22
2018

memo2018 GL - igaxes · 2019. 7. 17. · unha petición formal para que se garanta o dereito da mocidade en risco de exclusión a unha vivenda digna. O seu proxecto vital nunca estará

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 2018

  • Rúa da Muíña, 24 981 56 11 69 15707 Santiago de Compostela www.igaxes.org

    Memoria 2018

  • 2018

    Aspiramos a unha sociedade na que ningunha nena, neno ou mozo teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social.

  • Daniel, 19 anos

    Antes tiña medo. Non sabía como enfrontarme á vida eu só. Hoxe xa non o teño.

  • Ningunha familia sen futuro

    Ningunha moza e ningún mozo sen futuro. O cumprimento desta misión, coa que Igaxes leva comprometida os seus 18 anos de vida, ten implícita unha segunda declaración: ningunha familia sen futuro.

    O estado de benestar non logrou que o ascensor social funcionase. As opcións de futuro de calquera crianza seguen estando moi condicionadas pola situación socioeconómica da familia na que nace. En 2018 coñecemos un informe rotundo da OCDE que cifra en catro xeracións (120 anos) o período que unha persoa que nace en España en situación de pobreza tardará en alcanzar unha renda media.

    Por iso este ano a familia converteuse nunha prioridade das nosas accións. Dedicar atención e recursos ás familias fai posible que nais, pais ou titores, fillos e fillas poidan responsabilizarse dun proxecto de vida común.

    Isto ten un impacto positivo na escola, onde os nenos e as nenas se senten máis seguros e alentados a aprender, mellorando tanto os resultados académicos como a súa integración cos demais. Nesa tarefa compartimos coa comunidade docente toda unha serie de ferramentas de traballo conxunto.

    Apoiar as familias é tamén abrir con elas novas portas de acceso ao traballo,

    2018

  • intervencións, senón tamén para construírmos propostas capaces de transformar a sociedade: en 2018 elevamos ás administracións públicas unha petición formal para que se garanta o dereito da mocidade en risco de exclusión a unha vivenda digna. O seu proxecto vital nunca estará completo se non teñen un lugar axeitado onde vivir.

    Temos a certeza de que non é posible acometer en solitario a misión que temos por diante. Por iso seguimos dedicando esforzos a xerar novas redes, traballar man a man coa comunidade e buscar novos apoios na cidadanía e no empresariado para facermos exponenciais as oportunidades de futuro das nenas, nenos e mozos con máis necesidade de axuda.

    Carlos Rosón Director

    nun contexto en por si moi complicado; así como crear novos vínculos coa comunidade, facéndoa máis forte para reducirmos o risco de exclusión social posterior de nenos, nenas e mozos.

    Pero non abonda con actuar: a necesidade de avaliar o noso impacto é cada ano máis grande. Por iso en 2018 incorporamos novos programas baseados na evidencia, orientados a unha mellora permanente e ao crecemento nos nosos resultados.

    Na defensa dos dereitos da infancia e a xuventude segue a ter unha importancia vital a xeración de coñecemento. Non só para sermos máis eficaces nas nosas

    2018

  • 2018Infancia segura

  • Enrique, 17 anos

    Aquí coñecín persoas que me fixeron mellorar. Que me valoran e que me coidan.

  • Todas as nenas e nenos deberan sentirse seguros e queridos desde o primeiro día de vida e ata a idade adulta. En 2018 destinamos máis recursos a garantir a protección e o benestar da infancia máis fráxil.

    A pobreza familiar segue a condicionar decisivamente o futuro de miles de nenas e nenos. Quen nace nunha situación de exclusión tarda ata catro xeracións en saír dese ciclo. E un de cada catro menores en Galicia están nesta situación.

    Por iso este ano destinamos máis atención e recursos a garantir a súa seguridade e benestar. Traballamos para que vexan cumprido o seu dereito a aprender, a xogar e a desenvolverse. Para que conten con toda a protección necesaria ante calquera tipo de violencia ou risco para a súa saúde, tanto física como emocional.

    E aumentamos os recursos de apoio ás nais e pais, con accións de respaldo na crianza, mellora das competencias familiares e acceso ao emprego. O benestar familiar e un fogar protector son as maiores garantías do dereito de todas as nenas e nenos a gozar dunha infancia segura.

    Infancia segura 2018

  • nenas, nenos e mozos recibiron atención para mellorar a súa autoestima, motivación e autonomía persoal.

    626

    adolescentes encontraron un fogar nos nosos pisos tutelados

    78

    mozas e mozos con dificultades sociais ou familiares recibiron apoio emocional continuado.

    159

    nais e pais melloraron as súas habilidades parentais ou recibiron atención psicosocial.

    74

    Infancia segura 2018

  • 2018

    Educación en equidade

  • Tiña problemas na miña casa e no instituto. Aquí encontrei o apoio que me faltaba e logrei retomar os meus estudos.

    Ángela, 19 anos

  • Cremos na equidade educativa. Aspiramos a un modelo de educación onde as dificultades sociais non lastren a vida escolar. Defendemos o dereito de cada alumna/o a aprender en igualdade de condicións.

    Educación en equidade

    Unha educación duradeira e de calidade é o factor máis decisivo para reducir as desigualdades sociais. Pero o actual modelo educativo non está a compensar esa desigualdade: o alumnado máis desfavorecido ten seis veces máis probabilidades de deixar a escola prematuramente.

    Máis de 100.000 escolares en Galicia afrontaron o pasado curso con desvantaxes relacionadas coa falta de recursos, problemas familiares ou inseguridade. En Igaxes traballamos para borrar estas desvantaxes e para facer valer o seu dereito a partir desde a mesma liña de saída.

    Con coidado emocional e psicolóxico, redes de apoio, reforzo educativo, axudas para continuar estudos, loitando contra o acoso e a violencia… actuamos para que poidan aprender en condicións de protección e benestar. E convertírense nas personas que son capaces de ser.

    2018

  • alumnas/os de entre 12 e 18 anos aos que chegamos en toda Galicia o curso 17-18.

    1.577

    mozos/as especialmente vulnerables remataron accións de formación ou pasaron de curso.

    310

    participaron en accións educativas para a igualdade de xénero e para unha sexualidade non coercitiva.

    857

    participaron no noso programa de convivencia e prevención do acoso.

    845

    melloraron a súa autonomía persoal e adquiriron habilidades para a vida independente.

    668

    Educación en equidade 2018

  • 2018Dereito a un futuro

  • Zainab, 28 anos

    Antes estaba soa. Obrigada a voar, pero sen ás. Con axuda recuperei a forza e logrei un emprego para saír adiante.

  • Miles de mozas e mozos entran na idade adulta en situación precaria. En 2018, o paro xuvenil e a elevada temporalidade seguiron discriminando a aqueles que xa padeceron unha infancia de dificultades.

    A mocidade segue a ser a franxa da poboación máis excluída polo mercado de traballo. E a peor parte é para as mozas e mozos que xa viviron privados de recursos, seguridade ou afecto.

    O 47% da xuventude tutelada emancípase en situación precaria. Ao saíren do sistema de protección de menores vense na obriga de atopar un medio de vida. E o seu futuro non só está lastrado por carecer do respaldo dunha familia; tamén o está por mor da baixa formación: só o 1% das persoas ex tuteladas logra chegar á universidade.

    Por outra parte, esta discriminación é triple no caso das mulleres mozas: a grande maioría dos contratos a tempo parcial son para elas; e xa entran no seu primeiro emprego cobrando un 15% menos que os seus compañeiros homes.

    En 2018 chegamos a máis mozas, mozos e familias en dificultade e creamos máis oportunidades de emprego e formación. Seguimos traballando cada día para que este contexto de falta de oportunidades non lles impida andar o seu camiño. Porque ter futuro tamén é un dereito.

    Dereito a un futuro 2018

  • mozas e mozos sen apoio familiar recibiron apoio durante o seu camiño cara á vida independente.

    empresas colaboraron mediante inserción laboral, formación, patrocinio ou voluntariado corporativo.

    575

    persoas en situación vulnerable asinaron un contrato de traballo en 2018 e un 52% delas son mulleres.

    474

    171

    persoas formáronse para traballar e melloraron as súas opcións de emprego.

    1543

    Dereito a un futuro 2018

  • unha solución en termos de vivenda para non quedaren desprotexidos.

    En abril de 2018 Igaxes trasladou unha petición formal ao Instituto Galego de Vivenda e Solo solicitando o acceso preferente destes mozos e mozas ás axudas ao alugueiro. Porén, a proposta foi desestimada. Por iso iniciamos unha campaña pública de recollida de sinaturas coa seguinte petición:

    • Que na creación da Rede de Vivendas de Inserción de Galicia se faga unha reserva para o acceso directo das mozas e mozos ex tutelados pola Xunta de Galicia menores de 35 anos.

    • Que a súa estadía teña unha duración mínima de 2 anos con opción de prórroga.

    Están protexidos mentres son menores. Pero ao cumpriren 18 deben afrontar a súa vida en soidade. Porque non teñen unha familia á que volver.

    En Galicia hai uns 3.000 nenos, nenas e adolescentes tutelados. Centos deles deixan cada ano o sistema de protección tras cumprir a maioría de idade.

    Son a franxa da xuventude máis ameazada polo paro e a temporalidade laboral. A sensación de soidade e o risco de depresión son máis frecuentes que entre o resto da mocidade. Precisan

    Ningunha moza e ningún mozo sen familia vivindo na rúa

    Dereito a un futuro 2018

  • Como nos financiamos

    Financiamento privado15,9 %

    Financiamento público84,1 %

    En 2018 incrementamos nun 4,56% o orzamento global do exercicio anterior, o que nos permitiu reforzar as nosas áreas de familia, educación e emprego e chegar a 2.900 nenas, nenos e mozos en toda Galicia.

    Redes de apoio6,30 %

    Inserción laboral18,40 %

    Formación para o emprego13,35 %

    Autonomía e independencia21,47 %

    Apoio a familias11,96 %

    Educación12,22 %

    Vivenda16,30 %

    Auditado por

    Programa Mentor 2008-2018

    Ingresos totais: 2.015.768,51€

    2018

  • 2018

    Financiadores e empresas colaboradoras

  • 2018A Coruña Novoa Santos, 6-8 - 1º 981 13 37 51 [email protected]

    Ferrol Cantón de Molins, 8-9, Oficina 6 981 32 94 27 [email protected]

    Lugo Amor Meilán, 13 - Entr. esquerda 982 24 60 71 [email protected]

    Ourense Santo Domingo, 19 - 1º esq. 988 22 13 34 [email protected]

    Vigo Praza América, 2 porta 2 - 2º Of. F. 986 23 96 74 [email protected]

    Rúa da Muíña, 24 15707 Santiago de Compostela 981 56 11 69 | [email protected]

    www.igaxes.org