Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
editorialCARLOS CASTROentrevista aANABEL GONZÁLEZ
COOPERATIVA CORVERAA FONDO
A NOSA
XENTE
REPORTAXE DO TRIMESTREPROFER, UN PLAN DE
FERTILIZACIÓN OPTIMIZADO
NÚMERO 6 · Outubro 2017
O sab� da nosa terra
Carlos CastroDirector Xeral de Delagro
3 MESESEN
500 PALABRAS
Neste terceiro trimestre do ano, o mundo do
cooperativismo agrogandeiro deu, unha vez
máis, sobradas mostras do seu enorme vigor e
potencial. Quizais o exemplo máis representativo
de ambos, e sen dúbida a noticia máis destacada
destes meses, sexa o nacemento dunha nova
cooperativa: AIRA. Como no seu momento
aconteceu con CLUN, diferentes cooperativas
do sector (AIRA, AGRIS, COELPLAN, COGASAR
e ICOS) apostaron por xuntar esforzos, neste
caso mediante unha integración total das súas
infraestruturas, persoais e proxectos produtivos.
Unha iniciativa que relanza a ilusión dos seus
socios e que ademais os dota dun maior músculo
empresarial para afrontar con seguridade os xa
dabondo coñecidos retos do sector.
Entre eles, desde hai anos aparece sempre
lograr un prezo máis competitivo para o leite. A
maior parte dos nosos socios desenvolven a súa
actividade económica ao redor del e dos seus
derivados, e por iso cada céntimo de valoración
ou de depreciación ten un impacto importante
nas súas economías. Pois ben, durante os últimos
doce meses, o leite en Galicia revalorizouse un
7,5% (2,10 céntimos por litro), fronte ao 5,5% da
media nacional, situándose así de media nos 30
céntimos. É sen dúbida unha boa nova, pero aínda
son necesarias máis subidas, e máis continuadas,
para que o prezo do leite deixe de supor unha
preocupación para o sector e para que se produza
unha converxencia real cos prezos nacionais e
europeos.
Doutra banda, o pasado 20 de xuño tivo lugar en
Valença do Minho (Portugal) un novo encontro
de cooperativas da Eurorrexión Galicia-Norte
de Portugal, na que Delagro estivo presente
xunto coa portuguesa Ucanorte. O presidente
de Delagro, Javier Taboada e o director xeral de
Ucanorte, Carlos Osório, coincidiron no acertado
do acordo de colaboración asinado en 2013, e
que os grandes logros alcanzados ata hoxe son
só unha pequena parte de todos os que se poden
chegar a conseguir. Unha vez máis, queda de
relevo que a colaboración, a solidariedade e a
converxencia de sinerxías están chamadas a ser
as grandes impulsoras do mundo cooperativista,
así como os únicos garantes solventes do seu
futuro.
Tamén recentemente tivo lugar no Pazo Baión,
sede central da cooperativa Condes de Albarei,
unha reunión entre o seu consello reitor e o de
Delagro. Non só tivemos a oportunidade de
visitar unha vez máis as excelentes instalacións
da cooperativa vitivinícola, senón que ambas
directivas aproveitaron a ocasión para reafi rmar o
seu compromiso recíproco de colaboración, que
tan bos froitos deu ata o momento.
Despídome xa, non sen antes adiantar dúas
noticias francamente positivas. Por unha banda,
os primeiros
datos anticipan
que este ano
se espera unha
excelente colleita
de millo.
Por outro, os datos
confírmannos
que 2017 está a
mostrar un comportamento moi positivo, polo
que case con total seguridade pecharemos o ano
cun considerable incremento de vendas respecto
ao ano pasado.
Moito ánimo cos últimos meses do ano!
A creación de AIRA relanza a ilusión dos seus socios e dótalles dun maior músculo empresarial para afrontar con seguridade os retos do sector
O sab� da nosa terra
Cabaza da horta de Clun Melisanto recheade carne e arroz
Ingredientes• 1 cabaza violín de CLUN Melisanto
• 400 g de carne picada
• 200 g de arroz
• 1 cebola mediana
• 1 cullerada de concentrado de tomate
• Queixo relado
• Aceite de oliva virxe extra
• Sal e pementa
Elaboración
1. Partimos a cabaza pola metade e metémola ao forno
prequentado a 200 ºC durante 40 minutos (ou ata que
vexamos que está branda).
2. Cocemos o arroz segundo indique no paquete,
xuntamos e reservamos. Picamos a cebola e
pasámola nunha tixola cun pouco de aceite. Cando
estea transparente, engadimos un pouco máis de
aceite e incorporamos a carne, salpimentamos e
deixamos que se cociñe, removendo.
3. Mentres, baleiramos as metades de cabaza, deixando
un bordo de 1 cm aproximadamente e reservamos a
pulpa.
4. Unha vez a carne perda a cor rosada, engadimos
especias ao gusto, o concentrado de tomate, a pulpa
de cabaza e o arroz. Salpimentamos e deixamos que
se cociñe a lume baixo durante 10 minutos para que
se mesturen os sabores.
5. Prequentamos o forno a 200 ºC, enchemos as
metades e esparcimos o queixo relado por riba ao
gusto.
6. Enfornamos 20 minutos ou ata que se gratine o
queixo. Sacamos e servimos aínda quente.
O EXPERTO RESPONDEPregunta
Que implicacións ten para a miña cooperativa o Regulamento UE 2016/679 do Parlamento
Europeo de Protección de Datos (RGPD)?
Resposta
Aínda que entrou en vigor en maio de 2016 non comezará a aplicarse ata o 25 de maio de 2018. Ata ese momento a actual normativa de protección de datos será plenamente válida e aplicable. Este período de dous anos ten como obxectivo permitir que todos os que tratan datos persoais vaian preparándose e adaptándose para o momento en que o Regulamento sexa aplicable.
O RGPD modifi ca algúns aspectos do réxime actual e contén novas obrigacións que deben ser analizadas e aplicadas por cada organización tendo en conta as súas propias circunstancias. Os elementos que, segundo o noso criterio, constitúen a maior innovación do mesmo son:
• O principio de responsabilidade Proactiva: require que as organizacións analicen que datos tratan, con que fi nalidades o fan e que tipo de operacións de tratamento levan a cabo.
• O enfoque de risco: o RGPD sinala que as medidas dirixidas a garantir o seu cumprimento deben ter en conta, entre outros, o risco para os dereitos e liberdades das persoas.
• O consentimento debe ser “inequívoco” e explícito. Non se admiten formas de consentimento tácito ou por omisión.
• A información aos interesados, tanto respecto das condicións dos tratamentos que lles afecten como nas respostas aos exercicios de dereitos, deberá proporcionarse de forma concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela.
• A idade mínima para prestar o consentimento.
• As obrigacións do responsable e do encargado do tratamento, e a fi gura do delegado de protección de datos.
ESTA SECCIÓN É PARA TI Envía as túas preguntas e consultas a [email protected]
Rocío Huerta Miguel - Juan Carlos Menéndez González
Avogados
Servizo Xurídico Serconsulting
NOTICIASDelagro, novo patrocinador para Entrecanes
Total Dog, a marca de pensos propia de Delagro e as súas cooperativas asociadas, apoia a Entrecanes no seu labor de Intervención Asistida con Cans.
Total Dog, a marca de pensos propia de Delagro e as súas cooperativas asociadas, apoia a Entrecanes no seu traballo en Intervención Asistida con Cans, dentro do proxecto A Caseta Dogs. Entrecanes é unha asociación de carácter social dedicada desde 2011 ás Intervencións Asistidas con Cans, dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade ou necesidades específi cas. Desenvolven o seu potencial persoal para garantir a súa participación activa na sociedade de forma autónoma.
Delagro doou 400 kg de penso Total Dog, que se destinará á alimentación dos cans cos que
traballa Entrecanes, dentro dun proxecto de tenencia responsable, adestramento en positivo con cans acollidos, e favorecemento da adopción e readaptación destes cans, nalgúns casos para o seu posterior traballo en IAP. Con esta colaboración, realizada por segundo ano consecutivo, Delagro pon o seu grao de area para que Entrecanes poida continuar co seu labor, mellorar a calidade de vida de animais e persoas e continuar ampliando o radio de acción das súas actividades nos ámbitos da terapia, educación, a concienciación para a saúde e o medio ambiente.
www.entrecanes.org
Receta orixinal en Cocinando en Marte (www.cocinandoenmarte.com).
En 1943, un grupo de 12 agricultores e gandeiros do concello de Corvera
constitúen, no seo da Irmandade Sindical de Labradores,unha cooperativa
agraria, co ánimo de crear un instrumento que supoña unha mellora da súa
vida e a súa actividade nuns anos especialmente
complicados. Pero non foi ata a década dos 80
cando 64 profesionais do sector agrario, apurados
pola necesidade de mellorar os seus ingresos e a súa
calidade de vida, decidiron retomar a actividade da
mesma.
Nun primeiro momento, a actividade desenvolvida
era a fabricación e comercialización de alimentación
para o gando. Pouco despois naceu a sección láctea,
destinada a comercializar o leite de vaca procedente das
explotacións. Desta maneira, pechábase o círculo da economía das explotacións
agrarias, tratando de ser máis efi cientes na compra e na venda. A propia
esixencia do socio-cliente levou a aumentar de maneira paulatina o obxecto de
comercialización: ferraxería, insumos agrarios, produtos veterinarios, fi tosanitarios,
deterxentes, aceites, etc.
A mediados dos 90 instálase unha pequena tenda agraria, duns 40 m2, que
actualmente se converteu nunha superfi cie de exposición de 400 m2 e de venda
duns 150 m2 que, con todo, resulta notablemente insufi ciente para a cooperativa.
A partir de 2011 e 2012, que se instala un surtidor de camburantes e se potencia
a actividade comercial, nace unha nova necesidade de contratar persoal,
chegándose en 2014 a contar con 10 traballadores.
Pero a actividade comercial non se centrou só en
mercados locais ou nacionais. En momentos de
convulsión do mercado interno de abastecemento
de leite e aguilloados pola necesidade, a cooperativa
Corvera logrou dar o salto a mercados internacionais,
como Francia e Portugal, entre os anos 2002 e 2008,
colocando o produto en queixerías e fábricas de recoñecido prestixio. Sen prexuízo
diso, e como queira que o produto que vende está sometido a exhaustivos
controis de calidade, e garantindo plenamente a orixe do mesmo, a cooperativa
foi provedor exclusivo de leite de vaca para a elaboración de queixo artesanal
Afuega´lpitu da marca “Rey Silo”, de gran aprecio entre os profesionais culinarios e
gañador de diversos premios internacionais.
Hoxe, a cooperativa de Corvera comercializa, sen ter a presente lista un
carácter exhaustivo, os seguintes produtos e servizos: alimentación animal,
cereais, forraxes, emendas e fertilizantes, fi tosanitarios, plantas de horta, plantas
ornamentais, froiteiras e sementes, produtos de ferraxería, produtos farmacéuticos
veterinarios, gasóleos a domicilio e en poste, alimentación humana e bazar, roupa
e calzado de traballo, leite de vaca a granel (comercialización almacenista do leite
das explotacións dos nosos socios), control de calidade de leite e asesoramento
básico ás nosas explotacións, seguros de todo tipo (agrarios, vida, RC, vehículos,
etc…), neumáticos, asesoramento e formación.
Todos estes bens e servizos ofrécense por outros competidores do mercado
na comarca, pero moi poucos son capaces de ofrecer a pluralidade de bens e
servizos que ofrece a cooperativa de Corvera. A súa vocación actual é a de ser
un provedor integral de bens e servizos para o entorno rural e as súas áreas de
infl uencia. Todo o que un gandeiro, un agricultor, un habitante do entorno rural e
das súas zonas próximas poida necesitar pódello e débello ofrecer a cooperativa.
Ata agora Corvera centrouse en dar un servizo para a actividade profesional deste
colectivo, logrando cubrir practicamente todas as súas necesidades, pero o gran
salto cualitativo, aínda pendente de consolidar coa instalación do economato
“Mercarural”, é cubrir as súas necesidades domésticas.
A contribución da Cooperativa de Corvera ao desenvolvemento social e
técnico – económico da comarca.
Sen prexuízo de facilitar o melloramento económico do medio rural mediante a
actividade de comercialización descrita, un dos alicerces fundamentais para o
desenvolvemento social foi a formación, que se confi gura como o eixo vertebrador
para o mantemento da poboación rural e das súas aspiracións vitais.
Nestes últimos anos, a cooperativa realizou cursos formativos nas seguintes
materias: benestar animal, inseminación artifi cial, calidade de leite, prevención
de riscos laborais no medio rural, manipulación de fi tosanitarios, informática, uso
das TIC, conservas artesanais, elaboración de queixos, restauración e cociña de
vangarda asturiana, restauración de mobles, manipulador de alimentos, igualdade
de oportunidades homes/mulleres, e sensibilización ambiental.
En todos eles contouse coa colaboración das Cooperativas Agroalimentarias
de España e Cooperativas Agroalimentarias de Asturias, e co fi nanciamento da
Consellería de Agroganadería, co Concello de Corvera e con Caixa Rural de
Asturias, o que permitiu ofrecer os cursos de forma gratuíta.
A vocación dacooperativa Corveraé ser un provedorintegral de bense servizos para o entorno rural e as súasáreas de influencia
UN PULSO AO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DA ZONA Nos últimos anos, e a pesar da gran crise que afectou ao sector, Corvera conseguiu manter estables os prezos dos pensos, e defender uns prezos competitivos para a produción láctea dos seus socios, mantendo así o poder adquisitivo dos seus gandeiros de leite.
O maior desafío, así como o maior logro ao que se enfrontou a cooperativa, foi o poñer en marcha a sección láctea, xa que supuxo o seu despegamento defi nitivo. Ao comezo da súa actividade existían moitas trabas e difi cultades impostas polas grandes empresas lácteas, que non aceptaban que a produción se organizase para defender os seus intereses. Na actualidade, Corvera recolle 20 millóns de litros de leite que fan chegar á industria cuns excelentes niveis de calidade.
A cooperativa é un tanto peculiar respecto da súa localización. Tendo en conta que a gandería na zona centro de Asturias redúcese a pasos axigantados, Corvera apostou por diversifi car actividades. Para poder dinamizar a zona, a entidade leva catro anos tentando implantar unha tenda agraria en autoservizo, pero os trámites administrativos ante os diversos organismos públicos están a demorar a construción da mesma. Con este espazo, que confían abrir en 2018, pretenden achegar ao socio os produtos que precisa na súa explotación.
1
2
3
A formación queimparte Corvera é uneixo vertebrador parao mantemento dapoboación rural eas súas aspiracións
A FONDO
A nivel económico, os anos de crise deron unha
nova oportunidade á sociedade, manifestada
no desenvolvemento de novos negocios e na
consolidación das actividades preexistentes. O
volume de facturación de 2016 ascendeu a 13,5
millóns de euros.
Hoxe en día, gran parte dos esforzos en materia
de innovación e desenvolvemento realízanse
no seo de Delagro Sociedade Cooperativa
(Cooperativa de Segundo Grao que agrupa a
cooperativas de Galicia, Asturias e Cantabria) e da
que esta cooperativa é socio. Corvera forma parte
do proxecto DelagrOS (no campo da informática),
destinado a deseñar e implantar ferramentas
de xestión altamente competitivas, pensadas
especifi camente para este tipo de empresas.
Corvera comezará a operar con él en xaneiro de
2018.
Ademais, en 2014 a entidade participou tamén
na posta en marcha dunha planta de fabricación
de fertilizantes na Coruña (polígono industrial
de Penapurreira, nas Pontes), destinada a
abastecer de produto de primeira calidade aos
nosos clientes (sendo distribuidor exclusivo en
España do primeiro fabricante mundial de abonos
e fertilizantes Yara). O obxectivo de todos eles
é chegar a producir e comercializar produtos
de marca propia en familias nas que o volume
manexado permite concorrer no mercado en
condicións adecuadas (deterxentes, plásticos,
etc...).
A próxima instalación dun economato nos seus
terreos de Solís, baixo a insignia de Mercarural,
pretende converterse nun referente comercial na
comarca. A súa creación permitirá a incorporación
de seis postos de traballo directos, e case outros
tantos indirectos, e supoñerá un investimento
superior a 1.000.000 de euros.
A NOSA XENTENacemento
Queremos dar o parabén á nosa compañeira Nuria Lareu,
do departamento de Administración, polo nacemento do seu
fi llo Dani. Como podedes comprobar, tanto o pequeno como
a mamá están en perfectas condicións, gozando dos seus
primeiros días en casa.
Moitas felicidades a toda a familia!
ESTA SECCIÓN É PARA TIÉ o teu aniversario? Acabas de casar? Tiveches un fi llo?Se queres participar nesta sección envíanos as túas fotos a [email protected]
Os anos de crises supuxeron para a cooperativa o desenvolvemento de novas liñas de negocio
• O volume de facturación de 2016 ascendeu a 13,5
millóns de euros distribuídos en varias seccións.
As máis importantes, ordenadas por volume,
son: comercialización almacenista da produción
láctea das explotacións dos socios; fabricación e
venda de penso, venda de fertilizantes, sementes
e outros insumos agrarios; combustibles; tenda
agraria.
• Ten un persoal medio de 9 empregados directos,
dos cales 5 son mulleres e 4 homes, e 4
empregos indirectos (encargados da recollida de
leite e repartición de pensos).
• Conta con só un centro de produción e unha
tenda situados en Solís, concello de Corvera.
• Componse de dous tipos de socios, agrarios (585
socios) e de consumo (2245 socios).
• Fabrican penso composto para vacún de
leite, vacún de carne e avicultura. A súa
actividade esténdese a outras zonas da rexión,
principalmente ao oriente, coa recollida de leite e a
súa posterior venda á industria. A área de servizos
medra máis lentamente debido, principalmente,
á dispersión dos seus socios e ao feito de ser
ganderías de mediana/pequena dimensión.
CORVERA EN CIFRAS
13,5 MILLÓNS DE EUROS
FACTURADOS
MÁIS DE 2.830
SOCIOS
13 EMPREGADOS
DIRECTOS E INDIRECTOS
20 MILLÓNS DE LITROS
DE LEITE
PRODUCIDOS
A Cooperativa que temos eque teremos
REPORTAXEDO TRIMESTREPROFER, un plan de fertilización optimizado aos resultados do chan
A fertilización actual dos nosos cultivos é a adecuada?
O rendemento dun cultivo pódese ver afectado pola falta de dispoñibilidade de nutrientes esenciais para a planta (N,P, K, Mg, Ca e S). Para realizar unha correcta fertilización, temos que ter en conta os seguintes parámetros:
Necesidades nutricionais das plantas
Dispoñibilidade de nutrientes no chan
Dispoñibilidade de abonos orgánicos
Dispoñer de análise de chan e coñecer as necesidades de nutrientes por parte dos cultivos son dous factores fundamentais á hora de levar a cabo unha boa fertilización.
Proxecto PROFER
O Proxecto PROFER é unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 por Delagro, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e co Centro de Investigación e Formación Agrarias (CIFA).
O seu obxectivo principal foi profundar no coñecemento da fertilidade dos chans, establecendo características comúns en canto a chans e zonas edafoclimáticas, para determinar formulacións específi cas para os cultivos predominantes no noroeste peninsular.
Como resultado destas análises, creouse un mapa coas diferentes zonas edafoclimáticas.
Esta base de datos, que se atopa en continua actualización, serviu para crear un programa de recomendación de abonado atendendo ás riquezas de nutrientes do chan e aos requirimentos nutricionais.
Programa de recomendación de abonado PROFER
En base á información obtida, Delagro creou un programa informático de recomendación de abonado para axudar a planifi car unha fertilización o máis adecuada posible, que permitirá saber as unidades de fertilizante que se deben achegar a cada parcela tendo en conta as necesidades do cultivo, as achegas e características do chan.
Para iso é fundamental dispoñer dos datos que nos proporciona unha análise rigorosa do chan onde se establecerá o cultivo, e que se toman baixo estas premisas:
• Fertilizantes adecuados aos nosos cultivos forraxeiros
• Mellora da efi ciencia no uso de fertilizantes
• Obter as maiores producións coa mellor calidade
• Reducir os custos de abonado
• Reducir o impacto no medio ambiente
A posta en práctica deste programa conseguiu grandes resultados nos cultivos, como en Agrocantabria.
Caso de éxito en Agrocantabria
Agrocantabria leva anos tomando mostras das parcelas de todo aquel que as solicita na Sociedade Cooperativa Agrocantabria, elaborando fórmulas PROFER para varias explotacións con moi bos resultados. Pero foi este ano cando a excelente produtividade das colleitas puxo en evidencia o éxito deste tipo de abonado. Segundo Elías Celis, técnico comercial de Agrocantabria “os bos resultados falan por si mesmos”..
O labor do técnico que asesora ao gandeiro é fundamental. Unha vez que ten a información do cultivo, o especialista recomenda solucións a medio ou longo prazo achegando unha planifi cación personalizada. Pero o asesoramento da cooperativa non termina coa aplicación da fórmula resultante da recomendación de abonado, senón que continua cun seguimento, man a man, co agricultor. O técnico recomendará unha nova análise das parcelas aos 5 anos para constatar a evolución das mesmas e comprobar o seu estado nutricional.
No caso de Agrocantabria, o que se fi xo foi analizar o chan dos diferentes manexos que realiza a explotación. Unha vez obtidos os resultados viuse que, debido aos diferentes aportes de purín, as parcelas da explotación clasifi cábanse en 3 tipos. As necesidades destes terreos eran moi distintas, polo que optóuse por unifi car os chans no mes de decembro, con achegas adecuadas de cal e potasa. Nos primeiros meses do ano, coa corrección feita, empregaron unha fórmula Profer axustada ás necesidades do cultivo tendo en conta as achegas realizadas e a riqueza dos diferentes elementos no chan. O principal obxectivo era realizar un abonado adecuado ás necesidades do cultivo, e desta maneira conseguiuse. Ademáis, facilitáronse as labores de abonado realizando este proceso.
UN CAFÉ CON...ANABEL GONZÁLEZ
Anabel González incorporouse a Delagro no ano 2013. Sempre disposta a axudar e plenamente integrada no mundo cooperativo, Anabel responde a unhas preguntas para que a coñezamos mellor.
En que consiste exactamente o teu traballo?
En dar servizo, coma nas obras, jaja. Xestiono bases de datos, informes para
os compañeiros do departamento de Comercial e Marketing, levo o tema da
publicidade e das promocións dos produtos de distintas familias, ocúpome do
merchandising, dos catálogos e fi chas, das xornadas de campo… moi variado.
Que é o que máis che gusta e o que máis odias del?
O que máis é estar en contacto co resto de departamentos, con persoal das
cooperativas, entendendo mellor o seu traballo e aprendendo moito. Non odio
nada, como moito o que menos me gusta é que nalgúns casos o meu traballo
sexa invisible.
Cal foi a experiencia máis divertida que viviches en Delagro?
Non sabería dicirche; agora mesmo véñenme á cabeza as primeiras veces que
fun por almacén a familiarizarme cos productos… aínda rimos coa pouca idea
que eu tiña dos formatos e de para qué servía cada cousa.
Que cualidades admiras nos teus compañeiros de traballo?
A constancia, o non desanimarse nunca.
Antes de chegar a Delagro, estabas familiarizada co mundo
cooperativo?
Pouco, só o que se coñece desde fóra.
Que aspecto sorprendeuche máis positivamente deste entorno?
Do entorno cooperativo, así coma do sector agrícola e gandeiro, a cantidade
de disciplinas que abarcan: alimentación, sanidade, sementes, fertilización,
instalacións… ata hai que saber de meteoroloxía!
Cal é o teu momento favorito do día?
O café de despois de xantar, con conversa de sobremesa.
Tiñas algún mote de pequena?
Creo que ningún fi xo. Como moito o nome da casa, que no rural é unha
identifi cación con moito máis contido ca un nome ou un alcume.
Cal é a última película que viches no cinema?
Non son moito de ir ó cine, creo que dende Cineuropa o ano pasado non
volvin. A última que me chamou a atención foi Figuras Ocultas, pero non
puiden ila ver.
Que che gusta facer no teu tempo libre?
Camiñar, bailar, coñecer novos lugares.
Se puideses ter un súper poder, cal sería?
Parar o tempo, rebobinar.
Tes algún lema na vida?
Vive e deixa vivir.
A alimentación dos campións
Único carburante recomendado por:
Repsol
Recomendado por grandes expertos en la tierraEn tu terreno, eres el que más sabe. Y en el campo de la maquinaria agrícola, sigues el consejo de los principales fabricantes: utilizar Repsol .
• Alarga la vida útil de tu maquinaria.• Minimiza los costes de mantenimiento.• Más respetuoso con el entorno gracias a su fórmula sin azufre*.
* M
enos
de
10 p
arte
s po
r mill
ón s
egún
Rea
l Dec
reto
1088
/201
0 y
1361
/201
1.
Haz tu pedido en el 901 101 101.Toda la información en repsol.com