54
Memoria de actividades das Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación 2011-2014 Facultade de Ciencias da Educación Campus Vida Campus Norte

Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Memoria de actividades das Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación2011-2014

Facultade de Ciencias da EducaciónCampus Vida Campus Norte

Page 2: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Coordinación da obra

M.ª del Carmen Gutiérrez Moar

Silvia Puga Castro

Xesús Rodríguez Rodríguez

Comisión Cultural

Cela Vázquez, Francisco Xavier

Gómez Morgade, Alba Mª

Gutiérrez Moar, Mª del Carmen

Jiménez Aleixandre, María Pilar

Leranoz Iglesias, Martín

Pazos Hermida, Nuria

Puga Castro, Silvia

Rego Agraso, Laura

Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)

Santos Cabanas, Xose Luis

Vargas Callejas, Germán

Grupo “Enlata Teatro” (Directora Lorena Conde).

Comisión de Normalización Lingüística

Álvarez Seoane, Carmen Denébola

Barreira Cerqueiras, Eva María

Cela Vázquez, Francisco Xosé

Costa Rico, Antón

Chao Rivas, Saleta

García Antelo, Beatriz

González Ben, Antía

Puga Castro, Silvia

Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)

Rubal Rodríguez, Xosé

Sánchez Rodríguez, Helena

Silva Valdivia, Bieito

ISBN: 978-84-8408-812-7

DL: C 513-2015

“Queremos expresar o noso agradecemento ao Servizo de Normalización Lingüistica da USC

pola súa revisión do traballo”

Page 3: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Memoria de actividades das Comisións Culturais e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación2011-2014

Page 4: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de
Page 5: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Introdución

Esta memoria recolle as actividades promovidas e organizadas polas Comisións

Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación

no período 2011-2014. Na liña dos anos anteriores, procuramos que as iniciativas

estiveran impulsadas polo profesorado, alumnado e o persoal de administración e

servizos co fin de contribuír ao coñecemento e difusión do noso patrimonio cultural

e a promover a normalización lingüística na nosa Facultade.

Un dos obxectivos principais do traballo proposto polas comisións centrouse en

preparar o noso alumnado para o coñecemento de experiencias e recursos que

puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido,

cómpre destacar a organización de diversas xornadas e ciclos a través dos cales

pretendemos atender a este tipo de cuestións.

Igualmente, unha das intencións fundamentais desta memoria é poñer de relevo o

contido das actividades efectuadas e axudar a identificar as principais achegas que

supuxeron as iniciativas formuladas na formación do noso alumnado e profesorado.

Entendemos igualmente que a memoria axuda a identificar posibles vías e roteiros

cara a onde poder encamiñar a programación cultural e de normalización lingüística

dos próximos anos.

Unha boa parte das actividades foron emprendidas conxuntamente polas dúas

comisións, pero tamén queremos destacar a colaboración que se mantivo con

asociacións e colectivos de dentro e de fóra da universidade na organización de

moitas das actividades. Entre outras, cómpre destacar o apoio brindado pola

Vicerreitoría de Cultura e Estudantes da USC, a Rede de Centros Socioculturais de

Santiago, o Consello de Relacións Veciñais, o Colexio de Educadores e Educadoras

Sociais de Galicia (CEESG), o Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación

Ambiental (SEPA), a Rede de Investigación e Formación para a Cidadanía e a

Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC), a MESA pola Normalización Lingüística.

Page 6: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

No caso da Comisión de Normalización Lingüística, é necesario poñer de relevo o

apoio humano e económico prestado polo Servizo de Normalización Lingüística

da USC e a interesante colaboración mantida coa Coordinadora Galega de Equipos

de Normalización Lingüística, Nova Escola Galega e a Asociación de Escritores en

Lingua Galega.

Especial atención prestamos a que as actividades tiveran como referente funda-

mental a relación cos dous campus (Norte e Vida) e consideramos moi necesario

atender as necesidades dos diferentes colectivos (alumnado dos tres ciclos, do

IV ciclo universitario e os estudantes dos graos e másters formativos ao abeiro

do Espazo Europeo de Educación Superior, estudantes inmersos nos distintos

programas de mobilidade (ERASMUS, SÉNECA, SICUE…), persoal de administración

e servizos (PAS) e persoal docente e investigador (PDI).

Detrás deste conxunto de actividades cómpre visualizar o esforzo dun importante

número de profesorado e alumnado que durante estes anos promoveu diversas e

variadas iniciativas e proxectos ao servizo da Facultade. Trátase dun importante

número de actividades que foron concibidas co fin de axudar a xerar espazos de

formación COMPARTIDOS entre o alumnado e o profesorado da Facultade, tan

necesarios nestes momentos. Así mesmo, algunhas das propostas das comisións

estiveron dirixidas a apoiar o desenvolvemento da actividade docente das materias

e a contribuír a través de conferencias, seminarios e obradoiros á súa dinamización.

En nome dos membros da Comisión Cultural e da Comisión de Normalización

Lingüística, gustaríanos rematar esta memoria agradecendo aos compañeiros/

as da Facultade os esforzos realizados para poder programar unha oferta plural e

variada. Sen a súa axuda e apoio, resultaría imposible desenvolver este programa.

Graciñas a todas e todas.

Xesús Rodríguez Rodríguez

Presidente Comisións Cultural e de Normalización Lingüística.

6 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Page 7: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Memoria de actividades da Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación

Page 8: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de
Page 9: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 9

Introdución

O dereito á cultura é un dereito humano

recoñecido e establecido no ámbito mundial no

artigo 27 da Declaración Universal dos Derechos

Humanos aprobada pola Organización das Nacións

Unidas (ONU) en 1948. No dito artigo recoñécese que:

“Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida

cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e

nos beneficios que del resulten”, e no punto segundo: “Toda persoa ten dereito

á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das

producións científicas, literarias ou artísticas de que sexa autora”.

Para a Comisión Cultural e para a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade

de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o

dereito á cultura como dereito humano ten que asegurar o disfrute cultural e os seus

compoñentes en condicións de igualdade, dignidade humana e sen discriminación

ningunha. Son dereitos que deben garantir a identidade cultural relativos á defensa

da lingua; a produción cultural e artística; a participación na cultura; a defensa do

patrimonio cultural; os dereitos de autor, etc. nun marco xeral de pluralidade e a

diversidade no que as sociedades plenamente democráticas teñen que traballar.

Boa parte das actividades desenvolvidas durante os cursos académicos presentan

unha certa continuidade temporal.

Xustificación

Esta memoria é o remate final dunha andaina iniciada no ano 2006, onde os

distintos membros da comisión cultural e da comisión de normalización lingüística

buscan xerar procesos educativos máis aló dos microespazos das aulas na procura

da defensa dunha educación ao longo da vida.

Page 10: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

10 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Como se menciona na Memoria de Responsabilidade Social da USC (2013) existen

dúas dimensións: interna e externa. A medio camiño entre ambas sitúase a xestión

social do coñecemento caracterizada pola transferencia do coñecemento e a

formación transversal. Mantendo esta mesma división, na cara interna está o noso

centro, a Facultade de Ciencias da Educación e a súa configuración cun goberno

democrático; unha estrutura organizativa estable; a busca dunha xestión de calidade

e eficiente; o rendemento de contas e a transparencia… Ao seu carón está o lado

interno. Dende a Comisión Cultural e da Comisión de Normalización Lingüística, o

eixo central é a participación a través da acción voluntaria e desinteresada de todos

os seus membros coa colaboración e coordinación dos compañeiros e compañeiras

do centro que coas súas propostas damos corpo ás programacións do centro que

manteñen como fin a promoción social, a difusión da cultura e o coñecemento e, en

última instancia, a formación en valores desde o ámbito da educación.

Quen somos?

A Comisión Cultural e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de

Ciencias da Educación da USC é un grupo plural onde están integrados alumnado

de todas al titulacións do centro, Persoal de Administración e Servizos (PAS) e

Persoal Docente e Investigador (PDI). Todos nós elixidos democraticamente tras

presentarnos como candidatos.

Obxectivos

En xeral, os obxectivos que se desexan acadar responderán a parte dos principios

que a Comisión Cultural e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de

Ciencias da Educación da USC teñen. Estes son:

w Tentar na medida do posible vincular oferta e formación das actividades ao profesorado e ás diferentes materias que se desenvolven nos distintos plans de estudos (graos de Mestre, Educación Social, Pedagoxía e Psicopedagoxía e Másters).

Page 11: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 11

w Tentar que as actividades teñan como referente fundamental a relación dos

dous campus (Norte e Vida).

w Cadaquén é responsable da súa actividade e cómpre que se encargue da súa

xestión e tramitación aínda que todos traballamos en equipo para acadar os

logros.

Deste xeito os obxectivos xerais quedan referenciados nos principios anteriores e

ademais serán obxectivos específicos os seguintes:

Defender a cultura e a lingua no eido do noso contexto socioeducativo e cultural,

onde a educación sexa un referente da educación ao longo da vida (proceso de

formación permanente e integral dos educandos, docentes e PAS, cidadanía

compostelá, etc.).

Crear e difundir a cultura no centro desde o seu abano de actividades. Presentar

todo o traballo realizado a través do emprego de múltiples vías: exposicións,

exhibicións de canto e baile, uso das novas tecnoloxías, etc.

Montar un espazo no que reflictamos a nosa tradición educativa e profesional

no eido da animación sociocultural e do lecer.

Desenvolver unha Xornadas de Portas Abertas á Comunidade Santiaguesa

onde mostremos que o noso centro educativo e a universidade en xeral ten

e responde a súa responsabilidade social universitaria coa cidade na que se

asenta desde hai máis de cincocentos anos.

Facer que a Facultade de Ciencias da Educación manteña una proxección

exterior cara a cidade educadora de Compostela.

Destinatarios/as

Toda a comunidade universitaria en sentido amplo, a Facultade de Ciencias da Educación (alumnado do IV Ciclo Universitario, estudantes dos graos e másters formativos ao abeiro do EEES, estudantes inmersos nos distintos programas de mobilidade (Erasmus, Séneca-Sicue…) que chegan á USC, Persoal de Administración

Page 12: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

12 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

e Servizos (PAS), Persoal Docente e Investigador (PDI) en particular, e a comunidade santiaguesa en xeral.

Familias de actividades

Dentro de cada ano académico desenvolvemos dúas programacións axustadas aos

cuadrimestres-semestres, salvo excepcións. Accións programáticas desenvolvidas

pola Comisión Cultural en solitario ou en colaboración coa Comisión de Normaliza-

ción Lingüística da Facultade de CCEE.

Unha forma didáctica de presentar os retallos da nosa memoria historia é a través

de familias ou grupos de actividades efectuadas. Esta memoria histórica vén a

designar o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu pasado,

valorándoo e tratándoo con especial respecto, pero sen esquecer o presente e o

futuro próximo.

CONFERENCIAS

A realización de conferencias traen ao noso espazo formativo novas realidades e experiencias que nutren e dan sentido á territorialización da educación do mesmo xeito que se defende o dereito a ela.

“Os recursos do Centro de Documentación Socio-lingüística da Galicia”Conferenciante: Susana Mayo Redondo

Web do Centro de Documentación Sociolingüística da Galicia; http://consellodacultura.gal/cdsg/

Data: 20 Novembro de 2011

Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Nesta conferencia foron presentados recursos sobre información sobre a lingua galega coma é o caso de Loia1, un proxecto do Consello da Cultura Galega, a través

1 http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/acerca.php?idioma=1

Page 13: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 13

da súa Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia con catro áreas: información lingüística e gramatical básica, historia social da lingua e literatura galegas, situación sociolingüística de Galicia e unha sintética listaxe de institucións, colectivos e recursos en rede que serven como referencia para o estudo, a defensa ou o cultivo do idioma galego.

“O Xadrez como recurso didáctico”Conferenciante e responsable do taller: Alfonso Fernández

Data: Maio de 2011

Organiza: Prof. Xesús Rodríguez.

Lugar: Centro Sociocultural do Ensanche e Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

A idea central desta iniciativa é identificar o xadrez coma un recurso beneficioso

para o desenvolvemento integral dos estudantes. Ensinar e aprender a xogar ao

xadrez facilita desenvolver o pensamento científico (capacidade de observación,

organización de datos, técnicas e métodos para a toma de decisións…), ensinar

valores, facilitar a adquisición de hábitos, estimular a creación e estabilización de

habilidades e destrezas, asóciase con procesos do pensamento (atención, memoria,

concentración, expresión numérica e verbal, análise, síntese…). Excelente estímulo

que favorecer a intuición, a autoestima, a intelixencia, a creatividade e a iniciativa.

“A violencia filio-parental: Causas e Consecuencias”Conferenciante: Concepción Aroca Montolío

Data: 26 de Marzo de 2012

Organiza: Profa. Mª del Mar Lorenzo Moledo

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)

Este tipo de violencia intrafamiliar que foi encuberta

polas vítimas e desmentida polos agresores vai en

aumento, activando a alarma social e cubrindo a actualidade

cun amplo espazo entre os medios de comunicación (prensa, radio, TV e Internet).

Page 14: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

14 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Como consecuencia desta actualidade a profesora do Departamento de Teoría da

Educación da Universidade de Valencia Concepción Aroca Montolío preséntanos

a realidade dos fillos e fillas maltratadores aproximándose a coñecer causas

e consecuencias para, así, establecer liñas de investigación e programas de

intervención con proxenitores, vítimas e mozos e xoves agresores.

“Sensibilizándonos coas Matemáticas”Conferenciante: María Salgado Somoza

Data: Maio de 2012

Organiza: Profas. Mª Jesús Salinas Portugal e Mª Teresa Fernández Blanco

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

A mestra María Salgado Somoza, especialista en Educación Infantil,

coa súa conferencia indica que os docentes deben facer que as matemáticas

resulten motivadoras e fáciles. Os mestres teñen que saber como aprenden as

matemáticas os nenos/as e por que ás veces non as aprenden. As situacións propias

da aprendizaxe das matemáticas extráense daquelas que ocorren normalmente

na vida diaria que son significativas e útiles para os nenos/as. É unha obriga dos

mestres de infantil poder avaliar a aprendizaxe da competencia matemática entre

os 0-6 anos dende unha concepción das matemáticas como a ciencia que se

converte nun instrumento para comprender, comunicar, solucionar, etc. de forma

funcional a vida cotiá dos nenos/as de infantil.

“Lóva (A ópera como vehículo de aprendizaxe)”Conferenciante: Lara Valcuende Loma

Data: 11 de febreiro de 2013

Organiza: Profa. Cecilia Portela López

Páxina web: http://proyectolova.es/

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Page 15: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 15

Lóva é un proxecto educativo centrado no desenvolvemento emocional, social

e cognitivo dos alumnos/as. LóVA é un reto que abre a aula ás emocións, á

imaxinación, ao esforzo compartido e ao descubrimento e aceptación de todas

as capacidades. Iníciase no 2006 cando Mary Ruth McGinn o trae a España. LóVA

experimenta un crecemento constante grazas aos docentes que encontran en LóVA

a resposta as súas inquietudes pedagóxicas. O proxecto está sendo realizado por

titoras/es nas súas aulas durante un curso escolar completo. Converten as clases

nunha compañía de ópera que crea, desde cero, unha ópera ou breve peza de

teatro musical. O obxectivo dos docentes que levan LóVA á aula é educar a través

da creación dunha ópera.

“A aprendizaxe dunha lingua estranxeira en Serbia”Conferenciante: Andjelka Pejovic

Data: 17 de Abril de 2013

Organiza: Prof. Germán Conde

Lugar: Aula 23 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira é unha viaxe

emocionante na formación dunha persoa. Mantendo

esta máxima a profesora Pejovic fala da aprendizaxe do

español en Serbia tendo en conta que os sistemas fraseolóxicos

do español e o serbio non teñen moitos riscos en común.

“Proxecto recriando historia, sobre a recuperación da historia local”Conferenciante: Tania M. Braga García (Universidade Federal de Curitiba (Brasil).

Data: 12 de Febreiro de 2014 as 10:30h

Lugar: Aula 6-7 do Módulo A da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.

Page 16: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

16 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

PRESENTACIÓNS

“Proxecto Ponte nas Ondas”Data: 17 de Febreiro de 2014

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.

Ponte nas Ondas! celebra o seu 20º aniversario coa XX

Xornada Multimedia de Comunicación. Ponte nas Ondas!,

naceu como un programa para unir alumnado e profesorado de Galicia e Portugal

construíndo a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dende a base social. Traballo

colectivo que respecta a cultura tradicional e o entendemento entre os pobos como

o gran valor deste proxecto internacional.

EXPOSICIÓNS

Coas exposicións queremos facer convocatorias públicas onde levamos ao noso

centro ou a un espazo do Concello de Santiago experiencias desenvolvidas por

organismos, asociacións, fundacións… da comunidade galega ou doutros lugares

ou países, que teñen un fondo didáctico co fin de facilitar procesos de ensinanza-

aprendizaxe, recordar elementos da nosa historia, conectarnos con outras

realidades socioculturais, etc.

“Xoguetes tradicionais”Alumnado de Educación Social

Data: 23-27 de abril de 2012

Organiza: Profa. Laura Rego e Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

A necesidade de xogar é unha acción que se transmite de xeración

en xeración aínda que os xoguetes poden variar moito dunhas épocas a outras. Con

esta actividade recollemos os xoguetes tradicionais galegos como son: asubíos,

Page 17: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 17

barcos de noz, buxainas, tiracroios, mariolas, chapas, bólas… a maioría, vinculados

co medio natural, porque eles conservan un alto valor educativo e pedagóxico entre

os nenos e nenas galegos e son un bo recurso para os técnicos da educación que

buscan xerar aprendizaxes e relacións sociais, exercendo o xogo coma elemento

motivador que amosa unha manifestación cultural que na actualidade prográmase

coma unha acción educativa interxeracional. En última instancia a actividade

ocúpase de recoller o patrimonio lúdico galego.

“Xogos matemáticos”Alumnado de 3º de Educación Infantil

Data: 23-27 de abril de 2012

Organiza: Profas. Mª Teresa Fernández Blanco e Mª Jesús Salinas Portugal.

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

A Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte acolle nunha exposición

todos os xogos que foron elaborados polo alumnado de 3º de Educación Infantil

da USC como resultado do Obradoiro de Xogos Matemáticos que organizaron as

profesoras Mª Teresa Fernández Blanco e Mª Jesús Salinas Portugal.

“Gundián: Un achegamento a unha paisaxe natural e humana”Data: 1º Cuadrimestre–Semestre novembro 2012

Responsable: Asociación Raiceiros

Páxina Web: http://raiceiros.wordpress.com/

Organiza: Prof. Xesús Rodríguez.

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

A asociación Raiceiros investigou desde o ano 2004

a historia da construción do viaduto ferroviario

do Gundián sobre o río Ulla, que foi inaugurado

oficialmente o 8 de setembro do 1958 e no que

traballaron ducias de veciños da Ulla.

Page 18: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

18 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Con motivo do 50 aniversario da inauguración da obra, Raiceiros preparou unha

exposición e publicou un pequeno libro conmemorativo no que, ademais, se dan

a coñecer a historia da contorna da ponte, as lendas e moitas anécdotas sobre a

construción do viaduto e da vía. A mostra, estreada por Raiceiros en 2008, púidose

ver en novembro e parte de decembro na Facultade de Ciencias da Educación no

Campus Vida, no horario de apertura do centro.

OBRADOIROS

A nosa vontade é crear eventos culturais, artísticos e atractivos, nos que participe

xente de dentro e fóra do centro. Tamén pretendemos colaborar con actos culturais

da nosa contorna.

“Xogos matemáticos”Alumnado de 3º de Educación Infantil

Datas: 7-11 de maio de 2012

Organiza: Profas. Mª Teresa Fernández Blanco e Mª Jesús Salinas Portugal.

Aula: María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Esta iniciativa, na que colabora o alumnado de 3º curso de Educación Infantil co

gallo do Día Escolar das Matemáticas (12 maio) ten coma finalidade ensinar, dende

un enfoque lúdico, conceptos e procedementos matemáticos básicos tratados

na escola infantil, intentando cambiar a actitude negativa que pode existir cara

estes coñecementos. Ao obradoiro puideron achegarse todas aquelas persoas que

desexaron poñer a proba o seu enxeño.

“Xogos matemáticos”Alumnado de Educación Primaria

Data: 12 de maio de 2014

Organiza: Área de Didáctica das Matemáticas.

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Page 19: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 19

O Día escolar das Matemáticas converteuse nunha oportunidade para que un día

ao ano os centros educativos realizaran actividades extraordinarias para visualizar

as matemáticas e a súa importancia na nosa sociedade. Nos centros educativos

de primaria e secundaria escolleuse como día das matemáticas a data do doce

de maio, por ser o doce de maio do 2000 o centenario do nacemento de Pedro

Puig Adam, discípulo de Julio Rey Pastor, un dos primeiros matemáticos españois

con amplas preocupacións didácticas, plasmadas en varias obras. Catedrático no

Instituto San Isidro de Madrid e profesor na Escola de Enxeñeiros Industriais, é

considerado o primeiro renovador da ensinanza das matemáticas en España.

Con motivo da Celebración do Día Escolar das Matemáticas, en maio de 2014

celebrarase a decimoquinta edición co tema “Matemáticas e computación”, onde

o que se pretende é mostrar como aprender matemáticas cun ordenador e tamén

a través de Internet.

“A fotografía como ferramenta na aula de primaria”Docente: Guillermo Calviño Santos

Datas: 7, 8, 15, 22 e 29 de novembro de 2012

Organiza: Profa. Carmen Franco

Lugar: Aula 7 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Na actualidade a fotografía converteuse nun medio

ao alcance de todo o mundo, especialmente nos últimos anos,

coa aparición das cámaras dixitais. Deste xeito a afección a facer fotografías

xeneralizouse extraordinariamente. Hoxe podemos dispor dunha pequena cámara

dixital que cabe nun peto e permite tomar fotografías sen ter que estar pendentes de

mercar, cambiar, carrear e revelar carretes. Así, a maioría do alumnado dos centros

escolares medrou vendo pantallas dixitais en móbiles, cámaras, ordenadores, etc.

A finalidade da conferencia foi amosar o valor didáctico da fotografía dixital. O

profesorado ten como misión que o alumnado coñeza secuencialmente todos os

Page 20: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

20 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

pasos que se deben seguir dende a captación da fotografía coa cámara dixital

ata a súa impresión así coma o uso que dela fan na aula para xerar o proceso de

ensinanza-aprendizaxe de contidos a través do emprego da cámara dixital.

“Djembé terapia do ritmo, nivel I”Docente: Guillermo Calviño Santos

Datas: 14 e 15 de xullo de 2014

Imparte: Jorge C. Pérez Mestre Profesor Superior de Música

Organiza: Profa. Carol Gillanders

Lugar: Aula 7 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

A temática desta actividade céntrase na aprendizaxe do

djembé e os seus beneficios psicosociais. A terapia con tambores é un método

natural que permite utilizar o poder do ritmo e a música e a súa aplicación

individual e grupal ofrece un enfoque holístico da curación. Traballar con grupos

de tambores rompe as barreiras sociais, promovendo a liberdade de expresión,

a comunicación non verbal, a unidade e a cooperación. Esta terapia esperta

emocións latentes e inexplicables sentimentos de entusiasmo, paz e benestar;

reduce a depresión, a ansiedade e o estrés, estimula o funcionamento do sistema

inmune e a saúde física.

CHARLAS-COLOQUIO e MESAS DE DEBATE

A organización de mesas de debate ten como intención dar resposta aos

interrogantes que os cambios e transformacións deixan en distintos ámbitos da

realidade (social, política, económica, educativa, etc.). Para poder actuar coma

cidadáns comprometidos o primeiro banzo é estar informados, polo que sempre

deixamos abertas as portas da nosa casa para que os fluxos do exterior social

tamén teñan a palabra.

Page 21: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 21

“A lei Wert a análise”Data: Marzo 2013

Organiza: Profa. Carmen Moran de Castro.

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Visibilizáronse as claves para entender a reforma educativa que vén configurada

como unha transformación parcial da Lei Orgánica de Educación (LOE 2006). Estes

cambios dan lugar á sétima lei educativa da democracia baixo a denominación de

Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE, 2013).

Como técnicos do ámbito da educación analizáronse os pros e contras que desde a

comunidade educativa (padres, profesores e alumnado) se lle outorgan á reforma

que está por vir.

“O liño, arte e cultura”Mesa redonda e presentación do vídeo

Data: 02 de maio de 2013

Lugar: Museo do pobo Galego

Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.

Presentación e proxección do documental sobre

todo o traballo e as tarefas que xiran en torno ao

liño co título: ‘O liño, arte e cultura’. O vídeo conta con

representacións dos distintos procesos para a elaboración do

liño, recreados polas mulleres de Insua, así como testemuñas e unha parte musical

a cargo do grupo tradicional pontés Muxarega.

Page 22: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

22 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

CICLOS DE TEATRO

Esta iniciativa teatral desde o ámbito da educación é un traballo conxunto entre as

Comisións Cultural e de Normalización Lingüística e o Grupo de Teatro da Facultade

de CCEE con distintos apoios: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación

Continua, Facultade de Filoloxía, Rede de Centros Socioculturais de Santiago,

Consello de Relacións Veciñais de Santiago, Colexio de Educadoras e Educadores

Sociais de Galicia, Grupo de Investigación SEPA, etc.

A nosa intención foi achegarnos ao teatro das diferentes agrupacións que traballan

en Galicia e ao significado da arte escénica nas nosas aldeas e vilas, coa finalidade

de manter unha fonda tradición galega e crear un ciclo teatral estable que tamén

sirva para concienciar os futuros educadores na importancia do teatro como forma

de innovación educativa.

Así naceu o Certame de Teatro (é) Educación que no período 2011-14 acolle as catro

últimas edicións.

No IV Ciclo de Teatro Comunitario “Enlata Teatro” subiu ao escenario a obra titulada:

“Ubú no Outeiro”, baseada en “Ubu sur la Butte”, de Alfred Jarry.

O V Certame do Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro (É) Educación presta especial

atención ás iniciativas e proxectos teatrais vencellados ao

ámbito da educación social e do desenvolvemento comunitario

en diferentes ámbitos e contextos educativos.

Tivo lugar os días 27 e 28 de febreiro e 7 e 9 de marzo de 2012.

Nesta V convocatoria do Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro (É)

Educación na Facultade de Filoloxía, a compañía “Enlata Teatro”

o Grupo de teatro da Facultade de Ciencias da Educación,

representa o 8 de marzo de 2012 de 20:00 a 22:00h. a obra

‘Turandot’, de Bertold Brecht.

Page 23: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 23

Na VI edición do Ciclo de Teatro Comunitario Teatro (é) Educación creado pola

Comisión Cultural, o grupo de teatro da Facultade de Ciencias da Educación e

realizado na Facultade de Filoloxía tenta achegarnos á vida teatral que está máis

preto de Compostela.

Tivo lugar os días 12, 13 e 19, 20 de marzo de 2013.

Para a convocatoria da VI do Ciclo de Teatro Comunitario Teatro (é) Educación. O

día 20 de Marzo de 2013 de 20:00-22:00 h. a compañía “Enlata Teatro” representou

“Morrer en Polonia. Por que?”

A VII Edición do Ciclo de Teatro Comunitario que organiza a Comisión Cultural da

Facultade de Ciencias de la Educación e Enlata Teatro inicia unha nova orientación

desenvolvendo o proxecto Ad hoc, cuxa finalidade é reunir varias compañías de

teatro afeccionado para a creación dunha peza

por compañía participante.

Esta nova liña de acción teatral aposta por unha

apertura cara a un teatro revolucionario, de

creación, no que as agrupacións poidan establecer

contacto con outros modos de facer e afrontar un

proxecto teatral onde as compañías interesadas

en participar desenvolverán unha creación

colectiva orixinal ideada e creada especificamente

dentro do grupo de traballo, para unha duración

Page 24: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

24 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

escénica de 12 a 15 minutos e coa convivencia entre linguas como eixo temático,

cuestión que será tratada libremente por cada compañía.

As compañías de teatro afeccionado: Carauta, Enlata e Teatro de Peto presentaron

as súas microcreacións dramáticas entre os días 2 e 4 de abril de 2014 no Centro

Sociocultural de Santa Marta dende as 17.30 horas.

Aínda que con outra dinámica, o ciclo mantén vixente a súa orientación cara ó

alumnado, persoal da USC e cidadanía en xeral interesada no mundo teatral.

Durante a VII Edición do Ciclo de Teatro Comunitario o Grupo de teatro da Facultade

de Ciencias da Educación “Enlata Teatro” pon en escena a obra: ‘A face e o envés’.

O VIII Ciclo de Teatro Comunitario está en marcha e as temáticas que tratarán os

grupos de teatro versarán sobre o tema que a Comisión Organizadora propón: a

violencia obstétrica.

Page 25: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 25

REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

O Grupo de Teatro da Facultade de Ciencias da

Educación «Enlata Teatro» cada curso académico vén

pondo en marcha unha representación escénica en

todas as edicións do Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro

(É) Educación, no día do patrón do centro, o 9 de marzo data d a

conmemoración do natalicio de Frei Martín Sarmiento, participando en certames

teatrais universitarios dentro e fóra da USC ou no espazo teatral Compostelán.

A USC converteuse do 18 de maio ao 6 de xuño de 2010 na capital do teatro

universitario galego. Celebrouse en Compostela a XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Nesta evento, un dos máis destacados do teatro universitario galego,

citáronse trece compañías representando a totalidade dos Campus galegos e con

especial presenza dos grupos xurdidos no seo da USC.

Nesta ocasión ‘Chekov en xogo’ é a representación que levará a escena Enlata Teatro

o día 4 de xuño no Salón Teatro. O libreto é un texto propio a raíz de textos Chekov.

O teatro universitario galego presentará as súas producións ao público compostelán

do 23 de maio ao 1 de xuño de 2011, dentro da programación da XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Son un total de 14 representacións levadas a escena polas

aulas de Teatro das tres universidades galegas así como por compañías xurdidas no

seo das comunidades universitarias. O 26 de maio de 2011 no Salón Teatro ás 21,30

h. a compañía Enlata Teatro (USC) representa “Ubú no Outeiro”; adaptación de “Ubu

sur la Butte” de Alfred Jarry, de Alfred Jarry. Duración: 90 minutos.

Do 8 ao 31 de maio de 2012, no Salón Teatro, no Teatro Principal e na Sala Roberto

Vidal Bolaño acóllense as representacións que forman o programa da XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

O día 29 de maio no Salón Teatro ás 21 h. a compañía Enlata Teatro representou

‘Turandot’, de Bertold Brecht. Coa que gañou o Premio ao Mellor Vestiario.Duración:

100 minutos.

Page 26: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

26 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

A Facultade de Ciencias da Educación conmemora

a festividade do seu patrón “Frei Martín Sarmiento”

o día 10 de marzo de 2014. Logo da clausura da

cerimonia académica por parte do reitor da USC,

no Colexio Fonseca o grupo teatral ‘Enlata teatro’

puxo o colofón da sesión coa representación dun

extracto da peza ‘A face e o envés’.

Do 21 ao 30 de abril de 2014 no Salón Teatro e no

Teatro Principal acollen diversas representacións

que forman o programa da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia, evento organizado pola

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación

Continua da Universidade de Santiago.

O luns 28, no Teatro Principal, ás 19.30 horas a

compañía Enlata Teatro representa O envés,

obra de Lorena Conde.

Nos Premios da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2014 concedéuselle o Premio ao Mellor vestiario, Mellor espazo escénico para Lorena Conde e Mellor iluminación para Javier Quintana na XV Mostra de Teatro Universitario

de Galicia.

Page 27: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 27

CICLOS DE CINE

A relación do mundo audiovisual coa educación da pe a

encontrar recursos variados que sirvan para iniciar proxectos

didácticos. Na maioría dos casos unha película, una serie ou

un documental permiten mesturar os contidos das disciplinas

que favorezan o desenvolvemento das competencias básicas nas distinta áreas do

saber ou configurarse como un contido transversal.

Para nós o cine é un elemento formativo, un apoio metodolóxico para xerar procesos

de intervención pedagóxica e, polo tanto, algunhas profesións poderán aproveitar

a sétima arte como soporte para a adquisición de competencias técnicas.

“Ciclo de cine Social: Ficción ou Realidade”Data: 16 e 17 de novembro e 22 de decembro 2011

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Responsables: Alumnado de Terceiro Ciclo

Organizan: Profas. Carmen Morán de Castro e Mª del Carmen Gutiérrez Moar.

“V Ciclo de cine e historia 2011”Data: 16 e 17 de novembro e 22 de decembro 2011

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Responsables: Asociación Cultural Sine Nómine e Nova Escola Galega

Organizan: Prof. Ramón Facal

Páxinas Web: http://www.nova-escola-galega.org/ e http://sinenomine1931.blogspot.com/

“Ciclo de cine: Cine e Educación: Unha Mirada a través”Data: 1º Cuadrimestre-Semestre novembro 2012

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Responsables: Alumnado de Educación Social.

Page 28: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

28 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

“Cine de animación e a súa dimensión educativa: Microciclo.”A guerra e as súas consecuencias”Data: 2o e 27 de febreiro e 6 de marzo de 2013

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Organiza: Prof. Antonio García Vinuesa.

“Ciclo de cine: Educación, medioambiente e comunidade”Data: 21-24 de abril de 2014

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Organiza: Prof. Germán Vargas Calejas.

CURSOS E SEMINARIOS DE FORMACIÓN

Neste grupo recollemos todas aquelas actividades que se centran no fomento de

novas aprendizaxes dun xeito lúdico e divertido. Non é mais ca unha forma de

innovar nas aprendizaxes dos contidos. As experiencias foron as seguintes:

“I Curso de Linguaxe de Signos”Datas: 23 e 24 de abril de 2012

Profa. Yaiza Ageitos Sobradelo

Organiza Prof.: Xesús Rodríguez Rodríguez

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Neste curso específico dedicado á linguaxe de signos o obxectivo

xeral era aprender basicamente que as mans teñen voz. Con esta intención a

profesora amosou que é signar, ensinou o alfabeto español e presentounos un

espazo mixto entre xordos e oíntes.

“II Curso de Achegamento á Lingua de Signos e á figura do interprete de Lingua de Signos (ISLE) no ámbito educativo”Datas: Primeiro cuadrimestre-semestre do ano académico 2012-13

Profa. Yaiza Ageitos Sobradelo

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Page 29: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 29

Desde a aprendizaxe da linguaxe de signos damos un paso máis cara ó labor do

Interprete de Lingua de Signos (ISLE) no ámbito educativo, traballando man con

man xunto aos mestres e profesores para unha integración académica real do

alumnado xordo.

“Seminario sobre o alumno/a xordo na aula: Cuestión xerais para a intervención”Datas: Primeiro cuadrimestre do ano académico 2012-13

Profa. Yaiza Ageitos Sobradelo

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)

Duración: 30 h.

A finalidade do seminario é facer visibles as orientacións para a atención educativa

de alumnos xordos atendendo ás necesidades educativas do alumnado xordo nas

áreas cognitiva, afectiva e lingüística sen esquecer contemplar o seu reflexo no

proxecto educativo e curricular que facilite a integración dos nenos/as ou mozos/

as xordas.

“Curso de Formación: O Teatroforo como ferramenta de participación social”Datas: abril 2013

Imparte: Feitoría Verde, S. Cop. Galega.

Páxina Web: http://ugacota.coop/es/cooperativas/feitoria-verde-s-coop-galega/

Duración: 30 h. (20 h. presenciais e 10 h. para a elaboración da memoria).

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Organiza: Facultade de Ciencias da Educación e Vicerreitoría de Cultura.

Alumnos xordos: todos ¡guais, todos diferentes

Page 30: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

30 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

O Teatroforo na cafetería”Data: 20 de marzo de 2013

Imparte: Factoría Verde, S. Cop. Galega.

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Unha sesión de teatroforo parte da representación dunha

escena breve que explica un conflito. A personaxe protagonista

cede fronte ao conflito. Así a continuación os dinamizadores da s e s i ó n

invitan aos espectadores a subir á escena para mellorar as accións do protagonista.

Os participantes, mediante a súas actuacións cos actores, poden intervir e propoñer

pensamentos, desexos, estratexias e solucións coma alternativas de acción.

Nesta ocasión contamos cun curso de formación e a posta en marcha dunha

experiencia práctica de teatroforo.

MOVENDO O ESQUELETO: A BAILAR!

Neste grupo recollemos aquelas actuacións que teñen como finalidade aprender

a bailar traballando co noso corpo, vivir a música e coordinala co movemento, etc.

Nunca se esgotan as posibilidades de aprender e de divertirse a través do mundo

do baile e as súas aprendizaxes.

O “Obradoiro de danza galega” para seguir mantendo as nosas raíces na práctica

de muiñeiras, xotas, pandeiradas, alalás… e da nosa música (gaitas, pandeiretas,

tamboril…) nas distintas zonas de Galicia.

“Obradoiro de danza galega”Datas: Luns de 20 a 21:30h. de novembro a maio de 2012

Datas: Martes de 20 a 21:30h. de novembro a maio de 2013

Prof. Marcos Botana García

Organiza Profa.: Carol Gillanders

Lugar: Ximnasio da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Page 31: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 31

Outra expresión do movemento corporal ao son da música son “Os Bailes de

Salón” ese bailar en parella, procurando non pisala, con distintos ritmos como

son vals, chachachá, fox, pasodobre, tango, bolero, polca, etc, o vestiario, a

maquillaxe...

“Os Bailes de Salón”Datas: Mércores de 16 a 17 h. de outubro a maio de 2012

Prof. Manel López Ruíz

Organiza Profa.: Carol Gillanders

Lugar: Ximnasio da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

XORNADAS

“II Xornadas de Innovación Educativa no Mundo Rural”Datas: 15 e 16 de xuño de 2011

Organiza: Alumnado de 3º Ciclo

Aula: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

“III Xornadas de Innovación Educativa no Mundo Rural” Datas: 13 e 14 de xuño de 2012

Organiza: Alumnado de 3º Ciclo

Aula: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

“IV Xornadas de Innovación Educativa no Mundo Rural”Datas: 2 e 3 de maio de 2013

Organiza: Alumnado de 3º Ciclo

Aula: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Page 32: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

32 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Estas Xornadas teñen como finalidade afondar no coñecemento e a difusión de

boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca

das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles atinxen.

As relacións sociais de proximidade sostidas nun territorio ao longo do tempo,

posibilitan o xermolo de experiencias que, á súa vez, poden constituírse en modelos

de desenvolvemento comunitario local, polo que nestas Xornadas pretendemos

analizar os espazos rurais como potenciais catalizadores.

A través do aproveitamento e a optimización dos recursos endóxenos (materiais,

humanos, relacionais, etc.) e por medio da posta en práctica de certas iniciativas de

innovación pedagóxica, entendemos que é posible favorecer un desenvolvemento

integral -económico, social, cultural, etc. – dos territorios.

Neste senso, esta actividade está pensada para todas aquelas persoas interesadas

en promover a mellora das condicións de vida no medio rural, así como en coñecer

experiencias innovadoras levadas a cabo, tanto no ámbito “formal” como “non

formal”, neste contexto.

Page 33: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 33

ROLDAS DE PRENSA

“Rolda de Prensa: Presentación de libros, publicacións dos/

das investigadores da Facultade de Ciencias da Educación”Data: 23de Xaneiro de 2013 ás 10:30h.

Responsables: Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación

Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

Coordina: Rocío García Pazos, Rebeca García Murias.

Entre as funcións básicas do quefacer universitario están a docencia, a investigación

e a extensión cultural.

Con esta actividade da rolda de prensa enlazamos as tres do seguinte xeito: A

responsabilidade desta iniciativa corresponde á Comisión Cultural da Facultade de

Ciencias da Educación dentro do seu compromiso de xerar espazos compartidos

para a información e a formación da Comunidade Universitaria en particular, e da

Compostelá, en xeral.

Todo o saber e coñecemento científico que se obtén dos distintos procesos de

investigación teñen que reverter positivamente na docencia desempeñada para a

formación inicial dos futuros profesionais que estudan na nosa casa da USC e da

formación en servizo dos técnicos que buscan a formación permanente das súas

competencias. Por esta razón, o profesorado do centro fai públicas as súas achegas

a través das obras que presentan nesta Rolda de Prensa.

“Rolda de Prensa: Presentación de libros, publicacións doas/as investigadores da

Facultade de Ciencias da Educación”

Page 34: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

34 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Data: 28 de marzo de 2014 ás 10:30h.

Responsables: Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación

Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

CAFé INFORMATIVO E PROXECCIÓN

“Educación en transición”Datas: 20 de novembro de 2012

Responsable Miguel Pardellas Santiago

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

O relator indícanos como o movemento pola transición

centrado no esforzo colectivo de persoas e grupos

que optan por organizarse para facer fronte de xeito

creativo ao desafío do Pico do Petróleo, o Cambio Climático e a Crise Económica,

desenvolvendo iniciativas nas comunidades (barrios, pobos, illas, veciñanzas,

cidades...) que aumentan a capacidade de supervivencia e benestar.

A USC participa no Programa en Transición, posto en marcha polo Plan de

Desenvolvemento Sostible da Universidade, tendo o obxectivo de dinamizar a

comunidade universitaria para promover modelos de vida máis sustentables que

contribúan a reducir a débeda ecolóxica e aumentar así á súa resiliencia. Estas

iniciativas tamén levan a falar da Educación en transición porque dende o ámbito

da educación a comunidade educativa aprende e ensina para crear alternativas

de mellora. Expresa o seu compromiso ético e o seu sentimento de comunidade

reducindo a súa dependencia enerxética; aumentar su resiliencia a través de

procesos participativos, estratexias educativo-ambientais e creativos.

OUTRAS ACTIVIDADES

As “Presentacións” teñen como fin deixar constancia das iniciativas levadas a

cabo por distintas institucións, organismos, revistas, etc.

Page 35: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 35

Presentación da Memoria de actividades das Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de

Ciencias da Educación da USC (2006-2010). http://www.usc.

es/export/sites/default/gl/centros/cc_educacion/Memoria_de_

actividades_2006-2010.pdf.

Con esta iniciativa todos os membros das distintas comisións neste

período 2006-2010 damos sinais de quen somos e as finalidades que perseguimos.

É un reflexo da realidade social e universitaria nas que nos desenvolvemos e como

traballamos por un proceso de educación ao longo da vida.

Presentación do número 50 da Revista Galega da Educación (1986-2011).

Organizan: Profs. Antón Costa Rico e Xesús Rodríguez

Rodríguez.

O número 50 da Revista Galega de Educación realiza un

percorrido polo que foi a educación en Galicia no último

cuarto de século. Neste tempo analízanse cuestións como as

normas educativas fundamentais e a Lei de Normalización

Lingüística.

A publicación leva estado presente na comunidade educativa galega desde 1986,

cunha paréntese entre 1999 e 2005. Son 25 anos de traballo.

A revista ten a función de dar a coñecer os grandes retos que ten a educación en

Galicia e configúrase como un espazo para que os mestres e profesores podan

comunicarse entre si e coñecer iniciativas innovadoras levan a cabo en distintos

puntos da nosa comunidade autónoma.

Page 36: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL

36 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

COMISIóN CULTURAL

Facultade de Ciencias da Educación

Cela Vázquez, Francisco Xavier

Gómez Morgade, Alba Mª

Gutiérrez Moar, Mª del Carmen

Jiménez Aleixandre, María Pilar

Leranoz Iglesias, Martín

Pazos Hermida, Nuria

Puga Castro, Silvia

Rego Agraso, Laura

Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)

Santos Cabanas, Xose Luis

Vargas Callejas, Germán

Grupo “Enlata Teatro” (Directora Lorena Conde).

2011-2014

Page 37: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Memoria de actividades da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación

Page 38: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de
Page 39: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 39

Xustificación

Así como na Comisión Cultural, tamén realizamos a memoria de actividades da

Comisión de Normalización Lingüística, como peche a unha etapa comezada no

ano 2006. O traballo desta comisión foi encamiñado a defender e normalizar o uso

da lingua galega en todos os niveis educativos e na comunidade en xeral.

Quen somos?

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación

da USC é un grupo plural onde está integrado alumnado de todas al titulacións do

centro, Persoal de Administración e Servizos (PAS) e Persoal Docente e Investigador

(PDI). Todos nós elixidos democraticamente tras presentarnos como candidatas.

Persoas destinatarias

toda a comunidade universitaria en sentido amplo, a Facultade de Ciencias, Persoal

de Administración e Servizos (PAS), Persoal Docente e Investigador (PDI) en

particular e a comunidade compostelá en xeral.

Familias de actividades

as actividades principais desta comisión son as Xornadas de Recursos Educativos

en Galego, das cales xa acadamos a sétima edición; e as Xornadas de Educación

e Linguas, das que xa celebramos a súa quinta edición. Nestes dous últimos anos

levamos a cabo un Certame Literario e seguimos participando nos premios á

calidade e á excelencia lingüística dos traballos académicos en lingua galega; así

como participamos na novidosa iniciativa de Gústame o Galego.

XORNADAS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO

As xornadas dos recursos educativos en galego naceron coa intención de coñecer

os recursos educativos en lingua galega, así como de dispor dun espazo para a

reflexión desta realidade. Con elas preténdese ofrecer ao alumnado e profesionais

Page 40: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

40 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

do ensino os recursos que existen en lingua galega para que poidan utilizalos na súa

práctica educativa, así como obter ideas para crear e adaptalos na súa realidade.

Nas edicións anteriores fíxose un percorrido polos niveis de educación infantil,

primaria e secundaria obrigatoria. Nestes últimos catro anos, que aquí describimos,

dedicáronse ao bacharelato, á formación profesional, e as dúas últimas edicións á

educación social.

Os obxectivos das xornadas foron sempre:

w Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega.

w Definir estratexias e criterios para buscalos e seleccionalos.

w Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios

adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.

w Impulsar a difusión de experiencias socioeducativas centradas na utilización e

elaboración de recursos didácticos en lingua galega.

IV XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. BACHARELATO

Data: 16 e 17 de decembro 2011

Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)

Nestas xornadas deuse a coñecer a realidade da existencia de recursos educativos

en galego para a etapa do bacharelato. Inauguráronse da man de Marilar Jiménez

Aleixandre (USC) coa conferencia Problemas auténticos para desenvolver o

pensamento crítico. Seguiu a xornada con varias experiencias da man do IES de

Ames Antropoque? e do IES Fontem Albei de A Fonsagrada, Profe, cando facemos

outro vídeo?, entre outras. Así mesmo, leváronse a cabo dous obradoiros baixo o

nome de Construción de instrumentos musicais do noso folclore do CEIP Campanario

de Porto do Son e Ferramentas para a normalización: taller de audioarte de Lorena

Conde e Patricia A. Janeiro.

Page 41: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 41

V XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. FORMACIÓN PROFESIONAL

Data: 16 e 17 de novembro de 2012

Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)

Esta xornada deu a coñecer os recursos educativos en galego na Formación

Profesional. Foron inauguradas por Xosé Romaríns Lens (xefe do Servizo de

Ordenación e Formación Profesional da Xunta de Galicia) coa conferencia Os

recursos educativos en galego para a Formación Profesional. A continuación

leváronse a cabo diferentes experiencias de familia de servizos á comunidade ou

de novas tecnoloxías. Así mesmo realizáronse dous obradoiros: O ritmo percusivo

de Juan Collazo e Recursos didácticos da xeografía de Galicia de David Santomil.

VI XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. A EDUCACIÓN SOCIAL.

Data: 8 e 9 de novembro de 2013

Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)

Despois de pasar polos diferentes niveis de ensino infantil, primaria, secundaria

obrigatoria, bacharelato e formación profesional, neste ano as xornadas dedicáronse

á educación social. Foron inauguradas coa conferencia Contributo da Educación

Social na Normalización Lingüística en Galicia presentadas por Sofía Riveiro Olveira

(Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia), Duarte Crestar Pena

(Educador Social) e Xosé Manuel Cid Fernández (Universidade de Vigo). Ao longo

das xornadas leváronse a cabo experiencias tales como Unidades didácticas polo

Día das Letras Galegas, por Brais Fernandes (Xandobela), Galego para estranxeiros-

as, por Raúl Piñeiro e Xogos do Mundo, por María J. Caride Delgado (Solidariedade

Page 42: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

42 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Internacional). Así mesmo leváronse a cabo dous obradoiros, un de regueifa e outro

de recursos TIC. Unha experiencia moi enriquecedora foi a presentación de Bancos

de Recursos.

VII XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. EDUCACIÓN SOCIAL

Data: 2 de outubro de 2014

Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)

Neste ano repetiuse a temática das xornadas anteriores, a educación social, coinci-

dindo a súa celebración co Día Mundial da Educación Social. Foron inauguradas por

Sofía Riveiro, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Gali-

cia, por Carmen Morán, Coordinadora da Titulación de Educación Social e por Xesús

Rodríguez, presidente da Comisión de Normalización Lingüística. Leváronse a cabo

mesas de experiencias da man de Lucía Mosquera Miramontes con Experiencias e

recursos no ámbito da cultura, Isabel Presas Cacheda, educadora social de Quérote+

que presentou Experiencias en recursos de educación sexual en Galicia, e Millán Brea

Castro con Campo de traballo do social orientado a maiores. Tamén se realizaron

obradoiros de ámbitos medioambientais, educativo-sexuais e de maiores.

Page 43: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 43

XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA

As xornadas de Educación e Linguas xorden para debater a

situación da lingua.

Os obxectivos son:

w Valorar a planificación lingüística como ferramenta para a

normalización lingüística dos centros escolares e da súa contorna.

w Reflexionar sobre o papel dos profesionais da docencia na planificación

lingüística escolar.

w Coñecer experiencias de planificación lingüística escolar nos diferentes niveis

educativos e en contexto diversos.

w Coñecer a experiencia das liñas de galego en educación infantil.

III XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA: O IMAXINARIO SOCIAL SOBRE O GALEGO

Data: 25 e 26 de novembro de 2011

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida, USC).

Seguindo coa iniciativa, acadouse a terceira edición das xornadas de Educación e

Linguas. Desta volta foron inauguradas por Manuel C. Núñez Singala, director do

SNL da USC coa conferencia: Simplificacións sobre a lingua galega. Seguiuse coa

realización da mesa redonda de En galego, sen complexos, con experiencias como A

experiencia dos ENDL de Valentina Formoso Gosende e A experiencia de R de Duarte

Crestar Pena. Outra conferencia de interese foi Ser plurilingüe: sumar, non restar, da

man de Artur Noguerol e Rosa María Ramírez Palau. Houbo mesas redondas de:

En galego, sen complexos (II), coas intervencións de Belén Regueira (xornalista),

Xurxo Souto (cantante, escritor e locutor), Jorge Mira (Divulgador científico) e Javier

Gómez Noya (Triatleta).

Pechouse coa actuación do grupo de teatro da Facultade.

Page 44: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

44 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

IV XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA: A LINGUA GALEGA E O PLURILINGÜÍSMO

Data: 19 e 20 de outubro de 2012

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida,

USC).

As xornadas foron inauguradas por Mariló Candedo

Gunturiz coa conferencia O plurilingüísmo e o decreto

do plurilingüísmo. Interviron nunha mesa redonda sobre O

decreto do plurilingüísmo e a súa aplicación en centros de ensino non plurilingües,

Ánxela Trillo Díaz (profesora da Compañía de María), Antón Amil (profesor IES Otero

Pedrayo) e Helena Gómez Vecino (presidenta da federación provincial de ANPAS),

entre outros. En contraposición interviñeron noutra mesa redonda denominada O

decreto do plurilingüísmo e a súa aplicación en centros de ensino plurilingües, Lois

Trigo (director do CEIP López Ferreiro) e Laura Prego de Oliver (alumna do IES de

Ames), entre outras.

Contamos coa conferencia Ensino Plurilingüe: quo vadis? de José Manuel Vez

Jeremías.

Para pechar fíxose unha proxección do filme Crebinsky e posterior coloquio con

membros do equipo.

Page 45: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 45

V XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA: 30 ANOS DA LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA

Datas: 25 e 26 de outubro do 2013

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida, USC).

As xornadas foron inauguradas por Dalila Dopazo, Maxistrada do Xulgado do Social

de Lugo coa conferencia 30 anos da lei de normalización lingüística. Análise do seu

cumprimento. Realizouse unha mesa de experiencias acerca da situación da LNL,

entre as cales se situaban: A lingua galega no ensino: reflexións sobre os decretos

que desenvolvan a LNL, da man de Xosé Luís Janeiro Espiñeira e O galego no ensino

de universitario, de Isabel Vaquero Quintela, entre outras.

Realización dunha mesa de experiencias sobre a situación do galego en diversos

ámbitos sociais, entre as cales destacaban O galego no deporte, de Mercedes

Barrientos e O galego na comunicación, de Belén Regueira,

entre outras.

Realización dunha mesa de experiencias relacionadas

co galego nas escolas, concretamente Escola de

ensino galego da Semente e Cooperativa de ensino

popular da Avoaescola. Visualización do filme

Vilamor para pechar.

PREMIOS Á CALIDADE E Á EXCELENCIA LINGÜÍSTICA DOS TRABALLOS ACADéMICOS EN LINGUA GALEGA

É un concurso da USC que premia os mellores traballos académicos, traballos fin

de grao, proxectos fin de carreira ou traballos fin de mestrado escritos en galego.

Esta comisión participou cada ano nesta iniciativa, apoiando que o alumnado da

facultade utilice a lingua galega para a realización dos traballos académicos.

Dada a transcendencia dos premios considerouse oportuno realizar a súa entrega

no acto do día do Patrón da Facultade.

Page 46: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

46 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

CERTAME LITERARIO

No curso académico 2012/2013 a Comisión de

Normalización acordou por en marcha unha nova

iniciativa, un certame literario aberto a toda a

comunidade educativa da Facultade de Ciencias da

Educación, cuxa temática sería libre pero o requisito

fundamental era que as composicións estivesen escritas

en lingua galega e fosen orixinais e inéditas.

Dado o éxito de participación e calidade das composicións da primeira

convocatoria, no segundo ano decidiuse dar dous premios, un para poesía e

outro para narración.

PARTICIPAMOS…

O pasado setembro de 2013 participamos na campaña Gústame

o galego.

GÚSTAME O GALEGO: Gústame o galego é unha campaña xeral

de fomento da lingua coa que se visibiliza o apoio individual de

persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotos

con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións.

Levouse a cabo na USC durante setembro do 2013, baixo lemas como:

Gústame...

1. o galego na USC!

2. que non abandones o galego ao chegares á universidade, aínda que eu non cho

dea falado

3. ter ;-) química en galego (e o resto dos graos, tamén!)

Page 47: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 47

4. como soa o galego do alumnado que vén doutros países

5. biblioteca, aula informática, deporte, teatro, residencia... e USC.NOTAS en

galego! =:-)

6. as aulas, as asembleas, os seráns de biblioteca e os xoves de troula... na nosa

lingua!

7. aprender e ensinar en galego e que as clases sexan maXistrais!

8. que me lembren dando clase en galego

9. os exames e traballos en galego ... e que sexan de matrícula de honra!

10. poder pescudar, facer ciencia e divulgala no noso país e na nosa lingua

Page 48: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA

48 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN

Membros da Comisión de Normalización Lingüística

Álvarez Seoane, Carmen Denébola

Barreira Cerqueiras, Eva María

Cela Vázquez, Francisco Xosé

Costa Rico, Antón

Chao Rivas, Saleta

García Antelo, Beatriz

González Ben, Antía

Puga Castro, Silvia

Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)

Rubal Rodríguez, Xosé

Sánchez Rodríguez, Helena

Silva Valdivia, Bieito

Page 49: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Índice

Memoria de actividades da Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación 05

Introdución 07

Xustificación 07

Quen somos 08

Obxectivos 08

Destinatarios 09

Familias de actividades 10

Conferencias 10

Presentacións 14

Exposicións 14

Obradoiros 16

Charlas-coloquio e mesas de debate 18

Ciclos de teatro 20

Representacións teatrais 23

Ciclos de cine 25

Cursos e seminarios de formación 26

Movendo o esqueleto: a bailar! 28

Xornadas 29

Roldas de prensa 31

Café informativo e proxección 32

Outras actividades 32

Page 50: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Memoria de actividades da Comisión de Normalización Lingúística da Facultade de Ciencias da Educación 35

Introdución 37

Xustificación 37

Quen somos 37

Persoas destinatarias 37

Familias de actividades 37

Xornadas Recursos educativos en galego 37

Premios á calidade e á excelencia

lingúística dos traballos académicos

en lingua galega 43

Certame literario 44

Participamos 44

Page 51: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de
Page 52: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de
Page 53: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de
Page 54: Memoria de actividades das Comisións Cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de

Facultade de Ciencias da EducaciónCampus Vida Campus Norte

Esta memoria recolle as actividades promovidas e organizadas polas Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación no período 2011-2014. Na liña dos anos anteriores, procuramos que as iniciativas estiveran impulsadas polo profesorado, o alumnado e o persoal de administración e servizos co fin de contribuír ao coñecemento e difusión do noso patrimonio cultural e a promover a normalización lingüística na nosa Facultade.

Un dos obxectivos principais do traballo proposto polas comisións centrouse en preparar o noso alumnado para o coñecemento de experiencias e recursos que puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de diversas xornadas e ciclos a través dos cales pretendemos atender a este tipo de cuestións.

Unha boa parte das actividades foron emprendidas conxuntamente polas dúas comisións. Tamén queremos destacar a colaboración que se mantivo con asociacións e colectivos de dentro e de fóra da universidade na organización de moitas das actividades.

En nome dos membros da Comisión Cultural e da Comisión de Normalización Lingüística, gustaríanos rematar esta memoria agradecendo aos compañeiros/as da Facultade os esforzos realizados para poder programar unha oferta plural e variada. Sen a súa axuda e apoio, resultaría imposible desenvolver esta ampla programación.

Graciñas a todas e todas.