15
infancia unha dereitos con infancia unha dereitos con

infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

unidade didactica

infanciaunha

dereitosconinfanciainfanciainfanciainfanciaunhaunhaunhaunha

dereitosdereitosdereitosdereitosconconconcon

Page 2: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

A presente U.D. forma parte do proxecto “Días D”, que se enmarca dentro da proposta pedagóxica de ENTRECULTURAS para educar en Cidadanía Global: “Un Mundo nas túas Mans”. A través desta proposta, queremos contribuir á tarefa de formar persoas capaces de transformar a súa contorna como parte dunha cidadanía global, activa e comprometida cos retos globais do noso tempo e co cumprimento da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Os recursos educativos do proxecto “Días D” facilítannos achegarnos e aprender sobre temáticas relacionadas cos valores propios da cidadanía global, promovendo a aprendizaxe e o compromiso activo coas nosas contornas educativas comunitarias e cidadás. En concreto, esta U.D. propón traballar sobre os Dereitos da Infancia e da Adolescencia, co obxectivo de desenvolver coñecementos, valores e competencias sociais e cidadás para promover os dereitos de todas as nenas, nenos e adolescentes. Asemade, a proposta invita ao grupo a reflexionar sobre a necesidade de construir igualdade entre todas as persoas para que se cumpran estes dereitos e, para elo, aprenderemos que a igualdade está nas nosas mans.

A U.D. está composta de tres propostas didácticas adaptadas a diferentes franxas de idade, deseñadas para traballar tanto no ámbito formal coma no non formal, con grupos de nenas, nenos e xoves das seguintes idades:

- Primeira franxa de idade: 5 a 8 anos. - Segunda franxa de idade: 9 a 12 anos. - Terceira franxa de idade: 13 a 1 anos.

Cada unha das propostas didácticas inclúe os seguintes apartados:

- Obxectivos educativos. - Materiais necesarios. - Desenvolvemento da actividade cunha proposta final na que o grupo realice unha

acción concreta para promover os dereitos da infancia e da adolescencia na súa contorna.

As actividades incluidas nesta Unidade Didáctica non están ligadas a unha única data ou acontecemento, senon que poden utilizarse en calquer contexto cuxo obxectivo educativo sexa traballar con grupos a importancia de promover unha infancia e adolescencia con dereiros, nas nosas contornas globais e locais. De xeito orientativo, suxerimos a seguinte relación de “Días Internacionais” que, polas temáticas que tratan, poden constituir unha boa oportunidade educativa para utilizar esta proposta didáctica. Estes días internacionais aparecen sinalados no calendario escolar que, xunto aos carteis e esta selección de Unidades Didácticas, forman parte do proxecto “Días D”:

- Día Internacional da Alfabetización (8 de setembro). - Día Mundial do Profesorado (5 de outubro). - Día do Ensino (31 de outubro). - Día dos Dereitos da Infancia (20 de novembro). - Día Internacional da Educación (24 de xaneiro. - Día Internacional da Mocidade (12 de agosto).

Estas U.Ds. están en liña coa promoción dunha cidadanía glogal comprometida coa consecución da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Concretamente, esta Unidade vencéllase co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade.

Page 3: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Coñecer os dereitos das nenas, nenos e adolescentes do mundo. Promover o recoñecemento das nenas e nenos como cidadáns globais. Crear un xesto de mobilización para nos comprometer coa promoción dos

dereitos de nenas e nenos.

Ficha de información sobre a Convención (ver Anexo 1) Pelota. Cartolina A3. Folios para os participantes. Lápices e pinturas de cores.

Miramos con todo o grupo o cartel que decora a portada desta Unidade ¿Qué vemos?

Comenzamos dicindo ao grupo que imos aprender sobre dereitos da infancia e lanzamos as seguintes preguntas:

¿Credes que as nenas e nenos sodes cidadáns? ¿Tedes dereitos? ¿Son os mesmos que os das persoas maiores? ¿Todos os nenos e nenas do Mundo disfrutan dos seus dereitos? ¿Por qué?

Tras recoller os seus comentarios, díselles que os nenos e nenas son parte da cidadanía, xa que teñen os mesmos dereitos que todas as persoas. Lemos entón información encol da Convención de Dereitos da Infancia (Véxase Anexo 1). Tamén podemos imprimir e ler todos xuntos a versión adaptada por idades da Convención.1

Para continuar, convídaselles a xogar “á pelotas dos dereitos”. Pode usarse unha pelota de

papel ou doutro material para ir respondendo todos/as á seguinte pregunta: ¿Qué dereitos coñecemos das nenas, nenos e adolescentes? A primeira persoa debe respostar á pregunta e pasar a pelota ata que todos/as resposten. Algúns dos dereitos que podemos mencionar están no Anexo 1. Rematado o xogo a persoa dinamizadora lerá o conto “A xirafa Pola”

“Había unha vez unha leda xirafa chamada Pola. Tiña un pescozo moi longo e unas

pernas delgadas. Era a xirafa máis graciosa e faladora do seu pobo. Vivía en Boskú, un fermoso bosque no Sur de África, coa súa familia. A Pola gostáballe xogar á pelota ¡soñaba con ser unha grande estrela do fútbol e participar na liga nacional! Pero, lamentablemente, non había moitos sitios para xogar. Seus país tíñanlle prohibido xogar

1Convención de los Derechos del Niño, adaptada para 6 a 8 años. Plataforma de Infancia de España.

http://plataformadeinfancia.org/derechos-de-infancia/la-convencion-de-los-derechos-de-la-infancia/convencion-derechos-del-nino-adaptada-6-a-8-anos/

Page 4: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

polos arbustos que arrodeaban a casa e nas rúas do pobo, tampouco estaba facelo. O único sitio onde sepodía, anque por pouco tempo, era no patio da escola.

Un día, na praza de Boskú, a xefa do pobo, a leoa Kona, fixo un anuncio á comunidade, despois de dar un gran ruxido. ¡Atención! ¡Atención! Hoxe ás seis da tarde chamamos a unha reunión na grande árbore para proponer ideas para mellorarmos o noso fermoso e querido pobo. ¡Todos os animais estades convidados!

Pola, ao escoitar o aviso, tivo unha gran idea, tan grande coma o seu longo pescozo de xirafa.

Non o pensou dúas veces e chamou a todas as súas amigas e amigos para contárllelo.

Esa tarde, foron chegando paseniñamente os animais do pobo, ata a grande árbore. Para sorpresa de todos, tamén chegou Pola xunto con Lara a súa amiga leopardo, Manuel o seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos. Un vello elefante, desde lonxe, berroulles: -¡Ídevos, pequechos, isto é só para animais maiores. Non tedes nada que facer aquí! Pero Pola e as súas amigas e amigos quedaron onde estaban. A reunión comenzou e Pola ergueuse para falar. Estaba nerviosa e comenzou a falar pero ninguén parecía oíla. A súa nai, que tamén estaba na reunión, díxolle: -Pola, agora non, temos cousas importantes que falarmos aquí. ¡Que inxustiza! Non nos escoitan porque somos nenas e nenos, pero as nosas ideas son igual de importantes”. Ao rematar o conto, fanse as seguintes preguntas ao grupo:

¿Cómo pensades que se sentiron Pola, as súas amigas e amigos? ¿Qué pensades que quería dicir Pola na reunión? ¿Era importante? ¿Qué inxustizas se ven no conto? ¿Qué dereitos das nenas e nenos non se

respectaron? ¿Cómo podía rematar o conto para ter un final diferente? ¿Qué pasaría?

Recollidas as ideas, proponse formar equipos de catro ou cinco para que inventen un final alternativo, que poderán debuxar e/ou escribir nunha cartolina ou folio. Cando todos os grupos teñan rematado, presentarán o seu final alternativo ao grupo grande e pegarémolo nun lugar no que se vexa ben.

Tras rematarmos a actividade, repasamos os dereitos da infancia, relacionándoos coa historia que limos. Reflexionamos co grupo encol da importancia de que todas as nenas e todos os nenos do mundo disfruten dos seus dereitos dun xeito igualitario. Para comprometernos coa defensa e promoción dos dereitos da infancia, entregamos a cada participante un folio onde poden representar de forma libre os dereitos que máis lles chamaron a tención; coa finalidade de facer un gran mural ou rincón dos dereitos, xunto cos debuxos do conto de Pola.

Cando todas e todos rematen, faráse un percorrido polos nosos dereitos. Debaixo de cada un deles, o grupo poderá escribir ideas de acción para promovelos, como fixeran a xirafa Pola e os seus amigos/as. Estas ideas poderán presentalas na súa contorna educativa e comunitaria. O título que se propón para o mural é: ¡As nenas, nenos e adolescentes temos os mesmos dereitos en calquer lugar do Mundo! ¡É responsabilidade de todos/as defendelos!

Page 5: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Aprender sobre os dereitos da infancia e da adolescencia en todo o Mundo. Tomar conciencia sobre a importancia de promover a igualdade para que se

cumpran os dereitos de nenas, nenos e adolescentes. Crear un xesto de mobilización para comprometernos coa promoción dos

dereitos de todas as nenas, nenos e adolescentes.

Ficha de información sobre a Convención. (Ver Anexo 1). Taboleiro “xogando coñezo os meus dereitos”. (Ver Anexo 2). Fichas de xogadores/as. Ficha coas respostas. (Ver Anexo 3). Ficha con datos (Ver Anexo 4). Cartolinas A3. Lápices, bolígrafos e pinturas de cores. Dados

Ollamos co grupo o cartel que decora a portada desta Unidade. ¿Qué vemos?

Comenzamos contando ao grupo que imos aprender dos dereitos da infancia e da adolescencia. Para introducir a temática, lanzamos as seguintes preguntas:

¿Qué sabedes sobre os dereitos de nenas e nenos? ¿Cales coñecedes? ¿Todas as nenas e nenos do Mundo disfrutan dos seus dereitos dun xeito igualitario?

¿Por qué?

Despois de recollermos as súas respostas, fálase de que nenas, nenos e adolescentes san parte da cidadanía, xa que son persoas con dereitos. Procédese a ler a información sobre a Convención dos Dereitos da Infancia (Ver Anexo 1). Tamén podemos ler a versión adaptada da Convención por idades2.

Tras esta primeira reflexión, xogaremos a un xogo de mesa que nos axudará a descobrir máis cousas sobre os dereitos da infancia e da adolescencia. Fórmanse tres ou catro equipos co mesmo número de xogadores/as e un ou unha de cada equipo ten a función de ser “xuiz” ou

“xuiza” que dará as respostas ás preguntas do xogo. A cada grupo, facillítaselle un taboleiro

impreso (Ver Anexo 2) e unha ficha coas respostas para os “xuices” (Ver Anexo 3). Para xogar seguiremos as seguintes instruccións:

2 Convención de los Derechos del Niño adapatada para 9 a 12 años. Plataforma de Infancia de España.

http://plataformadeinfancia.org/derechos-de-infancia/la-convencion-de-los-derechos-de-la-infancia/convencion-derechos-del-nino-adaptada-9-a-12-anos/

Page 6: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Cada participante comenza na casilla de “Saída”tirando o dado por quenda. Ao rematar

a quenda dun xogador, correspóndelle ao seguinte. Se se cae nunha casilla de “Verdadeiro ou Falso”, hai que respostar de xeito individual.

Se se cae nunha casilla “Todos e todas xogan”, falan en equipo e chegan a unha

resposta colectiva. Se o xogador acerta a pregunta, pode avanzar unha casilla máis, pero que decide é a

“xuiza” ou “xuiz” revisando a ficha de respostas. Se a pregunta é grupal e acertan, gañan un punto que se anota nun papel. Se non

acertan, pasa a quenda a outra persoa ou outro equipo. As fichas de xogadores poden ser inventadas.

Ao remataren o xogo, cóntanse os puntos acadados en conxunto, valorando o aprendido sobre dereitos da infancia e adolescencia. Entón, convídase ao grupo a ponerse en círculo e fanse as seguintes preguntas:

¿Qué foi o que máis vos chamou a atención do xogo? ¿Cales son as maiores dificultades que teñen as nenas e nenos no Mundo? ¿Por

qué credes que pasa isto? ¿Credes que os dereitos da infancia e adolescencia se cumpren por igual en todo

o Mundo? ¿Qué desigualdades coñecemos? ¿Por qué pensades que é importante coñecer e exercer os nosos dereitos como nenas,

nenos e adolescentes do Mundo?

Para rematarmos cunha acción na que promovemos os dereitos da infancia nas nosas contornas locais e globais, reflexionaremos co grupo encol da importancia de que todas as nenas e nenos do Mundo disfruten dos seus dereitos dun xeito igualitario. Nembargantes, vimos que non todas as nenas e todos os nenos disfrutan dos mesmos dereitos. Como exemplo destas desigualdades, lemos algún dos datos que aparecen no Anexo 4, reflexionando co grupo e facendo as seguintes preguntas:

¿Qué pensades sobre estas realidades de desigualdade? ¿Cal é a situación das nenas a respeto dos nenos? ¿Por qué é importante que todos os nenos e nenas do Mundo teñan dereitos sen

distincións nin discriminacións? ¿Qué podemos facer nós para acadar a igualdade nos dereitos da infancia e

adolescencia?

Para comprometernos na defensa e promoción dos dereitos da infancia nas nosas contornas e no resto do Mundo, propoñemos ao grupo facer a seguinte acción: a cada participante entregáselle un folio no que poden representar dun xeito libre os dereitos que máis lles chamaran a atención en toda a actividade, os máis importantes, coa finalidade de faceren un gran mural o rincón dos dereitos.

Cando todos/as teñan rematado, faremos un percorrido polos nosos dereitos e convidamos ao grupo a escribir ideas de acción concretas nunha cartolina grande para que todos os deritos se cumpran en igualdade para nenas e nenos de todo o Mundo. Estas propostas engadiranse ao mural nun espazo ben visible e poderanse presentar na súa contorna educativa e comunitaria. O título que se propón para o mural é: ¡As nenas, nenos e adolescentes temos os mesmos dereitos en calquer lugar do Mundo! ¡É responsabilidade de toas e todos defendelos!

Page 7: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Identificar e tomar conciencia sobre os dereitos da infancia e da adolescencia. Coñecer movementos sociais protagonizados por nenas, nenos e adolescentes no

Mundo na percura de defender os seus dereitos dun xeito colectivo. Crear un xesto de mobilización a través do cal nos comprometemos a defender e

promover os dereitos de todas as nenas, nenos e adolescentes do Mundo.

Ficha de movementos sociais (Ver Anexo 5). Cadeiras e mesas. Lápices, bolígrafos e pinturas de cores. Papel continuo.

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta Unidade. ¿Qué vemos?

Comenzamos contando ao grupo que imos aprender dos dereitos da infancia e da adolescencia. Para introducir o tema, facemos as seguintes preguntas:

¿Qué sabedes sobre os dereitos das nenas e nenos? ¿Cales coñecedes? ¿Todas as nenas e nenos do Mundo disfrutan dos seus dereitos dun xeito igualitario?

¿Por qué?

Despois de recoller as respostas, coméntase que as nenas, nenos e adolescentes son parte da cidadanía, pois son persoas con dereitos e, se procede, ler a información da Convención dos Dereitos da Infancia (Ver Anexo 1). Tamén podemos ler a versión adaptada por idades da antedita Convención3.

Comentamos tamén que, anque a Convención é unha ferramenta que axuda para que os gobernos de todo o Mundo garantan os dereitos de todos e todas, a situación actual a nivel global, é que se vulneran continuamente e que non todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos. Como exemplo destas desigualdades, lemos algún datos que aparecen no Anexo 4, reflexionando en grupo sobre as seguintes cuestións:

¿Que pensades destas realidades de desigualdade? ¿Cal é a situación das nenas en comparación cos nenos? ¿Por qué é importante que todas as nenas, nenos e adolescentes do Mundo teñan

dereitos sen discriminacións? ¿Qué podemos facer nós para acadar a igualdade de dereitos na infancia?

3 Convención de los Derechos del Niño adaptada para 13 a 16 años. Plataforma de Infancia de España.

http://plataformadeinfancia.org/derechos-de-infancia/la-convencion-de-los-derechos-de-la-infancia/convencion-derechos-del-nino-adaptada-13-a-16-anos/

Page 8: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Anque existan estas desigualdades, tamén hai en diferentes países, miles de nenas, nenos e adolescentes que están organizados na defensa dos seus dereitos. ¿Coñecedes algún exemplo? Para aprenderen máis sobre movementos sociais protagonizados por nenas, nenos e adolescentes no Mundo, faremos unha Radio Popular.

Fórmanse tres equipos e a cada un, dáselle un movemento social protagonizado por nenas, neos e xoves (Ver Anexo 5). Terán cinco minutos para lelo e facer unha choiva de ideas do que saben ao respeto. Logo Terán dez minutos máis para elaborar a información consensuada como equipo sobre o movemento social, respondendo ás seguintes preguntas-guía:

¿Cal era o obxectivo destes nenos, nenas e adolescentes? ¿Por que dereitos están a loitar? ¿Como o están a facer? ¿Que podemos aprender das acción destes movementos?

O formato de cada equipo é libre: simular unha entrevista, contalo como unha noticia, a través dunha cantiga, etc. Unha vez que os compñentes dos equipos se poñan de acordó, exponeno ante o grupo todo (de 3 a 5 minutos aproximadamente). Para ambientar o lugar como unha emisora de radio, pódense colocar as cadeiras en forma de U con dúas mesas no centro, onde se expoñerá cada “programa de radio” de cada un dos equipos. Ao rematar cada equipo, o

“público” pode facer preguntas aos “presentadores”. A continuación, abrirase o debate:

¿Coñecíades algún destes movementos sociais? ¿Que dereitos credes que defende cada un deles? ¿Que teñen en común estas accións? ¿Que credes que pasa cando non se deixa participar a nenas, nenos e xoves? ¿Que perdemos como sociedade?

Concluimos coa seguinte reflexión: “A historia da loita polos dereitos sociais escríbena

adultos, nenas, nenos e adolescentes, xuntas e xuntos en cooperación por unha vida en dignidade, igualdade e libre de discriminación”.

Para rematar cunha acción na que promovamos os dereitos da infancia e adolescencia, convídaselles a reflexionar sobre a súa realidade local e global. ¿Respéctanse os dereitos de nenas, nenos e adolescentes? ¿Que podemos facer nós para promovelos e defendelos?

Cada equipo da actividade de radio pensará entón en tres acción que poidan realizar nas súas contornas, pola defensa e promoción dos dereitos da infancia e adolescencia. Estas ideas iránse compartindo co resto do grupo escribindo nun papel continuo para facer un decálogo común. Estas dez acción poderán ser compartidas como campaña de sensibilización no seu centro educativo, autoridades locais, espazos comunitarios de participación, etc., de xeito que sexan protagonistas na defensa dos dereitos da infancia e adolescencia.

Para ter máis difusión, pódese convidar ao grupo a gravar os seus “programas de radio”

sobre dereitos da infancia e adolescencia, para difundilos en toda a contorna educativa e comunitaria.

Page 9: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Convención sobre Dereitos das nenas, nenos e adolescentes, adaptada e resumida4

Un 20 de novembro, hai máis ou menos 30 anos, a Asemblea das Nacións Unidas (ONU) aprobou a Convención de Dereitos do Neno, onde se describen todos os teus dereitos e a forma na que todas as persoas tanto maiores como pequeñas, debemos actuar para protexelos.

Esta Convención ocúpase dos dereitos de todas as persoas que aínda non cumpriron 18 anos. Todos os Estados deben respectar estes dereitos sen distincións de raza, color, xénero, lingua, relixión, opinión política dos nenos e adolescentes ou das súas familias. Todos os gobernos deben tomar as medidas precisas para facer valer os Dereitos dos Nenos, Nenas e Adolescentes. É importante dar a coñecer a todas as persoas o que di esta Convención.

Entre outros, algún dereitos da Convención, resumidos5:

1. Todas as nenas e nenos teñen os mesmos dereitos, a seren tratados/as en igualdades en importar a súa cor de pel, o seu sexo, a súa relixión, a súa lingua, a súa procedencia ou as opinión políticas das súas familias.

2. Dereito a vivir e desenvolverse plenamente, a acadar unha vida e benestar integrais. Isto inclúe dereito á educación, á atención sanitaria e á información sobre os seus dereitos, entre outros moitos.

3. Dereito á educación, unha educación de calidade que promova unha aprendizaxe e desenvolvemento completos para formar parte dunha cidadanía solidaria, comprometida e igualitaria.

4. Dereito a seren protexidos/as se se vulneran os seus dereitos fronte a calquer tipo de violencia e a recibir apoio e acceso á sanidade.

5. Dereito a teren unha identidade, un nome e unha nacionalidade. 6. Dereito a reunirse e vivir coas súas familias. 7. Dereito a expresarse libremente, dicir o que pensan e que a súa opinión sexa

escoitada e tida en conta. 8. Dereito a participar, a asociarse e reunirse pacíficamente con outras nenas, nenos

e adolescentes. 5

9. Dereito a recibir información a través de libros, periódicos, radio, internet, etc. 10. Dereito a manter a súa lingua, relixión e tradicións culturais. 11. Dereito ao xogo, descanso, diversión e as actividades de ocio e culturais, como a

estar e compartir con outras nenas, nenos e adolescentes.

4 Convención sobre los Derechos del Niño. 2015. Unicef Comité Español:

https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/ConvencionsobrelosDerechosdelNino.pdf 5 Resumen de la Convención sobre los Derechos del Niño ¿Conoces tus derechos? 2016. UNICEF Comité

Español: https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/unicef-educa-CONVENCION-SOBRE-LOSDERECHOS-DEL-NINO-version-resumida.pdf

Page 10: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Taboleiro: “Xogando coñezo os meus dereitos”

Todas e todos xogan ¿Os nenos/as e adolescentes poden vulnerar os dereitos doutras persoas? Se respostades SI, cada membro do equipo debe dar un exemplo.

16

Verdade/Falso Todos os menores teñen acceso á educación. É un dereito garantido en todo o Mundo.

17

Todas e todos xogan ¿Que podemos facer para promover e garantir os nosos dereitos para todos os menores en todo o Mundo?

18

META FINAL

Ti xogas ¿Cal é o teu nome? ¿Cal é a túa nacionalidade? ¿Cres que ter un nome e unha nacionalidade é un dereito?

15

Todos e todas xogan ¿Algunha vez non che prestaron atención por ser menor?¿Que tería que pasar para que fose diferente?

14

Verdade/Falso É deber só dos adultos garantir e defender os dereitos dos menores.

13

Todas e todos xogan ¿Que poido facer caso de que algún compañeiro/a

sufra unha vulneración nos seus dereiros?

12

Verdade/Falso Todos os nenos/as e adolescentes teñen dereito a recibir asistencia médica cando a precisan.

8

Verdade/Falso Todos os nenos/as e adolescentes teñen dereito á protección ante calquer descoido ou violencia.

9

Todos e todas xogan

Un novo compañeiro fala unha lingua distinta. Por elo está excluido. ¿Hai algún dereito que non é respectado?

10

Verdade/Falso Nenas, nenos e adolescentes nunca protagonizaron movementos na defensa dos seus dereitos

11 Verdade/Falso

Na realidade os menores teñen as mesmas posibilidades que os adultos de seren escoitados e tidos en conta.

7

Todas e todos xogan Van facer un parque e todos os vecinos proponen ideas agás os menores.¿Como vos sentides?¿Vulneran algún dereitos?

6

Verdade/Falso Xogar, descansar e ter tempo de lecer é un dereito que teñen todos os nenos/as e adolescentes do Mundo.

5

Todos e todas xogan Exemplo de desigualdade de xénero son os matrimonios forzados de miles de nenas.¿Sabedes outro? ¿Por que pasa isto?

4

SAÍDA

Verdade/Falso

Todos os nenos, nenas e adolescentes teñen os mesmos dereitos.

1

Todas e todos xogan

“Os nenos non poden xogar con monecas ou ver series de fadas e princesas” ¿Estás de acordó? ¿Vulnera algún dereito?

2

Verdade/Falso

Na realidade mundial, as nenas non viven en desigualdaden de xénero.

3

Page 11: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Respostas “Xogando coñezo os meus dereitos”. Para “xuiz”/ “xuiza”.

1.- Verdadeiro.Todas as nenas, nenos e adolescentes do Mundo teñen os mesmos dereitos: Convención de Dereitos do Neno, ratificados en 1990.

2.- Todas e todos xogan. Vulnera o dereito á non discriminación e a ser tratados/as con igualdade, dignidade e respecto.

3.- Falso. A desigualdade de xénero é un fenómeno que está presente na mayoría das sociedades do Mundo; polo tanto, afecta tamén á vida das nenas, nenos e adolescentes.

4.- Todos e todas xogan. Pensade entre todos outros exemplos locais e globais de desigualdade de xénero.

5.- Verdadeiro. Ter tempo para xogar, lecer e deporte é un dereito das nenas, nenos e adolescentes. Está presente na Convención de Dereitos do Neno.

6.- Todas e todos xogan. Si, poderíase estar vulnerando o dereito á participación que afirma que os menores teñen dereito a participar nas decisión que lles afectan directamente. A súa opinión debe ser escoitada e tida en conta.

7.- Falso. Lamentablemente os nenos, nenas e adolescentes, na maior parte do Mundo están en situación de desigualdade respecto dos adultos e teñen moitas máis dificultades para participar e seren escoitados.

8.- Verdadeiro. O dereito á saúde e á asistencia médica é un dereito de todas as persoas.

9.- Verdadeiro. Ninguén pode exercer ningún tipo de violencia, malos tratos, abusos e/ou explotación aos nenos/as e adolescentes. Teñen dereito á protección e as autoridades deben encargarse de que se cumpra este dereito.

10.- Todas e todos xogan. Vulnera o dereito á non discriminación (relixiosa, de xénero, de etnia, lingua, etc.) e a ser tratados/as con igualdade, dignidade e respecto. Tamén hai o dereito a manter a lingua materna e as tradicións culturais.

11.- Falso. Xeralmente, os movementos sociais son liderados por adultos, pero ao longo da Historia son moitas as causas protagonizadas por menores. Para continuar, hai que citar un exemplo, polo menos.

12.- De non saber que facer, convidámosvos a que vos informedes. Para continuar, podedes buscar alguna referencia, recurso ou institución sobre dereitos da infancia e adolescencia.

13.- Falso. É deber e responsabilidade de todos: persoas adultas, nenas, nenos, adolescentes, gobernos e institucións.

14.- Pode ser que inclúa o dereito a non ser discriminado/a por ninguna razón e tamén o dereito a ser escoitados e a que sexa tida en conta a opinión dos menores.

15.- Si, é un dereito que forma parte da Convención de Dereitos do Neno de 1990.

16.- Podedes buscar exemplos.

17.- Falso. Unha educación de calidade é un dereito de todos os nenos, nenas e adolescentes pero non está garantido este dereito en todos os países. No ano 2016, había en todo o Mundo, 264 millóns de menores sen poder ir á escola. A mayoría do xénero feminino. ¿Poderíamos facer algo? ¿Por que credes que as nenas teñen máis dificultades para acceder á educación?6

18.- Podedes buscar exemplos. Non esquezades que coñecer e difundir os vosos dereitos, xa é un paso moi importante.

6 UNESCO (2018). Global Education Monitoring Report, Gender Review. UNESCO, París.

https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000261945

Page 12: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Ficha con datos de vulneración e desigualdade nos dereitos da infancia e da adolescencia a nivel global.

7 Entreculturas (2018). Niñas libres de violencia: Educación como garantía de igualdad. Estudios e

Informes (12). Madrid. https://www.entreculturas.org/es/publicaciones/informe-rojo-ninas-libres-de-violencia-derecho- la-educacion-garantia-de-igualdad 8 UNESCO (2018). Global Education Monitoring Report, Gender Review. UNESCO, París.

https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000261945 9 UNICEF (2017). Una situación habitual: Violencia en las vidas de los niños y adolescentes.

http://www.codajic.org/sites/www.codajic.org/files/Violencia%20UNICEF.pdf 10 UNICEF (2018). Child marriage. http://data.unicef.org/topic/child-proteccion/child-marriage/# 11

UNDOC (2016). Global Report on Trafficking in Persons 2016 United Nations publication, Sales No.

E.16.IV.6. 12

UNICEF (2017). https://data.unicef.org/topic/child-protection/birth-registration/#status 13 ACNUR (2017). Tendencias globales Desplazamientos forzados 2017. https://www.acnur.org/stats/globaltrends/5b2956a04/tendencias-globales-desplazamiento-forzado-en- 2017.html

Vulneración e desigualdade nos dereitos da infancia e da adolescencia a nivel global.

ACCESO Á EDUCACIÓN En 2016, estimouse que había 264 millóns de nenas, nenos e adolescentes no Mundo, que non asistían á escola.7

Dos 61 millóns de nenos/as entre 6 e 11 anos que non están na escola primaria, o 53% son nenas8.

MALTRATO INFANTIL

A nivel mundial, estímase que 250 millóns de nenas e nenos, entre 2 e 4 anos son vítimas de violencia física por parte dos país, nais ou coidadores/as9.

MATRIMONIO INFANTIL

Estímase que a nivel mundial o 12% das nenas son forzadas a casar antes dos 15 anos10.

VÍTIMAS DE TRATA Dos 21 millóns de persoas que son anualmente vítimas da trata, ao redor do Mundo, o 20% son nenas fronte ao 8% de nenos11.

NOME E NACIONALIDADE Aproximadamente a cuarta parte dos nacementos de nenas e nenos, en todo o Mundo, menores de 5 anos non foron rexistrados12.

MIGRACIÓNS FORZADAS Dos 68,5 millóns de persoas que se atopan desprazadas forzosas dos seus lugares de orixe, o 52% corresponde a nenas, nenos e adolescentes13.

Page 13: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Movementos sociais protagonizados por nenos, nenas e xoves ao redor do Mundo.

. O movemento Sen Terra naceu en 1984 en Brasil, co obxectivo de reivindicar a redistribución da terra. Este movemento leva décadas ocupando terras para que as persoas poidan labrar o futuro coas súas mans e, neste contexto, a educación convirteuse no eixe fundamental do movemento14. Como miles de nenas, nenos e xoves atopábanse nestes campamentos, comenzaron a organizarse escolas itinerantes para dar oportunidade de acceso ao ensino. Nenos e Nenas sen Terra consolidouse como un espazo de participación dentro do movemento, no que elas e eles teñen papel protagonista na transformación da realidade. Reivindican, coas súas familias, o seu dereito á terra e a unha vivenda digna, á saúde, alimentación e educación; denunciando a situación das escolas rurais no Brasil. “Luchamos contra los prejuicios, el irrespeto a las personas y por la igualdad de derechos. Queremos todo eso para que todo el mundo tenga una vida digna. Luchamos por tierra, escuela, salud y educación, ¡derechos a los que no

renunciamos!”15

En Chile, fixéronse moitas manifestacións estudiantes desde 1990, despois de anos de ditadura militar de Pinochet. No ano 2016, tivo lugar a “marcha dos pingüins”en alusión aos estudiantes de Secundaria (polos uniformes azul

mariño con branco). Ese ano, protagonizaron grandes manifestacións en todo o país reivindicando o seu dereito á educación. En Santiago de Chile, 30 colexios foron ocupados en sinal de protesta e como estratexia para obrigar ás autoridades a dar resposta. Participaron máis de 150.000 persoas. Un dos principais efectos das mobilizacións foi posicionar a nenas, nenos e xoves como axentes políticos, capaces de levar ao debate público a crise do sistema educativo. Este debate está presente a día de hoxe no país andino.

O movemento xuvenil global polo cambio climático, foi iniciado en 2018, por Greta Thunberg (Suecia). Empezou a ausentarse da escola para presionar ao gobernó para que tratase o cambio climático como unha crise e respectar o Acordo de París. Deste xeito, Greta denunciaba a crise ambiental do Mundo, esixindo ás autoridades medidas urxentes. Tras esta forma de protesta, xurdiu o movemento de folga escolar e universitaria polo clima, como unha chamada aos estudiantes do país nórdico para manifestarse de forma conxunta. A partires de 2019, o movemento estendeuse por Europa, convocando a miles de estudiantesde todo o continente, a manifestarse nos chamados “FridaysForFuture” que consiste en non asistir a clase e mobilizarse no espazo público. O 15 de marzo, fíxose un chamamento a unha folga xeral internacional que sacou á rúa a miles de estudiantes de todo o Mundo16.

14

Catalunyaplural (2018): http://catalunyaplural.cat/es/no-basta-con-decirle-los-ninos-y-ninas-que-tengan-iniciativa-hay-que-generar-espacios-participacion/ 15

La Vía Campesina (2018): https://viacampesina.org/es/queremos-que-todos-lxs-ninxs-puedan-ser-felices-y-libres-afirma-manifiesto-de-las-ninas-y-ninos-sin-tierra-de-brasil/ 16

Rosalía, participante de la Red Generación 21+, habla sobre FridaysForFuture: https://www.youtube.com/watch?v=80o8i0paxrA

Page 14: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos

Coordinación: Clara Maeztu e Veda Krüger.

Autoría: Javiera Oñate.

Colaboración: Raquel Alonso, Encarna Durán, Davinia de Ramón, Raquel Llanos e Alberto Medina.

Dirección de Arte e Deseño Gráfico: Maribel Vázquez.

Edita: Fundación Entreculturas.

Page 15: infancia on dereitos - Mundo en tus manos...seu amigo xabaril, Francisca a súa amiga hipopótama e Héctor o seu amigo o mono. Pero, ao chegaren, escoitaron murmurios e algún risos