Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2015/2016….ten
presentes os requisitos lingüísticos e prepárate!!
Se pensas facer una estadía dentro do programa Erasmus + ou bilateral para o curso 2015/2016 queremos
recordarte os requisitos de acreditación lingüística para a próxima convocatoria:
I.‐ Para optar ás bolsas Erasmus.es (convocatoria do MECD), é necesario acreditar un nivel B2 do idioma no
que se van a realizar os estudos (https://sede.educacion.gob.es/catalogo‐tramites/becas‐ayudas‐
subvenciones/movilidad/de‐estudiantes/erasmus‐es.html)
II.‐ Na convocatoria xeral de mobilidade da UDC do programa Erasmus + ou bilateral os requisitos son os
seguintes:
1) Satisfacer o nivel esixido pola institución de destino.
+ 2) Cumplir coas esixencias mínimas da UDC, que son as seguintes para o curso 2015/16:
a. Para optar ás universidades cuxos programas se imparten en inglés ou francés,
necesitarás acreditar un nivel B1.
b. Para optar ás universidades cuxos programas se imparten en alemán, necesitarás
acreditar un nivel A2.
c. Nesta convocatoria non se esixe acreditación previa para optar ás universidades que
imparten as materias en italiano e portugués*. Non obstante, recoméndase a estes
alumnos cursar como mínimo un módulo do nivel que corresponda aos seus coñecementos
da lingua, na UDC ou na universidade de destino.
* Advírtese aos estudantes que a mobilidade do curso 2015/2016 é a derradeira na que non se esixirá acreditar un nível
específico de italiano ou portugués para acceder a unha praza de mobilidade. No curso 2016/17 todos os estudantes
que desexen ir a estudar a destinos en língua italiana ou portuguesa deberán acreditar como mínimo un A2 nesas
línguas.
Cómo se pode acreditar o nivel esixido?
1.‐ A través dos certificados das diferentes institucións que acreditan eses niveles (pode verse a táboa que
se acompaña a este documento). No caso de acreditación pola realización de cursos do Centro de Linguas,
tamén se entenderá cumprimentado coa realización de calquera curso de nivel superior ao requirido, dun
mínimo de 30 horas, sempre que conste explicitamente o nivel no diploma correspondente. Son niveis
superiores: para inglés e francés, B2, C1 e C2; e para alemán, B1, B2, C1 e C2.
2.‐ O Centro de Linguas realiza o exame de nivel lingüístico ACLES correspondente ao nivel B1 de inglés e B1
de francés (www.udc.es/centrodelinguas/acles). Esta proba supón a expedición do certificado CERTACLES
que ten validez en todas as universidades españolas e que conta co recoñecemento do CERCLES (European
Confederation of Language Centres in Higher Education: http://www.cercles.org/en/), polo que che
recomendamos esta opción. Os exames do B1 serán os días 9‐10 de decembro e podes matricularte no
Centro de Linguas ata o 27 de novembro.
3.‐ Se non dispós de ninguna das certificacións anteriores, deberás participar nas probas específicas (inglés‐
francés‐alemán) que para os alumnos que opten aos programas de mobilidade internacional organizará o
Centro de Linguas nas datas que se establecerán na propia convocatoria (previsiblemente, en febreiro de
2015). Para a convocatoria 2015/2016 só se realizará unha única proba para cada idioma. Estas probas non
otorgan ningún certificado nen acreditación lingüística e só teñen valor interno, a efectos de participar na
convocatoria Erasmus da UDC.
CERTIFICADOS ADMITIDOS PARA A ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DE IDIOMAS.
Táboas de certificados válidos para a acreditación de nivel de idiomas e a súa correspondencia co MCER
No seguinte cadro inclúense as equivalencias de nivel que se aplicarán, só para efectos desta convocatoria, aos cursos de idiomas realizados no Centro de Linguas da UDC:
Idioma A1 A2 B1 B2 C1 C2
Alemán A1.4 A2.4 B1.4 B2.5 C1.6 C2.3
Francés A1.3 A2.3 B1.3 B2.4 C1.4 C2.4
Inglés B1.5 B2.5 C1.5 C2.5
Italiano A1.2 A2.3 B1.3 B2.4 C1.4 C2.3
Portugués A2.2 B1.3 B2.4 C1.3 C2.3
Aceptarase como acreditación unha nota promedio de 5 no exame ACLES do nivel correspondente, realizado en calquera universidade, aínda que non fose suficiente para obter o certificado.
A continuación inclúense as táboas de equivalencias de outros certificados segundo ACLES.
Idioma inglés Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma francés Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma alemán Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma italiano Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Outros idiomas Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.