5
Vilalbaberta MOCIÓN RELATIVA Á DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VILALBA COMA MUNICIPIO OPOSTO AO TTIP Ao Pleno do Concello de Vilalba D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB; formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS En 2013, a Comisión Europea recibiu o mandato dos Estados membros da Unión Europea de negociar cos Estados Unidos o Tratado Transatlántico do Comercio e do Investimento (ATCI, máis coñecido como TTIP polas súas siglas en inglés), tamén coñecido como Acordo Transatlántico de Libre Comercio (TAFTA), presuntamente co fin de incrementar as relacións comerciais entre a UE e os EE.UU., reducindo as barreiras non arancelarias, con obxecto de conseguir crear emprego, crecemento económico así coma unha mellora da competitividade. Coas grandes multinacionais detrás, a UE e os EEUU están a acelerar este proceso, co concurso de poucos pero selectos axentes negociadores e marxinando a representantes políticos e entidades locais, a pesares das grandes repercusións que estes acordos poden ter para os municipios da UE, pois representan un serio perigo para a democracia e a debida protección dos dereitos laborais, ambientais e de saúde, antepoñendo o interese comercial dos inversores e empresas multinacionais. Este acordo, supón a mercantilización absoluta das nosas vidas e o sometemento total da soberanía dos Estados aos intereses das grandes corporacións, con acordos que se están negociando en segredo, sen ningún tipo de transparencia nin control por parte de organismos públicos.

Moción Relativa á Declaración Institucional Do Concello de Vilalba Coma Municipio Oposto Ao Ttip

Embed Size (px)

Citation preview

7/25/2019 Moción Relativa á Declaración Institucional Do Concello de Vilalba Coma Municipio Oposto Ao Ttip

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-declaracion-institucional-do-concello-de-vilalba-coma 1/5

Vilalbaberta 

MOCIÓN RELATIVA Á DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DEVILALBA COMA MUNICIPIO OPOSTO AO TTIP

Ao Pleno do Concello de Vilalba

D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do

disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En 2013, a Comisión Europea recibiu o mandato dos Estados membros da Unión

Europea de negociar cos Estados Unidos o Tratado Transatlántico do Comercio e do

Investimento (ATCI, máis coñecido como TTIP polas súas siglas en inglés), tamén

coñecido como Acordo Transatlántico de Libre Comercio (TAFTA), presuntamente co

fin de incrementar as relacións comerciais entre a UE e os EE.UU., reducindo as

barreiras non arancelarias, con obxecto de conseguir crear emprego, crecemento

económico así coma unha mellora da competitividade.

Coas grandes multinacionais detrás, a UE e os EEUU están a acelerar este proceso, co

concurso de poucos pero selectos axentes negociadores e marxinando a

representantes políticos e entidades locais, a pesares das grandes repercusións que

estes acordos poden ter para os municipios da UE, pois representan un serio perigo

para a democracia e a debida protección dos dereitos laborais, ambientais e de saúde,

antepoñendo o interese comercial dos inversores e empresas multinacionais.

Este acordo, supón a mercantilización absoluta das nosas vidas e o sometemento total

da soberanía dos Estados aos intereses das grandes corporacións, con acordos que se

están negociando en segredo, sen ningún tipo de transparencia nin control por parte

de organismos públicos.

7/25/2019 Moción Relativa á Declaración Institucional Do Concello de Vilalba Coma Municipio Oposto Ao Ttip

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-declaracion-institucional-do-concello-de-vilalba-coma 2/5

O Tratado de Lisboa no seu artigo 218 (TFUE), que outorga á Comisión Europea a

facultade de restrinxir o acceso aos documentos das negociacións (moi especialmente

os textos consolidados) do TTIP e os arranxos para a sala de lectura impiden aos

membros do Parlamento Europeo iniciar unha análise detallada do acordo. Ademais, o

intercambio de información con terceiros está estritamente prohibido, e con todo,estes textos de negociación consolidados son o corazón das negociacións.

Todo isto contravén o fallo da Sala Primeira do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

do 3 de xullo de 2014, en resposta ao recurso de casación do Consello da UE que

buscaba impedir a unha eurodeputada o acceso íntegro a un documento que contiña

o ditame do Servizo Xurídico do Consello sobre unha recomendación da Comisión

Europea ao Consello para que se autorice a apertura de negociacións entre a Unión

Europea e os Estados Unidos de América con vistas á celebración dun acordo

internacional destinado a poñer a disposición do Departamento do Tesouro dos

Estados Unidos datos de mensaxería financeira.

As restricións de acceso aos documentos das negociacións vulneran igualmente o fallo

do Tribunal de Xustiza do 3 de xullo de 2014 (asunto C 350/12 P) que di que os ditames

xurídicos do Consello relativos aos acordos internacionais non deben ser

automaticamente "clasificados" e eximidos da súa publicación e que o Consello "debe

primeiro explicar como a desclasificación podería danar concreta e efectivamente o

interese público”.

Pero, sobre todo, o TTIP ignora calquera lexislación nacional ou local en materia deinvestimentos. Xunto ao contido propio do TTIP, cómpre tamén denunciar a pouca

transparencia e a opacidade coa que se levaron as negociacións. Da pouca información

que transcendeu, quizais o máis rechamante sexa o referente ao ISDS (“Investor to

State Dispute Settlemenet” unha cláusula de protección dos investidores estranxeiros

que permitirá ás multinacionais demandar aos Estados cuxos gobernos aproben leis

que afecten aos seus beneficios económicos presentes ou futuros) que se esta

incluíndo no TTIP. O ISDS é o encargado de resolver os hipotéticos conflitos entre

sector público e compañías privadas, é dicir, cando un estado teña recoñecidas certas

leis ou dereitos que choquen cos interese privados e comerciais de multinacionais,

estás poderán recorrer ao ISDS e o estado terá que indemnizar ás compañías ou

aceptar as súas normas. A UE, presionada por todo tipo de organizacións, partidos e

cidadáns, optou por realizar unha consulta sobre o ISDS. O resultado foi sorprendente,

150000 respostas de ONGs, asociacións e particulares, cun 97% de rexeitamento ao

documento que se presentou. Isto, obrigou á UE a reformularse as limitacións desta

comisión de arbitraxe ao ISDS.

Doutra banda, a aprobación do TTIP contribuiría, no caso do Estado Español, á

planificada ofensiva do neoliberalismo conservador do anterior goberno de

7/25/2019 Moción Relativa á Declaración Institucional Do Concello de Vilalba Coma Municipio Oposto Ao Ttip

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-declaracion-institucional-do-concello-de-vilalba-coma 3/5

desmantelamento dos concellos, que baixo o nome de Lei de Racionalización e

Sustentabilidade da Administración Local pretendía tres obxectivos básicos:

  Restrinxir a democracia e autonomía local.

  A supresión de competencias e servizos públicos locais e

  A total privatización dos servizos municipais.

As Administracións Locais, ao estar preto das necesidades dos seus cidadáns, teñen o

deber de inxerencia respecto do que trama o TTIP, e un deber de resposta, se non

queren verse acusadas de non axudar á súa poboación e ao seu medio en perigo.

Neste sentido, e sendo as canles adecuadas para promover os servizos públicos e a

industria e emprego locais, están obrigadas a protexer os dereitos sociais, económicos

e ambientais e a facer fronte aos perigos e esixencias que quere delimitar o TTIP

impoñendo prácticas hoxe prohibidas polas leis europeas, isto é:

  Sobre Medio Ambiente, leis tales como o Protocolo de Montreal [ozono],

Convenio de Basilea [envíos transfronteirizos de residuos perigosos e outros

residuos], Convenio de Estocolmo [contaminantes orgánicos persistentes],

Convenio de Róterdam [produtos químicos nocivos e praguicidas], Convenio

sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora

silvestres, Convenio sobre a diversidade biolóxica e Protocolo de Kyoto, entre

outros.

 

Sobre sustancias tóxicas (TSCA), aprobada en 1976, en comparación conREACH, aprobado en 2006; considerando que, por ese motivo, as negociacións

sobre TTIP teñen como obxectivo harmonizar os dous sistemas; o que afectaría

moi negativamente á cooperación futura en relación coa aplicación de REACH;

e que, dados os puntos de vista tan diverxentes sobre a gobernanza de riscos

das sustancias químicas e a oposición firme e sostida dos Estados Unidos con

respecto a REACH, incluír a aplicación destas leis diverxentes na Cooperación

Reguladora reportará graves ameazas para a saúde e o medio ambiente,

máxime cando a aplicación dista de ser un mero exercicio técnico ou falto de

controversia.  Sobre produtos fitosanitarios:

a)  82 sustancias activas están prohibidas na UE, pero permitidas nos Estados

Unidos.

b)  A UE aprobou deliberadamente criterios de eliminación baseados en perigos

para eliminar progresivamente o uso de sustancias activas que fosen

carcinóxenas, mutaxénicas ou tóxicas para a reprodución, persistentes, tóxicas

e bioacumulativas, ou disruptores endocrinos no Regulamento (CE) nº

1107/2009; - os Estados Unidos insisten nun enfoque baseado en riscos e en

7/25/2019 Moción Relativa á Declaración Institucional Do Concello de Vilalba Coma Municipio Oposto Ao Ttip

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-declaracion-institucional-do-concello-de-vilalba-coma 4/5

numerosos supostos e extrapolacións, tolerando así o uso destas sustancias

altamente preocupantes.

c)  Existe unha pauta xeral de menos cantidades de residuos de praguicidas

permitidos en alimentos na UE en comparación cos Estados Unidos.

Cabe mencionar, tamén, a produción de produtos químicos e farmacéuticos non

testados cientificamente; a aceptación de alimentos modificados xeneticamente, o

consumo de carne de tenreira e de porco tratadas con hormonas, o pito esterilizado

con cloro ou a extracción de gas por medio do fracking.

As colectividades locais desexan ampliar o debate público e democrático sobre o que

está verdadeiramente en xogo tras este acordo e a sorte que correrán os servizos e

compras públicos.

O TTIP podería impedir iniciativas políticas autonómicas como unha LeiAntidesafiuzamentos, cambios na xestión dos servizos públicos externalizados ou

mesmo unha auditoría da débeda e afectaría gravemente ás competencias municipais

e autonómicas, como a xestión dos servizos públicos e de coidados, contratacións e

licitacións públicas, así como a todo tipo de regulacións ambientais.

Iso significaría unha perda absoluta do control democrático da cidadanía sobre as

decisións que afectan á súa vida e da soberanía dos gobernos e dos parlamentos

cuestionando os dereitos e deberes dos representantes públicos democraticamente

elixidos, para vixiar o funcionamento do goberno de acordo coa lei e desenvolver as

políticas locais de acordo co interese xeral e as peculiaridades de cada territorio.

Considerando que as negociacións sobre o TTIP inclúen ámbitos que recaen dentro das

competencias xurídicas de todos os niveis de goberno e de administración, incluídos os

entes locais e rexionais, e, dada esta importante dimensión rexional e local do acordo,

é inaceptable que a Comisión Europea non dea entrada no Grupo Consultivo sobre o

TTIP ao Comité das Rexións, a fin de garantir unha implicación e participación

temperás dos entes rexionais, municipais e locais nas negociacións.

Polo anteriormente exposto e en base a que:

  O comercio e o investimento soamente poden contribuír ao ben común e

conducir a intercambios económica e socialmente beneficiosos se respectan as

necesidades humanas en todo lugar, e non se basean unicamente no beneficio

dos especuladores financeiros e das empresas multinacionais.

  A eliminación programada e progresiva dos servizos públicos é ao mesmo

tempo a eliminación programada e progresiva da solidariedade e a

democracia.

7/25/2019 Moción Relativa á Declaración Institucional Do Concello de Vilalba Coma Municipio Oposto Ao Ttip

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-declaracion-institucional-do-concello-de-vilalba-coma 5/5

  A apertura máxima dos servizos e as compras públicas á competencia produce

efectos contraproducentes en canto á súa accesibilidade, a súa calidade e o seu

custo.

  Os dereitos sociais son dereitos inalienables, polo que non poden depender

exclusivamente da lóxica do mercado.  Só a existencia diversificada de servizos públicos socialmente útiles, permite

asegurar unha calidade de vida digna para todos e en todas partes, en estreito

nexo co exercicio real da democracia, e

  O control público debe preservarse para garantir o acceso aos bens comúns e á

creación de novos servizos públicos, así como para favorecer a industria e

emprego locais;

Vilalba Aberta, a través da súa coportavocía no Grupo Municipal Mixto PROPÓN AO

PLENO DO CONCELLO DE VILALBA A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1º Declarar institucionalmente ao Concello de Vilalba como municipio oposto ao TTIPe identificalo así na propia web municipal.

2º Informar a través desta mesma web acerca do contido deste tratado, asegurandoasí o dereito á información que a outros niveis institucionais, ao conxunto da nosaveciñanza se lle está a negar.

En Vilalba, a 19 de Xaneiro de 2016

Fdo.: Modesto Renda Santiso

Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto