

da pel. Os zocos7 das cidades musulmás, coas súas rúas estreitas, foron un

verdadeiro formigueiro de comerciantes e artesáns.

A civilización islámica tamén desenvolveu, e perfeccionou moitas veces, os

sistemas de cultivo, de regadío, en amplas zonas de pouca choiva (Indo, oasis

do Turkestán, Éufrates, Nilo, hortas de Al Andalus...). Introduciu novos cultivos

en cada un deses territorios como o do algodón, o arroz, a cana de azucre,

árbores froiteiras coma o albaricoque ou a laranxeira... Para iso estendeu os

sistemas de rega e múltiples facetas: pozos e canles subterráneos, noras,

muíños...

O desenvolvemento da civilización islámica foi debido a un perfecto equilibrio

entre o campo e a cidade, entre a agricultura, a artesanía e o comercio. O mesmo

equilibrio dunha sociedade na que dominan os homes libres, as terras ben

repartidas e unha actividade comercial que permite o enriquecemento. Non é

exactamente unha sociedade de clases; é unha sociedade de ricos e pobres,

con pequenos grupos independentes, non marxinados (coma os xudeus, por

exemplo.)

O Imperio islámico: organización política

Os musulmáns crearon un tipo de goberno monárquico. O cargo principal era o

de califa, xefe non só militar e político, senón tamén relixioso, xa que era o vicario

e representante de Allah.

Cando as grandes conquistas obrigaron a dar unha organización máis sólida ao

imperio acabado de conquistar, unha familia de califas, os Omeias, montaron

unha burocracia dirixida por un primeiro ministro (visir), e dividiron o imperio en

provincias gobernadas polos emires ou os walíes e en cada cidade os cadíes

administraban xustiza segundo os preceptos do Corán. Estableceron a súa

capital en Damasco, anteriormente importante cidade bizantina. A influenza dos

7 Lugar da cidade musulmá onde se concentran os postos comerciais

Page 29: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

29

bizantinos islamizados foi moi importante no mundo musulmán. O árabe foi a

lingua oficial.

A cultura islámica, síntese doutras culturas

O labor máis importante que realizaron os musulmáns foi o de crear unha síntese

cultural de todas as culturas dos pobos conquistados os cos que tiveron relación.

Os aglutinantes básicos foron a relixión e o idioma. De esta maneira aceptaron

as formas de goberno bizantinas, estudaron aos filósofos gregos (especialmente

a Aristóteles) e os adaptaron á súa mentalidade, copiaron as formas artísticas

bizantinas –como a utilización da cúpula nos seus edificios-, persas, indias ou

visigodas –o arco de ferradura-, introduciron a numeración e os relatos curtos

dos indios, a pólvora, o compás ou o papel dos chineses... Con todo iso souberon

crear unha cultura moi persoal que estenderon por todo o imperio e que nos

séculos IX-XII foi unha das máis avanzadas do mundo.

Eran musulmáns os mellores médicos, como Rhazes, ou o médico do califa de

Al Andalus Al-Hakam II, chamado Abul Cassim el Zahraví; os mellores

matemáticos, como Mohamed ben Musa Al-Juwarizmi, os mellores filósofos

como Avicena e Averroes, os mellores xeógrafos como Ibn Jaldun, os mellores

alquimistas e astrónomos... A través de Sicilia e de Al Andalus, esta cultura se

introduciu en Europa. Así os europeos coñeceron a pólvora, o papel, a

numeración arábiga, o compás, o muiño de vento ou o cultivo do algodón e arroz,

que actualmente están na base da nosa

civilización.

A arte musulmá estivo sempre en función da

relixión ou das clases economicamente ricas.

No

primeiro aspecto temos que destacar a

mesquita, edificio de amplos espazos

pensado para reunir aos crentes no

momento da oración; no segundo, o

palacio, onde realizaron xogos de patios

Ilustración 22 Mesquita da Rocha, Xerusalén

Ilustración 23 Alhambra- Patio dos Leóns

Page 30: O COMEZO DA IDADE MEDIA I A FIN DO IMPERIO ROMANO DE ... COMEZO DA... · Como vimos, a parte occidental do Imperio romano, abandonada ás súas propias forzas, desintegrouse diante

30

con pórticos con xardíns e fontes refrescantes como centro de dependencias que

eran mantidas en penumbra. Nun e outro tipo de edificio a decoración abundante,

en xiz ou cerámica, está limitada a formas vexetais, xeométricas e incluso de

escritura (cúfica), xa que o Corán rexeita as representacións humanas.