Upload
xaime-meilan
View
222
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Boletin de informacion. 14 de decembro de 2009. Documentacion. A nova Oficina xudicial
Citation preview
bboolleettíínn ddee iinnffoorrmmaacciióónn
ddee ccccoooo ddee xxuusstt iizzaa
Número especial 14 decembro 2009
A nova Oficina Xudicial
Documentación
Proxecto de Decreto de servizos comúns
Documento nº 1
Proxecto de Decreto de unidades técnico-administrativas
Documento nº 2
Informe sobre a implantación da nova Oficina xudicial
Documento nº 3
Distribución territorial e estrutura das novas unidades
Documento nº 4
A nova Oficina xudicial
A recente publicación da reforma da Lei orgánica do Poder Xudicial e das Leis procesuais abriu a
porta a un novo modelo organizativo dos xulgados e tribunais: a nova Oficina xudicial (NOX).
Comeza agora o proceso para a súa efectiva implantación no que a competencia lles corresponde
ao Ministerio de Xustiza e mais ás comunidades autónomas con competencias transferidas en
materia de xustiza, como é o caso de Galicia.
Para garantir neste proceso a defensa dos nosos dereitos e das nosas reivindicación cómpre, pois,
a implicación de todos nós.
Por iso, CCOO de Xustiza, ao tempo que se compromete a informar permanentemente da
negociación, solicita das compañeiras e dos compañeiros a súa participación activa neste debate
coa súas suxestións e colaboracións.
Xa que logo, con este boletín, o primeiro dunha serie dedicada de xeito monográfico á nova Oficina
xudicial, queremos poñer a disposición de todas e de todos os primeiros documentos que, para a
implantación da nova Oficina xudicial en Galicia, nos remitiu a Dirección Xeral de Xustiza.
CCOO de Xustiza de Galicia
Versión .0 1
Proxecto de Decreto polo que se constitúen servizos comúns procesuais
xerais na Administración de xustiza
Dentro da nova estrutura prevista para a Administración de xustiza na Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial (LOPX), tras a reforma introducida pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, o artigo 438 da LOPX regula os denominados “servizos comúns procesuais”. Segundo o dito artigo, enténdese por servizo común procesual toda aquela unidade da oficina xudicial que, sen estar integrada nun órgano xudicial concreto, asume labores centralizados de xestión e apoio en actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais. Engade o dito artigo que os servizos comúns procesuais prestarán o seu apoio a todos ou a algún dos órganos xudiciais do seu ámbito territorial, con independencia da orde xurisdicional a que pertenzan e da extensión da súa xurisdición. En virtude das competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios ao servizo da Administración de xustiza a través dos reais decretos 2166/1994, 2397/1996 e 233/1998, correspóndelle a Administración autonómica o deseño, creación e organización dos servizos comúns procesuais, segundo establece o artigo 438.3 da LOPX. As circunstancias en que se está a desenvolver a Administración de xustiza en Galicia aconsellan con urxencia a introdución de cambios organizativos que fortalezan os medios postos á disposición dos xulgados e tribunais, que favorezan un funcionamento máis eficiente das oficinas e que lles faciliten aos cidadáns unha relación máis satisfactoria coa organización xudicial. Con esta finalidade apróbase o presente decreto, que forma parte dun plan de primeiras medidas para a posta en marcha da nova oficina xudicial, centrado naquelas unidades e servizos que dende hai anos veñen sendo obxecto de demanda por parte de diversos sectores profesionais, e que contan neste ámbito cun importante grao de consenso. Primeiras medidas que constitúen, así mesmo, un anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa denominada “nova oficina xudicial”. Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; tras seren oídas as organizacións sindicais máis representativas; tras cadanseu informe do Consello da Avogacía Galega, do Consello Galego de Procuradores dos Tribunais e do Consello Xeral do Poder Xudicial; de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia; e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día … de … de …, DISPOÑO:
Título I. Regras xerais
Artigo 1.- Obxecto
1. O presente decreto ten por obxecto o deseño, creación e organización de
determinados servizos comúns procesuais xerais, consonte o previsto no artigo 438
da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial.
Versión .0 2
2. Para os efectos deste decreto considéranse servizos comúns procesuais xerais os
que asumen as funcións de rexistro e repartición, de atención á cidadanía e á
vítima, de actos de comunicación, de arquivamento e mais de depósito de efectos,
así como tamén outras funcións auxiliares. Exclúense desta consideración os
servizos comúns con funcións de ordenación do procedemento e mais os servizos
comúns de execución de resolucións xudiciais.
3. As exclusións do apartado anterior teñen como excepción o previsto no artigo
9.3 deste Decreto respecto dos servizos comúns procesuais de partido xudicial.
Artigo 2.- Deseño e organización dos servizos comúns procesuais xerais
1. No exercicio das súas competencias de deseño e organización dos servizos
comúns procesuais, a Xunta de Galicia, situando sempre en primeiro plano a
satisfacción das necesidades dos cidadáns, impulsará o proceso de modernización
da Administración de xustiza a través do establecemento de estruturas que
potencien a eficiencia das unidades e que faciliten a mellora continuada cara a un
servizo próximo e de calidade que deberá ser respectuoso cos principios recolleitos
na Carta de dereitos dos cidadáns ante a Xustiza.
2. Dentro do marco da Lei orgánica do poder xudicial, dos regulamentos que a
desenvolven, das leis procesuais, das normas organizativas establecidas pola
Administración autonómica, das funcións asignadas aos postos na relación de
postos de traballo e dos criterios xerais aprobados polo Consello Xeral do Poder
Xudicial, o funcionamento e actividade diaria dos servizos comúns regularanse a
través dos protocolos de actuación aprobados polos órganos competentes do corpo
de secretarios xudiciais.
3. Os protocolos de actuación incluirán o establecemento de controis de calidade,
controis que levará a cabo un funcionario diferente a aquel que realizara as
dilixencias ou tarefas sometidas a control. A función dos controis de calidade será a
de comprobar a conformidade das dilixencias ou tarefas coa normativa ou protocolo
de actuación aplicable. No caso de se detectaren deficiencias trasladáraselle o
resultado do control ao director do servizo para que adopte as medidas oportunas,
que poderán incluír, se fose o caso, a repetición da dilixencia ou tarefas.
Artigo 3.- Da misión e configuración dos servizos comúns procesuais
Versión .0 3
1. Os servizos comúns teñen por misión a realización, de forma centralizada, de
funcións de actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais.
2. Estes servizos asumirán exclusivamente as funcións que se lles asignen nas súas
normas de creación, e realizarán todas as tarefas da oficina xudicial precisas para o
cumprimento dos seus obxectivos.
3. As funcións non centralizadas en servizos comúns permanecerán nas secretarías
dos órganos xudiciais.
4. Os postos de traballo dos servizos comúns procesuais poderán distribuírse entre
os edificios xudiciais dos tribunais e xulgados de cada cidade.
Artigo 4.- Funcións asumibles polos servizos comúns procesuais xerais
Para os efectos deste decreto considerarase que as funcións asumibles polos
servizos comúns procesuais xerais teñen os seguintes contidos:
a) Rexistro xeral de entrada. Recoller, clasificar e rexistrar todos os escritos e
documentos que se presentan na sede xudicial; introducir na aplicación informática,
de conformidade co código de conduta de usuarios, os datos identificadores do
escrito e das partes, e remitilos informática e fisicamente aos xulgados; formar os
expedientes, compulsar copias de documentos tras cotexalos cos orixinais e
documentar os apoderamentos apud acta; colaborar, segundo o marco normativo,
co servizo de recepción de copias de escritos e notificacións (SERCEN) do colexio de
procuradores e recoller os escritos presentados neste servizo; e manter, actualizar
e xestionar a axenda de sinalamento de xuízos rápidos penais.
b) Repartición. Distribuír, aplicando as normas de repartición vixentes, os asuntos
de novo ingreso entre os xulgados ou seccións, a través de operacións informáticas
ou manuais.
c) Información e atención ao cidadán. Recibir e dirixir os cidadáns dentro da sede
xudicial; atender as demandas de información xeral presenciais, telefónicas e
escritas, así como contestar ás cuestións formuladas polos cidadáns por correo
ordinario, correo electrónico ou fax; xestionar o servizo de cita previa para trámites
ante as oficinas xudiciais; atender persoalmente os profesionais e cidadáns en
xeral, coñecer e valorar a súa satisfacción polo servizo e velar pola boa imaxe da
Versión .0 4
Administración de xustiza; tratar as queixas e suxestións; e crear os carteis,
elementos e documentos informativos necesarios.
d) Actos de comunicación e de execución. Recibir as cédulas de notificación,
citación, emprazamento e requirimento, así como os mandados de embargo e
desaloxamento e os actos de execución; e practicar as dilixencias de comunicación
e execución fóra da sede do órgano xudicial.
e) Arquivo único de xestión. Recibir os expedientes e documentos xudiciais
remitidos ao arquivo de xestión; clasificar, rexistrar, arquivar e desarquivar física e
informaticamente os expedientes; etiquetar, organizar e custodiar os cartafoles e
caixas de arquivo; confeccionar e presentar as relacións de expedientes que deben
pasar aos arquivos territoriais ou á xunta de expurgación; empaquetar e remitir
expedientes e documentos aos órganos xudiciais, aos servizos comúns e aos
arquivos territoriais; e entregar, para os efectos correspondentes, os expedientes
sometidos a procedemento de expurgación.
f) Depósito de efectos. Rexistrar, empaquetar, etiquetar, trasladar, controlar,
remitir e darlles destino ás pezas de convicción, aos efectos intervidos e aos
obxectos que deben custodiar os órganos xudiciais.
g) Arquivo territorial. Recibir, rexistrar, clasificar, ordenar e custodiar os
documentos e expedientes xudiciais que deban ser conservados nos arquivos
territoriais; remitir os documentos e expedientes solicitados polos órganos xudiciais
e servizos comúns; confeccionar e remitirlle ao órgano competente as relacións de
causas, autos e procedementos afectados polo transcurso dos prazos legais de
prescrición ou caducidade; e entregar as series, expedientes e documentos
determinados pola xunta de expurgación.
h) Apoio local. Adscribir funcionarios de carreira para prestaren servizos nas
oficinas xudiciais dos xulgados da localidade a fin de proporcionarlles apoio en
situacións de atraso ou de suplir as ausencias temporais.
i) Apoio territorial. Adscribir funcionarios de carreira para prestaren servizos nas
oficinas xudiciais do tribunal e nos xulgados das vilas a fin de proporcionarlles apoio
en situacións de atraso ou de suplir as ausencias temporais.
Versión .0 5
j) Funcións auxiliares da oficina xudicial. Desenvolver as tarefas que teñan carácter
de auxilio á actividade dos órganos xudiciais, entre elas as de:
I. Preparar e realizar as xestións precisas para a correcta celebración das
vistas e xuízos e, se é o caso, para a súa gravación audiovisual; así como
acoller e atender os intervenientes, asistir o tribunal e manter a orde na
sala.
II. Procurar unha xestión eficiente da utilización das salas de vistas.
III. Producir as copias de soportes audiovisuais e de escritos, documentos e
expedientes voluminosos.
IV. Recoller, trasladar e entregar os expedientes, escritos, comunicacións,
documentos e obxectos entre as unidades da oficina xudicial da localidade,
así como na fiscalía, unidades administrativas, instituto de medicina legal e
servizos da Administración de xustiza.
V. Recoller nas unidades da oficina xudicial as copias de resolucións e
dilixencias e mais as cédulas de notificación, citación, emprazamento e
requirimento (xunto cos documentos anexos a todos estes escritos, se fose
o caso) destinadas á notificación aos procuradores; entregalas ao servizo de
recepción de copias de escritos e notificacións (SERCEN) do colexio de
procuradores; e recoller neste servizo os xustificantes de recepción das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos entregados e
trasladalos ás unidades de procedencia.
VI. Confeccionar, a través de medios manuais ou automatizados, os sobres, os
xustificantes de recepción, as listaxes e os paquetes para a entrega ao
servizo de correos.
k) Sinalamento inmediato de xuízos civís. Sinalar vistas, comparecencias e
actuacións nos xuízos civís rápidos; xestionar e actualizar a axenda informática de
sinalamentos; e expedir as cédulas de citación e oficios para a súa entrega ao
servizo de actos de comunicación ou ao procurador.
l) Programación e xestión de vistas, xuízos e sinalamentos. Xestionar e actualizar,
para todos órganos da sede, a axenda informática de sinalamentos e de uso das
salas de vistas e comparecencias.
m) Acceso ás bases de datos das administracións e rexistros públicos. Acceder ás
bases de datos das administracións ou rexistros públicos nos casos acordados polas
autoridades xudiciais para a indagación patrimonial ou de enderezos, cando o
Versión .0 6
acceso estea establecido dende puntos centralizados; e comunicarlles os resultados
aos requirentes da información.
Título II. Creación de servizos comúns procesuais xerais
Artigo 5.- Do servizo común procesual xeral do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia
1. Con sede no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia créase un servizo común
xeral que desenvolverá, respecto de todas as salas xurisdicionais do tribunal, da
Sala de Goberno, da Secretaría de Goberno e da Unidade de Apoio á Presidencia, as
seguintes funcións:
a) Rexistro xeral de entrada.
b) Repartición.
c) Atención ao cidadán.
d) Arquivo único de xestión.
e) Depósito de efectos.
f) Apoio local.
2. Ademais, o servizo común procesual xeral da Coruña asumirá a función de
soporte administrativo da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de
Galicia.
Artigo 6.- Dos servizos comúns procesuais xerais con funcións de ámbito provincial
1. Con sede nas audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra créase cadanseu
servizo común de apoio provincial, os cales, ademais do soporte administrativo da
secretaría de coordinación provincial, asumirán respecto das oficinas da audiencia
provincial, dos xulgados da provincia –sen distinción de clase nin orde
xurisdicional– e dos servizos comúns procesuais as funcións de:
a) Apoio local.
b) Apoio territorial.
2. Tamén con sede nas audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra se crea
cadanseu servizo común de arquivo territorial, os cales proporcionarán o soporte
administrativo para o funcionamento do respectivo arquivo territorial, regulado no
Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a
Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia. Este servizo común
Versión .0 7
desenvolverá as funcións previstas na letra g) do artigo 4 deste decreto e as
demais precisas para o funcionamento do arquivo territorial.
3. Con sede nas audiencias provinciais de Lugo e Ourense créase cadanseu servizo
común de apoio provincial e cadanseu servizo común de arquivo territorial, que
asumirán, no respectivo ámbito provincial, as funcións previstas nos dous puntos
anteriores.
Artigo 7.- Dos servizos comúns procesuais xerais das sedes xudiciais das cidades
1. Nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo constituirase cadanseu servizo común procesual xeral, que
asumirán respecto de todos os órganos xudiciais con sede na cidade as seguintes
funcións:
a) Rexistro xeral de entrada.
b) Repartición.
c) Atención ao cidadán.
d) Arquivo único de xestión.
e) Depósito de efectos.
2. Os servizos comúns procesuais xerais de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo,
Ourense e Pontevedra prestarán, con ámbito territorial do partido xudicial, a
función de actos de comunicación e de execución.
3. De acordo co Ministerio de Xustiza, e tras informe do Consello Xeral do Poder
Xudicial, a consellería competente por razón da materia poderá atribuírlles a
función de sinalamento inmediato de xuízos rápidos civís aos servizos comúns
procesuais xerais mencionados no punto 1 deste artigo.
4. Os servizos comúns procesuais xerais de Santiago de Compostela e Ourense
realizarán de forma centralizada as funcións auxiliares da oficina xudicial, previstas
na letra j) do artigo 4 deste decreto.
Artigo 8.- Dos servizos comúns de actos de comunicación e execución
Constituiranse servizos comúns de actos de comunicación e execución nas cidades
da Coruña e Vigo, que asumirán, no ámbito territorial dos seus partidos xudiciais, a
función prevista no artigo 4.d) anterior para todos os órganos xudiciais e servizos
comúns procesuais da cidade, sen distinción de clase nin orde xurisdicional.
Versión .0 8
Artigo 9.- Dos servizos comúns procesuais de partido xudicial
1. Constituirase cadanseu servizo común de partido xudicial, con ámbito territorial
na dita circunscrición, nas vilas de Betanzos, Carballo, Ribeira, Cambados, Cangas,
Ponteareas, O Porriño, Tui e Vilagarcía de Arousa.
2. Correspóndelles a estes servizos prestar de forma centralizada, para todos os
xulgados de primeira instancia e instrución, as funcións de:
a) Rexistro xeral de entrada.
b) Repartición.
c) Información xeral ao público.
d) Arquivo único de xestión.
e) Depósito de efectos.
f) Actos de comunicación e de execución.
g) Funcións auxiliares da oficina xudicial.
3. Por resolución da Dirección Xeral de Xustiza, e tras informe do Consello Xeral do
Poder Xudicial, poderáselles atribuír a estes servizos outras funcións de entre as
previstas no artigo 4 deste decreto.
Título III. Organización da atención ao cidadán, da asistencia á vítima e do
tratamento de suxestións e queixas
Artigo 10.- Do persoal para a atención ao cidadán e asistencia ás vítimas
1. Os servizos comúns procesuais previstos nos artigos 5, 7 e 9 deste decreto
contarán con persoal que terá como funcións específicas a de lle proporcionar
información xeral e atención personalizada ao cidadán, tanto persoal coma
telefonicamente, e a de atender as vítimas dos delitos, con especial consideración
para as mulleres vítimas de violencia de xénero.
2. Nesta función os ditos servizos comúns actuarán en coordinación coa Unidade de
Atención ao Cidadán do Consello Xeral do Poder Xudicial, cos presidentes dos
tribunais e cos xuíces decanos, aos que lles prestarán soporte administrativo para o
tratamento de suxestións e queixas.
Versión .0 9
3. A través dos funcionarios de atención ao cidadán poderase concertar entre o
cidadán e a respectiva oficina xudicial unha cita previa para as demandas de
información que excedan do ámbito do artigo seguinte ou para a realización de
trámites.
Artigo 11.- Atención personalizada e información xeral
1. A atención personalizada ao cidadán supón a recepción e acollida dos usuarios
que acudan á sede xudicial para facilitarlles a orientación e axuda que precisen,
tanto se o fan por instancia do órgano ou servizo xudicial coma se é por iniciativa
propia. Esta atención debe ser personalizada, isto é, adaptada ás características de
cada un dos cidadáns.
2. A atención personalizada implica a actividade de información xeral, e así mesmo
esixe a colaboración do servizo para cubrir os formularios ou solicitudes que os
interesados poidan poñer directamente sen necesidade de representación ou
asistencia letrada.
3. A información xeral comprende a identificación e localización de calquera órgano
ou servizo da Administración de xustiza, e especialmente dos situados na mesma
sede; e tamén abrangue, igualmente, a resposta ás demandas concretas de
información sobre competencia dos órganos ou sobre procedementos, trámites,
requisitos e documentación para as actuacións que o cidadán desexe realizar.
4. En ningún caso a atención e información facilitada debe entrañar interpretación
normativa, consideración ou asesoramento xurídicos nin valoración económica
ningunha, senón que debe consistir nunha simple exposición de carácter xeral
sobre posibles procedementos legais e órganos competentes, sobre os requisitos
que a normativa vixente lles impoña ás actuacións que o interesado poida precisar
e sobre as características xerais dos distintos tipos de procedemento.
O funcionario informará os cidadáns acerca da existencia dos servizos de
orientación xurídica dependentes dos colexios de avogados, e dirixiraos cara a eles
respecto das consultas referidas ao seu ámbito de actuación.
Versión .0 10
5. A información de carácter particular sobre o estado de actuacións procesuais e a
consulta sobre requisitos concretos para un trámite, comparecencia ou vista
acordados por un órgano xudicial correspóndelles ás oficinas dos órganos xudiciais
e servizos comúns procesuais, sin perjuicio de trasladar aos cidadáns interesados
información, obtida da aplicación de xestión procesual, exclusivamente referida á
fase ou estado no que se atopa o expediente informático.
Artigo 12.- Asistencia ás vítimas
1. En materia de asistencia ás vítimas dos delitos e faltas –e sen prexuízo das
funcións atribuídas aos xuíces, fiscais e secretarios xudiciais–, estes funcionarios
facilitaranlles ás vítimas información sobre as posibilidades de obter a través do
proceso penal a restitución, a reparación do dano e/ou a indemnización dos
prexuízos materiais e morais, e daranlles así mesmo noticia dos seus dereitos en
relación co proceso penal. Tamén facilitarán información sobre as axudas e medidas
de asistencia ás vítimas establecidas polos poderes públicos e orientarán as vítimas
de delitos en relación cos servizos sociais e recursos públicos dispoñibles para a súa
atención, e, se fose o caso, dirixiranas cara aos servizos de orientación xurídica dos
colexios de avogados.
2. A Xunta de Galicia, a través de convenios e acordos –e, se fose o caso, de
contratación administrativa–, procurará a colaboración con este persoal de
psicólogos e traballadores sociais nos termos precisos para garantir unha asistencia
efectiva e de calidade. Así mesmo, a través dos ditos instrumentos ou de protocolos
procurará a coordinación cos centros e unidades doutras administracións con
competencia en materia de información, de asistencia e de tratamento e
prestacións económicas a favor das vítimas.
3. A asistencia ás vítimas prestarase sempre nun ámbito reservado que permita
garantir a intimidade.
Artigo 13.- Tratamento de suxestións e queixas polo funcionamento da
Administración de xustiza
1. O tratamento de suxestións e queixas por parte do persoal de atención ao
cidadán comprende a recepción das iniciativas formuladas polos cidadáns para
mellorar a atención aos usuarios ou a calidade do servizo prestado, así como a das
Versión .0 11
queixas por dilacións, por atención incorrecta ou por calquera outra cuestión
relativa ao funcionamento dos órganos ou oficinas xudiciais.
2. En ningún caso o dito persoal coñecerá das denuncias que expresamente se
refiran a cuestións disciplinarias.
3. No momento da presentación da queixa ou denuncia, o funcionario advertiralle
ao cidadán que esta non terá en ningún caso a cualificación de recurso
administrativo, que a súa interposición non paralizará os prazos establecidos na
normativa vixente e mais que tampouco condicionará o exercicio das accións,
recursos ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada
procedemento, poida exercitar o interesado.
4. Esta materia rexerase polo previsto no Regulamento 1/1998, do Consello Xeral
do Poder Xudicial, de tramitación de queixas e denuncias relativas ao
funcionamento dos xulgados e tribunais, sen prexuízo das facultades que aquel lle
atribúe ao xuíz decano ou ao presidente do tribunal.
Título IV. Organización doutras funcións centralizadas en servizos comúns
procesuais xerais
Artigo 14.- Organización da función de rexistro xeral de entrada e relación co
servizo de traslado de escritos
1. Para todos os efectos previstos nas leis reguladoras dos procesos civil, penal,
contencioso-administrativo e social, os servizos comúns xerais que presten a
función de rexistro xeral de entrada son as oficinas de rexistro xeral de escritos e
demandas de todos os órganos xudiciais da localidade.
Para estes efectos, e respecto da xurisdición penal, persoal do servizo común
integrarase, xunto con persoal dos xulgados de instrución, no servizo de garda co
fin de rexistrar os escritos, atestados, comunicacións, obxectos e documentos que
se presenten durante a prestación do dito servizo.
2. Co obxecto de proporcionar unha información completa, actualizada e fiable do
rexistro xeral e da repartición de asuntos, os servizos comúns xerais rexistrarán as
demandas, escritos, expedientes, obxectos e pezas utilizando de xeito constante,
Versión .0 12
habitual, homoxéneo e normalizado as aplicacións e programas informáticos
instalados, tras aprobación do Consello Xeral do Poder Xudicial, pola Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
3. Respecto de cada escrito presentado, o servizo común introducirá no rexistro
informático a totalidade dos datos que deban incorporarse ás aplicacións
informáticas. Todos os intervenientes serán identificados de maneira individual,
evitando o seu rexistro duplicado ou múltiple, mediante o seu número de
identidade (DNI ou pasaporte para as persoas físicas e CIF para as xurídicas). Por
cada interveniente rexistraranse ou actualizaranse tamén os datos dos profesionais
(avogado, procurador, graduado social) que, se é o caso, o asistan ou representen.
4. Os escritos que, de conformidade co artigo 276.2 da Lei de axuizamento civil,
sexan entregados polos procuradores para o seu traslado aos procuradores das
demais partes serán presentados ante o servizo común xeral para seren datados,
selados e rexistrados informaticamente. Logo da expedición dos xustificantes
oportunos e do rexistro informático do escrito, procederase á súa entrega ao
Servizo de Recepción de Copias de Escritos e Notificacións (SERCEN), organizado
polo colexio de procuradores.
5. Nesta materia será de aplicación a Instrución 1/2009, do 26 de marzo, do Pleno
do Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre normas para o rexistro de asuntos nos
sistemas de xestión procesual, ou, se fose o caso, a normativa do Consello Xeral do
Poder Xudicial que a substitúa ou modifique.
Artigo 15.- Organización das funcións de apoio local e territorial aos órganos
xudiciais
1. Os funcionarios que ocupen os postos de apoio local poderán desempeñar as
súas funcións en todas as unidades da oficina xudicial da cidade.
2. Os funcionarios que ocupen os postos de apoio territorial poderán desempeñar as
súas funcións en todas as unidades da oficina xudicial da provincia.
3. A adscrición nun xulgado, unidade, oficina ou servizo común determina a
colaboración temporal do funcionario na respectiva oficina, baixo a dependencia
funcional do director da unidade de adscrición. Esta adscrición realizarase mediante
un acordo da unidade administrativa competente tras proposta do secretario
Versión .0 13
coordinador provincial. Á falta de proposta, o funcionario continuará prestando
funcións no servizo común de procedencia, agás que a Dirección Xeral de Xustiza,
por causa xustificada e logo de oír o secretario coordinador, acorde a colaboración
funcional noutra unidade.
4. A dita colaboración funcional realizarase por un período de 3 ou 6 meses para
atender situacións de sobrecarga de traballo por causas conxunturais, pendencia de
asuntos, existencia de expedientes complexos, posta en marcha de novos servizos,
desenvolvemento de programas de actuación ou outras circunstancias que o
xustifiquen.
5. Os funcionarios de apoio local teñen tamén como misión realizar substitucións
para ocupar postos baldeiros en casos de baixas por enfermidade, permisos,
licenzas ou ausencias dos funcionarios titulares. A substitución acordaraa a unidade
administrativa competente segundo a quenda que se estableza, e terá preferencia
respecto da adscrición temporal. Cando o titular se reincorpore ao posto de
traballo, o funcionario de apoio reintegrarase ao xulgado, unidade, oficina ou
servizo común no que estivese prestando a súa colaboración funcional en calidade
de reforzo.
Artigo 16.- Organización da función de acceso ás bases de datos das
administracións e rexistros públicos
O acceso ás bases de datos das administracións e rexistros públicos realizarase nos
termos previstos nos convenios de colaboración asinados polo Consello Xeral do
Poder Xudicial. Respectaranse, en todo caso, as normas de seguridade informática
que estableza o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a
Administración cedente dos datos.
Artigo 17.- Da organización da función do arquivo único de xestión
1. Os servizos comúns procesuais xerais recollerán cada día hábil, en todas as
oficinas xudiciais do seu ámbito de actuación, os expedientes que deban pasar ao
arquivo xudicial único de xestión.
2. No prazo dun día hábil o servizo común procesual xeral entregará nas oficinas
xudiciais os expedientes, conservados no arquivo único de xestión, que os
directores funcionais das oficinas reclamen. Se concorre causa xustificativa de
Versión .0 14
urxencia, o desarquivamento e entrega do expediente realizarase de forma
inmediata.
3. Trimestralmente o servizo común procesual xeral confeccionará e presentaralle
ao responsable funcional competente a relación de expedientes que proceda remitir
ao arquivo territorial. Semestralmente confeccionarase a relación de expedientes
que deben ser sometidos ao procedemento de expurgación.
Artigo 18.- Organización da función de depósito de efectos
1. Os servizos comúns procesuais xerais organizarán e xestionarán o depósito
unificado dos obxectos intervidos en causas criminais e dos efectos do delito.
2. Cada obxecto ou lote depositado será obxecto de rexistro, identificación e
etiquetaxe, e expedirase un resgardo xustificativo que se incorporará ao expediente
xudicial. No expediente informático e no cartafol do expediente físico farase a
anotación do depósito.
3. Semestralmente o servizo común procesual xeral consultará o estado dos
procedementos que orixinasen o depósito e, se é o caso, solicitará do órgano
xudicial competente que se adopten os acordos necesarios para lles dar aos efectos
o destino legal correspondente. Como resultado das consultas confeccionarase unha
listaxe dos obxectos depositados e do estado dos devanditos procedementos.
Artigo 19.- Organización das funcións de arquivo territorial e de soporte da Xunta
de Expurgación da Documentación Xudicial
A xestión dos arquivos xudiciais territoriais levarase a cabo de conformidade co
establecido no Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos
arquivos xudiciais, e mais no Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos
xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de
Galicia. Dentro do mesmo marco normativo desenvolveranse as funcións de soporte
da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial.
Artigo 20.- Da organización das funcións de actos de comunicación e execución
1. Os servizos comúns que teñan encomendada a función prevista na letra d) do
artigo 4 deste decreto practicarán todos os actos de comunicación e de execución
Versión .0 15
que sexan acordados polos órganos xudiciais e que esixan a práctica de dilixencias
fóra da sede xudicial.
2. O servizo levará a cabo os actos de comunicación por entrega, agás aqueles
actos que por disposición legal deban realizarse en presenza xudicial. Tampouco lle
corresponderá ao servizo a práctica de actos de comunicación que deban realizar os
procuradores nin os que corresponda realizar a través dos servizos de recepción de
copias de escritos e notificacións, organizados polos colexios de procuradores.
3. O servizo exercerá as súas funcións en todo o ámbito territorial do partido
xudicial, realizando todos os actos de comunicación e de execución emanados dos
tribunais, xulgados e servizos comúns procesuais da localidade da súa sede –sen
restricións por razón da clase de órgano ou da orde xurisdicional de procedencia–,
así como os solicitados por outros tribunais, xulgados e servizos comúns procesuais
a través de auxilio xudicial.
4. As oficinas dos xulgados de paz colaborarán na realización dos actos de
comunicación por entrega, función que realizarán coordinamente cos servizos
comúns procesuais aos que se refire o apartado 1 deste artigo.
Artigo 21.- Do plan de transporte
1. Os responsables dos servizos comúns de actos de comunicación e de execución
elaborarán un plan de transporte que se someterá á aprobación do departamento
territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
2. O departamento territorial poderá adicionar o plan de transporte coas previsións
necesarias para o desenvolvemento da función de colaboración das oficinas dos
xulgados de paz prevista no apartado 4 do artigo anterior.
3. O transporte deberá escollerse en función da maior eficacia e eficiencia do
servizo e do uso racional dos medios de locomoción.
Título V. Dos postos de traballo, da relación de postos
Versión .0 16
Artigo 22.- Da súa reserva á función pública ao servizo da Administración de
xustiza, do complemento específico e doutras características dos postos de traballo
1. Os postos de traballo nos servizos comúns procesuais están regulados para
seren adscritos con exclusividade ao persoal ao servizo da Administración de
xustiza.
2. O complemento específico destes postos, a súa forma de provisión, os requisitos
esixidos para o seu desempeño e os méritos específicos avaliables serán os que se
determinen nas relacións de postos de traballo.
Artigo 23.- Relacións de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza
en Galicia
1. Correspóndelle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a
aprobación inicial e mais a modificación dos cadros de persoal dos servizos comúns
procesuais, así como a súa remisión ao Ministerio de Xustiza para a aprobación
definitiva. Os cadros de persoal e as súas modificacións serán publicados no Diario
Oficial de Galicia.
2. Con carácter previo á aprobación inicial dos cadros de persoal e das súas
modificacións solicitarase un informe da Consellería de Economía e Facenda, que
será vinculante en caso de que a aprobación ou a modificación supoña incremento
do gasto.
3. Estes cadros de persoal integraranse, xunto cos cadros de persoal das unidades
técnico-administrativas e das unidades de apoio ás presidencias de tribunais e
decanatos dos xulgados, e no seu día das unidades de apoio directo a xulgados e
tribunais, na “Relación de postos de traballo da Administración de xustiza en
Galicia”, que se financiará con cargo aos créditos comprendidos no programa
orzamentario 131-B: “Persoal ao servizo da Administración de xustiza”. Tamén se
integrarán na dita relación de postos de traballo os cadros de persoal das oficinas
de fiscalía, dos rexistros civís, do instituto de medicina legal e das secretarías e
agrupacións de secretarías de xulgados de paz.
Artigo 24.- Provisión de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza
en Galicia
1. A provisión de postos de traballo do persoal funcionario ao servizo da
Administración de xustiza realizarase segundo o previsto no Regulamento sobre
Versión .0 17
ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal
funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto
1451/2005, do 7 de decembro, ou, se fose o caso, na normativa que o substitúa ou
complemente.
2. A provisión inicial de postos será contemplada nun plan de recursos humanos,
que abranguerá os aspectos precisos para a adaptación dos funcionarios ás novas
tarefas e relacións.
Disposición transitoria primeira.- Desenvolvemento da estrutura organizativa dos
servizos comúns procesuais xerais
A estrutura organizativa prevista neste decreto desenvolverase de forma progresiva
segundo o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.
Disposición transitoria segunda.- Organización dos servizos comúns de actos de
comunicación e execución
Entrementres o Consello Xeral do Poder Xudicial non estableza os criterios xerais
previstos no artigo 438.7 da Lei orgánica do poder xudicial, os servizos comúns de
actos de comunicación e execución, para o non previsto neste decreto, aplicarán
como criterios de organización os recolleitos no Protocolo de servizo para a
coordinación, conexión e interrelación entre os xulgados e tribunais e os servizos
comúns de actos de comunicación e execución, aprobado polo dito órgano a través
da súa Instrución núm. 2/2001, do 9 de maio.
Disposición final primeira.- Entrada en funcionamento dos servizos comúns
Os servizos comúns previstos neste decreto entrarán en funcionamento, de forma
gradual, a través de resolucións da Dirección Xeral de Xustiza, nas datas que nelas
se establezan.
Disposición final segunda.- Entrada en vigor
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, ...
Versión .0 18
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Versión .01 1
Proxecto de Decreto polo que se constitúen unidades técnico-
administrativas nos edificios xudiciais e unidades de apoio a presidencias
de tribunais e decanatos dos xulgados
Dentro da nova estrutura prevista para a Administración de xustiza na Lei orgánica
6/1985, do poder xudicial (LOPX), tras a reforma introducida pola Lei orgánica
19/2003, do 23 de decembro, o artigo 439 da LOPX regula as denominadas “unidades
administrativas”.
Segundo o dito artigo, enténdese por unidade administrativa aquela que, sen estar
integrada na oficina xudicial, se constitúe no ámbito da organización da Administración
de xustiza para a xefatura, ordenación e xestión dos recursos humanos da oficina
xudicial sobre os que se teñen competencias, así como sobre os medios informáticos,
novas tecnoloxías e demais medios materiais.
Engade o artigo que así mesmo, dentro das ditas unidades, se poderán establecer
oficinas comúns de apoio a unha ou varias oficinas xudiciais para a prestación de
servizos cuxa natureza non esixa a realización de funcións encomendadas como
propias pola dita lei orgánica aos funcionarios dos corpos da Administración de xustiza,
e que se consideren necesarios ou convenientes para o bo funcionamento daquelas.
En virtude das competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en
materia de medios ao servizo da Administración de xustiza a través dos reais
decretos 2166/1994, 2397/1996 e 233/1998, correspóndelle á Administración
autonómica o deseño, creación e organización das unidades administrativas e das
oficinas de apoio, segundo establece o artigo 439.2 da LOPX.
As circunstancias en que se está a desenvolver a Administración de xustiza en
Galicia aconsellan con urxencia a introdución de cambios organizativos que
fortalezan os medios postos á disposición dos xulgados e tribunais, que favorezan
un funcionamento máis eficiente das oficinas e que lles faciliten aos cidadáns unha
relación máis satisfactoria coa organización xudicial.
Con esta finalidade apróbase o presente decreto, que forma parte dun plan de
primeiras medidas para a posta en marcha da nova oficina xudicial, centrado
naquelas unidades e servizos que dende hai anos veñen sendo obxecto de demanda
por parte de diversos sectores profesionais, e que contan neste ámbito cun
importante grao de consenso. Primeiras medidas que constitúen, así mesmo, un
Versión .01 2
anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa
denominada “nova oficina xudicial”.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas
e Xustiza; tras seren oídas as organizacións sindicais máis representativas; tras
cadanseu informe do Consello da Avogacía Galega, do Consello Galego de
Procuradores dos Tribunais e do Consello Xeral do Poder Xudicial; de acordo co
ditame do Consello Consultivo de Galicia; e logo da deliberación do Consello da
Xunta de Galicia na súa reunión do día … de … de …,
DISPOÑO:
Artigo 1.- Obxecto
O presente decreto ten por obxecto exercer as competencias da Xunta de Galicia en
materia de constitución, creación e regulación das unidades administrativas para a
xestión dos medios persoais e materiais ao servizo dos xulgados, tribunais e
fiscalías, así como das unidades de apoio ás presidencias dos tribunais e aos
decanatos dos xulgados das cidades.
Artigo 2.- Principios
No exercicio das súas competencias de deseño e organización das unidades creadas
a través deste decreto, a Xunta de Galicia, situando sempre en primeiro plano a
satisfacción das necesidades dos cidadáns, impulsará o proceso de modernización
da Administración de xustiza a través do establecemento de estruturas que
potencien a eficiencia das unidades e que faciliten a mellora continuada cara a un
servizo próximo e de calidade que deberá ser respectuoso cos principios recolleitos
na Carta de dereitos dos cidadáns ante a Xustiza.
Artigo 3.- Das unidades técnico-administrativas de Xustiza
1. Nas sedes xudiciais da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense,
Pontevedra e Vigo existirá cadanseu órgano administrativo, denominado “unidade
técnico-administrativa de xustiza”, que desenvolverá as súas funcións no marco das
competencias que en relación coa Administración de xustiza en Galicia lle
corresponden á Consellería competente en materia de xustiza.
2. A estrutura e funcións destas unidades axustarase ao que dispón este decreto.
Versión .01 3
Artigo 4.- Dependencia orgánica e funcional
As unidades técnico-administrativas de Xustiza a que se refire este decreto
dependerán organicamente, a través dos servizos de Xustiza –ou, se fose o caso,
de Xustiza e Administración local–, dos departamentos territoriais da consellería
competente en materia de xustiza, e funcionalmente da Dirección Xeral de Xustiza.
Artigo 5.- Ámbito territorial
1. O ámbito territorial destas unidades é o seguinte:
a) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza da Coruña: o seu ámbito de
actuación abrangue os partidos xudiciais da Coruña, Betanzos, Carballo e
Corcubión.
b) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Ferrol: o seu ámbito de
actuación abrangue os partidos xudiciais de Ferrol e Ortigueira.
c) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Santiago de Compostela: o
seu ámbito de actuación abrangue os partidos xudiciais de Arzúa, Muros,
Negreira, Noia, Ordes, Padrón, Ribeira e Santiago de Compostela.
d) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Lugo: o seu ámbito territorial
é a provincia de Lugo.
e) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Ourense: o seu ámbito
territorial de actuación é a provincia de Ourense.
f) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Pontevedra: o seu ámbito de
actuación abarca os partidos xudiciais da Estrada, Lalín, Caldas de Reis,
Cambados, Cangas, Marín, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.
g) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Vigo: o seu ámbito de
actuación abrangue os partidos xudiciais de Ponteareas, Redondela, O
Porriño, Tui e Vigo.
2. Como excepción ao previsto no punto anterior, a asistencia pericial e as demais
funcións do persoal integrante das oficinas de apoio técnico destas unidades
prestaranse en todo o ámbito da comunidade autónoma segundo a distribución do
traballo que estableza a Dirección Xeral de Xustiza.
Artigo 6.- Funcións das unidades técnico-administrativas de Xustiza
Versión .01 4
1. As unidades técnico-administrativas de Xustiza exercerán as súas funcións en
materia de xestión de recursos humanos, de administración de medios económicos
e materiais e de soporte de medios audiovisuais e informáticos.
2. Nestas unidades poderán existir oficinas comúns de apoio que, integradas por
persoal de carácter técnico, prestarán as funcións de asistencia pericial, tradución,
interpretación, corrección e asesoramento lingüístico que lles sexan requiridas por
parte dos órganos xudiciais ou fiscais. Este persoal prestará tamén a asistencia e
colaboración que lle encomende a Dirección Xeral de Xustiza nas materias propias
da súa disciplina profesional.
3. As unidades técnico-administrativas de Xustiza, logo das comprobacións que
sexan necesarias, subministraranlles aos servizos centrais da consellería
competente en materia de xustiza cantos datos, informes ou estudos lles sexan
solicitados ou consideren oportuno remitir, de acordo coas instrucións recibidas.
Artigo 7.- Xestión de recursos humanos
En materia de xestión de recursos humanos, as unidades técnico-administrativas
desempeñarán as seguintes funcións:
a) Xefatura de persoal, respecto dos centros de destino comprendidos no seu
ámbito territorial, para os efectos de atribución de funcións e de
substitucións, reguladas respectivamente nos artigos 39.2 e 74 do
Regulamento orgánico de ingreso, promoción profesional e provisión de
postos de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza,
aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.
b) Xestión das funcións de titoría de funcionarios titulares e interinos de novo
ingreso, e colaboración na formación de reciclaxe.
c) Control horario e do absentismo laboral.
d) Colaboración co servizo e unidades de prevención de riscos laborais.
e) Xestión operativa e notificacións das resolucións dos órganos competentes
en materia de recursos humanos.
f) Coordinación e colaboración coas unidades competentes en materia de
nóminas e xestión de persoal.
g) Outras funcións que se lles poida encomendar por delegación.
Artigo 8.- Xestión de medios económicos e materiais
Versión .01 5
En materia de xestión de medios económicos e materiais, as unidades técnico-
administrativas:
a) Asesorarán os cidadáns e asistiranos respecto dos requisitos e documentos
precisos para reclamar as indemnizacións económicas que lles correspondan
percibir pola intervención en procesos xudiciais como testemuñas ou peritos,
que se tramitarán ante o departamento territorial da Consellería competente en
materia de xustiza.
b) Organizarán, xestionarán e coordinarán todas as cuestións relativas á
constitución e funcionamento do xurado en aspectos alleos aos estritamente
procesuais.
c) Administrarán a utilización e consumo do equipamento, dos fornecementos e
do material de oficina e non inventariable que resultan necesarios para o
funcionamento dos órganos xudiciais, das fiscalías e das unidades da oficina
xudicial.
d) Desempeñarán as demais funcións que en materia de xestión económica e
medios materiais lles encomende a Dirección Xeral de Xustiza.
Artigo 9.- Área de soporte de medios audiovisuais e informáticos
En materia de soporte de medios audiovisuais e informáticos, as unidades técnico-
administrativas:
a) Prestarán asistencia na utilización dos sistemas de videoconferencia e
dos medios de gravación audiovisual de vistas e comparecencias.
b) Asesorarán, informarán e resolverán as dúbidas dos usuarios respecto
das aplicacións informáticas da Administración de xustiza.
c) Realizarán as tarefas para o mantemento, a seguridade e a xestión
informática ou de equipos que lles encomende o centro directivo competente
en materia de tecnoloxías da información e da comunicación da
Administración de xustiza.
Artigo 10.- Das unidades de apoio aos órganos de goberno
1. Nas sedes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das audiencias provinciais
e mais dos xulgados das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo,
Ourense, Pontevedra e Vigo créase cadansúa unidade de apoio aos órganos de
Versión .01 6
goberno, as cales atenderán as necesidades organizativas e gobernativas dos
presidentes dos tribunais e dos maxistrados xuíces decanos e xestionarán as
bibliotecas xudiciais.
2. Os funcionarios destinados nos postos destas unidades dependerán
funcionalmente, segundo o caso, do presidente do tribunal ou do maxistrado xuíz
decano.
Artigo 11.- Dos postos de traballo nas unidades técnico-administrativas de Xustiza
e nas unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos
1. En función das súas características, os postos de traballo para as unidades
previstas neste decreto serán adscritos ao persoal laboral da Administración
autonómica ou aos funcionarios da Administración de xustiza en Galicia, segundo se
especifique na relación de postos de traballo da Consellería competente en materia
de xustiza e mais na relación de postos de traballo da Administración de xustiza en
Galicia.
2. O complemento específico destes postos, a súa forma de provisión, os requisitos
esixidos para o seu desempeño e os méritos específicos avaliables serán os que se
determinen nas relacións de postos de traballo.
Artigo 12.- Relacións de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza
en Galicia
1. Correspóndelle á Consellería competente en materia de xustiza a aprobación e
modificación dos cadros de persoal das unidades contempladas neste decreto. Os
cadros de persoal e as súas modificacións serán publicados no Diario Oficial de
Galicia.
2. Con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e das súas modificacións
solicitarase un informe da Consellería de Facenda, que será vinculante en caso de
que a aprobación ou a modificación supoña incremento do gasto.
3. Estes cadros de persoal integraranse, xunto cos cadros de persoal dos servizos
comúns procesuais, e no seu día das unidades de apoio directo a xulgados e
tribunais, na “Relación de postos de traballo da Administración de xustiza en
Galicia”, que se financiará con cargo aos créditos comprendidos no programa
orzamentario 131-B: “Persoal ao servizo da Administración de xustiza”. Tamén se
Versión .01 7
integrarán na dita relación de postos de traballo os cadros de persoal das oficinas
de fiscalía, dos rexistros civís, do instituto de medicina legal e das secretarías e
agrupacións de secretarías de xulgados de paz.
Artigo 13.- Provisión de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza
en Galicia
1. A provisión de postos de traballo de persoal funcionario ao servizo da
Administración de xustiza realizarase segundo o previsto no Regulamento sobre
ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal
funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto
1451/2005, do 7 de decembro, ou, se fose o caso, na normativa que o substitúa ou
complemente.
2. A integración nestas unidades do persoal funcionario ou laboral da Xunta de
Galicia realizarase consonte a normativa autonómica aplicable.
Disposición transitoria primeira.- Desenvolvemento da estrutura organizativa das
unidades administrativas
A estrutura organizativa prevista neste decreto desenvolverase de forma progresiva
segundo o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.
Disposición transitoria primeira.- Ámbito territorial provisional
O ámbito territorial das unidades técnico-administrativas de Xustiza limitarase ao
partido xudicial da súa sede ata que, a través da aprobación das correspondentes
relacións de postos de traballo, se produza a incorporación en partidos xudiciais
distintos dos da súa sede de postos singularizados que asuman tarefas de enlace e
coordinación coas ditas unidades.
Disposición final primeira.- Entrada en funcionamento das unidades administrativas
As unidades previstas neste decreto entrarán en funcionamento, de forma gradual,
a través de ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
nas datas que nelas se establezan.
Disposición final segunda.- Entrada en vigor
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Versión .01 8
Santiago de Compostela, ...
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Informe NOX
[2009]
INFORME SOBRE A
IMPLANTACIÓN DA
NOVA OFICINA XUDICIAL
Informe NOX
[2009]
- 2 -
ÍNDICE
INFORME SOBRE A IMPLANTACIÓN DA NOVA OFICINA XUDICIAL ......................... 3
1. Introdución ..................................................................................................... 3
2. Contido da reforma: aspectos fundamentais .................................................... 4
2.1 Creación dos servizos comúns procesuais ............................................................. 4
2.2 Creación de unidades administrativas .................................................................. 5
2.3 Incorporación da relación de postos de traballo ..................................................... 5
3. Materialización: dúas fases .............................................................................. 6
1) PRIMEIRA FASE .................................................................................................. 6
2) SEGUNDA FASE .................................................................................................. 7
4. Medidas necesarias .......................................................................................... 9
5. Calendario ..................................................................................................... 10
Informe NOX
[2009]
- 3 -
INFORME SOBRE A IMPLANTACIÓN DA
NOVA OFICINA XUDICIAL
1. INTRODUCIÓN
O actual modelo de oficina xudicial, deseñado no século XIX, baséase nunha estrutura de
microoficinas xestionadas directamente polo xuíz e mais polo secretario xudicial segundo
modelos burocráticos clásicos afastados dos modelos de axilidade, eficiencia,
accesibilidade, transparencia, atención adecuada e xestión de calidade que caracterizan as
organizacións de servizos modernas.
Consciente desta crise do modelo decimonónico, o Consello de Europa recomendou, como
unha das medidas para a mellora da xustiza, dotar os xuíces dos medios e instrumentos
necesarios que lles permitan levar a cabo a súa actividade xurisdicional afastándoos de
todas as funcións que non sexan estritamente xurisdicionais na súa angueira ordinaria.
Con esta premisa aséntanse as bases para unha nova organización do traballo na
Administración de xustiza, que en España, dende a publicación do Libro branco da Xustiza,
se orienta cara á redución do persoal que traballa directamente co xuíz –as secretarías
tradicionais– e cara á creación duns servizos comúns que deberían asumir o peso principal
do traballo burocrático da organización baixo a dirección dun técnico procesual.
En termos xerais, esta nova organización cimentaríase nunha distribución das funcións
entre as unidades procesuais de apoio directo, encabezadas polo xuíz, e os servizos
comúns procesuais, encabezados polo secretario. O tamaño das unidades procesuais de
apoio ao xuíz sería máis reducido ca o das actuais; en cambio, o tamaño dos servizos
comúns procesuais sería maior, o que permitiría a especialización de equipos de traballo.
Seguindo estes principios, a nova oficina xudicial é o nome dun ambicioso proceso de
renovación da nosa Xustiza que xorde da reforma da Lei orgánica do poder xudicial levada
a cabo pola Lei orgánica 19/2003. Deste actual marco normativo dimana un mandado ás
administracións públicas para que procedan á implementación desta innovadora e moderna
organización.
Informe NOX
[2009]
- 4 -
2. CONTIDO DA REFORMA: ASPECTOS FUNDAMENTAIS
O xulgado tradicional vénse a dividir en unidades de apoio directo (UPAD) e servizos
comúns procesuais (SCP). Nas UPAD radica o xuíz ou tribunal e existirán tantas como
os actuais xulgados, sendo competencia do Ministerio de Xustiza a súa creación e
constitución (a súa dotación básica ven regulamentada na Orde do Ministerio 3244/2005,
do 18 de outubro –BOE do 20/10/05-), mentres que a competencia para a creación dos
SCP é das administracións con competencias na xestión da Administración de xustiza,
como sucede no caso de Galicia.
Así e todo, as novidades non rematan aquí, pois tamén hai que salientar a creación de
unidades administrativas nos edificios xudiciais –incluso coa posibilidade de que
incorporen oficinas técnicas– e máis a incorporación á Administración de xustiza das
relacións de traballo como instrumento de ordenación do persoal, sendo tamén
competencia autonómica.
Vexamos estas cuestións con máis detalle:
2.1 CREACIÓN DOS SERVIZOS COMÚNS PROCESUAIS
Os servizos comúns procesuais que integran a nova oficina xudicial clasifícanse en
servizos comúns procesuais xerais (con funcións de rexistro, arquivamento, depósito
de efectos, atención ao cidadán e outras funcións auxiliares), servizos comúns de
ordenación do proceso (que asumirán a tramitación de procedementos) e servizos
comúns de execución (encargados da tramitación dos procesos de execución forzosa), a
creación destes dous últimos viña ligado a unha modificación legal que hoxe xa é unha
realidade e que entrará en vigor nos vindeiros meses.
En realidade, as innovacións que incorpora a nova oficina xudicial radican
substancialmente nos servizos comúns de ordenación do proceso (SCOP) e nos servizos
comúns de execución, que aparecen por primeira vez no noso ordenamento. Pola súa
banda, e en relación cos servizos comúns xerais, o que se pretende é a súa xeneralización
e potenciación.
Informe NOX
[2009]
- 5 -
2.2 CREACIÓN DE UNIDADES ADMINISTRATIVAS
Trátase de unidades administrativas situadas nos edificios xudiciais, con funcións de xestión
dos edificios, de xestión do equipamento e medios materiais ao servizo da
Administración de xustiza (organización e control da utilización de dependencias,
xestión do equipamento e material funxible, control e seguimento da prevención de riscos
laborais, etc.), de xefatura de persoal (xefatura que asumirán nos aspectos orgánicos en
relación cos funcionarios dos corpos de xestión, de tramitación procesual e administrativa
e de auxilio xudicial que traballan nos xulgados, tribunais e fiscalías galegas), etc. Poden
así mesmo incorporar oficinas técnicas, que organizarían o traballo do persoal laboral
que hoxe ocupa postos de peritos xudiciais (de inmobles, de automóbiles e calígrafos) e de
tradutores e intérpretes. No futuro tamén se podería incorporar outro persoal facultativo
ou técnico.
2.3 INCORPORACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO
As relacións de postos de traballo (RPTs) chegan á Xustiza case que vinte e cinco anos
despois de chegaren á Administración xeral. Emporiso, neste ámbito as RPTs incorporan
solucións que ata o de agora non eran posibles, como por exemplo a de establecer un
catálogo de postos singularizados entre os que figuren mandos intermedios
(mandos que apoiarían a función de dirección, catalizarían o traballo dos seus
compañeiros, repartirían tarefas e controlarían a súa execución), o cal pode servir tanto
para incorporar unha carreira administrativa horizontal coma para fomentar a cualificación
e responsabilidade do persoal. Ademais, a RPT incorpora a posibilidade de definir perfís de
dominio lingüístico como requisito ou como mérito para acceso aos ditos postos.
Informe NOX
[2009]
- 6 -
3. MATERIALIZACIÓN: DÚAS FASES
A estratexia que se defende neste informe é a de propor unha implantación progresiva en
dúas fases.
A primeira consistiría na posta en marcha de servizos comúns moi demandados, xa
coñecidos e que non suscitan dúbidas en canto ao seu funcionamento. Deberían estar
dispoñibles a curto ou medio prazo (entre seis meses e un ano), e constituirían as
primeiras medidas visibles de implantación da reforma.
A segunda fase é a que suporán un cambio radical respecto do que agora existe, na
medida en que posibilitarán unha substitución das actuais secretarías por unha
organización baseada en unidades procesuais de apoio directo e en servizos comúns de
ordenación de procedemento e de execución. Esta segunda fase require un análise máis
sosegado e a participación dos diversos sectores da xustiza. Debería abordarse coa
participación de consultores externos, expertos na xestión do cambio organizativo, e a
constitución de foros específicos de estudio e deliberación do modelo organizativo, que
deberían confluír na elaboración dun plan director de implantación.
Vexamos máis polo miúdo a concreción destas fases:
1) PRIMEIRA FASE
Terá por obxecto a posta en marcha dos servizos comúns xerais e das unidades
administrativas, acompañada da aprobación dunha relación de postos de traballo parcial
(limitada aos centros de destino de nova creación), dentro dun Plan de primeiras medidas
de implantación da nova oficina xudicial. A periodización desta posta en marcha sitúase
entre seis meses e un ano.
Na primeira fase desenvolverase o Plan de primeiras medidas de implantación da
nova oficina xudicial, que consiste na creación de 44 novas unidades, das cales:
25 son servizos comúns (xerais, de apoio, de arquivo ou de actos de comunicación
e execución).
Informe NOX
[2009]
- 7 -
19 son unidades administrativas: 7 unidades técnico-administrativas (nas 7
grandes cidades) e 12 unidades de apoio ás presidencias dos tribunais colexiados e
mais aos decanatos.
Os servizos estarán nas sete cidades mais nas vilas galegas que conten con 3 ou máis
xulgados, mentres que as unidades estarán só nas sete urbes galegas.
Así pois, e ligado o anterior cos distintos niveis territoriais de implantación, resulta o
seguinte:
Ámbito autonómico.- No Tribunal Superior de Xustiza constitúese un servizo común
xeral e mais unha unidade de apoio á presidencia.
Ámbito provincial.- Nas cidades capitais de provincia existirá un servizo común de
apoio provincial e outro de arquivo territorial (coa excepción de Lugo e Ourense,
que o levan refundido no xenérico servizo común de apoio provincial), así como
tamén as unidades de apoio á presidencia da audiencia provincial.
Ámbito de partido xudicial.- Nas sete cidades e nas vilas de Betanzos, Carballo,
Ribeira, Cambados, Cangas, Ponteareas, O Porriño, Tui e Vilagarcía constitúese
cadanseu servizo común xeral. Ademais, nas sete cidades tamén contarán con
unidades de apoio ao decanato.
Para evitar a creación de macroservizos cun gran número de funcionarios, as cidades da
Coruña e Vigo seguirán a ter como centros independentes os seus servizos comúns de
actos de comunicación e execución, servizos que se incorporarán aos chamados servizos
comúns xerais nas restantes cidades.
2) SEGUNDA FASE
Terá por obxecto a elaboración dun Plan director para a implantación da nova oficina
xudicial negociado cos diversos sectores da Xustiza e con participación de expertos
externos. Para o que se constituirán Comisións, de ámbito superior e técnico, e grupos de
traballo, nas que se incorporarán tanto os colectivos de xustiza como os consultores.
Partiremos dunha periodización máxima de dez meses para a confección do plan, e de 18 a
30 meses para a implantación da nova estrutura.
Esta nova estrutura, como se dixo, baséase nas unidades de apoio directo ao xuíz ou
tribunal coincidentes cos xulgados, seccións ou salas de tribunais que existan no momento
da entrada en vigor da reforma legal que están a tramitar as Cortes Xerais (a súa dotación
Informe NOX
[2009]
- 8 -
básica é unha competencia estatal), e máis nos servizos comúns de ordenación do
procedemento e os de execución que se consideren necesarios crear pola administración
autonómica, segundo o plan estratéxico.
Informe NOX
[2009]
- 9 -
4. MEDIDAS NECESARIAS
1. Normativas.- Resulta precisa a elaboración de decretos e ordes para crear os
servizos comúns procesuais e mais as unidades administrativas, así como tamén a
elaboración de resolucións para aprobar inicialmente as relacións de postos de
traballo.
2. Económicas.- A aprobación das RPTs determinará o establecemento dos
complementos específicos, medida que permitirá superar a situación de
transitoriedade do réxime retributivo do persoal ao servizo da Administración de
xustiza e que, obviamente, terá repercusión económica no programa orzamentario
destinado ao pagamento de retribucións ao dito persoal.
3. Materiais.- Suscítanse dúas grandes cuestións: a primeira en relación con adaptar
en determinados casos a arquitectura xudicial á nova estrutura organizativa, e a
segunda en relación con definir e desenvolver un plan de TICs baseado na
dixitalización de expedientes, na interoperabilidade de aplicacións e mais na
comunicación telemática de datos, escritos e documentos.
4. De xestión do cambio.- Resulta fundamental a implicación dos diferentes
operadores xurídicos, tanto de maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais e
persoal ao servizo da Administración de xustiza coma de avogados e procuradores,
polo que precisaremos pór en marcha foros de participación e realizar unha
axeitada política de comunicación.
5. De coordinación entre Administracións públicas.- Cómpre que exista unha
coordinación áxil e fluída, en especial co Ministerio de Xustiza –ao que lle
corresponde definir a RPT dos secretarios xudiciais e a aprobación definitiva das
RPTs do resto de persoal–, pero sen esquecer tampouco a que se deberá
establecer co Consello Xeral do Poder Xudicial.
Informe NOX
[2009]
- 10 -
5. CALENDARIO
Dentro dun contexto de implantación gradual das novas unidades e servizos, contémplanse
as seguintes datas fito:
Da primeira Fase: PLAN DE PRIMEIRAS MEDIDAS
30/04/2010: Creación dos servizos comúns xerais nas cidades.
30/09/2010: Constitución da rede de unidades administrativas.
30/12/2010: Creación dos servizos comúns xerais nas vilas con tres ou máis
xulgados.
Da segunda fase: PLAN ESTRATÉXICO DE IMPLANTACIÓN DA NOVA OFICINA
XUDICIAL
Decembro de 2009: Publicación das ordes da consellería polas que se constitúan
as comisións técnicas e de participación para a redacción do plan.
31/12/2011: Constitución dos primeiros servizos comúns de ordenación do
procedemento e dos servizos comúns de execución (experiencias piloto).
31/12/2012: Xeneralización da nova estrutura organizativa.
NOX 1
NOX
1
PRIMEIRA FASE DE
IMPLANTACIÓN DA
NOVA OFICINA XUDICIAL
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 2 -
ÍNDICE
DOCUMENTO INFORMATIVO SOBRE A DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL E
ESTRUTURA DAS NOVAS UNIDADES ............................................................................... 5
1. Introdución .......................................................................................................................... 5
2.- Primeiro Nivel: ................................................................................................................. 7
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA .................................................. 7
Unidade de Apoio á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza ........... 7
Servizo Común Procesual Xeral do Tribunal Superior de Xustiza ............. 8
3.- Segundo Nivel: ............................................................................................................... 10
ÁMBITO PROVINCIAL ........................................................................................................ 10
PROVINCIA DA CORUÑA ...................................................................................................... 10
Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial ............................ 10
Servizo Común de Apoio Provincial .......................................................................... 11
Servizo Común de Arquivo Territorial ..................................................................... 12
PROVINCIA DE LUGO ............................................................................................................. 14
Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial ............................ 14
Servizo Común de Apoio Provincial e Arquivo Territorial ............................ 15
PROVINCIA DE OURENSE .................................................................................................... 17
Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial ............................ 17
Servizo Común de Apoio Provincial e Arquivo Territorial ............................ 18
Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial ............................ 20
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 3 -
Servizo Común de Apoio Provincial .......................................................................... 21
Servizo Común de Arquivo Territorial ..................................................................... 22
4.- Terceiro Nivel: ................................................................................................................ 24
PARTIDO XUDICIAL ............................................................................................................ 24
subnivel A. cidades con máis de trinta órganos xudiciais ........................... 24
A CORUÑA ..................................................................................................................................... 24
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 24
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 25
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 26
Servizo Común de Actos de Comunicación e de Execución ....................... 28
VIGO ................................................................................................................................................ 30
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 30
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 31
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 32
Servizo Común de Actos de Comunicación e de Execución ....................... 33
5.- Terceiro Nivel: ................................................................................................................ 35
PARTIDO XUDICIAL ............................................................................................................ 35
subnivel B. outras cidades ............................................................................................. 35
PONTEVEDRA .............................................................................................................................. 35
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 36
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 36
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 38
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 4 -
LUGO ................................................................................................................................................ 40
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 40
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 41
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 42
OURENSE ....................................................................................................................................... 44
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 44
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 45
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 46
SANTIAGO DE COMPOSTELA .............................................................................................. 48
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 48
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 49
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 50
FERROL .......................................................................................................................................... 52
Unidade de Apoio ao Decanato .................................................................................... 52
Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza ........................................................ 53
Servizo Común Procesual Xeral ................................................................................... 54
6.- Terceiro Nivel: ................................................................................................................ 56
PARTIDO XUDICIAL ............................................................................................................ 56
subnivel C. vilas con máis de tres xulgados ........................................................ 56
VILAS CON TRES OU MÁIS XULGADOS DE PRIMEIRA INSTANCIA E
INSTRUCIÓN ............................................................................................................................... 56
Servizo Común Xeral .......................................................................................................... 56
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 5 -
DOCUMENTO INFORMATIVO SOBRE A
DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL E
ESTRUTURA DAS NOVAS UNIDADES
1. INTRODUCIÓN
Este documento ten como finalidade describir a estrutura organizativa comprendida na
primeira fase de implantación da Nova Oficina Xudicial. Explicar cántas unidades se
constituirán en cada localidade, cáles son os trazos esenciais da súa organización, qué
previsións de dependencias e cadros de persoal existen, esas son as preguntas ás que
trata de responder.
É importante advertir que se trata dun texto informativo, elaborado exclusivamente para
facilitar a comprensión do deseño organizativo que resultará dos proxectos de Decreto polo
que se constitúen Servizos Comúns Xerais na Administración de Xustiza e polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio ás
presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados. No caso hipotético de
discrepancia entre este documento e o texto dos proxectos de decreto deberá estarse á
redacción regulamentaria.
Cómpre tamén aclarar que as previsións sobre cadros de persoal en ningún caso
constitúen unha vinculación nin limitación respecto do proceso de negociación das
relacións de postos de traballo.
O lector poderá constatar nas páxinas seguintes como no modelo organizativo proposto
pódense distinguir varios niveis. Un nivel autonómico, un provincial e outro de partido
xudicial. Tanto no provincial como no de partido xudicial pódense distinguir subniveis. No
caso da provincia hai unha solución organizativa paras as provinciais atlánticas e unha
versión máis concentrada paras as provincias orientais. No ámbito do partido xudicial
cómpre distinguir o subnivel de cidades con mais de trinta órganos xudiciais (A Coruña e
Vigo), o que corresponde ao resto das cidades e, por último, o das vilas con máis de tres
xulgados. A solución organizativa é idéntica para as sedes comprendidas dentro dun
mesmo subnivel.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 6 -
Hai unha excepción a esta identidade de solucións organizativas. Esta singularidade
concrétase nas experiencias piloto de concentración dos postos de auxilio xudicial en
Santiago de Compostela e Ourense.
E, sen máis preámbulos, pasamos a explicar a organización en cada ámbito territorial e
cada sede.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 7 -
2.- PRIMEIRO NIVEL:
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
dous centros de destino: 1) Unidade de Apoio á Presidencia e 2) Servizo Común Procesual
Xeral. Que determinan a supresión de unidades actuais (Oficinas de Rexistro e Reparto do
TSXG e Servizo de Apoio Territorial) e a modificación do cadro de persoal da Secretaría de
Goberno. Secretaría de Goberno que continuará vixente como centro de destino.
A composición dos novos centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO Á PRESIDENCIA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA
Misión: Apoio directo ao presidente do tribunal na función de secretaría de dirección
(xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos, organización de
reunións, etc.), soporte administrativo do Gabinete Técnico e xestión da biblioteca
do pazo de xustiza.
Ámbito de actuación: Atención da presidencia e da Sala de Goberno.
Cadro de persoal: dous xestores/as de apoio ao Gabinete Técnico e dous postos de
secretario/a do presidente, todos eles postos singularizados de especial confianza.
Ademais, un posto singularizado de auxiliar de biblioteca
Dependencias: Existen (poden requirir obra menor de adaptación).
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e Relación de Postos de
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 8 -
Traballo (RPT) constituirán o marco normativo da unidade. Correspóndelle ao
presidente a organización e dirección funcional dos seus integrantes.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA
Misión: Realizar de xeito centralizado funcións comúns (rexistro, reparto, arquivo de
xestión e depósito de efectos) ás secretarías das Salas e á Unidade de Apoio á
Presidencia, proporcionar apoio de persoal para superar situacións de conxunturais
de sobrecarga de traballo e realizar as tarefas de soporte administrativo da Xunta de
Expurgación da Documentación Xudicial.
Ámbito de actuación: Nas funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, atención
ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos e apoio local o ámbito
territorial é o partido xudicial da Coruña (onde atenderá tanto o tribunal superior,
como a audiencia, fiscalía, xulgados e demais servizos e oficinas), as funcións de
arquivo territorial e apoio territorial teñen ámbito provincial. A función de soporte da
xunta de expurgo ten ámbito autonómico.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de apoio ás unidades, que comprende as funcións de apoio local e
territorial.
Área de arquivo, depósito e expurgo que comprende as funcións de arquivo
único de xestión, depósito de efectos e soporte administrativo da Xunta de
Expurgo da Comunidade Autónoma.
Cadro de persoal: un xestor/a, tres tramitadores/as e dous funcionarios/as de
auxilio para as funcións comúns centralizadas, un xestor/a e un tramitador/a para o
soporte da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial e dous xestores/as, un
tramitador/a e dous funcionarios/as de auxilio para o apoio local,
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 9 -
Dependencias: Existe a oficina de rexistro e reparto, precísase unha dependencia
para a oficina da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial. Cómpre tamén
adaptar os espazos destinados a arquivo, distinguindo zona de arquivo de xestión e
de arquivo intermedio.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, leis procesuais,
Decreto 46/2009 sobre os Arquivos Xudiciais Territoriais e a Xunta de Expurgación
da Documentación Xudicial, Decreto polo que se constitúen Servizos Comúns
Procesuais Xerais na Administración de xustiza e RPT e, se é o caso, os Criterios
xerais sobre funcionamento dos Servizos Comúns Procesuais que poida aprobar o
CXPX (art. 438.7 LOPX) constituirían o marco normativo no que se desenvolverán os
protocolos de funcionamento (art. 8 Regulamento do Corpo de Secretario/as
Xudiciais) deste servizo.
Correspóndelle ao director/a do servizo común facer cumprir, no ámbito organizativo
e funcional que lle é propio, as ordes e circulares que reciba dos seus superiores
xerárquicos. No ámbito xurisdicional, responderá do estrito cumprimento de cantas
decisións adopten os xuíces ou tribunais no exercicio das súas competencias.
Proporase ao Ministerio de Xustiza que a dirección sexa asumida polo Secretario/a
de Goberno. Así mesmo, solicitarase que este servizo estea dotado dunha praza de
secretario/a xudicial adxunto.
Data (prevista) de inicio de actividades: 31/12/200
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 10 -
3.- SEGUNDO NIVEL:
ÁMBITO PROVINCIAL
PROVINCIA DA CORUÑA
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial
2. Servizo Común de Apoio Provincial
3. Servizo Común de Arquivo Territorial
Que determinan a supresión da actual secretaría da Audiencia Provincial, e tamén asumen
parte das funcións que tiña o servizo de apoio territorial do TSXG.
A oficina de rexistro e reparto da audiencia intégrase no Servizo Común Xeral da Coruña,
que logo veremos. Dito servizo atenderá as seccións con sede na capital de provincia. A
sección desprazada en Santiago de Compostela estará comprendida dentro do ámbito de
actuación do Servizo Común Xeral de dita cidade.
UNIDADE DE APOIO Á PRESIDENCIA DA AUDIENCIA PROVINCIAL
Misión: Apoio directo ao presidente do tribunal na función de secretaría de dirección
(xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos, organización de
reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención da presidencia respectiva.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 11 -
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do presidente e un
funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao presidente a organización e
dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
SERVIZO COMÚN DE APOIO PROVINCIAL
Misión: Prestar ás oficinas xudiciais en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos, así como dar
soporte administrativo á Secretaría de Coordinación Provincial.
Ámbito de actuación: Provincial.
Áreas de actividade: Comprende ás seguintes áreas de actividade
Área de coordinación, que comprende o soporte administrativo da Secretaría de
Coordinación
Área de apoio local, na que se xestiona o reforzo de unidades mediante adscrición
temporal dos compoñentes dun grupo de persoal susceptible de integrarse nas
oficinas de xulgados e tribunais da respectiva cidade. Distínguense:
Grupo de apoio local da Coruña: con ámbito nas sedes xudiciais da cidade,
agás o ámbito comprendido polo Servizo Común Xeral do Tribunal
Superior.
Grupo de apoio local de Santiago de Compostela: con ámbito na sede
xudicial de Santiago de Compostela.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 12 -
Grupo de apoio local de Ferrol: con ámbito na sede xudicial de Ferrol.
Área de apoio territorial, similar a anterior pero con ámbito provincial: grupo de
persoal destinado a reforzar mediante adscricións temporais as oficinas dos
xulgados das sedes xudiciais das vilas da provincia.
Cadro de persoal: un tramitador/a e un funcionario/a de auxilio para soporte da
secretaría de coordinación provincial; catro xestores/as, seis tramitadores/as e dous
funcionarios/as de auxilio para apoio local na cidade da Coruña; dous xestores/as e
tres tramitadores/as para apoio local na cidade de Santiago de Compostela; un
xestor/a, tres tramitadores/as e un funcionario/a de auxilio para apoio local na
cidade de Ferrol e dous xestores/as, dous tramitadores/as e un funcionario/a de
auxilio para apoio territorial.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: Decreto polo que se
constitúen Servizos Comúns Procesuais Xerais na Administración de xustiza e RPT
constitúen o marco normativo no que se desenvolverá.
Proporase ao Ministerio de Xustiza que a dirección sexa asumida polo Secretario/a
coordinador provincial (a configuración deste servizo, especialmente a dotación de
equipos de apoio territorial —que facilitarán as labores de coordinación provincial
das oficinas xudiciais—, aconsellan esta opción).
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
SERVIZO COMÚN DE ARQUIVO TERRITORIAL
Misión: Servir de soporte do Arquivo Xudicial Territorial da Coruña (véxase o
Decreto 46/2009 sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da
Documentación Xudicial de Galicia), de ámbito provincial, con depósitos de fondos
nas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
Ámbito de actuación: Ten ámbito provincial.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación na área de arquivo.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 13 -
Cadro de persoal un xestor/a e tres funcionarios de auxilio xudicial con sede na
Coruña, que deberán desprazarse de xeito periódico ás cidades de Ferrol e Santiago
de Compostela para atender os depósitos que o arquivo territorial terá nos edificios
xudiciais de ditas sedes.
Dependencias: Precisan unha oficina e espazos para as funcións de clasificación e
xestión de entradas e saídas no arquivo. É preciso a reforma e distribución do
espazos destinados actualmente para arquivo nos edificios do tribunal superior, da
audiencia e dos xulgados da Coruña e dos xulgados de Ferrol e Santiago de
Compostela: destinando parte a arquivo de xestión e parte a arquivo territorial (é
dicir, intermedio).
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto 46/2009 sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da
Documentación Xudicial de Galicia e Decreto sobre constitución dos Servizos
Comúns Procesuais Xerais na Administración de xustiza e RPT e Criterios xerais
sobre funcionamento dos Servizos Comúns Procesuais que poida aprobar o CXPX
(art. 438.7 LOPX) constitúen o marco normativo no que se desenvolverán os
protocolos de funcionamento (art. 8 Regulamento do Corpo de Secretario/as
Xudiciais) deste servizo.
Correspóndelle ao secretario/a xudicial director/a do servizo facer cumprir, no
ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares que reciba dos
seus superiores xerárquicos. No ámbito xurisdicional, responderá do estrito
cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no exercicio das
súas competencias.
Solicitarase do Ministerio de Xustiza que este servizo estea dotado dunha praza de
secretario/a xudicial, director/a do Arquivo Territorial.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 14 -
PROVINCIA DE LUGO
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
dous centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial
2. Servizo Común de Apoio Provincial e Arquivo Territorial
A Audiencia Provincial estaría, ademais, atendida polo Servizo Común Xeral de Lugo, que
logo veremos.
UNIDADE DE APOIO Á PRESIDENCIA DA AUDIENCIA PROVINCIAL
Misión: Apoio directo ao presidente do tribunal na función de secretaría de dirección
(xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos, organización de
reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención da presidencia respectiva.
Cadro de persoal un posto singularizado de secretario/a do presidente e un
funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á presidenta a organización e dirección
funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 15 -
SERVIZO COMÚN DE APOIO PROVINCIAL E ARQUIVO TERRITORIAL
Misión: Prestar ás oficinas xudiciais apoio de persoal en situacións de sobrecarga de
traballo conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos e dar
soporte administrativo á Secretaría de Coordinación Provincial. Así como servir de
soporte do Arquivo Xudicial Territorial (véxase o Decreto 46/2009 sobre arquivos
xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da Documentación Xudicial de Galicia), de
ámbito provincial.
Ámbito de actuación: Provincial.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación nas seguintes áreas:
Área de coordinación, que comprende o soporte administrativo da
Secretaría de Coordinación.
Área de apoio local, na que se xestiona o reforzo de unidades mediante
adscrición temporal dos compoñentes dun grupo de persoal susceptible de
integrarse en oficinas de xulgados e tribunais da respectiva cidade.
Área de apoio territorial, similar a anterior pero con ámbito provincial:
grupo de persoal destinado a reforzar mediante adscricións temporais as
oficinas dos xulgados —e, no seu día, servizos comúns— das sedes
xudiciais das vilas da provincia.
Área de arquivo, que comprende o soporte do Arquivo Xudicial Territorial.
Cadro de persoal: un tramitador/a e dous funcionarios/as de auxilio para soporte
da secretaría de coordinación provincial e o arquivo territorial; dous xestores/as, un
tramitador/a e un funcionario/a de auxilio para o apoio local en órganos da capital e
un xestor/a e un tramitador/a para o apoio territorial.
Dependencias: Cómpre dotalos dunha oficina. É preciso a reforma e distribución
do espazos destinados actualmente para arquivo nos edificios da audiencia e dos
xulgados: destinando parte a arquivo de xestión e parte a arquivo territorial.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 16 -
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto 46/2009
sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da Documentación Xudicial
de Galicia e Decreto polo que se constitúen Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX) constitúen o marco
normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
Proporase ao Ministerio de Xustiza que a dirección sexa asumida polo Secretario/a
coordinador provincial (a configuración deste servizo, especialmente a dotación de
equipos de apoio territorial —que facilitarán as labores de coordinación provincial
das oficinas xudiciais—, aconsellan esta opción).
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 17 -
PROVINCIA DE OURENSE
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
dous centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial
2. Servizo Común de Apoio Provincial e Arquivo Territorial
A Audiencia Provincial estaría, ademais, atendida polo Servizo Común Xeral de Ourense,
que logo veremos.
UNIDADE DE APOIO Á PRESIDENCIA DA AUDIENCIA PROVINCIAL
Misión: Apoio directo ao presidente do tribunal na función de secretaría de dirección
(xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos, organización de
reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención da presidencia respectiva.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do presidente e un
funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao presidente á organización e
dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 18 -
SERVIZO COMÚN DE APOIO PROVINCIAL E ARQUIVO TERRITORIAL
Misión: Prestar ás oficinas xudiciais apoio de persoal en situacións de sobrecarga de
traballo conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos e dar
soporte administrativo á Secretaría de Coordinación Provincial. Así como servir de
soporte do Arquivo Xudicial Territorial (véxase o Decreto 46/2009 sobre arquivos
xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da Documentación Xudicial de Galicia), de
ámbito provincial.
Ámbito de actuación: Provincial.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación nas seguintes áreas:
Área de coordinación, que comprende o soporte administrativo da Secretaría
de Coordinación.
Área de apoio local, na que se xestiona o reforzo de unidades mediante
adscrición temporal dos compoñentes dun grupo de persoal susceptible de
integrarse en oficinas de xulgados e tribunais da respectiva cidade.
Área de apoio territorial, similar a anterior pero con ámbito provincial: grupo
de persoal destinado a reforzar mediante adscricións temporais as oficinas
dos xulgados —e, no seu día, servizos comúns— das sedes xudiciais das
vilas da provincia.
Área de arquivo, que comprende o soporte do Arquivo Xudicial Territorial.
Cadro de persoal: un tramitador/a e dous funcionarios/as de auxilio para soporte
da secretaría de coordinación provincial e o arquivo territorial; dous xestores/as, un
tramitador/a e un funcionario/a de auxilio para o apoio local en órganos da capital e
un xestor/a e un tramitador/a para o apoio territorial.
Dependencias: Cómpre dotalos dunha oficina. É preciso a reforma e distribución
do espazos destinados actualmente para arquivo no pazo de Xustiza e edificio
anexo: destinando parte a arquivo de xestión e parte a arquivo territorial.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 19 -
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto 46/2009
sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da Documentación Xudicial
de Galicia e Decreto polo que se constitúen Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX), constitúen o
marco normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
Proporase ao Ministerio de Xustiza que a dirección sexa asumida polo Secretario/a
coordinador provincial (a configuración deste servizo, especialmente a dotación de
equipos de apoio territorial —que facilitarán as labores de coordinación provincial
das oficinas xudiciais—, aconsellan esta opción).
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 20 -
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino: 1) Unidade de Apoio á Presidencia da Audiencia Provincial, 2)
Servizo Común de Apoio Provincial e 3) Servizo Común de Arquivo Territorial. Que
determinan a supresión da actual secretaría da Audiencia Provincial.
As seccións da audiencia provincial con sede na capital estarían atendidas polo Servizo
Común Xeral de Pontevedra (que logo veremos). A oficina de rexistro e reparto da
audiencia integrase en dito servizo común. As seccións desprazadas estarán atendidas polo
Servizo Común Xeral de Vigo
A descrición dos novos centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO Á PRESIDENCIA DA AUDIENCIA PROVINCIAL
Misión: Apoio directo ao presidente do tribunal na función de secretaría de dirección
(xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos, organización de
reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención da presidencia respectiva.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do presidente e un
funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen .
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao presidente a organización e
dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 21 -
SERVIZO COMÚN DE APOIO PROVINCIAL
Misión: Prestar ás oficinas xudiciais en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos, así como dar
soporte administrativo á Secretaría de Coordinación Provincial.
Ámbito de actuación: Provincial.
Áreas de actividade: Comprende ás seguintes áreas de actividade
Área de coordinación, que comprende o soporte administrativo da Secretaría
de Coordinación
Área de apoio local, na que se xestiona o reforzo de unidades mediante
adscrición temporal dos compoñentes dun grupo de persoal susceptible de
integrarse en oficinas de xulgados e tribunais da respectiva cidade.
Distínguense:
o Grupo de apoio local de Pontevedra: con ámbito nas sedes xudiciais
da cidade, tanto para as oficinas da audiencia como as dos xulgados
.
o Grupo de apoio local de Vigo: con ámbito nas sedes xudiciais de
Vigo.
Área de apoio territorial, similar a anterior pero con ámbito provincial: grupo
de persoal destinado a reforzar mediante adscricións temporais as oficinas
dos xulgados —e, no seu día, servizos comúns— das sedes xudiciais das
vilas da provincia.
Cadro de persoal: un tramitador/a e un funcionario/a de auxilio para o soporte da
secretaría de coordinación provincial; tres xestores/as, tres tramitadores/as e un
funcionario/a de auxilio para o apoio local de Pontevedra; tres xestores/as, seis
tramitadores/as e dous funcionarios/as de auxilio para o apoio local de Vigo e dous
xestores/as, dous tramitadores/as e un funcionario/a de auxilio para o apoio
territorial.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 22 -
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: Orde sobre constitución
dos Servizos Comúns Procesuais Xerais e RPT), constitúen o marco normativo no
que se desenvolverá.
Proporase ao Ministerio de Xustiza que a dirección sexa asumida polo Secretario/a
coordinador provincial (a configuración deste servizo, especialmente a dotación de
equipos de apoio territorial —que facilitarán as labores de coordinación provincial
das oficinas xudiciais—, aconsellan esta opción).
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
SERVIZO COMÚN DE ARQUIVO TERRITORIAL
Misión: Servir de soporte do Arquivo Xudicial Territorial de Pontevedra (véxase o
Decreto 46/2009 sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da
Documentación Xudicial de Galicia), de ámbito provincial, con depósitos de fondos
nas cidades de Pontevedra e Vigo.
Ámbito de actuación: Ten ámbito provincial.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación na área de arquivo.
Cadro de persoal: un xestor/a e dous funcionarios/as de auxilio, con sede en
Pontevedra. Periodicamente deberán desprazarse para atención das necesidades que
suscite a xestión do depósito en Vigo.
Dependencias: Cómpre dotalo dunha oficina para clasificación e xestión das altas e
baixas. É preciso a reforma e distribución do espazos destinados actualmente para
arquivo nos edificios do da audiencia e dos xulgados de Pontevedra e Vigo:
destinando parte a arquivo de xestión e parte a arquivo territorial.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto 46/2009
sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgo da Documentación Xudicial
de Galicia, Decreto polo que se constitúen Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 23 -
Comúns Procesuais que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX) constitúen o marco
normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
Solicitarase do Ministerio de Xustiza que este servizo estea dotado dunha praza de
secretario/a xudicial, director/a do Arquivo Territorial.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 24 -
4.- TERCEIRO NIVEL:
PARTIDO XUDICIAL
SUBNIVEL A. CIDADES CON MÁIS DE TRINTA ÓRGANOS XUDICIAIS
A CORUÑA
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
catro centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio ao Decanato.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
4. Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución
A composición destes centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 25 -
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: 1 posto singularizado de secretario/a do maxistrado/a xuíz
decano e 1 funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao presidente ou maxistrado/a xuíz
decano respectivo a organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Desenvolver actividades de apoio técnico (asistencia pericial, tradución de
linguas, formación e asistencia informática) aos tribunais e xulgados, atender os
cidadáns que colaboran coa xustiza e ser o órgano de enlace da Administración
autonómica en relación co exercicio da xefatura de persoal respecto dos funcionarios
ao servizo da Administración de Xustiza, a prevención dos riscos laborais, a
administración dos edificios xudiciais, das subministracións, do material e
consumibles da oficina xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Ámbito de actuación: Cidade da Coruña (onde atenderá tanto o tribunal superior,
como a audiencia, fiscalía, xulgados e demais servizos e oficinas).
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
A Oficina de Apoio Técnico integrada polo persoal laboral que ocupan os
postos de lingüista, tradutor, perito de inmobles e perito calígrafo que
prestará as funcións de asistencia pericial, tradución, interpretación,
corrección e asesoramento lingüístico e de impulso á normalización
lingüística.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 26 -
A Xestión de persoal e de medios económicos e materiais que desenvolverán
o xefe de sección de coordinación administrativa e os xefes de equipo e que
contará con postos nos tres edificios xudiciais, será o medio para exercer a
xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos medios materiais e
consumibles, para organizar e xestionar as cuestións administrativas
relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o pagamento das
indemnizacións económicas previstas legalmente para as persoas (peritos,
testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, xunto co
persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e tramitación que
ocupen os postos singularizados de monitores informáticos.
Cadro de persoal: Persoal funcionario da Admón. de Xustiza: 1 Responsable de
persoal e medios. 1 Adxunto ao responsable de persoal e medios. 2 monitores de
Informática Xudicial. Persoal laboral da Xunta de Galicia: 1 T.S. lingüista, 2
tradutores/intérpretes de galego. 1 perito de inmobles. 1 perito calígrafo.
Dependencias: Cómpre dotala dunha oficina para catro postos.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica da departamento territorial, a dirección funcional
da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de rexistro e reparto, acceso ás bases de datos, arquivo de
expedientes e depósito de efectos.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 27 -
Ámbito de actuación: Cidade.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en nas áreas funcionais:
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de acceso a bases de datos, que comprende o acceso de xeito
centralizado ás aplicacións que o requiran (AEAT, TXSS, etc.), mentres non
se establezan solucións de interoperatividad co sistema de xestión procesual.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Cadro de persoal: catro xestores/as, dez tramitadores/as e tres funcionarios/as de
auxilio para o conxunto de funcións centralizadas e un xestor/a e un tramitador/a
para a atención ao cidadán e asistencia á vítima.
Dependencias: Existen, pode ser preciso a adaptación e reforma dos espazos
destinados actualmente para estas funcións.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Orde sobre constitución dos Servizos Comúns Procesuais Xerais e de Unidades
Administrativas en edificios da Administración de xustiza e RPT e Criterios xerais
sobre funcionamento dos Servizos Comúns Procesuais que poida aprobar o CXPX
(art. 438.7 LOPX), constitúen o marco normativo no que se desenvolverán os
protocolos de funcionamento (art. 8 Regulamento do Corpo de Secretario/as
Xudiciais) deste servizo.
Correspóndelle ao secretario/a xudicial director/a do servizo facer cumprir, no
ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares que reciba dos
seus superiores xerárquicos. No ámbito xurisdicional, responderá do estrito
cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no exercicio das
súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 28 -
SERVIZO COMÚN DE ACTOS DE COMUNICACIÓN E DE EXECUCIÓN
Misión: Realizar fóra da sede xudicial os actos de comunicación (notificacións,
citacións, emprazamentos e requirimentos) por entrega, así como ás dilixencias de
execución.
Ámbito de actuación: O ámbito territorial é o partido xudicial da Coruña (onde
atenderá tanto o tribunal superior, como a audiencia, xulgados da cidade e demais
servizos e oficinas xudiciais).
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en dúas áreas funcionais:
Área de actos de comunicación, a realización das notificacións, citacións,
emprazamentos e requirimentos fóra da sede xudicial correspóndelles aos
funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados neste servizo.
Área de actos de execución, os embargos, lanzamentos e demais dilixencias
de execución realizaranse por comisións integradas por un funcionario do
corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial destinados no
servizo común.
Cadro de persoal: catro xestores/as, tres tramitadores/as e 26 funcionarios de
auxilio xudicial.
Dependencias: Existen na actualidade, requírense obras de remodelación.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais, RPT e
Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos Comúns de Actos de
Comunicación e Execución — os actualmente vixentes ou os que poida aprobar o
CXPX en aplicación do art. 438.7 LOPX— constitúen o marco normativo no que se
desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8 Regulamento do Corpo de
Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
A dirección funcional corresponde ao secretario/a xudicial director/a do servizo, que
deberá facer cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e
circulares que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional,
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 29 -
responderá do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou
tribunais no exercicio das súas competencias.
Data prevista para a modificación da organización e da RPT (ampliación do
ámbito funcional e aumento de persoal) : 30/04/2010.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 30 -
VIGO
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
catro centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio ao Decanato dos Xulgados.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
4. Servizo Común de Actos de Comunicación e Execución
Determina a supresión de unidades actguais (decanato dos xulgados e servizo común de
apoio dos xulgados), e o cambio de denominación do Servizo Común de Notificación e
Embargos, que se reforma.
A composición destes centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do maxistrado/a xuíz
decano e un funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 31 -
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao maxistrado/a xuíz decano a
organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Desenvolver actividades de apoio técnico (intérprete/tradución
galego/castelán, formación e asistencia informática) aos tribunais e xulgados.
Atender os cidadáns que colaboran coa xustiza e ser o órgano de enlace da
Administración autonómica en relación co exercicio da xefatura de persoal respecto
dos funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza, a prevención dos riscos
laborais, a formación inicial e a titoría dos funcionarios interinos e titulares de novo
ingreso, a administración dos edificios xudiciais, das subministracións, do material e
consumibles da oficina xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Ámbito de actuación: Cidade de Vigo (onde atenderá á audiencia, fiscalía,
xulgados e demais servizos e oficinas).
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
Oficina de Apoio Técnico, integrada polo persoal laboral que ocupa o posto
de tradutor, que prestará as funcións de tradución, corrección, interpretación
e asesoramento lingüístico e de impulso á normalización lingüística.
A Xestión de persoal e de medios económicos e materiais a cargo do xefe de
sección de coordinación administrativa e o xefe de equipo, será o medio para
exercer a xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos medios
materiais e consumibles, para organizar e xestionar as cuestións
administrativas relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o
pagamento das indemnizacións económicas previstas legalmente para as
persoas (peritos, testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 32 -
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, en
colaboración co persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e
tramitación que ocupen os postos singularizados de monitores informáticos.
Cadro de persoal: un responsable de persoal e medios. Un adxunto ao responsable
de persoal e medios, dous monitores de informática e un tradutor galego/castelán.
Dependencias: Precísase unha dependencia para catro postos ou dúas de dous
postos.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica do departamento territorial, a dirección funcional.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de arquivo de expedientes, depósito de efectos e apoio de persoal
en situacións de sobrecarga de traballo conxuntural, inicio de novas funcións ou
desocupación de postos.
Ámbito de actuación: O ámbito funcional comprende as seccións da audiencia
provincial e os xulgados da cidade de Vigo.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de acceso a bases de datos, que comprende o acceso de xeito
centralizado ás aplicacións que o requiran (AEAT, TXSS, etc), mentres non
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 33 -
se establezan solucións de interoperatividade co sistema de xestión
procesual.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Cadro de persoal: tres xestores/as, nove tramitadores/as e tres funcionarios/as de
auxilio para as funcións comúns centralizadas e un xestor/a e un tramitador/a para a
atención ao cidadán e asistencia á vítima.
Dependencias: É preciso a adaptación e reforma das plantas baixas dos dous
edificios xudiciais da cidade.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX), constitúen o
marco normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
A dirección funcional corresponde ao secretario/a xudicial director/a do servizo, que
deberá facer cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e
circulares que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional,
responderá do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou
tribunais no exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
SERVIZO COMÚN DE ACTOS DE COMUNICACIÓN E DE EXECUCIÓN
Misión: Realizar fóra da sede xudicial os actos de comunicación (notificacións,
citacións, emprazamentos e requirimentos) por entrega, así como ás dilixencias de
execución.
Ámbito de actuación: O ámbito territorial é o partido xudicial de Vigo (onde
atenderá á audiencia, xulgados da cidade e demais servizos e oficinas xudiciais).
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 34 -
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en dúas áreas funcionais:
Área de actos de comunicación, a realización das notificacións, citacións,
emprazamentos e requirimentos fóra da sede xudicial correspóndelles aos
funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados neste servizo.
Área de actos de execución, os embargos, lanzamentos e demais dilixencias
de execución realizaranse por comisións integradas por un funcionario do
corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial destinados no
servizo común.
Cadro de persoal: catro xestores/as, tres tramitadores/as e 27 funcionarios de
auxilio xudicial.
Dependencias: Requírense obras de ampliación e remodelación das dependencias
actuais.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns de Actos de Comunicación e Execución —os actualmente vixentes ou os que
poida aprobar o CXPX en aplicación do art. 438.7 LOPX— constitúen o marco
normativo. Nel desenvolveranse os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) do servizo.
A dirección funcional corresponderá a un secretario/a xudicial director/a do servizo,
que deberá facer cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as
ordes e circulares que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito
xurisdicional, responderá do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os
xuíces ou tribunais no exercicio das súas competencias.
Data prevista para a modificación da organización e da RPT (ampliación do
ámbito funcional e aumento de persoal) : 30/04/2010.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 35 -
5.- TERCEIRO NIVEL:
PARTIDO XUDICIAL
SUBNIVEL B. OUTRAS CIDADES
PONTEVEDRA
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino. Vexamos:
1. Unidades de Apoio ao Decanato.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
Determina a supresión de unidades actuais (Oficinas de Rexistro e Reparto da Audiencia
Provincial e do decanato, secretaría da Audiencia Provincial, decanato dos xulgados,
servizo común de apoio dos xulgados, servizo de atención ao cidadán e de asistencia á
vítima e servizo común de notificacións e embargos).
A composición destes centros de destino é a seguinte:
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 36 -
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: 1 posto singularizado de secretario/a do maxistrado/a xuíz
decano e 1 funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao maxistrado/a xuíz decano a
organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Desenvolver actividades de apoio técnico (asistencia pericial, tradución de
linguas, formación e asistencia informática) aos tribunais e xulgados. Atender os
cidadáns que colaboran coa xustiza e ser o órgano de enlace da Administración
autonómica en relación co exercicio da xefatura de persoal respecto dos funcionarios
ao servizo da Administración de Xustiza, a prevención dos riscos laborais, a
formación inicial e a titoría dos funcionarios interinos e titulares de novo ingreso, a
administración dos edificios xudiciais, das subministracións, do material e
consumibles da oficina xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza..
Ámbito de actuación: Cidade de Pontevedra (onde atenderá a audiencia, fiscalía,
xulgados e demais servizos e oficinas).
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 37 -
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
A Oficina de Apoio Técnico integrada polo persoal laboral que ocupan os
postos de lingüista, tradutor e perito de automóbiles que prestarán as
funcións de asistencia pericial, tradución, interpretación, corrección e
asesoramento lingüístico e de impulso á normalización lingüística.
A Xestión de persoal e de medios económicos e materiais a cargo do xefe de
sección de coordinación administrativa e dos xefes de equipo, será o medio
para exercer a xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos
medios materiais e dos consumibles, para organizar e xestionar as cuestións
administrativas relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o
pagamento das indemnizacións económicas da Administración ás persoas
(peritos, testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, xunto co
persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e tramitación que
ocupen os postos singularizados de monitores informáticos.
Cadro de persoal: Persoal funcionario da Admón. de Xustiza: un responsable de
persoal e medios. un adxunto ao responsable de persoal e medios, dous monitores
de informática. Persoal laboral da Xunta de Galicia: un titulado superior lingüista,
dous tradutores/intérpretes de galego e un perito de automóbiles.
Dependencias: Precísase unha dependencia para catro postos ou dúas de dous
postos.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica do departamento territorial a través do xefe de
servizo de Xustiza, a dirección funcional.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 38 -
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de actos de comunicación e de execución, arquivo de expedientes,
depósito de efectos e apoio de persoal en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos.
Ámbito de actuación: Nas funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, atención
ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos e apoio local o ámbito
territorial atenderá a audiencia, xulgados e demais servizos e oficinas xudiciais de
Pontevedra capital. As funcións de actos de comunicación e de execución refírense
ao partido xudicial de Pontevedra.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en cinco áreas funcionais :
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de actos de comunicación e de execución, a realización das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos fóra da sede
xudicial correspóndelles aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial
destinados neste servizo, así como os embargos, lanzamentos e demais
dilixencias de execución realizaranse por comisións integradas por un
funcionario do corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial
destinados no servizo común.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Cadro de persoal: Para as funcións comúns centralizadas tres xestores/as, cinco
tramitadores/as e dous funcionarios/as de auxilio, para a atención ao cidadán e a
asistencia á vítima un xestor/a e un tramitador/a e para actos de comunicación e de
execución tres xestores/as, dous tramitadores/as e nove funcionarios/as de auxilio.
Dependencias: É preciso a adaptación e reforma dos espazos destinados
actualmente para estas funcións nos edificios da audiencia e dos xulgados.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 39 -
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX), constitúen o
marco normativo. Nel desenvolveranse os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais).
A dirección funcional corresponderá a un secretario/a xudicial, que deberá facer
cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares
que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional, responderá
do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no
exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 40 -
LUGO
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino. Vexamos:
1. Unidades de Apoio ao Decanato.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
Determina a supresión de unidades actuais (secretaría da Audiencia Provincial, decanato
dos xulgados, servizo común de apoio dos xulgados e servizo común de notificacións e
embargos).
A composición destes centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do maxistrado/a xuíz
decano e un funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 41 -
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao maxistrado/a xuíz decano a
organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Desenvolver actividades de apoio técnico (asistencia pericial, tradución de
linguas, formación e asistencia informática) aos tribunais e xulgados. Atender os
cidadáns que colaboran coa xustiza e ser o órgano de enlace da Administración
autonómica en relación co exercicio da xefatura de persoal respecto dos funcionarios
ao servizo da Administración de Xustiza, a prevención dos riscos laborais, a
formación inicial e a titoría dos funcionarios interinos e titulares de novo ingreso, a
administración dos edificios xudiciais, das subministracións, do material e
consumibles da oficina xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza..
Ámbito de actuación: Cidade.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
A Oficina de Apoio Técnico integrada polo persoal laboral que ocupa os
postos de lingüista e tradutor galego/castelán, que prestará as funcións de
tradución, interpretación, corrección e asesoramento lingüístico e de impulso
á normalización lingüística.
A Xestión de persoal e de medios económicos e materiais que desenvolverán
o xefe de sección de coordinación administrativa e xefe de equipo será o
medio para exercer a xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos
medios materiais e consumibles, para organizar e xestionar as cuestións
administrativas relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o
pagamento das indemnizacións económicas previstas legalmente para as
persoas (peritos, testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 42 -
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, xunto co
persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e tramitación que
desenvolvan os postos singularizados de monitores informáticos.
Cadro de persoal: Persoal funcionario da Admón. de Xustiza: un/ha responsable
de persoal e medios, un adxunto/a ao responsable de persoal e medios, dous
monitores/as de informática. Persoal laboral da Xunta de Galicia: un titulado/a
superior lingüista, un/ha tradutor/intérprete de galego.
Dependencias: Precísase unha dependencia para catro postos ou dúas de dous
postos.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica do departamento territorial a través do xefe do
servizo de Xustiza.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de actos de comunicación e de execución, arquivo de expedientes,
depósito de efectos e apoio de persoal en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos.
Ámbito de actuación: Nas funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, atención
ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos e apoio local o ámbito
territorial atenderá a audiencia, xulgados e demais servizos e oficinas, as funcións
de actos de comunicación e de execución refírense ao partido xudicial de Lugo.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en cinco áreas funcionais :
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 43 -
Área de relación co cidadán, que comprende a función de rexistro e reparto e
a función de atención ao cidadán.
Área de actos de comunicación e de execución, a realización das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos fóra da sede
xudicial correspóndelles aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial
destinados neste servizo, así como os embargos, lanzamentos e demais
dilixencias de execución realizaranse por comisións integradas por un
funcionario do corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial
destinados no servizo común.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Cadro de persoal: Dous xestores, catro tramitadores e dous funcionarios/as de
auxilio para as funcións comúns centralizadas; un xestor/a e un tramitador/a para a
atención ao cidadán e asistencia á vítima e dous xestores/as, dous tramitadores/as e
dez funcionarios/as de auxilio xudicial para actos de comunicación e de execución.
Dependencias: É preciso a adaptación e reforma dos espazos destinados
actualmente para estas funcións nos edificios da audiencia e dos xulgados; a
dotación de armarios compactos nos arquivos é imprescindible.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais (art. 438.7 LOPX) constitúen o marco normativo no que se
desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8 Regulamento do Corpo de
Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
A dirección funcional corresponde a un secretario/a xudicial, que deberá facer
cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares
que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional, responderá
do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no
exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 44 -
OURENSE
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino. Vexamos:
1. Unidades de Apoio ao Decanato.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
Que determinan a supresión de unidades actuais (decanato dos xulgados, servizo común
de apoio dos xulgados e servizo común de notificacións e embargos).
A composición destes centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a/a do maxistrado/a xuíz
decano e un funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao maxistrado/a xuíz decano a
organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 45 -
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Desenvolver actividades de apoio técnico (tradución de linguas, formación e
asistencia informática) aos tribunais e xulgados. Atender os cidadáns que colaboran
coa xustiza e ser o órgano de enlace da Administración autonómica en relación co
exercicio da xefatura de persoal respecto dos funcionarios ao servizo da
Administración de Xustiza, a prevención dos riscos laborais, a formación inicial e a
titoría dos funcionarios interinos e titulares de novo ingreso, a administración dos
edificios xudiciais, das subministracións, do material e consumibles da oficina
xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza..
Ámbito de actuación: Cidade.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
A Oficina de Apoio Técnico integrada polo persoal laboral que ocupa os
postos de lingüista e tradutor galego/castelán, que prestarán as funcións de
tradución, interpretación, corrección e asesoramento lingüístico e de impulso
á normalización lingüística.
A Xestión de persoal e de medios económicos e materias que desenvolverán
o xefe de sección de coordinación administrativa e xefes de equipo para
exercer a xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos medios
materiais e consumibles, para organizar e xestionar as cuestións
administrativas relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o
pagamento das indemnizacións económicas previstas legalmente para as
persoas (peritos, testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, xunto co
persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e tramitación que
desenvolvan os postos singularizados de monitores informáticos.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 46 -
Cadro de persoal: Persoal funcionario da Admón. de Xustiza: un/ha responsable
de persoal e medios. un adxunto/a ao responsable de persoal e medios, dous
monitores/as de informática. Persoal laboral da Xunta de Galicia: un titulado/a
superior lingüista, un/ha tradutor/intérprete de galego.
Dependencias: Precísase unha dependencia para catro postos ou dúas de dous.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica da departamento territorial, a dirección funcional.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de actos de comunicación e de execución, arquivo de expedientes,
depósito de efectos e apoio de persoal en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos.
Ámbito de actuación: Nas funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, atención
ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos e apoio local o ámbito
territorial atenderá a audiencia, xulgados e demais servizos e oficinas. As funcións
de actos de comunicación e de execución refírense ao partido xudicial de Ourense.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en cinco áreas funcionais :
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de actos de comunicación e de execución, a realización das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos fóra da sede
xudicial correspóndelles aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial
destinados neste servizo, así como os embargos, lanzamentos e demais
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 47 -
dilixencias de execución realizaranse por comisións integradas por un
funcionario do corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial
destinados no servizo común.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Área de funcións auxiliares da oficina xudicial, centraliza as funcións do
corpo de auxilio xudicial na cidade.
Cadro de persoal: Dous xestores/as, catro tramitadores/as e 17 funcionarios de
auxilio xudicial para as funcións comúns centralizadas; un xestor/a e un
tramitador/a para a atención ao cidadán e a asistencia á vítima; e dous xestores/as,
dous tramitadores/as e once funcionarios/as de auxilio xudicial para actos de
comunicación e de execución.
Dependencias: É preciso a adaptación e reforma dos espazos destinados
actualmente para estas funcións.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX), constitúen o
marco normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
A dirección funcional corresponde a un secretario/a xudicial, que deberá facer
cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares
que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional, responderá
do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no
exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 48 -
SANTIAGO DE COMPOSTELA
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio ao Decanato.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
Que determina a supresión de unidades actuais (decanato dos xulgados, servizo común de
apoio dos xulgados e servizo común de notificacións e embargos).
A composición destes centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do maxistrado/a xuíz
decano e un funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao maxistrado/a xuíz decano a
organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 49 -
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Desenvolver actividades de apoio técnico (asistencia pericial, tradución de
linguas, formación e asistencia informática) aos tribunais e xulgados. Atender os
cidadáns que colaboran coa xustiza e ser o órgano de enlace da Administración
autonómica en relación co exercicio da xefatura de persoal respecto dos funcionarios
ao servizo da Administración de Xustiza, a prevención dos riscos laborais, a
formación inicial e a titoría dos funcionarios interinos e titulares de novo ingreso, a
administración dos edificios xudiciais, das subministracións, do material e
consumibles da oficina xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Ámbito de actuación: Cidade.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en tres áreas funcionais:
A Oficina de Apoio Técnico integrada polo persoal laboral que ocupe os
postos de tradutor galego/castelán, que prestará as funcións de tradución e
interpretación, corrección e asesoramento lingüístico e de impulso á
normalización lingüística.
A Xestión de persoal e de medios económicos e materias que desenvolverán
o xefe de sección de coordinación administrativa e xefes de equipo, será o
medio para exercer a xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos
medios materiais e consumibles, para organizar e xestionar as cuestións
administrativas relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o
pagamento das indemnizacións económicas previstas legalmente para as
persoas (peritos, testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, xunto co
persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e tramitación que
desenvolvan os postos singularizados de monitores informáticos.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 50 -
Cadro de persoal: Persoal funcionario da Admón. de Xustiza: un/ha responsable
de persoal e medios, un adxunto/a ao responsable de persoal e medios e dous
monitores/as de informática. Persoal laboral da Xunta de Galicia: un/ha
tradutor/intérprete de galego.
Dependencias: Precísase unha dependencia para catro postos ou dúas de dous.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica da departamento territorial, a dirección funcional.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de actos de comunicación e de execución, arquivo de expedientes,
depósito de efectos e apoio de persoal en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos.
Ámbito de actuación: Nas funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, atención
ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos e apoio local o ámbito
territorial atenderá a audiencia, xulgados e demais servizos e oficinas. As funcións
de actos de comunicación e de execución refírense ao partido xudicial de Santiago
de Compostela.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en cinco áreas funcionais :
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de actos de comunicación e de execución, a realización das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos fóra da sede
xudicial correspóndelles aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 51 -
destinados neste servizo, así como os embargos, lanzamentos e demais
dilixencias de execución realizaranse por comisións integradas por un
funcionario do corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial
destinados no servizo común.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Área de funcións auxiliares da oficina xudicial, centraliza as funcións do
corpo de auxilio xudicial na cidade.
Cadro de persoal: Dous xestores/as, catro tramitadores/as e 15 funcionarios/as
de auxilio xudicial para as funcións comúns centralizadas; un xestor/a e un
tramitador/a para a atención ao cidadán e a asistencia á vítima; e dous xestores/as,
dous tramitadores/as e dez funcionarios/as de auxilio para actos de comunicación e
de execución.
Dependencias: 1 oficina de rexistro xeral (6 postos), 1 oficina de atención ao
público (2 postos), 1 despacho (director/a do servizo), 1 dependencia de 5 postos,
espazo distribuído para 14 postos de auxilio x., 1 dependencia para o equipo de
Actos de Comunicación e Execución (14 postos), dependencia de servizo e espazos
para as funcións de arquivo único de xestión e depósito de efectos. É preciso a
adaptación e reforma dos espazos destinados actualmente para estas funcións.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX), constitúen o
marco normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
A dirección funcional corresponde ao secretario/a xudicial director/a do servizo, que
deberá facer cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e
circulares que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional,
responderá do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou
tribunais no exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 52 -
FERROL
O Plan de Primeiras Medidas ( NOX 1 ) contempla para esta sede xudicial a creación de
tres centros de destino. Vexamos:
1. Unidade de Apoio ao Decanato.
2. Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza
3. Servizo Común Procesual Xeral
A composición destes centros de destino é a seguinte:
UNIDADE DE APOIO AO DECANATO
Misión: Apoio directo ao maxistrado/a xuíz decano na función de secretaría de
dirección (xestión de axenda, atención telefónica, transcrición de textos,
organización de reunións, etc.) e funcións auxiliares.
Ámbito de actuación: Atención do decanato respectivo.
Cadro de persoal: un posto singularizado de secretario/a do maxistrado/a xuíz
decano e un funcionario/a de auxilio.
Dependencias: Existen.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
marco normativo da unidade. Correspóndelle ao maxistrado/a xuíz decano a
organización e dirección funcional dos integrantes da unidade.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 53 -
UNIDADE TÉCNICO-ADMINISTRATIVA DE XUSTIZA
Misión: Atender os cidadáns que colaboran coa xustiza e ser o órgano de enlace da
Administración autonómica en relación co exercicio da xefatura de persoal respecto
dos funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza, a prevención dos riscos
laborais, a formación inicial e a titoría dos funcionarios interinos e titulares de novo
ingreso, a administración dos edificios xudiciais, das subministracións, do material e
consumibles da oficina xudicial e, en xeral, o exercicio de competencias da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Ámbito de actuación: Partidos xudiciais de Ferrol e Ortigueira.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en dúas áreas funcionais:
A Xestión de persoal e de medios económicos e materias que desenvolverán
o xefe de sección de coordinación administrativa e xefes de equipo e será o
medio para exercer a xefatura de persoal, a administración dos edificios, dos
medios materiais e consumibles, para organizar e xestionar as cuestións
administrativas relativas á constitución do tribunal do xurado, así como o
pagamento das indemnizacións económicas previstas legalmente para as
persoas (peritos, testemuñas, intérpretes)que colaboran coa xustiza.
Soporte de Medios Audiovisuais e Informáticos que realizarán, xunto co
persoal informático, os funcionarios dos corpos de xestión e tramitación que
desenvolvan os postos singularizados de monitores informáticos.
Cadro de persoal: un/ha responsable de persoal e medios, un adxunto/a ao
responsable de persoal e medios e un monitor/a de informática xudicial.
Dependencias: Precísase unha dependencia para catro postos ou dúas de dous
postos.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Decreto polo que se
crean Unidades Técnico Administrativas nos edificios xudiciais e Unidades de Apoio
ás presidencias de tribunais e varios decanatos dos xulgados e RPT constituirán o
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 54 -
marco normativo da unidade. Correspóndelle á Dirección Xeral de Xustiza, sen
prexuízo da dependencia orgánica, a dirección funcional.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/09/2010
SERVIZO COMÚN PROCESUAL XERAL
Misión: Servir na cidade de punto central de relación entre o cidadán e a
Administración de Xustiza e prestar servizos aos xulgados, tribunais e servizos
comúns nas áreas de actos de comunicación e de execución, arquivo de expedientes,
depósito de efectos e apoio de persoal en situacións de sobrecarga de traballo
conxuntural, inicio de novas funcións ou desocupación de postos.
Ámbito de actuación: Nas funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, atención
ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos e apoio local o ámbito
territorial atenderá a xulgados e demais servizos e oficinas. As funcións de actos de
comunicación e de execución refírense ao partido xudicial de Ferrol.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en cinco áreas funcionais :
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Área de apoio ás unidades, que comprende as funcións de apoio local.
Área de actos de comunicación e de execución, a realización das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos fóra da sede
xudicial correspóndelles aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial
destinados neste servizo, así como os embargos, lanzamentos e demais
dilixencias de execución realizaranse por comisións integradas por un
funcionario do corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial
destinados no servizo común.
Área de arquivo e depósito, que comprende as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 55 -
Cadro de persoal: Dous xestores/as, tres tramitadores/as e dous funcionarios/as
de auxilio xudicial para as funcións comúns centralizadas, un xestor/a e un
tramitador/a para a atención ao cidadán e a asistencia á vítima e dous xestores/as,
dous tramitadores/as e nove funcionarios de auxilio xudicial para actos de
comunicación e de execución.
Dependencias: É preciso a adaptación e reforma dos espazos destinados
actualmente para estas funcións nos edificios xudiciais.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen os Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns Procesuais, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX), constitúen o
marco normativo no que se desenvolverán os protocolos de funcionamento (art. 8
Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste servizo.
A dirección funcional corresponde a un secretario/a xudicial, que deberá facer
cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares
que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional, responderá
do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no
exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/04/2010
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 56 -
6.- TERCEIRO NIVEL:
PARTIDO XUDICIAL
SUBNIVEL C. VILAS CON MÁIS DE TRES XULGADOS
VILAS CON TRES OU MÁIS XULGADOS DE PRIMEIRA INSTANCIA
E INSTRUCIÓN
En Galicia hai sete vilas con tres xulgados mixtos son Betanzos, Carballo, Ribeira, Cangas,
Ponteareas, O Porriño e Vilagarcía de Arousa e unha con catro xulgados que é Cambados.
Está previsto a constitución do terceiro xulgado na vila de Tui para finais deste mes de
decembro. Estas son as nove vilas onde se creará un Servizo Común Xeral. Unidade que
describimos a continuación.
SERVIZO COMÚN XERAL
Misión: Servir de punto central de relación entre o cidadán e a Administración de
Xustiza e realizar de forma centralizada as actividades procesuais nas áreas de actos
de comunicación e de execución e arquivo de expedientes.
Ámbito de actuación: Partido xudicial.
Áreas de actividade: Desenvolverá a súa actuación en cinco áreas funcionais :
Área de relación co cidadán, que comprende as funcións de rexistro e
reparto e a función de atención ao cidadán.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 57 -
Área de actos de comunicación e de execución, a realización das
notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos fóra da sede
xudicial correspóndelles aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial
destinados neste servizo, así como os embargos, lanzamentos e demais
dilixencias de execución realizaranse por comisións integradas por un
funcionario do corpo de xestión e un funcionario do corpo de auxilio xudicial
destinados no servizo común.
Área de arquivo e depósito que comprende as funcións de arquivo único de
xestión, arquivo territorial e depósito de efectos.
Área de funcións auxiliares da oficina xudicial, centraliza as funcións do
corpo de auxilio xudicial.
Cadro de persoal: Os cadros previstos na RPT son os seguintes:
Betanzos 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
7
Auxilio x.
Carballo 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
4
Auxilio x.
Ribeira 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
6
Auxilio x.
Vilagarcía de Arousa. 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
6 Auxilio
x.
Cambados 1 Xestor/a
2
Tramitador/a
8 Auxilio
x.
Plan de Primeiras Medidas
NOX
1
- 58 -
Cangas 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
6 Auxilio
x.
O Porriño 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
6 Auxilio
x.
Ponteareas 1 Xestor/a
1
Tramitador/a
6 Auxilio
x.
Tui
1
Xestor/a
1
Tramitador/a
6
Auxilio x.
Dependencias: 1 oficina de rexistro xeral e información , postos de auxilio xudicial
distribuídos, dependencia de servizo e espazos para as funcións de arquivo único de
xestión e depósito de efectos. Poder ser preciso a adaptación e reforma dos espazos
destinados actualmente para estas funcións.
Organización, funcionamento e dirección funcional: LOPX, Leis procesuais,
Decreto polo que se constitúen Servizos Comúns Procesuais Xerais na
Administración de xustiza, RPT e Criterios xerais sobre funcionamento dos Servizos
Comúns de Ordenación do proceso, que poida aprobar o CXPX (art. 438.7 LOPX),
constitúen o marco normativo no que se desenvolverán os protocolos de
funcionamento (art. 8 Regulamento do Corpo de Secretario/as Xudiciais) deste
servizo.
A dirección funcional corresponde a un secretario/a xudicial, que deberá facer
cumprir, no ámbito organizativo e funcional que lle é propio, as ordes e circulares
que reciba dos seus superiores xerárquicos. E no ámbito xurisdicional, responderá
do estrito cumprimento de cantas decisións adopten os xuíces ou tribunais no
exercicio das súas competencias.
Data (prevista) de inicio de actividades: 30/12/2010