4
O Comedor Escolar. O comedor escolar do centro funcionará regulado pola normativa correspondente. Ademáis dos alumnos/as poderán comer os profesores/as que o desexen, sempre que se conte con prazas dispoñibles. O horario será de 14´30 horas a 15´30 horas en setembro e xuño e de 13´45 horas a 15´15 horas os luns, martes, mércores e xoves, e de 13´15 horas a 14 horas os venres durante o resto do ano. Elaborarase un menú mensual que se distribuirá entre o alumnado usuario para que a súa familia complete a súa alimentación na casa. Inculcaranse nos alumnos/as comensais hábitos alimenticios, hixiénicos e de comportamento durante o periodo do comedor. As normas do comedor son as seguintes: 1. Hixiene Os alumnos (incluídos os de Ed. Infantil) deberán saber comer por si mesmos e facer uso dos servizos. Durante a comida non poderán ir ao servizo a non ser por indisposición ou enfermidade e sempre con permiso da Coidadora. Poderán ir antes da entrada ao comedor nos servizos do patio. Non se poderán meter obxectos ao Comedor. Non está permitida a entrada dos alumnos na cociña. Poñerase especial coidado na correcta utilización dos cubertos, así como o uso do pano da mesa. Non se pode tirar pan, auga ou restos de comida ao chan nin a outros alumnos. Despois de comer, o alumnado que o desexe poderá pasar polo servizo, acompañados polas súas Coidadoras, para realizar o cepillado de dentes e lavarse as mans.

Normas de Comedor

Embed Size (px)

DESCRIPTION

normas de réxime interior

Citation preview

O Comedor Escolar.

O comedor escolar do centro funcionará regulado pola normativa correspondente.

Ademáis dos alumnos/as poderán comer os profesores/as que o desexen,

sempre que se conte con prazas dispoñibles.

O horario será de 14´30 horas a 15´30 horas en setembro e xuño e de 13´45

horas a 15´15 horas os luns, martes, mércores e xoves, e de 13´15 horas a 14

horas os venres durante o resto do ano.

Elaborarase un menú mensual que se distribuirá entre o alumnado usuario para

que a súa familia complete a súa alimentación na casa.

Inculcaranse nos alumnos/as comensais hábitos alimenticios, hixiénicos e de

comportamento durante o periodo do comedor.

As normas do comedor son as seguintes:

1. Hixiene

� Os alumnos (incluídos os de Ed. Infantil) deberán saber comer por si

mesmos e facer uso dos servizos.

� Durante a comida non poderán ir ao servizo a non ser por

indisposición ou enfermidade e sempre con permiso da Coidadora.

Poderán ir antes da entrada ao comedor nos servizos do patio.

� Non se poderán meter obxectos ao Comedor.

� Non está permitida a entrada dos alumnos na cociña.

� Poñerase especial coidado na correcta utilización dos cubertos, así

como o uso do pano da mesa.

� Non se pode tirar pan, auga ou restos de comida ao chan nin a

outros alumnos.

� Despois de comer, o alumnado que o desexe poderá pasar polo

servizo, acompañados polas súas Coidadoras, para realizar o

cepillado de dentes e lavarse as mans.

2. Organización e comportamento

� A entrada ao Comedor farase por grupos en fila, con orde e

tranquilidade, sen correr, sen empurrar os compañeiros nin berrar.

� Os alumnos sentaranse nos lugares que lles serán asignados. Estes

lugares serán fixos, podendo ser cambiados a criterio das coidadoras ou

as encargadas do comedor.

� Deberase respectar todo o material e utensilios, sendo os alumnos

responsables da súa deterioración por mal uso.

� Deberán permanecer correctamente sentados en todo momento, sen

xogar nin se balancear nas cadeiras nin se mover do seu sitio. Non

poderán erguerse. Para chamar as coidadoras, deberán facelo

levantando a man ata ser atendidos.

� É moi importante comer nun ambiente tranquilo e relaxado, polo que

nunca se dirixirán aos demais berrando, senón falando nun ton de voz

axeitado. Non está permitido falar con alumnos doutras mesas.

� En caso de que se considere oportuno, por razóns estritamente

educativas, os alumnos colaborarán, na medida das súas posibilidades,

co Servizo do Comedor.

� Os alumnos están obrigados a respectar o persoal laboral (Cociñeiro,

persoal de cociña, coidadoras...) nos mesmos termos que ao

profesorado do Centro: deben obedecelos e seguir as súas indicacións.

� Cando se acabe de comer, esperarán en silencio que se lles indique o

momento da saída, o cal se fará nos mesmos termos que á entrada.

� O pagamento mensual pola utilización do comedor escolar producirase

nos 5 primeiros días do mes seguinte ao da prestación do servizo,

estando obrigados a presentar no centro o xustificante de “pagamento

para a Administración” nos 10 primeiros días de cada mes.

� O incumprimento no pagamento do comedor cada mes, impedirá a

utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda

á oportuna regularización dos pagamentos, para o cal contarase cun

prazo máximo de 2 meses.

3. Alimentación

� Os alumnos deberán adaptarse ao menú establecido, comendo a

cantidade que se lles sirva que se adaptará á súa idade e complexión

física.

� En caso de non poder comer algún tipo de alimento, deberase achegar

un Certificado Médico que o acredite, segundo establece a lexislación

vixente.

� Os dereitos e deberes dos alumn@s comensais serán os mesmos que

figuran nas Normas de convivencia, organización e funcionamento do

centro. O incumprimento das normas notificarase aos pais/nais do

alumn@, e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación

temporal ou definitiva do uso do comedor.

� En ningún caso se subministrarán medicamentos aos nen@s.

� A familia deberá comunicar previamente a ausencia ou asistencia

puntual dalgún comensal avisando por escrito á encargada de comedor

ou á directora, sempre por causa xustificada.

4. Tempo libre:

� Cada grupo permanecerá no lugar asignado baixo a supervisión da

Coidadora. Ningún alumno poderá separarse do seu grupo sen permiso.

� Non se permite a práctica de xogos perigosos, entendéndose por iso

aqueles que poidan poñer en perigo a integridade física das persoas.

� Os alumn@s que asistan ao comedor e que debido ao mal tempo teñan

que estar nos espazos destinados a tal fin, deberán permanecer en todo

momento baixo vixilancia das coidadoras, coidando e respectando todo

o material que hai alí sen poder acceder a este. Ao rematar a súa

actividade terán que recoller todo o utilizado deixándoo igual que o

encontraron.

� Queda totalmente prohibido que o nen@s do comedor xoguen nos

corredores e que accedan ao resto das aulas que se encontran no

edificio salvo autorización do persoal de vixilancia (para ir ao servizo ou

outras)..

� Deberán respectar o uso dos servizos, ao igual que o fan en horario

escolar.