5
NOTA DE PRENSA Anuncio por parte da Consellería de Sanidade da contratación da Fase I das obras para rematar o Plan Director de Infraestruturas do Complexo Universitario Hospitalario de Ourense. NOVO HOSPITAL PARA OURENSE SÍ ,PERO NON ASÍ A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense ante a publicación no DOG do pasado día 19 de Marzo do proceso de licitación das obras que rematen o Plan Director do CHUO, queremos manifestar, a opinión pública, o seguinte: 1º.-Vemos con satisfacción que por fin, os responsables da administración sanitaria galega, poñan en marcha o que esta Plataforma ven reivindicando dende vai varios anos. Non podemos esquecer que esta reforma leva paralizada dende o ano 2009. Momento no que chega ao goberno o Sr. Feijóo. 2º.-Dende a Plataforma consideramos, que a Consellería despois dunha lexislatura chea de de recortes e peches de instalacións (Piñor, Toén, etc) e con nulas inversións na nosa provincia, poña a Ourense no “mapa” das inversións sanitarias de Galicia non é algo polo que teñamos que felicitar a estes xestores públicos. Ourense chega con moito atraso a que se cubran as súas necesidades de modernización e dignificación das súas infraestruturas hospitalarias e de Atención Primaria. 3º.-A cidadanía non debería de deixar de lembrar a continua actividade propagandística e de “venta de fume” ao que foi sometida a construción do Hospital de Ourense durante estes 5 anos de mandato do Sr. Feijóo. Hai que lembrar as, innumerables “maquetas”, “proxectos” e “representacións mediaticas” , sempre en períodos pre-electorais, aos que someteu a poboación de Ourense o goberno da Xunta. 4º.-A Plataforma de Ourense ve con moitisima preocupación que esta licitación poda quedar en “papel mollado” e volvanse a producir atrasos, incumprimentos e dificultades para levala adiante a vista “das cláusulas administrativas particulares para a contratación polo Servizo Galego de Saúde de obras polo procedemento aberto”, pois nas follas 1 e 2 dos pliegos( que adxuntamos como anexos) pode observarse que todo o proceso de licitación das obras se vincula a que previamente haxa unha empresa ou grupo de empresas que asuman a contratación do que se chama “Xestión Integral de Espazos do Complexo Hospitalario de Ourense” referido a “explotación dos servizos de aparcadoiro, cafeteria e outros espazos comerciais” e tamén “subministro de combustibles, enerxia, mantenimento de edificios, etc”. En definitiva estase a vincular o Plan Director a un proceso de privatización de moitos dos servizos e prestacións que precisa un Hospital para poder funcionar. 5º.-Este punto anterior esta referenciado a que nas semanas previas a publicar a licitación das obras para o CHUO a Consellería de Sanidade sacou outro concurso denominado “Xestión Integral de Espazos do Complexo Hospitalario de Ourense”, por valor de 150 millóns de euros a repartir en 10 anos, dos servizos de mantemento, labores de vixilancia así como de limpeza e outros que poderán entrar nese paquete. Esta licitación acocha o verdadeiro carácter e compromiso continuísta do Sr. Feijóo coas políticas privatizadoras que ten levado adiante en clara cooperación co goberno do Sr. Rajoy pois esta medida, dende o noso punto de vista, conleva a introdución do modelo chamado PFI (financiamento público/privado), pola “porta de atrás” ,na construción do Hospital de Ourense. A empresa adxudicataria terá que financiar parte das obras do Plan Director, a cambio de facérselle claras concesións e servizos “estratéxicos” do Hospital (Informática, Aparcadoiros, locais comerciais, subministro enerxético, etc) e ademáis de non aparecer unha empresa que se faga cargo desta licitación as obras do Plan Director non poderían ser postas en marcha. Dende a Plataforma consideramos que este modelo PFI pon en risco a calidade dos servizos, conleva un encarecemento dos custes para os cidadáns e provoca perda, importante, de postos de traballo.

Nota de prensa obras plan director 25032013(1)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Nota de prensa obras plan director 25032013(1)

NOTA DE PRENSA

Anuncio por parte da Consellería de Sanidade da contratación da Fase I dasobras para rematar o Plan Director de Infraestruturas do ComplexoUniversitario Hospitalario de Ourense.

NOVO HOSPITAL PARA OURENSE SÍ ,PERO NON ASÍ

A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense ante a publicación no DOGdo pasado día 19 de Marzo do proceso de licitación das obras que rematen o Plan Director doCHUO, queremos manifestar, a opinión pública, o seguinte:

1º.-Vemos con satisfacción que por fin, os responsables da administración sanitaria galega,poñan en marcha o que esta Plataforma ven reivindicando dende vai varios anos. Non podemosesquecer que esta reforma leva paralizada dende o ano 2009. Momento no que chega aogoberno o Sr. Feijóo.

2º.-Dende a Plataforma consideramos, que a Consellería despois dunha lexislatura chea de derecortes e peches de instalacións (Piñor, Toén, etc) e con nulas inversións na nosa provincia,poña a Ourense no “mapa” das inversións sanitarias de Galicia non é algo polo que teñamos quefelicitar a estes xestores públicos. Ourense chega con moito atraso a que se cubran as súasnecesidades de modernización e dignificación das súas infraestruturas hospitalarias e deAtención Primaria.

3º.-A cidadanía non debería de deixar de lembrar a continua actividade propagandística e de“venta de fume” ao que foi sometida a construción do Hospital de Ourense durante estes 5 anosde mandato do Sr. Feijóo. Hai que lembrar as, innumerables “maquetas”, “proxectos” e“representacións mediaticas” , sempre en períodos pre-electorais, aos que someteu apoboación de Ourense o goberno da Xunta.

4º.-A Plataforma de Ourense ve con moitisima preocupación que esta licitación poda quedar en“papel mollado” e volvanse a producir atrasos, incumprimentos e dificultades para levalaadiante a vista “das cláusulas administrativas particulares para a contratación polo ServizoGalego de Saúde de obras polo procedemento aberto”, pois nas follas 1 e 2 dos pliegos( queadxuntamos como anexos) pode observarse que todo o proceso de licitación das obras se vinculaa que previamente haxa unha empresa ou grupo de empresas que asuman a contratación do quese chama “Xestión Integral de Espazos do Complexo Hospitalario de Ourense” referido a“explotación dos servizos de aparcadoiro, cafeteria e outros espazos comerciais” e tamén“subministro de combustibles, enerxia, mantenimento de edificios, etc”. En definitiva estase avincular o Plan Director a un proceso de privatización de moitos dos servizos e prestacións queprecisa un Hospital para poder funcionar.

5º.-Este punto anterior esta referenciado a que nas semanas previas a publicar a licitación dasobras para o CHUO a Consellería de Sanidade sacou outro concurso denominado “Xestión Integralde Espazos do Complexo Hospitalario de Ourense”, por valor de 150 millóns de euros a repartiren 10 anos, dos servizos de mantemento, labores de vixilancia así como de limpeza e outros quepoderán entrar nese paquete. Esta licitación acocha o verdadeiro carácter e compromisocontinuísta do Sr. Feijóo coas políticas privatizadoras que ten levado adiante en claracooperación co goberno do Sr. Rajoy pois esta medida, dende o noso punto de vista, conlevaa introdución do modelo chamado PFI (financiamento público/privado), pola “porta de atrás”,na construción do Hospital de Ourense. A empresa adxudicataria terá que financiar parte dasobras do Plan Director, a cambio de facérselle claras concesións e servizos “estratéxicos” doHospital (Informática, Aparcadoiros, locais comerciais, subministro enerxético, etc) e ademáisde non aparecer unha empresa que se faga cargo desta licitación as obras do Plan Director nonpoderían ser postas en marcha. Dende a Plataforma consideramos que este modelo PFI pon enrisco a calidade dos servizos, conleva un encarecemento dos custes para os cidadáns e provocaperda, importante, de postos de traballo.

Page 2: Nota de prensa obras plan director 25032013(1)

5º.-A veciñanza da provincia de Ourense tamén ten que saber que o que agora se licita nonestará rematado, no mellor dos escenarios, ata o final da lexislatura actual é dicir máis de 8anos despois de que o goberno do Sr Feijóo paralizase un proxecto que xa estaba en marchano 2009 e demorar “sine die” os centros de Saúde do Couto, Vinteún e Barbadás. Polo tantotemos que valorar como un fracaso a xestión, dunha obra, moi necesaria e imprescindible para apoboación de Ourense.

6º.-Dende a Plataforma vemos con moita preocupación este xeito de licitar a infraestrutura doHospital de Ourense, consideramos que é un chanzo máis nas medidas privatizadores dosgoberno de Rajoy/Feijóo, que o sistema PFI é un risco para a atención a saúde dos cidadáns,como así se ten demostrado nos países nos que se puxo en marcha, que Ourense sigue indocon moito atraso e inseguridade nas súas inversións sanitarias con respecto ao resto deGalicia.

7º.-A poboación de Ourense ten que saber que a atención sanitaria non é só a construción deboas infraestruturas tanto hospitalarias como de centros de saúde. De pouco nos vai serviraos Ourensáns o ter un Hospital tecnoloxicamente punteiro se a Sanidade ten deixado de serUniversal, se os repagos se teñen incrementado de xeito alarmante, se lle limitan aatención sanitaria e o acceso a certos colectivos sociais, etc.

En resumo a Plataforma quere un novo Hospital para Ourense pero non o queremos unHospital realizado polo modelo PFI, é un modelo máis caro, que introduce a xestión privada conanimo de lucro na atención sanitaria as persoas e polo tanto pon en risco a calidade nasprestacións e a saúde das persoas.

Ourense a 25 de Marzo do 2013.-

Page 3: Nota de prensa obras plan director 25032013(1)
Page 4: Nota de prensa obras plan director 25032013(1)
Page 5: Nota de prensa obras plan director 25032013(1)