3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS folios brancos pegamento regra tesoiras lápis e rotulador Dobramos o folio pola metade, marcamos 2 semicírculos a man alzada ou con compás: un de 12 cm de diámetro e outro de 8 cm de diámetro. Pintamos ambos lados de cada semicírculo das cores que prefiramos: aquí pintamos o de 12 cm (corpo do caracol) de azul, o de 8 cm de rosa (cuncha). Recortamos cunha tesoira en primeiro lugar o semicírculo azul. Mantemos o folio dobrado pola metade. Facemos o mesmo semicírculo rosa, pero neste caso desdóbrase o folio, co cal obtemos un círculo, que pegamos sobre o semicírculo azul, na zona posterior. Recortamos 2 tiras de folio de aproximadamente 1x3 cm, que teremos pre- viamente pintadas de cor laranxa (os cornos) e pegámolas na parte poste- rior do folio azul, na zona anterior á cuncha rosa. Recortamos 2 círculos sen pintar do folio branco (2 cm de diámetro), pegámolos na zona superior das tiras laranxas (ollos). Finalmente pintamos co rotulador o centro dos ollos, a boca e facemos a espiral da cuncha. A espiral pode marcarse primeiro a lapis e unha vez feita repásase co rotulador negro. Só queda abrir lixeiramente o folio azul, colo- calo sobre unha superficie horizontal e, exercendo unha presión leve sobre a cola o caracol comeza a bailar! Se queredes adornar o caracol con algún outro complemento, sentídevos libres! O CARACOL DANZANTE

O CARACOL DANZANTE · pintar do folio branco (2 cm de diámetro), pegámolos na zona superior das tiras laranxas (ollos). ... Os caracois son un alimento fundamental para moitos outros

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O CARACOL DANZANTE · pintar do folio branco (2 cm de diámetro), pegámolos na zona superior das tiras laranxas (ollos). ... Os caracois son un alimento fundamental para moitos outros

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

folios brancos

pegamento

regra

tesoiras

lápis erotulador

Dobramos o folio pola metade, marcamos 2 semicírculos a man alzada ou con compás: un de 12 cm de diámetro e outro de 8 cm de diámetro. Pintamos ambos lados de cada semicírculo das cores que prefiramos: aquí pintamos o de 12 cm (corpo do caracol) de azul, o de 8 cm de rosa (cuncha). Recortamos cunha tesoira en primeiro lugar o semicírculo azul. Mantemos o folio dobrado pola metade.

Facemos o mesmo semicírculo rosa, pero neste caso desdóbrase o folio, co cal obtemos un círculo, que pegamos sobre o semicírculo azul, na zona posterior.

Recortamos 2 tiras de folio de aproximadamente 1x3 cm, que teremos pre-viamente pintadas de cor laranxa (os cornos) e pegámolas na parte poste-rior do folio azul, na zona anterior á cuncha rosa. Recortamos 2 círculos sen pintar do folio branco (2 cm de diámetro), pegámolos na zona superior das tiras laranxas (ollos).

Finalmente pintamos co rotulador o centro dos ollos, a boca e facemos a espiral da cuncha. A espiral pode marcarse primeiro a lapis e unha vez feita repásase co rotulador negro. Só queda abrir lixeiramente o folio azul, colo-calo sobre unha superficie horizontal e, exercendo unha presión leve sobre a cola o caracol comeza a bailar! Se queredes adornar o caracol con algún outro complemento, sentídevos libres!

O CARACOL DANZANTE

Page 2: O CARACOL DANZANTE · pintar do folio branco (2 cm de diámetro), pegámolos na zona superior das tiras laranxas (ollos). ... Os caracois son un alimento fundamental para moitos outros

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

A importacia dos caracois na naturezaOs caracois son animais gasterópodos que ás veces poden resultar uns visitantes pouco desexables nas nosas hortas e xardíns, pola súa capacidade, lenta pero continuada, de comer as plantas que temos cultivadas. Sen embargo, debemos lembrar a gran importancia que teñen na natureza!

Como controlamos os caracois da nosa horta ou xardín?Xa sabemos que os caracois son moi importantes! Sen embargo, se temos demasiados na nosa horta, poden ser un problema, pois comen as nosas leitugas e outras hortalizas que teñamos. Que podemos facer? Xa sabedes que é non debemos botar pesticidas nin outros velenos no solo, pois danan a moitas especies de animais e plantas (incluso as que nós cultivamos) e contaminan o solo! E nós só queremos que non haxa tantos caracois. Aquí tedes algún remedio ecolóxico para controlalos:

Que facemos cos caracois que recollemos?Se ademais de horta tedes galiñas na casa (ou coñecedes a alguén que as teña), elas estarán encantados de poder comer eses caracois que lles subministrades. Se non, podedes liberar aos caracois no bosque, onde poderán vivir felices e sen comernos as nosas leitugas.

1. Os caracois son un alimento fundamental para moitos outros animais: moitas aves coma os merlos, algúns patos ou as garzas e tamén un pequeno e cheo de pinchos mamífero, o ourizo. De non existir os caracois, todas estas especies pasarían moita fame!2. Os caracois participan na construción de solos, axudan a que o solo sexa rico en nutrientes e tamén a que permaneza ben aireado: os caracois fan túneles no solo facilitando a chegada de aire ás raíces das plantas. Así, fan posible que exista ese solo que nós precisamos para des-pois cultivar os nosos alimentos!3. Os caracois tamén actúan como polinizadores: ao ir dunha planta a outra transportan polen, permitindo a reprodución das plantas, unha labor fundamental na natureza. Algunhas plantas non se poderían reproducir de non ser polos caracois!

1. Aos caracois encántalles o lévedo: se preparamos unha mestura de lévedo (do pan), azucre e auga os caracois irán a comela e poderémolos retirar con facilidade no recipiente onde coloquemos a mestura.2. Aos caracois gústanlle as plantas aromáticas coma a melisa, ourego e romeu. Se as colocas no teu xardín irán cara elas e non ás hortalizas. Visitando esas plantas regularmente poderemos retirar os caracois.3. Podemos recoller os caracois de xeito manual cada día: A este método dedicarémoslle máis tempo, pero é un marabilloso motivo para visitar a horta cada día e ver se as nosas plantas están ben e estamos en contacto con toda esa vida que nace na nosa terra, unha combinación perfecta!

Page 3: O CARACOL DANZANTE · pintar do folio branco (2 cm de diámetro), pegámolos na zona superior das tiras laranxas (ollos). ... Os caracois son un alimento fundamental para moitos outros

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

Hai animais salvaxes que precisan

comer caracois para vivir

M _ _ _ _ _P _ _ _ _

O _ _ _ _ _ _

Tamén unsanimais domésticos

son grandes comedores de caracois!

G _ _ _ _ _ _

Os caracoisapórtanlle cousas

moi importantes aosolo

N _ _ _ _ _ _ _ _ _

A _ _ _

E fan algoimportantísimopolas plantas!

P _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

Son unslarpeiros e gústalles

moito comer...

L _ _ _ _ _

E encántanlles asplantas aromáticas,

por exemplo...

M _ _ _ _ _R _ _ _ _

O _ _ _ _ _