2
S. Aymerich: ¡Gelati! A xornalista Nía nin imaxina que se verá implicada na busca duns valiosos restos que desapareceron e que nesa busca chegará a comprender os aspectos máis curiosos da evolución das especies. Ejercicios desaconsejados en la actividad física. Unha análise dos exercicios que se realizan con asiduidade e que a investigación demostrou que son desaconsellados polos seus efectos prexudiciais sobre a saúde. E tamén: Como xa observariades, tanto o colexio como esta guía foron adornados coa creatividade do Dpto de Plástica. Só hai un problema, nesa decoración colouse un personaxe que pouco ou nada ten que ver co Nadal. Localízao, busca quen é o seu creador e entrega a resposta na biblioteca. Entre os que den con el, sortearemos un agasallo. CPI da Cañiza (Secundaria) Guía de lectura, BIBLIOTECA ESCOLAR Tempo para descansar, para saír, para estar coa familia ou cos amigos... e tamén, tempo para ler.

Guía Nadal 11

  • Upload
    m-p

  • View
    228

  • Download
    5

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía nadal

Citation preview

Page 1: Guía Nadal 11

S. Aymerich: ¡Gelati! A xornalista Nía nin imaxina que se verá implicada na busca duns valiosos restos que desapareceron e que nesa busca chegará a comprender os aspectos máis curiosos da evolución das especies.

Ejercicios desaconsejados en la actividad física.Unha análise dos exercicios que se realizan con asiduidade e que a investigación demostrou que son desaconsellados polos seus efectos prexudiciais sobre a saúde.

E tamén:

Como xa observariades, tanto o colexio como esta guía foron adornados coa creatividade do Dpto de

Plástica. Só hai un problema, nesa decoración colouse un

personaxe que pouco ou nada ten que ver co Nadal. Localízao, busca quen é o seu creador e entrega a

resposta na biblioteca. Entre os que den con el,

sortearemos un agasallo.

CPI da Cañiza(Secundaria)

Guía de lectura, BIBLIOTECA ESCOLAR

Tempo para descansar, para saír,

para estar coa familia ou cos

amigos... e tamén, tempo para ler.

Page 2: Guía Nadal 11

María Reimóndez: O club da calceta. Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala.

Alessandro D 'Avenia: Blanca como la nieve, roja como la sangre. Leo vive en pleno torbellino da adolescencia e o amor por Beatrice e a súa enfermidade, farán que se formule preguntas acerca da vida e dos seus propios soños.

Andrea Maceiras :Violeta Tamurana. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago Perdido, unha maldición pesa sobre eles: a cor violeta. E Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.

Matt Haig: Shadow Forest. Cando Samuel e Martha perden os seus pais, son enviados a Noruega a vivir coa tía Eda. Alí, a norma máis importante é que nunca, baixo ningún concepto, vaian ao bosque. Pero, cando Martha desaparece por entre as árbores, Samuel non ten máis remedio que a seguir...

Michael D. Beil: El anillo de Rocamadour. Sophie cre ver un rostro irreal nunha ventá da igrexa. Acompañada das súas mellores amigas, alí se dirixen e atopan unha extravagante señora, que lles propón a busca dun valioso anl, o de Rocamadour.

Cornelia Funk: O espírito do cabaleiro. Jon Whitcroft está a pasar por un mal momento, súa nai decide envialo a un internado de muros escuros, corredores estreitos e caras estrañas. O que Jon non imaxina é que todo isto axiña se ha converter nun problema menor.

Michele Jaffe: Muerte entre las rosas. Jane está no hospital tratando de xuntar as pezas do sucedido a noite anterior. Estaba nunha festa e, de súpeto, viuse tirada nunha roseira, medio morta, despois de ser atracada. Todos cren que foi un accidente, pero Jane ve sospeitosos por todas partes.

Marica Campo: Noutra dimensión. "Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu". Desta maneira misteriosa comeza esta obra chea de maxia, misterio e moitas aventuras fantásticas.

Paul Jennings: Que desfeita! Unha receita literaria non apta para alérxicos á risa. Un libro grande que contén historias moi curtas, moi divertidas e que servirán para aprender a ver cousas moi cotiás doutra maneira.

M: Argerich: ¡No me baciles! Unha bióloga morre infectada polo bacilo que estudaba. Todo o mundo acepta esta morte como un accidente, agás Ana. Empeñada en descubrir que hai detrás do accidente, inicia unha investigación que resolverá o enigma.

A. Fariña: Os megatoxos e a cara oculta de lúa. O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao

poder do Toxo. Só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

Lauren Kate: Oscuros. Luce, decidida a entender que papel xoga na loita entre anxos, demos e inmortais, viaxa a múltiples momentos e lugares da historia nos que presencia unha e outra vez o mesmo encontro fatal entre ela e Daniel. En canto Daniel descobre o que Luce está a facer, perséguea para detela pero é demasiado tarde.